Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo

4
FEBRERO 2014 MONDOÑEDO 7 No mes de novembro do ano 2012, o Excmo. Concello de Mondoñedo organizou unhas xornadas adicadas ao estudo da vida e da obra do médico e poeta mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro cadrando co centenario do seu pasamento, iste feito serviu para xuntar en Mondoñedo a moitas persoas vinculadas á literatura en xeral e a Manuel Leiras Pulpeiro en particular. Meses despois a profesora Julia María Labrador Ben propuxo a varios dos asistentes e poñentes a creación dun grupo literario que tivera como principal obxectivo estudar e divulgar os valores que practicou e predicou o “Médico dos pobres” e do mesmo xeito afondar no coñecemento da súa vida e na súa obra e dala a coñecer. Así o relata a impulsora e coordinadora, Julia María Labrador Ben: “El pasado 7 de julio se creó (creamos) el Grupo Literario Leiras Pulpeiro. Un total de doce perso- nas firmamos su constitución sobre la tumba de Manuel Leiras Pulpeiro a modo de homenaje: Ra- món Reimunde, Xe Freyre, yo misma, Antonio Rei- gosa, César Morán, Isabel Morán, Fran Bouso, Jesús Chao, Ernesto González Torterolo, Matías Escalera, Elías Noel Fernández Ferreira y José Luis Fernández Ansedes. La idea de su creación procede de varios pensa- mientos que pululaban por mi mente durante el mes de junio: recordar cómo se estableció un vín- culo entre una parte de los participantes y asisten- tes al congreso que conmemoró el pasado noviem- bre el centenario de fallecimiento de Leiras, desear continuar ese homenaje para que no volviera a caer en el olvido el personaje y que la reivindica- ción de su obra y su figura lejos de perderse de nuevo se consolidaran y continuaran de cara al futuro, pensar en que la Generación del 27 se lla- ma así por haberse reunido sus miembros para celebrar el tercer aniversario de la muerte de Gón- gora. Las personas elegidas para formar parte del Gru- po tienen como característica común el amor a Leiras en cualquiera de sus variedades y manifes- taciones: publicaciones sobre él, conferencias, participación o asistencia a eventos alrededor de su figura, reivindicación de su vida y su obra. Hay un claro predominio inicial de personas del ámbito académico o literario y un segundo bloque de min- donienses. El Grupo está abierto a la incorporación de nue- vos miembros, algunos de los cuales no lo son ofi- cialmente todavía por no haber podido asistir el día de su creación: Antón Meilán, Armando Re- queixo, Bernardo Penabade, Francisco Piñeiro y un largo etcécera. Nuestro objetivo principal es reivindicar la figura de Leiras: en primer lugar desde el ámbito litera- rio y académico, puesto que lo que nos unió el pa- sado noviembre fueron sobre todo sus publicacio- nes (de ahí el adjetivo “literario” utilizado para denominarnos), y en segundo lugar desde el ámbi- vida e da obra de Manuel Leiras Pulpeiro no que intervirá como mestre de cerimonias o profesor Ángel Basanta. Julia María Labrador Ben presentará o grupo, Xe Freire disertará sobre o tempo no que viviu Pulpeiro e Ramón Reimunde fará o propio no tocante á vida e a obra do poeta mindoniense. Ao acto madrileño, que organiza Matias Escalera, poralle o broche de ouro César Morán coa interpretación de varios poemas de Leiras que el mesmo musicou. Roteiro Leiras Pulpeiro O GLLP sumouse á iniciativa do Excmo. Concello de Mondoñedo e da Asociación “Abrindo Camiño” de crear un roteiro turístico literario que percorrera diferentes lugares de Mondoñedo relacionados coa vida e a obra de Manuel Leiras Pulpeiro. Este percorrido xa se puxo en funcionamento no verán pasado e por el transitaron diversos grupos organizados entre os que cabe mencionar