Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un...

13

Transcript of Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un...

Page 1: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía
Page 2: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Alceu Valença

Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos omapa da lusofonía a partir dos sentimentos nun país galego que é berce da lingua e desdePontevedra, unha cidade humanizada que dá de beber a quen pasa, a cidade das pontes.

Nesta edición tod@s seremos tambor, cidadáns libres dunha Galiza imaxinaria, froito desementes que veñen polo aire, da música como xeradora de afectos. Desde Brasil virá KátyaTeixeira, cantadeira que nos traerá a súa luz e os camiños percorridos en todos os recunchosdese inmenso país. Celina da Piedade entregará a alma co seu acordeón desde a súa voz deraíz de norte a sul de Portugal. Guadi Galego aportará a dozura e a calma do norte galego efará parar unha vez máis o mundo e os reloxos. Paulo Flores, unha gloria viva de Angola,seduciranos co semba, cos ritmos cadenciosos da súa terra, e Manecas Costa, vello coñecidoda Guiné, faranos revivir a irmandade afro­galega e traeranos a súa enerxía imparábel econtaxiosa.

 Este ano imos lembrar e celebrar a Fran Pérez, Narf, un artista paradigmático e un exemplo decomo se tecen redes, de como se establecen vínculos con outras culturas desde o respecto e ocoñecemento mutuo, desde unha mirada que vai máis alá dun simple intercambio musical. Poriso nos chegou tan fondo a súa viaxe musical e vital, porque para nós Narf, o capitán Narife,representa en si mesmo a arte do encontro, da conversa musical e do respecto polo outro e asúa cultura, polo noso en conexión co mundo.

 Así viviremos esta edición. Como unha festa, sen imposturas nin fusións artificiais, coa amizadecomo bandeira, coa paixón chantada no mascarón de proa. Sentiremos a maxia da música, quenos fará voar nunha soa voz tribal e nos fará bailar unha danza enérxica e telúrica que mata osmales e invoca a vida para sentila, tocala, bailala.

 Warethwa! Árdelle o eixo! 

Uxía

CNM 2017

Page 3: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Manecas CostaOs sons salvaxes e vibrantes da canción africanaManecas Costa forma parte da gran familia musical de CANTOS NA MARÉ desde a súa

participación na edición do 2005 e volta para lembrar ao seu irmán musical a quen, Fran

Pérez Narf, con quen gravou o disco ‘Aló Irmão’ en 2009.  

Manecas Costa canta a África desde a sensualidade do Gumbé, un ritmo de danza

crioulo inspirou o seu primeiro grupo ‘África Livre’, co que se fixo inmensamente popular,

ata o punto de ser nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNICEF con só 19 anos,

polas súas letras, enteiramente dedicadas aos problemas sociais de Guiné, de onde tivo

que fuxir en 1990 por mor dos conflictos civís. Fixa a súa residencia en Lisboa e a partir

de aí comeza a viaxar por toda África e Europa, colaborando cos mais grandes nomes

da música e converténdose nun referente mundial da música da Guiné. As súas

composicións, acústicas e eléctricas a un tempo, exploran o son salvaxe e vibrante de

Guiné Bissau interpretado coa inimitable forma de cantar e tocar a guitarra de Manecas

Costa, un dos máis orixinais e creativos artistas do seu país.  

www.facebook.com/manecascosta

Page 4: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Celina da Piedade

Celina da Piedade ten levado o seu acordeón e a súa voz ata os máis diferentes puntos

do globo, cantando ao sur de Portugal, comprometida sempre coa divulgación do

patrimonio musical alentexano. Quen xa a viu en concerto queda atrapado polo seu

inmenso carisma. 

No seu repertorio, os temas do cante alentexano crúzanse con novas melodías,

composicións  propias e outros autores, como o arxentino Atahualpa Yupanqui, o

brasileiro Gilberto Gil, e o portugués João Gil. A súa música está inspirada polo amor á

terra, á lingua nai, á forza das palabras, á filigrana musical que tecen os instrumentos.

