FISICA E QUIMICA 2021/2022

20
Página 1 de 20 FISICA E QUIMICA 2021/2022

Transcript of FISICA E QUIMICA 2021/2022

Page 1: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 1 de 20

FISICA E QUIMICA

2021/2022

Page 2: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 2 de 20

INDICE

ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO

1. Datos xerais do departamento 3 2. Lexislación de referencia 3 3. Aspectos xerais da programación 4

a. Contextualización 4 b. Referencia ás directrices xerais fixadas no Proxecto Educativo 4 c. Referencia á incorporación das propostas da Memoria do curso anterior 4 d. Directrices para a avaliación inicial 4 e. Lingua na que se imparten as materias do Departamento 5

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA LOMCE – FÍSICA E QUÍMICA 3º ESO

1. Contidos secuenciados e temporalizados 6 2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares 7 3. Metodoloxía didáctica 11 4. Avaliación inicial 12 5. Avaliación continua 12 6. Avaliación final 14 7. Avaliación extraordinaria 14 8. Materia pendente de cursos anteriores 15 9. Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente 16 10. Avaliación da programación didáctica 17 11. Atención á diversidade 18 12. Actividades complementarias e extraescolares 18 13. Constancia de información ao alumnado 18 14. Modificacións que afectan á programación, no caso de ensino presencial, ensino semipre-

sencial ou ensino non presencial 19

Page 3: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 3 de 20

ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO

1. DATOS DO DEPARTAMENTO

PROFESOR/A............... MATERIAS QUE IMPARTE CURSOS GRUPOS

Gil Sanmiguel, José Manuel

Física 2º BAC 1

Física e Química 1º BAC 1

Física e Química 2º ESO 3

Rodríguez Labrador, Xurxo Química 2º BAC 1

Física e Química 3º ESO 2

Profesor a media xornada

Física e Química 1º BAC Adultos 1

Física 2º BAC Adultos 1

Química 2º BAC Adultos 1

Física e Química 4º ESO 1

1. LEXISLACIÓN DE REFERENCIA

ETAPA: E.S.O.

Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 7 de xanei-

ro de 2008).

Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa, publicada no

BOE o 10 de decembro de 2013.

Real Decreto 1105/2014, de 26 de decembro, polo que se establece ocurrículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato, publicado no BOE o sábado 3 de xanei-

ro de 2015.

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secunda-ria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no DOG o

luns 29 de xuño de 2015.

Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro pola que se establecen as relacións entre as competen-

cias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secunda-

ria obrigatoria e o bacharelato, publicada no BOE do 29 de xaneiro de 2015.

ETAPA: BACHARELATO

Real Decreto, 1467/2007, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á bacharelato (BOE 6 noviembre 2007).

Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa, publicada no BOE o 10 de decembro de 2013.

Real Decreto 1105/2014, de 26 de decembro, polo que se establece ocurrículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato, publicado no BOE o sábado 3 de xanei-

ro de 2015.

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secunda-

ria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no DOG o

luns 29 de xuño de 2015.

Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro pola que se establecen as relacións entre as competen-cias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secunda-

ria obrigatoria e o bacharelato, publicada no BOE do 29 de xaneiro de 2015.

Page 4: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 4 de 20

2. ASPECTOS XERAIS

a. CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN

O IES “Río Cabe”, está situado na localidade de “Monforte de Lemos”, na provincia de Lugo. O centro é

grande, contando con un ciclo formativo de grao superior de guía, información e asistencia turísticas en réxime de adultos e modular; ademais do grao medio das ensinanzas técnico deportivas na especialida-de de fútbol. Conta con 11 unidades da ESO; dúas delas son un programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento en 3º ESO e un programa de diversificación curricular en 4º da ESO. Tamén existen dúas aulas de apoio debido a presenza de alumnado con necesidades educativas especiais principalmente en 1º e 2º da ESO. Co que respecta ao Bacharelato a oferta se limita as modalidades de “Ciencias e Tecnoloxía” e “Huma-nidades e Ciencias Sociais” tanto no réxime xeral como no de adultos. Ademais tamén se pode cursar a educación secundaria para persoas adultas. A dotación de recursos é suficiente, posto que posúe biblioteca con acceso a internet, dúas aulas de informática con 24 e 18 ordenadores respectivamente e nas aulas de Bacharelato dispoñemos dun orde-nador e proxector. A maioría dos alumnos/as teñen aprobadas todas as materias do curso anterior, de todos modos, como establece a Orde de 24 de xuño de 2008, non é preciso acreditar ningún coñecemento previo para cursar a materia de Física e Química. Contexto-Zona: En canto ao entorno no que se ubica o centro hai que sinalar que é unha localidade de tamaño medio,

situada no interior e con abundantes recursos naturais e artificiais. A maior parte da poboación adícase a actividades relacionadas coa agricultura, gandería ou a hostalería e o turismo. A maior parte dos servizos cos que conta a localidade están no centro urbano. Este concello ten unha extensión de 202 Km

2 e 19.817 habitantes.

Ademais dos dous centros educativos de ensino primario adscritos a este instituto, neste Concello hai outros 2 IES, un deles ubicado nos arredores.

b. REFERENCIA ÁS DIRECTRICES XERAIS FIXADAS NO PROXECTO EDUCATIVO

Para a elaboración da Programación Didáctica seguironse as instruccións indicadas pola Inspección Educativa. Tiveronse como referencia os obxectivos xerais do centro e os obxectivos xerais da ESO e BAC. Así mesmo síguense os principios metodolóxicos xerais recollidos no PE.

c. REFERENCIA Á INCORPORACIÓN DAS PROPOSTAS DA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR

A programación non presenta diferencias salientables con respecto á do curso anterior, salvo que debido a entrada en vigor da LOMCE é necesario adaptar o esquema da programación a nova lei nos cursos nos que se implanta na actualidade.

d. DIRECTRICES PARA A AVALIACIÓN INICIAL

A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu obxectivo é facili-tar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento acerca das des-trezas propias da materia e a detección de alumnado con posibles dificultades de aprendizaxe ou con capacidades superiores á media do grupo. Dita información servirá ó profesorado para programar as adaptacións necesarias, así coma as actividades de reforzo ou ampliación se fose necesario.

