de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio...

92

Transcript of de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio...

Page 1: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:
Page 2: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:
Page 3: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

Parque Natural do complexo dunar deCorrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Pedro Galán Regalado

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO ELAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

PARQUE NATURAL

Guía dos anfibios e

réptiles

Page 4: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

EEddiittaa:: Xunta de GaliciaConsellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento SostibleDirección Xeral de Conservación da Natureza

TTeexxttooss:: Pedro Galán Regalado

RReevviissiióónn lliinnggüüííssttiiccaa:: Ana Marcos Nieto

FFoottooggrraaffííaass ee iilluussttrraacciióónnss::Pedro Galán Regalado

DDeesseeññoo ggrrááffiiccoo ee mmaaqquueettaacciióónn::mazairagrafismo, sl

IImmpprreessiióónn:: Alva gráfica, sl

DDeeppóóssiittoo lleeggaall:: C 3.336-2006

© desta edición: Xunta de Galicia© textos, figuras e fotografías: Pedro Galán Regalado

Page 5: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

5

Guía dos anfibios e réptiles

IInnttrroodduucciióónn ................................................................................. 7

IInnffoorrmmaacciióónn ddaa gguuííaa ............................................................... 8

OO PPaarrqquuee NNaattuurraall ddoo ccoommpplleexxoo dduunnaarr ddee CCoorrrruubbeeddoo ee llaaggooaass ddee CCaarrrreeggaall ee VViixxáánn .................. 10

Clima ..................................................................................... 11

HHáábbiittaattss ddaa hheerrppeettooffaauunnaa ddoo ppaarrqquuee nnaattuurraall ................ 12Dunas e areais ................................................................... 12Matos .................................................................................... 12Bosques ................................................................................ 13Medios antropoxénicos ................................................... 14Humidais .............................................................................. 15

OOss aannffiibbiiooss ee rrééppttiilleess ddoo ppaarrqquuee nnaattuurraall ......................... 18

AAmmeeaazzaass ee ccoonnsseerrvvaacciióónn ........................................................ 20

OOss aannffiibbiiooss .................................................................................. 22Clave de larvas de anfibios ........................................... 23Clave de postas e ovos de anfibios ............................ 27Píntega común (Salamandra salamandra) ............... 30Saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica) ..... 32Tritón común (Lissotriton boscai) ................................ 34Tritón verde (Triturus marmoratus) ............................. 36Sapo pinto (Discoglossus galganoi) ............................ 38Sapo parteiro (Alytes obstetricans) ............................. 40Sapo de esporas (Pelobates cultripes) ....................... 42Sapo común (Bufo bufo) ................................................ 44Sapo corredor (Bufo calamita) ...................................... 46Rela (Hyla arborea) .......................................................... 48Ra verde (Rana perezi) .................................................... 50Ra patilonga (Rana iberica) ........................................... 52

OOuuttrraass eessppeecciieess ddee aannffiibbiiooss .................................................. 54Tritón palmado (Lissotriton helveticus) ..................... 54

ÍndicePáxina

Page 6: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

6

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

OOss rrééppttiilleess ................................................................................... 55Lagarto arnal (Timon lepidus) ...................................... 56Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) ....................... 58Lagarta dos penedos (Podarcis hispanica) ............... 60Lagarta común (Podarcis bocagei) ............................. 62Esgonzo común (Chalcides striatus) .......................... 64Escáncer común (Anguis fragilis) ................................ 66Cobra de escada (Rhinechis scalaris) ......................... 68Cobra lisa común (Coronella austriaca) .................... 70Cobra lisa meridional (Coronella girondica) ............ 72Cobra de colar (Natrix natrix) ....................................... 74Cobra viperina (Natrix maura) ...................................... 76Víbora de Seoane (Vipera seoanei) ............................ 78

OOuuttrraass eessppeecciieess ddee rrééppttiilleess ................................................... 80Sapoconcho común (Emys orbicularis) ...................... 80Sapoconcho de Florida (Trachemys scripta) ............ 82Tartarugas mariñas ........................................................... 83Lagarta rabuda (Psammodromus algirus) ................ 86Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai) ....................... 87

BBiibblliiooggrraaffííaa ................................................................................. 89

Page 7: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

7

Guía dos anfibios e réptiles

Un dos principais valores faunísticos do Parque Natural do com-plexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán son assúas poboacións de anfibios e réptiles. É un espazo natural deespecial interese para a conservación destas especies, especial-mente dalgunhas das máis ameazadas no conxunto de Galicia.Nos últimos anos, a importancia faunística dos anfibios e répti-les medrou moi considerablemente, tanto desde o punto devista científico como na súa consideración como parte moi des-tacada do patrimonio natural. Non só constitúen unha das par-tes da biodiversidade que recibe máis atención por parte dosinvestigadores, tendo en conta a cantidade e calidade de estu-dos realizados, senón que o feito de ser uns dos grupos animaisque están sufrindo declives máis fortes (sobre todo no caso dosanfibios), convérteos en obxectivo prioritario nos traballos deconservación. A súa forte vinculación ás características físicasdos hábitats que ocupan e a súa escasa capacidade de despra-zamento, outórganlles un papel relevante como bioindicadoresda calidade medioambiental. Cando eles desaparecen (e o estánfacendo) é que as cousas van mal no medio natural.Os anfibios e réptiles son estudados conxuntamente como unharama da zooloxía nomeada Herpetoloxía e a fauna que integraos dous grupos coñécese como Herpetofauna. Ambos termosderivan do grego “herpeton”, que significa “o que repta”, facen-do referencia ao modo de desprazarse de moitos deles.O noroeste ibérico (Galicia, en sentido amplo) é unha zonaespecialmente rica en herpertofauna no contexto europeo, quereviste alto interese pola presenza conxunta de especies de moidiversa orixe bioxeográfica: eurosiberianas (orixe norteño),mediterráneas (orixe meridional) e endémicas ibéricas (orixe napropia zona occidental ibérica). O parque natural sitúase nunhazona de especial importancia neste contexto de confluencia deespecies con diferente orixe bioxeográfica pola súa situación nazona media da fachada atlántica galega. Así mesmo, ten granimportancia por albergar varios dos hábitats máis ameazados,como son os ecosistemas dunares, lacunosos e humidais esta-cionais. Tamén representa unha das últimas áreas onde sobrevi-ven algunhas das especies de herpetos máis ameazadas deGalicia, como por exemplo, o sapo de esporas. Contribuír aocoñecemento, respecto e valoración como patrimonio naturaldeste conxunto de animais é o principal obxectivo desta guía.

Introdución

Page 8: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

8

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Os datos para a realización da guía obtivéronse mediante aprocura de anfibios e réptiles en percorridos sistemáticos portodos os hábitats e zonas do parque ao longo do ciclo com-pleto de actividade destes animais. Tamén se tiveron en contaas citas bibliográficas recentes doutros autores, se ben indíca-se claramente no texto dedicado a cada especie, cales foronatopadas por nós nestas prospeccións e cales non. En cadaespecie inclúese un mapa de distribución (cos principais hábi-tats do parque) que mostra os rexistros obtidos nas prospec-cións de campo, sinalando cun punto a súa presenza en cua-drículas de 250 m de lado. Estas cuadrículas están baseadasna cartografía do parque natural en proxección U.T.M. e sonunha aproximación obxectiva á distribución de cada especie,aínda que só mostran onde foron atopadas nas nosas pros-peccións. Por iso, tendo en conta que a maior parte dos her-petos levan unha vida moi oculta e pasan desapercibidos confacilidade, a distribución real pode ser nalgúns casos moitomáis extensa da que mostran os mapas.Ademais de incluír descricións e fotos que permitan a doadaidentificación das especies (primeiro obxectivo da guía),tamén se inclúe información sobre a súa abundancia e distri-bución no parque natural, así como datos relevantes sobre asúa bioloxía que poidan ser de utilidade para o maior coñece-mento destas especies, a miúdo non moi ben consideradas(nin tratadas) polo ser humano.

Información da guía

Page 9: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

9

Guía dos anfibios e réptiles

Page 10: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

10

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O parque natural está situado no extremo suroeste da penín-sula do Barbanza, entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia,dentro do concello de Ribeira, na provincia da Coruña. Foideclarado parque natural en 1992 co nome de Parque Naturaldo complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán(Decreto 139/1992 de 5 de xuño; DOG nº 114 de 16 de xuñode 1992). Ten unha extensión de 996,25 ha.Estes humidais foron declarados tamén de importancia interna-cional, como Humidal Ramsar, o 26 de marzo de 1993 e ade-mais está incluído na Rede Natura 2000 como Lugar de impor-tancia comunitaria (LIC) baixo o nome de Complexo húmido deCorrubedo, que inclúe tamén as lagoas de Xuño e Muro, aspraias e dunas veciñas e a illa de Sálvora. Está tamén declaradocomo Zona de especial importancia para as aves (ZEPA), aoamparo da Directiva comunitaria 79/409/CEE. Polo tanto,conta cun amplo recoñecemento dos seus valores naturais e dasúa importancia na conservación da biodiversidade.No parque natural existe un sistema dunar formado por douscordóns litorais de dunas, nos que destaca unha gran dunamóbil de máis de 1 Km de lonxitude por 200-250 m de anchoe 12-15 m de altura. Ao abeiro desta barreira dunar esténde-se un amplo espazo interior composto por dunas grises (dunasestabilizadas), marismas e lagoas litorais, unha delas en con-tacto co mar por un sistema de canles de auga salgada(Carregal), e outra illada do mar e de auga doce (Vixán). Sobreas dunas primarias asentan as comunidades pertencentes áclase Ammophiletea e nas dunas fixas á clase Hellichryso cru-cianelletea. A vexetación das lagoas mariñas costeiras e dasxunqueiras en auga salgada, correspondentes aos ambientesacuáticos da lagoa de Carregal, abrangue as comunidades daclase Juncetea maritimi.Ademais das lagoas, os areais e as dunas, este espazo protexi-do posúe diversos hábitats que teñen carácter prioritariosegundo a lexislación europea sinalada na Directiva deHábitats, desde cantís mariños con vexetación das costasatlánticas, até matos secos europeos, matos húmidos atlánti-cos ou herbeiras húmidas de herbas altas, entre outros.

O Parque Natural do

complexo dunar de Corrubedo e

lagoas de Carregal e Vixán

Page 11: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

11

Guía dos anfibios e réptiles

Dentro dos grupos faunísticos máis significativos presentes noparque, adoitan sinalarse, en primeiro lugar, as aves ligadasaos medios acuáticos, tanto salgados como doces, principal-mente anátidas e limícolas; en segundo lugar as comunidadesde invertebrados presentes nas zonas afectadas polas mareas,e en terceiro lugar, os anfibios e réptiles. Nesta guía ocuparé-monos deste último e importante grupo faunístico.

CClliimmaa

A zona do parque natural, como o resto do sector litoral da penín-sula do Barbanza, forma parte do dominio ombrotérmico húmi-do-cálido da fachada atlántica (tipo oceánico húmido), caracteri-zado polas elevadas precipitacións, a débil oscilación térmica e oimportante déficit hídrico estival. A temperatura media anual élixeiramente superior aos 14°C, cunha temperatura media doverán de 18,5°C e de 9,5°C no inverno. A precipitación anualmedia é duns 1.200 mm, repartidos durante 115-130 días dechoiva ao ano. O máximo pluviométrico prodúcese no inverno,con xaneiro á cabeza dos meses máis chuviosos. O número demeses con precipitacións superiores a 100 mm esténdese deoutubro a marzo. As mínimas precipitacións prodúcense en xullo,co trimestre xuño-agosto con choivas por debaixo de 50 mmcada mes. Este descenso da choiva no verán é o responsable daexistencia dun período de seca estival, con ETP superior á dispo-ñibilidade hídrica. Este período de déficit hídrico marca a fin dosciclos anuais das comunidades de anfibios do parque, que come-zan de novo coas choivas do inicio do outono.

Vista xeral do parque natural desde o monte Castro Cidade.

Page 12: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

Os anfibios e réptiles son animais moi ligados aos medios quehabitan pola súa baixa capacidade de desprazamento, a necesi-dade de refuxiarse na vexetación ou no solo ante os cambios detemperatura ou humidade, ter que reproducirse en determina-dos tipos de augas doces (caso dos anfibios), etc. Por iso éimportante para podelos ver, coñecer os hábitats que ocupan.

DDuunnaass ee aarreeaaiiss

Nas dunas de area móbil (como a gran duna deste parque natu-ral) que se atopan cara ao mar, con pouca vexetación(Ammophila, Elymus, etc.) ou ningunha, practicamente carecende anfibios e réptiles, xa que moi poucas especies de herpetospoden vivir nelas ao carecer de refuxios e estar expostas á accióndo vento, que fai inestable o substrato. Mais nas dunas grises,formadas por areas xa fixadas pola vexetación, cubertas de liques(como Tortula, Polytrichum, etc.), herbeiras e matos dispersos debaixo porte (Cistus, Daphne, etc.), albergan unha interesantísimaherpetofauna, entre a que destaca, no caso dos anfibios, o sapode esporas (Pelobates cultripes) e o sapo corredor (Bufo calami-ta), ambos cavadores de substratos brandos (como a area) nosque se enterran nos períodos desfavorables. Nos réptiles, unhadas especies máis abundante é o esgonzo común (Chalcidesstriatus), especialmente nas herbeiras sobre estes solos areosos.

MMaattooss

Ocupan diversas zonas do parque natural, principalmente no inte-rior, dominando especies de matos boreais e atlánticos formadospor toxos (Ulex, especialmente U. europaeus) e xestas (Cytisusstriatus, C. scoparius) máis ou menos mesturados con ericáceasdos xéneros Erica e Calluna, cistáceas (como Cistus) e silvas(Rubus). Viven neles diversas especies de anfibios e réptiles deorixe boreal, como a píntega común (Salamandra salamandra),sapo común (Bufo bufo), escáncer (Anguis fragilis) ou a cobra lisacomún (Coronella austriaca), e tamén especies endémicas do

12

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Hábitats da herpetofauna

do parque natural

Page 13: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

13

Guía dos anfibios e réptiles

noroeste ibérico, como o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) oua víbora de Seoane (Vipera seoanei). Nos lindeiros e claros daszonas de mato, cubertos de herbeiras (Agrostis, Bromus, etc.), sonocupados polo esgonzo común (Chalcides striatus).Nestas zonas de mato aparecen moi frecuentemente nos cumiosdo monte e ladeiras con certa pendente rochedos e pedregais,orixinados pola erosión (moitas veces froito do efecto combina-do e repetido dos incendios estivais e as choivas invernais). Estaszonas rochosas e pedregosas con mato disperso son ocupadaspor especies máis termófilas e xerófilas (que precisan mediosmáis quentes e secos), como a lagarta dos penedos (Podarcishispanica), o lagarto arnal (Timon lepidus), ou a cobra lisa meri-dional (Coronella girondica), así como os anfibios máis adapta-dos aos medios secos, como os sapos parteiro (Alytes obstetri-cans), común (Bufo bufo) e corredor (Bufo calamita).

BBoossqquueess

Na actualidade é moi escasa a superficie do parque naturalcuberta por fragas ou carballeiras, aparecendo pequenas masasdispersas de Quercus robur e Q. pyrenaica, mesturadas conoutras especies arbóreas. O proceso de degradación destes bos-ques orixina unha serie de comunidades de mato (toxeiras, xes-teiras, queirogais, etc.), xa comentadas. Tamén poden atoparsealgúns restos dos bosques ancestrais nos escasos pés arbóreosde soutos, sebes e valados que limitan fincas, cultivos e prados.Outro bosque autóctono, a ripisilva de ameneiros (Alnus gluti-

As zonas de mato con rochas son un importante hábitat para os réptiles.

Page 14: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

14

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

nosa), salgueiros (Salix) e outras árbores ribeirás, ten mellorrepresentación, seguindo os cursos dos ríos, como o Artes ou oSirves, e tamén dalgúns regos. A maior superficie deste espazonatural protexido está cuberta por plantacións forestais depiñeiros (Pinus pinaster) e eucaliptos (Eucalyptus globulus), decarácter alóctono e que frecuentemente poden aparecer mestu-radas con outras árbores ou formacións de mato.Os anfibios típicos dos bosques, como a píntega común(Salamandra salamandra) ou o sapo común (Bufo bufo), taménpoden subsistir nas zonas de mato, pero algunhas das especiesmáis escasas, como a saramaganta rabilonga (Chioglossa lusita-nica) ou a ra patilonga (Rana iberica), só se atopan nas ripisilvasmáis sombrías, nas ribeiras dos ríos e arroios.Os réptiles precisan máis sol para vivir e por tanto, zonas máisabertas; é por iso que se localizan nos lindeiros e nos clarosdos bosques. Nestas zonas son frecuentes os escánceres(Anguis fragilis), esgonzos (Chalcides striatus), lagartos das sil-vas (Lacerta schreiberi), cobras lisas comúns (Coronella aus-triaca) e víboras de Seoane (Vipera seoanei).

MMeeddiiooss aannttrrooppooxxéénniiccooss

Os medios creados polo home, como zonas de cultivo, muros,construcións, etc., forman tamén importantes hábitats para osanfibios e réptiles. As dúas especies de lagartas do xénero

Medios antropoxénicos: muros, valos e pozas, hábitats moi axeitados para anfibios e réptiles.

