Galicia dille «non» á contrarreforma educativa do Goberno… · GaLicia SiNdicaL Número 40 -...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 40 - 1.ª quiNceNa de maio de 2013 X an María Castro foi se- cretario xeral de CCOO de Galicia entre os anos 2000 e 2009. Recente- mente foi nomeado presi- dente da Fundación 10 de Marzo, creada polo sindica- to para promover a historio- grafía do movemento obrei- ro e o fomento do estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais. Con- versamos con el sobre a nova etapa á fronte da F10M e sobre a situación socioe- conómica do país. / PÁX. 8 Galicia dille «non» á contrarreforma educativa do Goberno n A comunidade educativa secundou masivamente a xornada de folga do 9 de maio e mobilizouse polas principais rúas do país contra o proxecto do ministro Wert A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que forma parte CCOO, convocou o 9 de maio unha xornada de folga no ensino contra o proxecto de contrarreforma educativa do Goberno do Estado. A resposta da comunidade educativa, segundo Comi- sións, foi «masiva», cun se- guimento da folga de case o 80% e con máis de 50.000 persoas manifestándose nas catro provincias galegas. Pa- ra a Federación do Ensino de CCOO de Galicia, esta partici- pación é a proba de que a co- munidade educativa galega, igual que a do conxunto do Estado, rexeita a LOMCE. Des- de a Plataforma instan o mi- nistro a «escoitar, tomar nota e negociar», pois consideran que unha reforma de tanto calado como a que se pre- tende, ten que nacer froito «do consenso, non da impo- sición». / PÁX. 5

Transcript of Galicia dille «non» á contrarreforma educativa do Goberno… · GaLicia SiNdicaL Número 40 -...

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 40 - 1.ª quiNceNa de maio de 2013

Xan María Castro foi se-cretario xeral de CCOOde Galicia entre os

anos 2000 e 2009. Recente-mente foi nomeado presi-dente da Fundación 10 deMarzo, creada polo sindica-

to para promover a historio-grafía do movemento obrei-

ro e o fomento do estudo ea investigación no ámbitodas ciencias sociais. Con-versamos con el sobre anova etapa á fronte da F10Me sobre a situación socioe-conómica do país. / PÁX. 8

Galicia dille «non» ácontrarreformaeducativa do Gobernon A comunidade educativa secundou masivamente a xornada de folga do 9 de maio e mobilizouse polasprincipais rúas do país contra o proxecto do ministro Wert

A Plataforma en Defensa doEnsino Público, da que formaparte CCOO, convocou o 9 demaio unha xornada de folga noensino contra o proxecto decontrarreforma educativa doGoberno do Estado.

A resposta da comunidadeeducativa, segundo Comi-sións, foi «masiva», cun se-guimento da folga de case o80% e con máis de 50.000persoas manifestándose nascatro provincias galegas. Pa-

ra a Federación do Ensino deCCOO de Galicia, esta partici-pación é a proba de que a co-munidade educativa galega,igual que a do conxunto doEstado, rexeita a LOMCE. Des-de a Plataforma instan o mi-

nistro a «escoitar, tomar notae negociar», pois consideranque unha reforma de tantocalado como a que se pre-tende, ten que nacer froito«do consenso, non da impo-sición». / PÁX. 5

GaLicia SiNdicaL Número 40 - maio 2013 (1.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Dun tempo para acá opresidente –e o Go-berno todo– da Xunta

anda ausente. Intúese detrásdo seu escano –coas costascubertas polos seus fieis corre-lixionarios– desde onde seprodiga en intervencións deoposición á oposición, se-guindo o exemplo de Rajoy,que se dirixía hai pouco a Ru-balcaba como «presidente doGoberno» desde a tribuna doCongreso dos Deputados.Des que gañou as eleccións

de outubro pasado, Feijóo con-sidera que Galicia lle quedapequena, que el está destinadoa alcanzar mellores metas,como ocupar un ministerio ousuceder a Mariano Rajoy.Pero, coma no conto, rom-

peulle o cántaro do leite candotranscenderon as fotos dassúas «amizades perigosas».Desde entón ve truncados osseus gloriosos plans de futuroe nada o reconforta. Nin porvergoña allea afronta o reto desuperar a penosa situacióneconómica de Galicia: 300.000persoas sen emprego, dece-