o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do I.E.S. “Leiras Pulpeiro” de Lugo ou a Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. O roteiro turístico-literario ten dous tramos claramente diferenciados. O primeiro deles discorre polo conxunto histórico monumental de Mondoñedo partindo do Centro Cultural de Alcántara e o segundo transita por parases naturais como a contorna da Pena do Unto, a fonte de augas sulfurosas e a Fervenza. Para divulgar e facilitar o percorrido editouse un díptico no que se esquematizan os diferentes tramos ao tempo que se ofrece información sobre os lugares de interese vinculados co escritor. Tamén se publicou unha audioguía que se pode descargar en internet ( http://www.audioviator.com/es/Audioguia- Mondonedo-Ruta-Leiras-Pulpeiro-Parte-I ) e adaptada para o seu uso en teléfonos intelixentes ou tabletas. A publicación actual da audioguía unicamente recolle o percorrido urbano e está en versión de probas. En data aínda sin sinalar publicarase a edición definitiva desta ferramenta dividida en dúas partes. to personal, ya que su figura es la de un hombre muy avanzado para su época (no se entiende la obra de un autor sin conocer la personalidad del mismo). Dada su enorme vinculación con su población natal, Mondoñedo será nuestro principal punto de reunión. Logo de diversos contactos entre os seus membros fundadores celebrouse unha primeira xuntanza “oficial” o día 9 de agosto de 2013 no Centro Cultural de Alcántara, tamén coñecido popularmente como “A Casa da Xente”. Nese encontro, no que se nomearon coordinadores a Julia María Labrador Ben e a Fran Bouso, establecéronse as liñas de actuación para a posta en funcionamento do colectivo, algunha delas apúntaa o profesor e músico César Morán: “ Na xuntaza de Alcántara fixouse como principal obxectivo salientar e divulgar os valores literarios, humano-científicos, políticos e sociais de Leiras”. Despois deste paso inicial sucedéronse outros encontros menos concorridos que servirían para preparar o punto de despegue que tivo lugar na asemblea celebrada o 28 de decembro de 2013 na Biblioteca Pública Municipal “Pena Trapero”, de Mondoñedo. Nesta xuntanza participaron un total de 27 membros e sentáronse as bases de actuación dos catro primeiros meses do ano 2014. Antecedentes Desde hai máis de vinte anos, en Mondoñedo sucedéronse no tempo diversas entidades como a Fundación “Álvaro Cunqueiro” e a Asociación Cultura “Monfadal” vinculadas ao mundo literario mindoniense. Xa na década dos oitenta traballaba pola cultura da Cidade da Paula e a súa contorna a Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro”. Estas entidades son a semente da que está a xermolar o novo grupo literario e nelas xa participaron moitas das persoas que actualmente o integran. Actividades O Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” (GLLP), ten previsto celebrar o 28 de febreiro en Mondoñedo un acto de presentación en sociedade no que intervirán, ademais dos coordinadores, o escritor e profesor Ramón Reimunde e César Morán. A organización deste evento corre a cargo do Concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de Mondoñedo e membro fundador do grupo, Xusto Mª Fernández Haro. O 14 de marzo ás oito da tarde, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo e baixo a organización de Antonio Reigosa (membro fundador do grupo) darase a coñecer o colectivo, nun acto no que intervirán, ademais do propio Reigosa; o coordinador, Fran Bouso, Xé Freire, César Morán e Rebeca Maseda, entre outros. Catro días despois, o luns 17 de marzo ás sete e media da tarde na Casa de Galicia en Madrid terá lugar un acto de presentación do grupo e divulgación da O GRUPO LITERARIO “LEIRAS PULPEIRO” GLLP