Page 15: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

15

Guía dos anfibios e réptiles

Podarcis do parque natural, P. bocagei e P. hispanica, sonespecialmente frecuentes en hábitats humanos, como murosde casas e valados de pedra. Tamén ocupan estes medios, asícomo os valados entre fincas, o lagarto arnal (Timon lepidus)e o das silvas (Lacerta schreiberi). Os medios de auga doce arti-ficiais, como fontes, lavadoiros, pozas, etc., constitúen taménimportantes hábitats para os anfibios.

HHuummiiddaaiiss

Algúns dos principais medios húmidos, como a lagoa deCarregal, en contacto co mar, e as extensas marismas que arodean, practicamente carecen de herpetofauna polo seucarácter salobre. Unicamente poden atoparse as especiesmáis tolerantes coa salinidade, como o sapo pinto(Discoglossus galganoi) e o sapo corredor (Bufo calamita)nas zonas de transición entre a marisma halófila e as her-beiras húmidas do interior.

Charca de Olveira.

Page 16: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

16

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

LLaaggooaass ee rrííoossA grandes charcas permanentes de auga doce, entre asque destaca a lagoa de Vixán, mais tamén as charcas nasantigas zonas de escavacións, como a de Olveira, así comoos tramos finais de corrente remansada dos ríos, todos elescon abundante vexetación acuática nas marxes (carrizos,espadanas, etc.), forman uns dos principais hábitats paraos anfibios. Diversas especies acoden a reproducirse nes-tes medios acuáticos, como os tritóns (Triturus marmora-tus, Lissotriton boscai), sapos de esporas (Pelobates cultri-pes) e comúns (Bufo bufo), ás veces desde zonas distantes,máis secas. Outras especies de anfibios viven todo o anonas súas beiras, especialmente as ras verdes (Rana perezi),mais tamén as relas (Hyla arborea) e os sapos pintos(Discoglossus galganoi), aínda que este último vive prefe-rentemente nas herbeiras húmidas que rodean estas char-cas. Entre os réptiles, destacan as dúas especies de cobrasde auga, que se alimentan de anfibios, a de colar (Natrixnatrix), máis frecuente nas herbeiras das marxes, e a vipe-rina (Natrix maura), nas beiras ou dentro da auga. As dúasson boas nadadoras.

CChhaarrccaass eessttaacciioonnaaiissNas depresións do terreo, en zonas de chan pouco pendentee en zonas escavadas pouco fondas, fórmanse encharcamen-tos estacionais, que se manteñen con auga desde o outonoá primavera, secándose durante o verán. Son moi represen-tativas no parque natural as depresións húmidas intraduna-res estacionais, con Juncus acutus e Schoenus nigricans, asícomo as herbeiras húmidas con Scirpus maritimus. De gran-de importancia para a reprodución dos anfibios, especial-mente para os sapos de esporas (Pelobates cultripes), pinto(Discoglossus galganoi) e corredor (Bufo calamita). Nas máisfondas tamén poden criar tritóns, relas (Hyla arborea) e rasverdes (Rana perezi).

Page 17: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

17

Guía dos anfibios e réptiles

MMaannaanncciiaaiiss,, ffoonntteess ee ppeeqquueennaass cchhaarrccaassHabituais e espalladas neste espazo natural, sobre todo enzonas de cultivo, matos e bosques, acollen boas poboaciónsde anfibios. Acoden a realizar a cría o tritón común(Lissotriton boscai) e tamén para deixar as súas larvas a pín-tega común (Salamandra salamandra) e o sapo parteiro(Alytes obstetricans).

AArrrrooiiooss ee ppeeqquueennaass ccoorrrreenntteess ddee aauuggaaXeralmente situadas nas zonas montuosas que rodean o par-que natural e cubertas por arboredo de ameneiros e salguei-ros que crean ambientes sombríos e húmidos, constitúen oprincipal hábitat para as escasas e periféricas poboacións desaramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica) na zona. Taménson habitadas pola ra patilonga (Rana iberica), o tritón común(Lissotriton boscai) e o sapo común (Bufo bufo).

Charcas estacionais nas dunas fixas nos campos de Olveira. Ao fondo a gran duna móbil.

Page 18: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

18

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Neste espazo natural protexido atopamos até agora 12 das 14especies de anfibios presentes en Galicia, é dicir, a prácticatotalidade das especies da comunidade excepto dúas, dascales a lo menos unha (o tritón palmado) é moi posible a súapresenza xa que hai algunha referencia del no parque naturale está presente na veciña serra do Barbanza. Destas especies,4 son Urodelos ou anfibios con cola, da familiaSalamandridae: 2 saramagantas (aínda que a súa presenza émarxinal) e 2 tritóns (comúns e ben espallados). As 8 especiesrestantes son Anuros ou anfibios sen cola na fase adulta, eestán moi diversificados en diferentes familias (así como for-mas de vida e hábitats). Deles, 2 pertencen á familiaDiscoglossidae (os sapos pinto e parteiro), 1 á Pelobatidae (osapo de esporas), 2 á Bufonidae ou sapos típicos (saposcomún e corredor), 1 á Hylidae ou ras arborícolas (a rela ouestroza) e 2 á Ranidae ou ras típicas (as ras verde e patilonga).As causas que poden explicar esta alta riqueza específica deanfibios son principalmente tres: a situación xeográfica desteespazo, a elevada diversidade de medios acuáticos presentesnel e a ausencia nestes medios doceacuícolas de crustáceos epeixes alóctonos introducidos.Con respecto aos réptiles, atopamos 6 especies de saurios dototal de 14 citadas en Galicia (43%) e outras 6 especies deserpes das 8 galegas (75%). A isto habería que engadir osapoconcho común (Emys orbicularis), presente no pasado naárea do parque natural, logo extinguido, e desde o ano 2003introducido na charca de Olveira (aínda que só uns poucosexemplares). Tamén poderían considerarse como pertencen-tes a herpetofauna que pode ser vista aquí (aínda que sexade xeito excepcional, como acontece con certas aves diva-gantes) as dúas especies de tartarugas mariñas que, de candoen cando, varan nas súas praias: a tartaruga mariña de coiroe a tartaruga mariña común. Finalmente, nos últimos anostense visto nalgunha charca, algún exemplar illado do sapo-concho de Florida (Trachemys scripta), procedente da libera-ción de individuos cativos. É unha especie alóctona (do surdos EE.UU.) que pode ser unha importante ameaza para afauna autóctona.

Os anfibios e réptiles

do parque natural

Page 19: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

19

Guía dos anfibios e réptiles

Se os ofidios están ben representados, o número de especies desaurios é menor e constitúe un feito curioso que até o momentonon tiveramos atopadas dúas especies moi típicas dos areais cos-teiros da Galicia meridional, como son a lagarta rabuda(Psammodromus algirus) e o esgonzo ibérico (Chalcides bedria-gai). É moi posible a súa presenza, xa que foran citadas no par-que natural ou en zonas moi próximas a el e, dada a vida ocultadestas especies, é moi doado que poidan pasar desapercibidas.Por esta causa, descríbense tamén no apartado das especies.Todos os réptiles presentes (excepto as tartarugas, da ordeTestudines) pertencen á orde Squamata (escamosos), tantoserpes coma lagartos. Dentro del, hai representantes doslagartos típicos ou lacértidos (Lacertidae), con 4 especies,esgonzos ou escíncidos (Scincidae) e escánceres comúns ouánguidos (Anguidae), cada unha destas dúas últimas con sóunha especie. Nos ofidios ou serpes, 5 especies pertencen áfamilia das cobras típicas ou colúbridos (Colubridae) e a últi-ma, á familia das víboras ou vipéridos (Viperidae). De toda aherpetofauna do parque, esta última é a única que pode con-siderarse perigosa, por ter veleno, se ben tenta sempre fuxirante a presenza do home, polo que a posibilidade dun acci-dente é moi remota se non se lle intenta coller coa man.Como é característico nas zonas meridionais da costa galega,onde se atopa o Parque, mestúranse na súa fauna especiessetentrionais, de carácter eurosiberiano, adaptadas aos hábitatsmáis húmidos e frescos, como, por exemplo, a rela (Hyla arbo-rea) ou a cobra lisa común (Coronella austriaca), con especiesmeridionais, de orixe mediterránea, vinculadas aos medios máissecos e quentes, como, por exemplo, o sapo de esporas(Pelobates cultripes) ou a cobra lisa meridional (Coronella giron-dica). Entre eles, aínda hai unha representación máis numerosade especies endémicas do occidente da península Ibérica, quemanteñen moi boas poboacións nos diversos hábitats do parquenatural, como, por exemplo, o tritón común (Lissotriton boscai)ou o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), por citar só unhaespecie de anfibio e outra de réptil en cada caso. No apartadodedicado a distribución de cada especie na guía indícase o seucarácter bioxeográfico e a súa abundancia no parque natural.

Page 20: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

20

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Os anfibios e réptiles son animais estreitamente ligados áscaracterísticas físicas dos hábitats que ocupan xa que, entreoutros condicionantes, teñen unha baixa capacidade de despra-zamento e precisan da cobertura vexetal e do solo, non só comolugar de refuxio, senón tamén para regular a súa humidade etemperatura corporal. Por iso son moi sensibles ás modificaciónsproducidas por causas humanas nos medios naturais. A altera-ción destes (por fragmentación, destrución, contaminación, etc.)ou a introdución de especies alóctonas (peixes, caranguexo ver-mello, etc.), entre outras moitas causas (como os cambios naagricultura e nos usos do solo, a urbanización, etc.), están a pro-vocar serios declives poboacionais e mesmo a extinción de moi-tas poboacións de herpetos, tanto en Galicia como no resto domundo. Os anfibios, polas súas características biolóxicas (pelnúa e permeable a todo tipo de axentes químicos, ciclos vitaisque combinan fases terrestres e acuáticas, etc.), son especial-mente vulnerables ás alteracións ambientais e por iso poden serconsiderados bos bioindicadores da calidade do medio. En moi-tos casos, os declives poboacionais e as extincións poden rela-cionarse directamente cos impactos provocados polas activida-des humanas sobre o medio natural, por tanto, noutros casosnon. Observáronse extincións sen que aparentemente o medionatural se alterase ou teña existido unha causa directa. Estefenómeno, que afecta a todo o planeta, foi denominado“Declive global dos anfibios” e tratóuselle de buscar explicaciónnos cambios ambientais globais (cambio climático, incrementoda radiación ultravioleta, contaminación química xeneralizada,choiva ácida, etc.). Hoxe en día comprobouse que, ademais des-tes factores e en íntima relación con eles, unha das principaiscausas é o efecto de axentes patóxenos, bacterianos, víricos efúnxicos, das denominadas “Enfermidades emerxentes”. Un dosprincipais axentes responsables do declive global dos anfibios éo fungo quitridio Batrachochytrium dendrobatides que causa aquitridiomicosis, que xa afectou a moitas poboacións de anfi-bios na Península Ibérica e no resto do mundo. Aínda que nocaso das poboacións de réptiles non se detectaron axentes pató-xenos tan xeneralizados, tamén están sufrindo graves reducións,sobre todo pola alteración dos hábitats.Recoñecendo a súa vulnerabilidade e o seu importante papelnos ecosistemas e como patrimonio natural, as especies de anfi-

Ameazas e conservación

Page 21: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

21

Guía dos anfibios e réptiles

bios e réptiles do parque (e do resto de Galicia e España) estánprotexidas pola lei. As diferentes normativas (comunitarias, esta-tais e autonómicas) están recollidas na Lei 4/1989, na Lei9/2001, nos Reais Decretos 439/1990 e 1997/1995, asícomo pola Directiva de Hábitats comunitaria, 92/43/CEE, e osconvenios internacionais de Berna, Bonn e Washington. Polotanto, está prohibido matalas ou capturalas. Polo tanto, en fortecontraste coa situación real das poboacións de anfibios e répti-les (gravemente diminuídas e ameazadas), de estar protexidaspola lei, de ser maioritariamente inofensivos e do seu carácterbeneficioso para a agricultura e os ecosistemas en xeral, nalgúnscasos seguen sufrindo persecución directa por parte do homepor crenzas tradicionais sobre a súa presunta perigosidade, e osseus hábitats son alterados por diversas actividades.Fronte a isto, a medida de protección máis eficaz para todoseles é a conservación dos seus hábitats, tanto terrestres comoacuáticos, evitando a súa alteración e a introdución de especiesalóctonas. O carácter de espazo natural protexido que ten esteparque natural é unha salvagarda para a conservación dos seushábitats e da súa herpetofauna (aínda que persistan algunhasameazas, coma os incendios provocados). Tendo en conta isto,a maior ameaza actual nesta zona protexida sería a introduciónde especies alóctonas de peixes ou crustáceos (como o caran-guexo vermello americano, Procambarus clarkii) que, entreoutros efectos negativos, chegan a exterminar as poboaciónsde anfibios consumindo ovos e larvas nas charcas de cría.A conservación de espazos naturais de singular valor, é unhamedida necesaria para a súa salvagarda, pero para que sexanmedidas tamén suficientes terá que combinarse co desenvolve-mento de políticas que favorezan na súa periferia e no resto doterritorio as prácticas agrícolas, gandeiras e urbanísticas res-pectuosas co medio natural e o desenvolvemento sustentable.

Page 22: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

22

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Os anfibios son o grupo máis antigo de vertebrados terrestres,que se diversificaron hai máis de 300 millóns de anos, noPaleozoico. Os anfibios actuais inclúen tres grupos: as pínte-gas e tritóns (orde Caudata), as ras e sapos (orde Anura) e ascecilias (orde Gymnophiona), este último sen representantesna fauna europea. No seu conxunto forman un grupo moidiversificado, con máis de 4.800 especies actuais, principal-mente anuros. A adaptación dos anfibios á vida terrestre éincompleta, a causa da súa dependencia da auga para areprodución e a súa pel núa e húmida, que non impide dexeito eficaz a deshidratación. A necesidade de manter húmi-da a pel é a causa da súa actividade restrinxida aos períodosmáis húmidos, tanto do ano (outono-primavera), como do día(son maioritariamente nocturnos), así como a vivir nas zonasmáis ou menos húmidas.A reprodución realízase na auga na maioría das especies,tendo unha fecundación externa. Os seus ovos carecen demembranas extraembrionarias protectoras, teñen pouco vite-lo e desenvólvense normalmente na auga. Destes ovos nacenunhas larvas acuáticas, moi diferentes aos adultos, con bran-quias externas no caso dos urodelos e internas nos anuros. Aofinal da fase de desenvolvemento larval, prodúcese a meta-morfose, transformándose a larva acuática nun individuoadaptado á vida terrestre. Por causa das grandes diferenzasexistentes entre as larvas e os adultos en cada especie, inclú-ense a continuación unha clave para a identificación das pri-meiras, complementadas por outra para a identificación daspostas e ovos de anfibios.

Os anfibios

Page 23: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

23

Guía dos anfibios e réptiles

Todos os anfibios do parque natural pasan por unha fase dedesenvolvemento larval acuático en charcas ou outros tipos demedios acuáticos. Por isto, en moitos casos é máis doado atoparlarvas que adultos. Para a identificación das larvas, bastará reco-llelas nun frasco de cristal transparente con auga e examinalascunha lupa (de 8x ou 10x aumentos), devolvéndoas despois ácharca onde foran collidas. É moi importante ter en conta taménpara a correcta identificación o medio acuático onde se atopen.O tamaño da larva é ás veces un carácter útil para a identifica-ción (por isto é conveniente ter tamén una regra milimetrada ouun calibre), mais hai que ter en conta que as dimensións que sedan na clave corresponden a larvas ben desenvolvidas.

CCllaavvee ddee llaarrvvaass ddee aannffiibbiiooss

1A. Con branquias externas na parte poste-rior da cabeza, corpo delgado con 4patas durante gran parte do seu desen-volvemento larval. Larvas de Urodelos.

1B. Con branquias internas non visibles,excepto os acabados de eclosionar; corpogroso e cola longa (típico “cágado”). Senpatas até o remate do seu desenvolve-mento larval. Larvas de Anuros.

2A. Branquias moi pequenas e patas cur-tas. Corpo moi delgado e longo. A cris-ta caudal non segue polo tronco. Viveen arroios e regos de forte corrente enzonas de vexetación mesta.

2B. Branquias máis longas e corpo máiscurto. A crista caudal chega polomenos até a metade do dorso.

3A. Cabeza moi ancha e grande, case odobre da anchura do corpo; punta dacola redondeada. Cor escura cunhamancha clara na base de cada pata.Vive en fontes, regos e mananciais, ásveces en pequenas charcas preto deríos e arroios.

2

5

Saramaganta rabilonga(Chioglossa lusitanica)

3

Píntega común (Salamandra salamandra)

Clave de larvas de anfibios

Page 24: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

24

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

3B. Cabeza máis estreita, cor máis clara epunta da cola máis ou menos afiada.

4A. Cola rematada nun longo filamento,crista dorsocaudal moi alta. Cor aver-dada con manchas negras. Dedos epatas longos e finos. Lagoas e charcas,normalmente con vexetación acuática.

4B. Punta da cola afiada, pero sen longofilamento. Crista dorsocaudal baixa.Cor parda, xamais verde, sen manchasescuras. Patas e dedos máis curtos.Todo tipo de charcas, mesmo arroios epequenos ríos.

5A. Espiráculo situado no ventre, poucovisible.

5B. Espiráculo na costa esquerda do corpo,máis visible.

6A. Pequenos, até 35 mm. Cor gris pardamoi escura. Cun fino debuxo de liñasreticuladas na crista caudal (só visiblescon lupa). Charcas estacionais, xeral-mente moi superficiais.

