CONCRECIÓN DO CURRÍCULO DA E.S.O. - Consellería de Cultura, Educación e ... · 2018-11-30 · *...

40
Concreción do Currículo da ESO 1 CONCRECIÓN DO CURRÍCULO DA E.S.O. I.E.S. PLURILINGÜE ”FONTEXERÍA” MUROS MODIFICADO EN XUÑO DE 2013 MODIFICADO EN XUÑO DE 2015 MODIFICADO EN ABRIL DE 2016 I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Transcript of CONCRECIÓN DO CURRÍCULO DA E.S.O. - Consellería de Cultura, Educación e ... · 2018-11-30 · *...

Concreción do Currículo da ESO 1

CONCRECIÓN DO CURRÍCULODA E.S.O.

I.E.S. PLURILINGÜE ”FONTEXERÍA”MUROS

MODIFICADO EN XUÑO DE 2013MODIFICADO EN XUÑO DE 2015MODIFICADO EN ABRIL DE 2016

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 2

ÍNDICE

1. ADECUACIÓN DOS OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA Ó CONTEXTOSOCIOECONÓMICO DO INSTITUTO E ÁS CARACTERÍSTICAS DOSALUMNOS.........................................................................................................................................4

2. METODOLOXÍA E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á CONSECUCIÓN DASCOMPETENCIAS BÁSICAS...........................................................................................................7

3. INCORPORACIÓN, A TRAVÉS DAS DISTINTAS ÁREAS E MATERIAS DAEDUCACIÓN EN VALORES:........................................................................................................11

3.1. EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR.............................................................................11

3.2. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE. EDUCACIÓN SEXUAL.......................................13

3.3. EDUCACIÓN AMBIENTAL.......................................................................................15

3.4. EDUCACIÓN VIAL......................................................................................................18

3.5. EDUCACIÓN PARA A PAZ.........................................................................................20

3.6. EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DE AMBOSSEXOS...................................................................................................................................23

3.7. EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA.............................................................................24

4. CRITERIOS XERAIS SOBRE A AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO .......26

5. LIÑAS XERAIS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE ...............................................................35

6. PLANS ESPECÍFICOS PARA O ALUMNADO QUE PERMANEZA UN ANO MÁIS NOMESMO CURSO.............................................................................................................................35

7. ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO QUE NON OPTE POR ENSINANZAS DERELIXIÓN ...................................................................................................................................... 35

8. LIÑAS XERAIS PARA A ELABORACIÓN DOS PLANS DE ORIENTACIÓ N E ACCIÓNTITORIAL .......................................................................................................................................35

9. ASPECTOS XERAIS PARA A ELABORACIÓN DAS PROGRA MACIÓNSDOCENTES .....................................................................................................................................37

ANEXO 1...........................................................................................................................................39

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 3

1. ADECUACIÓN DOS OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA Ó CONTEXTOSOCIOECONÓMICO DO INSTITUTO E ÁS CARACTERÍSTICAS DOS

ALUMNOS

Para o coñecemento do contexto contamos con algún material do PEC, fundamentalmente unhadescrición das características do centro e da infraestrutura cultural e deportiva da zona, así como osresultados dunha serie de enquisas feitas ós distintos estamentos da comunidade escolar que nosofrecen algúns datos significativos acerca do entorno socioeconómico e sociolingüístico da bisbarrae das familias.

As peculiaridades máis salientables podemos sintetizalas así:

* Un alumnado procedente, a partes máis ou menos iguais, de dúas parroquias da beiramar:unha de características semiurbanas (a vila de Muros) e outra rural (a parroquia de Serres).

* As familias de procedencia do alumnado presentan a grandes rasgos as seguintescaracterísticas: o nivel da renda familiar é medio-baixo; o nivel de instrución paterno e materno ébaixo (sen estudios ou só con primarios as tres cuartas partes, porcentaxe algo superior no caso dasnais); a quinta parte dos pais están ausentes acotío do fogar por mor do traballo no mar ou naemigración; e arredor dun 90% das nais teñen como única profesión a de ama de casa.

* Tocante á lingua, o alumnado procedente do medio rural é moi maioritariamente galego-falante, entre o da vila hai galego-falantes e castelán-falantes xunto cun significativo grupo que semanifesta bilingüe, testemuña manifesta da falta de reprodución equitativa do galego no seofamiliar.

O profesorado utiliza as dúas linguas máis ou menos ó 50%, pero o centro amosa un fortedesequilibrio de material curricular (bibliográfico, audiovisual, etc.) en prexuízo do galego.

Estes trazos contextuais teñen incidencia directa nalgúns dos obxectivos xerais da etapaestablecidos no artigo 4º do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, publicados no DOG do 13 de xullo de2007:

I. Os obxectivos h) e n) do devandito Decreto fan referencia á adquisición por parte doalumnado de competencia lingüística xeral nas linguas galega e castelá, e mais nunha estranxeirapolo menos, así como nos códigos especializados das mesmas.

Tocante a isto cumprirá ter en conta que a gran maioría do alumnado non presentarádificultades especiais no referente ás dúas linguas oficiais, pero si será necesario un esforzo paradetectaren e evitaren as interferencias lingüísticas, así como para acadaren fluidez nas formasestándar ou cultas de ambas linguas, por non as usaren adoito no medio familiar nin na relación coscompañeiros. Do mesmo xeito, haberá que adicar especial atención á lingua estranxeira (obxectivoi)) e á competencia dos códigos especializados (artístico (obxectivo l), científico e técnico),maiormente ausentes no entorno social e familiar.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 4

II. Os obxectivos establecidos nos apartados e) e f), referentes á adquisición decompetencias intelectuais (e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes dainformación para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparaciónbásica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación, f) Concibir ocoñecemento científico como saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas, así comocoñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento eda experiencia), recaerán moi significativamente no traballo desenvolvido nas aulas, visto o baixograo de instrución das máis das familias e, consecuentemente, a ausencia nos fogares de "fontes"axeitadas. Verbo disto, será necesario prestar especial atención á dotación da biblioteca e o númerode ordenadores do centro, e fomentar o seu uso. Acerca do entorno físico e natural, por razónsxeográficas e laborais de futuro, débese potenciar especialmente o coñecemento e aprecio dopatrimonio e medio mariño a fin de potenciar a súa contribución activa para a conservación emellora do medio (parte do obxectivo do apartado k)).

III. Referente ao obxectivo a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exerceros seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedadeentre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valorescomúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática, e obxectivod) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súasrelacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, oscomportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos, cumprirá facer especial fincapé noobxectivo c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entreeles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, visto o retratodas máis das familias, nas que a nai segue a desenvolver o tradicional papel de ama de casa.

IV. Tamén recaerá moi significativamente, cando non exclusivamente, no labor desenvolvidono centro todo canto atinxe ao obxectivo j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos dacultura e a historia propia e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural, coñecermulleres que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galega ou a outras culturas domundo e do obxectivo m) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural,histórico e artístico de Galicia...

Tanto neste apartado coma no anterior, a inclusión dos contidos transversais e a ofertadalgunha optativa tal vez non satisfagan as necesidades e carencias, de maneira que será necesariocomplementar con algunhas actividades extracurriculares, estudios de campo e celebracións.

V. Referente ao obxectivo k) Coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, aceptar opropio e o das outras persoas, aprender a coidalo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos docoidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer odesenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda asúa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, ocoidado dos seres vivos e o ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora, temos constatadonunha porcentaxe elevada do alumnado a ausencia de hábitos positivos a prol da saúde, sobre todono referente a unha alimentación equilibrada e á práctica de exercicio físico.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 5

VI. En canto a consecución dos obxectivos b) Desenvolver e consolidar hábitos dedisciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realizacióneficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal e obxectivo g)Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, ainiciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumirresponsabilidades, en xeral debemos ter moi presente que, por mor do baixo nivel de instrucciónfamiliar, a maior parte do alumnado non pode recibir axuda directa na casa para os seus estudios.Isto provoca, por unha banda que preto da metade do alumnado acuda a pasantías, coascontraproducentes secuelas de sobrecarga horaria e de perda de autonomía no estudio. Por outra,que os propios pais e nais reclamen do Instituto clases de compensación ou recuperación, así comoampla información e formación sobre aspectos que sobordan o máis estritamente académico(información sexual, para a saúde ...) ó que necesariamente debemos prestar atención conforme odobre proceder mencionado no apartado IV.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 6

2.- METODOLOXÍA E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á CONSECUCIÓN DASCOMPETENCIAS BÁSICAS.

