INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a...

28

Transcript of INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a...

Page 1: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo
Page 2: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo
Page 3: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Ata onte era arquitecto coma ti. Desde hoxe son arquitecta coma min.

INTRODUCIÓNOs tempos mudaron e non pararán de o facer. As tec-noloxías revolucionan diariamente as nosas vidas e hemos de aprender os últimos avances da ciencia e da técnica. Pero ao mesmo tempo, seguimos a recibir unha educación baseada no que noutras xeracións se facía e se aprendía.

Isto é un desfasamento e un anacronismo porque as persoas e as relacións entre os sexos tamén mu-daron enormemente. En que se parece un proxecto de vida dunha estudante actual de 20 anos ao da súa avoa cando tiña a súa mesma idade?

A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo tempo seguimos recibindo unha educación baseada no que noutras xeracións se facía e aprendía.

Page 4: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Que nome ten o que non ten nome?

Pasaron da privación ao recoñecemento dos seus de-reitos. E isto, que é unha das maiores mudanzas, pro-duciuse case sen sentir, coma se fose natural, coma se iso non tivese que comportar ningunha outra mu-danza, coma se non influíse na vida social, silandeira-mente.

Este silencio provén, en gran parte, da lingua, que non se adaptou a estas novidades.

A lingua varía constantemente, en canto varían os costu-mes, as modas, os aparellos, os oficios, profesións e ac-tividades humanas, pois a lingua ten que nomear o que existe para a nosa comunicación ser adecuada.

A lingua, tal como se fixo e tal como se usa, prexudica a metade do mundo, inclusive do mundo democrático, onde nos encontramos. Como vivimos nunha socieda-de que ten como principio a igualdade, as linguaxes que manexemos débena reflectir e tamén introducir novas palabras e formas de expresión que faciliten a comprensión da igualdade referida ás mulleres e aos homes, ás súas relacións persoais, sociais, familiares, laborais ou sexuais, despoxándoas do poder desigual do masculino e o home fronte ao feminino e a muller.

Page 5: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

O sabio! O xenio! O filósofo! Nomealos en feminino é profanar a lingua!!!

As mulleres non poden continuar sen seren nomea-das, sendo desprezadas ou utilizadas como insulto para os homes, silenciadas ou sen lugar neste mundo. A lingua, o pensamento e as emocións son indisocia-bles e son estes precisamente os tres atributos que distinguen os seres humanos dos animais.

Pero a lingua adquírese na máis tenra infancia e custa mudar o aprendido; isto é certo. O mesmo que nos custa trasladar as cousas cando nos mudamos, apren-der unha linguaxe científica, técnicas innovadoras ou códigos diferentes de comportamento noutro grupo familiar ou lugar diferente ao noso, por exemplo.

Page 6: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Son partidario de formar un equipo de iguais, pero entendo que uns son máis iguais ca outras.

Quizais por iso nos opomos tanto a adaptar as nosas palabras e formas de expresión á realidade actual de igualdade entre homes e mulleres? Pois se é así, é que desexamos permanecer usando unha linguaxe que serviu en tempos de discriminación, apartamen-to, prohibicións, privacións e negación da cidadanía, da educación e dos cargos e oficios para as mulleres.

As mulleres e o feminino teñen que ter o seu xusto e equitativo espazo na linguaxe. Son a metade do mun-do, non un simple colectivo ou grupo social.

Son a metade do mundo con todas as súas diferenzas e toda a súa diversidade. E, non obstante, a linguaxe –en case todos os idiomas que coñecemos– causa ás mulleres agravios comparativos: non as nomea, obrí-gaas a se traducir no masculino, despreza o seu corpo sexuado e as funcións da maternidade e insulta os ho-mes con iso.

Page 7: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Dise do feminino que é o termo marcado; pero marca-do, para que? Para a desigualdade ou o menosprezo, para reducilo e destacalo á baixa? Ben, pois nas no-sas mans está comunicármonos cunha linguaxe para a igualdade que vaia definitivamente desterrando o sexismo, o machismo e a misoxinia. Ah! E sobre todo, o androcentrismo: “[androcéntrico] Centrado na per-soa do home [dito do sistema de relacións sociais]”, segundo o Gran dicionario Xerais da lingua.