O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula.

Page 5: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 5 de 20

e. LINGUA NA QUE SE IMPARTEN AS MATERIAS NO DEPARTAMENTO (D. 79/2010)

MATERIA ETAPA CURSOS LINGUA

Física e Química 1º Ciclo 2º ESO Castelán

Física e Química 2º Ciclo 3º ESO Castelán

Física e Química 2º Ciclo 4º ESO Castelán

Física e Química 1º BAC Galego

Química 2º BAC Galego

Física 2º BAC Castelán

Page 6: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 6 de 20

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA LOMCE – F.Q. 3º ESO

1. Contidos secuenciados e temporalizados

Avaliación UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema / U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

1ª Avaliac.

B1 BLOQUE 1: A actividade científica. Magnitudes e Unidades

1

Magnitudes e

Unidades

B1.1 Método científico: etapas

Set.

Out. 8

EXAME

e

Laboratorio

B1.2 Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación

B1.3 Aplicacións da ciencia á vida cotiá e á sociedade

B1.4 Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades. Notación científica

B1.5 Erros

B1.6 Traballo no laboratorio

B1.7 Procura e tratamento de información

B1.8 Proxecto de investigación

B2 BLOQUE 2: A materia

2

O Átomo

B2.1 Estrutura atómica. Modelos atómicos Out.

Nov. 8

EXAME e

Laboratorio B2.2 Isótopos

B2.3 Aplicacións dos isótopos

3

Elementos e

Compostos

B2.4 Sistema periódico dos elementos

Nov.

Dec. 8

EXAME

e

Laboratorio

B2.5 Unións entre átomos: moléculas e cristais

B2.6 Masas atómicas e moleculares

B2.7 Elementos e compostos de especial interese con aplicacións industriais, tecnolóxicas e biomédicas

Avaliación UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema / U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

2ª Avaliac.

B2 BLOQUE 2: A materia

4

Formulación e

nomenclatura

Q. I.

B2.8 Formulación e nomenclatura de compostos binarios seguindo as

normas IUPAC

Xan.

Feb. 8 EXAME

B3 BLOQUE 3: Os cambios

5

Reaccións

Químicas

B3.1 Reacción química

Feb.

Mar. 12

EXAME

e

Laboratorio

B3.2 Cálculos estequiométricos sinxelos

B3.3 Lei de conservación da masa.

B3.4 Velocidade de reacción

B3.5 A química na sociedade e o ambiente

Avaliación UNIDADES DIDÁCTICAS Referencia

Libro texto

Temporalización Probas

avaliación Tema / U.D.

Bloque Contido Mes Sesións

3ª Avaliac.

B4 BLOQUE 4: O movemento e as forzas

6

Electricidade e

Magnetismo

B4.1 Carga eléctrica

Abr. 8

EXAME

e

Laboratorio

B4.2 Forza eléctrica

B4.3 Imáns. Forza magnética

B4.4 Electroimán

B4.5 Experimentos de Oersted e Faraday.

B4.6 Forzas da natureza

B5 BLOQUE 5: Enerxía

7

Circuitos

eléctricos

B5.3 Electricidade e circuítos eléctricos. Lei de Ohm.

Maio 6

EXAME

e

Laboratorio

B5.4 Transformacións da enerxía.

B5.5 Dispositivos electrónicos de uso frecuente.

8

A Enerxía

B5.1 Fontes de enerxía.

Maio

Xuño 4 EXAME

B5.2 Uso racional da enerxía

B5.6 Tipos de enerxía

B5.7 Aspectos industriais da enerxía

Page 7: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 7 de 20

1ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Te.a

/

U.D

.

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob. esc.

Prob. oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

1

B1.1 B1.2

B1.1 B1.1.1 CAA/CMCCT Formula hipóteses para explicar fenómenos cotiáns utilizando teorías e modelos cientí-

ficos. 80%

80%

80% 80 10% 10% X X

B1.1 B1.2

B1.1 B1.1.2 CCL/CMCCT

Rexistra observacións, datos e resultados de maneira organizada e rigorosa, e comu-nícaos oralmente e por escrito, utilizando esquemas, gráficos, táboas e expresións

matemáticas.

80% 80% 10% 10% X X X

B1.3 B1.2 B1.2.1 CAA/CCEC/

CMCCT Relaciona a investigación científica coas aplicacións tecnolóxicas na vida cotiá. 80% 80% 10% 10% X X

B1.4 B1.5 B1.6

B1.3 B1.3.1 CMCCT

Establece relacións entre magnitudes e unidades, utilizando preferentemente o Sistema Internacional de Unidades e a notación científica para expresar os resultados correcta-

mente.

80% 80% 10% 10% X X

B1.4 B1.5 B1.6

B1.3 B1.3.2 CAA/CMCCT

Realiza medicións prácticas de magnitudes físicas da vida cotiá empregando o material e instrumentos apropiados, e expresa os resultados correctamente no Sistema Interna-

cional de Unidades.

50%

20%

80% 10% 10% X X X

B1.6 B1.4 B1.4.1 CMCCT

Identifica material e instrumentos básicos de laboratorio e coñece a súa forma de utili-zación para a realización de experiencias, respectando as normas de seguridade e

identificando actitudes e medidas de actuación preventivas

50% 80% 10% 10% X X

B1.2 B1.7

B1.5 B1.5.1 CAA/CCL/ CMCCT

Selecciona, comprende e interpreta información salientable nun texto de divulgación científica, e transmite as conclusións obtidas utilizando a linguaxe oral e escrita con

propiedade.

5% 80% 10% 10% X X X

B1.2 B1.7

B1.5 B1.5.2 CD/CSC Identifica as principais características ligadas á fiabilidade e á obxectividade do fluxo de información existente en internet e noutros medios dixitais.

5% 80% 10% 10% X X

B1.1 B1.2 B1.4 B1.5 B1.6 B1.8

B1.6 B1.6.1 CAA/CCL/CD/

CMCCT/CSIEE

Realiza pequenos traballos de investigación sobre algún tema obxecto de estudo apli-cando o método científico, e utilizando as TIC para a procura e a selección de informa-

ción e presentación de conclusións.

