Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na...

27
Nº 121 Martes, 23 de xuño de 2009 10.773 DIARIO OFICIAL DE GALICIA I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 6, define o currículo como o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación. Así mesmo, esta- blece que lle corresponde ao goberno fixar os aspectos básicos do currículo que constitúen as ensinanzas míni- mas para todo o Estado, sendo competencia das diferen- tes administracións educativas determinar o currículo para os seus respectivos ámbitos territoriais. En virtude destas competencias, correspóndelle á Administración educativa galega establecer o currículo do primeiro e do segundo ciclo de educación infantil. Deste último for- man parte as ensinanzas mínimas fixadas no Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro. Neste decreto establécense para o ámbito da Comu- nidade Autónoma de Galicia os principios xerais, fins e obxectivos referidos ao conxunto da etapa. Ao establecer o currículo de educación infantil preténdese garantirlle unha educación común ao conxunto da poboación e asegurar unha educación non discriminatoria que considere as posibilidades de desenvolvemento do alumnado, sexan as que foren as súas condicións persoais e sociais -capaci- dade, sexo, raza, lingua, orixe sociocultural, crenzas e ideoloxía-, mediante o exercicio de actuacións positivas ante a diversidade do alumnado. O currículo desta etapa oriéntase a lograr un desenvolvemento integral e harmónico da persoa nos distintos planos -físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo- e a procurar as aprendizaxes que contribúen e fan posible o devandito desenvolve- mento. As aprendizaxes da etapa preséntanse en tres áreas diferenciadas das cales se describen os obxec- tivos xerais, contidos e criterios de avaliación; porén, boa parte dos contidos dunha área adquiren sentido desde a perspectiva das outras dúas, coas cales está en estreita relación, dado o carácter glo- balizador da etapa. A organización en bloques establecida neste decreto ten como finalidade a presentación dos con- tidos de forma coherente. Posibilítalle ao equipo docente a planificación e o deseño dun esquema de interrelación e de transacción entre os bloques pro- postos que reflicta a globalidade da acción das aprendizaxes das nenas e dos nenos. A avaliación terá como fin a identificación das aprendizaxes consolidadas polo alumnado, así como a valoración do desenvolvemento alcanzado. Ten, polo tanto, un carácter netamente formativo. Nesta formula- ción, os criterios de avaliación concíbense como unha referencia para orientar a acción educativa. Os centros educativos xogan tamén un activo papel na determinación do currículo, xa que lles corres- ponde desenvolver e completar os currículos que se establecen. Aínda que a educación infantil constitúe unha eta- pa educativa cos seus propios obxectivos, en que se debe coidar a transición entre os ciclos, non se pode esquecer que se trata dunha etapa que ten a súa con- tinuidade na educación primaria. Isto exixe a coordi- nación entre ambas as etapas. Coordinación que en ningún caso se entenderá como supeditación dunha etapa a outra, senón como un instrumento que asegu- re a coherencia dos procesos educativos iniciados. Nesta etapa, máis que en calquera outra, desenvol- vemento e aprendizaxe son procesos dinámicos que teñen lugar como consecuencia da interacción co con- torno. Cada nena e cada neno ten o seu ritmo e o seu estilo de maduración, desenvolvemento e aprendiza- xe; por iso, a súa afectividade, as súas características persoais, as súas necesidades, intereses e estilo cog- nitivo deberán ser tamén elementos que condicionen a práctica educativa nesta etapa. Un currículo aberto servirá como instrumento fundamental para dar unha resposta adecuada ao tratamento da diversidade. No proceso educativo desta etapa adquire unha relevancia especial a participación e colaboración coas familias. Na nosa sociedade a transformación histórica do medio familiar e social leva a que a escola comparta coa familia o papel de proporcio- narlles aos nenos e ás nenas experiencias que facili- ten as súas primeiras aprendizaxes. En todo caso, familia, escola e os demais axentes educativos deben formular a súa actuación de forma coordinada e complementaria, buscando a colaboración e a coherencia nas súas intervencións. Este decreto establece aqueles elementos do currí- culo que teñen carácter prescritivo para todos os centros (obxectivos, contidos e criterios de avalia- ción das áreas), pero inclúe tamén outros elementos de carácter orientador (orientacións metodolóxicas e contribucións ás competencias básicas). Tanto uns coma outros pretenden axudar as/os profesionais na tarefa de concreción e adaptación do currículo ao seu contexto e alumnado. Neste decreto determínanse o currículo do 1º e do 2º ciclo, e a contribución da etapa educativa á adquisición das competencias básicas, que se publi- can como anexos a el coa seguinte numeración: Anexo I-Currículo do primeiro ciclo e do segundo ciclo de educación infantil. Anexo II-Contribución da etapa educativa á adqui- sición das competencias básicas. De conformidade co exposto, por proposta do con- selleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas regulado-

Transcript of Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na...

Page 1: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.773DIARIO OFICIAL DE GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo quese establece o currículo da educacióninfantil na Comunidade Autónoma deGalicia.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,no seu artigo 6, define o currículo como o conxunto deobxectivos, competencias básicas, contidos, métodospedagóxicos e criterios de avaliación. Así mesmo, esta-blece que lle corresponde ao goberno fixar os aspectosbásicos do currículo que constitúen as ensinanzas míni-mas para todo o Estado, sendo competencia das diferen-tes administracións educativas determinar o currículopara os seus respectivos ámbitos territoriais. En virtudedestas competencias, correspóndelle á Administracióneducativa galega establecer o currículo do primeiro e dosegundo ciclo de educación infantil. Deste último for-man parte as ensinanzas mínimas fixadas no Realdecreto 1630/2006, do 29 de decembro.

Neste decreto establécense para o ámbito da Comu-nidade Autónoma de Galicia os principios xerais, finse obxectivos referidos ao conxunto da etapa.

Ao establecer o currículo de educación infantilpreténdese garantirlle unha educación común aoconxunto da poboación e asegurar unha educaciónnon discriminatoria que considere as posibilidadesde desenvolvemento do alumnado, sexan as queforen as súas condicións persoais e sociais -capaci-dade, sexo, raza, lingua, orixe sociocultural, crenzase ideoloxía-, mediante o exercicio de actuaciónspositivas ante a diversidade do alumnado.

O currículo desta etapa oriéntase a lograr undesenvolvemento integral e harmónico da persoa nosdistintos planos -físico, motor, emocional, afectivo,social e cognitivo- e a procurar as aprendizaxes quecontribúen e fan posible o devandito desenvolve-mento.

As aprendizaxes da etapa preséntanse en tresáreas diferenciadas das cales se describen os obxec-tivos xerais, contidos e criterios de avaliación;porén, boa parte dos contidos dunha área adquirensentido desde a perspectiva das outras dúas, coascales está en estreita relación, dado o carácter glo-balizador da etapa.

A organización en bloques establecida nestedecreto ten como finalidade a presentación dos con-tidos de forma coherente. Posibilítalle ao equipodocente a planificación e o deseño dun esquema deinterrelación e de transacción entre os bloques pro-postos que reflicta a globalidade da acción dasaprendizaxes das nenas e dos nenos.

A avaliación terá como fin a identificación dasaprendizaxes consolidadas polo alumnado, así como avaloración do desenvolvemento alcanzado. Ten, polotanto, un carácter netamente formativo. Nesta formula-

ción, os criterios de avaliación concíbense como unhareferencia para orientar a acción educativa.

Os centros educativos xogan tamén un activo papelna determinación do currículo, xa que lles corres-ponde desenvolver e completar os currículos que seestablecen.

Aínda que a educación infantil constitúe unha eta-pa educativa cos seus propios obxectivos, en que sedebe coidar a transición entre os ciclos, non se podeesquecer que se trata dunha etapa que ten a súa con-tinuidade na educación primaria. Isto exixe a coordi-nación entre ambas as etapas. Coordinación que enningún caso se entenderá como supeditación dunhaetapa a outra, senón como un instrumento que asegu-re a coherencia dos procesos educativos iniciados.

Nesta etapa, máis que en calquera outra, desenvol-vemento e aprendizaxe son procesos dinámicos queteñen lugar como consecuencia da interacción co con-torno. Cada nena e cada neno ten o seu ritmo e o seuestilo de maduración, desenvolvemento e aprendiza-xe; por iso, a súa afectividade, as súas característicaspersoais, as súas necesidades, intereses e estilo cog-nitivo deberán ser tamén elementos que condicionena práctica educativa nesta etapa. Un currículo abertoservirá como instrumento fundamental para dar unharesposta adecuada ao tratamento da diversidade.

No proceso educativo desta etapa adquire unharelevancia especial a participación e colaboracióncoas familias. Na nosa sociedade a transformaciónhistórica do medio familiar e social leva a que aescola comparta coa familia o papel de proporcio-narlles aos nenos e ás nenas experiencias que facili-ten as súas primeiras aprendizaxes. En todo caso,familia, escola e os demais axentes educativosdeben formular a súa actuación de forma coordinadae complementaria, buscando a colaboración e acoherencia nas súas intervencións.

Este decreto establece aqueles elementos do currí-culo que teñen carácter prescritivo para todos oscentros (obxectivos, contidos e criterios de avalia-ción das áreas), pero inclúe tamén outros elementosde carácter orientador (orientacións metodolóxicas econtribucións ás competencias básicas). Tanto unscoma outros pretenden axudar as/os profesionais natarefa de concreción e adaptación do currículo aoseu contexto e alumnado.

Neste decreto determínanse o currículo do 1º e do2º ciclo, e a contribución da etapa educativa áadquisición das competencias básicas, que se publi-can como anexos a el coa seguinte numeración:

Anexo I-Currículo do primeiro ciclo e do segundociclo de educación infantil.

Anexo II-Contribución da etapa educativa á adqui-sición das competencias básicas.

De conformidade co exposto, por proposta do con-selleiro de Educación e Ordenación Universitaria,no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 daLei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas regulado-

Page 2: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.774 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

ras da Xunta e da súa Presidencia, modificada polaLei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007,do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulle-res de Galicia, logo do informe do Consello Escolarde Galicia, de acordo co ditame do Consello Consul-tivo de Galicia, e logo de deliberación do Conselloda Xunta de Galicia, na súa reunión do catro dexuño do dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto ten como obxectivo establecer oscurrículos do primeiro e do segundo ciclo da educa-ción infantil que serán de aplicación nos centroseducativos que impartan estas ensinanzas na Comu-nidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Principios xerais.

1. A educación infantil constitúe a etapa educati-va con identidade propia que atende a nenas e nenosdesde o nacemento ata os seis anos.

2. Esta etapa ordénase en dous ciclos. O cicloconstitúe unha unidade curricular temporal de pro-gramación e avaliación. O primeiro ciclo comprendedesde o nacemento ata os tres anos e o segundo, des-de os tres aos seis anos de idade.

3. Todo o profesorado do mesmo ciclo desenvolve-rá o seu traballo en equipo, co fin de garantir a nece-saria unidade da acción educativa.

4. A educación infantil ten carácter voluntario. Osegundo ciclo desta etapa educativa será gratuíto.As administracións competentes procurarán quehaxa unha oferta suficiente de prazas no 1º ciclo egarantirán a mesma no 2º.

Artigo 3º.-Fins.

1. A finalidade da educación infantil é a de contri-buír ao desenvolvemento físico, afectivo, social eintelectual das nenas e dos nenos.

2. Na educación infantil atenderase progresiva-mente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento eaos hábitos de control corporal, ás manifestacións dacomunicación e da linguaxe, ás pautas elementaisde convivencia e relación social, así como ao descu-brimento das características físicas e sociais domedio. Ademais, facilitarase que nenas e nenos ela-boren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibra-da e adquiran autonomía persoal.

3. Potenciarase a transmisión daqueles valoresque favorezan a liberdade persoal, a responsabilida-de, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tole-rancia, o respecto, a xustiza, a prevención de confli-tos e a súa resolución pacífica, a non-violencia entodos os ámbitos da vida persoal, familiar e social,así como o desenvolvemento da igualdade de derei-tos e oportunidades e o fomento da igualdade entrehomes e mulleres.

Artigo 4º.-Obxectivos.

A educación infantil contribuirá a desenvolver nasnenas e nenos as capacidades que lles permitan:

a) Coñecer o seu propio corpo e o das outras per-soas, as súas posibilidades de acción e aprender arespectar as diferenzas.

b) Observar e explorar o seu contorno familiar,natural e social.

c) Adquirir progresivamente autonomía nas súasactividades habituais.

d) Desenvolver as súas capacidades afectivas.

e) Relacionarse cos demais e adquirir progresiva-mente pautas elementais de convivencia e de rela-ción social, así como exercitarse na resolución pací-fica de conflitos.

f) Desenvolver habilidades comunicativas en dife-rentes linguaxes e formas de expresión.

g) Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas eachegarse á lectura e escritura como medio decomunicación, información e gozo.

h) Sentir o xesto, o movemento e o ritmo comorecursos para a expresión e a comunicación.

i) Achegarse, na medida das súas posibilidades, aouso das tecnoloxías da información e da comunicación.

Artigo 5º.-Currículo.

1. Enténdese por currículo da educación infantil oconxunto de obxectivos, contidos, métodos pedagó-xicos e criterios de avaliación que regularán a prác-tica educativa nesta etapa.

2. Os currículos da educación infantil, que debe-rán desenvolver e completar os centros educativosque impartan estas ensinanzas, son os que se reco-llen no anexo I deste decreto; pasando a formar par-te da súa proposta pedagóxica.

3. A contribución desde as diferentes áreas doscurrículos de educación infantil ao desenvolvemen-to das competencias básicas é a que se recolle noanexo II deste decreto.

Artigo 6º.-Áreas de coñecemento.

1. Os contidos educativos da educación infantilorganizaranse en áreas correspondentes a ámbitospropios da experiencia e do desenvolvemento infan-til e abordaranse por medio de actividades globali-zadas que teñan interese e significado para as nenase os nenos.

2. As áreas da educación infantil son as seguintes:

-Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

-Coñecemento do contorno.

-Linguaxes: comunicación e representación.

Estas áreas deben entenderse como ámbitos deactuación, como espazos de aprendizaxes de todaorde: de actitudes, procedementos e conceptos, quecontribuirán ao desenvolvemento de nenas e nenos e

Page 3: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.775DIARIO OFICIAL DE GALICIA

propiciarán a súa aproximación á interpretación domundo, outorgándolle significado e facilitando a súaparticipación activa nel.

3. Desde o 1º ciclo prestarase atención ao desen-volvemento da autonomía da nena e do neno, á crea-ción dos primeiros vínculos sociais e á conquista dalinguaxe. Fomentarase unha primeira aproximacióná lectura e á escritura, así como a experiencias deiniciación temperá en habilidades numéricas bási-cas, nas tecnoloxías da información e a comunica-ción e na expresión visual e musical. Así mesmo,fomentarase unha primeira aproximación á linguaestranxeira nas aprendizaxes do segundo ciclo daeducación infantil, especialmente no último ano.

4. Os métodos de traballo en ambos os ciclos basea-ranse nas experiencias, nas actividades e no xogo, eaplicaranse nun ambiente de afecto e confianza parapotenciar a autoestima e integración social.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

A distribución horaria organizarase dentro dunhaperspectiva globalizada e incluirá actividades quepermitan respectar os ritmos de actividade, xogo edescanso das nenas e dos nenos.

Será necesario organizar o tempo baixo presupostosde flexibilidade que lle permitan ao profesorado ade-cualo ás características das tarefas, de xeito que o hora-rio estea sempre ao servizo da metodoloxía. No desen-volvemento da xornada escolar combinaranse temposde rutinas con tempos de actividades específicas,segundo as características e necesidades dos nenos enenas.

Artigo 8º.-Avaliación.

1. Na etapa da educación infantil, a avaliaciónserá global, continua e formativa. A observacióndirecta e sistemática constituirá a técnica principaldo proceso de avaliación.

2. A avaliación nesta etapa debe servir para iden-tificar as aprendizaxes adquiridas e o ritmo e carac-terísticas da evolución de cada nena ou neno. Paraestes efectos, tomaranse como referencia os criteriosde avaliación de cada unha das áreas.

3. As persoas profesionais que desempeñan o seulabor na educación infantil avaliarán, ademais dosprocesos de aprendizaxe, a súa propia práctica edu-cativa.

4. As familias recibirán periodicamente a informa-ción necesaria sobre o progreso das nenas e dosnenos, e as canles que se creen para este efectoterán que facerse explícitas nos correspondentesproxectos educativos.

Artigo 9º.-Atención á diversidade.

1. A intervención educativa debe recoller comoprincipio a diversidade do alumnado, adaptando apráctica educativa ás características persoais, nece-sidades, intereses e estilo cognitivo dos nenos enenas, dada a importancia que nestas idades adqui-ren o ritmo e o proceso de maduración.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Uni-versitaria establecerá os procedementos que permi-tan identificar aquelas características que poidan terincidencia na evolución escolar das nenas e dosnenos coa finalidade de dar a resposta educativaaxeitada para a atención á diversidade.

3. Os centros adoptarán as medidas oportunas diri-xidas ao alumnado que presente necesidade especí-fica de apoio educativo.

4. Os centros atenderán as nenas e os nenos quepresenten necesidades educativas especiais buscan-do a resposta educativa que mellor se adapte ás súascaracterísticas e necesidades persoais.

5. Terase en conta o principio de flexibilidade paraadecuar a educación á diversidade de aptitudes,intereses e necesidades do alumnado en toda a eta-pa educativa.

Artigo 10º.-Titoría.

1. Cada grupo de alumnado contará cun titor outitora que desenvolverá tarefas relacionadas coaorganización, participación e control.