Como explica  a propia  Celina, “é música  feita con  moito  amor, seguindo o proverbio

africano que di que se precisa unha aldea enteira para criar un neno, tamén para facer

un disco é precisa toda unha comunidade, unha aldea enteira de xente con arte,

inspiradora e facedora”. 

celinadapiedade.blogspot.com

O amor pola terra alentexana

Page 5: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Paulo FloresO contador de historias chegado da AngolaAutor, compositor e intérprete, Paulo Flores é unha das principais referencias da música

de Angola e un defensor incansable do Semba, o estilo musical que resulta dun proceso

complexo de fusión e transposición, sobre todo da guitarra, de segmentos rítmicos

diversos, asentados fundamentalmente na percursión, elemento base das culturas

africanas.

A través dun ollar que demostra un profundo amor polo seu pobo de Angola, ‘Bolo de

Aniversario’, o seu máis recente disco, revélanos as vivencias e experiencias musicais

que máis marcaron a Paulo Flores ao longo dos anos. A inconfundible voz de Paulo

Flores inspírase na tradición urbana de Luanda. É considerado un verdadeiro contador

de historias con 30 anos de carreira e máis dunha quincena de discos editados. Nas

súas cancións emprega as palabras certas para expresar a extraordinaria capacidade de

resistencia do pobo angolano e súa enerxía traducida nunha enorme vitalidade musical.

www.facebook.com/paulofloresmusic

Page 6: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Kátya TeixeiraAs sonoridades da música popular brasileiraEsta cantora brasileira naceu en São Paulo nunha familia de músicos, compositores e

investigadores da cultura popular; e trae no seu traballo musical toda esa bagaxe e

tamén o resultado de súas andanzas e recollidas polo Brasil. A música de Kátya

incorpora todos eses saberes e sonoridades, facendo reverencia aos mestres populares

e ás manifestacións culturais auténticas do Brasil.

 Con 4 cds gravados e innumerables participacións en traballos e shows de artistas

consagrados da música popular brasileira, Kátya Teixeira conta con múltiples

recoñecementos ao seu labor creativo e está detrás de varios proxectos culturais no

Brasil entre os que destaca o Dandô, o Circuito de Música Dércio Marques, desde onde

promove o intercambio e circulación de música popular en varias cidades brasileiras,

ademais da realización de espectáculos e convivios musicais ao longo do país nos que

se integra e valoriza a cultura popular. Este proxecto recibiu o Premio Brasil Creativo no

ano 2014 como mellor proxecto de Música na categoría Artes e Espectáculos. 

www.facebook.com/katyateixeirabr/

Page 7: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Guadi GalegoO voo libre da tradición musical galega Guadi Galego é unha das nosas grandes. Ela representa neste momento un dos

camiños máis arriscados na evolución da música galega de raíz cara novos territorios, e

consegue xuntar na súa figura artística a consagración e o valor do novo. De feito,

chega ao CANTOS NA MARÉ cargada con novas músicas procedentes do seu recén

estreado álbum ‘O mundo está parado’; e sostendo aínda o Premio Martín Códax da

Música 2016 á mellor artista na categoría de canción de autor, polo seu anterior traballo

'Lúas de outubro e agosto'.

A súa traxectoria musical é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo

Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes

proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto. Colaborou con múltiples

artistas ao longo destes anos: Uxía, Marful, Susana Seivane, Tejedor, Fred Martins,

Capercaille… E fixo numerosas xiras por  Galiza, Portugal, España, Austria, Arxentina,

Dinamarca, ou Cuba. Agora preséntase cun son e unha expresión artística máis madura

e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada. 

www.facebook.com/Guadi­Galego

Page 8: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Uxía (Directora artística)A voz para o encontro das culturas atlánticasAdemais de ser unha das voces máis populares da nosa lingua, Uxía é produtora e ten

promovido infinidade de iniciativas musicais e culturais, entre elas o Cantos na Maré.

