Comarca Valdeorras

110
VALDEORRAS A NATUREZA

Transcript of Comarca Valdeorras

Page 1: Comarca Valdeorras

VALDEORRASA NATUREZA

Page 2: Comarca Valdeorras

Petín, A Rúa e o Sil desde o alto do Mouzón

A comarca de Valdeorras sitúase no surleste de Galiza, ocupando o norleste da provincia de Ourense, nos lindes con Zamora e León das que a separan os montes do Macizo de Trevinca e Enciña da Lastra. O territorio presenta grandes contrastes entre o valdo Sil, de fondo aplanado, onde se asenta a maior parte da poboación e dos recursos, e as serras do norte (Cereixido, Cabalos, Lastra) e do centro e sur (Mouzón, Macizo de Trevinca), onde se atopan as maiores alturas de Galiza.

Page 3: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 969,2 km2 POBOACIÓN:32.400 habitantes (1014)CONCELLOS: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.ESPAZOS PROTEXIDOS:-Parque Natural, zona ZEPA e -LIC “Enciña da Lastra”.-LIC “Trevinca”-LIC “Macizo Central” (unha pequena parte)

QUIROGA

Page 4: Comarca Valdeorras

CLIMAVaría desde continental de montaña ata oceánico con características mediterráneas no val de Valdeorras.

Page 5: Comarca Valdeorras

ACTIVIDADESAgrogandaría (especialmente viticultura), mineiría e a industria derivada (sobre todo da lousa) e servizos. Valdeorras é un dos primeiros produtores de lousa a nivel mundial e acolle a DO “Valdeorras” que ampara os viños brancos da variedade godello e tintos, sobre todo mencía.É unha comarca que mantén unha intensa relación co Bierzo a través do val do Sil.

Page 6: Comarca Valdeorras

PATRIMONIOÉ unha área de grande interese histórico-artístico e etnográfico que conserva restos e monumentos de todas as épocas: castros, aras romanas, pontes romanas e medievais, mosteiros, pazos, castelos, muíños, adegas...

Casa en ruínas na Portela (Vilamartín de Valdeorras)

Ponte sobre o Sil en Sobradelo.As construcións tradicionais son un bo mostrario de xeoloxía das zonas nas que se atopan. Os construtores xogaron tamén coa estética na combinacións das cores das rochas: conglomerados, xistos, lousas e cantos de seixo.

Page 7: Comarca Valdeorras

Santuario das Ermidas (O Bolo)

Page 8: Comarca Valdeorras

O mosteiro de Xagoaza, que pertenceu á orde de Xerusalén, é un dos mellores exemplos de románico da comarca onde se pode ver o emprego das rochas da zona (conglomerados, calcarias, xistos...). O edificio do mosteiro, do século XVII, está actualmente convertido nunha adega.

Page 9: Comarca Valdeorras

Mosteiro de Xagoaza

Page 10: Comarca Valdeorras

Santo Estevo de Pradollán

Page 11: Comarca Valdeorras

CONCELLOS

SUPERFICIE: 30,5 km2 POBOACIÓN: 4.595 habitantes (2015)PARROQUIAS: Roblido, A Rúa de Valdeorras e San Xulián.

A Rúa desde Correxais

A RÚASituado ao oeste da comarca, ao norte do río Sil. O relevo presenta unha forte inclinación desde o norte e o oeste (serra do Cereixido) cara ao sur (río Sil). O clima, como consecuencia do abrigo da serra e a orientación, presenta cracterísticas mediterráneas.

Page 12: Comarca Valdeorras

Ponte da Cigarrosa sobre o río Sil, entre os concellos A Rúa e Petín. Ten de cinco arcos separados por catro peares con tallamares triangulares, augas arriba. É unha ponte medieval construída sobre cimentos romanos (cinco ringleiras de cantería que acadan unha altura de 1,95m) que sufríu algunha modificación ao construírse a estrada e o encoro. Pertence á Vía XVIII do Itinerario de Antonio de Brácara a Asturica.

As principais actividades son a mineiría, a industria, a construción e os servizos; a actividade agraria está centrada no cultivo da vide. Os valores naturais máis destacados atópanse no río Sil e o encoro de San Martiño, unha valiosa reserva natural de 7 km de longo e 1700 metros de ancho que ten 15 illas e unha profundidade media de 2 metros. Acolle gran variedade de plantas e constitúe un importante refuxio para aves acuáticas sedentarias ou migratorias. Hai acondicionadas dúas área recreativas: O Aguillón, con máis de 10 hectáreas de recreo e distintas instalacións deportivas, e A Reza, na Rúa Vella, un parque fluvial cunha plantación de pradairos con máis de 50 anos.

Page 13: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 290,5 km2 POBOACIÓN: 946 habitantes (2015)PARROQUIAS: Baños, Candeda, Carracedo, casdenodres, Castromao, Castromarigo, Correxido, Corzos, Curra, Espiño, Edreura, Lamalonga, Meda, Meixide, A Ponte, Prada, Prado, Pradolongo, Requeixo, Riomao, San Fiz, San Lourenzo, Santa Cristina, Seoane, Valdín, A Veiga, Vilaboa, Vilanova e Xares. O concello da Veiga desde o cume do Covelo.

A VEIGAO territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, cunha altitude media que supera os 1.000 metros. Ao norte, nos lindes con Zamora e Carballeda de Valdeorras, a Serra do Eixe (coa máxima altura de Galiza en Pena Trevinca, con 2.124 m) e as súas estribacións cara aos altos do Campanario e a Moeda. Ao sur as serras de San Lourenzo (A Gonza 1.296 metros), Calva (A Corraliza 1.661 metros) e Segundeira (Alto do Torno 1.942 metros). Numerosos ríos e regatos que baixan destas serras conflúen no Xares, que atravesan o concello de leste a oeste.

Page 14: Comarca Valdeorras

As poboacións aséntanse nas zonas máis baixas, nos vales dos ríos Xares e os seus afluentes O clima é de tipo continental con duros invernos con neves e baixas temperaturas, veráns frescos e baixas precipitacións.As principais actividades son a gandaría, a extracción de rochas e os servizos. Recentemente está adquirindo importancia o turismo ligado á natureza.Unha grande parte do territorio está incluída no LIC Pena Trevinca.

A Veiga, ao pé do encoro de Prada. O Xares, que no comezo do seu percorrido baixa rápido e encaixado, é retido nos encoros de Prada e Santa Baia, antes de se xuntar co Bibei.