2. A educación nesta etapa enténdese como unproceso compartido coas familias que se favorecerádesde o centro docente a través da titoría, de aí quea persoa responsable manterá actividades periódicaspara intercambiar información coas familias.

Artigo 11º.-Cooperación e participación no procesoeducativo.

1. Co obxecto de respectar a responsabilidade fun-damental das nais e pais ou titores nesta etapa, oscentros cooperarán estreitamente con eles e estable-cerán mecanismos para favorecer a súa participaciónno proceso educativo dos seus fillos e das súas fillas.

2. A persoa responsable da titoría manterá activi-dades periódicas para intercambiar informacióncoas familias e adoptará as medidas necesarias paraque nais, pais ou titores teñan unha implicaciónmáis directa no proceso de ensino-aprendizaxe dassúas fillas e dos seus fillos.

Artigo 12º.-Autonomía dos centros.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Uni-versitaria favorecerá a autonomía pedagóxica e orga-nizativa dos centros, favorecerán o traballo en equi-po do profesorado e a súa actividade investigadora apartir da práctica docente.

2. Os centros educativos desenvolverán e comple-tarán o currículo establecido pola Administracióneducativa adaptándoo ás características das nenas edos nenos e á súa realidade educativa.

3. Os centros educativos poderán programar operíodo de adaptación do alumnado para favorecer atransición á nova situación de ensino-aprendizaxe.

Artigo 13º.-Tratamento das linguas oficiais.

Na etapa de educación infantil o profesorado usa-rá na aula a lingua materna predominante entre oalumnado, terá en conta a lingua do contorno e coi-dará que o alumnado adquira de forma oral e escrita

Page 4: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.776 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia,dentro dos límites propios desta etapa.

Disposición adicional

Única.-Ensinanzas de relixión.

1. As ensinanzas de relixión incluiranse no segun-do ciclo da educación infantil.

2. Ao inicio de cada curso académico os pais/naisou titores/as das alumnas e dos alumnos manifesta-rán a súa vontade de que as súas fillas ou fillos reci-ban ou non ensinanzas de relixión.

3. A Administración educativa galega velará paraque as ensinanzas de relixión respecten os dereitosde todo o alumnado e das súas familias e para quenon supoña discriminación ningunha recibir ou nonas devanditas ensinanzas.

4. A determinación do currículo do ensino de reli-xión católica e das diferentes confesións relixiosascoas que o Estado español subscribiu acordos decooperación en materia educativa será competencia,respectivamente, da xerarquía eclesiástica e dascorrespondentes autoridades relixiosas.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación normativa.

Queda derrogado o Decreto 426/1991, do 12 dedecembro, polo que se establece o currículo de edu-cación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia,así como as demais normas de igual ou inferior cate-goría que se opoñan ao establecido neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Habilitación normativa.

Autorízase a persoa titular da Consellería de Edu-cación e Ordenación Universitaria a ditar as dispo-sicións que sexan necesarias para a execución edesenvolvemento do establecido neste decreto paraa etapa de educación infantil.

Segunda.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao dasúa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous milnove.

Alberto Núñez FeijóoPresidente

Jesús Vázquez AbadConselleiro de Educación e OrdenaciónUniversitaria

ANEXO I

1.1. Introdución.

A educación infantil constitúe unha etapa educati-va de capital importancia para o desenvolvementointegral e harmónico da persoa. Así, establécesecomo principal finalidade nesta etapa contribuír aodesenvolvemento físico, afectivo, social e intelectualdo alumnado en estreita cooperación coas familias.

A educación infantil constitúe unha única etapacon dous ciclos, o primeiro abrangue desde 0 a 3

anos e o segundo de 3 a 6 anos. Os contidos educa-tivos organízanse arredor das seguintes áreas:

-Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

-Coñecemento do contorno.

-Linguaxes: comunicación e representación.

Estas áreas, que se corresponden con ámbitos pro-pios da experiencia e do desenvolvemento infantil,deberán concibirse cun criterio de globalidade e demutua dependencia, e desenvolveranse mediante arealización de experiencias significativas.

No currículo dáse especial relevancia ás aprendiza-xes orientadas ao coñecemento, valoración e controlque nenos e nenas van adquirindo da súa propia per-soa, das súas posibilidades e da capacidade para uti-lizar con certa autonomía os recursos dispoñibles encada momento. Neste proceso resulta relevante aadquisición de destrezas para realizar as actividadeshabituais cun certo grao de responsabilidade, autono-mía e iniciativa, tanto no emprego axeitado de espazose materiais como no desempeño das diversas tarefas.

As interaccións co medio, o crecente controlmotor, a constatación das súas posibilidades e limi-tacións, o proceso de diferenciación das outras per-soas, farán que vaian adquirindo unha progresivaindependencia con respecto ás persoas adultas.Todo iso contribuirá ao autocoñecemento e a «apren-der a facer», sentando as bases do desenvolvementoda autonomía e iniciativa persoal.

Neste proceso de adquisición de autonomía, a lingua-xe verbal cobra unha especial importancia, xa que énesta etapa cando se inicia de forma sistemática aadquisición da lingua ao proporcionar contextos varia-dos que permiten ampliar o marco familiar e desenvol-ver as capacidades comunicativas de nenas e nenos.Pero non se debe esquecer que interveñen tamén outrotipo de linguaxes, como son a corporal, a plástica, amusical, a audiovisual, a escrita, a matemática e a dra-mática, e que no seu conxunto son básicas para enri-quecer as posibilidades de expresión e contribúen aodesenvolvemento da competencia comunicativa.

Á vez, o desenvolvemento das destrezas e capaci-dades individuais e a súa interacción co medio e cosiguais contribúen á evolución do pensamento, ensi-nando a pensar e a aprender (pensamento crítico,toma de decisións, resolución de problemas, utiliza-ción de recursos cognitivos...) e sentan as bases paraposteriores aprendizaxes.

Nesta etapa o contorno das nenas e dos nenosamplíase e diversifícase, o que os pon en situaciónde afrontar novas experiencias e interaccións. Xordea necesidade de relacionarse coas demais persoas ede respectar as normas de convivencia, aprendendoa vivir xuntos e contribuíndo ao posterior desenvol-vemento da competencia social.

Queda xustificada a necesidade do traballo cola-borativo, o intercambio de puntos de vista, compar-tir e construír coñecementos, darlles posibilidadesaos nenos e ás nenas para que expresen e argumen-ten as súas opinións; para que busquen soluciónscreativas a problemas prácticos da súa vida cotiá e

Page 5: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.777DIARIO OFICIAL DE GALICIA

do seu contorno. Todo iso nun clima de respecto e deaceptación mutua, colaboración e solidariedade,potenciando a análise de comportamentos e acciónsdiscriminatorias.

O motor principal da acción educativa debe ser,polo tanto, o desenvolvemento integral da persoa, através de experiencias e actividades didácticas decarácter lúdico, partindo da realidade individual decada neno para chegar a acadar, de xeito gradual, osobxectivos sinalados para esta etapa educativa.

Coa presentación deste currículo trátase de dotar oprofesorado dun instrumento que lle permita desen-volver e revisar a súa actividade desde un marco dereferencia actualizado e con base científica, á vezque contribúa eficazmente á innovación educativa.

1.2. Currículo do primeiro ciclo.

Área: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

Na primeira infancia toda a experiencia das nenase dos nenos pasa polo coñecemento, polo dominio epolo coidado do propio corpo. O corpo, formado porsegmentos e por órganos, medra, ten unha historia,está situado e móvese no espazo, ten que ser alimen-tado, coidado e o propio corpo é diferente do dasdemais persoas.

Moitas definicións da infancia toman característi-cas motrices para a súa descrición: a idade degatear, a idade de correr. A sede de movemento naprimeira infancia depende en gran parte dun contor-no estimulante, da utilidade que proporcionan unhaserie de habilidades e destrezas para o coñecemen-to do mundo e da propia motivación por acadar aautonomía persoal. A intervención educativa naescola de primeiro ciclo debe ofertar espazos inte-riores e exteriores onde nenas e nenos se poidandesprazar, describir traxectorias e sortear obstácu-los, gabear e esvarar, caer; espazos que oscilen entrea necesaria seguridade e o risco calculado; en fin,que propoñan desafíos adaptados á súa idade.

Ao longo dos tres primeiros anos van aparecendodiversos sentimentos e emocións tanto positivoscomo negativos. As principais manifestacións emoti-vas neste período son a ledicia, a tristura, o intere-se, o medo, a ansiedade, a ira e o apego. O xeito enque nenas e nenos expresan estas emocións toma aforma de choro, risa, movemento e actividade.

A autoconfianza ten ademais a súa base na elabo-ración axeitada da separación dos nenos e nenas doseu medio familiar. Como primeira experiencia deeducación formal, a escola infantil de primeiro ciclodebe asegurar a satisfacción das necesidades dosnenos e nenas con cariño, prontitude e sensibilida-de. A continuidade do apego entre pais e nais e edu-cadoras ou educadores é imprescindible para a crea-ción dunha correcta autoestima. Nenos e nenaspoderán, a través dun adulto securizante, aceptar ainteracción con outros estraños e, sobre todo, explo-rar o contorno. Resulta por tanto de especial impor-tancia o planeamento coidadoso e individualizadodo período de transición entre ambos os contextos.

As experiencias de aprendizaxe do autocoidadorelativas á alimentación, hixiene e descanso convér-tense na escola infantil de primeiro ciclo en situa-cións educativas particularmente proveitosas, non sópor promover a competencia das nenas e dos nenos,senón por establecer momentos de valiosa interac-ción coa persoa adulta que as introduce nas formassocialmente establecidas para a satisfacción dasnecesidades básicas.

Obxectivos

-Tomar conciencia do propio corpo identificándooglobal e segmentariamente.

-Recoñecer os sentidos como fontes de sensaciónsempregándoos para o coñecemento do seu mundocircundante.

-Adquirir destrezas e habilidades manipulativasaplicándoas ao manexo de útiles e materiais presen-tes no seu contorno.

-Adquirir o control postural e dinámico do seu cor-po mantendo o equilibrio necesario entre a segurida-de e o desafío na exploración e no descubrimento.

-Tomar conciencia das características persoaisidentificando as calidades que o definen como indi-viduo singular.

-Afianzar a propia personalidade equilibrando aafirmación das preferencias co respecto ás necesida-des comúns do grupo.

-Adquirir autoestima esforzándose no desenvolve-mento das actividades cotiás.

-Iniciarse no control do propio comportamentorelacionando a identificación das emocións e intere-ses coa interiorización das normas e valores sociais.

-Iniciarse na tolerancia da frustración demorandoa satisfacción dos desexos.

-Satisfacer as súas necesidades básicas adquirin-do hábitos de coidado persoal.

Contidos

Bloque 1. O corpo.

-Descubrimento e control global e segmentario dopropio corpo.

-Descubrimento dos sentidos como fonte de sensa-cións.

-Construción progresiva e toma de concienciamental do propio corpo.

-Potenciación das destrezas e habilidades namanipulación de instrumentos, ferramentas e mate-riais.

-Adquisición progresiva do equilibrio estático edinámico.

-Vivencia e control do corpo en relación ao move-mento, ás dimensións do espazo e ao movementodos/as demais.

-Adaptación do ton muscular e da postura ás dis-tintas situacións cotiás.

Page 6: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.778 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

-Axuste do propio movemento ao espazo e aosmovementos dos e das demais.

-Potenciación da iniciativa e do esforzo na con-quista dos desprazamentos do corpo e dos obxectos.

-Exploración e identificación das posibilidadesmotrices.

Bloque 2. A identidade, a autoestima e as emo-cións.

-Identificación e recoñecemento das característi-cas e calidades persoais cara a unha aceptación dapropia imaxe, valorando positivamente as diferenzascomo elemento definidor.

-Identificación co propio nome, co grupo familiarde pertenza e co lugar onde vive como vehículos daexpresión da identidade.

-Toma de conciencia progresiva do seu sexo, evi-tando a instalación prematura de estereotipos dexénero.

-Identificación e afirmación dos propios gustos, edo que desagrada, evitando situacións de submisiónou dilución do individuo no grupo.

-Establecemento de hábitos elementais de esforzoe perseveranza para abordar as tarefas cotiás, amo-sando confianza nas propias competencias.

-Fomento da capacidade de escolla entre variasalternativas, asumindo as consecuencias das propiasaccións.

-Identificación das emocións básicas e das súasmanifestacións habituais empregando expresiónssocialmente aceptadas.

-Actitude de paciencia e espera, na procura dunharesposta axeitada diante da demora dos desexos.

-Evitación da resposta agresiva diante da frustra-ción para camiñar cara ao emprego da negociaciónpara a xestión de problemas cos e coas demais.

-Ampliación dos lazos afectivos con outras persoasadultas, para obter seguridade e aceptar axuda.

Bloque 3. O coidado persoal.

-Iniciativa na comida autónoma.

-Incorporación paulatina na dieta de novos ali-mentos e texturas na súa gradual presentación.

-Discriminación progresiva dos alimentos sauda-bles valorando o seu consumo.

-Recoñecemento da comida como feito pracenteiroe non só nutricio.

-Adquisición da autonomía progresiva nos hábitosde hixiene e limpeza.

-Vivencia da sensación de limpeza e aspecto coi-dado.

-Regulación progresiva dos ritmos de sono e vixi-lia, actividade e descanso, acción e relaxación.

-Recoñecemento da propia roupa e colaboraciónprogresiva no vestido.

-Emprego axeitado da roupa segundo as condi-cións climáticas e as actividades que realiza.

-Identificación dos riscos habituais no seu contor-no e utilización de estratexias e recursos adecuadospara evitalos.

-Equilibración da necesaria prevención e o desafíoprecisos para a exploración e o descubrimento.

Criterios de avaliación

-Nomea e localiza no seu corpo e no das demaispersoas as partes elementais que o compoñen.

-Identifica os sentidos e os seus órganos como fon-tes de sensacións para o descubrimento propio e doseu contorno.

-Manexa os obxectos, útiles e ferramentas precisospara a vida cotiá.

-Amosa destreza e disposición na exploración demateriais.

-Emprega os distintos tipos de postura e despraza-mento segundo os seus intereses e necesidades.

-Controla o corpo en movemento, adaptando a res-posta motriz ás dimensións e elementos do espazo.

-Toma consciencia da súa resistencia física, explo-rando as súas capacidades e limitacións.

-Identifica e mostra satisfacción coas característi-cas (tanto psicolóxicas como corporais) que definena súa individualidade: nome, filiación, sexo…

-Identifica as características do seu sexo e partici-pa en xogos, actividades, etc. independentemente doxénero.

-Decide de acordo coas súas preferencias entredistintas opcións respecto de actividades, temas,grupos, materiais, tempos…

-Intégrase en xogos de grupo cooperando coasdemais persoas e asume progresivamente tarefas eresponsabilidades.

-Persevera na realización das súas actividades ena busca de estratexias para a resolución dos proble-mas cotiáns.

-Acepta e amosa afecto, recoñecendo os sentimen-tos e emocións propios e das demais persoas.

-Amosa confianza ante persoas e situacións novasaceptando a súa axuda.

-Identifica situacións e obxectos perigosos adop-tando as precaucións apropiadas en cada caso.

-Resolve positivamente os conflitos cotiáns, regu-lando os seus impulsos e emocións.

-Realiza con progresiva autonomía e activa dispo-sición as prácticas encamiñadas á satisfacción dasnecesidades básicas: a alimentación, o descanso, ahixiene e o coidado propio e do seu contorno.

-Practica un estilo de vida saudable e de benestarintegral atendendo a unha alimentación equilibradae pracenteira, un descanso autónomo e suficiente, ogusto pola sensación de limpeza e a orde no seu con-torno.

Page 7: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.779DIARIO OFICIAL DE GALICIA

-Móstrase prudente ante os desafíos.

Área: coñecemento do contorno.

O ámbito do coñecemento do contorno fai referen-cia ao descubrimento e comprensión daquilo queconfigura a realidade dos nenos e das nenas destasidades, considerando as súas múltiples relacións einterdependencias, coa finalidade de ir construíndoun coñecemento sobre o medio físico, natural esocial cada vez máis axustado.

A exploración e experimentación con obxectos emateriais diversos van permitir o coñecemento dascaracterísticas morfolóxicas e funcionais dos obxec-tos e materiais do seu medio: forma, tamaño, olor,son, cor, uso. Isto supón a base para o coñecementolóxico-matemático que provén das accións, tantofísicas como mentais, que se realizan con estesobxectos e materiais como ordenar, comparar, agru-par. Permitiralles tamén a construción progresivadas nocións espaciais e temporais en relación cosobxectos e as accións.

Os contidos relacionados cos seres vivos, a nature-za e o medio social deben ofertarlles aos nenos a ásnenas a posibilidade de achegarse ao mundo docoñecemento científico desde unha perspectiva glo-bal e lúdica. Aprenderán cuestións relativas áscaracterísticas e formas de vida dos seres vivos, aosfenómenos naturais e ás organizacións e caracterís-ticas dos grupos humanos. Así mesmo, desenvolve-rán o interese, a curiosidade e actitudes de partici-pación e responsabilidade no coidado e conserva-ción dos hábitats.

A posibilidade que representa a incorporación dasnenas e dos nenos á escola infantil 0-3 de vivir expe-riencias máis amplas achegaraos ao coñecementodoutras persoas e de novas relacións interpersoais,xerando vínculos e desenvolvendo actitudes de con-fianza, empatía, amizade e apego que constituirán abase sólida para a súa sociabilidade.

Obxectivos

-Observar o seu contorno, identificando as propie-dades dos obxectos para establecer comparacións.

-Establecer relacións causa-efecto, percibindo asconsecuencias das súas accións nos obxectos ou per-soas do seu contorno.

-Resolver situacións problemáticas con obxectos,ensaiando diferentes estratexias de resolución.

-Empregar cuantificadores e medidas relacionán-doas con situacións cotiás.

-Identificar as nocións espaciais establecendo rela-cións cos obxectos e as persoas coas que interactúa.

-Identificar secuencias temporais relacionándoascoas rutinas e períodos de tempo habituais.

-Descubrir as características dos animais e vexe-tais, diferenciando os seres vivos doutros elementose materiais presentes no seu contorno inmediato.

-Establecer relacións de confianza, afecto, colabo-ración e pertenza baseándoas no respecto ás persoase ás normas da sociedade.

-Apreciar as celebracións persoais e comunitariasimportantes para as persoas valorándoas como acti-vidades que constrúen a vida en sociedade.

-Apreciar algúns elementos significativos propiosda cultura galega.

-Identificar as funcións dos grupos e das organiza-cións da comunidade descubrindo as principais carac-terísticas e actividades das persoas que as conforman.

Contidos

Bloque 1. O medio físico.

-Exploración de obxectos e materiais diversos através dos sentidos e de diferentes accións.

-Identificación, denominación e comparación decalidades sensoriais, características morfolóxicas efuncionais de obxectos e materiais do seu medio.

-Identificación dos principais produtos elaboradospolos seres humanos presentes no seu contorno.

-Emprego dalgunha das ferramentas tecnolóxicasmáis habituais.

-Identificación de características constantes evariables.

-Establecemento de relacións: ordenación, corres-pondencia, clasificación.

-Estimación de cantidades e medidas.

-Experimentación de diferentes accións sobre osobxectos e materiais.

-Construción de nocións xeométricas e topográficas.

-Construción de nocións temporais.

Bloque 2. Achegamento á natureza.

-Identificación de características de animais,plantas e elementos naturais.

-Identificación dos hábitats dos animais e dasplantas.

-Experimentación de accións sobre o medio natural.

-Curiosidade, coidado e respecto polos animais eplantas e polos seus hábitats.

-Coñecementos diversos sobre os fenómenos naturais.

-Recoñecemento de posibles perigos dalgúns fenó-menos naturais.

-Coñecementos diversos sobre os elementos xeo-gráficos.

-Interese e respecto polo coidado e conservacióndo seu contorno.

Bloque 3. Cultura e vida en sociedade.

-Recoñecemento de diversos aspectos sobre afamilia.

-Coñecemento de diversos aspectos sobre a escolainfantil.

-Coñecementos diversos sobre algunhas profesiónse servizos: ferramentas, vestiario e espazos ondedesenvolven a súa actividade, sempre cunha pers-pectiva coeducativa e evitando estereotipos sexistas.

Page 8: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.780 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

-Coñecemento e participación en costumes, tradi-cións da cultura galega e celebracións persoais.

-Sentimento de pertenza aos grupos máis próximose actitude de respecto e valoración cara ás outraspersoas.

-Interese e curiosidade polos acontecementos quesuceden ao seu arredor.

-Identificación e adopción de comportamentossocialmente axeitados.

Criterios de avaliación

-Identifica as propiedades físicas empregando osseus sentidos.

-Compara, clasifica ou agrupa os obxectos segun-do as súas propiedades físicas.

-Experimenta cos obxectos e materiais para obterinformación e observar as reaccións.

-Identifica problemas relacionados coas propieda-des físicas dos obxectos e materiais.

-Pregunta e formula hipóteses baseadas nas expe-riencias cos obxectos e materiais.

-Ordena tres ou máis obxectos tendo en conta asdiferenzas de magnitude.

-Usa accións e palabras para indicar a posición eo movemento dos obxectos, as características dasfiguras e as relacións entre elas.

-Identifica os elementos do espazo topográfico.

-Asocia as figuras xeométricas coas formas presen-tes no seu contorno.

-Usa a linguaxe relacionada coa ordenación tem-poral dalgunhas situacións cotiás.

-Anticipa e recorda unha secuencia de eventos.

-Realiza preguntas sobre os seres vivos e a natureza.

-Identifica que os seres vivos seguen un ciclo vital:nacen, medran, reprodúcense e morren.

-Busca a seguridade das persoas adultas e desen-volve empatía e hábitos cooperativos cos iguais.

-Ten en conta as demais persoas nas súas acciónse rutinas diarias.

-Mostra interese polas celebracións ou eventos daescola, a familia ou a localidade.

-Identifica algunhas manifestacións culturais pró-ximas.

-Adapta o seu comportamento ás regras dos dife-rentes contextos.

-Relaciona cada actividade profesional cos ele-mentos que a identifican.

Área: linguaxes: comunicación e representación.

Na perspectiva globalizadora que ten que ter o tra-ballo nesta etapa educativa, e especialmente no 1ºciclo, esta área desempeña un importante papel áhora de relacionar as outras dúas. Achega os instru-mentos para comunicar o propio individuo coa socie-dade en que está inserido, para expresar os seus

sentimentos e tamén para comprender as representa-cións da realidade que fan os seres humanos.

Entre as adquisicións fundamentais propias destaárea está a lingua oral. Neste ámbito o profesoradodos nenos e das nenas menores de tres anos ten unhafunción fundamental como modelo, ao presentarllesestruturas lingüísticas correctas e falar con preci-sión e corrección.

En calquera caso, a situación central da comuni-cación oral non pode ocultar a importancia funda-mental que ten tamén a comunicación xestual e cor-poral nestes primeiros anos e que deberá ser refor-zada pola acción dos educadores e educadoras tra-tando de dar sentido a estes intentos decomunicación.

Destácase en cada unha das linguaxes a súa dimen-sión receptiva e produtiva, a capacidade de experi-mentar e expresar as súas emocións e sentimentos,gozando coas producións propias e coas da sociedade;así como o coñecemento dos rudimentos das técnicasempregadas en cada unha destas linguaxes.

E finalmente tamén se incorporan as diferentesmaneiras que ten o ser humano de representar a rea-lidade, que vén sendo o xeito que ten unha socieda-de de comunicar a súa cultura.

Obxectivos

-Utilizar as diversas linguaxes entendéndoas comoinstrumentos de comunicación entre as persoas, deexpresión das ideas e sentimentos e de representa-ción da realidade.

-Comprender a intencionalidade comunicativa daspersoas, adoptando unha actitude positiva para esacomunicación.

-Empregar a xestualidade e as manifestacións cor-porais identificándoas como unha forma de comuni-cación humana.

-Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiaisvalorándoas como ferramentas de relación cosdemais.

-Empregar a linguaxe plástica identificándoa comoun medio de expresión de sentimentos e desexos ede representación da realidade.

-Sentir o feito musical identificándoo como unmedio de expresión e manifestación cultural.

-Empregar creativamente as diferentes linguaxesaxustando as técnicas expresivas aos seus interesese sentimentos.

-Descubrir a escrita identificándoa como repre-sentación de ideas, pensamentos e conceptos elabo-rados pola comunidade.

-Amosar interese polas producións dramáticas valo-rándoas como unha posibilidade de gozo persoal.

Contidos

Bloque 1. Comunicación xestual e oral.

-Recoñecemento e utilización das posibilidades docorpo para comunicar.

Page 9: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.781DIARIO OFICIAL DE GALICIA

-Vivencia de xestos e movementos como recursoscorporais para a expresión e a comunicación e maispara o intercambio afectivo.

-Interese e creatividade na utilización do corpocomo medio de expresión.

-Utilización do movemento e da danza comomedios de expresión.

-Iniciarse na participación de forma oral en conver-sas, narracións, anécdotas, xogos colectivos e outros.

-Iniciarse no emprego de vocabulario preciso,usándoo con entoación axeitada, pronuncia clara eusando estruturas oracionais que enriquezan as súascompetencias comunicativas.

-Iniciarse no emprego axeitado das formas social-mente establecidas para relacionarse coas demaispersoas.

-Valoración da lingua oral como o instrumentoesencial para a comunicación.

Bloque 2. Expresión plástica e musical.

-Utilización de técnicas e elementos básicos paraa expresión plástica.

-Interese e gozo pola experimentación e creaciónde obras plásticas.

-Observación, interpretación e valoración de dife-rentes tipos de obras plásticas presentes no contorno.

-Valoración e respecto polas producións propias epolas dos/as demais.

-Exploración das posibilidades sonoras do propiocorpo, de obxectos cotiáns e de instrumentos musi-cais.

-Recoñecemento de sons do contorno natural esocial.

-Interese e gozo coa audición e recoñecemento dasdiferentes obras musicais.

-Participación activa e gozo na interpretación decancións e xogos musicais.

-Utilización de instrumentos musicais para acom-pañar as producións musicais.

Bloque 3. Representación escrita e dramática.

-Observación e interese polo significado de signose símbolos presentes na vida cotiá.

-Descuberta e interese da funcionalidade de textosdiversos.

-Diferenciación entre as formas escritas e outrasformas de expresión gráfica.

-Interese e gozo ao mirar libros e escoitar a súalectura.

-Recoñecemento dos elementos básicos dos relatosescoitados ou vistos.

-Interese por comunicar interpretacións, sensa-cións, emocións e opinións provocadas polas produ-cións literarias.

-Comprensión das situacións representadas nosrelatos escoitados ou vistos.

-Identificación de diferentes xeitos de representa-ción dramática.

-Interese e gozo ao mirar e participar en represen-tacións dramáticas.

Criterios de avaliación

-Presta atención ás informacións que lle transmi-ten outras persoas.

-Manifesta interese por comunicarse con outraspersoas.

-Asocia xestos e manifestacións corporais condiversos estados anímicos.

-Comprende os xestos e as manifestacións corpo-rais como unha forma de comunicación.

-Manifesta oralmente, cada vez con maior precisióne complexidade, as súas necesidades e intereses.

-Comprende as manifestacións orais máis habi-tuais no seu contorno.

-Exprésase empregando recursos propios daexpresión plástica.

-Identifica as producións plásticas como un mediode representación.

-Expresa sentimentos e emocións utilizando amúsica como canle.

-Mostra interese polas producións musicais queforman parte da súa cultura.

-Emprega os recursos expresivos coñecidos ensituacións novas.

-Combina diferentes recursos expresivos demaneira orixinal.

-Mostra interese polos textos escritos presentes noseu contorno próximo.

-Asocia producións escritas con significados.

-Participa activamente nas representacións e noxogo dramático.

-Evoca e comunica situacións representadas pre-viamente.

Orientacións metodolóxicas do primeiro ciclo

1. O ambiente de aprendizaxe.

Os nenos e nenas constrúen as súas aprendizaxes eninteracción co medio en que se desenvolven, e estemedio está constituído tanto polas persoas como polosobxectos, a estrutura e a organización que teñen.Dependendo da calidade da interacción que estable-zan co medio, así será a calidade da súa construción.

A organización dos contextos onde se desenvolve avida dos pequenos e pequenas incide de maneiradirecta na construción que fan do seu coñecementoe favorece o desenvolvemento da autonomía e a inte-riorización de normas e actitudes de orde.

Espazos.

-O equipo educativo deseñará o ambiente e orga-nizará os espazos tendo en conta que dean respostaaos diferentes tipos de necesidades das nenas enenos: planificando espazos para satisfacer as súas

Page 10: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.782 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

necesidades de tipo físico, pero tamén as de tipoafectivo, as de convivencia, as de exploración, as deautonomía, as de actividade, de movemento e deexpresión en todas as súas facetas.

-A escola no seu conxunto conformarase como unambiente amable e agradable que lles posibilite aoscativos e cativas sentirse cómodos e seguros, favore-cendo a súa introdución no mundo artístico. Por isodebe coidarse a estética da escola, ofrecendo unambiente visual rico pero equilibrado, no que se coi-de non caer nos estereotipos nin no exceso.

-A organización dos espazos debe garantir a súaflexibilidade, é dicir, debe posibilitar que non todasas nenas e nenos fagan o mesmo ao mesmo tempo, etamén debe permitir unha variedade de usos dosdiferentes espazos ao longo da xornada e mesmo aolongo do curso.

-A concepción da escola como un marco seguroten que permitirlles aos nenos e nenas experimentar,expresarse e desprazarse de maneira autónoma sencoartar as súas ansias de aventura e o necesariodesafío que impón o crecemento.

-Os espazos exteriores deberán ser obxecto domesmo coidado e planificación que os interiores,explorando as diversas posibilidades de aprendizaxee interacción que ofertan, sobre todo nuns momentosen que a actividade se desenvolve maioritariamenteentre iguais, libre da carga dirixista do adulto.

-Na escola de primeiro ciclo deben ademais esta-blecerse espazos para que os adultos que compartena vida dos pequenos e pequenas (as súas familias eas educadoras e educadores) atopen un ambienteonde se encontrar e relacionar con comodidade.

Materiais.

-O equipo educativo deberá seleccionar todo tipode materiais para a estimulación das nenas e nenos,dispoñéndoos de maneira que se incentive a súamanipulación e facéndoas/os partícipes na respon-sabilidade do seu coidado e organización.

-Nas aulas de primeiro ciclo de educación infantilcontarase cunha oferta ampla de materiais de diferen-te tipo -comerciais, de refugallo, recollidos nas saí-das, traídos polos nenos e nenas- e permitiráselleselixilos libremente para proporcionarlles múltiplesoportunidades para a aprendizaxe. Son especialmenteenriquecedores neste ciclo os materiais continuos enaturais que ofrecen oportunidades de experimenta-ción coa materia e as súas modificacións pola acciónhumana: auga, area, rochas, follas, froitas...

-As novas tecnoloxías introduciranse nas aulas deprimeiro ciclo de educación infantil como un elemen-to cotián en relación cos acontecementos e situaciónsque se viven nela, consideradas nunha dobre verten-te: como ferramentas para a propia escola e como ins-trumentos do desenvolvemento das nenas e nenos.

-Cómpre ter especial coidado na selección e utili-zación dos materiais e dos espazos de cara a evitardesigualdades por razón de xénero e a transmisiónde actitudes e comportamentos sexistas a través docurrículo oculto.

Tempos.

-A organización do tempo das nenas e nenosmenores de tres anos debe ser moi flexible para ade-cuarse aos seus ritmos de actividade e descanso.

-O equipo educativo do primeiro ciclo da educa-ción infantil deberá organizar o tempo de maneiraque permita pasar dunha organización rexida poloritmo biolóxico dos nenos e nenas nos primeirosmomentos a outra en que progresivamente iráaumentando o peso do ritmo externo marcado polaactividade da propia escola.

-A distribución da xornada debe establecer unhaalternancia de períodos tranquilos e estables, esen-ciais para crear un clima de seguridade que lles per-mita aos nenos e nenas anticipar as situacións, eoutros momentos que favorezan situacións novas eestimulantes que esperten a súa curiosidade e unhaactitude de descubrimento permanente.

-Na organización das actividades deberase consi-derar sempre un tempo abondo para desenvolvelassen présa e incluíndo un momento para recoller aexperiencia vivida e falar dela, poñendo especialénfase nos procesos vividos e non tanto nos produtosobtidos. Así mesmo, deberase ter en conta que asnenas e os nenos necesitan un tempo de transiciónentre unha e a seguinte.

-Terase especial precaución en evitar a diferencia-ción entre momentos lectivos e outros máis lúdicosou asistenciais, xa que toda a vida da escola infantilse desenvolverá baixo un prisma de aprendizaxe,non só de destrezas instrumentais, senón de hábitos,emocións e interacción social.

-Asemade reduciranse no posible os tempos deespera que ás veces resultan inherentes á vida encolectividade, contando con actividades alternati-vas, organizando subgrupos, etc.

2. A relación co contorno.

Os dous polos principais de relación co mediosocial durante o primeiro ciclo da educación infantilson a escola e a familia, de ambas as dúas recibirános nenos as normas e os valores que marcarán o seudesenvolvemento, polo que as relacións que se esta-blezan entre unha e outra serán fundamentais paraunha intervención educativa apropiada.

Así mesmo, un obxectivo de toda intervención edu-cativa debe ser o de aspirar a unha escola libre deactitudes de discriminación por razón de sexo, raza,costumes, relixión ou limitacións físicas ou psíquicas.

Con este motivo deberían seguirse as seguintesorientacións ao desenvolver as actuacións na escolainfantil.

-O equipo educativo debe ter en conta o contextosociocultural e familiar dos nenos e nenas paragarantir a necesaria conexión entre os dous ámbitos.A escola debe falar por si mesma da comunidadeonde está inmersa, sen menoscabo da introdución deelementos doutras culturas que mostren un mundodiverso e multicultural.

Page 11: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.783DIARIO OFICIAL DE GALICIA

-Deberanse propoñer actividades que dean a coñe-cer a cultura e costumes das nenas e nenos que inte-gran o grupo, favorecendo a súa identidade co seumedio físico e social.

-Para facilitar o tránsito do ambiente familiar aoescolar, deberase coidar dun xeito especial o perío-do de adaptación, para que as nenas e nenos poidanelaborar o tránsito á nova situación que implicaestablecer e coñecer espazos diferentes, establecerapego con adultos descoñecidos e adaptar os seusritmos individuais á vida en comunidade.

-Na planificación da intervención educativa doprimeiro ciclo, o equipo educativo deberá ter enconta a colaboración coas familias establecendocanles para o intercambio de información, así comoa súa consecuente participación na vida da escola.

