E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o...

20
DIRECTRICES PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA E A AVALIACIÓN CURSO 2019-2020 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Medidas derivadas da emerxencia sanitaria pola covid-19

Transcript of E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o...

Page 1: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

DIRECTRICES PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA E A AVALIACIÓN

CURSO 2019-2020

UNIVERSIDADE DESANTIAGO DE COMPOSTELA

Medidas derivadas da emerxencia sanitariapola covid-19

Page 2: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

Este documento desenvolve, de xeito operativo, o Acordo do Consello de Goberno do 22 de abril de 2020 polo que se regula o réxime especial da avaliación do curso 2019-2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial pola crise sanitaria por mor da COVID-19.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Page 3: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

Índice

1. Introdución...............................................................................................................4

2. A docencia...............................................................................................................5

2.1. Garantía da calidade da docencia......................................................................5

2.2. Modificación da programación docente..............................................................6

2.2.1. Materias anuais e de segundo cuadrimestre...........................................6

2.2.2. Materias de primeiro cuadrimestre...........................................................7

3. A avaliación..............................................................................................................7

3.1. A avaliación en primeira oportunidade de materias anuais e de segundo

cuadrimestre.......................................................................................................8

3.1.1. Modalidade a: Avaliación non presencial sen proba final (avaliación

continua) .....................................................................................................8

3.1.2. Modalidade b: Avaliación non presencial con proba final telemática.......9

3.1.3. Modalidade a (avaliación continua) + Modalidade b (proba final

telemática) ................................................................................................10

3.1.4. Modalidade a (avaliación continua) ou Modalidade b (proba final

telemática).................................................................................................10

3.1.5. Calendario de avaliación da primeira oportunidade...............................11

3.2. A avaliación en segunda oportunidade............................................................11

3.2.1. Materias de primeiro cuadrimestre.........................................................11

3.2.2. Materias anuais e do segundo cuadrimestre.........................................11

3.2.3. Calendario de avaliación da segunda oportunidade..............................12

3.3. Avaliación de estudantes con necesidades especiais......................................12

3.4. Avaliación de estudantes con dispensa de asistencia á clase.........................12

3.5. Avaliación de estudantes de mobilidade..........................................................13

3.5.1. Estudantado de mobilidade entrante......................................................13

3.5.2. Estudantado de mobilidade saínte.........................................................13

4. Presentación e defensa de Traballos de Fin de Grao e Máster........................13

5. Prácticas curriculares e extracurriculares..........................................................14

5.1. Prácticas curriculares.......................................................................................14

5.2. Prácticas extracurriculares...............................................................................15

ANEXO I. Tipos de probas e ferramentas dispoñibles.................................16

Page 4: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

4

Directrices para a organización da docencia e da avaliación do curso 2019-2020 como consecuencia da emerxencia sanitaria pola COVID-19 1. Introdución

O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, ordena a suspensión da actividade académica educativa presencial en todos os niveis académicos, incluída a ensinanza universitaria, e establece que durante o período de suspensión se manterán as actividades educativas a través das modalidades a distancia e on line, sempre que sexa posible.

A Resolución Reitoral do 13 de marzo, pola que se adoptan medidas para a execución do acordo de suspensión de actividades, establece a suspensión das "actividades docentes presenciais, tanto de títulos oficiais como de títulos propios". Isto non implica, porén, a paralización total da actividade docente, senón que, conforme indica a Resolución, as actividades suspendidas "sempre que sexa posible, serán substituídas por actividades non presenciais atendendo ás particularidades de cada titulación". A Resolución precisa, ademais, que as medidas acordadas son aplicables "tanto aos estudos oficiais (grao, máster e doutoramento) coma aos títulos propios. Tamén a calquera outro tipo de actividade docente presencial realizada na USC (Cursos de Formación, Cuarto Ciclo, Escolas Deportivas, Cursos de Idiomas, Cursos de Extensión Universitaria etc.)".

A Resolución Reitoral do 23 de marzo regulou o procedemento para a modificación das guías docentes de cara á adaptación das actividades á nova realidade derivada da suspensión da docencia presencial.

Vista a evolución da pandemia, ante a prolongación das medidas de confinamento, de momento ata mediados de maio, na reunión entre os Reitores e a Consellería do día 6 de abril valorouse a conveniencia de prolongar a docencia non presencial durante todo o período lectivo que resta deste segundo cuadrimestre.

Ao mesmo tempo, por Resolución do 7 de abril, tendo en conta tamén o acordado na reunión citada sobre a necesidade de garantir unha formación de calidade, e á vista da Instrución da Secretaría Xeral de Universidades do 7 de abril, adoptáronse medidas para asegurar a calidade da docencia non presencial.