50% 80% 10% 10% X X X X X

B1.1 B1.2 B1.4 B1.5 B1.6 B1.8

B1.6 B1.6.2 CSIEE/CSC Participa, valora, xestiona e respecta o traballo individual e en equipo. 5% 80% 10% 10% X X X X X

2

B2.1 B2.1 B2.1.1 CCEC/CMCCT Representa o átomo, a partir do número atómico e o número másico, utilizando o mo-

delo planetario. 80% 25% 80% 10% 10% X X

B2.1 B2.1 B2.1.2 CMCCT Describe as características das partículas subatómicas básicas e a súa localización no átomo.

80% 25% 80% 10% 10% X X X

B2.1 B2.1 B2.1.3 CMCCT Relaciona a notación A

Z X co número atómico e o número másico, determinando o

número de cada tipo de partículas subatómicas básicas 80% 25% 80% 10% 10% X

B2.2 B2.3

B2.2 B2.2.1 CMCCT/CSC Explica en que consiste un isótopo e comenta aplicacións dos isótopos radioactivos, a problemática dos residuos orixinados e as solucións para a súa xestión

80% 25% 80% 10% 10% X X X X

3

B2.4 B2.3 B2.3.1 CMCCT Xustifica a actual ordenación dos elementos en grupos e períodos na táboa perió-

dica. 80%

90%

80% 10% 10% X X

B2.4 B2.3 B2.3.2 CMCCT

Relaciona as principais propiedades de metais, non metais e gases nobres coa súa

posición na táboa periódica e coa súa tendencia a formar ións, tomando como referen-cia o gas nobre máis próximo.

80% 80% 10% 10% X X

B2.5 B2.6

B2.4 B2.4.1 CMCCT Explica o proceso de formación dun ión a partir do átomo correspondente, utilizando a

notación adecuada para a súa representación 80% 80% 10% 10% X X X

B2.5 B2.6

B2.4 B2.4.2 CMCCT Explica como algúns átomos tenden a agruparse para formar moléculas interpretando este feito en substancias de uso frecuente, e calcula as súas masas moleculares.

80% 80% 10% 10% X X X

B2.7 B2.5 B2.5.1 CMCCT Recoñece os átomos e as moléculas que compoñen substancias de uso frecuente, e

clasifícaas en elementos ou compostos, baseándose na súa fórmula química 80% 80% 10% 10% X

B2.7 B2.5 B2.5.2 CAA/CCL/CD/

CMCCT/CSIEE

Presenta, utilizando as TIC, as propiedades e aplicacións dalgún elemento ou compos-to químico de especial interese a partir dunha procura guiada de información bibliográ-

fica e dixital

50% 10% 80% 10% 10% X X X X X X

2. Relación entre os contidos, criterios de avaliación, competencias clave e estándares

Page 8: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 8 de 20

2ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Te.a

/

U.D

.

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob. esc.

Prob. oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

4 B2.8 B2.6 B2.6.1 CCL/CMCCT Utiliza a linguaxe química para nomear e formular compostos binarios seguindo as

normas IUPAC 80% 100% 80% 80 10% 10% X X

5

B3.1 B3.1 B3.1.1 CMCCT Representa e interpreta unha reacción química a partir da teoría atómico-molecular e a

teoría de colisións 80% 20% 80% 10% 10% X X

B3.2 B3.3

B3.2 B3.2.1 CMCCT Recoñece os reactivos e os produtos a partir da representación de reaccións químicas

sinxelas, e comproba experimentalmente que se cumpre a lei de conservación da masa 80% 20% 80% 10% 10% X X

B3.2 B3.3

B3.2 B3.2.2 CMCCT Realiza os cálculos estequiométricos necesarios para a verificación da lei de conser-vación da masa en reaccións químicas sinxelas

80% 20% 80% 10% 10% X

B3.4 B3.3 B3.3.1 CMCCT

Propón o desenvolvemento dun experimento sinxelo que permita comprobar o efecto

da concentración dos reactivos na velocidade de formación dos produtos dunha reac-ción química, e xustifica este efecto en termos da teoría de colisións

50% 5% 80% 10% 10% X

B3.4 B3.3 B3.3.2 CMCCT Interpreta situacións cotiás en que a temperatura inflúa significativamente na velocida-

de da reacción. 5% 5% 80% 10% 10% X

B3.5 B3.4 B3.4.1 CMCCT/CSC

Describe o impacto ambiental do dióxido de carbono, os óxidos de xofre, os óxidos de nitróxeno e os CFC e outros gases de efecto invernadoiro, en relación cos problemas

ambientais de ámbito global

50% 15% 80% 10% 10% X

B3.5 B3.4 B3.4.2 CMCCT/CSC Defende razoadamente a influencia que o desenvolvemento da industria química tivo no progreso da sociedade, a partir de fontes científicas de distinta procedencia.

5% 5% 80% 10% 10% X X

Page 9: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 9 de 20

3ª Aval Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro (1) Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

Te.a

/

U.D

.

Identif. contidos

Identif. criterios

Identific Estándar

Competencias clave

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo consec.

Peso Cualific.

Instrumentos

Temas transversais

Prob. esc.

Prob. oral

Trab ind

Trab grup

Cad Cla

Rúb (2)

Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

6

B4.1 B4.2

B4.1 B4.1.1 CMCCT Explica a relación entre as cargas eléctricas e a constitución da materia, e asocia a

carga eléctrica dos corpos cun exceso ou defecto de electróns 80%

80%

80% 80 10% 10% X X

B4.1 B4.2

B4.1 B4.1.2 CCEC/CMCCT

Relaciona cualitativamente a forza eléctrica que existe entre dous corpos coa súa carga e a distancia que os separa, e establece analoxías e diferenzas entre as forzas gravita-

toria e eléctrica

80% 80% 10% 10% X

B4.1 B4.2 B4.2.1 CMCCT Xustifica razoadamente situacións cotiás nas que se poñan de manifesto fenómenos relacionados coa electricidade estática

50% 80% 10% 10% X X

B4.3 B4.3 B4.3.1 CMCCT Recoñece fenómenos magnéticos identificando o imán como fonte natural do magne-tismo, e describe a súa acción sobre distintos tipos de substancias magnéticas

50% 80% 10% 10% X

B4.3 B4.3 B4.3.2 CMCCT/CSIEE Constrúe un compás elemental para localizar o norte empregando o campo magnético

terrestre, e describe o procedemento seguido para facelo 5%

20%

80% 10% 10% X

B4.4 B4.5

B4.4 B4.4.1 CMCCT Comproba e establece a relación entre o paso de corrente eléctrica e o magnetismo, construíndo un electroimán.