Transcript of Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo

Page 1: Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo

FEBRERO 2014 MONDOÑEDO 7

No mes de novembro do ano 2012, o Excmo. Concello de Mondoñedo organizou unhas xornadas adicadas ao estudo da vida e da obra do médico e poeta mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro cadrando co centenario do seu pasamento, iste feito serviu para xuntar en Mondoñedo a moitas persoas

vinculadas á literatura en xeral e a Manuel Leiras Pulpeiro en particular. Meses despois a profesora Julia María Labrador Ben propuxo a varios dos asistentes e poñentes a creación dun grupo literario que tivera como principal obxectivo estudar e divulgar os valores que practicou e predicou o “Médico dos pobres” e do mesmo xeito afondar no coñecemento da súa vida e na súa obra e dala a coñecer. Así o relata a impulsora e coordinadora, Julia María Labrador Ben: “El pasado 7 de julio se creó (creamos) el Grupo Literario Leiras Pulpeiro. Un total de doce perso-nas firmamos su constitución sobre la tumba de Manuel Leiras Pulpeiro a modo de homenaje: Ra-món Reimunde, Xe Freyre, yo misma, Antonio Rei-gosa, César Morán, Isabel Morán, Fran Bouso, Jesús Chao, Ernesto González Torterolo, Matías Escalera, Elías Noel Fernández Ferreira y José Luis Fernández Ansedes. La idea de su creación procede de varios pensa-mientos que pululaban por mi mente durante el mes de junio: recordar cómo se estableció un vín-culo entre una parte de los participantes y asisten-tes al congreso que conmemoró el pasado noviem-bre el centenario de fallecimiento de Leiras, desear continuar ese homenaje para que no volviera a caer en el olvido el personaje y que la reivindica-ción de su obra y su figura lejos de perderse de nuevo se consolidaran y continuaran de cara al futuro, pensar en que la Generación del 27 se lla-ma así por haberse reunido sus miembros para celebrar el tercer aniversario de la muerte de Gón-gora. Las personas elegidas para formar parte del Gru-po tienen como característica común el amor a Leiras en cualquiera de sus variedades y manifes-taciones: publicaciones sobre él, conferencias, participación o asistencia a eventos alrededor de su figura, reivindicación de su vida y su obra. Hay un claro predominio inicial de personas del ámbito académico o literario y un segundo bloque de min-donienses. El Grupo está abierto a la incorporación de nue-vos miembros, algunos de los cuales no lo son ofi-cialmente todavía por no haber podido asistir el día de su creación: Antón Meilán, Armando Re-queixo, Bernardo Penabade, Francisco Piñeiro y un largo etcécera. Nuestro objetivo principal es reivindicar la figura de Leiras: en primer lugar desde el ámbito litera-rio y académico, puesto que lo que nos unió el pa-sado noviembre fueron sobre todo sus publicacio-nes (de ahí el adjetivo “literario” utilizado para denominarnos), y en segundo lugar desde el ámbi-

vida e da obra de Manuel Leiras Pulpeiro no que intervirá como mestre de cerimonias o profesor Ángel Basanta. Julia María Labrador Ben presentará o grupo, Xe Freire disertará sobre o tempo no que viviu Pulpeiro e Ramón Reimunde fará o propio no tocante á vida e a obra do poeta mindoniense. Ao acto madrileño, que organiza Matias Escalera, poralle o broche de ouro César Morán coa interpretación de varios poemas de Leiras que el mesmo musicou.

Roteiro Leiras Pulpeiro O GLLP sumouse á iniciativa do Excmo. Concello de Mondoñedo e da Asociación “Abrindo Camiño” de crear un roteiro turístico literario que percorrera diferentes lugares de Mondoñedo relacionados coa vida e a obra de Manuel Leiras Pulpeiro. Este percorrido xa se puxo en funcionamento no verán pasado e por el transitaron diversos grupos organizados entre os que cabe mencionar o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do I.E.S. “Leiras Pulpeiro” de Lugo ou a Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. O roteiro turístico-literario ten dous tramos claramente diferenciados. O primeiro deles discorre polo conxunto histórico monumental de Mondoñedo partindo do Centro Cultural de Alcántara e o segundo transita por parases naturais como a contorna da Pena do Unto, a fonte de augas sulfurosas e a Fervenza. Para divulgar e facilitar o percorrido editouse un díptico no que se esquematizan os diferentes tramos ao tempo que se ofrece información sobre os lugares de interese vinculados co escritor. Tamén se publicou unha audioguía que se pode descargar en internet (h t tp : / /www.aud iov ia tor .com/es /Audiogu ia-Mondonedo-Ruta-Leiras-Pulpeiro-Parte-I) e adaptada para o seu uso en teléfonos intelixentes ou tabletas. A publicación actual da audioguía unicamente recolle o percorrido urbano e está en versión de probas. En data aínda sin sinalar publicarase a edición definitiva desta ferramenta dividida en dúas partes.