Casa en Corzós.

Page 15: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 222,7 km2

POBOACIÓN: 1.698 habitantes (2015)PARROQUIAS:Candeda, Carballeda, Casaio, Casoio, Domiz, Lardeira, A Portela do Trigal, Pumares, Pusmazán, Riodolas, Robledo, S. Xusto, Sta. Cruz, Sobradelo, Soutadoiro, Vila e Vilaquinta Ponte sobre o Sil en Sobradelo, capital do concello de Carballeda de

Valdeorras. É de base romana e está construído combinando os conglomerados (pedra vermella), cantos rodados de seixo e xistos. Ten sete arcos e o central foi cortado para conter a invasión francesa.

CARBALLEDA DE VALDEORRASEstá situado ao leste da comarca. Ocupa un tramo do val do Sil ao norte e a cunca do río Casaio entre as serras do Eixe e as súas estribacións, montes do Campanario e da Moeda, que o limitan polo sur, e a serra da Mina que o limita polo leste, serras que forman parte do macizo de Trevinca. O relevo é moi accidentado, con fortes pendentes e vales estreitos e profundos, o que impide o seu aproveitamento agrícola, agás en áreas ben orientadas de media ladeira ou en superficies aplanadas de altitude media. O clima e mediterráneo no val e continental nas serras.

Page 16: Comarca Valdeorras

Explotacións de lousa. O val do río Casaio está inzado de canteiras e plantas transformadoras de lousa que converten a paisaxe nunha “canteira” case ininterrumpida que chega ata as proximidades dos cumes de Trevinca.

As principais actividades son a explotación e manufactura da lousa nas numerosas canteiras e minas do concello, e os servizos. O concello de Carballeda de Valdeorras acolle importantes valores naturais incluídos no LIC Pena Trevinca.

Page 17: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 23,7 km2

POBOACIÓN: 544 habitantes (2014)PARROQUIAS: Freixido, Larouco, Portomourisco e Seadur.

Vista de Larouco

LAROUCOEstá situado ao oeste da comarca, entre o val do Sil, que o limita polo norte, e os vales do Xares e o Bibei, que o limitan polo sur. O relevo, irregular e con numerosas pendentes, presenta as maiores elevacións polo oeste, nos montes das Bacarizas, onde acada os 860 m; polo sur cai bruscamente aos vales do Xares e o Bibei e polo norte ao Sil, que presenta nesta zona un encaixamento.

Page 18: Comarca Valdeorras

Paisaxe de Larouco. O cultivo das vides, acollidas á D O Valdeorras, está recuperándose nos últimos anos e axudando a relanzar a economía da zona.

É un concello eminentemente rural onde a paisaxe está dominada polos profundos canóns dos ríos e as vides que ocupan os terreos con menos pendente e as encostas traballadas durante séculos con socalcos para aproveitar o terreo e facititar o traballo.A principal actividade é o cultivo da vide.

Igrexa de Seadur.

Page 19: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 85,7 km2 POBOACIÓN: 13.899 habitantes (2014)PARROQUIAS: Alixo, O Barco, O Castro de Valdeorras, Cesures, Coedo, Éntoma, Forcadela e Nogaledo, Millarouso e Santurxo, A Proba, Santa Mariña do Monte, Santigoso, Vilanova de Valdeorras, Viloira e Xagoaza.

Vista xeral do territorio do Barco desde a estrada que sube á Fervenza. A capital do municipio, concentra a maior parte da poboación, con preto dos 11.500 habitantes.

O BARCOOcupa unha posición central dentro da metade norte da comarca, entre a serra da Lastra ao norte e os montes Mouzón e da Moeda ao sur, atravesado de leste a oeste polo río Sil.O relevo ten dúas características moi marcadas: ao norte e ao sur as fortes pendentes que baixan desde os 1.500 m ao Sil e as terrazas fluviais, chairas, no centro.O clima pola súa situación e orientación ten características mediterráneas .

Page 20: Comarca Valdeorras

A Vila do Castro foi un dos primitivos núcleos e cabeza da xurisdición de Valdeorras. Conserva os restos dunha torre medieval, casas e adegas tradicionais e varios pazos. Desde o alto hai unha boas vista sobre O Barco.

As principais actividades son aa industria e os servizos e o cultivo da vide.Os principais valores naturais están ligados ao río Sil e os seus afluentes e os montes, onde se conservan soutos centenarios.Hai numerosas rutas de sendeirismo sinaladas polo concello: O Serro, Camiño Real, Penas Marías, Panorámica...

Adega-cova no Castro. Unha ruta sinalada percorre as adegas tradicionais na parte máis antiga do Barco de Valdeorras.

Page 21: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 91 km2 POBOACIÓN: 1.013 habitantes (2014)PARROQUIAS: O Bolo, Buxán, Cambela, Celavente, Chandoiro, Chao de Castro, As Ermidas, Fornelos, Lentellais, Paradela, S. Martiño, Santa Cruz, O Seixo, Teixido, Tuxe, Valdanta, Vilaseco e Xava.

O BOLOEstá situado ao SO da comarca, entre os vales dos ríos Bibei (ao oeste) e Xares (ao leste). O relevo está constituído por unha penichaira ondulada, con pendentes suaves, de orientación leste oeste que se interrompe bruscamente para cair aos profundos vales do Xares e o Bibei.

Vista do Bolo.

Page 22: Comarca Valdeorras

O Bolo é un concello eminentemente rural con amplas paisaxes nas que destacan os canóns dos ríos e as abas orientadas ao sur traballadas con socalcos para aproveitar o pouco terreo de que se dispón para o cultivo da vide.

Torre do Bolo, construída no século XII e con posteriores reconstrucións. Acolle un centro municipal de interpretación da vida medieval e da historia do edificio. Desde o alto da torre pódese ver unha grande parte do concello e arredores.

As Ermidas, nunha encosta ben asollada no val do Bibei, rodeado de viñedos.A historia das Ermidas comeza ca milagrosa aparición dunha imaxe da Virxe a finais do século XIII cando os pastores escavaron nun lugar ao que non lle gustaba ir ao gando. Alí levantaron a primeira ermida, que acabou no chan, debido ao costume dos devotos de arrancar anacos de rocha como protección para os seus males. O edificio actual é barroco, do século XVII e XVII e na súa contorna hai unhas fermosas fontes de pedra.