5% 80% 10% 10% X

B4.4 B4.5

B4.4 B4.4.2 CD/CMCCT

Reproduce os experimentos de Oersted e de Faraday no laboratorio ou mediante simu-

ladores virtuais, deducindo que a electricidade e o magnetismo son dúas manifesta-cións dun mesmo fenómeno

5% 80% 10% 10% X

B4.6 B4.5 B4.5.1 CCL/CD/

CMCCT/CSIEE

Realiza un informe, empregando as TIC, a partir de observacións ou busca guiada de

información que relacione as forzas que aparecen na natureza e os fenómenos aso-ciados a elas

5% 80% 10% 10% X X X

7

B5.3 B5.3 B5.3.1 CMCCT Explica a corrente eléctrica como cargas en movemento a través dun conduto 80%

30%

80% 10% 10% X X

B5.3 B5.3 B5.3.2 CMCCT Comprende o significado das magnitudes eléctricas de intensidade de corrente, dife-

renza de potencial e resistencia, e relaciónaas entre si empregando a lei de Ohm 80% 80% 10% 10% X X

B5.3 B5.3 B5.3.3 CMCCT Distingue entre condutores e illantes, e recoñece os principais materiais usados como tales

80% 80% 10% 10%

B5.3 B5.4

B5.4 B5.4.1 CMCCT

Describe o fundamento dunha máquina eléctrica na que a electricidade se transforma en movemento, luz, son, calor, etc., mediante exemplos da vida cotiá, e identifica os

seus elementos principais

50% 5% 80% 10% 10% X X

B5.3 B5.4

B5.4 B5.4.2 CAA/CMCCT

Constrúe circuítos eléctricos con diferentes tipos de conexións entre os seus elemen-tos, deducindo de forma experimental as consecuencias da conexión de xeradores e

receptores en serie ou en paralelo

50% 5% 80% 10% 10% X X

B5.3 B5.4

B5.4 B5.4.3 CMCCT

Aplica a lei de Ohm a circuítos sinxelos para calcular unha das magnitudes involucra-das a partir das outras dúas, e expresa o resultado en unidades do Sistema Internacio-

nal

80% 20% 80% 10% 10% X X

B5.3 B5.4

B5.4 B5.4.4 CD/CMCCT Utiliza aplicacións virtuais interactivas para simular circuítos e medir as magnitudes eléctricas

5%

10%

80% 10% 10% X

B5.3 B5.5

B5.5 B5.5.1 CMCCT Asocia os elementos principais que forman a instalación eléctrica típica dunha vivenda

cos compoñentes básicos dun circuíto eléctrico 5% 80% 10% 10%

B5.3 B5.5

B5.5 B5.5.2 CMCCT Comprende o significado dos símbolos e das abreviaturas que aparecen nas etiquetas de dispositivos eléctricos

80%

30%

80% 10% 10% X

B5.3 B5.5

B5.5 B5.5.3 CMCCT

Identifica e representa os compoñentes máis habituais nun circuíto eléctrico (conduto-res, xeradores, receptores e elementos de control) e describe a súa correspondente

función.

80% 80% 10% 10% X X

B5.3 B5.5

B5.5 B5.5.4 CMCCT

Recoñece os compoñentes electrónicos básicos e describe as súas aplicacións prácti-cas e a repercusión da miniaturización do microchip no tamaño e no prezo dos disposi-

tivos

80% 80% 10% 10% X

8

B5.1 B5.1 B5.1.1 CMCCT/CSC Compara as principais fontes de enerxía de consumo humano a partir da distribución xeográfica dos seus recursos e os efectos ambientais.

80% 25% 80% 10% 10% X X

B5.1 B5.1 B5.1.2 CCL/CMCCT

Analiza o predominio das fontes de enerxía convencionais frontes ás alternativas, e argumenta os motivos polos que estas últimas aínda non están suficientemente explo-tadas

80% 25% 80% 10% 10% X X

B5.2 B5.2 B5.2.1 CMCCT/CSIEE Interpreta datos comparativos sobre a evolución do consumo de enerxía mundial, e propón medidas que poidan contribuír ao aforro individual e colectivo

80% 25% 80% 10% 10% X X X

B5.4 B5.6 B5.7

B5.6 B5.6.1 CMCCT

Describe o proceso polo que distintas fontes de enerxía se transforman en enerxía

eléctrica nas centrais eléctricas, así como os métodos de transporte e almacenaxe des-ta.

80% 25% 80% 10% 10% X

Page 10: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 10 de 20

LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita

CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación

CSC Competencias sociais e cívicas EMP Emprendemento CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica

CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia

(1) A partir de cada estándar pódese determinar “indicadores de logro” máis precisos que indiquen o nivel de adquisición do mesmo. (O instrumento máis idóneo é a rúbrica)

(2) As rúbricas soen utilizarse para avaliar as producións do alumnado: traballos de aplicación, sínteses e textos escritos,..

Page 11: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 11 de 20

3. Metodoloxía didáctica

a) Estratexias metodolóxicas 1. Aspectos xerais

2. Estratexias metodolóxicas

3. Secuenciación habitual de traballo na aula

b) Outras decisións metodolóxicas: agrupamentos, tempos, espazos, materias, recursos

Utilización de diversos libros de texto, exclusivamente de apoio, para a realización de esquemas conceptuais e para a resolución de problemas numéricos.

Utilización de resumes conceptuais dos contidos.

Utilización de boletíns de problemas secuenciados en orde de dificultade e relacionados cos conti-dos.