Así porémonos ao día. Non podemos continuar usan-do a lingua de maneira desigual e discriminatoria cando vivimos nunha cultura que adoptou a igualda-de como principio e obxectivo.

Con esta campaña invitámosvos a facelo e para iso ire-mos dando algunhas pautas e algúns exemplos.

Contamos contigo, xa o sabemos.

E contigo? Si, si, contamos con todo o mundo, cunha metade e coa outra, con quen falamos e escribimos, que somos quen, coa nosa fala, facemos linguaxe e moito máis desde a universidade. Así unímonos a moi-tas máis xentes do mundo que tamén o fan, para in-augurar unha nova era: a da LIC, que vai ser coñecida como “linguaxe para a igualdade na comunicación”.

Adhíreste á LIC?

Estás na era/onda da LIC?

Page 8: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Cando din os alumnos,

vennos a todos e todas?

Page 9: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

INDICACIÓNS E SUXESTIÓNS PARA O LOGRAR

Nos tempos da desigualdade formal, todo colaboraba con ela, comezando pola linguaxe, que nomeaba as hu-manas coma se non o fosen, coma se non tivesen acti-vidade ou fosen obxectos, moedas de cambio, anacos de corpo. Isto ocorreu baixo formas diferentes, en to-dos os lugares do mundo e con todos os idiomas. Alén da linguaxe existiron tamén leis, normas, regulamen-tos, estatutos, costumes e tradicións, que reforzaban a desigualdade e que lexitimaban a discriminación das mulleres.

Pero encontrámonos en tempos de igualdade e xa mudaron moitas destas cousas: leis, normas, costu-mes, regulamentos, estatutos e algunhas tradicións. E estas mudanzas percibímolas como positivas e ata presumimos delas. Así é que non obtemos boa res-posta para esta pregunta: por que non mudamos a linguaxe e nos pasamos á LIC?

As respostas que adoitamos dar son que o encontra-mos difícil, complicado, raro, pesado. Pero isto tam-pouco é moi convincente, pois incorporamos conti-nuamente ás nosas vidas e traballos novos termos, aínda que sexan raros ou difíciles de pronunciar, ou aínda que nos compliquen a vida e frases feitas que se insiren na nosa forma de expresión a base de as repetir e de as facer nosas. Se o considerarmos conve-niente ou necesario, facémolo.

Comunicarse e expresarse cunha LIC

Page 10: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Unha linguaxe para a

igualdade na comunicación

Que é unha LIC?

Así é que a única explicación para non mudar da LO-MAS* á LIC* está baseada en prexuízos como, por exemplo, os seguintes:

- “Vai contra a economía da linguaxe.”

- “A linguaxe ten as súas propias regras, que non se poden mudar.”

- “Non importa a lingua-xe; transformala é unha moda parva.”

- “Que pesado resulta no-mear as dúas partes.”

- “A linguaxe non é sexista; son as persoas.”

- “Sempre se dixo así e so-breenténdese.”

*LOMAS (“linguaxe obsoleta, machista, androcéntrica e sexista”)*LIC (“linguaxe para a igualdade na comunicación”)

Page 11: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Non é doado descentralizar o centrismo do androcentrismo centralmente centrista…

Page 12: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Se me chamas a

académico eu

chamareite

o académica!!!!

Ao longo deste folleto, tentaremos desmontar estes prexuízos, pois como tales non son certos. Son ideas previas erróneas que hai que modificar, xa que agora as leis nos demandan que non usemos máis a LOMAS, pois as mulleres xa son cidadás de plenos dereitos, in-cluídos os lingüísticos e teñen dereito por tanto a ser nomeadas de forma adecuada, xusta e equitativa.

Na Lei de igualdade efectiva entre mulleres e homes, de marzo de 2007, así como en directivas europeas e convencións internacionais vinculantes para os estados asinantes, especifícase a obrigatoriedade de irmos elimi-nando o sexismo da linguaxe.

Agora temos mandados legais para usar a LIC.

