Exposicion Luis Seoane. a Arte e Os Libros.

78
EXPOSICIÓN DE LUIS SEOANE -A ARTE E OS LIBROS - Biblioteca Escolar e Departamento de CC.SS. IES PEDRAS RUBIAS. Maio-Xuño 2012 (Testas, paisaxes e polbos. Políptico de 25 témperas sobre papel, 1974. Fundación Luis Seoane, A Coruña) 1

Transcript of Exposicion Luis Seoane. a Arte e Os Libros.

EXPOSICIÓN DE LUIS SEOANE

-A ARTE E OS LIBROS-

Biblioteca Escolar e Departamento de CC.SS.

IES PEDRAS RUBIAS. Maio-Xuño 2012

(Testas, paisaxes e polbos. Políptico de 25 témperas sobre papel, 1974.

Fundación Luis Seoane, A Coruña)

1

PAULA FERNÁNDEZ BAÑUELOS

2

BIOGRAFÍA. (Bos Aires 1910- A Coruña 1979)

-Nado en Bos Aires en 1910, de pais galegos emigrados. -Volven a Galicia en 1916, realiza en A Coruña os seus primeiros estudos. -En 1920 trasládase a Santiago, onde estuda bacharelato e se licencia en Dereito e Ciencias Sociais en 1932.-Entre 1927-1933 milita en partidos de esquerda republicana autonomista. Ilustra libros e revistas. Realiza as súas primeiras exposicións.-En 1934 trasládase a A Coruña, onde exerce como abogado laboralista. Ingresa no Partido Galeguista. Son anos de compromiso e de tertulias cos intelectuais da época.-En 1936 participa na campaña do Estatuto de Autonomía. Ao estalar a guerra, o 18 de xullo de 1936, agóchase e en setembro fuxe a Bos Aires. -En 1937 a súa compañeira Maruja decide marchar con el e casan no barco ao chegar ela ao porto de Bos Aires. Publica o seu primeiro libro ”Trece estampas de la traición”. -En 1940 funda as coleccións “Horreo”, “Dorna” e “Buen Aire”en EMECÉ Editores. -En 1943 funda a revista Correo Literario e a Editorial Nova. -En 1945 o seu libro “Homenaje a la Torre de Hércules” é galardonado en Nova York, como un dos mellores libros ilustrados. -En 1948 funda a Editorial “Botella al Mar”. Expón en Bos Aires e Caracas. -En 1949 viaxa a Europa. Expón en Londres. Coñece a Henry Moore, Herbert Read, Lucien Freud, Picasso, Óscar Domínguez.-En 1952-62 Exposicións en Nova York. Funda a revista “Galicia Emigrante” e a Editorial Citania. Medalla da Exposición Universal de

3

Bruselas e do Senado da Nación Argentina (1958), Premio Palanza (1962). -Entre 1963 e 1979 realiza exposicións en España, Alemaña, Suiza, Brasil… Cofundador de Sargadelos, Cerámicas do Castro e o Museo Maside en Sada, A Coruña.-Morre en 1979 en A Coruña.-Dende 1996 creouse a Fundación Luís Seoane, con sede en A Coruña, grazas ao empeño e aos desvelos da súa viuva Maruja Seoane, que morre no ano 2003.

4

RETRATO DUN AUTORRETRATO

“O traballo é creación e trato de traballar o máis seguido que podo”

L. Seoane, 1953

Seoane trazou algún debuxo coa súa propia persoa como tema, destacando un físico tan rotundo como a súa personalidade, que se expresou en múltiples materias, técnicas e facetas: foi pintor, debuxante, gravador, muralista, cartelista, ceramista, ilustrador de libros, editor, escritor de narracións, teatro, ensaio e poesía, comunicador na radio, articulista en prensa e revistas… Viviu entre 1910 e 1979, entre Bos Aires e Santiago e A Coruña; aló do mar naceu de pais emigrantes, volveu a Galicia para estudar a carreira de Dereito, fíxose avogado laboralista e cando comezaba a traballar como tal estalou a guerra civil en xullo de 1936, que o devolveu de novo a Bos Aires, esta vez como intelectual exiliado. Así transcorreu a súa vida entre as dúas marxes do Océano Atlántico, sempre coa nostalxia de Galicia e tentando volver a un país libre da ditadura, pero facendo unha laboura importantísima en Bos Aires comprometida coa cultura galega como tema de fondo en toda a súa obra, tanto artística como literaria. Foi unha época na que a ditadura do Xeneral Franco non permitía a liberdade de expresión, de pensamento político, de uso da lingua e, polo tanto, a cultura galega viuse afastada e en declive; e foron os escritores e artistas exiliados como Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Seoane, e moitos outros galegos e españois, quen tiveron a iniciativa de soster, dende fóra pero en contacto cos que quedaran dentro do país (Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Valentín Paz Andrade, García Sabell, Fermín Penzol, etc.), a cultura coa súa obra, iniciativas en defensa da liberdade política, creación de editoriais, revistas e xornáis onde expresar o seu pensamento crítico, difundir unha cultura para todos e defender a recuperación dos diferentes oficios artísticos e artesanais, así como a modernización de Galicia en todos os sectores: económico, social, cultural.... Tiñan como idea clara a defensa do local pero vencellado ao universal, isto quere dicir que a expresión da nosa cultura e da nosa arte, coas súas particularidades, había ser compatible

5

coa modernización a través da conexión co que estaba a pasar no resto do mundo, coas “vangardas artísticas”, o que se di “ir cos tempos”. Seoane empeñouse en acadar todas as esferas do saber e en defender a función social da arte que levaría á integración das artes, así traslada a Galicia esta preocupación e crea o “Laboratorio de Formas” en Sada, A Coruña, en 1963, xunto a Isaac Díaz Pardo, coa intención de

6

recuperar e relacionar diversas manifestacións artísticas e achegalas ao pobo; rexeitando unha idea elitista da arte só para uns poucos: os grupos sociais elevados, como fora no pasado. Sobre a idea de Seoane dunha Galicia mítica e celta, máxica, mistérica, intacta…, escribiu Basilio Losada para expresar que, “esta idealización tan propia do espírito romántico na busca da “consciencia colectiva”, o artista utilizouna para devolver aos galegos os seus mitos, para construír riba deles un pobo libre no concerto dos pobos con cultura de seu. Galicia mítica e Galicia real compleméntanse nun programa literario e artístico consciente para mostrar un pasado do que sentirse orgullosos, e deixar atrás ese vitimismo histórico nacionalista de pobo aldraxado. O Seoane rigoroso e disciplinado permitiuse o luxo de revivir a poética da historia mítica con esta finalidade. O seu compromiso estaba presente tanto na súa forma de vivir e pensar como na súa obra artística e literaria. É considerado un dos máis importantes artistas arxentinos do século XX e un dos máis modernos artistas galegos, cunha gran influencia nas xeracións posteriores ata a actualidade, un dos espíritos máis libres, xenerosos e fecundos de Galicia.

“Para unos pocos un pintor importante. En un ranking entre críticos de arte, uno de los tres primeros grabadores argentinos. Español, argentino, para mí no soy nada, nadie, un hombre que trata de expresarse y que, a su juicio, no lo consigue. Ni español, ni argentino, no se trata de partidas de nacimiento ni de leyes, sino originario de un país más reducido, la pequeña cuidad, La Coruña, Santiago, la aldea, Arca, donde se enterraron mi infancia y mi juventud, y esta gran ciudad de mi soledad. Casi siempre rodeado de aldeanos gallegos.” L.Seoane. Confesión, 1965

LUIS SEOANE

Hace ya mucho tiempo que vi cómo soñaban,que vi cómo crecían, contigo, los colores.Levantaban sus cardos cenicientosen la mano tendida de los campos.Eran gaviotas altas, blancas constelaciones,o eran queso auroral de los primeros

7

reyes pastores de rebañosy príncipes fundadoresdel color de la magia.

Iban en barco soñando pampas de oro,piadosas enramadas,sobre el mar emigrante de los desterrados y los pobres,y querían vivir sin ser dolor ni muerte.Eran sagradas, negras vacas australes,criaturas del abismo,o una pared que parecíael vestido de bodas de las aguas del Plata,con sus tardes de harina almacenada yy de jazmines del país.Eran el resplandor de un campo marinero,azul que nace al alba en primavera,ese color de fuego enamorado,entre las llamas brisa, flor, nieve.Sin que tú los buscaras te invadieron,espléndidos guerreros, de hermosura.Sin que tú los buscaras, pues vinieron al mundohijos del mismo destino de tu sangre.Unas veces son sienas y son verdescoronados de robles, canciones y leyendas,y glorias que hoy usurpan siniestros mercaderes,allá, donde los llaman nuestros antecesores.Otras veces, celestes, argentinos, como espadas de seda,o amarillos del último tranvía de la nochedel Hemisferio Sur, mientras garúa:porque sobre la antigua memoria de tu estirpese alza un nuevo color, una extraña esperanzaen el verde sombrío del Neuquén,aunque haya una lechuza que grita en el potrero:¡Yo no sé! ¡Yo no sé!Hace ya mucho tiempo, que vi cómo pensabany amaban los colores unos ojoscomo tú los teníasangélicos y hondos. Un iris tan de niño,que en su centro el asombrotiene la certidumbre de los mitos.Ahora cantan juntos la paz en tu taller,miran en la mañanas la luz que tú les des,y tienen la alegría que tiene tu trabajo:la que va de tu pecho al pincel por tu mano,la que veo en el aire de tu casa,cada día más pura, más amiga, más clara.

