LIBROS POLA PAZ

2
Teléfono e fax: 981-850637 CATÁLOGO ON LINE: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org IES Poeta Añón Rúa Poeta Añón s/n Serra de Outes-15230 C ONSTRUÍNDO A PAZ BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN-OUTES 30 DE XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ Guía de materiais Curso 09-10 XANEIRO 2010 O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz: todo empezou fai 40 anos cando un poeta pacifista quixo conmemorar o aniversario do asesinato de Gandhi con xornadas educativas para fomentar a convi vencia entre os nenos e os xóvenes. Así cada ano, o 30 de xaneiro milleiros de escolares celebran esta data como unha forma de alcanzar e conquistar un soño: un mundo no que sexa posible a globalización da liberdade, da xustiza e dos dereitos humanos. Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego. Se queres cambiar ao mundo, cámbiate a ti mesmo. O que se obtén con violencia, soamente póde- se manter con violencia. Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño. Gandhi (Texto da Biblioteca do CEIP de Cervo) BIBLIOTECA HORARIO DE APERTURA MAÑÁS De luns a venres : 10.05 - 10-25 e 12.05 - 12.25 TARDES Mércores : 18.00 - 18.45 Xoves: 20.15- 21.00

Transcript of LIBROS POLA PAZ

Page 1: LIBROS POLA PAZ

Teléfono e fax: 981-850637 CATÁLOGO ON LINE:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org

IES Poeta Añón Rúa Poeta Añón s/n

Serra de Outes-15230

CONSTRUÍNDO A PAZ

BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN-OUTES

30 DE XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Guía de materiais

Curso 09-10 XANEIRO 2010

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz:  todo empezou  fai 40 anos cando un poeta pa‐cifista  quixo  conmemorar  o aniversario  do  asesinato  de Gandhi con xornadas educa‐tivas para fomentar a convi‐

vencia  entre  os  nenos  e  os  xóvenes.  Así cada ano, o 30 de xaneiro milleiros de esco‐lares celebran esta data como unha forma de alcanzar e conquistar un soño: 

un mundo no que sexa posible a globaliza‐ción da liberdade, da xustiza e dos dereitos humanos. 

Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego. Se queres cambiar ao mundo, cámbiate a ti mesmo. O que se obtén con violencia, soamente póde-se manter con violencia. Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño. Gandhi

(Texto da Biblioteca do CEIP de Cervo) 

BIBLIOTECA

HORARIO DE APERTURA

MAÑÁS

De luns a venres : 10.05 - 10-25

e 12.05 - 12.25

TARDES

Mércores : 18.00 - 18.45

Xoves: 20.15- 21.00

Page 2: LIBROS POLA PAZ

CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA (J Kerr)

AGOSTO DO 36 (X Fernandez Ferreiro)

A HISTORIA DE ERIKA (R. Vander Zee– R. Innocenti)

GUERNICA (H. Bernard)

MAUS (A. Spiegelman)

GUÍA DE MATERIAIS

CORAZÓN DE ROBLE (Emili Teixidor)

DIARIO DE ANA FRANK

COMANDANTE HUSSI (J. Araujo)

EL PAN DE LA GUERRA (D. Ellis)

LITERATURA

OS CONFLICTOS ARMADOS NO CINE

MÚSICA

IMAGINE John Lennon

ROSA DE LA PAZ ( Amaral)

PEACE ON EARTH (U2)

BLOWING IN THE WIND (Bob Dylan)

QUEREMOS PAZ (Maná)

Para afastarse dos perigos da guerra, os baróns de Ter refúxianse na montaña, deixando a súa masía ao coidado de Tinco, un orfo de pasado misterioso cuxa crave encerra unha enigmática medalla que sempre leva ao pescozo.

O diario de Ana Frank, é un relato verídico escrito por unha nena de 13 anos, que tivo que ocultarse por mais de dous anos no anexo dunhas oficinas xunto coa súa familia para escapar da represión nazi.

A guerra truncou a infancia de Hussi e conver-teuno nun neno-soldado que conviviu de cerca coa morte, a miseria e a dor. A súa his-toria non está tan lonxe, nin no tempo, nin no espazo...

Parvana é unha moza de once anos que vive en Kabul, a capital de Afganistán, durante a época do goberno dos talibáns. Cando o seu pai é detido, a súa familia -sen recursos para poder vivir-, buscará unha solución desesperada: Par-vana, que por ser muller ten prohibido gañar diñeiro, deberá transformarse nun mozo.

A chegada de Hitler ao poder vai cambiar radicalmente a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandonar o seu país e deixar atrás moitas cousas queridas, como o seu coello de peluche.

O autor aborda o tema da guerra civil en Galicia relatan-do, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.

A historia de Erika narra a historia dunha sobrevi-vente do Holocausto que rememora o tráxico desti-no do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida.

Un “océano de dor e morte” en palabras de Picasso, plasmado nunha das obras de arte máis famosas de todos os tempos.

Maus é a historia dun sobrevivente de Auschwitz, Vladek Spiegelman narrada ao seu fillo Art, o autor do libro.

CÓMIC E ALBUMS ILUSTRADOS

LA MISIÓN

LAS 13 ROSAS

JOHNY COGIÓ SU FUSIL

EL GRAN DICTADOR

MI MEJOR ENEMIGO

LA CAJA DE MÚSICA

EL NIÑÓ DEL PIJAMA DE RAYAS

COMETAS EN EL CIELO

LAS TORTUGAS TAMBIÉN VUELAN

BRAVEHEART

LA LISTA DE SCHINDLER

LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS

EL PIANISTA

BAILANDO CON LOBOS