nas de miles de fogares sen in-gresos, todos os sectores pro-dutivos –a industria, o naval, apesca, a gandaría, os servizospúblicos e privados– en riscode converterse en testemu-ñais… No tren de saída dacrise, Galicia é o derradeirovagón.Recentemente, perdeu outra

ocasión de exercer de presi-dente galego. Ante a posibili-dade de flexibilizar os déficitspúblicos –como o de Cataluña,para evitar máis prexuízos á ci-dadanía catalá–, Feijóo e aconselleira de Facenda pateancoma nenos da teta e esíxenllea Rajoy que se sexa inflexible;tanto lles ten que iso impliquemáis recortes. Non lles interesapropor nin unha media fiscalprogresiva para a autonomía(tramo IRPF, patrimonio, suce-sións, etc.) que arrequente osingresos da Xunta desde asrendas máis altas, e reducir odéficit ao tempo que se evitanmáis recortes. A súa receita éa «socialización» dos peoresefectos da crise a forza de re-cortar, en Galicia e no Estado.

EDITORIAL

Feijóo atribulado

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: B. Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión) e fotos de B. Rocha, V. Pazos, M. González e P. Barreiros // CONTACTO: [email protected] / PECHE: 16/5/2013

SINDICATO NACIONAL DE CCOORúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8(Santiago de Compostela)981.551.800

A Coruña (sede comarcal)Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª981.145.197

Local sindical de CeeRúa Campo do Sacramento, 69981.746.930

Ferrol (sede comarcal)Rúa María, 42-44981.369.300

Local sindical das Pontes de G.ª R.Rúa da Capela, 2981.440.321

Santiago de Compostela (sede comarcal)Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre981.958.200

Local sindical de RibeiraRúa de Correos, n.º 5,baixo dereito981.872.413

Viveiro (sede comarcal)Rúa García Doriga, s/n982.561.001

Local sindical de BurelaRúa de Emilia Pardo Bazán, 5(Entrechán; Edificio Porches 2)982.585.732Local sindical de RibadeoAvda. de Galicia, s/n, 3.º982.130.506

Lugo (sede comarcal)Rolda da Muralla, 58982.231.975

Local sindical de Monforte de LemosRúa de Roberto Baamonde, s/n982.401.518

Ourense (sede comarcal)Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º988.391.727

Local sindical do Barco de ValdeorrasPraza de España, 2 - Baixo esquerdo988.322.034Local sindical de VerínAvda. de Portugal, 3-5988.410.641Local sindical de Xinzo de LimiaRúa Toural s/n988.462.510Local sindical do CarballiñoRúa de Martínez Avellanosa, 14 - 1.º988.275.360

Pontevedra (sede comarcal)Rúa Pasantería, 1-2.º986.866.276

Local sindical de LalínR/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán986.782.437

Vilagarcía de Arousa (sede comarcal)Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º986.502.000

Local sindical do GroveRúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq.986.732.618

Vigo (sede comarcal)As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)986.246.800

Local sindical da GuardaRúa Concepción Arenal, 44986.611.186Local sindical de PonteareasRúa Esperanza 13 entreplanta 36860 986.661.043Local sindical do PorriñoRúa Atarela, 2. Casa Sindical986.331.962

A Dama de Ferro

Opasado mes de abril, Mar-garet Thatcher finou. A súamorte foi recibida polos

británicos con división de opi-nións. O cineasta Ken Loach dixonunha rede social: «Privaticemoso seu funeral. Saquémolo a con-curso público e aceptemos aoferta máis barata. É o que elafaría». A gran privatizadora,cuxas exequias lle custaron aoerario 11,6 millóns de euros!Admiraba o modelo econó-

mico que os Chicago Boys esta-ban a aplicar en Chile grazas aosanguento golpe militar de Pino-chet contra o goberno democrá-tico de Allende. En 1998 apoiouabertamente o ex-ditador, arres-tado en Londres tras unha orde

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

de captura internacional por xe-nocidio, torturas e terrorismo.A súa primeira lexislatura foi

catastrófica, pero a vitoria naguerra das Malvinas fixo reverde-cer o nacionalismo no ReinoUnido e facilitoulle o triunfo pormaioría absoluta en 1983, o quelle permitiu aplicar con dureza osu programa económico: privati-zou as empresas públicas rendi-bles, baixou drasticamente osimpostos aos ricos e subiu o IVEna mesma medida, recortou osgastos sociais…Ela degoiraba acabar cos sin-

dicatos: «Tivemos que loitar con-tra o inimigo exterior nasMalvinas –dixo en 1984– e agoratemos que loitar contra o inimigointerior, que é moito máis difícilde combater pero que resultaigualmente perigoso para a liber-dade». Contra os sindicatos, enespecial contra os mineiros, aDama de Ferro lanzou todo opoder do Estado. Entrementres,o paro disparábase. MargaretThatcher supuxo a proba defini-tiva de que é posible aplicar unprograma inspirado pola Escolade Chicago sen necesidade de di-taduras militares nin cámaras detortura. E nesas andamos nós, xavai para cinco anos!