LORENZO VARELA

8

RETRATOS

Maruja (María Elvira Fernández López), a súa dona, foi a súa compañeira incondicional, a quen retratou en moitas ocasións usando diferentes técnicas (óleo, acuarela, debuxo, gravado), representada como retrato propio en moitas ocasións, pero a miúdo presente como Mater Gallaeciae, como ideal humano de muller: sempre forte, activa, real. Na realidade Maruja foi a súa compañeira, secretaria, relacións públicas, colaboradora íntima e esencial, axudábao a preparar os útiles de traballo, os pinceis, as teas, elaborou tapices que el deseñou, etc. Sería moi interesante estudar o papel que as mulleres tiveron en todas as épocas como axuda, apoio e incentivo da obra artística de moitos dos autores, renunciando elas, moitas veces, á propia vida laboral ou artística. Cando Seoane morre en 1979 ela será a que reuna gran parte da súa obra, a súa biblioteca (a Biblioteca de Arte de Luis Seoane está depositada na sede da Real Academia Galega) e a documentación da súa laboura artística e intelectual, que legará á Fundación Luis Seoane na cidade de A Coruña, creada en 1996, coa intención de difundir a obra, de estudala, de seguir promovendo a cultura dende o compromiso que require cada época e, como xa fixera o artista en vida, axudar a xóvenes creadores.

Son numerosos os retratos que Seoane fixo dos amigos máis cercanos, de escritores, artistas e personalidades da súa época e do pasado, significativos pola súa obra ou pola súa postura ética de compromiso ante a situación sociopolítica, onde destaca o carácter particular de cada un: Kafka, Miguel Hernández, Antonio Machado, Federico García Lorca, León Felipe, Julio Cortázar, Rembrandt, Matisse, Picasso…

O xénero do retrato nas súas mans evidencia a época tan fructífera que viviu: tanto nos debuxos dos compañeiros de acción política, artística e literaria que bulían na etapa de estudantes no Santiago dos anos 20; como despois no exilio en Bos Aires, onde vai coincidir cos exiliados españois que escaparon da represión de Franco, aos que se engadirán europeos que nos anos 40 fuxen do nacismo e fascismo que provocaron a 2ª Guerra Mundial, formando un ambiente

9

artístico e intelectual de tertulias (faladoiros) e de compromiso coa situación política, que converte esta cidade en referente e “lugar central.”

10

DEBUXOS

A base fundamental da súa plástica foi o debuxo, xa que a maioría das obras primeiro foron esbozadas no papel, demostrando unha grande mestría no trazo de liñas sinxelas, libres, abertas, briosas que resaltan sempre o esencial. Dos seus inicios coñécense debuxos ilustrativos, satíricos, políticos, críticos, caricaturas; abundantes debuxos da súa mocidade (case non hai pinturas), que teñen o seu momento fundamental entre 1932 e 1945. Debuxos que son tamén líricos, lúdicos, imaxinarios, fantásticos, nostálxicos… Nos anos 50 domina totalmente a linguaxe do seu debuxo. Que saibamos, comeza a pintar en 1945 e na súa evolución pictórica vai ir depurando e reunindo as solucións ás que chegou na obra sobre papel. O debuxo foi campo de experiencias e de obras fundamentais: Autorretratos, Retratos, Retratos furtivos, Figurando recordos, Figuracións… E foi tamén exacto complemento ilustrativo de libros propios e alleos, que Seoane concibía con total respecto polo texto, para enriquecelo, interpretalo, visualizalo, como se tiver unha necesidade de equiparar o trazo das liñas e o trazo das letras; como eses miniadores medievais que ilustraban os pergameos para facilitar e complementar a súa interpretación.

A súa obra titulada Homenaje a la Torre de Hércules (1944), con limiar de Rafael Dieste, que inclúe 49 debuxos de liña clara, de corte clasicista e picassiano, foi seleccionado entre os mellores libros da década 1935-1945 polo American Institute of Graphic Arts de Nova York e a Pierpont Morgan Library. É unha testemuña nostálxica da distancia, con esas figuras femininas que agardan á beira do mar. Son alegorías inscritas nunha pausada concepción do tempo, con xestos rituais e motivos simbólicos (barcas, redes, espigas, rochas, buguinas…)

Pero nos seus traballos tamén aparecerá a influencia do expresionismo, máis relacionado cos debuxos con carga crítica ou satírica, máis agresivos e rotundos no seu trazo. Non hai máis que apreciar as liñas que conforman os tacos de madeira

11

das súas xilografías ou gravados en madeira, cunha linguaxe máis dura ca dos debuxos, aínda que sen perder o seu lirismo.

12

FIGURAS

O tema dominante na obra de Seoane é a figura humana: a muller xunto ao mar, á terra, traballando ou sedente; o home tamén; todos cun valor simbólico alusivo a Galicia e á súa historia. Na súa obra transcende unha ansia de futuro, de cambio, só posible dende o compromiso do exiliado que tira dos cabos do progreso, da liberdade e da socialización da cultura, expresadas a través duns prototipos –sobre todo da muller galega- dos que emana a expectación da espera, esa quietude que imprime ás figuras populares un carácter hierático, monumental e primitivo. Hai un realismo expresado cun estilo que evoluciona e cambia, dende esas figuras de pincelada pastosa e cores terrosas, ata as imaxes compostas de planos de cor uniformes, intensos, luminosos, que xogan a crear volume descadrando as liñas sobre eles, sen chegar nunca á abstracción plena, que Seoane rexeitaba; máis a súa temática e o significado das súas figuras non varian; permanecen no seu imaxinario os tipos masculinos e femininos que fan alusión clara a esa Galicia añorada, a esa mítica Mater Gallaeciae (Nai Galega) que leva o autor exiliado no máis profundo do seu ser, conectado coa idea do compromiso cunha cultura e cunha realidade galegas que quere lembrar, recuperar, fixar para outorgarlle o seu valor específico, cunha linguaxe moderna. Asoman nestas obras personaxes populares, firmes, rotundos, sedentes, en espera, pensativos, que miran de fronte ao espectador, que parecen interrogarnos coa súa quietude, que semellan case sagrados ou hieráticos na súa dignidade, que acaban parecéndonos tan reais como idealizados na súa serena e contida compostura. As súas mans adoptan actitudes cotidianas, estean activas ou inactivas, combidándonos a compartir o seu mundo sinxelo, tralo que adiviñamos unha sutil denuncia, un compromiso ético e social. É o prototipo da muller galega do medio rural, vencellada á terra e ao mar, o que salienta na súa obra como tema central, pois lle dá un protagonismo simbólico encarnando a esencia do que para o autor significan a terra e a realidade galegas: esa Galicia cos homes para fóra, emigrantes ou exiliados, onde é a muller a que permanece unida ao traballo e ao sostén da familia, sempre forte.

13

“ A muller galega é coma as varonas das antigasmitoloxías, capaz de loita, de unha loita moito máis

heroica e maís diaria que as desas outras cuioprestixio trasmitiu a lenda”.

L. Seoane, 1955

14

EMIGRACIÓN

En calquera das súas facetas, plástica ou literaria, e coas máis variadas técnicas, o tema da emigración está presente na súa obra, como un latexo que quere denunciar esta circunstancia social que levou ao atraso económico de Galicia, dende o momento en que a forza de traballo é a que marcha na busca de oportunidades que aquí non existían. A Seoane interésalle a historia galega que vai facendo o pobo colectivamente, día a día, e o expresará tamén en textos, poemas, programas de radio e publicacións como a revista “Galicia Emigrante”. Destaca dun xeito especial ese cadro pintado ao óleo titulado Emigrante (1967) onde a protagonista é unha muller analfabeta que marcha a visitar aos fillos emigrados en Suíza, e para que non acabe perdéndose leva ese cartel pendurado do colo no que pon en francés: “Elle s´appelle Manuela Rodríguez, elle est analphabéte. AIDEZ-LA. Genève 1963”, pero perdida e enaxenada é devolta ao seu lugar de orixe; episodio que Seoane leu nos periódicos da época e que lle inspirou esta obra, e foi quen de transformar en imaxe de denuncia da dureza, do desarraigo, da miseria e da falta de liberdade destas vítimas da historia. Poucos describiron como el o mundo dos emigrantes, verdadeiros heroes anónimos, silenciados e oprimidos por dramas, fracasos, nostalxias e dores.

TRABALLO

Estamos ante unha temática, o traballo, que fora elevada a tema de cadro no Realismo do século XIX. Hai realismo, si, nas obras de Seoane, pero non deixa de estar velado pola idealización da visión dun mundo rural que talvez pretenda redimir con xustiza na súa obra, ensalzando o esforzo, o apego á terra, sendo as súas figuras obxecto e suxeito á vez do representado; en definitiva, facendo del un tema clásico. Son mulleres, sobre todo, as que traballan a terra e fan tarefas relacionadas co mundo rural. Sabemos que é a realidade galega a que está a pintar, onde a terra foi

15

abandonada pola man de obra masculina por mor da emigración. Namentres, soen ser homes -nos poucos cadros que pintou con esta temática na cidade- os que aparecen relacionados co mundo laboral urbano.

