Tetractis 62

4
Ano VI. Boletín nº 62 Depósito legal: C 2766-2006 Abril,2012 www.tetractismonelos.blogspot.com DOUS PROXECTOS NOVOS OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA O día 18 de abril, na Facultade de Mate- máticas, procedeuse á entrega de medallas aos tres finalistas, que tan bo papel fixeron na Fase Nacional da Olimpíada (Medalla de ouro e de bronce), e outras mencións. O alumno do noso centro, Rafael Ramos Domínguez, acadou unha mención de hon- ra. A Feira matemática celebrarase o sábado, 12 de maio, en PALEXCO (A Coruña), para festexar o Día Esco- lar das Matemáticas, que con- memora o nacemento do ma- temático Pedro Puig Adam. Este ano celébrase baixo o lema: Matemáticas e economía: vantaxes da cooperación, xa que o ano 2012 foi declara- do pola ONU como Ano Inter- nacional das Cooperativas. VI Feira Matemática DATA REMATE PARA ENTREGAR OS GUIÓNS: 2 de maio CELEBRACIÓN DA FINAL: Martes, 15 de maio 16:30 h II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos Prorrogado o prazo de presen- tación de proxectos ata o 15 de maio

description

Número 62 do Boletín de divulgación matemática, Tetractis, do IES Monelos (A Coruña)

Transcript of Tetractis 62

Page 1: Tetractis 62

Ano VI. Boletín nº 62 Depósito legal: C 2766-2006 Abril,2012

www.tetractismonelos.blogspot.com

DOUS PROXECTOS NOVOS

OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA

O día 18 de abril, na Facultade de Mate-máticas, procedeuse á entrega de medallas aos tres finalistas, que tan bo papel fixeron na Fase Nacional da Olimpíada (Medalla de

ouro e de bronce), e outras mencións. O alumno do noso centro, Rafael Ramos

Domínguez, acadou unha mención de hon-ra.

A Feira matemática celebrarase o sábado, 12 de maio, en PALEXCO (A Coruña), para festexar o Día Esco-lar das Matemáticas, que con-memora o nacemento do ma-temático Pedro Puig Adam.

Este ano celébrase baixo o lema:

Matemáticas e economía:

vantaxes da cooperación,

xa que o ano 2012 foi declara-do pola ONU como Ano Inter-nacional das Cooperativas.

VI Feira Matemática

DATA REMATE PARA ENTREGAR OS GUIÓNS:

2 de maio

CELEBRACIÓN DA FINAL:

Martes, 15 de maio

16:30 h

II Concurso Incubadora

de Sondaxes

e Experimentos

Prorrogado o prazo de presen-tación de proxectos ata o

15 de maio

Page 2: Tetractis 62

Tetractis 62 2 Abril, 2012

Banco matemático de troco

O Banco matemático de troco é unha actividades dirixida ao profeso-

rado de matemática coa finalidade de:

• Aproveitar o potencial do profesorado galego de matemáticas .

• Ofrecer ao noso alumnado unha alternativa diferente á clase dia-ria.

• Ofrecer ao noso alumnado contidos e actividades que non figuran no currículum oficial.

O profesor fai un investimento no banco consistente en obradoi-ros, charlas, poñencias, exposicións … e recibe doutro profesor outra actividade, sen custo algún para o seu centro de traballo. (Só hai un intercambio de experiencias!).

Neste momento os activos do banco son de dous tipos:

I) Humanos:

Alicia Pedreira Mengotti IES Monelos – A Coruña

Victor Pollán Fernández IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz)

Covadonga Rodríguez-Moldes Rey IES Mugardos

Gonzalo Temperán Becerra IES Monelos – A Coruña

II) Contidos, con temas tan suxerentes coma:

Anamorfose. Campionato de polinomios. Criptoloxía clásica. Geogebra. Hipercubo. Matemáticas e narrativa. Matemaxia. Mostraxes estatísticas. Obxectos matemáticos cotiás. Papiroflexia. Poña un rectángulo na súa vida. Principio do pombal. Tangram. Tensegridade. Triángulo Reuleaux. Xogos de estratexia. Xogos matemáticos con cartas.