3

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 40 - maio 2013 (1.ª quincena)

CCOO rexeita a reforma da lei do abortoque o Goberno do PP pretende aprobar

Na celebración do Día dasLetras Galegas, UGT e CCOOunímonos ao recoñecementoda figura de Roberto Vidal Bo-laño, autor, actor e director tea-tral que ao longo da súa tra-xectoria traballou para profe-sionalizar o teatro do país nalingua do país, labor do queaínda é en boa parte debedoraa escena galega.As obras de Bolaño caracte-

rízanse por recolleren unha vi-sión crítica e analítica da vida ea sociedade contemporánea,sen renunciaren por iso á dosexusta de humor. Para este co-metido utilizou o galego comovehículo de comunicación e ex-presión, dignificando o idiomae asemade o teatro.Co gallo deste 17 de Maio, as

Comisións Executivas de CCOOe UGT de Galicia reafirmámo-nos no insubstituíble protago-nismo da lingua galega na nosasociedade. Nós, o sindicalismode clase, temos tamén a obrigade promover o uso cotián dogalego en todos os ámbitos ena nosa actividade.Hoxe máis ca nunca, cómpre

defender que a lingua galega é a

lingua de todas e de todos: noné patrimonio exclusivo de nin-guén nin tampouco pode ser ob-xecto para arrebolar no fragor daconfrontación política.Quen máis debería traballar a

prol da boa saúde do galego éa Xunta de Galicia. Ende mal, onoso Goberno dedica máis es-forzos a anular o marco de pro-tección do idioma a poder deretrocesos normativos –comoo decreto do plurilingüismo– e

constantes recortes nas axudasá creación en galego, nas polí-ticas de normalización lingüís-tica, na asignación á RealAcademia Galega, etc.O Goberno da Xunta de Gali-

cia e o Goberno de Españaestán a ferir de morte o uso dogalego no ensino. O TribunalSuperior de Xustiza de Galiciaanulou a maior parte do de-creto do plurilingüismo, comoa controvertida consulta aos

A reforma da Lei orgánica2/2010, de saúde sexual e repro-dutiva e da interrupción volunta-ria do embarazo, supón un re-troceso a tempos predemocráti-cos. Este Goberno do PP, que re-xeita o dereito das mulleres adecidiren sobre a propia materni-dade, é o mesmo que aplica unhapolítica de recortes de presta-cións sociais e de dereitos de

conciliación laboral e familiar;que aplica recortes en sanidade eeducación, na atención a maio-res e menores. «Obrigan as mu-lleres a seren nais en contra dasúa vontade ao tempo que, áfronte da Xunta, suprime come-dores escolares e servizos deatención aos máis cativos», de-nuncia Mabel Pérez, responsablede Muller de CCOO.

17 de Maio, Día das Letras Galegas

Esixe que se poñan ao dispordas mulleres que queiran ser naisas posibilidades de facelo, para oque cómpren gardarías, vivenda,comedores escolares, traballosdignos e horarios compatibles, eque as Administracións cumpranco seu cometido de lles facilitarás persoas as posibilidades reaispara compatibilizaren o seu tra-ballo e a súa elección persoal de

n Declaración das Comisións Executivas do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Unión Xeralde Traballadores de Galicia

familia. Os Gobernos do PP, quecondenan mulleres e homes ápobreza económica e social, pre-tenden impoñer as súas convic-cións ideolóxicas.Para CCOO, non hai razón nin-

gunha que ampare esta modifi-cación lexislativa, e a maioría dapoboación apoia a actual Lei2/2010, segundo case todas assondaxes.

pais e nais. Con todo, a Xuntanon rectifica, e agora dálle o ré-quiem co anteproxecto da Leiorgánica para a mellora da ca-lidade educativa (LOMCE), quepretende marxinar no ensinoas linguas cooficiais distintasdo castelán.UGT e CCOO consideramos

que os poderes públicos teñen aobriga política de impulsar unprograma de protección especiale xusto que sitúe o galego enigualdade de condicións co cas-telán. Só así se pode dotar a ci-dadanía da competencia nece-saria para se expresar na linguada súa elección: se non temoscapacidade para escoller non se-remos libres; daquela, sen coñe-cemento non hai liberdade!

