lecturas

35
Desde o Equipo da Biblioteca Avelaiona Luíña e coa intención de dinamizar a Hora de Ler, elaboramos distintas actividades de comprensión lectora. Están pensadas para o 2º ciclo, lendo colectivamente na pizarra dixital. Realizaranse as actividades, sobre todo ao principio, en voz alta, coa participación de todo o alumnado. Intentamos recompilar textos variados coa finalidade de que o alumnado sexa capaz de ler para… orientarse …comunicarse …comprar …informarse …recordar …coñecer a actualidade …xogar …gozar …comer BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA CEIP Cespón

description

modelos de fichas de lecturas

Transcript of lecturas

Page 1: lecturas

Desde o Equipo da Biblioteca Avelaiona Luíña e coa intención de dinamizar a Hora de

Ler, elaboramos distintas actividades de comprensión lectora. Están pensadas para o 2º

ciclo, lendo colectivamente na pizarra dixital. Realizaranse as actividades, sobre todo ao

principio, en voz alta, coa participación de todo o alumnado.

Intentamos recompilar textos variados coa finalidade de que o alumnado sexa capaz de

ler para…

…orientarse …comunicarse …comprar …informarse …recordar …coñecer a actualidade …xogar …gozar …comer BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA CEIP Cespón

Page 2: lecturas

- En cantos apartados está dividido o

texto?

- Cítaos e explica de que se fala en cada

un deles.

- De que produto cres se trata: unha

pomada, barra de beizos,…

- Podes utilizar Li-Per-Tutto todos os

días ou sería perigoso?

- O bote ten unha capacidade de medio

litro. Por que o sabemos?

- Se mercas 4 botes iguais. Cantos litros

terías en total?

- De todos os ingredientes, cal é o que

coñeces?

Page 3: lecturas

- Conta a preparación desta crema de verduras empregando (primeiro, logo, …)

- Canto pesa o sobre deste produto? - No envase pódese ler PESO NETO. Que

significa? - Que significa este símbolo?

- Poderías consumir esta crema de verduras? Por que?

- “Servicio de atención ao cliente”. De que dous xeitos podemos contactar con el? En que

casos o fariamos?

- En que cidade se fabrica esta crema? En que comunidade autónoma?

- Que hortalizas forman esta crema de verduras?

- Que profesionais da saúde recomendan consumir polo menos 200 g diarios de

verduras?

Completa a táboa

Page 4: lecturas

De que produto é esta etiqueta?

-En que cadea alimentaria se vende?

-Aparece en 4 idiomas distintos. Todos se

falan na noso país. Cales son?

-Hai dúas ilustracións que nos recordan a

importancia da reciclaxe. Cales son?

-Se chamas ao 902 540 340…a quen

estarías contactando?

-Esta auga foi envasada para Eroski, pero

que empresa o fai?

-En que provincia galega ten o Manacial

Fontecelta? En que vila?

-Para mercar 3 litros de auga, cantas

botellas comprarás?

-Que quere dicir: “Auga de mineralización

débil”?

Page 5: lecturas

-Escribe con letra o mes e o ano no que caduca

este produto?

-Que atoparemos no interior do paquete?

Cereais de chocolate

Cartas brillantes

Cereais de chocolate e un agasallo de cartas brillantes

-Que empresa os fabrica?

-Cal é o prezo das cartas brillantes?

-Cres que realmente é un agasallo? Razónao.

-Na parte inferior esquerda le o que nos aportan

estes cereais.

-Na parte inferior dereita aparece 375. Que é?

Ano e mes no que foi elaborado.

O número de choco Krispies que veñen

no paquete

Os gramos que pesa

Page 6: lecturas

-Completa:

ANPA: Asociación de …

-Que quere dicir actividades extraescolares?

-Se tés 5 anos, poderías ir o luns a informática? Que día poderías facelo?

-Xoán ten 3 anos e a súa irmá Laura o triplo. Que día e a que hora pode ir Laura a manualidades?

-Que día poden ir os nenos/as de 3 a 5 anos a teatro?

-Tés 10 anos e vas a teatro e a patinaxe. Que días irías? Canto tempo empregarías nas 2 actividades?

