Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia...

54
Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actual III Xornadas sobre Lingua e Usos Universidade da Coruña Anxo M. Lorenzo Suárez Universidade de Vigo A Coruña, 8 de novembro de 2006

Transcript of Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia...

Page 1: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia

actual

III Xornadas sobre Lingua e Usos

Universidade da Coruña

Anxo M. Lorenzo Suárez

Universidade de Vigo

A Coruña, 8 de novembro de 2006

Page 2: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

2

Índice

� A idade como unha variable sociolingüística en Galicia� A idade na configuración dos comportamentos

sociolingüísticos en Galicia� Perspectiva xeral� Lingua inicial e transmisión lingüística primaria� Lingua habitual e usos lingüísticos� Competencia lingüística� Escolarización e usos lingüísticos� Actitudes lingüísticas� A idade nos procesos de substitución, mantemento e

recuperación da lingua galega

� A idade como indicador nas consecuencias lingüís-ticas do contacto

� Remate

Page 3: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

3

1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia

� A idade é un indicador valioso para observar a situación e mais a evolución de moitos aspectos sociolingüísticos: a evolución da situación de contacto, a vitalidade de certos trazos lingüísticos, e evolución na competencia lingüística, etc.

� Grupo de idade: divisións cronolóxicas� Xeración: categorización social, baseada nos grupos de

idade, que se caracteriza por construír unha visión particular e distintiva da sociedade

� A idade pode ser indicativa a dous niveis: � Sinala diferencias xeracionais estables � Reflicte cambios en marcha

Page 4: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

4

1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia

� A relevancia da idade no caso da Galicia actual é incontestable.Estamos ante unha variable clave en múltiples aspectos do comportamento lingüístico e sociolingüístico dos galegos e galegas. � É nestes momentos a variable social máis decisiva, xunto ao

hábitat, para describir e explicar diferentes condutas vinculadas coa lingua galega.

� O porqué desta relevancia hai que buscala na especial configuración socio-cultural da Galicia contemporánea, e da súa evolución recente en termos culturais, sociais, políticos e tamén sociolingüísticos.

� Nos últimos trinta anos, desde 1970 aproximadamente ata a actualidade, seguen en marcha ou comezan procesos e situacións que van supor unha nova dimensión para a evolución do contacto de linguas galego-castelán e para a vitalidade sociolingüística do galego. Imos concretar algúns deses factores económicos, sociais, culturais, políticos e sociolingüísticos.

Page 5: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

5

1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia

� Cambios socio-económicos:� A aceleración da urbanización e da industrialización de Galicia na segunda parte do séc. XX supuxo un auténtico cambio cultural.

� Estamos ante un cambio de estilo de vida: o modo de vida tradicional deu paso a un modo novo, máis urbano, menos familiar, máis consumista e integrado en redes de comunicación fóra da comunidade local.

Page 6: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

6

1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia

� Cambios socio-demográficos:� Estancamento demográfico: crecemento vexetativo negativo.

� Baixas taxas de inmigración.

� Aumento da alfabetización dos adultos e xeneralización da escolarización.

Page 7: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

7

1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia

� Cambios políticos:� Proceso de descentralización política e administrativa do Estado.

Instauración do Estado das autonomías e do poder local.� Escasa lexitimade social inicial da autonomía e das súas institucións:

71,4% de abstención no referendo do EA en 1981.� Consolidación autonómica nos anos noventa.� A comunidade autónoma convértese nun referente de poder en

Galicia.

� Evolución do sistema de partidos:� Goberno continuo da dereita na Xunta de Galicia (agás un breve

período 1988-1989 de goberno ‘tripartito’) desde 1981 ata 2005.� Goberno socialista-nacionalista desde 2005.� O nacionalismo galego medra e constitúese en goberno ou en

alternativa de goberno.

Page 8: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

8

1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia

� Cambios sociolingüísticos:� Continúa o lento proceso de substitución social do galego polo castelán,

que principiara no século XIX. � A substitución lingüística acelérase nos anos sesenta e setenta, coincidindo

coa aceleración dos cambio socioéconómicos en España e cos máis de trinta anos de invisibilidade pública do galego debido á represión do franquismo.

