Comarca Ferrol

171
FERROL A NATUREZA

Transcript of Comarca Ferrol

Page 1: Comarca Ferrol

FERROLA NATUREZA

Page 2: Comarca Ferrol

Ría de Ferrol desde o Coto do Rei (Fene)

A comarca de Ferrol ten unha gran diversidade morfolóxica, litolóxica e paisaxística: unha grande área costeira con rías, praias e cantís; zonas de montaña, e amplos vales fluviais que se articular arredor do principal curso, o río Grande de Xuvia e os seus afluentes.É unha comarca moi poboada, en especial na faixa costeira e na contorna da ría de Ferrol, onde se concentran ademais a maior parte dos servizos e das industrias. Acolle importantes espazos naturais moi diversos.

Page 3: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 623,5 km2 POBOACIÓN: 159.274 habitantes (2014)CONCELLOS: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e ValdoviñoESPAZOS PROTEXIDOS: LICs a “Costa Ártabra”, “Xuvia-Castro” e “Ortigueira-Mera”. Ademais conta con destacados humidais como as lagoas de Doniños e Valdoviño.

Page 4: Comarca Ferrol

CLIMAOceánico húmido cunha media anual de algo máis de 13 ºC, con verán frescos e invernos suaves.

Punta Frouxeira

Page 5: Comarca Ferrol

ACTIVIDADESAs principais actividades son os servizos, a industria e a construcción e, en menor medida a agricultura e a pesca e o marisqueo.

Embarcacións en Mugardos

Page 6: Comarca Ferrol

Ferrol

Page 7: Comarca Ferrol

Doniños

Page 8: Comarca Ferrol

PATRIMONIOO patrimonio histórico-artístico e etnográfico é moi importante: o casco histórico da cidade de Ferrol, numerosas igrexas románicas e barrocas, castelos, pazos, pontes, faros...

Mosteiro franciscano de Santa Catalina de Montefaro (Ares). Fundado en 1393. Foi cuartel do exército e na actualidade é de propiedade municipal.

Page 9: Comarca Ferrol

Antigo convento do Rosario (San Sadurniño)

Page 10: Comarca Ferrol

Santa Olaia de Lubre (Ares)

Ermida de Chanteiro (Ares)

Page 11: Comarca Ferrol

Igrexa de San Xiao (Ferrol)

Page 12: Comarca Ferrol

Igrexa de Santo André de Teixido. Con orixe no século XII, á que acoden ofrecidos milleiros de peregrinos de toda Galiza o 8 de setembro. Conta a lenda que a Santo André de Teixido “vai de morto (rencarnado nun pequeno animal) o que non foi de vivo”. Segundo a lenda as ánimas dos mortos, transformadas en pequenos animais, cumpren coa obriga de peregrinar ao santuario, por iso non se deben matar.

Page 13: Comarca Ferrol

Pazo de Isabel II, fundado en 1841 como fábrica de tecidos. Empregaba como forza motriz a auga do río Belelle.

Page 14: Comarca Ferrol

Ponte da Ferrería (Naraío, San Sadurniño) sobre o río Castro

Page 15: Comarca Ferrol

Ares

Page 16: Comarca Ferrol

CONCELLOS

SUPERFICIE: 18,27 km2 POBOACIÓN: 5.741 habitantes (2014)PARROQUIAS: Ares, Caamouco e Cervás.

Ares, vila pesqueira e turística asentada no leste da enseada entre a desembocadura do rego Vieira ou Xunqueira e a punta do Castelo.

ARESEstá situado ao suroeste da comarca, no extremo da península que separa as rías de Ferrol e Betanzos-Ares. O relevo é suave, formado por rochas xistosas na súa maioría agás unha pequena intrusión de granodiorita que forma o monte Faro ou Bailadoira, no extremo da ría, con 265 m de altura. O principal curso fluvial é o rego Xunqueira (co seu afluente o Novo) que desemboca no porto de Ares. A costa é moi variada, desde os cantís das puntas Segaño e Coitelada ata os tranquilos areais de Ares, Raso e Campa ou Seselle.

Page 17: Comarca Ferrol

Ponte da Ciscada, construída no século XVI, sobre o río Xunqueira

Os lugares de maior interese natural atópanse nas puntas Segaña e Coitelada, protexidas no LIC “Costa Ártabra” e nos areais costeiros.Conserva un rico patrimonio cultural no que destacan o convento de Montefaro, a igrexa de Cervás e a ponte medieval sobre o río Xunqueira.

Redes, pequeno e acolledor porto pesqueiro situado nunha das zonas máis abrigadas da ría

Page 18: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 85,36 km2 POBOACIÓN: 7.147 habitantes (2014)PARROQUIAS: Cedeira, Cervo, Esteiro, Montoxo, Piñeiro, Régoa e San Román de Montoxo.

Cedeira e a ría

CEDEIRASituado no nordeste da comarca. O relevo é moi accidentado con alternancia de vales fondos, cumes achairados e montes que rematan en cantís abruptos sobre a costa. A serra máis importante é a Capelada, ao nordeste do concello, cos cumes máis altos no Vixía Herbeira (617 m) e Poza da Auga (572 m). Paralela á anterior e seguindo a costa atópase a serra do Eixil, cos cumes máis altos no Vilar (394 m) e na Candieira. As zonas máis baixas atópanse na marxe dereita da ría de Cedeira onde hai bos areais como o da Magdalena e Area Longa. Os ríos máis importantes son o Condomiñas e o das Mestas ou Porto do Cabo que desembocan na ría.

Page 19: Comarca Ferrol

Porto de Cedeira desde o castelo

Cedeira é un concello de grandes valores naturais, cunha costa que está en grande parte protexida no LIC “Costa Ártabra”.Conserva tamén un importante patrimonio cultural: o casco histórico de Cedeira, a capela de Santo André de Teixido, o castelo da Concepción...

Santo André de Teixido

Page 20: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 27,38 km2 POBOACIÓN: 13.498 habitantes (2014)PARROQUIAS: Barallobre, Fene, Limodre, Magalofes, Maniños, Perlío, San Valentín e Sillobre.

A vila de Fene desde o cume do Coto do Rei, un excelente mirador sobre a ría de Ferrol e o interior da comarca.

FENEEstá situado ao sur da comarca, entre as rías de Ferrol e Ares. O relevo é moi irregular cunha sucesión de vales e lombas que van aumentando en altura cara ao leste onde se atopan as estribacións da serra do Forgoselo co Coto do Rei (395 m) e o Coto de Nodias (341 m).O río Belelle circula polo leste e fai de linde nun tramo co concello de Neda. Outros ríos de menor importancia son o Magalofes e o Cádavo.