-O martes, o monitor/a de inglés a que hora comeza e remata as actividades?

-Unha nena de 11 anos, tería actividades a diario para asisitir?

Page 7: lecturas

-Explica:

CEIP:

-Conta ordeadamente os pasos a

seguir para facerse socios da ANPA:

Primeiro, ir ao…

Logo ingresar no nº…

-Se unha familia ten 2 fillos/as, canto

deberá ingresar?

-Posibles combinacións de billetes e

moedas para pagar os 20 €:

a) 2 billetes de 5 € e un de 10 €

b) c)

d) e)

-A través de que medio podes estar

informado/a das novas da ANPA?

-Cal é o nome da ANPA? De onde

tomaría o nome?

Page 8: lecturas

Quero contratar Internet R para o meu fogar: -Cal é o menor prezo que podo pagar (con IVE)?

-Que me ofertan gratis?

-Que é a factura “online”? Que me dan se opto por dita facturación?

-Cal é a mínima duración do meu contrato?

-Que diferenzas hai entre o “combo1” e o “combo2”?

Page 9: lecturas

Quero contratar un móbil coa compañía R:

IVE significa Imposto sobre o Valor

Engadido. En España, na maioría dos

casos é do 18%.

Explicade o que isto supón.

-A que móbiles podo chamar a 0 cent/min?

-Se collo a tarifa única, cal será o pago

mínimo mensual? Cres que ese prezo

inclúe o IVE?

-Razonade en gran grupo o porqué da

letra pequena dos folletos.

-Se mando un SMS, canto me vai custar:

15 cent ou 17,7 cent? Por que?

-Poderías falar hora e cuarto seguida aos

teus móbiles R coa tarifa 0 cent/min?

-Establecemento de chamada 15 cent (17,7 IVE inc.)

-Tarifa 0 cent/min válida en tarifa única e mini+internet os

60 primeiros minutos de cada chamada aos teus fixos e

móbiles R.

-Prezo SMS 15 cent/SMS (17,7 cent IVE incluído)

Page 10: lecturas

-Na páxina do lado, que tipo de servizos

se ofertan?

-A información da folla está agrupada

en tres localidades. Que orde seguen?

-Tés que facer unha análise de sangue

en Boiro. Nome do especialista ao que

irías.

-O Dr. Fernández Alborés, de que é

especialista?

-Queres facer unha revisión da túa

vista. Poderías realizala en Boiro? Se é

posible, indica o enderezo.

-En Betanzos, cantas especialidades

médicas distintas aparecen?

-As seguintes especialidades, encárgan-

se do coidado de…

…pediatría: …otorrinolaringoloxía:

…traumatoloxía e ortopedia: …dermatoloxía:

Page 11: lecturas

- -Que dous produtos se nos presentan neste

folleto?

- Para que tipo de deportes están indicadas?

- Que se me ofrece ao pagar 34,13€?

- Se merco 6 balóns de balomán por separado

ou o lote de 6 unidades, sen ter en conta o

desconto, canto aforro?

- En que casos se aplica un desconto do 10%?

- Explica: o 10% quere dicir que por cada…

- De que están fabricados estes balóns

e pelotas?

-Cita tres características positivas destes

produtos.

- Que balón, segundo a publicidade, é lixeiro,

suave,…

- Cal é o balón máis grande? Por que o sabes?

- As pelotas multiuso, para que deporte

servirán?

- Hai unha característica que é común aos

catro produtos. Cal é?

Page 12: lecturas

- A que hora comeza a programación nas dúas canles?

- Canto tempo dura o primeiro programa de La Primera?

- Canto tempo falta para as 9:00 horas cando comeza na 2:

“Grandes Documentales?

- Ata a unha da tarde, en que canle hai máis variedade

de programas?

- Completa:

CANAL PROGRAMA HORA

Amar en tiempos

revueltos

Catro e cuarto da

tarde

La 2

Seis menos cinco

da tarde

+ Gente

12 e media da noite

Dúas menos dez da mañá

+

- -Se queres ver unha película dirixida por Francis

- Lawrence. En que canle e a que hora é posible?

- -De que se encargan Jesús Álvarez e Sergio Sauca. En que

- programa e horario.