Imaxe dunha acción de CCOO e UGT en defensa do galego no ensino

A Xunta e o Go-berno de Españaestán a ferir demorte o galegono ensino

GaLicia SiNdicaL Número 40 - maio 2013 (1.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

O Sindicato Nacional de Comi-sións Obreiras de Galicia (CCOO)elaborou unha exhaustiva análisesobre a enquisa de poboación ac-tiva (EPA) do primeiro trimestre doano. O estudo pon de manifestoque o emprego se atopa «encaída libre» e que o desempregoalcanzou cotas «insoportables».Manuel Lago, economista de

CCOO, sinala que o ano 2013«empeza mal, moi mal» en ter-mos de emprego no noso país:segundo a EPA do primeiro tri-mestre, hai 27.500 empregosmenos que hai tres meses e52.000 menos que hai un ano.Ademais, «o ano comeza malporque o primeiro trimestre é opeor dende o 2010», e a ocupa-ción sitúase en menos do millónde persoas, co que se retrocedea niveis do ano 2000, proba deque se intensifica a destrución doemprego. Para a secretaria deEmprego de CCOO, Maica Bouza,isto «non pode sorprender a nin-guén», xa que é o «resultado in-evitable» da recesión económica,das políticas de axuste e da re-forma laboral. Na súa opinión, aspolíticas que aplica o PP «só pro-ducen paro, pobreza e exclusiónsocial».

PrecarizaciónA destrución do emprego re-

percute no conxunto de catego-

rías profesionais, pero con espe-cial virulencia no caso dos asala-riados, dos traballadores e tra-balladoras por conta allea. Noano 2012, o axuste do empregoconcéntrase fundamentalmenteneste colectivo, que perde 49.500empregos dos 52.100 perdidosen total. Isto é, 95 de cada 100empregos destruídos no últimoano estaban ocupados por untraballador por conta allea. Paraa responsable de Emprego deCCOO, a caída do emprego asa-lariado é «moi alarmante»: un

6% nos últimos doce meses. Haimenos emprego, e o existentevólvese máis precario, alerta Ma-nuel Lago. «Un dos indicadoresmáis evidentes da deterioracióndo mercado laboral en Galicia é oaumento do emprego a tempoparcial, especialmente entre asmulleres», mentres que cae acifra total de emprego. «Comoreflicten todos os estudos dispo-ñibles, o traballo a tempo parcialnon é unha opción voluntaria oudesexada na inmensa maioríados casos, senón algo imposto

polo empregador e aceptado antea falta doutras opcións», critica.

Axuste no emprego públicoMaica Bouza alerta da destru-

ción de emprego público e dassúas consecuencias. Na fase ini-cial da crise, o emprego públicomantívose estable, polo quecompensou parcialmente a des-trución de emprego privado, con-tribuíndo así ao mantemento dademanda interna. Porén, ampa-rándose no «mantra da austeri-dade», o PP impulsou recortes eprivatización dos servizos públi-cos, ao que cómpre sumar osefectos da reforma laboral. Comoconsecuencia, no ámbito da Ad-ministración autonómica destruí-ronse 19.300 empregos no úl-timo ano.

Alternativas de CCOOA secretaria de Emprego de

CCOO lembra que o sindicatoleva defendendo desde 2008 ou-tras políticas para combater acrise, que pasan por incrementara vía dos ingresos no canto deacometer o axuste sobre o gasto.Para Maica Bouza, a saída dacrise «non depende de empeque-necer o sector público».Neste sentido, Bouza lembra

que a Xunta conta con compe-tencias abondas para actuar enmoitos dos impostos e incre-mentar os ingresos da Adminis-tración. Na súa opinión, ocontexto actual precisa unhaaposta nos servizos públicos e naprotección social, así como in-vestimentos en sectores básicosdo noso tecido produtivo.