Page 21: Comarca Ferrol

Asteleiros en Fene

As principais actividades son a industria (en crise a causa do peche dos astaleiros) e os servizos.Os espazos naturais máis importantes atópanse no río Belelle que ten unha zona con rápidos e fervenzas e bosques de ribeira ben conservados. O patrimonio cultural está representado por varias igrexas barrocas e a ponte medieval de Sillobre.

En Fene convivían o marisqueo e a pesca artesanal coa construción de grandes buques. Na actualidade as instalacións de Astano (agora Navantia) están pechadas.

Page 22: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 83,08 km2 POBOACIÓN: 70.389 habitantes (2014). PARROQUIAS: Brión, A Cabana, Covas, Doniños, Esmelle, Ferrol, A Graña, Leixa, Mandiá, Marmancón, San Xurxo da Mariña, Santa Cecilia de Trasancos e Serantes.

Casa do concello na praza de Armas

FERROLEstá situado no suroeste da comarca, na banda norte da ría de Ferrol. O territorio é moi diverso, cunha ampla faixa costeira que se reparte entre o interior da Ría de Ferrol e a costa exterior entre o Cabo Prioriño e a punta Ferruxeda onde se atopan cantís e extensos areias como o de Santa Comba, San Xurxo ou Doniños.O releve é moi irregular e está intensamente fracturado. A maior parte do terreo é de xistos e unha faixa de rochas graníticas esténdese por unha serie de cumes paralelos á costa que van desde o Lagoa (309 m) ata o Monte Ventoso, nas proximidades do cabo Prioriño. Os ríos son de pequena entidade, destacan os regos de San Xurxo e Doniños.

Page 23: Comarca Ferrol

Vista do porto e Arsenal de Ferrol.Ferrol é unha cidade ligada á actividade naval desde o século XV, cando a Corona mandou construír nela os maiores estaleiros de España. O Arsenal militar de Ferrol, construído no século XVIII ocupa unha gran parte da fachada marítima da cidade.

As principais actividades son a industria (en crise polo peche dos asteleiros) e os servizos. Ferrol é a cidade que concentra o comercio e os servizos na comarca.Os espazos de maior interese natural atópanse na costa, protexida no LIC “Costa Ártabra”.Acolle un importante patrimonio histórico artístico, concentrado na cidade de Ferrol e a súa contorna: Casco Vello, barrio da Magdalena, castelo de San Felipe, Arsenal, ermida de Chamorro...

Vista do Castelo de San Felipe desde o castelo da Palma. Comezouse a construir en 1589 por mandato de Felipe II para defender a ría de Ferrol dos corsarios ingleses

Page 24: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 48,47 km2 POBOACIÓN: 1.303 habitantes (2014)PARROQUIAS: Abade, Labancegos, San Xoán de Moeche, san Xurxo de Moeche e Santa Cruz de Moeche.

Vista de Moeche desde o Pico Ferreira

MOECHESituado no centro-leste da comarca. O territorio do concello é unha sucesión de vales e pequenos cumes. Ao sur destacan o Alto do Cadaval (383 m) e a Pena da Cabra (368 m) e ao norte, no linde con Valdoviño, o monte Agudo, con 376 m.O río máis importante é o Grande de Xuvia, que no seu curso alto atravesa o sur do concello de leste a oeste e recibe os regos de Moeche, A Fraga e As Ferrerías.

Page 25: Comarca Ferrol

Castelo de Moeche. Construído no século XV.

As principais actividades son a agrogandaría e o sector forestal.Os espazos de interese natural atópanse nas beiras dos ríos onde se conservan bosques de ribeira. No patrimonio cultural destaca o castelo de Moeche e a igrexa de san Xurxo.

Curioso lavadeiro feito dunha soa peza en Ponte-Norte-Moeche, na beira do río Xuvia

Page 26: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 12,77 km2 POBOACIÓN: 5.417 habitantes (2014) PARROQUIAS: Franza, Meá, Mugardos e Piñeiro.

Vista da Enseada do Baño, na ría de Ferrol. Ao fondo Mugardos e á dereita a praia de Bestarruza.

MUGARDOSEstá situado ao sur da comarca, ocupando unha faixa costeira con fronte á marxe esquerda da ría do Ferrol. O relevo é moi suave con pequenas ondulacións que non superan os 100 m de altitude. A costa é abrigada, con numerosas enseadas (A Barca, O Baño, Santa Lucía e Nande), cantís de pouca altura e poucas praias (praia de Bestarruza). Os ríos son regos de curto percorrido e escasa entidade.

Page 27: Comarca Ferrol

Castelo da Palma

As principais actividades son a pesca e o marisqueo, a industria e os servizos.Os lugares de maior interese natural atópanse na costa.O patrimonio histórico artístico está representado por varias igrexas, entre as que destaca a de Franza, e polo castelo da Palma, na boca da ría de Ferrol.

Vila e porto de Mugardos

Page 28: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 66,97 km2 POBOACIÓN: 39.426 habitantes (2016) PARROQUIAS: Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos, O Val e Xuvia (Nosa Señora dos Desamparados, San Martiño, San Xosé Obreiro, Santa Icía, Santa Rita e Santiago Apóstolo.

Vista de Narón desde o miradoiro do Coto de Ancos (Neda)

NARÓNO territorio esténdese desde a marxe norte da ría de Ferrol, cunha costa baixa e con enseadas, até a costa de mar aberto, entre as puntas Lopesa e Ferruxeda, con cantís e pequenas praias como as de Casal, Hortiña e Lopesa. A maior parte é un terreo de releve irregular e escasa altura que non supera os 100 m. Os cumes atópanse ao oeste, nunha aliñación paralela á costa (Lagoa, con 309 m), e no nordeste, co Coto dos Nenos, con 366 m.O río máis importante é o Xuvia que percorre o concello de leste a oeste e fai parcialmente de linde con Neda. Outros regos de menor entidade desembocan na ría de Ferrol como o Freixeiro e o Seco.

Page 29: Comarca Ferrol

Acea de Xuvia. Muíño de marea construído no século XVIII, foi unha das principais fábricas de fariña de Galiza no século XIX que moía trigo procedente de Ucraína e América.

As principais actividades son a industria eos servizos.Os espazos de maior interese natural atópanse na costa e no río Xuvia, protexidos nos LICs “Costa Ártabra” e “Xuvia-Castro”.Conserva importantes restos etnográficos (muíño de vento, muíño de marea, muíños hidráulicos) e histórico-artísticos (igrexa de San Martiño).

Ábside da igrexa-mosteiro de San Martiño do Couto, obra do século XII, sobre un mosteiro cluniacente máis antigo.

Page 30: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 23,98 km2 POBOACIÓN: 5.327 habitantes (2014) PARROQUIAS: Anca, Neda, Santa María de Neda e Viladonelle.

