Convenio persoal laboral

30
BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA www.dicoruna.es D.L.: C-1-1958 JUEVES, 4 DE JULIO DE 2013 | BOP NÚMERO 126 Página 1 / 30 Número de anuncio 2013/8136 ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA XUNTA DE GALICIA Consellería de Traballo e Benestar Xefatura Territorial da Coruña Servizo de Relacións Laborais Resolución de inscrición e publicación do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Culleredo Visto o expediente do convenio colectivo do persoal laboral do CONCELLO DE CULLEREDO (código 15003252011997), que foi subscrito pola comisión negociadora o día 21 de marzo de 2013, e ratificado polo Pleno da Corporación municipal o 25.04.2013, de conformidade co disposto no artigo 90.º.2 e 3.º do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e a Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Taballo da Comunidade Autónoma de Galicia, esta XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR RESOLVE: 1.º.–Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia. 2.º.–Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. A Coruña, 18 de xuño de 2013. Xefa territorial MARÍA PILAR CARIDAD ALONSO CONVENIO COLECTIVO DO CONCELLO DE CULLEREDO CAPÍTULO 1.–OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E NORMAS XERAIS ARTIGO 1.–DETERMINACIÓN DAS PARTES QUE O CONCERTAN. Os representantes sindicais de UXT, por unha parte, e a Corporación municipal, pola outra, subscriben este convenio, denominado “Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Culleredo”. ARTIGO 2.–ÁMBITO DE APLICACIÓN PERSOAL. As normas contidas neste convenio e nos seus anexos, serán de aplicación ao persoal laboral do Concello de Culleredo, coas peculiaridades que de forma expresa queden reflectidas no mesmo. As normas contidas neste convenio non serán de aplicación ao persoal de alta dirección definido segundo establece o artigo 2.1 a) do Estatuto dos traballadores. ARTIGO 3.–ÁMBITO FUNCIONAL E TERRITORIAL. O ámbito funcional deste convenio esténdese a toda a actividade propia do Concello de Culleredo. O ámbito territorial deste convenio esténdese ao Concello de Culleredo. ARTIGO 4.–ÁMBITO TEMPORAL. DENUNCIA DO CONVENIO. O presente convenio surtirá efectos entre as partes dende a súa sinatura, con independencia da súa eficacia fronte a terceiros que se producirá coa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá vixente ata o 31 de decembro de 2015. O convenio entenderase prorrogado anualmente de forma automática, se non hai denuncia. As propostas de denuncia e revisión comunicaranse por escrito á outra parte cunha anticipación dun mes con respecto ao remate da vixencia do convenio. En caso de denuncia, o presente convenio seguirá en vigor en todos os seus artigos, en tanto non se asine un novo.

description

Convenio persoal laboral

Transcript of Convenio persoal laboral

Page 1: Convenio persoal laboral

BOPBOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

www.dicoruna.es D.L.: C-1-1958

JUEVES, 4 DE JULIO DE 2013 | BOP NÚMERO 126

Página 1 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

AdministrAción AutonómicAXunta de Galiciaconsellería de traballo e BenestarXefatura Territorial da CoruñaServizo de Relacións Laborais

Resolución de inscrición e publicación do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Culleredo

Visto o expediente do convenio colectivo do persoal laboral do CONCELLO DE CULLEREDO (código 15003252011997), que foi subscrito pola comisión negociadora o día 21 de marzo de 2013, e ratificado polo Pleno da Corporación municipal o 25.04.2013, de conformidade co disposto no artigo 90.º.2 e 3.º do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e a Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Taballo da Comunidade Autónoma de Galicia, esta XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR RESOLVE:

1.º.–Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.º.–Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 18 de xuño de 2013.

Xefa territorial

MARÍA PILAR CARIDAD ALONSO

CONVENIO COLECTIVO DO CONCELLO DE CULLEREDO

CAPÍTULO 1.–OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E NORMAS XERAIS

ARTIGO 1.–DETERMINACIÓN DAS PARTES QUE O CONCERTAN.

Os representantes sindicais de UXT, por unha parte, e a Corporación municipal, pola outra, subscriben este convenio, denominado “Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Culleredo”.

ARTIGO 2.–ÁMBITO DE APLICACIÓN PERSOAL.

As normas contidas neste convenio e nos seus anexos, serán de aplicación ao persoal laboral do Concello de Culleredo, coas peculiaridades que de forma expresa queden reflectidas no mesmo. As normas contidas neste convenio non serán de aplicación ao persoal de alta dirección definido segundo establece o artigo 2.1 a) do Estatuto dos traballadores.

ARTIGO 3.–ÁMBITO FUNCIONAL E TERRITORIAL.

O ámbito funcional deste convenio esténdese a toda a actividade propia do Concello de Culleredo.

O ámbito territorial deste convenio esténdese ao Concello de Culleredo.

ARTIGO 4.–ÁMBITO TEMPORAL. DENUNCIA DO CONVENIO.

O presente convenio surtirá efectos entre as partes dende a súa sinatura, con independencia da súa eficacia fronte a terceiros que se producirá coa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá vixente ata o 31 de decembro de 2015.

O convenio entenderase prorrogado anualmente de forma automática, se non hai denuncia.

As propostas de denuncia e revisión comunicaranse por escrito á outra parte cunha anticipación dun mes con respecto ao remate da vixencia do convenio.

En caso de denuncia, o presente convenio seguirá en vigor en todos os seus artigos, en tanto non se asine un novo.

Page 2: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 2 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

ARTIGO 5.–APLICACIÓN DE NORMAS MÁIS VANTAXOSAS.

1. As normas estatais e autonómicas que resulten de aplicación aos empregados públicos do Concello, e melloren o establecido neste convenio, entenderanse de aplicación inmediata. Todo isto sen prexuízo de que tal circunstancia poida ser causa suficiente para a revisión do convenio.

2. Os conflitos que se orixinen entre dúas ou máis normas, tanto legais como pactadas, que deberán respectar en todo caso os mínimos de dereito necesario, resolveranse mediante a aplicación da máis favorable para o persoal traballador, considerándoas no seu conxunto e en cómputo anual respecto aos conceptos cuantificables.

ARTIGO 6.–COMISIÓN PARITARIA DE INTERPRETACIÓN, VIXILANCIA E ESTUDO.

1. A comisión paritaria de interpretación, vixilancia e estudo é o órgano responsable de velar pola aplicación e segui-mento do convenio.

2. A comisión paritaria estará composta por un membro de cada unha das centrais sindicais que tiveran subscrito o convenio colectivo, e por un número de representantes da administración igual ao total das centrais sindicais. A comisión paritaria terá un presidente, que será un dos representantes da administración, e contará cun secretario, que será un técnico designado polo Concello e que actuará con voz pero sen voto.

3. Os acordos da comisión paritaria requirirán a maioría de cada unha das partes. A maioría social determinarase en proporción ao número de membros de cada central sindical na comisión negociadora do convenio. Os acordos adoptados son de carácter obrigatorio e vinculante para cada unha das partes.

4. A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

– A interpretación do seu articulado e a súa aplicación ás circunstancias non previstas.

– A vixilancia do cumprimento do acordo, e a denuncia, no seu caso, dos incumprimentos..

– O estudo, proposta e, cando proceda, resolución daquelas cuestións ou reclamacións que sexan presentadas ambas partes ou por calquera empregado incluído no ámbito persoal do convenio.

5. A comisión paritaria constituirase no prazo de quince días dende a publicación do convenio no Boletín Oficial da Provincia. A comisión reunirase con carácter ordinario nos meses de marzo e setembro. A comisión reunirase con carácter extraordinario nun prazo non superior a cinco días, dende a solicitude de polo menos o 50 % dos seus compoñentes. Para que as sesión se poidan celebrar validamente será precisa a asistencia de, polo menos, dous representantes da adminis-tración e dous representantes das centrais sindicais, así como do secretario.

ARTIGO 7.–INDIVISIBILIDADE DO CONVENIO.

As condicións que se pactan forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas de xeito global e conxunto en cómputo anual.

ARTIGO 8.–ORGANIZACIÓN DO TRABALLO.

Conforme á lexislación vixente, a organización do traballo é facultade exclusiva da Corporación municipal a través dos seus órganos de goberno e a súa aplicación práctica corresponde aos titulares das xefaturas das distintas unidades administrativas, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidas ao persoal ao servizo das administracións públicas na lexislación vixente.

Respectaranse en todo caso os acordos que para o efecto se adopten neste convenio.

ARTIGO 9.–NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

1. Os traballadores do Concello de Culleredo teñen o dereito e o deber de desenvolver a súa actividade laboral e pro-fesional en idioma galego, como lingua propia de Galicia e da súa administración local, e polo tanto a acceder á formación lingüística precisa para un adecuado desempeño do seu posto de traballo.

2. En todo o relacionado co uso do galego no Concello será de aplicación o estipulado na normativa vixente en materia de normalización lingüística.

3. O Concello de Culleredo proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento adecuado da lingua galega. Os traballadores do Concello de Culleredo teñen o dereito e o deber de asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccio-namento e especialización do idioma galego precisos para un adecuado desempeño do seu posto de traballo.

ARTIGO 10.–ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA.

O Concello adaptará paulatinamente os seus procedementos aos avances técnicos, na procura dun mellor servizo aos cidadáns. Os empregados públicos comprométense a adaptarse aos novos procedementos, previa a formación correspon-dente, e a obtención e utilización dos medios persoais de identificación necesarios (DNI-e, certificados dixitais, etc.)

Page 3: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 3 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

CAPÍTULO 2.–REPRESENTACIÓN E DEREITOS SINDICAIS

ARTIGO 11.–ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN.

1. De conformidade co disposto no Estatuto dos traballadores, o órgano de representación do persoal laboral é o comité de empresa.

2. Recoñecese así mesmo a capacidade xurídica e de obra das seccións sindicais nos termos previstos na lei orgánica de liberdade sindical e Estatuto dos traballadores.

ARTIGO 12.–COMPETENCIAS DO COMITÉ DE EMPRESA.

1. O comité de empresa terá as competencias citadas no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

2. Poderán utilizar fotocopiadoras, multicopistas e demais aparellos de reprografía para uso da súa administración interna.

3. Facilitaránselles os taboleiros de anuncios necesarios para que, baixo a súa responsabilidade, coloquen todos os avisos e comunicacións que deban efectuar e consideren pertinentes, sen máis limitacións que as expresamente sinaladas pola lei. Estes taboleiros instalaranse en lugares claramente visibles para permitir que a información chegue ao persoal.

4. O comité de empresa ten dereito a coñecer o orzamento anual do Concello.

ARTIGO 13.–SECCIÓNS SINDICAIS.

1. Seccións sindicais. Sen prexuízo do disposto na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical (LOLS), as seccións sindicais pertencentes a unha central sindical que obtivesen máis do 10% dos membros do respectivo comité de empresa, terán nos centros de traballo os seguintes dereitos:

a) Un número de delegados sindicais, de acordo co previsto na lexislación vixente.

b) Dispoñer dun local sindical, que compartirán co comité de empresa, en centros con máis de 50 traballadores, provis-to de teléfono, de mobiliario e de material de oficina necesario para desenvolver a súa actividade representativa.

c) Realizar asembleas fóra e dentro da xornada de traballo, establecidas nos mesmos termos en que se configura este dereito para o comité de empresa.

2. Delegados sindicais. Os delegados sindicais a que se refire o apartado a) do punto anterior terán dereito, sen prexuízo do establecido na LOLS no seu artigo 10.3, aos seguintes dereitos e garantías:

a) Á representación dos afiliados á sección sindical en todas as xestións necesarias ante a dirección respectiva, e a ser oídos por esta no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ao persoal, en xeral, e aos afiliados do sindicato, en particular.

b) A ser informados e oídos pola empresa con carácter previo:

– A respecto dos despedimentos e sancións que afecten aos afiliados ao sindicato.

– En materia de reestruturación do cadro de persoal, regulación de emprego, traslado de traballadores, cando revistan carácter colectivo ou individual, ou do centro de traballo en xeral, e sobre calquera proxecto ou acción administrativa que poida afectar ao persoal.

– Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo.

c) A ter acceso á mesma información e documentación que a empresa deba poñer a disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias que legalmente proceda.

d) A ter as mesmas garantías que a lei e o convenio colectivo lles recoñezan aos membros do comité de empresa.

ARTIGO 14.–DEREITOS SINDICAIS.

1. Os traballadores terán dereito a reunirse en asemblea. A asemblea poderá ser convocada polo comité de empresa ou por un número de traballadores non inferior ao 33% do cadro de persoal. A asemblea será presidida, en todo caso, polo comité de empresa, que será responsable do normal desenvolvemento da mesma, así como da presenza na asemblea de persoas non pertencentes ao Concello. Só poderá tratarse nela asuntos que figuren con anterioridade na orde do día. A pre-sidencia comunicará á administración a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á administración que vaian asistir á asemblea e acordará con esta as medidas oportunas para evitar prexuízos na actividade normal do Concello.

