Enerxía eolica

60
Enerxía eólica

Transcript of Enerxía eolica

Page 1: Enerxía eolica

Enerxía eólica

Page 2: Enerxía eolica

Aproveita a enerxía das correntes orixinadas polas diferenzas de temperatura e presión no aire quecido polo sol (vento).

É unha enerxía inesgotable e renovable.

A enerxía cinética do vento transfórmase en enerxía mecánica por medio de diferentes aparellos (velas, pas, rotores...) e aprovéitase para mover barcos, facer funcionar máquinas ou xerar electricidade.

Page 3: Enerxía eolica

ENERXÍA EÓLICA

APROVEITAMENTODIRECTO

APROVEITAMENTOINDIRECTO

enerxía cinéticaVELAS

enerxía mecánicaMUÍÑOS

SERRADEIROSBOMBAS DE AUGA

TARABELAS

enerxía eléctricaAEROXERADORES

Page 4: Enerxía eolica

Os exipciós xa utilizaban o vento para mover os barcos con velas hai 5.000 anos.

Page 5: Enerxía eolica

O Grego Herón de Alexandría deseñou xoguetes e instrumentos musicais que funcionaban con aire e tiñan mecanismos semellantes aos muíños de vento actuais.

Page 6: Enerxía eolica

Os primeiros muíños de vento dos que hai referencia escrita (século X) estaban situados no Sijistan (nunha zona entre Persia e Afganistán), onde se empregaban para elevar auga e moer o os cereais. As pas estaban conectadas directamente á moa.

Page 7: Enerxía eolica

En Europa aparecen documentados os primeiros muíños de vento de eixo horizontal no século XII, pero pénsase que puideron existir con anterioridade.Durante a Idade Media e Moderna introducíronse neles diversos avances técnicos. Usáronse para moer o gran e a cana de azucre, fabricar papel ou elevar auga.

Muíño xiratorio nun gravado medieval.Muíño xiratorio nun gravado da basílica de Santa María, en Pontevedra.

Page 8: Enerxía eolica

Muíño de azucre

Elevador de auga

Page 9: Enerxía eolica

En Galicia hai referencia a muíños de vento por toda a costa desde o século XVI, pero a maioría construíronse no século XIX. Actualmente consérvanse restos e algúns reconstruídos.

Na Coruña houbo 14 muíños de vento. Grabado de 1840.

Page 10: Enerxía eolica

Muíño en Laxe

Page 11: Enerxía eolica

Illa de Arousa

A Garda

Santa María de Sacos

Page 12: Enerxía eolica

A mediados do século XX apareceu o modelo multipá americano utilizado para bombear auga e, a partir de 1970, os primeiros aeroxerados de enerxía eléctrica.

Page 13: Enerxía eolica

Actualmente a enerxía eólica úsase fundamentalmente para xerar corrente eléctrica e impulsar embarcacións.

Page 14: Enerxía eolica

Os papaventos son os aparellos voadores máis antigos usados polos chineses desde hai máis de 2.500 anos. Ás veces construíanos dun tamaño suficiente como para transportar persoas. As ás delta fundaméntanse no mesmo principio.

Page 15: Enerxía eolica

A NAVEGACIÓN A VELAAproveita o empuxe do vento sobre unha superficie ampla, a vela como motor do desprazamento.

Page 16: Enerxía eolica

Para navegar a vela é preciso coñecer a dirección do vento en cada circunstancia e orientar as velas de xeito que se consega o maior avance posible.

No interior da vela (cara de barlovento ou activa) fréase a velocidade do vento e prodúcese un aumento da presión. No dorso prodúcese unha aceleración das partículas debido a unha diminución da presión o que da lugar a un efecto de succión. A resultante destas forzas descomponse en dúas, unha produce o avance e outra o abatemento de costado, que se contrarresta coa distribución da carga ou coa orza.

Page 17: Enerxía eolica

ARBORADURA: conxunto de paus e vergas que se utilizan para manter as velas na posición axeitada.XARCIAS: conxunto de cables, cabos e varetas que suxeitan paus e vergas e permiten izar, arríar e orientar as velas.VELAS: Superficies de materiais diversos que se expoñen á forza do vento para impulsar a embarcación. Poden ter distintas formas e utilidades.