Page 23: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 30,5 km2 POBOACIÓN: 961 habitantes (2014)PARROQUIAS: Freixido, Mones (San Miguel), Montes (Santa María), Portomourisco e Santoalla do Monte

PETÍNEstá situado no centro-oeste da comarca, ao sur do río Sil e separado, en parte, polo sur do concello do Bolo polo río Xares.O relevo presenta unha parte chan, na beira do río Sil e elévase cara ao sur e cara ao leste onde no Mouzón e A Pena acada as máximas alturas.

Vista de Petín desde Santa María do Castro

Page 24: Comarca Valdeorras

As principais actividades son a agrogandaría e os servizos.É un concello con importantes valores naturais ligados aos río Sil e Xares e aos cumes do Mouzón e A Pena polos que se poden facer rutas con vistas panorámicas espectaculares.

Ponte de Portomourisco sobre o río Xares. A seu carón hai unha ermida do século XVIII. Portomourisco foi lugar de paso tradicional que cobrou importancia co auxe do Santuario das Ermidas.Seguindo o río Xares ata O Seixo e o encoro de Santa Baia pódese facer unha ruta para coñecer a obra que os romanos escavaron nas rochas para conducir a auga.

Igrexa de Santa María, situada na coroa dun castro desde o que hai unha vistas espectaculares sobre Petín e toda a comarca de Valdeorras.Na parede sur da igrexa consérvase unha pedra que representa un xogo romano, que perdurou ata a actualidade co nome do “Tres en Raia”.

Page 25: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 100,7 km2 POBOACIÓN: 1.494 habitantes (2014)PARROQUIAS: O Barrio de Cascallá, Biobra, Covas, Oulego, Pardollán, O Porto, Quereño, O Robledo da Lastra, Rubiá e A Veiga de Cascallá.

RUBIÁEstá situado ao noreste da comarca. O relevo está marcado polas serras da Agulla e a Enciña da Lastra, que enmarcan o val do Éntoma, e o río Sil ao leste.

Paisaxe de Rubiá: O Real, O Porto e Robledo da Lastra. Ao fondo os Penedos de Oulego.

Page 26: Comarca Valdeorras

As principais actividades son o cultivo da vide e a mineiría.É un concello que acolle importantes valores naturais e etnográficos. Unha boa parte do seu territorio está protexido dentro do espazo natural Enciña da Lastra catalogado como Parque Natural, LIC e Zona de Especial protección para as Aves (ZEPA).

Antigo forno de Cal en Covas.A especial composición xeolóxica dos terreos de Rubiá determinou que fosen explotados diversos minerais desde tempos antigos: ouro nas areas do Sil, limonitas e calcarias dos seus montes.

Covas, unha pequena poboación situada ao pé do canón do Sil, no encoro de Penarubia.

Page 27: Comarca Valdeorras

SUPERFICIE: 88,3 km2 POBOACIÓN: 1.793 habitantes (2014)PARROQUIAS: Arcos, Arnado, Cernego, Córgomo, Correxais, O Mazo, A Portela, San Miguel do Outeiro, San Vicente de Leira, Valencia do Sil e Vilamartín de Valdeorras.

Vista de Vilamartín de Valdeorras

VILAMARTÍN DE VALDEORRASEstá situado no centro-norte da comarca de Valdeorras, entre as serras do Cereixido e Os Cabalos, ao norte, e o Mouzón, ao sur. É un terreo con grandes contrastes de altitudes, desde os 300 m no val do Sil, que o percorre de leste a oeste, e a serra dos Cabalos (Montouto e Turrieiro) onde se sobrepasan os 1600 m de altitude.

Page 28: Comarca Valdeorras

Igrexa do convento de Correxais. Ao valor artístico deste enclave engádese o paisaxístico, xa que desde todo o camiño de ascenso desde Vilamartín se poden contemplar unhas vistas espectaculares do val do Sil e das serras do Cereixido, os Cabalos e A Lastra.

As principais actividades son o cultivo da vide, a industria e os servizos.Acolle importante valores naturais asociacidos ao val do Sil (rañas de Arnado) e ás serras onde se conservan soutos centenarios e desde as que se poden contemplar panorámicas espectaculares.

Cernego, nas abas da serra de Cereixido.

Page 29: Comarca Valdeorras

RELEVO

Val do Sil e os montes do norte da comarca: en primeiro plano pequenas serras rodeadas polo val do Sil: Coto Maior, Penas Negras, Xirimil, Tres Marías... Detrás Enciña da Lastra, Serra da Enciñeira (co Turrieiro no centro), Montouto e Cereixido.

Na comarca de Valdeorras distínguense dúas zonas de relevo moi diferenciadas: o val do Sil e as serras do norte e do sur.O val de Valdeorras, cunha altitde media de 300 m, é unha fosa tectónica resultado do movemento de bloques e modelada pola acción dos ríos Sil e sus afluentes. Nel abondan as arxilas e os conglomerados.Ao norte atópanse (de oeste a leste) as serras de Cereixido, Os Cabalos, A Lastra e Enciña da Lastra, e pequenas elevacións como As Tres Marías.Ao leste a serra de Mina, coas maiores alturas nos lindes con Zamora (Égoas con 1.894 m, Valdeboi, con 1.856m e Carril, con 1.760 m). Ao leste e sur o Macizo de Trevinca; e ao oeste os contrafortes do Covelo que caen cara ao val do Bibei.No centro da comarca, entre o Sil, O Xares e o Mao, as prolongación cara ao noroeste da serra do Eixe que se estenden polos Altos do Campanario e a Moeda e chegan ata A Pena e O Mouzón.

Page 30: Comarca Valdeorras

Os cumes máis altos da comarca son tamén os máis altos de Galiza, con alturas por enriba dos 2.100 m.

Page 31: Comarca Valdeorras

As rochas son moi variadas: xistos, calcárias, gneis “ollo de sapo”, granitos, cuarcitas, lousas...

Ollo de sapo, unha rocha metamórfica que se atopa nunha banda que vai desde Estaca de Bares ata o macizo de Trevinca. Neste caso pódemos ver a súa aplicación na construcción da Torre do Bolo.

