Memoria da Biblioteca 2011

18
IES AFONSO X O SABIO (CAMBRE) MEMORIA BIBLIOTECA 2010-2011

description

Resume de actividades

Transcript of Memoria da Biblioteca 2011

Page 1: Memoria da Biblioteca 2011

IES AFONSO X O SABIO (CAMBRE)

MEMORIA BIBLIOTECA

2010-2011

Page 2: Memoria da Biblioteca 2011

1.- GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PREVISTOS.-

1.1.- En relación á organización e xestión.O previsto era:“Propoñémonos como obxectivos os seguintes:-Explicar ao Claustro o traballo que se desenvolve na Biblioteca así como solicitar a integración de novos docentes no Equipo a da Biblioteca.-Completar a implantación do Meiga a todos os seus ámbitos posibles.-Continuar coa depuración da base de datos de rexistros.-Adquirir as propostas de novos fondos documentais e de ficción por propostas dos departamentos e do alumnado.-Creación de grupos de traballo informais ou internos para programar ou realizar actividades de dinamización concretas.-Estudar a posibilidade de solicitar ao CEFORE da Coruña a constitución dun Grupo de Traballo sobre aspectos da Biblioteca Escolar.”

Valoración: Acadamos todos os obxectivos agás a constitución do Grupo de Traballo.Aproximadamente se rexistraron 400 documentos neste curso escolar. Aumentamos o nº de suscripciones com unha nova revista.

1.2.- En relación á dinamización e promoción dos recursos de biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.Os obxectivos propostos eran:“-En canto á dinamización: aumentar a colaboración coas Bibliotecas Municipais e as outras Biblioteca Escolares do municipio, especialmente co IES David Buján, desenvolvendo as canles de relación e informándoas das nosas actividades.-Aumentar as relacións cos departamentos didácticos ofrecendo os nosos servizos para desenvolver actividades de promoción lectora e de busca documental.-Adquisición de bibliografía para o profesorado sobre competencias básicas.”

Traballouse en todos os obxectivos sinalados cuns resultados aceptables. Pconst

Page 3: Memoria da Biblioteca 2011

Pódese constatar un aumento de uso da biblioteca por parte do profesorado, especialmente no primeiro ciclo, xa que todas as linguas teñen nos seus programas temas adicados a búsqueda de información documental. Tamén aumentou o préstamo de DVDs para asignaturas como proxecto interdisciplinar ou atención educativa entre outras

1.3.- En relación á formación de usuarios e educación para o acceso á información (educación documental ou alfabetización informacional)Os obxectivos propostos eran:“-Aumentar e consolidar as actividades de Formación de Usuarios e Usuarias, introducindo o manexo do OPAC.-Desenvolvemento de máis actividades sobre Educación Documental.-Colaboración ou impartición de docencia na materia de 1º da ESO Proxecto Interdisciplinar.-Elaboración de máis actividades de reforzo de Formación de Usuarios e Usuarias e de Educación Documental (ALFIN)-Elaboración de exposicións e guías de lectura do fondo documental e de creación.-Estudos e posta en práctica, se procede, da colaboración do alumnado nos tempos de lecer para a realización do préstamo ou de outras colaboracións na biblioteca.”

A Formación de Usuarios e Usuarias foi realizada para o alumnado de 1º da ESO, utilizáronse duas sesións para cada curso.. Non se desenvolveron máis actividades de Educación Documental dirixidas desde a Biblioteca. Colaborouse co profesorado que solicitou orientacións. Realizáronse, como se verá no apartado corresponde, actividades, exposicións e guías de lectura e se puso en marcha a colaboración do alumnado nos seus tempos de lecer (préstamo e colocación de fondos) aunque de forma intermitente. O desexable sería formar un equipo estable durante todo o curso escolar.

1.4.- En relación ao fomento da lectura e ao desenvolvemento do proxecto lector de centro.Os obxectivos propostos eran:“-Desenvolver máis actividades de fomento da lectura: continuar coa elaboración de guías de lectura, tanto temáticas como periódicas, como por exemplo sobre poesia, novidades didácticas para o profesorado, sagas de éxito, recomendacións para o nadal e as vacacións do verán, para o alumnado, páis, profesorado...