16

COMPROMISO “A arte sempre expresa a máis profunda realidade colectiva” L. Seoane

Luís Seoane defendía unha arte de sentimentos, con memoria e con pasado; o que non ía en contra da función social que cría que debía ter calquera manifestación artística. O seu compromiso foi social, político, cultural e, sobre todo, con Galicia en todos e cada un destes aspectos. Fai Seoane unha arte sometida á liberdade, como escribira Lorenzo Varela en 1966. Co seu ideario político defendía un republicanismo e un nacionalismo de esquerdas. Militou no Partido Galeguista e foi compañeiro de viaxe do Partido Comunista. Foi o seu un compromiso coa cultura galega contra o franquismo e a ignorancia, co pobo e cunha cultura para todos. Coherencia estética, ideolóxica e vital o caracterizaban. As grandes preocupacións que están na base da súa acción artística son a inxustiza social, a hipocresía, a guerra, o exilio, a emigración, sempre na busca da liberdade e da liberación destas ataduras, partindo do local para chegar a conformar unha linguaxe universal, aberta, en constante renovación. Tiña a vontade de devolverlle á plástica e ao pensamento galegos a dignidade perdida polos anos de illamento e atraso provocados pola ditadura de Franco: unha creatividade apaixonadamente comprometida co seu tempo na recuperación da dignidade e da identidade galega.

O compromiso político nas obras aparece no tratamento de feitos concretos como “O caído . Homenaxe a Grimau ” (1963), condenado a morte no franquismo polas súas ideas comunistas; “O proceso de Burgos” (1971), no que denuncia outra vez as condenas da ditadura e a persecución das ideas; e no tratamento de temáticas que xiran ao redor de soños premonitorios, linguas viperinas, verdugos sinistros, ou a traición da toma do poder e da represión por parte dos militares. Hai compromiso social en cada figura ou obxecto que pinta, e en todas e cada unha das súas intervencións literarias e culturais.

17

18

A NOSTALXIA.

“Una doble nostalgia, una doble esperanza, una doble condición humana signan su destino. La Galicia celta y la Argentina criolla le llaman por turno –o a un mismo tiempo-; y este sentir en el alma el tirón de los dos pueblos –océano por medio- lo hace, de algún modo, más habitante del planeta, lo acerca más, en fin, alo universal” Lorenzo Varela, Seoane o el arte sometido a la libertad, 1966

O propio Luis Seoane escribiu unha vez que o tema da nostalxia debería ser estudado en profundidade na obra de moitos autores significativos. No seu caso podemos dicir que está na esencia do seu facer, que trascende das súas imaxes, como dos seus escritos literarios. A súa obra sería outra sen a condición de fillo de emigrantes primeiro e de exiliado político despois; cunha traxectoria vital entre as dúas marxes do océano Atlántico, sentindo tanta saudade de Galicia como de Arxentina cando estaba ausente. Esta condición de viaxeiro levouno a apreciar o presente, que non obstante quixo adicar ao estudo do pasado para transmitilo coa idea de non perder o que fora a historia e a cultura de Galicia, que el vía cun potencial que había que recuperar e transmitir ao pobo para construír o presente As súas figuras son prototipos da espera, que implica nostalxia polo perdido: un lugar, unha lingua, a liberdade, a idea de nación que reivindican. A súa obra estivo na súa totalidade ao servizo desta idea. Son elocuentes as palabras que lle adica o seu amigo Lorenzo Varela no seu libro de poesía “Lonxe” (1954), ilustrado cos gravados de Seoane: “A Maruxa e Luis Seoane, fiestras: si se olla pra fora, o mundo, si pra dentro Galiza”.

19

20

CIDADES

SANTIAGO, A CORUÑA, BOS AIRES, foron as cidades máis significativas na vida e obra de Luis Seoane.

A CORUÑA: En 1916, cando tiña 6 anos, regresa da emigración dende Bos Aires coa súa familia, e viven a carón da Torre de Hércules en A Coruña. A visión dos fachos de luz do faro quedará prendida nel, xunto a ese mar do Orzán, que despois pintará simbólicamente como un tema recurrente e esencial, e adicará ao faro a súa máis celebrada obra de debuxos: Homenaje a la Torre de Hércules: 49 dibujos (Bos Aires, 1944). A Coruña será a cidade onde comezará o seu traballo como avogado laboralista en 1934, que quedará truncado polo estalido da guerra civil en 1936 ao ter que agocharse e exiliarse por estar ameazado de morte. Nesta cidade vivirá máis tarde, cando pode volver a Galicia a finais dos anos 60 e 70, a esa costa Ártabra que tanto lembraba e onde o sorprenderá a morte repentina e inoportuna en 1979, con tantos proxectos aínda por facer.

SANTIAGO DE COMPOSTELA foi a cidade onde estudou bacharelato e Dereito e onde recibiu a súa formación humana, académica, artística e política entre 1920 e 1934. Época na que coinciden personalidades que serán figuras clave na cultura galega e nas posicións políticas contra a ditadura de Primo de Rivera, na reclamación dun Estatuto de Galicia na época da República, onde participan activamente ata 1936 na liña do republicanismo de esquerdas e do galeguismo (o único carnet político que terá en vida será o do Partido Galeguista). Comeza xa de mozo a súa idea de dignificar a historia e as tradicións galegas como referentes identitarios básicos, universais e abertos, en constante renovación e convivencia co seu tempo. Destaca o deseño que fixo para o cartel do plebiscito do Estatuto de Galicia: o polbo é símbolo do caciquismo-centralismo que mantén paralizado o desenvolvemento de Galicia. Figuras que influíron a Seoane en especial foron o pintor Carlos Maside, amigo e mestre que lle transmite o compromiso con Galicia, o coñecemento e valoración do

21

mundo campesiño a das tradicións, as formas herdadas da arte románica, a Idade Media como foco de inspiración para a súa obra plástica e literaria, e como espazo simbólico de recuperación da identidade galega,… pero tamén a modernidade; Álvaro Cunqueiro, xoven estudante e poeta a quen se ofrece para ilustrar, deseñar e editar a publicación dos seus primeiros libros de poesía: Mar ao norde, Poemas de si e non, Cantiga nova que se chama Riveira; Ánxel Casal (axustizado e morto na represión da guerra) e a súa mítica Imprenta Nós (saqueada en 1936), espazo fundamental na formación de Luis Seoane, porque supón o seu primeiro contacto coa profesión tipográfica e onde realiza os seus primeiros ensaios coas artes gráficas; ademais de ser lugar de reunión do faladoiro das súas inquedas e comprometidas cabezas. Artistas como Manuel Colmeiro, Xosé Eiroa, etc, traban con el amizade e comparten aspiracións artísiticas vangardistas e políticas nos anos 30, que serán relevantes no futuro. Seoane participa na creación da FUE (Federación Universitaria Escolar) en 1929, que reforza a súa loita estudantil contra a ditadura primorriverista, xunto coa publicación da revista Universitarios e dende o Comité de Colaboración Intelectual, que organiza actividades como as conferencias de Federico García Lorca e Ramón Gómez de la Serna en Compostela. Xa no exilio Seaone participará con debuxos, gravados e deseños en diversas homenaxes ao poeta andaluz vilmente asasinado en 1937.

En BOS AIRES desembarca o 28 de setembro de 1936, volve ao seu lugar de nacemento. En 1937 reunirase con el a que será a súa dona, Maruja, que o acompañará sempre, e alí desenvolverá unha intensa actividade a favor da República, denunciando os crimes dos golpistas, entre cuxas vítimas se atopan moitos amigos e coñecidos. Dende o primeiro momento conecta cos intelectuais e artistas que van crear nesta cidade un caldo de cultivo magnífico para todo tipo de publicacións e obras comprometidas coa causa da liberdade. Destaca en 1937 a publicación excepcional do álbum de debuxos titulado Trece estampas da traición, para mostrar ao mundo a brutal represión na Galicia controlada polas tropas franquistas sublevadas.

22

Os seus amigos e colaboradores galegos máis cercanos na creación de editoriais e revistas serán Arturo Cuadrado e Lorenzo Varela, que xunto ao apoio incondicional de Rafael Dieste, de Isaac Díaz Pardo máis tarde e de tantos outros, contribuirán a desenvolver unha chea de proxectos de alto interese cultural para Galicia e Latinoamérica. Esta cidade acolle nos anos 40 e 50 a galegos transterrados e xentes de todas partes que fuxen do fascismo e da fame, converténdose no centro cultural máis importante de América Latina e do mundo: aberto, creativo, intelectual, cosmopolita, onde Seoane realiza a súa apaixonada actividade. O encontro entre Seoane e o poeta andaluz Rafael Alberti en 1941 será fructífero na publicación conxunta – poesía, ilustracións, deseño e edición - do álbum Muiñeira, en 1962 do álbum Sobre los ángeles, a obra maior de Alberti, quen en 1951 lle adica a Seoane o poema inscrito no libro A la pintura, que é un retrato maxistral da persoa e da plástica da primeira época do artista galego.

A un lado e outro do Atlántico traballará un Seoane comprometido coa liberdade, coa idea dunha Galicia modernizada e rescatada, atravesado por ese empeño e esa nostalxia que condicionou a súa laboura. Lúcido, social, aberto, moderno, múltiple na súa actividade, a vida nestas cidades trascende na súa obra. Curiosamente as poucas paisaxes urbanas que pinta serán de Bos Aires, da gran urbe, deste gran centro de acollida de xentes diversas, que constrúe como unha trama bulinte, abigarrada, chea de vida e de movemento.

23

24

25

BODEGÓNS

“A secreta individualidad das cousas, a que se desprende naturalmente delas sen a busca previa do artista, a beleza escondida que se deduce dos obxectos habituais e desdeñados fóra da súa practicidade, que rodean o home: as froitas, as cazolas, as verduras, as tixolas, as lámpadas, as cerámicas… todos eses elementos simples que carecen de significado estético para a mairoría, que os ven distraídos da súa posible beleza, veñen servindo de motivo para que o artista atope a súa distinción estilística e a súa capacidade de utilización dos recursos plásticos”. (De Luis Seoane, textos sobre arte.)