Neda, á beira da ría de Ferrol, desde o miradoiro do monte Ancos

NEDAEstá situado no centro-sur da comarca. O releve é moi irregular. Na zona costeira é achairado, con pequenas alturas e vaise elevando cara ao leste e sur. No leste atópanse as últimas elevacións do Forgoselo, co cume máis alto no Coto Louseira (461 m). Ao sur o Fervenza (311 m) e o Marraxón (337 m). O río Grande de Xuvia e o seu afluente, o Castro, circulan polo norte, facendo parcialmente de linde. O Belelle atravesa o concello de leste a oeste, nun percorrido encaixado onde hai varias fervenzas.A costa forma parte da banda sur da ría de Ferrol, é baixa e fangosa, con varios esteiros.

Page 31: Comarca Ferrol

Antigo muíño de papel no Belelle

As principais actividades son os servizos e a industria.Os lugares de maior interese natural atópanse nas marxes dos ríos Xuvia (LIC “Xuvia-Castro”) e Belelle. O patrimonio etnográfico é moi variado con numerosos muíños e fábricas que empregaban a enerxía dos ríos (papel, fundición). Os principais monumentos histórico-artisticos son as igrexas de Santa María e San Nicolás.

O río Belelle, no inverno, na área de lecer de Maciñeira

Page 32: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 99,86 km2 POBOACIÓN: 3.019 habitantes (2014)PARROQUIAS: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraío, San Sadurniño e Santa Mariña do Monte.

Vista do territorio de San Sadurniño desde o Pico Ferreira

SAN SADURNIÑOSituado no centro-sur da comarca. O releve é moi irregular. As maiores alturas atópanse no leste e sur na serra do Forgoselo cos cumes de Racamonde (542 m), Escoitadoira (518 m) e Forgoselo (508 m).O río Grande de Xuvia e o seu afluente o Castro circulan con dirección leste-oeste e forman amplos vales no centro do concello. Máis ao norte atópanse as cabeceiras do río Forcados.

Page 33: Comarca Ferrol

Sartego excavado na rocha no cume do Pico Ferreira. Segundo unha antiga lenda, antes había aquí unha ermida dedicada a San Paio que foi abandoada ao se construír a igrexa máis abaixo onde instalaron ao santo. Este, incómodo co traslado, subía todas as noites á súa cama orixinal e os veciños, cansos de ter que ir buscalo cada mañá, acordaron encadealo.

É un concello eminentemente rural cunha importante superficie forestal dedicada a eucaliptos. As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún de leite), o sector forestal e industrias derivadas da madeira.Os espazos naturais de interese atópanse nos ríos e no macizo do Forgoselo protexidos no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo”.Conserva a igrexa románica e o castelo de Naraío e os restos do antigo convento do Rosario, na actualidade edificio do concello.

Castelo de Naraío, construído sobre un cume no estreito val do río Castro

Page 34: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 70,92 km2 POBOACIÓN: 1.211 habitantes (2014) PARROQUIAS: As Enchousas, Recemel, Seixas e As Somozas.

Paisaxe das Somozas na aba do monte dos Ladrós

AS SOMOZASEstá situado ao leste da comarca. A maior parte do territorio está ocupada por unha antiga superficie de erosión de forma achairada. Os cumes máis elevados atópanse ao leste e sur nas estribacións da serra da Faladoira (Pena dos Ladrós, con 620 m) e nos montes da Serra.Estás atravesada polos cursos altos do río Mera, que circula cara ao norte e fai de linde polo leste; e polos Xuvia, que circula cara ao oeste e recibe o Cibrao, Grande, Ferreiros e Igrexa.

Page 35: Comarca Ferrol

Instalacións de Sogarisa, especializadas no tratamento de resíduos industriais.

As principais actividades son a agrogandaría (especialmente o vacún de carne), o sector forestal e a industria. Neste último sector destaca a especialización na reciclaxe e tratamento de resíduos tóxicos e industriais e a fabricación de elementos para xeradores eólicos.Os espazos naturais de maior interesse atópanse no curso do río Mera, protexido no LIC “Ortigueira-Mera”.No patrimonio cultural destacan os muíños e machucos e a igrexa de Santa María de Recemel. A capital municipal é A Igrexa.

Área de lecer á beira do rego da Igrexa, unha das cabeceiras do Xuvia, na capital do concello de As Somozas.

Page 36: Comarca Ferrol

SUPERFICIE: 88,14 km2 POBOACIÓN: 6.796 habitantes (2014)PARROQUIAS: Lago, Loira, Meirás, Pantín, O Sequeiro, Valdoviño, Vilaboa e Vilarrube.

Vista xeral de Valdoviño, coa praia da Frouxeira en primeiro plano

VALDOVIÑOEstá situado no centro-oeste da comarca. O territorio é moi irregular e fragmentado. Na zona sur é de releve suave e pequenas alturas con dominancia de xistos. Ao norte o relevo é máis accidentado e movido e vai ascendendo cara ao leste co punto máis alto no Monteagudo, con 375 m. Os ríos máis importantes son o Forcadas ou Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira e o Vilar que forma a lagoa da Frouxeira.Ten unha costa moi variada que inclúe parte da ría de Cedeira, na marxe esquerda, e unha sucesión de cantís (puntas Chrirlateira, Corveira, Frouxeira, Castelo...), enseadas (Graxal, Pantín, A Frouxeira, Meirás....) e extensos areais (Vilarrube, Baleo, Pantín, A Frouxeira, Meirás...).

Page 37: Comarca Ferrol

Cantís en Punta Frouxeira. En todo o concello de Valdoviño hai paisaxes naturais dunha grande beleza onde podemos atopar cantís abruptos, como os da imaxe e areais protexidos ou expostos.

As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún e avícola), os servizos (en especial o turismo) e pequenas industrias.Toda a costa está protexida no LIC “Golfo Ártabro”.No patrimonio cultural destacan varios faros, muíños e a ponte medieval sobre o río Porto do Cabo.

Faro de Punta Frouxeira

Page 38: Comarca Ferrol

RELEVO

Vista da cormarca de Ferrol desde o cume do Forgoselo

O territorio da comarca do Ferrol presenta unha grande diversidade litolóxica e morfolóxica e está dividido por varias fallas. As maiores alturas sitúanse nunha faixa de cumes que rodean a comarca describindo un arco de norte a suroeste. A norte a serra da Capelada, cos puntos máis altos no Vixía Herbeira, con 617 m, onde dominan as rochas básicas e ultrabásicas. Ao leste atópanse as estribacións da serra da Faladoira (Pena dos Ladrós, con 620 m), con dominancia de xistos e lousas; e no sur o macizo granítico do Forgoselo.O resto do terreo é unha sucesión de vales separados por pequenas elevacións, cunha grande superficie achairada no centro, cunha altitude media de 200 m. Ao longo da costa aparecen pequenos cumes illados como o Lagoa (309 m) ou o Monte da Vela (243 m).

