BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA...

12
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE MERÍN Venres 10 de xullo. Misa rezada ás 22 h. e bendición dos vehículos presentes e despois haberá servicio de pulpería no campo da festa. Verbena con “Phanton Disco”. Domingo 12 de xullo. Día do San Cristovo. Misa rezada ás 10 h e solemne ás 13.30 h. Sesión vermú e verbena co cuarteto “Menfis”. Sabado 18 de xullo. Día do Santísimo. Misa rezada ás 10 h. e solemne ás 13:30 h. Sesión vermú. Verbena co “Dúo Nueva Era”. De 19 a 00 h. xogos para nenos e nenas de todas as idades. Domingo 19 de xullo. Día do Carme. Misa rezada ás 10 h. e solemne ás 13:30 h. Vermú cun grupo musical. FESTAS DO CARME EN TROBE O 18, 19 e 20 de xullo. FESTAS DA MARÍA MADANELA E DO SANTÍSIMO EN PONTE ULLA O 22 e 23 de xullo. FESTAS PATRONAIS EN SAN FINS O 1, 2 e 3 de agosto. FESTA DO CHOURIZO EN SAN PEDRO DE SARANDÓN O 2 de agosto. ... E AGOSTO COMEZA CON FESTAS TAMÉN!! O SÁBADO 18 DE XULLO ÁS 19 h NO MUSEO PAZ CAMPS (San Fins de Sales) chega o desexado momento dos máis peques de ver moi de cerca estes queridos personaxes. “Os Bolechas na máquina do tempo”, gracias ao programa Falaredes 2015 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia chegarán a Vedra. TRÁTASE DUNHA ACTIVIDADE LIBRE E GRATUÍTA, ATA COMPLETAR AFORO!! NON A PODEDES PERDER!! OS BOLECHAS ESTREAN O SEU NOVO ESPÉCTACULO ...EN VEDRA FESTAS EN VEDRA

Transcript of BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA...

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

BOLETÍNINFORMATIVO

MUNICIPALXullo 2015 - Nº 190

FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN

O 5 de xullo.

FESTAS EN SAN CRISTOVO DE MERÍNVenres 10 de xullo.Misa rezada ás 22 h. e bendición dos vehículos presentes e despois haberá servicio de pulpería no campo da festa. Verbena con “Phanton Disco”.

Domingo 12 de xullo. Día do San Cristovo.Misa rezada ás 10 h e solemne ás 13.30 h.Sesión vermú e verbena co cuarteto “Menfis”.

Sabado 18 de xullo. Día do Santísimo.Misa rezada ás 10 h. e solemne ás 13:30 h. Sesión vermú. Verbena co “Dúo Nueva Era”.De 19 a 00 h. xogos para nenos e nenas de todas as idades.

Domingo 19 de xullo. Día do Carme.Misa rezada ás 10 h. e solemne ás 13:30 h. Vermú cun grupo musical.

FESTAS DO CARME EN TROBEO 18, 19 e 20 de xullo.

FESTAS DA MARÍA MADANELA E DO SANTÍSIMO EN PONTE ULLA

O 22 e 23 de xullo.

FESTAS PATRONAIS EN SAN FINSO 1, 2 e 3 de agosto.

FESTA DO CHOURIZO EN SAN PEDRO DE SARANDÓN

O 2 de agosto.

... E AGOSTO COMEZA CON FESTAS TAMÉN!!

O SÁBADO 18 DE XULLO ÁS 19 h NO MUSEO PAZ CAMPS (San Fins de Sales) chega o desexado momento dos máis peques de ver moi de cerca estes queridos personaxes.

“Os Bolechas na máquina do tempo”, gracias ao programa Falaredes 2015 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia chegarán a Vedra.

TRÁTASE DUNHA ACTIVIDADE LIBRE E GRATUÍTA, ATA COMPLETAR AFORO!!

NON A PODEDES PERDER!!

OS BOLECHAS ESTREANO SEU NOVO ESPÉCTACULO

...EN VEDRA

FESTAS EN VEDRA

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

2

FOI EN XUÑO!!

Sardiñada da Terceira Idade.Éxito da exposición dos obradoiros de pintura no museo Paz Camps.

Obradoiro Posta a Punto. Globoflexia. Obradoiro Posta a Punto. Cociña mexicana.

Última etapa de sendeirismo antes do parón de verán!! Campamento de Verán 2015 en Viveiro.

