Imeldo corral e as catro estacións

3
Visitamos, o xoves 14 de novembro, á exposición do pintor Imeldo Corral na Fundación Novacaixagalicia de Ferrol. Como non tivemos tempo de falar da súa vida, informámonos. Algúns dos nosos avós coñecérono en persoa! Como xa dixemos, naceu e viviu na nosa cidade (Ferrol, 1889- 1976). Era un home algo enfermo dende pequeno, delgado, de longas patillas, sombreiro, unha longa boquilla... que paseaba pola Rúa Real. IMELDO CORRAL E AS ESTACIÓNS DO ANO

Transcript of Imeldo corral e as catro estacións

Page 1: Imeldo corral e as catro estacións

Visitamos, o xoves 14 de novembro, á exposición do pintor Imeldo Corral na

Fundación Novacaixagalicia de Ferrol.

Como non tivemos tempo de falar da súa vida, informámonos. Algúns dos

nosos avós coñecérono en persoa!

Como xa dixemos, naceu e viviu na nosa cidade (Ferrol, 1889- 1976). Era un

home algo enfermo dende pequeno, delgado, de longas patillas, sombreiro,

unha longa boquilla... que paseaba pola Rúa Real.

IMELDO CORRAL

E AS ESTACIÓNS DO ANO

Page 2: Imeldo corral e as catro estacións

Comeza a pintar aos 14 anos. Dende esta idade e ata os 18 anos vive en

Madrid. Foi á capital de España pois quería aprender a pintar, xa que non tivo

mestres que o ensinasen, e copiou moitos cadros do Museo do Prado.

Ao regresar a nosa cidade ,comeza a pintar lenzos nos que a paisaxe galega é

sempre a protagonista.

Encantáballe plasmar o mundo do campo e tamén pintar mariñas. Din que se

erguía de madrugada, collía os trebellos e se ía ás praias de Valdoviño e Cobas.

Comezou a expoñer no ano 1912 e continuou facéndoo en todas as cidades

galegas, en Madrid e Sudamérica.

Iniciamos a nosa visita guiada recibindo instrucións de como debiamos

portarnos nun museo. Tamén nos colgaron uns "colares" con follas e outros

motivos.

Fronte ao primeiro cadro que contemplamos, a monitora fíxonos comprobar,

con plastilina un pouco rugosa, como é a textura do óleo.

Page 3: Imeldo corral e as catro estacións

No cadro "O piñeiro" vimos árbores, casas, un ceo que anuncia tormenta,

toxos...

Os cadros fixéronnolos observar tendo en conta as catro estacións do ano. Pois

neste lenzo as árbores teñen follas, xa que o piñeiro é unha árbore de follas

perennes. Representa ao inverno.

Levantámonos os nenos do colar branco e representamos a natureza nesa

estación do ano.

O outono vímolo a través da arte de Imeldo no seu cadro "Paisaxe con casa".

Fixámonos nas nubes, montañas, árbores... Dramatizamos a estación os nenos

do colar vermello.

Na primavera as árbores teñen follas, hai insectos... "Óleo sen título" Outros

nenos representamos as ramas das árbores que buscan ao Sol.

Debiamos buscar un cadro que reflectise o verán. Encontrámolo! "Praia". O

pintor ferrolano pintou a praia de Valdoviño. O noso compañeiro Andrés foi o

verán.

E para rematar, realizamos unha actividade no taller. Un calendario das catro

estacións. Encantounos a experiencia!

Compañía María, S. Amaro (Ferrol)

Dolores A.