-Na canle 2 hai 7 programas relacionados pola temática.

Cales?

Page 13: lecturas

-Cantas variñas de peixe trae a caixa?

-Cal é a data de consumo preferente?

-Se meto a caixa nun conxelador sen

estrelas, canto tempo estará en boas

condicións?

-Que tres xeitos de preparación me

propoñen no envase?

-Cal é o peso neto do produto?

-Dúas porcións de peixe, cantas

proteínas me aportan?

-De que 3 formas podo contactar co

servizo de atención ao consumidor?

-Por que din que non se debe voltar a

conxelar unha vez desconxelado?

Empresa Galega

Page 14: lecturas

-De que empresa é a factura?

-Onde ten a sede dita empresa?

-Cal é o período de consumo?

-En que entidade bancaria foi

cobrada?

-Cal é o prezo que se pagou?

-Canto se pagou de IVE?

-A partires de que data o

cobraron na entidade bancaria?

-Cal é o prezo da internet con

chamadas a fixos incluídas?

Presenta algún desconto este

prezo?

-Canto se paga por identificación

de chamada?

-Que velocidade de internet ten

contratada?

Page 15: lecturas

-O titular da presente tarxeta do

censo electoral votará…

Concello …

Distrito… Sección… Mesa…

-Onde está situado o local?

-Cantos anos ten? Desde fai

cantos anos pode votar?

-Cal é o enderezo do votante?

-Se observo algún erro, como

podo porme en contacto coa

oficina do censo para tentar

subsanalo?

Page 16: lecturas

ÍNDICE PÁXINAS GALEGAS

-Que orde se segue no índice?

-Os teléfonos están agrupados

por sectores. En que páxina

buscarei para atopar…

…avogados …bazares

…automóbiles ITV

…academias de idiomas

-Se miro na páxina 49, de que

sectores atoparei empresas?

Cita como mínimo cinco.

-Por que terei que ir á páxina

93 para buscar abonos, se

comeza por a?

Page 17: lecturas

SABANA AFRICANA CLASES DE ANIMAIS:

XIRAFAS: aliméntanse de raíces e de follas das acacias.

TÉRMITES: son formigas que viven en galerías

subterráneas. Aliméntanse de madeira das acacias mortas.

Buscan auga na profundidade do terreo e crean espazos

de terra húmida onde a herba pode xerminar. Airean o terreo

favorecendo que as acacias estendan as súas raíces.

PORCO FORMIGUEIRO: Animal nocturno que se alimenta

de térmites.

LEOPARDO: Animal carnívoro que se alimenta de porcos

formigueiros e dos antílopes.

ANTÍLOPES: Aliméntanse de herbas que medran onda

os termiteiros. Tamén se alimentan dos froitos das acacias.

Dispersan as súas sementes e colaboran a que se reproduzan.

- Pola seca prolongada, as acacias están diminuíndo

nese territorio. Que lle sucederá a outros seres vivos

CLIMA CALOROSO E MOI SECO se as acacias desaparecen?

MEDRAN SÓ HERBAS PEQUENAS - Como podería solucionarse esta situación?

E ACACIAS - Que sucedería se desaparecesen os térmites?

- Escribe, debuxa …dous seres vivos co significado

…é comido por…

Page 18: lecturas

ANIMAIS EN PERIGO

-Cal destes animais pode ser o lince ibérico:

- Os linces aliméntanse case exclusivamente de coellos. A seca e a caza fixeron que diminúan os coellos no campo.

Que ten que ver isto coa desaparición dos linces?

- Oxalá non desaparezan os linces; pero se desaparecesen nalgún lugar, como os recordaríamos? Escribe Eran uns animais…

Page 19: lecturas

Parécenvos unhas condutas axeitas?

Explicade as respostas.

- No caso de non ser unha conduta

axeitada, que lle dirías a cada un?

Page 20: lecturas

Gran esforzo, pouca

recuperación

Esforzo de intensidade

baixa

Esforzo medio

Tempo: < 5 min

Tempo: 5–10 min

Tempo: 10-15 min

Tempo: 25-30 min

Page 21: lecturas

ESTES SON OS ELEMENTOS PRECISOS PARA UN XOGO CHAMADO ¡BOMBA!. CONTESTA: - Como será o esforzo: baixo, medio ou grande?

