Ferrol 1936

57

Click here to load reader

description

Unidade Didáctica

Transcript of Ferrol 1936

Page 1: Ferrol 1936
Page 2: Ferrol 1936
Page 3: Ferrol 1936

FERROL 1936 GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓN

Xosé Manuel Suárez

Page 4: Ferrol 1936

FERROL 1936 GOLPE DE ESTADO E REPRESIÓNXosé Manuel Suárez

Deseño e maquetación: Bucle ComunicaciónEdita: Concello de Ferrol. Concellería de Educación

ISBN: 978-84-692-9900-5Depósito legal: C 228-2010

Page 5: Ferrol 1936

3

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

A nosa historia máis recente precisa dunha investigación que nos achegue a todos nós, en xeral, e aos máis novos, en particular, á realidade do que ocorreu dende xullo do 1936 no noso país.

Nesta unidade didáctica o alumnado de Ferrol poderá achegarse ao acontecido na nosa cidade e na comarca. Darase conta que os militares o que fixeron o 18 de xullo do 1936 foi un Golpe de Estado e, posteriormente, non só levaron a cabo unha represión, uns xuízos sen ningunha garantía legal senón que o que foi peor, mantiveron no tempo o acoso daqueles que tiñan unhas ideas diferentes.

A lei da memoria histórica proporciónanos o marco legal que nos permite revisar o noso pasado e coa obxectividade que outorga a distancia no tempo.

Agradézolle ao autor, Xosé Manuel Suárez, este traballo, que estou segura vai ser unha ferramenta estupenda para o profesorado, sobre todo para o de Ciencias Sociais. Para todos eles o meu agradecemento por intentar emendar algúns esquecementos que seguimos atopando nos libros de texto.

Mercedes carbajales

Saúda da concelleira de Educación

A liberdade é un dereito hoxe consolidado na nosa sociedade, aínda que é certo que non precisamos percorrer demasiada distancia neste mundo globalizado para darnos conta que non abunda noutros puntos do planeta. Pero na nosa terra non foi sempre así. Os intentos do home por ocultar episodios de represión e abuso sempre se atopan coa teimuda memoria dos protagonistas de cada tempo e Ferrol 1936, Golpe de Estado e Represión invita á comunidade escolar a facer un exercicio educativo, histórico, sociolóxico e sen dúbida democrático de recuperación das vivencias, das testemuñas e dos sentimentos daqueles que escribiron a crónica de Ferrol nas últimas décadas e, máis concretamente, entre 1936 ata os anos 80.

É unha das accións, na miña opición unha das máis destacadas, que propón a unidade didáctica que o Concello pon á vosa disposición, pero non a única. A partir dun relatorio rigoroso da realidade, asinado polo profesor Xosé Manuel Suárez, permitiráselles aos alumnos e alumnas ampliar os seus coñecementos a través de dinámicas de aprendizaxe activas, co que favorecerá a súa actitude crítica respecto á historia.

Esta publicación é unha porta aberta á reflexión, á análise, á investigación... sempre e cando saia das estanterías e se atope con docentes dispostos a aproveitarse dela e introducila nos seus plans de estudo. Son a peza clave entre a obra e os destinatarios. Aqueles que precisan coñecer o pasado para escribir con tino o presente e evitar que nunca xamais se repitan os feitos dramáticos que anteriores edicións padeceron inxustamente.

Vicente irisarri

Saúda do alcalde

Page 6: Ferrol 1936
Page 7: Ferrol 1936

5

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#1O ESCENARIO HISTÓRICO

Ferrol naceu pola decisión da monarquía borbónica do XVIII de aproveitar a extraordinaria forma da súa ría, cunha estreita entrada que se abre ao final, para crear estaleiros reais onde construír, armar e reparar a flota de guerra. En relación co Arsenal creánse os barrios da Magdalena, nome dunha antiga ermida do lugar, como poboación residencial e administrativa, e o de Esteiro, para acoller aos traballadores das obras. O castelo de San Felipe remodelouse, na mesma época, como defensa da entrada a aquel conxunto urbano e fabril. Neste cenario de cidade ilustrada teñen lugar, en 1936, os feitos do golpe de Estado e a forte represión posterior.

TEXTO

Xa manifestamos que a primitiva erección do arsenal no reinado de D. Felipe V, foi nas ribeiras da vila da Graña, onde se levantaron edificios e bancadas, e se construíron dende 1730 a 1735, algúns buques, establecéndose alí os almacéns e oficinas do De-partamento. Que despois se fixeron ensaios na ribeira oriental do monte de Esteiro, e que achando aquel sitio con mellores disposicións, dispuxo D. Fernando VI a transla-ción ao Ferrol das oficinas do Departamento e a edificación en Esteiro do novo estalei-ro, cuxas primeiras gradas se principiaron en 1740 e as últimas se concluíron en 1751. Que seguidamente se levantaron as colosais obras da gran dársena, dende o ano 1752 ata o de 1770, as cales remataron no reinado de Don Carlos III, causando a admiración xeral de nacionais e estranxeiros, pola súa solidez e magnificiencia, e polo breve tempo en que foron edificadas sobre o fondo do mar.

Os fortes que defendían a ría de Ferrol, moito antes de que o porto fose decla-rado departamento de mariña e praza de guerra, eran os antigos castelos de San Martín e San Felipe, que abondaron en 1596 para impoñer respecto á Armada in-glesa do Conde de Essex [...]. Despois que se levantou o establecemento naval, au-mentouse a defensa, robustecendo a estreita garganta da ría con outras baterías e castelos, e facendo do antigo de San Felipe unha fortaleza máis respectable. De todos estes castelos e baterías o principal é o de San Felipe, levantado nun promon-torio que forma a costa, e o cal domina a ría de tal maneira que os seus lumes enfilan toda a canle. O antigo forte debeu fabricarse despois do ano de 1577 [...]. A construción do novo castelo é xa obra contemporánea dos arsenais e a súa edificación moi sólida. Consta dunha gran batería baixa, doutra máis elevada e da que constituía o antigo castelo, con troneiras para 150 canóns.

Montero Aróstegui, Historia y descripción de la ciudad y departamento naval del Ferrol, 1859. Adaptación.

Page 8: Ferrol 1936

6

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

✍ ACTIVIDADES

ANÁLISE

• Onde se situaba o primeiro arsenal de Ferrol?

• Cando se realizan as obras das gradas e da dársena do Arsenal Militar, segundo Montero Aróstegui?

• Que castelos existían na ría antes do século da Ilustración? Cal se reforma por que?

• Explica as actividades das zonas numeradas no plano urbano. 1. Ferrol Vello. 2. A Magdalena. 3. Esteiro. 4. Arsenal Militar.

Ferrol, cidade da Ilustración. Cadernos Ateneo Ferrolán, nos. 17 e 18, p. 90.

Page 9: Ferrol 1936

7

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#2O GOLPE DE ESTADO

TEXTO 1

A intención dos militares, os xenerais Mola, Sanjurjo, Franco, Cabanellas…, que o 17 de xullo de 1936 encabezan a rebelión, é vencer nas principais cidades españolas obrigando ao Goberno da II República a deixar o poder en pouco tempo, pero este obxectivo non se consegue pola resistencia popular nas principais cidades, polo que se inicia a Guerra Civil.

O territorio español quedou dividido en dúas zonas en función do éxito que ob-tiveron os sublevados. Reproducíase o mapa resultante das eleccións de febreiro de 1936, os militares triunfaron naquelas rexións onde foran máis votadas as candidatu-ras de dereitas (Navarra e Castela León) mentres que fracasaban onde a vitoria electo-ral fora da Fronte Popular (Madrid, Cataluña, Valencia, País Vasco, Asturias, Cantabria e Castela A Mancha). Galicia é unha excepción a esta regra: a candidatura da Fronte Popular vencera nas provincias de A Coruña, Pontevedra e Lugo, pero queda baixo o poder dos rebeldes en poucos días, sendo as cidades de A Coruña e Ferrol claves para ese logro.

A Coruña era a sede da VIII División Militar. Ferrol era a base naval con máis efectivos de España. Os dous mandos principais da Armada en Ferrol, o vicealmirante Núñez, xefe da Base Naval, e o contralmirante Azarola, xefe do Arsenal, non foran contactados polos axentes do xeneral Mola para sumarse á insurrección. As ordes de Emilio Mola para a Armada con base en Ferrol eran asegurar o control da cidade, detendo aos que poideran opoñerse ao Movemento, e dominar a costa entre o Miño e o Bidasoa, sobre todo a zona asturiana, impedindo o subministro de armas aos mineiros, e colocar uni-dades en Xixón, Santander e Bilbao.

En Galicia, a Guerra Civil enceta na mañá do 20 de xullo en A Coruña. Os oficiais su-blevados declaran o estado de guerra, o que permite ao Exército a asunción de todos os poderes e a derrogación inmediata dos dereitos dos cidadáns. En A Coruña a toma do Goberno Civil ten lugar o mesmo día 20. Os enfrontamentos en Ferrol chegan ata o día 22.

En Ferrol o pobo desarmado maniféstase ante o Arsenal e é dispersado a tiros, piden armas para defender a Constitución e reciben disparos. En tres días hai trinta mortos e máis dun cento de feridos. Na cidade dos estaleiros os obreiros e os mariñeiros, como nas xornadas da Revolución Rusa, loitan xuntos contra a reacción fascista e enfróntan-se aos oficiais que queren dominar os barcos. O Rexemento de Artillaría de Costa, o mellor dotado en armamento de España, toma as rúas da cidade e os edificios vitais, entre eles o Concello (día 21). Pero a loita decisiva dase no Arsenal, entre os oficiais dos navíos e a mariñeiría. Cabos, mariñeiros e fogueiros dominan o acoirazado España e o cruceiro Almirante Cervera, onde suben a bordo traballadores, mulleres e nenos, pero ao non estar en condicións de combate teñen que renderse (22 de xullo). Se os cruceiros Libertad, Jaime I e Cervantes, non tiveran que saír cara ao Estreito de Xibraltar por orde do Goberno para evitar o paso dos sublevados de África á Península, Ferrol e Galicia permanecerían fieis á República.