Estalactitas nas rochas calcárias

Page 32: Comarca Valdeorras

A vexetación das serras é moi variada, debido ás grandes diferencias de altitude e á confluencia de características climáticas atlánticas e mediterráneas. Podemos atopar prados de montaña, matogueiras, carballeiras de carballo do país e rebolo, bidueirais, teixidais e masas forestais de piñeiros de repoboación, cunha rica e variada fauna asociada.

Bosques de rebolos nas abas de Pena Survia (Macizo de Trevinca).

Page 33: Comarca Valdeorras

Landras de aciñeira (Quercus ilex)

Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica), o carballo máis común das terras de Valdeorras. Vive en zonas altas e secas. Ten as follas moi veludas polo envés e despois de secas permanecen na árbore ata a primavera.

Page 34: Comarca Valdeorras

Esteva (Cistus ladanifer) un arbusto tipicamente mediterráneo que está presente nas ladeiras da serra que dan ao val do río Sil.

Dente de can (Erytronium dens-canis). Pódese atopar na primavera nas montañas máis altas.

Page 35: Comarca Valdeorras

Femia de lagarta rabuda (Iberolacerta galani), un endemismo do Macizo de Trevinca, recentemente descrita.

Charaxes jasius, unha das bolboretas máis grandes e coreadas de Galiza, as súas eirugas aliméntanse exclusivamente de ervedos.

Page 36: Comarca Valdeorras

O macizo de Trevinca desde Manzaneda

MACIZO DE TREVINCAEstá situado no leste e sur da comarca facendo de linde con León e Zamora. Fórmano cinco serras: Eixe, Mina, Cabreira (case enteiramente en Zamora), Calva e Segundeira, que conflúen en Pena Trevinca. As lousas son as rochas máis abundantes na vertente norte e orixinan releves suaves nos que sobresaen, ás veces, picos de cuarcita. No resto abonda o granito e as migmatitas e na zona sur aparece o gneis glandular “ollo de sapo”.Formouse na Oroxenia Hercínica e sufríu importantes fracturas na Oroxenia Alpina o que da lugar a unha paisaxe de precipicios e barrancos. As fracturas dos bloques afectaron aos cursos do Bibei e Xares que sofren bruscos cambios de dirección nos seus vales.O macizo é un importante nó hidrográfico no que se forman varios ríos: Tera (afluente do Douro), e Bibei ( co Xares) e Casaio (afluentes do Sil).

Page 37: Comarca Valdeorras

Lagoa da Serpe.Trevinca acolle a maior concentración de Lagoas de España despois dos Pirineos, cun conxunto duns 35 humedais de diverso tamaño situados a máis de 1.600 m de altitude.

Durante as glaciacións do Cuaternario, hai uns 10.000 anos houbo neste macizo varios sistemas glaciares que cubrían máis de 10.000 ha. As línguas deses glaciares labraron vales en U, actualmente ocupados polos cursos altos dos ríos. Ao desapareceren os glaciares nos seus circos ou nas áreas pechadas polas morrenas terminais formáronse lagoas como as de Ocelo, A Serpe e Sextil Alto.

Page 38: Comarca Valdeorras

Vista xeral da serra do Eixe co Maluro (1.957 m) no centro

SERRA DO EIXECon orientación NO-SE, ao norte do concello de A Veiga, no límite con Valdeorras, separando as cuncas do Sil e o Xares.Está formada maioritariamente por lousas, cuarcitas e xistos. Vai gañando altura desde Petín (Alto Mouzón, con 1.200 m), continúa polos Altos da Moeda e o Campanario (arredor dos 1.500), a Mina (1.900) e culmina en Trevinca (o pico máis alto de Galiza, con 2.127 m), e moi próximos a ela Pena Negra (2.123 m) e Pena Survia (2.112 m).Accedese desde Xares, A Ponte, Vilanova (A Veiga) e Casaio (Carballeda de Valdeorras). Varias rutas indicadas permiten facer percorridos de gran interese biolóxico e paisaxístico.

Page 39: Comarca Valdeorras

As tres máximas alturas da serra do Eixe: á esquerda Pena Survia, no centro e máis lonxe, Pena Trevinca e á dereita Pena Negra. Nas abas que miran ao norte unha das cabeceiras do río Casaio.

Page 40: Comarca Valdeorras

Vista do val glaciar do Xares, ou de Ponte desde o alto da serra do Eixe. Ao fondo Cabeza de Manzaneda cos cumes nevados. Por este val dicurríu un glaciar de 9,5 km de espesor e 200 m de lonxitude.

Page 41: Comarca Valdeorras

Montes do Campanario e A Veiga desde o Covelo

ALTOS DO CAMPANARIO Son unha prolongación cara ao noroeste da Serra do Eixe. Serven de divisoria de augas entre os ríos Xares e Casoio. Son montes de cumes aplanados de formas suaves que teñen o cume máis alto no Campanario, con 1.559 m.

Page 42: Comarca Valdeorras

Vista dos antos da Moeda con Trevinca ao fondo

ALTOS DA MOEDASituaos a continuación do Campanario, acadan a máxima altura con 1.526 m. Separan as concas dos ríos Mao-Paredes, que van ao Xares, e Candés, que circula con dirección norte cara ao Sil. Son cumes de formas suaves cubertos nas partes altas de bosques de repoboación e de soutos e carballeiras nos cavorcos dos ríos.

Page 43: Comarca Valdeorras

Cume do Alto da Moeda e arranque do val do río Mao

Page 44: Comarca Valdeorras

A Pena (1.382 m) desde O Mouzón

A PENA DAS FORCADAS E O MOUZÓNForman as últimas estribacións cara ao noroeste da serra do Eixe, limitadas polo Sil, ao norte e polo Xares e o seu afluente, o Mao, ao sur. Son serras de cumes suaves onde os materiais dominantes son as lousas e os xistos con algunhas cuarcitas. Desde os cumes hai unha vistas espectaculares cara ao val do Sil e as terras da Veiga e Trevinca. Accedese pola estrada de O Barco á Veiga, desde Correxais ou Santoalla do Monte.

Page 45: Comarca Valdeorras

Val do río Mao. O Mao ou Riomao forma un val profundo entre as abas da Pena Forcada e o alto da Moeda. Orientado ao sur atópase Riomao rodeado de castiñeiros. Nas paredes case verticais da serra pódense ver varios pregamentos.