Continuar coas recomendacións dos fondos existentes, desenvolver e coordinar as posibles campañas da Xunta, tomar a iniciativa ou participar nas iniciativas que se tomen sobre campañas temporais de lectura (abril, Letras Galegas…), colaborar na celebración do Día do Libro, realizar lecturas en voz alta así como dramatizacións, estudar a continuidade dos clubs de lectura existentes; elaboración de cartéis para difundir poemas e pequenos textos.

-Estudo do grao de cumprimento do Proxecto Lector do Centro. Estudo de posibles modificacións. -Elaboración do Plan Anual de Lectura do Centro.-Avaliación do Plan Anual de Lectura do Centro. Estudar posibles modificacións.-Realización dunha proposta para un tempo semanal de lectura nas aulas.-Coordinación das Actividades anuais de lectura de cada departamento e o seu seguimento.-Potenciamento do blog da biblioteca (http://biblioafonso.blogspot.com/) como medio de expresión das opinións, valoración e gustos do alumnado sobre as actividades realizadas na Biblioteca e as súas lectura.

Page 4: Memoria da Biblioteca 2011

Realizáronse os obxectivos previstos, agás a implantación do tempo de lectura na aulas, por encontrar serías dificultades na aplicación da mencionada idea. Respecto o plan lector non todos os departamentos so doce, entregaron as actividades previstas dentro do seu departamento. Faremos unha valoración dos plans lectores cando remate o curso.

1.5.- Outras actuacións.O previsto era:“-Analizar o equipamento existente e estudar posibles melloras.-Potenciar a renovación dos fondos, especialmente do documental.-Potenciar o uso da documentación electrónica.-Converter á Biblioteca nun centro de actividade cultural, mantendo, entre outras actividades, os concertos.”

Cremos que podemos estar satisfeitos do traballo realizado nestes eidos. Todos os departamentos colaboraron na adquisición de documentos para a biblioteca seguindo os critérios propios dos departamentos didácticos, desde xeito a colección aumentou de forma significativa. O único que non se pudo levar a cabo foi o mantemento dos concertos na biblioteca, dado que a persoa que levaba a actividade disfrutou dun permiso por estudos. Por outra banda ó recibir unha achega de fondos extra, tivemos a posiblilidade de aumentar o mobiliario para a bliblioteca e estamos a valorar a posiblidade de dispoñer dun punto fixo de información na sala do profesorado.

1.6.- Criterios e procedementos de avaliación.Pensamos que as dous mellores formas de avaliar o taraballo da biblioteca serían por um lado a elaboración de enquisas dirixidas a todos os membros da nosa comunidade, profesores e alumnado para ver o grao de consecución dos nosos objectivos. Ainda está em estudo que tipo de proba poderíamos facer para ter unha idea concreta do que se pode mellorar ou os cambios que terían que ser feitos.Por outro lado o propio grupo da biblioteca fixo xuntanzas periódicas, ben para planificar novas actividades ou valorar as que xá se fixeran para analizar os resultados acadados.

2.- HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA DA BIBLIOTECA

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES8.30- 9.20 Profesorado

de GardaProfesorado de Garda

Francisca Filgueira

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

9.20-10.10 Amelia Velasco

Profesorado de Garda

Amelia Velasco

Profesorado Garda

Profesorado de Garda

RECREO Joseluis Úbeda

Amelia Velasco

Sandra Fernández

Manuel Sánchez

Manuel Sánchez

Page 5: Memoria da Biblioteca 2011

Úbeda10.30-11.20 Profesorado

de GardaProfesor garda

Amelia Velasco

Profesorado Gardia

Amelia Velasco

11.20-12.10 Amelia Velasco

Profesorado Guarda

Francisca Filgueira

Profesorado de Garda

Profesorado Garda

RECREO Antonio Martínez

Antonio Martínez

JoseLuis Úbeda

Adela Figueroa

Amelia Velasco

12.30-13.20 Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Esther Gallego

Amelia Velasco

13.20-14.14 Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

16.30-17.20 Profesorado de Garda

17.20-18.10 Profesorado de Garda

A persoa responsable da Biblioteca (Amelia Velasco) tivo 6 períodos lectivos e Francisca Filgueira e Esther Gallego un, para traballar na Biblioteca. Ademais outros membros do Equipo da Biblioteca atenderon os tempos de lecer do alumnado da ESO. Polo tanto neste curso dedicáronse oito horas a facer o traballo de biblioteca, cantidad que nos parece insuficiente para o traballo a desenvolver. Hai que ter en conta que nos períodos de recreo (20 minutos) poco trabajo se pode facer que non sexa atender o alumnado.

