Fotografía Denuncia

10
¡¡Os montes galegos non son vertedoiros!!! Foto/Denuncia: Estrada Comarcal Castro de Beiro Iria Vázquez González

Transcript of Fotografía Denuncia

Page 1: Fotografía Denuncia

¡¡Os montes galegos non son

vertedoiros!!!Foto/Denuncia:

Estrada Comarcal Castro de Beiro

Iria Vázquez González

Page 2: Fotografía Denuncia

Ubicación

o Lugar: Montes situado á beira da estrada comarcal de Castro de Beiro

(Ourense)o Día: 24 de marzo de 2012

Page 3: Fotografía Denuncia

Análise do Impacto Ambiental

• Moi próximo a Ourense, pola estrada de Vigo, temos a oportunidade de escapar do ruído e do estrés da cidade para trasladarnos a unha zona periférica cunha forma de vida máis tranquila, que non por iso máis doada. Dita zona coñécese como Castro de Beiro.

• Recentemente, pasei pola estrada que leva a este lugar. Nas beiras da mesma, de camiño ao Castro, tiven a posibilidade de apreciar vistas fermosas con moitas árbores e plantas e, ao lonxe, a cidade de Ourense.

• Sen embargo, tamén observei algunha zona ennegrecida polos incendios do ano pasado e a gran cantidade de lixo que había depositado en determinadas zonas. É o caso dun monte situado á beira da estrada, no que se formou un “pequeno” vertedoiro.

Page 4: Fotografía Denuncia

Análise do Impacto Ambiental

• Nesta zona, as persoas foron depositando bolsas con lixo, sacos con restos de materiais de obras e demais materiais de construción, caixas de bebidas, cubos rotos, roupa, pezas de vellos televisores, plásticos, sacos e ata mobles estragados.

• O impacto ambiental que xeran estes vertedoiros naturais tradúcese na contaminación do solo, nas dificultades de crecemento das especies vexetais, nas doenzas da poboación próxima á zona e na contaminación do aire.

• As fotografías presentadas a continuación poñen de manifesto o lixo como a consecuencia dunha sociedade consumista baseada en produtos de usar e tirar.

Page 5: Fotografía Denuncia

Análise do Impacto Ambiental

• Se nos queremos desfacer de aparellos e instrumentos que non empregamos, en todas as cidades hai zonas coñecidas como “puntos limpos” onde as persoas encargadas recollen os materiais e deposítanos alí para o seu posterior reciclaxe.

• Nin a natureza nin os montes teñen que sufrir as consecuencias das nosas accións. Non son vertedoiros.

• Axúdanos a denunciar situacións coma esta!!

Page 6: Fotografía Denuncia
Page 7: Fotografía Denuncia
Page 8: Fotografía Denuncia
Page 9: Fotografía Denuncia
Page 10: Fotografía Denuncia