to personal, ya que su figura es la de un hombre muy avanzado para su época (no se entiende la obra de un autor sin conocer la personalidad del mismo). Dada su enorme vinculación con su población natal, Mondoñedo será nuestro principal punto de reunión. Logo de diversos contactos entre os seus membros fundadores celebrouse unha primeira xuntanza “oficial” o día 9 de agosto de 2013 no Centro Cultural de Alcántara, tamén coñecido popularmente como “A Casa da Xente”. Nese encontro, no que se nomearon coordinadores a Julia María Labrador Ben e a Fran Bouso, establecéronse as liñas de actuación para a posta en funcionamento do colectivo, algunha delas apúntaa o profesor e músico César Morán: “ Na xuntaza de Alcántara fixouse como principal obxectivo salientar e divulgar os valores literarios, humano-científicos, políticos e sociais de Leiras”.

Despois deste paso inicial sucedéronse outros encontros menos concorridos que servirían para preparar o punto de despegue que tivo lugar na asemblea celebrada o 28 de decembro de 2013 na Biblioteca Pública Municipal “Pena Trapero”, de Mondoñedo. Nesta xuntanza participaron un total de 27 membros e sentáronse as bases de actuación dos catro primeiros meses do ano 2014.

Antecedentes Desde hai máis de vinte anos, en Mondoñedo sucedéronse no tempo diversas entidades como a Fundación “Álvaro Cunqueiro” e a Asociación Cultura “Monfadal” vinculadas ao mundo literario mindoniense. Xa na década dos oitenta traballaba pola cultura da Cidade da Paula e a súa contorna a Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro”. Estas entidades son a semente da que está a xermolar o novo grupo literario e nelas xa participaron moitas das persoas que actualmente o integran.

Actividades O Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” (GLLP), ten previsto celebrar o 28 de febreiro en Mondoñedo un acto de presentación en sociedade no que intervirán, ademais dos coordinadores, o escritor e profesor Ramón Reimunde e César Morán. A organización deste evento corre a cargo do Concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de Mondoñedo e membro fundador do grupo, Xusto Mª Fernández Haro. O 14 de marzo ás oito da tarde, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo e baixo a organización de Antonio Reigosa (membro fundador do grupo) darase a coñecer o colectivo, nun acto no que intervirán, ademais do propio Reigosa; o coordinador, Fran Bouso, Xé Freire, César Morán e Rebeca Maseda, entre outros. Catro días despois, o luns 17 de marzo ás sete e media da tarde na Casa de Galicia en Madrid terá lugar un acto de presentación do grupo e divulgación da

O GRUPO LITERARIO “LEIRAS PULPEIRO” GLLP

Page 2: Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo

FEBRERO 2014 MONDOÑEDO 8

Julia María Labrador Ben (Coordinadora) (Promotora del Grupo): (Madrid, 24-3-1973; oriunda de Burela por vía materna) Filó-loga, Colaboradora de la Universidad Complutense de Madrid, Miembro Numerario y Vicesecretaria del Instituto de Estudios Madrileños, escritora, investigadora y crítica de literatura y cine, fotógrafa amateur. Fue Secretaria de Redacción y Adjunta a la Dirección de la revista Arbor (CSIC), a cuyo Consejo Ase-sor pertenece en la actualidad. Participa en un Proyecto de In-

vestigación del Instituto de Filosofía del CSIC y en un Grupo de Investigación del De-partamento de Filología Española II de la UCM. Ha publicado numerosos artículos, capítulos de libros y reseñas. Coautora de dos libros (Teatro Selecto y Teatro Frívolo y La Novela de Hoy, La Novela de Noche y el Folletín Divertido, publicados en la colec-ción del CSIC “Literatura Breve”, de la que fue Secretaria de Redacción).

Fran Bouso (Coordinador). Mondoñedo (1976). Mestre; colaborador de diversos medios de comunicación; dinamizador cultural, foi técnico de Cultura, Prensa e Protocolo do Exmo. Concello de Mondoñedo; antigo directivo da Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro” e secretario da A. C. “Monfadal”; clarinetista na Banda de Música “Pascual Veiga” de Mondoñedo e colaborador da Orquestra de Cámara de Xove. Formou parte do Orfeón da Sociedade de Obreiros e do Coro Municipal de Monforte de Lemos.

