O boletín da biblioteca

4
B B I I B B L L I I O O T T E E C C A A E E S S C C O O L L A A R R d d o o C C E E I I P P R R o o s s a a l l í í a a d d e e C C a a s s t t r r o o X X i i n n z z o o d d e e L L i i m m i i a a - - O O u u r r e e n n s s e e O que le non está facendo algo, está facéndose alguénRevista informativa da biblioteca escolar do C.E.I.P. Rosalía de Castro Xinzo de Limia Decembro de 2011 – Boletín nº 4 LIMIAR Como cada Nadal chega ás vosas mans esta pequena guía de lecturas que vos pretende recordar que non todo son vídeo consolas, móbiles e outros trebellos dixitais como regalos que lle pedir a Papa Noel ou aos Reis Magos. Os libros son eses amigos que nos permiten ir a outros mundos, visitar outros países e coñecer a moita xente que doutro xeito non poderiamos nin coñecer. Por iso non vos esquezades de incluír nas vosas cartas alomenos un bo amigo de viaxes un bo libro. SEGUIMOS A FACER, ... Este ano imos tentar aprender un montón de cousas sobre a nosa biblioteca do cole. Para iso todo o equipo, composto por novas profase tamén polas de antesveñen de poñer en marcha unha serie de actividades de formación de usuarios coas que van a ensinarnos como atopar un libro na biblioteca, como se colocan os libros nos andeis,e un montón de cousas máis que seguro que son interesantísimasComezamos este curso 2011 – 2012 celebrando o samaín e o magosto na biblioteca e no cole, cunha chea de actividades e exposicións que todos os mestres/as xunto cos alumnos/as do centro organizamos, participamos e disfrutamos de todas elas. Entre outras moitas cousas que vimos facendo, sempre aproveitamos calquera conmemoración para adornar o noso espazo da biblioteca coa celebración que imos ter. Así, neste primeiro trimestre aparareceron unha chea de tearañas, cabazas, bruxas, ... e tamén un montón de castañas e nenos celebrando o magosto por todo o noso colexio.

description

recomendación de libros para o nadal 2011

Transcript of O boletín da biblioteca

Page 1: O boletín da biblioteca

BBBIIIBBBLLLIIIOOOTTTEEECCCAAA EEESSSCCCOOOLLLAAARRR dddooo CCCEEEIIIPPP RRRooosssaaa lll ííí aaa dddeee CCCaaassstttrrrooo ––– XXXiiinnnzzzooo dddeee LLLiiimmmiii aaa --- OOOuuurrreeennnssseee

O que le non está facendo algo, está facéndose alguén… Revista informativa da biblioteca escolar do C.E.I.P. Rosalía de Castro – Xinzo de Limia

Decembro de 2011 – Boletín nº 4

LIMIAR

Como cada Nadal chega ás vosas mans esta pequena guía de lecturas que vos pretende recordar que non todo son vídeo consolas, móbiles e outros trebellos dixitais como regalos que lle pedir a Papa Noel ou aos Reis Magos. Os libros son eses amigos que nos permiten ir a outros mundos, visitar outros países e coñecer a moita xente que doutro xeito non poderiamos nin coñecer. Por iso non vos esquezades de incluír nas vosas cartas alomenos un bo amigo de viaxes… un bo libro…. SEGUIMOS A FACER, ...

… Este ano imos tentar aprender un montón de cousas sobre a nosa biblioteca do cole. Para iso todo o equipo, composto por novas profas… e tamén polas de antes… veñen de poñer en marcha unha serie de actividades de formación de usuarios coas que van a ensinarnos como atopar un libro na biblioteca, como se colocan os libros nos andeis,… e un montón de cousas máis que seguro que son interesantísimas… Comezamos este curso 2011 – 2012 celebrando o samaín e o magosto na biblioteca e no cole, cunha chea de actividades e exposicións que todos os mestres/as xunto cos alumnos/as do centro organizamos, participamos e disfrutamos de todas elas. Entre outras moitas cousas que vimos facendo, sempre aproveitamos calquera conmemoración para adornar o noso espazo da biblioteca coa celebración que imos ter. Así, neste primeiro trimestre aparareceron unha chea de tearañas, cabazas, bruxas, ... e tamén un montón de castañas e nenos celebrando o magosto por todo o noso colexio.