Festival fin de actividades das escolas deportivas de Vedra

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

Segundo o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e as súas modificacións na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, AS PERSOAS PRO-PIETARIAS DE PARCELAS TEÑEN A OBRIGA DE MANTER LIMPAS DE MALEZA AS SITUADAS A ME-NOS DE 50 METROS DO SOLO NÚCLEO RURAL E URBANO, EDIFICACIÓNS, VIVENDAS ILLADAS E URBANIZACIÓNS.

Recordamos que este concello está considerado pola Xunta de Galicia como zona de alto risco de incendio polo que a aplicación destas medidas debe ser moito

máis rigorosa e o seu incumpri-mento levará consigo a apli-cación de multas coercitivas aos titulares das parcelas e, de ser o caso, a instrución do correspondente proce-demento sancionador.

Así mesmo, lembrámoslle aos veciños que os permi-sos de queima de restos agrí-colas e en monte están totalmente prohibidos ata novo aviso.

3

DE INTERESE

NOMEAMENTO DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VEDRA

O sábado 13 de xuño tivo lugar a sesión constitutiva da nova corporación de Vedra que quedou integrada do seguinte xeito:

Polo PP de Vedra: (Grupo de Goberno)Carlos Martínez Carrillo:

Alcalde de Vedra.María Jesús Piñeiro Caldelas:

1ª Tenente de Alcalde e Concelleira de infraestruturas, obras e servizos; Seguridade Cidadá.

Manuel Costa Carneiro:2ª Tenente de Alcalde e Concelleiro de Educación, Turismo e Medio Rural.

Rogelio Lema Mougán:3ª Tenente de Alcalde e Concelleiro de Benestar Social e Sanidade; Persoal.

Enrique Vázquez Martínez:4ª Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura, Xuventude e Voluntariado, Emprego e Formación.

Margarita Devesa Cardelle:Concelleira de Medio Ambiente, Muller e Igualdade.

Juan Manuel Cernadas Méndez:Concelleiro de Deportes, Novas Tecnoloxías e Comunicación Social.

Polo PSDEG – PSOEOdón C. Cobas García.Ramón Manuel Lago Lestón.María del Pilar Pereiro Rey.María Beatriz Amenal Junquera.

Polo BNGJosé Antonio Pose Rodríguez.Roberto Castro Rocamonde.

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

HORARIOS DE VERÁN

NA CASA DO CONCELLO...

Do 15 de xuño ao 15 de setembro o horario de atención ao público no concello será de 9 a 13 h.

NA OFICINA DE CORREOS...

De luns a venres de 8:30 a 10 h será o horario de atención ao público.

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

4

CIENCIA

NOVA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA DO PROGRAMA TODOCOSMOS

SERVIZOS SOCIAIS

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Excursión á praia con xantar campestre á Illa de Arousa.

Venres 17 de xullo.Prezo: 22 € (Inclúe transporte e comida).Prazas limitadas.Programa: Preténdese que este sexa un día de diversión e confraternidade. Para iso buscamos un lugar con amplas zonas de sombra…Pola mañá visitaremos lugares de interese na Ría de Arousa. Pola tarde praia.(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 4 de xullo. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición)

Excursión: Portugal con historia.Ruta: Ilhavo- Buçaco- Coimbra- Aveiro- Serra do Açor- Piodao os días 24, 25 e 26 de xullo.Prezo: 155 € (Inclúe: transporte, pensión completa, servizo de guía e seguro de viaxe).

Prazas limitadas.Aberta a todos os interesados.(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 4 de xullo. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición)

Bingo.Xoves 30 xullo ás 21:00 h.

Clausura das actividades do Centro Social.

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

5

NOTA INFORMATIVA DO DEPARTAMENTO DE EMPREGO DO CONCELLO DE VEDRAPROCESOS DE SELECCIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VEDRA

1.- PROGRAMAS DE CONTRATACIÓN SUBVENCIONADOS POLAS DISTIN-TAS ADMINISTRACIONS:As persoas interesadas en participar en calquera proceso de selección municipal que estea financiado con fondos autonó-micos, estatais ou europeos deben estar previamente inscritos na oficina de empre-go correspondente. Ás persoas empadroa-das no concello de Vedra correspóndelles a oficina de emprego de Santiago Norte.