3. O carácter globalizado da aprendizaxe.

A globalización é a capacidade que permite quecada suxeito estableza a súa propia rede de relaciónsintelectuais e conexións entre diferentes campos dosaber. Os nenos e nenas a estas idades teñen unhavisión global do mundo que se manifesta na súa formade xogar e actuar. É importante ter en conta que a divi-sión en áreas que establece o currículo non ten máisvalor que o puramente organizativo e que, polo tanto,un mesmo contido pode estar desenvolvendo obxecti-vos de áreas diferentes. Insístese así no carácter glo-balizador que debe rexer a intervención educativa,especialmente no primeiro ciclo da educación infantil,en que os eixes vertebradores da actividade educativavan ser fundamentalmente as rutinas e o xogo.

-A intervención educativa deberá evitar o parcela-mento das actividades procurando que cando unhacriatura xogue ou realice calquera actividade, estasirva para desenvolver todas as áreas, para coñecer-se mellor a si mesma, para relacionarse emocional-mente coas demais persoas, para comunicarse, paraaumentar o seu coñecemento do medio, para progre-sar motrizmente, para cubrir as súas necesidadesfísicas e psíquicas, para poder sentirse valorada equerida, para expresar os seus sentimentos, etc.

-Deberanse aproveitar especialmente as situaciónsda vida cotiá para favorecer o traballo globalizado. Asrutinas do sono, da comida, da hixiene propia e do con-torno, etc. teñen neste ciclo unha función claramenteeducativa, pois ofrécenlles ás nenas e nenos un marcoseguro para o seu desenvolvemento e favorecen multi-tude de aprendizaxes e a consecución da autonomía.

-Deberanse propoñer situacións educativas queofrezan múltiples posibilidades de percibir, actuar,experimentar e descubrir, aproveitando, deste xeito,a capacidade das nenas e nenos de aprender a travésdos sentidos, actuando, manipulando e experimen-tando con obxectos e materiais diversos.

4. A individualización do traballo educativo.

As aprendizaxes que fagan os nenos e nenas teñenque ser significativas, o que require necesariamenteun ensino individualizado. Dado que cada neno ounena ten unha bagaxe de aprendizaxes diferente, un

ritmo propio de desenvolvemento, uns interesesdeterminados, etc.

-O persoal educativo da escola infantil ten queofrecerlle a cada nena ou neno o que precisa paraque, por medio desta individualización da interven-ción, se consiga unha autentica igualdade de oportu-nidades.

-Deberanse realizar propostas educativas que llesresulten interesantes aos nenos e nenas, o que supo-rá unha motivación para realizar o esforzo que impli-ca poñer en relación as novas aprendizaxes coscoñecementos previos.

-Deberanse propoñer aprendizaxes funcionais, úti-les para a vida cotiá e que poidan ser aplicadas endiversas situacións.

-Débese ter presente que neste ciclo as diferenzasindividuais son especialmente relevantes e o grupotende a ser moi heteroxéneo aínda que os nenos enenas estean nun mesmo estadio de desenvolvemento.

-Deberanse detectar e valorar os coñecementosprevios do alumnado para que, á hora de propoñerllenovas aprendizaxes, este poida relacionalas coas xaadquiridas, asegurando así que sexan significativaspara el.

-Deberase prestar especial atención á capacidadedos nenos e nenas para aprender manipulando,explorando, probando, etc. Estas accións externasson o medio para realizar unha actividade cognitivainterna, requisito tamén imprescindible para conse-guir unha aprendizaxe significativa.

5. O desenvolvemento das potencialidades.

Os nenos e nenas son capaces de realizar unhaserie de accións e aprender sós/as, pero tamén pre-cisan da intervención e axuda das demais persoas,adultos e nenos/as, para realizar outras moitas con-quistas.

-Os/as profesionais que desenvolven o seu traballono primeiro ciclo da educación infantil deben dese-ñar proxectos de intervención coherentes cunambiente ben estruturado para permitir unha accióneducativa dirixida a desenvolver as potencialidadessensoriomotrices, intelectuais, sociais, afectivas elingüísticas dos nenos e nenas.

-A actividade educativa debe planificarse para ser rea-lizada na zona que se sitúa entre o que o/a neno/a xa écapaz de facer só e aquilo que pode realizar con axuda.

-Debe favorecerse o movemento nas súas distintasvertentes, prestando especial atención ás principaiscompetencias motoras adquiridas neste ciclo educa-tivo –o desprazamento e a pinza-, que lle abren asportas da autonomía.

-Propiciaranse actividades de xogo, tendo en con-ta que é a actividade que dá unha mellor resposta aodesenvolvemento das nenas e nenos.

6. A interacción coas demais persoas.

A construción de novos vínculos afectivos cosadultos e co grupo de iguais é un dos aspectos bási-cos neste ciclo educativo, no cal ademais da satis-

Page 12: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.784 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

facción das necesidades biolóxicas, os nenos enenas teñen a necesidade de ter unha boa relaciónafectiva coa persoa adulta.

Esta relación de apego que establecen cos adultospermitiralles sentir equilibrio e seguridade emocio-nal na escola, sen a cal as demais experiencias que-darían diminuídas ou deterioradas.

Tamén neste primeiro ciclo comeza a aprendizaxedos valores.

-A educadora ou educador do primeiro ciclo daeducación infantil deben relacionarse coas nenas enenos coñecendo as súas posibilidades de desenvol-vemento e confiando nas súas capacidades nun cli-ma de seguridade, respecto, valoración e confianza.

-Deberase manter unha permanente actitude deescoita dos cativos e cativas para percibir as súasnecesidades e desexos e poder darlles respostas ade-cuadas.

-Deberase procurar desenvolver nas nenas e nenosprincipios como o autocontrol, a responsabilidade, atolerancia e a solidariedade, tendo en conta queestas aprendizaxes se fan a través da interiorizacióne da práctica e que as persoas adultas que rodeanaos nenos e nenas teñen un importante papel comomodelos.

-Deberanse aproveitar todas as situacións de inte-racción que se producen ao longo da xornada parafomentar os intercambios lingüísticos, sen descoidaroutras formas de comunicación, dentro do grupo,deseñando situacións específicas que requiran dalinguaxe. O persoal da escola debe ser consciente doseu importante papel como modelo para as nenas enenos, coidando especialmente a calidade das súasinteraccións comunicativas.

-Aproveitaranse as posibilidades de interacción cogrupo de iguais que a escola posibilita. Medianteestas -na clase, no patio, nas saídas, durante ascomidas...- as nenas e nenos amplían os escenariosde socialización, establecendo o seu lugar na comu-nidade, aprendendo a xestionar conflitos, a faceramizades, etc.

7. O persoal da escola infantil.

Os equipos humanos que compoñen unha escolade primeiro ciclo de educación infantil adoitan sermoi heteroxéneos pola formación, polas distintastarefas que exixe unha organización que contemplaa faceta educativa pero tamén a de servizos, etc.

-Deberán establecerse acordos previos sobre cues-tións que incidirán sobre a proposta pedagóxica daescola: a idea dunha infancia competente, o respec-to ás familias como primeiro axente educativo ao quenon se substitúe e co que se debe cooperar, etc.

-A integración de distintos estilos educativos epersoais deberá configurar, desde todas as contribu-cións, un modelo de atención á infancia que debedotar de coherencia e unidade a todo o centro.

8. A avaliación.

Dada a interrelación estreita entre todos os actores,escenarios e actividades desenvolvidas nunha escola

de primeiro ciclo de educación infantil, o proceso deavaliación deberá recoller non só información decomo vai evolucionando o desenvolvemento dos nenose nenas nos ámbitos de aprendizaxe, senón tamén apropia planificación educativa, a organización detempos e traballo dos equipos educativos e de servi-zos, e a interrelación coas familias e coa comunidade.

-A avaliación terá un carácter permanente e siste-mático, de maneira que proporcione informaciónveraz e continua sobre os procesos de toda índoleque teñen lugar no centro e posibilite axustar oumellorar os programas establecidos.

-Os equipos educativos das escolas deberán dese-ñar instrumentos de avaliación que reflictan, nonsoamente os estándares esperados en cada nivel deidade, senón tamén o proceso de evolución nasaprendizaxes que cada neno percorre, de xeito quepoidan obter información individualizada.

-Esta información, que debe subliñar os logros eavances acadados, ten que ser comunicada e com-partida coas familias para, desde diferentes puntosde vista, atopar entre todos estratexias de apoio quelle permitan ao alumnado afrontar os seguintes retos.

1.3. Currículo do segundo ciclo.

Área: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

Nesta área trátase de desenvolver o proceso deconstrución persoal en que resultarán relevantes asinteraccións de nenas e nenos co medio, o crecentecontrol motor, o desenvolvemento da concienciaemocional, a constatación das súas posibilidades elimitacións, o proceso de diferenciación das demaispersoas e a independencia cada vez maior con res-pecto ás persoas adultas.

O coñecemento propio é un proceso permanente econtinuo na vida das persoas que involucra diversasdimensións interdependentes. Estas comprendenaspectos tan importantes como o desenvolvemento ea valoración propia, a autonomía, a identidade, aconvivencia cos outros... Contando con estes aspec-tos, esta área de coñecemento e experiencia fará refe-rencia, de forma conxunta, á construción gradual dapropia identidade e da súa madurez emocional, aoestablecemento de relacións afectivas coas demaispersoas e á autonomía persoal como procesos insepa-rables e necesariamente complementarios.

O autocoñecemento fórmase en gran medida polainteriorización das valoracións positivas ou negativasque proceden das interaccións sociais cos iguais ecoas demais persoas, polo que depende do tipo e cali-dade dos vínculos afectivos que se establecen coa naie/ou co pai, a familia e outras persoas que son signi-ficativas. Vaise así configurando a autoestima e a pro-pia identidade, o que posibilita o logro progresivo daautonomía. Na construción do coñecemento propiointerveñen diferentes factores, como a imaxe positivapropia e os sentimentos de eficacia, seguridade eautoconfianza. Tales sentimentos deben contribuír áelaboración dun concepto propio axustado que llespermita ás nenas e aos nenos percibir e actuar confor-me as propias posibilidades e limitacións.

Page 13: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.785DIARIO OFICIAL DE GALICIA

A autonomía está estreitamente vinculada con pro-cesos que se inician desde idade temperá e quedurante os primeiros anos se manifestan, tanto nacapacidade de explorar, aventurarse e actuar, comono exercicio de opinar, propoñer, contribuír, esco-ller, decidir, autodirixirse e autoxestionarse, convi-vindo con outras persoas e educándose en valoressocialmente compartidos.

Os contidos educativos que atinxen a esta áreaagrúpanse en catro bloques, que non son unidadesindependentes, senón que deben visualizarse de for-ma inclusiva e relacional, xa que comprendenaspectos que se conteñen e vinculan uns cos outros,e mesmo non poden ser traballados separadamentedos contidos do resto das áreas. Faise, polo tanto,imprescindible un enfoque global e significativo dassituacións de ensino e aprendizaxe. Estes bloquesde contidos son:

Bloque 1. O corpo e a propia imaxe.

Ao longo desta etapa educativa as experienciasdas nenas e dos nenos co contorno deben axudalos acoñecer global e parcialmente o seu corpo, as súasposibilidades sensitivas, perceptivas e motrices; aque poidan identificar as sensacións que experimen-tan, gozar con elas e servirse das posibilidadesexpresivas do corpo para manifestalas. Unha imaxeaxeitada do esquema corporal é a base para a elabo-ración da propia identidade persoal.

O coñecemento e control progresivo do corpo é unproceso que ocuparán os nenos e nenas desde o seunacemento e que se converterá nun dos primeirosreferentes para que se coñezan e recoñezan comopersoas. A identificación das súas característicasindividuais -sexo, tamaño, trazos físicos, etc.-, asícomo das dos seus compañeiros e das súas compa-ñeiras, son instrumentos básicos para o seu desen-volvemento e para a adquisición de actitudes nondiscriminatorias. A presenza de trazos persoais dife-rentes -por razón de sexo, orixe social ou cultural,características físicas- será utilizada polo profesora-do para atender a diversidade, de maneira que sepropicie un ambiente de relacións presidido polorespecto e a aceptación das diferenzas.

A necesidade de abordar estes contidos atopa asúa xustificación no feito de que o corpo é o instru-mento primordial de aprendizaxe que posúen asnenas e os nenos nas primeiras idades. Os nenos enenas potencian a súa intelixencia a partir do quepoden ver, tocar, ulir, gustar, sentir, escoitar, mani-pular...

Bloque 2. Xogo e movemento.

A través da experiencia do propio movemento, oalumnado irá coordinando os seus esquemas percep-tivo-motrices e coñecendo o seu propio corpo, assúas sensacións e emocións. Será, pois, a partir daacción corporal como aprenda a percibir o seu corpoe a asumilo, o que lle permitirá ademais establecerunha mellor relación coas demais persoas, ir coñe-cendo pouco a pouco as súas posibilidades e descu-brir os seus límites. Sobre esta base, irá construíndoa súa identidade persoal.

A través dos movementos poderá mellorar eaumentar as posibilidades de desprazamento, reco-rrer espazos cada vez máis amplos e abrir, deste xei-to, o ámbito da súa experiencia.

Para contribuír ao coñecemento propio e á autono-mía persoal, convén promover o xogo como actividadeprivilexiada que integra a acción coas emocións e maiso pensamento e favorece o desenvolvemento social.

Bloque 3. A actividade cotiá.

Neste bloque abórdanse os contidos relacionados coestablecemento de relacións interpersoais positivasbaseadas no respecto ás persoas e ás normas e valoressocialmente compartidos. Espérase potenciar a capa-cidade de establecer relacións de confianza, afecto,colaboración, comprensión e pertenza, baseadas norespecto ás persoas e en normas e valores da súasociedade. Así, a partir de situacións e actividadesvariadas con outras nenas e outros nenos, cada cativoe cativa irá construíndo o coñecemento propio, poderáir controlando as condutas agresivas e aprenderá axestionar desexos, sentimentos e emocións.

Bloque 4. O coidado persoal e a saúde.

Este bloque inclúe unha serie de contidos quefavorecerán que os nenos e nenas vaian adquirindo,na medida das súas posibilidades, a autonomíanecesaria en actividades cotiás para atender a súasaúde: a hixiene, o vestido, a alimentación...

Así, aprenderán a recoñecer situacións perigosas ea previr accidentes na casa, na escola e na rúa,empregando axeitadamente os instrumentos e as ins-talacións, así como a colaborar nas medidas que setomen en caso de enfermidade ou accidente, respon-dendo con actitudes de tranquilidade e colaboración.

No contexto da interacción de grupo, as nenas e osnenos interiorizarán as actitudes de aprecio polobenestar propio e das compañeiras e dos compañei-ros, de respecto ás necesidades e á saúde dasdemais persoas, de axuda a quen o necesite e decolaboración na conservación e mellora do contorno.

Obxectivos

-Formarse unha autoimaxe axustada e positiva,identificando gradualmente as propias característi-cas, posibilidades e limitacións a través da interac-ción coas outras persoas, desenvolvendo sentimentosde autoestima e acadando maior autonomía persoal.

-Coñecer e representar o propio corpo, identifican-do as súas partes e algunhas das súas funcións, des-cubrindo as posibilidades de acción e de expresión,e coordinando e controlando cada vez con maior pre-cisión xestos e movementos.

-Identificar os propios sentimentos, emocións,necesidades e preferencias, e ser capaces de expre-salos e comunicalos, así como identificar e respectartamén os das outras persoas.

-Tomar a iniciativa, planificar e secuenciar a pro-pia acción para realizar tarefas sinxelas ou resolverproblemas da vida cotiá, aceptando as pequenasfrustracións e manifestando unha actitude tendentea superar as dificultades que se presentan, reforzan-

Page 14: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.786 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

do o sentimento de autoconfianza e sendo quen desolicitar axuda.

-Adecuar o propio comportamento ás necesidadese requirimentos das outras persoas, desenvolvendoactitudes e hábitos de respecto, axuda e colabora-ción e mais evitando a adopción de comportamentosde submisión ou dominio.

-Progresar na adquisición de hábitos e actitudesrelacionados coa seguridade, a hixiene, a alimenta-ción e o fortalecemento da saúde, apreciando egozando das situacións cotiás de equilibrio e benes-tar emocional.

-Progresar na adquisición de hábitos de orde,constancia e planificación no desenvolvemento dastarefas.

-Amosar unha actitude de aceptación e respectopolas diferenzas individuais: idade, sexo, etnia, cul-tura, personalidade, características físicas...

-Descubrir, coñecer e vivir o xogo como medio quefavorece a aceptación propia, o desenvolvementohumano, a manifestación de emocións, o respecto ásdemais persoas, a aceptación de regras, a seguridadepersoal e a aceptación da identidade sexual e cultural.

Contidos

Bloque 1. O corpo e a propia imaxe.

-Exploración do propio corpo, recoñecendo pro-gresivamente as súas características e posibilidadespara chegar á toma de conciencia do propio esque-ma corporal.

-Identificación, manifestación, regulación e con-trol das necesidades básicas do corpo.

-Adquisición de confianza nas capacidades propias.

-Control progresivo dos propios sentimentos eemocións.

-Potenciación da construción do esquema corporala partir das sensacións e das percepcións do propiocorpo, en relación e interacción cos datos que a nenaou o neno recibe das outras persoas, do medio e dosobxectos. Vivencia do corpo como un todo para pasarprogresivamente a sentir as partes que o integran.

-Recoñecemento das percepcións sensoriais pro-pioceptivas -que proveñen dos propios músculos earticulacións- e as percepcións extereoceptivas–relacionadas cos campos visuais, auditivos, olfacti-vos, táctiles, gustativos...-

-Aceptación da propia imaxe corporal e gozoxogando co seu corpo, desenvolvendo accións e ini-ciativas individuais e grupais, empregando as posi-bilidades expresivas do propio corpo –a través dexestos, movementos, xogos, danzas...-

-Identificación, verbalización e expresión de sen-timentos, emocións, vivencias, preferencias e intere-ses propios e das demais persoas.

