Corrillo de nais e pais

4
CEIP SADA Y SUS CONTORNOS

description

Parte cómica del homenaje a los niños/as de 6º realizado polos seus pais e nais.

Transcript of Corrillo de nais e pais

CEIP SADA Y SUS

CONTORNOS

TOP SECRET ( NON FILTRAR OS PROFESORES NIN A OS NENOS)

PARTE CÓMICA DO ACTO

(Hai que poñer humor, xa bastante lacrimóxeno vai ser…)

PRESENTACIÓN:

Suban ó escenario Elena que falará en ton serio e Loli en ton mais lercho)

SAÚDO a tódolos presentes.

ELENA: Estamos aquí, invitados polos profesores de Sexto, ANDRES e Miguel.

LOLI: esperemos que non se arrepintan

ELENA: para celebrar o fin da primaria dos nenos e nenas de sexto curso de “Sada y sus

Contornos”.

Fixéronnos o encargo “OS PAIS DE SEXTO” de preparar “algo” e nós, que non queremos ser

menos aplicados cos nosos fillos, fixémolos DEBERES

LOLI: así que logo, si pasa algo, non se admiten reclamacións.

ELENA: Con este pequeno acto o que pretendemos TODOLOS PAIS DE SEXTO

fundamentalmente é homenaxear e felicitar os protagonistas absolutos, hoxe, que son os

nosos nenos e nenas que completan ciclo recordando de paso a súa andaina pola escola en

estes anos, agora que se marchan para o Instituto. –

LOLI: Si non o facemos moi ben, pedímosvos anticipadas desculpas pero é por falta de

práctica.

ELENA: Para esta tarefa solicitamos e temos a honra de contar coa colaboración dun

prestixioso medio de prensa oral que naceu e medrou estreitamente vinculado a escola de

Sada y sus Contornos, e que ten unha historia paralela a dos nenos e nenas que hoxe

despedimos.

Sen dúbida en todos estes anos terédelo visto nos aledaños da escola , despregando a súa

actividade tódalas mañás, dando as noticias mais frescas, pero agora coincidindo coa fin de

curso, tamén vota o peche.

LOLI: Así que estades avisados, si no principio do curso que ven, votades de menos “algo” na

paisaxe, fáltavos “non sei que” no ambiente do colexio e non sabedes o que é , xa volo

adiantamos agora, será sen lugar a dúbidas, unha formación en círculo, na beirarrúa preto da

porta, un foro de debate e sesudo análise a sombra da columna de “Cangas”, como quen dí a

columna de Trajano, (só que a nosa é xentileza dalgún grafiteiro),e que, a pesares de que vos

puidera parecer outra cousa este grupo humano, corrillo de nais e pais, sobre todo nais, O

QUE FACIA CADA MAÑÁ NON ÉRA OUTRA COUSA QUE EXERCER A NOBRE E SACRIFICADA

ACTIVIDADE DO XORNALISMO

ELENA : Sí, sí, sí, Sres. non se rían, é así, o xornal do que falamos “O CORRILLO DE LA AÇERA ”

e un diario de ámbito colexial e tirada matutina, de moito prestixio, complementado cun

programa radiofónico de variable duración, segundo as circunstancias meteorolóxicas,

LOLI: sí cando chovía duraba menos

ELENA: que conta con experimentados xornalistas, intelixentes tertulianos, corresponsales no

estranxeiro e un feixe de colaboradores ocasionais…-

LOLI: ROSA, a secretaria do cole, coñéceos ben, xa lle ten ofrecido moitas veces, instalarlles

unha marquesiña para a súa sede mais unha máquina de café.

ELENA: As fontes ben informadas deste señeiro grupo mediático, son mundialmente

famosas, con infiltrados nas altas esferas e en tódolos ámbitos do poder, e farían ruborizar ó

mesmo Washinton Post e garganta profunda.

LOLI : Á afiada lingua, dos seus xornalistas ,- que disecciona, con precisión cirúrxica a noticia-

, non se escapa ningún tema nin acontecemento, tratando con moito respecto e obxetividade

os persoeiros que pasan polo seu punto de mira, sobre todo a “certos cargos políticos do

concello de Sada” . Tamén contamos con una importante sección de sociedade e sucesos, sen

faltar a viñeta de humor diario.

ELENA : Pero, lamentablemente, TODO Ó BÓ ACABA, AMIGOS, e o CORRILLO DE LA AÇERA

ten que votar o peche, “o corrillo de nais e pais, sobre todo nais”, acábase.

LOLI : A perda da súa sede do distrito de “cangas” e a xubilación dos seus máis destacados

xornalistas abócaos irremediablemente a votar o peche, aínda non sen antes entregar o

relevo a novos corrillos de “nais e pais,sobre todo nais” que de forma tímida pero constante

empezan a despuntar nesa mesma franxa horaria, matutina, ós que é de prever que se

acabarán incorporando un par de membros soltos que nos quedan no colexio (hai que mirar

de arranxarlles o porvir).

ELENA : Por iso , dende aquí vai a nosa pequena homenaxe de despedida a todos os que

formaron parte do xornal ó longo destes anos, (algúns xa non están entre nos):

Por favor, que suban o escenario os periodistas de plantilla, o corresponsais no estranxeiro e

os colaboradores ocasionais (aquí invitase a todos os nais e pais que queiran subir aínda que

no queiran ler).

No ultimo numero deste xornal falado temos dúas colaboracións moi importantes:

Una carta Da Familia de Sexto dirixida a escola de Sada y sus Contornos

E unha nota da editorial dirixida os verdadeiros protagonista deste evento os nenos de sexto.

Comezamos ca primeira.

Finalmente e o momento de recordar e dar as grazas a todos os mestres do colexio, os que

seguen aquí e os que por diversos motivos xa non están (xubilados, sustitutos, ect).

Queremos recordar tamén o persoal non docente (BEDEIS E LIMPIADORAS) e as persoas que

formaron parte das distintas directivas do AMPA durante estes 9 anos.

Temos que facer unha mención especial a aqueles que dun xeito ou doutro estiveron mas

preto dos nosos fillos:

Rosa ca musica, a teacher Teresa, Matucha, Conchi.

En infantil María, Chus e Marga (para a que aínda seguen sendo os seus nenos)

En primaria Puri, Luis, Ana, y por ultimo Andrés e Miguel.

Aproveitamos, para pedirlles a Andrés e Miguel que estariamos ledos de que nos

acompañasen subindo o escenario para rematar a nosa intervención.

Precisamos tamén a presenza dos nenos de sexto podedes subir pola dereita,por certo, para

non perder a costume por orden de lista.

Estes profes como molan se merecen una ola auuuuu

BUENO, COMO OS PAIS DE SADA Y SUS CONTORNOS XA COLLIMOS O VICIO, DESALOXAMOS

O ESCENARIO, ¡ala rapaces!, DESPLEGANDO UNHAS PANCARTIÑAS ( previamente ben

agachadas)

¡¡CAGEN DIOLA A AMPLIACION CHEGA AGORA!!

¡AUPA SADA Y SUS CONTORNOS! ¡AMPLIACIÓN!

¡VIVA LA MADRE QUE PARIO AL DIRECTOR!

¡SADA Y SUS CONTORNOS,

OS TEUS PROFESORES ¡PREPARATE INSTITUTO!

SON OS MELLORES!

¡FELICIDIDADES NENOS!

FIN.