Page 2: O boletín da biblioteca

BBBIIIBBBLLLIIIOOOTTTEEECCCAAA EEESSSCCCOOOLLLAAARRR dddooo CCCEEEIIIPPP RRRooosssaaa lll ííí aaa dddeee CCCaaassstttrrrooo ––– XXXiiinnnzzzooo dddeee LLLiiimmmiii aaa --- OOOuuurrreeennnssseee

LIBROS RECOMENDADOS NADAL 2011

Ola, familias: Dende a Biblioteca do noso cole queremos desexarvos unhas felices festas e recordarvos que esta época en que tantos agasallos damos e recibimos é bo que incluamos entre eles un libro. Esperamos que esta pequena guía vos axude a elexir algúns dos títulos e desexamos que teñades tempo de ler e compartir estas lecturas con toda a familia, en especial cos vosos fillos e fillas. Educación Infantil

“ Macario dromedario ” Rachel Chaundler

Libro ilustrado sobre un pequeno dromedario que chora tanto que xa case non lle queda xiba. Pero cando as cousas empezan a pórse difíciles e xorden os problemas… Macario demostrará quen é o máis «forte».

“ A vaca que puxo un ovo ” Andy Cutbill

Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas.

“ La campeona mundial de mantenerse despierta” Sean Taylor

Trátase dunha divertida historia cunhas ilustracións fermosísimas; O papá de Stella decide que é hora de ir á cama, pero ela non pode facelo porque ten que deitar antes á porquiña Rosa, ao rato Amperio e ao Sapo de Trapo.

1º ciclo de Educación Primaria

“ O can Rin e o lobo Crispín” Carlos Casares

Rin é un can moi peculiar, fai cousas coma ningún outro fai... ata fala en latín. O can Rin é moi especial, moitísimas son as marabillas que este can bran co e peludo é quen de facer: conta historias coma ninguén, sabe falar en latín, toca o clarinete... Pero a mellor de todas é a que fala de cando Rin conseguiu que o lobo máis temible de todos, o lobo Crispín, lambese unha ovella.

“ ¡Brujas!” Carmen Gil

Hai bruxas para todos os gustos: están as modernas, que se conectan a Internet e aprenden nigromancia en cursillos on line; as despistadas, que transforman príncipes en ovos fritidos, en vez de en sapos; o as novatas, que acaban de sacarse o carné de conducir vasoiras e son o terror do espazo... Neste libro, bruxas e bruxos locen os seus modeliños de tea de araña na Pasarela Brujeles, compran o seu su CD de xemidos e aullidos (número un nos Cuarenta Principales) no Híper Brujesco, ou fan pocións de baba de babosa e rabos de rata peluda en remollo. ¡BRUJAS! destaca pola súa actualidade, a súa cercanía aos intereses infantís e o seu sentido do humor.

“ Lolo anda en bicicleta”. Carlos Casares

Lolo ten o soño de andar en bicicleta, mesmo de ter unha bici de seu. Pero Lolo fixo un día unha trasnada das gordas e os Reis Magos, no canto de bici, deixáronlle carbón. De todos modos, Lolo empeza a practicar coa bici do seu pai ás agachadas.

Page 3: O boletín da biblioteca

BBBIIIBBBLLLIIIOOOTTTEEECCCAAA EEESSSCCCOOOLLLAAARRR dddooo CCCEEEIIIPPP RRRooosssaaa lll ííí aaa dddeee CCCaaassstttrrrooo ––– XXXiiinnnzzzooo dddeee LLLiiimmmiii aaa --- OOOuuurrreeennnssseee

2º ciclo de Educación Primaria

“Misterio a cuatro patas”

James Gelsey

Disfruta coas aventuras de Scooby-Doo e os seus amigos e axúdalles a descubrir os misterios e a resolver os casos que che van presentando mediante a lectura desta serie de libros que seguro che encantará.

“La vuelta al mundo en 28 e-mails” Agustín Fernández Paz

Coa súa lectura terás a ocasión de dar a volta ao mundo, desde Marrocos a México, pasando polos Estados Unidos ou a Polinesia, da man do protagonista, Fabrizio, que emprende esta viaxe co seu pai,.Fabrizio promételle aos seus amigos, Sara e Giulio, comentarlles como lle vai a viaxe e así lánzase a escribir breves correos nos que vai dando pinceladas dos lugares que visita.