Page 39: Comarca Ferrol

Monte Faro desde o monte Lagoa. A proximidade dos cumes ao mar da lugar a cantís cortados a pico, moi comúns na Costa Ártabra.

Page 40: Comarca Ferrol

Cumes achairados da Capelada

A vexetación dominante nos montes son as plantacións de eucaliptos, agás nos cumes máis altos onde aparecen piñeiros e monte baixo formado por un mato de toxos e breixos. Nalgunhas zonas de dificil acceso e nos vales dos ríos consérvanse algúns anacos de bosques naturais.A maior parte das área altas de montaña están protexidas nos LICs a “Costa Ártabra”, “Xuvia-Castro” e “Ortigueira-Mera”.

Page 41: Comarca Ferrol

Leucanthemum x corunnense. É un endemismo da provincia da Coruña que se atopa nos montes da Capelada, en especial preto da costa.

Page 42: Comarca Ferrol

Liques, uvas de lagarto e brións, os primeiros colonizadores das rochas

Page 43: Comarca Ferrol

As partes altas da serra, chans e co fondo rochoso, almacenan auga en numerosas brañas e lagoas temporais

Page 44: Comarca Ferrol

Cabalos na serra do Forgoselo

Page 45: Comarca Ferrol

Laverca (Alauda arvensis)

Pedreiro (Oenanthe oenanthe)

Page 46: Comarca Ferrol

Cumes da Capelada

SERRA DA CAPELADAEsténdese ao longo da costa desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, con orientación NE-SO. O macizo está formado por gneis e rochas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, peridotitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada dun forte basculamento cara ao leste a favor dunha serie de fracturas de orientación O-E. A vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís.O cume máis alto é o Vixía Herbeira con 613 m de altura.

Page 47: Comarca Ferrol

Brañas e rego no alto da serra, onde nacen varios ríos

Page 48: Comarca Ferrol

Vixía Herbeira. Os cantís da Capelada son os máis altos da Península e uns dos máis altos de Europa.

A zona é un punto de interese xeolóxico internacional, polo grande interese dalgunhas das súas rochas, as máis antigas da Península Ibérica, con máis de 1.100 millóns de anos. Unha parte está protexida no LIC “Costa Ártabra”.Accedese desde Cedeira.

Page 49: Comarca Ferrol

Un dos maiores intereses da Capelada reside nas súas rochas, porque alí aparecen formacións metamórficas, restos da antiga placa oceánica que se ergueu durante a Oroxenia Hercínica.As ecloxitas orixináronse na codia interior e no manto interior a elevadas temperaturas. Están formadas por piroxenos verdes e granates vermellos. As anfibolitas están constituídas por anfíboles, plaxioclasa con minerais accesorios como ilmenita, granates, e epidota.

Page 50: Comarca Ferrol

Cumes dos montes da Serra

MONTES DA SERRAPódense considerar unha plolongación polo oeste da serra da Faladoira. Esténdense polo leste da comarca, nos lindes entre os concellos de As Somozas e As Pontes de García Rodríguez. Son unha aliñación de cumes entre 500 e 600 m, entre os que destacan a Pena dos Ladrós (624 m), Vilalbesa (583 m) e Pena do Mosqueiro (554 m).Están formado maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de cuarcitas.As augas da vertente oeste van ao Mera e ao Xuvia.

Page 51: Comarca Ferrol

Cristas de cuarcitas

Page 52: Comarca Ferrol

Carballeira nas abas dos montes da serra

Nalguns vales conserva carballeiras, pero unha grande parte está ocupada por eucaliptos. Na parte alta hai mato e pasteiros aproveitados por vacas e cabalos.Unha parte (as cabeceiras do río Soutochao) está incluída no LIC “Ortigueira-Mera”.Accedese desde As Somozas por Seixas e Recemel.

Page 53: Comarca Ferrol

O Forgoselo e a Ría de Ferrol desde o Alto de Racamonde

MACIZO DO FORGOSELO É un extenso aplanamento situado entre a Depresión das Pontes e a costa, ao norte do río Eume, en terreos dos concellos de A Capela, As Pontes e San Sadurniño. Aséntase sobre un afloramento circular de granito intrusivo de dúas micas que contrasta coas rochas xistosas da contorna. O relevo é suave e o punto máis alto é o Monte Forgoselo ou Racamonde con 542 m. É frecuente atopar bolos, pías e cacholas.

Page 54: Comarca Ferrol

Antigo curro no monte Racamonde

A vexetación dominante é o monte baixo con uces de pequena talla, toxos e abrótegas. Nas zonas altas hai brañas asolagadas temporalmente e pasteiros que aproveitan vacas e cabalos. Hai zonas repoboadas con piñeiro de Monterrei e piñeiro bravo. Nas partes baixas consérvanse áreas de bosque autóctono.A parte norte está incluída no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo”. Nos cumes hai un parque eólico.Accedese desde Naraio (San Sadurniño) ou Viladonelle (Neda).

Page 55: Comarca Ferrol

Penedo dos tres pés, fronteira entre os concellos de As Pontes, A Capela e San Sadurniño

Page 56: Comarca Ferrol

OS RÍOSO principal curso fluvial desta comarca é o Grande de Xuvia que percorre o territorio de leste a oestee e desauga na ría de Ferrol. Na mesma ría desauga tamén o Belelle.Ao longo da costa atópanse outros ríos de menor entidade como o Condomiñas, As Mestas, e Forcadas que desembocan na ría de Cedeira e os regos de Vilar, Riomaior e San Xurxo que desaugan directamente na costa de mar aberto. Polo linde leste circula o río Mera, no seu curso alto.

Ponte medieval de Sillobre, sobre o río Belelle, entre Fene e Neda.

Muíño-museo na área recreativa de Entrerríos, en Pedroso, á beira do río Grande de Xuvia.

Page 57: Comarca Ferrol

Presa do Rei, no río Grande de Xuvia, construída para mover a maquinaria da antiga fábrica de moeda de Xuvia

As augas dos ríos da comarca foron empregadas desde moi antigo para mover todo tipo de mecanismos e por todos eles quedan testemuñas etnográficas de gran valor: muíños, fábricas de papel, caneiros…

Page 58: Comarca Ferrol

Os cursos dos ríos teñen tramos moi encaixados e con bastantes desniveis nos que aparecen fermosas fervenzas, pozas e rápidos.Arredor dos cursos de auga consérvanse espazos naturais de grande valor que están protexidos nos LICs “Xuvia-Castro” e “Ortigueira-Mera”.