CASCO

Esquema dun galeón adicado ao transporte de mercadorías polas rías galegas.

foque

botalón

cangrexa

botavara

leme

vergapau

trinquete

APARELLO

ELEMENTOS DUNHA EMBARCACIÓN A VELA

Page 18: Enerxía eolica

Durante moitos séculos foi o principal medio de propulsión das embracacións

Kon-tiki Drakar vikingo

Tigris

Page 19: Enerxía eolica

xunco chinésGaleón inglés do século XVI

veleiro da Armada Holandesa

Page 20: Enerxía eolica

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS

galeón

bote

Page 21: Enerxía eolica

Dornas. As embarcacións tradicionais máis típicas de Galicia

Page 22: Enerxía eolica

Moderno petroleiro xaponés con velas controladas por ordenador

“coches” a vela

Page 23: Enerxía eolica

MUÍÑOS DE VENTOAproveitan a enerxía do vento para mover mecanismos que trituran diferentes materias: cereais, cacahuetes, cana de azucre, minerais, febras para papel...

MUÍÑOS DE EIXO VERTICAL

MUÍÑOS DE EIXO HORIZONTAL

Page 24: Enerxía eolica

Muíños de torre fixaPodían ter o tellado móbil ou fixo.

Tipo nórdico

TIPOS DE MUÍÑOS DE EIXO HORIZONTAL

Muíño de poste ou pivoteO corpo do muíño era de madeira e levantábase sobre un poste, de xeito que se podía mover para orientalo ao vento.

Muíños xiratoriosO corpo superior, de madeira, xiraba sobre unha base de pedra.

Gravado de 1430

Alcobaça(Portugal)

Tipo mediterráneo

Page 25: Enerxía eolica

Muíño en Holanda

Muíño xiratorio. Illa do Pico, Os Açores

Muíño. Os Açores

Page 26: Enerxía eolica

Muíño holandés de fariña

Detalle do mecanismo de orientación automático dunha cuberta deseñado en 1760.

Page 27: Enerxía eolica

Muíño holandés de aceite

Page 28: Enerxía eolica

moas verticais dun muíño de minerais

Page 29: Enerxía eolica

OS MUÍÑOS DE VENTO EN GALICIAForon moi abundantes, sobre todo pola costa, en zonas expostas ao vento e con escaseza de correntes de auga. Dos primeiros que hai referencias é dos de A Coruña (1525). No estudio de Begoña Bas (“Muíños de Marés e de Vento en Galicia”) faise referencia a 120 distribuídos especialmente polas Rías Baixas, A Guarda, A Coruña e Ortigueira-Viveiro. Actualmente a maioría desapareceron ou atópanse en estado ruinoso. En Catoira, A Guarda, Valga e Mañón atópanse algúns restaurados.

Page 30: Enerxía eolica

OS MUÍÑOS DE VENTO EN GALICIA

DE TORRE FIXA

Cuberta fixa con aparello doble.8 documentados en Catoira

Cuberta xiratoria para orientar ao vento. Un so aparello.

DE ARMAZÓNO soporte arquitectónico non está relacionado co aparello mecánico

Page 31: Enerxía eolica

Muíño en Mañón

Page 32: Enerxía eolica

Muíño de Catoira. O tellado é fixo. Leva dobre sistema de abanos para aproveitar o vento de distintas direccións. A súa tipoloxía é única en Europa.

Page 33: Enerxía eolica

interior dun muíño de Catoira restaurado

Page 34: Enerxía eolica

Planta dun taller de pirotecnia no que a enerxía do vento poñía en funcionamento todos os elementos da fábrica (muíños da pólvora, bobinadoras...)Neda. A Coruña.

Page 35: Enerxía eolica

Os chineses e persas utilizaron a enerxía do vento desde moi antigo para elevar auga de pozos e minas. Os holandeses perfeccionaron a técnica para extraer auga dos terreos asolagados.

Sistema para elevar auga dunshas salinas. China

DISPOSITIVOS PARA ELEVAR AUGAEstructuras que se utilizan para sacar auga de pozos, minas ou acequias.

Esquema dun elevador de auga holandés.