Menos emprego e máis precario

n CCOO alerta de que o emprego está en «caída libre» e non se recuperarámentres o PP non cambie as políticas que impón

CCOO considera positivo odescenso do índice de prezos aoconsumo (IPC) de abril, que sesitúa no 1,3 % pois, nun contextocomo o actual, o incremento dosprezos lastraría a recuperacióneconómica. Porén, desde o sin-

dicato apuntan a que a mingua sedebe máis a efectos conxunturaise comparativos ca estruturais, xaque é o reflexo da caída con res-pecto ao mesmo período do anoanterior do prezo dos combusti-bles e o descenso rexistrado no

CCOO considera positivo o descenso do IPC,pero alerta da inflación subxacente

CCOO esixe investimentos en sectores básicos do tecido produtivo. Sobreestas liñas, acto de protesta do persoal de Navantia contra unhas declaracións

do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, sobre a actividade dos estaleiros

prezo da vivenda. Malia esta di-minución, o secretario de AcciónSindical de CCOO de Galicia,Xesús Castro, considera «preo-cupante» que a inflación subxa-cente estea por riba do índicexeral. Isto implica que os prezos

dos produtos habituais se man-teñen estancados ao redor do2%, o que fai que os fogaressigan perdendo renda dispoñible.Nesta liña, destaca que ata mar-zo, que foi cando se publicaronos datos máis recentes ao res-pecto, o incremento salarial pac-tado na negociación colectiva erado 1,4%, polo que cómpre recu-perar o poder adquisitivo.

5

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 40 - maio 2013 (1.ª quincena)

Masiva resposta do ensinocontra a LoMceO pasado 9 de maio, máis de

50.000 persoas manifestáron-se contra a LOMCE e as reformasnas catro provincias galegas.Para CCOO-Ensino, esta parti-cipación amosa o rexeitamentomasivo a esta contrarreforma eás políticas regresivas dos Go-bernos central e autonómico.As manifestacións transcorre-

ron nas cidades da Coruña,Lugo, Ourense, Ferrol e Vigo econtaron cunha ampla participa-ción de todos os sectores da co-munidade educativa. É impor-tante salientar a asistencia depais, nais e alumnos, que du-rante toda a xornada baleiraronas aulas para expresaren a súadesconformidade co modelo eli-tista e segregador do ensino quepretende implantar a LOMCE.

CCOO-Ensino afirma que es-tas manifestacións marcaron opunto culminante da xornadade folga no ensino, que contou

cunha participación de todosos colectivos de case o 80%,o que amosa o rexeitamentomasivo a esta contrarreforma eás políticas regresivas dos Go-bernos central e autonómico.A Plataforma en Defensa do

Ensino Público, da que formaparte CCOO, insta o Ministeriode Educación a «tomar nota»da resposta da comunidadeeducativa.

Diálogo e consensoDesde a Plataforma asegu-

ran que a LOMCE non vai me-llorar a calidade no ensino,nin atallar o fracaso e o aban-dono escolar. Tamén se opo-ñen a que sexan os criteriosideolóxicos do partido do Go-berno os que guíen esta re-forma, e reivindican que oscambios se fagan con diá-logo e consenso.

As organizacións que inte-gran a Plataforma denuncianque a LOMCE promove unha se-gregación temperá do alum-nado para mellorar os resul-tados nos informes internacio-nais, e que o proxecto de re-forma está pensado «paraincumprir as sentenzas xudi-ciais e dar cobertura legal aosconcertos a centros que segre-gan por sexo».

A LOMCE pro-move unha se-gregacióntemperá doalumnado paramellorar osresultados nosinformes inter-nacionais, e oproxecto de re-forma estápensado «paraincumprir sen-tenzas»

GaLicia SiNdicaL Número 40 - maio 2013 (1.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

CCOO cualifica de «enganoso» oanteproxecto de lei de emprego públicoCCOO cualifica de «enganoso»

o Anteproxecto de lei de empregopúblico de Galicia, que desen-volve no noso país o contido oEstatuto básico do empregadopúblico (EBEP). Desde a Área Pú-blica do sindicato denuncian alentitude da Xunta, xa que o EBEPfoi aprobado hai seis anos, enabril do 2007, e esixe unha «ne-gociación real» para formular assúas alegacións.O coordinador da Área Pública

de CCOO, Ramiro Otero, criticaque o anteproxecto, «como vénsendo habitual», nace rodeadodunha «escenificación propagan-dística» por parte da Xunta.Fronte ás promesas do Gobernogalego de que se lograrán «modi-ficacións substanciais» no em-prego público, o sindicato denun-cia que nin se prevé partidaorzamentaria para acometer asreformas, nin se desenvolven asprincipais novidades do EBEP –ca-rreira profesional horizontal, ava-liación do desempeño e as retri-bucións, ligadas aos dous puntosanteriores–, de aí que Comisiónslle reproche á Xunta que faga«propaganda» con esta cuestión.CCOO tamén denuncia que a

Xunta intente aproveitar esta lei

para darlles «carácter estrutural»aos recortes aprobados en fe-breiro do ano pasado.

