BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de...

12
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Febreiro 2016 • Nº 197 …DE INTERESE MEDIOAMBIENTAL UNHA MALA RECICLAXE PODE SAIR MOI CARA!! O sistema de separación na reciclaxe que realiza o con- cello implica necesariamente da colaboración de toda a veciñanza. Debemos VERTER O LIXO NO COLECTOR AXEITADO!! De non ser así… todo o esforzo e todo o gasto realizado non obterán ningún resultado!! De feito están a ser numerosas as veces que a empresa que xestiona o servizo de recollida de plástico (colector amarelo) se atopa con restos orgánicos, vidro e outros… Deste xeito NON REALIZA A RECOLLIDA SELECTIVA, o que implica que lle paga- mos por unha acción que non realiza, e obri- gamos ao camión do lixo municipal a facer a recollida deste colector (dobre gasto económi- co),… e ademais o esfor- zo do resto de persoas que si verteron o seu lixo correctamente nese colector tampouco ser- virá de nada. Lembra: Papel e cartón: no colector azul. Vidro nos iglús verdes. Plástico no colector amarelo. E os desperdicios xenéricos no colector verde. IMPORTANTE: Se hai algo do teu lixo que non saibas cla- sificar, bótao no colector xenérico. Para ir en familia: Con aloxamento en apartamentos Galicia Prezo adultos: 40 € Prezo nenos/as: 32 € Para a xuventude: Con aloxamento en Queixa (habitacións con lite- ras) Prezo adultos: 20 € Prezo nenos/as: 18 € Prezos por persoa; inclúen transporte, aloxamento e uso de piscina cuberta climatiza- da. Manutención por conta de cada un. Forfait adulto: 15,00 €/día Forfait neno/a: 13,00 €/día Opción de aluguer de equipo de esquí: esquís, botas e bastóns; Adulto:20 €/día Neno/a: 16 €/día Crea o teu pack e vente á neve!!! + info e inscricións no teléfono 981814691 ata o 26 de febreiro. EN MARZO VIAXE Á NEVE A MANZANEDA 5 e 6 de marzo de 2016

Transcript of BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de...

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALFebreiro 2016 • Nº 197

…DE INTERESE MEDIOAMBIENTALUNHA MALA RECICLAXE PODE SAIR MOI CARA!!

O sistema de separación na reciclaxe que realiza o con-cello implica necesariamente da colaboración de toda a veciñanza.

Debemos VERTER O LIXO NO COLECTOR AXEITADO!!

De non ser así… todo o esforzo e todo o gasto realizado non obterán ningún resultado!!

De feito están a ser numerosas as veces que a empresa que xestiona o servizo de recollida de plástico (colector amarelo) se atopa con restos orgánicos, vidro e outros… Deste xeito NON REALIZA A RECOLLIDA SELECTIVA, o que implica que lle paga-mos por unha acción que non realiza, e obri-gamos ao camión do lixo municipal a facer a recollida deste colector (dobre gasto económi-co),… e ademais o esfor-zo do resto de persoas que si verteron o seu lixo correctamente nese colector tampouco ser-virá de nada.

Lembra:• Papel e cartón: no colector azul.• Vidro nos iglús verdes.• Plástico no colector amarelo.• E os desperdicios xenéricos no colector verde.

IMPORTANTE: Se hai algo do teu lixo que non saibas cla-sificar, bótao no colector xenérico.

Para ir en familia:Con aloxamento en apartamentos Galicia

• Prezo adultos: 40 €• Prezo nenos/as: 32 €

Para a xuventude:Con aloxamento en Queixa (habitacións con lite-ras)

• Prezo adultos: 20 €• Prezo nenos/as: 18 €

Prezos por persoa; inclúen transporte, aloxamento e uso de piscina cuberta climatiza-da.

• Manutención por conta de cada un.• Forfait adulto: 15,00 €/día• Forfait neno/a: 13,00 €/día• Opción de aluguer de equipo de esquí: esquís, botas e bastóns;

• Adulto:20 €/día• Neno/a: 16 €/día

Crea o teu pack e vente á neve!!!+ info e inscricións no teléfono 981814691 ata o 26 de febreiro.

EN MARZOVIAXE Á NEVE A MANZANEDA5 e 6 de marzo de 2016

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

FOI E

N...

Foi en... Xaneiro

Presentación oficial do Entroido dos xenerais da Ulla, declarado de Interese Turístico de Galicia.

Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

Entrega de xoguetes solidarios para a Asociación “Falemos” de pais e titores de persoas afectadas de autismo coa que colabora o Concello de Vedra.

Presentación do VII Seminario – Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos.

2

Xornada informativa técnica da Xunta coas PEMES de Vedra e Boqueixón coa presenza de persoal técnico do IGAPE e do Conselleiro de industria e emprego.

ASÍ FOI NAS ASOCIACIÓNS...

Charla Coloquio da Escola Deportiva Val do Ulla sobre a prevención do consumo de drogas no ámbito fami-liar e das adiccións ás novas tecnoloxías.

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

TURI

SMO E

CULT

URA

Turismo e Cultura

3

CALENDARIO DE ENTROIDOS DOSXENERAIS DA ULLA EN VEDRA

SÁBADO 30 DE XANEIRO.Vilanova

• Campo da Festa de Picón.• 18:30 h.

DOMINGO 7 DE FEBREIRO.Trobe

• Campo da Festa - Local multiusos.• 19:00 h.

SÁBADO 13 DE FEBREIRO. San Xián de Sales

• Campo da Festa.• 19:00 h.

SÁBADO 6 DE FEBREIRO.Entroido Municipal de VedraBaile - Concurso de disfraces Un entroido con novidades e moita diversión.A partir das 17h. no entorno do Pavillón Polideportivo - Centro Social (Vedra).

• Disfracemanía: todo o mundo con disfrace, senón facémolo ao momento.• Masterclass: Entroido DANCE.• Desfile da entroidada.• Actuacións varias e espontáneas.• Baile co Dúo Phantom.

...E para que teñas moi claro como participar, achega-mos as bases do concurso de disfraces:

PARRANDAS CANTAREIRASRequisitos:

Estar formada por un mínimo de 8 per-soas e contar con música e cantares.

1º premio:100 € e unha cacheira, dúas ducias de chourizos e un monllo de grelos.

2º premio:100 €. Dúas ducias de chourizos e un monllo de grelos.

COMPARSASRequisitos:

Estar formada por un mínimo de 8 persoas e ter unha temática.

1º premio:100 €. Unha cacheira, dúas ducias de chourizos e un monllo de grelos.

2º premio:100 €. Dúas ducias de chourizos e un monllo de grelos.

DISFRACES EN GRUPORequisitos:

Ter entre 3 e 7 integrantes de calque-ra idade.

1º premio:50 € e unha ducia de chourizos e un monllo de grelos.

2º premio:50 € e unha ducia de chourizos.

DISFRACES EN PARELLAA mellor parella de disfraces de 10 a 16 anos: Un agasallo.A mellor parella de disfraces de máis de 16 anos: 30 € + agasallo

DISFRACES INDIVIDUAISO mellor disfraz de 10 a 16 anos: Un agasallo.O mellor disfraz de máis de 16 anos: 20 € + agasallo.

Todas as persoas disfrazadas de entre os 0 e os 10 anos recibirán o

seu agasallo de participación.

+ info no teléfono 981 814 691ou no correo

[email protected]

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

TURI

SMO E

CULT

URA

4

Turismo e CulturaXXI XORNADA ARREDOR DA CAMELIA

A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra organizan as XXI Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo esplendor o día 28 de febreiro nos arre-dores do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.

Estas xornadas enchen de contidos culturais e turís-ticos os meses de febreiro e marzo con actividades como as mostras, a ruta Btt da Camelia e a maratón, obradoiros de artes plásticas...

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

16º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA

Está aberto o prazo para presentarse ao concurso ata o 19 de febreiro, poderán participar os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Bases: 1º Poderán concorrer todos os nenos e todas as ne-

nas da nosa Autonomía entre 3 e 12 anos. Haberá 3 categorías:

A: de 3 a 6 anos.B: de 7 a 9 anos.C: de 10 a 12 anos.

2º Cada concursante poderá presentar unha única obra, con soporte en cartolina ríxida ou material similar e en tamaño A4.

3º O tema será “A Camelia”.

4º A técnica a empregar será libre, recomendándose as ceras, témperas, acuarelas, rotulacións, lapis de co-res, etc.

5º Na parte de atrás do traballo figurarán: nome com-pleto do autor ou autora, enderezo, número de te-léfono, idade e centro escolar.

