Historia da lingua

61
Historia da Lingua Galega

Transcript of Historia da lingua

Page 1: Historia da lingua

Historia da Lingua Galega

Page 2: Historia da lingua

© Promocións Culturais Galegas, S. A.© Texto e debuxos, Pepe Carreiro

ISBN 978-84-8341-464-4Depósito legal: VG 415-2010

Impresión e acabamento:Norprint Artes Gráficas, S. A.

Page 3: Historia da lingua

Historiada

Lingua Galega

Pepe Carreiro

Edicións A NOSA TERRA

Do latín ao acento de Burgos

Page 4: Historia da lingua

A lingua dos habitantes dos castros

É curioso, pero en Galicia non se falou sempregalego. Non, ho, castelán tampouco, nin inglés.Na altura na que en Galicia non se falaba aíndagalego, hai máis de dous mil anos, en Madrid ninsabían que era iso do castelán. Madrid, ademais,aínda non existía. En Londres, que tampoucoexistía, tamén non sabían nada do inglés.

Que se falaba logo aquí naquela altura? Pois,como os “galegos” de entón non escribían, dalingua que falaban pouco quedou. Só podemossaber algo polos nomes dos lugares, que se forontransmitindo de xeración en xeración, e por

algunas palabras que aínda conservamos: Samil,Barallobre, Cambre, toxo, alpendre, burato,

touciño...

6

Page 5: Historia da lingua

7

Page 6: Historia da lingua

A chegada dos romanos

Un día, polas lombas do sur deste territorio decastros que hoxe chamamos Galicia, asomaron asplumas dos primeiros cascos romanos que oscastrexos viron. Nun primeiro momento eranuns poucos dacabalo, exploradores, mais atrásdeles ascendeu ás lombas a infantaría máis

grande xamais vista. Polo norte, asomaron taménpor entre as ondas do mar as proas das naves deguerra romanas ao mando de Xulio César. Poloeste subían a marchas forzadas as lexións

acantonadas na meseta. Certamente, era unhainvasión imparábel. Só uns tolos podíanenfrontarse a aquela máquina de guerra.

Os castrexos enfrontáronse. Mulleres e homessubiron aos montes e presentaron batalla. Foron

esmagados.Por culpa desta derrota entrou o latín en

territorio castrexo e o país, que antes nin nometería, pasou a chamarse oficialmente a Gallaecia.

8

Page 7: Historia da lingua

Ferro!

9

Page 8: Historia da lingua

O latín vulgar

Os romanos, como sabemos, falaban e escribíanen latín, mais non era o mesmo latín o dos

romanos cultos, coma o que escribían Cicerónou Virxilio, que o dos romanos do montón, que

moitos deles nin escribir sabían.A Galicia viñeron romanos de todas as clases:analfabetos, sabichas e cultos. E, entre eles,

viñeron tamén moitos bárbaros, é dicir, mozos defóra do Imperio enrolados nas lexións, que

falaban un latín macarrónico.Os galegos de entón aprenderon aquel latínvariado e fórono axeitando ao seu xenio.

Déronlle unha volta, digamos.Este novo latín macarrónico chámase latín

vulgar. O outro, o ben falado e escrito, chámaselatín culto.

Por outra parte, moitos mozos galegos, comacalquera outros bárbaros, marcharon coas

lexións a coñeceren mundo e, de paso, levaronaté as fronteiras do Imperio un latín ao seu

xeito.

10

Page 9: Historia da lingua

Ferro!

11

Page 10: Historia da lingua

O galego

Aquel latín vulgar, que os galegos aprenderondos romanos, converteuse pouco a pouco nunhalingua nova: o galego. Este non foi un fenómenoraro, que ocorrese só en Galicia. O francés, ocastelán, o catalán, o aranés, o italiano, o

romanés, e todos os demais romances naceronda mesma maneira. A uns ocorreulles antes e a

outros despois.O galego distanciouse do latín alá polo século X.Nesta altura, da lingua prerrománica que falaranos castrexos xa nada se sabía e o latín cultocoñecíano só uns poucos requintados.

Tamén quedaron na nosa lingua restos da linguados suevos, un pobo xermánico que fundou unreino en Galicia cando a caída do Imperioromano, aínda que a influencia foi pequena.Súas son palabras coma estas: pouta, espeto,

roubar, albanel...

12

Page 11: Historia da lingua

Ferro.

13

Fer.

hierro.

Ferro.

Fier.

Hèr.

Page 12: Historia da lingua

O galego e o portugués

O galego era a lingua de toda a Gallaecia,territorio que comprendía o que hoxe é Galicia,Portugal até Coimbra, e parte de Asturias e

León. Por iso, aínda hoxe oímos falar galego enlugares destes dous últimos territorios.

Mais no século XII nace o reino de Portugal e aGallaecia fica dividida polo Miño. Desde aquelahai dous galegos, o que se fala do Miño cara aonorte e o que se fala do Miño cara ao sur. Estadivisión influíu na súa evolución, mais o galego eo portugués aínda non deixaron hoxe de seren,

en orixe, unha mesma lingua.Os portugueses levaron o galego-portugués atéLisboa e o Algarve, terras que lles conquistaron

aos mouros. E, como eran tan ousados,continuaron até o Brasil, a África e inclusive aChina. Grazas a estas ansias imperialistas,podemos hoxe falar con máis de douscentos

millóns de persoas en todo o mundo.

14

Page 13: Historia da lingua

A Irmandinha!

15

A Canariña!

Page 14: Historia da lingua

Unha lingua normal

O galego era na Idade media a lingua que falabatodo o mundo nas vilas e aldeas de Galicia. Si, si,o galego falábano nesta altura tanto en Chantadacomo nos Cantóns da Coruña. E falánbano tanto

bispos coma feirantes. Era a lingua de usonormal, como a de calquera outro país normal.De maneira que a xente, como non tiña queestar preocupada día a día pola normalizacióndo seu idioma, empregaba as súas enerxías en

moitas outras cousas.Os trobadores, por pór un caso, gastaban a súaenerxía escribindo fermosísimas cantigas, cheasde ritmo. Cantigas de amigo, de amor e deescarnio e maldicer, que eran seguidas conentusiasmo polos compositores de moda.

O mesmísimo rei Afonso X o Sabio de Castelaescribía en galego as súas composicións poéticas.

16

Page 15: Historia da lingua

17

Descarguei todoMendiño. Xa sabes...

Non hei i barqueiro, nen sei remar:morrerei fremosa no alto mar.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Alá!

Page 16: Historia da lingua

Best-séller en galego

O Libro de Merlín, A Demanda do Santo Graal, aCrónica Troiana e outras moitas novelas, eran anarrativa de moda en toda a Europa da IdadeMedia. Best-seller, como se dirá en inglés séculos

máis tarde.Estas novelas estaban escritas en bretón e

francés, que eran as linguas dos seus autores,mais, debido ao éxito, foron traducidas a outras

linguas.En galego apareceron no século XIII. O quequere dicir que os galegos estaban ao tanto daliteratura que circulaba polo mundo. Non habíaaínda radio nin televisión, nin redes sociais, ninmp3, nin mp4, mais funcionaba moi ben o bocaa boca. O camiño de Santiago, por exemplo, poronde xa ían e viñan peregrinos de toda Europa,

era un bo medio de comunicación e deaprendizaxe entre as diferentes culturas.

18

Page 17: Historia da lingua

Mamá, ogato papoume

XerónimoStilton!

19

Page 18: Historia da lingua

Os Séculos escuros

Un día do século XV deitouse o sol polooccidente e, no canto de se erguer ao outro díapolo oriente, non volveu saír até varios séculosmáis tarde. Este período coñécese como o dosSéculos Escuros. É unha maneira de falar, claro.O sol, naturalmente, seguiu a quentar en Galicia.O que se quere dicir é que desapareceu aquelesplendor da Idade media, aquela riquezaartística, aquela economía poderosa, aquela

lingua segura de si mesma. Desapareceu o ritmolixeiro das cantigas e finalmente desapareceu a

literatura toda.Os que sabían escribir foron deixando de o facer

en galego.Falar, si. A xente seguiu a falar galego, porque,rico ou pobre, un país normal segue a falar igualque sempre. Agora dicían “morro de fame” envez de “estou farto”, mais sen mudar de lingua.De momento, bispos e feirantes non cambiaron

de idioma.Mais, por pouco tempo.

20

Page 19: Historia da lingua

Quenapagou a luz?

Así non hai quenescriba.

21

Page 20: Historia da lingua

O castelán entra en Galicia

A can fraco, todo son pulgas, xa se sabe. Castelanon perdeu a ocasión. Viu Galicia abaixada,enfraquecida coma un can, e ordenou entrar

nela até a cociña.Foi no século XV, famoso século no que a raíñaIsabel de Castela e o rei Fernando de Aragónampliaron os seus dominios até as Novas Indias.A aventura de Colón, o descubrimento da

América, e todo iso.E, se foron quen de conquistar terras tan

afastadas, non ían engurrarse por avanzaren unscantos quilómetros pola nacional VI.

E como a lingua do imperio acompaña oimperio alá onde for, o castelán penetrou enGalicia acompañando unha rea de funcionarosda meseta que se instalaron no noso país.

A xente seguiu a falar galego, mais os bispos xanon tanto. E quen di os bispos, di a aristocracia,

algúns burgueses e así.

22

Page 21: Historia da lingua

De las glorias deportivasque campean por España

va el Madrid con su banderalimpia y blanca que no empaña¡Hala Madrid!, Hala Madrid!,

Hala Madrid!

23

Page 22: Historia da lingua

O castelán, lingua oficial de Galicia

Para sermos xustos, hai que dicir que entrescentos anos houbo só 15 bispos galegos e 152de fóra. Non é estraño, logo, que os bispos non

falasen a nosa lingua.O imperio trouxo de todo: bispos, funcionarios e

aristócratas.O galego desapareceu dos documentos oficiais,

porque, a partir de agora debían estarredactados en castelán. Os escribáns galegostiveron que se examinar en Toledo, paraacreditaren o dominio daquela lingua.

Neste ambiente, moitos nobres galegos, paraascenderen socialmente, pasáronse ao castelán.Querían falar a lingua que falaban os que tiñan o

poder.O pobo, en troca, seguiu ao seu, falando galego,

que era como mellor entendía o mundo.

24

Page 23: Historia da lingua

Xa estou cheo deovellas. Vou estudar

castelán para serministro.

25

Page 24: Historia da lingua

A diglosia

Como nos Séculos Escuros as clases altas falabancastelán, a xente común coidou que o galegovalía só para falar nas feiras, cos colegas e asbestas. A ninguén se lle pasaba pola cabeza

falarlle galego a un bispo ou a un conde. Seríapólos á altura das mulas. Así que, o pobo galego

acordou falar entre si na súa lingua e cosseñoritos castelán.

A este fenómeno os lingüístas chámanllediglosia. Queren dicir que, nunha situación deconflito entre dúas linguas, unha delas posúe

privilexios sobre a outra.Desde esa, aínda falando galego, a xentecomezou a dicir “hepatitis” por hepatite,

“gimnasio” por ximnasio, “mueble” por moble,“cohete” por foguete, “carretera” por estrada,“cuchillo” por coitelo, “lunes” por luns e así

seguido.

26

Page 25: Historia da lingua

Mamá! Quero unhuevo, os ovos non

me gustan.

27

Page 26: Historia da lingua

O Século de ouro

Arruinada e sen poder político para corrixir asituación, Galicia seguiu enfraquecendo.

Os labregos galegos, homes e mulleres, tiveronque marchar a Castela, a procuraren sustento.Ían segar aqueles anchos campos. Con tan malasorte, que coincidiron co Imperio en plenoSéculo de ouro, con Lope de Vega, Quevedo,Calderón de la Barca, Góngora ou Tirso deMolina a toda máquina. Como di a lei de

Murphy, cando as cousas poden saír mal, saenmal. Aquí nos Séculos Escuros e alá no Século de

ouro.Miseria había tamén en toda Castela, pero osmiserentos casteláns eran miserentos na súaterra, e os labregos galegos eran inmigrantes,coma os que veñen hoxe en patera. De maneiraque comezaron as burlas: “antes puto que

gallego”, “no fíes en perro que cojea ni en amorde gallega” e outros piropos.

28

Page 27: Historia da lingua

No fíes en perroque cojea ni en

amor de gallega.

29

Page 28: Historia da lingua

O autoodio

O nome de Paio era tan frecuente entre osgalegos daqueles anos coma hoxe Pepe. OuBorja. Se cadra, hoxe xa hai en Galicia máis

Borjas que Pepes.Paio era un dos santos con máis devotos en

Galicia. Entre os labregos que ían segar a Castelahabía, logo, moitos Paios. Tantos, que os

casteláns chamábanlle “paio” a todos os galegos.Dicir paio era, para eles, como dicir galego. Mais

de mal nome, era un insulto, coma se lleschamasen parvos.

Isto avergonzou de tal maneira aquela xentiña,que Paio desapareceu de Galicia. Ningún galego

quixo chamar así os seus fillos.A este complexo os psicólogos chámanoautoodio: unha persoa humillada chega a

desprezarse a si mesma.Agora xa non só a lingua era considerada

inferior polos propios falantes, todo o que fosegalego ou tivese relación con Galicia era

automaticamente considerado tamén inferior.

30

Page 29: Historia da lingua

31

Que horror!Un galego!

Page 30: Historia da lingua

O Século das luces

Non hai mal que cen anos dure. Os SéculosEscuros deixaron paso ao Século das luces, o

XVIII.Neste século Galicia saíu da crise económica.Digamos, que engordou. Proba disto é o vizoso

barroco galego: esas poderosas igrexas,conventos e pazos de pedra traballada

artisticamente.O millo e as patacas axudaron moito. O millo foimoi ben acollido polos labregos galegos tan

pronto chegou da América. As patacas tardaronmáis en seren estimadas, porque, ao primeiro, axente vía con receo aquel froito terroso e

deforme, mais tamén as acolleron. Estes dousprodutos americanos encheron as casas de

fartura.E, seguramente, porque co bandullo cheo medraa autoestima, algunhas persoas cultas comezarona se interesar polas cousas do seu país, algúns

mesmo se puxeron a escribir en galego.A xente do común nunca o deixara de falar.

32

Page 31: Historia da lingua

33

Papá, aquí haiun ilustrado que

quere saber que é agramalleira.

Page 32: Historia da lingua

Os ilustrados

As escolas, que eran todas católicas, aprendían osnenos en castelán e latín. De galego, nada. Demaneira que nenos e nenas, que só oían falargalego na súa vida diaria, tiñan que se expresar

en castelán ao chegaren á escola.Este contrasentido pedagóxico foi criticado polo

padre Sarmiento:“Todo mestre de Gramática que non fose galegoe erudito na lingua patria, débese excluír de sermestre de nenos galegos, aínda que sexa un

Cicerón”.O padre Feixoo, o padre Sarmiento e outros

ilustrados reclamaron a categoría de idioma parao galego. Isto ten importancia, porque nesaaltura o galego era considerado un dialecto docastelán. Pensábase que, aquela lingua poderosae fermosa na que escribiran os trobadores

medievais e falaba o pobo, era un castelán malfalado, dexenerado.

34

Page 33: Historia da lingua

Fento.

35

Fento, no, niño.Helecho.

Page 34: Historia da lingua

O Rexurdimento

No século XIX o galego volveu aos libros. Ospoetas Rosalía de Castro, Pondal e CurrosEnríquez ergueron a lingua galega á altura

artística que tivo na Idade media. Xurdiu taménneste século o galeguismo, que é un movementointelectual e político que defende Galicia e o seuidioma. Este tempo de recuperación coñécese co

nome de Rexurdimento.A pesar de todo, o castelán seguía avanzando nascidades e vilas de Galicia. O noventa por centodos galegos seguía a falar galego, mais algúnscomerciantes e profesionais xa consideraban ocastelán unha lingua máis axeitada para os seusnegocios. Un avogado, por pór un caso, nonconsidera xuridicamente rigoroso chamarlleherdeiros aos “herederos”; nin un zapateiro

chamarlle solas ás “suelas”.

36

Page 35: Historia da lingua

¿Qué din os rumorososna costa verdecenteao raio transparente

do prácido luar?¿Qué din as altas copas

de escuro arume arpadoco seu ben compasado

monótono fungar?

37

Page 36: Historia da lingua

Castelán na escola

Segundo avanzaba o século XIX, o goberno deMadrid, porque a Xunta aínda non existía,púxose a uniformar España, é dicir, a vestir atodos co mesmo uniforme, coma os soldadosnun desfile. Querían que non houbese

diferencias, que un catalán, un andaluz e ungalego, por pór un caso, falasen todos do mesmoxeito. A poder ser, sen acento que os puideseidentificar. Porque, polo acento, logo se sabe seun é da Coruña ou de Tordesillas, aínda falando

ben en castelán.O castelán foi logo declarada lingua oficial eexclusiva en todo o territorio. Para uniformar.O goberno impuxo o ensino obrigatorio nestalingua e ameazou con castigar os mestres por

falaren galego na escola.Naturalmente, con estes apoios, o castelán

campaba cada vez máis alegremente polas vilas ecidades de Galicia.

38

Page 37: Historia da lingua

39

Page 38: Historia da lingua

Galicia dividida

Outra das decisións que para uniformar Españatomou o goberno de Madrid, porque a Xuntaseguía sen existir, foi dividir Galicia en catroprovincias, rachando a unidade que aínda

mantiña o vello reino. De maneira que en 1833Galicia ficou partida en catro anacos: A Coruña,

Lugo, Ourense e Pontevedra.Os galeguistas, que comezaban a xurdir daquela,opuxéronse a esta división. Eles querían o paísunido e o recoñecemento oficial do seu idioma. Mais, polo que se ve, non lles fixeron moito caso,as provincias aínda seguen aí: A Coruña, Lugo,

Ourense e Pontevedra.Un dos máis destacados destes primeiros

galeguistas foi Antolín Faraldo.

40

Page 39: Historia da lingua

41

Page 40: Historia da lingua

Os Precursores

Rosalía de Castro, Manuel Murguía, EduardoPondal e Curros Enríquez seguiron os pasos dosprimeiros galeguistas. Coñécense como osPrecursores, por seren eles os que iniciaron a

recuperación do galego na literatura.Murguía, ademais de escritor e moitas outras

cousas, foi historiador e, como tal, profundou naantigüidade de Galicia para demostrar que este

país vén de lonxe. Foi tamén o primeiropresidente da Real Academia Galega.

Aínda así, a pesar do esforzo destes escritores, ocastelán non se acovardou. Xa non eran só osavogados ou os zapateiros os que o usaban,tamén os mozos que viñan de facer o servizomilitar fóra de Galicia falaban xa con acento deMelilla: Cómo te ha ido por aquí, chica? Yo heestado muy bien allá en África, junto a los moros.

42

Page 41: Historia da lingua

43

E se somosun pobo senhistoria, deonde sairía

isto?

Page 42: Historia da lingua

Unha lingua de orella

Os escritores galegos do século XIX atopáronsecun grave problema: non había dicionarios ningramáticas na súa lingua. Tiñan que escribir deorella. E escribir así é como para un mariñonavegar sen cartas náuticas. Non debe

estrañarnos, logo, atoparmos castelanismos nosseus libros, pois estes escritores aprenderon decativos a ler e escribir en gramáticas e dicionarioscasteláns. Non debemos esquecer, que o gobernocastigaba os mestres por falaren galego na escola.

Así e todo, neste seculo XIX publícanse asprimeiras gramáticas de galego: as de FranciscoMirás, Saco Arce, Cuveiro Piñol e Valladares.E publícanse tamén os primeiro dicionarios: osde Francisco Xavier Rodríguez, Cuveiro Piñol eMarcial Valladares. Aínda que estes son todos

galego-casteláns.

44

Page 43: Historia da lingua

45

Mamá, papá, en queidioma falades, ho?

no dicionario non vénningunha palabra das

que vós dicides.

Page 44: Historia da lingua

Unha lingua para poetas

Co Rexurdimento, o galego volveu ser unhalingua escrita, mais limitada á poesía. En xeral,os galegos consideraban que o seu idioma nonvalía para outra cousa que non fose falar na feiracos colegas e coas bestas. Como moito, poderíaseescribir poesía en galego, pois a fin de contas eraun enredo de catro tolos, mais de ningunha

maneira de cousas científicas.Por este motivo, e por outros máis atravesados,algunha xente coida aínda hoxe que o galegonon vale para as ciencias. Como se vai escribir o

principio de Arquímedes en galego!“Todo corpo mergullado nun fluído en repousosofre, por parte do fluído, unha forza verticalpara a cima, cuxa intensidade é igual ao peso do

fluído desaloxado polo corpo.”Pode ser que non se entenda, mais porque nonse sabe física, non porque estea en galego.

46

Page 45: Historia da lingua

47

Tres por catro doce,o meu repolo non coce.

Sete por sete corenta e nove,collo o paraugas que chove.

Seis por cinco trinta,púxenlle á gata unha cinta.

Ten que estudar así,porque o galego sóvale para a poesía.

Page 46: Historia da lingua

Unha lingua para científicos

Xa no século XX, os galeguistas da xeración Nóstiraron o galego do gueto da poesía. Castelao,Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, estaban

convencidos de que o galego valía para todo. E, para o demostraren, escribiron en galego

teatro, novela e ensaio.Estes galeguistas entendían Galicia como unhanación. Eran, polo tanto, nacionalistas. Foi grazasa eles que o galego entrou en todos os saberes,como calquera outro idioma do mundo.

Xa sen complexos nin autoodio, coa fundaciónpolos galeguistas do Seminario de Estudos

Galegos, a nosa lingua tratou todos os eidos docoñecemento: Arqueoloxía, Filoloxía,

Antropoloxía, Ciencia naturais, Etnografía, Artese letras, Historia, Prehistoria, Xeografía, Cienciasxurídicas e económicas, Ciencias aplicadas,

Pedagoxía.

48

Page 47: Historia da lingua

49

Que fas, Rosa?En galego as

matemáticas nonson exactas!

Page 48: Historia da lingua

O Estatuto do 36

O 14 de abril de 1931, un soleado día deprimavera, proclámase a II República e o rei

Alfonso XIII abandona a poltrona.Ese mesmo ano, os galeguistas fundan o PartidoGaleguista, cuxo fin principal é o Estatuto de

Galicia.O texto referendado en 1936 comeza así:Art. 1º “Galicia organízase como rexiónautónoma no Estado español, conforme a

Constitución da República e o presente Estatuto.O seu territorio é o dos municipios

comprendidos dentro dos actuais límitesadministrativos das catro provincias da Coruña,

Lugo, Ourense e Pontevedra.Art. 4º Serán idiomas oficias en Galiza o casteláne o galego, mais nas relacións oficiais da Rexióncon autoridades doutras rexións e coas do Estado

usarase sempre o castelán. (...) Os funcionarios que se designen para actuarna Rexión deberán acreditar coñecemento de

lingua galega”.

50

Page 49: Historia da lingua

51

CAMBIOCHANGEEXCHANGEWESCHELTROCO

Page 50: Historia da lingua

O golpe do 36

O 18 de xullo de 1936, un día soleado tamén,propio para gozar da praia, o galego volveu sufriroutro ataque. Curiosamente, esta vez a ofensiva veudun ferrolán: o xeneral Franco, xefe do golpe

contra a República, que, polo visto, non tiña ganade praia ese día.

Mais Franco non estaba só. Millán Astray, outrogalego coruñés e militar, acompañouno naaventura. E algúns galegos máis, claro.

O primeiro que fixeron estes galegos foi botarabaixo o Estatuto de Galicia, xa referendado nasurnas pola maioría dos galegos. Lembrades aquilo

do autoodio?O ataque durou corenta anos. O poeta Celso EmilioFerreiro chamoulle a este período “longa noite depedra”. Algo semellante aos Séculos Escuros.Para que ninguén esquecese o berce do xefe dogolpe, Ferrol pasou a chamarse El Ferrol del

Caudillo. Ás rúas mudáronlles os nomes que tiñanpolos de destacados golpistas: General Mola,

General Queipo de Llano, José Antonio Primo deRivera e así seguido.

52

Page 51: Historia da lingua

53

Page 52: Historia da lingua

A lingua desterrada

Nestes novos anos escuros, o galego desapareceuoutra vez dos libros, porque o prohibiron osmesmos golpistas que mudaron o nome deFerrol polo de El Ferrol del Caudillo e cousasasí. Mais non desapareceu só o galego dos libros,moitos dos seus defensores desaparecerontamén. Os galeguistas ou foron fusilados, oufuxiron, ou tiveron que calar. Pasoulles aosgaleguistas e a todos os que querían unhasociedade libre: comunistas, anarquistas,

socialistas ou mesmo centristas.Bos Aires, México e outras cidades americanasacolleron os galegos desterrados. E foi alí onde a

nosa lingua volveu aos libros. Os exiliadosfundaron editoriais e mesmo enviaron

clandestinamente libros a Galicia. Sempre enGaliza, de Castelao foi un dos que chegou

burlando a vixilancia aduaneira.

54

Page 53: Historia da lingua

55

Eghem!Pois coidei queera unha guía

turística.

Page 54: Historia da lingua

Unha lingua clandestina

A longa noite de pedra, é dicir a ditadura doxeneral Franco, durou corenta anos, tempoabondo para os galegos se afaceren a andar ásescuras. De maneira que, por moita policía

secreta e visíbel que houbese, a xente aprendeua zafar, como ler ás agachadas os libros quechegaban clandestinamente da América.

Xa nos anos 50, Franco e os seus tiveron queabrir a man unha migalla, para non aparecerenante o mundo coma os lobos que eran. Os

galeguistas que quedaran en Galicia aproveitarona ocasión para fundaren a editorial Galaxia.O galego foi reaparecendo pouco a pouco nos

libros.Finalmente, xa nos últimos anos da ditadura, apolicía non era quen de parar os mozos que

bulían por todo o país. Cantaban, facían teatro,escribían, pintaban, militaban en partidospolíticos clandestinos e asociacións culturais.Case todos estes mozos que loitaban pola

liberdade falaban galego. O galego púxose demoda entre os chamados “progres”.

56

Page 55: Historia da lingua

57

Page 56: Historia da lingua

Galego non obrigatorio

Franco morreu e con el marchou a longa noitede pedra. Tampouco imos dicir que chegou undía luminoso, como se Galicia entrase de golpenun clima tropical, non. Digamos que se pasou

da noite a un abrente brumoso.Coa Constitución de 1978, Galicia volveu terEstatuto de Autonomía, non sen esforzo.

Mais o seu artigo 5º di:“A lingua propia de Galicia é o galego.

Os idiomas galego e castelán son oficiais enGalicia e todos teñen o dereito de os coñecer e

de os usar”.É dicir, que o Estatuto non obriga a coñecer ogalego, como obriga a Constitución a coñecer ocastelán en todo o Estado. De maneira que unvalisoletano pode vir a Lugo e obrigar o con-

serxe do concello a falarlle castelán. En troques,un lugués non pode esixirlle ao mesmo conserxe

que lle fale galego, se este non quere.

58

Page 57: Historia da lingua

59

Un momento!Según el Estatutode Galicia, no tengoobligación de hablar

gallego, mocoso.

Page 58: Historia da lingua

Tranquilos!El gallego aún no ha muerto

E chegamos ao día de hoxe. O castelán, queavanzaba alegremente polas vilas e cidadesgalegas, anda xa bailando polas aldeas. Os

feirantes aínda falan galego coas bestas, mais haixa quen lle fala castelán aos cans, sobre todo, se

son de razas exóticas.Fóra o acento, en moitos lugares de Galicia hoxe

fálase coma en Burgos.Así e todo, hai quen ve o castelán en perigo. Dinque se está a impor o galego. Que o galego noné cordial co castelán. Que os escolares non teñen

liberdade para falar, e cousas polo estilo.Pero que se chinchen, el gallego no va a

desaparecer. Aún somos muchos los que estamosdispuestos a defenderlo. Ok?

60

Page 59: Historia da lingua

61

Hello,mummy!

Page 60: Historia da lingua
Page 61: Historia da lingua