3.- ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS

Dun xeito sintético as actividades foron as seguintes:

3.1.- Guías de Lectura:

Guía de NadalGuía Lois Pereiro. (Letras Galegas)Guía de de verán.

3.2.- Poesía:Deseño dunha actividade de fomento da poesía: os alumnos de 1º de bacharelato fixeron unha actividade consistente na escrita de haikus, que logo foron expostos nos corredores do centro.Exposición de carteis de Miguel Hernandez na biblioteca do centro.

Page 6: Memoria da Biblioteca 2011

3.3.- Mochilas viaxeirasPosta en marcha das Mochilas Viaxeiras para 1º da ESO en Xaneiro. O contido de cada mochila era o seguinte: un libro de ficción para o alumnado, un libro de ensaio para as familias, un cómic, unha revista, unha película e un cedé de música. Esta ano contamos con 12 mochilas repartidas nos seis primeiros da eso que temos, a razón de dous mochilas por curso. A valoración feita polas pais, nais e alumnado, escrita no folleto explicativo que ía dentro de cada mochila, é moi positiva, valorando moito os esforzos realizados para a promoción da lectura. Neste apartado gustaríame salientar a axuda dos turores dos cursos, xa que foron eles os que es encargaron do control de dita actividade.

3.4.- Renovación das cortizas do exterior da Biblioteca.Exposición das novedades da biblioteca. Especialmente películas en formato DVD. Renovación periódica.

3.5.- Exposición de fondos na Biblioteca.Lois Pereiro.Exposición Árbores e bosquesExposición novedades das compras dos distintos departamentos renovadas cada certo tempo

3.6.- Exposicion cartas de amorTamén no hall do instituto tivemos a exposición de “carteis contra o maltrato, enviado pola Conselleria e que foi utilizado como tema transversal para as tutorias que estaban a traballar co tema do maltrato adolescente

3.7 Encontros con autores.En Marzo e proposto polo seminario de Lengua castellana volveu a

estar no centro Fernando Lalana. O alumnado lera previamente a súa obra “O caso Galindo”. A Biblioteca preparou unha exposición coas súas obras. Foi unha experiencia moi positiva e moi ben valorada polo alumnado.

3.8.- Reparto de carnets da Biblioteca e préstamo informatizado.Continuou sin problemas o préstamo informatizado. Se fixeron os carnets de biblioteca de todos os novos usuarios da mesma, Alumnado, (básicamente 1º da E.S.O.) novo profesorado e persoal non docente. Todos os usuarios xa teñen os carnets para o presente curso

3.9.- Semana cultural: 2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES.Con motivo do ano internacional dos bosques se levou a cabo unha semana cultual a partir do 7 de Abril. -Exposición de recomendaciones de libros por parte do profesorado, escritas en follas e colgadas do corredor da biblioteca.-Paneles con traballos feitos polos alumnos do primeiro ciclo sobre seres fantasticos nos bosques.-Exposición de traballos feitos por 2º de bacharelato sobre “os bosques e arte”.

Page 7: Memoria da Biblioteca 2011

Exposición dos haikus feitos por 1º de Bacharelato no corredor da biblioteca.Paneis con diferentes temas, fauna, flora etc, tamén colgados nos paneis do hall do centro.

3.10.- Celebración do Día das Letras Galegas-Exposición dos fondos de e sobre Lois Pereiro-Folleto con biografía e fondos sobre Lois Pereiro-Elaboracion duns trípticos par poñer sobre as mesas da biblioteca con anacos de biografía, poemas e fotos de Lois Pereiro.-Actividade de contacontos a cargo de Celso Sanmartín.-Actividade de musica, poesía e debuxo a cargo de Alumnas de cuarto da eso. Sesións con dous reguefeiros para os alumnos de terceiro da E.S.O.