Page 10: Ferrol 1936

8

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Entre o 20 e 22 de xullo do 36 os sublevados toman Ferrol. Desde o cuartel do Baluarte (2) os soldados de artillaría de costa despréganse pola cidade e dominan a Praza de Armas, a Praza de Amboaxe, entran en contacto coa Capitanía (4) e diante do Arsenal para impedir saír aos mariñeiros leais á República. Desde o cuartel de Infantería de Mariña (1) os rebeldes controlan Esteiro, chegando ata o Concello. (16) No cruceiro Cervera (20), no acoirazado España (19) e no transporte Contramaestre Casado (21) as tripulacións dirixidas polos cabos deteñen aos oficiais rebeldes. Unha vez triunfante a rebelión (22 de xullo), os alzados teñen no seu poder a base naval e os seus efectivos, aos que hai que sumar os novos cruceiros Canarias (17) e Baleares (18).

TEXTO 2

Por que Galicia sucumbiu?Tamén debeu quedar claro que nas cidades e vilas de Galicia non houbo entreguis-

mo a favor do Alzamento. Os dirixentes e sectores máis activos da Fronte Popular; é dicir, os socialistas, republicanos de esquerda, cenetistas, comunistas, agrarios de es-querda, nacionalistas, comprenderon de inmediato a gravidade do momento e xun-táronse coas autoridades provinciais e cos alcaldes para buscar fórmulas para defender a República. E non se dedicaron nesta ocasión a cantar aleluias a favor da República, senón que procuraron armas, montaron barricadas nos concellos e nas pontes, incau-táronse de todos os automóbiles e camións para desprazarse aos pobos e aldeas para organizar a resistencia…

Carecendo Galicia de grandes cidades e dun proletariado masivo e organizado, que puidese aproveitar as vantaxes dunha loita urbana, como sucedeu en Madrid, en Bar-celona e noutras cidades, Galicia estaba de antemán condenada a sucumbir. Estrangu-lada a resistencia nas cidades, o resto do territorio tiña que sucumbir. Non por falta de alento republicano senón de medios e de organización. Ben o sabían os vencedores, que iniciaron unha brutal represión para evitar que o republicanismo volvera a erguer-se no que ía ser a retagarda da España franquista.

En segundo lugar, debemos tamén referirnos á ausencia dun poder central republi-

Page 11: Ferrol 1936

9

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

cano en Galicia que organizara eficazmente a resistencia. Xa Castelao se referiu a este punto cando nos di que a carencia dun poder autonómico propio, que coordinara os esforzos das autoridades leais e mobilizara o pobo, foi a causa principal do fracaso da resistencia.

(A Gran Historia de Galicia, tomo XI, vol. 5, Arrecife, 2007, pp. 83 e 87)

✍ ACTIVIDADES

ANÁLISE

• Que xeneral dirixía a sublevación contra o Goberno da II República?

• Que importancia tiña Ferrol para o golpe de Estado?

• Que forza militar toma o Concello de Ferrol?

• Os obreiros e os mariñeiros da Armada de Ferrol, opuxeronse ou non ao golpe? Demostra a veracidade da túa resposta.

• Houbo algún tipo de resistencia ao golpe nas cidades e vilas de Galicia? Argumenta a resposta.

• Explica as causas polas que Galicia sucumbiu á sublevación militar do 20 de xullo.

• Por que se produce unha represión tan extensa e brutal en Galicia? • Nomea as localidades sinaladas no mapa.

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

Page 12: Ferrol 1936

10

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

OPINIÓN

• Pensas que vencer en Ferrol era moi importante para decidir que Galicia estivese nun bando ou noutro, ou, pola contra, non era esencial.

INVESTIGACIÓN

• Pregunta a persoas maiores que sucesos lembran do inicio da Guerra Civil nas súas localidades. Trátase de que entrevistes a testemuñas directas de feitos acontecidos hai 73 anos, pero tamén podes recorrer aos que os coñezan de maneira indirecta, porque llos contaron, algúns deses acontecementos.

• Procura en libros de historia que sucesos da sublevación militar de xullo de 1936 se produciron na túa localidade.

Camión blindado utilizado polo Rexemento de Artillaría de Costa na sublevación en Ferrol e en vilas como Fene e Pontedeume

Page 13: Ferrol 1936

11

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Concello de Ferrol, no Cantón de Molins. O 20 de xullo de 1936 foi canoneado polos artilleiros do Rexemento de Artillaría de Costa. O edificio municipal tiña sacos terreiros nas fiestras pero a súa resistencia foi pouca. Uns sesenta homes (o alcalde Santamaría, López Bouza, o tenente de alcalde socialista Morgado, tres concelleiros do PSOE e un de Unión Republicana, con máis de corenta gardas municipais e mariñeiros do Cervera) entrégase antes das nove e media da mañá do 21 de xullo

Page 14: Ferrol 1936

12

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#3A REPRESIÓN VIOLENTA

Fusilamentos e paseos foron os dous métodos empregados. A pena de morte por fusilamento era consecuencia de sentenza de tribunais militares, en consellos de gue-rra nos que son xulgados civís e militares, aplicando os códigos militares do século XIX (o Código de Xustiza Militar, no Exército, e o Código Penal da Mariña de Guerra, na Ar-mada). Os condenados a morte ou a perpetua por este medio en Ferrol érano por rebe-lión, traizón, sedición ou auxilio á rebelión. No chamado paseo non precisaban retorcer as normas do Dereito: as vítimas eran sacadas dos cárceres (barcos como o Plus Ultra, prisións do Arsenal, cuarteis...), para ser fusilados sobre os muros dun cemiterio, preto dunha foxa común. Logo unha nota da comandancia da Garda Civil, do Xefe de Policía ou do Delegado de Orde Público, abondaba para xustificar a execución nun intento de fuxida dos reos. As vítimas son alcaldes (os de Fene, Cedeira, Mañón, Mugardos, Caba-nas), concelleiros, militantes de partidos da Fronte Popular (Partido Galeguista, Partido Socialista, PCE, Esquerda Republicana, Unión Republicana) e sindicalistas (UGT, CNT).

Segundo a época predominou unha ou outra forma de represión: o método ilegal foi o máis utilizado nos primeiros meses, entre agosto e outubro de 1936, a partir de novembro dese ano o paseo decaeu (sen desaparecer) e foi o consello de guerra o medio represor máis activo: a aparencia de legalidade impoñíase. Entre xullo de 1936 e decembro de 1939 dos 715 executados en Ferrol e bisbarra, un 65 por cento foron vítimas dun paseo, o que fai concluír que a represión na bisbarra caracterizouse polo predominio das execucións extralegais.

Agosto e setembro de 1936 son os meses máis sanguentos, con trescentas oitenta vítimas. Prodúcense execucións colectivas sen xuízo previo; sácase aos detidos da Esco-llera, do Plus Ultra… O camposanto de Canido ve a morte de Jaime Quintanilla (alcalde do PSOE dende 1931 ata 1934), Juan García Niebla (mestre), Guillermo Cedrón (do PCE), José López Bouza (Esquerda Republicana), o exsacerdote Matías Usero (de Unión Repu-blicana), o sindicalista anarquista Mario Rico...; o 22 de setembro trinta e tres persoas no cemiterio de Serantes; no mesmo lugar a finais dese mes corenta e dous tripulantes do mercante Udondo son pasados polas armas por decisión das autoridades de Mariña. Os consellos de guerra provocan tamén fusilamentos colectivos, como o de trinta e dous mariños do acoirazado España en decembro de 1936. A aplicación da pena máxima ou duras penas de cárcere aos opositores ao réxime fraqnuista mantense como norma e superará o final da guerra.

Do total de executados en tres anos (715), os domiciliados na bisbarra ferrolana al-canzan o 73 por cento, algo máis de cincocentos represaliados. Na lista aparecen doce mulleres e por idades pódese falar de certa xuventude dos represaliados: case o 70 por cento tiña menos de 41 anos, mentres que o 44 por cento era menor de 31 anos, con 45 casos con menos de 21 anos. En Ferrol, os lugares de execución ou paseo máis utilizados foron:

w Os cemiterios de Canido e Serantes, onde teñen lugar centos de execucións ex-traxudiciais.

w Arsenal Militar: 143 fusilados por sentenza de consellos de guerra da Armada.

Page 15: Ferrol 1936

13

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

w Castelo de San Felipe: 71 fusilados como mínimo, por sentenza de consellos de guerra do Exército.

A represión afectou a todos os sectores sociais, pero fíxoo en maior proporción so-bre dous sectores: os obreiros da construción naval, traballadores do mar e labregos, por unha parte, e por outra militares, sobre todo da Armada: mariñeiros, fogueiros e suboficiais, por esta orde. Eses dous grupos achegan máis da metade dos executados, pero o perfil profesional dos represaliados mostra un amplo abano, con estamentos de clase media (funcionarios, mestres, oficiais militares, avogados, comerciantes, pro-pietarios rendistas, profesionais por conta propia, ...) xunto a clases populares, todos interesados na defensa dun réxime de dereitos individuais e liberdades que garantía a Constitución de 1931.

✍ ACTIVIDADES

ANÁLISE

• A represión violenta desatada polos sublevados desde xullo de 1936 tivo dous medios, cales? Cal dos dous produciu máis vítimas na comarca?

• Que partidos políticos foron perseguidos?

• Cantas mulleres morreron por fusilamento ou paseo na comarca?

• Que lugares do concello de Ferrol veron máis execucións?

• Que dous grupos profesionais foron os máis afectados pola represión violenta na Guerra Civil na comarca?

• De que delitos foron acusados os civís e militares procesados nos consellos de guerra?

• Tendo en conta a cantidade de fusilados xudiciais na comarca de Ferrol (254, entre eles só unha muller: Amada García) e os datos totais de Galicia, calcula as porcentaxes que significan os datos de Ferrol. Que conclusión obtés?

Penas de morte executadas (por sentenzas de consello de guerra)

homes mulleres totais

Galicia* 1.087 4 1.091

Ferrol** 253 1 254

Porcentaxes das vítimas de Ferrol

*Informe do Proxecto Interunivesitario sobre as vítimas da represión en Galicia na Guerra Civil. Xullo, 2009.

