MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha...

19
Memoria 2016 1 MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

Transcript of MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha...

Page 1: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

1  

MEMORIA 2016

BIBLIOTECA DA FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

Page 2: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

2  

PERSOAL .................................................................................................................................... 4 

COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS ................................................................................................ 4 

Política de adquisicións ......................................................................................................... 4 

Monografías ............................................................................................................................. 5 

Revistas: suscripcións ........................................................................................................... 5 

Películas ................................................................................................................................... 6 

Banda deseñada ..................................................................................................................... 7 

COLECCIÓN DIXITAL ............................................................................................................... 7 

Revistas ás que se ten acceso electrónico ........................................................................ 7 

Dialnet ...................................................................................................................................... 8 

Bases de datos ....................................................................................................................... 8 

Fiador ....................................................................................................................................... 9 

Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) e o Servizo de Apoio á Investigación 9 

COLECCIÓN : FONDOS ......................................................................................................... 10 

Retirada dos fondos: expurgo e perdidos ......................................................................... 10 

LECTURA EN SALA. CIRCULACIÓN .................................................................................. 10 

Revistas: uso ......................................................................................................................... 11 

Bibliografía recomendada ................................................................................................... 13 

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ALFIN ............................................................................ 14 

ACTIVIDADES CULTURAIS DA BIBLIOTECA ................................................................... 16 

DIFUSIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA ....................................... 18 

Page 3: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

3  

BIBLIOTECA DE ACOLLIDA .................................................................................................. 18 

INFRAESTRUTURAS .............................................................................................................. 18 

A BIBLIOTECA COMPROMETIDA ....................................................................................... 18 

ANEXO. Préstamo interbibliotecario ..................................................................................... 19 

Page 4: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

4  

PERSOAL

Fixo:

o Unha directora

o Dúas bibliotecarias

o Dúas auxiliares técnicas de bibliotecas

Bolseiras: como o ano anterior, tivemos dúas bolseiras sumando 480 horas.

Encargámoslles labores que non son habituais na biblioteca, como é a

colaboura na recolocación de fondos e o expurgo, melloras nas sinalizacións e

traballos de tradución. Tamén nesas horas incluimos cursos de formación ao

longo da bolsa, facendo un seguimento se o precisaren, da xestión de

recursos da biblioteca para os seus traballos.

Formación recibida. O persoal da biblioteca recibiu os seguintes cursos

durante o ano 2016:

Web of Science avanzado (Unha persoa)

Alemán A2 Centro de Línguas (Unha persoa)

Scopus avanzado (Unha persoa,)

Scribus (Unha persoa)

Refworks (Unha persoa)

Prevención da dor musculoesquelética e hábitos de vida saudábeis no

ámbito laboral. (Unha persoa)

Formato marc 21 para monografías e recursos continuados. (Unha

persoa)

COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS

Política de adquisicións É fixada pola comisión de biblioteca do centro. O de repartir as partidas nun 40% en

febreiro e un 60% en xuño ven fixado pola Reitoría. Foi como o ano anterior. Un

primeiro reparto en febreiro por profesorado do 40% do orzamento e un segundo

reparto do 60% restante en xuño, máis unha partida para a biblioteca (tamén en

febreiro e xuño). Nesta partida gastamos 3.314,81 euros. 1.020,47 euros de pedidos

do ano anterior; 1.127,01 de 28 pedidos da biblioteca; 786,80 de 12 pedidos feitos por

profesorado a través da biblioteca e 380,53 de 11 pedidos de alumnado e PAS.

