Coresma 2013 presentación vixilia

22

Transcript of Coresma 2013 presentación vixilia

Unha filla queixábase co seu pai a cerca da vida e lamentábase de que as cousas no lle saían ben.

Non sabía como facer para seguir adiante, pois sentíase desfalecer e íase dar por vencida.

Estaba cansa de loitar e loitar, sen obter ningún resultado.

Parecía que cando solucionaba un problema, aparecía outro.

O seu pai, un xefe de cociña, levouna ao lugar de traballo. Alí tomou tres potas con auga e colocounas no lume. Axiña a auga das tres potas estaba fervendo. Nunha colocou cenorias, noutra colocou ovos e na última colocou grans de café.

Deixounas ferver. Sen dicir unha palabra, só miraba e lorría á súa filla mentres esperaban.

A filla impacientábase, preguntándose que estaría facendo o seu pai. Aos 20 minutos o pai apagou o lume.

Sacou os ovos e colocounos nun recipiente, sacou as cenorias e púxoas nun prato e, finalmente, colocou o café nun tazón.

Mirando á súa filla díxolle: Querida, que ves? “Ovos, cenorias e café” foi a súa resposta.

Fíxoa achegarse e pediulle que tocase as cenorias. Ela fíxoo e notou que estaban brandas.Logo pediulle que tomase un ovo e o rompese. Despois de quitarlle a casca, observou que o ovo estaba duro.Logo pediulle que probase o café. Ela sorriu mentres gozaba dunha exquisita taza da deliciosa bebida. Sorprendida e intrigada a filla preguntou: Que significa todo isto, pai?El explicoulle que os tres elementos enfrontáranse á mesma adversidade: auga fervendo! Só que reaccionaran de forma diferente.

A cenoria chegou á auga forte, dura; pero despois de pasar pola agua

fervendo volveuse branda e fácil de

desfacer.

Os ovos chegaran á auga fráxiles, a súa

casca fina protexía o seu interior líquido;

pero despois de estar na auga fervendo

endurecérase.

Os grans de café, con todo, eran únicos:

Despois de estar na auga fervendo cambiaran a auga. Cando a auga

chega ao punto máximo de ebulición o café alcanza o seu mellor sabor e

aroma.

Os grans de café CAMBIARON,

TRANSFORMÁRONSE nun delicoso café que nos AGASALLA cun

AROMA especial.

Escoitastes que se dixo: Amarás o teu próximo e aborrecerás o teu inimigo. Pero eu dígovos: Amade os vosos inimigos, bendicide os que vos maldín, facede ben aos que vos aborrecen, e rezade polos que vos aldraxan e vos perseguen; para que sexades fillos do voso Pai que está nos ceos, que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e que fai chover sobre xustos e inxustos. Porque se amades os que vos aman, que recompensa teredes? Non fan tamén o mesmo os publicanos? E se saudades aos vosos irmáns soamente, que fecedes de máis? Non fan tamén así os xentís? Sede, pois, vós perfectos, como o voso Pai que está nos ceos é perfecto. Mt 5, 43-48

1.Felices somos en la pobrezasi en nuestras manos hay amor de Dios,si nos abrimos a la esperanza,si trabajamos en hacer el bien.Felices somos en la humildad,si como niños sabemos vivirserá nuestra heredad la tierra,la tierra. Si el grano de trigo no muere en la tierraes imposible que nazca fruto.Aquel que da su vida para los demástendrá siempre al Señor.

2. Felices somos si compartimossi nuestro tiempo es para los demás,para el que vive en la tristezay para quien camina en soledad.Felices somos si damos amor,si en nuestras manos hay sinceridad,podremos siempre mirar y ver a Dios,y ver a Dios. 3. Felices somos si ofrecemos pazy nuestra voz denuncia la opresión,si desterramos odio y rencoresserá más limpio nuestro corazón.Felices somos en la adversidadsi nos persiguen cuando no hay razón,la vida entonces tendrá sentido en Dios,Sentido en Dios.

AMOR

Converterse é mirar noutra dirección, máis alá, máis lonxe, máis profundo.Converte a miña mirada, Señor, para que saiba ver o amor escondido; para que descubra las feridasde quen me rodea e queira curalas.Transforma a miña mirada, Señor, para que intúa as posibilidadesde paz, de concordia, de xustiza, de amor.Converte a miña mirada, Señor.Converterse é comprometerse un pouco máis, un pouco mellor…

Axúdame a loitar pola miña familia. Dáme coraxe para perseverar cando o camiño se faga difícil. Dáme paciencia para aturar os obstáculos sen renderme. Dáme ilusión para seguir crendo cando me quede sen apoios. Dáme forza para complicarme en batallas boas. Dáme mans para agarimar, pés para camiñar, palabra para cantar sempre a favor dun mundo bo. Faime alguén comprometido co meu mundo, Señor.Dáme fe e forzas para comezar hoxe este camiño de conversión.