Xurxo Martínez González ( C o i a - V i g o , 1 9 8 4 ) . Licenciado en Filoloxía Galega. Investigador en paro da Universidade de Vigo que prepara a súa tese doutoral sobre La Oliva (1856-57). Escritor e colaborador na prensa. Presidente do Colectivo Cultural A Nave das Ideas.

Miguel A. Freire Sánchez (Mondoñedo 1965) Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de ensino secundario de Filosofía, no IES Real Instituto Jovellanos de Xixon. Segredario da Asociación de Filosofía para nenos de A s t u r i a s . H e d o n i s t a -ma te r i a l i s ta e l e i r i s ta afeccionado.

Antonio Reigosa (Zoñán, 1958). Escritor, investigador e divulgador cultural. Creador e coordinador da Encic lopedia Vir tua l Gal ic ia E n c a n t a d a ( h t t p : / /www.galiciaencantada.com). Autor ou coautor de máis de 40 títulos, entre eles ensaios e coleccións de referencia sobre mitoloxía e literatura de tradición oral. Como narrador de literatura infantil e xuvenil recibiu premios como O Facho, Merlín ou Raíña Lupa, e foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil en 1999. Na

actualidade é Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Elias Noel Fdez Ferreira. Mestre aspirante a escritor. T raba l la coma s u b s t i t u t o n a educación primaria públ ica galega ( N a d o e n Mondoñedo. Na a c t u a l i d a d e asistente comenius en Huddersfield).

Mª Isabel Morán Cabanas, nada en Mondoñedo, é doutora e profesora titular na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado artigos, capítulos e libros de autoría individual ou en colaboración (entre eles, Festa, teatralidade e escrita, 2003; O Padre António Vieira e as Mulheres. O mito barroco do universo feminino, 2008; O Amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa, 2012; ou O empreendedorismo educativo dos xesuítas, 2012). Dirixe e/ou participa en proxectos de investigación nacionais e internacionais; comités executivos e científicos de congresos e revistas de Galiza, Portugal, Brasil, Alemaña, Polonia, Itália; e varios institutos de investigación en humanidades

Alicia Tella-Villamarín Ferreiro (Pol, 15/04/1938). Bibliotecaria. Mestra. In-vestigadora, recopiladora e conservadora de prensa antiga e fondo local. Pre-goeira de As Quendas. Integrante da Asoción Cul-tural “O Mundo da Galea” e Dona de Isabel de Castro. Codirectora da revista min-doniense de cultura “Monfadal”.

José Luis Fernández Ansedes. (Mondoñedo , 20 /01 /1955 ) Empresario turístico e comercial. Dinamizador cultural a través de d i v e r s a s a s o c i a c i ó n s e plataformas. Antigo presidente da Asociación Cultural Leiras Pulpeiro e actual presidente da Asociación “Abrindo Camiño” de Amigos do Camiño Norte de Santiago. Coordinador da Plataforma de asociacións Comarca de Mondoñedo Unida.

Xulio Rodríguez Leiras.(San Pedro da Torre – Mondoñedo, 05/03/1948) Labrego. Estudoso e gran entusiasta de Leiras Pulpeiro. Considérase un famento de cultura que o leva a escoitar e ler con gran interese. Membro do Sindicato Labrego Galego. Activista no seu día da

NPG e UPG. Primeiro concelleiro nacionalista d e M o n d o ñ e d o . C o f u n d a d o r d a Asociación Cultural Leiras Pulpeiro.

Luís Gonçales Blasco, Foz 1.941, é professor aposentado de Língua e Literatura. Foi membro do Consello da Mocedade e um dos fundadores da Unión do Povo Galego. Em 1968 tivo que exiliar-se a França onde se licenciou em Lingüística Geral na Universidade de Paris VIII. Abandona a Unión do Povo Galego em 1978 integrando-se no Partido Galego do Proletariado; depois militaria em outras organizaçons independentistas e na atualidade forma parte de Anova-I rmandade nac iona l is ta . Au tor de trabalhos sobre língua e literatura galegas, polít ica e história do

nacionalismo galego contemporáneo. A sua obra acha-se dispersaem revistas, jornais e livros coletivos, além disso publicou individualmente Organizaçom e política exterior da UPG (1964-1986) na editora Laiovento. Membro da AGAL e da Academia Galega da Língua Portuguesa.