O “bodegón ou natureza morta” é un xénero pictórico onde se representa unha composición a base de seres inanimados (animais mortos, vexetais e cousas). Constitúe un campo moi atractivo para experimentar a composición, a iluminación, o tratamento dos obxectos e o fondo ou contexto que os rodea. As máis das veces semella todo casual, como se o cotidián sorprendera ao autor e lle servira para inspirarse, cando o certo é que lle serve para exercitarse e facer múltiples ensaios. En 1954 Seoane escribíalle ao amigo e pintor Carlos Maside nunha carta:”Pinto o que amo, temas nacidos da nostalxia e ao seu carón, coma unha fonte de experiencias que a min me son útiles, os bodegóns”.

As palabras do propio artista son moi claras, a elas só podemos engadir que a súa arte se debate entre a tradición e as novas tendencias na busca da propia expresión. A partir de 1951 a importancia do seu labor como deseñador e muralista vai influír nos seus óleos, con máis lirismo e rotundidade, ao tempo que a imaxe comeza a descompoñerse. En 1965 o esencialismo consolídase a través da simplificación das formas e a claridade do cromatismo. Nos bodegóns mostra unha clara idea construtivista, valéndose do máis próximo, do que ten a man, do cotián, para experimentar, pero sempre dun xeito que espanta a frialdade. Observa, ensaia cambios na forma de representar a realidade, reservando sempre un maior realismo figurativo nos obxectos que lle serven de modelo para o seu estudo, mentres que os soportes e os fondos evolucionan por espazos que van das notacións máis realistas dos primeiros anos 50, ata a súa esquematización, xeometrización, tratamento simultáneo dos

26

puntos de vista, deconstrución, case abstracción en ocasións; con influencias que parten dende Cézanne ata a mellor tradición cubista (Picasso, Léger, Juan Gris) e construtivista (Torres García). Apaixona comprobar como descompón a materia próxima, para compoñer as formas e os soños dunhas “naturezas vivas”.

27

PAISAXE “Ata cando non a representa está aí impregnandoo todo”. E. Blanco Amor Seoane expande ou concentra a súa cor ou traza a súa liña sobre a paisaxe afastada ou cercana, lembrada ou recuperada. Pinta en Bos Aires esas poucas paisaxes urbanas e unha serie de paisaxes arxentinas, pero a idea da súa arte xira en torno á lembranza e ao compromiso con Galicia, que simboliza en calquera das representacións ás que recorre para reconstruíla, achegala, vivila e ofrecela ao espectador. O propio pintor expresaba en 1978: ”… pronto vin que o meu tomaba corpo cando prestaba atención a idealizar as miñas lembranzas máis que a traballar ante unha paisaxe ou unha modelo”. Descarga nas súas paisaxes o seu sentir emocionado e fondo e nolo brinda. Por iso cando pinta o verde ou o mar de Galicia non necesita de notas previas, porque é memoria. O seu estilo evoluciona dende esa pincelada empastada dos anos 40 e parte dos 50, transita cara a novas formas a mediados dos 50, para asentarse na década dos 60 e na dos 70 nos logros da liberdade expresiva, da depuración dos signos, da saturación das cores planas, que crean, xunto coas liñas superpostas e independentes da cor, unha realidade pictórica moderna e un estilo propio. O mar do Orzán de A Coruña, que nos anos setenta pintou ao óleo encrespado, ensarillado de ondas, contrastado de laranxa e azul intenso, e rebereteado de branco o ritmo das ondas, pintao tamén á acuarela con ausencia de grafismo, debúxao noutras ocasións, grávao, e constitúe un dos temas predilectos. Son a cor e o branco sumerxido ou emerxente os que configuran o mar, a forma, a poesía, a emoción diluída en cor. É lembranza e agora está ante el, é retorno, é esencia da paisaxe. O tema marítimo relacionado coa memoria e co retorno é vital na súa obra. Así o entendeu o poeta Rafael Alberti cando no ano 1951 escribiu uns versos que adicou a Seoane no exilio compartido, onde fala da “nostalgia quieta” e consegue describir e definir a súa arte marítima con exactitude e emoción contida. Son as dúas costas dun mesmo mar, un mar que pinta sólido, estático, que aínda cando rompe semella conxelado, como unha senda que lle permitiría ir e vir

28

dunha a outra beira. Na súa obra está o sentimento de ausencia, o sentido da travesía, provocado pola súa condición de desterrado. “A miña pintura é moi espontánea. Sigo un ritmo de cores e, logo, grafismos que seguen á cor, o ritmo natural do cadro”. L. Seoane, 1969

29

ACUARELAS

“Eu pecho os ollos e vexo o que quero, algunha vez crin percibir mesmo o olor daquel mar”. L. Seoane, 1978

Paisaxes, o medio urbano, figuras, caras, abstraccións…, son motivos que conforman estos líricos e íntimos recantos que Seoane pintou como compañeiros de viaxe nos seus desprazamentos, por ser unha técnica máis doada cando se está de paso. Tomaba notas do natural, nunca pintaba ao aire libre, e logo, xa na casa, facía a acuarela. O mesmo autor expresaba que “a acuarela é un oficio puro e duro, que resolve a urxente necesidade de expresarse de quen a usa, na súa impaciencia; tratando de singularizar as características esenciais de paisaxes diversas, co intento de sinalar fundamentalmente a súa forma, cor e atmosfera.” Estas obras son dos anos 50; de 1963: pintadas en Xenebra, Saboia, Madrid, Galicia; de 1964: feitas no norte de Arxentina; de 1967: cando volve a España e pinta en Madrid e Galicia; e nos primeiros meses de 1979 realiza en Galicia tamén as súas acuarelas máis fondas e líricas, máis urxentes e necesarias. Nelas destaca o uso da cor tanto como da súa ausencia neses fondos brancos que axudan a configurar a imaxe, destacando unha case inexistencia de liña ou grafismo. Son pura cor, adestran a man do autor e a súa fonda reflexión sobre o seu concepto da paisaxe.

“Tratade de facer unha pintura cercana ao silencio”.

Luis Seoane

30

31

GRAVADOS

“Todo debe ser loita da man co material, do home coa materia. Para un cerebro e un corazón de artista abondan a man, a materia e o seu desexo”. L. Seoane.

Seoane soe ser considerado ante todo un magnífico gravador. Poderiamos dicir que, polo seu dominio das técnicas máis variadas da estampación, pola súa complexidade e transcendencia, pola súa experimentación de novos procedementos de gran expresividade, é un dos mellores gravadores do s. XX, xunto aos máis grandes como Joán Miró, Picasso… Destacou sobre todo na xilografía (gravado en madeira) coa que realizou álbumes, retratos ou ilustracións de libros de grandes autores como Lorca, Alberti, Unamuno, Neruda, Gómez de la Serna, Lorenzo Varela, Kafka. A súa mestría e innovación con este material foi salientable, porque ademais era coa técnica do gravado coa que máis cómodo se sentía. Seoane tiña unha destra sensibilidade para fundir a literatura e a imaxe respectando o texto, enriquecéndoo e apuntalando o seu significado; deste xeito logrou elevar a pezas de museo os libros e carpetas que ilustrou. Atopaba nos manuscritos dos escribáns medievais inspiración para o seu traballo, así como no gravado barroco compostelán, ou en autores contemporáneos como Castelao e Maside e, como non, nos expresionistas alemáns. A súa intención era usar o gravado como un xénero útil para establecer unha comunicación entre o artista e os homes – o seu pobo. Non é estraño que a arte contemporánea recuperara un medio expresivo tan antigo, a xilografía, pero tan indicado para manifestar ese expresionismo do s. XX que tanto influíu ao autor. No seu traballo usaba xeralmente dúas ou tres pranchas de madeira para conseguir imaxes dunha gran riqueza plástica, superpoñendo os diferentes tons de cada prancha para crear o volume, o espazo, cadrando ou descadrando as formas, como é sabido no seu particular estilo. As imaxes que resultan son toscas, rotundas, primitivas, e así as quería.

32

O gravado, a estampación, coa súa finalidade de producir copias, é un medio de comunicación idóneo para un artista que, como Seoane, quere por enriba de todo que a súa arte e as súas ideas cheguen a todos, coa maior divulgación posible. “O artista gravador participa, como alguén dixo, de “toda a gloria do obreiro”. O seu oficio é un dos máis antigos do home. Nace na prehistoria… Desa antigüidade procede seguramente o seu humanismo e o seu afán de liberdade”. L. Seoane.

33

MURAIS

Esta faceta do artista desenvolveuse en Arxentina preferentemente entre 1943 e 1972. A súa obra máis ambiciosa foi a pintura dos muros do Teatro Municipal General San Martín, en Bos Aires (1957). Pero tamén elaborou murais para espazos comerciais, edificios de vivendas, etc. Será nos últimos anos, cando pasa estadías máis longas en Galicia, cando fará os murais das fábricas de O Castro e de Sargadelos. O seu espírito innovador apréciase na utilización de novas técnicas e novos materiais, a súa produción é a contribución máis destacada á arte mural galega no século XX. O que de verdade espertaba a curiosidade de Seoane era colaborar con outros pintores e con arquitectos e enxeñeiros na realización destas obras, perseguindo a integración das artes e defendendo a función social destas. Non deixou de probar a antiga técnica do MOSAICO e de renovala cunha linguaxe máis moderna, pero debedora dese pasado medieval románico que acompañou a súa estética no fondo e na forma. Elabora estas obras a base de fragmentos cerámicos incrustados na argamasa e levados ao muro, como os exemplos feitos en O Castro e en Sargadelos, xa nomeados.

