Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras

17
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Informe de erros (e algún acerto tamén) 1

Transcript of Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen

Fronteiras

Informe de erros (e algún acerto tamén)

1

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

O gran erro sería non contaloO gran acerto foi escribilo

Gracias a todas por vivila comigo

2

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

Este é un conto sobre a miña experiencia dentro de Enxeñería Sen Fronteiras, para compartila coas persoas que a forman no presente e no futuro. Nela intento recoller erros propios do Grupo de Sensibilización e Incidencia Política. Pasando os anos, se cadra lle sirva a alguén para mellorar e que non se volvan a cometer.

A idea era facer un informe aséptico dos erros para telos documentados e se explicasen as solucións adoptadas para solventalos, caso de as haber. Vaia por diante que, na miña opinión, o feito de estar escribindo este informe e unha solución en si mesma para todos e cada un dos erros que aquí se explican.

Comezou sendo un Informe de Erros, pero converteuse nunha experiencia vital, unha experiencia de erros, si, pero tamén algún que outro acerto dentro do proceso.

É unha historia de aprendizaxe, cooperación e amizade.

3

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

Inicios

Non recordo ben a primeira vez que oín falar de Enxeñería Sen Fronteiras. Pasei longos ratos lendo exposicións sobre Comercio Xusto e problemáticas de auga. Carteis de “Faltas tí”, nunha porta que daba a un lugar oculto onde debían suceder cousas incribles, algo parecido o que sucede no laboratorio de cálculo, do que existe a lenda de que gardan unha porta de tele-transportación. Sentía curiosidade por saber o que se cocía alí dentro, pero non convencín a ningún compinche e o medo adolescente impediume entrar.Creo que este medo é algo común que lle sucede a moita xente. Pode ser que isto sexa un erro común a toda a Asociación que continua no presente. Pode que o erro fose meu, por non ter valor a entrar.

Hai que tirar adiante coas conviccións e cruzar as portas que se queren cruzar.

Cruzando a porta.

Tempo despois, nos descansos da Escola, comecei a conversar cunha persoa que era voluntaria en Enxeñería Sen Fronteiras. Entre planificacións

estratéxicas, Dereito Humano á Auga, Honduras e Nicaragua, descubrín cousas mais concretas que se facían dentro da asociación. Foi así como concretei a miña primeira acollida, que emoción!

Soamente recordo tres primeiras leccións daquela cita. Con perspectiva, este feito foi un

4

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

logro da persoa que ma ofreceu, xa que probablemente son as leccións mais importantes a aprender. Tamén desterrei a idea de que ía axudar a facer pontes e cálculos hidráulicos:

-Somos Enxeñería Sen Fronteiras, non Enxeñeiros Sen Fronteiras. -Para nós, o voluntariado é un fin en si mesmo. -Somos unha asociación totalmente horizontal.

Por poñer unha pequena pega a esta primeira acollida, con todo o cariño do mundo, pois sei que non era a intención, pero penso que lle pode pasar a outra xente que entra nova e que se atreven a ir soas a primeira acollida, sentinme un pouco así, como na imaxe.

Na segunda acollida, confirmei definitivamente que non ía proxectar pontes. Creo que o mais destacable foi coñecer a unha das persoas que mellor representa os valores de Enxeñería Sen Fronteiras. Pensei, é a personificación dunha ONGD.

Faláronme dos grupos de Programas Internacionais e de Sensibilización e Incidencia Política. Non tiña claro en cal dos dous entrar, dábame igual, onde mais fixese falta axuda. Finalmente entrei no grupo de Sensibilización.

O principio sentinme perdido, non conseguín encaixar e non sabía onde podía aportar cousas, a miña labor como voluntario era puramente testimonial. Escoitaba falar de remunicipalización, osmosis inversa ou desaladoras. Penso que un dos grandes erros neste punto, que eu seguín cometendo tempo despois sendo coordinador, é que non había un esquema claro de formación.

Soamente o itinerario formativo de Dereito Humano á Auga. Este concepto é, para min, o mais importante, pero, onde podía atopar información rigurosa sobre Xestión da Auga ou Ciclo Integral? Cal era o orden lóxico de estudio? Eu

5

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

entendía que non tiña sentido estudiar os tipos de floculación en Depuradoras sen saber antes o que é o Ciclo Integral da Auga, digo mais, sen saber antes que é a Auga. Xa neste momento entendín que había que solucionar este problema, pero non foi aquí onde me lancei a intentalo.