Non cadran as cifrasNa campaña electoral, Feijóo

prometeu funcionarizar o persoallaboral da Xunta, o que afectaríaa case 6.000 persoas, segundoos datos do Goberno, unha cifraque coincide aproximadamenteco número de persoal laboral fixodo momento. Porén, segundoOtero, «a realidade é moi dis-tinta», xa que os postos afecta-dos serán os ocupados por

A Federación de Sanidade deCCOO de Galicia rexeita o pechede camas hospitalarias no verán.O sindicato considera que a de-cisión adoptada pola Xunta, su-mada ao peche de quirófanos eao recorte de contratación, teráefectos negativos nas listas deespera.O secretario xeral de CCOO-Sa-

nidade, Ángel Cameselle, lembra

que as listas de espera rexistra-das se «disparan» tanto nas in-tervencións cirúrxicas como enprobas diagnósticas. Neste sen-tido, considera que as medidasde aforro previstas son «un con-trasentido» que unicamente pro-cura beneficiar os intereses dosector privado, «na liña do apun-tado na futura lei de garantías».Cameselle tamén denuncia que

CCOO rexeita o peche de camashospitalarias no verán

persoal laboral fixo pero que sedeberían cubrir con persoal fun-cionario. Tendo en conta que nalei se establecen cales son os re-servados a persoal funcionario eos que pode desempeñar persoallaboral, o voceiro de CCOO afir-ma que «nin remotamente» sechegaría aos 6.000.

Función directivaRespecto da función directiva,

CCOO lembra que o EBEP posibi-lita a súa creación nas Adminis-tracións públicas, pero como noné unha obriga, e considerando

o Sergas xustifique o peche decamas baseándose nunha su-posta «colaboración dos profe-sionais á hora de planificar», xaque «a inmensa maioría deles,así como a cidadanía en xeral,están rotundamente en contradesta medida». Precisamente,cunha planificación «adecuada»poderíase aproveitar o verán parareducir listas de espera, sinala o

voceiro de Comisións. «Cómprenplans de choque, non recortessobre recortes. Faltan profesio-nais e sobran xestores incapa-ces», incide.

O sindicato de-nuncia que sepretende favore-cer os interesesdo sector privado

«máis que suficiente» o sistemade provisión por libre designa-ción, Comisións oponse á súacreación. O sindicato tampoucoentende a aposta da Xunta poreliminar os órganos de coordina-ción da función pública, e consi-dera un «desprezo ao dereito ánegociación colectiva» que osresponsables autonómicos ase-guren que ese cometido xa se re-aliza nas mesas de negociación,que «non teñen nada que ver coaparticipación institucional dossindicatos nos órganos de coor-dinación».Un dos logros positivos do

EBEP, que se reflicte nesta lei, éque afecta o conxunto das Admi-nistracións públicas de Galicia.Porén, CCOO non comparte a de-cisión de excluír o persoal do-cente das universidades. Canto áinclusión nesta lei da función pú-blica das entidades locais, o sin-dicato considera «oportuno» quea nor-ma autonómica faga a re-gulación básica, pero sen que isosignifique un retroceso nas mar-xes de negociación colectiva.Por último, CCOO esixe un

proceso de negociación «serio eco tempo necesario» sobre esteanteproxecto.

Na imaxe, unha mobilización de 2012 en defensa dos servizos públicos

7

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 40 - maio 2013 (1.ª quincena)

ccoo pídelles aos gruposparlamentarios compromisospola crise da telemercadotecnian Acelérase a destrución de emprego nun sector en que moitas empresas recibiron axudas públicas