Rápidos e fentos (dentabrús) no curso alto do río Castro, en San Sadurniño

Page 59: Comarca Ferrol

Caltha palustris, florece en primavera nas zonas húmidas (brañas, beiras dos ríos)

Herba das almorranas ou celidinia menor (Ranunculus ficaria).

Page 60: Comarca Ferrol

Fento (Blechnum spicant), común nas beiras dos ríos limpos. As frondes fértiles, portadoras de esporanxios, son máis altas e estreitas

Page 61: Comarca Ferrol

Libeliña (Calopteryx virgo), un insecto común nas beiras dos ríos que destaca pola cor azul metálica dos machos.

Ra verde (Pelophyllax perezi)

Page 62: Comarca Ferrol

O río Mera en Queiroga (As Somozas). Accedese por Vilar da Fraga, na estrada a Ortigueira.

RÍO MERANace no monte Caxado (serra da Faladoira) e recolle augas dos concellos de As Pontes, Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Ortigueira, cun curso tortuoso por vales cada vez máis amplos ata a súa desembocadura na Ría de Ortigueira, despois de 29 km de percorrido. Na comarca fai de linde leste no concello das Somozas, xunto co seu principal afluente pola esquerda, o Soutochao. Está protexido dentro do LIC “Ortigueira-Mera”.

Page 63: Comarca Ferrol

Desembocadura do Condomiñas en Cedeira

RÍO CONDOMIÑASNace da confluencia do Reboredo e o Chimparra, que baixan da Capelada, en Corveiro (Cervo-Cedeira) e desemboca en Cedeira. Ten unha minicentral.

Page 64: Comarca Ferrol

FERVENZA DE ERBELLÁSNa parroquia de Régoa (Cedeira). O río Erbellás, afluente do Condomiñas, salva un desnivel duns 8 m de altura en serpentinas.

FERVENZA DE CHÍMPARRA No curso alto do río Condomiñas

Page 65: Comarca Ferrol

Esteiro do río das Mestas, na ría de Cerdido

RÍO DAS MESTASNace en Penela (Montoxo-Cedeira), percorre os límites entre Cedeira e Cerdido e desemboca na enseada de Esteiro (Ría de Cedeira). Recibe pola dereita ao Da Braxe e pola esquerda ao Porto do Cabo. O esteiro está protexido dentro do LIC “Costa Ártabra”.

Page 66: Comarca Ferrol

FERVENZA DO RÍO MESTASNo linde entre Cedeira e Cerdido. Unha sucesión de rápidos e pequenas fervenzas en rochas metamórficas; a máis grande ten 2 m de altura.

Page 67: Comarca Ferrol

Esteiro do río das Forcadas en Vilarrube

RÍO DAS FORCADASFórmase cos regos de Porto, A Bañoca e Bardaos en Veiga (Bardaos-San Sadurniño). Percorre terreos dos concellos de San Sadurniño e Valdoviño e desemboca na praia de Vilarrube, na ría de Cedeira. O seu principal afluente é o Donelle, pola esquerda. O esteiro está protexido dentro do LIC/ZEC “Costa Ártabra”

Page 68: Comarca Ferrol

Encoro das Forcadas. Abastece de auga a unha minicentral, á cidade de Ferrol e outros concellos da comarca.

Page 69: Comarca Ferrol

O río Grande de Xuvia en San Sadurniño

RÍO GRANDE DE XUVIADesde o seu nacemento nos montes de Serra en terras das Somozas ata a súa desembocadura en Xubia, na Ría do Ferrol, percorre 31 km e drena os concellos de Moeche, San Sadurniño, Neda e Narón. Ten un perfil pronunciado no seu tramo inicial e con escasas pendentes no resto do seu traxecto. Recibe pola pola dereita o Ferrerías, Moeche, Fontenova e Prados; e pola esquerda o Pequeno o Castro (co Cando).Ten dúas minicentrais en Neda (no río Grande) e Naraío (río Castro).Parte do curso do Xubia e todo o do seu afluente Castro están protexidos no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo”

Page 70: Comarca Ferrol

FERVENZA NO RÍO CASTRO, en Naraío. O río ten unha sucesión de rápidos e fervenzas e discorre por un estreito canón aproveitado por unha minicentral eléctrica. Accedese pola ruta que vai ao castelo ou desde a minicentral.

Page 71: Comarca Ferrol

Confluencia dos ríos Xuvia (Grande) e Castro (Pequeno) na área de lecer de Doso

Page 72: Comarca Ferrol

Desembocadura do río Grande de Xuvia. Coas súas augas funcionou desde 1903 a Real Fábrica, que nos primeiros tempos foi de caldeirería de cobre, no 1909 de armas, logo de moeda e máis tarde fábrica téxtil.

Page 73: Comarca Ferrol

Muíño en Neda

RÍO BELELLEBaixa desde o Forgoselo por terras de Capela e Neda e desauga na ría de Ferrol, en Neda.Recibe pola dereitao Filgueira, Sande de Vilar, Carboeiro, Sabugueiro, Graña, Ameneiro e Regadoiros; e pola esquerda o Piñeiro e FornelosFoi un río cun grande aproveitamento para mover mecanismos en muíños, fábricas de papel, e téxtiles, e nel instalouse unha das primeiras centrais hidroeléctricas. Hoxe move dúas minicentrais.

Page 74: Comarca Ferrol

FERVENZA DO MARRAXÓN Entre O Roxal (Anca, Neda) e O Marraxón (Fene).O río salta un desnivel de rochas graníticas duns 45 m de altura. Nos arredores hai unha interesante fraga con especies de ribeira, érbedos, carballos, loureiros, pereiras bravas…

Page 75: Comarca Ferrol

A COSTA

Praia de Doniños

A costa da comarca de Ferrol esténdese desde os cantís de Vixía Herbeira ata a enseada de Redes, na ría de Ares. É unha costa ampla e variada na que se atopan os cantís máis altos da Península Ibérica, as rías de Ferrol e Ares e numerosos areais. É unha área densamente poboada desde tempos moi antigos, como dan testemuña os numerosos asentamentos prehistóricos e os achádegos arqueolóxicos de distintos tempos. Na actualidade ten unha intensa actividade pesqueira, industrial e turística e a costa está intensamente explotada e ocupada, presidida polo núcleo de poboación de Ferrol.