**Suárez, X. M. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca, 2002.

Page 16: Ferrol 1936

14

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

• Completa a táboa. Que conclusión obtés?

Mortes extraxudiciais (paseos)

homes mulleres totais

Galicia 4.474 86 4.560

Ferrol 450 11 461

Porcentaxes das vítimas de Ferrol

Lugar exacto da Punta do Martelo (Arsenal) onde se realizaban os fusilamentos na Guerra Civil. Aquí foron fusilados 143 homes condenados por tribunais da Mariña, o dobre de executados (tras consello de guerra) que no castelo de San Felipe

Page 17: Ferrol 1936

15

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#4CEN VÍTIMAS DA REPRESIÓN VIOLENTA EN FERROL E COMARCA

XULLO, 1936

Día 25 (en Ombre, Pontedeume):Juan Prieto (alcalde de Mugardos, do Partido Comunista, obreiro).Manuel Serantes (vixiante de pesca).Felipe Tejedor (garda municipal).

Día 26 (no cemiterio de Canido, en Ferrol1):Julio Sas (de Betanzos, obreiro, de CNT).Tomás Fuentes (de Betanzos, obreiro, de CNT).

Día 30Pedro López Amor (maquinista do acoirazado España, primeiro fusilado en

Ferrol por consello de guerra).

AGOSTO, 1936

Día 2 (en Cabanas):Juan Pereiro (albanel, concelleiro de Cabanas, de Unión Republicana, 20

anos).Antonio Brage (albanel, de UR, 19 anos).

Día 4 (no cuartel de Infantería de Mariña, cuartel de Dores, Esteiro).Antonio Azarola (contralmirante, Xefe do Arsenal).

Día 7 (na Punta do Martelo do Arsenal):José Manso (mestre de mariñeiría da Armada).

Día 8 (en Mugardos):Manuel Gallego (buzo).Antonio Gallego (buzo).

Día 9 (en Miño):José A. Sánchez (labrego).

Día 10Enrique Caruncho (socialista, 26 anos).Manuel Real (estibador, de CNT).

(en Pontedeume):Rodrigo Álvarez (secretario do Concello de Ares).Leonardo Martínez (mestre, de Pontedeume).José López (socialista, exalcalde de Ares).

Día 12 (en Miño):Cesáreo Blanco (de Leiro, labrego, 23 anos).

Día 13 (en Cedeira):Andrés Bouzamayor (asasinado pola Garda Civil).

1 Se non se sinala expresamente, o lugar da execución ou paseo é Ferrol.

Page 18: Ferrol 1936

16

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Día 13 (no cuartel de Artillaría de Ferrol): Fernando Carballo (empregado do Concello de Ferrol, de UR).Manuel Morgado (concelleiro socialista ferrolán, médico).

Día 14José Permuy (fogueiro, 22 anos, de Fene).Manuel López (socialista, electricista).

(en Xestoso, Monfero):Andrés García (de Esquerda Republicana, labrego).Antonio Marcos (de ER, industrial).

Día 15Gonzalo Seoane (obreiro const. naval, fusilado sen xuizo xunto ó seu fillo

Pedro). Pedro Seoane (18 anos, libertario).Juan Golpe (da construción naval, tío do anterior).Juan Pérez (da naval, 21 anos).José Ferreiro (socialista, 21).Marcelino Rey (xornaleiro da naval).Vicente Couce (17 anos, de Juventudes Libertarias de Ferrol).Ignacio Blanco (carpinteiro, de Narón).Francisco Pita (de infantería de Mariña, de Narón).

Día 16 (por suposta fuxida, tras ser detidos):Andrés Díaz (socialista, obreiro da naval).Estanislao González (obreiro da naval).

(cerca de Ares):Manuel López (de Redes, obreiro da naval, 21 anos).Jesús Losada (socialista, de Ares).

Día 17Alfonso Abrodes (da naval, 23 anos).José Pérez (carpinteiro, de Fene).Ramón Souto (industrial, alcalde de Fene, socialista).Jesús Tenreiro (secretario do Concello de Fene).Alfonso Raja (auxiliar naval do acoirazado España).Ángel Monteagudo (maquinista do España).Avelino Parrilla (suboficial da Armada, de Mugardos).Jaime Quintanilla (médico, socialista).Juan García (mestre, natural da Graña, Ferrol).Ángel García (de Pontedeume, rexistrador da propiedade, de ER).Ramón Ríos (maquinista da Armada retirado, tenente de alcalde de Mugar-

dos, de ER).Cipriano Canosa (maquinista).Manuel Besteiro (radiotelegrafista).Manuel Serantes (oficial do España).Juan Romalde (de artillaría de Mariña).

Día 18 (no cemiterio da Capela):Manuel Prado (funcionario, de ER).Ramón Sardiña (de Esquerda Republicana, empregado do ferrocarril).Celestino Sardiña (secretario interino do Concello de Pontedeume, de ER).Ramón Agras (funcionario municipal de Pontedeume, de ER).

Page 19: Ferrol 1936

17

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Día 18 (asasinados no cemiterio de Mugardos, acusados de intento de sabotaxe):Eduardo Sánchez (médico, 27 anos, de Betanzos, comunista).Antonio Otero (peón).Joaquín Seco (21 anos, electricista). José Tenreiro (secretario do Concello de Mugardos, natural de Pontedeume).Antonio Fernández (mecánico).

(no Arsenal, por sentenza de consello de guerra):M. López Rodríguez (cabo de Artillaría, por desobediencia a superior fronte

a unha sedición).J. López Saavedra (cabo de mariñeiría, por traizón).

(dous soldados do Rex. de Artillaría de Costa):José López López (20 anos).Manuel López López (22, de Moeche).

(ao intentar fuxir segundo a explicación oficial, en realidade paseados en Canido):Andrés Iglesias (tenente de alcalde de Fene, socialista, militar retirado).Guillermo Cedrón (dirixente comunista de Ferrol, comerciante).Mario Rico (obreiro constr. naval e sindicalista de CNT).Felipe Hermida (funcionario xudicial de Ferrol).Carlos Pérez (do PCE, electricista da naval).Manuel González (empregado do Concello de Ferrol).Venancio Pérez (comunista, secretario da JSU2 de Ferrol).José Rico (auxiliar de Artillaría da Armada, de Fene).Antonio Fernández (19 anos, mecánico, de JSU).Ramón Hermo (auxiliar naval).

Día 19 (en Miño):María Vázquez (mestra, socialista).

(preto da igrexia de Caamouco, Ares):Leonardo Díaz (de Pontedeume, farmacéutico). Pablo Rico (alcalde de Monfero, de ER, labrego).Juan Rico (labrego, de Monfero).Santiago Rodeiro (mariñeiro, de Pontedeume).José M. Varela (ferreiro, secretario da Soc. Agraria de Grandal, Vilarmaior).Segundo Martín (natural de Astorga, empregado do ferrocarril).Ramiro Vázquez (reloxeiro, de Pontedeume, socialista).José R. Fernández (mestre, de Pontedeume, socialista).

(en As Pontes):Manuel Franco (de ER).Joaquín Antón (27).Francisco Guerreiro (concelleiro da Fronte Popular).

(en O Val, Narón):Gabriel Cruz (obreiro da naval).Luís Rodríguez (obreiro naval).J. López Leira (de San Mateo, socialista, concelleiro en Narón).

20-21 (paseados en Ferrol):Matías Usero (de UR, exsacerdote).José Bueno (socialista, dono dun quiosco no Cantón de Molins).

2 JSU: Juventud Socialista Unificada.

Page 20: Ferrol 1936

18

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Pedro Almazán (mestre, do PCE, de Narón).Manuel Teijeiro (dirixente comarcal de UGT, empregado municipal).Francisco López (presidente de JSU de Ferrol e secretario da Sociedade de

Xastras e Xastres de UGT; empregado municipal).Manuel Pérez (garda municipal de Ferrol).

Día 21 (en Cedeira):José Freire (peón, asasinado pola Garda Civil).

(en Laraxe, Cabanas):Salvador Cervera (cabo de mariñeiría, de Barallobre).

✍ ACTIVIDADES

ANÁLISE

• Completa as táboas cos datos das 100 primeiras vítimas.

Adscrición ideolóxica Identidades (inicial do nome e apelido) Cantidade

UR (Unión Republicana)

ER(Esquerda Republicana)

Socialistas (PSOE-UGT-JS)

PCE(Partido Comunista de España)

JSU (Juventud SocialistaUnificada)

Libertarios-CNT

Total identificados

Page 21: Ferrol 1936

19

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Ocupación Identidades (inicial do nome e apelido) Cantidade

Militares (fogueiros, mariñeiros, soldados, suboficiais, auxiliares, oficiais) – incluídos os retirados

Obreiros e artesáns (construcción naval, mecánicos, estibadores, electricistas, carpinteiros…)

Traballadores do mar

Labregos

Funcionarios e empregados

Mestres

Comercio e industriais

Médicos

Outros

Total identificados

• Realiza un gráfico de columnas do número de vítimas por profesión.

Page 22: Ferrol 1936

20

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Horizontais:1 Apelido, foi alcalde de Ferrol de 1931 a 1936.3 Ramón S..., alcalde de Fene.5 Nome, médico asasinado en Mugardos.7 Nome (de dereita a esquerda), mozo libertario, fusilado co pai.9 Apelido de María, mestra de Pontedeume.11 Nome máis apelido, alcalde de Mugardos.13 Apelido, e nome dunha árbore galega, funcionario do Concello ferrolán que

presidía o comité da Fronte Popular.15 Nome, mugardesa fusilada en S. Felipe.17 Nome, presidía a JSU de Ferrol, formada por socialistas e comunistas.19 Apelido, contralmirante xefe do Arsenal.21 Apelidos, militar, o primeiro fusilado por consello de guerra.

Verticais:2 Apelido, exerceu como sacerdote.4 T + peza que pecha caixas ou recipientes.6 Os dous apelidos, ferrolán que entregou o proxecto de Estatuto de Autonomía en

Madrid. 8 Mario... sindicalista de CNT, en Canido o 18 de agosto de 1936.10 Guillermo …, dirixente comunista ferrolán.12 Primeira nota musical.14 Anfibio. 16 En portugués, negación.