6º Os traballos terán que entregarse na Casa do Con-cello antes do 19 de febreiro de 2016, no seguinte enderezo:

Concello de VedraAvda. Mestre Manuel Gómez, 115885 Vedra ( A Coruña)

7º O xurado estará formado por membros da Asocia-ción Amigos da Camelia e persoas destacadas do mundo das artes. O fallo do xurado darase a co-ñecer na semana previa ás Xornadas arredor da camelia  e publicarase na paxina web do concello www.concellodevedra.com e no blog vedraconec-ta.blogspot.com.

8º Haberá un 1º, 2º e 3º premio para cada categoría.

9º Todos os traballos presentados a concurso serán expostos en Santa Cruz de Ribadulla o día 28 de fe-breiro con motivo das Xornadas arredor da camelia.

10º A entrega de premios aos gañadores e gañadoras terá lugar en Santa Cruz de Ribadulla o día 28 de febreiro.

Continúa na páxina 5

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

TURI

SMO E

CULT

URA

5

Turismo e Cultura11º Todas as persoas participantes pola súa mera pre-

sentación aceptan integramente as bases deste concurso.

12º A organización reservase  o dereito de modificar, eliminar ou agregar calquera punto a estas bases.

As bases do concurso están colgadas na páxina web do concello www.concellodevedra.com, no blog ve-draconecta.blogspot.com.es, e na páxina do facebook www.facebook.com/concellovedra.

14 DE FEBREIRO DE 2016Pavillón Municipal de Deportes.

8:30 h. II MARATÓN DE MONTAÑA DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

A proba terá dous percorridos; un corto (Trail Corto) de 24 quilómetros, no que os participantes tomarán a saída ás 09.30 horas, e outro longo (Maratón) de 46 kilómetros, que dará inicio a partir das 08.30 horas.

Están abertas as inscricións ata o día 10 de febreiro ou ata cubrir prazas na web http://maratonacamelia.galitiming.com/

9:30 h. VI RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAME-LIA POLO VAL DO ULLA

Deportistas e afeccionados ao deporte de toda a Co-munidade terán a oportunidade de participar nesta ruta btt que se celebra no marco da programación da camelia e percorrer as paraxes de Vedra ao tempo que practican o seu deporte favorito.

O percorrido roldará os 40 km, é cualificado de dificul-tade media. Partirá do Pavillón Municipal de Vedra ás 09.30 h da mañá e estará aberto a todos os públicos.

As inscricións están abertas ata o día 10 de febreiro ou ata cubrir prazas na web http://bttcamelia.galitiming.com

13 E 20 DE FEBREIRO DE 2016Casa das Artes en San Fins de Sales.

OBRADOIRO: ARTES PLASTICAS CON CAMELIA.

Obradoiros de debuxo, pintura, modelado e ma-nualidades con materiais de reciclaxe e arte floral impartido por Delio Sán-chez (pintor e escultor) e

Continúa na páxina 6

Page 6: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

TURI

SMO E

CULT

URA

6

Turismo e Cultura

Ana Fernández (deseñadora de escaparates e moni-tora de artes).

• Grupo infantil e xuvenil (nenos e nenas a partir de 8 anos) os sábados de 16:00 a 18:00 horas.

• Grupo adultos (a partir de 18 anos) os sábados de 18:30 a 20:30 horas.

• Prezo: 5,00 € con todos os materiais incluídos.Grupos reducidos.

28 DE FEBREIRO DE 2016XXI XORNADA ARREDOR DA CAMELIA

Nova situación nos arredores do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.

O ultimo domingo do mes de febreiro, o día 28, volve a gran mostra da Camelia que como nas últimas 20 edicións vestiu de gala ao noso concello.

Nesta ocasión son moitas as novidades: cambiamos a situación da festa, esta vez vaise celebrar nos arredo-res do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla; presentare-mos unha mostra moi diferente; o pazo de Santa Cruz será parte dos nosos escenarios,...

Contaremos coas seguintes mostras:

• Traballo ornamental con camelia: elaborado polas asociacións e parroquias do concello. Contando coa orixinalidade dos participantes crearase un colorido escaparate que terá como única protagonista a ca-melia; só que este ano realizaremos un gran traballo conxunto entre todos que seguro sorprenderá.

• Mostra de flor: todas as persoas participantes contarán cun espazo para decorar coas súas ca-

melias. Poderán participar todas as persoas inte-resadas na camelia, profesionais ou afeccionadas sempre que se inscriban antes das 14:00 horas do día anterior á inauguración.• 16º Concurso de Pintura infantil, mostra de to-dos os traballos que os nenos e nenas de Vedra e arredores presentaron ao concurso.