Page 5: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

5  

Despois fíxose unha partida común co sobrante en outubro. As obras solicitadas

pasaron pola comisión da biblioteca xa que excedían o orzamento: eliminando as

peticións de obras das que xa había un exemplar na biblioteca e eliminando pedir máis

de un exemplar de cada libro, chegaba o orzamento, polo que se pediu todo. Na

biblioteca, en vez de facer o tradicional pedido de películas e obras literarias en galego

e español, incluíndo banda deseñada, solicitamos na comisión de biblioteca a merca

do libro Elas, de Aurora Marco. ( http://axanelaeditorial.com/elas/), unha obra de

investigación que recolle biografías de

mulleres galegas en distintos ámbitos. A

obra só está editada luxosamente e inclúe

16 serigrafías de artistas galegas. Custou

1.866 euros. Este tipo de obras gardámolas

normalmente no depósito, mais por

considerar que pode ser unha obra de moita

consulta, puxemos o libro en libre acceso de

consulta en sala (S1-5571) e a caixa e as

serigrafías no depósito.

Este ano non se puido facer o seguimento

dos pedidos do profesorado desglosado por

departamentos.

Monografías A 31 de decembro de 2016, o total de monografías, DVD, CD, mapas, kits e tests

ingresados na biblioteca ó longo dos anos foi de 91.324.

O ano 2016 ingresamos na colección 943 libros, DVD e CD. 879 foron mercados e 64

gratuítos. Coma sempre, non se inclúen obras que chegaron despois de pechado o

exercicio económico e que se facturarán o ano vindeiro. Gastamos en total 22.705,71

euros

Revistas: suscripcións No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas

das que temos suscripción no centro por valor anual de 31.257,19 euros para que

decidísemos con prazo do 15 de setembro os títulos que anulábamos por valor de

6.252 euros. A biblioteca presentou unha proposta baseada no uso das revistas e

priorizando o acceso electrónico sobre o papel. A equipa decanal presentou dúas

propostas de porcentaxe de diñeiro a reducir por departamentos. Saíu aprobada na

comisión de biblioteca do 21 de xullo por maioría (co voto en contra do departamento

Page 6: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

6  

de psicoloxía) o seguinte criterio: Sumar a cuantía dos títulos por departamento e

segundo iso calcular a porcentaxe no total da listaxe (31.257,19 euros).

Aplicar a mesma porcentaxe por departamento no total do que hai que reducir (6.252)

para deducir o importe que ten que reducir cada departamento.

Este criterio sería vinculante para vindeiras listaxes.

Para facilitar o traballo do profesorado, a biblioteca enviou unha listaxe dos títulos por

departamento onde, ademáis do prezo, se poñía o uso en papel, o uso electrónico das

que había datos e a importancia das revistas (segundo aparecían ou non en

determinadas bases de datos). Así, o profesorado escolleu a anulación dos seguintes

títulos:

Australasian journal of early childhood

Etudes philosophiques

European journal of human genetics

Gerontology

Histoire de l´education

Journal of educational psychology

Langages

Mathematics teacher

Recherches en didactiques des mathematiques

Reperes IREM

Revista portuguesa de filosofía

Revue francaise de pedagogie

Science and children

Restando eses trece títulos, para o 2017 temos 338 suscripcións abertas e 295

suscripcións pechadas. Das pechadas que non son gratuítas conservamos o fondo

que pagamos, en papel ou electrónico. Todas estas revistas están no catálogo. Tamén

están nunha listaxe en papel na hemeroteca e no seguinte enlace na nosa páxina web:

http://www.educacion.udc.es/biblioteca/index.php?pagina=bbdd_revistas

Películas Temos 912 películas, só cinco máis que o ano anterior, porque este ano non fixemos o

pedido co peche do exercicio. Ademáis de estar no catálogo, a colección está

organizada en Pinterest por temas: http://pinterest.com/cineduca. O ano 2016

prestamos 309.

Page 7: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

7  

Banda deseñada Temos un total de 123, só tres máis ca o ano anterior, porque este ano non fixemos o

pedido co peche do exercicio. Prestamos 15 no ano 2016. Coidamos que tería máis

éxito. Veremos en anos vindeiros.

COLECCIÓN DIXITAL

Revistas ás que se ten acceso electrónico Neste enlace http://sfx.bugalicia.org/aco/az/ están as suscripcións das revistas que

teñen formato electrónico abertas e pechadas (das suscripcións abertas só hai 44 en

papel) que están no catálogo, e ademáis un importante número de títulos que paga a

biblioteca central, dos que merca únicamente o acceso, non a suscripción,o que supón

que cando deixemos de pagar non teremos ningún fondo. Poden variar de títulos dun

ano para outro. Estas revistas non están no catálogo.

