EXPOSICIÓN ULLER INNOVADORA NA...

4
Ano II. Boletín nº 17 Depósito legal: C 2766-2006 Extra Febreiro, 2008 C o gallo do ano da Ciencia (2007) desde a Comisión Mulleres e Matemáticas da RSME (Real Sociedade de Matemáticas Es- pañola) púxose en marcha, coa axuda da FE- CYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) a exposición “ A Muller, innova- dora na Ciencia”. Na mesma preséntanse a vida e obra de 20 científicas de todos os tempos próximas ás matemáticas. Cada un dos 20 paneis incorpora unha actividade do- cente relacionada dalgunha maneira coa in- vestigación realizada por estas mulleres. Este material vai acompañado de 20 marca- dores de libro que recollen unha pequena reseña de cada unha delas e un problema matemático. Para máis información pódese visitar a páxina web da comisión Mulleres e Mate- máticas: www.rsme.es/comis/mujmat IES Monelos (A Coruña) 25 de febreiro-7 de marzo Visitas en horario escolar EXPOSICIÓN: A MULLER, INNOVADORA NA CIENCIA As Matemáticas son unha fabulosa creación do espírito humano e ao mesmo tempo unha parte imprescindible do patrimonio cultural da humanidade. Os matemáticos e as matemáticas forman parte da nosa historia, da nosa cultura e da nosa sociedade. Nesta exposición móstrase unha parte importante das personaxes que xogaron un papel destacado na Historia das Matemáticas. A devandita historia non se pode sepa- rar da Historia da Humanidade, xa que logo, os protagonis- tas son matemáticos e matemáticas, que á vez eran mem- bros da súa comunidade e que formaron parte dela como persoas, no privado e no público. Porlles cara e coñecelos un pouco máis é o noso principal obxectivo. En definitiva, mostrar o rostro humano das Matemáticas. O ROSTRO HUMANO DAS MATEMÁTICAS POSTER NA PÁXINA 4 Unha exposición da Real Socie- dade Matemática Española no Ano da Ciencia 2007, financia- da pola FECYT EXPOSICIÓN O Rostro Humano das Matemáticas nos Museos Científicos Coruñeses A exposición estará na Casa das Ciencias da Coru- ña, os meses de febreiro e marzo de 2008 A versión en galego póde- se ver en: www.divulgamat.net

Transcript of EXPOSICIÓN ULLER INNOVADORA NA...

Page 1: EXPOSICIÓN ULLER INNOVADORA NA CIENCIAcentros.edu.xunta.es/iesmonelos/webantiga/Tetractis/tetractis17.pdf · o gallo do ano da Ciencia (2007) desde a Comisión Mulleres e Matemáticas

Ano II. Boletín nº 17 Depósito legal: C 2766-2006 Extra Febreiro, 2008

C o gallo do ano da Ciencia (2007) desde a Comisión Mulleres e Matemáticas da RSME (Real Sociedade de Matemáticas Es-pañola) púxose en marcha, coa axuda da FE-CYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) a exposición “ A Muller, innova-dora na Ciencia”. Na mesma preséntanse a vida e obra de 20 científicas de todos os tempos próximas ás matemáticas. Cada un dos 20 paneis incorpora unha actividade do-cente relacionada dalgunha maneira coa in-vestigación realizada por estas mulleres. Este material vai acompañado de 20 marca-dores de libro que recollen unha pequena reseña de cada unha delas e un problema matemático.

Para máis información pódese visitar a páxina web da comisión Mulleres e Mate-máticas:

www.rsme.es/comis/mujmat

IES Monelos (A Coruña)

25 de febreiro-7 de marzo Visitas en horario escolar

EXPOSICIÓN: A MULLER, INNOVADORA NA CIENCIA

As Matemáticas son unha fabulosa creación do espírito humano e ao mesmo tempo unha parte imprescindible do patrimonio cultural da humanidade.

Os matemáticos e as matemáticas forman parte da nosa historia, da nosa cultura e da nosa sociedade.

Nesta exposición móstrase unha parte importante das personaxes que xogaron un papel destacado na Historia das Matemáticas. A devandita historia non se pode sepa-rar da Historia da Humanidade, xa que logo, os protagonis-tas son matemáticos e matemáticas, que á vez eran mem-bros da súa comunidade e que formaron parte dela como persoas, no privado e no público. Porlles cara e coñecelos un pouco máis é o noso principal obxectivo. En definitiva, mostrar o rostro humano das Matemáticas.

O ROSTRO HUMANO DAS MATEMÁTICAS POSTER NA PÁXINA 4

Unha exposición da Real Socie-dade Matemática Española no Ano da Ciencia 2007, financia-da pola FECYT

EXPOSICIÓN O Rostro Humano das

Matemáticas nos

Museos Científicos Coruñeses A exposición estará na

Casa das Ciencias da Coru-ña, os meses de febreiro e marzo de 2008

A versión en galego póde-se ver en:

www.divulgamat.net

Page 2: EXPOSICIÓN ULLER INNOVADORA NA CIENCIAcentros.edu.xunta.es/iesmonelos/webantiga/Tetractis/tetractis17.pdf · o gallo do ano da Ciencia (2007) desde a Comisión Mulleres e Matemáticas