2. As asembleas convocadas cunha duración máxima de media hora, antes do inicio ou do final da xornada, non serán computadas, se ben, con este carácter, só poderán convocarse como máximo dúas asembleas mensuais. Para tal fin, a administración facilitará os locais axeitados en cada centro de traballo, nos termos establecidos no artigo 78.2 do Estatuto

Page 4: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 4 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

dos traballadores. O aviso previo de asemblea deberá facerse á dirección do centro ou servizo cunha antelación mínima de 48 horas, debendo a administración acusar recibo, e deberá ir acompañado da orde do día que se vai tratar na reunión.

3. Os convocantes garantirán en todo momento a prestación dos servizos a realizar durante as asembleas, así como a orde destas.

4. Cando por traballarse en quendas, por insuficiencia dos locais ou por calquera outra circunstancia, non poida reunirse simultaneamente todo o cadro de persoal sen prexuízo ou alteración no normal desenvolvemento da produ-ción, as diversas reunións parciais que teñan que celebrarse se considerarán como unha soa e datadas no día da primeira.

ARTIGO 15.–HORAS SINDICAIS.

1. Cada un dos membros do comité de empresa disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo co número de empregados contratados como persoal laboral, que exista en cada momento, e de acordo coa seguinte escala:

Ata 100 traballadores: 15 horas.

De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

De 251 a 500 traballadores: 30 horas.

De 501 a 750 traballadores: 35 horas.

De 751 traballadores en adiante: 40 horas.

2. Non se considerarán computables como horas sindicais nin as de negociación nin aquelas que se utilicen para reunións con órganos da administración convocadas por iniciativa desta.

3. Os membros do comité de empresa da mesma candidatura que así o manifesten, poderán proceder, despois da súa comunicación ao servizo de persoal, á acumulación das horas sindicais.

4. As seccións sindicais con representación no Concello poderán crear unha bolsa mensual de horas sindicais coas correspondentes aos seus delegados ou representantes e dispor da súa distribución entre os seus membros. A estes efec-tos, a comunicación da utilización de horas con cargo á bolsa mensual de cada sección sindical, farase mediante escrito coa conformidade do presidente da sección sindical ou membro da mesma en quen delegue.

5. O uso das horas sindicais deberá ser comunicado con posterioridade ao servizo de persoal. Sempre que sexa posi-ble, comunicarase con carácter previo ao servizo onde está encadrado o empregado.

ARTIGO 16.–GARANTÍAS SINDICAIS.

Os membros do comité de empresa, como representantes legais dos traballadores, terán as garantías recollidas no artigo 68 do Estatuto dos traballadores:

a) Apertura de expediente contraditorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que serán oído, ademais da persoa interesada, o comité de empresa.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro dos dous anos seguintes á expi-ración do seu mandato, excepto nos casos de que esta se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou sanción estea baseada na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo, por tanto, do estable-cido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores. Así mesmo non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

d) Expresar, colexialmente se se trata do Comité, as súas opinións con liberdade, nas materias que teñan que ver coa súa representación, podendo publicar e distribuír, sen perturbar o normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándoo á administración.

e) Dispoñer do crédito de horas mensuais retribuídas establecido neste convenio.

ARTIGO 17.–REXISTRO DE ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.

O Concello disporá dun Rexistro de órganos de representación do persoal. Serán obxecto de anotación neste rexistro a creación, modificación ou supresión de órganos de representación do persoal funcionario e laboral, a creación, modificación ou supresión de seccións sindicais, os membros de ditos órganos e delegados sindicais. Así mesmo, serán obxecto de anotación os créditos horarios e as súas cesións. Este rexistro axustarase á normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

Page 5: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 5 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

ARTIGO 18.–GASTOS SINDICAIS.

1. Nos orzamentos municipais consignarase anualmente unha partida con destino ao comité de empresa para o perío-do de duración deste acordo e, en tanto non se proceda á súa modificación, esta consignación será de 300 € anuais.

2. Como consecuencia do anterior, o comité de empresa está obrigada a levar unha contabilidade exacta na que se recollan todos os ingresos e gastos debidamente xustificados. Para isto deberá nomear a un dos seus membros como tesoureiro. A contabilidade do comité de empresa será pública.

CAPÍTULO 3.–CALENDARIO E XORNADA LABORAL

ARTIGO 19.–CALENDARIO LABORAL.

1. O calendario laboral será o que os organismos competentes das administracións central, autónoma e local, dentro das súas competencias, sinalen e afecten ao municipio de Culleredo.

2. A distribución anual da xornada non poderá alterar o número de días de vacacións que estableza a normativa en vigor.

3. Os días 24 e 31 de decembro e o chamado Sábado Santo, as oficinas municipais permanecerán pechadas ao pú-blico. Nos servizos onde non sexa posible o seu gozo, computaranse como festivo a descontar das horas anuais laborais, sen prexuízo da compensación que por traballar en festivo corresponda en cada caso de acordo co establecido no artigo 51 deste convenio.

4. O calendario laboral incorporará dous días de permiso cando os días 24 e 31 de decembro coincidan en festivo, sábado ou día non laborable. Así mesmo, o calendario laboral incorporará cada ano natural , e como máximo, un día de permiso cando algunha festividade laboral de ámbito estatal, de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, coincida con sábado no dito ano.

5. As peculiaridades do calendario laboral e da xornada de traballo da Protección Civil e do profesorado do Conservato-rio de Música recóllense en anexos deste convenio colectivo.

ARTIGO 20.–XORNADA LABORAL.

1. A xornada xeral de traballo será de 37,5 horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual, equi-valente a 1.664 horas anuais.

2. Durante a xornada de traballo poderase facer unha pausa, durante un período de 30 minutos, que se computará como traballo efectivo. Esta interrupción non poderá afectar á prestación dos servizos.

3. O persoal laboral poderá solicitar voluntariamente a redución da súa xornada diaria, coa correspondente redución proporcional de retribucións. A redución será como mínimo dunha hora e como máximo de dúas horas e trinta minutos diarios. A concesión da redución de xornada por interese particular estará sempre subordinada ás necesidades do servizo, e terá, unha duración mínima dun mes e máxima dun ano, renovable a petición da persoa interesada cunha antelación mínima dun mes á data de finalización. Non se poderá conceder unha nova redución de xornada a un empregado municipal, ata transcorridos seis meses dende a finalización da anterior. A concesión da redución de xornada por interese particular queda automaticamente sen efecto en caso de cambio de posto.

4. Nas comisións de servizo por desempeño de cometidos especiais fora do termo municipal de duración superior a un día, considerase que o empregado realiza unha xornada normal de sete horas e trinta minutos diarios.

5. Non obstante o anterior, naqueles casos debidamente motivados de comisións de servizos que impliquen unha dedicación especial, como a esixida en excursións con grupos de persoas que necesiten especial atención (persoas maio-res, nenos pequenos, persoas discapacitadas), considerase que o empregado realiza unha xornada de traballo superior á xornada normal, polo que terán dereito a un día e medio de compensación por día de comisión de servizo.

ARTIGO 21.–HORARIOS.

1. Os horarios acomodaranse ás necesidades do servizo, respondendo ao criterio de facilitar a atención aos cidadáns. O establecemento dos horarios negociarase cos representantes do persoal.

2. Con carácter xeral, os horarios constarán dunha parte fixa (horario fixo), dunha parte non presencial (horario non presencial) e dunha parte flexible (horario flexible).

3. O horario fixo é o período de tempo no que o empregado debe permanecer obrigatoriamente no lugar de traballo. O horario fixo de presenza pode ser normal ou especial. Horario fixo de presenza normal é o establecido con carácter xeral se-

Page 6: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 6 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

gundo o tipo de xornada, cunha duración de 25 horas semanais. Horario fixo de presenza especial é o establecido naqueles postos que polas súas características non podan adaptarse ao horario fixo de presenza normal.

4. O horario non presencial é o período de tempo de ata 2,5 horas á semana, no que o empregado pode desempeñar as súas funcións sen necesidade de presencia física no seu posto de traballo. O horario non presencial semanal de cada empregado establecerase dentro dos límites establecidos para o horario flexible, por resolución da alcaldía ou concellería delegada de persoal, a proposta do servizo correspondente. O establecemento dun compoñente non presencial (horario non presencial) implicará a utilización dos elementos materiais persoais do empregado, que permitan a realización dos cometidos encomendados en cada momento, e a comunicación co centro de traballo.

5. O horario flexible é o período de tempo no que o empregado debe completar a xornada semanal establecida (diferen-cia entre a xornada xeral establecida e o horario fixo máis o horario non presencial, no seu caso). O horario flexible pode ser realizado entre as 07.30 e as 19.00 horas, de luns a venres, e as 08.00 e as 14.00, os sábados. A suma das franxas do horario fixo e do horario flexible presencial non poderá ser inferior a 35 horas á semana. En casos extraordinarios e debidamente motivados, poderase modificar, a solicitude do servizo correspondente, a franxa no que pode ser realizado o horario flexible.

6. Cando un empregado sexa requirido para realizar un traballo fora do seu horario fixo de presenza, o tempo traballado terá esta consideración, e poderá ser compensado cun período de igual duración do horario fixo de presenza inicialmente establecido. Mediante escrito asignado polo xefe de servizo e Concelleiro responsable, comunicarase esta circunstancia ao servizo de persoal.

7. Cando por causas sobrevidas e suficientemente motivadas, non fora posible realizar a xornada semanal establecida, poderase completar a xornada nas catro semanas seguintes. Mediante escrito asignado polo xefe de servizo e concelleiro responsable, comunicarase esta circunstancia ao servizo de persoal.

8. Na relación de postos de traballo poderán especificarse aqueles postos de traballo nos que por requirirse diferentes niveis de dedicación ao longo do ano, o cumprimento da xornada anual poderá facerse cunha distribución temporal distinta á semanal.

9. Naqueles servizos e dependencias que cambien de forma estacional ou temporal o horario de prestación de servizos, poderá acordarse por resolución da alcaldía ou concellería delegada e a proposta do servizo correspondente, a realización por parte dos empregados que se determinen, dunha xornada distinta á establecida na RPT, durante un período non supe-rior a un mes natural ao ano, sempre que a xornada efectuada temporalmente teña igual ou menor número de puntos a efectos de valoración do complemento específico, e sen que isto supoña repercusión na retribución do factor xornada do complemento específico.

10. Os empregados con fillos/as ou acollidos/as menores de doce anos, ou con familiares conviventes que, por en-fermidade ou por avanzada idade, necesiten a asistencia doutras persoas, poderán solicitar achegando documentación do feito causante, e concederáselles se as necesidades do servizo o permitisen, o adianto ou atraso de ata 1 hora, do horario fixo de presenza.

11. Os empregados que teñan fillos con discapacidade terán 2 horas de flexibilidade horaria diaria a fin de conciliar os horarios dos centros de educación especial e outros centros onde o fillo reciba atención, cos horarios dos propios postos de traballo.

12. Cando por circunstancias de carácter persoal debidamente motivadas e non reguladas como permisos ou licenzas no presente convenio, o empregado deba ausentarse do posto de traballo durante a franxa de horario fixo de presenza, poderá compensar as horas da ausencia na franxa de horario flexible da mesma semana ou da seguinte. A compensación será comunicada, coa conformidade do xefe de servizo, ao servizo de persoal.

ARTIGO 22.–TIPOS DE XORNADAS.

Establécense os seguintes tipos de xornadas:

a) Xornada de mañá. O horario fixo de presenza normal será de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

b) Xornada de mañá completada con sábados. Implica que a xornada de mañá establecida, deberá completarse con traballo en sábados, na frecuencia e horario que se estableza en cada caso, traballo que terá a consideración de horario fixo de presenza.

c) Xornada de mañá completada con tardes. Implica o traballo dun máximo de 2 tardes á semana, no horario e frecuen-cia que se estableza en cada caso, traballo que terá a consideración de horario fixo de presenza.

d) Xornada de mañá completada con fins de semana. Implica que a xornada de mañá establecida, deberá completarse con traballo en fins de semana, na frecuencia e horario que se estableza en cada caso, traballo que terá a consideración de horario fixo de presenza.

Page 7: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 7 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

e) Xornada de tarde. O horario fixo de presenza normal será de 16.00 a 21.00 horas, de luns a venres.

f) Xornada de tarde completada con fins de semana. Implica que a xornada de tarde establecida, deberá completarse con traballo en fins de semana, na frecuencia e horario que se estableza en cada caso, traballo que terá a consideración de horario fixo de presenza.

g) Xornada partida. O horario fixo de presenza normal será de 10.00 a 13.00 horas, e de 16.00 a 18.00 horas, de luns a venres.

h) Xornada de fin de semana. O horario fixo de presenza normal será de 09.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 19.00 horas, de venres a domingo.

i) Xornada de quendas mañá-tarde: xornada na que se alternan períodos de traballo con xornada de mañá e períodos de traballo con xornada de tarde, de luns a domingo, coa secuencia que se estableza en cada caso.

j) Xornada de quendas mañá-tarde-noite: xornada na que se alternan períodos de traballo de mañá-tarde e noite, de luns a domingo, coa secuencia que se estableza en cada caso.

k) Xornada lectiva. Xornada de traballo do persoal docente de acordo co anexo “Profesores do conservatorio de música” do convenio colectivo.