Facendo unha selección por materias saen 2.699 títulos (o ano anterior, nas mesmas

materias tiñamos un total de 2.614 títulos)

Artes e Humanidades. Subdivisión

Carreiras Educativas. 916 títulos.

Page 8: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

8  

Dereitos Humanos, Estudos sobre a Muller, Benestar e Infancia. 199 títulos.

Ciencias da Saúde. Subdivisión

Fisioterapia. 36 títulos.

Medicina Deportiva. 51 títulos.

Psiquiatría e Psicoloxía. 620 títulos.

Ciencias Sociais. Subdivisión

Ciencias da Conduta e Orientación Psicolóxica. 618 títulos.

Discapacitados, Asistencia. 63 títulos.

Estudos de Xénero. 111 títulos.

Rehabilitación. 85 títulos.

Dialnet Na memoria do ano anterior

explicábamos o que era

Dialnet. Do noso centro están

as revistas Digilec e a Revista

de estudios e investigación en

psicología y educación. Este

ano introducimos da última os

13 extras do ano 2015 e o

volumen 3, nº 1 de 2016.

Bases de datos O que se expón neste apartado é exactamente igual ó da memoria do ano pasado:

A súa primeira función foi dar coñecer os contidos das revistas científicas por materias,

anos e idiomas, indicando en que revista e número estaba cada artigo. Despois,

grazas aos xestores de enlaces (SFX para a UDC), leváronnos directamente aos

artigos que tiñamos electrónicos, ben por suscripción da revista ou por ser gratuíta ou

por ter pago o acceso. Ultimamente, aquelas que son grandes, internacionais e

interdisciplinares estanse especializando en ofrecer métricas da calidade da produción

científica das revistas, destacando Scimago Journal & Country Rank (de Scopus, con

acceso independente e gratuíto) e JCR (dentro da WOS). Tamén dentro da WOS, está

o ESCI (Emerging Sources Citation Index), coas revistas que están agardando para

recibir aceptación no JCR ou na listaxe da WOS. Tamén ofrecen métricas para a

calidade dos e das investigadoras cos índices de citas.

Page 9: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

9  

De interés para este centro son:

o Dúas de Educación: ERIC; Teacher Reference Center.

o Unha de Educación Física e Deportes: SPORTdiscus with full text.

o Tres de Psicoloxía: PILOTS; PsyCRITIQUES; PsycInfo.

o Dúas de interés para Logopedia: MEDLINE e Pubmed central (PMC)

o As interdisciplinares CSIC e DIALNET (ámbito hispano). SCOPUS

(internacional con maior peso das publicacións europeas). WOS (Web of

Science, internacional con maior peso das publicacións anglófonas)

Fiador O que se expón neste apartado é exactamente igual ó da memoria do ano pasado:

Son as guías temáticas de recursos gratuítos electrónicos utilizando a aplicación de

código aberto Subject Plus. Continuamos coa súa actualización. Accédese dende a

páxina principal da web da biblioteca da UDC no apartado Buscar nas guías

temáticas, e tamén dende a páxina web da biblioteca do noso centro en guías

temáticas. Materias que poden interesar ó noso centro poden ser: Ciencias da Saúde,

Ciencias do Deporte, Cine e Educación, Educación, Educación Social, Ferramentas

2.0, Ferramentas Educativas utilizando as TIC, Logopedia, Servizo de Apoio ós

Investigadores/as.

Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) e o Servizo de Apoio á Investigación Este ano chegouse á 3ª edición do curso de Estratexias para incrementar a visibilidade

e o impacto dos resultados de investigación, aumentando o número de documentos

depositados no RUC.

Independentemente de ter feito o curso ou non, houbo profesorado que veu pola

biblioteca preguntar dúbidas puntuais ou consultar cousas concretas. En horario de

mañán Inma Doval Porto e de tarde Chus García García atenderon e atenderán este

tipo de consultas. Lembramos ao profesorado que é no seu beneficio estar rexistrados

en Orcid.