Estes programas esixen que dende o concello se remita unha oferta de empre-go pechada á oficina de emprego co pos-to a cubrir e os requisitos requiridos aos candidatos e posteriormente esta oficina remite ao concello un listado de candida-tos preseleccionados tendo en conta a antigüidade como demandante de empre-go, o cumprimento ou non dos requisitos requiridos, pertenza a colectivos espe-ciais (menores de 30 anos, mulleres, ví-timas de violencia de xénero, parados de longa duración, maiores de 45 anos, etc.) e as ocupacións ou postos seleccionados polo desempregado inscrito. Para cada proceso selectivo publícanse unhas ba-ses de convocatoria nas que se recollen os aspectos que rexerán ese proceso, os criterios de valoración e baremos, as pro-bas a efectuar e o temario dos exames, na páxina web municipal (http://concello-devedra.com) e no taboleiro de anuncios do concello situado na casa consistorial, coa antelación que cada proceso permite.

Unha vez recibida a lista provisional de candidatos preseleccionados procédese á súa publicación, xunto coa comunica-ción de data, hora e lugar de celebración do proceso.

Dentro dos programas de contratación subvencionados polas distintas adminis-tracións, os postos que dende este con-cello se requiren con máis asiduidade son os de oficial de segunda albanel, peóns de

obras públicas ou peón especialista de al-banel, xardineiros, conserxes en xeral ou técnicos de protección civil, limpadores en xeral e axudantes de recollida de lixo.

Para poder participar como alumno dun obradoiro de emprego, a persoa desem-pregada debe estar inscrita e solicitar que o inclúan como alumno en obradoiros de emprego ou talleres de emprego (clave 340 que se debe renovar a partir do 1 de xaneiro de cada ano, posto que o progra-ma informático fai un varrido de claves formativas a finais de cada exercicio). As persoas interesadas en participar como persoal docente, directivo e de apoio do obradoiro poderán inscribirse como de-mandantes ou mellora de emprego, indi-cando a titulación máis alta da que dis-poñan e solicitando o posto ao que optan dentro do obradoiro (sempre e cando se poida acreditar a experiencia mínima no posto que esixan as bases de convocato-ria do proceso selectivo). Unha vez lanza-das as ofertas e facilitados pola oficina de emprego os listados de candidatos prese-leccionados procédese á fase de selec-ción que valorará o persoal da Conselle-ría ou Xefatura Territorial de Traballo, da oficina de emprego e persoal municipal.

2.- CONTRATACIÓNS DIRECTAS DO CONCELLO:A pesar de que na Lei de Presupostos do Estado, non se permite por regra xeral a contratación directa por parte das admi-nistracións con fondos propios, naqueles casos excepcionais nos que está permi-tido como é nos supostos de cobertura de baixas ou vacacións de servizos de carácter urxente e imprescindible, o con-cello convoca os procesos de selección para cobertura de prazas abertos, para o que se publican as bases de convo-catoria na páxina web municipal (http://concellodevedra.com) e no taboleiro de anuncios do Concello situado na casa consistorial. Así mesmo publícase o

anuncio da convocatoria do proceso de selección a través de bandos nos tabo-leiros parroquiais. Ábrese un prazo de presentación de solicitudes no rexistro do concello, requirindo a documentación a presentar para a valoración de méritos (tendo en conta criterios coma nivel for-mativo, cursos relacionados co posto a desenvolver, experiencia en posto igual ou similar ao que se vai contratar), que se establecen nas bases de selección e procédese á realización do proceso selectivo unha vez declaradas definiti-vas as listas de admitidos e excluídos e publicadas no taboleiro de anuncios municipal e na páxina web do concello e fixada data, hora e lugar de celebración da selección.

3.- DEPARTAMENTO DE EMPREGO DO CONCELLO DE VEDRA:Dende o ano 1998 existe nas dependencias municipais do Concello de Vedra, unha oficina de emprego, formación, desenvolvemento e promoción económica, na que os veciños e habitantes do Concello poden realizar consultas, solicitar asesoramento, pedir información de ámbito laboral, prestacións e subsidios por desemprego, ámbito formativo e de desenvolvemento local, presentar ou elaborar os seus currículos, ou calquera acción de ámbito laboral e formativo relacionado coa promoción económica e o emprego.

Para dispor dunha relación de deman-dates de emprego precisamos da vosa colaboración, polo que pregamos a toda persoa en situación de desem-prego que se comunique con este de-partamento. O horario de atención ao público é de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas en horario de inverno e de 9.00 a 13.00 horas en horario de verán. Para solicitar cita previa poderá voste-de chamar aos teléfonos 981.81.46.12 ou 669.450.801 (Cruz).