ARTIGO 23.–CONTROL HORARIO.

1. Os empregados municipais teñen a obriga de rexistrar a entrada e saída do centro de traballo, mediante o sistema de recoñecemento de huella establecido ao efecto.

2. Debe rexistrarse así mesmo as saídas e entradas do centro de traballo para o desfrute de calquera dos permisos recollidos neste convenio.

3. Non é necesario rexistrar as saídas-entradas debidas a motivos de traballo.

4. Calquera incidencia que impida o rexistro da entrada e saída do centro de traballo, deberá ser comunicada ao servizo de persoal no modelo establecido ao efecto, no prazo máximo dunha semana.

ARTIGO 24.–AUSENCIAS E FALTAS DE PUNTUALIDADE.

1. As ausencias e faltas de puntualidade e permanencia do persoal requirirán o aviso inmediato ao responsable da unidade correspondente, así como a súa ulterior xustificación acreditativa, que será notificada ao servizo de persoal.

2. O resto das ausencias deberán solicitarse e xustificarse de acordo co estipulado no capitulo de vacacións, permisos e licenzas.

3. As ausencias non xustificadas darán lugar, previo requirimento ao interesado para que aporte a xustificación co-rrespondente no prazo de 5 días hábiles, á súa consideración como días de permiso por asuntos propios, e cando estes estiveran esgotados, á dedución proporcional das súas retribucións.

CAPÍTULO 4.–VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS

ARTIGO 25.–VACACIÓNS

1. Os empregados municipais terán dereito a gozar, durante cada ano natural, dunhas vacacións retribuídas de vinte e dous días hábiles, ou os días que correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano foi menor.

2. Aos efectos do previsto neste artigo, os sábados non serán considerados días hábiles, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais.

3. As vacacións gozaranse dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte. Poderá sobrepasarse o límite sinalado cando non fora posible desfrutar do período vacacional ou tivera que suspenderse o mesmo, por causa dunha incapacidade temporal derivada de continxencias comúns ou profesionais, ou dos permisos derivados de parto, adopción ou acollemento, paternidade ou por razón de violencia de xénero. Neste caso as vacacións terán que desfrutarse de forma ininterrompida a partir do día seguinte á da situación de alta ou finalización do permiso, dentro do ano natural seguinte.

4. En caso de prorrata dos dias de vacacións por non terse traballado todo o ano, a cantidade resultante redondearase ao número enteiro inferior no caso de que o primeiro decimal sexa inferior a 5 e ao número enteiro superior no caso de que o primeiro decimal sexa igual ou superior a 5.

5. As peculiaridades das vacacións de Protección Civil e profesores do Conservatorio Profesional de Música, recóllense en anexos deste convenio.

Page 8: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 8 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

ARTIGO 26.–SOLICITUDE DE VACACIÓNS.

1. O servizo de persoal solicitará dos distintos servizos municipais as propostas para a elaboración do calendario anual de vacacións, que deben ser remitidas antes do 31 de marzo de cada ano. As propostas deberán ser asinadas polo xefe de servizo e concelleiro responsable, asumindo a xefatura a responsabilidade na prestación satisfactoria dos servizos.

2. Os empregados deben solicitar o número total de vacacións que lles correspondan, sen prexuízo da súa modificación posterior.

3. Por resolución aprobarase o cadro de vacacións de cada servizo, tendo en conta as necesidades dos servizos e de acordo coas propostas presentadas.

4. As solicitudes de vacacións que deban realizarse de forma individual fora da proposta conxunta do servizo, ou as modificacións das vacacións aprobadas no calendario anual, deben ser asinadas polo xefe de servizo e concelleiro respon-sable, asumindo a xefatura a responsabilidade na prestación satisfactoria dos servizos.

5. Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia de elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de doce anos ou persoas maiores dependentes ao seu coidado directo. Para estes efectos, a dependencia ten que estar recoñecida pola Xunta de Galicia ou informe médico.

6. No caso de que se produza colisión de intereses na solicitude de vacacións, estas estableceranse de maneira rotativa, seguindo estritos criterios de antigüidade dentro de cada categoría profesional e/ou funcional.

ARTIGO 27.–PERMISOS DOS EMPREGADOS PÚBLICOS.

1. Os empregados públicos terán os seguintes permisos:

a) Falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar.

Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afini-dade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afini-dade, dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Considerase como enfermidade grave a hospitalización por máis dun día, ou intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario cando así o determine o xustificante médico.

No caso de falecemento, os días de permiso serán consecutivos e contados a partir do día do suceso ou do día inme-diatamente posterior.

No caso de accidente ou enfermidade grave dun familiar, os días de permiso poderán collerse de forma descontinua, sempre e cando persista o feito causante e ata o máximo de días establecido.

Se durante o desfrute do permiso por accidente ou enfermidade grave do familiar, sobrevén o falecemento deste, suspenderase o permiso que se viña desfrutando e iniciarase o cómputo dun novo permiso.

A documentación que xustifica o feito causante do permiso é a seguinte:

– Falecemento: documentación que acredite suficientemente o feito: certificado defunción, certificado Rexistro Civil, etc. Exceptúase da xustificación na forma sinalada, o falecemento dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade.

– Accidente ou enfermidade grave ou moi grave do familiar: xustificante médico onde se cualifique a gravidade da enfermidade.

– Hospitalización: documento acreditativo do centro hospitalario, ou declaración do facultativo responsable, no caso de hospitalización a domicilio.

– Grao de parentesco: libro ou libros de familia, certificación do Rexistro Civil, xustificante de inscrición en calquera rexistro público que o acredite.

b) Accidente ou enfermidade moi grave dun familiar.

Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do ou da cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, persoas acollidas ou familiares que convivan na mesma casa, e para atender ao seu coidado, o empregado terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfer-midade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, poderase utilizar de maneira separada ou acumulada.

A documentación que xustifica o feito causante do permiso é a seguinte:

Page 9: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 9 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

– Accidente ou enfermidade moi grave do familiar: xustificante médico onde se cualifique a enfermidade como moi grave durante os días do permiso retribuído.

– Grao de parentesco: libro ou libros de familia, certificación do Rexistro Civil, xustificante de inscrición en calquera rexistro público que o acredite.

c) Coidado dun familiar de primeiro grao.

Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grao, o empregado terá dereito a solicitar unha redución de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes.

Si houbera máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de desfrute desta redución poderase prorratear entre os mesmos, respectando en todo caso, o prazo máximo dun mes.

A documentación xustificativa será a seguinte: documentación acreditativa do parentesco (libro de familia, certificado Rexistro Civil) e xustificante médico onde se cualifique a gravidade da enfermidade.

d) Traslado de domicilio.

Por traslado de domicilio, un día.

O permiso entenderase referido aos días en que se produza o efectivo traslado de domicilio.

Xustificarase con calquera documento que acredite o cambio efectivo de domicilio: certificado de empadroamento no novo domicilio, factura de mudanza, contrato).

e) Funcións sindicais ou de representación do persoal.

Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos que se determina no capítulo 2 deste convenio.

f) Exames finais e demais probas definitivas de aptitude.

Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude, durante os días da súa celebración.

Enténdese que a concorrencia a exames finais e demais probas definitivas de aptitude implica unha determinadas condicións previas, polo que o permiso concederase dende o comezo do día da súa celebración, incluído no seu caso o servizo nocturno, ata a finalización do mencionado exame ou proba.

Enténdese por “exames finais ou outras probas definitivas de aptitude” aquelas que teñan carácter final ou parcial liberatorio dunha parte do programa establecido para a obtención dun título académico ou profesional, así como as probas selectivas no ámbito do emprego público. Non están incluídos exames ou probas de aptitude doutro carácter, como os que se realicen para obter permisos de condución de vehículos ou similares.

Acreditarase con documento acreditativo da asistencia ao exame ou proba, no que conste lugar, data e centro de realización.

g) Exames prenatais e técnicas de preparación ao parto.

As empregadas embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto polo tempo necesario para a súa práctica e previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Acreditarase con documento xustificativo da asistencia.

h) Tratamentos de fecundación asistida.

O empregado terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días.

Acreditarase con documento xustificativo da asistencia.

i) Acompañamento a tratamentos de fecundación asistida, exames prenatais e técnicas de preparación ao parto.

Para acompañar ao seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ao parto, o empregado terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio cos previstos para estes permisos.

j) Lactancia.

Por lactancia dun fillo menor de doce meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xorna-

Page 10: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 10 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

da ou, nunha hora ao inicio ou ao final da xornada, coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.

Igualmente a empregada poderá solicitar a substitución do tempo de lactancia por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente.

Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.

No caso de que o desfrute deste permiso sexa por acumulación en xornadas completas, a empregada desfrutará de vinte días hábiles ininterrompidos de permiso, que poderán unirse aos de permiso por maternidade.

A aplicación do permiso de lactancia dos traballadores a tempo parcial é idéntica á dos traballadores con xornada completa.

O permiso por lactancia acreditase co parte de baixa maternal ou con calquera outro documento (libro familia, inscrición no Rexistro Civil) que acredite o nacemento do fillo, e cunha declaración no que baixo a súa responsabilidade o empregado declara que o outro proxenitor non goza a súa vez do citado permiso.

k) Fillos prematuros ou que deban permanecer hospitalizados a continuación do parto.

Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a empregada ou o empregado terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias percibindo as retribucións íntegras.

Así mesmo, terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional das súas retribucións.

Acreditarase con documentación acreditativa do nacemento do fillo (partida nacemento, inscrición no rexistro) e da necesidade de hospitalización a continuación do parto.

l) Garda legal.

Por razóns de garda legal, cando o empregado teña o coidado directo dalgún menor de doce anos, de persoa maior que requira especial dedicación, ou dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito á redución da súa xornada de traballo, coa diminución das súas retribucións que corresponda.

Terá o mesmo dereito o empregado que precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poda valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

Acreditarase con documento legal acreditativo da garda legal, así como, no seu caso, da idade, discapacidade ou especial dedicación que requira a persoa en cuestión.

m) Cumprimento deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.

Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.

Entendese como deber inescusable aquela obriga que incumbe a unha persoa cuxo incumprimento xeraría unha res-ponsabilidade de índole civil, penal ou administrativa, entre eles os seguintes: comparecencia obrigatoria instada por ór-ganos xudiciais, comisarías ou calquera outro organismo oficial; cumprimento de deberes cidadáns derivados dun proceso electoral; asistencia como membro ás sesións dun tribunal de selección ou provisión, con nomeamento da autoridade competente.

Non se entende como deber inescusable aquela obriga que incumbe a unha persoa cuxo incumprimento non xera unha responsabilidade de índole civil, penal ou administrativa, entre eles os seguintes: asistencia a oficinas de notaría, despachos de avogados, oficinas de compra-venta.

O deber inescusable debe ser personalismo, sen posibilidade de execución por medio de representante ou substituto.

Considéranse deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, o exercicio de actividades inescusables vinculadas directamente ao entorno familiar do titular do dereito, ente eles o seguinte:

– Consulta médica: o empregado ten dereito a ausentarse do traballo para a realización de consultas médicas, polo tempo indispensable para a mesma.

Acreditarase o obxecto do permiso coa seguinte documentación acreditativa:

– Deber inescusable: citación do órgano convocante, ou documentación que acredite suficientemente a obriga.

– Deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral (consulta médica): xustificante do centro sanitario.

Page 11: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 11 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

– Outros deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral: xustificante do feito causante, e no seu caso do parentesco e das circunstancias concretas que concorren no familiar.

n) Acompañamento a revisións médicas a fillas e fillos e persoas maiores a cargo do empregado.

O empregado terá dereito a ausentarse para acompañar ás revisións médicas ás súas fillas e aos seus fillos e ás persoas maiores ao seu cargo polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo.

Para estes efectos considéranse a cargo do persoal, as fillas e fillos menores de idade.

Para estes efectos considéranse persoas maiores a cargo do persoal aos familiares de primeiro grao que, pola súa idade ou estado de saúde, non se poidan valer por si mesmos para acudir á consulta.

Acreditarase coa seguinte documentación:

– Acompañamento a fillas e fillos menores de idade: xustificante do centro sanitario, documentación xustificativa do parentesco e da idade do fillo menor.

– Acompañamento a persoas maiores: xustificante do centro sanitario, documentación xustificativa do parentesco; declaración baixo a súa responsabilidade, de que a persoa maior está ao seu cargo, e que pola súa idade ou estado de saúde non pode valerse por si mesmo para acudir a consulta.

ñ) Asuntos particulares.

Por asuntos particulares, tres días.

A concesión deste permiso queda condicionada ás necesidades do servizo. A negación por necesidades do servizo, debe estar suficientemente motivada.