Sobre os traballos de fin de grao, no ano

2016 o tribunal de avaliación dos

mesmos non seleccionou ningún para

subir ao RUC. Tampouco hai ningún TFM

subido. Unicamente hai 34 traballos de fin

de grao do ano 2014.

Os repositorios das universidades nacen

coa finalidade de agrupar a produción

Page 10: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

10  

científica da institución e visibilizala, ademáis de ser unha das vías internacionais do

movemento de acceso aberto. Para saber se unha editorial onde publicamos un artigo

nos permite depositalo nun respositorio temos os produtos Dulcinea para as editoriais

españolas: http://www.accesoabierto.net/dulcinea/default.php?contenido=acerca

e para as extranxeiras: http://www.sherpa.ac.uk/romeo/index.php?la=es

No seguinte enlace está Recolecta, o recolector de ciencia aberta do FECYT

(Fundación española de ciencia y tecnología), no que está rexistrado o RUC

http://recolecta.fecyt.es/repositorios-recolectados

COLECCIÓN : FONDOS

Continuamos unificando os exemplares iguais que

están en materias diferentes. Fixemos as

signaturas: P5, P10, GP, H, I, L, M-37, MU, PRE,

e R. Foi moi importante a axuda das bolseiras

neste traballo, coordinadas e dirixidas polo persoal

auxiliar técnico, para acometer este labor.

Retirada dos fondos: expurgo e perdidos Inda que a idea era continuar coa retirada de duplicados que non se usan, non fixemos

nada neste sentido este ano. Esperamos continuar no 2017.

No ano 2016 extraviáronse 88 documentos.

LECTURA EN SALA. CIRCULACIÓN No 2016 entraron na biblioteca 73.330 persoas, o que supón unha lixeira baixa sobre o

ano anterior e unha baixa forte respecto a hai dous anos (81.420). Hai un bico de

ocupación no mes de maio, con 9.550, e outro de baixa ocupación no mes de agosto,

con 741. O número de persoas que usaron a sala de traballos en grupo (xa

contabilizados no total) mantense: 1.787. Esta sala hai días no que está moi solicitada,

mais temos que denegala por estar ocupada. Ao respecto disto ten relación un

proxecto para o 2017 no apartado infraestruturas.

Os usuarios potenciais do servizo para o curso 2015/16 : alumnado (datos da

matrícula solicitado á secretaría do centro), profesorado e PAS do centro (datos da

páxina web do centro) foron 2.331, moi semellante aos anos anteriores, a esta cifra hai

que sumar 137 altas de autorizacións externas para usar a biblioteca e 86

renovacións; é dicir, que tivemos 2.554 usuarios potenciais.

Page 11: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

11  

Os datos de préstamo para o ano 2016 baixan por segundo ano consecutivo: 54.357,

dos que 18.665 son préstamos e 35.692 renovacións.

Somos a primeira biblioteca da UDC en canto a

número de actividades de circulación dos fondos

(préstamos, renovacións, devolucións e reservas),

seguidas moi perto por Arquitectura Superior e ECEM

(económicas e empresariais).

Sobre o préstamo interbibliotecario, estabamos

esperando os datos na intranet da biblioteca

universitaria. A data 13 de febreiro de 2017 aínda non

están. Enviamos a memoria así, e cando cheguen,

incorporaremos os datos como anexo a esta memoria.

O que si temos son os datos do noso centro:

Subministramos 81 peticións de 88 solicitudes: 31 libros, 39 artigos de revistas que se

enviaron escaneados e 11 escaneos de partes de libros

No préstamo intercentros (solicitude de artigos de revistas dentro das bibliotecas da

UDC que se envían escaneados) estamos á par como peticionarias e

subministradoras xa que enviamos 8 artigos e dúas partes de libros e pedimos unha

parte dun libro e 9 artigos de revistas.