1 2 4 6

3 8

5

7

9

11 10

13

15 12

17 14 16

19

21

• Encrucillado. Vítimas da represión, 1936.

Page 23: Ferrol 1936

21

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#5DATOS DE VÍTIMAS DE EXECUCIÓNS POR VECIÑANZA NA COMARCA

Concello Poboación (1930)

Totais vítimas concello

Executados sumariais

Excs. ilegais

% de excs. ilegais sobre os totais

Excs. por mil habs.

Ferrol-Serantes* 47.211 227 86 141

Fene 6.540 39 10 29

Mugardos 7.112 36 8 28

Cedeira 7.430 31 13 18

Pontedeume 7.056 24 4 20

Narón 12.278 23 5 18

Ortigueira-Cariño**

20.614 19 3 16

Ares 4.850 16 7 9

Mañón 4.059 12 6 6

Monfero 6.473 11 0 11

Cabanas 3.584 9 1 8

Cerdido 3.350 9 1 8

Neda 6.565 9 4 5

Miño 5.326 8 2 6

As Pontes 5.026 7 0 7

Valdoviño 8.027 6 1 5

Vilarmaior 3.124 3 1 2

Moeche 3.509 1 1 0

TOTAL 176.333 490 153 337

* Ferrol e Serantes unificáronse en 1940. ** Ortigueira e Cariño estaban integrados no mesmo concello.

Page 24: Ferrol 1936

22

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

✍ ACTIVIDADES

ANÁLISE

• Completa a táboa cos datos das columnas que faltan.

• Colorea o mapa de acordo coa lenda. Escribe a relación dos 22 concellos.

• Fai un listado ordenado dos concellos por número de vítimas (en tanto por mil).

• En que concello o número de fusilados por consello de guerra foi superior ao número de vítimas de paseos?

• En que concellos todos os executados foron vítimas de fusilamentos extraxudiciais?

• Na páxina seguinte, realiza un gráfico de columnas coas cantidades totais de vítimas por concello. En cada columna podes expresar a cantidade de execucións de cada clase.

• Que conclusións obtés dos datos?

Page 25: Ferrol 1936

23

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Page 26: Ferrol 1936

24

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#6RELATO DUN ENCARCERADO EN 1936 EN FERROL

20 de xullo. Ao enterarme na aldea onde estaba pasando o verán con meus fami-liares do que estaba sucedendo, díxenlle a miña nai que ía interesarme por meu pai, Fernando Carballo, que por razón dos seus cargos de Presidente da Fronte Popular de Ferrol e ademais como xefe do Negociado de Persoal de Arbitrios do Concello, tiña que estar no seu destino. Dirixinme alí e observei que estaba tranquilo, aconsellándome que fora a tranquilizar á familia.

El estaba reunido co alcalde Santamaría e co resto da Corporación, para tomar as medidas necesarias para facer fronte aos sucesos que se aveciñaban, polo que non se enterou da miña decisión de quedarme.

Antes do relatado xa presenciei como chegaba ás portas do Concello unha compa-ñía de Infantería de Mariña, ao mando dun capitán. Por este motivo baixou o alcalde e preguntou ao citado cal era a súa posición, contestando aquel que viña a defender a República para evitar o comunismo, polo que Santamaría entrou de novo no Concello.

Do cuartel de Artillaría saiu unha batería cos seus mandos e un canón que situaron nos xardíns fronte ao Concello, co que dispararon varias veces, ferindo a un garda mu-nicipal e a outra persoa.

Antes acordárase que se as tropas saían se tocara a sirea da Constructora Naval e os obreiros saíran todos á rúa. Algúns da Fronte Popular pedían que os traballadores saíran armados, porque o almirante Azarola prometera entregar armas; isto non pasou e cando quixeron entrar a recollelas foilles imposible, debido ás descargas das metra-lladoras que a Infantería de Mariña instalara na entrada.

Varios cabos e mariñeiros lograron chegar ao Concello e ofreceron a súa axuda. O xefe da Garda Municipal mantíñase en contacto por radiotelegrafía cos buques Cervera e España.

Ao día seguinte fixéronnos baixar coas mans en alto e fomos conducidos ao Gober-no Militar, escoltados por tropas, pola rúa Real, en medio de insultos e humillacións. Eu camiñaba ao lado de meu pai quen me dicía que non mirara aos que nos infamaban.

Cando chegamos ao Goberno Militar, na rúa San Diego, saiu o comandante Vierna, que se abrazou ao tenente de alcalde Morgado asegurando que non nos pasaría nada malo. Logo, en camións do Exército, leváronnos ao cuartel de Artillaría, onde estiven dous días, ata que co resto dos presos, agás o alcalde, os concelleiros e meu pai, que quedaron no cuartel do Baluarte, fun parar á Escollera, a onde chegamos esposados de dous en dous. Neste traslado a min tocoume cun mestre de escola chamado Pedro Almazán.

Na prisión da Escollera transcurrían os días sen suceder nada reseñable, ata que chegou por fin o esperado, comezaron levando a varios detidos a declarar, sometén-doos a fortes malleiras, que realizaban na piscina da Escola de Máquinas e nun local de Falanxe. Algúns regresaban ás celas da morte a seguir sufrindo, a esperar ser nomeado nunha das terribles listas que todos os días, de madrugada, lían para facer unha saca. Sabíamos que os que fusilaban ían para unhas foxas comúns que había a todo o longo do cemiterio de Canido.

Page 27: Ferrol 1936

25

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Seguiron coas fatídicas listas, dicíannos que os nomeados eran para ser conducidos ao castelo de San Felipe. Os traslados foron axiña coñecidos pola súa falsidade. O lugar ao que eran conducidos era a entrada da Dársena Militar, e debido á escasa distancia entre a Escollera e a chamada Punta do Martelo, oiamos os berros dos presos chamán-dolles asasinos, criminais, etcétera, e despois dos berros, escoitabamos os disparos de fusís e os tiros de gracia.

Naquelas noites na Escollera ninguén durmía, mentres non chegaban coas famosas listas; pero, pola miña parte, cheguei a non soportar esta continua tensión e quedaba durmido no chan, nunha colchoneta, outros facíano en coys, e ao espertar e non ver aos que descansaban ao meu lado, enterábame de que os levaran de mañanciña.

Así foron pasando os días, ata que o 25 de setembro fun conducido ao Plus Ultra. Nesta “checa” estabamos aloxados nunha bodega de carga, sen luz e na máis completa suciedade. Éramos uns douscentos homes con só dous caldeiros de auga: un para be-ber e lavarnos, o outro para defecar.

Nesta nova prisión estiven ata o 5 de outubro, data na que fun nomeado nunha lista con oito compañeiros. Conforme nos nomeaban saíamos a cuberta, aos cinco pri-meiros os esposaron, o seguinte fun eu e non me esposaron, ao igual que aos tres res-tantes. Leváronnos nunha lancha da Mariña cara a Porta do Arsenal; alí había un coche dos antigos de sete prazas, e os cinco esposados con dous gardas civís, o conductor e outro membro de dito corpo partiron no coche (despois soubemos que os fusilaron).

Aos catro restantes nos levaron á Porta do Arsenal. Eran as once da noite, non había unha soa luz e era outubro, polo que non se vía nada a dous metros. A garda formába-na un oficial co sable ao ombreiro e a tropa cos fusís descansados. Fixéronnos berrar: Arriba España! Viva España!, e deseguido ordearonnos saír do Arsenal sen mirar atrás.

Historia de un condenado a las “celdas de la muerte” de Fernando Carballo. Adaptación.

✍ ACTIVIDADES

ANÁLISE

• Quen escribe o relato?

• Quen era Fernando Carballo? Que día foi fusilado? Busca a información no texto e na lista de 100 vítimas da represión.

• Cal era a razón que os militares sublevados expoñían para xustificar o Alzamento?

• Que forzas militares atacan o Concello e que día se entregaron os que estaban dentro?

• Canto tempo e en que recintos estivo preso o autor do relato?

Page 28: Ferrol 1936

26

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

• En que locais tiñan lugar os interrogatorios aos detidos no Arsenal?

• Onde se realizaban os fusilamentos que se escoitaban desde a Escollera?

OPINIÓN

• Pensas que o relato é totalmente real ou ten partes imaxinadas?

• Que parte do texto te impresiona máis e por que?

Almacéns da Escollera. Arsenal Militar Porta do Arsenal

Page 29: Ferrol 1936

27

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#7DÚAS BIOGRAFÍAS

José López Bouza naceu no barrio obreiro de Esteiro, Ferrol, en febreiro de 1890. Aos 18 anos emigrou a Arxentina, lugar tradicional de destino da emigración galega, onde se vinculou ao anarcosindicalismo, sendo expulsado dese país en outubro de 1911 pola súa actividade política. De volta a Galicia, conseguiu un traballo como fun-cionario municipal na súa localidade natal, á vez que continuaba coa súa militancia anarquista. Así, foi un dos máximos impulsores do Ateneo Obrero Sindicalista e da Comisión Pro Enseñanza Racionalista ferrolá, e un dos impulsores do Congreso Inter-nacional da Paz, convocado a comezos de 1915 para reunir a socialistas, sindicalistas, anarquistas e sociedades obreiras de todo o mundo para terminar a Primeira Guerra Mundial. Foi detido varias veces polas súas actividades sindicalistas. Con todo, uns anos despois, cara a 1918, evolucionaría ao republicanismo de centro. Fundou unha escola en Canido, Ferrol, á que acudían tanto nenos como maiores de toda a comarca. A escola seguiu en funcionamento ata ben entrada a década de 1920.

Trala proclamación da República o 14 de abril de 1931 (foi a persoa que izou a ban-deira republicana no concello de Ferrol) é nomeado gobernador civil de Ourense (xuño, 1931) e seguidamente de Lugo (agosto, 1931), ata que cesa en xullo de 1932, voltando a Ferrol, ao seu posto de funcionario no Negociado de Augas do Concello.