Cando non sexa posible desfrutar do mencionado permiso antes de finalizar o mes de decembro, poderán concederse nos primeiros quince días do mes de xaneiro do ano seguinte.

Os días de asuntos particulares poderán solicitarse por enteiro ou por horas. O desfrute de asuntos particulares por horas pode facerse dentro do horario fixo ou do horario flexible.

o) Matrimonio.

Por matrimonio, quince días.

O período de desfrute será ininterrompido e debe incluír o día de celebración do matrimonio. No caso de celebración de matrimonio cun mesmo cónxuxe en sede civil e relixiosa, separada no tempo, o permiso só se poderá desfrutar unha vez.

Acreditarase o obxecto do permiso con certificación, libro de familia ou inscrición do Rexistro Civil, onde conste a celebración do matrimonio.

ARTIGO 28.–PERMISOS POR MOTIVOS DE CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL E POR RAZÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

1. En todo caso se concederán os seguintes permisos coas correspondentes condicións mínimas:

a) Parto.

Terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo e, por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase a opción da funcionaria sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste de permiso.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir desfrutando do permiso de mater-nidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se encontre en situación de incapacidade temporal.

Nos casos de desfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de discapacidade do fillo ou de parto múltiple.

Nos casos de parto prematuro e naqueles en que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.

Page 12: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 12 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

Acreditarase con documento que acredite o feito causante: parte de baixa maternal, certificado médico oficial, inscri-ción no Rexistro Civil, libro de familia.

No caso de inicio do permiso antes do parto, debe presentarse xustificante médico acreditativo de atoparse no período de dez semanas anteriores á prevista para o parto.

b) Adopción ou acollemento.

O permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adopta-do ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.

O cómputo do prazo contarase a elección do empregado, a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de desfrute deste permiso.

No caso de que ambos proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán desfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos.

Nos casos de desfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos no poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.

Se fora necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata dous meses de duración, percibindo durante este período exclusivamente as retribucións básicas.

Con independencia do permiso de ata dous meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto contemplado en dito parágrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento

Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste permiso será os que así se establezan no Código Civil ou nas leis civiis de Galicia que os regulen, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.

Acreditarase o permiso coa seguinte documentación:

– Resolución administrativa ou xudicial da adopción ou da acollida, na que conste, no seu caso, o carácter internacional da mesma.

– No caso de que o permiso se amplíe por discapacidade do menor adoptada ou acollido, deberá presentarse documen-to médico acreditativo da discapacidade.

– No caso de desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, nos casos de adopción ou aco-llemento internacional, deberá presentarse documentación oficial acreditativa da tramitación da devandita adopción, sen prexuízo da posterior presentación da resolución xudicial de adopción.

c) Paternidade.

O permiso por paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dun fillo ou filla terá unha duración de vinte e nove días naturais, que gozará o pai a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais.

Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambos os proxenitores fosen persoal ao servizo da administración públi-ca galega, o permiso poderase distribuír á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración.

Este permiso é independente do gozo compartido dos permisos previstos nos puntos a) e b).

A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos previstos nos puntos a) e b) nos seguin-tes supostos:

– Cando o pai falecera antes da utilización íntegra do permiso.

– Se a filiación paterna non estivera determinada.

– Cando os proxenitores non estiveran casados nin unidos de feito en análoga relación de afectividade.

Page 13: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 13 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

– Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecera á nai a garda do fillo ou da filla que acaba de nacer.

No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ao ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ao permiso de paternidade nos termos fixados neste apartado.

Nos casos previstos nos puntos a), b) e c), o tempo transcorrido durante o gozo destes permisos computarase como de servizo efectivo para todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal ao servizo do Concello de Culleredo durante todo o período de duración do permiso, e, se é o caso, durante os períodos posteriores ao gozo deste, se, de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de gozo do permiso.

Os empregados/as que fixeran uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, así que finalice o período de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ao gozo do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia.

Xustificarase con documento que acredite o feito causante: inscrición no Rexistro Civil, libro de familia.

d) Por razón de violencia de xénero sobre a muller empregada.

As faltas de asistencia das funcionarias vítimas de violencia de xénero, totais ou parciais, terán la consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda.

Así mesmo, as funcionarias vítimas de violencia sobre a muller, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito de asistencia social integral, terán dereito á redución da xornada con diminución proporcional da retribución, ou a reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou de outras formas de ordena-ción do tempo de traballo que sexan aplicables, nos termos que para estes supostos estableza a Administración Pública competente en casa caso.

Acreditarase mediante a orde de protección ou a medida cautelar a favor da vítima, cando estea en vigor, ou coa sentenza condenatoria definitiva, ou definitiva e firme, que conteña medidas de protección que acrediten a actualidade da situación de violencia. Excepcionalmente, será título de acreditación desta situación o informe do Ministerio Fiscal ou auto de apertura de xuízo oral que indique a existencia de indicios de que a traballadora afectada é vítima de violencia de xénero, así coma os informes dos servizos de acollida, sociais e/ou sanitarios da administración pública estatal, autonómica ou local, en que se recolla dita condición ata que se dite a orde de protección.

e) Coidado de fillo menor afectado por cáncer u outra enfermidade grave.

O empregado terá dereito, sempre que ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente traballen, a unha redución da xornada de traballo de ao menos a metade da duración de aquela, percibindo as retribucións íntegras, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do fillo menor de idade afectado por cancro (tumores malignos, melanomas ou carcinomas) ou por calquera outra enfermidade grave que implique un ingre-so hospitalario de larga duración e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente acreditado polo informe do Servizo Galego de Saúde ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente e, como máximo, ata que o menor cumpra os 18 anos.

Cando concorran en ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente, polo mesmo suxeito e feito causante, as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso ou, no seu caso, poidan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no réxime da seguridade social que lles sexa de aplica-ción, o empregado terá dereito á percepción das retribucións íntegras durante o tempo que dure a redución da súa xornada de traballo, sempre que o outro proxenitor, adoptante ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, sen prexuízo do dereito á redución de xornada que lle corresponda, non cobre as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no réxime da seguridade social que lle sexa de aplicación. En caso contrario, so se terá dereito á redución de xornada, coa conseguinte redución de retribucións.

Para a aplicación deste permiso, a listaxe de enfermidades graves será a establecida no Real Decreto 1148/2011 para a aplicación e desenvolvemento no sistema da seguridade Social da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave, ou norma que o substitúa, e sen prexuízo da incorporación de novas enfermidades acordada de acordo coa disposición final terceira do mencionado Real Decreto.

O cancro ou enfermidade grave que padeza o menor deberá implicar un ingreso hospitalario de longa duración que requira o seu coidado directo, continuo e permanente, durante a hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.

Page 14: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 14 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

Considerarase así mesmo como ingreso hospitalario de longa duración a continuación do tratamento médico ou o coidado do menor en domicilio tras o diagnóstico e hospitalización pola enfermidade grave.

Este permiso concederase por un período inicial dun ano, prorrogable por períodos de seis meses cando subsista a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do menor, e como máximo, ata que este cumpra os 18 anos.

O permiso suspenderase nas situacións de incapacidade temporal, durante os períodos de descanso por maternidade e paternidade e nos supostos de risco durante o embarazo e, en xeral, cando concorra calquera causa de suspensión da relación funcionarial do solicitante.

O permiso extinguirase polo cesamento do cumprimento de algúns dos requisitos esixidos para a súa concesión.

Acreditarase este permiso coa seguinte documentación:

– Documentación xustificativa do parentesco: libro de familia, inscrición no Rexistro Civil.

– Declaración baixo a súa responsabilidade de que o outro proxenitor do menor non cobra as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no réxime da seguridade social que lle sexa de aplicación.

– Declaración cumprimentada polo facultativo do Servizo Galego de Saúde ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente, responsable da atención do menor, de que o menor padece un cancro así como a necesidade de coidado directo, continuo e permanente do menor durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.

Cando exista recaída do menor polo cancro ou a mesma enfermidade grave non será necesario que exista un novo in-greso hospitalario, se ben na recaída da enfermidade deberá acreditarse a necesidade, tras o diagnóstico e hospitalización, da continuación do tratamento médico así como do coidado directo, continuado e permanente do menor polo proxenitor, adoptante ou acolledor, mediante declaración cumprimentada polo facultativo do Servizo Galego de Saúde ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente, responsable da atención do menor.

As prórrogas do permiso, por períodos de seis meses cando subsista a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do menor, acreditarase mediante declaración do facultativo do Servizo Galego de Saúde ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente, responsable da asistencia médica do menor.

O empregado ao que se lle conceda este permiso ten a obriga de comunicar calquera circunstancia que implique a suspensión ou extinción do dereito ao permiso.

ARTIGO 29.–LICENZAS..

1. Poderanse conceder licenzas nos seguintes casos:

a) Embarazo.

Por embarazo, nas condicións e duración previstas na lexislación xeral.

b) Asuntos propios.

Por asuntos propios poderanse conceder licenzas sen retribución dunha duración acumulada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos. A concesión de licenzas por asuntos propios subordinarase, en todo caso, ás necesidades do servizo.

A concesión desta licenza non terá unha duración inferior a sete días naturais.

O tempo de duración desta licenza terá a consideración de servizos prestados unicamente a efectos de antigüidade e consolidación de grao persoal.

Mentres dure esta licenza sen retribución o persoal permanecerá na situación de alta especial no réxime de seguridade social.

O persoal de novo ingreso só poderá solicitar esta licenza unha vez transcorridos dous anos desde o seu nomeamento. O persoal laboral temporal non poderá desfrutar desta licenza.

O prazo para o cómputo dos dous anos para o desfrute dunha nova licenza por asuntos propios debe comezar a com-putarse no momento en que remate o desfrute da licenza anterior.

c) Enfermidade.

As licenzas por enfermidade fixaranse de acordo co réxime xeral da Seguridade Social.

Nos supostos de incapacidade temporal, o Concello complementará a prestación económica recoñecida pola Segurida-de Social, de acordo co seguinte detalle:

Page 15: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 15 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

– Nos seguintes supostos de carácter excepcional e debidamente xustificados, o Concello complementará a prestación económica recoñecida pola Seguridade Social, de forma que a suma de ambos conceptos (prestación económica da Segu-ridade social e complemento) alcance O 100% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade:

– Hospitalización.

– Intervención cirúrxica.

– Enfermidades recollidas no anexo do Real decreto 1148/2011 ou norma que o substitúa, así como outras incapaci-dades temporais ata que se produce a curación definitiva da enfermidade recollida no mencionado anexo.

– Lesións de carácter grave, producidas por accidentes que non teñan a consideración de continxencias profesionais.

– Incapacidade temporal durante o embarazo.

– Nos supostos de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns, o Concello complementará a prestación económica recoñecida pola Seguridade Social, de forma que a suma de ambos conceptos (prestación económica da Segu-ridade social e complemento) alcance as seguintes porcentaxes das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade:

– Durante os tres primeiros días: 50% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

– Desde o día cuarto ata o vixésimo, ambos inclusive: 75% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

– A partir do día vixésimo primeiro, inclusive: 100% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

– Nos supostos de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, o Concello complementará a pres-tación económica recoñecida pola Seguridade Social, de forma que a suma de ambos conceptos (prestación económica da Seguridade social e complemento) alcance o 100% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

Enténdese por retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade, a estes efectos, a totalidade dos conceptos retributivos dunha mensualidade ordinaria, excluíndo os conceptos da nómina que non constitúan haberes fixos e periódicos, como poden ser paga extra, produtividade ou gratificacións.

Unha baixa médica resultante dunha recaída dunha baixa anterior, computa aos efectos desta licencia como unha continuación da mesma.

Terá consideración de hospitalización a efectos de aplicación desta licencia, a hospitalización a domicilio.

Terá consideración de intervención cirúrxica a efectos de aplicación desta licencia, as intervencións cirúrxicas con internamento, as intervencións de cirurxía maior ambulatoria e de cirurxía menor ambulatoria, as intervencións médicas invasivas como colonoscopias, gastroscopias e outras de características similares, así como os tratamentos oncolóxicos.

A documentación xustificativa das ausencias por enfermidade ou accidente será con carácter xeral o parte médico de baixa por incapacidade temporal, partes médicos de confirmación no seu caso, e parte médico de alta. Os partes médicos de baixa, confirmación e alta deben ser entregados no servizo de persoal do Concello, no prazo de tres días contados a partir do da expedición.

Deberá presentarse ademais a documentación que se detalla nos seguintes casos:

– Hospitalización: documento acreditativo do centro hospitalario, ou declaración do facultativo responsable, no caso de hospitalización a domicilio.

– Intervención cirúrxica: xustificante médico da intervención cirúrxica.

– Enfermidades recollidas no anexo do Real Decreto 1148/2011 ou norma que o substitúa: xustificante médico que acredite o padecemento dunha das enfermidades recollidas no anexo, ou copia do exemplar para o traballador do parte médico de baixa onde se especifique o diagnóstico.