EMPREGO

Page 6: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

6

XUVENTUDE

ESCOLA DE VERÁN 2015

Durante o mes de xullo desenvolverase a Escola de Verán. Este ano achegaranse ao traballo con mapas, á análise dos cambios no territorio...Máis de 30 mozos/as de 13 e 16 anos compartirán esta alternativa de verán, de convivencia, de diversión, de compañeirismo...de novas experiencias...

POSTA A PUNTO

O último dos obradoiros deste Programa de Posta a Punto no Verán...

MEDIO AMBIENTE

LUVAS VERDES

O programa de voluntariado ambiental “LUVAS VER-DES” impulsado dende o concello de Vedra pretende traballar este verán coa poboación máis nova.

Reeducar, informar e incentivar o coidado do medio ambiente é o obxetivo principal deste proxecto. Partin-do da idea de que estes lugares son de todos e para to-dos, pretendemos este verán concienciar e educar aos nenos e nenas inscritos nos campamentos de Vedra.

A primeira das actividades propostas será o día 15 de xullo na Ludoteca Municipal onde realizaremos unha saída de limpeza adaptada ás idades e capacidades dos cativos e cativas.

VEDRA COA RECICLAXE.SOMOS O CONCELLO DA

COMARCA CON MÁIS COLECTORES POR PERSOA

Unha mostra máis da importancia que para o noso termo municipal ten o medio ambiente, a reciclaxe e a boa conservación da nosa paisaxe xurde o seguinte dato: En Vedra temos un colector por cada 96 habitantes.

Unha cifra que mellora con moito os 173 habitantes por colector de media nos concellos da comarca compostelá e por suposto os 349 habitantes que se cifran nos menos numerosos.

E ADEMAIS … CAMPAÑA “SEPAREMOS BEN, RECICLEMOS MELLOR”

Esta campaña promovida pola consellería de Medio Ambiente e Sogama vaise achegar a Vedra.

A cita terá lugar o próximo luns 13 de xullo a partir das 16:00 horas na Piscina municipal de Vedra, a onde se achegará unha aula móbil con información de interese sobre a reciclaxe.

Durante esta xornada educadores ambientais da campaña darán información e axudarán a nenos e maiores a coñecer a reciclaxe dende un punto de vista lúdico.

Page 7: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

Durante os meses de verán o pa-villón modificará o seu horario que pasará a ser de 19.00 a 24:00 horas.

O pavillón pódese alugar por ho-ras cunha antelación máxima de 7 días, estan libres os seguintes horarios:

Luns: de 22:00 a 24:00 horas.Martes: de 19:00 a 21:00 e de 22:00 a 24:00 horas.Mercores:de 21:00 a 24:00 horas.Xoves: de 19:00 a 21:00 horas.

Venres: de 23:00 a 24:00 horas.

A reserva de horas farase direc-tamente no pavillón municipal e o aluguer non se fará efectivo sen o abono da taxa correspondente.

7

MEDIO AMBIENTE

HORTA SOLIDARIA

A Concellería de Medio Ambiente presenta este novo proxecto que pretende axudar a loitar contra a fame e dar alimentos frescos e de primeira necesidade á xente que máis o precise, contando cos excedentes producidos nas nosas hortas.

Quen pode participar?Calquera persoa que teña horta na súa casa.

En que consiste?En poñer unhas plantas de máis na túa horta, que serán aportadas polo concello, para doar os produtos resultantes a quen o precise.

Cal será o destino dos excedentes?Banco de alimentos municipal, Cáritas, Cotolengo…

Quen se encarga de recollelos?Persoal voluntario

Que podo plantar?Será o concello o que decida que se planta (tomate, pemento, leituga, repolo..) para ter un control e variedade de produtos.

Cando comeza?Na campaña de outono – inverno.

Máis información naConcellería de Medio Ambiente de Vedra

ou nos teléfonos981 814 691 / 981 502 416

DEPORTE

HORARIOS DE VERÁN DO PAVILLÓN E ALUGUER DA PISTA

TURISMO

PUNTOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA NO VERÁN

Os meses de xullo e agosto o concello de Vedra volverá contar con dous puntos de atención e información turística que serán a Casa Reitoral de Ponte Ulla e a Casa dos Peóns en Vilanova, que contarán cos seguintes horarios:

Casa Reitoral de Ponte Ulla:Todos os días pola mañá de 11:00 a 14:00 h.

Casa dos Peóns:Pola tarde de martes a domingo de 16:00 a 19:00 h.