Comisións Obreiras reuniuse o14 de marzo cos catro gruposparlamentarios para tratar a criseque sofre o sector da telemerca-dotecnia. O sindicato pediu ocompromiso do PP, AGE, PSOEe BNG para chegaren a acordosque dean resposta á problemá-tica dun sector que foi estratéxicopara a economía galega, pero queno último ano se viu afectadopola perda de emprego e a des-localización.Nunha mostra significativa de

empresas do sector, entre de-cembro do 2011 e o mesmomes do 2012, destruíronsemáis de cincocentos empregos(12,2 %), pasando de 4.613 tra-balladores e traballadoras a4.050. Porén, a previsión é queo número se reduza máis, si-tuándose en 3.775 (20% me-nos). Para CCOO, a situación fainecesaria unha reflexión sobreas cifras e as súas causas,especialmente ante o empeo-ramento das previsións, quepoden abocar o sector á desa-parición nun breve prazo.Segundo CCOO, o emprego

estase destruíndo sobre todo en

empresas que se deslocalizanfacilmente, xa que dun xeito oudoutro non están vinculadas,pola súa clientela, ao país. Des-tacan os casos de Unísono, quetraslada a Madrid a campaña doseu cliente Orange, ou Iber-phone e Unitono, que teñencomo cliente a Gas Natural, quetraslada as súas campañas aBarcelona, ou Universal Sup-port, que destruíu o 40 % dosseus postos de traballo. No ladooposto, Xestión C e STD-Solu-cións de Negocio non estándestruíndo emprego e mesmo oaumentan lixeiramente, circuns-tancia que Comisións atribúe a

Manifestación do persoal de Teleperformance, na Coruña

que teñen como clientes princi-pais empresas galegas, comoNovagalicia Banco.CCOO lamenta o paradoxo que

se dá con este sector en Galicia,que apostou por el cando era unproxecto de futuro, convertén-dose en punteiro no Estado, peroque o perde agora que é unharealidade. Isto, unido a que moi-tas das empresas percibiron axu-das públicas, levou o sindicato alles pedir aos grupos parlamen-tarios un «compromiso de país»para que as institucións contra-tantes destes servizos esixan quese manteñan en Galicia a activi-dade e o emprego.

Os grupos parlamentarios deAGE e BNG comprometéronse apresentar iniciativas en defensado sector e a esixir responsabi-lidades nos casos en que houbodiñeiro público. O PSOE taménadquiriu o compromiso de pre-sentar unha iniciativa, ben quede ámbito máis global, instandoa Xunta a que as empresas queexploten recursos no noso paíscreen emprego ou subcontratenservizos en Galicia. Pola súaparte, o PP estudará a informa-ción que lle achegou CCOO,pero pediu datos adicionais parapoder facer xestións coas em-presas e coa propia Xunta.

Comisións Obreiras e UGT re-próchanlle ao Ministerio de In-dustria a negativa a reunirse opasado 9 de maio cunha repre-sentación do persoal de Alstomque se estaba a manifestar en

Madrid. Os traballadores e traba-lladoras protestaban dese xeitocontra a pretensión da empresade pechar varias factorías, entreelas a que ten no concello galegodas Somozas.

MCA-UGT e CCOO-Industriaconsideran «inadmisible» a ac-titude dos responsables do Mi-nisterio de Industria, que «non fainada» para evitar o posiblepeche. A dirección de Alstom

anunciou en febreiro un plan deaxuste para o seu negocio eólicoen España, unha reestruturaciónque suporía o despedimento de373 traballadores e traballadorase o peche de dúas plantas.

CCOO e UGT critican que o Ministerio rexeitou unha reuniónco persoal de Alstom que se manifestou en Madrid

Galicia apostoupolo sectorcando era unproxecto de fu-turo, e pódeoperder agora queé unha realidade

Número 40 - 1.ª quiNceNa de maio de 2013

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Ofísico Stephen Hawkingten traballado as posibi-lidades teóricas das via-

xes no tempo. Na súa opinión,antes ca nada cómpre abrir amente á idea da cuarta dimen-sión: o tempo. Isto é, temos aaltura, a lonxitude, a profundi-dade... e o tempo. Como sepode viaxar a outras épocas?Desde un punto de vista teó-rico, habería tres vías. Unha, osburatos de verme, que viríansendo o que nos filmes de fic-ción científica presentan ao es-tilo de túneles que conectandiferentes mundos ou épocas.Outra posibilidade teórica se-rían os furados negros, puntosno espazo en que o tempotranscorre máis lentamente, oque, por resumir, se poderíaequiparar a viaxar ao pasado. Aterceira, viaxar a unha veloci-dade próxima á da luz, o queequivalería a viaxar ao futuro–resumindo, outra vez, así quenon mo tomen literalmente.Eu diría que hai unha cuarta

vía, menos espectacular, peroprobablemente máis efectiva,polo menos á vista do estadoactual do progreso: facerlle crerao suxeito de probas que viaxaao pasado recreando as condi-cións necesarias para que real-mente crea vivir tempos pre-téritos. Se de súpeto saísemosda casa e vísemos carros devacas no lugar de camións, ouzocas no canto de zapatos, se-guramente pensariamos queretrocedemos sesenta ou se-tenta anos.Particularmente, teño a sen-

sación de estar sometido a unexperimento do estilo, de retro-ceder no tempo trinta anos,que é o que involucionou a nor-mativa laboral do Estado ou asituación á que podemos re-gresar en temas como o doaborto. De ficción científica!