� Irrupción dos medios de comunicación audiovisuais en castelán, con éxito de audiencia.

� Universalización do ensino, incluído o infantil (garderías e escolas infantís), con consecuencias graves na transmisión e na aprendizaxe da lingua inicial.

� Segue en marcha unha xeira de reivindicación da súa revitalización, proceso que tamén comezara no século XIX. No último terzo do século XX intensifícase ese proceso social e comeza unha nova dinámica institucional de recoñecemento, apoio e fomento da lingua galega. � Esa dinámica nova, que comeza co Estatuto de Autonomía de 1981, é ben

recente e vai ter unha incidencia moi directa nas xeracións máis novas que se socializan a partir das dúas últimas décadas do século pasado.

� Proceso contemporáneo de estardardización do galego.

Page 9: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

9

1. A idade como unha variable sociolingüística en Galicia

� Cadro da análise:� Contacto de linguas galego-castelán en Galicia:

� A idade nos:� Comportamento sociolingüísticos: dinámicas de

substitución, mantemento e recuperación lingüísticas.

� Comportamentos lingüísticos: variación e cambio lingüísticos.

Page 10: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

10

2. A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en

Galicia

� A idade vainos permitir analizar un amplo mosaico de aspectos sociolingüísticos. Examinaremos eses temas por separado, utilizando información cualitativa e cuantitativa.

� Neste último tipo de información, centrarémonos principalmente nos datos do MSG-1992 e do IGE-2003, por seren dúas mostraxes significativas perfectamente comparables e que nos permiten ofrecer tendencias e hipóteses sobre a evolución dos principais indicadores.

� Outras fontes cuantitativas: Censo-1991 e Censo-1996 (do IGE).

Page 11: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

11

2. A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en Galicia

� Enquisa de Condicións de Vida das Familias

Galegas (2003):� Instituto Galego de Estatística:

� www.ige.xunta.es

� Consello da Cultura Galega: A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003):

� www.consellodacultura.org/mediateca/

Page 12: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

12

2. A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en Galicia

� Índice desta sección:1. Perspectiva xeral

2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria

3. Lingua habitual e usos lingüísticos

4. Competencia lingüística

5. Escolarización e usos lingüísticos

6. Actitudes lingüísticas

7. A idade nos procesos de substitución, mantemento e recuperación da lingua galega

Page 13: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

13

2. A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos en Galicia

� Na análise da situación sociolingüística actual do contacto de linguas en Galicia e da vitalidade social do galego hai dous aspectos que se destacan cando se trata de detectar os problemas fundamentais polos que transita o galego: as diferenzas de hábitat e de idade.

� Nos dous casos tende a formularse, ademais, unha construción discursiva moi semellante, baseada nunha formulación dicotómica simple: � o galego non se fala nas cidades nin entre a xente moza; � manteñen o galego os vellos e os individuos do rural.

� No noso caso, tentaremos establecer tendencias e procesos que vaian máis alá destas simplificacións.

Page 14: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

14

2.1. Perspectiva xeral

� No diagnóstico do PXNLG, aparecen cinco referencias concretas a cuestións vinculadas coa idade, todas elas consideradas como ‘puntos febles’ do diagnóstico.a) Como realidades constantes:

� Os individuos novos falan menos galego cós dos outros grupos de idade.

� A ‘xente nova’ ten o galego como segunda lingua, sen vencellos emocionais con ela, considérana pouco útil, e carecen de motivación para falala.

� Os maiores, que son os transmisores ‘afectivos’ do galego, representan un modelo pouco válido nunha sociedade que tende a privilexiar a cultura xuvenil.

b) Como innovacións consolidadas:� A desgaleguización dos banzos iniciais do ensino (garderías e

escolas infantís) fai que as xeracións máis novas non reciban o galego.

� Os medios audiovisuais (CRTVG) non dan chegado á audiencia xuvenil e urbana.

Page 15: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

15

2.2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria

�� Lingua inicialLingua inicial: primeira variedade adquirida, normalmente no contexto familiar.� A lingua inicial establécese nese momento da biografía persoal

de cada falante en que se realiza a socialización primaria: antes de ir á escola e no seo da familia (polo menos isto era así ata agora).