Intentando coordinar

Un día dixéronme:- Vas a ser o novo coordinador do grupo.- Que? Como? Cando? Onde? Por que?- Si, aquí tes a chave do local.- Pero se eu non teño nin idea de coordinar!- Non pasa nada, aprenderás.

E foi certo, fun aprendendo. Daquela pensaba que un coordinador era algo parecido a un xefe, alguén que dirixía ata unha dirección, hoxe sei que non. Sendo positivo penso que a evolución é evidente, aínda que hai moito que mellorar. Botei en falta algunha referencia sobre como se coordina dentro de Enxeñería Sen Fronteiras, existe algo na Wiki, pero non un plan de actuación e algunha referencia que explique dunha forma unificada cousas como:

-A importancia do Compromiso de Voluntariado. Recordo que me enviaron un email para ir polo local a coñecer a xente que alí traballa, non entendo como non fora antes pois foi reconfortante e fundamental en moitos momentos de val. Entregáronme o Compromiso.

-A importancia de Cubrir Acta e enviar Ordes do Día. A solución a isto é sinxela se tes un esquema claro de traballo e de onde estamos en cada momento. A ferramenta Doodle (o entrar xente de Software Libre desterrámola, pero neste punto foi interesante)

6

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

-Pódense facilitar as cousas á xente nova, enviando enlaces tipo . Pero hai xente que non lee é penso que é importante dedicarlle tempo a explicar estas cousas de forma presencial.

-A importancia dunha formación ordenada dos novos voluntarios.

-Recibimos formación de Marco Lóxico. Intentei entender e algo entendín, pero naquel momento non lle din a importancia que merecía. O Marco Lóxico é importante pois é a linguaxe na que se escribe a planificación estratéxica, é o punto de partida, non soamente para comprender as bases, senón para escribilas. A álxebra para o Desenvolvemento? Acabo de aprender agora mesmo, escribindo, que hai críticas sobre esta idea. O Marco Lóxico, o menos lóxico de todos os marcos? Queda dito.

-Recibimos formación en Xestión da Auga en Galicia. Considero fundamental esta formación os voluntarios que traballan na temática de Auga. Foi un gran acerto por parte da persoa que o organizou e hai que agradecer o esforzo da persoa que o impartiu. Aprendimos e tamén tivemos ocasión de asesorarnos de forma presencial sobre o tema que estaba a acontecer en Ferrol.

-Saber pisar o freo e non estirar o grupo.

Primeira charla externa.

Para esta época chamáronnos para ir dar unha charla a Ferrol. Antes de ir preguntamos na lista de Asesores pola problemática. Recibimos información e opinións moi interesantes sobre o tema, pero recoñezo aquí un erro persoal

7

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

neste punto. Quedei con moitas dubidas en detalles técnicos e non me atrevín a ir preguntar de forma presencial a algún dos asesores. Penso que este erro, podíase solucionar, tanto pola miña parte sendo mais osado, como organizando unha reunión presencial entre toda a xente que está nesa lista. É algo que aínda está pendente pero que seguro que pronto se fará.

Outra das leccións mais importantes que aprendín. A importancia de Enxeñería Sen Fronteiras como ponte entre os técnicos e os cidadáns. Recollín esta idea como pauta de comportamento e comecei a interiorizar o estudio e o rigor no discurso como primeiro paso para facer Incidencia Política. Non me sentía capaz de opinar sobre un tema tan complicado como o proxecto de Ferrol. Limiteime a escoitar e intentar trasladar as opinións das persoas que consultamos.

Pero ir alí supuxo un novo dilema para min. Realmente sentíanse impotentes para loitar por algo no que, estando equivocados ou non, creian. Impotentes na técnica para valorar un proxecto tan complicado. Como ofreces participación, nun proxecto así, a xente sen formación técnica especifica? Aínda non estou seguro da

resposta, é complicada.

Aquí escoitei falar por primeira vez dos métodos de saneamento alternativos. Intereseime moito pola temática, pero entronco co erro da falta de orde na formación. Neste punto aínda non tiña un coñecemento profundo sobre o Ciclo Integral da Auga (agora mellorei, pero aínda me falta), e agora recoñezo como un erro lanzarme o estudio de algo tan específico. Creo que xa é evidente o repetitivo que é este erro.