Page 36: Enerxía eolica

“Muíño” holandés para elevar auga.A maioría dos muíños que se ven por Holanda son dispositivos para elevar auga das zonas anegadas para desecalas e convertelas en terras de cultivo.

Page 37: Enerxía eolica
Page 38: Enerxía eolica

Bomba de pas verticais (panémona) en Xermade (Lugo)

BOMBA MULTIPÁ.O eixo do rotor ten unha parte excéntrica na que vai conectado o émbolo da bomba. As distintas posicións desta parte excéntrica provoca o movemento de subida e baixada do émbolo e o funcionamento da bomba.

Bomba multipá

Page 39: Enerxía eolica

Serradeiro(Holanda)

Page 40: Enerxía eolica

PAPAVENTOS

Page 41: Enerxía eolica
Page 42: Enerxía eolica

As ás delta utilizan o mesmo principio que os papaventos.

Page 43: Enerxía eolica

TARABELASAparellos tradicionais para espantar paxaros

Parque Eólico Sotavento

Page 44: Enerxía eolica
Page 45: Enerxía eolica

panémonas

Page 46: Enerxía eolica

XOGUETES

Os reumuíños son xoguetes tradicionais que funcionan coa enerxía do vento.Ata hai pouco vendíanse nas festas.

Page 47: Enerxía eolica

AEROXERADORESUtízanse para producir corrente eléctrica.Aproveitan o movemento de xiro que produce o aire nunhas pás, debidamente orientadas, para mover un xerador.As pas dispoñen dun mecanismo que varía a súa posición para que xiren sempre á mesma velocidade aínda que varíe a intensidade do vento.

Page 48: Enerxía eolica
Page 49: Enerxía eolica

O sistema de captación do vento (rotor ou hélice) é o elemento fundamental dunha máquina eólica. O vento ao actuar sobre o perfil provoca variacións de presión nos diferentes puntos do mesmo, provoca unha sobrepresión nos puntos da parte interna, e unha depresión na parte externa.

Page 50: Enerxía eolica

Diferentes deseños de pas para xeradores eólicosOs máis comúns son as de eixo horizontal coas pás en forma de fuso.As de eixo vertical non precisan mecanismo de orientación, pero son máis lentas.

Page 51: Enerxía eolica

Os aeroxeradores comezan a funcionar con ventos de 5 m/s e están a plena potencia con ventos de 15 m/s. Canto o vento supera os 25 m/s páranse. Cando o vento é débil as pas oriéntanse para ofrecer a máxima resistencia. Cando o vento é excesivo as pas colócanse paralelas a el e o rotor non xira.

Page 52: Enerxía eolica
Page 53: Enerxía eolica

Para a produción industrial de enerxía eléctrica utilízanse aeroxeradores de alta potencia (superior a 1 MW) e agrúpanse en parques que se conectan á rede de distribución.

Page 54: Enerxía eolica

Parque eólico de Cabo Vilán

O primeiro parque eólico de Galicia instalouse en 1987 en Estaca de Bares.

Na actualidade é unha potencia mundial neste tipo de enerxía.

Os principais produtores son Estados Unidos, Alemania China e España, con Galicia á cabeza.

Page 55: Enerxía eolica

Un parque cun bo rendemento funciona de 2.500 a 3.000 horas ao ano.Un aeroxerador produce nun día a mesma enerxía que 4.000 kg de carbón e aforra a emisión de 2.000 Tm de CO2 á atmosfera.

Page 56: Enerxía eolica

Parque eólico experimental de SOTAVENTO. Ademais dun centro de produción é un lugar onde podemos entrar en contacto de xeito activo coa enerxía do vento e o seu aproveitamento.

Page 57: Enerxía eolica
Page 58: Enerxía eolica

As máquinas de baixa potencia utilízanse para producir enerxía a pequena escala en granxas, vivendas, barcos...

Page 59: Enerxía eolica

VANTAXES INCONVENIENTES

-Recurso natural libre-Non produce emisións á atmosfera-Tecnoloxía moi variadas

-Impacto visual na paisaxe-Contaminación acústica-Danos á fauna e á flora-Proliferación de liñas de alta tensión e de camiños nos montes.-Dependencia do vento

Page 60: Enerxía eolica

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon Daporta