Page 13: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Ademais, as linguaxes contribúen para a formación do universo simbólico e imaxinario, como ningún outro aspecto da cultura. Se a linguaxe é unha LOMAS, está a crear un imaxinario discriminatorio e unha forma de maos tratos que se coa por todas as físgoas. Así é que nos convén mudala.

Non é tan difícil, pesado nin complicado e é raro porque nunca o fixemos e por iso non nos soa. É absurdo e con-traditorio nomear o mundo humano de forma discrimi-natoria e á vez ter unhas leis e costumes democráticos.

Simplemente a LOMAS non vale para os nosos tempos.

Por onde comezamos?Por vermos esta mudanza como necesaria, accesible, moderna, xusta e razoable e, deste modo, xa esta-remos en disposición de pórmonos en camiño para descubrirmos o menosprezo, os maos tratos, a am-bigüidade e a ocultación respecto ás mulleres. Estes fenómenos non se dan respecto aos homes. Podé-molo comprobar aplicando a regra da inversión dos xéneros: onde había muller ou feminino, poñamos home ou masculino e á inversa. Se o significado non é o mesmo…

Onde podemos actuar?Nas palabras, nos referentes de significados, nas ex-presións e ditos, nas construcións gramaticais, nas concordancias.

Como o podemos facer? Aquí imos pór puntos de luz en numerosos recunchos ata agora pouco claros, para darmos multíplices ideas, que cada persoa terá que adaptar ás súas formas de expresión oral e aos documentos escritos que manexe.

Page 14: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Demoramos séculos para conseguirmos non continuar demorando séculos para termos plenos dereitos!!!

1 O masculino usado para os dous xéneros: “O meu só é meu e o teu é dos dous?”Se adoitamos dicir

“Os inmigrantes”“Moitos alumnos”“Os bolseiros, os licenciados, os doutores”“Os funcionarios”“Os profesores, o director”“Os porteiros”“Os veciños”“Todos os técnicos”“Os interinos” “Os delegados de clase, os claustrais”“O coordinador”“Os investigadores principais”

Page 15: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

para nos referir a mulleres e homes, utilizamos unha das trampas sexistas da LOMAS: a elas ocultámolas e a eles non, cando só nos referimos a eles e cando nos referimos ao conxunto.

Como dispomos doutras alternativas para que a lin-guaxe sexa inclusiva sen ambigüidade ou para no-mearmos as mulleres e os homes de igual forma, ímolas usar, descartando en principio as barras de separación (/) entre terminacións masculinas e femi-ninas e a @ (pois non se poden pronunciar, invitan a se esquecer do sexismo lingüístico e social unha vez usadas e provocan concordancias inadecuadas).

A min citáronme

a unha reunión

de profesores

en que só había

profesoras.

Déronme unha lista de alumnos matriculados na cal a maioría son alumnas!

Page 16: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

As barras si son adecuadas en impresos e a @ parece que ten éxito nos carteis, avisos e anuncios.

Tentámolo?

“Poboación inmigrante”“Conxunto de inmigrantes”“Inmigrantes en xeral”“Gran parte do alumnado”“Un bo número de estudantes”“Unha maioría de estudantes, rapazas e rapaces”“Quen teñen ou posúen bolsa”“Quen están na posesión dunha licenciatura, dun título”“Persoas con doutoramento”“O funcionariado, o persoal funcionario”“O profesorado, as profesoras e profesores”“A dirección”“O persoal da portaría”“A veciñanza”“A totalidade do persoal técnico”“O persoal interino”“Representantes do alumnado, claustrais”“A persoa que coordina”

Non é en absoluto unha cousa secundaria que a linguaxe moitas veces nos coloca as mulleres nun lugar secundario!!!

Page 17: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Que fixemos?

Usarmos termos colectivos, epicenos ou incluíntes, a función no canto do cargo, eliminarmos artigos, reco-rrer a quen ou persoas.

Tamén podemos usar a totalidade, cada, aproximada-mente, multitude de, gran cantidade, un gran núme-ro, o resto de, tales. Todas estas solucións témolas á nosa disposición e son correctas.