8

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

Intentando planificar e organizar.

Chegou Decembro e había que planificar actividades para o ano seguinte. Que imos facer? Aquí foi onde xurdiu por primeira vez a idea de facer un vídeo. Un vídeo ou un documental. Aínda hoxe non sei cal é a diferencia entre un vídeo, un documental, unha reportaxe, un vídeo-reportaxe-documental, O meu avó tiña unha igual, Jordi Évole en Salvados. Tamén a facer unhas Xornadas sobre Auga e planificouse o PCR en Redes, para a época do Día Mundial da Auga. Así, chegou Marzo.

PCR en RedesPara o PCR en Redes, destacaría un erro. Na miña opinión non se formou o suficiente a persoa que foi, ou polo menos non lle dimos un guión con preguntas ou unhas nocións sobre a información interesante que podía recoller. Este ano, aínda que a formación nunca é suficiente, mellorouse, e faremos un guión de preguntas para os foros nos que participemos e poder trasladalas a Galicia. Outra forma de solventar isto é que vaian dúas persoas, unha nova e outra con experiencia na

temática e dentro do grupo.

Xornadas Galegas da Auga

Esta actividade ocorreu en Santiago. Botando a vista atrás e facendo balance, para min a experiencia foi positiva.

Destaco erros propios, que teñen que ver tamén coa formación na coordinación do grupo.

9

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

-A importancia de ensinar a cubrir o protocolo de gastos e explicar de antemán que non podemos pagar peaxes se non temos os tickets.

-Houbo un solape con un curso que organizaba, no mesmo lugar, compañeiros de outras Sedes. Non participamos na organización do almorzo, que debería ser común. O problema do solape tiña difícil solución, xa que aprazaramos as nosas Xornadas unha vez, e creo que non se podían volver aprazar. Pero o tema do almorzo conxunto foi un erro noso, e era tan sinxelo de solucionar como facer

unha chamada para ofrecer colaboración.

-Non grabamos as poñencias. Creo que é importante, hoxe sería unha información moi valiosa e unha referencia para moita xente. Salvo o recordo, perdeuse.

-Na miña opinión houbo un erro no orde das poñencias sobre saneamento. O segundo título, “Metodos de alternativos de saneamento” debería ser o título de toda esta parte e non soamente o de dúas poñencias. Outro detalle, anecdótico, é que un dos poñentes da tarde era..., daquela ainda non era coñecido. Non, non veu a mesa redonda. Aínda hoxe non sei porque se

puxo ese nome.

De forma paralela, ocorreron uns debates moi potentes e interesantes nas listas da asociación. Aínda é hoxe cando, de vez en cando, volvo a ler aqueles debates na procura de ideas. Para min houbo moitas conclusións e puxéronse de manifesto erros na organización das

10

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

Xornadas. Entenda eu que son erros ou non, o feito é que houbo xente que así o creu.

Falta de técnica nas Xornadas e de contrapuntos na primeira mesa redonda da tarde. Non se botou man da lista de Asesores. Este problema ten fácil solución, e aínda que este ano non botamos man da lista para as nosas actividades, xa que estabamos moi limitados tanto no tempo como no económico, contamos con persoas concretas que están na lista.

A importancia de establecer sinerxias entre os grupos de Auga. Falta de coordinación co Grupo de Programas Internacionais que entronca coa falta de presencia das problemáticas nos países de traballo. Hoxe en día mantemos un contacto regular coa coordinadora do grupo de proxectos, tiveron un espazo nas actividades. Somos grupos distintos sobre o papel pero penso que en esencia somos o mesmo grupo Auga. Pero tamén somos EpD. Tamén

somos voluntariado. Tamén somos Soberanía alimentaria e Electrónica Ética. Tamén somos Comunicación, tamén somos Gatos Frescos e Software Libre. Todas somos o mesmo grupo. Todas somos Enxeñería Sen Fronteiras.

