Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O...

8
O vindeiro 18 de decembro vai ser unha xornada de mobilización en Galicia. Galicia Sindical Número 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. 18 de decembro: xornada de mobilizacións contra os recortes laborais e sociais n O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e UGT-Galicia convocan manifestacións ás 12 horas na Coruña, Lugo e Ourense, e en Vigo ás 18 horas DIXITAL www.galicia.ccoo.es Continúan as mobilizacións para reclamar un xiro nas políticas do Goberno español O próximo domingo, día 21 de novembro, a plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convocará unha manifestación contra a privatización do servizo. Sairá da alameda compostelá ás 12 horas. / Páx. 7 MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA O Sindicato nacional de Comisións Obrei- ras e UGT convocaron manifestacións na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo para re- clamaren un xiro nas políticas económi- cas e sociais do Goberno español. O mesmo acontecerá no resto do es- tado, con outros actos reivindicativos convocados polas confederacións sindi- cais de CCOO e UGT. Alternativas Recentemente, o sindicalismo de clase presentou o documento Alternativas sin- dicais á política económica e social do Goberno, que recolle as propostas das dúas organizacións en materia de pen- sións, negociación colectiva, cambio de modelo produtivo e reforma fiscal, reco- llidas de xeito resumido no anterior nú- mero especial do GaLiCia SindiCaL. En páxinas interiores deste número, a secretaria de Emprego, Maica Bouza, ex- plica con detalle estas propostas de CCOO e UGT. / Páxs. 4 e 5

Transcript of Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O...

Page 1: Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O Goberno español está a centrar as súas medidas na redución do gasto e do investimento,

O vindeiro 18 de decembro vai ser

unha xornada de mobilización en Galicia.

Galicia SindicalNúmero 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

18 de decembro: xornada demobilizacións contra osrecortes laborais e sociaisn O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e UGT-Galicia convocan manifestaciónsás 12 horas na Coruña, Lugo e Ourense, e en Vigo ás 18 horas

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Continúan as mobilizacións para reclamar un xiro nas políticas do Goberno español

O próximo domingo, día 21 de novembro, a plataforma

SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convocará

unha manifestación contra a privatización do servizo. Sairá

da alameda compostelá ás 12 horas. / Páx. 7

MANIFESTACIÓN EN DEFENSADA SANIDADE PÚBLICA

O Sindicato nacional de Comisións Obrei-

ras e UGT convocaron manifestacións na

Coruña, Lugo, Ourense e Vigo para re-

clamaren un xiro nas políticas económi-

cas e sociais do Goberno español.

O mesmo acontecerá no resto do es-

tado, con outros actos reivindicativos

convocados polas confederacións sindi-

cais de CCOO e UGT.

Alternativas

Recentemente, o sindicalismo de clase

presentou o documento Alternativas sin-

dicais á política económica e social do

Goberno, que recolle as propostas das

dúas organizacións en materia de pen-

sións, negociación colectiva, cambio de

modelo produtivo e reforma fiscal, reco-

llidas de xeito resumido no anterior nú-

mero especial do GaLiCia SindiCaL.

En páxinas interiores deste número, a

secretaria de Emprego, Maica Bouza, ex-

plica con detalle estas propostas de

CCOO e UGT. / Páxs. 4 e 5

Page 2: Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O Goberno español está a centrar as súas medidas na redución do gasto e do investimento,

GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

CCOO homenaxeou en Vigo a

Marcelino Camacho

De arriba cara abaixo, e de esquerda a dereita: Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO; Xosé Cameselle,

secretario xeral da Unión Comarcal de Vigo; o público canta A Internacional ao final do acto; Marcelino Camacho en 2008

O pasado día 6 de novembro tivo

lugar no Centro Cívico de Teis (Vigo)

unha homenaxe a Marcelino Cama-

cho, primeiro secretario xeral da

Confederación Sindical de CCOO, fa-

lecido no mes de outubro.