Page 46: Comarca Valdeorras

O Mouzón (1.326 m) desde A Rúa

Vista do Barco e Rubiá desde o alto do Mouzón

Page 47: Comarca Valdeorras

Nas serras críase gando en liberdade.Vacas caldelás no alto da Pena.a

Page 48: Comarca Valdeorras

O Sestil

SERRA CALVAEsténdese desde Pena Trevinca cara ao sur, pola fronteira con Zamora e facendo línde entre os concellos de A Veiga e Viana do Bolo e prolóngase polo oeste ata o pico de San Bernabé, con 1.127 m, ao sur do Bolo, e cara ao sur polos Montes de Viana. O monte máis alto é o Sestil, con 1.755 m. Está rodeada polo río Bibei polo leste, o sur e o oeste.Está formado por granitos e gneis “ollo de sapo”Accedese desde Xares, pola estrada que vai de Vilavella (nas proximidades da Canda) a Porto de Sanabria ou desde Pradorramisquedo.

Page 49: Comarca Valdeorras

Rebolos na serra Calva. Unha ruta que sae de Xares pasa por Corzós e Valdín e remata nas carballeiras das abas da serra Calva.

Page 50: Comarca Valdeorras

Lagoa de Ocelo no verán.As lagoas dos cumes da serra formáronse ao desapareceren os glaciares e quedar retida a auga pola acumulación de materiais nas morrenas frontais.

Turbeira nos cumes do Sestil. Nas zonas chans entre cumes, onde se acumula auga, fórmanse estes ecosistemas que se caracterizan pola presenza dunha vexetación dominada polos brións (sphagnum...) e outras plantas da zonas húmidas que se van descompoñendo, nun medio pobre en osíxeno, dando lugar a turba.

Page 51: Comarca Valdeorras

A Serra Segundeira na Veiga de Valdelienda, unha das rutas de subida a Trevinca desde o Porto de Sanabria (Zamora), seguindo o val do Bibei.

SERRA SEGUNDEIRASituada maiormente en Zamora, e unha pequena parte en contacto coa Serra do Eixe en Trevinca. Nas súas abas nace o río Bibei que discorre por un val glaciar no seu curso alto.O cume máis alto é o alto do Torno con 1.944 m, situado na fronteira.

Page 52: Comarca Valdeorras

O Covelo desde O Bolo

MONTES DE COVELOÉ unha pequena serra situada entre os vales do Bibei e o Xares. O cume máis alto, que destaca pola súa forma cónica, é o San Bernabé, con 1.226 m. Nas abas consérvanse carballeiras e está incluído no LIC Pena Trevinca. Accedese desde desde a estrada da Veiga no Alto de Covelo.Desde os cumes hai unha amplas panorámicas de toda a comarca.

Page 53: Comarca Valdeorras

Serra de Enciña da Lastra e Penedos de Oulego

SERRA DE ENCIÑA DA LASTRA É unha cadea de montañas calcárias con dirección N-S, na fronteira entre as Comarcas de Valdeorras e O Bierzo. Os Picos máis elevados son O Piornal, con 1.529 m e o Tara, con 1.112 m, nos Penedos do Oulego. A orografía é moi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes dos montes e as partes baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros. Na vertente sur nace o río Éntoma (afluente do Sil).

Page 54: Comarca Valdeorras

As aciñeiras gabean polos Penedos de Oulego.

As pedras calcárias dan lugar a formas características: canóns profundos, como o do Sil en Covas, agullas espectaculares (Penedos de Oulego), covas ou palas, moi numerosas na zona, na que hai censadas 77. As partes baixas está formadas por lousas e xistos.A Serra de Enciña da Lastra ten un gran interese paisaxístico, ecolóxico e biolóxico.Forma parte do Parque Natural, do LIC e da ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) “Enciña da Lastra”.Accédese desde Covas, Biobra, Vilardesilva ou Oulego (concello de Rubiá).

Page 55: Comarca Valdeorras

Os Penedos de Oulego e o Tara

Page 56: Comarca Valdeorras

SERRAS DA LASTRA E DA ACIÑEIRASituadas ao norte de Valdeorras, facendo fronteira con León. Esténdese desde o Montouto ata os Penedos de Oulego, limitadas polo norte polo val do Selmo e polo sur polo val do Sil. Están formada por lousas, xistos, areíscas e calcárias. O punto máis alto é A Turrieira, con 1610 m. Na vertente sur nacen afluentes do Sil que escavan profundos vales (A Pincheira, San Miguel, Leira, Farelos, Mariñán, Cigüeño e Galir).Accedese desde Rubiá, Vilamartín ou O Barco de Valdeorras. Hai unha ruta de sendeirismo que, desde O Barco, sobe aos cumes do Serro e as Tres Marías.

A Turrieira

Page 57: Comarca Valdeorras

Vista da serra, o río Sil e o Barco de Valdeorras. No centro a Turrieira, punto de confluencia dos concellos de Vilamartín de Valdeorras, O Barco e León. Nunha primeira liña atópanse O Serro e as Tres Marías nos que destacan cristas de cuarcita. Nas abas da serra vense varias canteiras de calcárias que se empregan para a elaboración de cal.

Page 58: Comarca Valdeorras

O Piornal

Page 59: Comarca Valdeorras

Serra da Agulla (unha derivación cara ao sur da serra) e val do Galir.

Page 60: Comarca Valdeorras

Penedos calcários e viñedos en Rubiá

Page 61: Comarca Valdeorras

O Montouto e o val do río Leira desde a subida a Cernego

SERRA DOS CABALOSCon dirección NE-SO, situada nos límites entre Galiza e León. Está formada por lousas, granitos, areíscas, cuacitas e calcárias. O punto máis alto é o Pico Montouto, con 1.524 m na confluencia das provincias de Ourense, Lugo e León. Das súas abas baixan pequenos regos cara ao Sil. O acceso nesta comarca pódese facer pola estrada que sube de Vilamartín a Cernego e Robledo.

Page 62: Comarca Valdeorras

Vertente da serra que da a Valdeorras desde a subida a Correxais. Na parte baixa o val do Sil e Vilamartín de Valdeorras.

SERRA DE CEREIXIDOMacizo situado entre A Rúa e Quiroga, limitada polo norte polo río de Barreiros, polo oeste, polo Soldón e polo sur o val do Sil e a depresión de Valdeorras ao sur. Está formada por lousas, granitos, cuacitas e calcárias. A máxima altura nesta comarca é o Alto da Fraga da Cerva, con 1.241 m. Nas abas consérvanse soutos con castiñeiros centenarios.Accedese desde Vilamartín, por Cernego e Robledo, ou desde A Rúa por San Miguel de Outeiro a San Xulián.