3.11.- Concurso relatos breves: “sea breve, por favor”O departamento de lingua castelá convocou duas modalidades: 1º, 2º e 3º da E.S.O. e4ª e bacharelato no mes de maio. As gañadoras recibiron os seus premios durante un acto celebrado no salón de actos do centro.

3.12.- Lecturas na Biblioteca: “Anacos e flechazos”Non se puido levar a cabo esta actividade porque como no caso dos concertos, o profesor encargado dela disfrutou dunha excedencia durante a gran parte do curso escolar

3.13.- Colaboración do alumnado.-Traballo na biblioteca nos recreos: mantemento da orde, préstamo, colocación e ordenación dos fondos. Como xa se mencionara anteriormente é necesario ter un equipo estable para desenvolver as tareas que poden ser realizadas polos alumnos.

3.14.- Presenza na Internet.A Biblioteca está presente na páxina web do IES.Biblioafonso (http://biblioafonso.blogspot.com/), o blog da biblioteca sigue a medrar considerablemente ao aumentar a número de entradas (45 entradas ata o 5 de xuño) , a temática foi variada e non só relativa as bibliotecas.-Crece: o noso twitter (http://twitter.com/Biblioafonso), -a nosa canle en Youtube (http://www.youtube.com/user/Biblioafonso?feature=mhw5) e o noso nosoFacebook (http://es-la.facebook.com/people/Biblioafonso-O-Bosque-Animado/100001048908200).

3.15.- Publicacións.-J. Antonio Martínez García. “O bosque animado”. De almacén a biblioteca: Diez años de trabajo de la bilbioteca del IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña). En

Page 8: Memoria da Biblioteca 2011

Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios. Año 25, nº 98-99, enero-junio 2010, páx. 235-252.Ligazón ao pdf.: http://www.aab.es/aab/images/stories/Boletin/98_99/9.pdf

3.16.- Colaboración co Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística.Realizáronse varias actividades cos EDNL como foron a presenza de Celso Sanmartín, a organización do día das letras galegas ou na organización e difusión do XVII Certame Literario de Cambre.

3.17.- O Club de Lectura “O Bosque Animado”O noso Club de Lectura, "O Bosque Animado", no presente curso 2010-11 contou e conta aínda coas colaboración de 4 docentes de diferentes departamentos, (dos docentes do departamento de lingua castelá, un docente do departamento de filosofía e un docente do departamento de inglés). O departamento de inglés tivo dous clubs de lectura, un en terceiro eoutro en cuarto con 29 alumnos en total. O departamento de lengua castelá traballou dous clubs de lectura, un cun só libro e once alumnos e outro con dous libros e tamén once alumnos todos eles de 1º e 2º da E.S.O. O departamento de filosofía traballou con alumnos de 1º e 2º de bacharelato e tamén con exalumno.s Comentaronse películas, comics e novelas durante as reunions celebradas o longo do curso. Algúns destes clubs fixeron os seus propios blogs enlazados o blog da nosa biblioteca.

http://teenagewastelanddefilax.blogspot.com/http://filmsbookscuartoeso.blogspot.com/Todos os grupos fixeron ata agora varias reunións para ler ou comentar as lecturas, e aínda terán máis a maioría deles.

4.- GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Dentro da vida interna do IES podemos salientar as seguintes actuación

4.1.- No ClaustroA inicios do presente curso reitérase a invitación a participar no Equipo da Biblioteca a todos os docentes. Insístetese na características de que é un grupo aberto e en permanente formación, tamén insistimos na necesidade de contar con membros dos diferentes departamentos

4.2.- Na Comisión de Coordinación Pedagóxica.-Informes periódicos das actividades previstas e desenvoltas na CCP.

4.3.- Proposta de modificación PEC.

Page 9: Memoria da Biblioteca 2011

Na propuesta do PEC a presentar dentro duns días, se inclúen todas as propuestas de biblioteca no regulamento de réxime interno

4.4.- reparto dos fondos económicos dos departamentos didácticos.Se mantiene o reparto feito no curso 2009-2010 co que seguimos a ter un orzamento propio de 635 euros.

4.5.- Relación coa AMPA: colaboración económica para o mantemento da colección de publicacións periódicas.