Presidente da ORGA en Ferrol, e posteriormente de Esquerda Republicana, tra-lo triunfo da Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Ferrol e presidente da Deputación Provincial da Coruña (23 de marzo de 1936). Participou na campaña para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia e como presidente do Comité central de Autonomía de Galicia viaxou a Madrid a mediados de xullo para entregar o proxecto de Estatuto nas Cortes Españolas. Ao producirse a sublevación mi-litar, López Bouza, rexeitando os consellos de Castelao, decidiu volver a Ferrol o mesmo día 18, participando na defensa do concello contra os sublevados (20 de xullo). Trala rendición do edificio foi detido e xulgado, sendo condenado a cadea perpetua e trasla-dado ao buque prisión Plus Ultra (barco de pasaxe da Trasmediterránea). Sen embargo, foi sacado do buque e fusilado en Canido o 30 de agosto de 1936.

Xaime Quintanilla Martínez naceu en A Coruña o 13 de xuño de 1891. Estudou

Medicina en Santiago de Compostela. En 1917 creou en Ferrol una clínica de cirurxía e fíxose popular pola súa calidade humana para cos máis humildes. A súa actividade política céntrase principalmente na defensa do galeguismo e no socialismo, participan-do na I Asemblea das Irmandades da Fala e noutras asembleas políticas. Desde 1917 publica varios artigos en defensa do idioma galego en A Nosa Terra.

Participou en varios xornais como Ferrol Deportivo, Diario de Vigo ou El Correo Ga-llego, daquela editado en Ferrrol, do que chegou a ser director e redactor xefe. Tamén dirixiu a revista Céltiga. Ademais publicou obras como Saudade (1922), a comedia dra-mática Alén, o drama Donosiña (estreada no Teatro Jofre en 1920) e o traballo 0.

Foi o primeiro alcalde republicano de Ferrol (1931), á fronte dunha corporación mu-nicipal composta polo PSOE e o Partido Republicano Radical. Xaime Quintanilla seguiu

Page 30: Ferrol 1936

28

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

sendo o alcalde ferrolán ata outubro de 1934, cando foi destituído polo Goberno, acu-sado de tomar parte nos sucesos que tiveron lugar na cidade no marco da folga revo-lucionaria.En 1935 preside a Federación de Colectividades Socialistas da provincia de A Coruña. En febreiro de 1936, trala vitoria do Frente Popular, recuperou o seu cargo de concelleiro, aínda que non ocupou a alcaldía, deixándoa ao seu compañeiro de partido, Antonio Santamaría, obreiro de calderería do estaleiro.

Formou parte da xestora da Deputación Provincial da Coruña e participou activa-mente na campaña de xuño de 1936 para o referendo de aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Trala sublevación militar contra o lexítimo goberno republicano, foi detido dúas veces, ambas na súa casa, sendo liberado a primeira delas. A segunda, foi pechado no buque prisión Plus Ultra, da que o sacaron o 17 de agosto para ser fusilado, sen xuizo, no muro do cemiterio de Canido, xunto con outros catorce presos, entre eles o mestre Juan García Niebla.

✍ ACTIVIDADES

• Escribe unha cronoloxía dos dous políticos republicanos, escollendo os feitos principais para cada ano da súa vida.

José López Bouza

1890

Page 31: Ferrol 1936

29

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Xaime Quintanilla

1891

Plus Ultra. Barco de pasaxe, da Compañía Trasmediterránea. Confiscado polos sublevados, e 1890fondeado na ría ferrolá, foi utilizado como prisión. A principios de agosto de 1936 contiña a uns 650 detidos, que foron procesados en consellos de guerra ou sacados para ser paseados, normalmente en Canido

Page 32: Ferrol 1936

30

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#8O CASTELO DE SAN FELIPE

O castelo de San Felipe foi escenario de fusilamentos por motivos políticos na Gue-rra Civil. Alomenos 71 persoas sofriron a pena de morte tras sentenza de consello de guerra nesta fortificación defensiva do século XVIII.

O castelo xa fora utili- zado en 1934 como prisión dos detidos por participar na folga revolucionaria de outubro. No verán de 1936 acolleu aos civís e militares procesados por traición, rebelión, se- dición, acusados de opoñerse á sublevación militar. Aquí foron pasados polas armas os xenerais Salcedo Molinue- vo e Caridad Pita, pero tamén traballadores, alcaldes (como o de Cedeira, co seu fillo), concelleiros, sindicalistas..., condenados á máxima pena por tribunais do Exército. Na lista de vítimas só figura unha muller, a mugardesa Ama- da García (27 de xaneiro, 1937).

Este debuxo, do muro do castelo onde se producían os fusilamentos, foi publicado no xornal Galicia, en Bos Aires, editado polos exiliados re-publicanos.

✍ ACTIVIDADES

INVESTIGACIÓN

• Realiza un mapa da Ría de Ferrol e localiza o castelo de San Felipe.

• Procura información (en Internet, en publicacións) sobre Amada García e escribe a súa historia.

• No libro Guerra Civil e represión en Ferrol e comarca (Concello de Ferrol, 2002), que podes atopar nunha biblioteca pública ou na rede (www.terra.es/personal/suarxm), busca a relación de vítimas e escribe un listado dos fusilados en San Felipe desde novembro de 1936 ata novembro de 1937.

Page 33: Ferrol 1936

31

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Page 34: Ferrol 1936

32

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#9CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CEDEIRA

Na praia deste pobo mariñeiro funcionou entre 1937 e 1938 un Campo de concentra-ción de Presentados y Prisioneros, para acoller aos capturados en barcos no Mar Cantábrico que fuxindo da guerra intentaban chegar a Francia. A súa apertura debeu coincidir coa caída de Asturias, co final da fronte norte, en outubro de 1937. Apurado o cerco sobre Asturias, os que intentaban fuxir desde portos asturianos en mercantes e pesqueiros eran apresados por barcos da flota franquista e levados a Ribadeo, Ferrol e A Coruña. Logo se lles distribuía polos campos de concentración costeiros de Cedeira, Rianxo e Muros para ser identificados e clasificados en función da súa “perigosidade” política.

Os presos que chegaron a Cedeira en 1937 foron encerrados en tres edificios de fábricas de conservas de peixe. O recinto, na praia, a cen metros da vila mariñeira, foi rodeado por un valado de catro arames de espiños sostidos en estacas de piñeiro. O campo estaba vixiado exteriormente por soldados, mentres os milicianos falanxistas facían a garda interior.

As fábricas, construídas con muros de mampostería e cuberta de tella a dúas au-gas, tiñan os chans de cemento; neles se esparexía palla como leito para uns presos que en 1937 eran 369: a maioría labregos, xornaleiros e obreiros. En marzo de 1938 a poboación reclusa do campo chegou a 724 reos, mentras en agosto cae ata 28. Pouco despois sería pechado.

A tradición oral da zona conta que varios dos presos foron executados na praia de Vilarrube (Valdoviño). Os reos recibían a terrible visita de falanxistas que se adicaban a percorrer os campos para identificalos. Se tiveran algún cargo político na zona republi-cana ou foran oficiais do exército republicano eran sacados para un consello de guerra: en Asturias ou en Camposancos (A Guardia, Pontevedra). Para evitar estas represalias, algúns presos agachaban a súa identidade baixo domicilios, profesións e nomes falsos.

Orixes dos presos do campo de concentración de Cedeira (1937).

Orixe declarado NºAsturias 254

Galicia 46

Castela-León 28

País Vasco 13

Cantabria 8

Aragón 4

Castela-A Mancha 2

Cataluña 2

Comunidad valenciana 2

Andalucía 2

Madrid 1

Page 35: Ferrol 1936

33

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Fonte: Padrón de 1937, Cedeira. Arquivo Municipal

✍ ACTIVIDADES

INVESTIGACIÓN

• Cal era a diferencia principal entre un campo de concentración e unha prisión?Escolle a resposta:

a) O campo de concentración funcionaba de maneira temporal, provisional. b) Unha prisión acolle condenados xudicialmente.c) Un campo de concentración servía como recinto de retención para persoas

sen condena, para ser identificadas e clasificadas.d) As prisións atópanse en xeral en zona urbanas.

Razoa por que escolles esa resposta.

Madrid 1

Estranxeiro 6

Non consta 1

Total 369

Page 36: Ferrol 1936

34

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

• Completa este gráfico cos nomes das Comunidades Autónomas de orixe dos presos.

• Calcula as porcentaxes de detidos que proviñan de Asturias, Galicia, Castela León, País Basco e Cantabria. Total: 369.

• Por que os retidos agachaban a súa identidade?

• Lista de presos no Campo de Concentración de Cedeira, 1937 (mostra de 100 casos).Ángel Méndez Vázquez, 18 anos, Asturias, xornaleiro.Alejandro Meana Fresno, 27, Asturias, labrego.Antonio Hernández Matrio, 23, Salamanca, chocolateiro.Antonio Rojas Cobo, 54, Santander, carpinteiro. Aquilino Martínez González, 58, Lugo, mariñeiro.Antonio Teijeiro Brujo, 36, Barallobre (Fene), mariñeiro.Avelino Iglesias Sánchez, 23, Xixón, axustador.Antonio Con Cajigal, 19, Onís, labrego.Andrés Fernández Ordóñez, 19, Asturias, mineiro. Antonio Incorriandieta Gómez, 18, Asturias, mariñeiro.Adolfo Labrego Cabreros, 27, Oviedo, marmorista. Ángel López Marqués, 28, Cudillero, mariñeiro.Antonio Martínez Fernández, 49, Asturias, panadeiro.Antonio Martínez Rubio, 34, Asturias, labrego.Ángel Martínez Álvarez, 21, Asturias, labrego.Antonio Noriego Fernández, 39, Llanes, panadeiro.Antonio Pastrana Pérez, 23, Infiesto, labrego.Antonio Palacios Suárez, 18, Onís, pescador.Ángel Peláez Guerra, 23, Llanes, telleiro.Antonio Pereira, 19, Portugal, aserrador.Ángel Ramos Rodríguez, 24, Xixón, xornaleiro.Antonio Rey Bouza, 25, Mugardos, mariñeiro.Alfredo Suárez Álvarez, 18, Asturias, peón.Ángel Valle Blanco, 21, Llanes, peón.Atilano Vigón Palacios, 23, Asturias, mariñeiro.Benigno García Fernández, 40, Asturias, fogueiro.Benito Suárez Jabona, 19, Asturias, labrego.