Page 63: Comarca Valdeorras

Cernego e Robledo, na serra do Cereixido. O percorrido que conduce a estas poboacións ten unhas voistas espectaculares sobre a serra e todo o val do Sil.

Page 64: Comarca Valdeorras

OS RÍOSA comarca de Valdeorras verte todas as augas á conca do Sil que a atravesa de leste a oeste aproveitando a falla de Valdeorras e recolle numerosos pequenos afluentes dos montes que a limitan, e máis adiante, ao xuntarse co Bibei, recolle as augas das vertentes oeste e sur do macizo de Trevinca.

O Sil en Sobradelo, nun tramo encaixado entre lousas

Page 65: Comarca Valdeorras

A maioría dos ríos teñen percorridos curtos e moi encaixados, favorecidos polo levantamento de bloque no terciario. Forman estreitos canóns non que abondan os rápidos e saltos. Algúns afluentes do Sil salvan en pouca distancia desniveis de máis de mil metros, desde o seu nacemento ata xuntarse co río principal nunha altitide media de 300 m.Unha gran parte dos tramos dos ríos principais (Sil, Bibei, Xares, Casaio) está ocupados por encoros construídos para aproveitar enerxía eléctrica.

O Sil no encoro de San Martiño (A Rúa e Petín) e no último tramo do seu percorrido na comarca, no que se encaixa entre Larouco e A Rúa.

Page 66: Comarca Valdeorras

Ponte das Olagas no río Xares

Arredor dos ríos atópanse ecosistemas ben conservados, en especial nos tramos de montaña e nos canóns. No val de Valdeorras o río discorre lentamente e favorece o depósito de sedimentos que forman as rañas, nas que se asenta unha variada vexetación que serve de refuxio a unha importante poboación de aves acuáticas sedentarias ou invernantes.

Page 67: Comarca Valdeorras

Flores masculinas dos chopos.

As flores dos chopos agrúpanse en amentos pouco aparentes. Nacen en pes separados e antes da saída das follas.

Flores femininas dos chopos

Page 68: Comarca Valdeorras

Ra patilonga (Rana iberica).Endemismo do noroeste Ibérico, conserva en Galiza o maior número dos seus efectivos, Atópase nos pequenos regatos que discorren polas fragas e montañas

Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Pódese ver habitualmente e cría nalgúns encoros do Sil e os seus afluentes. Ten no encoro de Penarrubia unha das poucas áreas de cría de Galiza.

Page 69: Comarca Valdeorras

O Xares na Ponte (A Veiga)

Os cursos dos ríos conservan un rico patrimonio histórico e etnofráfico: pontes, muíños, lendas...

Page 70: Comarca Valdeorras

O Estreito, entrada do Sil en Galiza. O Sil entra en Galiza por un canón escavado en calcárias entre A Enciña da Lastra e os Montes Aquilanos leoneses onde se represa no encoro de Penarrubia.

RÍO SILO Sil nace en Cuetos Albos (Porto de Somiedo-Asturias) e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza polo concello de Rubiá, nun tramo encaixado entra calcárias, cruza a depresión de Valdeorras (concellos de Carballeda, O Barco, Vilamarín, A Rúa e Petín) e volve a encaixarse entre A Rúa e Larouco para seguir un percorrido por canóns ata xuntarse ao Miño nos Peares. Os afluentes pola dereita son Éntoma ou Galir, Mariñan, San Xulián e Leira, e pola esquerda esquerda Casoio, Balado, Fervenza, Candís e Bibei.

Page 71: Comarca Valdeorras

Encoro de Penarrubia e Covas.

O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (canóns, rápidos, rañas ou chairas aluviais), paisaxístico, ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna) histórico e etnográfico. As súas beiras estiveron poboadas desde tempos moi antigos e os seus aluvións foron intensamente explotados, especialmente polos romanos, para obter ouro. Un tramo do río Sil está protexido nos espazo “Enciña da Lastra”

Page 72: Comarca Valdeorras

Rañas de Arnado. Entre O Barco, na marxe dereita, e Arnado, na esquerda, o río Sil formou unha ampla chaira aluvial de 1.500 m de ancho limitada por empinadas ladeiras de lousa. Na canle do río hai varios illotes (rañas), o maior ten 800 m de lonxitude. Nelas, e nos seus arredores, está a máis extensa formación de chopos de Galiza. As rañas acollen ademais un importante número de aves acuáticas entre as que destacan as cegoñas. Unha parte importante está ocupada por instalacións industriais.

Page 73: Comarca Valdeorras

Encoro de San Martiño. No alto a igrexa de Santa María do Castro (Petín). Está rodeado por unha densa formación de amieiras, salgueiros e chopos e nas beiras da auga carrizos, espadanas, lirios, ranúnculos, oucas, ambroíños, equisetos...

Page 74: Comarca Valdeorras

O Sil entre A Rúa e Vilamartín. As terrazas fluviais aprovéitanse como terreos de cultivo

Page 75: Comarca Valdeorras

Área recreativa do bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras. Conta cun observatorio de aves

Mañán no encoro de Santiago en Vilamartín de Valdeorras

Page 76: Comarca Valdeorras

Cegoñas no Sil.Na área do encoro de San Martiño hai censadas 124 especies de aves. É unha importante área de invernada de aves acuáticas: pato asubión, parrulo chupón, corvo mariño grande, garza real, cerceta real, parrulo crisitado común, pato asubión, pato rabilongo, parrulo rubio, charneco, demo negro... No verán poden verse cegoñas e garzas. É un dos poucos lugares de Galiza onde cría o somorgullo cristado, ademáis cría o somorgullo pequeno, o alavanco real, a galiña de río, e a galiñola negra e a cegoña. Destaca a presenza de aves pouco comúns como o somorgullo cincento, o somorgullo lavanco e o parrulo ferruxento. É Refuxio de Caza e está contemplado nas Normas Complementarias e Subsidiarias da Xunta de Galiza.

Page 77: Comarca Valdeorras

O RÍO GALIR OU DE ÉNTOMA Recolle as augas de Enciña da Lastra e lévaas ao Sil. É un río de gran interese ecolóxico por ser un dos poucos nos que vive o cangrexo de río autóctono. Preto da súa desembocadura, en Éntoma, consérvase unha cruriosa ponte antiga feita con lousas.