Aproveitando o Día do libro (23 de abril), programáronse sendas charlas de “Matemáticas e narrativa” nos centros participantes: IES Mugardos, IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) e IES Monelos (A Coruña), onde se repasaron conceptos e propiedades matemáticas en diversas obras da literatura universal.

Esta actividade, que esperamos que vaia incrementando os seus activos, enmarcase perfectamente no lema que este ano celebramos no Día Escolar das Matemáticas (12 de maio) baixo o lema:

Matemáticas e economía: vantaxes da cooperación

xa que o ano 2012 foi declarado pola ONU como Ano Internacional das Cooperativas.

Matemáticas e narrativa no IES Mugardos

Matemáticas e narrativa no IES Monelos

No IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz)

Page 3: Tetractis 62

Tetractis 62 3 Abril, 2012

Blogs matemáticos galegos

Iniciamos un novo proxecto que ten por finalidade a divulgación dos

blogs matemáticos de Galicia e dar a coñecer o traballo deses profe-sores anónimos que recorren a xeografía galega. De momentos coñecemos a poucos, pero seguro que a lista irá cre-cendo pasiño a pasiño. Utilizaremos como distintivo o logo que podedes ver á marxe (mentres non haxa outra proposta) e recorda que terás os enlaces no blog TETRACTIS:

www.tetractismonelos.blogspot.com Se coñeces algún so tes que mandar un e-mail a

[email protected]

Un blog do profesor do IES A Xunqueira I, José Manuel Ra-mos, que vai de poesía matemática, libros, cine…

www.alephante.blogspot.com.es

Blog da profesora do IES Ramón Ote-ro Pedrayo (Ourense), Conchi Gonzá-lez, destiñado a alumnos de 1º ESO, 1º de Bacharelato e cunha dedicación especial á Estatística. www.dousferrados.blogspot.com.es

Cine e matemáticas, matelecturas, modelos de exames… neste blog de matemáticas do IES Agra de Raíces de Cee.

www.ticfb.blogspot.com.es

Blog de Esperanza Gesteira dedicado, principalmente, ás novas tecnoloxías (TIC’s): geogebra, calculadoras, applets,

www.espegesteira.blogspot.com.es

Álxebra, xeometría, astronomía e especial atención ás ma-temáticas portuguesas e brasileiras.

www.retallosdematematicas.blogspot.com.es

www.candaormates.wordpress.com

Page 4: Tetractis 62

Tetractis 62 4

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) propu-

xo a instauración dunha homenaxe de recoñece-

mento a aqueles científicos que, nados en Galicia

ou ben que realizaran a súa carreira científica en

Galicia, contribuíran ao desenvolvemento do coñecemento e

da innovación de maneira notable e significativa.

Celébrase o día 23 de abril, aniversario da constitución ofi-

cial da RAGC (23 Abril 1977).

A Fundación Pedro Barrié de la Maza, a través da súa Área

de Investigación e Educación, participa na celebración do Día

do Científico Galego e vai a publicar unidades didácticas de ca-

da científico.

Enrique Vidal Abascal. Mestre de xeómetras. Autor: Gonzalo Temperán Becerra

IES Monelos (A Coruña)

Cruz Gallástegui Unamuno. O mago das espigas. Autora: Ana Isabel Urbieta Balado

IES Praia Barraña (Boiro - A Coruña)

Antonio Casares Rodríguez. O pai da química moderna galega Autor: Ramón Cid Manzano

IES de Sar (Santiago—A Coruña)

Ramón Mª Aller Ulloa. Matemático e astrónomo. Autor: Marcos Pérez Maldonado

Casa das Ciencias (A Coruña)

Isidro Parga Pondal. Químico e xeólogo. Autor: José Lires Corbal

Xeólogo

Abril, 2012