– Incapacidade temporal ata que se produce a curación definitiva da enfermidade recollida no mencionado anexo do Real decreto 1148/2011: xustificante médico que acredite que a no momento de iniciarse a incapacidade temporal aínda non se produciu a curación definitiva da enfermidade recollida no mencionado anexo, ou copia do exemplar para o traballa-dor do parte médico de baixa onde se especifique esta circunstancia.

Page 16: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 16 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

– Lesións de carácter grave, producidas por accidentes que non teñan a consideración de continxencias profesionais: xustificante médico que acredite a causa (accidente) e o carácter de grave, ou copia do exemplar para o traballador do parte médico de baixa onde se especifique esta circunstancia.

– Incapacidade temporal durante o embarazo: xustificante médico que acredite o embarazo, ou copia do exemplar para o traballador do parte médico de baixa onde se especifique esta circunstancia.

– Recaída: especificación desta circunstancia no parte médico de baixa por incapacidade temporal.

Os días de ausencia ao traballo, motivadas por enfermidade ou accidente e que non dean lugar a unha situación de incapacidade temporal, comportarán a mesma dedución de retribucións do 50% prevista para os tres primeiros días de ausencia por incapacidade temporal.

O desconto en nómina regulado no apartado anterior non será de aplicación a catro días de ausencias ao largo do ano natural, das que só tres poderán ter lugar en días consecutivos, sempre que estean motivadas en enfermidade ou accidente, e non dean lugar á incapacidade temporal. Elo esixirá a acreditación da ausencia mediante xustificante médico ou declaración baixo a súa responsabilidade do empregado.

d) Realización de estudios.

Poderanse conceder licenzas para a realización de estudios sobre materias directamente relacionadas coa Adminis-tración Pública, previo informe favorable da persoa xerarquicamente superior, e o empregado terá dereito a percibir as retribucións básicas.

Acreditarase con documentación acreditativa da materia do curso, lugar e datas de realización e admisión do solicitante para a realización dos cursos.

ARTIGO 30.–SOLICITUDE E XUSTIFICACIÓN DE PERMISOS E LICENZAS.

1. As solicitudes de permisos e licenzas faranse mediante o modelo confeccionado ao efecto polo servizo de persoal.

2. A xustificación dos permisos e licenzas farase de acordo co especificado en cada permiso ou licenza, ou no seu defecto, mediante documentación que acredite de forma suficiente todos os supostos do feito requiridos, e no seu caso, documentación que acredite o parentesco do empregado co afectado.

3. Aos efectos de concesión e xustificación dos permisos e licenzas recollidos neste capítulo, enténdese por:

– Parentesco por afinidade: aquel que se establece mediante o matrimonio, entre cada cónxuxe e os parentes por consanguinidade do outro.

– Familiar de primeiro grao, por consanguinidade ou afinidade: nais/pais, fillas/os, nais/pais políticas/os e cónxuxe da filla ou fillo.

– Familiar de segundo, por consanguinidade: irmás/irmáns, avoas/avós, netas/os, ou por afinidade: irmás/irmáns, avoas/avós e netas/os do cónxuxe.

4. Aos efectos de concesión e xustificación dos permisos e licenzas recollidos neste capítulo, con excepción do permiso por matrimonio, equipárase o matrimonio ás parellas de feito inscritas nun rexistro de parellas de feito, e á parella de feito que acredite documentalmente a convivencia e a existencia dun fillo en común ou a convivencia por máis dun ano. De acordo con esta equiparación, calquera referencia feita ao cónxuxe entendese aplicable á parella de feito.

5. Con carácter xeral, e salvo especificación expresa en contrario, os permisos e licenzas deben desfrutarse en perío-dos ininterrompidos que inclúan ou sexan inmediatamente posteriores á data en que se produza o feito causante.

6. As peculiaridades dos permisos de Protección Civil recóllense en anexo deste convenio.

CAPÍTULO 5.–INGRESO, PROVISIÓN E PROMOCIÓN. SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

ARTIGO 31.–INGRESO.

1. As necesidades de persoal do Concello de Culleredo cubriranse polos sistemas de selección externa, de promoción interna ou de provisión de postos de traballo nos termos establecidos na lexislación vixente e no presente convenio.

O ingreso realizarase mediante convocatoria pública, garantíndose os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

2. Nas ofertas de emprego público reservarase un cupo non inferior ao 7% das vacantes para ser cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no apartado 2 do artigo 1 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, sempre que

Page 17: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 17 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas, de modo que progresivamente se consiga o 2% dos efectivos totais no Concello.

3. A selección de persoal laboral temporal para a cobertura temporal de postos de traballo da relación de postos de traballo, realizarase mediante listas de substitución.

4. As regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección do persoal laboral fixo do Concello de Culle-redo, serán as establecidas pola normativa vixente para os funcionarios de carreira.

5. A selección de persoal laboral temporal derivada da concesión de subvencións polo Estado, Xunta de Galicia ou Deputación Provincial, e que non ocupa postos de traballo da relación de postos de traballo, farase en cada caso mediante un procedemento selectivo polo sistema de concurso.

6. Serán obxecto de negociación os criterios xerais das bases das convocatorias de selección de persoal.

ARTIGO 32.–GRUPOS DE CLASIFICACIÓN PROFESIONAL.

O persoal laboral clasificarase nos seguinte grupos:

– Grupo I, dividido en dous subgrupos, I-a e I-b. Para o acceso a este grupo esixirase estar en posesión do título univer-sitario de grao. A clasificación en cada subgrupo estará en función do nivel de responsabilidade das funcións a desempeñar e das características das probas de acceso.

– Grupo II. Para o acceso a este grupo esixirase estar en posesión do título de técnico superior.

– Grupo III. Para o acceso a este grupo esixirase estar en posesión do título de bacharelato ou técnico.

– Grupo IV. Para o acceso a este grupo esixirase estar en posesión de graduado en educación secundaria obrigatoria.

– Grupo V. Para o acceso a este grupo non se esixirá titulación.

ARTIGO 33.–PROVISIÓN.

1. Os postos de traballo adscritos a persoal laboral proveranse de acordo cos procedementos de concurso, que é o sistema normal de provisión, ou de libre designación, de conformidade co que determinen as relacións de postos de traballo en atención á natureza das súas funcións.

2. Temporalmente poderán ser cubertos mediante comisión de servizos e/ou adscrición provisional ata a seguinte convocatoria de concurso durante un prazo máximo dun ano prorrogable por outro máis.

ARTIGO 34.–PROMOCIÓN.

1. O persoal laboral fixo terá dereito á promoción profesional, de acordo coas modalidades de carreira profesional legalmente establecidas.

2. A promoción interna efectuarase mediante o sistema de oposición ou concurso-oposición, con suxeición aos princi-pios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

ARTIGO 35.–GARANTÍA DOS POSTOS DE TRABALLO.

1. O persoal laboral adscrito a un posto de traballo polo procedemento de libre designación poderá ser removido do mesmo con carácter discrecional.

2. O persoal laboral que acceda a un posto de traballo polo procedemento de concurso, poderá ser removido por causas sobrevidas derivadas dunha alteración no contido do posto de traballo, realizada a través das relacións de postos de traballo, que modifique os supostos que serviron de base á convocatoria, ou dunha falta de capacidade para o seu desempeño manifestada por rendemento insuficiente, que non comporte inhibición e que impida realizar con eficacia as funcións atribuídas ao posto, caso no que se respectará o nivel retributivo total adquirido. A remoción efectuarase logo de expediente contraditorio, mediante resolución motivada do órgano que realizou o nomeamento, e unha vez que se escoite ao comité de empresa.

ARTIGO 36.–MOBILIDADE.

1. O persoal laboral fixo poderá ser trasladados por necesidades de servizo ou funcionais, a unidades distintas ás do seu destino, respectando as súas retribucións, e condicións esenciais de traballo, modificando, no seu caso, a adscrición dos postos de traballo dos que sexan titulares. Será preceptiva a solicitude de informe ao comité de empresa, que deberá emitilo nun prazo máximo de cinco días hábiles.

2. En caso de urxente e inaprazable necesidade, os postos de traballo poderán proverse con carácter provisional debendo procederse á súa convocatoria pública dentro do prazo que sinalen as normas de aplicación.

Page 18: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 18 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

ARTIGO 37.–FUNCIÓNS.

1. A relación de postos de traballo é o instrumento técnico a través do que se realiza a ordenación de todo o persoal (funcionario e laboral fixo), de acordo coas necesidades dos servizos.

As funcións dos postos de traballo especifícanse, con carácter enunciativo e non limitativo, na ficha descritiva do posto, que forma parte da relación de postos de traballo.

Dentro das funcións do posto, a asignación de tarefas corresponde aos empregados que desempeñen postos de xefatu-ra, e concelleiros da área e alcalde, en exercicio da súa atribución de dirección do goberno e administración do Concello.

2. En casos excepcionais, pódese acordar a atribución temporal de funcións, ou desempeño temporal en comisión de servizos de funcións especiais que non están asignadas especificamente ao posto que se desempeñen. A atribución temporal de funcións retribúese con indemnización.

3. Nos casos en que por ausencia temporal ou outras causas, os postos de xefe de servizo non estean desempeñados polos seus titulares, e se considere totalmente necesario e inaprazable o desempeño das súas funcións por outro empre-gado, acordarase por resolución da alcaldía ou concelleiro delegado de persoal a atribución das funcións do posto.

4. A través da ficha descritiva do posto da relación de postos de traballo, pódese establecer en determinados postos de carácter non singularizado, a posibilidade de mobilidade interdepartamental (desempeño das funcións nun servizo distinto ao de destino, con carácter temporal e excepcional).

ARTIGO 38.–COMISIÓN DE SERVIZOS.

1. En casos de urxente e inaprazable necesidade, pódese acordar o desempeño de postos distintos ao que se está adscrito, en comisión de servizos.

2. O empregado en comisión de servizos terá reserva do seu posto de traballo. A comisión de servizos ten carácter temporal e esixe cumprir os requisitos para o seu desempeño. Terá unha duración máxima dun ano, prorrogable por outro. O tempo de servizos en comisión de servizos terase en conta a efectos do grao persoal.

3. O empregado en comisión de servizos percibirá as retribucións do posto de traballo que desempeña.

ARTIGO 39.–SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS.

Será de aplicación ao persoal laboral incluído no ámbito de aplicación deste convenio o Titulo VI do Estatuto básico do emprego público, no que resulte compatible co Estatuto dos traballadores.

ARTIGO 40.–XUBILACIÓN.

Coa finalidade de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación para o persoal laboral terá lugar ao cumprir o traballador a idade ordinaria de xubilación fixada na normativa da Seguridade Social.

Non obstante o anterior, o persoal laboral poderá solicitar, cunha antelación mínima de tres meses e máxima de catro meses á data de xubilación, a prolongación da permanencia no servizo activo, ata que se cumpra setenta anos de idade. A Administración deberá resolver de forma motivada a aceptación ou denegación da prolongación. A prolongación da permanencia no servizo concederase, no seu caso, por períodos dun ano renovables anualmente a solicitude da persoa interesada presentada cun prazo de antelación mínima de tres meses á data de finalización da prolongación concedida e, se non presentara solicitude, declararase de oficio a xubilación.

No caso de que algún traballador, ao chegar á idade ordinaria de xubilación fixada na normativa da Seguridade Social, non cumprise o período mínimo de cotización para causar dereito a esta prestación, poderá continuar a prestación do servizo ata cumprir este período mínimo de cotización.

CAPÍTULO 6.–OUTROS DEREITOS

ARTIGO 41.–ASISTENCIA XURÍDICA E RESPONSABILIDADE CIVIL.

1. O Concello obrígase a prestar asistencia xurídica aos seus empregados nos supostos de conflitos xurdidos con terceiros, como consecuencia da prestación dos seus servizos.

2. O Concello comprométese a cubrir posibles responsabilidade civís que puideran derivarse das actividades laborais de aqueles. A administración poderá esixir o reintegro das cantidades satisfeitas por este concepto nos casos de manifesta neglixencia debidamente probada, delito, falta ou infracción regulamentaria grave, cando así se establecese por sentenza ou sanción administrativa firme. Para estes efectos o Concello subscribirá unha póliza que garanta unha axeitada cobertura

Page 19: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 19 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

por responsabilidade civil que poida derivarse das actividades profesionais do persoal municipal, agás no caso de manifes-ta neglixencia debidamente probada, delito, falta ou infracción regulamentaria.

ARTIGO 42.–PÓLIZA DE SEGUROS DE VIDA E ACCIDENTES.

O Concello comprométese a contratar unha póliza de seguro de vida e accidentes para os empregados públicos, coas seguintes coberturas e capitais:

Incapacidade permanente (total) 60.000 €

Incapacidade permanente (absoluta) 70.000 €

Falecemento 50.000 €

ARTIGO 43.–PLAN DE PENSIÓNS.

O Concello financiará como promotor, o plan de pensións “Empregados Concello de Culleredo”.

A aportación anual a cada un dos partícipes experimentará un incremento global nunha porcentaxe igual á sinalada para o incremento das retribucións na Lei de orzamentos do estado, con respecto á do ano anterior.