� Cada grupo de idade foi socializado en momentos históricos diferentes e de acordo co universo normativo e valorativo predominante nese momento.

� Importancia de que unha lingua se transmita de xeración a xeración para que esta non se perda.

� Son posibles as aprendizaxes posteriores (como L2), pero débese garantir e propiciar unha transmisión familiar (como L1).

Page 16: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

16

2.2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria

Lingua inicial en Lingua inicial en Galicia (comparación Galicia (comparación 19921992--2003):2003):�� Máis do 50% da Máis do 50% da poboación ten o poboación ten o galego como lingua galego como lingua inicial.inicial.�� Redución de case o Redución de case o 10% en once anos.10% en once anos.�� Aumentan os Aumentan os individuos que se individuos que se declaran bilingües declaran bilingües iniciais.iniciais.

0,6

1,7

11,4

15,8

25,6

28,8

62,4

53,7

0 10 20 30 40 50 60 70

Galego

Castelán

Nas Dúas

Outras

MSG-1992 IGE-2003

Page 17: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

17

2.2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria

� Lingua inicial por idade (IGE-2003)

33,333,936,3

46,7

56,9

67,1

76,4

45,1

40,239,635,5

26,4

20,6

13,7

20,624,2

20,7

15,715,111,5

9,1

1,11,73,42,11,60,90,70

10

20

30

40

50

60

70

80

90

100

Menos 16De 16 a 25De 26 a 35De 36 a 45De 46 a 55De 56 a 65Máis de 65

En galego En castelán Nas dúas Noutras linguas

Page 18: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

18

2.2. Lingua inicial e transmisión lingüística primaria

� Observacións:� Os resultados que temos:

� O galego cada vez se transmite menos, aínda que o ritmo de diminución se ralentiza.

� Cada vez é menor o número de mozos/as que recibiron o galego como lingua inicial, polo que diminúen os seus lazos afectivos con esta lingua.

� É preciso reflexionar sobre a importancia hoxe de transmitir o galego na casa. Antes, a ambientalidade galegófona facía da transmisión do galego algo importante pero secundario: quen non tiña o galego como primeira variedade, acababa aprendéndoo porque tiña un alto uso social. Hoxe, ao avanzar o proceso de abandono da lingua, esa ambientalidade galegófona desapareceu e de aí a relevancia de que se garanta o traspaso xeracional.

� Pódese esperar outro resultado da transmisión lingüística primaria tendo en conta a complexidade deste proceso e tendo presente que os esforzos normalizadores desde a sociedade e as políticas lingüísticas públicas desatenderon o uso e a reprodución familiar?

Page 19: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

19

2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos

� Usos lingüísticos:� Concepto de lingua habitual: aquela variedade que os individuos diariamente� Valores: só castelán, máis castelán ca galego, máis galego ca castelán, só galego.

� Os usos lingüísticos específicos: ademais de termos unha lingua habitual, os individuos variamos a nosa conduta lingüística segundo con quen falamos (interlocutor), onde falamos (escenario),de que falamos (tema), etc.

Page 20: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

20

2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos

� Lingua habitual en tres xeracións en Galicia (MSG-1992)

5,2

13,1

3,3

83

75,4

38,7

10,65,4

20,8

8,6 6,1

29,9

0

20

40

60

80

100

avós pais entrevistados/as

só castelán máis castelán máis galego só galego

Page 21: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

21

2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos

Lingua habitual en Lingua habitual en Galicia (comparación Galicia (comparación 19921992--2003)2003):� Aumento do mono-lingüismo en castelán (8%) e en galego (6%).� Descenso do bilin-güismo (13% menos).

38,7

44,4

29,9

19 20,818,2

10,6

18,5

0

10

20

30

40

50

60

70

Só castelánMáis CastelánMáis GalegoSó Galego

MSG-1992

IGE-2003

Page 22: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

22

2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos

Lingua habitual por Lingua habitual por idade en Galicia idade en Galicia ((comparación comparación 19921992--2003)2003):

�Continúa a diminu-ción do galego como lingua habitual conforme diminúe a idade dos falantes

�Estabilización na perda interxeracional de falantes.