6B. Grandes, de máis de 40 mm. Cor pardamáis clara, con algunhas manchasescuras. Sen debuxo reticulado na cris-ta. Charcas de todo tipo, pero xeral-mente máis fondas que ó anterior.

7A. Crista dorsocaudal moi alta e co remateafiado.

7B. Crista dorsocaudal máis baixa e coremate relativamente redondeado.

8A. Moi grande, chegando a ter máis de 60mm de lonxitude. Cola moi robusta e acloaca situada na liña media da mem-brana caudal. Cor parda ou olivácea,pouco contrastada. Charcas tanto per-manentes como estacionais, lagoas.

4

Tritón verde (Triturus marmoratus)

Tritón común (Lissotriton boscai)

6

7

Sapo pinto (Discoglossus galganoi)

Sapo parteiro (Alytes obstetricans)

8

9

Sapo de esporas (Pelobates cultripes)

Clave de larvas de anfibios

Page 25: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

25

Guía dos anfibios e réptiles

8B. Mediana, de menos de 40 mm de lon-xitude. Cloaca no lado dereito damembrana caudal. Cor contrastada,con manchas escuras sobre fondo oli-váceo. Charcas en xeral con vexetaciónnas marxes, marismas e lagoas.

9A. Larvas pequenas, menores de 30 mmde lonxitude total e de cor negra.Crista caudal baixa.

9B. Larvas medianas, de máis de 30 mmde lonxitude. Cor olivácea ou parda;no caso de ser escuras, o ventre adoitaser branco. Crista caudal máis alta.

10A. Segunda ringleira de dentículos bucaissuperiores cunha estreita interrupciónno centro (só visible con lupa). Ríos,lagoas e charcas de certa fondura,xeralmente permanentes.

10B. Segunda ringleira de dentículos bucaissuperiores cunha ancha interrupciónno centro. Charcas estacionais moipouco fondas.

11A. Punta da cola relativamente aguda.Cor dorsal averdada ou olivácea e ven-tre branco anacarado. Lonxitude totalmaior de 45 mm cando está desenvol-vida. Lagoas e charcas en xeral gran-des e con vexetación nas marxes;tamén en ríos de corrente lenta.

11B. Punta da cola máis roma. Cor dorsalpardo máis ou menos escuro, coa zonaventral pouco pigmentada de branco.Lonxitude total menor de 40 mm. Viveen correntes de auga como ríos, arroiose regos.

Rela (Hyla arborea)

10

11

Sapo común (Bufo bufo)

Sapo corredor (Bufo calamita)

Ra verde (Rana perezi)

Ra patilonga (Rana iberica)

Clave de larvas de anfibios

Page 26: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

26

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Larvas de urodelos

1. Píntega común, 2. Saramaganta rabilonga, 3. Tritón verde, 4. Tritóncomún.

Larvas de anuros

1. Sapo de esporas, 2. Sapo pinto, 3. Sapo parteiro, 4. Rela, 5. Sapocorredor, 6. Sapo común, 7. Ra verde común, 8. Ra patilonga.

1 2

3 4

2

1

3

4 5

7 6

8

Page 27: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

27

Guía dos anfibios e réptiles

CCllaavvee ddee ppoossttaass ee oovvooss ddee aannffiibbiiooss

1A. Ovos depositados na auga.

1B. Ovos en terra, levados entre as patastraseiras do macho formando un nove-lo, unidos uns a outros por un filamen-to, coma un rosario. Tamaño grande(3,5-4 mm) e cor amarela cando estánacabados de pór.

2A. Ovos illados uns de outros.

2B. Ovos xuntos en masas ou cordónsxelatinosos.

3A. Ovos non pegados a ningunha superfi-cie, espallados no fondo de charcas. Cornegra e cada un rodeado dunha peque-na cápsula xelatinosa. Numerosos, engrupos de máis de 100.

3B. Pegados a superficies, xeralmentefollas de plantas acuáticas ou pedras.Cor clara. Illados ou en grupos peque-nos, de menos de 20.

4A. Pegados a pedras ou rochas, brancos een grupos de 15-20. Grandes (4-5 mm)e coa cápsula redonda. En arroios deaugas rápidas ou en covas.

4B. Pegados a follas de plantas acuáticas (amiúdo envoltos nelas) e illados uns dou-tros. Cor parda ou averdada e cápsulaalongada. En charcas de diversos tipos.

5A. Cor parda; pequenos (2 mm; cápsula3-4 mm).

5B. Cor averdada; algo máis grandes (3mm; cápsula 4-5 mm).

6A. Ovos en cordóns xelatinosos, delgadosou grosos.

2

Sapo parteiro (Alytes obstetricans)

3

6

Sapo pinto (Discoglossus galganoi)

4

Saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica)

5

Tritón común (Lissotriton boscai)

Tritón verde (Triturus marmoratus)

7

Clave de postas e ovos de anfibios

Page 28: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

28

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Clave de postas e ovos de anfibios

6B. Ovos en masas xelatinosas, esféricasou amorfas.

7A. Ovos en cordóns xelatinosos grosos, demáis de 10 mm de ancho, dispostos engrupos de máis de 4 ou desordenados,de cor parda e branca.

7B. Ovos en cordóns xelatinosos delgados,de menos de 5 mm de ancho e moilongos, dispostos en 1 a 4 ringleiras,de cor negra ou negra e branca.

8A. Cordóns con 1-2 ringleiras de ovos(xeralmente 1 ao estiralos), de 1,0-1,5mm, depositados en encharcamentosestacionais moi superficiais.

8B. Cordóns con 2-4 ringleiras de ovos(xeralmente 2 ao estiralos), de 1,5-2,0mm, depositados en augas máis fon-das, normalmente permanentes.

9

Sapo de esporas (Pelobates cultripes)

8

Sapo corredor (Bufo calamita)

Sapo común (Bufo bufo)

Posta de ovos de sapo corredor (Bufo calamita).

Page 29: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

29

Guía dos anfibios e réptiles

9A. Ovos en masas xelatinosas pequenas,de menos de 35 mm de diámetro, eque conteñen xeralmente menos de100 ovos, de cor amarela clara.

9B. Ovos en masas xelatinosas máis gran-des, de máis de 40 mm de diámetro eque xeralmente conteñen máis de 100ovos (se non están rachadas).

10A. Masas xelatinosas pequenas, demenos de 60 mm de diámetro, con-tendo xeralmente menos de 500 ovos,de cor negra e branca, atopados encorrentes de auga ou preto de elas,remansos de ríos e arroios.

10B. Masas xelatinosas grandes (aínda quepoden estar fragmentadas) contendomáis de 600 ovos, de cor parda e ama-relenta, atopados en charcas diversas,de augas quedas, xeralmente con vexe-tación somerxida.

Rela (Hyla arborea)

10

Ra patilonga (Rana iberica)

Ra verde (Rana perezi)

Clave de postas e ovos de anfibios

Posta de ovos de ra patilonga (Rana iberica).

Page 30: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

30

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

PPíínntteeggaa ccoommúúnn ((SSaallaammaannddrraa ssaallaammaannddrraa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Sara-banduxa (O Barbanza), sala-mántiga (Ría de Arousa), saca-beira, pesoia, pinchorra, roncha,pinta, salmántiga, salamanca,saramaganta, zaramela.CCaasstteelláánn:: Salamandra común.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Urodelo grandee robusto; adultos entre 120 e190 mm de lonxitude total eentre 60 e 110 mm de lonxitu-de cabeza-corpo. Glándulas

parótides grandes e ben marcadas. Cola relativamente curta e desección cilíndrica. Pel lisa con poros ben visibles. Cor e deseñoinconfundible: negra brillante con manchas amarelas. Nesta zona(como no resto da Galicia central e meridional) está presente asubespecie S. s. gallaica, grande e robusta, co fociño afiado emanchas amarelas irregulares. Con frecuencia tamén con man-chas vermellas na cabeza e na gorxa. As femias acadan tamañosmáis grandes e teñen o corpo máis groso e longo que os machos.Estes posúen os beizos cloacais moito máis prominentes que asfemias, sobre todo no celo.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie do Paleártico occi-dental que ocupa toda Galicia. Escasa no parque, onde non seatopa nos principais hábitats (areais, dunas, zonas salobres,etc.), restrinxíndose principalmente ás áreas periféricas conmato ou bosque, así como nalgunhas zonas de cultivo. Viveprincipalmente en fragas (bosques atlánticos) con abundante

1000 m

Larva de píntega común.

Page 31: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

31

Guía dos anfibios e réptiles

follaxe no solo, mais tamén en piñeirais, zonas de mato e her-bais. Máis abundante preto de correntes de auga.

BBiioollooxxííaa.. Período de actividade anual concentrado nas estaciónshúmidas, a partir das primeiras choivas do outono, desde outu-bro até abril. Diminúe a súa actividade nos períodos máis fríosdo inverno e permanece inactiva no verán. A actividade cotiá écompletamente nocturna. O período reprodutor comeza enoutono, con apareamentos (amplexus) en terra. As femias sonovovivíparas e paren larvas xa desenvolvidas na auga. Os partosprodúcense xeralmente entre novembro e febreiro ou marzo,cando a femia deposita entre 30 e 40 larvas (ás veces até 70)en mananciais, regos, empozamentos invernais en prados ecamiños, etc. As larvas viven na auga 2-4 meses até que sae aterra tras a metamorfose. Tardan en acadar a madurez sexual 3-4 anos e poden vivir até 18-19 anos, cun 30% da poboacióncon máis de 10 anos. Aliméntase de invertebrados do solo,sobre todo miñocas, isópodos e larvas de insectos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada a nivel mundial,catalogada de Preocupación menor, LC (UICN, 2006). Aspoboacións da subespecie S. s. gallaica (que inclúen as do par-que natural) son consideradas Case ameazadas, NT no con-xunto de España (Pleguezuelos et al., 2002). En Galicia, aspoboacións continentais non se consideran ameazadas noCatálogo galego de especies ameazadas.

Píntega común (Salamandra salamandra). Femia adulta.

Page 32: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

32

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

SSaarraammaaggaannttaa rraabbiilloonnggaa ((CChhiioogglloossssaa lluussiittaanniiccaa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Sala-mántiga rabilonga.CCaasstteelláánn:: Salamandra rabilarga.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Corpo e colamoi alongados e delgados;patas pequenas. Mide até150 mm de lonxitude totaldos que as dúas terceiras par-tes corresponden á cola(aínda que pode estar rota, xaque ten a capacidade deautotomizala). Cabeza peque-

na e deprimida, cos ollos grandes e moi saltóns. Cor pardaescura, con dúas liñas douradas lonxitudinais no dorso quese xuntan nunha soa na cola. Sexos semellantes, mais omacho ten a cloaca avultada e a femia case lisa. Esta ten ocorpo máis groso e acada lonxitudes lixeiramente máis gran-des que os machos.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Unha das xoias faunísti-cas de Galicia. Endemismo do noroeste ibérico (tipo faunís-tico Lusitánico). Na zona do parque natural é moi escasa e apenas penetra dentro dos seus límites. Até agora só obser-vamos larvas nun pequeno arroio da zona periférica, próximaao monte da cidade, nunha vagada con árbores (Alnus glu-tinosa) e mato mesto, aínda que é posible a súa presenzanoutros arroios e ríos.

BBiioollooxxííaa.. Pode estar activa todo o ano, aínda que reduce asúa actividade en períodos moi secos e cálidos do veránou moi fríos do inverno. Actividade cotiá exclusivamentenocturna. Período reprodutor variable; na zona das RíasBaixas aparecen femias con ovos entre maio e novembro eprodúcense os apareamentos entre xuño e outubro. Cadafemia pon de 10 a 20 ovos (brancos, de 4 mm de diáme-tro), que pega a rochas húmidas, moitas veces en zonassubterráneas. Larva moi alongada, que chega a alcanzar40-45 mm de lonxitude total. Vive en arroios de augasrápidas, ben osixenadas e non contaminadas. Os máisnovos acabados de metamorfosear miden uns 40 mm de

1000 m

Page 33: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

Xuvenil acabado de se metamorfosear de saramaganta rabilonga.

33

Guía dos anfibios e réptiles

lonxitude total; tardan en acadar a madurez sexual 3-4anos (machos) ou 4-5 (femias). Lonxevidade duns 8 anos.Aliméntase de pequenos invertebrados do solo que captu-ra coa súa lingua.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Considerada Vulnerable (VU), tanto a nivelmundial (UICN, 2006) como español (Peguezuelos et al.,2002). Tamén incluída nesa categoría no Catálogo galego deespecies ameazadas.

Saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica). Macho adulto.

Page 34: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

34

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

TTrriittóónn ccoommúúnn ((LLiissssoottrriittoonn bboossccaaii))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Pinta-fontes común, limpafontes,lagarto da auga, pinta da auga,sabanduxa.CCaasstteelláánn:: Tritón ibérico.NNoottaa:: Anteriormente o nomecientífico era Triturus boscai.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Tritón pequeno,sendo os machos menores queas femias, que poden medir até90 mm de lonxitude total. Osexemplares das zonas interiores

do parque son dun ecotipo de pequeno tamaño, con machosadultos dunha lonxitude total de 58-65 mm e femias de 64-75mm. O ventre ten unha coloración alaranxada ou vermelladurante todo o ano, tanto na terra coma na auga, con manchasnegras redondas. Na súa fase terrestre teñen o dorso moi escu-ro, practicamente negro, pero durante o período de celo a cordorsal adoita ser parda clara ou olivácea. Nesta fase reproduto-ra acuática, os machos teñen unha librea de celo pouco recha-mante, carecendo de crista dorsal e a crista caudal está poucodesenvolvida. Os machos teñen a zona da cloaca moi avultada.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Endemismo occidental ibé-rico (tipo faunístico Lusitánico), repartido por toda Galicia. É otritón máis abundante neste espazo protexido e atópase espa-llado por todo el, tanto nas zonas areosas como nas rochosas, asáreas de mato, bosques e campiñas periféricas. No parque natu-ral atopámolo na fase acuática en charcas de todo tipo, desdeas estacionais nas zonas areosas até as permanentes, así comoen fontes, arroios, regos, lavadoiros e pozas con auga para orego. Na fase terrestre pode vivir tamén en medios moi diversos,desde bosques e matogueiras até cultivos.

BBiioollooxxííaa.. Como todos os tritóns, teñen dúas fases moi diferen-ciadas no seu ciclo anual, unha acuática e outra terrestre. Noperíodo máis seco do ano, xeralmente durante o verán e prin-cipios do outono, levan unha vida terrestre, mais a finais dooutono ou no inverno desprázanse cara as charcas para reali-zar a cría e levan vida acuática até completala. O período

1000 m

Page 35: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

35

Guía dos anfibios e réptiles

acuático reprodutor é moi longo nesta especie e algúns indi-viduos poden permanecer na auga todo o ano. Os primeirosadultos acoden ás charcas de cría xa en outubro, pero nor-malmente o período reprodutor non comeza até mediados doinverno, e prolóngase até abril ou maio. O cortexo do machoante a femia, realizado na auga, consiste fundamentalmenteen dobrar a cola sobre si mesma e mover o extremo. A femiapon entre 100 e 300 ovos de un en un, fixados ás plantasacuáticas. As larvas son pequenas, medindo até 30 mm, de corparda clara e cunha crista dorsocaudal ben desenvolvida.Madurez sexual aos 2 anos (ás veces 1 ou 3 anos) e lonxevi-dade duns 7-8 anos (máxima 9-10 anos). Aliméntase de inver-tebrados de pequeno tamaño, tanto terrestres como acuáticos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupación menor,LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español (Pleguezueloset al., 2002). Tampouco se consideran ameazadas as poboaciónscontinentais galegas no Catálogo galego de especies ameazadas.

Larva de tritón común.

Tritón común (Lissotriton boscai). Macho adulto en celo.

Page 36: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

36

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

TTrriittóónn vveerrddee ((TTrriittuurruuss mmaarrmmoorraattuuss))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Pinta-fontes verde, limpafontes verde,tritón marmorado, píntega deauga, sabanduxa.CCaasstteelláánn:: Tritón jaspeado.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Tritón grande erobusto, que pode acadar os160 mm de lonxitude total,aínda que normalmente osci-lan entre 120 e 145 mm. Cordorsal verde, formando un xas-peado sobre fondo escuro ou

negro. Zona ventral negra con manchiñas brancas. Fase terres-tre: pel moi rugosa e granulosa; cor moito máis clara, dun verdexaspeado rechamante, cunha liña vertebral vermella ou alaran-xada. Fase reprodutora acuática: pel máis lisa e cor verde escu-ra co deseño moito menos sinalado. Machos cunha crista dorsale caudal alta con bandas negras e amarelas dispostas alternati-vamente e outra crista na parte inferior da cola, de cor negra;banda branca brillante a ambos lados da cola. Avultamento clo-acal moi engrosado. Femias máis grandes e grosas, sen cristadorsal e a caudal moi pouco desenvolvida; cloaca non avultada.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie de tipo faunísticoEuropeo atlántico. Vive en toda Galicia. Amplamente repartidopolo parque, onde é unha especie común e localmente abun-dante. Na fase acuática pode atoparse tanto en charcas esta-cionais das zonas areosas como nas permanentes, aínda que émáis frecuente nas charcas máis grandes e con vexetación acuá-tica. Na fase terrestre ocupa hábitats moi diversos, tanto decampiña como bosques e zonas de mato, mesmo nos rochedose áreas antropoxénicas, como cultivos, fincas ou prados.