Xe Freyre (Mondoñedo, 1962) é autor de traballos de investigación histórica, mormente relacionados con Mondoñedo, literaria e de promoción turística. Colaborador habitual na prensa galega, os seus traballos (artigos, reportaxes, entrevistas, críticas...) están esparexidos por numerosos xornais e revistas do país. Abordou tamén o guión documental.

COMPONENTES DO GLLP

Ernesto Gon-zález Torte-rolo (Montevideo, 1974). Profe-sor de ensino secundario e artista visual. Antigo mem-bro da Asocia-ción Cultural e D e p o r t i v a Leiras Pulpei-ro

Page 3: Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo

FEBRERO 2014 MONDOÑEDO 9

César Morán.- Profesor, músico e escritor. Nado no Bier-zo, de pai berciano e mai mindoniense, reside na Coruña onde exerce a súa docencia. Por vía familiar mantivo con-tacto con Mondoñedo desde moi novo e coñeceu de cedo a obra de Álvaro Cunqueiro, autor a quen ten dedicado a maior parte dos seus estudos literarios. Entre os seus traballos e publicacións salienta o libro O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro(1990), así como tamén as súa achegas poético-musicais Río de son e vento (1998) e Haberá Primavera (2011). Estas obras son ben representativas da súa composición e interpretación musi-cal sobre textos diversos, desde autores do XIX como Ro-salía, Pondal ou Leiras ás voces máis emblemáticas do XX ou a poemas de creación propia.

Jesús Chao Falcón. Cola-borador do Xornal e direc-tivo de varias asoc iac ións de Mondoñe-do. Escritor. H is to r iador . E t n o g r a f o . (nado e resi-dente en Mon-doñedo

Matias Escalera. Profesor. Escritor. Coordinador e porta-voz da Asamblea de Profesores de Alcalá de Henares e impul-sor da Marcha Verde en defensa do Ensino Público. Residente en alcalá de Henares.

Bernardo Penabade Rei Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Uni-versidade de Santiago, complementou estudos na especialidade de Filoloxía Hispánica. Desde 2003 está destinado no IES Perdouro de Burela. No campo da didáctica é o impulsor do "Modelo Burela de Planificación Lingüística", unha estratexia educativa en aplicación desde 2004

María do Carmo Cociña. Licenciada en Filoloxía Ro-mánica (1985) e Galego-Portuguesa (1987) pola Uni-versidade de Santiago de Compostela. desde 1990 ensina Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo de Burela, (nada en Xove e resi-dente en Burela).

Daniel Río Rubal (Caxigueiro), Escultor. Cera-m i s t a . P o e t a . B o t á n i c o . A súa estancia no Seminario de Estudios Cerámi-cos (Sargadelos) fai que estableza unha especial relación cos materiais cerámicos, presentes en boa parte da súa obra. A partir do ano 1990, o escultor vai traballar máis preto do concepto de "instalación". A narración, a temática social, a utilización do chan, a presencia da poesía xunto coa mestura de correntes tan diversas como o expresionismo o conceptual e o minimal van ser constantes no seu traballo. naceu en Mondoñedo

e residente en San Martiño

Antonio J. Meilán Gar-cía. Profesor titular de Lengua Española na Uni-versidade de Oviedo, licenciado en Filoloxia Románica. Escritor e Investigador. Cabe suli-ñar os seus traballos so-bre o Mariscal Pardo de Cela e sobre Leiras Pul-peiro. Nado en Mondo-ñedo e residente en

Francisco Piñeiro Gon-zalez. Profesor no IES Monte Castelo de Burela. Escritor. Dramaturgo. Fun-dador e Director dos gru-pos de Teatro: “O Bordelo” de Cervo (1998), “A Ada-la” de Fazouro (1999), A g r u p a c i ó n t e a t r a l “Francisco Piñeiro” (2000), "O Batán de Can-gas” (2009) Nado no Re-guengo (Mondoñedo) e residente en Cervo.