- Pode ser que todos estes erros sexan a proxección de outro, que alguén nos comentou. Eramos (penso que xa non tanto) un grupo opaco. Non se sabía o que estabamos facendo. Na

11

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

seguinte reunión propuxen que cada un de nos escribise algo no blogue sobre algún tema que saise de forma periódica. Penso que en certo sentido foi como unha obriga, un erro dentro do erro. Ou non tanto. A semana seguinte unha das voluntarias fixera unha investigación sobre a remunicipalización. O final non foi publicado, pero o feito de que ela fixera ese traballo e aprendera foi algo positivo. Hoxe en día penso que ninguén pode cuestionar que melloramos este aspecto con comunicación co resto da xente de Enxeñería Sen Fronteiras.

Foron moitos erros os que se cometeron nesta organización, pero tamén hai que dicir, que é difícil organizar un evento así, e para case todo o grupo, a primeira gran actividade. Intentaremos aprender destes erros, tamén houbo cousas positivas que, como dixen o comezar, compensan todo o demais.

-Coñecer a Jaime Morell foi un antes e un despois, tanto a nivel persoal como a nivel intelectual.

-Aprendimos a importancia da vertebración. Penso que entramos case sen coñecernos, e logo de compartir a organización deste evento e botar uns bailes, saímos coma un grupo unido.-Recollimos moitas ideas. Entendimos como puntos comúns a transparencia e a participación cidadán.-A nivel persoal constatei a miña convicción de que o primeiro

paso para facer Incidencia Política é unha formación profunda.

Un novo despertar

Sen moito tempo para a reflexión, chegou a Xuntanza de Enxeñería Sen Fronteiras, a enésima, a segunda para algúns e a primeira para min. O lugar era impresionante, na Comarca de Bergantiños e o pé dunha praia espectacular, a Pedra do Sal.

12

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

Chegamos tarde e xa entramos de forma directa nun taller de Xénero. Moi interesante e sobre unha temática da que recoñezo que non estaba moi informado. Coñecín a moita xente e xa tiven consciencia da enerxía especial que se vive nestes eventos.

O día seguinte ofrecéronnos un taller sobre Electrónica Ética. Algo novo para min, coñecía algunhas cousas das que nos falaron pero non a filosofía. Recordo o gráfico no que se clasificaba distintas marcas dacordo o respeto

que tiñan polo Medio Ambiente.

Difrutei unha das miñas primeiras dinámicas de grupo e experimentei un dos instrumentos de debate (e de

celestineo) mais empregados dentro de Enxeñería Sen Fronteiras. O semáforo. Pola tarde, antes da Asamblea, había unha presentación onde se explicaba como estaban os grupos. Para min era un reto difícil, a dicir verdade, non sabía moi ben onde estabamos nin cara onde iamos. Recordo que me temblaba a voz falando de Saneamento Alternativo. Cometín o erro de falar sen ter as ideas claras, un

erro que xa é moi repetitivo, e que ten que ver coa falta de orde na formación. Unhas das cousas que se fixeron para paliar este erro foi gracias o grupo de Comunicación, que mais adiante nos formou sobre como falar en público. Este taller foi moi positivo para todas.

Logo da Asamblea, fixemos unha dinámica na que tiñamos que rotarnos con xente de outros grupos nos que

13

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

explicabamos todas o que se facía en cada un. Así coñecín o traballo que se facía noutras Sedes e tamén cousas do grupo de Comunicación ou da Xunta Directiva. Pero houbo unha pregunta especial, a que lle dín voltas durante moito tempo, que me fixo unha voluntaria.

Que podo facer eu?

Naquel momento respostei, pois informarte, esixir e manifestarte. E logo cousas transversais como non beber auga embotellada, non consumir productos de marcas que non respeten o Dereito Humano á Auga... Pero non

tiña un esquema claro. Eu creo na revolución de todos os días, debemos empezar a cambiar cousas pequenas do día a día antes de intentar cambiar o mundo. Así xurdiu este esquema, xa é unha idea.

O día seguinte, un compañeiro de grupo, fixo unha presentación coa experiencia vivida participando na actividade de PCR en Redes. E chegou o remate. Un remate coas pilas cargadas. Coas pilas moi cargadas. A persoas cun excesivo

entusiasmo natural, hai que dosificar a batería.

Sobrepasando o límite

Ainda coa resaca da Xuntanza e se cadra cun excesivo entusiasmo, comezamos a traballar nos seguintes retos, que se presentaban dificiles, posto que dalgún xeito quedamos orfos de experiencia no grupo.

Había pendente un vídeo, do que xa falei mais arriba, e unha reunión federal cun punto da orde do día, o taller federal da Cósmica.