Chopos na beira do Galir

Cangrexo de río (Austrapotamobius pallipes)

Page 78: Comarca Valdeorras

Val do río Galir, Oulego e O Piornal, onde se atopan as nacentes do río

Page 79: Comarca Valdeorras

O río Valborráz, unha das cabeceiras do

Casoio. No val atópanse as antigas

minas de wolfran.

RÍO CASOIOTen como cabeceiras o San Xil e o Valborrás que baixan das abas da Serra do Eixe. Drena as terras do concello de Carballeda de Valdeorras e xúntase ao Sil en Sobradelo, nun pequeno canón escavado en lousas onde hai dúas fervenzas.

Desembocadura do Casoio no Sil. Un pouco máis arriba consérvanse os restos dunha ponte antiga.

Page 80: Comarca Valdeorras

Fervenza de Portomao. No lugar de Fervenza, na parroquia de Santa Mariña do Monte (O Barco de Valdeorras). Ten maís de 25 m de caída nunha parede de lousas chea de brións e fentos.

RÍO FERVENZAÉ un río de curto percorrido e escaso caudal que nace preto da Pena Armada, no Barco de Valdeorras e desemboca no Sil en Arnado (Vilamartín). No seu percorrido salva un gran desnivel e forma as fervenzas de A Requeixada e Portomao.

Page 81: Comarca Valdeorras

RÍO LEIRABaixa do Montouto e percorre de norte a sur o concello de Vilamartín de Valdeorras ata desembocar no Sil, ao pé da área recreativa do Bañadoiro.

Desembocadura do Leira no Sil

Page 82: Comarca Valdeorras

O Bibei nas Ermidas (O Bolo)

RÍO BIBEINace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura e fai fronteira entre a comarca de Valdeorras (concellos de O Bolo e Larouco) e Terra de Trives, onde discorre encaixado nu profundo canón. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado.Nesta comarca o seu afluente máis importante é o Xares.

Page 83: Comarca Valdeorras

RÍO XARES Recolle augas da vertente sur da serra do Eixe e da Serra Calva. No curso alto discorre polo antigo val glaciar de A Ponte e despois de Prada encáixase forrmando un profundo canón até xuntarse co Bibei na zona do Larouco.Os principais afluentes son o Melados, Requeixo, Matabois e Mao pola dereita e o Corzós pola esquerda.

O río Xares en Xares

Page 84: Comarca Valdeorras

Fervenzas no Escavadoiro no curso alto do Xares, baixando de Trevinca

Page 85: Comarca Valdeorras

Fervenza no XaresFervenza no regueiro da Morteira, un afluente do Xares

Page 86: Comarca Valdeorras

Fervenzas no rego da Canda, afluente do Xares

Page 87: Comarca Valdeorras

O Xares na Veiga, no encoro de Prada

Page 88: Comarca Valdeorras

AS ÁRBORES

Carballeiras e soutos no val do Rio Mao

Esta comarca acolle bosques diversos, debido aos grandes contrastes climáticos e a composición das rochas: bosques mediterráneos onde dominan as aciñeiras, carballeiras de carballo do pais ou de cerquiños ou rebolos, bidueirais e o único teixidal de Galiza.Nos arredores das poboacións podemos atopar soutos con exemplares monumentais e nalgunhas poboacións exemplares monumentais en xardíns de pazos.

Page 89: Comarca Valdeorras

Fragas da Morteira nas abas da Serra Calva, en Xares

Page 90: Comarca Valdeorras

Vista xeral do teixidal

O TEIXIDAL DE CASAIO está situado na vertente norte de Pena Survia, no estreito val do río San Xil, orientado ao norte. É bosque de teixos máis meridional de Europa, formado por uns 300 teixos centenarios mesturados con outras especies, que ocupa unha superficie de algo menos de seis hectáreas. Conta con arredor de 300 teixos de grandes dimensións, os máis altos con 20 m de altura e os máis grosos con 4 m de perímetro. Algúns acadan os 800 anos. Situado na vertente norte de Pena Survia. É o bosque de teixos máis meridional de Europa que ocupa algo menos de seis hectáreas. Forma parte “Pena Trevinca” e está Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza

Accedese desde Casaio seguindo o camiño da mina de Valborraz e pasando ao outro val a través dos cumes dos montes. Tamén se pode baixar desde o acceso a Trevinca por Fonte da Cova.

Page 91: Comarca Valdeorras

Os teixos destacan entre as cores das árbores de folla caediza

Page 92: Comarca Valdeorras

Detalle dunha ponla de teixo (Taxus baccata). Todas as partes do teixo son tóxicas agás o arilo vermello que rodea a semente.

Page 93: Comarca Valdeorras

Teixidal de Casaio (Carballeda de Valdeorras) -15 e 18 m de altura e de 3 a 4 m de perímetro

Page 94: Comarca Valdeorras

Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Page 95: Comarca Valdeorras

Aciñeira de Cobas (Rubiá). É a máis grande e máis antiga de Galiza, con perto de 400 anos. Mide 17,50 m de alto e 6 m de perímetro. Segundo unha lenda local debaixo da pedra que está na base do toro hai enterrado un tesouro do tempo dos mouros.Atópase na entrada de Covas á esquerda da estrada.

Aciñeira de Foiogrande. Casaio (Carballeda). Ten máis de cen anos e mide 18 m de altura. Atópase en Casaiosuso, na parte baixa das casas.

Page 96: Comarca Valdeorras

Castiñeiros de Outeiro en Viloira (O Barco de Valdeorras). -6,60 m de perímetro. Castiñeiro de Cernego (Vilamartín de Valdeorras). Mide 6,40 m

de contorno e ten unha copa ampla e ben conservada.

Page 97: Comarca Valdeorras

“Castiñeiro do Tio Francisco” en Biobra. -11 m de perímetro

Page 98: Comarca Valdeorras

Plátanos na Casa Grande de Viloira(O Barco de Valdeorras)

Page 99: Comarca Valdeorras

Cedro do Líbano (Cedrus libani)Casa dos Camba (A Portela. Vilamartín de Valdeorras) -32 e 31 m de altura; 4 e 4,13 m de perímetro.

Page 100: Comarca Valdeorras

Bidueiral de Xares(Xares, A Veiga)No interior do Coto de Xares (A Morteira).Varios exemplares de grande porte.Protexido como Formación Senlleira

Page 101: Comarca Valdeorras

ESPAZOS PROTEXIDOSPARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRADeclarado tamén Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), e LIC (unha área máis ampla). De grande interese paisaxístico, ecolóxico e biolóxico.Comprende a Serra da Enciña da Lastra e parte do val do Sil na zona de Covas, 3.151 ha no concello de Rubiá. É unha área de transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea. As grandes diferencias de altura (entre 1.112 m nas serras e 400 m nos vales do Sil) , xunto coa composición das rochas, dan lugar a ambientes e ecosistemas moi diferentes e de grande interese: mediterráneo seco, na parte baixa das ladeiras, e centroeuropeo frío e húmido nas partes altas, o que orixina unha diversidade vexetal sobresaínte con presenza de moitas especies únicas. A Serra de Enciña da Lastra é unha das formacións de bosques de aciñeiras e matogueiras mediterráneas máis extensas e mellor conservadas de Galiza.

Page 102: Comarca Valdeorras

Arce de Montpellier (Acer monspessulanum). Árbore de pequeno porte que ten en Enciña da Lastra a única localización en Galiza. Aciñeiras gabeando polas cristas calcárias da serra

Neste espazo hai 69 especies de plantas consideradas moi raras en Galiza, entre elas o fento Cheilantes acrosticas, as herbas Alyssum minutus, Legousia hybrida, Ononis pusilla e Silene saxifraga e os arbustos Sorbus domestica e Viburnum lantana. Tamén se atopan 25 especies de orquídeas, a maior variedade de Galiza, 20 especies calcícolas, das que Aethionema saxatile subsp. ovalifolium, Anthyllis vulneraria var. penarrubiense e Thymus zygis teñen aquí as únicas poboacións galegas; e varios endemismos exclusivos da serra, entre eles Petrocoptis grandiflora, Rhamnus legionensis e Armeria rothmaleri.

Page 103: Comarca Valdeorras

A fauna é moi variada, hai censadas máis de 160 especies de vertebrados. Destaca a presenza de nove especies de morcegos (mediterráneo de ferradura, de orellas fendidas, das covas...).As aves están representadas por case cen especies, entre as que sobresaen as aves de rapina (aguia cobreira, falcón peregrino, voitre branco, miñato abelleiro, azor, aguia caudal, aguia real, aguia albela, bufo real, bufo pequeno, moucho común, avelaiona...) e as acuáticas do encoro de Penarrubia, en especial o somorgullo cristado no verán.

Voitre branco (Neophron percnopterus), única localización en Galiza.

Page 104: Comarca Valdeorras

A maior parte do macizo está cuberto por mato de uces brancas e rosas, queirugas, carqueixas, arandeiras e carpazas. Nas partes altas aparecen xenebreiros e xestas olorosas. Nas depresións impermebles hai turbeiras con esfagnos, rorelas e outras especies típicas.Só no fondo dos vales máis inaccesibles sobreviven algúns bosques autóctonos formados por carballos, bidueiros, acivros, capudres ou escanfrés, e nalgúns puntos teixos. Destacan a fraga de Foio Castaño e o Teixidal de Casaio. No val do Casaio hai aciñeiras e xaras, e nas partes máis altas cerquiños.

LIC PENA TREVINCAInclúe o Macizo de Pena Trevinca, os montes do Covelo e o val do río Bibei ata o encoro de O Bao, 24.860 ha nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. Está declarado tamén como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), con 22.510 ha.É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición de gran diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.

Page 105: Comarca Valdeorras

Narcisos (Narcissus asturiensis)

En Pena Trevinca atópanse especies de plantas de gran interese: Agrostis tilenii, Campanula cantabrica occidentalis, Cardamine raphanifolia gallaecica, Desmazeria marina pauciflora, Dianthus merinoi, Genista sanabrensis, Helianthemum croceum rothmaleri, Jasione brevisepala, Luzula caespitosa, Potentilla recta asturica, Santolina rosmarinifolia semidentata, Thymelaea coridifolia dendrobryum, o fento Driopteris abreviata....

Page 106: Comarca Valdeorras

A Fauna é moi rica. Hai censadas 36 especies de mamíferos (lobo, corzo, xabarín, ourizo cacho, furafollas -grande, ibérico e pequeño-, murgaño de Cabrera, furaño común, leirón careto, armiño, doniña branca, donicela, tourón, garduña, londra, algalia, gato bravo...; 100 especies de aves (aguia real, rapina cinsenta, voitre leonado, miñato común, lagarteiro, perdiz -charra e rubia-, bufo real, coruxa común, moucho de orellas, moucho común, choia biquivermella...; 13 especies de réptis (lagarto das silvas, lagartixa galega, lagartixa da serra, cobra lagarteira común, cobra lagarteira meridional, lagarto arnao, esgonzo común, víbora...; 12 especies de anfibios (salamántiga galega, limpafontes -común e verde-, ra -patilonga, vermella e verde-, estroza, sapo corriqueiro, sapo cunqueiro...; e numerosos invertebrados entre os que se se atopa algún insecto endémico.

Iberodorcadion seoanei subs. kricheldorffi, variedade rutilimembre. Un escaravello cerambícido endémico do macizo de Trevinca.

Os perdigóns, diante do perigo, inmovilízanse confiando que a súa cor sexa suficiente para protexelos.

Page 107: Comarca Valdeorras

Val do Xares

MACIZO CENTRALÉ un gran espazo que, nesta comarca, ocupa parte dos terreos de Larouco e O Bolo, arredor do canón do Bibei e o Xares.Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación mediterránea formada por sobreiras, aciñeiras, erbedos, lavandas, xaras..Por riba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter aurosiberiano formado por rebolos, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres.

Page 108: Comarca Valdeorras

Val do Bibei na zona das Ermidas. O Río discorre por un profundo canón entre as estribación dos Macizo Central e os montes do Bolo.

Arzaia (Lavandula stoechas), unha planta típica de lugares con características mediterráneas.

Page 109: Comarca Valdeorras

MINAS DE PINTURA (Pardollán, Rubiá)Un depósito presilúrico de limonita (empregada para fabricar pinturas) de elevado interese estratigráfico.Están incluídas no catálogo de Puntos de Interese Xeolóxico polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

Page 110: Comarca Valdeorras

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Outubro 2016