Á homenaxe acudiron unhas 300

persoas. Exerceu de presentadora

amelia Pérez, secretaria de Organi-

zación da Unión Comarcal de CCOO

de Vigo, e interviñeron Eduardo Fer-

nández, que participou na fundación

das CCOO; Elvira Landín, avogada la-

boralista; Rubén Pérez, secretario de

Organización do PCG; abel Caba-

llero, alcalde de Vigo; Xosé Manuel

Sánchez aguión, secretario xeral do

Sindicato nacional; e Xosé Camese-

lle, secretario xeral da Unión Comar-

cal. O acto rematou cos acordes

d’A Internacional.

O Sindicato nacional de Comisións

Obreiras de Galicia aprobou unha re-

solución de condena á actuación do

Goberno de Marrocos no campa-

mento de Gdeim izik. nela, CCOO

esíxelles á OnU, á Unión Europea e

ao Goberno de España que denun-

cien publicamente estes feitos e que

interveñan de xeito urxente ante as

autoridades marroquís na defensa

dos dereitos humanos do pobo sa-

harauí, detendo esta inxustificada

agresión. Esta intervención, como o

tratamento que lles dá Rabat ás rei-

vindicacións sociais dos saharahuís

asentados nos territorios ocupados,

son «sinais inequívocos da falta de

vontade de Marrocos para negociar

a solución do histórico conflito».

CONDENA Á ACTUACIÓN DE MARROCOSNO SÁHARA OCCIDENTAL

Page 3: Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O Goberno español está a centrar as súas medidas na redución do gasto e do investimento,

GALICIA SINDICALN.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

Contra aprivatizacióndos servizospúblicos

O día 17 de novembro tivo lugar

en Santiago de Compostela unha

concentración de traballadores e tra-

balladoras diante da Xunta de Galicia.

Responderon así ao chamamento do

Comité provincial da Coruña da Con-

sellaría de Traballo e Benestar e ao

da Consellaría de Educación. Co acto

reivindicativo protestaron contra as

intencións de privatizar os centros

de educación especial Santiago após-

tolo (a Coruña) e Terra de Ferrol.

Continúan os actosde protesta na CRTVG

O persoal da CRTVG, TVG e Radio Galega concentrouse o día 16 de novembro fronte ás instalacións da

compañía en San Marcos (Santiago de Compostela). Responderon así á convocatoria do comité inte-

rempresas para defenderen o carácter público da empresa e a estabilidade laboral

CCOO insta a Xunta a rectificare adoptar medidas contra o paronO mes de outubro finalizou en Galicia con case 224.000 persoas sen un posto de traballo; poriso, o sindicato lémbralle ao Goberno autonómico que debe aproveitar os orzamentos de 2011

CCOO reclámalle á Xunta que uti-

lice «todas as súas competencias e

todas as súas capacidades» para que

en Galicia se continúen executando

políticas de emprego e formación,

acompañadas de políticas que incen-

tiven a actividade e contribúan a

afrontar a actual situación. O sindi-

cato lembra que «o principal pro-

blema do país» son as case 224.000

persoas en paro, e que os orzamen-

tos para 2011, que se están a deba-

ter no Parlamento, «son unha boa

oportunidade para que o Goberno

galego rectifique a súa política».

En outubro, o paro medrou en Ga-

licia en 7.799 persoas, un 3,61%

(1,91 puntos máis que a media do

estado, que é do 1,70%), o que sitúa

o total de desempregados en

223.894 persoas. Este incremento

deixa Galicia como a quinta comuni-

dade onde máis aumentou o paro. Á

vista dos datos, a Secretaría de Em-

prego de CCOO insiste en que a re-

forma laboral imposta polo Goberno

español «non serve».

no mes de outubro, hai en Galicia

121.601 mulleres desempregadas

(54,31% do total) e 102.293 homes,

mentres que as traballadoras e tra-

balladores menores de 25 anos son

o 9,66% do desemprego total (0,17

puntos menos que o mes anterior),

21.619 mozos e mozas. O aumento

do desemprego é maior nos homes

(4.409, un 4,50%) que nas mulleres

(3.390, o 2,87%). no colectivo de me-

nores de 25 anos medra un 1,73%; a

análise por sexos revélanos que au-

menta un 1,82% nos mozos e un

1,61% nas mozas.