Page 37: Ferrol 1936

35

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Bartolomé Álvarez Cuadrileo, 37, Asturias, labrego.Eduardo Marcos Díaz, 26, Xixón, chófer.Emilio Migoya Espinella, 37, Asturias, labrego.Emilio Pascual González, 21, León, labrego.Enrique Penayos Pilar, 19, Onís, labrego.Emiliano Suárez Fernández, 23, Asturias, comercio.Faustino Fernández Alfonso, 27, Luarca, mineiro.Faustino Palacio Guzmán, 34, Asturias, mineiro.Francisco Lema Rodríguez, 26, Ponteceso, pescador.Fermín Palacios Estrada, 31, Villaviciosa, labrego.Francisco Pernas Cora, 35, A Estrada, panadeiro.Francisco Sánchez Sánchez, 22, Vilagarcía, comercio.Fernando Seijido Lorenzo, 28, Ferrol, carpinteiro.Francisco Tobas Taibo, 52, Xixón, pintor.Félix de la Vega Sordo, 24, Llanes, carpinteiro.Ginés Menéndez Fernández, 32, Asturias, mariñeiro.Germán González Pérez, 23, León, estudante.Gerardo Menéndez Martínez, 15, Asturias, peón.Herminio Martínez Vázquez, 27, Langreo, mineiro.Heliodoro Menéndez Rodríguez, 23, Cudillero, comercio.Herminio Muñiz Pérez, 26, Xixón, camareiro.Higinio Paredes Álvarez, 30, Trubia, ferroviario.Juan Folibia Blanco, 29, Infiesto, carpinteiro.Julio Vallnia Fernández, 22, Asturias, marmorista.José Ramón Martínez, 26, Serantes, guarnicioneiro.José Ramos Martínez, 31, Ribadeo, Lugo, mariñeiro.José del Río García, 57, Asturias, pintor.José Sala Fernández, 26, Xixón, peón.José Méndez, 46, Cuba, labrego.José Mera Sánchez, 20, Vega, Asturias, labrego.Juan Mere Gala, 35, Onís, albanel.Juan Montes González, 22, Onís, carpinteiro.José Morón Romero, 30, Huelva, chófer.José Orenga d’Albert, 23, Castellón, chófer. José Iglesias Fernández, 35, Asturias, peón.José T... Ares, 22, Llanes, peón.Juan Linares, 30, Alicante, mariñeiro.Jesús López López, 31, Cudillero, pescador.Joaquín López Álvarez, 24, Asturias, oficinista.José Mª Fernández Fernández, 35, Asturias, mineiro.José Fernández Valdés, 29, Asturias, labrego.José Fernández Iglesias, 32, Navia, mamposteiro.José Ferrera Ordóñez, 28, Asturias, mineiro.Julio Carus Miranda, 20, Infiesto, labrego.Jesús Cueto Cuesta, 32, Asturias, labrego.José Ramón Alonso Rillo, 23, Asturias, pescador.José Díaz Álvarez, 25, Xixón, camareiro.Juan Vizoso Sánchez, 30, Viveiro, mariñeiro.

Page 38: Ferrol 1936

36

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

José Crespo, 27, Marín, mariñeiro.José Gallardo Suárez, 30, Muros, mariñeiro.José González Alonso, 22, Onís, albanel.Manuel Noriega García, 19, Llanes, pescador.Manuel Sánchez Sánchez, 24, Llanes, peón.Marino Sánchez Hevia, 20, Asturias, estudante.Manuel Siloa Cortés, 20, Portugal, maquinista.Manuel Sobres González, 29, Villaviciosa, chófer.Manuel Amarga Álvarez, 23, Asturias, albanel.Manuel Otero Sánchez, 19, Asturias, mineiro.Pedro Cuervo Sataburo, 42, Barcelona, cesteiro.Ramón García Alonso, 35, Luarca, industrial.Ramón Heras Gutiérrez, 24, Asturias, mariñeiro.Rafael Iglesias Rodríguez, 19, Cudillero, labrego.Rafael Piñera del Gallego, 55, Xixón, maquinista.Ramón Pérez Rodríguez, 27, Asturias, peón.Ramón Fernández Menéndez, 38, Xixón, empregado.Rufino Iglesias de Caso, 40, Arxentina, carpinteiro.Sabino García González, 29, Asturias, xornaleiro.Santos Bárcena Cuesta, 29, Navia, labrego.Secundino Sal Menéndez, 19, Luanco, mariñeiro.Serafín Suárez Pérez, 37, Pravia, fogueiro.Servando Fernández del Valle, 21, Asturias, albanel.Valentín Suárez Díaz, 37, Asturias, labrego.Wenceslao Lista Alfavián, 41 anos, Corme, patrón.

Anota o número de presos por oficio ou profesión

Actividade Número Porcentaxealbanelaserradoraxustadorcamareirocarpinteirocesteirochocolateirochófercomercioempregadoestudanteferroviariofogueiroguarnicioneiroindustriallabrego

Page 39: Ferrol 1936

37

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

mamposteiromaquinistamariñeiromarmoristamineirooficinistapanadeiropatrónpeónpescadorpintortelleiroxornaleiroTOTAL 100 100 %

• Contabiliza o número de traballadores por sectores productivos:-Sector primario: mineiros, labregos, pescadores, e mariñeiros.-Sector secundario: albaneis, peóns, xornaleiros, marmoristas, carpinteiros, pintores, obreiros …-Sector terciario: artesáns, camareiros, chóferes, comercio, empregados, ferroviarios, maquinistas, fogueiros …-Non activos: estudantes.

• Cos datos realiza un gráfico de columnas.

• Cos datos de idade realiza un gráfico do número de presos por grupos: ata 20 anos, 21-30, 31-40, 41-50, e maiores de 50 anos.

• Cantos anos teñen os presos de menor e maior idade?

• Escribe un informe de conclusións sobre as idades e profesións dos retidos no Campo de Concentración de Cedeira en 1937.

Page 40: Ferrol 1936

38

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#10MEMORIA HISTÓRICA

A paz debe sustentarse na xustiza e esta esixe que a sociedade coñeza o que suce-deu. Dentro deste coñecemento histórico ocupan un lugar importante todos e cada un dos que morreron ou foron asasinados por defender a legalidade. As familias teñen dereito a recuperar non só os restos dos seus senón tamén a súa honra e dignidade, pero toda a sociedade necesita promocionar a memoria histórica, para que os que nos sigan saiban o que pasou e por que motivos.

Juan García Niebla. Mestre, 1936

Francisco Iturralde. Funcionario de Correos, 1936

José Novás Soto. Mestre, 1936

María Vázquez Suárez. Mestra, 1936

Ángel Roldós Gelpi.Comerciante, 1937

Rogelio Caridad Pita.Xeneral de Brigada, 1936

Page 41: Ferrol 1936

39

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Manuel Barreiro Rey.De Intendencia de Mariña, 1939

José Ambrós Gordillo. Mestre, 1936

Manuel Real Pérez. Estibador, 1936

Ramón Souto González.Industrial, 1936

Victorino Rascado Souto.Mecánico, 1936

Miguel Mendiguchía Real. Capitán retirado de Infantería de Mariña, 1936

Rufino Redondo Senra.Mestre, 1936

Eusebio Faramiñán. Mariñeiro, 1936

Avelino Casteleiro Fontán.Obreiro da industria naval, 1936

Page 42: Ferrol 1936

40

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Alejandro Porto Leis.Electricista da naval, 1938

Mario Rico Cobas. Obreiro da industria naval, sindicalista, 1936

✍ ACTIVIDADES

INVESTIGACIÓN

• Procura máis datos sobre algúns dos represaliados e completa unha ficha de cada un. Utiliza a rede e bibliografía.

DEBATE ACTUAL: AS FOSAS DO FRANQUISMO.

O tempo remátase para as vítimas de FrancoA discusión sobre competencias entre xuíces e Administracións deixa a apertura de foxas no limbo

Hai maxistrados convencidos de que a Guerra Civil arrancou en 1934 e que a Lei de Memoria Histórica é “unha perversión ética que corrompe e envelena o presente”. Hai xuíces que cren que o 18 de xullo de 1936 Franco iniciou un plan de exterminio de rojos que provocou a desaparición de máis de 150.000 persoas e a substracción de preto de 30.000 nenos. Hai xuíces, poucos, que se cren competentes para ordenar a apertura das foxas comúns onde xacen as vítimas. Outros, algúns máis, que opinan que non é da súa incumbencia. E a maioría, que gardan silenzo e deixan nun caixón a causa que recibiron da Audiencia Nacional hai meses para levantar os cadáveres das cunetas.

Mentres uns e outros debaten se iniciar unha causa para abrir as foxas de Franco é ou non prevaricación e se deben ou non encargarse deses enterramentos clandestinos no pobo máis próximo á súa xurisdición, miles de familiares de vítimas esperan. Algúns, dende 1936.

Page 43: Ferrol 1936

41

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Emilio Silva, presidente da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), insiste con frecuencia neste dato: os fillos dos desaparecidos da Guerra Civil teñen, como mínimo, 70 anos (o pasado 1 de abril cumpriuse ese mesmo aniversario do fin da contenda). E morren. “Non hai tempo”, repite Silva, cada vez que un novo obstáculo, unha discrepancia xudicial, pospón o desexo dos familiares de enterrar as vítimas nun lugar distinto ao que foron botados polos seus asasinos.

08/06/2009. El País.

• Que posturas teñen os xuíces sobre as foxas da Guerra Civil?

• Cal é a túa opinión? Cres que as foxas deben abrirse?

Cemiterio de As Pontes. Exhumación (agosto, 2006) da fosa na que foron sepultados catro membros da familia Ramos, asasinados polos sublevados en 1936. Fotos: ARMH

Page 44: Ferrol 1936

42

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#11RESPOSTAS

1. O escenario históricoAnálise

1. O primeiro arsenal de Ferrol estaba localizado na vila de A Graña.2. As obras das gradas e da dársena do Arsenal Militar, segundo Montero Aróstegui,

realízanse entre 1740 e 1770.3. San Martín e San Felipe. O castelo de San Felipe foi remodelado no XVIII para de-

fender mellor os estaleiros reais.4. 1. Ferrol Vello: barrio mariñeiro e muelle comercial. 2. A Magdalena: función re-

sidencial e administrativa. 3. Esteiro: vivendas para os traballadores, primeiro das obras e logo dos estaleiros. 4. Arsenal: construír, armar e reparar buques da Armada.

2. O golpe de estadoAnálise

1. O xeneral Emilio Mola dirixía a sublevación contra o Goberno da II República, era o Director, aínda que o xefe inicial foi o xeneral Sanjurjo.

2. Ferrol era a principal base naval de España e unha cidade cunha importante po-boación obreira e republicana.

3. O Rexemento de Artillaría de Costa. 4. Sí, os obreiros e os mariñeiros ferroláns opuxéronse ao golpe. Os mariñeiros da

Armada detiveron aos oficiais rebeldes e fixéronse donos dos navíos; tamén in-tentaron saír do Arsenal para defender o Concello do ataque dos golpistas. Os traballadores defenderon a República no Concello, nas rúas de Ferrol e nas vilas da comarca. A proba está nos máis de trinta mortos e no cento de feridos que se producen na sublevación.

5. Os dirixentes e sectores máis activos da Fronte Popular xuntáronse coas autori-dades provinciais e cos alcaldes para buscar fórmulas para defender a República. Procuraron armas, montaron barricadas nos concellos e nas pontes, incautáronse de automóbiles e camións.

6. Galicia carecía de grandes cidades e dun proletariado masivo e organizado, que puidese aproveitar as vantaxes dunha loita urbana. Estrangulada a resistencia nas cidades, o resto do territorio tiña que sucumbir. Non faltaba alento republicano senón medios e organización. Neste punto notouse a ausencia dun poder central republicano en Galicia que organizara eficazmente a resistencia.

7. Para evitar que o republicanismo volvera a erguerse no que ía ser a retagarda da España franquista na Guerra Civil.

8. 1. Ferrol. 2. Narón. 3. Mugardos. 4. Neda. 5. Fene. 6. Pontedeume. 7. Valdoviño. 8. Cedeira. 9. Ortigueira. 10. Cariño. 11. As Pontes. 12. Ares. 13. O Barqueiro.

Page 45: Ferrol 1936

43

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

3. A represión violentaAnálise

1. Os medios represores utilizados foron o consello de guerra e o paseo. O método extraxudicial foi o que máis mortes provocou.

2. Os partidos políticos perseguidos foron os os grupos anarquistas e os integrados na Fronte Popular: Partido Galeguista, Unión Republicana, Esquerda Republica-na, PSOE e Partido Comunista.

3. Foron doce as mulleres fusiladas ou paseadas na Guerra Civil na comarca.4. Os cemiterios de Canido e Serantes, o Arsenal e o castelo de San Felipe.5. Os dous sectores profesionais máis afectados pola represión violenta foron: os

obreiros da construción naval, traballadores do mar e labregos, por unha parte, e por outra militares, sobre todo da Armada: mariñeiros, fogueiros e suboficiais.

6. Traizón, rebelión militar, auxilio á rebelión e sedición.7. Penas de morte executadas (por sentenzas de consello de guerra)

homes mulleres totaisGalicia 1.087 4 1.091Ferrol 253 1 254Porcentaxe das vítimas de Ferrol sobre o total 23% 25% 23%

Os procesos militares de Ferrol causaron case a cuarta parte dos fusilados tras con-sello de guerra en Galicia.8. Mortes extraxudiciais (paseos)

homes mulleres totaisGalicia 4.474 86 4.560Ferrol 450 11 461Porcentaxe das vítimas de Ferrol sobre o total 10% 12,8% 10%

A cantidade de persoas asasinadas na comarca ferrolá ronda a décima parte do total de Galicia, do que se deduce que o medio represor do consello de guerra foi máis importante na zona de Ferrol que no conxunto de Galicia.

4. Cen vítimas da represión violenta en Ferrol e comarca

Por adscrición ideolóxica (44 identificados)w UR (Unión Republicana): 4 identificados

J. Pereiro, A. Brage, F. Carballo, M. Usero.w ER (Esquerda Republicana): 10 identificados

A. García, A. Marcos, Áng. García, R. Ríos, M. Prado, C. Sardiña, R. Sardiña, R. Agras, P. Rico, M. Franco.

w Socialistas (PSOE-UGT-JS): 16 identificados E. Caruncho, J. López, M. Morgado, M. López, J. Ferreiro, A. Díaz, J. Losada, R. Souto, J. Quintanilla, A. Iglesias, M. Vázquez, R. Vázquez, J. R. Fernández, J. López Leira, J. Bueno, M. Teijeiro.

w PCE (Partido Comunista de España): 5 identificados J. Prieto, E. Sánchez, G. Cedrón, C. Pérez, P. Almazán

Page 46: Ferrol 1936

44

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

w JSU (Juventud Socialista Unificada): 3 identificados V. Pérez, A. Fernández, F. López.

w Libertarios-CNT: 6 identificados J. Sas, T. Fuentes, M. Real, P. Seoane, V. Couce, M. Rico

Por ocupación: (87 identificados)w Militares (fogueiros, mariñeiros, soldados, suboficiais, auxiliares, oficiais) incluídos

os retirados: 21 identificados P. López, A. Azarola, J. Manso, J. Permuy, F. Pita, A. Raja, A. Monteagudo, A. Parrilla, R. Ríos, C. Canosa, M. Besteiro, M. Serantes, J. Romalde, M. López Rod., J. López Saav., J. López López, M. López López, A. Iglesias, J. Rico, R. Hermo, S. Cervera.

w Obreiros e artesáns (construcción naval, mecánicos, estibadores, electricistas, car-pinteiros…): 29 identificados

J. Prieto, J. Sas, T. Fuentes, J. Pereiro, A. Brage, M. Gallego, A. Gallego, M. Real, M. López, G. Seoane, J. Golpe, J. Pérez, M. Rey, I. Blanco, A. Díaz, E. González, M. López, A. Abrodes, J. Pérez, J. Seco, A. Fernández, M. Rico, C. Pérez, A. Fernán-dez, J.M. Varela, G. Cruz, L. Rodríguez, J. López Leira, J. Freire.

w Traballadores do mar: 1 identificadoS. Rodeiro.

w Labregos: 5 identificadosJ. A. Sánchez, C. Blanco, A. García, P. Rico, J. Rico.

w Funcionarios e empregados: 16 identificadosM. Serantes, F. Tejedor, R. Álvarez, F. Carballo, Jesús Tenreiro, Ang. García, M. Prado, C. Sardiña, R. Sardiña, R. Agras, José Tenreiro, F. Hermida, S. Martín, M. Teijeiro, F. López, M. Pérez.

w Mestres: 5 identificadosL. Martínez, J. García, M. Vázquez, J. R. Fernández, P. Almazán.

w Comercio e industriais: 6 identificadosA. Marcos, R. Souto, G. Cedrón, L. Díaz, R. Vázquez, J. Bueno.

w Médicos: 3 identificadosM. Morgado, J. Quintanilla, E. Sánchez.

w Outros: 1 identificadoM. Usero.

Gráfico de columnas de vítimas por ocupación profesional

Page 47: Ferrol 1936

45

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Encrucillado

Horizontais: 1 Quintanilla3 Souto5 Eduardo7 Ordep (Pedro)9 Vázquez11 Juan Prieto13 Carballo15 Amada17 Francisco19 Azarola21 López Amor

Verticais:2 Usero4 T. Tapa6 López Bouza 8 Rico10 Cedrón12 Do14 Ra 16 Nao

5. Datos das vítimas por veciñanza

Concello Poboación (1930)

Totais vítimas

concello

Excs. sumariais

Excs. ilegais

% de excs. ilegais sobre

os totais

Excs. por mil habs.

Ferrol-Serantes* 47.211 227 86 141 61’5 4,8

Fene 6.540 39 10 29 74’4 5,9

Mugardos 7.112 36 8 28 77’8

Cedeira 7.430 31 13 18 59,1 4,2

Pontedeume 7.056 24 4 20 93’4 3,5

Narón 12.278 23 5 18 79’3 1,9

Ortigueira-Cariño**

20.614 19 3 16 84’2 0,9

Ares 4.850 16 7 9 56’3 3,3

Mañón 4.059 12 6 6 50’0 2,9

Monfero 6.473 11 0 11 100’´0 1,7

Cabanas 3.584 9 1 8 89’9 2,5

Cerdido 3.350 9 1 8 89’9 2,7

Neda 6.565 9 4 5 55’6 1,4

Miño 5.326 8 2 6 75’0 1,5

As Pontes 5.026 7 0 7 100’0 1,4

Valdoviño 8.027 6 1 5 83’4 0,7

Vilarmaior 3.124 3 1 2 66’7 0,9

Moeche 3.509 1 1 0 100’0 0,3

TOTAL 176.333 490 153 337 68’7 2,77

Page 48: Ferrol 1936

46

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

1. Executados por cada mil habitantes. Veciñanza

1, Ferrol (con Serantes). 2, Narón. 3, Valdoviño. 4, Cedeira. 5, Cariño. 6, Ortigueira. 7, Mañón. 8, Cerdido. 9, Moeche. 10, San Sadurniño. 11, Neda. 12, Fene. 13, Mugardos. 14, Ares. 15, Cabanas. 16, A Capela. 17, As Somozas. 18, As Pontes. 19, Pontedeume. 20, Miño. 21, Vilarmaior. 22, Monfero.

3. De maior a menor tanto por mil: Fene, Mugardos, Ferrol-Serantes, Cedeira, Pontedeume, Ares, Mañón, Cerdido, Cabanas, Narón, Monfero, Miño, As Pontes, Neda, Ortigueira-Cariño, Vilarmaior, Valdoviño, Moeche.

4. Moeche.

5. As Pontes e Monfero.

6. Gráfico de vítimas por concello, por veciñanza coñecida.

Page 49: Ferrol 1936

47

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

7. Resposta libre. Debera incluír: destacan seis concellos, cunha taxa superior a tres executados por mil habitantes (censo de 1930¬). Son todos municipios costeiros, en relación co núcleo urbano e industrial ferrolán: Ferrol-Serantes, Fene, Mugardos, Ares, Cedeira e Pontedeume.