O departamento de turismo tamén oferta un servizo de acompañamento para grupos.

Ademais, todos os establecementos hostaleiros adheridos a “Tabernas da Ulla” contarán con material de promoción do concello.

Para calquera consulta dirixirse aos teléfonos669 450 804 e 981 814 612.

Page 8: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

8

TURISMO

DESCENSO DO ULLA EN PIRAGUAS

O 11 de xullo chega a xa tradicional cita co Río Ulla e co seu descenso en piraguas. Nesta xornada o pelo-tón multicolor percorrerá os case 10 km que separan As Illas de Gres da Área de Recreo de Agronovo.

Data: sábado 11 de xullo.Lugar e hora de recollida do servizo de autobus: Área de Recreo de Agronovo ás 10:00 h.Inicio da actividade: Ás 11:00 h. en Ponteledesma (Illas de Gres)Prezo: 20 € por persoa (inclúe desprazamento en auto-bús, piragua, chaleco salvavidas, seguro da actividade).As piraguas son de dúas prazas!Novidade: Ademais a organización regalará unha camiseta conmemorativa da xornada!!Inscricións: No teléfono 981 814 991 ou no endere-zo electrónico [email protected]

Os dezanove concellos con rutas de sendeirismo nas ribeiras do Ulla ofertan este programa de turismo e deporte de natureza. Trátase dunha magnífica oportunidade para coñecer as diferentes rutas de sendeirismo e encantos turísticos desta zona de Galicia bañada polo Ulla. A axenda do programa:

GOZA DO ULLA PERCORRIDO POLAS RUTAS DE SENDEIRISMO DOS CONCELLOS DO ULLA

AGOLADA:Ruta do Ulla pola canle de Ramil

Data: sábado 18 de xullo.Distancia: 10 km.Dificultade: media – baixa.Punto de encontro: Campo da igrexa San Martiño de Ramil.42º 50´32,27´´N / 7º 58´39,47´´WContacto e información:Tel.: 619 267 783 – 986 788 [email protected]

ARZÚA:Muíños de Roque – Fervenzas das hortas

Data: sábado 1 de agosto.Distancia: 14 km.Dificultade: baixa.Punto de encontro: Mercado Centro Multiusos “Terra do Queixo”. X: 568392 – Y: 475316Contacto e información:Tel.: 676 172 [email protected]

VEDRA: Ruta de San Xoán da Cova (PR-G 36)Data: domingo 2 de agosto.Distancia: 11,2 km.Dificultade: media.Punto de encontro: Área de recreo de Cubelas.42º 44´ 6.96´´ N / 8º 28´ 33.1´´OContacto e información:Tel.: 981 814 [email protected]

EN XULLO: EN AGOSTO:

ALUGUER DE PIRAGUASE BARCAS DO ULLA NA

ÁREA DE RECREO DE AGRONOVO

O Concello de Vedra informa de que ao longo dos meses de xullo e agosto, todos os sábados e domingos pola tarde entre as 16:00 e 20:00 h. poderase acceder libremente ás piraguas e ás barcas do Ulla mediante o seu aluguer a un prezo de 3 € /hora.

Non perdas a ocasión de realizar esta actividade que che permite gozar da paisaxe ao tempo que practicas deporte!!

O punto de encontro será ás 9:30 h. na Área de recreo de Cubelas, alí deixaremos os coches para subir en autobús ao punto de saída no Miradoiro de Gundián as 10.00 h.

Tamén, se estas interesado, podes aproveitar esta ocasión

para xantar na Festa do Chourizo, que se celebra o mesmo día na Área de recreo de Cubelas.

Máis información en:[email protected] e en http://facebook.com/

gozadoulla

Page 9: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

9

INICIATIVAS ASOCIATIVAS

TURISMO

ALUGUER DE BICICLETAS BTTLEMBRA QUE CONTAMOS CUN SERVIZO DE ALUGUER DE BICICLETAS

Persoas destinatarias:O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a per-soas maiores de idade, se ben os menores con idade comprendidas entre os 16 e os 18 anos poderán gozar do sistema previa autorización expresa e responsable dalgún dos seus pais ou titores legais. Queda expresa-mente prohibido a alta e utilización do servizo a meno-res de 16 anos.