BBiioollooxxííaa.. A fase terrestre ten lugar principalmente de xuño aoutubro, aparecendo con frecuencia en lugares moi afastados daauga, baixo pedras ou troncos. A fase reprodutora acuática com-prende de novembro a maio e, aínda que pode criar nun variadotipo de medios acuáticos, as poboacións máis numerosas ató-panse nas masas de auga doce máis grandes, con vexetaciónacuática nas marxes e somerxida. O cortexo do macho compon-

1000 m

Page 37: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

se de fases semellantes ás do tritón común, con certas variantes.Cada femia pon de 150 a 500 ovos que fixa ás plantas acuáti-cas. As larvas posúen unhas cristas dorsocaudais ben desenvolvi-das e rematadas nun longo filamento e os seus membros son lon-gos e delgados; a cor é averdada con puntos negros e chegan amedir até 40-70 mm de lonxitude total. Teñen costumes moinadadoras e acostuma vivir a medias augas, non no fondo. O des-envolvemento larval dura 3-4 meses. Madurez sexual aos 2-3anos (machos) ou 3-4 anos (femias). Lonxevidade máxima até 14anos, cun 80% da poboación con 4-9 anos. Comen unha amplavariedade de invertebrados, tanto terrestres como acuáticos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupación menor,LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español (Pleguezueloset al., 2002). Tampouco se consideran ameazadas as poboaciónsgalegas no Catálogo galego de especies ameazadas.

37

Guía dos anfibios e réptiles

Tritón verde(Triturus

marmoratus).Macho adulto

en celo.

Macho adulto en fase terrestrede tritón verde.

Larva de tritón verde.

Page 38: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

38

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

SSaappoo ppiinnttoo ((DDiissccoogglloossssuuss ggaallggaannooii))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Sapiñopintoxo, ra das herbeiras, saporaxado.CCaasstteelláánn:: Sapillo pintojo ibérico.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Aspecto xeralsemellante ao dunha ra, aíndaque máis groso e coas patasnon tan longas. Tamaño media-no, podendo acadar os 80 mmde lonxitude. Cabeza ancha ebaixa, co fociño afiado e o tím-pano pequeno. Ollos sobresaín-

tes, escuros e coa pupila en forma de corazón. Cor dorsal variable,xeralmente parda, aínda que hai exemplares agrisados, pardo-ver-mellos e amarelentos. O deseño dorsal presenta dúas formas:unha raiada (con tres bandas lonxitudinais amarelentas) e outramanchada (con manchas escuras variables). Os machos adultosdiferéncianse das femias por ter a membrana interdixital comple-ta nas patas posteriores, as patas anteriores máis grosas, o corpomáis delgado e tamaño medio maior, o cal é una cousa rara nosanfibios, nos que as femias acostuman ser maiores que os machos.

VVoozz.. Moi silencioso; canto débil, difícil de escoitar. Durante anoite, no momento da aperta sexual o macho emite un“groar… groar… groar” baixo e lento.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Endemismo ibérico distri-buído pola metade occidental da península. Vive en todaGalicia. Está moi estendido no parque natural, onde é abun-dante, ocupando unha ampla variedade de medios acuáticose herbeiras húmidas ao longo de todo el. Especie moi adapta-ble que pode vivir case en calquera medio acuático, desde

arroios e mananciais até char-cas de choiva, marismas elagoas litorais de moderadaconcentración salina. Atópasexeralmente preto dos cursosde auga ou charcas, aínda queás veces pode observarsetamén en zonas de mato ou

1000 m

Larva de sapo pinto.

Page 39: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

39

Guía dos anfibios e réptiles

herbais, lonxe da auga. Pode ocupar medios antropoxénicos,mesmo contaminados.

BBiioollooxxííaa.. A actividade anual é continua na zona do parque, tantono verán como no inverno, aínda que nos períodos secos refúxia-se entre raíces ou baixo pedras. A actividade cotiá é sobre todocrepuscular e nocturna, pero non tanto como outros sapos, sendodoado velo activo de día. O período reprodutor na zona é moilongo e abrangue de novembro a xullo. Reprodúcese xeralmenteen charcas estacionais de escasa profundidade. Neste espazonatural protexido atopámolo criando principalmente nos enchar-camentos nas zonas areosas e nas canles pouco fondas dos her-bais húmidos. A aperta é lumbar (amplexus inguinal). Ovos illadosuns doutros, en pequenas cápsulas xelatinosas. Cada femia ponentre 500 e 1000 ovos, e pode repetir a posta varias veces ao ano.Larva pequena (ata uns 35 mm de lonxitude total), de cor negrae cun fino reticulado na membrana caudal (só apreciable conlupa). Espiráculo situado en posición ventral. Desenvolvementolarval moi rápido (21-60 días). Os máis novos acabados de meta-morfosear moi miudiños, de 6-15 mm de lonxitude. Madurezsexual aos 3 anos e lonxevidade duns 8 anos. Aliméntase princi-palmente de insectos do solo e as súas larvas.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupación menor,LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español (Pleguezueloset al., 2002). Tampouco se consideran ameazadas as poboaciónscontinentais galegas no Catálogo galego de especies ameazadas.

Sapo pinto (Dicoglossus galganoi). Macho adulto.

Page 40: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

40

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

SSaappoo ppaarrtteeiirroo ((AAllyytteess oobbsstteettrriiccaannss))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Sapiñocomadrón, sapiño troiteiro.CCaasstteelláánn:: Sapo partero común.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Sapo moipequeno, a lonxitude cabeza-corpo dos adultos oscila entre35 e 55 mm. Ollos grandescoa pupila vertical, corpogroso e patas curtas e fortes.Cor agrisada con manchasescuras, pardas ou negras, quepoden formar xaspeados.

Verruguiñas no dorso de cor vermella ou alaranxada. Sexosmoi semellantes; as femias algo máis grandes que os machose coas patas proporcionalmente máis curtas.

VVoozz.. Pola noite os machos emiten a súa chamada, que consis-te nunha nota afrautada, breve e intermitente, que sona como“pú” ou “dlú”.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie de tipo faunísticoEuropeo atlántico. Atópase por toda Galicia, onde era moicomún até hai poucos anos (forte declive poboacional). Noparque natural é actualmente unha especie escasa, con pou-cas observacións, realizadas en zonas con rochas, pedras ematogueiras das áreas periféricas.

BBiioollooxxííaa.. Na zona do parque pode estar activo todo o ano, aíndaque reduce a súa actividade nos períodos máis fríos do inverno

1000 m

Larva de sapo parteiro.

Page 41: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

41

Guía dos anfibios e réptiles

Sapo parteiro (Alytes obstetricans). Macho adultos cos ovos.

e nos máis secos do verán. Estritamente terrestre e nocturno, dedía permanece refuxiado en pequenas galerías na terra ou baixopedras. A reprodución ten lugar en terra, e durante o aparea-mento (amplexus inguinal), a femia transfírelle ao macho osovos, que este enrola entre as patas traseiras grazas a que estánunidos mediante un filamento. Despois é o macho quen trans-porta os ovos até que nacen os cágados, ao cabo duns 20 días.Cada femia pon entre 20 e 60 ovos grandes (3,5-4,5 mm de diá-metro) e normalmente cada macho transporta só a posta dunhafemia. Para a eclosión dos ovos, o macho achégase a unha char-ca, introdúcese na auga e con movementos das extremidadesposteriores despréndese dos ovos e axuda a nacer aos cágados.As larvas poden desenvolverse en medios acuáticos moi dife-rentes, incluíndo pías do gando, lavadoiros, canos, charcas decanteiras, pozas e fontes. A larva é grande (ata uns 60 mm delonxitude total, ás veces máis). Despois da metamorfose saen áterra medindo de 20 a 25 mm. Acadan a madurez sexual aos 2-3 anos e a súa lonxevidade é duns 5 anos. Aliméntase dunhaampla variedade de invertebrados terrestres.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC) a nivel mundial (UICN, 2006), pero en España, aspoboacións da subespecie que está presente no parque e noresto de Galicia (A. o. boscai) considéranse Case ameazadas(NT) (Pleguezuelos et al., 2002). Non figura incluída noCatálogo galego de especies ameazadas.

Page 42: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

SSaappoo ddee eessppoorraass ((PPeelloobbaatteess ccuullttrriippeess))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Sapode esporas, sapo de esperóns.CCaasstteelláánn:: Sapo de espuela.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Sapo groso e degran tamaño que pode acadaros 90 mm de lonxitude total.Ten os ollos moi grandes e pro-minentes, coa pupila vertical. Acoloración de fondo é pálida,abrancazada, gris, parda claraou olivácea, sobre a que desta-can manchas irregulares máisescuras que lle dan un aspectoapencado ou un xaspeado máisou menos extenso. Ten unharechamante “espora” córneanegra, coma unha uña, naspatas posteriores, que utilizapara se enterrar na area. As

femias son maiores que os machos, os cales posúen os membrosanteriores máis grosos e cunha glándula ovalada.

VVoozz.. O macho emite durante a reprodución un “croc-croc-croc-croc” renxente e en ton baixo, que pode ser lento ou rápido.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Endemismo ibérico, presen-te tamén en certas áreas de Francia. Ben distribuído no con-xunto da península, pero moi escaso e localizado en Galicia,onde só ocupa as comarcas máis cálidas da costa meridional edo interior. Extinguido recentemente en varias zonas onde habi-tou no pasado. O parque natural é un dos últimos lugares deGalicia onde esta especie aínda está presente e mesmo é relati-vamente abundante en certos puntos (en contraste coa súasituación no resto de Galicia). Atópase disperso por gran partedeste, tanto na zona norte de Olveira e Corrubedo, como na surde Vixán e Vilar ou nas zonas centrais. Resulta máis abundantenas chairas areosas con vexetación (dunas grises) e na periferiadas charcas e marismas, aínda que tamén se pode atopar en her-beiras húmidas, zonas de mato aberto, piñeirais ou bosques consolos non compactos. É un dos anfibios galegos cuns requiri-

42

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

1000 m

Larva de sapo de esporas.

Page 43: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

43

Guía dos anfibios e réptiles

mentos de hábitat máis restrinxidos, xa que só vive en zonas desolo pouco compacto, principalmente areoso. Nestes solos esca-va galerías onde se enterra nos períodos secos e durante o día.

BBiioollooxxííaa.. A actividade anual limítase aos meses húmidos do ano,desde as primeiras choivas do outono até o final da primavera, enmaio-xuño. Nos meses máis secos pode entrar nunha diapausaestival, permanecendo enterrado e inactivo no substrato areoso,ás veces fondamente. A actividade cotiá é exclusivamente noctur-na. Durante o día fica enterrado nas galerías que el mesmo esca-va coa súa espora. O período reprodutor no parque natural tenlugar desde finais do outono até a primavera temperá. Durante anoite, os adultos reprodutores acoden ás charcas (tanto as esta-cionais de choiva coma as lagoas permanentes) e na auga, osmachos suxeitan as femias cunha aperta á altura das inguas(amplexus inguinal). As femias expulsan os ovos envoltos en gro-sos cordóns xelatinosos que poden conter varios milleiros. O perí-odo de postas ten lugar en varias fases entre novembro e abril. Alarva do sapo de esporas é a máis grande de todos os anfibiosgalegos, chegando a medir até 150 mm de lonxitude total. O des-envolvemento larval é lento, e dura entre tres e catro meses.Debido a isto, nos anos secos prodúcense grandes mortalidadesde larvas ao secarse prematuramente as charcas de cría. Ospequenos sapos que saen a terra tras a metamorfose miden entre20 e 35 mm. É unha especie lonxeva, que pode vivir até 12 ou 15anos. Aliméntase principalmente de insectos terrestres (destacan-do os coleópteros e as súas larvas), anélidos e isópodos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Considerado Case ameazado (NT), tanto a nivelmundial (UICN, 2006) como no conxunto de España. As pobo-acións galegas considéranse como Vulnerables no Catálogogalego de especies ameazadas.

Sapo deesporas.

Page 44: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

44

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

SSaappoo ccoommúúnn ((BBuuffoo bbuuffoo))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Sapocunqueiro.CCaasstteelláánn:: Sapo común.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Sapo grande egroso. Pode alcanzar grandesdimensións: os exemplaresadultos miden 50-80 mm(machos) e 60-120 mm(femias), ás veces máis (até180 mm). Corpo moi groso,coa pel rugosa, chea de verru-gas; ollo co iris dourado ou

vermello e a pupila horizontal. Glándulas parótides grandes,con forma de ril e diverxentes (curvadas). Cor variable, xeral-mente parda ou agrisada, ás veces amarela. Os machos adoi-tan ser uniformes, mentres que as femias teñen o dorso xas-peado de manchas brancas e escuras. Dimorfismo sexual acu-sado no tamaño, sendo os machos máis pequenos que asfemias pero cos membros dianteiros máis grosos. Machos conrugosidades escuras nos tres dedos internos na época do celo.

VVoozz.. Canto non moi forte, que emite o macho durante a repro-dución, desde a auga: “roac-roac-roac” baixo, ronco e áspero.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie Paleártica, pre-sente en toda Galicia. Común e ben distribuído por todo o par-

1000 m

Amplexus de sapo común.

Page 45: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

45

Guía dos anfibios e réptiles

Sapo común, femia adulta.

que, onde pode ocupar unha grande variedade de medios.Adoita ser máis frecuente en zonas con solos fondos e boacobertura vexetal, como bosques, soutos, toxais, leiras e hor-tas, pero tamén está presente en queirogais e zonas rochosase con pedras, moi erosionadas e con pouca vexetación. Nesteespazo témolo atopado mesmo nas zonas areosas.

BBiioollooxxííaa.. No clima temperado do parque, pode manterse en acti-vidade todo o ano. Completamente nocturno, pasa o día refuxia-do en galerías ou debaixo de pedras. Moi terrestre, achégase áauga só durante a reprodución, recorrendo en ocasións longasdistancias durante a migración reprodutora. Período reprodutorde febreiro a abril, cando acude a medios acuáticos de correntelenta ou nula, con vexetación nas marxes e certa profundidade.Ás veces en empozamentos marxinais de ríos ou regos, en her-bais e bosques. Amplexus axilar, que pode iniciarse xa en terra.As femias poñen os ovos en longos cordóns xelatinosos de variosmetros de lonxitude que conteñen varios milleiros. Larvas peque-nas (15-32 mm de lonxitude total) e de cor negra, que tardan 3-4 meses en completar o desenvolvemento larval. Metamorfoseen maio e xuño, saíndo a terra uns xuvenís moi pequenos, duns10 mm de lonxitude. Acadan a madurez sexual aos 3 anos osmachos e aos 4 as femias, e a súa lonxevidade máxima é duns10 anos. Aliméntase de invertebrados, principalmente insectos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Non incluído no Catálogo galegode especies ameazadas.

Page 46: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

46

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

SSaappoo ccoorrrreeddoorr ((BBuuffoo ccaallaammiittaa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Sapocorriqueiro.CCaasstteelláánn:: Sapo corredor.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Robusto egroso, aínda que claramentemáis pequeno que o sapocomún. Os machos adultosmiden 40-60 mm e as femias50-70mm; ocasionalmentealgunhas femias chegan aos90 mm. Moi parecido ao sapocomún, pero diferénciase doa-

damente por ter unha liña amarela estreita que percorre lon-xitudinalmente o dorso, as glándulas parótides paralelas, oollo co iris verde claro con estriamentos negros e as patas tra-seiras moito máis curtas. Forma grosa, coa pel con moitasverrugas grandes e aplanadas de cores diversas, alaranxadas,pardas, ocres ou vermellas. Cor dorsal moi variable, xeralmen-te averdada ou parda, con xaspeados irregulares. Machos máispequenos que as femias e cun saco vocal interno grande queinchan para emitir o seu canto durante o celo.

VVoozz.. Forte, grazas á resonancia do saco vocal na gorxa, que inchacoma un globo: “craaaaa… craaaaa… craaaaa” potente e xeral-mente emitido en coros desde as charcas durante a reprodución.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie de tipo faunísticoEuropeo atlántico que ocupa toda Galicia. No parque naturalna actualidade é escaso, aparecendo en puntos dispersos.Completamente terrestre, pode ocupar zonas moi secas. Viveprincipalmente en solos areosos, como dunas e areais convexetación, pero tamén en montes pedregosos e zonas demato abertas con toxos e queiroas.

BBiioollooxxííaa.. Pode estar activo todo o ano. Período de cría a partirde febreiro (xa en xaneiro en invernos temperados). Seleccionapara reproducirse encharcamentos moi superficiais, producidospolas choivas invernais. Os machos poden cantar en coros desdeas charcas de cría polas noites. O amplexus é axilar e ao finaldeste, a femia expulsa uns cordóns xelatinosos cos ovos, devarios metros de lonxitude, que poden conter varios milleiros

1000 m

Page 47: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

47

Guía dos anfibios e réptiles

Sapo corredor, femia adulta.

Larva de sapo corredor.

(até 10.000 ovos). Os cágados son moi pequenos (25 mm delonxitude total) e de cor negra. O desenvolvemento larval é rápi-do (5-8 semanas), mais por causa do carácter temporal e esca-sa profundidade das charcas onde se reproduce, ás veces estassecan completamente antes de que remate o desenvolvementodas larvas e prodúcense mortalidades masivas de cágados. Ospequenos sapos que logran concluír a metamorfose son moipequenos, de entre 8 e 13 mm de lonxitude. A madurez sexualacádase aos 4 ou 5 anos e poden vivir até 17. A súa dieta com-ponse de diversos artrópodos terrestres e miñocas.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazado (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Non incluído no Catálogo galegode especies ameazadas.