ARTIGO 44.–FORMACIÓN A SOLICITUDE DO EMPREGADO.

1. Co fin de facilitar a formación continua e a adquisición de competencias profesionais dos empregados públicos muni-cipais, o Concello elaborará anualmente un plan de formación. De forma complementaria ou alternativa, o Concello poderá acollerse a plans de formación doutras administracións (EGAP, Deputación) para a formación dos seus empregados.

2. Os plans de formación serán negociados na mesa xeral de negociación, e terán, como mínimo, o seguinte contido: descrición das accións que se van desenvolver; colectivo afectado e número de participantes; calendario previsto de exe-cución; custo estimado das distintas actividades formativas; criterios de selección, que garantirán o principio de equidade; criterios de avaliación do plan de formación. O persoal que se atope gozando de permiso por parto, adopción ou acollemen-to, poderá participar nos cursos de formación que convoque a administración.

3. Para facilitar a formación continua e a adquisición das competencias profesionais, os empregados municipais terán dereito a:

– Adicar ata 40 horas da súa xornada laboral anual á asistencia a cursos de formación, sempre e cando o contido do curso garde relación directa co posto de traballo ou a carreira profesional dentro da administración. O crédito indicado incluirá tanto a duración estrita do curso, como, o tempo de desprazamento dende o centro de traballo, naqueles casos en que estea xustificado. Este crédito horario poderá ser ampliado ata o mínimo necesario para permitir a realización dun curso de máis de 40 horas por ano.

– Un permiso non retribuído, cunha duración máxima de tres meses para a asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, sempre que as necesidades do servizo o permitan.

4. O persoal municipal que imparta accións formativas dentro dos plans anuais de formación será retribuído de acordo coa seguinte táboa:

FÓRA XORNADA TRABALLO DENTRO XORNADA TRABALLO

Subgrupo A1 60 €/hora Subgrupo A1 30 €/hora

Subgrupo A2 50 €/hora Subgrupo A2 25 €/hora

Grupo B 45 €/hora Grupo B 22 €/hora

Subgrupo C1 40 €/hora Subgrupo C1 20 €/hora

Subgrupo C2 30 €/hora Subgrupo C2 15 €/hora

Agrupacións profesionais 25 €/hora Agrupacións profesionais 12 €/hora

ARTIGO 45.–FORMACIÓN A REQUERIMENTO DO CONCELLO.

1. Os empregados municipais deberán realizar as actividades de formación e reciclaxe que determine o Concello para obter ou mellorar as competencias profesionais que o seu posto de traballo requira. Este tempo de asistencia ás activida-des formativas considerarase tempo de traballo para todos os efectos.

Page 20: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 20 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

2. No caso de actividades de formación realizadas a requirimento da empresa que impliquen desprazamento fóra do concello, os traballadores percibirán as indemnizacións por razóns de servizo que lles correspondan de acordo co disposto na normativa vixente.

CAPÍTULO 7.–RETRIBUCIÓNS

ARTIGO 46.–INCREMENTO ANUAL.

Con efectos de 1 de xaneiro de cada ano, as retribucións do persoal experimentarán un incremento global da porcen-taxe sinalada na Lei de orzamentos do estado, con respecto ás do ano anterior, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á antigüidade do mesmo.

ARTIGO 47.–RETRIBUCIÓNS PERSOAL LABORAL QUE OCUPE POSTO NA RPT.

As retribucións a percibir polo persoal laboral do Concello de Culleredo que ocupe posto na relación de postos de traballo serán as seguintes:

– Salario base: importe que corresponda a cada grupo profesional, de acordo co seguinte cadro de equivalencias cos grupos de funcionarios, e coas contías do soldo referidas a doce mensualidades, recollidas na Lei de Orzamentos do Estado para o ano.

Grupo p. laboral Grupo funcionario

I-a A1

I-b A2

II B

III C1

IV C2

V Agrupación profesional

– Complemento de antigüidade: cantidade a percibir por cada tres anos recoñecidos de servizo na administración pública. O importe será o que e corresponda ao grupo profesional no que estaba o empregado cando se devengou o comple-mento, de acordo co cadro de equivalencias cos grupos de funcionarios recollido no concepto “salario base” neste mesmo artigo, e coas contías do trienio referidas a doce mensualidades, recollidas na Lei de orzamentos do Estado para o ano.

– Complemento de categoría: retribúe a categoría profesional. Este complemento ten carácter consolidable, producíndo-se a consolidación cando se permaneza na categoría profesional durante dous anos continuados ou tres con interrupción.

O importe a percibir por este concepto será o que corresponda ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas contías do complemento de destino, referidas a doce mensualidades, recollidas na Lei de orzamentos do estado para o ano.

– Complemento específico: retribúe certas características do posto de traballo tales como dificultade técnica, respon-sabilidade, xornada, dedicación, penosidade, perigosidade, etc. Este complemento é de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado ou da permanencia das circunstancias, polo que non terá carácter consolidable.

O importe a percibir por este concepto será o que corresponda ao posto que se desempeñe, de acordo coas contías referidas a doce mensualidades, resultantes da multiplicación do número de puntos da valoración do posto de traballo recollida na relación de postos de traballo, polo importe do punto, establecido nas bases de execución do orzamento de cada ano.

– Paga extra: as pagas extraordinarias serán dúas ao ano. Cada unha delas incluirá a contía de salario e complemento de antigüidade que corresponda a cada grupo profesional, de acordo co cadro de equivalencias cos grupos de funcionarios recollido no concepto “salario base”; e o complemento de categoría e complemento específico mensual que se perciba.

Aboarase nos meses de xuño e decembro, con referencias aos períodos 1 de decembro-31 de maio e 1 de xuño-30 de novembro, respectivamente.

– Complemento de produtividade: o complemento de produtividade está destinado a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o empregado desempeñe o seu traballo.

Page 21: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 21 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

Os criterios de distribución do complemento de produtividade serán acordados polo Pleno municipal, previa negociación na mesa xeral de negociación.

ARTIGO 48.–RETRIBUCIÓNS PERSOAL LABORAL QUE NON OCUPE POSTO NA RPT.

1. As retribucións a percibir polo persoal laboral temporal que non ocupe posto na relación de postos de traballo, e cuxa contratación estea financiada por outra administración (Estado, Xunta, Deputación) dentro dun programa onde se especifi-quen expresamente os custos salariais, serían as sinaladas nos documentos acreditativos da concesión da subvención.

2. As retribucións a percibir polo persoal laboral temporal que non ocupe posto na relación de postos de traballo, e non estea incluído no punto 1 deste artigo, serás as establecidas para o persoal laboral que ocupe postos de traballo na RPT, coas seguintes peculiaridades:

– Complemento de categoría: o importe a percibir por este concepto será o que corresponda ao nivel asociado ao seu grupo profesional, de acordo coa seguinte táboa:

Grupo profesional Nivel

I-a 20

I-b 16

II 15

III 13

IV 12

V 11

– Complemento específico: o importe anual a percibir por este concepto será o que corresponda ao número de puntos asociado ao seu grupo profesional, de acordo coa seguinte táboa referida á xornada de mañá, e sen prexuízo dos axustes necesarios no caso de que a xornada establecida sexa distinta:

Grupo p. laboral Número de puntos

I-a 107

I-b 81

II 77

III 74

IV 45

V 39

ARTIGO 49.–RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS PRESTADOS.

1. Os servizos prestados polos empregados do Concello de Culleredo noutras administracións públicas serán recoñe-cidos para efectos de perfeccionamento de trienios, calquera que fora o réxime xurídico en que se prestaran, agás aqueles que tiveran o carácter de prestacións persoais obrigatorias.

2. O cobro de trienios que resulte do recoñecemento de trienios, será computado a instancia de parte, que se xustifi-cará con certificación acreditativa dos servizos prestados, segundo modelo establecido pola normativa en vigor, no que se indicará o nivel de proporcionalidade que por analoxía corresponde aos servizos prestados en cada período de tempo, de acordo co seguinte detalle:

Grupo (funcionarios) Grupo cotización (persoal laboral) Índice de proporcionalidade

A1 1 10

A2 2 8

C1 5 6

C2 7 4

AP 6 3

Page 22: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 22 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

3. No caso de contratos a tempo parcial, o cómputo efectuarase dende o día de inicio ao de finalización do vínculo laboral, salvo no caso de que a xornada de traballo a tempo parcial se leve a cabo en días concretos e descontinuos, no que unicamente serán recoñecidos os días traballados.

ARTIGO 50.–INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓNS DO SERVIZO.

1. Os empregados aos que se lles encomende unha comisión de servizo fora do termo municipal, percibirán as indem-nizacións que lles correspondan por razón do servizo.

2. Os empregados que se vexan obrigados a efectuar desprazamentos por razón do servizo, terán dereito a ser indem-nizados polos gastos de desprazamento.

3. Os desprazamentos con dereito a indemnización deben ser autorizados de forma previa polo alcalde ou concelleiro delegado de persoal, no seu caso. A autorización pode ser específica para un desprazamento concreto, ou xenérica para aqueles casos nos que o empregado, polas características do seu traballo deba realizar desprazamentos de forma habitual polo termo municipal e non dispoña de vehículo municipal.

4. As indemnizacións por razóns do servizo abonaranse previa presentación dos xustificantes correspondentes. No caso dos empregados con autorización xenérica para realizar desprazamentos con dereito a indemnización, a xustificación consistirá nunha declaración mensual do número de quilómetros realizados, conformada polo xefe de servizo.

5. Abonaranse asistencias aos membros e asesores nomeados dos tribunais de probas selectivas de persoal, sempre que as probas con leve a realización de exercicios escritos ou orais.

6. O importe das indemnizacións será o establecido na normativa vixente correspondente.

ARTÍCULO 51.–GRATIFICACIÓNS POR SERVIZOS EXTRAORDINARIOS.

1. Non se tramitarán expedientes de gratificacións por servizos extraordinarios forma da xornada, salvo en casos excepcionais debidamente xustificados.

2. O expediente iniciarase coa proposta do servizo correspondente e deberá contar coa autorización expresa do alcalde ou concelleiro delegado en materia de persoal, do que se dará conta ao comité de empresa.

3. Establécese un sistema único de franqueo das horas traballadas fóra do horario habitual por horas libres dentro da xornada laboral, a razón dunha hora e media libre por hora traballada nestes servizos, se é en xornada diúrna e dúas horas libres por hora traballada festiva ou nocturna, entendéndose como xornadas nocturnas as comprendidas entre as 22.00 e as 08.00 horas, ambas as dúas incluídas, así como aquelas que se realicen por necesidades do servizo en prolongación da xornada nocturna.

4. Cando por necesidades do servizo debidamente xustificadas non puidera optarse polo sistema de franqueo men-cionado poderá autorizarse a realización de servizos extraordinarios á marxe da xornada normal de traballo, que serán retribuídos de acordo co seguinte detalle:

– O valor hora/ano calcúlase dividindo a retribución total anual de cada empregado (excluíndo dela os trienios) entre o número total de horas deste período.

– O valor hora extra normal calcúlase incrementando o valor hora/ano nun 25%.

– O valor hora extraordinaria festiva calcúlase incrementando o valor hora/ano nun 50%.

– O valor hora extraordinaria nocturna calcúlase incrementando o valor hora/ano nun 75%.

5. O número de horas traballadas fóra da xornada normal e retribuídas, non poderá sobrepasar o número de 80 ao ano por traballador, procurando sempre, na medida do posible, que poidan ter acceso a elas o maior número de traballadores, de tal forma que a súa realización se distribúa con criterios de igualdade.

6. A Corporación facilitará mensualmente ao comité de empresa unha relación nominal das horas extraordinarias realizadas e cantidades percibidas.

ARTIGO 52.–RETRIBUCIÓNS POR SUBSTITUCIÓN.

1. O empregado que por resolución da alcaldía ou concellería delegada de persoal, sexa nomeado accidentalmente se-cretario, interventor ou tesoureiro, ou se lle atribúan as funcións doutro posto de traballo, será retribuído con indemnización cando o nomeamento ou atribución sexa por un período superior a 5 días hábiles consecutivos.

2. A indemnización consistirá na diferencia entre o complemento específico do posto de traballo desempeñado tempo-ralmente e o do posto de traballo do que é titular. Para o cálculo desta indemnización terase en conta unicamente os días efectivos de traballo.

Page 23: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 23 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

ARTIGO 53.–ANTICIPOS SALARIAIS.

O persoal laboral fixo terá dereito a percibir anticipos reintegrables de acordo co disposto no Real decreto lei de 16 de decembro de 1929, ou norma que a substitúa, coas adaptacións que procedan ao sistema retributivo vixente.

CAPÍTULO 8.–SEGURIDADE E SAÚDE

ARTIGO 54.–DEREITOS E OBRIGAS EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE.