Por último, o Consello de Goberno, na súa xuntanza do 22 de abril de 2020 acordou aprobar o Réxime especial de avaliación do curso 2019-2020, como consecuencia da suspensión da actividade docente presencial derivada da COVID-19, para ordenar o proceso de avaliación nestas circunstancias especiais, modificando o calendario académico deste curso, a normativa de planificación académica e as normativas de asistencia á clase, e de avaliación e revisión de cualificacións.

Page 5: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

5

2. A docencia

2.1. Garantía da calidade da docencia

A declaración do estado de alarma o pasado día 14 de marzo supuxo a suspensión da actividade académica educativa presencial e a continuación das actividades educativas a través das modalidades a distancia e on line.

Co fin de asegurar a calidade da docencia non presencial impartida, adoptáronse por Resolución Reitoral unha serie de medidas que o profesorado responsable da docencia de cada unha das materias das titulacións de grao e máster debe cumprir, concretamente as seguintes:

a) Ter operativa para cada materia unha aula virtual a disposición do alumnado.

b) Manter abertas canles de comunicación directa co alumnado (titorías, sesións virtuais etc.).

c) Adaptar a programación docente prevista para o segundo cuadrimestre ás metodoloxías non presenciais, a través da modificación das guías docentes ou da programación correspondente.

d) Respectar as datas contempladas no calendario académico aprobado para este curso 2019-2020.

e) Adecuar a actividade aos contidos previstos de cada materia, coas adaptacións que resulten imprescindibles e se xustifiquen adecuadamente.

f) Subministrar ao alumnado materiais, ferramentas e orientacións para a preparación dos contidos e a adquisición das competencias.

g) Ofrecer unha temporalización das actividades a realizar que sexa respectuosa co calendario académico e coas cargas de traballo do alumnado.

h) Definir probas de avaliación, que deberán ser flexibles e adaptarse ás circunstancias excepcionais nas que se desenvolveu a docencia a partir do 15 de marzo, e comunicar ao alumnado con antelación suficiente calquera cambio no tipo de probas, baremos ou criterios.

En relación con estas obrigas, pódense engadir unha serie de consideracións que cómpre ter en conta á hora de desenvolver a actividade docente non presencial:

a) Adaptar os contidos desenvolvidos a través de sesións tanto expositivas como interactivas. Tendo en conta as excepcionais condicións en que se está a impartir a docencia, aplicarase un criterio de proporcionalidade en función da relevancia deses contidos para a consecución dos obxectivos e resultados de aprendizaxe previstos na materia.

b) Asegurarse de que o alumnado conta cos materiais necesarios para desenvolver as tarefas encargadas e de que os materiais que poña á súa disposición a través do campus virtual ou do medio alternativo que empregue estean en formatos accesibles.

Page 6: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

6

c) Procurar que os manuais, libros, artigos etc. que figuren na bibliografía básica estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios.

d) No caso de que se programen sesións de docencia a través de MS Teams ou dalgunha outra ferramenta de videoconferencia, manter os horarios de clase establecidos para evitar solapamentos coas sesións que se poidan programar para outras materias.

e) Procurar que as tarefas programadas se distribúan de xeito uniforme ao longo do período lectivo, co fin de evitar unha excesiva acumulación de traballo en determinados momentos.

f) Atender as consultas do alumnado a través do campus virtual, do correo electrónico ou de sesións de titoría individuais ou grupais a través de MS Teams.

g) Manter o seguimento dos TFG e TFM a través das ferramentas informáticas dispoñibles.

h) Gardar as evidencias relativas á participación do alumnado nas diferentes actividades programadas.

2.2. Modificación da programación docente

A suspensión da docencia presencial entre o día 16 de marzo e a data de finalización do segundo cuadrimestre leva consigo a necesidade de adecuar a programación docente das materias á situación de docencia non presencial.

2.2.1. Materias anuais e de segundo cuadrimestre

Nun primeiro momento, de conformidade coa Resolución Reitoral do 23 de marzo, procedeuse a modificar os programas das materias anuais e de segundo cuadrimestre nos apartados correspondentes a contidos, metodoloxía da ensinanza e bibliografía básica. Estas modificacións introducíronse a título de addenda a través de Xescampus no apartado de "Observacións" e comunicáronse ao estudantado o 31 de marzo a través do campus virtual.

Unha vez adoptado en Consello de Goberno do día 22 de abril o acordo de Réxime especial de avaliación do curso 2019-2020, fíxose necesario modificar tamén o apartado correspondente ao sistema de avaliación da aprendizaxe. Para iso, o profesorado seguiu o mesmo procedemento empregado para as modificacións antes citadas.

En atención ás especiais circunstancias derivadas da situación de emerxencia sanitaria, todas as modificacións dos programas / guías docentes de cada titulación deberán ser revisadas polas coordinacións dos títulos, aprobadas en primeira instancia polas Direccións de Departamento antes do día 28 de abril e supervisadas polos Decanatos ou Direccións de Centro antes do día 30 do mesmo mes. Nesta data o profesorado deberá comunicar ao estudantado, a través do campus virtual, as modificacións introducidas nos procedementos e criterios de avaliación. Nun momento posterior os Consellos de Departamento e as Xuntas de Centro deberán ratificar a aprobación das modificacións.

Page 7: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

7

2.2.2. Materias de primeiro cuadrimestre

No caso das materias de primeiro cuadrimestre, tendo en conta que tanto a actividade docente como a súa avaliación en primeira oportunidade se desenvolveron con normalidade, o profesorado non terá que introducir modificación ningunha nos programas / guías docentes a través da aplicación Xescampus. Dado que o único cambio que afecta a estas materias consiste na substitución das probas presenciais previstas na segunda oportunidade por probas non presenciais (conforme se indica no apartado 3.2.1 deste documento), a referencia a esta modificación será introducida en Xescampus directamente polo Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica.

3. A avaliación

O Consello de Goberno celebrado o día 22 de abril adoptou un acordo no que se regula o Réxime especial da avaliación do curso 2019-2020 para adaptala ás circunstancias excepcionais en que se tivo que desenvolver a docencia durante unha boa parte do segundo cuadrimestre.

Neste acordo fíxanse unha serie de principios polos que debe rexerse esta avaliación:

a) Flexibilidade, para adaptarse á situación especial do estudantado nun contexto excepcional.

b) Garantía de que todo o estudantado poida participar nas probas programadas en condicións axeitadas.

c) Preferencia polos mecanismos de avaliación non presencial que non requiran da realización de exames.

d) Garantía de continuidade do proceso formativo de forma que o impacto sobre o estudantado sexa mínimo, asegurando en todo caso a adquisición das competencias básicas.

Ademais, para que esta situación excepcional non vaia en detrimento do expediente do alumnado, unha vez superada unha materia, esta recibirá unha cualificación que como mínimo será a correspondente á nota media do expediente do/a alumno/a. No caso de que a cualificación obtida na materia fose superior a esa nota media, no expediente reflectirase a cualificación obtida. Esta regra aplicarase a todas as materias anuais e do segundo cuadrimestre, incluídos TFG, TFM, prácticas e recoñecementos de cualificacións obtidas en réxime de mobilidade (non, por tanto, ás materias de primeiro cuadrimestre). A Secretaría Xeral ditará unhas instrucións específicas acerca do procedemento que se seguirá para implementar esta medida.

Polo demais, o acordo recolle e prioriza as diferentes modalidades de avaliación que se poderán utilizar, as regras especiais que se aplicarán na avaliación das materias anuais e de segundo cuadrimestre e un calendario de referencia para cada unha destas modalidades, así como para a presentación e defensa de TFG e TFM.

Page 8: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

8

3.1. A avaliación en primeira oportunidade de materias anuais e de segundo cuadrimestre

Canto ás modalidades de avaliación en primeira oportunidade de materias anuais e de segundo cuadrimestre, o acordo prevé unicamente dúas:

a) Unha avaliación non presencial sen proba final (avaliación continua).

b) Unha avaliación non presencial cunha proba final telemática.

A primeira destas modalidades considérase a opción preferente. Polo tanto, sempre que resulte posible, deberase elixir esta modalidade. Non obstante, é posible tamén combinar ambas as opcións ou ben ofrecer estas dúas modalidades como alternativas. En resumo, o/a profesor/a encargado da materia poderá optar por unha das seguintes catro posibilidades:

1. Modalidade a. 2. Modalidade b. 3. Modalidade a + Modalidade b. 4. Modalidade a ou Modalidade b (entre as que poderá elixir o/a estudante).

3.1.1. Modalidade a: Avaliación non presencial sen proba final (avaliación continua)

Como se acaba de indicar, con carácter xeral recoméndase que, sempre que resulte posible, se adopte un sistema de avaliación non presencial baseado na avaliación continua e que non esixa a realización de exames ou probas finais.

Para realizar esta avaliación o profesorado responsable da materia deberá tomar en consideración tanto as actividades realizadas durante a parte do cuadrimestre que se desenvolveu con docencia presencial como as realizadas a partir da suspensión da actividade presencial. Non obstante, a valoración da asistencia deberá limitarse ao período de docencia presencial, polo que, de ser o caso, deberá revisarse a ponderación deste criterio para a determinación da cualificación final.