Emprego da pizarra para a exposición dos contidos e a realización dos problemas numéricos.

Utilización do material de laboratorio para a realización das prácticas.

Emprego da sala de ordenadores para visualizar páxinas web de física e química na que se amo-san diversos applets de simulación de procesos físicos e químicos, así como para a elaboración de informes referentes ás prácticas de laboratorio ou a traballos específicos de temas relacionados coa programación.

Partir da competencia inicial do alumnado.

Ter en conta a diversidade: respectar os ritmos e estilos de aprendizaxe.

Potenciar as metodoloxía activas: combinar traballo individual e cooperativo.

Enfoque orientado á realización de tarefas e resolución de problemas.

Uso habitual das TIC.

Papel facilitador do profesor/a.

Exposición oral dos contidos.

Exposición e explicación dos problemas numéricos relacionados co tipo de contidos.

Realización dos problemas numéricos propostos en clase.

Realización de prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos.

Realización de traballos en formato dixital na aula de informática.

Ao inicio de cada Unidade Didáctica, o profesor fará unha introdución á mesma, que incluirá os obxectivos a conseguir e comentará co grupo os coñecementos previos que podan ter sobre a materia, para detectar as ideas preconcebidas e motivar e despertar interés hacia o tema.

Explicación dos contidos conceptuais intercalando actividades de aprendizaxe (realización de esquemas, mapas conceptuais, resolución de exercicios e casos prácticos). O profesor fará tamén tarefas de coordinación e orientación, prestando especial atención aos alumnos/as que teñan máis dificultades e propondo en caso de ser necesario actividades de reforzo ou amplia-ción.

Ao finalizar cada unidade didáctica, proporanse aos alumnos/as, se é o caso, a resolución dal-gunhas actividades que faciliten a mellor comprensión do tema e o seu estudo.

Page 12: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 12 de 20

4. Avaliación inicial

a) Procedemento para a avaliación inicial

Observación do alumnado na aula.

Cuestionario inicial sobre aspectos científico-matemáticos da asignatura con preguntas tipo test, de verdadeiro ou falso e algunhas con pequenos cálculos matemáticos.

Dita proba non ten consecuencias na nota da avaliación e só servirá para detectar deficiencias nos coñecementos científico-matemáticos do alumnado.

b) Criterios para a acreditación de coñecementos previos, no seu caso. (Bacharelato)

5. Avaliación continua

a) Procedemento para a avaliación continua

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS

Probas escritas 1 ou máis exames por avaliación

Traballos individuais Traballo-esquema da práctica de laboratorio.

Traballo na aula de informática.

Traballos en grupo Realización da práctica de laboratorio.

Realización de problemas numéricos.

Traballo na aula de informática.

Probas orais Non se contempla

Traballo na aula Realización e correción de problemas, resumes e gráficas

Observación e rexis-tro

De non acudir a unha proba escrita, só se lle repetirá a mesma, a aqueles alumnos que presenten o mesmo día que se incorporan ao centro, xustificación médica ou de deber inescusable, de carácter público ou privado para a non asistencia a dita proba. A data da pro-ba será fixada polo profesor da materia.

Anotarase a asistencia e puntualidade do alumno.

Anotarase a actitude negativa do alumno en forma de apercibimen-tos que figurarán na xefatura de estudos por escrito ou tendo en con-ta o número de interrupcións , que non veñen ao caso, perante as explicacións da materia. Comunicarase ao alumno na aula, quedan-do constancia no libro do profesor.

Anotarase a actitude positiva cando, requerida a súa participación

explícita ou voluntaria, nas actividades da aula, a súa colaboración é absolutamente correcta. Comunicarase ao alumno na aula, quedan-do constancia no libro do profesor.

Na recollida de material feito na aula levarase un rexistro de actitude e aptitude do alumnado, de cara a materia.

Probas non supera-das

Se unha proba escrita está puntuada con 3,5 puntos ou máis sobre 10, pode ser compensada pola outra proba escrita, sempre e cando a nota media sexa de 5 sobre 10 puntos.

Se a proba escrita está puntuada con menos de 3,5 punos sobre 10, será necesario recuperala, mediante un exame dos contidos corres-pondentes.

Se nese trimestre só se realizou unha proba escrita, será obrigatorio recuperala.

Avaliación non supe-rada

Se unha avaliación quedou suspensa, será necesario recuperala coa realización dun exame da materia correspondente.

A recuperación da 3ª avaliación estará condicionada polo calendario de fin de curso, de tal xeito que podería realizarse xunto co exame fi-nal da asignatura.

Page 13: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 13 de 20

b) Instrumentos de avaliación e critérios de corrección de exames

Realización dunha ou máis probas escritas ou exames por avaliación.

Nesas probas avaliaranse os contidos dados nese trimestre. Os contidos avaliados nunha das probas, xa non serán avaliados na seguinte proba.

A nota das probas escritas será a media aritmétrica. Considéranse aprobadas éstas probas cando a nota final sexa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Se unha das probas ten unha nota inferior a 3,5 sobre 10, deberá ser recuperada. As probas escritas poden constar de preguntas conceptuais sobre o temario, de cuestións de

cálculo numérico, ou de ambos tipos de cuestións. Xeralmente, estarán puntuadas de 0 a 10. Se nas probas fora necesario o uso de calculadora, ésta pode ser revisada polo profesor.

A valoración das probas escritas será a seguinte: Precisión nos cálculos numéricos. Lóxica na explicación matemática dos cálculos numéricos. Claridade e orde na exposición dos conceptos ou razoamentos científicos. Orde, presentación e limpeza. Faltas de ortografía e erros de expresión. O feito de que un alumno sexa collido copiando nun exame, poderá levar consigo que a ava-

liación á cal pertenza o exame, lle sexa cualificada como non superada coa nota mínima.