Desde o seu debut con “Foliada de Marzo” en 1986, o seu traballo representa un punto

de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.

Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, emprende logo un camiño en solitario co disco

“Entre cidades”. Catro anos despois publica “Estou vivindo no ceo”, moi valorado pola

crítica. En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha (Sudán) e María Salgado (Castela) e o

guitarrista Cuchús Pimentel “La sal de la vida”, un traballo marcado pola diversidade

cultural. Xa en 2000 sae “Danza das areas”, con composicións propias e sons máis

contemporáneos. Con “Eterno Navegar” percorre camiños de sonoridades atlánticas e

ritmos africanos e con “Meu Canto”, lévanos a Brasil. Agora vén de presentar “Baladas

da Galiza imaxinaria”,  xunto a Narf, e “Canta o cuco”, onde musica a Manuel María

xunto a Magín Blanco. Ademais, promoveu a creación de grupos como as Malvela ou

Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas do

talle de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César. 

uxia.net

Page 9: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Paulo Borges (director musical)

Un dos principais coñecedores da música lusófona

Paulo Borges é director musical de Cantos na Maré desde a segunda

edición do certame. Este feito e a súa experiencia como músico e produtor

en traballos discográficos de diferentes artistas de Galicia e Portugal, fan de

Borges un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran

as músicas lusófonas.

Natural das illas Azores, é autor de bandas sonoras para teatro e televisión.

Forma parte da banda Coro dos Tribunais e participou en discos de Zeca

Medeiros, Nancy Vieira, Rui Veloso, Xosé Manuel Budiño, a Señora

Carmen e Uxía. Agora vén de producir o primeiro disco de Karyna Gomes,

"Mindjer".

Page 10: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Paulo Borges (director musical)

CANTOS NA MARÉ naceu en 2003 coa intención de render unha homenaxe ao mar

como lugar de encontro de artistas, letristas, músicos, poetas e escritor@s galeg@s,

unidos polos sentimentos e valores culturais do universo g alegoportugués. Logo das

primeiras edicións celebradas no exterior, o éxito acadado resultou determinante de cara

á continuidade do proxecto e do formato experimentado. Finalmente, o Pazo da Cultura

e o mes de xaneiro conformarían o lugar e as datas actuais, con Uxía na dirección

artística e Paulo Borges na dirección musical.

No ano 2006 vería a luz o primeiro CD do espectáculo, correspondente á gravación en

directo da primeira edición. Esta cuarta edición marcaría un punto de inflexión, ao pasar

dun espectáculo a un conxunto de actividades, primeira achega ás posibilidades e

potencialidades como catalizador futuro, e punto de intercambio artístico e profesional

entre os países da lusofonía cara o escenario global.

No ano 2008 celebrouse o Cantos na Maré Rede, un foro interactivo desenvolvido

como un primeiro paso cara á materialización dunha rede de cooperación entre os

axentes, os artistas e o público da música da lusofonía. No ano 2009, ademais da

edición celebrada en Pontevedra en decembro, ten lugar un feito extraordinario: a

celebración da primeira edición de Cantos na Maré en Brasil, na cidade de Fortaleza,

que supuxo un paso decisivo cara á súa expansión internacional.

Paseniñamente foi chegando o décimo aniversario, que celebramos no ano 2013 cun

cartel trazado dunha á outra beira do Atlántico: o pai do rock portugués Rui Veloso, os

ritmos afrobrasileiros de Chico César, o embaixador mundial da timbila mozambicana

Cheny Wa Gune e a voz galega do momento, Sés. A edición de 2014, deseñouse como

peche do ano rosaliano, centrada en artistas galegos, da Península, Cabo Verde e

Brasil, que teñen musicado aos seus poetas de referencia. 