As persoas participantes contarán cun agasallo pola súa colaboración.

PROGRAMA:

• 9:00 -12:00 h. Preparación das exposicións.• 11:00 h. Visita guiada ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Gratuíta – Inscrición previa).• 12:45 h. Inauguración da xornada por D. Juan Ar-mada y Díez de Rivera XI Marqués de Santa Cruz de Ribadulla.• 13:15 h. Entrega de premios e agasallos de partici-pación para as mostras de Flor, Ornamentación con Camelia e Concurso de debuxo infantil.• 13:30 h. Concerto da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla.• 14:00 h. Viño Galego.• 16:00 h. Presentación da Audioguía do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (BIC). • 16:30 h. Visita guiada ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Gratuíta – Inscrición previa).• 17:00 h. Danza do Entroido da Ulla (A Regionalis-ta).• 17:30 h. Atranque dos Xenerais da Ulla.• 18:30 h. Actuación da Asc. Cultural e Deportiva Raiolo de San Xián de Sales.• 20:00 h. Clausura e peche das mostras.

5 DE MARZO DE 2016ELABORACIÓN ARTESANAL DE XABÓN

CON ACEITES ESENCIAIS

Centro de Formación municipal - Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla

11:00 h. cursiño de iniciación na elaboración artesanal de xabón con materias primas 100 % vexetais e de alta calidade como aceite de rosa mosqueta, aceite de oli-va,... e incluso aceite de camelia.

• Prezo: 5.00 € con todos os materiais incluídos.

Inscricións e información no Departamento de Cul-tura do Concello de Vedra ou no teléfono 981814691

Page 7: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

MULL

ER E

IGUA

LDAD

E

7

Muller e IgualdadePROGRAMAS GRATUÍTOS PARA A CAPACITACIÓNE INCLUSIÓN DE MULLERES NO RURAL

O Concello de Vedra e a “Fundación Acción Contra el Hambre” levarán a cabo durante 2016 dous pro-gramas gratuítos para a capacitación e inclusión de mulleres no rural:

• “VIVES EMPRENDE, competencias para o em-prendemento de mulleres no rural”, é un progra-ma de inserción sociolaboral, que pretende facilitar o acceso ao mundo laboral das mulleres desem-pregadas ou en busca de mellora de emprego.

Neste sentido, no marco do programa vanse desenvolver as seguintes actividades:

• Sesións de diagnóstico de competencias em-prendedoras.• Elaboración de Plans Individualizados de Desenvolvemento Emprendedor.• Talleres formativos teórico prácticos.• Sesións de coaching grupal.• Sesións técnicas individualizadas de seguimen-to e titorías da idea de negocio.

• “AGROFORMACIÓN: Vedra, Horta de Compos-tela 2016”, unha acción formativa en materia de horticultura e floricultura. A finalidade da acción formativa é proporcionar ás mulleres interesadas en traballar por conta propia especificamente no ámbito agrícola os coñecementos necesarios para realizar traballos de instalación, mantemento, pro-dución e recolección nunha explotación hortícola ou de flor cortada.

O programa VIVES EMPRENDE diríxese a mulleres re-sidentes en contornas rurais da Comarca de Compos-tela e o programa AGROFORMACIÓN: Vedra, Horta de Compostela 2016 diríxese exclusivamente a mulle-res empadroadas no Concello de Vedra. Ambos pro-gramas son totalmente gratuítos e non remunerados.

Os programas darán comezo en marzo deste ano e desenvolveranse nas instalacións do Concello de Vedra.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

• Coa finalidade de dar a coñecer os programas e presentar as súas actividades:

Encontro informativo martes 16 de febreiro:• 1ª QUENDA: ás 11.00 h. no Centro Sociocultu-ral da 3ª Idade.• 2ª QUENDA: áS 17.00 h. no Centro Sociocultu-ral da 3ª Idade.

• Data límite inscrición: martes, 16 de febreiro de 2016.