2,59

3,37

2,52

2,8

3,13

3,02

2,452,37

3,38

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

Menos de 16 De 16 a 25 De 26 a 40 De 41 a 65 Máis de 65

Media

IGE-2003

MSG-1992

Page 23: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

23

2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos

Lingua habitual segundo a idade (IGE, 2003)

33,1

21,6

15,513

10,4

2529,9

13,916,5 15,8

29,4

37,9

44,4

55,2

65,7

25,9 25,2

15,3

20,2

12,2

25,5

7,6

19,819

24,5

19,1

2728

0

10

20

30

40

50

60

70

Menos 16 De 16 a 25 De 26 a 35 De 36 a 45 De 46 a 55 De 56 a 65 Máis de 65

Só Castelán

Máis Castelán

Máis Galego

Só Galego

Page 24: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

24

2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos

2

3

4

Usos lingüísticos específicos por idades (IGE-2003)

Lingua cos fillos 2,412,462,592,7933,3

Lingua coa parella 2,242,352,6933,253,46

Lingua cos irmáns/irmás 2,292,392,482,83,143,343,54

Lingua cos pais 2,42,572,652,933,233,43,58

Lingua cos avós 2,522,832,863,083,373,513,67

Menos 16

De 16 a 25

De 26 a 35

De 36 a 45

De 46 a 55

De 56 a 65

Máis de 65

Page 25: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

25

2.2. Lingua habitual e usos lingüísticos

� Observacións:� O abandono do uso social do galego parece deterse nas novas xeracións.� É factible un cambio de tendencia?

� A mocidade non é homoxénea no seu comportamento sociolingüístico: � mocidade rural vs. urbana.

� Importancia da xeración ‘adulta’ (35-65 anos).

Page 26: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

26

2.3. Competencia lingüística

� Dominio efectivo da lingua galega segundo a idade (MSG-1982)

0

20

40

60

80

100

entender 97,5 96,7 97,1 97,5

falar 80,3 82,5 89,6 92,4

ler 72,9 54,1 35,3 23,4

escribir 64,1 30,3 13,7 7,3

16 a 25 26 a 40 41 a 65 máis de 65

Page 27: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

27

2.3. Competencia lingüística

As catro destrezas (1992-2003):

� Aumento moi importante da capacidade para ler e escribir en galego.

� Aumenta a capacidade para falar.

27,1

49,845,9

85,3 86,490,1

97,1 97,3

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

100

EntenderFalar Ler Escribir

MSG-1992 IGE-2003

Page 28: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

28

2.3. Competencia lingüística

3,83,6

2,63

3,8

3,63,33

3,8

3,5

3,62 3,8

3,6

3,77

3,7

3,43,38

1

2

3

4

Menos 16 16-2526-4041-65Máis 65

Coñecemento do galego segundo tramos de idade (IGE, 2003)

Entender

Falar

Ler

Page 29: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

29

2.3. Competencia lingüística

Medias da proba de expresión escrita en galego e castelán (Loredo, Fernández Salgado & Suárez, 2005: 117)

3,393,17 3,09 3,13

3,313,12

3,58

3,24

1

2

3

4

5

Capacidade designificar

Fluidez Ortografía Corrección

Galego

Castelán

Page 30: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

30

2.3. Competencia lingüística

� Conclusións:� A competencia en galego por parte da mocidade, especialmente nas

destrezas lectoras e escritaslectoras e escritas, aumentou considerablemente grazas principalmente á presenza da lingua no sistema educativo. � Porén, non está totalmente xeneralizada a competencia escrita e lectora entre

a mocidade. � Con respecto á capacidade para falarfalar en galego, algúns rapaces

castelanófonos presenta eivas importantes: falta de fluidez, inseguridade lingüística, etc.� Hai mozos/as que afirman saber escribir en galego mellor ca falalo. � Moitos rapaces e rapazas castelanfalantes non dispoñen de contextos de uso

nos que poidan interactuar con galegofalantes, o que supón un obstáculo máis para a consolidación ou a simple mellora da súa competencia oral activa. � Aínda que en moitos casos a falta de competencia acaba converténdose

simplemente nunha estratexia de autoxustificación para non esforzarse en falar galego.