34

35

CARTEIS

A actividade cartelística de Luis Seoane foi da máis innovadora e atractiva da súa época, baseada nun profundo coñecemento do deseño gráfico universal e da súa influencia na arte de vangarda. Os carteis que deseñou para as súas exposicións, para actividades culturais ou publicitarias alleas, caracterízanse polo uso de elementos figurativos e abstractos. Destacan os carteis de Cinzano e coñac Otard-Dupuy, que constitúen unha experiencia innovadora no cartelismo comercial, así como o realizado para a exposición do libro galego na Arxentina; os tres de mediados dos anos 50 e os tres obras mestras e pioneiras do deseño gráfico arxentino. O seu traballo gráfico forma un corpo común coa súa obra pictórica, por iso está presente non só a tendencia abstracta, senón tamén un expresionismo novedoso, a figura da muller, a estampa popular, recursos da tradición e do pasado cultural galego, como, por exemplo, os signos da nosa prehistoria… Agás os carteis que fixo en Galicia antes da guerra civil, coa excepcional e potente imaxe da liberación dos tentáculos dun polbo, co que defendía o Estatuto de autonomía en 1936; poderíanse clasificar os seus carteis en tres apartados: os estrictamente publicitarios dos anos 50, os de promoción cultural das décadas dos 50 e 60 e os de experimentación gráfica dos anos 70, que puxo ao servizo da cultura galega (Festival Céltico, Día das Letras Galegas, etc). Seoane foi dos primeiros teóricos do mundo hispano que intuíu que unha arte nova aparecía en escena e había que exercitala coa máxima esixencia e o máximo nivel de calidade. Pensaba que o mellor deseño aparece cando o utilitario busca no estético o seu soporte e cando a estética consegue ser funcional. A súa concepción da arte era global, a dun pintor que se apaixona polas artes gráficas ou por calquera medio de expresión que leve á integración das artes, de aí que na súa modernidade dea uso á cultura visual moderna convencido de que a arte non é un adorno, senón unha arma, un medio de comunicación.

36

37

CARPETAS DE DISCOS

Calquera soporte é idóneo para amosar o talento dun artista que como Seoane sabe facer uso de todos os medios ao seu alcance. Asi, nesa década dos anos 60 en que estaban a cambiar e a renovarse aspectos sociais, políticos, culturais e costumes de man da xuventude, en medio dunha estética “pop”, o artista deseñará fundas de discos de longa duración de autores coñecidos: Nicolás Guillén, Neruda, Borges, etc., que chamou Antoloxía sonora. Neles aplicará un estilo xa definido e moi persoal que busca solucións para dar forma ao contido do disco, nunha feliz conxunción de son e imaxe.

LABORATORIO DE FORMAS

O denominado Laboratorio de Formas é unha Sociedade Instrumental creada en Arxentina por Isaac Díaz Pardo e Seoane para dar saída no interior a proxectos de recuperación industrial e cultural na Galicia abatida pola ditadura.

Iniciativa que trata de fomentar o DESEÑO das formas aplicado aos máis variados obxectos e de establecer a relación entre arte e industria, tomando como inspiración a Bauhaus alemana, pero tendo presente a idea de recuperar o propio, os oficios e a tradición artesanal, agora modernizada e compatible cun proceso industrial. Do LF, xurdirán empresas como Ediciós do Castro, as fábricas de Cerámicas de Sargadelos e do Castro, ou o Museo Carlos Maside, que foi un dos proxectos máis desexados por Seoane no seu regreso do exilio, para recuperar o movemento renovador da arte galega de antes de 1936, descoñecido polas novas xeracións e mostrar a arte maís actual. Inaugurado no Castro de Samoedo en 1970, nas súas salas amosáronse obras de Picasso, Miró, Castelao… e fixéronse actividades culturais diversas: conferencias, ciclos de cinema e de documentais, etc., que axudaron a enriquecer o momento final do franquismo en A Coruña.

38

39

CERÁMICA Luis Seoane foi innovador no deseño e na idea de usar calquera soporte, neste caso a cerámica, para transmitir unha cultura para todos. As súas primeiras experiencias levounas a cabo en Arxentina, na fábrica de cerámica de Magdalena (Bos Aires) fundada por Isaac Díaz Pardo e outros exiliados en 1957, e máis tarde en Galicia, a partir de finais dos anos 60. A colaboración de Seoane e Díaz Pardo vai ser tan fructífera que conseguirán recuperar a antiga fábrica de cerámica de Sargadelos (Lugo) e Seoane apoiará a creación da fábrica de cerámica de O Castro (Sada, A Coruña) fundada por Díaz Pardo, nas que colaborará deseñándo pezas e murais e promovendo xuntos un sen fin de proxectos. Vencellada ao Castro estará a creación de Ediciós do Castro (1963) , coa finalidade de difundir libros galegos; o Museo Carlos Maside, que Seoane chea de contido para amosar a arte galega maís vangardista; e o magnífico experimento vangardista que denominaron Laboratorio de Formas. Todos gardan relación entre si na intención de recuperar as formas propias da cultura galega que perviviron e que pretenden renovar, modernizar e facer universais dende o local ou particular, e deste xeito contribuír a unha nova industrialización de Galicia.

40

41

EDITORIAIS: Grafismo, deseño e ilustración de libros.

A gran mestría de Luis Seoane como renovador do deseño gráfico editorial arxentino e galego é indiscutible, e representa unha autoridade sen precedentes que acada o máis alto nivel de calidade, de innovación, de modernidade, cun sen fin de iniciativas que teñen por obxecto trasladar a arte do deseño a obxectos de uso cotidián e, a través deles, facer alcanzable a arte e difundila. A súa formación tipográfica comeza cando mozo na Imprenta Nós de Ánxel Casal en Santiago de Compostela, e xa no exilio será a primeira actividade que lle dea traballo, incorporándose á Editorial Losada e creando despois liñas editoriais propias en colaboración con Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, etc., boa mostra da súa capacidade de experimentación e a súa sensibilidade, de rigor e destreza plástica, sen deixar de lado nunca o compromiso social e cultural, nunha época na que o franquismo non permitía a publicación e censuraba libros galegos e españois que viron a luz no exilio bonaerense. Dorna, Hórreo e Buen Aire serán as tres coleccións que crea para Emecé Editores entre 1940 e 1943, nas que publica e deseña a edición de clásicos do pensamento e da literatura galegos, españois e latinoamericanos. Funda con Arturo Cuadrado en 1943 a Editorial Nova, con nove coleccións (Camiño de Santiago: temas de literatura e ensaio; Mar Dulce: temas de cultura popular hispanoamericana; etc) En 1947 os dous fundan a Editorial Botella al mar, que Seoane dirixe e onde publican libros de autores europeos e españois: Paul Valéry, William Blake, Alejandra Pizarnik, Luis Buñuel, Salvador Dalí, Lorenzo Varela, Rafael Alberti…, para os que elaborará deseños vangardistas e innovadores. En 1953, nesta editorial, e en 1957 na Editorial Bonino publica Seaone os seus dous Libros de Tapas, espléndidos álbumes cunha escolma de deseños de tapas de libros realizadas para

42

distintas editoriais con texto alusivo do propio autor sobre a súa experiencia gráfica. Na Editorial Citania, creada por Seoane e Antonio Baltar en 1957, con cinco coleccións diferentes, destaca a colección Martín Sarmiento, sobre diversas temáticas da realidade e do coñecemento do medio galego. Publican a rompedora novela de Eduardo Blanco Amor A Esmorga (1957). Seguíu a moderna concepción do libro, propio ou alleo, como obra de arte integral, utilizando os recursos plásticos máis suxestivos e rompedores, cuncha linguaxe que renovou, vestiu e complementou o soporte en papel con debuxos, gravados, etc.

43

REVISTAS E XORNAIS O afán editorial non se limitou ao mundo do libro, senón que ten unha extensión de grande interese nas revistas. Fundou con Lorenzo Varela e Arturo Serrano-Plaja en 1942, De Mar a Mar, que deseña xunto con Attilio Rossi, onde colaboran escribindo Francisco Ayala, Rafael Alberti, Alejandro Casona, Guillermo de Torre, intelectuais españois e arxentinos. Correo Literario, creada en 1943 e dirixida por Seoane, Cuadrado e Varela, cunha clara liña antifascista e coa colaboración de escritores como Octavio Paz, Alberti, Rafael Dieste, Vicente Huidobro, Vinicius de Morais, Ernesto Sábato, Gabriela Mistral ou Julio Cortázar, cuxo primeiro relato titulado Bruja publicouse en Arxentina por Seoane en 1945 nesta revista. En 1946 participa na creación da revista Cabalgata, que divulga os acontecementos culturais de América e o mundo, con importantes colaboradores. Galicia Emigrante será a última revista que funda no exilio, da que sairán 37 números entre 1954 e 1959. Trata temas diversos de interese xeral da vida española e do exilio. Será Francisco Fernández del Riego quen actúe de correspondente da revista en Galicia, aportando a visión e inquedanzas que o “exilio interior” amosaba no propio país baixo a ditadura e sen liberdades. Non esquezamos que Seoane comezara na súa época universitaria a participar activamente en todo tipo de publicacións periódicas, dende a revista da FUE (Federación Universitaria Escolar) (1929). Despois virá Resol. Hojilla Volandera del Pueblo (1932), pequena revista na que materializaron a súa idea de achegar a poesía ao pobo, repartíndoa nas rúas e feiras el e Arturo Cuadrado, e da que partiu a instalación da Barraca Resol que amosaba obras de artistas galegos a todo aquel que tivera a ben entrar. Ata a fundación en 1933 con Luis Manteiga do semanario de esquerdas Claridad, apoiado por Ánxel Casal e dirixido por Suárez Picallo e Seoane, onde satirizan á dereita galega e española baixo a República, e onde aparecen elementos gráficos xa innovadores. Ou en 1935 cando editan o semanario galego de esquerdas Ser contra a dereita reaccionaria no

44

contexto do “bienio negro” republicano, con debuxos de sátira política e liña expresionista, que evidencian a influencia dos gravadores e debuxantes expresionistas alemáns.

