Manuel josé quintana e lorenzo

5
MANUEL JOSÉ QUINTANA E LORENZO (1772 – 1857)

description

 

Transcript of Manuel josé quintana e lorenzo

Page 1: Manuel josé quintana e lorenzo

MANUEL JOSÉ QUINTANA E LORENZO

(1772 – 1857)

Page 2: Manuel josé quintana e lorenzo

Manuel José Quintana naceu en Madrid o 11 de abril de 1772, fillo de pais estremeños. Estudou Dereito en Salamanca, onde forxou unha boa amizade co rector liberal Diego Muñoz Torrero,sen embargo, co seu sucesor, Tejerizo, non se levou tan ben e expulsouno en 1793, sendo readmitido de novo un ano máis tarde. Exerceu como avogado dende 1795 e continuou a súa carreira política. Neste mesmo ano, foi nomeado procurador fiscal da Xunta de Comercio e Moeda.Tivo un breve matrimonio con María Antonia Florencia que rematou en fracaso,separáronse e non tiveron fillos. Ela falece uns anos máis tarde. Nos demais aspectos persoais íalle ben: estrea con moito éxito o seu drama Pelayo (1805), é nomeado censor de teatros,comeza a publicar unha serie de biografías de inspiración moi patriótica.Durante a Guerra da Independencia e a partir de 1808 militou no bando liberal e ocupou varios cargos políticos na resistencia antibonopartista, gañándose unha merecida fama de patriota sobre todo pola súa dirección do Semanario Patriótico. Esta importante publicación nos seus comezos era impresa en Madrid, pero logo paso a Sevilla e máis tarde a Cádiz. Publicaba ademais en 1808 España libre e Poesías patrióticas.

Page 3: Manuel josé quintana e lorenzo

A partir do momento que inicia tanta responsabilidades na política, a súa creación literaria queda marxinada, pois estaba o servizo dos múltiples compromisos políticos de orientación liberal, xa que era o oficial primeiro da Secretaría Xeral da Xunta Central dende xaneiro de 1809,da que era titular Martín de Garay. Con este e outros membros da Xunta Central, elaboraron un plan para impoñer as súas ideas liberais fronte ás dos absolutistas e a de ilustrados como Jovellanos. O impulso de Quintana e de Garay permitiu que as Cortes de Cádiz se reunisen nunha sola cámara sen respectar ó estamento privilexiado. En xaneiro de 1810 foi nomeado Secretario de Interpretación das Lenguas e participou na Xunta de Instrucción Pública. Catro anos máis tarde, ingresou na Real Academia Española. Este mesmo ano co regreso de Fernando VII de Francia foi encarcelado en Pamplona pola súa colaboración coas Cortes de Cádiz.En 1820, ao restablecerse o goberno constitucional foi liberado, ingresou na Sociedade do Anel e presidiuna dende 1821. Neste mesmo ano, foi elixido para as Cortes e nomeado presidente da Dirección Xeral de Estudos.En 1823, tras abolirse de novo a Constitución,foi despoxado dos seus cargos e honores.

Page 4: Manuel josé quintana e lorenzo

Non será ata 1828 que se lle permita volver a Madrid. Trala morte do monarca, foi restituído nos seus cargos, nomeado prócer do reino (1834-1836), director de Estudos novamente e senador electo por Badaxoz.En 1840 foi nomeado titor instrutor da Raíña dona Isabel II. Senador vitalicio en 1845. o 25 de marzo de 1855 é laureado como poeta nacional no Senado por Isabel II durante un solemne acto que Luís López deixou inmortalizado na súa pintura.

Page 5: Manuel josé quintana e lorenzo

Morreu en 1857, e debido a súa forma de vida frugal, deixou algunhas débedas que foron satisfeitas coa venda de libros da súa biblioteca. O funeral foi pagado na súa totalidade pola raíña Isabel II. Todos os seus contemporáneos destacaron nel como trazos fundamentais no seu carácter a súa honestidade e integridade, o se patriotismo e compromiso radical coa liberdade do xénero humano.A súa poesía é case toda de tema moral, cívico, patriótica e política, inspirada principalmente no neoclásico.Ten unha extensa obra literaria entre a que hai obras de todos os tipos: de ensaio, poesía, drama... Ata realizou dous traballos como autólogo.