• Concello de Vedra: Persoas de referencia: Carmen Sabio e Cruz Vilas.E mail:[email protected]@vedra.dicoruna.esTlf.: 699.041.486 (Mamen)

ou 669.450.801 (Cruz)

• Acción Contra el Hambre: Persoa de referencia: Susana QuintasE mail:[email protected] Tlf.: 630 639 649

Page 8: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

XUVE

NTUD

E E FO

RMAC

IÓN

8

Xuventude e Formación

Servizos Sociais

NO POSTA A PUNTO DE FEBREIRO…

Obradoiro de achegamento ao “Claqué”

• Venres 26 de febreiro ás 20:00 h.• Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla.• Inscrición: [email protected]

Curso de edición de vídeo con Adobe Premiere.

• Horario-Número de horas: 8 días por 2:30 h. = 20 h.-Os venres de 20:00 h. a 22:30 h.-Meses de febreiro, marzo e abril.

• Custe:-Prezo do curso por alumno: 30 €.-Número mínimo de alumnos: 8.-Número máximo de alumnos: 12.

• Descrición:Neste curso, eminentemente práctico, farase un achegamento á edición de vídeo cun dos progra-mas máis utilizados neste campo, Adobe Premiere.Principais ferramentas de edición, efectos e transi-cións de audio e vídeo, transparencias animacións, edición de audio, modificación do tempo (retardar, acelerar, conxelar), deseño de rótulos, edición multi-cámara,... serán algúns dos aspectos que se tratarán.

• Inscrición: [email protected]

Curso de monitor de actividades de tempo libre.

As persoas interesadas en realizar este curso que se iniciará ao longo do mes de marzo, poden in-formarse e realizar a súa preinscrición no Departa-mento de Cultura ou a través de:[email protected]

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Obradoiro de manexo de telé-fonos móbiles e tabletas An-droid. Xoves 18 de febreiro ás 20 h.

Baile con disco.Venres 19 de febreiro ás 21h.

Circuíto Termal nas Termas de Outariz e visita.Mércores 24 de febreiro.Prezo: 25 € (Inclúe transporte, comida e tratamento termal; prazas limitadas)Programa: pola mañá trata-mento termal, xantar e visita en ruta.

(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese 13 de febreiro no Centro Social. As prazas e nú-mero de asento adxudicaranse por orde de inscrición).

BingoXoves 25 de febreiro ás 20 h.

Excursión á comarca do Cabo Ortegal.Mércores 2 de marzo.Prezo: 22 € (Inclúe transporte, co-mida e visitas; prazas limitadas).Programa: visitas a Ortigueira, Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido...

(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 20 de febreiro no Centro Social. As prazas e número de asento adxudica-ranse por orde de inscrición).

Escola de Saúde: “Envellece-mento activo”.Xoves 10 de marzo ás 20:00 h.

Bingo.Xoves 17 de marzo ás 20:00 h.

Page 9: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

EDUC

ACIÓ

N

9

EducaciónVEDRA, EDUCA

Este proxecto vai dirixido a nais e pais con fillos me-nores de 3 anos do Concello de Vedra.

Tratase de traballar coas familias tentando:

• Promover o recoñecemento e a valoración do rol de pais e nais no desenvolvemento integral dos menores de 3 anos.

• Fortalecer as capacidades como pais e nais para promover o desenvolvemento infantil dende as accións da vida cotiá, facendo uso dos recursos e espazos do entorno familiar como elementos edu-cativos.

• Fortalecer as redes de apoio na crianza e educa-ción dos menores.

Datas de febreiro: 15 e 29 ás 17:30 h. na Escola Uni-taria de S. Miguel de Sarandón.

As persoas interesadas poden contactar no tlf. 699041486 en horario de 9:00h a 14:00h. ou a través do correo electrónico [email protected]

LUDOTECA MUNICIPAL

Este mes, dende o proxecto Conxuga, queremos aproveitar para meternos de cheo no Entroido e pa-salo ben. Así mesmo, comezaremos a viaxar polo mundo e descubrir distintos países, a súa cultura e as súas xentes; a educación en valores, unha opor-tunidade para transformar a sociedade.

Con esta intención, formulamos os seguintes obra-doiros e actividades:

• Pase de modelos e maquillaxe de Entroido.• Xogando en valores: Contacontos.• Experimentos divertidos: “o profesor chiflado”.• Obradoiro emocional: ”A soliedaridade”, Moni-creques.• “Experimentos divertidos”.• Obradoiro de circo: a maxia .• “Mr. Manitas”: O Entroido, cabezudos, costura creativa, globoflexia.• Obradoiro musical “A voz” do Entroido.• Móvete e baila: China.• Patrulla ambiental.• Xogando coas luces e sombras.