Os artigos de Seoane para prensa, revistas e as comunicacións ou audicións para radio constitúen unha especial aportación e complemento á súa obra literaria e plástica, na que o compromiso e a visión integradora das diferentes facetas ás que se adicou, cunha enorme creatividade e capacidade de traballo, están sempre patentes, sendo sempre fiel ás súas ideas na elaboración dunha obra total e dunha coherencia excepcional, na mellor liña dos grandes humanistas que ansiaban acadar un saber completo e compartilo.

COMUNICACIÓNS RADIAIS

Luis Seoane non desestimou os novos medios de comunicación e o seu potencial para expresarse, chegar a un amplo público e difundir cultura. Entre 1954 e 1971 emitiu os domingos por Onda LS 10 Radio Libertad un sin fin de audicións radiais: “Galicia emigrante ” (1337), que conformaron unha completa crónica dos temas máis diversos: historia, arte, cultura, actualidade de Galicia para os galegos emigrados e para manter a conexión coa súa terra. Pódense distinguir as audicións feitas para o Centro Galego e para o Centro Lucense en Bos Aires. En calquera das súa contribucións o autor demostra unha modernidade sen límite sempre aberta a toda novidade e a un afán de análise do pasado e do presente para entender a realidade.

ENSAIO

Escribiu textos teóricos sobre deseño, sobre arte mural, sobre a ilustración, acerca da integración das artes, monografías sobre diferentes artistas como Carlos Maside, J. Pérez Villamil, J. Pascin, etc. Ademais de ter en conta a

45

infinidade de artigos ou conferencias onde teorizou e reflexionou sobre tan diversos aspectos do seu múltiple traballo, que son unha evidencia do seu rigor e das súas inquedanzas por todo, e sempre cunha lúcida proxección de futuro. Na maioría destes escritos Seoane sintetiza as súas ideas sobre a difusión e inclusión das artes noutras disciplinas que axuden a socializala, como o muralismo, o gravado, o deseño gráfico, a ilustración, o cartelismo, a publicidade, o teatro.

46

POESÍA

Comprometida sempre, dende a condición de exiliado político e dende a nostalxia. Foi poeta épico máis ca lírico, cun verso libre directo e vigoroso e con presenza de símbolos, que tamén aparecen na súa pintura: o paxaro, a serea, de seguro relaciónados coa idea da liberdade. O protagonista dos seus libros é o pobo galego, o pobo da diáspora. Para el a arte tiña unha función social. Parecíalle unha inmoralidade falar de si mesmo cando o pobo sofre. “Poesía dirixida a configurar a conciencia histórica e social dun pobo asoballado… a súa dicción é ríspida, monótona, pouco matizada e dúctil. Usa dun verso libre brusco e xoto,” di del o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.

Escribiu:

-Fardel do eisilado (1952) Primeiro libro de poemas que é un arrebatador canto ao drama da emigración, atravesado por un halo de heroísmo anónimo e saudade. Pois cada emigrante é un novo heroe que converte en mito exemplar dun feito que denuncia e sofre. As ilustracións que acompañan ao texto convértense en verdadeiros poemas visuais.

-Na brétema Sant-Iago (1956) Neste segundo poemario Seoane evoca unha Compostela medieval onde diferentes personaxes perfilan un universo colorista e heteroxéneo no que teñen cabida os comportamentos máis dispares e recurrentes do ser humano. Os gravados que o ilustran completan a visión literaria dos protagonistas.

-As cicatrices (1959) A conciencia, a epopea, a loita, a rebeldía, a furia, a ternura e a inocencia mestúranse neste apaixonado e desolador fresco que Seoane nos debuxa dende a derrota e a carraxe máis profunda, sen renunciar xamais aos desexos de liberdade.

-A maior abondamento (1972) Recupera o tema da emigración para defender unha vez máis esa Galicia desterrada e vítima deste gran drama colectivo.

47

DESTERRADOS A Maruxa, miña dona. Nos seus ollos o mar de Galicia.

Nesas figuras pintadas nas paredes,que semellan que agardan, probes, limitadas, labouriosas,entrego o meu mensaxe. Esa mestura de ensoños e de tenruraque o pobo lonxano, esquecido de min, ourentou.Rubido no andaime, a moitos metros do chan, tencionando dibuxar nas paredes imaxens que me sucedan,que póidanse escavar pasados mil anosantre colunas crebadas, xoias e útiles de traballo.Falo con min mesmo. Pecho os ollos e podo verdende esta cidade antre serras espidas, mineraes,as froles bermellas das mapoulas á beira do océano, os outeiros verdes, os carballos, os muros de pedra,o niño ascondido do melro, as vacas bermellas,a aboa co fío da roca antre os dedos.I escoito en min unha vos lonxana, escura, senlleira,unha vos desaparecida.

Esa era a miña patria, esa responsabilidade do home,a forza, o amor dos desterrados,todo aquelo que tivemos que resinarnos a perder,quedándonos sin feitizos, soios, cara ao mundo.Non tivésemos querido sembrar, senón esquecer,e amercearnos de todos eses xuiciosos anciánsca faciana dibuxada polos seus intreses económicos,cada enruga unha sinal de solercia e de cubiza,que parecían mainos nos seus paseios pola Alamedaou ollando o mar dende os peiraos dos portos.Xubilados de todo trablallo, mais non do mal e da mentira.Deses e dos seus fillos que puláronnos ao desterro.Sinalábannos co seu longo dedo enxoito e amareloe ollábannos con iradende a malina concavidade dos seus ollos.

Eiquí estamos cos nosos anos, encanecidos,desterrados nun mundo sin intimidade nin cortesía,cas nosas lembranzas, mais sin remordimentos.

Non te vemos fai moito, terra desa saudade,mais sentimos en nós a presenza da túa lusagardando que eses terribels nemigos o tempo e a concencianos volten ás túas noites,á presenza dos seres ocultos que nos agardan.

48

Somos homes arrincados de súpeto das herdadas costumesque non teremos máis un verdadeiro fogarcon un ar familiar, unhas cadeiras vellas e uns poucos libros.Abandoamos as nosas casas pra botarnos espidos ao mundotraendo connosco soio algunha lenda da patria.e cavilando somos mozos e ceibes.Mais os anos proban que estamos atados a un sonoe somente a un cacho de terra que é o noso dominio, a unhas sombras sin tempo cuios nomes esquecemos.Tivésemos gostado envellecer sereamentexunto ao tépedo lume herdadoestendendo sobor del as nosas mans folgadas.

Atópome rubido a un andaime agardando o futuroenvolto no po da obra, a cal e a area.Nunha mesma terra naceu o pobo que amamos,tamén seus marteiradores, seus verdugos, e todos eles siguen asexándonos en silenzo,coidándoos impracabres na lembranza.A os desterrados gostaríanos de sentarnos baixo das velase repasar os episodios de unha vella historiade humillaciós, de mortos, de sangue.Lembrar resinados as mans que mataron,as facianas desfeitas.¿Qué tivéchedes feito no pasado? ¿Qué fixeron vosos pais?perguntaríamos aos verdugos. Mais, ¿qué fixeron os nosos?E cada desterrado preguntaría: ¿Qué fixen eu?Soio o pobo e nós atoparíamos a resposta axeitada,aínda cercados de aramios, de xenreiras, de armas,antre os saloucos das mulleres e dos nenos,agardando ese porvir que tencionan matarco seu neicio presente os vellos asesinos.El e nós ventamos como asoman nas campasas mans que se ergueron pola historia e os aboengose cavilamos: ao tempo non poden matalo,tamén el pertenécenos,como o sono, o traballo, a morte.

Xunto aos camiños, á beira das gaviasestán sentadas vellas mulleres alombadas,acochadas con mantóns escuros que contemprano desfile dos campesiños que veñen das sementeiraspresididos polo ancián sin tempo da bulsa ao lombo.As vegadas ese pobo canta esquecido das torturas,dos castigos aturados dende fai máis de mil anos,das fogueiras, no seu longo camiñar de séculosdende un logar descoñecido cara ao oeste.

49

Incorporou a dondura e a pacencia á súa sanguee son as xerazós pasadas as que os asexannon os policías nin os homes armados,transmitíndolles a cantiga, a sabencia, a lei.

A realidade non pode alonxalossenón distraílos dos vellos mitos.Dos herdados supertizosos ritos de altar.Do seu mundo de medos e misterios,pensamentos confusos i enmeigamentos.

Cando estamos cansos, coma nas lendasa terra chámanos. Fai soar a súa vos de pinos,de paxaros que berran dende o fundo dos boscos.Os desterrados temos traballo, teito, pan,mais vivimos coma sombras. É máis forte que nósa tenza de terra lonxana onde nos criamos,e ningún outro amor, nación, fortuna ou éisitopoden apracentar esa saudade.Quedounos á xente sin patria o curazónno logar onde soio ríen os vencedores,na terra nosa, á que un día voltaremos:a dos mortos, dos pantasmas, dos vencidos.

Voltaremos sobor das pegadas borrentassin obrigas que nos ataxen ou recramena percurar a nenez perdida e os anosnos que coñecimos o estragamento, a violenza.Nos que fumos aldraxados e repudiadospor leises e uniformes, e soupemos de abondo axiñaque nada era fincado e inmorrente.