4.6.- Equipo da Biblioteca.Realizáronse xuntanzas periódicas registradas nas suas actas. O equipo estivo formado este año por 8 persoas, cinco das cales, como explicamos anteriormente, non tiñan ninguna hora dentro do seu horario lectivo para traballar na biblioteca. Consideramos que esto é insuficiente e gustaríamos ter máis horas de presenza real na biblioteca no curso que ven. No obstante coidamos que o traballo que nos propuxemos facer quedou rematado ainda que moito deste traballo fixose en horas fora do horario.

Débese salientar a presenza na Biblioteca dunha coidadora asignada a un alumno con síndrome de Down. Os seus tempos sen adicación a este alumno pasounos na Biblioteca desenvolvendo un importante traballo.

5.- GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS PROCESOS DE ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRICULUM

A intregración dos recursos documentais e de ficción na práctica cotiá da vida pedagóxica do centro e no tratamento dos contidos curriculares vai medrando paseniñamente. EstEste ano notouse un aumento no préstamo chegando ata os 1000 documentos prestados, esto e un pequeño aumento respecto do ano pasado. Tamén constamos o aumento do uso da biblioteca en xeral e particularmente en asignaturas como atención educativa, proxecto interdisciplinar, etc. O aumento do uso de DVDs fainos pensar como se lle pode ofertar mais axuda ós profesores que están a impartir estas materias tendo en conta os recursos da biblioteca. Outras experiencias noutros centros manteñen una liña de información sobre as películas e recursos sobre as mesmas para ser aplicados nas aulas, esto é algo que podería axudar moito os docentes de cara a impartición das suas asignaturas.

Plan Anual de LecturaOnce departamentos didácticos entregaron as suas actividades para desenvolver o Plan Lector.. Consideramos necesario que todos os departamentos teñan o seu plan de lectura para ser aplicado no curso escolar.

Page 10: Memoria da Biblioteca 2011

En conxunto, sendo este o obxectivo prioritario dunha Biblioteca escolar, debemos manifestar que aínda non temos un funcionamento aceptable. O desexable sería que todos os departamentos fixesen as actividades necesarias para levar a cabo o plan lector, e estivesen avaliadas o final de curso polos propios departamentos.

Page 11: Memoria da Biblioteca 2011

Memorias das actividades do Plan lector de cada Departamento Didáctico

DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA O departamento de filosofía acadou todos os objectivos propostos no seu proxecto lector tanto nas asignaturas de primeiro de bacharelato, (Filosofía e Antropoloxía) como nas asignaturas de segundo (Historia da Filosofía, Antropología e Ética e Filosofía do Dereito).

DEPARTAMENTO DE LENGUA Y LITERATURA CASTELLANA

La evaluación del Plan Lector es positiva. Se llevaron a cabo todas as actividades previstas no plan lector.En 1º y 2º de ESO se trabajó en dos Clubs de Lectura y Biblioteca de Aula.Se llevó a cabo el concurso literrario de relatos breves.Los alumnos de 1º de bachillerato presentaron su haikus, expuestos en la semana cultural del instituto

En el apartado Encuentro con escritores, y una vez más, contamos con la presencia de Fernando Lalana, que departió con alumnos de 4º de ESO sobre su obra y, en particular, sobre el caso Galindo.

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

Desenvolvéronse todas as actividades previstas relacionadas co Proxecto Lector nos diferentes cursos e niveis, aínda que se detectan certas deficiencias no proceso lector por parte do alumnado. Se considera por ello necesario incidir en este tipo de actividades para mellorar a comprensión lectora dos rapaces e rapazas.

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Realizaronse tódalas actividades previstas no plan lector para fomentar os hábitos de lectura comprensiva individual e colectiva, así como a expresión oral e escrita, a descripción de obxectos, o uso da prensa como fonte de información en temas relacionados coa materia de tecnoloxía . O único obxectivo que non se cumpleu foi o relativo ao fomento da lectura de libros de ciencia recreativa, xa que non contamos con material que interesase ao alumnado o suficiente ou non acertamos a motivaDEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Leváronse a cabo todas as actividades propuestas sin problemas significativos en todos os cursos, tanto na E.S.O. como nos de bacharelato.