-Aceptación e valoración axustada e positiva dasúa persoa, confiando nas súas posibilidades e reco-ñecendo as limitacións propias.

-Recoñecemento dos sentidos como medio deexpresión, percepción e comprensión do mundo queo rodea, e como medio favorecedor do desenvolve-mento cognitivo.

-Observación dos cambios físicos nas persoas aolongo do tempo. Identificación das diferentes etapasda vida valorándoas positivamente.

-Valoración positiva e respecto polas diferenzas,aceptación da identidade e características dasdemais persoas, evitando actitudes discriminatorias.

-Recoñecemento e vivencia das referencias espa-zo-temporais en relación co propio corpo, cos obxec-tos, co contorno e coas demais persoas.

-Desenvolvemento da identidade sexual e acepta-ción do corpo sexuado feminino e masculino. Mante-mento dunha actitude crítica ante os estereotiposofertados a través da publicidade e outros medios decomunicación social.

Bloque 2. Xogo e movemento.

-Participación nos xogos e na actividade motriz,identificando as súas capacidades e confiando naspropias posibilidades de acción, amosando actitudesde iniciativa e constancia.

-Gozo co xogo como medio para coñecer a realida-de, mantendo unha actitude de axuda e cooperacióncon iguais e con persoas adultas. Aceptación do xogocomo medio de desfrute e de relación cos demais.

-Adaptación do ton e da postura ás característicasdo obxecto, da outra persoa, da súa acción e dasituación.

-Satisfacción polo crecente dominio persoal.

-Aceptación de compromisos, establecendo acor-dos en consideración á súa persoa, ás outras e ao seumedio, fortalecendo vínculos afectivos -amizade,cooperación, axuda, solidariedade...-. Comprensión,aceptación e valoración de regras para xogar.

-Potenciación do xogo como elemento común atodas as culturas, partindo do coñecemento e valora-ción dos xogos propios da comunidade e abríndoseao coñecemento e gozo dos das outras.

-Coordinación progresiva das súas habilidadespsicomotrices finas e grosas.

-Adquisición dun maior dominio das súas capaci-dades corporais: desenvolvemento das habilidadesmotoras, do control de ton, do equilibrio e da respi-ración.

-Adquisición de nocións básicas de orientación ecoordinación de movementos.

-Potenciación das súas capacidades motoras, decoordinación e de orientación no espazo.

-Exploración das posibilidades perceptivas, motri-ces e expresivas propias e das demais persoas, amo-sando iniciativa para aprender habilidades novas.

Page 15: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.787DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Bloque 3. A actividade cotiá.

-Regulación do propio comportamento, satisfac-ción pola realización de tarefas e conciencia da pro-pia competencia.

-Interese por participar en actividades da vidacotiá, con iniciativa e progresiva autonomía na súarealización, regulando o propio comportamento, paracamiñar cara á resolución pacifica de conflitos.

-Habilidades para a interacción e colaboración,así como unha actitude positiva para establecer rela-cións de afecto coas persoas adultas e iguais, acep-tando a diversidade.

-Hábitos elementais de organización, constancia,atención, iniciativa e esforzo.

- Planificación secuenciada da acción para resol-ver tarefas.

-Valoración e gusto polo traballo propio ben feito epolo das demais persoas, buscando os recursos axei-tados que lle permitan concluír os proxectos que ini-cia, sendo quen de solicitar e prestar axuda.

-Xestión do seu comportamento en función dasnecesidades das outras persoas e das normas de fun-cionamento do grupo, dereitos, responsabilidades ecomportamentos sociais, camiñando progresivamen-te cara á autorregulación das súas accións.

-Recoñecemento progresivo da súa identidade per-soal: capacidades, actitudes e coñecementos, apli-cándoos nas súas actividades diarias.

Bloque 4. O coidado persoal e a saúde.

-Recoñecemento das necesidades básicas do corpo-hixiene, alimentación, descanso...-.

-Iniciación na práctica de accións e recoñecemen-to de situacións que favorezan a interacción e adqui-sición de hábitos saudables como a hixiene corporale ambiental, a adecuada alimentación, o consumoresponsable e o descanso.

- Aceptación das normas de comportamento esta-blecidas durante as comidas, os desprazamentos, odescanso e a hixiene.

-Petición e aceptación de axuda nas situacións queasí o requiran.

-Valoración da axuda doutras persoas.

-Identificación e valoración de hábitos favorecedo-res ou non dunha boa saúde.

-Valoración da necesidade de desenvolverse enespazos saudables identificando as condicións queos caracterizan. Colaboración no mantemento deambientes limpios e ordenados.

-Gusto por un aspecto persoal coidado manifestan-do as súas preferencias estéticas -vestimenta, pei-teados, adobíos, coloridos...-.

-Emprego responsable e axeitado de instrumentos,ferramentas e instalacións para previr accidentes eevitar situacións de risco.

-Fomento de hábitos de prevención de enfermida-des e de accidentes domésticos, respondendo conactitude de tranquilidade e colaboración.

Criterios de avaliación

-Recoñecer, identificar e representar o corpo nasúa globalidade e as súas diferentes partes.

Este criterio trata de avaliar a capacidade pararecoñecer e nomear as diferentes partes do corpo,situándoas espacialmente na súa persoa e nasdemais. Así mesmo, avaliarase a complexidade narepresentación do esquema corporal.

-Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibi-lidades motrices e adaptalo ás características dosobxectos, á acción e á vida cotiá.

Por medio deste criterio preténdese observar odesenvolvemento do ton, da postura e do equilibrio,do control respiratorio e da coordinación motriz nosdiferentes desprazamentos e actividades, así como autilización das posibilidades motrices, sensitivas eexpresivas do propio corpo. As nenas e os nenosdeberán manifestar un control progresivo deles endistintas situacións e actividades, como xogos, ruti-nas ou tarefas da vida cotiá.

-Recoñecer os sentidos e identificar percepcións esensacións.

Con este criterio avaliarase se o alumnado identi-fica os sentidos, se recoñece a súa funcionalidade ese pode explicar con exemplos sinxelos as principaissensacións asociadas a cada sentido.

Así mesmo, valorarase se aprecia a súa importan-cia como medio de percepción e comprensión domundo que o rodea.

-Construír unha imaxe positiva propia e aceptar asúa identidade, manifestando confianza nas súasposibilidades e recoñecendo as súas limitacións.

Avalíase a través deste criterio a formación dunhaimaxe persoal axustada e positiva, a capacidadepara utilizar os recursos propios, o coñecemento dassúas posibilidades e limitacións, a confianza paraemprender novas accións e a superación das dificul-tades.

-Identificar semellanzas e diferenzas entre as per-soas valorando positivamente a diversidade.

Este criterio trata de avaliar se as nenas e os nenosson quen de manifestar respecto e aceptación polascaracterísticas das demais persoas, sen discrimina-cións de ningún tipo e amosando actitudes de axudae colaboración.

-Identificar e manifestar os propios sentimentos,vivencias, emocións e comprender os das demaispersoas.

Avalíase con este criterio se o alumnado se mostrasensible aos sentimentos e estados anímicos, propiose das demais persoas, e se é quen de solicitar ou deprestar axuda; se manifesta e percibe os estados dealegría, preocupación, enfado, tristeza..., xestionandoos propios e tendo en conta os dos demais; así como

Page 16: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.788 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

se mostra interese polos motivos que os causan, dan-do mostras de comprensión e tratando de consolar.

-Participar en xogos, mostrando destrezas motoras ehabilidades manipulativas cada vez máis axustadas.

Trátase de avaliar con este criterio a capacidade doalumnado para participar activamente en distintostipos de xogo valorando positivamente tanto os propiosda súa cultura como os doutras. Observarase o desen-volvemento dos elementos motrices que se manifestanen desprazamentos, marcha, carreira ou saltos; asícomo a coordinación e control das habilidades mani-pulativas de carácter fino que cada actividade require-repartir, deixar pegadas, encaixar, pinzar, suxeitar...-.

-Participar en xogos e actividades colectivas acep-tando as normas que os rexen.

Trátase de avaliar con este criterio a participaciónactiva en distintos tipos de xogo, sendo capaces degozar do xogo colectivo, de controlar a propia vonta-de, de ter constancia e de superar a frustración. Valo-rarase tamén a utilización adecuada das normas queos rexen e as actitudes de colaboración e axuda queeviten adoptar posturas de submisión ou de dominio.

-Resolver con iniciativa e autonomía as actividadesda vida cotiá, colaborar en tarefas e aceptar as normas.

Preténdese avaliar con este criterio as destrezasadquiridas para realizar as actividades habituais davida diaria. Estimarase o grao de autonomía e a inicia-tiva para levar a cabo as devanditas actividades, utili-zando adecuadamente os espazos e materiais apropia-dos e facendo uso das normas establecidas para cadacaso. Así mesmo, observarase a constancia, organiza-ción, hábitos, atención, planificación, interacción,autorregulación, autovaloración, perseveranza...

-Manifestar hábitos de saúde, alimentación sauda-ble, hixiene corporal e benestar utilizando adecua-damente espazos e materiais.

Avaliarase a través deste criterio o gusto por parti-cipar en actividades que favorecen un aspecto per-soal coidado e mais un contorno limpo e estetica-mente agradable, así como por colaborar na creacióndun ambiente xerador de benestar, de xeito que asu-man un enfoque proactivo cara á súa seguridade ebenestar. Esta asunción demóstrase en rutinas deaula, saídas educativas, zonas de xogo...

-Identificar situacións de risco e actuar coherente-mente ante elas.

Avaliarase a través deste criterio se o alumnadoemprega axeitadamente instrumentos e instalaciónspara previr accidentes e evitar situacións de risco.

Área: coñecemento do contorno.

Nesta área de coñecemento e experiencia pretén-dese que as nenas e os nenos descubran, coñezan ecomprendan -segundo as súas posibilidades- osaspectos que conforman a realidade, considerando assúas múltiples relacións e interdependencias, coafinalidade de ir construíndo un coñecemento sobre omedio físico, natural e social cada vez máis axustado.

O medio é un todo integrado, onde os elementosnaturais e culturais se relacionan e se inflúen

mutuamente. É importante que a nena e o neno, ade-mais de identificar os distintos elementos que con-forman o medio, vaian descubrindo e comprendendoprogresivamente as relacións entre os distintosobxectos, fenómenos e feitos.

En síntese, nesta área preténdese favorecer o pro-ceso de descubrimento e representación dos diferen-tes contextos que compoñen o contorno do alumnadofacilitando a súa inserción participativa e potencian-do a súa competencia matemática. Estas aprendiza-xes levaranse a cabo na interacción constante dasnenas e dos nenos co contorno social e natural, poloque é necesario abrir a escola ao medio nun ambien-te educativo que estimule a súa curiosidade,incluíndo a participación das familias.

Establécense tres grandes bloques de contidos:

Bloque 1. Medio físico: elementos, relacións emedida.

Este bloque recolle os contidos que potencian odesenvolvemento do pensamento lóxico-matemático através dos cales a nena e o neno intentan interpretare comprender o mundo, favorecendo as nocións detempo, espazo, causalidade, cuantificación e a resolu-ción de problemas que se presentan na súa vida cotiá.

Así, para coñecer e comprender como funciona arealidade, a nena e o neno indagan sobre o comporta-mento e as propiedades de obxectos e materias presen-tes no seu contorno: actuando e establecendo relaciónscos elementos do medio físico, explorando e identifi-cando os devanditos elementos, recoñecendo as sensa-cións que producen, anticipándose aos efectos dassúas accións sobre eles, detectando semellanzas ediferenzas, comparando, ordenando, cuantificando,pasando así da manipulación á representación, orixedas incipientes habilidades lóxico-matemáticas.

Bloque 2. Achegamento á natureza.

O bloque de achegamento á natureza refírese ásaprendizaxes relacionadas co descubrimento, coñe-cemento e comprensión do mundo animal e vexetal;aos procesos de cambio que viven os nenos e nenasno seu desenvolvemento e crecemento e ás relaciónsdinámicas que establecen cos elementos e fenóme-nos que conforman o seu contorno. Preténdese queestablezan relacións identificando procesos e inter-dependencias co contorno inmediato, os seus ele-mentos e fenómenos, desenvolvendo actitudes inda-gatorias e de interese por aprender, permanentemen-te, a través dunha exploración activa.

O medio, os seres e elementos que o integran, con-vértese ben axiña en obxecto preferente da curiosi-dade e interese infantil. As vivencias que as nenas eos nenos teñen en relación cos elementos da nature-za e a reflexión sobre elas levaranos, co apoio ade-cuado da escola, á observación dalgúns fenómenosnaturais, das súas manifestacións e consecuencias,así como a achegarse gradualmente ao coñecementodos seres vivos, das relacións que se establecenentre eles, das súas características e dalgunhas dassúas funcións.

Page 17: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.789DIARIO OFICIAL DE GALICIA

A apreciación da diversidade e riqueza do medionatural, o descubrimento de que as persoas forma-mos parte dese medio e a vinculación afectiva a elson a base para fomentar desde a escola actitudeshabituais de respecto e coidado.

Bloque 3. Cultura e vida en sociedade.

Este bloque de contidos considera a dimensiónsociocultural do medio. Comprende os contidos rela-cionados coas formas de organización dos sereshumanos que forman parte do contorno das nenas edos nenos -familia, escola, barrio, aldea...-, reco-llendo aqueles contidos a través dos cales descobrene comprenden progresivamente as característicasdos grupos humanos, as súas formas de vida, organi-zación e acontecementos relevantes.

Aprender a convivir nos distintos grupos sociaissuporá coñecer as relacións que neles se dan -paren-tesco, amizade, veciñanza...- así como as súas nor-mas e o respecto destas. Con elas van construíndo asnenas e nenos a súa identidade individual e social.

Así mesmo, establécese no currículo o coñecemen-to dos diversos servizos comunitarios relacionados coocio, a cultura, a sanidade... e o respecto e valoracióndas distintas funcións de cada persoa na sociedade.

Obxectivos

-Observar e explorar de forma activa o seu contor-no, xerando interpretacións sobre algunhas situa-cións e feitos significativos, e mais mostrando inte-rese polo seu coñecemento.

-Observar os cambios e modificacións a que estánsometidos os elementos do contorno e relacionaloscos factores que os producen, desenvolvendo actitu-des de coidado, respecto e corresponsabilidade nasúa conservación.

-Iniciarse na formulación de hipóteses, buscandorespostas e explicacións, para anticipar probablesefectos que poderían producirse como consecuenciade situacións da vida diaria e dalgúns experimentosrealizados.

-Relacionarse coas demais persoas, de forma cadavez máis equilibrada e satisfactoria, interiorizandoprogresivamente as pautas de comportamento sociale axustando a súa conduta a elas.

-Coñecer distintos grupos sociais próximos á súaexperiencia, algunhas das súas características, pro-ducións culturais, valores e formas de vida.

-Establecer relacións de confianza, afecto, colabo-ración, comprensión e pertenza baseadas no respec-to ás persoas, ás normas e valores da sociedade aque pertencen.

-Apreciar e facer seus algúns elementos significa-tivos propios da tradición e da cultura galega -expre-sións artísticas, costumes, festas populares, folclore,gastronomía, etc.-.

-Iniciarse nas habilidades matemáticas, manipu-lando funcionalmente elementos e coleccións, iden-tificando os seus atributos e calidades e mais esta-blecendo relacións de agrupamentos, clasificación,orde e cuantificación.

-Empregar o coñecemento matemático para inter-pretar a vida en clave de lóxica, comprendendosituacións e resolvendo problemas: establecendorelacións, explorando, ordenando, comparando,cuantificando, medindo, pesando, etc.

Contidos

Bloque 1. Medio físico: elementos, relacións emedida.

-Interese pola exploración dos obxectos e materiaispresentes no medio recoñecendo as súas funcións eusos cotiáns e mais mantendo unha actitude de res-pecto e coidado cara a obxectos propios e alleos.

-Recoñecemento dalgúns atributos e propiedadesde obxectos e de materiais, examinando con aten-ción as súas características e a súa aplicación navida diaria.

-Interese pola clasificación de obxectos e de mate-riais e aproximación á cuantificación de coleccións.

-Identificación de formas planas e tridimensionaisen elementos do contorno.

-Recoñecemento do uso do número na vida diariae inicio no rexistro de cantidades. Emprego dosnúmeros para identificar, contar, clasificar, numerar,informarse e ordenar elementos da realidade sempreen situacións contextualizadas e significativas.

-Observación e toma de conciencia da funcionali-dade dos números na vida cotiá.

-Utilización da acción de contar como estratexiapara a obtención dun dato numérico e como verifica-ción do resultado de operacións de cálculo sinxelase funcionais.

-Proposición e resolución de situacións problemáti-cas sinxelas da vida cotiá: localizar un dato numérico,facer unha repartición, realizar unha estimación...

-Utilización de xogos de mesa como actividadeslúdicas que unen o razoamento, a reflexión e o diver-timento en grupo.

-Investigación do comportamento físico de dife-rentes materiais e obxectos, en diferentes situaciónse con variadas accións.

-Achegamento a algunhas magnitudes físicas -peso,lonxitude, capacidade, tempo- a través da estimación:comparando, sopesando, observando...

-Recoñecemento e identificación de situacións enque se fai necesario medir. Interese e curiosidadepolos instrumentos de medida convencionais e nonconvencionais facendo unha aproximación ao seu uso.