PUNTO DE INFORMACIÓN EASESORAMENTO EDUCATIVO MUNICIPAL

Lembramos que está a funcionar o Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal, que ten como obxectivo:

• Asesoramento ao alumnado e ás súas familias sobre as posibles alternativas educativas.

Como contactar?A través do teléfono 981 814612 ou do correo elec-trónico [email protected]

Page 10: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

ESCOLA DE MÚSICASANTA CRUZ DE RIBADULLACONCELLO DE VEDRA

Esta asociación que xa conta con máis de 100 per-soas inscritas, quere seguir medrando e difundindo a música por todo o concello.

Para iso no 2016 propón clases de música en San Xián. Se tes interese inscríbete no teléfono 981 814 691 (Departamento de Cultura ) ou recibir toda a in-formación no 616 440 482 (Presidente da Asociación Escola de Música Santa Cruz).

I PAINTBALL ENSAN XULIÁN DE SALES27 de febreiro de 2016

EDUC

ACIÓ

N

10

ASOC

IACI

ÓNS

Educación

Iniciativas das Asociacións

“FALEMOS DE DROGAS”

A información constitúe un piar esencial na educa-ción preventiva do uso de drogas. Pero para que deter-minada información inflúa nun comportamento, debe englobarse nun proceso activo de aprendizaxe, no marco dun programa integral de prevención. Polo que nesta liña, propoñemos unhas xornadas sobre preven-ción de drogodependencia para facilitar os recursos de información, orientación e formación ás familias. Unhas Xornadas para a prevención de drogodepen-dencias: “Falemos de drogas” dirixidas a toda a co-munidade. Trátase de presentar información dende distintos enfoques pero dun xeito integrado ao falar das drogas:

• Día 11 de febreiro: Pura Pintos educadora da UMAD que nos falará da prevención no consumo de drogas dende o ámbito educativo.

• Día 18 de febreiro: María Chavert, psicóloga, te-

rapeuta familiar, colaboradora da USC; “A preven-ción do consumo de drogas no ámbito familiar”.

• Día 25 de febreiro: “Drogas e Saúde” con María Tajes Alonso, psiquiatra, Xefa de Servizo de Saúde Mental e Drogodependencias da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

• Día 2 de marzo: Belén Hospido, avogada espe-cialista en Penal, que nos falará das consecuen-cias xurídico-penais e administrativas sanciona-doras relacionadas coas drogas.

AS XORNADAS CELEBRARANSE TODAS de 20.00 a 21,30 no Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla). Por razóns organizativas prégase inscrición no teléfo-no 699041486 en horario de 9:00 a 14:00 h. ou no en-derezo electrónico: [email protected]

Page 11: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

ASOC

IACI

ÓNS

11

Iniciativas das Asociacións

LABORATORIO AUDIOVISUAL DE VEDRA DA ASOCIACIÓN CULTURAL SENUNPESOIX XORNADAS DE FORMACIÓN E MOSTRA AUDIOVISUAL12, 13 e 14 de febreiro de 2016

Un ano máis a programación do Laboratorio Au-diovisual de Vedra non deixará indiferente a ninguén.

MOSTRA AUDIOVISUAL .• Proxeccións de audiovisual galego presentadas polos seus creadores/as. • Todas as proxeccións no Centro Sociocultural de Vedra (Casa da Terceira Idade).• Entrada de balde.

Venres 12 de febreiro / 20:30 h. No hay más remedio, de José E. Pintor (Pinky).

Ángel, Fonso e Roberto son tres anciáns con proble-mas que toman unha decisión equivocada: cometer un atraco a unha farmacia para conseguir o diñeiro ne-cesario para realizar cada un o seu soño persoal. A ida-de, a tecnoloxía, os particulares empregados e clientes da farmacia e unha sociedade moi particular fan que os plans non sucedan como eles tiñan pensado.

O galego José Pintor (Pinky) dirixiu na República Do-minicana esta comedia que se converteu na película máis vista no país caribeño e acadou un gran éxito noutros países da rexión. República Dominicana | 2014 | 90 min | Ficción: comedia

Sábado 13 de febreiro / 17:00 h. SESIÓN INFANTIL.Maimiño e o espello máxico, de Alfonso Padrón.

Esta é a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto

aos seus irmáns, Pablo e Pedro.