Cantís de Punta Frouxeira

Page 76: Comarca Ferrol

“Bosque Petrificado” nos cantís da Capelada

As rochas son moi variadas: granitos, lousas, xistos, gneis, serpentinas,

Page 77: Comarca Ferrol

Granitos na punta Coitelada

Rocha metamórfica da Capelada

Page 78: Comarca Ferrol

Lousas na punta Frouxeira

Page 79: Comarca Ferrol

Praia de Doniños

Ao longo da costa podemos atopar diferentes ecosistemas acuáticos e terrestres nos que as especies se adaptan a cada ambiente: fondos areosos e rochosos, cantís, dunas móbiles e fixas, con áreas de mar aberto e zonas protexidas nas rías... Destaca a presenza de especies pouco comúns de plantas nos cantís e a variedade de aves mariñas sedentarias e migratorias.

Page 80: Comarca Ferrol

Herba de namorar (Armeria maritima). É a planta máis coñecida da Capelada. Segundo conta a lenda, recollíana os mozos para namorar ás mozas.

Abelleira común (Ophris apifera), unha orquídea que se atopa nas dunas fixadas. Imita a forma e as cores dunha abella femia para atraer aos machos que a polinizan.

Page 81: Comarca Ferrol

Herba do can (Antirrhinum majus). Unha planta en perigo de extinción que se atopa nunhas poucas localidades da comarca.

Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum)

Page 82: Comarca Ferrol

Choias (Phyrrocorax phyrrocorax)

Carrán cristado (Thalasseus sandvicensis)

Page 83: Comarca Ferrol

Gaivotas na praia de Campelo

Page 84: Comarca Ferrol

Mexillóns e percebes

Lapas

Page 85: Comarca Ferrol

A CAPELADA Desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardilosa, na entrada da ría de Cedeira esténdese unha costa formada por elevados cantís nos que dominan as rochas metamórficas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en magnesio e ferro) dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco comúns ou únicas. Nos cantis máis inacesibles habitan colonias de aves mariñas.Está protexida no LIC “Costa Ártabra” e considerada un Punto de Interese Xeolóxico Internacional.

Page 86: Comarca Ferrol

Cantís de Santo André de Teixido e Penas Gabeiras. Nesta poboación atópase unha igrexa, con orixe no século XII, dedicada a Santo André, á que acoden ofrecidos milleiros de peregrinos de toda Galiza o 8 de setembro.Conta a lenda que a Santo André de Teixido “vai de morto (rencarnado nun pequeno animal) o que non foi de vivo”.Segundo unha lenda as ánimas dos mortos, transformadas en pequenos animais, cumpren coa obriga de peregrinar ao santuario, por iso non se deben matar.

Page 87: Comarca Ferrol

Cantís de Santo André de Teixido, coa enseada de Santo André e as puntas de San Domingo e Balteira

Page 88: Comarca Ferrol

Solpor na Capelada

Page 89: Comarca Ferrol

Praia de Cortes e Punta de San Domingo

Page 90: Comarca Ferrol

Punta Candieira. Con cantís de 200 m de altura. O faro sitúase a 90 m por enriba do mar.

Page 91: Comarca Ferrol

Os Galos de Punta Candieira

Page 92: Comarca Ferrol

Cantís do Frontón da Candieira. Teñen un grande interese xeolóxico polas formacións de gneis moi repregados, serpentinitas e granulitas.

Page 93: Comarca Ferrol

Ría de Cedeira e praia da Madalena, con 1.300 m de lonxitude, abrigada e de area fina. A vila de Cedeira ten un importante porto de baixura e unha lonxa na que destaca a venta dos percebes que se recollen nos cantís próximos.

RÍA DE CEDEIRAÁbrese entre as puntas Ardilosa e Chirlateira. Ten 5 km de fondo e 4 de largor. Está Formada polos ríos Condomiñas, Porto do Cabo e Forcadas. A parte máis fonda da ría está ocupada polo esteiro, moi colmatado, do río Porto do Cabo. O exterior da ría ábrese sobre anfibolitas e o interior é de xistos.Na banda norte atópase a vila de Cedeira cun importante porto pesqueiro de baixura.

Page 94: Comarca Ferrol

Punta Sarridal, co castelo e o peirao de Cedeira

Page 95: Comarca Ferrol

Vista da ría de Cedeira desde Vilarrube

Page 96: Comarca Ferrol

Faro de Punta Robaleira (Cedeira)

Page 97: Comarca Ferrol

Ría de Cedeira e praia de Vilarrube

Page 98: Comarca Ferrol

Praia Loira ou de Vilarrube (Valdoviño), de 1.420 m de lonxitude e 75 m de largor medio, formada polas frechas de area que se acumulan nas desembocaduras dos ríos Porto do Cabo e As Forcadas. Ten un amplo sistema dunar fixado pola vexetación.

Page 99: Comarca Ferrol

Praia de Vilarrube (Valdoviño)

Page 100: Comarca Ferrol

Praia de Vilarrube (Valdoviño)

Page 101: Comarca Ferrol

Ría de Cedeira: Puntas Chirlateira (á esquerda) e Sarridal (á dereita)

Page 102: Comarca Ferrol

Ría de Cedeira: Puntas Sarridal (á esquerda) e Robaleira (no centro)

Page 103: Comarca Ferrol

Punta Chirlateira

Page 104: Comarca Ferrol

Parte exterior da ría de Cedeira, coa punta Chirlateira en primeiro plano e as puntas Ardilosa e Candieira ao fondo.

Page 105: Comarca Ferrol

Punta Chirlateira

Page 106: Comarca Ferrol

Vistas desde a Punta Chirlateira sobre as Puntas Oural, Torella e Corveira

Page 107: Comarca Ferrol

Punta Oural

Page 108: Comarca Ferrol

Praia de Baleo

Page 109: Comarca Ferrol

Punta Torrella

Page 110: Comarca Ferrol

Praia do Rodo e punta Gabeiras, desde a punta Corveira. A praia do Rodo en Pantín (Valdoviño) mide 950 m e conserva, detrás do sistema de dunas, unha lagoa case totalmente colmatada. Na marisma de Pantín atópanse as camariñas máis norteñas de Galiza e a herba becerra (Antirrhinum majus subsp. linkianum), única cita galega.

Page 111: Comarca Ferrol

Praia, lagoa e punta Frouxeira

Page 112: Comarca Ferrol

A lagoa da Frouxeira ou de Valdoviño é unha lagoa litoral de 1500 m de lonxitude e 500 m de largor, separada do mar por unha barra de area contínua e comunicada con el por unha canle fronte ao illote da Percebelleira. Na parte oriental existe unha barreira de dunas fixadas pola vexetación. A lagoa estivo a piques de desaparecer por mor do cambio da canle orixinal por unha artificial aberta no cordón dunar. En 1984 repúxose a canle orixinal.