Page 4: Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O Goberno español está a centrar as súas medidas na redución do gasto e do investimento,

GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

O Goberno español está a centrar

as súas medidas na redución do

gasto e do investimento, no desman-

telamento e privatización dos servi-

zos públicos, no recorte de dereitos.

Obvia, porén, que hai outras fórmu-

las para afrontar a saída á crise sen

que iso supoña que sexamos os

de sempre, isto é, a clase traballa-

dora, que teñamos de pagar as con-

secuencias.

desde Comisións Obreiras esixí-

moslle ao Executivo central a retirada

da reforma laboral. neste sentido,

promoveremos unha iniciativa lexis-

lativa popular (iLP) para corrixir

cunha nova lei os contidos regresivos

da reforma. ademais, propomos me-

Os catro eixes dunhaalternativa social

didas alternativas, dirixidas non só a

saírmos da crise sen pagar un alto

prezo social, senón a sentarmos ta-

mén as bases dun novo modelo pro-

dutivo que nos faga máis fortes, a

desenvolver unha política fiscal dife-

rente con mellores instrumentos de

recadación, a mellorar os sistemas

de protección social para rebustecer

o Estado do Benestar, e a fortalecer

a estrutura da negociación colectiva.

Estas medidas concrétanse no docu-

mento Alternativas sindicais á polí-

tica económica e social do Goberno,

que presentamos hai só uns días en

toda España.

O primeiro dos eixes de actuación,

o cambio do modelo produtivo, é

esencial para a creación de emprego.

Baseamos a proposta en xerar ri-

queza para o país, pero fundamen-

tándoa no valor engadido dos bens

e servizos que se producen, desbo-

tando deste xeito o actual modelo

produtivo, xa caduco, asentado nos

baixos custos laborais e nunhas con-

dicións de traballo precarias con re-

percusións negativas nos dereitos e

na propia saúde.

Cómpren, polo tanto, investimen-

tos selectivos, especialmente en

i+d+i, para mellorar o noso proten-

cial produtivo; apostar pola susten-

tabilidade enerxética e a ecoinnova-

ción, pór en marcha un servizo

universal de banda larga e as redes

de nova xeración, impulsar a investi-

gación científica, tanto básica como

aplicada, fomentar a rehabilitación

urbana e a edificación sustentable,

potenciar o sistema de transporte fe-

rroviario e de cabotaxe marítima,

apostar pola FP de grao medio e su-

perior que cualifique os traballadores

e traballadoras de cara a súa inser-

ción laboral, estender a educación

gratuíta ao tramo de 0-3 anos e re-

forzar o funcionamento dos servizos

públicos de emprego.

O segundo eixe ten no punto de

mira a política fiscal. En CCOO de-

fendemos unha política fiscal que

permita aumentar os ingresos e non

ter que atallar o déficit público pola

vía exclusiva da redución do gasto.

Para isto, cómpre recuperar impostos

desaparecidos ou que foron baleira-

dos de contido, como o de patrimo-

nio ou o de sucesións. na mesma

liña de incrementar a capacidade re-

cadatoria, avogamos por subir o iRPF

ás rendas máis altas e o iVE dos bens

de luxo, endurecer o tratamento fis-

cal dos capitais e grandes fortunas,

crear unha taxa específica para o sec-

tor financeiro e gravar as transac-

cións financeiras internacionais, pe-

nalizando así a especulación.

O terceiro eixe ten como misión

protexer as persoas, para o cal cóm-

pre reforzar os sistemas de protec-

ción social. aos efectos negativos da

crise súmanse os da reforma laboral,

que se combinan para incrementar o

paro e para substituír emprego esta-

ble por eventual. Como consecuen-

Por MAICA BOUZA SEOANE

Secretaria de Empregodo Sindicato Nacional de CCOO

n CCOO propón alternativas para cambiar o modelo produtivo do país, desenvolver unha política fiscaldiferente, mellorar os sistemas de protección social e fortalecer a estrutura da negociación colectiva

Page 5: Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O Goberno español está a centrar as súas medidas na redución do gasto e do investimento,

GALICIA SINDICALN.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)

www.galicia.ccoo.es

5

cia, preto de 40.000 persoas en Ga-

licia veranse axiña sen ningún tipo

de axuda económica. CCOO aposta

por suprimir o requisito de respon-

sabilidades familiares para que os

menores de 45 anos accedan ao sub-

sidio por desemprego, por ampliar a

prórroga do subsidio por dous perí-

odos de seis meses para os maiores

de 45 anos sen cargas familiares, por

incrementar o importe do subsidio

por desemprego ao 100% do iPREM,

por potenciar a renda activa de in-

serción e por suprimir o requisito de

ser maior de 45 para acceder a ela.

Xa especificamente no sistema de

pensións, rexeitamos o atraso obri-

gatorio aos 67 anos que propón rei-

teradamente o Goberno español e

avogamos por profundar na xubila-

ción 'flexible' mediante incentivos ao

atraso voluntario da xubilación máis

aló dos 65 por xeneralizar o dereito

á xubilación anticipada, por recom-

pensar as persoas que coticen máis

de 35 anos, por reformular as pen-

sións de viuvez e orfandade á reali-

dade actual, por recoñecer períodos

de cotización por nacemento ou coi-

dado de fillos e pola mellora das pen-

sións mínimas.

Por último, o cuarto eixe, consisti-

ría en fortalecer a estrutura da nego-

ciación colectiva. debemos potenciar

a negociación colectiva situando o

emprego como obxectivo prioritario,

e introducir cláusulas de garantía

que preserven o acordado sobre a

evolución da inflación.

desde CCOO defendemos que os

procesos de desvinculación deben

formar parte dos contidos conven-

cionais dos convenios e quedar so-

metidos á súa regulación. no caso

concreto das administracións, apos-

tamos por recuperar o acordo da fun-

ción pública para evitar maiores re-

trocesos nas condicións de traballo

e a deterioración dos servizos públi-

cos, así como a promover o desen-

volvemento do Estatuto Básico. Por

iso cómpre actuar na vertebración e

articulación da negociación colectiva,

adoptando medidas para potenciar

convenios sectoriais e a súa articula-

ción con convenios de ámbito infe-

rior, resolver os factores que xeran

inseguridade xurídica na ordenación

das fontes da relación laboral, revisar

os instrumentos para o seguimento

e control da aplicación dos acordos,

loitar contra a atomización dos con-

venios e potenciar a cobertura das

actividades sen convenios sectoriais

de referencia mediante a ampliación

de ámbitos funcionais ou a través da

extensión de convenios ou creación

doutros novos.

Manifestacións

Para reclamar o cumprimento de

todos estes obxectivos, CCOO e UGT

ímonos manifestar o vindeiro 18 de

decembro na Coruña, Lugo, Ourense

e Vigo. Lembrarémoslle ao Goberno

central que estas reformas non ser-

virán para crear emprego, senón

todo o contrario, e que condenarán

miles de mozos e mozas ao desem-

prego, facilitarán e abaratarán o des-

pedimento, reforzarán o poder dos

empresarios —poderán fixar unilate-

ralmente as condicións de traballo—

, privatizarán a xestión do desem-

prego e debilitarán as negociacións

colectivas e o papel democrático das

organizacións sindicais.

Padecemos unha crise motivada

pola desregulación política dos

mercados e a cobiza da economía

especulativa. agora non só se

quere utilizar a crise para xustificar

unha reforma laboral e o quebran-

tamento de dereitos sociais e labo-

rais —que só beneficia a quen a

orixinou—, senón que se pretende

debilitar de vez o poder dos Esta-

dos e a capacidade política dos ci-

dadáns e as cidadás.

as nosas propostas demostran

que existe outro xeito de afrontar

a crise, repartindo os esforzos no

canto de centralos na clase traba-

lladora, asegurando a protección

dos máis febles e dirixíndoos cara

a creación dun modelo económico

máis xusto e sostible.

Ü A Coruña. Ás 12 ho-ras, con saída da Praza daPalloza.

Ü Lugo. Ás 12 horas,con saída da Rolda da Mu-ralla n.º 58.

Ü Ourense. Ás 12 horas,con saída do Pavillón dosRemedios.Ü Vigo. Ás 18 horas, con

saída do cruzamento da Víanorte con Urzáiz.

MANIFESTACIÓNS EN GALICIAO 18 DE DECEMBRO

As nosas propostasdemostran que existeoutro xeito de afrontara crise, repartindo osesforzos no canto decentralos na clasetraballadora

Page 6: Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O Goberno español está a centrar as súas medidas na redución do gasto e do investimento,

GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

HERMINO BARREIRO RODRÍGUEZ, IN MEMÓRIAM

Era un gran mestre. as habelen-

cias víñanlle a Herminio dunha

cepa exquisita do Salnés, unha fa-

milia dedicada ao ensino. a nai,

mestra entregada de escola rural.

O pai, formador castigado a re-

nunciar a unha auténtica vocación

que non recupera oficialmente ata

instantes antes de rematar a di-

tadura. Os irmáns, profesores de-

dicados a formar adolescentes

nos institutos vigueses.

Herminio estaba felizmente con-

denado á docencia. En Madrid

fixo un achegamento ao ensino

primario que tivo continuidade ao

se trasladar á nacente Facultade

de Educación de Compostela [...].

a súa paixón era a docencia, o con-

tacto coas persoas, a educación en-

tendida como elemento liberador.

El ensinaba e, como bo mestre,

aprendía dos seus alumnos e de to-

das as persoas que ao longo da his-

toria da educación tiveron sona e

mensaxe que trasladar. [...]

E o Herminio activista? Sempre foi

un comunista convencido, un mili-

tante leal do seu sindicato. nos mo-

mentos insurreccionais da Univer-

sidade compostelá —conflitos por

taxas, manifestacións contras as

leis universitarias—, había un pro-

fesor con aire de cantautor francés

que se mesturaba coa rapazada no

campus e soltaba uns interesantes

discursos [...], unha faceta máis do

seu maxisterio transformador.

Xeneroso sempre coa súa apre-

ciada xente de CCOO, non gardaba

loanzas. [...] O seu compromiso so-

cial era unha forma de entender a

vida, nin lle daban arroutadas oca-

sionais nin practicaba o oportu-

nismo para a galería. [...] Cando a

Fundación 10 de Marzo preparou

unha estupenda exposición sobre

o ensino na Segunda República es-

pañola, Herminio regalounos unha

presentación coidada e erudita [...].

O percorrido vital deste profesor

camiñou parello aos avatares do sé-

culo XX. nado na guerra civil, a súa

familia sufriu a represión dos ven-

cedores. Sacou os estudos prima-

rios e o bacharelato, continuou na

Universidade madrileña cando o

franquismo comezaba a dar os pri-

meiros síntomas de esgotamento.

Compartiu experiencias estudantís

na capital cos compañeiros da Xe-

ración Brais Pinto, intelectuais e ho-

mes que terían gran relevancia na

cultura e na política galega. [...]

a educación en primeiro e último

lugar. «a educación é unha necesi-

dade vital… Sen educación a huma-

nidade será incapaz de resolver os

dramáticos problemas que se lle

van formular nos anos que veñen.

a educación é hoxe tan indispen-

sable como a auga para beber ou

como o aire para respirar». isto es-

cribiuno no seu libro de lembran-

zas Recordar doe, e ensináballelo

aos seus alumnos. [...] a Herminio

recordarémolo, aínda que cada vez

me resulta máis difícil situalo. non

foi só un profesor universitario, a

súa pegada é máis fonda, comeza

antes da universidade e seguro que

non rematará nunca. [...]

Poden ler a versión íntegra deste artigo

na web www.galicia.ccoo.es

Por JOSÉ G. BARRAL SÁNCHEZ

Federación do Ensino de CCOO

En primeiro termo, Herminio Barreiro | Foto: Xoán Soler (La Voz de Galicia)

O seu compromisosocial era unha formade entender a vida,nin lle daban arrou-tadas ocasionais ninpracticaba o oportu-nismo para a galería

Page 7: Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O Goberno español está a centrar as súas medidas na redución do gasto e do investimento,

GALICIA SINDICALN.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

21-N: manifestación endefensa da sanidade pública

Comisións Obreiras denunciou o

pasado día 17 en conferencia de

prensa que as últimas medidas en

materia ferroviaria poden levar ao pe-

che de case corenta estacións en

toda Galicia. a decisión da Xunta de

retirar as subvencións a este modo

de transporte, unida á supresión de

liñas por parte de REnFE, fará que

numerosas localidades con poboa-

cións superiores aos 10.000 habitan-

tes queden sen tren.

así as cousas, desde CCOO asegu-

ran que os recortes na liña entre a

Coruña e Ferrol levarán ao peche de

once estacións, no caso de Lugo e

Monforte de Lemos poderán pechar

catorce, mentres que no trazado en-

tre Ourense e Puebla de Sanabria son

doce as estacións afectadas.

ademais de ás grandes cidades, es-

tas medidas prexudican localidades

tan importantes como Cambre

(23.000 habitantes), Fene (15.000),

O Carballiño (14.000), Lalín (21.000),

Monforte de Lemos (21.000) ou Sa-

rria (13.000), entre outras.

Para o sindicato, a solución aos

problemas do ferrocarril galego non

Poderían pecharcorenta estaciónsde ferrocarril

pasan pola supresión de trens, e si

por aumentar a diversidade de liñas

e as súas frecuencias, xa que iso es-

timularía a demanda e levaría a un

menor uso do transporte privado.

Comisións Obreiras e o resto das

organizacións que integran a pla-

taforma SOS Sanidade Pública ma-

nifestaranse o vindeiro 21 de no-

vembro en Santiago de Compostela

contra a política de privatizacións

que impulsa a Xunta de Galicia. a

marcha partirá ás 12 horas da ala-

meda compostelá, encabezada

polo lema «na defensa e mellora

da sanidade pública».

desde a plataforma SOS Sanidade

lembran que a política sanitaria da

actual Xunta de Galicia está a «de-

teriorar e facer inviable economi-

camente» o sistema sanitario pú-

blico «como paso previo a súa pri-

vatización». Co argumento de que

a crise económica obriga a reducir

gastos e a procurar apoio no sector

privado, a Consellaría de Sanidade

decidiu reducir nos orzamentos o

gasto en investimento e o gasto co-

rrente, e dar entrada ao capital pri-

vado no financiamento e xestión

das novas infraestruturas.

Como consecuencia, advirten

desde a plataforma, produciuse

unha deterioración da calidade da

atención.