Horario e lugar do servizo de aluguer de bicicletas:Horario de atención ao público: de martes a domingo de 11:00 a 20:00 horas nos PUNTOS DE INTERMEDIA-CIÓN DO ALUGUER DE BICICLETAS:

Bar Quenllas: Manuel Texo nº 3, Santa Cruz de Ri-badulla. (42.776649, -8.424904) Tel.: 981 512 452.Bar Barreiro: Cibrán nº9, San Xián de Sales. (42.814694, -8.511153) Tel.: 981 511 508.Ou chamando ao 981 814 612 ou escribindo a [email protected]

Dispoñibilidade do servizo:O servizo estará dispoñible todo o ano. O tempo máxi-mo permitido de utilización continua das bicicletas é de 6 horas. No caso de exceder este prazo aplicaranse as

sancións correspondentes. O servizo poderá ser sus-pendido por causas de forza maior (climatolóxicas...).

Declaración de alta como usuario:Os interesados en usar o sistema de aluguer de bicicle-tas deberán previamente darse de alta no servizo nos Puntos de Intermediación. A tal efecto, deberán cumpri-mentar unha folla de inscrición e acompañala do docu-mento nacional de identidade.

Custe do servizo 3 €, co límite de tempo fixado (6 h).

Xestiona o servizo a Asociación para a Dinamización e Promoción de Vedra “Casa dos Peóns”.

XIII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DO PATIO no Pazo de Ortigueira

Un ano máis volve esta cita coa MÚSICA con maiús-culas... que a Banda de Música de Santa Cruz de Ri-badulla organiza e desenvolve con gran éxito da crítica musical e do público en xeral.

VENRES 10 de Xullo ás 22.00 h.“Grandes Ares de Opera”

Soprano Cecilia Rodríguez.Soprano Aida Cruz.Tenor Diego Neira.

SÁBADO 11 de Xullo ás 19.00h“XIII Festival de Bandas de Música do Patio”Homenaxe aos Directivos da Banda.

Banda de Música Cultural de Teo.Banda de Música de Catoira.Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla.

GALA X ANIVERSARIO DO CLUB OLÍMPICO DE VEDRA

Data: o sábado 18 de xullo.Hora: a partir das 22 horas.Lugar: no Campo do Souto.

Será unha boa ocasión para celebrar os innumerables éxitos dos 10 anos de historia deste club.

Page 10: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

10

INICIATIVAS ASOCIATIVAS

4X4X4CINE DE VERÁN 2015 EN VEDRA

4 VENRES 4 PARROQUIAS 4 PELÍCULAS

A Asociación Senunpeso organi-za este ciclo de cine de verán no que se combina, verán, lecer, cine e Vedra!

Bótalle un ollo ás datas e ás pelí-culas propostas!! Non te deixarán indiferente!!

Venres 10 de xullo. 22:30 h.San Miguel de Sarandón.Campo da festa.

Os FenómenosO esplendor e decadencia do ladri-llo a través de Neneta, unha muller que para escapar do seu pasado entra a traballar na construción cun-ha singular cuadrilla de obreiros.

2014. Drama/Comedia.Dirección: Alfonso Zarauza.Con: Lola Dueñas, Luis Tosar, Juan Carlos Vellido, Miguel de Lira, X. A. Touriñán...En colaboración coa Asociación Cultural San Campio.

Venres 17 de xullo. 22:30 h.San Xián de Sales.Campo da Festa.

O ApóstoloUn preso fuxido tratará de recupe-rar un botín agochado nunha apar-tada aldea, pero alí atoparase con

estraños anciáns, almas en pena e ata o mesmísimo Arcipreste de Compostela.

2012. Animación/Fantasía.Dirección: Fernando Cortizo.Con: Carlos Blanco, Jorge Sanz, Paul Naschy, Geraldine Chaplin, Xosé Manuel Olveira (Pico)...En colaboración coa Asociación de Veciños “Unión e Progreso” de San Xián de Sales.

Venres 7 de agosto. 22:30 h.Vedra. Capela de San Quietán.

O ouro do tempoA finais dos 60 un médico crioxeni-za o cadáver da súa muller á espe-ra de que a ciencia futura a poida revivir. Unha película inspirada nun feito real e rodada en Vedra.

2012. Drama.Dirección: Xavier Bermúdez.Con: Nerea Barros, Ernesto Chao, Manuel Cortés, Marta La-rralde.En colaboración coa A. C. Papa-ventos.

Venres 21 de agosto. 22:00 h.A Ponte Ulla. Campo da festa.