Mari Paz Ro-driguez Silva. Actriz e direc-tora de teatro dos grupos Ardora de San Cibrao (Cervo) e Batán de Cangas de Foz, Nada en Nogueira de R a m u i n (Ourense) e

Matias Ni-cieza Di-rector de Cine. Cola-b o r a d o r radiofónico en Radio Burela e P r o x e c t o Neo. Nado e residente en Burela.

Xosé Ruiz Leivas. Presidente e direc-tor do xornal da A s o c i a c i ó n “Amigos da Cidade de Mondoñedo”. Escritor, articulista en prensa e revis-tas . Dinamizador cultural. Nado na Coruña de nai min-doniense e residente en Mondoñedo.

Rebeca Maseda Longarela. Violi-nista. Acadou estu-dos en Mondoñedo, Xove, Vigo e Holanda. Colaborou coa orquestra de Xove e formou par-te da JONDE (Joven Orquestra nacional de Espa-ña).

Xusto Fernandez Haro. Membro fundador e antigo presidente da Aso. Leiras Pulpeiro. Actual concelleiro de Cultura e Turis-mo do Concello de Mondoñedo. Nado e residente en Mon-doñedo.

Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971) é profesor e crítico literario. Como investigador e ensaísta tense ocupado da obra de Ánxel Fole, Aníbal Otero, Luís Seoane, Xosé Díaz Xácome, Celso Emilio Ferreiro, Arcadio López-Casanova, Manuel Leiras Pulpeiro ou Xosé María Díaz Castro, entre outros. Membro da Sección de Crítica da AELG e mais da Asociación Española de Críticos Literarios, recibiu varias distincións polo seu labor como crítico, investigador e tradutor literario, entre elas o Premio Xerais á Cooperación Editorial 2004 ou o Premio Literario Ánxel Fole 2010. As súas recensións aparecen publicadas en diversos xornais. Unha parte representativa dese labor foi recollida no volume Criticalia (2011). Co mesmo nome, mantén dende febreiro do 2011 o blog armandorequeixo.blogaliza.org.

Fe González Fernández (Lugo, 1971), é licenciada en Filoloxía Inglesa pola USC e exerce como tradutora. Ten vertido dende o inglés ao galego e cas-telán as obras de T. S. Eliot, A terra baldía; Jack London, Polos mares do Sur; Mary Wollstonecraft, Vindicación dos dereitos da muller e mais Maria; Edith Wharton, A ida-de da inocencia; Bertrand Russell, Eloxio da ociosidade; Eliza Haywood, A dama solita-ria & Fantomina; Laurie Lee, Cando partín unha mañá de verán; Robert L. Stevenson, Apoloxía dos ociosos; Aphra Behn, Oroo-noko; ou Jonathan Swift, Unha humilde proposta, entre outras.

COMPONENTES DO GLLP

RAMOM REIMUNDE NORENHA Nasceu o 18 de Abril de 1949 em Sãmartinho de Mondonhedo no concelho de Foz, na Marinha de Lugo. Capitão da Marinha Mercante (1978) e licenciado em Filologia Hispánica em 1979 e em Filologia Galego-Portuguesa em 1982, professor nos Liceus de Viveiro, Lugo, e finalmente no IES de Foz, onde atingiu a condição de Catedrático em 1992. Numerário da Academia Galega da Língua Portuguesa e membro das diretivas de Agal e Promagal, presidente de Promafoz. Pertence ao Grupo Literario Leiras. Publicou centos de artigos em jornais galegos, nomeadamente em El Progreso, sobre temas literários, linguísticos, marítimos ou florestais. Pseudónimo: Marcos Loureiro. Escreveu livros de crítica literária de feição pessoal ( Poesia Galega Completa de Leiras Pulpeiro-1983, Trebom de Armando Cotarelo-Agal-1984, Bem pode Mondonhedo desde agora ( Prémio de ensaio Anxel Fole em 1998), Costumes antigos de Galiza, e uma crónica romancística sobre o mar, A Costeira, em 2006. Publicou também em 1910 Cautivério de Fingoi, sobre Carvalho Calero, e Com Textículos, uma recopilação de 77 artigos de jornal. Versiona e comenta as Poesias Completas de Leiras Pulpeiro em português. Atualmente, aposentado do ensino, mora em Adelám, (Alfoz).

