2012 enerxía sostible

8

Transcript of 2012 enerxía sostible

Page 1: 2012 enerxía sostible
Page 2: 2012 enerxía sostible

ENERXÍA. É a capacidade que ten un obxecto ou unha persoa para moverse ou facer un traballo.

TIPOS DE ENERXÍA: • Renovables• Non renovables

ENERXÍAS NON RENOVABLES. Están na natureza (petróleo, carbón e gas natural) pero son limitadas e o seu consumo co paso do tempo implica a súa desaparición.

Page 3: 2012 enerxía sostible

Pero son enerxías sucias: a súa combustión produce gases moi contaminantes e o seu transporte, as veces, supón o perigo de mareas negras.

É importante:- atopar solucións para substituílas por enerxías limpas que non contaminen nin produzan residuos e reducir o seu consumo.

ENERXÍAS RENOVABLES. Son as que se obteñen da natureza (sol, auga, vento, mar) e que non se esgotan.

Cos raios do sol captados por paneis solares, pode obterse calor e electricidade.

Page 4: 2012 enerxía sostible

ENERXÍA SOSTIBLE. É aquela capaz de satisfacer as necesidades actuais sen comprometer os recursos e capacidades das xeracións futuras.

Grazas ao vento, os muíños poden xirar e producen electricidade.

A enerxía hidráulica é a que se obten da auga en movemento. Ao chegar as centrales hidroeléctricas transfórmase en electricidade.

Page 5: 2012 enerxía sostible

O BURATO DA CAPA DE OZONO. Un gas chamado ozono protexe a terra dos raios solares. Este gas forma unha capa que envolve o planeta. Hai anos, os homes abrimos un burato nesta capa debido á acción dos productos químicos que fabricamos.

O EFECTO INVERNADOIRO. Os raios do sol que chegan á Terra rebotan e son reenviados ao espazo. Por desgraza, a contaminación formou un escudo ao redor da Terra que impide que a calor volva a saír. É moi parecido ao que ocorre nos invernadoiros das plantas. Por iso se chama así.

Page 6: 2012 enerxía sostible
Page 7: 2012 enerxía sostible
Page 8: 2012 enerxía sostible

CEIP DE MARCÓN

1º CICLO DE PRIMARIA

CURSO 2012 -2013