Page 48: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

48

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

RReellaa ccoommúúnn ((HHyyllaa aarrbboorreeaa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Estroza,Ra estroza.CCaasstteelláánn:: Ranita de San Antonio.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Ra pequena; osadultos miden de 35 a 45 mmde lonxitude cabeza-corpo.Ollos coa pupila horizontal e oiris dourado. Corpo de formaovalada e a pel lisa no dorso egranulosa no ventre. Pataslongas e delgadas, cos dedosrematados nuns discos adhesi-

vos que lles permiten rubir pola vexetación. Cor do dorso verdeviva uniforme (ás veces pode trocarse gris ou azul), cos costa-dos percorridos por dúas bandas negras. Ventre branco.Machos algo máis pequenos que as femias e cun gran sacovocal na gorxa, que ao retraerse, a pel queda engurrada e decor pardo-amarela (femias coa gorxa branca). Ao incharse paraemitir o canto, é coma un globo amarelo.

VVoozz.. Moi potente, un: “krec-krec-krec-krec-krec-krec”, estriden-te, forte e rápido. Pode ser emitido en coros. Moitas veces oseu canto é o único indicio da súa presenza, xa que é moi difí-cil de ver entre a vexetación.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie de tipo faunísticoeuropeo. Atópase en toda Galicia, aínda que sufriu fortesdeclives. Distribuída por todo o parque natural nos hábitats

1000 m

Larva de rela.

Page 49: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

49

Guía dos anfibios e réptiles

axeitados, como zonas de mato e herba mestas na periferia decharcas con abundante vexetación acuática, lagoas e ríos. Ásveces pode atoparse relativamente afastada dos medios acuá-ticos, entre a vexetación, principalmente silveiras (Rubus).

BBiioollooxxííaa.. Período anual de actividade de marzo a outubro(febreiro-novembro en anos temperados). Actividade cotiánocturna, permanecendo durante o día oculta na vexetaciónmesta. Período reprodutor de marzo a maio. Durante omesmo, os machos emiten o seu canto, moi forte, grazas aosaco vocal grande, que se infla coma un globo, e atraen ásfemias. Aperta (amplexus) axilar. Postas de ovos en pequenasmasas xelatinosas duns 20-100 ovos. Cada femia pon en total400-1000 ovos. Larvas medianas (até 40-50 mm de lonxitudetotal), de cor olivácea e co ventre branco; membrana dorso-caudal moi alta e cola terminada nunha punta afiada.Madurez sexual con 1-2 anos (ás veces 3 anos). A lonxevidadena natureza é duns 6 anos. Aliméntase de arácnidos pequenosgasterópodos e insectos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC) a nivel mundial (UICN, 2006) nin en España asubespecie H. a. molleri, que vive no norte ibérico(Pleguezuelos et al., 2002). Mais, por mor dos seus fortesdeclives, as poboacións galegas son consideradas Vulnerablesno Catálogo galego de especies ameazadas.

Rela.

Page 50: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

50

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

RRaa vveerrddee ccoommúúnn ((RRaannaa ppeerreezzii))

CCaasstteelláánn:: Rana común.NNoottaa:: As ras verdes pertencenao subxénero Pelophylax, querecentemente tende a ser con-siderado como xénero, deno-minándose esta especiePelophylax perezi.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Ra grande erobusta, que pode superar os100 mm de lonxitude, se ben agrande maioría dos adultosmide entre 40 e 65 mm de

cabeza-corpo (machos) ou entre 45 e 80 mm (femias). O exem-plar máis grande medido no parque foi unha femia de 90 mmde Olveira. Ollos grandes, coa pupila horizontal; tímpano gran-de e conspicuo. Posúe dous cordóns glandulares dorsolateraismoi marcados. Membros longos e fortes, os posteriores cunhamembrana interdixital completa. Cor de fondo xeralmente verdeou cunha mestura de verde e pardo, pero son frecuentes exem-plares enteiramente pardos ou agrisados. Teñen unha liña ver-tebral de cor verde clara ou amarela e manchas negras moivariables en distribución e tamaño por todo o dorso e costados.Machos máis pequenos que as femias e con sacos vocais exter-nos nas comisuras bucais que inflan coma globos para cantar.

1000 m

Ra verde común, femia adulta.

Page 51: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

51

Guía dos anfibios e réptiles

VVoozz.. Os machos cantan con gran potencia, grazas aos sacos vocaisexternos, que amplifican o son, formando coros ruidosos. Emitencinco sons diferentes, destacando un canto forte e rexente: “trree-eee… trreeeeee… trreeeeeee” que pode ser emitido en grupos.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Endemismo ibérico, pre-sente tamén en zonas próximas de Francia. Relativamenteabundante en Galicia (pero moitas poboacións en declive). Éo anfibio máis común e espallado polo parque natural etamén o de costumes máis acuáticas. Os adultos sempre estánasociados ás augas doces. Frecuente en todas as zonas conmasas de auga, sobre todo permanentes (canles, charcas, ríosabertos, lagoas), onde acada as densidades máis elevadas,pero tamén pode atoparse en charcas temporais. Coloniza conrapidez pozos para o rego nas zonas con cultivos e prados.

BBiioollooxxííaa.. Adultos activos entre febreiro e outubro ou novembro,pero os xuvenís poden permanecer activos todo o ano. Actividadetanto nocturna coma diúrna e costumes moi acuáticos. O perío-do reprodutor comeza en marzo e dura até xuño. A cría ten lugarnas mesmas charcas onde viven o resto do ano, seleccionandozonas con vexetación acuática ou somerxida. Amplexus axilar. Asfemias poñen os ovos en grandes masas xelatinosas que conte-ñen 2.000-5.000 ovos. Larvas medianas (até 40-50 mm de lon-xitude total), de cor olivácea e co ventre branco. Xuvenís acaba-dos de se metamorfosear de 12-20 mm de lonxitude. Madurezsexual aos 1-2 anos e lonxevidade duns 5-6 anos, máxima de 8-10 anos. Aliméntase tanto de presas acuáticas (larvas de insec-tos, moluscos, etc.) como terrestres (insectos, arácnidos, etc.).

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupación menor,LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español (Pleguezueloset al., 2002). Tampouco se consideran ameazadas as poboaciónsgalegas no Catálogo galego de especies ameazadas.

Larva de rra verde común.

Page 52: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

52

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

RRaa ppaattiilloonnggaa ((RRaannaa iibbeerriiccaa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Zam-pexa, ra dos regos.CCaasstteelláánn:: Rana patilarga.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. A máis peque-na e estilizada das ras galegas;os machos adultos miden 30-40 mm e as femias adultas37-53 mm. Ocasionalmentealgunha femia acada maioreslonxitudes, até 60 mm.Estilizada e de patas posterio-res moi longas; o talón supera

o fociño se abatemos a pata traseira cara adiante. Teñen unhamancha escura entre o ollo e o tímpano (máscara facial). Ollosgrandes coa pupila ovoide horizontal. Dous cordóns glandula-res que discorren paralelos, un a cada lado do dorso. Pel lisaou finamente granulosa. Cor de fondo moi variable, parda,ocre, vermella ou moura, con manchas escuras irregularesespalladas polo dorso. A gorxa ou todo o ventre presentanunhas manchas agrisadas en retícula, pero cunha banda cen-tral lonxitudinal branca, ben visible. Machos menores e máisesveltos que as femias, cunha rugosidade gris ou negra nacara interna do 1º dedo durante o celo.

VVoozz.. Raramente escoitada. Os machos emiten un “rao…rao… rao” baixo e renxente. As femias un “ruc… ruc… ruc”,tamén baixo.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa eehháábbiittaatt.. Endemismo do nor-oeste ibérico (tipo faunístico“Lusitánico”). Só vive enGalicia, norte de Portugal,Sistema Central e CornixaCantábrica. Ocupa toda

Galicia, desde o nivel do mar até a montaña. Escasa no parquenatural onde só se atopa nas zonas periféricas con ríos conbosque ripícola nas beiras (como o Artes) ou regos de augacon herbeiras húmidas ou mato. Vive nas beiras de augascorrentes, con vexetación nas súas marxes.

1000 m

Larva de ra patilonga.

Page 53: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

53

Guía dos anfibios e réptiles

BBiioollooxxííaa.. Activa durante todo o ano. Actividade tanto diúrnacoma nocturna. Período reprodutor no Parque de novembro amarzo. Cría nas zonas remansadas dos regos, arroios e ríosonde vive todo o ano e as súas charcas marxinais. Amplexusaxilares. As femias poñen nestes lugares 200-500 ovos enpequenas masas xelatinosas. Larvas medianas (até 38-50 mmde lonxitude total), de cor parda e crista dorsocaudal relativa-mente elevada. Xuvenís acabados de metamorfosear de 12-15mm de lonxitude. Madurez sexual aos 2 anos e lonxevidadeduns 4-5 anos. Aliméntase de artrópodos terrestres, principal-mente dípteros, coleópteros e arácnidos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. A UICN (2006) considéraa globalmente comoCase ameazada (NT), pero en España considérase comoVulnerable (Pleguezuelos et al., 2002). A mesma categoría deVulnerable (VU) outórgaselle ás poboacións galegas noCatálogo galego de especies ameazadas.

Ra patilonga, femia adulta.

Xuvenil de ra patilonga.

Page 54: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

TTrriittóónn ppaallmmaaddoo ((LLiissssoottrriittoonn hheellvveettiiccuuss))

CCaasstteelláánn:: Tritón palmeado.NNoottaa:: Anteriormente o seu nomecientífico era Triturus helveticus.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Tritón pequeno, detamaño semellante ao do tritóncomún (50-75 mm de lonxitudetotal), pero doadamente diferencia-ble deste por ter, en todas as libreas,

unha banda central de cor amarela na zona ventral. Os machos encelo teñen unha sección corporal cuadrangular, unha crista dorsalbaixa, cristas caudais ben desenvolvidas e cola truncada, rematadanun filamento caudal longo. Teñen tamén de xeito característicounhas palmaduras negras entre os dedos das patas posteriores.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Citado neste espazo naturalprotexido en diferentes publicacións (Caramelo Rego et al., 1995;Sánchez Rodríguez & Negreira Souto, 2005). Nos Atlas Galegos eEspañol non o citan na zona do parque natural, pero si na veciñaserra do Barbanza, na cuadrícula UTM de 10x10 Km NH02(Balado et al., 1995; Pleguezuelos et al., 2002). Na costa meri-dional de Galicia é unha especie pouco común (abunda no centroe norte de Galicia, facéndose máis rara cara o sur), pero é posiblea súa presenza no parque xa que acada puntos moito máis meri-dionais pola costa e están presentes en algúns dos seus hábitatsmáis característicos, como son as lagoas e marismas de auga docecon abundante vexetación nas marxes e somerxida.

BBiioollooxxííaa.. Período de vida terrestre de maio ou xuño a xaneiroou febreiro. A fase reprodutora acuática xeralmente de febrei-ro a abril-maio. Adoita reproducirse en charcas con máis vexe-tación acuática que o tritón común, aínda que pode ocupartamén pequenos regos e charcas con pouca vexetación. Ovose larvas semellantes aos do tritón común.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Non incluída no Catálogo galegode especies ameazadas.

54

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Outras especies de anfibios

Tritón palmado. Macho adulto en celo.

Page 55: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

55

Guía dos anfibios e réptiles

Forman un grupo animal ben diversificado na actualidade, conmáis de 8.300 especies que viven principalmente nas zonastropicais da terra. Das catro ordes actuais de réptiles, nesteespazo natural (e no resto da fauna galega e europea) só exis-ten representantes de dúas: as tartarugas e os escamosos(lagartos e serpes).Á diferenza dos anfibios, os réptiles son xa vertebrados plena-mente adaptados á vida terrestre, grazas a unha serie de adap-tacións que lles permiten colonizar até os medios máis áridos.Entre elas, ter o corpo recuberto de escamas córneas, que for-man un tegumento moi resistente á deshidratación e á súareprodución, plenamente terrestre, con fecundación interna eprotección dos embrións en desenvolvemento cunha serie demembranas extraembrionarias e dunha casca protectora. Esteovo é posiblemente a adaptación máis importante destegrupo, que lle permitiu a súa diversificación e a das súas liña-xes descendentes, as aves e os mamíferos.No grupo dos escamosos, aínda que unha gran parte dasespecies teñen as catro extremidades ben desenvolvidas,moitos grupos seguiron liñas evolutivas nas que estas extre-midades reducíronse ou desapareceron, alongándose o corpoe desprazándose mediante a reptación, como nas serpes emoitos lagartos.

Os réptiles

Page 56: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

56

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

LLaaggaarrttoo aarrnnaall ((TTiimmoonn lleeppiidduuss))

CCaasstteelláánn:: Lagarto ocelado.NNoottaa:: Anteriormente o seu nomecientífico era Lacerta lepida.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. O máis grandedos lagartos do parque natural(e de Europa), aínda que estaspoboacións da costa galega(subespecie ibericus), son os demenor tamaño da especie, aca-dando até 180 mm de lonxitu-de cabeza-corpo os machos e160 mm as femias. Cola longa,

até 2 veces esta lonxitude cando está intacta. Fortes e robustos,de cor dorsal verde, cun fino reticulado negro e rechamantes man-chas redondas azuis nos costados (os ocelos). Ventre abrancazado,sen manchas. Os machos son máis grandes que as femias e coacabeza moito máis voluminosa e robusta. Cor e deseño similares,pero os ocelos dos machos son máis grandes e numerosos. Osnovos teñen un deseño de ocelos brancos por todo o corpo sobreun fondo pardo ou oliváceo.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie ibérica, presentetamén nalgunhas zonas de Francia. Común en case toda Galicia.É o réptil máis amplamente espallado polo parque, estando pre-sente na súa práctica totalidade, agás nas zonas máis húmidase nos areais sen vexetación. Especialmente abundante en zonascon rochas ou grandes pedras, debaixo das que busca refuxio,así como nas zonas de mato de toxo ou silvas.

BBiioollooxxííaa.. Activo de marzo a outubro, aínda que poden verse indi-viduos nos días máis solleiros do inverno. Actividade máxima

1000 m

Xuvenil de lagarto arnal.

Page 57: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

57

Guía dos anfibios e réptiles

dos adultos entre abril e xuño. O celo comeza a principios deabril, con condutas territoriais dos machos adultos, que podenser agresivos entre eles. As cópulas prodúcense entre abril exuño, e uns días despois, a femia pon entre 6 e 22 ovos (mediasde 10 ou 12) de cor branca debaixo de grandes pedras ou engalerías na terra. O tempo da incubación oscila entre 66 e 90días, nacendo os xuvenís desde setembro até outubro. Miden aonacer entre 39 e 46 mm de cabeza e corpo. A madurez sexualpode acadarse entre os 2 e os 3 anos de idade. Poden vivir entre10 e 11 anos na natureza. Aliméntase dunha ampla variedadede presas, predominando na zona os coleópteros, himenópteros,ortópteros e caracois terrestres. Pode consumir tamén froitos,especialmente amoras (Rubus). As cóbregas lisas común e meri-dional capturan aos máis novos, mentres que os adultos soncazados por moitos depredadores, tanto aves coma mamíferos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. A UICN (2006) considérao globalmente comoCase ameazado (NT), a mesma categoría que ten en España asubespecie da costa galega, T. l. ibericus (Pleguezuelos et al.,2002). En Galicia non se considera ameazado no Catálogogalego de especies ameazadas.

Lagarto arnal,macho adulto.

Femia adulta delagarto arnal.

Page 58: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

58

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

LLaaggaarrttoo ddaass ssiillvvaass ((LLaacceerrttaa sscchhrreeiibbeerrii))

CCaasstteelláánn:: Lagarto verdinegro.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Lagarto grande,pero máis pequeno que oarnal. Machos até 117 mm delonxitude cabeza-corpo efemias até 120 mm. Cola até1,5 veces esta lonxitude seestá intacta. Cor dorsal verdeen ambos sexos, pero as man-chas negras dorsais son finas emestas nos machos e grandese illadas nas femias. Machos

en celo cunha brillante coloración azul cobalto na gorxa e nacabeza. As femias poden ter tamén a gorxa azul, pero máispálida. Ventre amarelo intenso, moi manchado de negro nosmachos e liso nas femias. As crías teñen un rechamante des-eño, moi diferente do dos adultos, composto de manchasbrancas e amarelas orladas de negro na cabeza e corpo, sobreun fondo pardo ou oliváceo, e a cola de cor alaranxada.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Endemismo occidentalibérico (tipo faunístico Lusitánico). Moito menos abundante eespallado no parque que o lagarto arnal, atópase principal-mente nas zonas de vexetación mesta. É frecuente nas áreascon mato, especialmente silveiras (Rubus) con fieitos(Pteridium), así como nas beiras dos ríos (como o Artes ouSirves) con ameneiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix), etamén preto dos regos en herbeiras húmidas con matogueiras.

BBiioollooxxííaa.. Actividade anual de febreiro até outubro ou novembro.Na primavera os machos son moi activos e déixanse ver con faci-

1000 m

Xuvenil de lagarto das silvas.