A galega Ficción Producciones e o Instituto de Cine Cu-bano coproducen esta película que gañou en 2014 o premio á mellor longametraxe de animación no Festi-val de La Habana e que agora é candidata ao Goya na mesma categoría. Cuba-Galicia | 2014 | 78 min | Animación: aventuras

Sábado 13 de febreiro / 20:00 h. Fíos fóra, de Illa Bufarda

Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cativa para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este docu-mental fai un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Illa Bufarda escribe, produce e dirixe este documental con produción executiva de Amarante, que se intro-duce na historia das obreiras galegas do téxtil, entre costuras e patróns. Galicia | 2015 | 90 min | Documental

XORNADAS DE FORMACIÓNObradoiros de formación audiovisual para profesio-nais e afeccionados.

• Sábado 13 de febreiro de 10.00 a 14.00h e de 15:30 a 19:30h. • Domingo 14 de febreiro de 10.00 a 14.00 h e de 15:30 a 17:30 h. • Entrega de diplomas: domingo 14 de febreiro ás 17:30h. • Inscrición previa en www.senunpeso.org

Matrícula aberta ata o 1 de febreiro: • #Vedra2Q16 [de 12 a 16 anos], con Roi Guitián e María Lobo (Gingko). Matrícula gratuíta. • Xornalista por un día [de 12 a 16 anos], con Rocío

Continúa na páxina 12

Page 12: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra · Sesión de xaneiro do programa de Escola de Familias sobre “As relacións dos pais/nais e fillos/fillas na adolescencia”.

ASOC

IACI

ÓNS

Iniciativas das Asociacións

ASOCIACIÓN CULTURAL PAPAVENTOSTEATROFILIA 2016PROGRAMACIÓN TEATROFILIA 2016 - CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA

Venres 4 de marzo21:15 h. “Memorias dun neno labrego”. Cándido Pazó (San Xián de Sales, Vedra)

Sábado 5 de marzo19:15 h. “A boticaria”. Tira e afloxa (San Pedro de Vilano-va, Vedra) 21:15 h. “Maniféstate!”. Anda-ravía Teatro (Vedra)

Domingo 6 de marzo19:15 h. “O velorio de Antón Carballo”. Escola Municipal de Teatro de Muxía

Venres 11 de marzo21:15 h. “Chou mas go on”. Axóuxere Teatro (Oleiros)

Sábado 12 de marzo17:00 h. “Ligues e outros líos”. Aula de Teatro do CPI de Vedra“Cita case a cegas” Grupo de Teatro da A.C. Cotomanguelo (Orazo) 18:30 h. Obradoiro “Monicre-ques para xogar xuntos/as”21:15 h. “Teimas”. Disfunción Continua Teatro (A Estrada)

Domingo 13 de marzo17:00 h. Tarde infantilEscola de San Miguel de Sa-randón (Vedra)Tira e afloxa cativos (San Pe-dro de Vilanova, Vedra)Grupo de Teatro da A.C. Coto-

manguelo (Orazo)19:15 h. “Brincacontos”. An-daravía Teatro (Vedra)

Venres 18 de marzo21:15 h. “Frío”. Farrapo Teatro (Santiago de Compostela)

Sábado 19 de marzo21:15 h. “Mullerebillosas”.Martabelas (Teo) e “Agrocaba-ret”. Andaravía Teatro (Vedra)

Domingo 20 de marzo19:15 h. “Inmortal”. Marañao Teatro (Ourense)

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA:Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES.

Cartel gañador do Concurso de Carteis na categoría infatil.

Cartel gañador do Concurso de Carteis para Teatrofilia 2016

Ovalle, Esmeralda L. Castro e Moisés Álvarez. Ma-trícula gratuíta. • Realización de videoclips, con Mar Catarina e Rubén Domínguez.• Sonorización de eventos, con Xacobo Castro.• O son, do low cost ao cinematográfico, con Xoán Escudero.

Obradoiros completos:• Xogando coa holografía [de 10 a 16 anos] con Xurxo Guitián e Jenaro Castro (Ceta Systems)• Interpretación para televisión, con Mariana Car-

ballal.• Dirección de actores e actrices, con Jorge Coira.• Escritura de guión de longametraxe, con Alfonso Zarauza e Jaione Camborda.• Creación audiovisual en tempo real, con Oswal-do García.• Kung fu fotográfico, con Paco Rocha.

Máis información en:www.senunpeso.org

www.facebook.com/Senunpesohttps://twitter.com/Senunpeso_AC