- Tempo óptimo do xogo?

- Número ideal de xogadores

- Xogo recomendado para que idades?

- Onde será o espazo do xogo?

- Que material se precisa?

DADOS AGORA OS ELEMENTOS DUN XOGO CHAMADO “DE CAMPO A CAMPO” DEBUXA TI OS ANAGRAMAS:

- Esforzo de intensidade baixa

- Tempo óptimo de xogo: entre 10 e 15 minutos

- Non menos de 8 participantes. Ideal 20 participantes. Non máis de 40 participantes

- Xogo recomendado para nenos/as con idades comprendidas entre 10 e 12 anos.

- O espazo terá que ser interior

- Precísase un balón

Page 22: lecturas

- De de que tipo de libro foi sacada esta páxina de información?

- Estas palabras están ordenadas alfabeticamente. Fíxate como

se fixo a pesares de que todas comezan por ade-. Escríbeas

desordenadas no encerado e sen mirar volve a ordenalas

alfabeticamente.

- Hai dúas palabras que son da mesma familia. Cales?

- Ao lado de cada palabra aparecen unhas iniciais. Que significan?

s. f. adv. s. m. adx.

-Cada un dos significados posibles de cada palabra chámase

ACEPCIÓN (soen aparecer numeradas). Que palabras teñen

máis de dúas acepcións?

- Explica as tres acepcións da palabra ADESTRAR

- Neste listado hai dúas palabras que son adxectivos. Di cales e e

constrúe unha oración con cada un deles.

- Escribe a palabra que corresponde a cada definición:

. Acción de despedirse:

. Condimentar manxares:

. Morder:

. Xesto, aceno, acción:

- Le en voz alta as palabras da familia de ADHERIR

Page 23: lecturas

PROBLEMAS CON CHISPA

Un pan e pan e medio, dous pans e medio e cinco medios pans. Cantos pans son?

Por que se volveu tolo o libro de matemáticas?

No caixón do teu armario tés seis calcetíns negros e seis calcetíns azuis. Se non hai luz no cuarto e

queres sacar o mínimo número de calcetíns para asegurarte de que obterás un par da mesma cor.

Cantos calcetíns deberás de sacar do caixón?

Se unha camisa mollada tarda en secar 15 minutos. Canto tardarán 3 camisas molladas?

Se hai 12 pasteis de 10 céntimos nunha ducia, cantos pasteis de 15 céntimos haberá en dúas

ducias?

Que pasa en Rianxo e Boiro entre as 8 e as 9 da mañá?

Un labrego ten 3 moreas de herba no prado e 4 moreas na eira. Se as xunta, cantas moreas terá?

Xoán dille aos seus amigos:

- Hai dous días tiña 8 anos, pero para o ano que vén terei 10 anos. Dixo mentira? Pode ser verdade?

Cando será o seu aniversario?

Page 24: lecturas

EXPRESIÓNS E FRASES FEITAS

Botar barriga Ser agudo coma un allo

Botar unha man Ser moi espelido

Botar a lingua a pacer Ser moi cuco

Botar os fígados pola boca Ser fino coma a la de gato

Botar de menos

Botar leña ao lume

Botar na cara Dar a lata

Tocar o nabo

Quentar a cabeza

Caer da burra Tocar a gaita

Caer de cu

Caer de seu/ caer de caixón

Falar polos cóbados

Andar sen un can Coas mans na masa

Botarlle os cans a alguén Sen pés nin cabeza

Ter cara de can Afogar nun vaso de auga

Levarse coma o can e o gato Morra o conto

Nunha carreiriña dun can Ser o último mono

O meu can pillou unha mosca A fume de carozo

Tratar a alguén coma un can Estar nas nubes

Pintala mona

Page 25: lecturas

ENSALADA DE ARROZ

- Observa os distintos pasos para preparar unha ensalada de arroz. Leos de xeito ordenado.

- Di agora os ingredientes que se precisan para facer este prato.

Page 26: lecturas

DE QUE ANIMAL SE TRATA

- Le con atención os datos e di de qué animal se trata - Que significa castañetear? - Ás persoas, a veces, tamén nos poden castañetear os dentes? Cando pode suceder?