Revistas: uso Revistas en papel

Cando no ano 2009 se fixo a primeira avaliación das revistas suscritas pola UDC,

fomos conscientes da importancia de tomar nota do seu uso anual dalgún xeito. Con

esta finalidade puxemos na mesa da hemeroteca un folio no que pediamos a quen

usaba as revistas que anotase o ou os títulos, poñendo folio novo cando se cubría por

enteiro -e cando mercamos o escáner, outro folio pedindo o mesmo para cando

escaneasen algún artigo- Tamén decidimos gardar todas as papeletas que hai que

cubrir cando alguén leva algún número de revista (para a aula ou para fotocopiar) e

finalmente, gardamos nun arquivo todas as solicitudes de artigos de revistas que se

piden por préstamo intercentros e interbibliotecario. A fin de ano facemos reconto e

anotamos nunha base de datos de Excel o uso que tiveron. O uso é de tódalas

revistas: suscritas, gratuítas, pechadas… Se ben é certo que os datos non son fiábeis

na cantidade exacta, ó longo dos anos reflicten que títulos son os máis usados. Na

táboa non aparece o valor cero xa que non podemos afirmar que unha revista non se

use.

Page 12: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

12  

Na seguinte táboa están as 10 revistas máis usadas segundo os nosos datos en sete

anos:

Título 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 Total

Cuadernos de pedagogía 68 50 82 38 59 36 106 439

Escuela en acción infantil 20 16 21 75 141 20 19 312

Aula de innovación educativa 54 68 32 23 23 27 18 245

Infancia: educar de 0 a 6 años 72 21 16 16 11 33 14 183

Aula de infantil 14 44 36 22 4 21 30 171

Alambique 16 13 16 8 14 9 10 86

Vida escolar 1 5 4 15 38 63

Revista galega de educación 4 11 9 3 2 7 9 45

Revista investigación educativa 3 3 1 4 7 26 44

Revista de educación 2 5 6 12 3 15 43

E na seguinte as máis usadas no ano 2016. É evidente que os seis primeiros títulos

son as revistas máis usadas na hemeroteca en papel.

Título 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 Total

Infancia: educar de 0 a 6 años 72 21 16 16 11 33 14 183Cuadernos de pedagogía 68 50 82 38 59 36 106 439Aula de innovación educativa 54 68 32 23 23 27 18 245Escuela en acción infantil 20 16 21 75 141 20 19 312Alambique 16 13 16 8 14 9 10 86Aula de infantil 14 44 36 22 4 21 30 171Bordón 7 7 4 4 9 9 40Journal of family psychology 6 6 6 2 3 1 3 27Developmental psychology 5 1 5 2 2 2 17Música y educación 5 6 2 1 1 1 16

Sobre o uso electrónico das revistas

Non temos datos estatísticos de todas as revistas das que temos acceso electrónico, é

de salientar que da maioría das revistas que están en español ou en galego este é o

caso, que non hai datos de uso. Tamén hai saltos no acceso electrónico de moitos

títulos (anos polo medio do que non hai acceso) e finalmente, dicir que os datos son

de toda a UDC, non deste centro. Así, as 10 máis usadas ao longo dos últimos sete

anos foron as da listaxe que poñemos a continuación, nela podemos enxergar o que

sucede con moitos títulos, que teñen un uso altísimo durante un ano ou dous e outros

un uso nulo (American anthropologist no ano 2012 ou History of education no 2015).

Page 13: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

13  

(Fonte: datos da intranet da Biblioteca Universitaria)

E as 10 máis usadas no ano 2016 foron as da seguinte tába. Os catro primeiros títulos

están tamén na listaxe anterior, co que podemos afirmar que son as máis usadas.

Unha delas, a European journal of human genetics, foi anulada este ano por decisión

do profesorado, decisión que, cando menos, chama a atención.