Page 59: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

59

Guía dos anfibios e réptiles

lidade, mentres que no verán é máis difícil velos. Os apareamen-tos comezan en abril e duran até xuño. A femia pon entre 7 e 24ovos, brancos, case esféricos, desde finais de maio até principiosde xullo nun burato no chan non compacto ou debaixo daspedras. Logo duns 60-70 días de incubación nacen os xuvenís,en agosto e setembro. Miden no momento da eclosión entre 26e 30 mm de cabeza e corpo. Acadan a madurez aos 2 ou 3 anosde vida e poden vivir até 10 anos. Consome unha ampla varie-dade de invertebrados, principalmente coleópteros, ortópteros,himenópteros e caracois terrestres. Na zona é depredado princi-palmente polo lagarteiro e os xuvenís pola cóbrega lisa común.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Considerado como Case ameazado (NT), tantoa nivel mundial (UICN, 2006) como español (Pleguezueloset al., 2002). Non incluído no Catálogo galego de especiesameazadas.

Lagarto das silvas. Macho adulto coa súa característica

cor azul na cabeza.

Parella de lagarto das silvas; esquerda femia e dereita macho.

Page 60: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

60

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

LLaaggaarrttaa ddooss ppeenneeddooss ((PPooddaarrcciiss hhiissppaanniiccaa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Lagar-tixa dos penedos, lagartiñados penedos.CCaasstteelláánn:: Lagartija ibérica.NNoottaa:: No conxunto da penínsulaIbérica, Podarcis hispanica é enrealidade un complexo de variasespecies diferentes. A que estápresente no parque natural (e noresto do noroeste ibérico) aíndanon ten nome oficial e ás vecesé nomeada provisionalmentecomo Podarcis hispanica tipo 1ou Podarcis lusitanica.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Lagarta de pequeno tamaño, medindo os adultosentre 42 e 60 mm de lonxitude cabeza-corpo. De complexiónlixeira, ten o corpo e a cabeza moi aplanados como adaptación ávida entre rochas e pedras, onde busca refuxio en fendas estreitas(fisurícula). Machos de maior tamaño, coa cabeza máis robusta econ deseños dorsais reticulados (as manchas negras únense entreelas formando unha rede), mentres que as femias mostran raiasescuras e claras lonxitudinais. Coloración dorsal parda ou verdenos machos en celo. A coloración ventral é abrancazada nasfemias e branca tinguida de rosa ou alaranxada nos machos, quepoden ter máculas azuis e negras nas escamas ventrais externas.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Esta especie (P. hispanicatipo 1, P. lusitanica) trataríase dun elemento faunístico endémi-co do noroeste da península Ibérica, de tipo Lusitánico. Ocupaa metade sur de Galicia, principalmente Ourense e Pontevedra.No parque natural atópase cerca do seu límite norte pola costa.Está presente sobre todo nas zonas rochosas e pedregosas conmato aberto, así como en construcións (muros de pedra), ondepode chegar a ser localmente abundante. Máis ligada aos subs-tratos rochosos e mellor gabeadora que P. bocagei.

BBiioollooxxííaa.. Activa todo o ano, excepto nos períodos máis fríos doinverno. Actividade cotiá unimodal (un máximo ao mediodía) enprimavera e outono, e bimodal (máximos pola mañá e ao serán,cun mínimo ao mediodía) no verán. O período de celo comezaen marzo e dura até xuño. Primeira posta de ovos en abril, e

1000 m

Page 61: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

61

Guía dos anfibios e réptiles

pode repetila en maio e xuño. Pon entre 1 e 5 ovos (media de2,7) por posta, nun pequeno burato entre raíces ou baixopedras. Os primeiros xuvenís acabados de nacer aparecen enxullo, prolongándose as eclosións até setembro. A cor dorsal dosxuvenís é parda e a cola averdada, medindo entre 21 e 25 mmde cabeza-corpo. Acadan a madurez sexual no primeiro ousegundo ano de vida e poden vivir en liberdade uns 4 ou 5 anos.Caza principalmente pequenos artrópodos (sobre todo insectosvoadores) e araneidos. No parque atopamos os seus restos enestómagos de cóbrega lisa meridional (Coronella girondica).

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupación menor,LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español (Pleguezueloset al., 2002). Tampouco se consideran ameazadas as poboaciónscontinentais galegas no Catálogo galego de especies ameazadas.

Vista ventral de lagarta dos penedos, de cor abrancazada.

Lagarta dos penedos. Macho.

Page 62: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

62

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

LLaaggaarrttaa ccoommúúnn ((PPooddaarrcciiss bbooccaaggeeii))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Lagar-tixa galega, lagartixa deBocage, lagartiña común.CCaasstteelláánn:: Lagartija de Bocage.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Lagarta peque-na, pero relativamente robus-ta e co corpo non deprimido.A diferenza de Podarcis hispa-nica, que ten a cabeza moiaplanada, P. bocagei tenamoito máis alta. A lonxitudecabeza-corpo dos adultos

varía entre 45 e 65 mm. Os machos son máis grandes que asfemias e teñen a coloración dorsal verde, mentres que estasúltimas son pardas (nalgúns casos averdadas). As liñas clarasdorsolaterais están moi ben sinaladas e son continuas enambos sexos. A coloración ventral adoita ser amarela intensaen machos e femias adultos (o mellor carácter diferencial dasdúas lagartas do xénero Podarcis na zona), con pequenas man-chas negras.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Endemismo do noroesteibérico (tipo faunístico Lusitánico), presente en case todaGalicia, excepto nas bisbarras de maior influencia mediterrá-nea. No parque natural é común, principalmente na zona cen-tral e norte. Pode ocupar unha ampla variedade de medios,desde os areais e cantís costeiros até zonas de mato, cultivose construcións. A diferenza da lagarta dos penedos, a comúnocupa preferentemente os terreos chans de veiga e vive amiúdo sobre substratos de terra, non de rocha. Moi antropófi-la, é frecuente nos muros das casas.

BBiioollooxxííaa.. Pode estar activa todo o ano, cun máximo de activi-dade na primavera e outono e un mínimo no inverno, aíndaque só desenvolven actividade os días solleiros. Diúrna e helio-térmica (exponse ao sol para termorregularse). Período repro-dutor de marzo a xullo, cando posúen as coloracións máisrechamantes. A femia pon entre 2 e 7 ovos (media de 4),nunha pequena galería na terra ou debaixo dunha pedra,nunha zona ben solleira. As femias pequenas só realizan unha

1000 m

Page 63: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

63

Guía dos anfibios e réptiles

posta ao ano, pero as máis grandes, poden facer até tres (enabril-maio, xuño e principios de xullo). As crías nacen ao cabode 50-60 días, normalmente en agosto e setembro. Madurezsexual con 1 ano (aproximadamente o 40% dos xuvenís) oucon 2 anos (60%) de vida. A lonxevidade media é duns 4-5anos e máxima duns 6-7 anos. A súa alimentación componsede pequenos araneidos e insectos, sobre todo voadores (comodípteros, homópteros e himenópteros), que captura entre aspedras ou na vexetación.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Non incluída no Catálogo galegode especies ameazadas.

Lagarta común, macho adulto.

Escamas ventrais de lagarta común, de intensa cor amarela.

Page 64: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

64

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

EEssggoonnzzoo ccoommúúnn ((CChhaallcciiddeess ssttrriiaattuuss))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Escán-cer de patas común.CCaasstteelláánn:: Eslizón tridáctilo.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Lagarto decorpo moi longo, cilíndrico,semellando unha cóbrega,pero con patas diminutas, de4-7 mm, que rematan cadaunha en tres dedos. Lonxitudeda cabeza-corpo: até 215 mm;cola até 1,3 veces esta lonxitu-de. Cabeza pequena e cónica,

con ollos tamén pequenos, con pálpebras móbiles e buratosauditivos moi ben sinalados. Escamas do corpo grandes e moilisas. Coloración e deseño moi constante, con 9 a 11 liñas lon-xitudinais marróns sobre un ton de fondo pardo claro. Sexosmoi semellantes, pero as femias acadan lonxitudes maiores eson máis grosas que os machos.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie do Mediterráneooccidental. Ocupa toda Galicia, sendo máis frecuente nasrexións máis cálidas, especialmente nas bisbarras costeiras.Moi común e estendido por todo o parque natural. Acada asmáximas densidades nos hábitats con boa cobertura herbácea

1000 m

Esgonzo común.

Page 65: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

65

Guía dos anfibios e réptiles

e ben expostos ao sol, como herbeiras (Festuca, Agrostis) ouzonas de mato aberto, onde chega a ser moi abundante. Vivetamén nos areais con tal de que teñan vexetación herbácea,así como en zonas pedregosas, rochosas, lindeiros de bosquese beiras de cultivos e fincas.

BBiioollooxxííaa.. Actividade anual de finais de febreiro ou marzo atéoutubro ou novembro, aínda que pode estar activo os díascálidos do inverno. É diúrno, desprazándose entre a herba conrapidísimas ondulacións do corpo e refuxiándose na vexeta-ción mesta ou debaixo das pedras. O período reprodutorcomeza en abril, producíndose as cópulas neste mes e enmaio. É unha especie vivípara, cun longo período de xestación.Os partos teñen lugar a finais de xullo e en agosto. Cada femiapare, en función do seu tamaño, entre 2 e 12 crías que midenao nacer entre 43 e 52 mm de lonxitude cabeza-corpo. A súaalimentación componse de arañas de terra, insectos, isópodose pequenos caracois terrestres que captura entre a vexetaciónou debaixo dela. Neste espazo natural atopamos restos dunexemplar no estómago dunha Coronella girondica.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Tampouco se consideran ameaza-das as poboacións galegas no Catálogo galego de especiesameazadas.

Detalle da cabeza do esgonzo común.

Page 66: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

66

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

EEssccáánncceerr ccoommúúnn ((AAnngguuiiss ffrraaggiilliiss))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Es-gonzo, liscáncer, alicrán, boei-ro, cristalina, verme cego (entremoitas outras variantes).CCaasstteelláánn:: Lución.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Lagarto quecarece de patas (externamen-te pode parecer unha cóbre-ga), mais diferénciase delaspor ter os ollos con pálpebrasnormais, as escamas da rexiónventral iguais ás dorsais e a

cola moi longa cando está enteira (doadamente autotomiza-ble: o animal despréndese dela con moita facilidade). Corpocilíndrico e moi alongado; cabeza pequena cun pescozo poucodefinido. Lonxitude de cabeza-corpo dos adultos: 120-210mm; cola de 1,0 a 1,3 veces esta lonxitude, pero moi frecuen-temente moito menor ao estar rota. Pel moi ríxida pola pre-senza de osteodermos debaixo das escamas. Machos adultosde coloración relativamente uniforme, pardos ou agrisados, osmáis vellos con manchas azuis; femias adultas cunha bandadorsal clara, ocre ou parda, e as costas e o ventre negros oumarróns moi escuro. Crías co dorso amarelo ou ocre cunha liñavertebral negra e as costas e máis o ventre negro brillante.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie de carácterEurosiberiano, de tipo faunístico Europeo, aínda que penetratamén en Asia. Presente en toda Galicia. No parque natural ató-

1000 m

Escáncer común, femia adulta.

Page 67: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

67

Guía dos anfibios e réptiles

Escáncer común, macho adulto.

pase moi amplamente distribuída e é común, chegando a serlocalmente abundante, aínda que é difícil de ver pola súa vidaoculta. Localizáronse exemplares en áreas rochosas con mato,tanto mesto como aberto, bosques claros, soutos, herbais, sebesde separación entre leiras, herbeiras en solos areosos e dunasgrises. Vive na vexetación mesta, levando unha vida semisubte-rránea, refuxiándose debaixo das pedras, troncos, táboas e plás-ticos, así como en galerías de micromamíferos.

BBiioollooxxííaa.. Actividade anual de febreiro a novembro, variando enrelación á climatoloxía. A súa actividade está moi condicionadapola humidade ambiental, permanecendo inactiva nos períodosmáis secos. A reprodución comeza en abril, tendo lugar os apa-reamentos a finais deste mes, en maio e xuño. Durante a cópu-la, o macho morde á femia detrás da cabeza, deixándolle sinaisnas escamas do pescozo. Esta especie é vivípara, dando á luzcrías completamente formadas en agosto e setembro, tras unperíodo de gravidez duns tres meses. O número de crías porparto oscila entre 5 e 12, en relación ao tamaño da femia. O cre-cemento é lento. As poboacións galegas acadan a madurezsexual xeralmente aos 3 anos de vida, cunha lonxitude cabeza-corpo de 135-150 mm. Especie moi lonxeva, que pode vivir máisde 20 anos. A súa alimentación está condicionada polo seumicrohábitat (semisubterráneo, niveis máis baixos da vexetacióne follaxe) e pola súa conduta lenta e pausada, capturando prin-cipalmente lesmas e miñocas.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Tampouco se consideran ameaza-das as poboacións continentais galegas no Catálogo galegode especies ameazadas.

Page 68: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

68

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

CCóóbbrreeggaa ddee eessccaaddaa ((RRhhiinneecchhiiss ssccaallaarriiss))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Serperiscada.CCaasstteelláánn:: Culebra de escalera.NNoottaa:: até hai pouco o seu nomecientífico era Elaphe scalaris.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Cóbrega relati-vamente grande e forte, quepode acadar os 150 cm delonxitude total. Cor dorsalparda ou ocre uniforme, cundeseño composto por dúasliñas escuras lonxitudinais

paralelas que, nos xuvenís e subadultos, atópanse unidas porbarras negras perpendiculares a estas liñas dorsais, o quesemella un debuxo “en escada” (de onde provén o nome daespecie). Ventre amarelento uniforme. Femias máis grandes erobustas que os machos. Especie aglifa, sen veleno, a súa tra-bada é absolutamente inocua, aínda que é vigorosa e pode seragresiva, mordendo ao ser capturada.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie ibérica que taménse estende pola costa mediterránea francesa. Ocupa case todaa península Ibérica agás a franxa cantábrica e os Pirineos. EnGalicia distribúese pola metade sur. Na Coruña, pola costa,acada os montes do Pindo (Carnota). No parque natural éunha especie escasa, con poucas observacións, realizadas naszonas periféricas, xeralmente en áreas ben solleiras, conpedras, rochas e matogueiras.

1000 m

Xuvenil de cóbrega de escada.

Page 69: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

69

Guía dos anfibios e réptiles

BBiioollooxxííaa.. Actividade anual de marzo a outubro; actividadecotiá diúrna, aínda que tamén é crepuscular e nocturna noverán. Agóchase debaixo de grandes pedras, muros ou galerí-as de mamíferos (como coellos). As observacións de cópulasproducíronse sobre todo en maio e xuño e aproximadamenteun mes despois (entre 20 e 46 días) a femia realiza a postados ovos. Pon entre 4 e 24 ovos, en relación ao tamaño dafemia, brancos e alongados, dos que nacen as crías tras 50-60días de incubación. Os xuvenís miden entre 27 e 38 cm. delonxitude total, e teñen o seu deseño inconfundible de barrastransversais negras no dorso sobre un ton de fondo amareladopálido. Madurez sexual aos 4 anos nos machos (cando acadan50 cm de lonxitude cabeza-corpo) ou 5 anos nas femias (cuns66 cm de lonxitude cabeza-corpo), e lonxevidade duns 19anos. A alimentación dos adultos consiste principalmente enmamíferos, como ratas (Rattus), ratos (Apodemus, Microtus) ecrías de coello. Os xuvenís pola contra, consomen crías de roe-dores e lagartas.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Tampouco se consideran ameaza-das as poboacións continentais galegas no Catálogo galegode especies ameazadas.

Cóbrega de escada, macho adulto.

Page 70: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

70

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

CCóóbbrreeggaa lliissaa ccoommúúnn ((CCoorroonneellllaa aauussttrriiaaccaa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Cóbre-ga lagarteira común.CCaasstteelláánn:: Culebra lisa europea.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Ofidio depequeno tamaño; mide comomáximo 75 cm de lonxitudetotal, se ben a maioría dosadultos miden entre 50 e 60cm. O exemplar máis grandemedido en Corrubedo foiunha femia de 63 cm de lon-xitude total de Olveira.

Escamas dorsais lisas. Cor dorsal de fondo gris ou parda, cundeseño de manchas marrón escura ou negra, cunha liña escu-ra que cruza o ollo a cada lado da cabeza. Diferénciase dacóbrega lisa meridional por ter a coloración ventral uniforme,negra, gris escura ou alaranxada, o ollo bordeado pola 3ª e 4ªescamas supralabiais e 19 ringleiras de escamas dorsais nunanel no centro do corpo. Sexos semellantes. Especie aglifa, senveleno, a súa trabada é absolutamente inocua.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie Eurosiberiana detipo faunístico Europeo. Na península Ibérica ocupa a meta-de norte e certas serras do sur. En Galicia é abundante nasprovincias do norte, A Coruña e Lugo. En Ourense ePontevedra é máis escasa, sendo a súa distribución irregular,fundamentalmente nas serras. No parque natural é común eestá amplamente distribuída, mesmo en zonas secas comoareais (témola achada baixo pedras en dunas grises). Ocupaunha grande variedade de hábitats, como bosques abertos,piñeirais, valados e muros vellos ao carón de hortas e campos.Pero o medio máis típico son as zonas de mato, como toxei-ras, queirogais e xesteiras.