Responde á cuestión de como e cando ensinar.

Pero a resposta a estas cuestións non son un método determinado, é dicir, a metodoloxía noné algo fixo ou unha especie de receitario. No Reforma existen as estratexias metodolóxicas; enténdese por elas as "secuencias ordenadas de todas aquelas actividades e recursos que utiliza o profesorado na práctica educativa e que teñen unha fin determinada"; evidentemente a fin é a de ensinar e contribuír á consecución das competencias básicas.

O como ensinar obedece a uns factores anteriores e exteriores que hai que ter en conta e quepoderían ser:

a) a lóxica interna de cada disciplina

b) a concepción que o profesorado ten sobre como se aprende

c) as fins e valores que se pretenden desenvolver

d) o nivel de madurez do alumnado

e) os recursos humanos e materiais cos que se conta

O como se aprende depende duns principios psicopedagóxicos, especialmente do proceso deensino-aprendizaxe na construción do coñecemento e que sinala que "para que se produza unhaaprendizaxe é necesario que haxa algo ou alguén que faga ver a necesidade de completar ousubstituílas ideas que se teñen nos esquemas. Os esquemas están en equilibrio cando aos suxeitoslles valen para interpreta-la realidade, e enténdese que están en desequilibrio cando o alumno oualumna senten insuficiente o seu coñecemento e ven a necesidade de saber máis.

Por outra banda, o modelo metodolóxico, ou mellor dito as propostas metodolóxicas, debende tratar de posibilitar unha aprendizaxe significativa, e a súa eficacia estribará no feito de produciraprendizaxes significativas. Por este concepto entendemos aquela que realiza o alumnadoconstruíndo sobre os seus propios esquemas, sobre as ideas previas, enganchando información sobrea que xa ten, reestruturándoas e facéndoo capaz de aplicalas noutras situacións. O valor daaprendizaxe significativa fronte a aprendizaxe memorística descansa no feito de que asegura que os coñecementos adquiridos na aula poidan ser utilizados noutras situacións calquera polo alumnado eno momento no que o precise e máis no que a formación neste xeito capacítao para comprender,interpretar, valorar, optar e intervir na realidade que o rodea.

Polo tanto son peculiaridades desta aprendizaxe os seguintes extremos:

* hai que partir do que o alumnado xa sabe

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 7

* a nova información debe presentarse de maneira axeitada, en función do tipo de contido edas características e nivel de desenvolvemento do alumnado.

* o alumnado cuestiona os seus coñecementos previos

* o alumnado reorganiza os seus coñecementos á luz da nova información

* o alumnado transfire ese coñecemento a outras situacións e contextos

* o alumnado descubra os principios nos que se basea o coñecemento, é dicir, adquire asestratexias para planificar e regula-la súa propia actividade.

* no desenvolvemento faise consciente da súa propia aprendizaxe

* o alumnado aplica o proceso de aprender a aprender a outras experiencias escolares eextraescolares.

Aspectos metodolóxicos

A intervención docente é necesaria posto que o profesorado é guía e orientador do alumnadocoa finalidade de que aquel poida progresar na súa aprendizaxe; tamén o seu labor non consistirá xasó na transmisión de coñecementos senón no descubrimento, mediante unha exploración, das ideasprevias do alumnado sobre os contidos que se van a abordar coma punto de partida dos novoscoñecementos e na promoción de situacións que susciten a necesidade de modifica-los esquemas decoñecemento.

É conveniente considera-lo erro coma parte da aprendizaxe e non só con caráctersancionador. Asemade convén ter en conta que nas estratexias de ensinanza-aprendizaxe non é tanimportante o que o profesorado ensina canto o que o alumnado aprende.

O profesorado debe reflexionar sobre aspectos na intervención educativa como: aimportancia do traballo en grupos, a utilización de fontes plurais de información, a importancia derealizar pequenos traballos de investigación ou a resolución de problemas como vía de adquisiciónde conceptos sociais.

É necesario por parte do profesorado estimula-la motivación do alumnado; a motivación estáinfluída positivamente polos seguintes factores:

* unha selección de actividades e materiais atractivos e variados

* implicar aos alumnos e alumnas na toma de decisións

* crear un clima de cooperación entre o alumnado e non de competencia

* dar confianza aos alumnos dándolles autonomía na realización das actividades

* conecta-las actividades da aula coas actividades xerais do centro.

Respecto dos contidos, sinalar que se artellan en unidades didácticas que poden tanto

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 8

responder a criterios e propostas propias da disciplina (enfoque disciplinar) coma a propostasglobalizadoras interdisciplinares ou que obedecen á vinculación entre contidos ou entre estes e oscoñecementos previos do alumnado.

Tódalas unidades deben de constar de tres tipos de contidos: procedimentais, conceptuais eactitudinais; débense facer explícitas a metodoloxía e estratexias didácticas, as actividades e aavaliación do traballo.

Abordar determinados contidos de carácter transversal e de interese.

O recoñecemento da nosa identidade colectiva dende distintos puntos de vista, practicando orespecto polas demais culturas e a procura dunha visión máis plural do mundo.

Considerar o entorno próximo como punto de partida ou referente.

Respecto das estratexias de ensino-aprendizaxe pódense empregar as de carácter expositivoque permiten aos alumnos, de maneira oral ou escrita, un coñecemento xa elaborado que estesdeben asimilar. Tamén pódense empregar as estratexias de indagación que poñen ao alumnadodiante de situacións problemáticas para que reflexionen e actúen para resolve-los problemas.Asemade pódense utilizar os proxectos de investigación, que permiten enfrontar e resolverdeterminados problemas cunha certa autonomía, adquirir experiencia na busca e consulta deinformación e investigación.

Non tódolos alumnos e alumnas aprenden ao mesmo ritmo nin todos teñen a mesmacapacidade para aprender. O profesorado debe ter en conta a diversidade do alumnado, valorando oprogreso realizado por cada un de xeito individual.

As diferencias no rendemento escolar non depende só das desigualdades na capacidade deaprender, senón que inflúen de maneira decisiva os distintos intereses e a motivación de cadaalumno e alumna.

Con relación ao agrupamento do alumnado convén que os grupos sexan funcionais edinámicos; resulta moi importante un criterio amplo para a formación dos grupos atendendo aosintereses dos alumnos e a intervención do alumnado na decisión das formas de agrupamento,sempre que sexa posible.

Os agrupamento poderían ser en función da conveniencia do ritmo de traballo e das distintasactividades e a participación:

* o grande grupo, formado por toda a clase ou incluso máis.

* o pequeno grupo, formado por 3 ou 6 persoas

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 9

* o grupo coloquial formado por entre 15 ou 30 persoas

* o individualizado

Por fin os recursos didácticos e materiais: a biblioteca, medios audiovisuais, as TICs,material dos departamentos, laboratorios, libro de texto e calquera outro material curricularcomplementario.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 10

3.- INCORPORACIÓN, A TRAVÉS DAS DISTINTAS ÁREAS E MATERIASDA EDUCACIÓN EN VALORES.

3.1. EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR

1. Introdución

A Lei do Consumidor (Lei 26/1984 de 19 de xuño) recoñece o dereito á protección da saúdee seguridade, á indemnización e reparación de danos e perxuízos, dereito a unha correctainformación e educación como consumidores; dereitos de consulta, participación e protecciónxurídica, administrativa ou técnica; pero tamén contraemos unha serie de responsabilidades ecompromisos antes, durante e despois dos actos de compra, favorables para o medio ambiente e acalidade de vida.

Na ESO tratarase de consolidar e avanzar na investigación dos temas de consumo a travésdo coñecemento e práctica dos seus dereitos e obrigas utilizando, ante os feitos de consumo,actitudes propias do coñecemento científico, valorando criticamente o impacto da sociedade deconsumo sobre o medio e sendo capaz de actuar de forma responsable.

2. Obxectivos

A Educación do consumidor debe atender a:

- Coñecer os recursos produtivos (sempre limitados).