Calquera proba de avaliación poderá considerarse suspensa, e en tal caso con calificación de 0, si existe constancia de que o alumno copiou, ou permitiu que outros copiaran do seu traballo ou participou en calquera actividade ou estratexia orientada a mellorar os resultados académicos (propios ou doutros) mediante procedementos fraudulentos (“chuletas”, intercambio de exames, uso de móvil, mp3, “pinganillo” ou calquera outro medio electrónico). Se non existe dita constan-cia pero sí sospeitas fundadas de que o alumno copiou (incongruencias con frases disparatadas e erros de coherencia moi salientabeis na redacción derivados da deficiente transcripción da au-dición ou visión dos medios usados para copiar, preguntas teóricas perfectas calcadas dos apun-tes fronte á análises de textos en branco, realización de preguntas diferentes á propostas…), quedará a criterio do profesor a repetición da proba ou a súa substitución por unha proba oral que demostre que o alumno non copiou. Esta prueba oral tamén poderá facerse se a presenta-ción ou caligrafía dun examen é ilexible.

Prácticas de laboratorio: naqueles temas nos que esté previsto a realización de prácticas de labo-ratorio, o alumno deberá entregar un pequeno traballo escrito, no que se reflexe o feito no labora-torio e os resultados acadados. Aplícase o mesmo sistema de valoración que o indicado para os exames.

Traballo realizado na aula: Realización e correción dos exercícios individualmente. Será obligatorio o uso do material de

clases (libreta, folios, apuntes, libro de texto, boletíns de problemas, fotocopias, ...). Realización e correción dos exercícios na pizarra. Outras tarefas relacionadas cos contidos. Elaboración de traballos individuais ou en grupo se así fora, tanto na aula cotián como na au-

la de informática.

A nota global da avaliación virá dada do seguinte xeito: Exames escritos: 80% da nota total. Traballos: traballos de laboratorio, traballos específicos de cada tema: 10% do total. Se nu-

nha avaliación non se estivo no laboratorio, non houbo saídas ao encerado, etc, éste % pode quedar englobado na % dos exames.

Observación: realización das tarefas na aula, respostas ás preguntas do profesor na aula,

participación e interés nas tarefas diarias da clase, facilidade de expresión tanto oral como escrita: 10% do total.

A nota final do curso académico será a media aritmétrica das 3 avaliacións, incluindo a nota das recuperacións de cada avaliación (se as houbera).

Page 14: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 14 de 20

6. Avaliación final

a) Quen debe ir á avaliación final A nota final do curso será a media aritmétrica das 3 avaliacións, incluindo a nota das recuperacións de cada avaliación (se as houbera). Ao final do curso (mes de Maio ou Xuño), realizarase un exame final da asignatura, na que se recupera-rán aquelas avaliacións que estén suspensas.

b) En que consistirá a proba? A proba consistirá nun exame escrito. A materia a recuperar será a avaliada en cada un dos trimestres. A proba valorarase xerealmente de 0 a 10, sendo o aprobado un 5. Os requisitos serán os mesmos que se indicaron no segundo apartado do punto 5b (valoración de probas escritas):

Precisión nos cálculos numéricos. Lóxica na explicación matemática dos cálculos numéricos. Claridade e orde na exposición dos conceptos ou razoamentos científicos. Orde, presentación e limpeza. Faltas de ortografía e erros de expresión. O feito de que un alumno sexa collido copiando nun exame, poderá levar consigo que a avalia-

ción á cal pertenza o exame, lle sexa cualificada como non superada coa nota mínima.

c) Como se elabora a cualificación final?

Unha vez realizada esta proba, a nota final correspondente será:

Si se recuperou 1 ou 2 avaliacións, farase media artimétrica entre a nota do exame e a nota da avaliación aprobada, redondeando por defecto.

Si se recuperon as 3 avaliacións, a nota final será a do exame de recuperación, redondeada por defecto.

d) A avaliación final en caso de perda do dereito a avaliación continua?

Os alumnos/as perden o dereito a avaliación continua no caso de abandonar a asignatura, e neste caso aplicarase o PROTOCOLO DE ABANDONO aprobado no centro e que figura no Proxecto Educativo. Segundo este protocolo considérase abandono se:

O alumno/a non realiza as actividades ou traballos na clase, a pesar de ter actividades axeitadas ó seu nivel de competencia curricular.

Non trae o material necesario para o normal desenvolvemento das actividades.

Entrega os exames en branco de forma reiterada.

Manifesta verbal e explicitamente o abandono da materia.

Houber absentismo escolar sen xustificación. Actuación por parte do profesor:

O profesor informará ao titor da actitude do/a alumno/a na materia e tratará de falar cos pais deste feito, explicándolles as consecuencias que dita actitude pode ter. Tamén se informará a Xefatura de Estudos de tal circunstancia.

Ao terceiro aviso do profesor considerase que xa hai abandono.

Ao final do curso realizarase un Exame Final da materia, que será fixado pola Xefatura de Estudos. A esta proba deberá presentarse o alumno/a que perda o dereito á avaliación continua.

7. Avaliación extraordinaria

Aqueles alumnos/as que non aproben a materia na convocatoria de Maio-Xuño, terán que presentarse ao exame extraordinario de Xuño. Este exame será o mesmo para tódolos/as alumnos/as que cursen este nivel, e será confeccionado por tódolos membros do Departamento que imparten dita asignatura. A cualificación da avaliación extraordinaria será a nota do exame (puntuada xeralmente de 0 a 10, sendo o aprobado un 5) redondeada por defecto e o sistema de valoración será o mesmo descrito no segundo apartado do punto 5b (valoración de probas escritas).

Page 15: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 15 de 20

8. Materia pendente de cursos anteriores

a) Plan de traballo

Ao comezo de cada curso, o seminario exporá publicamente os contidos a avaliar.

Quedarán fixadas publicamente as datas das probas escritas, así como o lugar e a hora na que se realizarán.

O departamento fará entrega de material de traballo ao alumnado que así o desexe.

As notas das probas faranse públicas no seminario.

b) Procedementos e instrumentos de avaliación

A materia divídese en dúas partes.

Cada parte deberá ser superada mediante unha proba escrita.

A 1ª proba realizarase no primeiro trimestre e antes da avaliación ordinaria do curso no que está matriculado o alumno.

A 2ª proba realizarase no segundo trimestre e antes da avaliación ordinaria do curso.

c) Criterios de cualificación

A asignatura quedará aprobada cando se superen as dúas probas escritas.