BBiioollooxxííaa.. Período anual de actividade de marzo a outubro; acti-vidade cotiá fundamentalmente diúrna, aínda que pode ser cre-puscular con tempo moi cálido. O período reprodutor comezacos apareamentos, que teñen lugar de marzo a maio (un segun-do celo en setembro e outubro). O ciclo é bienal, reproducíndo-se as femias cada dous anos. É vivípara, parindo de 2 a 15 crías,

1000 m

Page 71: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

71

Guía dos anfibios e réptiles

en relación directa co tamaño da nai, en setembro e outubro. Osneonatos miden entre 15 e 19 cm de lonxitude total e o seu des-eño e cor son moi semellante ao dos adultos. A madurez sexualnos machos acontece aos 2 ou 3 anos de vida e nas femias aos4 ou 5 anos. En liberdade poden vivir até uns 9 ou 10 anos. Asúa alimentación componse de réptiles nun 85% (principal-mente lagartas, Podarcis bocagei e P. hispanica, crías de lagar-tos, escánceres comúns, Anguis fragilis e esgonzos, Chalcidesstriatus). O 15% restante componse de micromamíferos (ratos,Apodemus, Microtus e musarañas, Sorex e Crocidura).

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non avaliada a nivel mundial (UICN, 2006).Considerada non ameazada (Preocupación menor, LC) enEspaña (Pleguezuelos et al., 2002). Non incluída no Catálogogalego de especies ameazadas.

Cóbrega lisa común.

Escamas ventrais de cóbrega lisa común, de cor homoxénea.

Page 72: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

72

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

CCóóbbrreeggaa lliissaa mmeerriiddiioonnaall ((CCoorroonneellllaa ggiirroonnddiiccaa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Cóbre-ga lagarteira meridional.CCaasstteelláánn:: Culebra lisa meridional.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Cóbrega esvel-ta e de pequeno tamaño. Oexemplar máis grande medidono parque natural foi unhafemia de 73 cm de lonxitudetotal do monte da Lavandeira.En Galicia poden superar os80 cm. Excepcionalmente che-gan até 90 cm. Escamas dor-

sais lisas e cor de fondo dorsal parda ou gris cun deseño demanchas escuras. Teñen unha liña escura desde a comisurabucal até o ollo. Cor ventral branca ou amarelenta, cun deseñode manchas negras “en taboleiro de xadrez”, o que permitediferenciala doadamente da cóbrega lisa común, que o tenuniforme. Tamén se diferenza por ter o ollo bordeado pola 4ªe 5ª escamas supralabiais e 21 ringleiras de escamas dorsaisnun anel no centro do corpo. Sexos moi semellantes. Especieaglifa, sen veleno, a súa trabada é absolutamente inocua.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie do Mediterráneooccidental. En Galicia distribúese case uniformemente polasprovincias do sur, mentres que en Lugo e na Coruña a distri-bución é puntual no norte. No parque natural é relativamentecomún, aínda que difícil de atopar polas seus costumes noc-turnos e lapidícolos (debaixo das pedras). Ocupa preferente-

1000 m

Cóbrega lisa meridional.

Page 73: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

73

Guía dos anfibios e réptiles

mente zonas secas e pedregosas con mato, pero tamén murose valados preto de cultivos, bosques abertos, etc. En xeral moiligada a toxais, queirogais e xarais.

BBiioollooxxííaa.. Actividade anual desde febreiro até novembro, aínda quepoden atoparse tamén exemplares activos en decembro e xaneiro,pero en baixa proporción. Actividade cotiá fundamentalmente cre-puscular e nocturna. Durante o día acostuma esconderse debaixodas pedras. Na primavera ou no outono tamén pode estar activaen pleno día. O período reprodutor comeza en abril, tendo lugar osapareamentos desde este mes até principios de xuño. A diferenzada cóbrega lisa común, é ovípara e pon entre 4 e 10 ovos, brancos,alongados e case cilíndricos, dos que nacen os xuvenís ao caboduns dous meses. Os poucos datos recollidos indican que as pos-tas teñen lugar na zona sobre todo en xullo. Os que acaban denacer miden entre 17 e 19,5 cm de lonxitude total. Poden acadaraté 15 anos de vida. A súa dieta é fundamentalmente sauriófaga,alimentándose de esgonzos (sobre todo Chalcides striatus, até o41%), lagartas (Podarcis bocagei e P. hispanica, 35-45%), crías delagartos (6-10%). Outras presas son escánceres comúns (Anguisfragilis) e crías doutras especies de cóbregas.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Non incluída no Catálogo galegode especies ameazadas.

Escamas ventrais decóbrega lisa meridional.

Page 74: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

74

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

CCóóbbrreeggaa ddee ccoollaarr ((NNaattrriixx nnaattrriixx))

CCaasstteelláánn:: Culebra de collar.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Cóbrega detamaño mediano a grande. Osexemplares máis grandes ato-pados neste espazo natural atéagora foron unha femia de Vilarde 98 cm de lonxitude total eun macho de Olveira de 76 cm.Pasa frecuentemente do metrode lonxitude e os tamañosmáximos en Galicia son 120 cmnas femias e 90 cm nos

machos. Excepcionalmente pode superar o metro e medio.Escamas dorsais carenadas. Cor dorsal moi variable, aínda quenormalmente son pardas ou grises, xeralmente con escasas man-chas negras. Ventre branco, con manchas negras cuadrangulares.Os exemplares novos posúen un debuxo branco amarelado bor-deado de negro detrás da cabeza (como un “colar”, de onde deri-va o seu nome común). Este colar desaparece nos exemplaresadultos. Femias moito maiores e máis robustas que os machos.Especie aglifa, sen veleno, a súa trabada é absolutamente inocua.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie do Paleártico occi-dental de distribución moi ampla (norte de África, todaEuropa e Asia Menor). Distribúese por toda Galicia e o restoda península Ibérica. No parque natural é común e estáamplamente repartida, sobre todo nas proximidades de char-cas, lagoas de auga doce e herbeiras húmidas. Nada moi bene é frecuente nestes medios acuáticos, aínda que pode vivirtamén moi afastada deles, en zonas de mato mesto, praderíase lindeiros de bosques, silveiras e cultivos.

BBiioollooxxííaa.. Período anual de actividade de marzo a novembro.Actividade cotiá fundamentalmente diúrna, aínda que pode sertamén crepuscular no verán. Dous períodos de celo, un na pri-mavera e outro secundario no outono. O principal período deapareamentos prodúcese en abril e maio. En xuño e xullo asfemias poñen entre 6 e 50 ovos, brancos e alongados, en lugareshúmidos e quentes, como montóns de vexetación en descompo-sición ou esterco. As crías nacen en setembro ou outubro, medin-

1000 m

Page 75: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

75

Guía dos anfibios e réptiles

do no intre da eclosión entre 14,5 e 21,6 cm de lonxitude total,e teñen o característico “colar” negro e marelo na unión da cabe-za co pescozo. Os machos acadan a madurez sexual aos 3 anos eas femias aos 4 ou 5. Poden vivir até os 20 anos en liberdade. Asúa alimentación componse fundamentalmente de anfibios. NoParque atopamos nos seus contidos gástricos sobre todo Ranaperezi e Discoglossus galganoi, pero tamén Bufo bufo, Pelobatescultripes e Lissotriton boscai. Non acostuma cazar dentro da augae moi raramente o fai mergullada, aínda que é boa nadadora.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Tampouco se consideran ameaza-das as poboacións continentais galegas no Catálogo galegode especies ameazadas.

Cóbrega de colar. Femia adulta.

Cóbrega de colar, xuvenil co característico colar.

Page 76: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

76

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

CCóóbbrreeggaa vviippeerriinnaa ((NNaattrriixx mmaauurraa))

CCaasstteelláánn:: Culebra viperina.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Ofidio demediano tamaño; os máisgrandes rexistrados neste par-que natural foron unha femiade 69 cm de lonxitude total deOlveira e un macho de 55 cmde Vixán. Excepcionalmentepoden superar o metro de lon-xitude. Escamas dorsais moicarenadas. Ten unha colora-ción moito más contrastada

que a cóbrega de colar. Cor de fondo variable, averdada, pardaou alaranxada, cun debuxo dorsal negro en zigzag, semellanteao dalgunhas víboras. Os exemplares máis vellos poden ser moiescuros, algúns case completamente negros (de onde lle provéno nome científico: maura = escura). Femias bastante maioresque os machos, co corpo máis groso. Especie aglifa, sen veleno,a súa trabada é absolutamente inocua.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie do Mediterráneooccidental. Amplamente repartida no centro e sur de Galicia,é máis escasa no norte. No parque natural é o ofidio máiscomún e atópase distribuído por todo el, sobre todo nas bei-

1000 m

Xuvenil de cóbrega viperina.

Page 77: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

77

Guía dos anfibios e réptiles

ras de zonas húmidas de auga doce, aínda que tamén apare-ce afastada da auga, en hábitats secos, como matos ou her-beiras. É a máis acuática de todos os ofidios deste espazonatural (e ibéricos); nada e mergúllase moi ben.

BBiioollooxxííaa.. Actividade anual de febreiro ou marzo até novembro.Actividade cotiá basicamente diúrna, pero tamén crepuscularou nocturna con tempo cálido. Período reprodutor de abril axuño (un segundo celo outonal en setembro e outubro). Afemia pon entre 4 e 17 ovos entre maio e xullo (ás veces até24), de cor branca e máis cilíndricos que os da cóbrega decolar, cunhas pequenas concrecións pola superficie. As críasnacen desde finais de agosto até outubro, medindo no intreda eclosión entre 13,5 e 19 cm de lonxitude total. O deseñodorsal e da cabeza é máis contrastado que o dos adultos. Osmachos acadan a madurez sexual aos 3 anos e as femias aos4 ou 5 anos. Poden vivir máis de 12 anos. A súa dieta com-ponse de peixes (10-58%; porcentaxes mínimas e máximas enGalicia), larvas de anfibios (5-30%), anfibios adultos (20-38%) e invertebrados (16-20%), nos que predominan asmiñocas. Acostuma cazar as súas presas mergullada. Moi áxil,refúxiase de contando na auga ao ser descuberta.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Tampouco se consideran ameaza-das as poboacións continentais galegas no Catálogo galegode especies ameazadas.

Cóbrega viperina. Femia adulta.

Page 78: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

VVííbboorraa ddee SSeeooaannee ((VViippeerraa sseeooaanneeii))

CCaasstteelláánn:: Víbora cantábrica,víbora de Seoane.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Ofidio depequeno tamaño, alcanzacomo máximo 60 cm de lonxi-tude total. Corpo groso e colacurta; cabeza triangular e ollocoa pupila vertical e o iris dou-rado. Escamas dorsais carena-das. Cor de fondo parda ouocre, cunha banda vertebralmarrón escura ao longo do

dorso, reberetada de manchas negras en forma de zigzag e dúasliñas lonxitudinais claras. Ventre gris escuro ou negro, con pun-tos brancos. Non son raros os individuos melánicos, completa-mente negros. Machos coa cola comparativamente máis longa.Especie solenoglifa, con veleno e dous dentes ocos (os “cai-ros”) conectados ás glándulas velenosas. Mordedura perigosa.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Endemismo ibérico, só viveen Galicia, extremo norte de Portugal e Cornixa Cantábrica até oPaís Vasco. No conxunto de Galicia é común, desde o nivel domar até a montaña. No parque natural é relativamente escasa,aínda que pode atoparse en diferentes hábitats, desde pradosmoderadamente húmidos até areais costeiros con vexetación. Éalgo máis común nas zonas periféricas, en lindeiros de bosques,piñeirais, matos de toxos (Ulex) e silveiras (Rubus).

BBiioollooxxííaa.. Leva unha vida moi oculta, ao abeiro de silvas e mato-gueiras, saíndo moi poucas veces a terreo descuberto, polo que é

difícil de ver. A actividade cotiáé diúrna case todo o ano, peropódese volver parcialmentenocturna no verán. A inactivida-de invernal é moi curta nestazona, polo que se poden verexemplares activos desdefebreiro até novembro en anosfavorables. Celo e apareamen-tos de abril a maio. É unha

78

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Cabeza de víbora de Seoane. Pode verseo ollo coa pupila vertical e os dentesinoculadores do veleno.

1000 m

Page 79: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

79

Guía dos anfibios e réptiles

Víbora de Seoane.

especie vivípara polo que as femias paren entre 3 e 10 críasdesde mediados de agosto até outubro. No intre do parto, ascrías miden 15-18 cm. O seu crecemento é lento. Acadan amadurez sexual aos 3 ou 4 anos (cando teñen 30 a 38 cm delonxitude total) e a súa lonxevidade é duns 13 anos.O veleno e o aparato inoculador (dous finos dentes ocos, comoagullas hipodérmicas) é unha adaptación á súa dieta de microma-míferos, que na provincia da Coruña constitúen o 83% das presas.Son fundamentalmente cortas (Microtus lusitanicus), trilladeiras(Microtus agrestis), ratos (Apodemus sylvaticus) e musarañas(Sorex, Crocidura). O resto son saurios (7%) e anfibios (10%).

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Non incluída no Catálogo galegode especies ameazadas.

QQuuéé ffaacceerr aannttee uunnhhaa ttrraabbaaddaa ddee vvííbboorraa.. A víbora de Seoane é poucoagresiva e moi tímida, fuxindo rapidamente ante a presenza huma-na. Ademais, o seu veleno adoita ser pouco activo, polo que o riscodun desenlace fatal é pequeno. Mais, a súa toxicidade é un feitopolo que nunca hai que tentar collelas coa man (o que é máis quesuficiente para non correr riscos de mordedura). No caso de que seproduza unha mordedura, hai que inmobilizar a zona afectada, senrealizar ningún corte na ferida (como se dicía tradicionalmente), ninsucionala (perigoso se temos feridas na boca). Tampouco por aper-tados torniquetes se non o fai un experto (os efectos do torniquetepoden ser graves). A continuación, tranquilizando á persoa afecta-da, trasladarse a un centro médico. Nel manterana en observacióne decidirase se é que se lle administra ou non antisoro con anticor-pos contra o veleno de víbora. Este antisoro só debe ser utilizadocando sexa estritamente necesario, xa que nalgúns casos pode pro-vocar reaccións alérxicas graves.

Page 80: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

80

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

SSaappooccoonncchhoo ccoommúúnn ((EEmmyyss oorrbbiiccuullaarriiss))

CCaasstteelláánn:: Galápago europeo.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Tartaruga acuá-tica de cuncha ovalada e baixa,que mide nos adultos de 120 a160 mm de lonxitude, rara-mente máis. Coloración moiescura, negra ou moura, conliñas amarelas dispostas radial-mente en cada placa da cun-cha. Plastrón amarelado, conmanchas escuras de forma irre-gular. Cabeza, pescozo, patas e

cola negras, cun mesto punteado amarelo. Machos máis peque-nos que as femias, coa cuncha máis estreita, plastrón lixeira-mente cóncavo (recto nas femias) e a cola máis longa.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Especie do PaleárticoOccidental. En Galicia só sobreviven dúas poboacións: unhano Porriño (Pontevedra) e outra no río Arnoia (Ourense). Viveen masas de auga doce moi diversas, de corrente lenta ou nulae que teñan abundante vexetación acuática nas ribeiras. Haidatos da súa antiga presenza na zona do parque natural, peroextinguiuse probablemente na segunda metade do século XX.No ano 2004 foron introducidos uns individuos na charca deOlveira, que aínda persisten na actualidade (2006).

BBiioollooxxííaa.. Actividade anual concentrada en dous períodos princi-pais, un primaveral (febreiro-maio) e outro outonal (setembro-outubro). A actividade cotiá é diúrna. A reprodución comezacedo, con cortexos nada máis saír da hibernación, xeralmente enfebreiro ou marzo, que poden prolongarse até maio. Nas pobo-acións galegas, as primeiras femias con ovos aparecen a media-dos de xuño. Nestas poboacións, só se realiza unha posta aoano, a mediados de xullo. O número de ovos por posta oscilaentre 3 e 18, con medias en torno a 6 ovos. As femias non sereproducen todos os anos. A posta realízase pola noite, nunburato que escava a femia duns 10-12 cm de profundidade. A

Outras especies de réptiles

1000 m

Page 81: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

81

Guía dos anfibios e réptiles

determinación do sexo é pola temperatura de incubación(<28°C: machos; >29°C: femias). Nas poboacións galegas tenlugar a hibernación dos neonatos no niño, saíndo en primavera.As crías miden uns 30 mm de lonxitude ao nacer. Os machosacadan a madurez sexual aos 4 anos, con 125 mm de lonxitude,e as femias aos 6 anos, con 137 mm. A lonxevidade máxima éde 28 e 29 anos para machos e femias, respectivamente. A súaalimentación é oportunista, predominando a compoñente ani-mal, pero incluíndo tamén materia vexetal, sobre todo no verán.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Considerada a nivel mundial como Case ameazada,NT (UICN, 2006). En España, no entanto, considérase En perigode extinción (EN) nas poboacións do noroeste (Plegeuezuelos etal., 2002), xa que só quedan, no caso de Galicia, dous pequenosnúcleos poboacionais. A mesma categoría de En perigo de extin-ción recóllese no Catálogo galego de especies ameazadas. Este é,por tanto, o réptil máis ameazado de Galicia.

Sapoconcho común na auga.

Detalle da cabeza do sapoconcho común.