� A carencia de modelos lingüísticos de referencia, que sirvan para mellorar a competencia en galego e para estimular o seu uso, é unha eiva relevante.

Page 31: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

31

2.4. Escolarización e usos lingüísticos

Porcentaxes de individuos que recibiron ensino regrado de galego. Resultados por idades (IGE-2003)

4,9 8,219,8

50,1

66,1

3,4

73,1

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

100

Máis 65 56 a 65 46 a 55 36 a 45 26 a 35 16 a 25 Menos 16

ç

Page 32: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

32

2.4. Escolarización e usos lingüísticos

Comparación entre a lingua das clases e a lingua dos exames. Resultados con medias (IGE-2003)

2,1

1,652

1,341,2861,32

2,48

1,436

1,2 1,13 1,17 1,21

1,45

1,9

2,29

1

2

3

4

Máis 65 56 a 65 46 a 55 36 a 45 26 a 35 16 a 25 Menos 16

Lingua das clases Lingua dos exames

Page 33: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

33

2.4. Escolarización e usos lingüísticos

3,02,8

1,81,9

1,5

1,31,4

1,6

1

2

3

4

Lingua claseLinguaescribía

Linguaexames

Linguaprofesorado

Linguahabitual

MSG-1992

IGE-2003

En que lingua falas/bas cos...? Resultados con medias (comparación 1992-2003)

Page 34: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

34

2.4. Escolarización e usos lingüísticos

1

2

3

4

Lingua na clase 2,482,11,561,291,44

Lingua dos exames 2,291,91,391,171,2

Lingua escrita escola 2,261,871,361,171,23

Lingua profesorado 2,292,21,821,712,05

Lingua compañeiros 2,222,312,392,923,3

Menos de 16De 16 a 25De 26 a 40De 41 a 65Máis de 65

Usos lingüísticos na escola (IGE-2003)

Page 35: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

35

2.5. Actitudes lingüísticas

� Actitudes lingüísticas: estados mentais e neurolóxicos, non observables directamente, que activan a avaliación dun obxecto –de calquera outro tipo– e estimulan a acción cara ao mesmo.

� Importancia das actitudes para a modificación dos comportamentos lingüísticos.

� Hai dous tipos principais de actitudes:� Explícitas: as que son públicas (recollidas con enquisas,

cuestionarios, etc.)� Implícitas: as que non son públicas (recollidas con técnicas

experimentais e cualititivas: entrevistas en profundidade, grupos de discusión, etc.)

Page 36: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

36

2.5. Actitudes lingüísticas

� Medias de actitude lingüística xeral segundo a lingua habitual e a idade (MSG-1992)

2

2,5

3

3,5

4

4,5

5

só castelán 3,24 3,13 2,85 2,72

máis castelán 3,68 3,56 3,26 2,98

máis galego 3,89 3,78 3,53 3,41

só galego 4,09 3,96 3,73 3,59

16 a 25 26 a 40 41 a 65 máis de 65

Page 37: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

37

2.5. Actitudes lingüísticas

� Os traballos cuantitativos mostran que as actitudes explícitas son positivas cara á lingua galega e cara aos seus usos sociais.� Son tamén moi positivas as actitudes ante o proceso de

‘normalización lingüística’.

� Algúns traballos experimentais mostran que:� Aínda persisten algunhas actitudes negativas cara á lingua

e cara aos seus falantes.� Agroman novos ‘prexuízos’ e novas actitudes negativas:

� O ‘descoñecemento’ do galego.� A ‘imposición’ do galego.

Page 38: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

38

2.5. Actitudes lingüísticas

� As principais conclusións do traballo do SSRAG (2003) é que a mocidade mantén algúns dos prexuízos tradicionais vinculados co ‘acento’ galego.

� As persoas que se expresan con acento galegopercíbense con referentes negativos de status (= pouco éxito social), mentres que aqueles que se expresan nunha fonética similar ao castelán son considerados un grupo innovador e socialmente competente, aínda que espertan pouca empatía social.