A nota final será a media aritmétrica das dúas notas anteriores, sendo o aprobado un 5.

Se unha das probas está suspensa, pode quedar compensada aritmétricamente coa outra proba, sempre que a nota mínima sexa de 3,5 puntos.

Se a asignatura non é superada por éstas dúas probas, realizarase unha proba final na que se re-cuperarán as partes suspensas. Ésta proba será no més de maio.

Finalmente, se a asignatura non é superada na convocatoria ordinaria, haberá unha proba escrita de tódolos contidos no més de Xuño. A data desta proba farase pública polo centro.

Os criterios de cualificación de ditas probas son os mesmos que están indicados no segundo apar-tado do punto 5b (valoración de probas escritas).

Page 16: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 16 de 20

9. Avaliación do proceso de ensino e da práctica docente

a) Proceso de ensino

Proceso de ensino: 1 2 3 4

1.- O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?

2.- Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?

3.- Conseguiuse motivar para conseguir a súa actividade intelectual e física?

4.- Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?

5.- Contouse co apoio e implicación das familias no traballo do alumnado?

6.- Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado?

7.- Tomouse algunha medida curricular para atender al alumnado con NEAE?

8- Tomouse algunha medida organizativa para atender al alumnado con NEAE?

9.- Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?

10.- Usáronse distintos instrumentos de avaliación?

11.- Dáse un peso real á observación do traballo na aula?

12.- Valorouse adecuadamente o traballo colaborativo do alumnado dentro do grupo?

b) Práctica docente

Práctica docente: 1 2 3 4

1.- Como norma xeral fanase explicacións xerais para todo o alumnado

2.- Ofrécese a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa?

3.- Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade

4.- Elabóranse probas de avaliación de distinta dificultade para os alumnos con NEAE?

5.- Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar?

6.- Intercálase o traballo individual e en equipo?

5.- Poténcianse estratexias de animación á lectura e de comprensión e expresión oral?

6.- Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino - aprendizaxe

7.- Préstase atención aos temas transversais vinculados a cada estándar?

8.- Ofrécese ao alumnado de forma inmediata os resultados das probas/exames,etc?

9.- Coméntase co alumnado os fallos máis significativos das probas /exames, etc?

10.- Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus fallos?

11.- Cal é o grao de implicación nas funcións de titoría e orientación do profesorado?

12.- Realizáronse as ACS propostas e aprobadas?

13.- As medidas de apoio, reforzo, etc establécense vinculadas aos estándares

14.- Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliaciÓn,.. ?

Page 17: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 17 de 20

10. Avaliación da programación didáctica

Reunións de departamento, nas que se analizará o grao de avance na materia en relación á pro-gramación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativos do alumnado.

Memoria de final de curso, onde se reflexarán os contidos impartidos da programación anual, cambios propostos na mesma para sucesivos cursos ou problemas á hora de poñer en práctica o acordado na mesma.

Ademais, darémoslle resposta ao seguinte cuestionario ao final de curso e o incroporaremos a memoria do Departamento:

Mecanismo de avaliación e modificación de programación didáctica Escala

(Indicadores de logro) 1 2 3 4

1.- Deseñáronse unidades didácticas ou temas a partir dos elementos do currículo?

2.- Secuenciáronse e temporalizáronse as unidades didácticas/temas/proxectos?

3.- O desenvolvemento da programación respondeu á secunciación e temporalización?

4.- Engadiuse algún contido non previsto á programación?

5.- Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?

6.- Secuenciáronse os estándares para cada unha das unidades/temas

7.- Fixouse un grao mínimo de consecución de cada estándar para superar a materia?

8.- Asignouse a cada estándar o peso correspondente na cualificación ?

9.- Vinculouse cada estándar a un/varios instrumentos para a súa avaliación?

10.- Asociouse con cada estándar os temas transversais a desenvolver?

11.- Fixouse a estratexia metodolóxica común para todo o departamento?

12.- Estableceuse a secuencia habitual de traballo na aula?

13.- Son adecuados os materiais didácticos utilizados?

14.- O libro de texto é adecuado, atractivo e de fácil manipulación para o alumnado?

15.- Deseñouse un plan de avaliación inicial fixando as consecuencias da mesma?

16.- Elaborouse unha proba de avaliación inicial a partir dos estándares?

17.- Fixouse para o bacharelato un procedementos de acreditación de coñecementos previos?

18.- Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua: probas, exames, etc.

19.- Establecéronse criterios para a recuperación dun exame e dunha avaliación

20.- Fixáronse criterios para a avaliación final?

21.- Establecéronse criterios para a avaliación extraordinaria?

22- Establecéronse criterios para o seguimento de materias pendentes?

23.- Fixáronse criterios para a avaliación desas materias pendentes?

24.- Elaboráronse os exames tendo en conta o valor de cada estándar?

25.- Definíronse programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares?

26.- Leváronse a cabo as medidas específicas de atención ao alumnado con NEE?

27.- Leváronse a cabo as actividades complementarias e extraescolares previstas?

28.- Informouse ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e instrumentos?

29.- Informouse ás familias sobre os criterios de promoción? (Artº 21º, 5 do D.86/15)

30.- Seguiuse e revisouse a programación ao longo do curso

31.- Contribuíuse desde a materia ao plan de lectura do centro?

32.- Usáronse as TIC no desenvolvemento da materia?

Page 18: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 18 de 20

11. Atención a diversidade

Medidas de carácter xeral:

Programación: a programación didáctica está deseñada de tal xeito que intente acadar un nivel mínimo para tódolos alumnos.

Metodoloxía: exposición do tema en grao de dificultade, resolución de problemas numéri-cos en grao de dificultade.

Material didáctico: ademáis do libro de texto, o profesor pode facilitar resumes do tema, ademáis de material complementario de reforzo dos contidos dados (esquemas do tema, boletíns de problemas secuenciados, ...).

Medidas de carácter específico: Reforzo educativo: para casos concretos de dificultades de comprensión, o profesor toma-

rá as medidas mencionadas anteriormente, pero de xeito específico e individualizado. Igualmente, o profesor pode realizar sesións suplementarias e individualizadas.