Dende o andaime escoito no chan voces estranasde obreiros desterrados cicais de moitos paísese con liñas nas paredes sin querer dibuxonas facianas a nos acenos das figuras,as imaxens lonxanas que se acubulan na miña memoria.E a parede dun edificio de unha cidade estranaa máis de mil kilómetros do noso océano.Pecho os ollos e penso:O home non pode camiñar soio sin perescer.Un día voltaremos. Será entón inverno,a época dos homes senlleiros, da noite, dos lobos,e iremos pola mar até atopar na costaunha muller coa lámpada en outo,ao altor dos seus ollos,que tratará de recoñecernos nas trebas. (De Na brétema, Sant-Iago. 1955)

50

TEATRO “El teatro es el termómetro de la salud de un pueblo.” Federico García Lorca

Seoane escribiu tres obras de teatro, rescatando temas da cultura galega e da historia que relaciona co presente, logrando unha conxunción perfecta das crónicas e mitos do pasado coa Galicia real da emigración, como fixera tamén na súa obra poética e rebelándose, de paso, contra a manipulación histórica:

- A soldadeira (1957, en galego en 1996) A través dun feito histórico, a rebelión de campesiños e artesáns galegos dirixida por Roi Xordo no s. XV en Compostela (guerras Irmandiñas), trata de explicar feitos actuais. Minia, “La Soldadera”, leva as novas aos campesiños da Idade Media e serve de guía tamén a uns campesiños do s. XX que, grazas á maxia, poden presenciar os feitos que os levarán a entender o seu presente.

- Esquema de Farsa (1957, aparecido en Galicia Emigrante)

Parte dunha información sobre o ”Día del Emigrante Gallego” aparecida nos xornáis coruñeses de 1956 e vaise servir dela para convertila nunha farsa crítica coa realidade. Non foi pensada para ser representada.

- O irlandés astrólogo (1959, en galego en 1980)Un home desterrado do seu país, Irlanda (s.XVII), establécese en Compostela como catedrático de Retórica, e aquí será perseguido pola Inquisición, torturado e xulgado. Na obra latexa o sufrimento do home que padece a emigración, o exilio e a persecución pola súa idealoxía. Nesta obra tamén, pasado e presente vencéllanse por unha mesma problemática social.

O autor tamén ilustrou obras dramáticas doutros escritores, realizou escenografías e apoiou moitas iniciativas teatrais. Defendeu un teatro popular, que saíra ás prazas e rúas, baseado na mímica e na acción, despoxado de aderezos, como

51

organismo vivo e contrario a toda manipulación academicista. Seoane expresaba que o teatro fora separado do pobo e sobrábanlle moitas verbas. Que había que voltar ao xograr e ao saltimbanqui, a facer na cidade o teatro que podería facerse nunha aldea, e facelo nestas. O teatro tiña que asumir os problemas da vida contemporánea e os matices estilísticos de cada época, para estar vivo.

52

NARRACIÓN

Destacan as once narracións que forman o libro titulado Tres hojas de ruda y un ajo verde o Las narraciones de un vagabundo, Bos Aires, 1948, editado en Botella al mar e ilustrado con debuxos de Seoane. Nelas evoca unha Galicia de lenda, onde a forza da natureza e os segredos da maxia mestúranse nun mundo pasado que trascende.

53

IDEAS BÁSICAS- TEXTOS EXPOSICIÓN LUIS SEOANE

- Un autor polifacético, multidisciplinar, dun saber humanista.

- Compromiso cultural, social, político para modernizar Galicia.

- Tema central da emigración e do exilio.- A muller como símbolo de Galicia: Mater Gallaecia.- O mundo do traballo, e do traballo femenino sobre todo.- A Galicia mítica do pasado e a Galicia real do presente,

tras a idea do nacionalismo.- Expresar cunha linguaxe moderna temas e problemáticas

locais.- A nostalxia traspasada á paisaxe e ás presenzas

pictóricas.- A acuarela como técnica espontánea e urxente cando o

autor está de paso, de viaxe.- As cidades: A Coruña. Santiago, Bos Aires. // A aldea:

Arca.- Os dualismos:

-mítico-real -local-universal -Galicia-Arxentina -tradición-vangarda -plástica-literatura -cultura-popular -imaxe-texto

- A integración das artes.- Unha arte e unha cultura popular.- A arte sometida á liberdade.- As influencias medievais do estilo románico, dos

miniadores de textos, das vidreiras…- As influencias contemporáneas do expresionismo alemán,

de Picasso, de Juan Gris, de Ferdinand Léger, de Matisse, de Torres García…

- O uso de materiais diversos para achegar a arte ao pobo.- A difusión e ilustración do libro.- O uso de diferentes medios para comunicar, expresar e

concienciar.- Literatura ao servizo do colectivo.

54

55

CITAS SELECCIONADAS PARA A EXPOSICIÓN DE SEOANE

“O traballo é creación e trato de traballar o máis seguido que podo.” L.Seoane, 1953

“Luís Seoane movíase con intransixencia e sen concesións no ámbito da fidelidade á súa obra, ao seu pensamento, aos seus países e aos seus amigos. Non toleraba a máis mínima intromisión no seu labor”. Maruja Seoane

“esta idealización tan propia do espírito romántico na busca da “consciencia colectiva”, o artista utilizouna para devolver aos galegos os seus mitos, para construír riba deles un pobo libre no concerto dos pobos con cultura de seu. Galicia mítica e Galicia real compleméntanse nun programa literario e artístico consciente para mostrar un pasado do que sentirse orgullosos, e deixar atrás ese vitimismo histórico nacionalista de pobo aldraxado. O Seoane rigoroso e disciplinado permitiuse o luxo de revivir a poética da historia mítica con esta finalidade. Basilio Losada

“Para unos pocos un pintor importante. En un ranking entre críticos de arte, uno de los tres primeros grabadores argentinos. Español, argentino, para mí no soy nada, nadie, un hombre que trata de expresarse y que, a su juicio, no lo consigue. Ni español, ni argentino, no se trata de partidas de nacimiento ni de leyes, sino originario de un país más reducido, la

56

pequeña cuidad, La Coruña, Santiago, la aldea, Arca, donde se enterraron mi infancia y mi juventud, y esta gran ciudad de mi soledad. Casi siempre rodeado de aldeanos gallegos.” L.Seoane. Confesión, 1965

57

“ A muller galega é coma as varonas das antigas mitoloxías, capaz de loita, de unha loita moito máis heroica e maís diaria que as desas outras cuio prestixio trasmitiu a lenda”. L. Seoane, 1955

“A arte sempre expresa a máis profunda realidade colectiva.” L. Seoane

“Una doble nostalgia, una doble esperanza, una doble condición humana signan su destino. La Galicia celta y la Argentina criolla le llaman por turno –o a un mismo tiempo-; y este sentir en el alma el tirón de los dos pueblos –océano por medio- lo hace, de algún modo, más habitante del planeta, lo acerca más, en fin, a lo universal” Lorenzo Varela, Seoane o el arte sometido a la libertad, 1966

“A Maruxa e Luis Seoane, fiestras: si se olla pra fora, o mundo, si pra dentro Galiza”. Lorenzo Varela, Lonxe, 1954

“A secreta individualidad das cousas, a que se desprende naturalmente delas sen a busca previa do artista, a beleza escondida que se deduce dos obxectos habituais e desdeñados fóra da súa practicidade, que rodean o home: as froitas, as cazolas, as verduras, as tixolas, as lámpadas, as cerámicas… todos eses elementos simples que

58

carecen de significado estético para a mairoría, que os ven distraídos da súa posible beleza, veñen servindo de motivo para que o artista atope a súa distinción estilística e a súa capacidade de utilización dos recursos plásticos”. De Luis Seoane, textos sobre arte.

59

”Pinto o que amo, temas nacidos da nostalxia e ao seu carón, coma unha fonte de experiencias que a min me son útiles, os bodegóns”. Seoane, Carta a Maside, 1954

“Ata cando non a representa está aí impregnandoo todo”. E. Blanco Amor

”… pronto vin que o meu tomaba corpo cando prestaba atención a idealizar as miñas lembranzas máis que a traballar ante unha paisaxe ou unha modelo.” Seoane, 1978

“A miña pintura é moi espontánea. Sigo un ritmo de cores e, logo, grafismos que seguen á cor, o ritmo natural do cadro”. L. Seoane, 1969

“Eu pecho os ollos e vexo o que quero, algunha vez crin percibir mesmo o olor daquel mar”. L. Seoane, 1978

“a acuarela é un oficio puro e duro, que resolve a urxente necesidade de expresarse de quen a usa, na súa impaciencia; tratando de singularizar as características esenciais de paisaxes diversas, co intento de Sinaloa fundamentalmente a súa forma, cor e atmosfera.”

60

Luis Seoane, 1976

“Tratade de facer unha pintura cercana ao silencio”. Luis Seoane

61

“Todo debe ser loita da man co material, do home coa materia. Para un cerebro e un corazón de artista abondan a man, a materia e o seu desexo”. L. Seoane

“O artista gravador participa, como alguén dixo, de “toda a gloria do obreiro”. O seu oficio é un dos máis antigos do home. Nace na prehistoria… Desa antigüidade procede seguramente o seu humanismo e o seu afán de liberdade”. L. Seoane

“Poesía dirixida a configurar a conciencia histórica e social dun pobo asoballado… a súa dicción é ríspida, monótona, pouco matizada e dúctil. Usa dun verso libre brusco e xoto.” Xosé Luís Méndez Ferrín

“El teatro es el termómetro de la salud de un pueblo.” Federico García Lorca

“Non hai esencia do belo máis alá dese mundo literario no cal se produce a crenza colectiva na beleza, pura ficción que necesita non ser desmitificada.” “A música e as letras”. Mallarmé

62

“Máis ca forma bela, a arte busca a forma significativa.”