Por outra banda, como un elemento máis da avaliación (e non, polo tanto, con carácter de exame final), poderá encargarse a realización de cuestionarios, recensións ou sínteses de lecturas, tarefas, exercicios, problemas, traballos individuais ou en grupo etc., con tempo suficiente para que os/as estudantes os realicen nas súas casas e os entreguen, ben a través do campus virtual ou dalgún outro procedemento, nunha data determinada, de acordo co calendario de avaliación da primeira oportunidade (véxase o apartado 3.1.5).

É necesario que o profesorado comunique o encargo destas actividades ao/á coordinador/a do título co fin de garantir unha axeitada planificación das datas de entrega e de evitar unha potencial sobrecarga de traballo do alumnado.

Page 9: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

9

3.1.2. Modalidade b: Avaliación non presencial con proba final telemática

Esta modalidade de avaliación consistirá na realización, na data que se indique no calendario de exames aprobado polo Centro, dunha proba final mediante procedementos telemáticos.

A título orientativo, e sen pretensións de exhaustividade, ofrécense a seguir algúns tipos de proba que se poderían empregar nesta modalidade de avaliación:

• Proba oral. Está indicada para avaliar a comprensión de contidos, o coñecemento de datos ou feitos, a organización de ideas, as habilidades comunicativas e a capacidade de defensa de ideas ou argumentos. É de utilidade tamén como medio de contraste do realizado noutras probas.

• Proba obxectiva tipo test. Está indicada para avaliar unha ampla base de coñecementos ou contidos e permite comprobar a comprensión e interpretación dos obxectivos da materia, ao tempo que lle permite ao profesor identificar con claridade aqueles conceptos que non foron adquiridos.

• Proba de resposta libre tipo ensaio. Está pensada para que o estudante escriba un texto máis ou menos extenso en resposta ás preguntas que compoñen a proba. A resposta pode ser tanto manuscrita como mecanoscrita.

• Proba tipo caso práctico ou resolución de problemas. Está indicada para avaliar os coñecementos e as habilidades do/a estudante á hora de enfrontarse e resolver un problema ou un caso formulado polo/a profesor/a. O/A estudante, para elaborar a súa resposta, debe completar a información fornecida polo/a profesor/a, reflexionar e aplicar os conceptos básicos da materia. Ademais, este tipo de proba permite avaliar a capacidade de análise e de toma de decisións, así como a creatividade.

No anexo I indícanse as ferramentas a través das cales se poden realizar estes tipos de proba. O CeTA está a ofrecer diferentes cursos e a elaborar videotitoriais sobre a metodoloxía e avaliación non presencial a través das ferramentas do campus virtual e MS Teams/MS Forms:

• Cursos do PFID: https://www.usc.gal/es/servizos/pfid/pfid.html • Videotitoriais: https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/videos • Recursos para a docencia:

https://www.usc.gal/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/recursos-docencia.html

Ao tempo, poden consultarse diversos videotitoriais elaborados por Microsoft:

• https://support.office.com/es-es/article/formación-en-vídeo-de-microsoft-teams-4f108e54-240b-4351-8084-b1089f0d21d7?ui=es-ES&rs=es-ES&ad=ES

Por outra banda, cómpre ter en conta que algunhas das probas mencionadas anteriormente poden desenvolverse tanto de xeito síncrono como asíncrono. Nas probas síncronas os/as estudantes realizan a proba simultaneamente mentres están conectados nas horas asignadas ao exame á plataforma a través da cal esta se está realizando (do mesmo xeito, por tanto, que nos exames presenciais convencionais). Nas probas asíncronas, o profesorado encargado da materia establece unha data de

Page 10: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

10

apertura, que se reflectirá no calendario de exames, a partir da cal a proba estará accesible no campus virtual, e unha data e hora límite (normalmente un ou dous días despois da de apertura) para que os/as estudantes poidan realizala e entregar as súas respostas a través do mesmo procedemento (é dicir, subindo as súas respostas ao campus virtual) ou remitíndoas por correo electrónico.

Aínda que ambas as posibilidades son admisibles, considérase altamente recomendable que se opte pola realización de probas asíncronas para dese xeito minimizar os problemas de conectividade que poida ter o/a estudante e as incidencias que se poidan producir no funcionamento da rede.

No caso de optar pola realización de probas síncronas, especialmente no caso de materias cun elevado número de estudantes matriculados, deben terse en conta as limitacións da ferramenta a través da cal se realiza a proba (véxase o anexo I).