(Fonte: datos da intranet da Biblioteca Universitaria)

Bibliografía recomendada Este ano, no verán, enviamos un correo a cada profesor/a coa súa bibliografía

recomendada para que nos dixeran que cambios ou non ían facer: engadir unhas

obras, retirar outras...a falta de colaboura foi notábel. Para nós é unha perda de tempo

enorme, xa que temos que revisar máis de seis mil libros, cando ao mellor só varían

catrocentos títulos con respecto ó ano anterior e nalgunhas ocasións está sen

actualizar. O profesorado ten a obriga de revisar anualmente a bibliografía

recomendada no mes de xuño para o vindeiro curso, só pedimos que nos informen

dos cambios ou dos non cambios. Tamén é importante que o profesorado pida co seu

orzamento da biblioteca as obras que recomendan que non hai na UDC; este tipo de

cousas son indicadores de calidade das universidades.

Pola falta de colaboura do profesorado, actualizámola no primeiro trimestre do curso

tirándoa das guías docentes. Os datos do cadro de embaixo son do trimestre

outubro/decembro 2015. E os datos de préstamo que damos a continuación son do

Título 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 TOTAL

Journal of chemical education 339 436 757 734 952 1085 1141 5444

American anthropologist 37 73 136 95 2090 206 110 2747

Sports medicine 174 717 345 584 147 45 118 2130

Personality and individual diferences 174 276 172 170 235 108 201 1336

Neuropsychologia 50 273 134 169 194 153 263 1236

Augmentative and alternative communication 27 56 72 214 351 60 256 1036

European journal of human genetics 154 213 154 89 65 79 40 794

History of education 21 658 51 17 4 2 0 753

Anthropology today 12 94 52 69 123 215 123 688

American journal of sociology 46 86 90 96 131 59 85 593

Título 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 TOTAL

Journal of chemical education 339 436 757 734 952 1085 1141 5444

Sports medicine 174 717 345 584 147 45 118 2130

Personality and individual diferences 174 276 172 170 235 108 201 1336

European journal of human genetics 154 213 154 89 65 79 40 794

American journal of human genetics 149 175 138 76 0 0 1 539

Environmental education research 136 30 58 234 13 6 7 484

Cuadernos de psicología del deporte 115 149 62 117 93 536

Infancia y aprendizaje 96 123 65 95 26 10 415

Cultura y educación  76 110 124 64 159 39 572

International journal of science education  73 50 75 80 112 61 33 484

Page 14: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

14  

ano 2016. Na columna da esquerda están primeiro os catro graos (Infantil, Primaria,

Educación Social, Logopedia) e os sete mestrados [Psicopedagoxía; Dirección Xestión

e Innovación das Institucións; Profesorado Secundaria (inclúe oito especialidades);

Psicoloxía Aplicada; Interuniversitario de Estudos Avanzados sobre a Linguaxe e dous

novos: Didácticas Específicas; Innovación, orientación a avaliación educativas].

B.R

2015/16

Libros-

CD-DVD-

Mapas-

Kits-Tests-

Dicionarios

Faltan

na

UDC

Recursos

Web

Materias

Total

Materias

sen BR

G.I. 1.084 124 165 42 0

G.P. 938 120 150 41 0

G.ES 713 162 51 37 1

G.L 499 113 32 42 2

M.PSI 207 40 11 18 0

M.D. 233 40 59 16 0

M.P.S 644 103 161 73 10

M.PSI.A. 203 58 4 26 0

M.I. 56 0 6 11 4

M.D.ES 129 60 14 19 2

M.IOAE 477 100 31 28 1

Total 5.183 920 684 353 20

É de salientar o importante descenso de materias sen bibliografía recomendada a

respecto do ano anterior: dun 19,39% a un 5,6% e o aumento de recursos web: de

349 a 684.

Os 5.183 recursos disponíbeis nas bibliotecas da UDC foron prestados 12.682 veces

(4.603 préstamos e 8.079 renovacións. Fonte: datos de intranet da biblioteca

universitaria).

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ALFIN Alfin significa alfabetización informacional. A biblioteca fai unha oferta de cursos en

competencias informacionais, que publicita a comezos de curso nas xornadas de

acollida e por correo electrónico ao profesorado e trimestralmente a través do boletín

Page 15: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

15  

No tinteiro. Tamén damos publicidade a través do blogue da biblioteca e nas redes

sociais e no seu Moodle para o alumnado de TFG, TFM e doutoramento.