- Facer un uso adecuado dos produtos.

- Descubrir as necesidades reais persoais, aprendendo a liberarse da presión publicitaria.

- Desenvolver habilidades para a toma de decisións sobre a compra de bens e servizos, tendoen conta a utilización dos recursos, alternativas dispoñibles e consideracións ecolóxicas.

- Tomar conciencia do poder que,como colectivo, pode terse sobre a economía, sistemasocial e gobernamental, e como influír neles.

3. Metodoloxía

- Un dos puntos principais será a análise do entorno, utilizando exemplos concretos da vidareal, potenciando actitudes que leven a unha acción directa no seu ámbito.

- Levar á aula actividades variadas que garantan as aprendizaxes de concepto, actitudes eprocedementos, pasando da mera análise "dende fora" a accións concretas.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 11

- Utilizar materiais e recursos variados: prensa, biblioteca, vídeos, diapositivas, fotos,mapas, gráficos, conferencias, saídas didácticas...

4. Exemplificacións

Plantexamos varios núcleos de traballo moi representativos dentro da Educación doConsumidor, aportando algunhas ideas xerais e posibles liñas de traballo.

a) A publicidade

A publicidade é un feito, unha realidade, é necesario interpretar as súas mensaxes: aprendera analizala, desmontala, facer as/os alumnas/os publicidade como forma de desmitificala, ecomprender a linguaxe da imaxe e a intencionalidade publicitaria.

b) Os servizos públicos

Incluíndo toda unha serie de prestacións que son ofertadas ao consumidor por diferentesempresas (públicas ou privadas) que teñen en común o carácter, xeralmente colectivo ou público dasúa utilización: transporte, electricidade, teléfono, auga, bibliotecas...

As liñas de traballo poden ser: coñecer a existencia destes servizos, detectar e ofreceralternativas aos servizos defectuosos ou á falta de servizos necesarios na comunidade. Ser capaz deinterpretar contratos, facturas, recibos e outras informacións dos diferentes servizos públicos ouprivados que habitualmente utiliza ela/el ou a súa familia.

c) A ecoloxía e o consumo

Que o alumno/a como consumidor/a sexa consciente de que as decisións á hora de comprarpoden influír positiva ou negativamente no medio ambiente. As liñas de traballo poden ser:alternativas ao consumo de produtos perigosos para o medio ambiente; o empaquetado e envasadode produtos ou envases máis ecolóxicos, o problema do lixo, o consumo de recursos naturaisescasos: criterios de aforro, a reutilización ...

d) Xogos e material escolar

É un dos temas máis pretos ao mundo escolar, e a colaboración dos pais é moi necesaria,sobre todo para traballar cambios de costumes ou adoptar posturas non consumistas.

As liñas de traballo poder ser: comparación de prezos e calidades en equipamento escolar,

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 12

roupa deportiva ...

Outros temas que se poderían traballar: a alimentación, a vivenda, o ocio e o tempo libre, ...tendo sempre en conta que o grupo de alumnos/as, a experiencia do profesor/a, o curso no que seaplique, posibilidades materiais, ... os que determinen os métodos máis adecuados para cadasituación.

5. Conmemoración

Existe un "Día Mundial do Consumidor", que é o 15 de marzal, que podería destacarse conalgún traballo específico, extensible a toda a comunidade, aínda que segue sendo de maiorimportancia o traballo continuado de transversalidade ao longo de todo o currículo.

3.2. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE. EDUCACIÓN SEXUAL

1. Introdución

A saúde xa non é considerada na nosa sociedade como ausencia de enfermidade, senón quese entende que unha persoa está san cando goza dun estado de benestar xeral: físico, psíquico esocial.

Como parte deste concepto de saúde, a educación sexual debe estar presente na educaciónescolar non só como información sobre os aspectos biolóxicos, senón tamén información,orientación e educación sobre os aspectos afectivos, emocionais e sociais para que as alumnas ealumnos cheguen a coñecer e apreciar os papeis sexuais feminino e masculino e o exercicio dasexualidade como actividade de plena comunicación entre as persoas.

2. Obxectivos

- Aprende-lo funcionamento do corpo, os distintos hábitos e as repercusións na saúdeindividual e colectiva.

- Propiciar hábitos de exercicio físico e hixiene persoal, de alimentación equilibrada e vidasaudable.

- Promover a postura crítica e construtiva fronte a todas aquelas situacións persoais e sociaisnas que a saúde corre risco ou vese limitada ou empobrecida: tabaquismo, alcoholismo, maloshábitos alimenticios...

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 13

- Fomentar actitudes solidarias e tolerantes, relacionándose con outras persoas eparticipando en actividades de grupo, sen prexuízos nin discriminacións por causa da raza, sexo,ideoloxía, clase social...

- Valora-lo papel da sexualidade masculina e feminina no desenvolvemento afectivo dapersoa.

- Respecta-las distintas opcións sexuais.

- Informar dos distintos sistemas contraceptivos.

3. Metodoloxía

Ensinar unha serie de contidos non sempre asegura que o alumnado os entenda e osincorpore á súa vida cotiá: ensinar a cepillar os dentes non garante que se cree un hábitoincorporado aos seus costumes diarios. É preciso reflexionar cos alumnos/as sobre os costumesexistentes nas súas familias. Non debe tampouco esquecerse do "currículo oculto" as actitudes doprofesorado, a disposición ao diálogo, a limpeza nas instalacións, as actividades que se propoñen, ogrado de cumprimento de normas vixentes (non fumar, non vender alcohol...).

Existe outro aspecto importante, conflitos relacionados coa saúde que se encontran noentorno. Pódese partir da análise dos problemas de hixiene en bares, restaurantes, mercados, rúas,puntos problemáticos no que se refire á seguridade vial, de incidencia das drogas na poboación, dafrecuencia de determinadas enfermidades, do grado de contaminación ambiental.

En resumo, existen tres puntos de referencia claves á hora de desenvolver os programas deEducación para a saúde: o centro escolar, a familia e a comunidade.

4. Orientacións específicas

- Utilización de diferentes estratexias como xogos de simulación sobre problemas concretos,a contestación a cuestionarios, o estudo de casos, o plantexamento de problemas de saúde familiarou local,...

- Facer chegar as informacións ás familias: na medida en que os pais coñezan os estudos econclusións, poden cambiar hábitos no que se refire á nutrición, hixiene, utilización demedicamentos ...

- O mesmo referente ás institucións como Concello por exemplo pode repercutir naadopción de medidas de interese social en relación coa hixiene das rúas, solución de problemas

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 14

viais ...

- Ofrecer as instalacións do centro para que se presenten programas ou actividadespromovidos por diferentes institucións que repercutan na calidade de vida (xornadas de orientaciónsexual, doazón de sangue...).

3.3. EDUCACIÓN AMBIENTAL

A maioría dos contidos da Educación Ambiental aparecen agrupados na ESO en torno ásáreas "Ciencias da Natureza" e "Ciencias Sociais, Xeografía e Historia". Este feito é unha condiciónnecesaria pero non abonda para que se leve a cabo unha auténtica Educación Ambiental no SistemaEducativo.

Para levar á práctica esta pretensión de ofrecer unha verdadeira Educación Ambiental tenseque presentar ao alumnado na súa experiencia vital, agrupando os contidos en torno a eixessignificativos para el que teñan que ver coa súa experiencia e coas súas vivencias cotiáns. Todo istoleva consigo que tanto o Proxecto Educativo de Centro, Concreción Curricular de Etapa e asProgramacións de aula teñan presentes os principios sinalados pola Educación Ambiental.

1. Obxectivos

Os obxectivos xerais da Educación ambiental son os formulados na conferencia de Tbilisique son os seguintes:

1. Axudarlle ao alumnado a adquirir unha conciencia do medio ambiente global e axudarlle asensibilizarse por estas cuestións.

2. Axudarlle a adquirir unha diversidade de experiencias e unha comprensión fundamentaldo medio e dos problemas anexos.

3. Axudarlle a compenetrarse cunha serie de valores e a sentir interese e preocupación polomedio ambiente, motivándoos de tal xeito que podan participar activamente na mellora e proteccióndo mesmo.