Page 27: lecturas

CÍRCULO

DEFINICIÓN: dous grupos. Un trata de dar co balón ao outro e este, movéndose nun espazo reducido, trata de evitalo. APLICACIÓNS: Coordinación óculo-manual. Coordinación dinámica xeral. MATERIAL: un balón. ESPAZO DO XOGO: Círculo, no que o diámetro dependerá do número de xogadores. DESENROLO DO XOGO: Os xogadores divídense en dous grupos. Un colócase no exterior do círculo co balón e o outro no interior. Os de fóra tratan de dar co balón a calquera dos que estean dentro; cando alguén o consiga intercambian o seu posto. VARIANTES: Podería xogarse con varios balóns. Se algún xogador de dentro do círculo colle o balón lanzado, antes de que toque o chan, os dous grupos poderían intercambiar os papeis. - Unha vez que leas as características deste xogo, debuxade (no encerado, en papel, individualmente, por

parellas...) os elementos que se precisan.

INTENSIDADE DURACIÓN Nº XOGADORES IDADE ESPAZO MATERIAL - Que significa: “os dous grupos poderían intercambiar os papeis” - “Coordinación óculo- manual”. A que órgano fai referencia óculo? - Explicade que quererá dicir coordinación óculo-manual

Page 28: lecturas

- Le o enderezo da Librería El Cisne.

- Que podes mercar na librería?

- Que outros servizos ofrece a librería?

Se queres atopar máis información de TREBELLOS. Onde o podes facer? - Que é facebook?

Este símbolo é o anagrama de que tenda?

- A que se adicarán na academia de deseño Sabina Lojo? - Se tés que encargar unha empanada. Onde o podes

facer? Tés que ir buscala á panadaría ou hai algunha

outra forma de que chegue á túa casa?

- Que atencións podes atopar se te achegas ao Salón

de perruquería e beleza Aurora?

Page 29: lecturas

Os ríos africanos Os elefantes, os leóns, as cebras,...acoden a eles para beber, refrescarse, bañarse,...Outros animais non saen nunca

deles.

O crocodilo do Nilo ten a mesma lonxitude

que un coche dos grandes. Semella un tronco de árbore

flotando. Pero, coidado! Está espreitando e pode dar un

chimpo tremendo para atrapar un paxaro ou unha

gacela. Despois somérxese para afogar á súa presa.

O hipopótamo adoita saír da auga para tomar un pouco

o sol. Pace polas noites e polo día descansa na auga. Ás veces,

somérxese e camiña polo fondo do río para desentumecer as patas.

Mira que práctico é: debaixo da auga é capaz de pechar os buracos

do nariz e as orellas

- Localiza nun atlas o río Nilo

- Busca nun dicionario as palabras: espreitar, gacela, somerxer, desentumecer.

Page 30: lecturas

- Que tipo de impreso é ?

- Que artigo se mercou? - En que cidades ten tendas esta compañía? - En que data se emitiu esta factura? - Cal é o número de factura? - Sabemos quen é o cliente?

- Saberías dicir en que parte da

factura estarían escritos os datos

do comprador.

- Canto pagou sen IVE?

- Canto pagou con IVE?

- Agora o IVE é un 18 %. Canto era

nese ano?

- Cal é o importe do IVE?

- Fíxate nos prefixos dos teléfonos das tendas: - Por que o de Vigo e o de Pontevedra coinciden?

Page 31: lecturas

- De que aparello de fogar estamos falando?

- Explica como debemos coidar a placa para que non se vai deteriorando?

- Que produto podería deixar a vitrocerámica moi danada?

- Explica os dous símbolos que atopas nas instrucións de limpeza.

- Cando a placa se manche debemos limpala inmediatamente?

- En que único caso debemos quitar a mancha aínda que a placa estea quente?

- Imaxina que tés que explicarlle a alguén que non a coñeza, o que é unha vitrocerámica. Adiante!

- Que vantaxes e inconvenientes atopas na vitrocerámica fronte a outro tipo de cociñas?