Page 113: Comarca Ferrol

A lagoa de Valdoviño conserva unha importante flora de lagoa e de duna. É unha importante zona de paso e descanso invernal para as aves. Na lagoa pódese ver: gallinola negra, parrulo común, parrulo cristado común, corvo mariño real, garza, alavanco real, pato cincento, cerceta real, martiño peixeiro, píllara real, pilro groso, mazarico rabipinto, mazarico rabinegro, bilurico común, bilurico patirrubio, mazarico curlí, píllara cincenta, becacina, galiña de río, gaivota patiamarela, gaivota chorona, gaivota escura, gaivotón, mobella... Aparecen tamén especies invernantes raras como ganso sangano, ánsar bravo, pato rubio, éider, pato branco... Como migradoras estivais destacan: o cuco, a rula común, a rapiña cincenta, a andoriña de mar, e moi ocasionalmente a águia peixeira...Está recoñecida como Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR).

Page 114: Comarca Ferrol

Lagoa de Valdoviño

Page 115: Comarca Ferrol

Praia da Frouxeira. É unha praia exposta ao vento e con forte ondada. Mide 3 km de lonxitude e 45 m de largor medio.Sistema dunar, entre a lagoa e o mar.

Page 116: Comarca Ferrol

Praia de Valdoviño e punta Faluchos

Page 117: Comarca Ferrol

Praia de Valdoviño desde a Punta Frouxeira

Page 118: Comarca Ferrol

Dunas na praia de Valdoviño

Page 119: Comarca Ferrol

Punta Frouxeira

Page 120: Comarca Ferrol

Punta Frouxeira

Page 121: Comarca Ferrol

Punta Frouxeira

Page 122: Comarca Ferrol

Monte da Vela desde Montefaro

Page 123: Comarca Ferrol

Punta Campelo

Page 124: Comarca Ferrol

Praia de Campelo (Valdoviño)

Page 125: Comarca Ferrol

Praia de Ponzos, de 1400 m de lonxitude. Ao fondo vese o Monte da Vela

Page 126: Comarca Ferrol

Illa de Santa Comba á que se pode acceder coa marea baixa. Conta a tradición que houbo un naufraxio e que os mariñeiros salváronse de morrer afogados grazas a que a Virxe lles ofreceu unha barca de pedra, que segundo os paisanos, consérvase nas costas da illa. Hai unha capela do século XI en honor a Santa Comba.

Page 127: Comarca Ferrol

Praia de Santa Comba, de case 1 km de lonxitude

Page 128: Comarca Ferrol

Cabo Prior. Forma unha península entre as praias de Santa Comba e San Xurxo. Está formado por rochas graníticas erosionadas en forma de grandes bolos.

Page 129: Comarca Ferrol

Faro do Cabo Prior, situado a 107 m sobre o Nivel do mar, cun alcande ce 22 millas mariñas.

Page 130: Comarca Ferrol

Cabo Prior

Page 131: Comarca Ferrol

Praia de San Xurxo Vista desde o cabo Prior. Ao fondo a Punta Herbosa.

Page 132: Comarca Ferrol

Praia de San Xurxo e Cabo Prior. Nas proximidades, en Covas, houbo minas romanas para a extracción de cuarzo aurífero que foron explotadas tamén entre 1912 e 1914 por unha empresa francesa.

Page 133: Comarca Ferrol

Punta do Castro

Page 134: Comarca Ferrol

Illas Gabeiras

Page 135: Comarca Ferrol

Praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro

Page 136: Comarca Ferrol

A praia de Doniños forma un sistema dunar que pecha a lagoa

Page 137: Comarca Ferrol

Lagoa e praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro

LAGOA DE DONIÑOS, de forma ovalada, cun largor máximo de 500 m, separada do mar por unha praia de 2 km de lonxitude e un cordón de dunas fixadas pola vexetación. As augas están lixeiramente salinizadas por filtracións do mar.Está considerada unha zona húmida con importancia nacional polas formacións vexetais acuáticas. As especies máis destacadas dentro da lagoa son a Chara fragifera, Ceratophyllum demersum, ouca (Ranunculus aquatilis), espigas de auga (Potamogeton natans, P. perfoliatus e P. polygonifolius), ambroíño de río (Nymphaea alba)... Nas beiras atópanse sobre todo xuncos, cyperus, carrizos, salgueiros e amieiras. Nas dunas e praias consérvase unha variada flora psamófila.Nas marxes aniña a galiñola negra, o somorgullo pequeño, a galiña de río e o lavanco real. Durante a época invernal aumenta considerablemente a cantidade e variedade de aves (mariñas, anátidas e limícolas).

Page 138: Comarca Ferrol

Praia de Doniños

Page 139: Comarca Ferrol

Praia de Doniños

Page 140: Comarca Ferrol

Solpor en Doniños

Page 141: Comarca Ferrol

Vista desde Cabo Prioriño cara ao norte. Ao fondo o Cabo Prior

Page 142: Comarca Ferrol

Cabo Prioriño

Page 143: Comarca Ferrol

Punta Penencia e praia de Doniños

Page 144: Comarca Ferrol

Faro do Cabo Prioriño

Page 145: Comarca Ferrol

O Cabo Prioriño sinala o extremo norte da Ría de Ferrol. A costa está formada por cantís graníticos de media altura con pequenas praias. Nas proximidades atópase o porto exterior.

RÍA DE FERROLEstá limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur. Acada 17 km de lonxitude e 2 km de largor medio. É unha ría con dúas partes ben definidas: unha canle de entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior amplo con varias enseadas. Na parte interior ten unha grande acumulación de sedimentos lamacentos. O río principal que a alimenta é o Grande de Xubia. Tamén desemboca nela o río Belelle.As rochas dominantes son granitos na zona da boca e xistos no interior.É unha ría dunha grande riqueza biolóxica que está densamente poboada e con unha importante actividade industrial. As vilas máis importantes son Ferrol, Narón, Xubia, Neda, Fene e Mugardos.

Page 146: Comarca Ferrol

Canle de entrada da ría de Ferrol, de 3 km de lonxitude e 500 m de largor, flanqueada por rochas graníticas. O acceso á parte interior da ría estaba protexido polos castelos de San Felipe en Ferrol e A Palma en Mugardos.

Page 147: Comarca Ferrol

Ría de Ferrol

Page 148: Comarca Ferrol

Esteiro do Belelle (Ría de Ferrol)

Page 149: Comarca Ferrol

Ría de Ferrol desde a enseada do Baño, en Mugardos

Page 150: Comarca Ferrol

Acea de Xuvia. Muíño de mareas construído a finais do século XVIII. Foi nomeado Real Fábrica por Carlos IV e funcionou como muíño industrial ata 1970.