A biblioteca conta con dous cursos en Moodle: Habilidades para o acceso e xestión

da información en ciencias da educación, e TFG e TFM: buscar e xestionar a

información. O primeiro é un curso completo con módulos específicos para cada tipo

de usuarias/os. O segundo está máis enfocado a alumnado de fin de carreira.

Os cursos dados no ano 2016 foron:

-Para alumnado de grao, por petición do profesorado. Curso de noventa minutos. Sete

cursos de trinta persoas.

-Para alumnado de mestrados, por petición

do profesorado. As horas e os contidos do

curso adaptáronse ás esixencias do

profesorado, polo que se fixeron cursos de

diferentes horas de duración: un de dez

horas, dous de seis, un de catro, un de tres

e un de dúas. A media foi de quince persoas por curso.

-Para alumnado de TFG, por petición do profesorado. Fixéronse sete edicións do

curso de tres horas cunha media de vintecinco persoas por curso.

-Para alumnado de TFM, a petición do profesorado, 1 curso de catro horas para 20

persoas.

-Obradoiros do curso dirixido ao profesorado Estratexias para incrementar a

visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. Foron feitas vintecatro

sesións individuais de dúas horas de media de duración, 18 a docentes e 6 para

alumnado de Terceiro Ciclo.

PARA EDICIÓNS HORAS

PROFESORADO

PERSOAS AVALIADO

Grao 7 1:30 x 7=10:30 210 SI

Mestrado 5 31 horas 95 SI

TFG 7 3 horas x 7=21 175 SI

TFM 1 4 20 SI

Investigadoras/es 24 2 horas x 24=48 24 NON

TOTAL 114:30 524

Page 16: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

16  

As visitas guiadas e a formación para alumnado de primeiro de 90 minutos que damos

na biblioteca a quen se anote no primeiro trimestre do ano, non tivo ningún éxito, como

adoita.

ACTIVIDADES CULTURAIS DA BIBLIOTECA Xaneiro-Febreiro

.Clube Nébeda. Encontro co Marilar

Aleixandre.

.Exposición no recuncho O lapis do

neto do carpinteiro , de caricaturas

de Roberto Suárez Brandariz,

completada con exposición nas

vitrinas sobre A caricatura.

Marzo

.Concurso de fotografías e vídeos Amores que matan. Entrega de premios o día 8 de

marzo ás 11 no recuncho e exposición das obras seleccionadas. Coa colaboura do

profesorado Roberto Suárez Brandariz, Juanjo Bueno Aguilar, Patricia Carballal Miñán,

Iria Sobrino Freire e Fernando Iglesias Amorín.

Abril

.Exposición nas vitrinas sobre o “Centenario das Irmandades da Fala”, que permanece

até fins de setembro, co asesoramento do profesor Uxío Breogán Diéguez Cequiel.

Maio

. Exposición no Recuncho de pinturas de Nieves Castro Lara.

. Clube Nébeda.

Con Manuel Mato

para falar de

Manuel María.

Page 17: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

17  

Outubro-Novembro

. Clube Nébeda. Con Teresa Moure.

. Nas vitrinas exposición bibliográfica de Manuel María, no

aniversario do seu nacemento, completada con cartaces

enviados pola Xunta de Galicia feitos pola Fundación Manuel

María expostos nos laterais dos andéis do andar -1 da

biblioteca.

. Varias actividades arredor de Outras visións do fútbol:

Exposición bibliográfica nas vitrinas da obra de Alexandre de Fisterra, inventor

do futbolín.

No Recuncho, Futillos, exposición de

fotografías de Xacobe Meléndrez

Fassbender

No Recuncho, o día 23 de novembro

ás 19 horas, presentación do libro do

profesor Héctor Pose Porto Donato, coa

presenza do autor e do biografado.

Decembro

Colaboura coa iniciativa do profesor Roberto Suárez Brandariz de facer un concurso

de cartaces entre o alumnado de plástica baixo o lema: Falemos galego nas aulas.