Na nosa man está usalas cada vez máis e ilas norma-lizando.

se a lingua cambia teremos

que cambiar nós tamén e iso é

impensable

Page 18: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

2 Xuramentos, cualificativos e insultos: “Tan malo é ser muller?”Aquí debemos fixarnos na disimetría.

É moi frecuente insultar os homes de todas as idades con referencias ao feminino: nena, efeminado, bran-do, frouxo, fillo de puta, etc…

Non recorramos a estes cualificativos pois, simbolica-mente, reforzarmos a idea de que o feminino é degra-dante. Podemos dicir outras moitas cousas, seguro.

3 Concordancias: O “A” antes que o “O” no alfabeto?É conveniente utilizarmos o feminino en primeiro lu-gar seguido do masculino, para que a concordancia se produza de forma máis adecuada: as alumnas e alum-nos inscritos neste curso.

En vez de participios concordados en masculino, (in-teresados, inscritos, presentados, designados, enqui-sados…) usarmos formas persoais ou impersoais do verbo: que se interesen, que se inscriban, que se pre-sentaron, que se designen, que se lles pasarán unha enquisa…

Page 19: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Se atendes por avogado respectarante moito máis que se o fas por avogada

Page 20: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

4 Profesionais e oficios: “Uns marchan, outras chegan”Os oficios mudan cos tempos e nos que vivimos todo cambia moi rapidamente.

Quen lembra oficios como: vendedor de auga, leña-dor, ferrador, cicerone, caudillo, censor, lavandeira, trapeiro, leiga, telefonista ou correo?

Porén, igual que marchan uns, chegan outros: outras profesións e outras persoas que nunca estiveron, so-bre todo as mulleres. Se o feminino existe, por que nos parece tan raro darlles a benvida nomeándoas co xénero feminino, que é o que lle corresponde?

Outras veces, (adoita coincidir con profesións relevan-tes) inventamos e acuñamos erros gramaticais eviden-tes, combinando artigos en feminino con substantivos en masculino, como se nos dese medo ou vergoña nomear o feminino de golpe, na súa totalidade (por exemplo “a técnico”).

É que os homes son o todo e as mulleres son unha parte do todo

Page 21: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

5 Claves para logralo1. Cando sexa muller, en feminino; cando sexa home, en masculino; cando sexa o conxunto de mulleres e homes, procuremos termos comprensivos e non des-iguais nin disimétricos.

2. Cando decidimos que soa mal, é que aínda non soa. Repitámolo para que se normalice e deixe de ser raro.

3. Cando nos preguntemos se é correcto o uso en fe-minino, recorramos a outros exemplos de palabras onde si o é.

4. Antes de preguntarmos, pódese dicir albanela, con-celleira ou fiscala? Digámolo.

5. As regras e normas da linguaxe ímolas facendo co uso. A nosa fala acábase convertendo en uso acepta-do e posteriormente en norma.

Chámame usuaria e non usuario,

porque me chamo xoana e non paulo!!!

Non te trabuques máis cos xéneros gramaticais e sociais.

Nomear ben, con xustiza e equidade é o que se leva

USA O TEU PROPIO “LIC”!!!

Page 22: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

A MÉDICA O MÉDICO

Page 23: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

A FILÓSOFA O FILÓSOFO

Page 24: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

O ENXEÑEIRO A ENXEÑEIRA

Page 25: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo
Page 26: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

Textos: Elena Simón

Historias (textos e debuxos), ilustracións e deseño: Diana Raznovich

LIC

LINGUAXE PARA A IGUALDADE NA COMUNICACIÓN

UNIDIXITAL D.L. C 117-2012

Page 27: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo
Page 28: INTRODUCIÓN · A maioría das mulleres dos países democráticos, onde se lles recoñece a cidadanía, variaron enormemente as súas vidas respecto ás súas avoas. Pero ao mesmo

GOBIERNODE ESPAÑA

MINISTERIODE SANIDAD, POLÍTICA SOCIALE IGUALDAD

SECETARÍADE ESTADODE IGUALDAD

INSTITUTODE LA MUJER

Se a lingua non me Nomea, non existo; pero mentres exista, loitarei para que a lingua me nomee!!!