CrebinskyDous peculiares irmáns, que sobre-viven apañando o que traen as ma-

reas, vense enleados na Segunda Guerra Mundial. Guiados pola súa vaca, inician unha viaxe que os le-vará á súa propia orixe.

2009. Comedia.Dirección: Enrique Otero.Con: Miguel de Lira, Sergio Zea-rreta, Luis Tosar, Patricia de Lo-renzo, Celso Bugallo... En colaboración coa Asociación de Veciños da Ponte Ulla.

Nesta acción da Asociación Se-nunpeso colaboran: Concello de

Vedra / A. C. Papaventos

XVI FESTA DO ESCALO DA

ASOCIACIÓN DE PESCA

DEPORTIVA AGRONOVO.O 12 de xullo

FESTA DO CHOURIZO

EN SAN PEDRO DE

SARANDÓN.O 2 de agosto

Page 11: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

11

PARABÉNS

POLOS ENÉSIMOS TRIUNFOS... AO CLUB OLÍMPICO DE VEDRA

Excelentes resultados acadados nos dous últimos meses polos deportistas do Olímpico de Vedra con 3 medallas nacionais e 12 medallas autonómicas.

A xeira de éxitos daba inicio o 23 de maio onde o equipo alevín feminino se facía co título de campioas galegas alevíns por clubs de atletismo en pista en Ribeira.

O 31 de maio o dúatlon daba 3 novos metais para o palmarés do club acadando os equipos cadete e infantil o bronce e proclamándose Víctor Bouzón campión galego infantil, no campionato celebrado na Pastoriza (Lugo).

O 13 de xuño chegaban dende Ferrol 8 novos metais no campionato galego de atletismo en pista acadados por Carla Perez en categoría alevín, campioa galega en 60 metros lisos e bronce en 500 metros lisos; a tamén alevín Noela Baltasar, ouro en 2 km marcha e bronce en lanzamento de pelota; Gabriela Quintás, campioa galega alevín de 2000 metros lisos; Araceli de Roo campioa galega infantil de lanzamento de disco; Sara Lema, bronce alevín en 2 km marcha e Ignacio Seijo, bronce infantil en lanzamento de xavelina.

O 20 e 21 de xuño completábase un mes apoteósico coa consecución dos subcampionatos de España sub 23 feminino de Acuatlón e Dúatlon en Pontevedra e coa medalla de prata no grupo de 35 a 39 anos para Miguel Daporta. Estes resultados meten ao Olímpico de Vedra no TOP 30 do ranking nacional por primeira vez na súa historia e outórganlle praza tanto en categoría absoluta masculina, como feminina, para disputar a proba de promoción do Campionato de España de Triatlón por Clubs, que se celebrará o 12 de setembro en Águilas e na que se xogará o ascenso a segunda división da Liga Nacional de Clubs.

Equipo sub 23 femininoTania Suárez, Katia Senín e Sara LagoSubcampioas de España Sub 23 de Triatlón - Pontevedra 2015Subcampioas de España Sub 23 de Acuatlón - Pontevedra 2015

Equipo alevín femininoAndrea Torres, Carla Pérez, Carlota Cea, Gabriela Quintás, Lucía Castro, Noela Baltasar, Sara Lema e Tareixa PoseCampioas Galegas Alevín de At-letismo - Ribeira 2015

Equipo cadete masculinoCesar Otero, Marcos Dobalo e Adrián LapidoBronce Campionato Galego de Duatlón Cadete - A Pastoriza 2015

Equipo infantil masculinoVíctor Bouzón, Carlos Sendi-ña, Alberto Codesido e Miguel SuárezBronce Campionato Galego de Duatlón Infantil - A Pastoriza 2015

MEDALLAS POR EQUIPOS

Miguel Daporta Méndez: Subcampión de España de Triatlón Grupo 35 a 39 anos - Pontevedra 2015

Víctor Bouzón García:Campión Galego Infantil de Duatlón - A Pastoriza 2015

Carla Pérez Corral:Campioa Galega Alevín de 60 metros lisos - Ferrol 2015Bronce Galego Alevín de 500 metros lisos - Ferrol 2015

Noela Baltasar Otero:Campioa Galega Alevín de 2 Km marcha - Ferrol 2015Bronce Galego Alevín de lanzamento de pelota - Ferrol 2015

Gabriela Quintás Castro:Campioa Galega Alevín de 2000 metros lisos - Ferrol 2015

Araceli de Roo Ribadulla:Campioa Galega Infantil de lanzamento de disco - Ferrol 2015

Sara Lema Seoane:Bronce Galego Alevín de 2 Km marcha - Ferrol 2015

José Ignacio Seijo: Bronce Galego Infantil en lanzamento de xavelina - Ferrol 2015

MEDALLAS INDIVIDUALES

...Á ESCOLA DE MÚSICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA-CONCELLO DE VEDRA

Por ser unha das catro escolas de música de Galicia que tivo o enorme privilexio de participar no DÍA EUROPEO DA MÚSICA celebrado polo Concello de Santiago.