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

El departamento de francés cumplió lo fijado en la programación de contribución al plan lector en todos sus puntos salvo en la lectura obligatoria del 2º trimestre que no se

Page 12: Memoria da Biblioteca 2011

llevó a cabo por falta de tiempo. Consideramos necesario estructurar los programas de modo que teñan cabida todos los aspectos relativos ó plan lector.

DEPARTMENTO DE INGLÉSSE levaron a cabo todas as propostas de lectura do plan lector. Se leron al menos un libro de lectura por curso e en algúns deles dous. Nun curso de 3º se fixo un blog aproveitando o tema do tema do libro de lectura.http://terceroeso-greatinventions.blogspot.com/

DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍACumpríronse todas as accións recollidas no punto VII da programación do Departamento de Bioloxía- Xeoloxía(px. 8), agás a confección dunha revista de prensa e tampouco xeneralizouse a lectura de grupos en algúns grupos.

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍAFixéronse todas as actividades previstas no plan lector do departamento. Seguiremos na mesma liña para o curso que ven.

DEPARTAMENTO DE DEBUXOTodas as actividades previstas del plan lector de nuestro seminario se han llevado a cabo Sin mayores problemas en os tempos establecidos.

DEPARTAMENTO DE MÚSICAO principal esforzo do departamento de música no concerniente ao plan lector consiste en que o alumno consiga reflexar a súa comprensión do lido tanto de manera oral coma escrita.

Este esforzo viuse reflectido nunha lixeira mellora na expresión das ideas por parte do alunado, polo menos na valoración da diferencia entre unha redacción correcta e outra incorrecta.

O departamento continuará para o vindeiro curso nesta liña, procurando incorporar na redacción do proxecto do ano que ven actividades a mayores, coma a vaoración na calificación de resumos de textos, lectura e resume de libros, etc.

6.- ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DA BIBLIOTECA ESCOLAR NAS QUE SE PARTICIPOU

Asistencia ás seguintes actividades:-Encontros dos centros de PLAMBE, Amelia Velasco Pazos.-Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, Pilar Varela Ledo.-Xornada de Clubs de Lectura, José Luis Úbeda González.

7.- AVALIACIÓN REALIZADAA pesares de que neste curso so se tiveron 7 horas lectivas para traballar na biblioteca, desexo manifestar que o elevado grado de compromiso co traballo fixo posible o

Page 13: Memoria da Biblioteca 2011

desenrolo de moitas actividades, nas que se invertiron tempo fora das horas do mencionado horario.Debemos mellorar no proceso de implicación do profesorado coa Biblioteca para que esta sexa realmente un centro destinado á aprendizaxe. Tamén deberemos mellorar a situación do Proxecto Lector e o Plan Anual de Lectura.

A situación das gardas na biblioteca é mellorable xa que cando falta algún docente o alumnado, acompañado polo profesorado de garda, pode estar na Biblioteca. Mais o seu comportamento non é o axeitado aínda que pouco a pouco o alumnado vai entendendo o que ten que facer na biblioteca. Acepta as normas que se impuxeron dende o principio sobre os usos dos elementos da biblioteca. O alumnado de bacharelato nos seus tempos de lecer non está ben atendido xa que, por unha banda, non hai ningún membro do equipo da Biblioteca presente e, por outra, poden compartir o espazo con alumnado da ESO que están na Biblioteca co profesorado de garda o cal fai a veces difícil que estes alumnos podan estudar. En canto á avaliación cualitativa e cuantitativa do uso da Biblioteca pola Comunidade Educativa prácticamente non fixemos ningún estudo. Debemos mellorar esta situación. Como xa mencionei temos intención de preparar unhas enquisas que nos axuden a mellorar a nosa actuación, aínd que está pendente de discusión as canles a utilizar.

Adxúntanse dous anexos á memoria. Un deles está referido as actividades do programa Arce e o outro refírese o club de lectura realizado durante o curso 2010-2011.

En Cambre, 30 de xuño de 2011

O dinamizador da Biblioteca

Asdo.- Amelia Velasco Pazos

Page 14: Memoria da Biblioteca 2011

MEMORIA FINAL DO CLUB DE LECTURA 2010-11 “O Bosque Animado” do I.E.S. AFONSO X O SABIO, de A BARCALA-CAMBRE.

(Coordinador: José Luis Úbeda Glez.)