4. Axudarlle a adquirir as aptitudes necesarias para determinar e resolver os problemasambientais.

5. Proporcionarlle a posibilidade de participar activamente nas tarefas que teñen por obxectoresolver os problemas ambientais.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 15

2. Contidos

Os intereses do alumnado da ESO vanse ampliando cara a realidades e problemas máisalonxados polo que os contidos relacionados co medio agruparanse en torno ao medio inmediato,pero que lles servirá como referencia e punto de partida para acceder ao coñecemento de realidadese problemas máis lonxanos e xerais, como poden ser:

- A contaminación.

- A calidade da auga.

- A enerxía que utilizamos.

- A deforestación e as súas consecuencias.

- O reparto dos recursos.

- Etc.

É fundamental non perder de vista en ningún momento a perspectiva global da EducaciónAmbiental, polo que cumprirá o acordo e a coordinación do profesorado das diferentes áreas á horade tomar decisións sobre os contidos que se programen.

3. Criterios metodolóxicos

En canto ao proceso educativo e de ensino e aprendizaxe destacamos como importantes paraa Educación Ambiental os seguintes criterios referidos á aprendizaxe significativa:

- Asegurar a relación das actividades coa vida real.

- Facilitar a aprendizaxe mediante actividades que conecten cos coñecementos previos, édicir, que partan da experiencia do alumnado.

- Organizar os contidos cun enfoque globalizador.

- Impulsar as relacións entre iguais fomentando o traballo en equipo.

Ademais haberá que ter presente:

- A concepción do entorno como un conxunto complexo, vivo e dinámico no tempo e noespacio, non coma unha suma de partes inconexas.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 16

- A necesidade do contacto directo co medio co fin de potenciar a investigación do mesmo eestimular a relación afectiva.

- A adopción de métodos activos.

- Evitar quedarse na observación ou análise do medio "desde fora". Chegar á implicaciónpersoal e ao exercicio da acción creativa...

- Proxectar actividades moi variadas (exercicios de simulación, xogos, dramatizacións, etc).

4. Avaliación

¿Que avaliar?

Trátase de axudar ó alumnado a:

- Adquirir conciencia e sensibilizarse co medio ambiente.

- Comprender o medio e os problemas que este conleva.

- Compenetrarse cuns valores e sentir interese polo medio ambiente.

- Adquirir aptitudes necesarias para resolver problemas do medio.

¿Como avaliar?

O xeito máis adecuado de avaliar a capacidade do alumnado será a través da observacióncontinua e sistemática.

- A través de fichas e guías que contemplen todos os aspectos do proceso de aprendizaxe.

- Elaborando un diario de clase no que se reflictan as actividades realizadas e as anécdotas.

- Exercicios de simulación nos que se reproduzan situacións ou problemas do ambiente.

- Introdución progresiva dalgunhas probas específicas que permitan captar o nivel de

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 17

comprensión e os hábitos de traballo do alumnado.

- É importante inicialos na práctica da autoavaliación, que lles da a oportunidade dereflexionar sobre a súa propia actuación no medio.

¿Cando avaliar?

Cumprirá realizar unha avaliación inicial que nos informe sobre o momento no que seatopan respecto ao tema e nos dea pistas para unha programación axeitada ás súas necesidades.

A avaliación continua permitiranos facer as adaptacións curriculares oportunas ao grupo e aoalumnado con necesidades educativas especiais.

E a través da avaliación final poderemos coñecer os cambio de actitude do alumnadorespecto ao medio ambiente ao longo do ciclo.

3.4. EDUCACIÓN VIAL

Un axeitado comportamento vial, isto é, un correcto uso das vías públicas, é unha parcelamáis do comportamento cidadán, que esixe a súa correspondente forma educativa. De aí axustificación de integrar a Educación Vial no marco xeral da Educación cívica.

Na Educación Secundaria Obrigatoria os obxectivos da Educación Vial tenderán aprofundizar no estudio do entorno e a inculcar no alumnado o sentido da responsabilidade, referidoá condución de bicicletas e ciclomotores, para inicialos posteriormente na aprendizaxe das normas,sinais e consellos relativos á súa condución. Non se debe esquecer que os mozos e mozas entre osdoce e os dezaseis anos son usuarios habituais dos citados vehículos.

1. Obxectivos

Os obxectivos da Educación Vial que deberá acadar o alumnado ao longo da EducaciónSecundaria Obrigatoria contemplan unha triple finalidade:

1. Apreciar e valorar a importancia das normas e consellos orientados á formación dunhaadecuada conduta vial.

2. Desenvolver no alumnado o sentido da responsabilidade referido á condución debicicletas e ciclomotores e que, en pouco tempo, coñezan as normas e sinais relativas á circulaciónde tales vehículos.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 18

3. Desenvolver hábitos de comportamento ante un accidente de tráfico e coñecer as normas einstrucións de Socorrismo e Primeiros Auxilios.

Os obxectivos, contidos e criterios de avaliación, inclúense, na súa maioría, nas áreas deCiencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza, Tecnoloxía, e Educación Física.

2. Avaliación

Tendo en conta o sinalado anteriormente, os criterios de avaliación estarán ligados ás áreasnas que se impartirá a Educación Vial como tema transversal.

A Educación Vial non constitúe un mero repertorio de normas e consellos destinados amellorar a seguridade no uso das vías públicas. Polo contrario, consideramos necesario destacar aimportancia que nela adquiren os contidos referidos a valores, normas e actitudes.

A avaliación ha ter unha dobre dimensión, continua e individualizada. Enténdense poravaliación continua aquela que comeza por informar dos coñecementos previos, actitudes ecapacidade do alumnado no inicio do proceso educativo (Avaliación inicial).

Esta avaliación pode rematar valorando o grao de consecución obtido polo alumnado, peroterase máis en conta o carácter orientativo para o inicio dunha nova etapa que o dunha cualificaciónaprobatoria ou reprobatoria (Avaliación sumativa).

Como se sinalou anteriormente, non se esquecerá a dimensión individualizada, polo cal , e apartir da avaliación inicial, e das características propias de cada alumnos ou alumna, determínanseas metas a alcanzar, ao tempo que se lle proporciona información do realizado, dos seus progresos edos que pode alcanzar conforme ás súas posibilidades (Avaliación formativa).

Como xa se sinalou anteriormente, na avaliación da Educación Vial seguiranse asorientacións e utilizaranse os instrumentos propios das áreas coas que se relaciona, de seguidomencionamos algúns deles por ser de gran utilidade na avaliación dos diferentes aspectos a ter enconta na formación para a seguridade vial.

- Elaboración sistemática do diario de clase.

- Elaboración e aplicación de enquisas e recollida de opinións.

- Revisión e análise dos traballos individuais ou de grupo.

- Elaboración e aplicación de probas escritas e orais.

- Asembleas periódicas de revisión crítica e análise da marcha do proceso de aprendizaxe.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 19

- Guías e claves de autoavaliación, individualmente ou en grupo.

- Recollida de datos por observación directa, mediante guías ou escalas de observación,listados de frecuencia...

- Observación e rexistro dos comportamentos do alumno ou alumna en situacións de tráficoreais ou simuladas.

3.5. EDUCACIÓN PARA A PAZ

1. Introdución

Foron os movementos de non violencia e da Investigación para a Paz os que nos achegaronós conceptos básicos da idea contemporánea de paz:

a) A noción de paz positiva. A paz non é o contrario da guerra senón que é a antítese de todaforma de violencia, maniféstese esta a través da agresión física directa ou da inxustiza ocasionadapolas estruturas sociais e que couta o exercicio e os desenvolvemento dos dereitos humanos: non éposible a paz onde imperan a pobreza, a represión e a alienación.

b) A compresión do conflito non como algo negativo de seu, senón como un proceso naturale consubstancial coa natureza humana que cómpre abordar cunha perspectiva creativa.

A formación para a Paz, un fin da LOE, ha de concibirse, pois, coma un proceso educativo,continuo e permanente, fundamentado nos dous conceptos anteriores e encamiñado a desenvolverunha cultura de paz que axude ás persoas a desvelaren criticamente, a enfrontaren en consecuencia,unha realidade complexa e conflitiva. De aí unha dobre necesidade: a de educar en valores,promovendo a adquisición dos positivos (xustiza, cooperación, solidariedade, desenvolvemento deautonomía persoal e para a toma de decisións...) e cuestionando os contratos (discriminación,intolerancia, etnocentrismo, insolidariedade, conformismo...) e a de educar para a acción no ámbitodas estruturas sociais, comezando pola escola.

2. Contidos:

Ordenados conforme foron agromando historicamente, a Educación para a Paz abrangue osseguintes compoñentes:

- Educación para a comprensión internacional, baseada na ensinanza doutras culturas epaíses e no estudio dos problemas mundiais.

- Educación para os dereitos humanos, fundamentada na Declaración Universal dos DereitosHumanos.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 20

- Educación mundialista e multicultural na procura dunha identidade universal desde orespecto e a afirmación da diferencia de etnias e culturas.

- Educación para o desarme, fundamentada no estudio do desarme, na desmitificación dasarmas e no rexeitamento do militarismo.

- Educación para o desenvolvemento, fundamentada no estudio e valoración dosdesequilibrios culturais, sociais e económicos, con especial atención ós países subdesenvolvidos, coobxectivo de espertar a solidariedade.

- Educación para o conflito, non para inhibir a agresividade senón para encarreirala cara aactividades socialmente útiles. Basease en tres esteos básicos: o estudio dos conflitos, odesenvolvemento de competencias para intervir positivamente, e a crítica do conformismo, aobediencia cega ou acrítica e a pasividade.

3. Obxectivos:

No currículo da ESO sublíñase o carácter social da educación, que debe formar persoasresponsables para vivir nunha sociedade pluralista, e establécese a necesidade de inserir noscurrículos das diferentes áreas os seguintes obxectivos xerais:

- Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipocomo condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio dedesenvolvemento persoal.

- Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

- Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propia e das outraspersoas, así como o patrimonio artístico e cultural, coñecer mulleres e homes que realizaron achegasimportantes á cultura e sociedade galega ou a outras culturas do mundo.

4. Orientacións didácticas:

O conxunto do profesorado, amais de reflexionar sobre os contidos e obxectivos daEducación para a Paz e da súa adecuación ó contexto concreto do instituto para a súa integración noPEC, debe procurar os materiais e recursos máis axeitados, mesmo a creación dunha biblioteca dapaz, e promover unha chea e actividades. Pero, sobre todo, debe integrar a Educación para Paz na

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 21

vida cotiá do centro, construíndo e potenciando relacións de paz, comezando por fomentar aorganización democrática do centro (impulsando a participación e coxestión do alumnado, así comoa resolución non violenta dos conflitos) co obxectivo de crear un ambiente de confianza, seguridadee apoio mutuo.

Individualmente, o profesorado ha de promover na aula experiencias variadas para aaprendizaxe da paz; manexará técnicas de relación de grupo como ferramentas útiles para xerarsentido comunitario e potenciar a autoxestión; e debe esforzarse en servir de modelo,comportándose con competencia, autenticidade e comprensión, e aceptando incondicionalmente oalumnado para crear un clima de confianza e comunicación que sirva de estímulo para acooperación no traballo.

5. Orientacións metodolóxicas:

Han de ser acordes coa idea de paz positiva. O alumnado acadará os obxectivos aprendendodurante o propio proceso, a través da súa participación activa tanto nos medios como nos fins daEducación para a Paz.

Recoméndase a utilización do método socio-afectivo, baseado na utilización de modelosproblemáticos que promovan a aprendizaxe a través da afectividade e da experiencia, consonte tresfases:

a) Vivencia dunha experiencia (persoal, allea, tirada dun conto ...) como punto de partida.

b) Descrición e análise da mesma, recollendo as reaccións do colectivo participante.

c) Contraste e traslado ou xeneralización desa experiencia a outras situacións da vida real.

3.6. EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DE AMBOSSEXOS

1. Introdución

A sociedade patriarcal, ó asignar capacidades e valores diferentes a homes e mulleres, defineestereotipos masculinos e femininos ós que se han amoldar os comportamentos deles e delas. Istoconfigurou unha sociedade de dominio masculino, na que o prototipo da masculinidade se considerapositivo, fronte a unha feminidade infravalorada.

A escola mixta significou a xeneralización para ambos sexos dun modelo educativo pensadopara os alumnos, consonte as pautas do vello currículo masculino, sen corrixir os mecanismos queperpetúan a discriminación e a desigualdade no tratamento dos xéneros. Non mudaron as estruturasque manteñen a desigualdade no ámbito da educación académica: organización educativa, currículo

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 22

explícito e oculto, interrelación alumnado-profesorado e do alumnado entre si, práctica docente eexpectativas do profesorado respecto ó alumno ou á alumna.

A LOE asume como principio educativo "o desenvolvemento da igualdade de dereitos eoportunidades e o fomento da igualdade efectiva entre homes e mulleres". Este novo modelo,coeducativo, quere facer xurdir explicitamente os mecanismos que perpetúan un sistema educativosupostamente integrador, e persegue impedir que a educación reproduza a desigualdade que por mordo sexo existe na sociedade: masculinidade e feminidade han de coexistir como categorías nonsuxeitas a ningunha hexemonía ou xerarquización. De maneira, entón, que o novo currículo ha deintegrar equitativamente ambos xéneros, a fin de procurar a igualdade de oportunidades e contribuírasí ó desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

2. Obxectivos:

a) Desenvolver tódalas potencialidades individuais e acadar a igualdade real deoportunidades para alumnos e alumnas.

b) Educar sen inclinacións sexistas para que os alumnos e as alumnas poidan realizar as súasaspiracións persoais e profesionais.

c) Establecer un currículo integrador que abranga os intereses, as motivacións e asnecesidades de ambos xéneros. O mesmo no que atinxe ás actividades.

d) Orientar escolar e profesionalmente sen discriminación, rompendo os estereotipostradicionais.

e) Utilizar unha linguaxe non sexista.

f) Usar materiais didácticos coeducativos, so o principio da igualdade de dereitos e de uso.

g) Accederen alumnos e alumnas ós recursos escolares e extraescolares en igualdade decondicións.

h) Tomar medidas temporais de acción positiva a fin de compensar as desigualdades, sobretodo nos ámbitos tradicionalmente máis estereotipados.

3. Algunhas estratexias metodolóxicas e de organización escolar:

O sistema coeducativo esixe especial atención a dous aspectos cruciais:

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 23

a) O uso dunha linguaxe non discriminatoria, tanto para evitar a transmisión dos estereotiposde xénero e do predominio da masculinidade, como para non ocultar ou escurecer, a través do usoxenérico do masculino, a visión e presencia activa das mulleres.

b) Á introdución de medidas de acción positiva co obxectivo de corrixir desigualdades ecompensar deficiencias.

Por outra banda, toda a estrutura do centro ha de estar implicada na consecución dosobxectivos e servir de modelo coeducativo:

- Os órganos de goberno e representación (Equipo Directivo, Consello Escolar, Cámara dedelegados ...) han de procurar unha representación equitativa de ambos sexos e deben informar ásfamilias e demandar a súa implicación e colaboración. Deben alentar a participación activa dasalumnas nestes organismos e nas actividades. Deben artellar regulamentacións para o desfruteequitativo de espazos, recursos e equipamentos, e ter en conta as preferencias de ambos sexos.

–O profesorado debe elaborar os currículos cun criterio integrador, evitar tendenciosidade sexistanas publicacións e materiais didácticos que utilice ou recomende, informar e asesorarequitativamente, e valorar e avaliar sen prexuízos sexistas.

3.7. EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA

A educación moral e cívica constitúe un elemento fundamental do proceso educativo, que hade permitir aos alumnos/as actuar con comportamentos responsables dentro da sociedade actual edo futuro, na que as propias crenzas, valoracións e opcións han de convivir no respecto ás crenzas evalores dos demais.

A educación moral e cívica debe enfrontarse criticamente a realidades como a violencia, atortura, a guerra, reforzando valores como a xustiza, a solidariedade, a cooperación ou o respectopola natureza.

Cremos que dous son os motivos que fan moi conveniente ocuparse de educación moral ecívica:

- o feito de que hoxe en día os problemas máis importantes que ten plantexados ahumanidade no seu conxunto non son problemas que teñan unha solución exclusivamente técnico-científica, senón que son situacións que precisan unha reorientación ética.