... Á CENTENARIA DO NOSOCONCELLO!!

FELICIDADES PIEDAD!!E POR MOITOSANOS MÁIS!!

Page 12: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Vedra...BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xullo 2015 - Nº 190 FESTA DA CONCEPCIÓN EN SAN PEDRO DE SANRANDÓN O 5 de xullo. FESTAS EN SAN CRISTOVO DE

PISCINA MUNICIPAL

Horario:De luns a venres de 15.00 h a 21.00 h.Sábados, domingos e festivos de 16.00h a 21.00 h.

En caso de mal tempo as instalacións permanecerán pechadas. Nos meses de xullo e agosto podes inscribirte nas diferentes actividades que che ofertamos!!

Actividades acuáticas as tardes dos luns e xoves de 15:30 a 17:45 horas.

Natación para nenos e nenas: INICIACIÓN e

PERFECCIONAMENTOen varios niveis.

Natación para persoas adultas:

INICIACIÓN e PERFECCIONAMENTO

para varios niveis.

Natación terapéutica para persoas adultas e maiores de

65 anos

Consulta os horarios e inscríbete nas actividades entre o 13 e o 30 de xuño na propia piscina municipal.

Prezos:Cursos para menores de 14 anos: 7 € + ABONO INDIVIDUAL OU FAMILIAR.Cursos para maiores de 14 anos: 13 € + ABONO INDIVIDUAL OU FAMILIAR.Para a inscrición en calquera destas actividades é imprescindible ter un abono da piscina municipal de Vedra para a tempada de verán 2015.Máis información e inscricións na propia piscina ou no teléfono 626 488 891.Prazas limitadas. Concederanse por rigorosa orde de inscrición.

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA: Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES

NO VERÁN

DINAMIZA PISCINA!!!!!!!!!!

Ao longo dos meses de xullo e agosto, os martes, xoves e sábados de 17:00 a 20:00 horas, os nenos e nenas, mozos e maiores que se acheguen á pisci-na municipal, atoparanse con diversas alternativas socioculturais: bibliopiscina, obradoiros, xogos,…Anímate a particicipar e goza do verán!!!!!!!!!!!!!

NA LUDOTECA VIVIMOS UN VERÁN DE… PIRATAS NO ULLA!!!!

Chega a época de verán e os nenos dispoñen de tempo libre. Seguindo as liñas pedagóxicas desde a Ludoteca Municipal de Ve-dra pensamos que é axei-

tado brindarlles a oportunidade de compartir ese tempo, relacionándo-se cos outros nun marco lúdico. A palabra aventura contextualízanos nun universo fantástico atractivo para os nenos. Partindo desta idea propoñémoslles que sexan os pro-tagonistas da súa propia aventura en torno aos piratas do Ulla. Duran-te os meses de xullo e agosto a Lu-doteca abrirá de luns a venres pola mañá de 8:30 a 14:30.

Actividades programadas para o mes de xullo:

1ª semana de xullo: conformaranse dous equipos de piratas que terán que construír un barco propio, darlle nome, elaborar a vestimenta, elixir un capitán,etc. Xogos de coñecemento.

2ª semana de Xullo: saímos en busca de aventuras e tesouros, elixirán a súa illa para gardar os tesouros máis prezados. Xogos de cooperación. Comezaremos a construír cabanas para aprender a ser superviventes como náufragos.

3ª semana de Xullo: 15 de xullo: Luvas verdes piratas,

concienciación co medio ambiente .Xogos de piratas descubridores.Safari fotográfico pirata: activida-de de descuberta no concello para descubrir os piratas de hoxe en día. Que é para ti un pirata?

4ª semana de Xullo:Luns 27: Actividade promovida pola Xunta de Galicia “O sabor da aven-tura do mar”.31 de xullo: Excursión a Baiona onde nos espera unha ruta pirata. Para asistir será preciso anotarse antes do 22 de Xullo.O resto do mes dedicarémolo a diferentes xogos da “Aventura de Piratas”.