Page 15: Memoria da Biblioteca 2011

Tiñamos previstos seis grupos/clubes, e se ben o do profesor Óscar Domínguez non foi creado por motivos familiares, o D. Inglés creou tres, un máis dos previstos, e así foron igualmente seis en total. Imos departamento por departamento:

Departamento de Lingua Castelá: Docente I: Sandra Fernández Vales. Alumnado: Catorce alumnos de 1º e 2º da ESO. Tema: “Literatura en castelá”. Lecturas: Dos velas para el diablo, de Laura Gallego, SM; Caperucita Roja. ¿A quién tienes miedo?, de Sarah Blakey-Cartwight, Alfaguara. Reunións: Catro, para explicar e comentar as lecturas entre todos. Nos recreos de vinte minutos. Actividades: Antes de dar comezo á lectura do segundo libro, moitos membros do club viron a versión cinematográfica no cine, o que enriqueceu o debate nas resunións. Valoración: Positiva, tanto pola docente como polo alumnado.

Docente II: Cristina Soto Diéguez. Alumnado: Once alumnos de 1º e 2º da ESO. Tema: “Literatura en castelá” Lecturas: El príncipe de la niebla, de Carlos Ruiz Zafón, Booket. Reunións: Catro. Desde abril a xuño. Valoración: Positiva por ambas partes.

Departamento de Inglés: Docente: Amelia velasco Pazos (dinamizadora da Biblioteca). Alumnado: Tres grupos: 1) Dez alumnos de 3º ESO; 2) nove de 3º ESO; 3) dez de 4º ESO. Tema: “Literatura e cómic en inglés”. Lecturas dos grupos de 3ª ESO: Zits. You´re making that face again, Zits SketchBook nº 13, cómic en inglés. Reunións: Catro por grupo, nos recreos de vinte minutos, desde marzo a xuño. Lecturas do grupo de 4º ESO: Cada quen tiña que ler un libro en castelán: El niño del pijama de rayas; La reina de los condenados; Tres metros sobre el cielo; Harry Potter. El cáliz de fuego; El retrato de Dorian Gray; Alicvia en el País de las Maravillas; El señor de los Anillos. La Comunidad del Anillo; El diario de Noa; El Código Da Vinci; Crónicas de Narnia. Dúas alumnas traballaron en parella co mesmo libro. Actividades do grupo de 4º ESO: Cada lectura dun libro iba acompañada da visión da versión cinematográfica correspondente en inglés, para despois participar nas actividades propostas no blog aberto para esto. Ver blog http://filmsbookscuartoeso.blogspot.com/. Reunións: Cinco, nos recreos de vinte minutos, de abril a xuño. Valoración: Positiva tanto polos alumnos como pola docente.

Departamento de Filosofía: Docente: José L. Úbeda Glez.

Page 16: Memoria da Biblioteca 2011

Alumnado: Cinco alumnos de 1º bach., e tres de 2º bach., máis, “virtualmente” a través do blog, catro exalumnos matriculados ou noutros IES ou na Universidade. En total, doce persoas, das cales tres dos presentes só virtualmente, fallaron pronto. Tema: “Literatura e rock´n´roll”. Lecturas: Ata hoxe, doce textos, fragmentos de diferentes libros sobre rock ou escritos por músicos de rock, de Nik Cohn, P. Oliver. A. Goldman, S. Davis, Sebald (sobre a II G M), P. Smith, D. Davies, Ron Wood, Bob Dylan, etc. Ver blog: aquí, aquí e aquí. Reunións: Dúas (24 de xaneiro e 25 de febreiro), en recreos de corenta minutos. Non foi posible a terceira a causa da baixa por accidente do docente a finais de maio, polo que a partir de entón o club desenvolvéuse só a través do blog. Actividades: Creóuse un blog (ver http://teenagewastelanddefilax.blogspot.com/) que a día de hoxe aínda está aberto a novas colaboracións, pois pretendemos manter o club vivo aínda en xullo a través da rede. Valoracións: Positiva en xeral por ambas partes, a pesares das circunstancias adversas.

A Barcala, Cambre, a 30/6/2011

Page 17: Memoria da Biblioteca 2011
Page 18: Memoria da Biblioteca 2011