Page 39: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

39

2.5. Actitudes lingüísticas

� Outros aspectos avaliativos:� Con respecto á valoración dos galego-falantes, aparecen dous estereotipos:

a) o estereotipo do ‘pailán’: o dos falantes nativos con acento popular.b) o estereotipo do nacionalista: os falantes de galego normativo e urbanos.

� A utilidade percibida no galego é escasa. O uso da lingua asóciase con profesións de pouco prestixio e máis ocasionalmente se asocia coas esferas da docencia (os ‘profes’ de galego) e da administración.

� O cambio galego > castelán explícase (e acéptase) polas inercias sociais e recibe unha certa indulxencia na avaliación realizada. Pola contra, os usuarios que efectúan o cambio castelán > galego reciben valoracións moi severas: grupo ‘politizado’, ‘impermeable’, ‘intolerante’, ‘intransixente’.

� Non atopamos valoracións uniformes entre a mocidade respecto da norma de referencia da lingua:� O galego tradicional recibe avaliacións moi negativas por mor do seu escaso prestixio

percibido.� O galego normativo concita novos prexuízos que o relacionan cunha determinada

orientación ideolóxica e unha determinada filiación sociolingüística (ser un neofalante).� En resumo, o grupo sociolingüístico tradicional (que transmite e usa a lingua) e o grupo

social innovador (exemplo de cambio castelán > galego) son caracterizados moi negativamente.

Page 40: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

40

2.5. Actitudes lingüísticas

� Outros aspectos avaliativos:� Está bastante estendido o que denominamos como discurso dodescoñecemento da lingua: entre os castelán-falantes, principalmente urbanos, este discurso utilízase como escusa para non usar a lingua galega.� Este discurso atopa a súa base principal na inexistencia de interaccións en

que estea presente o galego, de maneira que as poucas oportunidades de uso inciden na infravaloración da competencia oral individual.

� Hai un discurso maioritario favorable á aprendizaxe das distintas linguas (o que damos en denominar o discurso do plurilingüismo), no que se valoran explicitamente os aspectos positivos da adquisición de competencias lingüísticas. � As actitudes abertamente negativas ante a presenza elevada do galego no

ensino son marxinais (se cadra non é politicamente correcto).� Con respecto á mocidade urbana, estes opinan que a escola debe

desempeñar un papel máis destacado na normalización da lingua.

Page 41: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

41

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� É relevante o factor da idade en dous aspectos: � na presentación de fenómenos de variación lingüística

(principalmente na variación diacrónica e na variación social)

� e na presentación de fenómenos inducidos polo contacto co castelán (interferencia lingüística).

� Os dous podemos encadralos nos fenómenos de variación que detectamos no galego actual tanto no nivel das variantes/formas coma de variedades.

Page 42: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

42

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� Fontes directamente responsables da formulación dos fenómenos lingüísticos no galego actual, podemos concretar tres fontes básicas: a) a dinámica propia da variación lingüística interna

no galego, tanto a nivel da variación formal coma funcional;

b) a presión continuada da situación de contacto co castelán;

c) o proceso de estandardización lingüística contempo-ránea da lingua galega.

Page 43: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

43

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� Variación diacrónica: � As linguas varían en función do tempo. � Os diferentes grupos de idade poden reflectir os

modelos de linguas de momentos históricos distintos.

� Variación social: � A idade é unha das fontes de variación social

(xunto co sexo/xénero, hábitat, etc.).� Diferenzas lingüísticas xeracionais estables.� Fenómenos lingüísticos de cambio en marcha.

Page 44: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

44

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� Os diferentes grupos de idade poden presentar un tipo de variedades e de variantes diferenciados, que constitúen o que podemos denominar como repertorio lingüístico interxeracional. � Por exemplo, a aparición dos argots e das xirias; novas variedades urbanas vs. variedades tradicionais da lingua, ou variedades sociolectais, vinculadas cos determinadas variables da variación social, etc.

Page 45: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

45

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� Imos examinar dous aspectos nos cales a idade é unha variable omnipresente :� a configuración dos novos lectos sociais (sociolecto audiovisual).

� o ‘galego urbano’.