6. Relato dun encarcerado en 1936 en FerrolAnálise1. Escribe o relato o fillo de Fernando Carballo, do mesmo nome que o pai.2. Fernando Carballo era un funcionario do Concello de Ferrol, xefe do Negociado

de Arbitrios (impostos), militante de Unión Republicana e Presidente do comité local da Fronte Popular. Foi fusilado o 13 de agosto no cuartel de Artillaría, co tenente de alcalde socialista Morgado.

3. Supostamente defender a República dunha evolución a un réxime comunista.4. Forzas de Infantería de Mariña e de Artillaría de Costa. O 21 de xullo de 1936.5. Fernando Carballo (fillo) estivo detido desde o 21 de xullo ata o 5 de outubro

de 1936 nestes lugares: cuartel de Artillaría (o Baluarte), cadea da Escollera e no barco Plus Ultra.

6. Os interrogatorios aos detidos no Arsenal tiñan lugar na Escola de Máquinas e nun local habilitado para Falanxe.

7. Os fusilamentos que se escoitaban desde a Escollera eran os realizados na Punta do Martelo.

7. Dúas biografías José López Bouza 1890 Febreiro. Nace en Esteiro, Ferrol. 1908 Emigra a Arxentina 1911 É expulsado de Arxentina polas súas actividades no anarcosindicalis-

mo.1915 Participa na organización do Congreso Internacional da Paz. 1918 Evoluciona cara ao republicanismo. 1931 Afiliado a ORGA, participa na proclamación da 2ª República o 14 de

abril. 1931/1932 Desempeña os cargos de gobernador civil de Ourense e Lugo. 1936 Desde marzo preside a Xestora da Deputación de A Coruña. 1936 Mediados de xullo. Preside a Comisión que entrega o proxecto de Es-

tatuto de Autonomía nas Cortes Españolas. 1936 30 de agosto. Asasinado no cemiterio de Canido.

Xaime Quintanilla 1891 Xuño. Nace en A Coruña.

1917 Crea unha clínica de cirurxía en Ferrol.1917 Forma parte das Irmandades da Fala.1920 Estrea o drama Donosiña.1931 14 de abril, é elixido alcalde de Ferrol. É o primeiro alcalde socialista na

historia da cidade.1934 Outubro. É destituído como alcalde por apoiar a folga revolucionaria.1935 Preside a Federación Provincial de Colectividades Socialistas (PSOE).

Page 50: Ferrol 1936

48

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

1936 Febreiro. Restituído no seu cargo de concelleiro dimite como alcalde.1936 Participa na campaña do referendo do Estatuto.1936 17 de agosto. Asasinado no cemiterio de Canido.

8. San Felipe Respostas libres.

9. Campo de concentración de Cedeira, 19371. Diferencia principal entre un campo de concentración e unha prisión

Resposta: c) Un campo de concentración servía como recinto de retención para persoas sen condena, para ser identificadas e clasificadas.

Razoa por que escolles esa resposta: A función principal dun Campo de Concentración na Guerra Civil era a de clasi-ficar a persoas detidas en masa, en función da súa perigosidade política.

2. Orixes dos presos. Cedeira, 1937.

3. Porcentaxes de detidos que proviñan de Asturias (68,9 %), Galicia (12,4), Castela León (7,5) , País Basco (3,5) e Cantabria (2,2).

4. Os retidos agachaban a súa identidade porque querían ocultar cargos e militancia na zona republicana e evitar a represión.

Anota o número de presos por oficio ou profesión.Actividade Número Porcentaxe

albanel 4 4%

aserrador 1 1%

axustador 1 1%

camareiro 2 2%

carpinteiro 6 6%

cesteiro 1 1%

chocolateiro 1 1%

chófer 4 4%

comercio 3 3%

Page 51: Ferrol 1936

49

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

empregado 1 1%

estudante 2 2%

ferroviario 1 1%

fogueiro 2 2%

guarnicioneiro 1 1%

industrial 1 1%

labrego 20 20%

mamposteiro 1 1%

maquinista 2 2%

mariñeiro 14 14%

marmorista 2 2%

mineiro 7 7%

oficinista 1 1%

panadeiro 2 2%

patrón 1 1%

peón 8 8%

pescador 5 5%

pintor 2 2%

telleiro 1 1%

xornaleiro 3 3%

TOTAL 100 100%

Contabiliza o número de traballadores por sectores productivos:• Sector primario: 47 (mineiros, mariñeiros, pescadores, labregos). • Sector secundario: 34 (albaneis, artesáns, peóns, xornaleiros, marmoristas,

carpinteiros, pintores, obreiros…).• Sector terciario: 17 (camareiros, chóferes, comercio, empregados, ferroviarios,

maquinistas, fogueiros …).• Non activos: 2 estudantes.

Cos datos realiza un gráfico de barras.

Page 52: Ferrol 1936

50

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

Gráfico do número de presos por idade: Ata 20 anos: 18 / 21-30: 51 / 31-40: 22 / 41-50: 4 / máis de 50: 5.

O menor tiña 15 anos e o maior 58.Informe de conclusións sobre as idades e profesións dos retidos no Campo de Con-

centración de Cedeira.Resposta libre. Debería incluir:O sector productivo máis afectado pola represión foi o primario, o que se correspon-

de co maior número de efectivos de poboación activa que naquela época engrosaba ese sector en España. A presenza de empregados do sector servizos indica que a repre-sión franquista tivo un carácter xeral, abranguendo a un amplio abano social, non só as clases máis populares se veron afectadas polo proceso inquisidor e depurativo do franquismo.

No aspecto das idades dos presos de Cedeira destaca a mocidade relativa dos mes-mos, os grupos de idades con maior representación son os menores de 31 anos, que significaban o 70 por cen do número total.

10. Memoria histórica Respostas libres.

Page 53: Ferrol 1936

51

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

#12OBXECTIVOS

Explicar os principais feitos e consecuencias do golpe de Estado de xullo de 1936 na comarca.

Explicar o proceso represivo como consecuencia do golpe de Estado de xullo de 1936.

Explicar características da represión violenta na comarca.Identificar algunhas vítimas mortais da represión.Interpretar e realizar mapas e planos.Interpretar e realizar gráficos de barras ou de columnas.Localizar determinados puntos xeográficos nun mapa da comarca.Comprender as orixes urbanísticas de Ferrol.

CONTIDOSConceptos

A Guerra Civil española.Ferrol na época da II República.Ferrol: porto e cidade da Ilustración.As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.A represión violenta: métodos, lugares, cuantificación, vítimas.

Procedementos, destrezas e habilidadesInterpretación de mapas e gráficos.Análise de textos históricos, de mapas, de gráficos e de fotografías para obter

información.Comprensión de procesos e identificación de causas e consecuencias.Procura de información na Internet.Valoración crítica da fiabilidade das informacións.Investigación no ámbito familiar ou coñecido de vivencias persoais durante a

Guerra Civil. Lectura de textos e identificación de posturas diferentes ante un asunto.

ActitudesSentimento de pertenza a unha localidade e a unha comarca.Interese por coñecer a historia do noso contorno.Valoración dunha Constitución democrática como lei fundamental do ordena-

mento político.Rexeitamento da violencia e das guerras como mecanismos para dirimir confli-

tos.Respecto polas ideoloxías diferentes á propia.Sentimento de empatía polas vítimas da represión franquista.Valoración do movemento pola recuperación da memoria histórica.Valoración do patrimonio cultural e artístico.

Page 54: Ferrol 1936

52

FERR

OL

1936

GO

LPE

DE

ESTA

DO

E R

EPRE

SIÓ

N

COMPETENCIAS BÁSICAS TRABALLADASComunicación lingüística

Usar vocabulario específico relacionado co tema.Buscar as ideas principais do tema e interpretar e organizar a información.Elaborar respostas escritas. Argumentar e debater sobre un tema.

Competencias matemáticas Elaborar e interpretar gráficos de barras.Calcular e interpretar porcentaxes.

Aprender a aprenderComo obter información de documentos escritos e iconográficos.Comentar textos, táboas, mapas e gráficos.Como obter información na Rede.

Tratamento da información e competencia dixitalUsar táboas, mapas, gráficos e imaxes como fonte de información.Buscar e sintetizar información recollida en Internet.Ler e comentar artigos de prensa.

Competencia social e cidadáSentir empatía polas persoas que padeceron os efectos da Guerra Civil. Com-

prender cal era a súa situación e cales podían ser os seus sentimentos.Valorar o mantemento da memoria histórica como axuda para evitar repetir

erros do pasado e comprender mellor o presente.Ser quen de respectar e debater diferentes ideas sendo capaces de amosar a

nosa opinión.

Autonomía e iniciativa persoalPlanificar tarefas de traballo individual.Analizar e valorar con criterio a fiabilidade dunha información.Formarse unha opinión propia apoiada en argumentos sólidos.

AVALIACIÓNPor medio das actividades propostas e doutras que o profesorado libremente dese-

ñe co material presentado na unidade.

Page 55: Ferrol 1936

ÍNDICE

Saúda do alcalde ............................................................................................................................................................................ 3

Saúda da concelleira de Educación .................................................................................................................................................. 3

O escenario histórico ............................................................................................................................................................................ 5

O golpe de estado ............................................................................................................................................................................................. 7

A represión violenta ................................................................................................................................................................................... 12

Cen vítimas da represión violenta en Ferrol e comarca ................................................................................................ 15

Datos de vítimas de execucións por veciñanza na comarca .................................................................................. 21

Relato dun encarcerado en 1936 en Ferrol ............................................................................................................................ 24

Dúas biografías ............................................................................................................................................................................................... 27

O Castelo de San Felipe ............................................................................................................................................................................. 30

Campo de concentración de Cedeira ......................................................................................................................................... 32

Memoria histórica ....................................................................................................................................................................................... 38

Respostas ............................................................................................................................................................................................................ 42

Obxectivos ......................................................................................................................................................................................................... 51

Page 56: Ferrol 1936
Page 57: Ferrol 1936