É necesario tamén ter presente que, especialmente na realización de probas síncronas, o alumnado que realiza a proba debe acreditar a súa identidade e dispoñer de medios (por exemplo, unha webcam) que permitan ao/á docente supervisar a súa realización. Para iso, deberanse ter en conta as especificacións técnicas, de seguridade e de protección de datos que determine a Secretaría Xeral para tratar de asegurar a identidade do alumnado e o carácter persoal da proba.

En calquera caso, haberá que ter en conta que, se algún/ha alumno/a non dispón de medios técnicos para realizar a proba en condicións similares ao resto do grupo, o/a profesor/a responsable da materia deberá prever a realización de probas alternativas que aseguren a igualdade de oportunidades. Para tal efecto, antes da realización da proba, o/a profesor/a deberá advertir ao alumnado, a través das canles de comunicación que veña utilizando habitualmente (campus virtual, correo electrónico etc.), que aquelas persoas que se encontren nesta situación deben comunicarllo co fin de que poida habilitar unha solución. O profesorado deberá comunicar estas incidencias á Dirección do Departamento.

3.1.3. Modalidade a (avaliación continua) + Modalidade b (proba final telemática)

O/A profesor/a poderá optar tamén por combinar as dúas modalidades de avaliación descritas anteriormente. Se se opta por esta posibilidade, deberase asignar unha determinada porcentaxe da cualificación final á avaliación continua e outra á proba final telemática.

3.1.4. Modalidade a (avaliación continua) ou Modalidade b (proba final telemática)

Finalmente, será posible tamén prever as dúas modalidades como posibilidades alternativas. De ser este o modelo elixido, os/as estudantes deberán poder optar ben pola modalidade consistente na avaliación continua, ben pola avaliación non presencial con proba final telemática.

Page 11: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

11

3.1.5. Calendario de avaliación da primeira oportunidade

No caso da avaliación continua, as datas de entrega das actividades avaliables deberán estar comprendidas entre a data de finalización da actividade docente (15 de maio) e o día 5 de xuño. Non obstante, naquelas materias que só contemplen a avaliación continua, o prazo de entrega poderase alongar ata o 27 de xuño.

No caso da avaliación con probas finais telemáticas, o calendario de celebración comprenderá desde o 1 ata o 27 de xuño, de acordo co calendario específico programado por cada Centro, que deberá estar publicado o día 30 de abril.

A data límite para a publicación dos resultados en ambos os casos é o 30 de xuño.

As datas de revisión das cualificacións, tamén en ambos os casos, deberán estar comprendidas dentro dos cinco días seguintes á data de publicación dos resultados, sen que, en ningún caso, poidan ir máis aló do 3 de xullo. Deberán preverse mecanismos non presenciais de revisión das cualificacións (por exemplo, a través de MS Teams).

O peche de actas da primeira oportunidade terá lugar o 5 de xullo.

3.2. A avaliación en segunda oportunidade

3.2.1. Materias de primeiro cuadrimestre

Dado que tanto a actividade docente das materias do primeiro cuadrimestre como a súa avaliación en primeira oportunidade se desenvolveron con normalidade, a avaliación da segunda oportunidade destas materias debe respectar o recollido nos programas / guías docentes aprobados no seu día. Isto aplícase á ponderación tanto das posibles actividades de avaliación continua como das probas finais.

Non obstante, tendo en conta as circunstancias especiais que concorren nesta recta final do curso e a imposibilidade de programar exames finais presenciais, as probas finais deberán realizarse necesariamente por medios telemáticos. Como no caso do resto das materias, as probas finais telemáticas das materias do primeiro cuadrimestre poderán ser tanto de carácter síncrono como asíncrono.

3.2.2. Materias anuais e do segundo cuadrimestre

As regras mencionadas no apartado 3.1 para a avaliación en primeira oportunidade de materias anuais e de segundo cuadrimestre relativas á valoración da asistencia, á programación axeitada das actividades e probas etc. serán tamén de aplicación para a avaliación desas materias en segunda oportunidade. Polo que se refire ás modalidades de avaliación, o profesorado encargado das materias poderá elixir entre as catro posibilidades descritas no apartado 3.1.

Igual que acontece en circunstancias de presencialidade, a modalidade de avaliación da segunda oportunidade poderá ser igual ou distinta da modalidade empregada para a primeira oportunidade, a criterio do profesorado encargado da materia. A modo de exemplo, unha materia para a que se contempla a avaliación continua (Modalidade a) na primeira oportunidade pode manter a avaliación continua para a segunda oportunidade ou ben substituíla pola modalidade de avaliación non presencial con

Page 12: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

12

proba final telemática (Modalidade b) ou por unha combinación de ambas as modalidades. En todo caso, débese contemplar a situación daqueles/as estudantes que, por non teren seguido un sistema de avaliación continua na primeira oportunidade, poidan precisar da realización dunha proba final.