“Un artesán reproduce formas, namentres un artista crea formas”

63

BIBLIOGRAFÍA

- Catálogo: Luis Seoane. Mostra antolóxica.A Coruña: Consellería de Cultura e Deportes / Concello da Coruña, 1989. (Textos: Domingo García-Sabell, Isaac Díaz Pardo, Andrés Trapiello, María Luisa Sobrino, Luís Rei Núñez).

- Catálogo: Cen por cen Seoane.100 anos>100 lugares. A Coruña: Fundación Caixa Galicia / Fundación Luis Seoane, 2010. (Textos: Ramón Villares, Xose´Díaz,

- Catálogo: Luis Seoane. Pinturas, debuxos e gravados. 1932-1979. A Coruña: CGAC / Caixavigo e Ourense / Fundación Luis Seoane, 1999. (Textos: Valeriano Bozal, María Victoria Carballo-Calero, Marái Luisa Sobrino Manzanares).

- Catálogo: Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos. A Coruña: Fundación Luis Seoane, 2003. (Textos: Valerioano Bozal, Alberto Corazón, Xosé Díaz, Isaac Díaz Pardo, José Antonio Durán, Daniel Giralt Miracle, Marina Mayoral, Antón Patiño, Enric Satué, Xavier Seoane).

- Catálogo: Seoane. Razón e compromiso. Vigo: Fundación Caixanova / Xacobeo. Galicia 2010, 2010. (Textos: Fernando M. Vilanova, Carlos L. Bernárdez).

- Catálogo: Escritura gravada. Xilografías de Luis Seoane. A Coruña: Fundación Luis Seoane, 2000. (Textos: María Elvira Fernández López (viuva de Seoane), Rosa Espiñeira Pan, Albino Fernández, Matilde Marín, Fernando Cordero de la Lastra).

- Catálogo: Luis Seoane. Acuarelas. A Coruña: Fundación Luis Seoane, 2003. (Textos: María Elvira Fernández López (viuva de Seoane), Rosa Espiñeira Pan, Reiner Schiestl, Xaquín Chaves, Paula S. Fernández Bañuelos).

- Catálogo: Luis Seoane. Obra cartelística. A Coruña: Fundación Luis Seoane, 1998. (Textos: Enric Satué, Alberto Corazón, Daniel Giralt-Miracle).

- Catálogo: Luis Seoane. Grafista. Valencia: IVAM / CGAC, 1999. (Textos: Miguel Fernández-Cid, Juan Manuel Bonet, Joseph Salvador, Enric Satué, Raquel Pelta, RosaEspiñeira Pan ).

- Catálogo: Homenaje a la Torre de Hñercules. 49 Dibujos por Luis Seoane (1944-2004) Sesenta años de su publicación. A Coruña: Fundación Luis Seoane, 2004. (Textos: Silvia Longueira Castro, Moisés Rodríguez Barcia, Jesús A. Sánchez García, Rosa Espiñeira Pan).

- Catálogo: Luís Seoane. Da Cota de Circe á Costa da Morte. Óleos da colección Alcalde Varela. Santiago: Auditorio de Galicia / Concellaría de Cultura, concello de Santiago, 2007. (Textos: Luís Seoane, Rosa Espiñeira Pan, Paula Fernández Baluelos, Seve Fernández Calaza).

- Retratos furtivos. Luis Seoane . Valencia: Media Vaca, col. Grandes y Pequeños, 2004. (Textos: Luis Seoane, Lorenzo

64

Varela. Tradución dos textos dos debuxos ao galego: Rosa Espiñeira Pan).

- SEOANE, Luis. Obra Poética. Sada, A Coruña: Edición do Castro, 1977. (Limiar de Basilo Losada. Ilustracións de Luis Seoane, recollidas de anteriores edicións).

- VARELA, Lorenzo. Poesía. Torres de amor. Catro poemas para catro grabados. Lonxe. Homenaje a Picasso. Sada, A Coruña: Edición do Castro, 1979. (Limiar de Rafael Dieste. Ilustracións de Luis Seoane, recollidas das primeiras edicións).

65

-- Caderno didáctico: Luís Seoane . Lugo: Patronato de Cultura

do Concello de Lugo, 1994. (Texto: Pepe Taboada e Matías Cuba). (Con motivo do Día das Letras Galegas adicado a Luis Seoane en 1994).

- Poemas alumeados. Luís Seoane . A Coruña: figurandorecuerdo(s)edicións, 2010. (Selección dos poemas e nota da editora de Rosa Espiñeira Pan. Presentación de Xosé Luís Méndez Ferrín. Ilustracións de Hermenegildo Sábat, Xaquín Chaves, Jesús Núñez, Lipa Burd, Xoán Piñón, Lía Santana, Felipe Criado, Xosé Salgado, Xavier Correa Corredoira, Pepe Barro, Luís López Gabú, Tiago Madeira, Pilar Turbón. Detlef Kappeler, Reiner Schiestl).

66

FRAGUANDO A IDEA EXPOSITIVA PARA LUÍS SEOANE

Partir da imaxe en grande do EXLIBRIS:

- Sobre fondo AZUL , que simboliza a súa vida entre as dúas marxes do Atlántico: ARXENTINA- GALICIA. (rollo branco e abaixo banda corrida azul profundo, sobre elas papeis de seda de cores fortes que con liñas negras descadradas enmarcarán as imaxes compartimentadas por xéneros ou conceptos).

-1910 nace en Arxentina, fillo de emigrantes galegos. -Volven a Galicia: infancia e xuventude. Arca, a aldea. Maruja, a muller compañeira. Estudos en Santiago: Dereito, comeza a conciencia social, o compromiso, a arte, a imprenta de Anxel Casal,(fundación da Editorial NÓS) as tertulias cos que serán os artistas, escritores, intelectuais e políticos da súa época. Contra a ditadura de Primo de Rivera e en defensa da República. -18 xullo 1936, golpe militar, persecución, presidio, morte, ->EXILIO A ARXENTINA ->NOSTALXIA DE GALICIA

- Sobre a banda azul empeza a desenvolverse a súa OBRA dende os primeiros debuxos e ilustracións de libros: Cunqueiro… ata as primeiras pinturas escollendo obras clave para entender a evolución do seu estilo pictórico, pasando polos gravados, acuarelas, témperas, murais, carteis, … onde queden reflexados os temas principias: paisaxe, figuras, muller, o mar, bodegón, traballadores/as, denuncia, cidade, etc. E os materiais: óleo, acuarela, témpera, papel, madeira, tapiz, mural, pedra, ferro, cerámica, carteis.

Quizá cun enfoque baseado en CONCEPTOS CLAVE SIGNIFICATIVOS:

-Arxentina -Galicia –Emigración –Compromiso –Exilio –Tradición- Modernidade/Vangarda- O local-O universal- Acultura para todos- A liberdade- A República- A nostalxia- O libro- A ilustración- A radio- A prensa- A poesía- O teatro-O ensaio- As Artes e as Letras como compromiso- A política- O galeguismo-

-Ou sobre binomios: -Arxentina-Galicia -Emigración-Atraso/Nostalxia -Exilio-Compromiso/Nostalxia -O local-O universal -Tradición-Vangarda

67

-Cultura-Popular

68

IMAXES SELECCIONADAS:

- Ilustración libros: Poemas de si e non de Cunqueiro,- Debuxos: Natureza,- Óleos:

-Figuras: muller pelando patacas, home e paxaro, mulleres con obxectos na cabeza, mulleres na praia, mulleres mariscando, mulleres sedentes, cabezas, retratos, autorretratos, cadros denuncia, muller analfabeta, cristo obreiro, -Paisaxes: mar do Orzán, paisaxe arxentino, praias soas, -Bodegóns: centolo, limón, verduras, obxectos cortidianos, - Acuarelas: paisaxe, figura, cidade, abstracción, - Témperas: guerreiros, - Murais: teatro San Martín, escenas circenses, - Cerámica: xerras-cabezas Rosalía, Valle-Inclán, Castelao… - Gravados: xilografías paisaxes, touros, anxos, retratos Kafka, Cortázar, Miguel Hernández, Machado, - Carteis: Estatuto, Cinzano, exposicións, Galicia, - Laboratorio de Formas: O Castro/Sargadelos: - Museo Maside: Mural en O Castro. Sada.

O LIBRO: A ILUSTRACIÓN, A LABOURA EDITORIAL

-Esta parte expoñela na Biblioteca, sobre as mesas pegando imaxes dos libros editados e ilustrados por Seoane, colgando fios do teito, e nas paredes os datos básicos sobre esta faceta do autor. En vitrina exponer algún libro ilustrado.-Acompañado de collages que fixeron en Plástica os alumnos/as de 1º ESO.

TEXTOS SELECCIONADOS:

- Poesía:- Teatro:- Narración:- Audicións radiais:- Artigos prensa:- Ensaios:- Citas significativas:

69

70

CITAS DE LUÍS SEOANE:

“Alguien dijo que el verdadero tema del artista es él mismo; y dijo la verdad.”

“¿La ley en el arte? – No hagais caso.”

“Primero analizar; segundo, sintetizar.”

“Cuidad de que no os clasifiquen”

“Primera virtud: curiosidad”

“Tratad de hacer una pintura cercana al silencio”

“De vez en cuando el pintor debe quizás encontrar plumas a las vacas, ojos a las puertas, cuernos a los pájaros, alas a los hombres, casas en el cielo, nubes en las habitaciones pero ¡cuidado!, estos hallazgos no deben ser permanentes y sobre todo no deben repetirse. Si el pintor se complace en ello corre peligro la pintura.

71