Mulleres da Costa Sostible - candieira.netcandieira.net/folleto-asociacion-costa-sostible.pdf ·...

2
Que queremos conseguir? • O recoñecemento dos nosos dereitos profesionais, apoiando e asesorando a outras mulleres do mar e fomentando a solidariedade entre nós. • A defensa dos intereses económicos, sociais e profesionais das asociadas e da nosa zona de influencia. • Impulsar actividades comúns e programas formativos. Reforzar a colaboración e o traballo en rede con outras mulleres e colectivos, tanto do sector do marcomo doutros ámbitos. Quen somos? A Asociación de Mulleres do sector pesqueiro SEO Fisterra Ría de Muros-Noia está formada por redeiras, percebeiras, bateeiras, armadoras, mariscadoras e outros perfís profesionais do sector do mar que traballan no territorio de influencia do GALP 4. Mulleres da Costa Sostible Dumbría Corcubión Cee Fisterra Carnota Muros Outes Noia Porto do Son Por que unha asociación de mulleres do sector pesqueiro? • Porque queremos dispoñer dun espazo colectivo onde unir forzas para achegar solucións ante os problemas comúns das mulleres do mar. • Para poñer en valor e que se recoñeza o noso traballo. • Porque queremos facer visible o noso papel transformador na sociedade en xeral e no sector pesqueiro en particular. • Para promover a nosa participación nos espazos de toma de decisións.

Transcript of Mulleres da Costa Sostible - candieira.netcandieira.net/folleto-asociacion-costa-sostible.pdf ·...

Page 1: Mulleres da Costa Sostible - candieira.netcandieira.net/folleto-asociacion-costa-sostible.pdf · por redeiras, percebeiras, bateeiras, armadoras, mariscadoras e outros perfís profesionais

Que queremos conseguir?• O recoñecemento

dos nosos dereitos profesionais, apoiando e asesorando a outras mulleres do mar e fomentando a solidariedade entre nós.

• A defensa dos intereses económicos, sociais e profesionais das asociadas e da nosa zona de influencia.

• Impulsar actividades comúns e programas formativos.

• Reforzar a colaboración e o traballo en rede con outras mulleres e colectivos, tanto do sector do marcomo doutros ámbitos.

Quen somos?A Asociación de Mulleres do sector pesqueiro SEO Fisterra Ría de Muros-Noia está formada por redeiras, percebeiras, bateeiras, armadoras, mariscadoras e outros perfís profesionais do sector do mar que traballan no territorio de influencia do GALP 4.

Mulleres da Costa Sostible

DumbríaCorcubión

Cee

Fisterra

Carnota

Muros

Outes

Noia

Porto do Son

Por que unha asociación de mulleres do sector pesqueiro?• Porque queremos dispoñer

dun espazo colectivo onde unir forzas para achegar solucións ante os problemas comúns das mulleres do mar.

• Para poñer en valor e que se recoñeza o noso traballo.

• Porque queremos facer visible o noso papel transformador na sociedade en xeral e no sector pesqueiro en particular.

• Para promover a nosa participación nos espazos de toma de decisións.

Page 2: Mulleres da Costa Sostible - candieira.netcandieira.net/folleto-asociacion-costa-sostible.pdf · por redeiras, percebeiras, bateeiras, armadoras, mariscadoras e outros perfís profesionais

Como nos organizamos?• A Asociación constituiuse

en 2016 por iniciativa de 30 mulleres do mar e conta con dous espazos principais de participación e goberno:

• ASEMBLEA XERAL Lugar de encontro, debate e toma de decisións por parte das socias.(Celébrase unha vez ao ano)

• XUNTA DIRECTIVA Órgano operativo e de representación da asociación. Está formada por varias asociadas en representación dos distintos sectores profesionais das mulleres do mar.

Que actividades promovemos?• Sesións informativas sobre as

últimas novidades no sector.

• Asesoramento sobre o acceso a recursos e subvencións.

• Información sobre os dereitos das mulleres do mar.

• Talleres formativos.

• Intercambio e cooperación con outras organizacións de mulleres do sector.

Contacto Na sede da asociación...

Edificio Municipal de Servizos Administrativos Rúa Espíritu Santo, 4 15200 Noia

Navegas connosco?

Facebook: mullerescostasostible Correo electrónico [email protected]

Co apoio de

Para lograr estes obxectivos, TI ES NECESARIA

Queremos ser máis! Precisamos sumar novas socias que queiran unirse a nós e conseguir melloras para todas

Como podo participar?• Entra en contacto

con nós e faite socia!• Recollemos as túas demandas,

propostas e consultas.• Acude a asemblea xeral

ou forma parte da xunta directiva.

Como podes formar parte da asociación?• Has de estar en activo

nalgunha actividade vinculada ao sector pesqueiro e desenvolvela no ámbito territorial da asociación.

• Completar a solicitude de alta na asociación.

• Abonar a cota anual de 10 euros mediante domiciliación bancaria