3.2.3. Calendario de avaliación da segunda oportunidade

O calendario para as probas da segunda oportunidade, tanto as correspondentes ás materias de primeiro cuadrimestre como ás do segundo cuadrimestre e ás anuais, comprenderá desde o 1 ata o 22 de xullo, de acordo co calendario específico programado por cada Centro, que deberá estar publicado o día 30 de abril.

A data límite para a publicación dos resultados é o 27 de xullo.

As datas de revisión das cualificacións deberán estar comprendidas dentro dos cinco días seguintes á data de publicación dos resultados, sen que, en ningún caso, poidan ir máis aló do 29 de xullo. Igual ca para a primeira oportunidade das materias do segundo cuadrimestre e anuais, deberán preverse mecanismos non presenciais de revisión das cualificacións (por exemplo, a través de MS Teams).

O peche de actas da segunda oportunidade terá lugar o 30 de xullo.

3.3. Avaliación de estudantes con necesidades especiais

Nas actuais circunstancias cómpre ter máis presente se cabe o regulado no artigo 33, apartado c) dos Estatutos da USC, que sinalan como dereitos específicos do estudantado "a adaptación das actividades docentes, así como das datas e mecanismos de avaliación, ás condicións ou circunstancias especiais nas que se poida atopar por discapacidade ou calquera outras que lle limiten o exercicio dos seus dereitos académicos".

En consecuencia, as probas de avaliación previstas deberanse adaptar de xeito que se compensen as posibles desvantaxes derivadas de necesidades de apoio educativo específico. En calquera caso, debe terse presente que as adaptacións son unha compensación dunha desvantaxe para afrontar os retos da aprendizaxe en condicións similares ao resto dos estudantes, sen que iso poida supoñer unha diminución do nivel académico esixido.

Para calquera dúbida en relación con esta cuestión, o profesorado pode dirixirse ao Servizo de Participación e Integración Universitaria (ext. 12859 para o campus de Santiago e 23594 para o campus de Lugo). De igual xeito, ten á súa disposición no espazo web os "Protocolos para a integración" (https://www.usc.gal/gl/servizos/sepiu/sc103/apoionee.html).

3.4. Avaliación de estudantes con dispensa de asistencia á clase

A avaliación dos estudantes con dispensa de asistencia á clase, segundo a Instrución nº 1/2017 de Secretaría Xeral, sobre a dispensa de asistencia á clase en determinadas circunstancias, deberá realizarse conforme ao establecido no apartado 3.1 para a avaliación en primeira oportunidade de materias anuais e de segundo cuadrimestre e

Page 13: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

13

no apartado 3.2 para a avaliación en segunda oportunidade. Isto implica que o profesorado responsable das materias deberá, de ser o caso, adaptar á nova realidade de non presencialidade o sistema de avaliación recollido nos programas e guías docentes aprobados no seu momento para o estudantado con dispensa.

3.5. Avaliación de estudantes de mobilidade

3.5.1. Estudantado de mobilidade entrante

Para o estudantado de mobilidade entrante seguiranse os procedementos de avaliación previstos nos apartados anteriores para o resto do estudantado da USC, con independencia de que o/a estudante permaneza en Santiago de Compostela ou Lugo, ou de que retornase ao seu lugar de orixe.

Igual que co resto do estudantado, naqueles casos en que excepcionalmente non fose posible realizar unha avaliación a distancia, deberán preverse sistemas de avaliación alternativos. Así, por exemplo, no caso de estudantes retornados aos seus países sería posible organizar, con carácter excepcional, probas nas universidades de orixe coa colaboración do profesorado destas.

3.5.2. Estudantado de mobilidade saínte

No caso do estudantado de mobilidade saínte, seguiranse os procedementos de avaliación previstos polas universidades de destino. Para este estudantado será de aplicación o establecido con carácter xeral para as materias anuais e de segundo cuadrimestre no relativo ao traslado ao expediente da nota media do expediente cando a cualificación obtida na materia sexa inferior a esta.