-Adquisición progresiva da noción do paso do tem-po mediante as actividades da vida cotiá.

-Orientación temporal en situacións cotiás empre-gando diferentes nocións e relacións. Aproximaciónao uso do calendario.

-Establecemento de relacións de orientación espa-cial de localización, dirección, distancia e posiciónrespecto a obxectos, persoas e lugares, nomeándoosaxeitadamente e empregando o vocabulario topolóxi-co elemental.

Page 18: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.790 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

-Exploración lúdica das propiedades e caracterís-ticas dalgúns corpos xeométricos elementais.

-Vivencia, representación e interpretación doespazo, empregando a imaxinación en debuxos, pla-nos, fotografías, mapas ou outros.

Bloque 2. Achegamento á natureza.

-Identificación e afondamento no estudo dalgun-has características e funcións vitais dos seres vivosempregando a exploración sensorial. Diferenzasentre seres vivos e obxectos inertes.

-Observación dun ser vivo no seu medio natural oureproducindo o medio na aula, rexistrando a obser-vación e contrastando os datos entre compañeiras ecompañeiros.

-Observación dalgunhas características, comporta-mentos, funcións e cambios nos seres vivos.

-Identificación dalgunhas características, necesida-des e cambios nos procesos de crecemento e etapasdo desenvolvemento das persoas e outros seres vivos.

-Curiosidade, respecto e coidado cara aos elementosdo medio natural, especialmente animais e plantas.

-Descubrimento das diferentes formas en que seencontra a auga na natureza, comprendendo a súacontribución ao desenvolvemento dos seres vivos edo medio, valorando a necesidade da súa conserva-ción e de facer un uso responsable dela.

-Identificación dos cambios que se producen encanto á luminosidade, á posición do sol, aos ciclosda lúa... ao longo dun día, dos meses e das estaciónsdo ano.

-Formulación de hipóteses, contrastándoas coas dasoutras persoas, buscando respostas e explicaciónssobre as causas e consecuencias de fenómenos domedio natural –calor, choiva, vento, día, noite, erosión,ciclo vital...- e dos producidos pola acción humana -pontes, encoros, aeroxeradores, muíños de auga...-.

-Gozo ao realizar actividades individuais e de grupoen contacto coa natureza. Valoración da súa importan-cia para a saúde e o benestar, apreciando o medionatural como un espazo para a recreación, a aventurae conservación, a realización de actividades ao airelibre e o contacto con elementos da natureza.

-Participación en proxectos e investigacións nomedio natural, expresando as actividades realizadase os resultados obtidos mediante diferentes repre-sentacións.

Bloque 3. Cultura e vida en sociedade.

-Identificación da familia e da escola como primei-ros grupos sociais de pertenza, valorando positiva-mente as relacións afectivas que neles se estable-cen, mantendo unha actitude de colaboración e asu-mindo pequenas responsabilidades. Recoñecementoe respecto dos diferentes tipos de familias.

-Valoración das relacións afectivas que se estable-cen na familia e na escola.

-Interese e disposición favorable para iniciar rela-cións respectuosas, afectivas e recíprocas con nenose nenas doutras culturas.

-Achegamento ás funcións que cumpren diversaspersoas, organizacións e institucións para cubrirnecesidades e achegar servizos presentes na súacomunidade, evitando estereotipos sexistas.

-Colaboración co resto de compañeiros e compa-ñeiras na vida da aula, amosando disposición paracompartir e resolver conflitos. Incorporación progre-siva de pautas adecuadas de comportamento.

-Recoñecemento dalgúns signos de identidadecultural galega apreciando os cambios que se produ-cen no modo de vida co paso do tempo. Sucesos epersoas relevantes da historia da súa comunidade,do seu país e do mundo.

Criterios de avaliación

-Explorar os obxectos e elementos do contornoinmediato e actuar sobre eles. Recoñecer os seus atri-butos e calidades. Agrupar, clasificar e ordenar esteselementos e coleccións segundo distintos criterios.

Preténdese valorar con este criterio a capacidade eo interese para explorar os obxectos e materias pre-sentes no seu contorno mediante actividades mani-pulativas, sendo quen de identificar propiedadesfísicas observables como forma, cor, tamaño, peso...Valorarase, así mesmo, a capacidade para establecerrelacións entre as súas características ou atributos eo seu comportamento físico -caer, rodar, escorregar,botar...- despois de observar mediante unha experi-mentación sinxela estas accións.

Este criterio permitirá avaliar tamén a competen-cia para organizar -agrupando, clasificando e orde-nando- a información obtida das calidades e carac-terísticas dos obxectos.

-Empregar os números para identificar, contar, cla-sificar, informarse e ordenar elementos da realidade,aproximándose ao seu valor notacional e conceptual.

Con este criterio comprobarase a competencia dasnenas e dos nenos para aplicar a situacións variadasos coñecementos adquiridos sobre o uso dos núme-ros: expresar cantidades, identificar datas, indicarmedidas, identificar números de teléfono, das casas,das matrículas de coches...

Comprobarase así mesmo o modo en que nenas enenos van desenvolvendo determinadas habilidadeslóxico-matemáticas en situacións contextualizadas esignificativas -preparación de receitas, rexistros,creación de coleccións, xogos de mesa...- estable-cendo relacións cualitativas e cuantitativas entreelementos e coleccións, estimando cantidadespequenas, expresándoas oralmente ou medianteescritura convencional ou non convencional, facen-do uso da acción de contar como estratexia para aobtención dun dato numérico e como verificación doresultado de operacións de cálculo sinxelas.

-Propoñer e resolver problemas sinxelos relaciona-dos con situacións cotiás, empregando e comparan-do magnitudes de peso, lonxitude e capacidade.

Page 19: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.791DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Observarase, a través deste criterio, a capacidadedas nenas e dos nenos para propoñer e resolver sinxe-los problemas da súa vida cotiá, formulando hipótesese buscando alternativas, solucións e novas posibilida-des, anticipando consecuencias, individualmente een grupo, tendo en conta as opinións e as achegas dasdemais persoas, o consenso e a negociación. Isto podeimplicar a aplicación de operacións como engadir,quitar, repartir, medir, ordenar... e facer uso da medi-da, empregando unidades non convencionais.

-Recoñecer algúns aspectos xeométricos básicos:liñas, puntos, rectángulos, cadrados, triángulos, cír-culos, esferas, cubos e prismas.

Avaliarase se o alumnado identifica e recoñece noseu contorno inmediato -construcións, natureza,arte...- aspectos xeométricos básicos como liñas,puntos, rectángulos, cadrados, triángulos, círculos,esferas ou cubos mediante a observación e a explo-ración lúdica.

-Describir e representar dun xeito elemental asituación das propias nenas e nenos en relación aobxectos e ás demais persoas usando vocabulariotopolóxico elemental.

Avaliarase a competencia para interpretar e empre-gar as nocións básicas espaciais elementais -arriba,abaixo; dentro, fóra; preto, lonxe...- en actividades deorientación e de representación espacial variadas.

-Usar e comprender nocións temporais básicasordenando temporalmente feitos referidos á súa vida.

Trátase de comprobar que o alumnado é quen desecuenciar e relatar empregando o vocabulario axei-tado: antes e despois, mañá e tarde, día e noite, onte-hoxe-mañá, día-semana-meses, estacións do ano; enmomentos significativos que teñen que ver coa súaactividade.

-Dar mostras de interesarse polo medio natural eos seus cambios. Identificar e nomear algúns dosseus compoñentes, establecendo relacións sinxelasde interdependencia. Manifestar actitudes de coida-do e de respecto cara á natureza e participar en acti-vidades para conservala.

Con este criterio valórase o interese, coñecementoe grao de sensibilización polos elementos da nature-za, tanto vivos como inertes; a indagación dalgunhascaracterísticas e funcións xerais, achegándose ánoción de ciclo vital e constatando os cambios queeste implica. En canto aos seres vivos, valoraranseos hábitos de coidado destes e a sensibilidade e orespecto pola súa vida.

Estimarase, así mesmo, o interese que manifestanas nenas e os nenos polo coñecemento do medio, asobservacións que fan, así como as conxecturas quesobre as súas causas e consecuencias formulan.Apreciarase tamén a capacidade do alumnado paravalorar a necesidade da adopción de medidas deprotección do medio por parte das persoas, partici-pando en actividades para conservalo e reflexionan-do sobre os cambios na paisaxe producidos polaintervención humana.

-Identificar e recoñecer as diferentes etapas davida nas persoas e outros seres vivos.

Avaliarase a capacidade para recoñecer os cambiosque se producen nas persoas ao longo da súa vida.

Valorarase tamén se as nenas e os nenos son capa-ces de establecer algunhas relacións entre mediofísico e social, identificando os cambios naturais queafectan a vida cotiá das persoas -cambios de esta-cións, temperatura...-.

-Identificar e coñecer os grupos sociais máis signi-ficativos do contorno do alumnado e algunhas carac-terísticas da súa organización.

Con este criterio avalíase o coñecemento dos gru-pos máis próximos -familia, escola, veciñanza...-superando estereotipos sociais.

Observarase, así mesmo, a súa integración e vincu-lación afectiva aos grupos máis próximos e a acomo-dación da súa conduta aos principios, valores e nor-mas que os rexen, recoñecendo e valorando a necesi-dade destas para convivir. Especial atención merece-rá a capacidade que nenas e nenos mostren para aanálise de situacións conflitivas e as competenciasxeradas para un adecuado tratamento e resolución.

-Recoñecer, identificar e poñer exemplos sinxelosdalgúns servizos comunitarios.

Por medio deste criterio tratarase de avaliar o graode sensibilización cara á valoración dos servizossociais e comunitarios do seu contorno -mercado,atención sanitaria, medios de transporte...- superandoos estereotipos sexistas referidos ás persoas usuariasdestes servizos e profesionais que os desenvolven.

-Recoñecer algunhas manifestacións culturaispróximas e doutras realidades, valorando a súadiversidade e riqueza.

Avaliarase con este criterio o coñecemento dasprincipais manifestacións culturais propias e a com-prensión dalgúns signos ou elementos que identifi-can outras culturas.

Valorarase, así mesmo, o interese e o respecto poladiversidade cultural.

Área: linguaxes: comunicación e representación.

A comunicación nas súas diversas manifestaciónsimplica a capacidade de producir, recibir e interpre-tar mensaxes. Ao fomentar a aprendizaxe das diver-sas formas de comunicación e expresión, outorgará-selles ás nenas e aos nenos a oportunidade de mani-festar os seus sentimentos, emocións e ideas conmaior elaboración e riqueza de matices. As lingua-xes contribúen tamén ao desenvolvemento dunhacompetencia artística que vai acompañada do esper-tar dunha conciencia crítica neste mundo cambiantee que se pon en xogo ao compartir coas demais per-soas as experiencias estéticas.

O propósito desta área é contribuír a mellorar arelación entre o alumnado e o medio, xa que será através das distintas formas de comunicación e repre-sentación como a nena e o neno establezan relaciónsco resto das persoas. A interacción, a través dosdiferentes instrumentos de comunicación, permite

Page 20: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.792 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

exteriorizar as vivencias emocionais, acceder aoscontidos culturais, producir mensaxes cada vez máiselaboradas e ampliar progresivamente a compren-sión da realidade.

A comunicación constitúe o proceso mediante ocal nenas e nenos, desde os primeiros anos de vida,intercambian e constrúen significados. Serán as dis-tintas formas de comunicación e representación asque sirvan de nexo entre o mundo interior e exterior,na medida en que fan posible a representación darealidade, a expresión de pensamentos, sentimentose vivencias, posibilitando as interaccións.

A través das linguaxes, os nenos e nenas desenvol-ven a súa imaxinación e creatividade, aprenden,constrúen a súa identidade persoal, mostran as súasemocións, o seu coñecemento do mundo e a súa per-cepción da realidade.

As linguaxes considéranse fundamentais parapotenciar o desenvolvemento do pensamento e ascapacidades comunicativas, expresivas e creativas.

Os bloques de contidos que constitúen esta árearecollen as diferentes formas de comunicación erepresentación: a linguaxe verbal, a linguaxe artísti-ca, a linguaxe corporal, a linguaxe audiovisual e dastecnoloxías da información e a comunicación.

Bloque 1. Linguaxe verbal.

Este bloque de contidos refírese á capacidade pararelacionarse escoitando, recibindo comprensiva-mente e producindo diversas mensaxes, mediante ouso progresivo e axeitado da linguaxe, nas súasexpresións oral e escrita.

O dominio progresivo da linguaxe verbal axudaráas nenas e os nenos a interpretar de forma máis axei-tada o mundo que os rodea. A linguaxe oral é espe-cialmente relevante nesta etapa, xa que pode consi-derarse o instrumento por excelencia de aprendiza-xe, de regulación da conduta e de manifestación devivencias, sentimentos, ideas, emocións, etc.

A apropiación da linguaxe, nas súas formas oral eescrita, dependerá da amplitude, variedade e calida-de das experiencias comunicativas que os nenos enenas teñan.

No segundo ciclo de educación infantil preténdeseasí mesmo que o alumnado descubra e explore osusos da lectura e a escritura, espertando e afianzan-do o seu interese por elas.

Farase un achegamento á literatura infantil a par-tir de textos comprensibles e accesibles para queesta iniciación literaria sexa fonte de gozo, de diver-sión e de xogo.

Así mesmo, é necesario o desenvolvemento deactitudes positivas cara á propia lingua e á dosdemais, espertando sensibilidade e curiosidade porcoñecer outras linguas.

Bloque 2. Linguaxe artística: plástica-musical-corporal.

Este bloque inclúe todos aqueles medios de expre-sión artística que favorecen a sensibilidade estética,a apreciación e a manifestación creativa das nenas e

dos nenos. Recollerá todos aqueles contidos que serefiran á capacidade creativa para comunicar, repre-sentar e expresar a realidade a partir da elaboraciónorixinal que fan os nenos e nenas desde os seus sen-timentos, ideas, experiencias e sensibilidade, a tra-vés de diversas linguaxes artísticas:

-Linguaxe plástica.

-Linguaxe musical.

-Linguaxe corporal.

Bloque 3. Linguaxe audiovisual.

A linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da infor-mación e a comunicación presentes na vida infantilrequiren un tratamento educativo que, a partir douso apropiado, inicie as nenas e os nenos na com-prensión das mensaxes audiovisuais e na súa utiliza-ción adecuada.

A educación sobre e, en especial, cos medios decomunicación debe iniciarse desde idades temperás.A planificación do uso do ordenador e de toda a tec-noloxía debe estar pensada como un recurso e ferra-menta máis de que dispón o profesorado, igual queun libro ou o encerado e, como tal, debe estar reco-llido o seu uso.

Obxectivos

-Utilizar as diversas linguaxes como instrumentosde comunicación, de expresión de ideas e sentimen-tos, de representación, de aprendizaxe e de gozo.

-Recoñecer a importancia das manifestacións nonverbais -o silencio, a mirada, a xestualidade, o olfac-to e o tacto- como elementos xenuínos da comunica-ción humana.

-Comprender que as palabras, escrituras indeter-minadas, números, notas musicais, iconas e outrossímbolos e signos convencionais poden representaros pensamentos, experiencias, coñecementos, idease intencións das persoas.

-Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiaiscon distintos propósitos -expresar sentimentos, emo-cións, desexos, ideas…- con diferentes interlocuto-res e/ou interlocutoras e en diversidade de contex-tos, valorando a linguaxe como ferramenta de rela-ción cos demais, de regulación da convivencia e deaprendizaxe.

-Comprender a intencionalidade comunicativadoutras nenas e doutros nenos, así como das persoasadultas, adoptando unha actitude positiva cara áslinguas.

-Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeirapara comunicarse en actividades contextualizadas emostrar interese e gozo ao participar nestes inter-cambios comunicativos.

-Achegarse á lingua escrita a través de distintostipos de textos.

-Comprender, reproducir, reescribir -tendo en con-ta as diferentes etapas individuais no proceso deadquisición da lingua escrita-, e recrear textos.

Page 21: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.793DIARIO OFICIAL DE GALICIA

-Facer uso da biblioteca valorándoa como fonte deinformación e como fonte de pracer.

-Potenciar a capacidade creativa a través das lin-guaxes artísticas para imaxinar, inventar, transfor-mar... desde as súas ideas, sentimentos, experien-cias, coñecementos...

-Achegarse ao coñecemento de obras artísticasexpresadas en distintas linguaxes, comunicándosecreativamente a través das diferentes manifestaciónse adquirindo sensibilidade estética.

-Desenvolver o sentir de autoconfianza nas produ-cións artísticas persoais, amosando interese pola súamellora, respectando e valorando as creacións pro-pias e as das demais persoas.

-Achegarse ao coñecemento, emprego e valoracióndas TIC -ordenadores, a internet, encerado dixital inte-ractivo, escáner, vídeo ...- como ferramentas de buscade información, creación, expresión e comunicación.

Contidos

Bloque 1. Linguaxe verbal.

*Escoitar, falar e conversar.

-Utilización e valoración progresiva da lingua oralpara evocar e relatar feitos; para adquirir coñece-mentos; para expresar e comunicar ideas, sentimen-tos e emocións; para facer peticións e como meca-nismo para regular a propia conduta e a das demaispersoas.

-Uso progresivo, acorde coa idade, de léxico varia-do, aumentando a precisión na busca dunha maiorestruturación das súas frases.

-Participación de forma oral en conversas, narra-cións, anécdotas, chistes, xogos colectivos e outros,incrementando o vocabulario, empregándoo con cre-cente precisión, con entoación axeitada, pronunciaclara e usando estruturas oracionais que enriquezanas propias competencias comunicativas.

-Participación en situacións de comunicación condistintos propósitos, en diferentes contextos e conpersoas interlocutoras diversas usando argumentosnas súas conversas, respectando quendas e escoitan-do atentamente.

-Acomodación progresiva dos seus enunciados aosformatos convencionais.

-Emprego axeitado das formas socialmente esta-blecidas para relacionarse coas demais persoas -saúdos, despedidas, fórmulas de cortesía, cumpri-mentos...-.

-Interese por participar en interaccións orais enlingua estranxeira, en rutinas e situacións habituaisde comunicación, amosando unha actitude positivacara a esta lingua.

*Aproximación á lingua escrita.

-Achegamento á lingua escrita como medio decomunicación, información e gozo a través de sopor-tes diferentes.

-Interese e atención na escoita de narracións e ins-trucións lidas por outras persoas.

-Iniciación no uso da escrita en situacións contex-tualizadas e reais.

-Diferenciación entre as formas escritas e outrasformas de expresión gráfica. Identificación de pala-bras e frases escritas moi significativas e usuais.Percepción de diferenzas e semellanzas entre elasatendendo a propiedades cuantitativas -cantidadede letras, palabras longas e palabras curtas- e pro-piedades cualitativas -variedade de grafías-. Inicia-ción ao coñecemento do código escrito a través desaspalabras e frases empregadas en contextos significa-tivos e funcionais.

-Interese e gusto por producir mensaxes con trazoscada vez máis precisos e lexibles.

*Achegamento á literatura.

-Escoita e comprensión da lectura en voz alta, rea-lizada por unha lectora ou lector competente de con-tos, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas, tea-tro...; tanto tradicionais como contemporáneas, nasdúas linguas oficiais, e como fonte de pracer e deaprendizaxe compartida.

-Dramatización de textos literarios, desfrute e inte-rese por expresarse con axuda de recursos non lin-güísticos.

-Memorización e recitado dalgúns textos de carác-ter poético, de tradición cultural ou de autor, gozan-do das sensacións que o ritmo, a rima e a beleza daspalabras producen.

-Participación creativa en xogos lingüísticos -enca-deados de palabras, adiviñas, trabalinguas, onomato-peas...- acompañados de respostas corporais -xestos,movementos, ritmos...- para divertirse e para apren-der na compaña de iguais e de persoas adultas.

-Interese por compartir interpretacións, sensa-cións, emocións e opinións provocadas polas produ-cións literarias, iniciándose nos faladoiros literarios.

-Introdución ao uso das bibliotecas de centro e deaula como un medio máis de aproximación á litera-tura e como espazo privilexiado de recursos para adiversión e o coñecemento.

Bloque 2. Linguaxes artísticas: plástica, musical ecorporal.

-Exploración sensorial dos elementos presentes nocontorno integrando actividades de tocar, ulir, oír ever.

-Potenciación da imaxinación e fantasía do alum-nado para enriquecer a actividade creativa.

-Experimentación e descubrimento dalgúns ele-mentos que configuran a linguaxe plástica -liña, for-ma, cor, textura, espazo e volume-.

-Gozo coas obras artísticas distinguindo e aprecian-do elementos básicos das formas de expresión -cor,forma, liña, movemento, volume, texturas, ritmos,melodías, timbres, entre outros- que lles permitan ásnenas e aos nenos desenvolver a súa sensibilidadeestética.

-Exploración das posibilidades plásticas e creativasde distintos materiais, útiles e soportes -papeis, car-

Page 22: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.794 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

tón, arame, plástico, teas, cortiza, barro, rasquetas,cepillos, esponxas, pantalla de ordenador, mesa dearea, retroproxector, encerado dixital, fotografías....- edas distintas técnicas -debuxo, pintura, collaxe, ama-sado, modelado, escultura e a combinación de dúasou máis técnicas...- como recursos e medios de expre-sión e comunicación de feitos, sentimentos, emocións,vivencias, fantasías, experiencias...

-Experimentación e coñecemento das posibilida-des de transformación dos diferentes materiais eobxectos.

-Descubrimento das posibilidades creativas eplásticas da luz, das sombras e da cor, empregandorecursos como a luz natural, lanternas, lámpadas,proxector...

-Interpretación e valoración de diferentes tipos deobras plásticas presentes na aula, no contorno, enmuseos e exposicións reais ou virtuais, obradoirosde artistas e persoas artesás manifestando e compar-tindo a través das diversas linguaxes as sensacións eemocións que producen, así como indicando o quegusta e o que non.

-Planificación do proceso de elaboración dalgunhaobra plástica, o seu desenvolvemento e posteriorcomunicación, valorando a realización de bosquexospara a consecución dunha melloría na produción.

-Exploración das posibilidades sonoras da voz, dopropio corpo, de obxectos cotiáns e de instrumentosmusicais. Utilización dos sons achados para a inter-pretación e a creación musical.

-Vivencia do son e do silencio.

-Recoñecemento de sons do contorno natural esocial, e discriminación dos seus trazos distintivos.

-Creación de secuencias de movementos e ritmos apartir das sensacións que lle xera a música.

-Audición atenta de obras musicais populares, clá-sicas e contemporáneas. Participación activa e gozona interpretación de cancións, xogos musicais e dan-zas colectivas e individuais.

-Creación, mediante a música e o baile, dos propiospatróns, recreando situacións, ideas, feitos e senti-mentos, mediante o humor, o absurdo e a fantasía,compartindo con outras persoas as propias creacións.

-Vivencia de xestos e movementos como recursoscorporais para a expresión e a comunicación e maiso intercambio afectivo.

-Participación en actividades de dramatización,danzas, xogo simbólico e outros xogos de expresióncorporal -mimo, monicreques, teatro de sombras...-colaborando na elaboración dos elementos necesa-rios para unha ambientación axeitada.

Bloque 3. Linguaxe audiovisual e tecnoloxías dainformación e a comunicación.

-Identificación da utilidade de diversos instru-mentos e tecnoloxías como fontes de información, decomunicación, de expresión, de estratexias deexploración e investigación.

-Achegamento a producións audiovisuais comopelículas, series de animación ou videoxogos.

-Adquisición progresiva da conciencia da necesi-dade dun uso moderado dos medios audiovisuais edas tecnoloxías da información e da comunicación.

-Coñecemento, coidado e uso, na medida das súasposibilidades, das ferramentas tecnolóxicas.

-Achegamento ao uso do ordenador, á cámara foto-gráfica… nos procesos creativos para a elaboraciónde producións audiovisuais como series de anima-ción, presentacións, vídeos..., a través de programasde edición de textos, de gráficos e de sons.

-Valoración crítica dos contidos e da estética dasproducións audiovisuais.

Criterios de avaliación

-Utilizar a lingua oral do modo máis convenientepara unha comunicación positiva con iguais e con per-soas adultas, segundo as intencións comunicativas.

Mediante este criterio avalíase o desenvolvementoda capacidade para expresarse e comunicarse oral-mente, con claridade e corrección suficientes, res-pondendo a diferentes intencións comunicativas.

Valorarase, así mesmo, se a nena ou o neno tomaen consideración os hábitos e as normas que rexenas situacións comunicativas -respectar quendas deintervención, escoitar atentamente, respectar a opi-nión das demais persoas...-. Tamén se avalía o usode fórmulas e tratamento axeitadas para saudar, des-pedirse, presentarse, escusarse, solicitar axuda,agradecer...

-Comprender mensaxes orais diversas, mostrandounha actitude de escoita atenta e respectuosa.

Este criterio refírese á capacidade para escoitar ecomprender mensaxes, relatos, producións litera-rias, descricións, explicacións, informacións dediferentes emisores e emisoras: iguais, persoas adul-tas, diversos medios de comunicación -televisión,radio, webs...-, que lles permitan participar na vidada aula e na vida cotiá.

-Amosar unha actitude positiva cara á aprendizaxedunha lingua estranxeira, interesándose por partici-par en interaccións orais en rutinas, xogos e situa-cións habituais de comunicación.

Preténdese avaliar a súa participación en produ-cións orais sinxelas relativas a situacións e temas doseu interese: xogos, cancións, rimas, dramatizaciónspreviamente traballadas e contextualizadas.

-Amosar interese polos textos escritos presentes naaula e no contorno próximo, iniciándose no seu uso ena comprensión das súas finalidades. Interesarse eparticipar nas situacións significativas de lectura eescritura que se producen na aula desenvolvidas porpersoas lectoras e escritoras competentes.

Con este criterio avalíase se as nenas e os nenosvaloran e se interesan pola linguaxe escrita, inicián-dose na utilización funcional da lectura e a escritu-ra como medios de comunicación, de información ede gozo.

Page 23: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.795DIARIO OFICIAL DE GALICIA

-Producir diferentes textos individualmente ou engrupo -con escritura convencional ou non-, con pro-pósitos e intencións diferentes: recoller e transmitirinformación, gozo...

Valorarase o achegamento á escritura para a pro-dución de textos.

Valorarase o interese por explorar os mecanismosbásicos do código escrito e o coñecemento das súascaracterísticas; coñecementos que se consolidaránna educación primaria.

-Gozar compartindo a escoita e a lectura en vozalta de textos literarios: contos, relatos, lendas, poe-sías, rimas, adiviñas...

Este criterio avaliará o interese que demostra enparticipar nas actividades de escoita e lectura detextos literarios, apreciando a súa estética, gozandodas sensacións que o ritmo, a rima e a beleza daspalabras producen e mais amosando interese porcompartir interpretacións, sensacións e emociónsprovocadas polas producións literarias.

-Utilizar a biblioteca con respecto e coidado, valorán-doa como recurso informativo, de entretemento e gozo.

Con este criterio valorarase se as nenas e os nenosentenden a necesidade das normas de funcionamen-to da biblioteca -manter silencio, colocar os librosno seu sitio, cumprir os prazos de préstamo- e se asrespectan. Valorarase, así mesmo, se recoñecen esteespazo como recurso de pescuda de información elugar de entretemento.

-Expresarse e comunicarse utilizando medios,materiais e técnicas propios das diferentes linguaxesartísticas e audiovisuais.

Con este criterio comprobarase se o alumnado seserve das diferentes representacións -plásticas,musicais, corporais e audiovisuais- para plasmar assúas vivencias, emocións e sentimentos, facendo usodos diferentes materiais, instrumentos e técnicaspropios destas linguaxes.

Así mesmo, valorarase o interese e curiosidadeque o alumnado manifesta por incorporar ás súasproducións libres diferentes materiais, técnicas erecursos tecnolóxicos.

-Mostrar interese por explorar as súas posibilida-des de expresión e representación, por gozar coassúas producións e por compartir as experienciascreativas, estéticas e comunicativas.

Observarase o gusto por experimentar e exploraras posibilidades expresivas do corpo, da voz, doselementos plásticos e dos sons.

Valorarase tamén a capacidade para expresar asdistintas impresións que lle producen a cadaquén asobras artísticas.

-Utilizar, na medida das súas posibilidades, a lingua-xe audiovisual e as tecnoloxías da información e comu-nicación como vehículo de expresión e comunicación.

Este criterio permite valorar a súa competenciapara acceder e empregar as tecnoloxías da informa-ción e comunicación. Deste xeito, observarase se é

quen de prender e apagar o ordenador, manexar orato, identificar e usar iconas para acceder aos pro-gramas con progresiva autonomía, escanear, impri-mir unha creación, facer debuxos, facer fotografías...

Orientacións metodolóxicas para o segundo ciclo.

A esixencia de orientar e dar un sentido educativoá educación infantil fai necesario facer explícitos osprincipios metodolóxicos que deben enmarcar aacción pedagóxica neste ciclo. As distintas orienta-cións preséntanse agrupadas en seis epígrafes, co finde facilitar a súa lectura.

1. Ambiente de aprendizaxe.

Unha axeitada organización do ambiente, incluín-do espazos, recursos e distribución do tempo, seráfundamental para a consecución das intencións edu-cativas.

Espazos.

-Na distribución do espazo preverase que as nenase os nenos dispoñan de lugares propios e de usocomún para compartir, para estar sós e para xogar epara relacionarse cos demais; espazos para activida-des que requiran unha certa concentración e espazosamplos que faciliten o movemento. A persoa docentepreverá as distintas situacións xerando un ambientefísico de aprendizaxe grato, afectivamente significa-tivo e esteticamente agradable que lle permita aoalumnado sentirse cómodo, seguro e acollido.

Materiais.

-Os materiais curriculares axeitaranse aos tipos decontidos, ás características e necesidades específi-cas de cada contexto educativo e, consecuentemen-te, ás características individuais do alumnado. Estesmateriais permitirán distintos graos de uso; para iso,serán o máis diversos posible, ofrecerán múltiplesposibilidades de utilización en función das necesi-dades de cada situación e momento.

-Estarán presentes nas aulas elementos do medionatural e sociocultural que favorezan o vínculo coaidentidade do alumnado e creen un ambiente signi-ficativo, ademais de espertar o interese por explorare experimentar cos elementos que as nenas e osnenos teñen ao seu dispor.

Tempos.

-Será necesario organizar o tempo baixo presupos-tos de flexibilidade, de xeito que permitan ao profe-sorado adecualo ás características das tarefas. Nodesenvolvemento da xornada escolar combinaransetempos de rutinas con tempos de actividades especí-ficas segundo as características e necesidades dosnenos e nenas.

2. Perspectiva didáctica.

Organizaranse os contidos tendendo cara a un«enfoque globalizador», que debe entenderse como aopción que determina que as propostas didácticasteñan como punto de partida situacións globais -situa-cións comunicativas, conflitos ou cuestións sociais,problemas de calquera tipo…- nas cales se poñeránen xogo os contidos das diferentes áreas. Na propostadidáctica terán cabida as secuencias de aprendizaxe,

Page 24: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.796 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

os proxectos ou as unidades didácticas que englobencontidos de diferente tipo e de distintas áreas, aíndaque tamén é conveniente planificar outras actividadesque alternen coas propostas globalizadas. Atenderaseos seguintes aspectos:

-É importante ofrecerlles ás nenas e aos nenossituacións de aprendizaxe nas cales poidan facerpropostas, tomar decisións, organizar e anticipar assúas accións. Para iso pódense empregar diversasestratexias e recursos: a través de preguntas, follasde planificación, cos seus propios debuxos, opiniónse propostas nos tempos de faladoiro, e mesmo acaixa de suxestións.

-A organización de proxectos, consensuados, nego-ciados e levados a cabo colectivamente polo grupo,ou a realización de asembleas para comentar aconte-cementos ou discutir e decidir determinados aspec-tos da actividade diaria constitúen valiosas estrate-xias que a persoa docente utilizará porque son alta-mente motivadoras e favorecen o desenvolvementodas relacións interpersoais, o establecemento de vín-culos afectivos, así como que a nena e o neno se sin-tan membros do grupo e participen activamente nel.

-A formulación de preguntas abertas por parte damestra ou mestre acerca de determinados feitos ousituacións, á parte de estimular a linguaxe infantil,contribúe eficazmente a ensinarlles ás nenas e aosnenos a facerse interrogantes pertinentes e a buscarrespostas axeitadas, promovendo o diálogo e o inter-cambio de opinións sobre calquera tema que seestea investigando na aula.

-É imprescindible destacar a importancia do xogocomo actividade propia desta etapa, xa que as cativase os cativos, mentres xogan, manipulan obxectos nunespazo e nun tempo, crean e transforman -formas,tamaños, espazos, volumes-, establecen relacións,deseñan situacións e invisten a acción da súa emotivi-dade e simbolismo; manifestan a través desta activida-de lúdica as súas vivencias e experiencias e van afon-dando en novos niveis de relación e de interacción.

-A afectividade debe ser o fío condutor de todasituación de ensino-aprendizaxe. As nenas e osnenos deben sentirse seguros e construír coñecemen-to a partir da formación dunha autoimaxe positiva.

3. O papel do profesorado.

-É fundamental que a mestra e o mestre sexanquen de potenciar no seu alumnado unha serie dehabilidades de pensamento que o axuden a encon-trarlle sentido á súa experiencia; isto é: involucrarseen proxectos con xogos e actividades que o faganobservar, pescudar, imaxinar, adiviñar, buscar alter-nativas, formular hipóteses, anticipar consecuen-cias…; habilidades esenciais todas elas para conec-tar as experiencias presentes coas pasadas, formularproblemas, facer estimacións, medir…, ademais deproporcionarlles ás nenas e aos nenos ferramentasque lles permitan evolucionar nos coñecementos enas habilidades que desenvolveron, co fin de garan-tir a construción de novas aprendizaxes.

-Para ofrecer unha intervención que conecte cosaber, co saber facer e co saber estar de cada criatu-

ra é necesario partir dos esquemas de coñecementodo alumnado e do significado que lles atribúe. Amestra ou mestre posicionarase como mediadoraentre o alumnado e a cultura, atendendo á súa diver-sidade e tendo en conta situacións que requirirán, ásveces, dirixir, suxerir, e outras acompañar. A partirda observación do que as nenas e nenos saben,podemos intervir en cada caso de xeito máis próxi-mo aos seus coñecementos -axudar a reflexionarsobre o modo de indagar o que di un texto, buscarpistas, buscar coherencia, etc.-.

-A educadora ou educador velarán por crear unambiente educativo onde prime a valoración positi-va nas interaccións, evitando as comparacións, adesvalorización, estigmatización ou ridiculización. Éimportante favorecer que as nenas e os nenos expre-sen libremente as súas opinións, os seus sentimen-tos e suxestións, e que os adultos creen condiciónspara que sexan escoitados, aceptados e respectadosnas súas diferenzas.