“Vaia tropa” Antón Cortizas

Aquí tés un libro de poesía que che sorprenderá, xa que o poderás ler de formas diversas.Algúns poemas terás que lelos de esguello; noutros, precisarás un espello; trátase, xa que logo, dun libro de xogo, na que a sorpresa da lectura e das ilustracións han chamar a túa atención.

3º ciclo de Educación Primaria

“No solo fútbol” Violeta Monreal

Serie de catro libros. O centro argumental de cada libro é un partido de fútbol pero, antes de cada partido, a pandilla deberá enfrontarse a unha aventura previa que os porá a proba. Deberán enfrontarse aos seus medos, os seus segredos, os seus sentimentos...

“Es genial ser un chico/a” Samir Senoussi

Os soños, a familia, os/as amig@s, os dereitos, os hobbies... neste libro atoparás respostas a moitas preguntas que interesan e inquietan as/aos chic@s coma ti.

“Un misterio na mochila de Alba” Fina Casalderrey

Alba vive nunha casa abandonada. Os veciños do lugar non entenden que unha nena tan pequena viva soa, acompañada unicamente de súa mochila branca. Uns nenos comezan a seguila, intrigados polo contido da mochila,Alba por nada do mundo se desprendería do seu contido.

Para nós, pais, mestres e titores ...

“ Todo é silencio” Manuel Rivas

Narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. Narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia

“No hay niños perfectos” Bruno Betelheim

Para educar ben un fillo non hai que tratar de ser un pai ou unha nai perfectos, é suficiente con ser “aceptables”, do mesmo xeito que non hai que esperar que o neno sexa un individuo perfecto.

“El prisionero del cielo” Carlos Ruiz Zafón

A nova novela de Carlos Ruiz Zafón, que recupera aos personaxes de "La sombra del viento". Un inquietante personaxe visita a librería de Sempre e ameaza con desvelar un tremendo segredo.

Page 4: O boletín da biblioteca

BBBIIIBBBLLLIIIOOOTTTEEECCCAAA EEESSSCCCOOOLLLAAARRR dddooo CCCEEEIIIPPP RRRooosssaaa lll ííí aaa dddeee CCCaaassstttrrrooo ––– XXXiiinnnzzzooo dddeee LLLiiimmmiii aaa --- OOOuuurrreeennnssseee

COSTUMES E TRADICIÓNS DE NADAL A nosa terra ten unha serie de tradicións cando chegan estas festas, costumes que veñen de moi lonxe. No boletín do curso pasado, lembrámosvos a do “tizón do Nadal” e neste curso queremos falarvos dos “CANTARES DE REIS”. Existe en Galicia unha fermosa tradición do Nadal, case esquecida por todos: “os cantares de reis”. Tres ou catro cantores, un gaiteiro e varios percusionistas percorrían as casas de vilas e aldeas, cantándolle aos reis e ao Nadal. Como agradecemento, os anfitrións daban ao grupo un aguinaldo, que consistía en produtos da casa: uns doces, algo de comida e bebida…

Outra tradición típica en Galicia e a do “ROSCÓN DE REIS”. Este doce de Nadal ten unha orixe pagana e vencellada ó Imperio Romano, aínda que foi anos máis tarde -coa cristianización- cando se empezaron a elaborar unhas tortas redondas con figos, mel e dátiles que levaban no seu interior unha faba seca: a quen lle tocaba era nomeado rei de reis durante un curto período de tempo. En Francia a figura do "rei faba" recaía no rapaz máis probe, sendo Felipe V quen importou esta tradición para España como remate das festas do Nadal e tal e como o coñecemos hoxe: un doce desprovisto de simbolismo, con froitas escarchadas e unha sorpresa agachada no seu interior. Nas vilas de Galiza estase a recuperar o mítico personaxe do Apalpador, un home que vivía nas altas montañas das serras orientais de Galiza e que nos días do inverno baixaba ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man. BUSCA AS DIFERENZAS

Xogos on line para pequenos e grandes

http://www.cunavidad.com/juegos-navidad.htm http://www.navijuegos.com/ http://www.j-u-e-g-o-s-online.com/Juegos-Navidad/ http://www.unapartida.com/categorias/navidad.html

Podedes ver no cine