4. Presentación e defensa de Traballos de Fin de Grao e Máster

Co fin de facilitar a presentación e defensa de TFG e de TFM, a Resolución Reitoral do 27 de marzo e o acordo do Consello de Goberno do 22 de abril introducen unha serie medidas de carácter extraordinario, aplicables unicamente ao curso 2019-2020, e que afectan tanto aos requisitos esixidos como ao procedemento. Trátase das seguintes:

• Será posible presentar e defender os TFG e os TFM aínda que non se completara e superara o período de prácticas curriculares. En todo caso, o traslado ao expediente do/a alumno/a da cualificación obtida no TFG ou no TFM quedará condicionado á efectiva superación das prácticas.

• A presentación e defensa poderase realizar por medios presenciais ou por procedementos telemáticos, de acordo co procedemento que se determine normativamente.

• Como excepción ao previsto no artigo 6.7 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos TFG e TFM na USC, todos os Centros, con independencia do que establezan as súas normativas propias, poderán acordar que estes, ademais de poderen ser defendidos diante dun tribunal, poidan ser avaliados exclusivamente polo/a titor/a. De ser este o caso, os Centros deberán

Page 14: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

14

determinar as características desta avaliación e poderán fixar unha puntuación máxima para as distintas modalidades de presentación. Estes acordos deberán ser adoptados polos Centros antes do 31 de maio e comunicados á Vicerreitoría de Organización Académica, así como ao estudantado afectado para que este poida optar por unha das modalidades previstas.

Ao tempo, flexibilízanse os calendarios de presentación e defensa dos traballos. Así, os TFG e TFM poderán defenderse con carácter xeral desde o 5 ao 24 de xullo e desde o 3 ao 30 de setembro de 2020. Non obstante, os Centros poderán programar, excepcionalmente, previa comunicación á Secretaría Xeral, datas de lectura anteriores ás citadas, para aqueles alumnos que, de acordo co indicado máis arriba neste apartado, acrediten cumprir os requisitos para proceder á defensa do TFG e TFM.

Ademais, excepcionalmente, os TFG e TFM poderán defenderse ata o 30 de novembro de 2020, cando, por circunstancias xustificadas, o traballo non puidera terse defendido dentro do prazo ordinario.

En todos os casos, os Centros determinarán a data límite de entrega dos traballos en función das datas previstas de lectura.

5. Prácticas curriculares e extracurriculares

As titulacións contemplan a realización de prácticas académicas curriculares e extracurriculares que se imparten a través dunha ou varias materias, cun número de créditos variable, nuns casos optativos e noutros obrigatorios. Neste último caso, ademais, poden corresponder a titulacións de carácter habilitante para o exercicio dunha profesión regulada por normas estatais ou da Unión Europea.

Por todo isto, establécense uns criterios xerais para todo o sistema de prácticas da USC, moi flexibles e adaptativos ás realidades académicas extraordinariamente dispares que existen, pero garantindo o seu rigor e calidade. Estes criterios deberanse concretar en cada titulación a través dos respectivos órganos de dirección e/ou coordinación.

Con carácter xeral todas as prácticas, curriculares ou extracurriculares, poderán desenvolverse por medios non presenciais que aseguren a adquisición de competencias e os resultados da aprendizaxe (resolución de problemas, supostos prácticos ou actividades similares).

5.1. Prácticas curriculares

As prácticas obrigatorias presenciais manteranse suspendidas como consecuencia das declaracións de estado de emerxencia sanitaria e das medidas de confinamento derivadas da pandemia da COVID-19.

No momento en que se levante o confinamento e as autoridades sanitarias definan unhas condicións que permitan o seu desenvolvemento (mobilidade, distanciamento social, medidas de protección etc.), as prácticas presenciais poderán reprogramarse, sempre que así se acorde entre a entidade, os responsables da titulación e o estudantado afectado. Para estes efectos, o período de prácticas poderase estender ata o 30 de setembro de 2020.

Page 15: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

15

As prácticas obrigatorias presenciais consideraranse realizadas e, por conseguinte, procederá elaborar a memoria e emitir os informes correspondentes para os efectos da súa avaliación sempre que se tiveran acadado os obxectivos formativos básicos das mesmas. Para estes efectos, entenderanse cumpridos estes obxectivos cando as prácticas estiveran realizadas, cando menos, nun 50% da súa duración. De ser posible, poderá suplirse o período de prácticas non completado mediante a realización en remoto doutras actividades académicas relacionadas.

No caso das prácticas curriculares obrigatorias en titulacións que dan acceso a profesións reguladas, deberán seguirse as indicacións que poida establecer ao efecto o Goberno do Estado e ter en conta as recomendacións das conferencias sectoriais de decanos/as. De non existiren directrices específicas, serán de aplicación para elas os criterios xerais descritos neste apartado.

As prácticas optativas desenvolveranse, se é posible, de acordo co recollido para as prácticas obrigatorias. Non obstante, neste caso o alumnado poderá optar por continualas ou anular a matrícula se non fose posible desenvolvelas.