- Exposición das obras finalistas no Recuncho. Entrega de premios no mesmo

lugar o día 15 de decembro ás 13 horas.

- Exposición nas vitrinas de aspectos

sociolingüísticos do idioma galego.

Page 18: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

18  

DIFUSIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA Tentamos visibilizarnos e dar publicidade

ás nosas actividades - especialmente dos

cursos de formación de usuarios e

actividades culturais- a través das redes

sociais e do noso blogue. A nosa tarxeta,

á dereita, na que non está incluído o

enderezo do noso clube de lectura

https://nebedaclubelectura.wordpress.com

Por correo-e, continuamos enviando ó

persoal do centro o noso boletín No

tinteiro. Este ano sairon os números 9, 10 e 11.

BIBLIOTECA DE ACOLLIDA Como tódolos anos, a biblioteca de Ciencias da Educación ofreceuse como biblioteca

de acollida no programa Stella de 2016. Ninguén solicitou vir.

INFRAESTRUTURAS Conscientes da necesidade de salas de traballo para grupos que demanda o

alumnado, estamos pensando en facer unha outra sala deste tipo na parte onde agora

está o expositor de novidades.

A BIBLIOTECA COMPROMETIDA Somos conscientes das pouquísimas cousas que podemos facer e tamén que imos a

contracorrente, mais convén non esquecer onde estamos e que queremos: somos

unha universidade galega, co que debemos ter un compromiso co país e co idioma.

Somos unha universidade pública, e debemos

unha contrapartida á sociedade onde estamos,

para facela máis xusta, humana e sostíbel. E primeiro de

todo: somos unha universidade, a única institución

de ensino superior. Crer no ensino e apostar pola

docencia de cara ao futuro debe ser a nosa primeira e

principal misión, a que xustifica a nosa existencia.

Page 19: MEMORIA 2016 BIBLIOTECA DA FACULTADE …...No mes de xullo enviaron da biblioteca central unha listaxe de 52 títulos de revistas das que temos suscripción no centro por valor anual

Memoria 2016   

19  

ANEXO. Préstamo interbibliotecario O préstamo interbibliotecario é un servizo centralizado. As solicitudes fanse a través da páxina web da biblioteca da UDC, e a biblioteca central é quen envía os artigos escaneados ou avisa ás peticionarias e peticionarios que lles chegou o libro á biblioteca do seu centro.

En total, a Universidade da Coruña resolveu 3.724 peticións da nosa universidade e serviu 1.830 documentos nosos a outras universidades. Hai que engadir 897 solicitudes canceladas ou rexeitadas (Os motivos poden ser diversos: peticións de obras que hai na UDC, ou que non se atoparon ou non era posíbel o seu préstamo ou escaneo.)

Na nosa Facultade servironse 188 documentos e outras 53 peticións foron canceladas ou rexeitadas. Do noso centro servimos 79 documentos: 41 de artigos de revistas, 37 libros e 1 de outros.

Como solicitantes somos, das 17 bibliotecas da UDC, a sétima, moi por detrás das 952 solicitudes de Oza e 670 da Casa do Patín (falamos de peticións resoltas).

Como subministradoras somos a sexta. Destaca a biblioteca central, que envía todas as peticións de artigos de revistas de acceso electrónico, con 650 subministros de documentos. Como no ano anterior, destacan as bibliotecas de Filoloxía (274 documentos) e Dereito (258)

2015 2016 UDC pide 3.205 3.724 Educación pide 279 (8,7%) 188 (5%) UDC subministra 1.842 1.830 Educación subministra 81 (4,39%) 79 (4,31%)

A nosa biblioteca mantense como subministradora. Como peticionaria baixamos significativamente, tanto en número de peticións como na porcentaxe sobre o resto da UDC.

No ano 2015, do total de transaccións, a UDC sae deficitaria: un 64% foron peticións que nos foron servidas e un 36% foi o que servimos.

No ano 2016, aumenta ese déficit: un 67,1% foron peticións e un 32,9% foi o que se serviu.