Page 46: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

46

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� O ‘galego audiovisual’ podemos definilo como un sociolecto profesional que se foi desenvolvendo desde os anos oitenta (principalmente coa aparición da CRTVG).

� Asóciase con individuos novos (homes e mulleres), de biografía lingüística castelanófona e que producen un galego oral moi diferente do galego tradicional e moi achegado ao castelán.

� Algunhas características:� Modelo lingüístico e estilístico orixinado no castelán.� Interpretación moi literal da variedade estándar escrita do

galego.� Profusión de cultismos e de neoloxismos; depuración léxica.� Falta de fluidez oral e de modelos estilísticos propios,

construídos desde o galego.

Page 47: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

47

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� Valoracións sobre esta variedade lingüística:� Modelo lingüístico de escasa autenticidadelingüística.

� Porén, os falantes, en xeral, tenden a adxudicarlle ao galego audiovisual valores positivos (referentes de status social).

Page 48: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

48

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� Referencia aos neofalantes no DAFO incluído no diagnóstico do PXNLG:� Os neofalantes deturpan o galego xa que son maioría nos medios de comunicación, no ensino e na administración.

� Os neofalantes empobrecen o galego porque menosprezan o galego tradicional/enxebre e porque buscan “a orixinalidade artificial nunha ortografía escurecedora”.

� O galego da CRTVG é de mala calidade pola acción dos neofalantes.

Page 49: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

49

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� O ‘galego urbano’: constátase a existencia de diversos tipos de variedades lingüísticas diverxentes respecto das consideradas populares ou tradicionais.

Page 50: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

50

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� Variedades urbanas: algunhas características do perfil dos falantes:� Variedades desenvolvidas nos contornos urbanos.� Grupos de menor idade e que tiveron unha exposición

reducida ao galego na familia e na comunidade, ou que tiveron unha historia lingüística familiar sen apenas presenza do galego.

� Coñecemento do galego estándar (escola, medios de comunicación).

� Achegamento ou adopción da lingua galega na adolescencia.

� Actitudes neutrais ou positivas ante a lingua e ante os referentes que evoca.

Page 51: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

51

3. A idade como indicador nas consecuencias lingüísticas do contacto

� Motivos para a diverxencia entre as variedades populares e as urbanas:� Diferente cantidade de información dialectal interiorizada

durante o proceso de adquisición do galego, polo grao de influencia dos modelos de lingua estándar, e polo papel conferido ó castelán como fonte de innovacións

� Falta de valoración e de referentes positivos nas falas tradicionais e, como consecuencia desa infravaloración, búscase un modelo de lingua cunha fasquía diferente das variedades orais tradicionais.

Page 52: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

52

Remate

� Podemos formular algunhas conclusións, en forma de hipóteses de traballo.� A idade é unha variable sociolingüística de alto rendemento para analizar as condutas lingüísticas en Galicia debido á intensidade e profundidade dos cambios socio-culturais e socio-económicos e políticos dos últimos 30 anos.

� Fóronse construíndo diferentes estereotipos que vinculan a idade e mais a lingua galega, sen que a maioría deles teñan unha base empírica sólida.

Page 53: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

53

Remate

� Por unha banda, constrúese unha imaxe social negativaimaxe social negativa das xeracións máis novas (a mocidade) tanto no plano sociolingüístico (non falan galego) coma no estritamente lingüístico (fálano mal);

� Por outra banda, constrúese unha imaxe social ambivalenteambivalente das xeracións maiores: � nuns casos preséntase en termos positivos (autenticidade,

inxenuidade; falan o galego real, de verdade) e noutros casos a construción é claramente negativa (moitos castelanismos, lingüísticamente conservadores, etc.).

� Respecto da mocidade, dese estereotipo negativo derívase que sona vangarda do abandono do galego e de que a lingua perda calidade e autenticidade, e en consecuencia nada bo podemos esperar deles (só cabe o milagre!).

Page 54: Idade e comportamentos (socio)lingüísticos na Galicia actualalorenzo.webs.uvigo.es/Docs/AnxoLorenzo_Idade_2006.pdf · A idade na configuración dos comportamentos sociolingüísticos

54

Remate

�Grazas!!!!