5.2. Prácticas extracurriculares

No caso das prácticas extracurriculares, o/a alumno/a poderá optar por continualas de xeito telemático, se fose posible facelo, ou ben por anular a matrícula desta materia.

Page 16: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

16

ANEXO I. TIPOS DE PROBA E FERRAMENTAS DISPOÑIBLES

1. PROBA ORAL

MODALIDADE

- Síncrona.

RECURSO

- MS Teams.

EVIDENCIA

- Gravación.

OBSERVACIÓNS/BOAS PRÁCTICAS

- Probas individuais ou por grupos. - Programar as probas no calendario de MS Teams para o envío da convocatoria

aos participantes. - Solicitar que se ensine o DNI e comparar co que figura na lista de matrícula.

Page 17: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

17

2. PROBA OBXECTIVA TIPO TEST

MODALIDADE

- Síncrona. - Asíncrona.

RECURSO

- Campus Virtual (CV): Cuestionarios. - MS Teams/MS Forms.

POTENCIALIDADE

- O MS Teams non permite superar as 250 persoas na mesma reunión. - Permite cualificación automática.

EVIDENCIA

- Rexistro da actividade.

OBSERVACIÓNS/BOAS PRÁCTICAS

- Recoméndase que no CV non se fagan probas cun número superior simultáneo de 200 persoas, pois aumenta a probabilidade de sobrecarga.

- No caso de probas síncronas: o Limitar o tempo nas respostas. o Limitar o número de intentos. o Presentar as preguntas e alternativas de resposta de xeito aleatorio a

partir dunha batería de preguntas. o Establecer quendas na proba para non superar o número de alumnos

máximo. Neste sentido, é recomendable dividir o alumnado que realiza a proba en grupos de non máis de 60 estudantes.

o A súa configuración con límite de tempo e intentos de resolución fai preciso que o alumnado dispoña dunha conexión a internet razoablemente estable.

o No caso de que parte do alumnado perdese a conexión durante a realización da proba e non fose capaz de continuala durante o tempo establecido, pódese optar pola súa repetición ao devandito alumnado ou o seu envío posterior coa combinación dunha proba oral.

Page 18: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

18

3. PROBA DE RESPOSTA LIBRE TIPO ENSAIO

MODALIDADE

- Síncrona. - Asíncrona.

RECURSO

- Campus Virtual (CV): Cuestionario. - Campus Virtual (CV): Tarefa. - MS Teams/MS Forms.

POTENCIALIDADE

- O MS Teams non permite superar as 250 persoas na mesma reunión. - No MS Forms o número máximo de caracteres en cada resposta é de 4.000

(aproximadamente dúas páxinas en A4). - Posibilidade de subir arquivos como respostas.

EVIDENCIA

- Rexistro da actividade.

OBSERVACIÓNS/BOAS PRÁCTICAS

- Recoméndase que no CV non se fagan probas cun número superior simultáneo de 200 persoas, pois aumenta a probabilidade de sobrecarga.

- No caso de probas síncronas: o Establecer quendas na proba para non superar o número de alumnos

máximo. Neste sentido, é recomendable dividir o alumnado que realiza a proba en grupos de non máis de 60 estudantes.

o A súa configuración con límite de tempo fai preciso que o alumnado dispoña dunha conexión a internet razoablemente estable.

o No caso de que parte do alumnado perdese a conexión durante a realización da proba e non fose capaz de continuala durante o tempo establecido, pódese optar pola súa repetición ao devandito alumnado ou o seu envío posterior coa combinación dunha proba oral.

Page 19: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de

19

4. PROBA TIPO CASO PRÁCTICO OU RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

MODALIDADE

- Asíncrona.

RECURSO

- Campus Virtual (CV): Tarefa.

POTENCIALIDADE

- Permite propoñer unha actividade, proba ou traballo aos estudantes, a entrega de ficheiros por parte do alumnado e a posterior revisión, comentarios e avaliación por parte do/a docente.

EVIDENCIA

- Rexistro da actividade.

OBSERVACIÓNS/BOAS PRÁCTICAS

- O CV permite como medio de entrega anexar audio e vídeo gravado en directo por parte de alumnado e profesorado.

- No caso de probas con límite de tempo, unha boa práctica é recomendar que o alumnado realice de forma manuscrita a proba e que a remita en formato .jpg ou .pdf de alta resolución.

Page 20: E A AVALIACIÓN A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA DIRECTRICES PARA · estean accesibles para o estudantado a través de repositorios dixitais en aberto ou doutros medios. d) No caso de