Inscricións...Nestas II xornadas pretendemos que estean representados os distintos axentes sociais...
Transcript of Inscricións...Nestas II xornadas pretendemos que estean representados os distintos axentes sociais...
Información e contacto coa organización:
Inscricións:
Persoas ás que vai dirixida: Persoal de: Servizos Sociais / Centros de Información á Muller
Servizos/ Concellerías de Igualdade
Asociacións de mulleres / Sindicatos
Profesionais do ámbito social, educativo…
Público en xeral
Teléfonos: 981551707— 620898745
FAX: 981897555
Email: [email protected]
As persoas interesadas poderán inscribrise: Enviándonos una mensaxe ao enderezo de correo electrónico:
[email protected] cos seguintes datos:
Nome e apelidos
DNI
Organización / Administración na que traballa
Teléfono e correo electrónico
Na que indique se quedará ao xantar e
se precisa servizo de canguraxe
Ou enviándonos estes datos por FAX ao nº 981897555
Ou ben chamando por teléfono aos seguintes nº:
981551707 / 620898745
Nestas II xornadas pretendemos que estean representados os distintos axentes sociais
que traballan neste ámbito co fin de coñecer, afondar e establecer canles para tra-
ballar desde todos os ámbitos sociais a prol da eliminación e erradicación da violencia de
xénero.
Os obxectivos principais destas xornadas son dar a coñecer as actuación que desde as
administracións se están a realizar a prol da igualdade e para a prevención da violencia
de xénero como máxima expresión da desigualdade; visualizar o traballo da Deputación
no ámbito da promoción da igualdade real entre homes e mulleres; amosar os recursos
existentes a disposición das mulleres; facilitar un espazo no que as e os profesionais
poidan debater sobre os pasos a dar e os recursos necesarios para a eliminación da
violencia de xénero, expor as experiencias e actividades realizadas desde as diferentes
asociacións e concellos para previr a violencia de xénero.
A sensibilización da sociedade ante a violencia de xénero
debe ser maior cada día e a colaboración de todos e todas
é necesaria se queremos poñerlle fin a esta grave lacra
social. Desde a Deputación Provincial queremos promover
medidas para a sensibilización, a prevención e o tratamento
da violencia de xénero. Por este motivo e co gallo da con-
memoración do 25 de novembro “Día da loita contra a vio-
lencia de xénero”, este organismo quere afondar na loita
contra as diferentes formas de violencia de xénero, dedi-
cándolle este ano especial a atención a trata de mulleres
con fins de explotación sexual; a prostitución, turismo se-
xual, compra de noivas por correspondencia, matrimonios
servís, etc., organizando as II xornadas no marco das acti-
vidades contra a violencia de xénero arredor do 25 de no-
vembro de 2010.
Luns, 20 de decembro de 2010
II XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “A TRATA DE PERSOAS CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL”
9:00 - 9:30
Recepción das persoas asistentes e entrega do material.
9:30 – 9:45
Inauguración.
9:45 – 11:00
Mesa A: “Prostitución e medios de comunicación en Galicia”.
11:00 – 11:30
Descanso e café.
11:30 – 12:45
Mesa B: “¿Legalización ou abolición da prostitución?”
12:45 – 14:00
Mesa C: “Medidas para a erradicación da trata de mulleres con
fins de explotación sexual e para a protección das víctimas”.
14:00 – 14:15
Enquisa de valoración.
14:15 – 14:30
Clausura.
14:30
Xantar.
As persoas asistentes que o precisen terán a súa disposición un
Servizo de Canguraxe.