-As persoas adultas deben ter altas expectativasnas posibilidades das nenas e dos nenos en todos osplanos e darlles sinais claros das súas potencialida-des, animando e preocupándose de que os nenos enenas poidan superar desafíos, perseverando edesenvolvendo a tolerancia á frustración.

-Débese evitar valorar máis os acertos que os errose corrixilo todo. Cambiar a idea de evitar os errospola de empregar os erros, e tamén os acertos, comofonte de información dos coñecementos dos nenos enenas. Crear un clima de aceptación e de respectomutuo no cal equivocarse sexa un paso máis no pro-ceso de aprendizaxe, en que cada criatura se sintaretada e ao tempo con confianza para pedir axuda.

-A persoa adulta será prudente á hora de facervaloracións sobre as producións infantís para pre-servar a espontaneidade da creación fronte aos este-reotipos e aos criterios preestablecidos de beleza oude perfección.

-A intervención da persoa docente -guiando, ani-mando, apoiando, abrindo novos camiños, suxerin-do...- estimulará a creatividade e contrarrestaráestereotipos e convencionalismos.

4. O papel do alumnado.

-Terase en conta que cando os nenos e nenas che-gan á escola xa teñen un percorrido no seu coñece-mento, e potenciarase a súa capacidade para descu-brir e sentirse exploradores activos, poñendo á súadisposición os medios que llo posibiliten, así comotamén o acceso a obxectos ou a novas fontes de coñe-cemento.

-Cando a un grupo de nenas e nenos se lles confi-ren responsabilidades de progresiva complexidadeen relación con ámbitos referidos a si mesmos, ásdemais persoas e ao medio natural, estamos abrín-dolle a posibilidade de que aprecie e valore os seuslogros e esforzos e os das outras persoas, avanzandono proceso de autonomía persoal.

-É igualmente importante ofrecerlle ao alumnadosituacións de aprendizaxe que incentiven e poten-

Page 25: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.797DIARIO OFICIAL DE GALICIA

cien a realización das súas propias propostas, a tomade decisións, así como a posibilidade de anticipar assúas accións, a organización das actividades, osmateriais e recursos que se van empregar, facéndollever que todas e todos poden realizar accións por simesmos e compartilas cos demais.

-Potenciarase que o alumnado reflexione sobre osseus progresos mostrándolle as súas producións e rea-lizando unha coavaliación. Isto resulta sempre satis-factorio e un motivo de fortalecemento da autoestima.

5. Agrupamentos.

Para poder atender á diversidade do alumnado e áaprendizaxe de contidos de distinta natureza, orga-nizaranse diversas formas de agrupamento tendo enconta as potencialidades de cada unha delas:

-O gran grupo é apropiado cando se trata de plani-ficar conxuntamente as actividades, exposicións,lectura dalgúns textos, distribución de tarefas, expli-cacións, presentación de modelos, debates, asem-blea, conferencias, etc.

-O grupo pequeno é o ideal para favorecer a inte-racción cooperativa, permite asignar a cada nena ouneno tarefas concretas e estruturadas de tal xeitoque a mestra ou mestre poida prestar as axudas axei-tadas segundo o grao de realización da tarefa. Debenser variables, homoxéneos e heteroxéneos. A organi-zación en parellas acostuma a ser moito máis rendi-ble polo grao de implicación que comporta.

-A actividade individual é un bo recurso para ainteracción máis específica coa persoa docente, aotempo que promove as estratexias de planificaciónda acción, a responsabilidade, a autonomía e a auto-xestión.

6. Apertura ao contorno.

A educación infantil acada o seu pleno sentido nunmarco de colaboración e coordinación entre os ele-mentos que inciden no proceso educativo das nenas edos nenos: o equipo docente, as familias e o contorno.

En canto á relación coas familias, é necesariaunha boa comunicación e coordinación con ela, xaque a eficacia da educación infantil depende, engran medida, da unidade de criterios educativos nacasa e na escola.

En canto á apertura ao contorno, planificaransetanto saídas como visitas de membros da comunida-de educativa. Así:

-Aproveitarase o potencial educativo das saídas edas visitas, planificadas detidamente, para sacardelas o maior partido educativo posible. É importan-te que a persoa docente teña moi claros cales son oscontidos que pretende traballar coa visita, e non saírpor saír, ou pretender observar e explorar todos oselementos do contorno. En calquera caso, sempreexistirá unha finalidade -traducida en obxectivos-,un deseño e unhas actividades que estean inseridasna programación xeral e que permitan aproveitar aomáximo este recurso. O aproveitamento da activida-de non finaliza coa volta ao centro. Durante o día ouos días seguintes pódense crear situacións de comu-

nicación e intercambio do que se viu e do materialrecollido, así como animar os nenos e nenas a que oexpresen mediante distintas linguaxes. Todo iso darálugar a suscitar actividades que provoquen novosinterrogantes e reforcen certas adquisicións.

-De igual forma, a persoa docente propiciará expe-riencias nas cales teñan cabida as relacións connenas e con nenos doutras aulas e con persoas adul-tas, xa que así, non só se contribúe en gran medidaa que os nenos e nenas vaian ampliando as súasrelacións, senón que se permite descentrar positiva-mente a tarefa educativa da persoa docente e daaula.

ANEXO IIO currículo da educación infantil e as competencias básicas

1. Introdución.

A LOE establece oito competencias básicas que oalumnado debe desenvolver e acadar ao longo doensino básico.

Aínda que estas veñen indicadas para o ensinoobrigatorio, é preciso que o seu desenvolvemento seinicie desde o comezo da escolarización, de xeitoque a súa adquisición se realice de forma progresivae coherente. Estas competencias, polo tanto, orienta-rán e impregnarán o currículo de educación infantil,téndose como referentes que guíen a práctica educa-tiva e condicionen o tratamento das áreas.

No marco da proposta realizada pola Unión Euro-pea establecéronse oito competencias básicas:

-Competencia en comunicación lingüística.

-Competencia matemática.

-Competencia no coñecemento e a interacción comundo físico.

-Tratamento da información e competencia dixital.

-Competencia social e cidadá.

-Competencia cultural e artística.

-Competencia para aprender a aprender.

-Autonomía e iniciativa persoal.

2. As competencias básicas e a súa repercusión nametodoloxía.

A incorporación das competencias básicas nocurrículo obriga a reformular a práctica educativa.Precísase un cambio, débense abandonar os tradi-cionais modelos de transmisión do coñecemento pormodelos que permitan a mobilización de diferentesrecursos cognitivos. O paradigma educacional refe-rente debe ser o de «aprender a aprender» e de«aprender facendo». Cómpre unha aprendizaxe sig-nificativa que se transfira a situacións da vida real eque implique a resolución de problemas na práctica.

Unha xestión docente baseada na formación decompetencias ten que asumir estratexias didácticasque afonden no proceso e que destaquen a funciónorientadora da mestra e do mestre.

Para desenvolver as competencias é necesario tra-ballar, sobre todo, por proxectos e resolvendo pro-

Page 26: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.798 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009

blemas; así propoñeranse tarefas e retos que incitenas alumnas e os alumnos a mobilizar os seus coñece-mentos e habilidades.

Desde a metodoloxía de proxectos trátase de ache-gar a escola á vida diaria. Empregando un enfoqueglobalizador, partindo dos intereses das nenas e dosnenos, das súas experiencias e coñecementos pre-vios. Desde a perspectiva didáctica, o proxecto arti-cúlase como un itinerario formativo planificado ensituacións de ensino nas cales se poñen en prácticaas diferentes competencias básicas.

3. Definición e contribución desde as áreas deeducación infantil ao desenvolvemento das compe-tencias básicas

*Competencia en comunicación lingüística.

Esta competencia refírese á utilización da lingua-xe como instrumento de comunicación oral e escrita,de representación, interpretación e comprensión darealidade, de construción e comunicación do coñe-cemento e de organización e autorregulación do pen-samento, das emocións e da conduta.

Os coñecementos, destrezas e actitudes propiosdesta competencia permiten expresar pensamentos,emocións, vivencias e opinións, así como dialogar,formarse un xuízo crítico, xerar ideas, estruturar ocoñecemento, darlle coherencia a un discurso e áspropias accións e tarefas, adoptar decisións e gozarescoitando, lendo ou expresándose de forma oral ouescrita, todo o cal contribuirá ademais ao desenvol-vemento da autoestima e da autoconfianza.

Contribuirase á mellora da competencia lingüísti-ca desde a educación infantil fomentando a partici-pación, respectando a diversidade de respostas eofrecendo un clima no que se anime a ler, escribir econversar.

*Competencia matemática.

Consiste na habilidade para empregar e relacionaros números, as súas operacións básicas, os símbolos eas formas de expresión e razoamento matemático, tan-to para producir e interpretar distintos tipos de infor-mación, como para ampliar o coñecemento sobreaspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e pararesolver problemas relacionados coa vida cotiá e comundo laboral. Así mesmo, esta competencia implicao coñecemento e manexo dos elementos matemáticosbásicos -distintos tipos de números, medidas, símbo-los, elementos xeométricos, etc.- en situacións reaisou simuladas da vida cotiá, e a posta en práctica deprocesos de razoamento que levan á resolución dosproblemas ou á obtención de información.

Contribuirase á mellora da competencia matemáti-ca na educación infantil na medida en que os ele-mentos e razoamentos matemáticos sexan emprega-dos para enfrontarse ás situacións cotiás e reais queo precisen.

*Competencia no coñecemento e a interacción comundo físico.

Esta competencia refírese á habilidade para inte-ractuar co mundo físico, de modo que se facilite a

comprensión de sucesos, a predición de consecuen-cias, así como o coidado do medio natural e a protec-ción da saúde individual e colectiva. Así mesmo, acompetencia de interactuar co espazo físico levaimplícito ser consciente da influencia que ten a pre-senza das persoas no espazo, a súa actividade, asmodificacións que introducen e as paisaxes resul-tantes, así como da importancia de que todos osseres humanos se beneficien do desenvolvemento ede que este procure a conservación dos recursos e adiversidade natural, mantendo a solidariedade glo-bal e interxeracional. Supón, así mesmo, demostrarespírito crítico na observación da realidade e naanálise das mensaxes informativas e publicitarias,así como uns hábitos de consumo responsable navida cotiá. En definitiva, esta competencia implica odesenvolvemento e aplicación do pensamento cien-tífico-técnico para interpretar a información que serecibe e para predicir e tomar decisións con inicia-tiva e autonomía persoal nun mundo en que os avan-ces que se van producindo nos ámbitos científico etecnolóxico teñen unha influencia decisiva na vidapersoal, na sociedade e no mundo natural.

Contribuirase, polo tanto, á adquisición destacompetencia desde educación infantil iniciando oalumnado no pensamento científico, potenciandohabilidades de investigación: formular hipóteses,recoñecer evidencias, observar, formular interrogan-tes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerarnovas ideas e solucións…

*Tratamento da información e competencia dixital.

Esta competencia consiste en dispoñer de habilida-des para buscar, obter, procesar e comunicar informa-ción e mais para transformala en coñecemento. Incor-pora diferentes habilidades, que van desde o acceso áinformación ata a súa transmisión en distintos sopor-tes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tec-noloxías da información e a comunicación como ele-mento esencial para informarse, aprender e comuni-carse. Está asociada coa busca, selección, rexistro etratamento ou análise da información, utilizando téc-nicas e estratexias diversas para acceder a ela segun-do a fonte a que se acuda e o soporte que se empre-gue: oral, impreso, audiovisual, dixital ou multimedia.

O tratamento da información e a competencia dixitalimplican ser unha persoa autónoma, responsable, críti-ca e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a informa-ción, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas.Tamén ter unha actitude crítica e reflexiva na valora-ción da información dispoñible, contrastándoa cando énecesario e respectando as normas de conduta acorda-das socialmente para regular o uso da información.

Se desde a educación infantil se quere contribuír amellorar esta competencia, é preciso que se propoñansituacións nas cales sexa necesario resolver problemasreais, para o cal se recorrerá ao tratamento da informa-ción e ao uso dos recursos tecnolóxicos dispoñibles.

*Competencia social e cidadá.

Esta competencia posibilita comprender a realidadesocial en que se vive, cooperar, convivir e exercer acidadanía democrática nunha sociedade plural, así

Page 27: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nº 121 � Martes, 23 de xuño de 2009 10.799DIARIO OFICIAL DE GALICIA

como comprometerse a contribuír á súa mellora. Nelaestán integrados coñecementos diversos e habilidadescomplexas que permiten participar, tomar decisións,elixir como comportarse en determinadas situacións eresponsabilizarse das eleccións e decisións adoptadas.

En consecuencia, entre as habilidades desta com-petencia destacan coñecerse e valorarse, sabercomunicarse en distintos contextos, expresar as pro-pias ideas e escoitar as alleas, ser capaz de poñerseno lugar do outro e de comprender o seu punto devista aínda que sexa diferente do propio, así comotomar decisións nos distintos niveis da vida comuni-taria, valorando conxuntamente os intereses indivi-duais e os do grupo. Ademais, implica a valoracióndas diferenzas á vez que o recoñecemento da igual-dade de dereitos entre os diferentes colectivos, enparticular, entre homes e mulleres.

Igualmente, supón a práctica do diálogo e da nego-ciación para chegar a acordos como forma de resolveros conflitos, tanto no ámbito persoal como no social.

Así, desde a educación infantil contribuirase aodesenvolvemento desta competencia traballando ashabilidades sociais que permiten mediar nos confli-tos de convivencia, axudan a resolvelos con actitudeconstrutiva e a tomar decisións con autonomía.

*Competencia cultural e artística.

Esta competencia supón coñecer, comprender,apreciar e valorar criticamente diferentes manifesta-cións culturais e artísticas, utilizalas como fonte deenriquecemento e de gozo e consideralas como partedo patrimonio dos pobos. Apreciar o feito cultural enxeral, e o feito artístico en particular, leva implícitodispoñer daquelas habilidades e actitudes que permi-ten acceder ás súas distintas manifestacións, así comohabilidades de pensamento, perceptivas e comunica-tivas, sensibilidade e sentido estético para podercomprendelas, valoralas, emocionarse e gozalas.

Na educación infantil contribuirase ao desenvolve-mento desta competencia cando o centro estea abertoás diferentes manifestacións culturais e artísticas,converténdose nun espazo en que se aprecie e gocecoa arte e coas manifestacións culturais, onde sepotencie o emprego dalgúns recursos da expresiónartística para realizar creacións propias; onde se man-teña unha actitude aberta, respectuosa e crítica cara ádiversidade de expresións artísticas e culturais e ondese impulse cultivar a capacidade estética e creadorade cada criatura e o interese por participar na vidacultural e por contribuír á conservación do patrimonio.

*Competencia para aprender a aprender.

Aprender a aprender supón dispoñer de habilida-des para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz decontinuar aprendendo de maneira cada vez máis efi-caz e autónoma de acordo cos propios obxectivos enecesidades. Esta competencia ten dúas dimensiónsfundamentais: a adquisición da conciencia das pro-pias capacidades -intelectuais, emocionais, físicas-,do proceso e das estratexias necesarias para desen-volvelas; e a conciencia do que se pode facer por unmesmo e do que se pode facer con axuda doutraspersoas ou recursos. Significa ser consciente do que

se sabe e do que é necesario aprender, de como seaprende e de como se xestionan e controlan de for-ma eficaz os procesos de aprendizaxe, optimizán-doos e orientándoos a satisfacer obxectivos persoais.

Contribuirase á mellora desta competencia deseñan-do unha práctica educativa que incida na potenciaciónda comprensión e da expresión lingüística, da memo-ria, da motivación, da observación, dos rexistros dasaprendizaxes, do traballo cooperativo e por proxectos,da resolución de problemas, posibilitando por parte dosnenos e nenas a planificación e organización da tarefaque se vai realizar, a selección e o tratamento da infor-mación a través dos diferentes recursos tecnolóxicos.

*Autonomía e iniciativa persoal.

Esta competencia refírese, por unha parte, á adquisi-ción da conciencia e aplicación dun conxunto de valorese actitudes persoais interrelacionadas como a responsa-bilidade, a perseveranza, o autocoñecemento e a autoes-tima, a creatividade, a autocrítica, o control emocional, acapacidade de elixir, de calcular riscos e de afrontar osproblemas, así como a capacidade de demorar a necesi-dade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros ede asumir riscos. Por outra parte, remite á capacidade deelixir con criterio propio, de propoñer proxectos e delevar adiante as accións necesarias para desenvolver asopcións e plans persoais -no marco de proxectos indivi-duais ou colectivos- responsabilizándose deles tanto noámbito persoal, como no social e no laboral.

Poderase contribuír a mellorar esta competenciacando se permita imaxinar, emprender accións,desenvolver proxectos individuais ou colectivos concreatividade, confianza e responsabilidade.

O enfoque por competencias modifica os puntos devista convencionais sobre a forma de aprender e deensinar, pois o aspecto central non é a acumulaciónde coñecementos, senón o desenvolvemento das posi-bilidades que posúe calquera individuo mediantefórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas.

II. AUTORIDADES E PERSOAL

b) NOMEAMENTOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,ADMINISTRACIÓNS PÚBLICASE XUSTIZA

Decreto 331/2009, do 4 de xuño, polo quese designan representantes da Comunida-de Autónoma de Galicia na ComisiónGalega de Cooperación Local.

A Comisión Galega de Cooperación Local creouseao abeiro da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Admi-nistración local de Galicia, como órgano permanen-te de colaboración para a coordinación entre aAdministración autonómica e as entidades locais,sendo desenvolvida polo Decreto 280/1998, do 24