Page 4: Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo

FEBRERO 2014 MONDOÑEDO 10

ACTIVIDADES 2013 DO GRUPO LITERARIO “LEIRAS PULPEIRO”

Membros da Asociación Camiños a Santiago pola Ri-beira Sacra

Na Croa do Coto da Recadieira coa Asociación de Ca-miños a Santiago pola Ribeira Sacra

Membros do GLLP e outros brindando coa auga da fonte de augas sulfurosas

Xornadas do peregrino.

Xuntanza de Alcantara

Na campa de Leiras Alumnos do I.E.S. Leiras Pulpeiro de Lugo percorren-do o Roteiro turistico-literario Leiras Pulpeiro

Ante a tumba do medico no día da entrega dos premios do concurso de poesía Leiras Pulpeiro

MONDOÑEDO NON É UNHA ILLA

1º Manifesto do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro”: Sobre os accesos desde a Autovía do Cantábrico Todas as persoas que formamos parte do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” temos como referente humano ao médico, poeta, político e humanista Manuel Leiras Pulpeiro. Del aprendemos sobre todo que o interese xeral está sempre por riba de calquera comenencia particular ou partidista. E ademais, todas e todos nós temos querenza como lugar afectivo e da memoria polos valores culturais herdados dos homes e mulleres que ao longo da historia deron brillo e resplandor a Mondoñedo. Somos conscientes de que a simple alusión a un pasado glorioso non abonda, senón que nos obriga a velar porque o prestixio herdado non se esvaeza e a traballar para que o presente e o futuro de Mondoñedo e das súas xentes acrecente e consolide un ben patrimonial que, sendo local, tamén é universal e debemos compartilo co resto do mundo. Os que participamos deste proxecto, fose por nacemento ou por simpatía, sabemos que, como amosan os indicadores de todo tipo, o Mondoñedo do presente vive unha situación difícil, por múltiples e moi variadas causas, pero que afecta gravemente tanto ao benestar das persoas como ao propio creto da cidade, o que supón limitar de xeito importante as súas posibilidades de futuro. Por iso, como colectivo e individualmente, manifestamos a nosa vontade de non manternos alleos a acontecementos, circunstancias, situacións ou decisións que ao noso entender poidan repercutir negativamente no devir mindoniense, como está sucedendo na actualidade como consecuencia da apertura da Autovía do Cantábrico. Unha vía moderna e de alta capacidade que permitiría, potencialmente, que moitas persoas atraídas pola historia mindoniense fosen e viñesen en poucas horas desde Lisboa, París, Barcelona, Donosti, Porto, Vigo, Santiago, Lugo ou A Coruña ata a nosa cidade. Porén, esta autovía circunvala Mondoñedo como se Mondoñedo fose unha illa. Desde a Xesta, Lindín ou Arroxo, os tres puntos da enlace da autovía coa cidade, Mondoñedo parece unha illa afastada da costa do futuro. As estradas actuais están en malas ou, como é o caso da que parte de Lindín (lugar de orixe do pai de Leiras), en moi malas, pésimas condicións. Como polo de agora non hai, que se saiba, ningún proxecto concreto e con garantías para atender este grave problema, máis alá de suposicións mediáticas alentadas por intereses partidistas, nós reclamamos unha solución inmediata e de calidade a este problema. Mondoñedo non é nin quere ser unha illa, como reflicte a súa historia, senón parte dun valioso continente a visitar. Os que teñan a obriga de darlle solución e esperanza aos mindonienses non deben permanecer indiferentes ante esta xusta petición. Se o fan e un día a “auga” que nace da fonte dese seu abandono chega a asolagar a memoria nosa ou afoga o noso futuro, eles serán os únicos culpables.

Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” Mondoñedo, 28 de xaneiro de 2014

Antón Meilan asinando en Branco na lapida onde di “Amou a verdade e praiticou o ben”

Profesoras do equipo de Dinamización e Normalización Lengüistica do I.E.S. Leiras Pulpeiro de Lugo