CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

15
e.s. de enxeñería informática curso ponte para o grao 2012/2013

Transcript of CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Page 1: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

e.s. de enxeñería informática

curso ponte para o grao

2012/2013

Page 2: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Qué é o curso ponte?

É un curso que dá acceso, nun só ano, ao título de Grao en Enxeñería Informática. Para iso hai que cursar 60 créditos ECTS, repartidos en oito materias e un traballo fin de grao de 12 ECTS.

Page 3: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Quén se pode matricular?

Os solicitantes deberán ser titulados en Enxeñería Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo.

Page 4: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Qué materias hai que cursar?ECTS Cuatrim.

REDES DE COMPUTADORAS II 6 1

SISTEMAS OPERATIVOS II 6 2

ARQUITECTURAS PARALELAS 6 2

PROCESADORES DE LINGUAXE 6 2

SISTEMAS INTELIXENTES 6 2

CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN 6 2

BASES DE DATOS II 6 1

CENTROS DE DATOS 6 2

TRABALLO FIN DE GRAO 12 2

É necesario superar 60 ECTS a elexir entre as seguintes asignaturas correspondentes ao título de Grao (excepto o TFG que é obrigatorio por lei:

Page 5: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

En qué horario se imparten as clases?

As materias do curso ponte son materias de terceiro de Grao en Enxeñería Informática. Os alumnos do curso ponte asistirán ás mesmas clases e no mesmo horario que o resto do alumnado de terceiro curso.

Page 6: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Estou interesado no curso ponte pero pola mañá traballo. É obrigatorio asistir a clase?

Non. Segundo a normativa da ESEI, todas as materias de grao teñen que incorporar un sistema de avaliación para non asistentes.

Page 7: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Cantas prazas se ofertan no curso 2012/2013?

20

Page 8: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Por qué só se ofertan 20 prazas?

Porque por imperativo da Universidade, a docencia do curso ponte non contabiliza para a contratación de profesorado.

É decir, o curso impártese a coste cero no que a profesorado se refire.

Page 9: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Cal é o criterio de selección?

O criterio de selección entre os solicitantes será a nota media simple do expediente académico, calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 21 de febreiro de 2005 entre a Consellería de Educación e as universidades galegas.

Page 10: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Teño algunhas materias aprobadas no segundo ciclo de Enxeñería en Informática. Recoñeceránseme materias no curso ponte?

Si, se tes algunha destas materias do segundo ciclo superadas, poderánseche recoñecer polas materias correspondentes do curso ponte, segundo podes ver nesta táboa:

Materias do curso ponte Adaptación con materias do 2º ciclo de Enxeñería en Informática

REDES DE COMPUTADORAS REDES

SISTEMAS OPERATIVOS II ADMINISTRACIÓN E CONFIGURACIÓN DE SISTEMAS OPERATIVOS

CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN

ARQUITECTURAS PARALELAS ARQUITECTURA E ENXEÑERÍA DE COMPUTADORES

CENTROS DE DATOS SISTEMAS INFORMÁTICOS

PROCESADORES DE LINGUAXE PROCESADORES DE LINGUAXE

SISTEMAS INTELIXENTES INTELIXENCIA ARTIFICIAL

BASES DE DATOS II ADMINISTRACIÓN E DESEÑO DE BASES DE DATOS

SEGURIDADE EN SISTEMAS INFORMÁTICOS SEGURIDADE EN SISTEMAS DE INFORMACIÓN

Page 11: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Teño experiencia profesional como enxeñeiro técnico. Recoñeceránseme materias no curso ponte?

Poderanse recoñecer ata 36 ECTS por experiencia profesional posterior á obtención do título de Enxeñeiro Técnico. A Comisión de Recoñecemento de Créditos e Adaptacións da ESEI será a responsable de fixar os criterios de recoñecemento da experiencia profesional. O recoñecemento da experiencia profesional farase en base ao conxunto de competencias das materias do curso ponte, que teña adquirido o solicitante no exercicio da súa profesión, e atendendo á seguinte táboa:

EXPERIENCIA PROFESIONAL (HORAS)

ECTS RECOÑECIDOS

300 – 599 horas 6

600 – 899 horas 12

900 – 1199 horas 18

1200 – 1499 horas 24

1500 – 1799 horas 30

1800 horas o más 36

Page 12: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Por que non se me recoñece o Traballo Fin de Grao polo Proxecto Fin de Carreira que fixen na Enxeñería Técnica?

Segundo o establecido no artigo 6 do RD 1393/2007, modificado polo R.D. 861/2010, NON poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes ao Traballo Fin de Grao.

Page 13: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Calendario de inscripción

Presentación de solicitudes (1º prazo) 15 - 29 de xuño

Publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas a trámite

6 de xullo

Prazo de reclamacións 7-10 de xullo

Publicación de listaxes definitivas de solicitudes admitidas a trámite

16 de xullo

Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas

20 de xullo

Prazo de presentación de reclamacións 21 - 24 de xullo

Publicación de listaxes definitivas de persoas admitidas

31 de xullo

Matrícula 1 - 24 de agosto

Page 14: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Cómo é o procedemento e documentación para a inscripción?

A solicitude farase mediante o formulario online dispoñible na web da ESEI (esei.uvigo.es), co seguinte procedemento:

1. Cubrir a información no formulario online

2. Entregar a solicitude de preinscripción acompañada de fotocopia do DNI ou pasaporte, en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo, indicados na Resolución Reitoral da convocatoria, dirixido ao Director da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense.

3. Non é necesario adxuntar o certificado académico

Page 15: CURSO PONTE 2012/2013 PARA O GRAO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Con quén podo falar se teño dúbidas sobre o proceso de inscripción?

Secretaría administrativa da Escola Superior de Enxeñería Informática

Teléfono: 988 387003/4 (horario de 9:00 a 14:00)

Email: [email protected]