Carrefourmanipulou oscensoselectorais

dous laudos arbitrais danlle a ra-

zón a Comisións Obreiras e confir-

man que Carrefour manipulou os

censos das eleccións sindicais da

empresa en Ourense. a arbitraxe

fora solicitada por CCOO após de-

tectar que membros da súa candi-

datura aparecían en colexios que

non lles correspondían.

despois da primeira resolución,

Carrefour afirmou que non a aca-

taría. Un segundo laudo, porén,

insta a empresa a retrotraer o pro-

ceso electivo á data de publicacion

dos censos.

Severino Rodríguez, do Sector Ferroviario de CCOO,

e Ramiro Otero, secretario xeral da FSC-CCOO de Galicia

Page 8: Galicia Sindical · 2020-06-15 · GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) 4 O Goberno español está a centrar as súas medidas na redución do gasto e do investimento,

Número 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

a Confederação Geral dos Trabalha-

dores Portugueses-intersindical nacio-

nal (CGTP-in) convocou unha folga xe-

ral en Portugal para o vindeiro 24 de

novembro. Explícanos as principais cla-

ves da convocatoria adão Mendes,

membro da executiva do sindicato.

Cales son as principais reivindica-

cións?

Como dicimos no lema, mudar de

políticas, máis emprego, salario, por-

tección social e servizos públicos. Con-

vocámola tendo presentes as medidas

que o Goberno anunciou, como redu-

ción de salarios, aumento de impostos,

aumento do desemprego e a caduci-

dade de moitos convenios colectivos,

que supoñen a perda de moitos derei-

tos conquistados antes e despois da

Revolución [1974]. actualmente hai

case 600.000 desempregados, unha

taxa de preto do 10,8%. destes, ao re-

dor do 40% non reciben subsidios por

desemprego ou de reinserción social.

Por segunda vez na historia, a

UGT-P apoia a convocatoria. Como

valoran este fito?

En 1986 xa apoiara unha folga xeral.

O que acontece agora é que o 1 de ou-

ADÃO MENDES (CGTP-IN): «NON REIVINDICAMOS A CAÍDA

OU FIN DO GOBERNO, SENÓN QUE ESTE MUDE DE POLÍTICAS»

tubro, corenta aniversario da CGTP-in,

o noso Plenario nacional apoiou a folga

xeral e de inmediato adheríronse moi-

tos sindicatos. Pasados dous días, ta-

mén a UGT-P.

Como no noso país, tamén en Por-

tugal o Goberno impuxo importantes

recortes...

Si, e a pesar de que é un goberno

dito de esquerdas... pero o Partido So-

cialista sempre aplicou en Portugal po-

líticas de dereita. nin sequera o PSd

[dereita] foi tan lonxe na violencia con-

tra os dereitos dos traballadores. En

Portugal, todas as revisións das condi-

cións laborais que retiraron dereitos

foron promovidas polo PS. non reivin-

dicamos a caída ou fin do goberno, se-

nón que este mude de políticas. Temos

a solidariedade de moitos pequenos e

medios empresarios e comerciantes.

Cal é actualmente o estado de re-

lación entre Goberno e sindicatos?

O diálogo social en Portugal practi-

camente nunca existiu. O Goberno

convoca os axentes sociais e impón as

condicións, só consulta se están de

acordo ou non, e temos moitos exem-

plos diso. a negociación colectiva non

existe, e os conflitos resólvense case

sempre pola vía xudicial.

Adão Mendes, membro da executiva da CGTP-IN,

nunha visita recente ao Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia

O vindeiro 25 de novembro celé-

brase o día internacional para a Eli-

minación da Violencia contra as

Mulleres. CCOO escolleu como

lema para esa xornada «Combater

a violencia contra as mulleres

forma parte do noso compromiso

social».

Propostas

Con motivo da efeméride, o sin-

dicato presentará proximamente

unha batería de propostas de me-

llora dos mecanismos de protec-

ción ás mulleres que sofren violen-

cia machista.

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONALPARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

n FOLGA XERAL EN PORTUGAL O 24 DE NOVEMBRO