1. Os traballadores municipais teñen dereito a un axeitado nivel de protección da seguridade e saúde fronte aos riscos derivados das condicións de traballo. Os dereitos de información, consulta e participación en materia preventiva, paraliza-ción da actividade en casos de risco grave e inminente e vixilancia do seu estado de saúde forman parte do dereito dos traballadores a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

2. Os traballadores municipais terán así mesmo o correlativo deber de observación e cumprimento das medidas de prevención que en cada caso sexan adoptadas con carácter xeral e específico en cada centro ou posto de traballo.

Os traballadores están expresamente obrigados a cooperar co Concello na mellora das condición de traballo e, en concreto:

– A formar parte dos equipos de actuación para casos de emerxencia, cando foran designados para o efecto, conforme ás instrucións e a formación facilitada polo Concello.

– A recibir formación con carácter obrigatorio sobre os riscos derivados do posto de traballo e as medidas adoptadas ou previstas fronte aos mesmos.

– Ao uso dos equipos de protección individual facilitados.

O incumprimento por parte do persoal municipal das obrigas que nesta materia se establezan dará lugar á esixencia das responsabilidades que procedan.

ARTIGO 55.–PREVENCIÓN.

1. Para os efectos de prevención, seguridade e saúde laboral, será de aplicación no Concello de Culleredo a Lei de prevención de riscos laborais.

2. En cumprimento do deber de prevención de riscos profesionais, o Concello designará un ou varios traballadores para ocuparse de dita actividade, constituirá un servizo de prevención ou concertará dito servizo cunha entidade especializada allea á empresa.

ARTIGO 56.–DELEGADOS DE PREVENCIÓN.

1. O exercicio da función de participación en materia preventiva levarase a cabo a través dos delegados de prevención. Os delegados de prevención, ao abeiro do disposto na Lei de prevención de riscos laborais, serán designados polas orga-nizacións sindicais con representación no Concello. A designación dos delegados de prevención deberá realizarse entre os representantes do persoal. O número de delegados de prevención que poderán ser designados no Concello de Culleredo axustarase á escala establecida na Lei de prevención de riscos laborais.

2. O tempo utilizado polos delegados de prevención para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de prevención de riscos laborais será considerado como de exercicio de funcións de representación, para os efectos de utilización do crédito de horas mensuais retribuídas previsto no apartado e) do artigo 68 do Estatuto dos traballadores e o d) do artigo 41 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e artigo 10.3.º da Lei orgánica de liberdade sindical.

3. Os órganos competentes proporcionaranlles aos delegados de prevención os medios e a formación en materia pre-ventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións. A formación deberá ser facilitada pola administración polos seus medios ou mediante concerto con organismos ou entidades especializadas na materia.

4. O tempo dedicado á formación en materia de prevención de riscos será considerado como tempo de traballo, e o custo da súa asistencia asumido polo Concello, cando se trate de cursos programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal e sexan de asistencia obrigada.

ARTIGO 57.–COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE.

1. O comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á proposta e consulta regular e periódica dos plans, programas e avaliación de prevención de riscos nas administracións locais.

Page 24: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 24 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

2. Constituirase un único comité de seguridade e saúde no ámbito do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello de Culleredo, que estará integrado polos delegados de prevención designados nos mencionados ámbitos e por representantes do Concello en número non superior ao de delegados.

3. A constitución do comité de seguridade e saúde farase proporcionalmente ao número de traballadores do persoal funcionario e laboral existente.

4. Nas reunións do comité de seguridade e saúde poderán participar, con voz pero sen voto, os delegados sindicais e os responsables técnicos.

5. O comité de seguridade e saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das partes representa-das neste.

6. O comité de seguridade e saúde adoptará as súas propias normas de funcionamento.

ARTIGO 58.–PROTECCIÓN DA SAÚDE.

1. O Concello de Culleredo desenvolverá as accións e medidas en materia de seguridade e saúde laboral que sexan necesarias para lograr unhas condicións de traballo que non afectan negativamente á saúde dos traballadores.

2. A formulación destas accións e medidas deberán estar encamiñadas a lograr unha mellora da calidade de vida e ambiente de traballo, a desenvolver obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellora das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación de riscos na súa orixe e participación sindical nos centros de traballos, e a dotarse dunha planificación preventiva de acordo coa Lei de prevención de riscos laborais. Os representantes dos traballadores participarán e velarán polo seu cumprimento en todo momento.

3. As técnicas preventivas deberán tender á eliminación do risco para a saúde da persoa traballadora desde a súa propia xeración, tanto no que afecta ás operacións que se realicen como nos elementos empregos no proceso.

4. A formación en materia de saúde laboral e o adestramento profesional é un dos elementos esenciais para a mellora das condicións de traballo e seguridade: as partes asinantes deste convenio significan a importancia da formación como elemento de prevención e comprométense a realizala de forma eficiente.

ARTIGO 59.–ROUPA DE TRABALLO.

1. O Concello de Culleredo facilitará ao persoal ao seu servizo, de acordo co Comité de seguridade e saúde, a roupa de traballo e calzado profesional homologado e de uso obrigatorio. Tamén facilitará os equipos de protección individual axeitados para o desempeño das súas funcións, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran.

2. Os equipos de protección individual deberán empregarse cando os riscos non se poidan evitar ou non se poidan limitar suficientemente por medios técnicos de protección colectiva ou mediante medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo. Os equipos de protección individual repoñeranse sempre que sexa preciso.

3. O Concello de Culleredo facilitará cada ano, naqueles postos que resulte preciso, un equipamento completo de in-verno e outro de verán, que serán entregados en outubro e maio respectivamente. No caso de rotura dalgún dos elementos do equipo, este será substituído.

ARTIGO 60.–PROBAS E EXAMES MÉDICOS.

1. O Concello de Culleredo garantirá a correcta vixilancia da saúde de todos os seus traballadores por medio das probas e exames médicos previstos neste artigo. A periodicidade das probas será anual.

2. As probas e exames médicos serán acordes ás funcións que se realizan en cada categoría, diferenciándoas en fun-cións dos riscos específicos dos respectivos postos de traballo. As probas médicas serán, por iso, específicas e repetiranse coa periodicidade suficiente para detectar posibles alteracións.

3. Os exames médicos serán voluntarios, agás aqueles imprescindibles para avaliar os efectos negativos das con-dicións de traballo sobre a saúde, para protexer a saúde, ou se, polas características do posto de traballo, a saúde do traballador puidera constituír un perigo para si mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas. O resultado das probas terá carácter persoal e privado, polo que o seu uso e difusión suxeitarase ao previsto na normativa vixente sobre esta materia.

4. As probas e exames efectuaranse, de ser posible, dentro da xornada laboral. O tempo empregado será o estritamen-te necesario, incluíndo o de desprazamento, e considerarase para todos os efectos como tempo efectivo de traballo no caso das probas de carácter obrigatorio. Nestes suposto os gastos de transporte correrán por conta do Concello. No caso de probas ou exames obrigatorios efectuados fóra da xornada laboral o tempo empregado nos mesmos será compensado deducíndose da súa xornada laboral.

Page 25: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 25 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

ARTIGO 61.–ACCIDENTE DE TRABALLO.

1. No caso de accidente de traballo, o servizo de persoal do Concello entregará ao empregado afectado un talón-solicitude de asistencia médica, co que deberá acudir ao centro máis cercano da mutua de accidentes de traballo ou centro concertado no seu caso.

2. En caso de urxencia, ou se o accidente se produce fóra do horario dos centros asistencias da mutua ou centro concertado, poderase acudir ao centro sanitario máis próximo.

3. Cando por razóns de urxencia, fora necesario recibir asistencia médica sen dispoñer do talón-solicitude de asistencia médica, o empregado deberá comunicar a incidencia ao servizo de persoal no prazo de 24 horas, para que este proceda á remisión do citado documento á mutua

4. O empregado entregará no prazo máximo de 3 días contados a partir da súa expedición o parte de asistencia médica (no caso de que o traballador non cause baixa) ou o parte de baixa (no caso de baixa), expedidos polos servizos médicos da mutua.

ARTIGO 62.–CAPACIDADE DIMINUÍDA.

1. No caso de declaración dunha incapacidade laboral permanente total, a administración procederá, por petición do traballador e logo das actuacións e coas garantías establecidas no art. 25 da Lei de prevención de riscos laborais, ao cam-bio de posto de traballo por outro máis axeitado á situación do traballador. Este cambio comunicarase aos representantes dos traballadores. Os complementos do posto e aqueles outros que retribúan unha maior cantidade ou calidade no traballo, percibiranse de conformidade coas retribucións que correspondan ao novo posto de traballo, sen prexuízo do mantemento no cómputo anual das retribucións básicas.

Se o traballador non exercitara este dereito, mediante a correspondente solicitude, no prazo de dous meses a partir da notificación da resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social pola que se declara na situación de incapacidade laboral permanente total extinguirase a relación laboral.

2. A mobilidade por diminución da capacidade do traballador para o desempeño do seu posto de traballo poderá levarse a cabo por petición do traballador ou por decisión da administración, logo do informe do servizo médico designado pola administración, a postos de traballo de igual ou inferior grupo ou categoría profesional.

3. Cando as circunstancias así o requiran, será facilitada pola administración municipal formación profesional previa para adaptar ao traballador ao seu novo posto de traballo, formación que terá o carácter de obrigatoria para o traballador.

CAPÍTULO 9.–ACCIÓN SOCIAL

ARTIGO 63.–NORMAS XERAIS.

1. Poderá optar ás axudas económicas descritas neste capítulo, os empregados públicos do Concello de Culleredo incluídos no ámbito de aplicación do presente convenio, e que estiveran en activo no ano natural ao que se refire cada convocatoria.

2. Haberá unha convocatoria anual. O prazo para a presentación de solicitudes vai desde o 1 de xaneiro ao 15 de febreiro de cada ano, con referencia aos gastos habidos no ano natural anterior. Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.

3. Poderanse solicitar axudas para aqueles gastos nos que incorran ademais dos empregados incluídos no punto 1 e os fillos menores de 18 anos ou que teñan recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, os beneficiarios que no seu caso, se inclúan para cada unha das axudas.

4. As solicitudes das axudas serán presentadas no Rexistro xeral do Concello, e formularanse no modelo oficial que se facilitará polo servizo de persoal.

5. Coa solicitude achegarase a seguinte documentación (orixinal, fotocopia compulsada ou fotocopia simple co orixinal que será devolvido unha vez resolta a convocatoria):

– Declaración baixo a súa responsabilidade, de que non ten percibido, nin el nin ningún membro da unidade familiar, ningunha outra axuda para o mesmo gasto concreto, ou no seu caso, do importe percibido.

– Documentación acreditativa do parentesco que une ao empregado con beneficiario, no seu caso.

– Documentación que no seu caso se especifique para cada unha das axudas.

Page 26: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 26 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

ARTIGO 64.–CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN E TRAMITACIÓN.

1. O importe máximo total das axudas será o importe consignado no orzamento municipal do exercicio. Nas bases de execución do orzamento especificaranse a cantidade ou cantidades consignadas.

2. A distribución das axudas entre o persoal solicitante efectuarase de acordo co seguinte procedemento:

a) Calculo inicial: cálculo da axuda que corresponde a cada solicitante, de acordo coa documentación aportada, importe do gasto xustificado, e importes máximos que por cada un dos conceptos se especifica neste capítulo 2.

b) Do importe calculado por empregado no punto a), descontarse as cantidades percibidas como axuda polo mesmo, de acordo coa declaración presentada coa solicitude. Exceptuase deste desconto as axudas percibidas por discapacidade.

c) Se a suma das cantidades calculadas no punto anterior para todos os empregados solicitantes é inferior ou igual ao total da consignación orzamentaria para acción social (suma das consignacións para persoal funcionario e persoal laboral, no caso de consignación separada), o importe calculado no punto b) será o importe a percibir por cada un dos solicitantes.

d) Se polo contrario, a suma das cantidades calculadas no punto anterior para todos os empregados solicitantes é superior ao total da consignación orzamentaria para acción social (suma das consignacións para persoal funcionario e persoal laboral, no caso de consignación separada), este importe total da consignación orzamentaria distribuirase propor-cionalmente entre os importes calculados no punto b) para cada un dos empregados.

3. Anualmente constituírase unha comisión denominada “Comisión de acción social” integrada por representantes do servizo de persoal, Xunta de persoal e comité de empresa, que estudará as solicitudes presentadas e fará unha proposta de concesión de axudas.

4. As axudas económicas serán concedidas por resolución da Alcaldía ou Concellería delegada.

ARTIGO 65.–AXUDA POR DISCAPACIDADE.

1. Inclúense neste concepto as discapacidades dun grao igual ou superior ao 33%, sempre que a persoa con discapa-cidade non perciba renda ou salario superior ao salario mínimo interprofesional.

Estas axudas son complementarias de todas aquelas outras que se poidan percibir doutro organismo público ou privado.

2. Ademais da establecida con carácter xeral, coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

– Certificación do grao de discapacidade, expedido pola Xunta de Galicia.

– Declaración baixo a súa responsabilidade, de que a persoa con discapacidade non percibe renda ou salario superior ao salario mínimo interprofesional.