Extra Febreiro, 2008 Tetractis 17 2

ARTE E MATEMÁTICAS: ISTVÁN OROSZ

Artista húngaro nacido en 1951, Istvan Orosz estu-diou Deseño Gráfico en Budapest e durante moitos anos traballou no mundo do teatro como deseñador de escenarios e actor ocasional. Posteriormente dedico-use ao deseño de carteis, onde utiliza entre outros elementos ilusións ópticas e anamorfose. Actualmente é profesor invitado da Universidade de Artes e Dese-ño de Budapest e membro da Academia de Arte de

Hungría. Ten un estilo que recorda a Escher e que utiliza os trucos das perspectivas e figuras imposibles. Na anamorfose, certas sorpresas escondidas nos seus debuxos só pó-dense ver ao seren reflectidos noutros obxectos. Máis da súa obra en

www.gallery-diabolus.com

Page 3: EXPOSICIÓN ULLER INNOVADORA NA CIENCIAcentros.edu.xunta.es/iesmonelos/webantiga/Tetractis/tetractis17.pdf · o gallo do ano da Ciencia (2007) desde a Comisión Mulleres e Matemáticas

Tetractis 17 3 Extra Febreiro, 2008

4ª XORNADA PROBLEMA - 10

Cuestión A. Busca un número de 10 cifras todas distintas

de cero que teña a propiedade de ser divisible pola suma das súas cifras. Cuestión B.

E agora, busca un número de 100 cifras, todas distintas de cero, que sexa divisible polo produto das súas cifras.

PROBLEMA - 11 Cuestión C.

Busca un número de 10 cifras, todas distintas de cero, coa seguinte propiedade: é posible agru-par as súas cifras, dalgunha forma, en 5 parellas de tal maneira que se multiplicamos as dúas cifras de cada parella e sumamos os 5 produtos, obtemos coma resultado un divisor do número. Cuestión D.

E agora, busca un número de 100 cifras, todas distintas de cero, coa análoga propiedade: pódense agrupar as súas cifras en 50 parellas de tal manei-ra que se multiplicamos as dúas cifras de cada pa-rella e sumamos os 50 produtos, obtemos coma re-sultado un divisor do número.

O blog “El Ojo matemático de 1º ESO” que podedes atopar no enderezo blogs.lavozdelaescuela.es/blog/aula0195 que dinamiza a profesora Susana Vázquez Martínez (Colexio Santa Mª do Mar) é un interesante, divertido e dinámico blog que permite ver e ter acceso a páxinas de xogos, martemáticas, chistes matemáti-cos, fotografía matemática, fractais, ver vídeos,

baixar libros, practicar números enteiros, uso de pa-rénteses, decimais ... ou mesmo ver as bases do I Cer-tame de Mat-monólogos que convoca o boletín TE-TRACTIS (ver 7 de xaneiro).

¡Fai unha visita! ¡Non che defraudará! O blog está organizado por datas e por categorías.

UN BLOG CORUÑÉS: EL OJO MATEMÁTICO DE 1º ESO

Canguromatemático

Olimpiadamatemática

5ª XORNADA

12. O PROBLEMA DO ANO Observa ben a seguinte táboa: Cal é o primeiro número da Fila 1 que supera a 2008?

13. UNHA SANDÍA DESCOMUNAL Unha enorme e xugosa sandía pesou 10 kg, dos cales o 99% é auga. Ao poñela certo tempo ao sol, evaporouse algo de auga e, agora, a súa porcentaxe só supón un 98%. Canto pe-sa agora a sandía? 14. CHAPUZAS A DOMICILIO Vemos a Bieito de Mans á Obra S.L. en plena faena, ultimando unha cheminea. Na imaxe pódese ver nitidamente a cara que aínda falta por recebar. Cantos ladrillos fixeron falta para construíla? (Os ladrillos son enteiro, iguais e non se poden cor-tar pola metade)

CAIXÓN DOS PROBLEMAS

Page 4: EXPOSICIÓN ULLER INNOVADORA NA CIENCIAcentros.edu.xunta.es/iesmonelos/webantiga/Tetractis/tetractis17.pdf · o gallo do ano da Ciencia (2007) desde a Comisión Mulleres e Matemáticas

PITÁGORAS (ca. 585—500 a.C.)

EUCLIDES (ca. 325—265 a.C.)

ARQUÍMEDES (ca. 287—212 a.C.)

APOLONIO (ca. 262—190 a.C.)

HIPATIA (¿?—415)

AL-JWARIZMI (século IX)

FIBONACCI (ca. 1175—1250)

CARDANO (1501-1576)

TARTAGLIA (1499-1557)

DESCARTES (1596-1650)

FERMAT (1601-1665)

LEIBNIZ (1646-1716)

MAD.DE CHÀTELET (1706-1749)

NEWTON (1642-1727)

EULER (1707-1783)

LAGRANGE (1736-1813)

SOPHIE GERMAIN (1776-1831)

GAUSS (1777-1855)

CAUCHY (1789-1857)

ABEL (1802-1829)

GALOIS (1811-1832)

RIEMANN (1826-1866)

SONIA KOVALESKAIA (1850-1891)

POINCARÉ (1854-1912)

HILBERT (1862-1943)

EMMY NOETHER (1882-1935)

REY PASTOR (1888-1962)

PUIG ADAM (1900-1960)

LUÍS SANTALÓ (1911-2001)

MIGUEL DE GUZMÁN (1936-2004)

O ROSTRO HUMANO DAS MATEMÁTICAS