Page 32: lecturas

VELOCIDADE LECTORA

-Lela primeira palabra de cada renglón

-Lela primeira e última palabra de cada renglón

-Ler unha palabra si e outra non

-Ler o texto coas palabras que están á marxe, buscándoas coa vista

Érase un gato con ................ para os negocios ollos

que ........ un almacén de ................... sen socios. abriu / comestibles

Vender ratos en conserva, era a súa ................ profesión

como outros son ......................, camareiros ou peóns. fontaneiros

Nun ................ escaparate ten un letreiro que brilla; enorme

ten unha casa con ............... e, de ................... unha gatiña. timbre / caixeira

Entre etiquetas de cores, alí un ............. penduraba cartel

“Coa ................... de tres unidades ................ o abrelatas” compra / regalamos

Pero veu unha..............que lle estripou o conto, desgracia

pois resultou que, ao cabo, os .................... non eran ............. ratos / tontos

De entrar nas ................., nadiña ! latas

Soamente as viñan mirar.

“Os negocios do Señor Gato”

Gianni Rodari

Page 33: lecturas

LECTURAS SINÓNIMAS - Realizar a lectura tres alumnos/as cambiando as palabras por sinónimos.

Page 34: lecturas

LEMOS A LECTURA DE XEITO DIALOGADO

Ola! Esta é unha historia sobre as castañas e o queixo...ou máis ben é unha historia sobre a comida.

Comer ben é moi importante pero, ollo! Que non é o mesmo comer moito que comer ben!

A historia comeza un día en que os rapaces do instituto de Vila Xunqueira saíron de viaxe para facer unha excursión dun día, subir a

un castro e…

- PAI DE ANTÓN: Chama cando cheguedes para que te veña recoller!

- PROFESOR: Veña Pablo, apura! Quedamos de saír ás oito e media e son case as nove menos cuarto.

- PABLO: E que é moi cedo profe…aínda estamos un pouco durmidos.

- ANTÓN: Ti estiveches algunha vez nese castro, Pablo?

- PABLO: Eu non.

- LARA: Eu fun dúas veces con meus pais.

- ANTÓN: Hai que pedirlle ao chófer que poña boa música.

- PABLO: Tan cedo e xa estás comendo, Lara?

- LARA: E que non almorcei…e agora teño fame. A min case nunca me dá tempo a almorzar antes de ir ao instituto.

- PABLO: Pero muller…como que non che dá tempo a almorzar se vives ao lado do instituto? Eu se non tomo unha bañeira de café

con leite e dúas ou tres torradas non son persoa.

- LARA: Non quererás que me levante ás sete e media para facer o almorzo?

- ANTÓN: E tampouco pasa nada se vas sen almorzar, non?

ABRIMOS UN DIÁLOGO REFERIDO ÁS FRASES DESTACADAS EN NEGRIÑA

“Almorza como un rei, come como un príncipe e cea como un mendigo”

Page 35: lecturas

ASOCIAMOS DEFINICIÓNS CON PALABRAS Un neno/a le a definición e outro/a busca a que palabra se refire:

FACER DOBRE UNHA COUSA LINTEL

DELINCUENTE QUE ANDA FUXIDO DA XUSTIZA INANE

VESTIDURA MASCULINA DE ETIQUETA DUPLICAR

DEPORTE BASEADO NO LEVANTAMENTO DE DE PESOS FRAC

QUE NON TEN UTILIDADE HALTEROFILIA

PEZA DE MADEIRA LONGA E ESTREITA FORAXIDO

PEZA DE PEDRA, MADEIRA OU FERRO QUE FORMA A PARTE

SUPERIOR HORIZONTAL DUNHA PORTA OU VENTÁ MOLE

COUSA DE GRAN TAMAÑO LISTÓN

MAMÍFERO INSECTÍVORO DE PEQUENO TAMAÑO SEMELLANTE PÍNTEGA

AO RATO.

INSTRUMENTO MUSICAL DE VENTO CON SEIS BURATOS E VARIAS CHAVES OMNÍVORO

QUE COME DE TODO MUSARAÑA

MOVER AS PATAS OU AS PERNAS CON GRAN RAPIDEZ PATEXAR

ANFIBIO SEMELLANTE AO LAGARTO, DE PEL LISA E NEGRA OBOE

CON MANCHAS AMARELAS.