3 O importe máximo a percibir por este concepto será o seguinte:

Grao de discapacidade Euros

Igual ou superior ao 33% 360

Igual ou superior ao 50% 600

Igual ou superior ao 65% 1.080

ARTIGO 66.–AXUDA POR ESTUDOS.

1. Inclúense neste concepto, os gastos derivados da realización dos estudos que se indican no punto 2 deste artigo e nos que incorran ademais dos empregados e dos beneficiarios incluídos nas normas xerais, os fillos dos empregados menores de 26 anos que dependan economicamente dos mesmos. Considérase a estes efectos que existe dependencia económica cando non se exerza unha actividade económica remunerada.

2. A axuda por estudos consistirá nunha cantidade fixa por nivel de estudos de acordo co seguinte detalle:

Nivel de estudos Euros

Educación infantil primeiro ciclo (0 - 3 anos) 600,00

Educación infantil segundo ciclo (3 – 6 anos) 125,00

Educación primaria (1.º a 6.º curso) 150,00

Educación secundaria obrigatoria (ESO 1.º a 4.º curso) 250,00

Bacharelato; ciclos formativos de grao medio; ensinanza de idiomas (Escola Oficial de Idiomas) e ensinanzas profesionais de música e danza 300,00

Estudos de grao; ensinanzas artísticas superiores e ciclos formativos de grao superior 1.000,00

Page 27: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 27 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

2. Esta axuda económica concederase só sobre un nivel de estudos, carreira ou curso por ano; e no caso de solicitar máis dunha axuda económica, soamente se aboará unha delas, que será a que resulte máis beneficiosa para a persoa interesada.

3. Ademais da establecida con carácter xeral, coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

– Documento xustificativo dos estudos realizados, expedido polo centro educativo.

– Informe de vida laboral no caso de axudas a fillos menores de 26 anos que deban acreditar a dependencia económica.

ARTIGO 67.–AXUDA POR ODONTOLOXÍA.

1. Inclúense neste apartado os gastos por tratamentos odontolóxicos excluídos das prestacións da asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde ou entidades privadas de asistencia sanitaria aos empregados do Concello de Culleredo.

2. Ademais do establecido con carácter xeral, coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

– Factura xustificativa do gasto.

3. O importe máximo a percibir por este concepto será de 500 €.

ARTIGO 68.–AXUDA POR OFTALMOLOXIA.

1. Inclúense neste concepto os gastos realizados na adquisición, por prescrición médica, de elementos correctores da visión (gafas ou lentes de contacto).

2. Ademais do establecido con carácter xeral, coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

– Factura xustificativa do gasto.

3. O importe máximo a percibir por este concepto será o seguinte:

Concepto Euros

Montura de gafas 100,00

Cristais 200,00

Lentes de contacto 150,00

Operación correctora da vista 800,00

ARTIGO 69.–AXUDA POR OTORRINOLOXÍA.

1. Inclúense neste concepto os gastos realizados na adquisición, por prescrición médica, de elementos correctores da audición (audiófonos).

2. Ademais do establecido con carácter xeral, coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

– Factura xustificativa do gasto.

3. O importe máximo que se percibirá en concepto de axuda económica por compra de audiófonos non poderá superar os 800 €.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS, TRANSITORIAS E FINAL

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

En cumprimento do disposto na disposición adicional oitava da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto básico do em-pregado público, o Concello deberá elaborar e aplicar un Plan de Igualdade a desenvolver no marco do convenio colectivo.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

En anexos a este convenio regúlanse as condicións de traballo específicas do persoal de Protección Civil e dos profe-sores do Conservatorio de Música.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA. Entrada en vigor dos grupos de clasificación profesional.

1. Ata a implantación dos novos títulos universitarios, para acceder aos distintos grupos nos que se clasificar o persoal laboral, seguirán sendo válidos os títulos universitarios oficiais vixentes a firma deste convenio.

2. Os grupos de clasificación I e II existentes con anterioridade á firma deste convenio, integraranse nos subgrupos I-a e I-b respectivamente.

Page 28: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 28 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA

A Corporación municipal comprométese a equiparar o complemento de categoría do persoal laboral ao complemento de destino do persoal funcionario, dentro do marco legal da modificación da relación de postos de traballo e en canto a situación económica o permita.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA TERCEIRA. Xornada parcial

Os traballadores con xornada parcial, e previa a súa conformidade, incrementarán a súa xornada de traballo de forma que se manteña a proporción entre xornada parcial e xornada completa existente con anterioridade ao incremento desta de 35 a 37,5 horas.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA CUARTA. Acción social

A tramitación e distribución de axudas económicas de acción social correspondentes ao ano 2012, distribuiranse e tramitaranse de acordo co disposto neste convenio.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente convenio colectivo do Concello de Culleredo será asinado polos representantes sindicais e os representan-tes da Corporación municipal.

ANEXO 1.–PROTECCIÓN CIVIL

ARTIGO 1.–XORNADA LABORAL

1. Xornada laboral.

A xornada laboral en cómputo anual será a establecida con carácter xeral no convenio colectivo do Concello de Culleredo.

A realización do crédito horario anual establecido no acordo negociado (1.664 horas) realizarase de acordo co seguinte detalle:

Cuadrante anual: 1.544 horas.

Formación física persoal: 120 horas.

2. Cuadrante anual.

As horas do cuadrante anual realizaranse co sistema de quendas.

Establécese un sistema de 4 grupos (A-B-C-D), que seguirán a seguinte secuencia de traballo:

Grupo L M ME X V S D

A XT D D XT D D XT

B D D XT D D XT D

C D XT D D XT D D

D M/T M/T M/T M/T M/T D D

– XT: Xornada traballo de 08.30 – 22.30. En temporadas de verán, festas populares ou acontecementos que así o esixan, a franxa horaria da xornada de traballo adaptarase ás necesidades do servizo.

– D: Descanso

– M/T: Xornada de mañá (08.30 -15.30) ou Xornada de tarde (15.30 – 22.30), cubrindo calquera ausencia dos compa-ñeiros que estean realizando a xornada XT.

Cada un dos membros de protección civil irase integrando cada semana nun dos grupos de traballo de forma sucesiva (A B C D).

Os membros de protección civil poderán permutar de mutuo acordo, e previa autorización do responsable de protección civil, as súas quendas de servizo. As solicitudes de permuta deben facerse cunha antelación máxima de 20 días e mínima de 48 horas. A responsabilidade da asistencia ao servizo no día permutado será dos membros que permutan. Non se pode pedir vacacións ou permiso por asuntos persoais nun día que derive dunha permuta. Non pode permutarse un día que derive dunha permuta.

Page 29: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 29 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

O cuadrante anual estará a disposición do persoal de protección civil con antelación ao comezo do ano ao que fai referencia.

Os empregados serán informados polo responsable de protección civil cunha antelación mínima de 72 horas, de calquera modificación de horario que afecte á súa quenda, salvo que dita modificación veña motivada por unha emerxencia.

3. Bolsa de crédito horario pendente.

A bolsa de crédito horario pendente é a diferencia entre o número de horas de traballo totais (realizadas e previstas) e o número de horas da xornada anual establecida (1.664 horas).

En situacións excepcionais, cando se produzan feitos ou emerxencias que así o esixan, os empregados poderán ser requiridos para a prestación do servizo fóra da súa xornada de traballo. Os servizos realizados forma da xornada de traballo suporán un incremento da bolsa de crédito horario pendente de compensación, de acordo co seguinte detalle:

– Cando a situación excepcional supoña unha prolongación da xornada de traballo de máis de 30 minutos, compensa-rase con 2 horas por 1 hora de traballo.

– Cando a situación excepcional non supoña unha prolongación a xornada de traballo, compensarase con 1,5 horas por hora de traballo.

O control da bolsa de crédito de cada traballador corresponde ao responsable de protección civil.

O saldo da bolsa horaria pendente será utilizado a petición do traballador, previa comprobación polo responsable de protección civil de que as necesidades do servizo quedan cubertas.

ARTIGO 2.–VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS.

1. Vacacións.

De acordo co establecido no convenio colectivo, os empregados de protección civil terán dereito a gozar, durante cada ano natural, dunhas vacacións retribuídas de vinte e dous días hábiles, ou aos días que correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano foi menor.

Considéranse hábiles a estes efectos, aqueles días non que corresponda servizo de acordo co cuadrante anual.

Dado o sistema de quendas establecido, considerase a estes efectos que vinte e dous días hábiles equivalen a doce xornadas de traballo [XT], ou a vinte e catro xornadas de mañá [M] ou de tarde [T].

2. Permisos en días hábiles.

Con carácter xeral, todos os permisos recollidos neste acordo negociado, que se refiran a días hábiles a partir do feito causal, entenderanse aplicables a días festivos ou domingos, cando coincida cun día de servizo do empregado e así o faga constar.

3. Solicitudes e criterio de prioridade en caso de conflito entre vacacións e permisos por asuntos persoais, nun mesmo día.

Antes do 15 de marzo de cada ano, comunicarase ao Responsable de protección civil o período de vacacións anuais que se solicita.

Os permisos por asuntos persoais débense solicitar cunha antelación máxima de 20 días e mínima de 24 horas.

So poderá haber un empregado desfrutando de vacacións, permisos ou licencias ao mesmo tempo. Non se considerará a estes efectos a situación de baixa por incapacidade temporal de duración superior a 30 días.

As colisións de intereses na petición simultánea de vacacións e permisos resolveranse de acordo cos seguintes criterios:

– Vacacións: estableceranse de maneira rotativa, seguindo estrito criterio de antigüidade.

– Permiso asuntos persoais: autorizaránselle ao empregado que teña menos horas utilizadas por este concepto, e en igualdade de condicións, por orde de antigüidade da solicitude.

– Vacacións e permisos asuntos persoais: terá preferencia a solicitude de vacacións.

4. Formación.

Os membros de protección civil terán dereito a formación de acordo con indicado neste convenio, e previa autorización do responsable de protección civil. As solicitudes para participar en cursos de formación deben facerse cunha antelación mínima de 72 horas ao comezo da mesma.

Page 30: Convenio persoal laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Jueves, 4 de julio de 2013 • Número 126

Página 30 / 30

Núm

ero

de a

nunc

io 2

013/

8136

ARTIGO 3.–RETRIBUCIÓNS.

1. Servizos extraordinarios.

Cando por razóns do servizo se necesite reforzar as quendas de traballo, e non sexa posible recorrer á bolsa de crédito horario pendente de compensación, poderase autorizar a realización de servizos extraordinarios, que serán gratificados de acordo co establecido no convenio colectivo.

Os servizos extraordinarios remunerados terán unha duración mínima de 5 horas e unha duración máxima de 10 horas.

O número de horas anuais polas que se pague servizos extraordinarios, non será superior a 80 horas por traballador.

Os servizos extraordinarios serán de carácter voluntario. Estableceranse buscando unha distribución equitativa e pro-curando que teñan acceso aos mesmos o maior número posible de traballadores.

ANEXO 2.–PROFESORES CONSERVATORIO DE MÚSICA

1. O calendario escolar será o establecido de forma anual pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

2. Os horarios serán elaborados pola xefatura de estudos, de acordo cos criterios pedagóxicos aprobados polo claustro. No mes de setembro de cada ano, a dirección do Conservatorio comunicará ao servizo de persoal, os días de traballo dos profesores con xornada parcial e o horario lectivo do curso académico.

3. De acordo coa normativa autonómica de aplicación a xornada semanal do persoal docente do Conservatorio de Música será de trinta e sete horas e media, das cales dedicarán trinta ás actividades do centro con presenza nel. Destas trinta horas semanais, vinte e tres serán de horario fixo no centro educativo. Das vinte e tres horas de horario fixo no centro educativo, vinte terán carácter lectivo e as tres restantes distribuiranse entre dúas gardas e unha hora de titoría de pais e alumnos. As restantes horas ata completar as trinta de actividades con presenza nel, seranlle computadas mensual-mente a cada docente pola xefatura de estudos polos seguintes conceptos: reunións de departamento, participación en reunións dos órganos de goberno e órganos de coordinación docente, participación na elaboración das diferentes probas, organización e participación en actividades culturais e de promoción das ensinanzas aprobadas no programa anual, traballo en equipos docentes de proxectos institucionais en que participe o conservatorio. As restantes horas ata completar a xornada semanal de traballo dedicaranse á compensación de clases no caso de que estas non se puideran dar por causas sobrevidas, ensaios e actuacións musicais, incluso no caso de saídas do Concello, preparación de actividades docentes, perfeccionamento profesional, e en xeral, á atención dos deberes inherentes á función docente.

4. Os días do calendario laboral non comprendidos no calendario escolar destinaranse á compensación de clases no caso de que estas non se puideran dar por causas sobrevidas, ensaios e actuacións musicais, incluso no caso de saídas do Concello, e realización de actividades e promoción da ensinanza musical, de acordo coa programación aprobada a proposta da dirección do Conservatorio.

5. O período ordinario de vacacións será no mes de agosto.

2013/8136