- a necesidade de apreciar, manter e profundizar a democracia, así como incorporala aos

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 24

propios hábitos persoais de interrelación.

1. Obxectivos xerais

- Participación en actividades de grupo con actitudes solidarias e tolerantes, recoñecendo asdiferencias de tipo social e rexeitando calquera discriminación por diferencias de raza, sexo, clasesocial ou crenza.

- Comprensión dos valores da sociedade tanto nos dereitos como nos deberes.

- Aprecio polo patrimonio cultural así como o compromiso de contribuír á súa conservacióne mellora.

- Adquisición de hábitos de exercicio físico, hixiene e alimentación equilibrada que levan aunha vida san con consecuencias para a saúde individual e colectiva.

- Contribución á defensa, conservación e mellora do medio físico valorando a incidencia quesobre el ten a actividade humana e a necesidade de recuperar zonas deterioradas, así como tomandoconciencia da limitación dos recursos enerxéticos.

2. Metodoloxía

- Participación en debates sobre cuestións de vida cotiá: situacións de marxinación, casos deviolencia, problemas dos mozos/as ... recorrendo á información obtida de medios de comunicacióne actuando con tolerancia e solidariedade.

–Presentación de mensaxes de distintos tipos de comunicación e literarios e actuando criticamenteperante aqueles que presentan persuasión ideolóxica ou discriminación social, racial, sexual ... erespectando as opinións alleas.

- Debater o marco legal da sociedade comprendendo os nosos dereitos e deberes comomembros da mesma.

- Participación en actividades musicais, teatrais, recitais, dentro e fóra da escola, tomandoconciencia do enriquecemento que se produce coas aportacións dos demais e valorando o propio.

- Participación en actividades deportivas comprendendo que competir con outros non supónunha rivalidade e valorando o traballo de equipo.

- Saídas pola zona valorando os aspectos negativos e positivos da Ciencia e da Tecnoloxía.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 25

- Saídas pola zona analizando os cambios no ecosistema producidos pola acción humana erespectando medio físico e seres vivos.

Conmemoracións relacionadas coa Educación en valores, e nas que poderá participar ocentro:

- Día da Patria Galega.

- Día da Constitución.

- Día Mundial dos Dereitos Humanos.

- Día Mundial da Muller.

- Día da Paz.

- Semana das letras galegas.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 26

4.- CRITERIOS XERAIS SOBRE A AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DOALUMNADO.

Seguindo as directrices da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008) polaque se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria: “a avaliación do proceso deaprendizaxe do alumnado será continua, terá carácter formativo e orientador e será diferenciadasegundo as distintas materias do currículo”.

4.1. CARÁCTER DA AVALIACIÓN

A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículode cada unha das materias:

-as competencias básicas:

1.Competencia en comunicación lingüística.

2.Competencia matemática.

3.Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

4.Tratamento da información e competencia dixital.

5.Competencia social e cidadá.

6.Competencia cultural e artística.

7.Competencia para aprender a aprender.

8.Autonomía e inicitiva persoal.

-os obxectivos

-os contidos

-os criterios de avaliación (que serán o referente fundamental para valorar tanto ograo de adquisición das competencias básicas como a consecución dos obxectivos).

4.2. RESULTADOS DA AVALIACIÓN

-Os resultados da avaliación expresaranse numericamente na escala do 1 ao 10, sen cifrasdecimais.

-O grao de desenvolvemento das competencias básicas expresaranse cualitativamente daseguinte forma: NS (Non é significativo), BX (Baixo), A (Aceptable), BO (Bo), E (Excelente). Previavaloración de cada profesor/a acordarase, na sesión ordinaria o que o titor/a refectirá no informefinal XADE.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 27

-Na sesión extraordinaria, cando un alumno non se presente á proba de unha materia, nosdocumentos de avaliación farase constar “non presentado” (NP).

-O proxecto interdisciplinar (1º ESO) non contará cunha cualificación cuantitativa pero sicualitativa e estará presente na información ás familias e no informe de avaliación final no XADE.

-O alumnado de 1º e 2º de ESO que non curse a materia común de segunda lingua estranxeira(Orde 6 set 2007, 5f) será valorado de xeito cualitativo, no progreso nas actividades de reforzo queestea desenvolvendo. Nos documentos de avaliación figurará como exento.

-O alumnado que presente necesidades educativas especiais, que curse as ensinanzascorrespondentes á educación secundaria obrigatoria con ACS, a avaliación e promoción tomarácomo referencia os obxectivos e os criterios de avaliación fixados nas adaptaciónscurriculares.Cada profesor/a reflectirao na súa AC e entregarao no Departamento de Orientación.Estas valoracións estarán a disposición do profesorado no curso seguinte.

4.3. DESENVOLVEMENTO DAS SESIÓNS DE AVALIACIÓN FINAIS

As sesións de avaliación serán coordinadas pola persoa titora do grupo e nelas participará todoo profesorado que imparte docencia nel, contará co asesoramento do Departamento deOrientación e poderá asistir un membro do equipo directivo.

Esta exposición ha de tratar, por esta orde:

1º Cuestións de carácter xeral

2º Cuestións a destacar relativas a cada materia

3º Relación das conclusións obtidas para cada alumno ou alumna.

Durante o desenvolvemento da exposición do titor/a o resto dos membros da xunta interviránpara matizar e opinar sobre as cuestións das que se vaia facendo mención.

Simultaneamente irán recolléndose por escrito todos aqueles elementos que a xunta deavaliación vaia asumindo como conclusións finais acerca do grupo en xeral, de cada materia ougrupo de materias e de cada alumno e alumna en particular.

O titor/a recollerá as referencias relativas ao grao de consecución ás competencias básicas quereflectirá no informe de avaliación final XADE antes do 30 de xuño.

Farase a proposta e valoración das medidas de adaptación pertinentes a adoptar de formaindividualizada para cada alumno/a no curso seguinte:

° DESDOBRES

° ADAPTACIÓNS CURRICULARES

° PROA

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 28

° APOIO

° REFORZO

No proceso de avaliación continua a cualificación de cada unha das materias será decidida poloprofesor ou profesora que as imparta.

4.4. PROMOCIÓN (1º,2º e 3º ESO)

Ao remate de cada un dos cursos o profesorado que imparte docencia no grupo, na sesión finalde avaliación, decidirá sobre a promoción do alumnado. O alumnado promocionará cando teñaavaliación negativa en dúas materias como máximo e repetirá curso cando teña avaliaciónnegativa en tres ou máis materias. Excepcionalmente, unha vez realizadas as probasextraordinarias, o equipo docente poderá decidir a promoción do alumnado con avaliaciónnegativa en tres materias se considera que:

° a natureza das dificultades non lle impedirá seguir con éxito o curso seguinte.

° ten expectativas favorables de recuperación, e que dita promoción beneficiará a súa evoluciónacadémica.

Nesta decisión terase tamén en conta:

°Progreso nas distintas materias.

°Oportunidade de repetición para a melloría da aprendizaxe.

°Actitude do alumno/a en relación coa aprendizaxe.

°Coduta do alumno/a.

°Asistencia a clase e puntualidade.

Para esta decisión requirirase o acordo favorable da maioría simple do equipo docente, tendoeste que votar a favor ou en contra da proposta.

° A materia de Ciencias da natureza de 3º curso, desdobrada en “Bioloxía e Xeoloxia” e “Física eQuímica” manterá o seu carácter unitario a efectos de promoción.

° O proxecto interdisciplinar (1º ESO) non computará á hora de considerar o número dematerias para os efectos de promoción ao seguinte curso académico. A valoración do profesoradoserá reflectido no informe de avaliación final XADE.

° No cómputo das materias para os efectos de promoción, consideraranse tanto as materias nonsuperadas do propio curso como as de cursos anteriores.

4.4.1. Repetición de curso

• O alumnado que non promocione permanerá un ano máis no mesmo curso. Esta repetición iráacompañada dun plan de recuperación de aprendizaxes non adquiridas.• Só se poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e, con carácter xeral, dúas veces como

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 29

máximo en toda a etapa.• Excepcionalmente, o alumnado poderá repetir unha segunda vez o cuarto curso se non repetisenos cursos anteriores (poderase prolongar a escolarización ata os 19 anos).

4.4.2. Reunións docentes para a incorporación a Formación Profesional Básica

Poderase incorporar a estas ensinanzas o alumnado que cumpra 15 ou 16 anos no ano deinicio do ciclo formativo e que teña cursado 3º ESO e excepcionalmente 2º.

Rematadas as avaliacións extraordinarias en 2º e 3º da ESO realizarase unha reunión doequipo docente de cada grupo xunto esa orientadora e un membro do equipo directivo paraanalizar a situación do alumnado que estea en risco de non alcanzar o título de graduado enESO.Establecerase unha relación de alumnado susceptible de incorporarse que será asinada portodo o equipo docente e a xefa do Departamento de Orientación. Posteriormente o titor/aelaborará xunto co Departamento de Orientación un consello orientador para cada alumno/a.

4.5. TITULACIÓN (4º ESO)

° Obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria aquel alumnado quesuperase todas as materias e alcanzase as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

° Tamén poderá obter o título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probasextraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou dúas materias, eexcepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente considere que a natureza e o peso destasno conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

Nesa decisión terase tamén en conta:

°Progreso nas distintas materias.

°Oportunidade de repetición para a melloría da aprendizaxe.

°Actitude do alumno/a en relación coa aprendizaxe.

°Conduta do alumno/a.

°Asistencia a clase e puntualidade.

° Para os efectos de titulación, computaranse como materias con avaliación negativa tanto assuspensas do propio curso como as de cursos anteriores.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 30

° As decisións de titulación con materias non superadas requirirán o acordo favorable damaioría simple do equipo docente.

4.6. OUTRAS CONSIDERACIÓNS.

• O alumnado de 1º e 2º de ESO que non curse a materia común de segunda linguaestranxeira (Orde 6 set 2007, 5f.) será valorado de xeito cualitativo, no progreso nasactividades de reforzo que estea desenvolvendo. Nos documentos de avaliación figurarácomo exento.

• A avaliación do alumnado con necesidade específica de apoio educativo rexerase, concarácter xeral, polo disposto na orde do 21 de Decembro de 2007 (DOG 7 xaneiro 2008).

• Sen prexuízo do anteriormente indicado, na avaliación do alumnado que presentenecesidades educativas especiais, que curse as ensinanzas correspondentes á educaciónsecundaria obrigatoria con ACS, de acordo co artigo 14.4 do Decreto 133/2007, a avaliacióne promoción tomará como referencia os obxectivos e os criterios de avaliación fixados nasadaptacións curriculares.

• O alumnado que promocione de curso sen ter superado todas as materias seguirá unprograma de reforzo destinado a recuperar as aprendizaxes non adquiridas e deberásuperar a avaliación correspondente ao devandito programa. A avaliación do programa dereforzo será tida en conta para os efectos de cualificación das materias non superadas.Correspóndelles aos departamentos didácticos a organización destes programas. Cadaprofesor/a desenvolverao no curso no que imparte docencia. Os centros educativosorganizarán os procesos de avaliación da recuperación das materias pendentes.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 31

GUIEIRO PARA O DESENVOLVEMENTO DAS SESIÓNS DE AVALIACIÓN ORDINARIA E EXTRAORDINARIA NA ESO LOMCE

Carácter da avaliación

1. Os referentes para a comprobación do grao de adquisición das competencias e o logro dosobxectivos da etapa nas avaliacións continua e final das materias dos bloques de materiastroncais, específicas e de libre configuración autonómica serán os criterios de avaliación eestándares de aprendizaxe que figuran nos anexos I, II e III do Decreto 86/2015 de 25 de xuño.

2. A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de educación secundaria obrigatoriaserá continua, formativa e integradora.

3. O equipo docente, constituído en cada caso polos profesores e as profesoras do alumno ou daalumna, coordinado polo titor ou a titora, actuará de maneira colexiada ao longo do proceso deavaliación e na adopción das decisións resultantes deste.

O currículo está integrado por :

a) Obxectivos: referentes relativos aos logros que o alumnado debe alcanzar ao rematar oproceso educativo, como resultado das experiencias de ensino e aprendizaxe intencionalmenteplanificadas para tal fin.

b) Competencias: capacidades para aplicar de xeito integrado os contidos propios de cadaensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolucióneficaz de problemas complexos.

As competencias clave do currículo serán as seguintes:

Comunicación lingüística (CCL).

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).

Competencia dixital (CD).

Aprender a aprender (CAA).

Competencias sociais e cívicas (CSC).

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 32

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

c) Contidos: conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen aologro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa, e á adquisición de competencias. Oscontidos ordénanse en disciplinas, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas e módulos, enfunción das ensinanzas, das etapas educativas ou dos programas en que participe o alumnado.

d) Criterios de avaliación: referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado.

Describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementoscoma en competencias, e responden ao que se pretende conseguir en cada disciplina.

e) Estándares de aprendizaxe avaliables: especificacións dos criterios de avaliación quepermiten definir os resultados de aprendizaxe e que concretan o que o alumnado debe saber,comprender e saber facer en cada disciplina. Deben ser observables, medibles e avaliables, epermitir graduar o rendemento ou o logro alcanzado. Deben contribuír a facilitar o deseño deprobas estandarizadas e comparables.

f) Metodoloxía didáctica: conxunto de estratexias, procedementos e accións organizadas eplanificadas polo profesorado, de xeito consciente e reflexivo, coa finalidade de posibilitar aaprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos suscitados.

Promoción

1. As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa, seránadoptadas de xeito colexiado polo conxunto de profesores e profesoras do alumno ou da alumnarespectivo/a, atendendo ao logro dos obxectivos da etapa e ao grao de adquisición dascompetencias correspondentes.

A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase tras esgotar asmedidas ordinarias de reforzo e apoio para superar as dificultades de aprendizaxe do alumno ouda alumna.

2. Os alumnos e as alumnas terán promoción de curso no caso de superaren todas as materiascursadas ou teren avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirán curso candoteñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexansimultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura eMatemáticas.

De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción dun alumno ou unha alumna conavaliación negativa en tres materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:

a) Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 33

Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non lleimpide ao alumno ou á alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorablesde recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa.

c) Que se lle apliquen ao alumno ou á alumna as medidas de atención educativa propostas noconsello orientador.

Poderá tamén autorizarse de xeito excepcional a promoción dun alumno ou unha alumna conavaliación negativa en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura eMatemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, cando o equipo docente considere queo alumno ou a alumna poden seguir con éxito o curso seguinte, que teñen expectativas favorablesde recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa, e sempre que se lleapliquen ao alumno ou á alumna as medidas de atención educativa propostas no conselloorientador .

Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou aalumna deben cursar en cada un dos bloques.

No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega eLiteratura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias dodevandito bloque.

Cando no horario establecido como de libre configuración do centro se opte por dedicalo aoafondamento e/ou reforzo dalgunha materia, a súa avaliación estará integrada na materiaobxecto do afondamento e/ou reforzo.

As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da educación secundariaobrigatoria consideraranse como materias distintas.

3. Quen teña promoción sen superar todas as materias deberá matricularse das materias nonsuperadas, seguirá os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberá superar asavaliacións correspondentes aos devanditos programas de reforzo. Esta circunstancia terase enconta aos efectos de promoción previstos nos apartados anteriores.

4. As consideracións en canto ás decisións do profesorado son as que figuran no apartado 4 naPromoción LOE.

Repetición de curso

- O alumno ou a alumna que non teñan promoción deberán permanecer un ano máis no mesmocurso. Esta medida poderáselle aplicar no mesmo curso unha soa vez, e dúas veces como máximo

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 34

dentro da etapa. Cando esta segunda repetición deba producirse en terceiro ou cuarto curso, terádereito a permanecer no réxime ordinario cursando educación secundaria obrigatoria ata osdezanove anos de idade, feitos no ano no que finalice o curso. Excepcionalmente, poderá repetirunha segunda vez en cuarto curso se non repetiu nos cursos anteriores da etapa.

- En todo caso, as repeticións estableceranse de maneira que as condicións curriculares seadapten ás necesidades do alumno ou da alumna e estean orientadas á superación das dificultadesdetectadas.

- Esta medida deberá ir acompañada dun plan específico personalizado, orientado á superacióndas dificultades detectadas no curso anterior. Os centros docentes organizarán este plan deacordo co que estableza a consellería con competencias en materia de educación.