Todas estas experiencias consolidaron o seu formato e estrutura e a súa intención de

medrar e proxectarse como un referente musical internacional, un desexo que a partir da

vindeira edición materializarase nunha nova fórmula de festival onde os concertos

abertos ao público se combinarán con actividades profesionais, e onde compartiremos

un outro Cantos na Maré aínda mais rico e aberto ao mundo.

Historia

Page 11: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Paulo Borges (director musical)

2003: Chico César (Brasil), Filipa Pais (Portugal), Manecas Costa (Guiné­Bissau), AstraHarris (Mozambique), Xabier Díaz (Galicia), Jon Luz (Cabo Verde) e Batuko Tabanka (CaboVerde)

2004: Joâo Afonso (Portugal), Ana Firmino (Cabo Verde), Alberto Mvundi (Angola), MaríaJoâo & Mario Laginha (Portugal), Kimi Diabate (Guiné­Bissau), Guadi Galego (Galicia),Zeca Medeiros (Açores­Portugal) e  Zezo Ribeiro & Vanessa Borhagian (Brasil)

2005: Tcheka (Cabo Verde), Renata Rosa (Brasil) e Fran Pérez (Galicia)

2006: Dulce Pontes (Portugal), Ugía Pedreira (Galicia), Luanda Cozetti (Brasil), EneidaMarta (Guiné­Bissau) e Amelia Muge (Mozambique)

2007: Paulo Flores (Angola), Mercedes Peón (Galicia), Ceumar (Brasil), Nancy Vieira (CaboVerde) e JP Simoes (Portugal)

2008: Waldemar Bastos (Angola), Xabier Díaz (Galicia), Sérgio Godinho (Portugal),Paulinho Moska (Brasil) e Sara Tavares (Cabo Verde)

2009: Tito París (Cabo Verde), Fred Martins (Brasil) e Raquel Tavares (Portugal)

2010: Lenine (Brasil), Guadi Galego (Galicia), António Zambujo (Port) e Aline Frazâo(Angola)

2012: Carlos do Carmo (Portugal), Mayra Andrade (Cabo Verde), Xoán Curiel (Galicia) eSocorro Lira (Brasil)

2013: Rui Veloso (Portugal), Chico César (Brasil), Cheny Wa Gune (Mozambique) e Sés(Galicia)

2014: Amancio Prada (O Bierzo), Vítor Ramil (Brasil), Gabrielas Mendes (Cabo Verde), LuizCaracol (Portugal) e Budiño (Galicia)

2016: Alceu Valença (Brasil), Jorge Palma (Portugal), Karyna Gomes (Guinea Bissáu),Thaïs Morell (Brasil), Uxía & Narf (Galicia)

Edicións anteriores

Page 12: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía

Paulo Borges (director musical)

Cantos na Maré é un proxecto producido e impulsado por Nordesía

Produccións, unha empresa pioneira no sector cultural galego. Naceu en

1996 e dende aquela traballa nos ámbitos da distribución musical e a

creación, xestión e produción dalgúns dos proxectos culturais e artísticos

máis notables das últimas décadas en Galicia.

Profesionalización, especialización, eficiencia, innovación e

internacionalización son as claves que guían o traballo de Nordesía. En 17

anos de traxectoria participou na creación, conceptualización, deseño ou

produción de máis de 3.000 eventos, programacións e proxectos, como

Cantos na Maré, o festival de jazz Imaxinasons, o ciclo Sons da

diversidade, a Festa dos Mundos, o ciclo Con Voz Propia, Ao Pé da Letra,

o programa As Nosas Músicas, Compostela Festival, o ciclo universitario

Tribos Ibéricas, o espectáculo MundoLois, The Galician Connection

Festival, Womex (The World Music Expo)...

Nordesía apostou sempre por conectarse co mundo, asistindo ás principais

feiras, encontros e foros internacionais de música, establecendo alianzas

con empresas, profesionais e institucións de diferentes países e territorios,

e levando a música galega polo mundo, facendo posible as xiras

internacionais por máis de 22 países dos principais artistas galegos.

www.nordesia.com

Page 13: Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos o mapa da lusofonía