Page 82: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

SSaappooccoonncchhoo ddee FFlloorriiddaa ((TTrraacchheemmyyss ssccrriippttaa))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Tartaruga de Florida.CCaasstteelláánn:: Galápago de Florida, Tortuga de Florida.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Sapoconcho relativamente grande, cunha lonxi-tude da cobertura que oscila nos adultos entre 120 e 290mm, sendo as femias máis grandes e coa cuncha máis anchaque os machos. Aínda que son máis coñecidos os pequenosxuvenís postos á venda (acabados de nacer), o seu crecemen-to é moi rápido e pronto acadan un tamaño grande. A cor dor-

sal verde destes xuvenísdesaparece coa idade,volvéndose anegrados.Pódese distinguir doada-mente a calquera idadedo sapoconcho comúnpola mancha vermellaintensa aos lados dacabeza e por ter o plas-trón de cor amarela viva.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Orixinarios do surlestedos EE.UU., foron criados masivamente para a súa vendaen todo o mundo como animais de compañía. Se os peque-nos xuvenís mercados sobreviven, co paso do tempo tór-nanse en grandes e voraces sapoconchos que molestandentro das casas, polo que algúns propietarios déitanasaos ríos e charcas onde poden formar poboacións queconstitúen unha ameaza para a fauna autóctona. Podevivir en todo tipo de medios de auga doce permanentes.Observáronse nos últimos anos varios exemplares destaespecie en charcas e lagoas do parque natural, así comoen xardíns de fincas privadas.

BBiioollooxxííaa.. Activo de marzo a outubro. En España atopáronsepostas en maio e xuño, compostas por 2-23 ovos. Período deincubación de 60-88 días. Os neonatos miden 24-36 mm delonxitude da cobertura. Lonxevidade máxima en liberdade de30 anos.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non catalogada polo seu carácter alóctono. Édesexable a súa erradicación.

82

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Sapoconcho de Florida.

Page 83: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

83

Guía dos anfibios e réptiles

1A. Cobertura con placas córneas

1B. Cobertura sen placas, cunha pel de aspec-to de coiro e varias quillas lonxitudinaissaíntes. Xeralmente de tamaño moi gran-de, até 500 kg.

2A. Placa nucal en contacto coa primeira placacostal. 5-6 placas costais a cada lado.

2B. Placa nucal afastada da primeira placacostal. 4 placas costais a cada lado.

3A. Tres placas inframarxinais sen poros acada lado do plastrón.

3B. Catro placas inframarxinais, cada unhacun poro glandular, a cada lado doplastrón.

4A. Placas córneas da cobertura xustapostas(como as baldosas dun piso). Dúas esca-mas prefrontais na cabeza.

4B. Placas córneas da cobertura imbricadas(como as tellas dun tellado). Catro esca-mas prefrontais na cabeza.

2

Tartaruga mariñade coiro(Dermochelys coriacea)

3

4

Tartaruga mariña común(Caretta caretta)

Tartaruga mariña pequena(Lepidochelyskempii)

Tartaruga mariña verde(Chelonia mydas)

Tartaruga mariñacarei (Eretmochelysimbricata)

Clave de identificación

TTaarrttaarruuggaass mmaarriiññaass

De xeito ocasional poden aparecer nas praias do parque exem-plares varados de tartarugas mariñas. Non son moi frecuentesnas augas galegas, xa que son características dos mares tropicaise subtropicais, pero tampouco son excepcionais e hai dúas espe-cies que son rexistradas con relativa frecuencia nas nosas costas,a tartaruga mariña común e a de coiro. Porén, xa que cabe a posi-bilidade de que se atopen outras especies (aínda que a probabi-lidade é baixa), inclúese unha clave de identificación de todas asespecies que poden ser vistas en augas (e costas) atlánticas.As tartarugas mariñas están moi ben adaptadas á vida no mare teñen as extremidades convertidas en aletas, coas quepoden nadar con gran rapidez. A súa vida é completamentemariña e unicamente saen á terra as femias para depositar osovos (mais non nas costas galegas).

Page 84: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

84

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Cobertura das tartarugas mariñas

1. Tartaruga mariña de coiro, 2. Tartaruga mariña común, 3. Tartarugamariña verde, 4. Tartaruga mariña carei, 5. Tartaruga mariña pequena.

2

1

3

4 5

As dúas especies que se teñen rexistradas no litoral do parquenatural son:

TTaarrttaarruuggaa mmaarriiññaa ddee ccooiirroo ((DDeerrmmoocchheellyyss ccoorriiaacceeaa))

CCaasstteelláánn:: Tortuga laúd.

É a máis grande das tartarugas vivintes, podendo chegar a medirmáis de 1,5 m de lonxitude da cobertura e pesar 500 kg.Cobertura e plastrón recubertos dunha pel coriácea, con 7 quillaslonxitudinais polo dorso e 5 no plastrón. A cabeza é grande, contres fondas entallas na mandíbula superior. Aletas dianteiras moigrandes e potentes, sempre sen unllas. Coloración anegrazadacun mesto punteado de manchas pequenas e brancas.Os exemplares observados na zona son adultos, cunha lonxitudeda cobertura que supera frecuentemente o metro e medio.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Considerada como En perigo crítico de extin-ción (CR), tanto a nivel mundial (UICN, 2006) como español(Pleguezuelos et al., 2002). No Catálogo galego de especiesameazadas é considerada como En perigo de extinción (EN).

Page 85: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

85

Guía dos anfibios e réptiles

TTaarrttaarruuggaa mmaarriiññaa ccoommúúnn ((CCaarreettttaa ccaarreettttaa))

CCaasstteelláánn:: Tortuga boba.

É a especie que pode aparecer con máis frecuencia nas cos-tas do parque natural. Xeralmente varan exemplares xuvenísou subadultos, cunha lonxitude da cobertura inferior a 40cm. Os adultos poden chegar a medir até algo máis dunmetro de lonxitude da cobertura e até 150 kg de peso.Cobertura ovalada, coas beiras de forma aserrada, con 5 pla-cas vertebrais e 5 costais a cada lado, estando a primeira encontacto coa placa nucal. 3 placas inframarxinais no plas-trón, sempre sen poros. Cabeza grosa, con 2 pares de esca-mas prefrontais. Aletas dianteiras con 2 unllas. Cor do espal-dar marrón ou parda vermella.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Considerada como En perigo de extinción (EN),tanto a nivel mundial (UICN, 2006) como español(Pleguezuelos et al., 2002). No Catálogo galego de especiesameazadas figura como Vulnerable (VU).

Plastrón de tartaruga mariña común

1. Placas inframarxinais.

1

1

1

1

1

1

Page 86: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

86

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

LLaaggaarrttaa rraabbuuddaa ((PPssaammmmooddrroommuuss aallggiirruuss))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Lagartixa rabuda.CCaasstteelláánn:: Lagartija colilarga.NNoottaa:: No ano 2006 describiuse unha nova especie,Psammodromus manuelae, no centro de España, á que é posibleque pertenzan tamén as poboacións galegas de lagarta rabuda.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Lagarta relativamente grande e robusta, de 61-75 mm de cabeza-corpo, e unha cola moi longa, de 2,1-2,7veces esta lonxitude. As súas escamas dorsais son moi gran-des, triangulares, bicudas e fortemente imbricadas entre elas.A coloración dorsal é parda con dúas liñas claras lonxitudinaismoi ben sinaladas, principalmente nas femias, orladas porliñas pardo escuras ou negras. Os machos en celo poden termanchas vermellas na gorxa e na cabeza.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Citada repetidamente noparque natural (Caramelo Rego et al., 1995; SánchezRodríguez & Negreira Souto, 2005). Balado et al. (1995) ePleguezuelos et al. (2002) citan a especie na cuadrícula UTMde 10x10 km MH91 que inclúe a práctica totalidade da super-ficie deste espazo protexido. No entanto, nós non a atopamos

nas nosas prospeccións. É moiposible a súa presenza actualxa que o parque natural tenmoi boa representación do seuhábitat típico na Galicia costei-ra: zonas areosas con vexeta-ción de mato disperso deCistus ou Ulex e herbeiras.

BBiioollooxxííaa.. Activa entre febreiro e novembro. Reproduciónde abril a xuño, poñendo a femia 2-11 ovos nun burato naarea ou debaixo dunha pedra. Nacemento das crías enagosto e setembro. Madurez sexual con 1 ou 2 anos e lon-xevidade de só 5-7 anos. Aliméntase de araneidos e insec-tos do solo.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. Non se considera ameazada (Preocupaciónmenor, LC), nin a nivel mundial (UICN, 2006) nin español(Pleguezuelos et al., 2002). Non incluída no Catálogo galegode especies ameazadas.

Lagarta rabuda, femia adulta.

Page 87: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

EEssggoonnzzoo iibbéérriiccoo ((CChhaallcciiddeess bbeeddrriiaaggaaii))

OOuuttrrooss nnoommeess ggaalleeggooss:: Escáncerde patas ibérico.CCaasstteelláánn:: Eslizón ibérico.

IIddeennttiiffiiccaacciióónn.. Esgonzo de corpogroso, medindo 65-90 mm decabeza-corpo os adultos, e algomenos de cola, que tamén é

grosa e cilíndrica, co extremo afiado. Distínguese moi doadamen-te do esgonzo común por ser moito máis curto e groso, ter as catroextremidades reducidas pero ben conformadas, con 5 dedos cadaunha, e unha coloración dorsal parda clara case uniforme.

DDiissttrriibbuucciióónn,, aabbuunnddaanncciiaa ee hháábbiittaatt.. Esta especie é citada repeti-damente nas listas faunísticas do parque (Caramelo Rego et al.,1995; Sánchez Rodríguez & Negreira Souto, 2005). Mouriño et al.(2004) tamén a citan, aínda que para o conxunto deste espazonatural e costa norte do Barbanza. Nesta costa norte é citadatamén no Atlas Español (Pleguezuelos et al., 2002) na cuadrículaUTM de 10x10 km MH92, veciña á do parque natural, aínda quefóra deste. Pola nosa parte, só conseguimos unha posible citanunha zona de mato aberto con herbeira seca (o exemplar fuxiusen poder ser examinado). Resulta sorprendente esta aparenteausencia (ou escaseza) da especie, xa que está presente pola costatanto ao norte como ao sur do parque e están moi ben represen-tados nel os seus hábitats máis característicos, como son os terre-os areosos con vexetación herbácea e matos espallados. Porén, asúa vida moi oculta, case sempre debaixo das pedras e da vexe-tación, fai moi doado que pase desapercibido. É, por tanto, moiposible a súa presenza en distintas zonas deste espazo natural.

BBiioollooxxííaa.. Activo de marzo a outubro e período reprodutor definais de abril a xuño. Especie vivípara, as femias paren de 1 a4 crías xeralmente en agosto. Madurez sexual con 2 ou 3 anos.Comen arácnidos, isópodos e insectos do chan.

CCoonnsseerrvvaacciióónn.. A nivel mundial considérase Case ameazada, NT(UICN, 2006). En España ten a consideración de Vulnerable,VU (Pleguezuelos et al., 2002), mentres que as reducidaspoboacións da provincia da Coruña (entre as que estarían asdo parque natural) considéranse como En perigo de extinción(EN) no Catálogo galego de especies ameazadas.

87

Guía dos anfibios e réptiles

Esgonzo ibérico.

Page 88: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:
Page 89: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

89

Guía dos anfibios e réptiles

Arnold, E. N. & Ovenden, D. (2002): A Field Guide to the Reptiles andAmphibians of Britain and Europe. (2ª ed.). Harper Collins Pub. London.288 pp.

Ayres, C. & Cordero, A. (2004): 1994-2004, 10 años de conservación degalápagos en Galicia, situación actual y perspectivas. VIII Congreso Luso-Español y XII Congreso Español de Herpetología. Málaga, 13 al 17 dejulio de 2004. pp. 62-63.

Balado, R.; Bas, S. & Galán, P. (1995): Anfibios e réptiles. En: Consello daCultura Galega y Sociedade Galega de Historia Natural (Eds.): Atlas deVertebrados de Galicia. Aproximación á distribución dos vertebradosterrestres de Galicia durante o quinquenio 1980-85. Tomo 1: Peixes, anfi-bios, réptiles e mamíferos. Agencia Gráfica, S. A. Santiago de Compostela.pp. 65-170.

Barbadillo, L. J.; Lacomba, J. I.; Pérez-Mellado, V.; Sancho, V. & López-Jurado, L. F. (1999): Anfibios y reptiles de la península Ibérica, Baleares yCanarias. GeoPlaneta. Madrid. 419 pp.

Bas, S. (1983): Atlas provisional de los vertebrados terrestres de Galicia.Años 1970-1979. Parte I: Anfibios y reptiles. Monogr. Univ. Santiago deCompostela, 73: 1-54.

Beebee, T. J. C. (1996): Ecology and Conservation of Amphibians.Conservation Biology Series. Chapman & Hall, London. 214 pp.

Caramelo Rego, C.; Martínez Martínez, P.; Reiriz Vargas, S. & ValesMosquera, E. (1995): Espacios naturais de Galicia. 1. Provincia de ACoruña. Bahía Edicións. A Coruña. 192 pp.

Consultores de Medio Ambiente y Desarrollo, S. L. (2002): Complexodunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. En: DeputaciónProvincial da Coruña (Ed.). Zona Verde AC 01. Dep. Prov. da Coruña.Imprenta Provincial. A Coruña. pp. 47-57.

Curt, J. & Galán, P. (1982): Esos anfibios y reptiles gallegos. Ed. J. Curt.Pontevedra. 166 pp.

Galán, P. (1999): Conservación de la herpetofauna gallega. Situaciónactual de los anfibios y reptiles de Galicia. Universidade da Coruña.Servicio de Publicacións. Monografía Nº 72. A Coruña. 286 pp.

Galán, P. (2005): Herpetofauna de Galicia: situación actual y amenazasque inciden en su conservación. Ibader. Recursos Rurais. Serie Cursos, 2:51-64.

Bibliografía

Page 90: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

90

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Galán, P. & Fernández Arias, G. (1993): Anfibios e réptiles de Galicia.Edicións Xerais. Vigo. 501 pp.

García-París, M.; Montori, A. & Herrero, P. (2004): Amphibia,Lissamphibia. En: Ramos, M. A. et al. (Eds.). Fauna ibérica, vol. 24. MuseoNacional de Ciencias Naturales. CSIC. Madrid. 640 pp.

González, I.; Fernández, R. & Salvadores, R. (1995): Guía de espacios natu-rais de Galicia. Ed. Galaxia S. A. Vigo. 250 pp.

González Rodríguez, I.; Santos, X. M. & Vaqueiro, V. (1995): Galicia natu-ral. Guía de la flora y fauna de Galicia. El Mundo Galicia. Ed Galaxia S. A.208 pp.

IUCN (2006): 2006 IUCN Red List of Threatened Species. www.iucnre-dlist.org.

Langton, T. & Burton, J. A. (1997): Amphibians and reptiles. Conservationmanagement of species and habitats. Council of Europe Publishing.Strasbourg. Planning and Management Series, 4: 1-96.

Leiro, A.; Daporta, M. & Caamaño Rivas, V. M. (2003): Espazos naturais.Provincia da Coruña. Promocións Culturais Galegas, S. A. Vigo. 141 pp.

Mouriño Lourido, J.; Otero Pérez, X. L.; Salvadores Ramos, R.; AlonsoIglesias, P.; Sierra-Abraím, F.; Arcos Fernández, F. & Vázquez, A. (2004): Osespazos naturais de Galicia. Nigra Trea. Vigo. 270 pp.

Penas Patiño, X. M. & Piñeiro, A. (1989): Cetáceos, focas e tartarugasmariñas das costas ibéricas. Ed. Consellería de Pesca. Santiago. 379 pp.

Pérez Pintos, X. & Bouzó, X. (2004): As bioinvasións na Galiza. Edicións ANosa Terra. Vigo.156 pp.

Pleguezuelos, J. M. (Editor) (1997): Distribución y biogeografía de losanfibios y reptiles en España y Portugal. Monografías de Herpetología.Volumen 3. Ed. Universidad de Granada. A.H.E. Granada. 542 pp.

Pleguezuelos, J. M.; Márquez, R. & Lizana, M. (Eds.) (2002): Atlas y librorojo de los anfibios y reptiles de España. Dirección General deConservación de la Naturaleza-A.H.E., Madrid. 585 pp.

Pulgar Sañudo, I. (2004): Guía da flora do Parque Natural do complexodunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Consellería de MedioAmbiente. Xunta de Galicia. A Coruña. 48 pp.

Salvador, A. (Coordinador) (1998): Reptiles. En: Ramos, M. A. et al. (Eds.).Fauna ibérica, vol. 10. Museo Nacional de Ciencias Naturales. CSIC.Madrid. 705 pp.

Page 91: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos:

91

Guía dos anfibios e réptiles

Salvador, A. & García-París, M. (2001): Anfibios españoles. Canseco Ed.Talavera de la Reina. 269 pp.

Salvador, A. & Pleguezuelos, J. M. (2002): Reptiles españoles. Identificación,historia natural y distribución. Canseco Ed. Santander. 493 pp.

Sánchez Rodríguez, F. & Negreira Souto, M. (2005): Parque Natural docomplexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. En: CorderoRivera, A. (Coordinador) y Hércules de Ediciones, S. A. (Editor). ProxectoGalicia. Tomo XLVI: Ecoloxía. Conservación II. Hércules de Ediciones, S. A.A Coruña. pp. 110-144.

Viéitez Cortizo, E. & Rey Salgado, J. M. (2005): A natureza ameazada2004. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. 819 pp.

Vilas, F. (Director) (1993): Guía de la naturaleza en Galicia. Ed. Faro deVigo, S. A. 4 tomos. 1.060 pp.

Xunta de Galicia. (1993): Guía do Parque Natural do complexo dunar deCorrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Consellería de Agricultura,Gandería e Montes. Dirección Xeral de Montes e Medio AmbienteNatural. Santiago. 40 pp.

Page 92: de Carregal e Vixán galan... · 2013. 9. 25. · Edita: Xunta de Galicia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Dirección Xeral de Conservación da Natureza Textos: