Comarca A Fonsagrada

77
A FONSAGRADA A NATUREZA

Transcript of Comarca A Fonsagrada

Page 1: Comarca A Fonsagrada

A FONSAGRADAA NATUREZA

Page 2: Comarca A Fonsagrada

A comarca da Fonsagrada abrangue un amplo espazo nas serras orientais, ao leste da provincia de Lugo, entre a Terra Cha e a fronteira con Asturias. O relevo irregular, montañoso, con fortes pendentes e bastante altitude, dificulta a súa explotación agrícola e, en consecuencia, a ocupación do territorio, polo que a densidade de poboación é moi baixa.Desde o punto de vista natural, é unha comarca de grande interese porque acolle e conserva grandes espazos de bosque autóctono protexido, impresionantes paisaxes de val e montaña e unha rica flora e fauna.

Page 3: Comarca A Fonsagrada
Page 4: Comarca A Fonsagrada

SUPERFICIE: 680 km2

POBOACIÓN: 5.432 habitantes (2015)

CONCELLOS: Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

ESPAZOS PROTEXIDOS:LICs: Carballido, Negueira, A Marronda.Propostas sen aprobar: “Serra de Foncuberta”.Forma parte da RESERVA DA BIOSFERA “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”

Page 5: Comarca A Fonsagrada

CLIMAOceánico de montaña cunha importante presenza da neve no inverno.

Page 6: Comarca A Fonsagrada

Val do Navia (Entralgo, Negueira de Muñiz)

Page 7: Comarca A Fonsagrada

ACTIVIDADESAs principais ocupacións son a gandaría e a explotación forestal pequenas industrias e servizos concentrados nas capitais dos conecellos. A actividade turística basada na natureza é un dos recursos que se están comezando a explotar.

Page 8: Comarca A Fonsagrada
Page 9: Comarca A Fonsagrada

Toda a comarca conserva un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico: núcleos tradicionais, igrexas, hórreos, cileiros, cortiños, ouriceiras, mazos, ferrerías, muíños, pontes, museos...

PATRIMONIO

Muíños en Vilarín

Forno en Negueira de Múñiz

Restos do castelo da

Pobra do Burón

Page 10: Comarca A Fonsagrada

Barcela (A Fonsagrada)

Page 11: Comarca A Fonsagrada

Distintos ipos de hórreos na comarca da Fonsagrada

Page 12: Comarca A Fonsagrada

Ouriceiras en Queixoiro

Page 13: Comarca A Fonsagrada

BALEIRASituado ao leste da comarca. A capital municipal é O Cádavo.O territorio está formados por tres ringleiras de montañas, máis ou menos aliñadas: O Miradoiro, A Vaqueriza e O Puñago ao Oeste, O Pozo e A Marronda no centro e a Maloura e A Lastra no Oeste. No concello de Baleira nacen o río Eo, que corre entre a Serra do Pozo e A Lastra cara ao norte, e o Neira que cae da serra da Maloura cara ao sur.

SUPERFICIE: 168,8 km2 POBOACIÓN: 1.380 habitantes (2015) PARROQUIAS: A Braña, Córneas, Cubilledo, A Degolada, A Esperela, A Fontaneira, Fonteo, A Lastra, Librán, Martín, Pousada e Retizós

Baleira, nas abas da serra do Mirador.

Page 14: Comarca A Fonsagrada

A principal actividade económica é a agrogandeira e o sector forestal, seguida dos servizos. Acolle espazos fluviais e de montaña de gran interese natural.

Casa en Paradavella

Hórreo en Fontaneira

Page 15: Comarca A Fonsagrada

SUPERFICIE: 438 km2

POBOACIÓN: 3.838 habitantes (2015) PARROQUIAS: A Allonca (Santa María), A Bastida (San Miguel), Bruicedo (Santiago), Carballido (Santa María), Cereixido (Santiago), Cuíñas (San Cristovo), Fonfría (Santa María Madanela), A Fonsagrada (Santa María), Freixo (San Xulián), Lamas de Campos (San Roque), Lamas de Moreira (Santa María), Maderne (San Pedro), Monteseiro (San Bartolo), Pacios (Santa María), O Padrón (San Xoán), Paradavella (San Xoán), Piñeira (Santa María), A Pobra de Burón (Santa María Madanela), San Martiño de Arroxo, San Martiño de Suarna (San Pedro de Neiro, San Pedro de Ríos, Santo André de Logares, A Trapa (San Cibrán), O Trobo (Santa María), A Veiga de Logares (Santa María), Vieiro (Santo Antonio), Vilabol de Suarna (Santa María), O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara).

A Fonsagrada, capital do concello está asentada no cume da serra.

A FONSAGRADAOcupa gran parte da comarca, de norte a sur, con. É o concello máis extenso de Galiza e conta con 29 parroquias nas que hai 278 entidades menores de poboación. Está atravesado por unhas serras principais (Penas Apañadas, Follabal e Hospital) con dirección NE-SO, das que saen outras serras case perpendiculares; os vales dos ríos Rodil ao norte (que vai ao Eo) e Suarna ao Sur (que vai ao Navia), e as serras que limitan os vales destes ríos ao norte e ao sur.

Page 16: Comarca A Fonsagrada

A Fonte Santa da Fonsagrada.Contan que antes a Virxe da Fonsagrada estaba na Pobra de Burón (onde estaba a capital do concello) e no monte, no lugar do Carballal había unha fonte miragreira. O cura levaba a Vixe para alí e os da Pobra volvían a levala de volta, pero polo noite a Virxe volvía ao sitio onde estaba a fonte. E decidiron faceu unha capela a carón da fonte. Foi cando pasaba por alí o Camiño de Santiago. E comezou a formarse a vila da Fonsagrada.

A principal actividade económica é a gandeiría de carne e a forestal. Ultimamente estáselle a dar un gran pulo á cría do porco celta, unha raza autóctona de grande calidade que case estaba desaparecida.Na vila de A Fonsagrada atópase un museo etnográfico con información da historia e costumes da comarca, o Centro Comarcal e unha aula da natureza. Nelas podemos atopar información turística sobre as moitas rutas da natureza que hai na zona.

Sala do museo etnográfico da Fonsagrada

Page 17: Comarca A Fonsagrada

SUPERFICIE: 72 km2 POBOACIÓN: 214 (2014) PARROQUIAS: Barcela, Ernes, Marentes, Negueira, Ouviaño e Río de Porto.

Negueira de Muñiz.

NEGUEIRA DE MUÑIZSituado ao leste da comarca, lindando polo norte, leste e sur con Asturias. O territorio ocupa o val do Navia que o cruza de SO a NE, entre a serra de Penas Apañadas e as serras de Uria e Cuias. É un dos concellos menos poboados de Galiza, factor ao que contribuíu a construción do encoro de Grandas de Salime, que anegou unha grande parte do territorio, no val do río Navia, e motivou o traslado de parte da súa poboación ás zonas desecadas da Terra Cha.

Page 18: Comarca A Fonsagrada

A Vilaseca, o encoro de Grandas de Salime e a Serra de Uría.

A principal actividade é a gandeirías e a forestal. Unha grande parte do territorio do concello atopase protexido no LIC “Negueira”.

Gando no Busbeirón

Page 19: Comarca A Fonsagrada

RELEVOO relevo da comarca da Fonsagrada constitúeno unha sucesión de vales e serras de dirección N-NO, S-SE, cruzadas case perpendicularmente por outras coas que forman unha rede entre a que discorren os ríos que forman a cunca do Rodil, afluente do Eo, e o propio río Eo, polo norte e oeste; o sistema Lamas-Suarna, afluentes do Navia, polo leste e o sur; e o arranque do Neira polo suroeste.No norte atopamos o Coto de Frades, os montes de Logares e de Vilar de Calvos. De oeste a leste as serras do Miradoiro, Vaqueriza e o Puñago que separan a comarca da Terra Cha; nunha segunda liña os montes da Marronda e a serra do Pozo; a continuación a serra da Lastra, A Maloura, Foncuberta e a serra do Portelo; en posición central, cara ao norte o Corno de Cervo, a serra do Hospital, que se prolonga cara ao norte polo Muradal; a continuación a serra de Follabal, da que saen a serra do Invernal cara ao norte e a de Liñares cara ao sur; e por último as Penas Apañadas. Polo sur, formando unha liña case contínua que sinala tamén o límite da comarca, están os montes do Restelo e a serra de Louxas; e á dereita do val do Navia as serras de Cuias e Uría.

Page 20: Comarca A Fonsagrada

A vexetación das fragas é a típica da áreas atlánticas de media montaña: carballeiras mixtas de Quercus robur con cerdeiras, castiñeiros, algunhas faias, teixos, capudres nas partes altas, e bidueiros nas zonas máis húmidas, entre as que se intercalan manchas repoboadas con distintintas especies de piñeiros.

Unha constante nas serras da comarca da Fonsagrada é o aproveitamento agrogandeiro dos cumes achairados e o forestal das abas encostas, onde se conservan grandes superficies de bosques autóctonos.

Page 21: Comarca A Fonsagrada

Detalle das follas e das cúpulas nas que están pechados os froitos das faias (faiucos).

CapudreTeixo Bidueiro

Cerdeira brava (Prunus avium). Ten numerosos froitos vermellos de sabor lixeiramente amargo.

Page 22: Comarca A Fonsagrada

Os paxariños (Linaria triornotofora) danlle cor ás beiras dos camiños e aos lindeiros.

No sotobosque e nas matogueiras predominan as arandeiras e as uces ás que acompañan numerosas herbas e outras plantas que viven nas zonas sombrizas ou ocupan os claros.

Nas terras máis secas e orientadas ao sur podemos atopar ourego (Origanum vulgare).

Toxo gateño (Ulex nanus). Un toxo de pequeno tamaño que florece durante case todo o ano nas matogueiras que cobren as partes altas dos montes.

Arandeiras (Vaccinium myrtillus)

Page 23: Comarca A Fonsagrada

Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica). Acada na área de Negueira o punto máis ao norte da súa distribución en Galiza.

Lobo (Canis lubis signatus), un habitante común destas serras.

As fragas e as áreas de mato serven de refuxo a unha fauna moi variada.

Os furafollas (Sorex sp) son os mamíferos máis pequenos. Aliméntase de insectos e miñocas entre as follas caídas do bosque.

Bacaloura (Lucanus cervus), o insecto máis grande de Europa. Pasa varios anos en estado larvario alimentándose da madeira morta das árbores vellas. Na actualidade é unha especie protexida debido á reducción dos seus hábitats.

Page 24: Comarca A Fonsagrada

O Coto Frades.

MONTES DE LOGARES, CARBALLIDO E VILAR DE CALVOSMarcan o límite norte da comarca coa de Meira (Ribeira de Piquín) e a Mariña Oriental (A Pontenova). A maior altura está no coto de Frades (960 m) preto da fronteira con Asturias.Accédese desde a estrada que vai da Fonsagrada á Pontenova ou pola de Chao de Pousadoiro a Asturias, que percorre unha parte dos cumes. Tamén se pode acceder polo desvio que vai a Carballido.Desde os cumes hai unha boas vistas de distintas partes da serra e o val do Rodil e alguns tramos da estrada atravesan as fragas.

Page 25: Comarca A Fonsagrada

Montes de Vilardecalvos e Carballido desde o Muradal.

Page 26: Comarca A Fonsagrada

SERRA DO CORNO DO CERVOCon orientación NE-SO, situada no concello de Fonsagrada, e rodeada polos profundos vales do río Rodil e os seus afluentes. O punto máis alto é a Cruz do Pito, con 849 m. As abas que dan ao río Rodil están ocupadas por carballeiras moi ben conservadas que forman parte do espazo “Carballido”.Accedese desde estrada de A Fonsagrada a Chao do Pousadoiro collendo o desvío polos Vaos . Tamén se pode percorrer a serra seguindo as estradas que levan a Maderne.

Serra de Corno de Cervo desde A Fonsagrada. No val a Pobra de Burón.

Page 27: Comarca A Fonsagrada

Bosque de Carballido, nas abas da serra do Corno de Cervo.

Page 28: Comarca A Fonsagrada

O monte Penas Apañadas, situado ao sur do Porto do Acebo, fai fronteira con Asturias. Desde os cumes hai unha ampla panorámica sobre as serras orientais, desde o Pousadoiro ata os Ancares.

SERRA DE FOLLABALExténdese entre A Fonsagrada e Asturias, con orientación SO-NE. Está formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura está en Penas Apañadas, con 1.203 m.A estrada de Fonsagrada a Grandas de Salime, polo porte do Acebo, percorre os cumes da serra.

Page 29: Comarca A Fonsagrada

Serra de Follabal desde A Fonsagrada.

Serra de Follabal desde A Fonsagrada.

Page 30: Comarca A Fonsagrada

Serra do Invernal desde o cume das Penas Apañadas.

SERRA DO INVERNALEsténdese cara ao norte desde a Serra de Follabal, nas proximidades da Fonsagrada. Ten unha altitude media de 875 m e o cume máis alto é a Lomba do Tresvilar, con 937 m. Accedese desda a estrada de Fonsagrada desviándose cara a Neiro.

Page 31: Comarca A Fonsagrada

Aba sur da serra de Liñares. En primeiro plano a ermida da Fornaza e ao fondo o mirador de Arexo, sobre o canón do Navia. Preto da Fornaza consérvanse restos de antigos fornos de fundición (A Fábrica).

SERRA DE LIÑARESProlongación cara ao surleste da serra de Follabal. A máxima altura é o Seixón, con 953 m. Polo leste está rodeada polo río Navallos e polo oeste, polo Suarna, que van ao Navia.En grande parte está cuberta por bosques de piñeiros de repoboación e conserva carballeiras e soutos nas zonas máis encostas. Accedese desde A Fonsagrada ou Negueira de Muñiz.

Page 32: Comarca A Fonsagrada

Vista do encoro de Grandas de Salime, coa Serra de Uría e o Busbeirón.

SERRA DE URÍAPecha o val do Navia polo Leste, con orientación NE-SO e fai linde con Asturias. O seu punto máis alto é o Busbeirón, con 1.286 m. Na súa vertente oriental nacen varios regatos afluentes do Navia. Desde os cumes hai unhas fermosas panorámicas do val do Navia e dos Ancares.Para acceder a ela hai que cruzar o encoro do Navia desde Negueira de Muñiz e dirixirse a Santalla.

Page 33: Comarca A Fonsagrada

Vista do encoro de Grandas de Salime, desde Busbeirón. No primeiro plano Entralgo.

Page 34: Comarca A Fonsagrada

Pena da Vara (604 m) e canón do Navia, desde o Mirador do Arexo.

SERRA DE CUIASSó unha pequena parte, entre o río Ibias e o Navia, está en territorio Galego cunha abas que caen verticalmente sobre o val do Navia. Nela atópase a poboación de Robledo (concello de Negueira de Muñiz). Accedese pola estrada que vai de Negueira de Muñiz a Santo Antolín de Ibias.

Page 35: Comarca A Fonsagrada

Bosques na serra do Hospital. A pesar de ter grandes espazos cubertos de matogueira conserva nas abas bos bosque autóctonos.

SERRA DO HOSPITALSituada entre Baleira e A Fonsagrada, con orientación SO-NE. As rochas dominantes son lousas e xistos e, nos cumes, cristas de cuarcita. As máximas alturas son o Pico do Hospital e o Lagoaseca, ambos con 1.108 m. Os ríos da vertente norte van á conca do Rodil (Eo) e os do sur á do Navia.Accedese pola estrada de Baleira a Fonsagrada, que segue o trazado da serra. Para subir ao cume cóllese pola desviación que vai a Ribeira de Piquín desde o alto da serra do Hospital. Ten unhas excelentes vistas sobre toda a contorna.

Page 36: Comarca A Fonsagrada

Cara sur da Serra do Hospital desde a serra de Louxas. As zonas con menos desnivel están ocupadas por prados, e as encostas por matogueiras e bosques, na súa maior parte repoboación de piñeiros.

Page 37: Comarca A Fonsagrada

Vista dos Ancares desde a serra do Hospital

Page 38: Comarca A Fonsagrada

Monte Muradal e parte da serra desde o cume do Hospital.

SERRA DO MURADALCon dirección NE-SO, unida á do Hospital polo sur. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas. O punto máis alto é o Pico do Muradal, con 1.108 m.Accedese desde a estrada Lugo-A Fonsagrada, no alto da serra do Hospital, pola desviación que vai a Ribeira de Piquín.

Page 39: Comarca A Fonsagrada

Cumes da serra do Muradal.

Page 40: Comarca A Fonsagrada

Serra do Pozo, á esquerda unha pequena parte da

Fraga de Estornín.

SERRA DO POZOPequena serra con orientación N-S, Limita polo norte co río Eo e polo leste cun afluente do mesmo. No sur (Fontaneira) nace o río Neira, afluente do Miño. O monte máis alto é o Panda con 933 m. Unha grande parte das abas do leste da serra do Pozo están ocupadas polas fragas de Estornín. Accedese desde O Cádavo ou Fonteo (Baleira).

Page 41: Comarca A Fonsagrada

Vista xeral na que se apreza a lastra de cuarcitas que lle da nome á serra.

SERRA DA LASTRACon orientación N-S, situada entre A Fonsagrada e Baleira. A máxima altura e O Padornelo, con 958 m. Accedese desde A Lastra, na estrada Baleira-Fonsagrada.

Cristas de cuarcita nos cumes da Lastra.

Page 42: Comarca A Fonsagrada

MONTE DA MARRONDA Pequeno sistema montañoso de 864 m de altura rodeado polos vales do río Martín e Souto, formada por rochas silíceas paleozoicas. Destaca polas fragas autóctonas situadas na aba leste, onde se pode atopar unha gran diversidade de flora e fauna. Esta protexido como LIC e ZEP.Accedese desde a estrada de Baleira a Meira, en A Braña, ou pola estrada que vai a Ribeira de Piquín.

Entre as especies arbóreas da fraga da Marronda destaca a presenza das faias, unhas das máis occidentais de Europa.

Page 43: Comarca A Fonsagrada

Serra do Miradoiro desde a estrada do Cádavo a Meira.

SERRA DO MIRADOIROCon orientación N-S, fai fronteira entre Pol, Castroverde e Baleira. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. A máxima altura é o Padrairo, con 1.034 mNa parte oriental nace o Eo e o seu afluente o Martín, así como varios regos das súas cabeceiras. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais.O trazado da estrada de Cádavo a Meira discorre paralela á serra en toda a súa extensión pola aba leste. Pódese acceder aos cumes polas pistas dos parques eólicos.

Page 44: Comarca A Fonsagrada

Vista desde os cumes do Miradoiro. No primeiro plano a serra do Pozo, detrás a serra da Lastra e ao fondo a serra do Hospital.

Cuarcitas nos cumes do miradoiro.

Page 45: Comarca A Fonsagrada

Vista do conxunto das serras, O Puñago á esquerda e a Vaqueriza á dereita desde a estrada do Cádavo á Fonsagrada..

SERRAS DA VAQUERIZA E PUÑAGOXunto coa do Miradoiro, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferencian os cumes.Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas.O Punto máis alto da Vaqueriza é o Pedrazo, con 919 m, e o do Puñago é o Lagua, con 945 m.Accédese desde a estrada que vai do Cádavo a Castroverde, ou pola de Baralla a Meira.

Page 46: Comarca A Fonsagrada

Serra de Foncuberta desde o monte Restelo.

SERRA DE FONCUBERTAEsténdese entre os cursos altos dos ríos do Castelo e Lamas, ao sur da Serra do Hospital.Accédese desde a estrada do Cádavo a Fonsagrada, collendo, na Lastra, o desvio ao Freixo.

Page 47: Comarca A Fonsagrada

O Portelo no verán.

SERRA DO PORTELOCompartida entre os concellos da Fonsagrada e Becerreá, con orientación NO-SE. O punto máis alto é o Portelo, con 938 m. Accedese pola estrada de Fontaneira a Becerreá.

Page 48: Comarca A Fonsagrada

O Portelo no Inverno

Page 49: Comarca A Fonsagrada

Panorámica da metade sur da comarca da Fonsagrada desde o monte Restelo.

MONTE RESTELOÉ o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia e o Suarna. Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobra as serras dos Ancares, A Fonsagrada e Becerreá.Accedese desde Louxas pola estrada que vai a Becerreá ou a Fontaneira.

Cume do monte Restelo (1.013 m).

Page 50: Comarca A Fonsagrada

Serra de Louxas no verán.

SERRA DE LOUXASCon orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande parte para pastos e outros cultivos.Accedese desde a estrada de A Fonsagrada a Navia de Suarna. Un cruce en Louxas permite percorrer os seus cumes cara ao leste ou cara o oeste e chegar ao Restelo e O Portelo.

Page 51: Comarca A Fonsagrada

Serra de Louxas desde o Monte Restelo.

Page 52: Comarca A Fonsagrada

RÍOSNa comarca hai moitos ríos e regatos como é de esperar nunha área de montaña. Os eixos principais son o tramo encorado do Navia en Negueira de Muñíz, e os primeiros 25 km, aproximadamente, do curso do Eo polo concello de Baleira. Presentan case todos as características propias dos ríos de montaña: cuncas estreitas, cursos rápidos e pendentes, con caudais que dependen das cantidades de precipitación da zona. Son, a gran maioría de curto percorrido, afluentes ou subafluentes do Eo e o Navia, e o Neira que vai ao Miño.Por toda a comarca hai numerosas áreas de lecer ao pé do ríos e rutas de sendeirismo sinalizadas para percorrer as partes máis chamativas e as numerosas fervenzas que se atopan na comarca, onde son coñecidas co nome de seimeiras.

Muíño a beira do río Suarna. Outro dos interese dos ríos desta comarca é a súa contribución á riqueza etnográfica, xa que foron os encargados de facer funcionar os numerosos muíños e mazos que se atopan nela.

O Eo en Baleira.

Page 53: Comarca A Fonsagrada

Os vales estreitos escavados polos ríos, de dificil aproveitamento agrícola, están cubertos, en grande parte, por bosques autóctonos que acollen unha gran biodiversidade de flora e fauna, entre as que se atopan especies protexidas. Na beira dos ríos aparecen especies de ribeiras.

Herba canuda (Equisetum sp.) nas beiras do Eo. Os equisetos son plantas sen flores con estruturas semellantes aos de épocas prehistóricas que viven en lugares húmidos.

Durante o verán as beiras do río enchénse coas flores da herba moedeira (amarelas), salgueiriño (violetas) e herba dos porcos (rosas).

Page 54: Comarca A Fonsagrada

Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos con correntes e abundante cobertura vexetal.

Merlo rieiro (Cinclus cinclus)

Cabalo do demo (Aeshna cyanea)

Page 55: Comarca A Fonsagrada

RÍO NAVIAÉ un río compartido con Asturias que nace no Monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km en terras galegas para despois meterse en Asturias e desembocar na ría de Navia, no Cantábrico. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera.Na comarca recolle as augas do Ibias, que fai a maioría do seu percorrido por Asturias e entra en Negueira no tramo final do curso, dentro do encoro, pola dereita; e pola esquerda o Suarna, co seu princial afluente, o Lamas, ao que vai o Castelo, Córneas, Castosa e Ransinde; e o Navallo.Parte do seu curso está protexido no LICs “Negueira”.

Encoro de Grandas de Salime.

Page 56: Comarca A Fonsagrada

Canón do Navia entre Galiza e Asturias, desde o mirador de Arexo (A Fonsagrada).Pódese seguir o canón do Navia e parte do Suarna desde Negueira de Muñiz a Vilar da Cuíña e A Fonsagrada (ou á inversa). No camiño hai varios miradoiros espectaculares.

Page 57: Comarca A Fonsagrada

Encoro de Grandas de Salime (entre Galiza e Asturias).

Page 58: Comarca A Fonsagrada
Page 59: Comarca A Fonsagrada

RÍO SUARNANace en Fonfría, na serra de Follabal e recolle tamén as augas da serra de Liñares. O afluente máis importante é o rego de Lamas que nace na serra da Lastra, en Degolada, e drena case toda a metade sur da comarca da Fonsagrada, recollendo as augas das serras do Hospital, Foncuberta, O Portelo, O Restelo e Louxas.Ao longo do río Suarna e os seus afluentes hai trazadas varias rutas sinalalas polo concello da Fonsagrada: a da Seimeira de Vilagocende, a que segue o río pasando pola Naraxa e chega ata a ferrería, a da Chaila que sobe polo Suarna desde Vilarín e a do Rellouso que vai polo rego da Porteliña. En todas elas podemos ver fermosas fervenzas, chamadas na zona, seimeiras.

Restos dunha ferrería no río Suarna, en Vilar de Cuíña (A Fonsagrada)

Mazo da Porteliña, nun afluente do Lamas. Un pequeno mazo artesanal, o único que conserva todos os elementos.

Page 60: Comarca A Fonsagrada

Río Suarna na Naraxa. O Suarna, ao pé da Pena do Inferno, fai unha curva nunha zona que está acondicionada como área de lecer e praia fluvial.

Page 61: Comarca A Fonsagrada

SEIMEIRA DE VILAGOCENDEEntre os lugares de Fito e Vilagoncende, na parroquia de San Martiño de Suarna (A Fonsagrada).O río Villarbol, Afluente do Lamas que vai ao Suarna (Navia) ten unha caída de máis de 50 m nun val de lousas con paredes de cuarcitas que resisten a erosión e forman cristas que sobresaen na paisaxe formando un profundo val. Máis abaixo hai varios saltos máis pequenos. A zona está acondicionada cunha senda e pontes de madeira.

SEIMEIRA DE ROZABRAGADANun afluente do río Suarna (afluente do Navia), nas proximidades de San Martiño de Suarna. A fervenza está a carón do muíño da Chaila ou de San Martiño.

Page 62: Comarca A Fonsagrada

RÍO DO NAVALLONace no Acebo e, despois dun percoriido por un val moi profundo, xúntase co Navia no encoro de Navia de Suarna.

Page 63: Comarca A Fonsagrada

Nacemento do Eo, en Fonteo. O fondo da canle está cuberto de Fontinalis, un brión que vive mergullado ou arredor das augas limpas das nacentes.

RÍO EONace en Fonteo (Baleira) e desemboca na ría de Ribadeo, despois de 79 km de percorrido por Galiza. Na comarca drena os concellos de Baleira e A Fonsagrada.Agás no tramo do seu nacemento ten un percorrido sinuoso e de pendente suave, encaixado entre montañas. Ten augas altas invernais e unha moderada estiaxe como corresponde a ríos de réxime pluvial oceánico.Na comarca recibe pola dereita as augas do rego de Mosqueiros, Cubilledo, Piñeira e Rodil; e pola esquerda o río de Martiño.

Page 64: Comarca A Fonsagrada

FERVENZA DE SAN PAIO (POZO DA SERRA)No lugar de San Paio, na parroquia de Cubilledo (concello de Baleira). No río Eo, pouco despois do seu nacemento en Fonteo. A fervenza ten unha altura de 8 a 10 m en lousas e está un pouco modificada pola presa do muíño.

FERVENZA DO REGO DE ARENDAL (POZO DA FERREIRÍA)Nun afluente do Eo en San Paio (Baleira). Pouco antes de se xuntar co Eo cae nun desnivel en lousas de 3 m de altura.

Page 65: Comarca A Fonsagrada

O Eo na Pena da Volta. Na Cortevella o Eo vese abrigado a rodear con varias voltas sucesivas de case 360º uns saíntes de cuarcita. Na área hai un mirador, un muíño, ouriceiras e un sendeiro acondicionado que permite percorrela.Accedese desde Muíña, desde onde está sinalizada collendo a estrada que leva a Martín.

Page 66: Comarca A Fonsagrada

Fervenzas no rego da MarrondaEn Baleira, no rego de Souto, afluente do Martín (Eo), que discorre polo fondo da fraga da Marronda con varios saltos e rápidos. A fervenza máis alta ten arredor de 6 m de altura en cuarcitas e lousas.

O RÍO MARTÍN nace na Serra do Mirador (Monte Salgueiriño) e xúntase co Eo nas proximidades de Martín. Baixa por un val estreito e profundo no que se asenta parte da fraga da Marronda.

Val do Martín. Á esquerda a fraga da Marronda.

Page 67: Comarca A Fonsagrada

RÍO RODIL Nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo. Na comarca recibe pola dereita as augas do Rego de Queixoiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares (co Muíños) e A Pontiga. Pola esquerda o Esteiro (ou Esteleiro), Santo Estevo e Vao Vello.

Río Rodil

Val do Rodil. Os vales do Rodil e os seus afluentes acollen a maior extensión de fragas protexidas da comarca.

Muíños de Rosario en O Mazo (San Pedro de Neiro) ás beiras do río Esteleiro, afluente do Rodil.

Page 68: Comarca A Fonsagrada

SEIMEIRAS DO QUEIXOIRONo lugar de O Queixoiro, parroquia de A Bastida (concello de A Fonsagrada), no rego do Queixoiro, un afluente do Rodil (que vai ao Eo).O rego do Queixoiro discorre por un terreo de lousas con saíntes de cuarcitas máis resistentes e forma numerosos rápidos e varias fervenzas. A primeira mide arredor de 15 m de altura e a segunda 12 m. Pódese facer unha rota seguindo o río por un bosque de ribeira ben conservado e soutos de castiñeiros moi antigos onde se conservan ouriceiras, antigas construcións para gardar os ourizos das castañas.

Page 69: Comarca A Fonsagrada

Área de lecer no nacemento do río Neira en Fontaneira (Baleira).

RÍO NEIRANace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un curto percorrido polo concello, onde tamén o fan o seus afluentes Rego de Trabeiro (ou Trabazas) e Val de Pedroso. Vai xuntarse co Miño entre os concellos de Portomarín, O Páramo e Láncara.

O río Neira en Baleira.

Page 70: Comarca A Fonsagrada

AS ÁRBORESNos profundos vales e nas abas escarpadas das serras da comarca da Fonsagrada consérvanse fragas húmidas que acollen unha gran diversidade de flora e fauna. As máis representativas son A Marronda, Carballido, Logares, San Xés, Reigadas, Estornín, Carballal Grande ou Monte Grande), Ribón (en Sollío), A Pedra (en Freixo), Brañela (en Pacios), Monteseiro, O Invernal... a maioría protexidas en diferentes espazos. As árbores máis comúns son os carballos acompañados de castiñeiros, bidueiros, nogueiras e algúns teixos e faias.Ademáis, na comarca, atópanse exemplares senlleiras de teixos, carballos e castiñeiros.

Fraga de Estornín na aba leste da Serra do Pozo.

Page 71: Comarca A Fonsagrada

CARBALLO DO TROBO. Na parroquia do Trobo (A Fonsagrada). Mide máis de, 21 m de altura, 3,50 m de perímetro e ten máis de 100 anos. O carballo atópase preto da igrexa.

Page 72: Comarca A Fonsagrada

TEIXO DA PASADANa casa de Riba, A Pasada, na parroquia de Fontaneira (Baleira). Mide 9 m de contorno e 20 m de altura.

TEIXO DE CÓRNEAS. Na parroquia de Córneas (Baleira). É o de maior antigüidade de Galiza, con máis de 400 anos. Mide 14 m de altura e 7,40 m de perímetro .

Page 73: Comarca A Fonsagrada

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC NEGUEIRAEspazo de 4.558 ha (está proposta unha ampliación a 6.550 ha) no concello de Negueira de Muñiz. Inclúe parte do curso do río Navia e o seu encoro de Grandas de Salime e os montes que o rodean. O val do Navia en Negueira ten unhas características climáticas especiais que permiten a convivencia de especies atlánticas e mediterráneas (nas zonas máis baixas e abrigadas).A parte alta dos montes está cuberta dun mato de uces e nas partes máis baixas de toxo, xesta e algún érbedo. Na ladeira do Monte Mouro medra un bo bosque de cerquiños e piñeiros. Nas partes secas pódense ver sobreiras. A fauna máis representativa son as aves (miñato común, azor, rapaces nocturnas...) e os mamíferos (lobo, raposo, corzo, xabarín, esquío, xeneta, marta, gato bravo...)

Page 74: Comarca A Fonsagrada

Interior da fraga.

LIC A MARRONDAEspazo de 1.239 ha que inclúe parte dos vales do curso alto do río Eo, a marxe dereita do río Martín e o seu afluente Souto e as fragas que os rodean, en terreos dos concellos de Baleira.É unha fraga autóctona de montaña que cobre a ladeira norte do Monte da Marronda (864 m de altitude) e os vales do río Martín e Souto. As árbores máis comúns na fraga son: carballos, capudres, abelairas, bidueiros, carbas, acivros, maceiras bravas, pereiras bravas, faias... Nas zonas máis baixas e próximas ás poboacións hai castiñeiros e pradairos. No soutobosque hai uz branca, arandeira, estripeiro, sanguiño, hedra, piorno, xesta, herba salgueira, silvas, fentos... A fauna é moi variada e abundante.Para visitar a Fraga pódese ir desde Fonteo pola estrada da Braña a Martín

Vista xeral da Marronda.Hai unha gran ruta (GR 1) “A Marronda” de 66 km que sae de Fonteo e percorre parte do concello de Baleira pasando por Cubilledo, segue parte do curso do río Eo e rodea a Marronda.

Page 75: Comarca A Fonsagrada

LIC CARBALLIDOOcupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes do Eo. 4.828 ha nos concellos de A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín.Na comarca da Fonsagrada atópase unha parte da fraga de San Xes (ou Cabanal), unha parte da fraga de Reigadas e case a totalidade das fragas de Carballido, situadas nos caborcos excavados en xistos polo río Rodil e os seus afluentes Veiga de Logares, Muíños, Pontigón, Vao Vello e Santo Estebo.O seu maior interese reside en ser fragas atlánticas moi ben conservadas cunha flora e fauna moi variadas, ao que hai que engadir o atractivo paisaxístico e etnográfico da zona.

O ambiente é sombrizo e húmido. As árbores máis comúns son os carballos, carbas, bidueiros, freixos, acivros, capudres, pereiras bravas, estripos, cerdeiras, teixos, algún lamagueiro... e nas zonas próximas ás poboacións soutos de castiñeiros, nogueiras e piñeiros de repoboación. Na beira dos ríos hai tamén amieiras e salgueiros. Ten ademáis unha rica fauna asociada, entre a que se atopa como especie visitante o oso.

Page 76: Comarca A Fonsagrada

LIC SERRA DE FONCUBERTAUn espazo de 15.523,2 ha proposto en 2011 como LIC e ZEC (pendiente de aprobación), co que se crea unha gran unidade ao conectar entre si as fragas e serras orientais: os LICs Os Ancares-O Courel polo sur, Carballido, polo Norte e A Marronda, polo oeste. Ten un gran interese paisaxístico, biolóxico e etnográfico.O territorio está conformado por unha sucesión de serras que teñen como eixo as serras do Hospital e Follabal. Cara ao norte: Lastra, Muradal e Lagua Seca; e cara ao sur Lastra, Madorra, Escamelada, Foncuberta, Penas de Ferreira e Fornelos, montes de Ribón e Piqueira, Alto da Cuíña e Monte Maior.

Page 77: Comarca A Fonsagrada

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2016

Solpor no Muradal