CONSELLO ORIENTADOR

Ao final de cada curso de educación secundaria obrigatoria entregaráselles ao pai, á nai ouaos/ás titores/as legais de cada alumno ou alumna un consello orientador, que incluirá unhaproposta a pais, nais ou titores/as legais ou, de ser o caso, ao alumno ou á alumna do itinerariomáis adecuado para seguir, así como a identificación, mediante informe motivado, do grao delogro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes que xustifica aproposta. Se se considerar necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendaciónaos pais, ás nais ou aos/ás titores/as legais e, de ser o caso, ao alumno ou á alumna sobre aincorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento, ou a un ciclo deformación profesional básica.

O consello orientador incluirase no expediente do alumno ou da alumna.

ADAPTACIÓNS CURRICULARES

As adaptacións do alumnado con necesidades educativas especiais,realizaranse procurando omáximo desenvolvemento posible das competencias; a avaliación continua e a promocióntomarán como referente os elementos fixados nas devanditas adaptacións.

En calquera caso, o alumnado con adaptacións curriculares significativas deberá superar aavaliación final para poder obter o título correspondente.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 35

5.- LIÑAS XERAIS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE.

Están reflexadas no Plan Xeral de Atención á Diversidade, que é o documento en que searticula a atención á diversidade a que se refire o artigo 121.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,de educación e polo DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención ádiversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que seimparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Nesteplan concrétanse todas as actuacións e medidas de atención á diversidade que un centro educativodeseña e desenvolve para adecuar a resposta educativa ás necesidades da totalidade do seualumnado.

6.- PLANS ESPECÍFICOS PARA O ALUMNADO QUE PERMANEZA UNANO MÁIS NO MESMO CURSO.

Na avaliación final do curso decidirase que medidas de atención a diversidade, dentro dasliñas de atención a diversidade do apartado anterior, se aplicarán no próximo curso para arecuperación de aprendizaxe dos alumnos que repitan curso.

A decisión adoptada exporase no informe de avaliación final do curso.

7.- ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO QUE NON OPTE PORENSINANZAS DE RELIXIÓN.

O alumnado que non curse as ensinanzas de relixión recibirá a debida atención educativa,que consistirá no acompañamento dun profesor/a e que en ningún caso comportará a aprendizaxe decontidos curriculares asociados ao coñecemento do feito relixioso nin a calquera materia da etapa.

8.- LIÑAS XERAIS PARA A ELABORACIÓN DOS PLANS DEORIENTACIÓN E ACCIÓN TITORIAL

A Lei Orgánica 2/2006 (LOE), define un novo marco no que se vai establecer como acción

educativa a orientación, recollendo no seu Preámbulo principios básicos como a:

Educación de calidade para todo o alumnado.

Equidade na educación que garanta a igualdade de oportunidades.

Esforzo compartido por todas as persoas que compoñen a comunidade educativa.

Tendo en conta estes principios básicos e atendendo ao alumnado con necesidades

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 36

especificas de apoio educativo;

• alumnado con necesidades educativas específicas

• alumnado de altas capacidades intelectuais

• alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo español.

O Dpto de Orientación establece para cada curso académico (no comezo do curso) o Plan de

Orientación (plan de traballo) anual correspondente.

O Plan de Orientación do Dpto de Orientación atenderá ás circunstancias, características e

necesidades de orientación que presente o centro e deberá estar en concordancia coas liñas xerais

establecidas no Proxecto Educativo do Centro.

O plan recollerá as intervencións que se realizarán dende os seus tres ámbitos de actuación,

distintos, aínda que complementarios entre sí, establecéndose si é necesario un plan especifico para

cada un deles que se incluirán como apartados específicos do propio plan de Orientación.

a. Apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado onde se fai referencia ás

medidas de atención á diversidade que o centro debe desenrolar e coincidirán coas

que se recollen de maneira xeralizada no apartado correspondente no Proxecto

Educativo do Centro.

b. Acción Titorial (PAT) (incluirá aspectos do plan de acollida e de convivencia do

centro) e establecerase como un plan especifico de traballo (principalmente para

os/as titores/as e as titorías) incluído no Plan de Orientación con actividades-

intervencións e propostas para profesores-pais e alumnos, secuenciadas nos tres

trimestres e destinadas aos diferentes niveles educativos das diferentes etapas que o

centro ten (fundamentalmente ao alumnado da ESO). Hai que resaltar o carácter de

flexibilidade nas actividades da proposta de traballo do PAT.

c. Orientación Académica-Profesional (POAP) Onde se recollerán as intervencións

previstas para a aportación de información, reflexión e toma de decisións dos

alumnos/as, así como as actividades encamiñadas á participación dos diferentes

sectores da comunidade educativa neste proceso tan relevante para o alumnado.

Os axentes destinatarios das actuacións recollidas no Plan de Orientación, así como nos tres

ámbitos de intervención serán: o alumnado, o profesorado, os pais / nais dos alumnos/as e a

comunidade educativa en xeral.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 37

9.- ASPECTOS XERAIS PARA A ELABORACIÓN DASPROGRAMACIÓNS

Os departamentos didácticos elaborarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes incluíndo cando menos os seguintes apartados:

1.Introdución e contextualización.

2.Contribución das áreas e materias ao logro das competencias básicas

3.Obxectivos por curso

4.Secuencia de contidos

5.Temporalización

6.Criterios de avaliación en relación coas competencias básicas.

7.Mínimos esixibles

8.Procedementos de avaliación (incluír o sistema extraordinario para o alumnado que falta

reiteradamente a clase).

9.Instrumentos de avaliación

10.Procedementos para a realización da avaliación inicial.

11.Criterios de cualificación

12.Plans de traballo para superación de materias pendentes.

13.Procedemento para a cualificación das materias pendentes ou da nota final do curso se hai

alumnado que asiste a programas de reforzo con atribución horaria

14.Metodoloxía didáctica

15.Medidas de atención á diversidade

16.Programación da educación en valores

17.Accións de contribución ao proxecto lector

18.Accións de contribución ao plan TIC

19.Accións de contribución ao plan de convivencia

20.Materiais e recursos didácticos incluídos os libros de texto

21.Actividades complementarias e extraescolares

22.Procedementos para avaliar a propia programación

Ademais deberán elaborar a información básica relativa á programación didáctica que dará a

coñecer á comunidade educativa e que incluirá os obxectivos, contidos e criterios de avaliación do

curso correspondente, os mínimos esixibles para obter unha valoración positiva, os criterios de

cualificación e os procedementos de avaliación da aprendizaxe que se vaian utilizar.

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

Concreción do Currículo da ESO 38

Para a súa elaboración os departamentos utilizarán a plantilla que figura no ANEXO I

I.E.S. Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)

ANEXO I

IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA

PROGRAMACIÓN D I D Á C T I C A

DA MATERIA / ÁREA DE:

xxxDEPARTAMENTO NIVEL CURSO

XXX XXX XXX

Muros Curso 2013 - 2014

ÍÍNDICENDICE:: 1 INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN......................................................................3 2 COMPETENCIAS BÁSICAS..............................................................................................3 3 OBXECTIVOS DA MATERIA.............................................................................................3 4 CRITERIOS DE AVALIACIÓN............................................................................................3 5 OBXECTIVOS E CONTIDOS MÍNIMOS...........................................................................3 6 PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN............................................3

6.1 PROCEDEMENTO PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL.....................3

6.2 ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO..................................................3

6.3 RECUPERACIÓN PARA ALUMNADO CON FALTAS DE ASISTENCIA...................4

6.4 PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO...........................................................4 7 CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.....................................................................................4 8 PLANS DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES.............................................4 9 PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR COÑECEMENTOS PREVIOS.........................4 10 METODOLOXÍA DIDÁCTICA..........................................................................................4 11 MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS......................................................................4 12 MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE..................................................................5 13 EDUCACIÓN EN VALORES............................................................................................5 14 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.....................................5 15 ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR...........................................5 16 ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO TIC....................................................5 17 ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA.....................................5 18 PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN...............................5 19 INFORMACIÓN AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS.........................................................6NOTA: Facer CLIC sobre cada epígrafe para ir ao apartado correspondente.