Page 151: Comarca Ferrol

Praia de Bestarruza (Mugardos)

Page 152: Comarca Ferrol

Baliza do Castelo da Palma, na boca da ría de Ferrol

Page 153: Comarca Ferrol

Praia de Chanteiro, entre Punta Segaño e Punta Coitelada (entre as rías de Ferrol e Ares)

Page 154: Comarca Ferrol

Cantil da punta Coitelada

RÍA DE ARES-BETANZOSAs rías de Ares e Betanzos comparten unha grande parte da súa extensión nunha boca común entre a punta Coitelada e a costa de Dexo.

Page 155: Comarca Ferrol

RÍA DE ARESÉ a ría do Golfo Ártabro formada polo río máis longo e caudaloso da zona, o Eume. O fondo, entre o final das Fragas do Eume e a frecha de Cabanas está ocupado por sedimentos entre os que o río forma amplos meandros. Desde Cabanas ata a punta de Camouco é relativamente estreita e logo ábrese entre a enseada de Ares e a punta da Cruz, no norte, e Ber, no sur, para xuntarse e compartir a boca coa de Betanzos. As rochas dominantes son os xistos e nas puntas, pedra de gran.Na comarca de Ferrol está incluída a marxa norte da ría de Ares, en terreos dos concellos de Ares e Fene.

Ría de Ares entre os illotes Miranda e a illa do Mourón. Ao fondo Montefaro, desde onde se dominan as rías de Ares e Ferrol.

Page 156: Comarca Ferrol

Ares

Page 157: Comarca Ferrol

O Raso.Entre a punta do Castelo e a punta do Camouco, atópase a enseada de Ares circundada por tres praias que forman un conxunto de case tres quilómetros de lonxitude: Ares, Seselle, e O Raso.

Page 158: Comarca Ferrol

Ares

Page 159: Comarca Ferrol

AS ÁRBORES

Amieira (Alnus glutinosa) en San Sadurniño, á beira do río Grande de Xuvia.

A maioría das árbores desta comarca son plantacións de eucaliptos que ocupan grandes extensión forestais, especialmente polos montes próximos á costa. Nalgúns montes atópanse tamén plantacións de piñeiros.O bosque atlántico autóctono está reducido a pequenas masas nos vales máis profundos das serras do leste da comarca e nas beiras dos ríos mesturados cos bosques de ribeira.Nos parques e xardíns das vilas e pazos atópanse algunhas especies monumentais de árbores exóticas.

Page 160: Comarca Ferrol

Magnolia grandiflora de Santa Rita. (Narón). É a máis vella das que se coñecen en Galiza. Ten máis de douscentos anos, mide 14 m de altura e 6 m de perímetro.Está incluída no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALIZA

Page 161: Comarca Ferrol

Carballeira do Pazo do Monte (Ferrol)

Page 162: Comarca Ferrol

Chopos brancos de Xuvia (Narón)

Salgueiro chorón na Praia de Vilarrube (Valdoviño)-2,4 m de perímetro

Page 163: Comarca Ferrol

Magnolia acuminada (Magnolia acuminata) do Xardín das Angustias (Ferrol). Mide 16, 50 m de altura e 3,50 m de perímetro. Acivro Casa Quintana (O Val) Narón

Page 164: Comarca Ferrol

Teixo no adro da igrexa de santo André de Viladonelle (Neda). Mide 3,50 m de perímetro.

Teixo da Malata (Ferrol)

Page 165: Comarca Ferrol

Araucaria de Vila Herminia (Vilarrube, Valdoviño)-4,33 m de perímetro

Estripo na praia de Vilarrube (Valdoviño)

Page 166: Comarca Ferrol

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC “COSTA ÁRTABRA”O espazo protexido abrangue 7.659 ha, desde a Enseada de Areosa, en Ares, ata Mugardos, incluíndo o espazo marítimo próximo, e a costa desde o cabo Prioriño ata o cabo Ortegal (agás a área urbana de Cedeira), áreas interiores da Serra da Capelada e o curso alto do río Seixo de Landoi; en terreos dos concellos de Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Narón, Mugardos e Ares. Inclúe a Lagoa e areal de Valdoviño protexida como Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR). Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico botánico e faunístico. Inclúe ecosistemas mariños (costa de Ares), cantís (cabos Prior e Prioriño, Punta Frouxeira, costa desde Cedeira até os cantís de Vixía Herbeira), praias e sistemas dunares (Doniños, San Xurxo, Santa Comba, Ponzos, Meirás, Frouxeira, Vilarrube...), illas e illotes (Gabeiras, Herbosa, Aguillóns...), lagoas e marismas, montes (A Capelada) e brañas.

Page 167: Comarca Ferrol

Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en magnesio, ferro e metais pesados como cromo e níquel) dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco comúns ou únicas, como os endemismos locais Centaurea borjae, Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum corunnese, Dryopteris guanchica (unha especie de fento ameazada a nivel mundial que so se coñece en Canarias e no noroeste ibérico).

Centaurea borjae

Page 168: Comarca Ferrol

Penedos na Serra do Forgoselo, a carón dun antigo curro

LIC XUVIA-CASTROO espazo protexido, de 1.986 ha, inclúe gran parte do curso do Río Xuvia (desde o límite do concello de As Somozas e Moeche ata a desembocadura), o curso do río Castro, e a Serra do Forgoselo. Nesta comarca terreos dos concellos de Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño e As Somozas. As beiras dos ríos están ocupadas por bosque de ribeira no que abondan as amieiras, salgueiros e fentos. Na Serra do Forgoselo destacan as formacións graníticas con bolos, pías e cacholas.

Escáncer (Anguis fragilis), un lagarto sen patas que se pode atopar en prados e zonas húmidas.

Page 169: Comarca Ferrol

Rego de Soutochao, principal afluente do Mera nas Somozas. Está protexido en todo o seu percorrido, incluídos os bosques da contorna das súas cabeceiras.

LIC ORTIGUEIRA-MERAUn gran espazo de 3.795 ha que inclúe a Ría de Ortigueira e o río Mera. Nesta comarca un pequeno tramo no concello de As Somozas, nas cabeceiras do Mera e os montes dos Ladrós.O río Mera conserva nas súas augas e nas súas beiras ricos ecosistemas nos que hai unha variada flora e fauna acuáticas e de ribeira.

Page 170: Comarca Ferrol

ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES) “COSTA FERROL-VALDOVIÑO”Superficie: 4.266 ha.Concellos: Ferrol, Narón e Valdoviño.Destaca pola presenza de colonias interesantes de aves mariñas e de cantís e areais.

Paíño (Hydrobates pelagicus) ten nas illas Gabeiras o mellor punto de cría de Galiza.

Page 171: Comarca Ferrol

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro

marzo 2017