Adaptacións curriculares: elaboardas en colaboración co Departamento de Orientación, tendo en conta a problemática do alumno afectado.

12. Actividades complementarias e extraescolares

13. Constancia de información ao alumnado

Nos primeiros días de clase, o profesor informará das características académicas da asignatura

impartida neste nivel académico.

Igualmente, indicará a secuenciación temporal da asignatura ao longo do curso.

Informará do tipo de material a usar (libro de texto oficial, fotocopias, boletíns de problemas, resu-mes do tema, calculadora, material para escribir,...), onde se impartirán as clases (aula e laborato-rio).

Explicar o sistema de avaliación.

Finalmente, indicar ao alumnado a disponibilidade da programación didáctica para a súa consulta. Ésta disponibilidade pode ser de dúas formas: Por escrito. Para elo, o departamento poseerá unha copia por escrito da programación di-

dáctica. Por arquivo electrónico. Para elo, o centro dispón dunha páxina web dende a que se pode

descargar a programación didáctica, aportada polo seminario, para a súa consulta.

Page 19: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 19 de 20

14. Modificacións que afectan á programación, no caso de ensino presencial, ensino semipresencial

ou ensino non presencial

ENSINO PRESENCIAL: Non se contemplan modificacións á programación didáctica ENSINO SEMIPRESENCIAL:

Aprendizaxes Imprescindibeis: referente aos estándares de aprendizaxe, contempla-

dos nas táboas das páxinas 7, 8 e 9, só se terán en conta aqueles estándares que su-peren o grao mínimo de consecución do 50% en tódolas unidades didácticas.

Metodoloxía: referente ao indicado na páxina 11, quedaría do seguinte xeito:

Desenvolvemento dos diferentes contidos das unidades didácticas na aula, diri-xidos tanto aos alumnos presenciais como aos alumnos que estén conectados telemáticamente á aula.

Dado que a clase efectuada por videoconferencia non ten a mesma impronta que a clase presencial, ou que pode haber problemas de conexión, para este alumnado aplicarase unha atención específica usando para tal fin a Aula Virtual do centro. Nela quedarían colocados os diferentes materiais que usarián de for-ma online para realizar as tarefas complementarias que lle indique o profesor.

Entrega por parte do alumnado de traballos planificados e outras actividades que faciliten a valoración e o seguimento das clases virtuais e do progreso do alum-nado.

A constatación de que algún alumno presenta actividades das que non é o autor, implicará unha valoración de cero en ditas actividades. Igualmente, cando o pro-fesor considere que as probas ou os traballos que se fagan de xeito non presen-cial precisen dunha verificación de autoría, poderáselle requirir a realización dunha defensa oral que demostre a asimilación dos contidos por parte do alum-nado que se atopará só nun espazo da súa casa.

Procedementos e criterios de avaliación: recollidos nas páxinas 12 e 13, quedarían

do seguinte xeito: Para o alumnado que asiste a clase presencialmente, non se contemplan modifi-

cacións ao recollido na programación. Para o alumnado que asiste a clase por videoconferencia:

Obrigatoriedade de conexión online, na medida do posible, coa clase diaria e coa Aula Virtual do centro.

Realización dun exame do explicado e traballado de xeito online unha vez volvan ao sistema presencial.

De non poder volver ao sistema presencial en tempo, realizarían, de ser o caso, un exame por videoconferencia, exercicios ou traballos específicos a través da Aula Virtual. Os procedementos de avaliación serían os mesmos que aparecen na programación pero en canto aos instrumentos de avalia-ción, só se considerarían os exames (de ser o caso) e os traballos ou exerci-cios, quedando modificado o reparto nun 90% e 10% respectivamente. Se non houbera exame, os traballos ou exercicios suporían entón o 100% da nota. Se non houbera traballos ou exercicios, o exame levaría o 100% da no-ta.

Page 20: FISICA E QUIMICA 2021/2022

Página 20 de 20

ENSINO NON PRESENCIAL:

Aprendizaxes Imprescindibeis: referente aos estándares de aprendizaxe, contempla-

dos nas táboas das páxinas 7, 8 e 9, só se terán en conta aqueles estándares que su-peren o grao mínimo de consecución do 80% en tódolas unidades didácticas.

Metodoloxía: referente ao indicado na páxina 11, quedaría do seguinte xeito:

Desenvolvemento dos diferentes contidos das unidades didácticas usando a Au-la Virtual e a videoconferencia.

Dado que a clase efectuada por videoconferencia non ten a mesma impronta que a clase presencial, ou que pode haber problemas de conexión, aplicariamos unha atención específica usando para tal fin a Aula Virtual do centro. Nela que-darían colocados os diferentes materiais que usarían de forma online para reali-zar as tarefas complementarias que lles indique o profesor.

Entrega por parte do alumnado de traballos planificados e outras actividades que faciliten a valoración e o seguimento das clases virtuais e do progreso do alum-nado.

Procedementos e criterios de avaliación: recollidos nas páxinas 12 e 13, quedarían

do seguinte xeito: Obrigatoriedade de conexión online tanto para as videoconferencias como para

o traballo na Aula Virtual do centro. Realización das correspondentes probas escritas ou exames cando se permita a

presencialidade no centro. De non poder volver ao sistema presencial en tempo, realizarían, de ser o caso,

un exame por videoconferencia, exercicios ou traballos específicos a través da Aula Virtual.

A constatación de que algún alumno presenta actividades das que non é o autor, implicará unha valoración de cero en ditas actividades. Igualmente, cando o pro-fesor considere que as probas ou os traballos que se fagan de xeito non presen-cial precisen dunha verificación de autoría, poderáselle requirir a realización dunha defensa oral que demostre a asimilación dos contidos por parte do alum-nado que se atopará só nun espazo da súa casa.

Os procedementos de avaliación serían os mesmos que aparecen na programa-ción pero en canto aos instrumentos de avaliación, só se considerarían os exa-mes (de ser o caso) e os traballos ou exercicios, quedando modificado o reparto nun 90% e 10% respectivamente. Se non houbera exame, os traballos ou exer-cicios suporían entón o 100% da nota. Se non houbera traballos ou exercicios, o exame levaría o 100% da nota.