Regreso aopasado

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

Xan María Castro: «Europa non nospide isto. Son posibles outras políticas»

DANDO A CARA · por Juan Martínez e Xerardo Uz

A Fundación 10 de Marzo é unha institución de carácter culturalcreada polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que ten entreos seus obxectivos principais promover a historiografía do mo-vemento obreiro e o fomento do estudo e a investigación noámbito das ciencias sociais. Recentemente, foi designado comonovo presidente Xan María Castro Paz (A Coruña, 1945),secretario xeral do sindicato entre os anos 2000 e 2009.

Cúmprense dous anos do15M, pero non se percibe unhaalternativa compacta e solventenin no Estado nin en Galicia.Como ves a situación?Nunha situación como a actual,

de crise da política, o desgaste ea desafección afectan moito máisás organizacións de esquerda, ecreo que estas non son conscien-tes, xa que do contrario adopta-rían outras vías para solucio-naren os seus problemas. En Ga-licia hai unha organización, AGE,que irrompeu con forza e se fixocon votos de protesta. A cuestióné se serán capaces de darlle con-tinuidade e de entrar nunha fasemáis propositiva.As políticas da Xunta para

combater o paro ou a crise dossectores industriais son atacerto punto etéreas e pareceque gobernan a golpe de titula-res e recortes de dereitos, ninsequera respondendo fielmenteao seu programa...

Este Goberno pon o acento,sobre todo cando fala do seu ba-lance, en que o que se logrou foiunha maior austeridade, ligada aunha política de recortes, quenon de reformas. No caso dasAdministracións, o recorte podeser como quitarmos as raícesdunha árbore, co que o efecto émoito peor que o que se pretendeevitar. Non hai políticas claras depromoción do emprego, nin me-didas ou xestos acordes á gravi-dade da situación.Coa que está a caer, como é

que a única preocupación dosgobernos do PP sexa recortardereitos e, en definitiva, dete-riorar a calidade de vida?Houbo retrocesos moi graves,

e en temas que a propia socie-dade, que antes podía estar máisdividida, como na lei do aborto,estou convencido de que agora,incluso entre os votantes do PP,non entende esta volta atrás.Están levando a cabo o que pen-

sa a parte máis extrema dentrodo partido. No caso da lingua,máis ou menos había un con-senso, pero reavivaron as posi-cións extremas.Centrándonos agora na Fun-

dación, que aspectos pretendespotenciar máis?A F10M ten dúas áreas funda-

mentais: a da historia de CCOO edo movemento sindical, e a áreasocioeconómica. Canto á historiado movemento obreiro, a Funda-ción é referencia ineludible. Polasúa parte, a outra área, en com-paración, presenta certo déficit,está menos traballada, a pesar deque se teñen feito moitos traba-llos e achegas. Precisamente,pola situación en que nos atopa-mos, queremos pór o acento nosocioeconómico, pois a criseque padecemos sáese do con-cepto manexado en crises an-teriores, das crises cíclicas queforon padecendo as sociedadescapitalistas.Tanto polo contexto como

polo déficit que sinalas nestaárea, o primeiro ou un dos pri-meiros traballos que se divul-guen terá como eixe a crise?Así é. Seguramente teremos

algún debate –e recorreremospara isto a persoas cualificadas–para darmos resposta á preguntade como atopar saída a esta si-tuación e ao problema da falta deemprego. Pero non se tratará denos limitarmos a queixarnos dasituación, senón que tamén ba-rallaremos propostas concretasque marquen unha liña para se-guir e que se acabe con este fa-talismo ao que nos teñen con-denados. «Europa pídenos isto»,din, pero eu digo que «Europanon nos pide isto, Europa somostodos e o que nos están a pediristo son os que agora gobernannela, no Estado e Galicia, e é po-sible facer outras políticas».