14

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

Eu propuxen nunha reunión de grupo levar unha proposta a federal, con pouco tempo, poucas ideas, e sen ningún coñecemento de como se traballaba a nivel federal, fixemos unha proposta. Recoñezo aquí un erro de precipitación. Un excesivo entusiasmo, creo que ainda soaban na miña cabeza ecos de que “Llegaremos a tiempo.”

Un erro no vídeo foi que non se presentaron

varios presupostos. Pola miña parte, isto non volverá a suceder.

Era algo que se planificara facía tempo, e non tiñamos un guión claro, unha idea, en realidade penso que non tiñamos nada. Soamente tiñamos a vontade de sacar o proxecto adiante.

Mulleres e homes, non nos enganemos. No verán non se fai practicamente nada. É un Craso Erro pensar o contrario.

Ao volver setembro, entrou xente nova. Recoñezo que estaba bastante canso deste vídeo. Quería rematar canto antes e poder comezar dende cero, coas ideas claras.

Sentando raices.

Descubrindo a planificación estratéxica, descubrín que o gran obxetivo era a creación dunha rede galega. Eu non creia que iso fose posible, entendía que xa se intentara e non se conseguira, cheguei a pensar na necesidade de cambiar a planificación. Non era consciente do que supoñía iso. Deronme ánimos para seguir traballando, pensandoo ben,

15

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

igual si que temos a oportunidade de crear pontes.

Outro erro, que solucionei xa, foi non agradecer a organización da Xuntanza. En especial, non agradecer ao grupo de Comunicación. De camiño a casa, estaba pensando canto tardarían en colgar a entrada no blogue. Para a miña sorpresa, o chegar á casa estaba colgada. Gracias polo traballo.

Tormenta Cósmica

É imposible definir. Foi un cúmulo de sensacións, un bombardeo continuo de ideas, Tronos de estímulos, aprendizaxe, progresión consciente, cóxegas neuronáis. Sempre había algo que aprender, algo que debater, algo que

escoitar. O primeiro día estaba desexando volver a casa ordear as ideas e non olvidalas, pero nunca querería marchar. Non me estenderei moito nos detalles, por sorte, un gran acerto todas as entradas escritas no blogue. Lereinas durante moito tempo, para recordar a miña primeira Cósmica. O gran erro desta Cósmica foi o pouco tempo que durou, gustaríame ter coñecido a todas e cada unha das persoas que alí estaban. Deixámolo para outra ocasión.

Recordo a historia do bambú. Non desesperes, igual soamente estás botando raices. Un dos talos mais fortes dese árbol, comezou a medrar neste momento. A árbore en torno a cooperación, en torno a idea de que o traballo en cooperación é a mellor forma para acadar o desenvolvemento humano. Dende este momento, intento ser paciente, non precipitarme e saber esperar o momento.

Aprendín as sorpresas que che poden dar as persoas cando cres nelas.Continúa e continuará.

Vai case un ano que levo escribindo este

16

Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras

informe. Pouco a pouco, como desafogo e como bon recordo de todas as vivencias que nel se describen. Realmente está obsoleto, cambiei moitas das miñas opinións, moitos dos proxectos xa están superados e hai novas anécdotas que merecerían ser contadas... Así describo último erro deste informe, está escrito en primeira persoa. Espero animar ao resto de compañeiras a escribir algo sobre as actividades destes anos, se cadra non una historia vivida, pero si algo, aínda que sexa aséptico.

Fosa Aséptica

Erros de coordinación. Solución, esquema de segunda acollida de novos voluntarios.

Protocolo formativo. As formacións transversais deben ser pedidas na planificación anual por todos os voluntarios.As formacións propias do grupo serán solucionadas con dito esquema, e elaborando itinerarios formativos na wiki, xa está formulado.

Ainda que temos un gran exemplo coa coordinación do grupo de Programas Internacionais, traballar sen coñecerse de forma presencial pode ser realmente difícil.

É moi importante tomar acta e ordes do día.

No compromiso de voluntariado hai que dicir a verdade. É importante.

Somos voluntarias e todas iguales. O coordinador non é un xefe.

O obxectivo da plani estratéxica está para algo. Fanse actividades para acadar ese obxectivo, non para pasar o tempo.

VídeoPedir varios presupostosTer un guión claro do que se quere facer dende o principio

17