BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da...

12
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Maio 2016 • Nº 200 Maio é o mes das letras… tamén é o mes das flores… O 5 de maio… Día da Ascensión! Este ano festivo local en Vedra. O 6 de maio… Doazón de sangue!! O venres 13 de maio na Biblioteca de Vedra… pre- sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro Social de Vedra… Os Bolechas visitan de novo Vedra co seu espectá- culo… “Os Bolechas van ás Olimpíadas”. Do venres 13 de maio ao martes 17 de maio (am- bos inclusive) Campaña de promoción do galego na hostalaría vedresa. O sábado 28 de maio XXVI Romería da Terceira Idade de Vedra. O martes 31 de maio Festival Fin de Curso das acti- vidades deportivas no Pavillón Municipal de Vedra. AXENDA PARA MAIO 21 de maio… Serán das Letras. Organizado pola Asociación Cultural San Campio. 29 de maio “X Día da Bicicleta Asociación Xuvenil Dorna en Trobe”. E NAS ASOCIACIÓNS... O procedemento de regu- larización catastral que se está levando a cabo en todos os concellos do territorio nacional (período 2013-2016), excepto o País Vasco e Navarra, e que está sendo realizada de oficio polo Ministerio de Facenda a través da Dirección Xeral de Catastro, e que en Vedra xa rematou a finais do 2015, ten como finalidade dar de alta no Catastro os inmobles urbanos e rústicos con construcións que aínda non estaban neste, así como regularizar as alteracións e modificacións daque- les que xa estaban dados de alta. Esta revisión supón en moitos casos un incremento dos valores catastrais pola inclusión de edificacións non valo- radas anteriormente (vivendas, galpóns, cubertos, pisci- nas, aparcamentos, etc,...) ou reformas e rehabilitacións feitas nas vivendas, construcións anexas, etc, Así mesmo, se estas edificacións, reformas, etc, xa leva- ban un tempo feitas, catastro vai notificar e reclamar nas vindeiras semanas os ATRASOS, esto é, a diferenza entre o pagado e o valor actualizado (eso sí, como moito, dos últimos 4 anos). Estes atrasos en moitos casos poden supoñer coantías im- portantes, polo que informamos que existe a posibilidade de pedir en período voluntario de pago o FRACCIONA- MENTO (12 meses) OU APRAZAMENTO do mesmo. A dita solicitude pódese presentar no rexistro do concello, e o modelo podese descargar directamente da páxina da Deputación de A Coruña. Para calquera dúbida ou cues- tión non dubides chamar ou preguntar nas oficinas do Concello (981 814612). ATRASOS IBI

Transcript of BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da...

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALMaio 2016 • Nº 200

Maio é o mes das letras…tamén é o mes das flores…

O 5 de maio… Día da Ascensión! Este ano festivo local en Vedra.

O 6 de maio… Doazón de sangue!!

O venres 13 de maio na Biblioteca de Vedra… pre-sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”.

O domingo 15 de maio no Centro Social de Vedra… Os Bolechas visitan de novo Vedra co seu espectá-culo… “Os Bolechas van ás Olimpíadas”.

Do venres 13 de maio ao martes 17 de maio (am-bos inclusive) Campaña de promoción do galego na hostalaría vedresa.

O sábado 28 de maio XXVI Romería da Terceira Idade de Vedra.

O martes 31 de maio Festival Fin de Curso das acti-vidades deportivas no Pavillón Municipal de Vedra.

AXENDA PARA MAIO

21 de maio… Serán das Letras. Organizado pola Asociación Cultural San Campio.

29 de maio “X Día da Bicicleta Asociación Xuvenil Dorna en Trobe”.

E NAS ASOCIACIÓNS...

O procedemento de regu-larización catastral que se está levando a cabo en todos os concellos do territorio nacional (período 2013-2016), excepto o País Vasco e Navarra, e que está sendo realizada de oficio polo Ministerio de Facenda a través da Dirección Xeral de Catastro, e que en Vedra xa rematou a finais do 2015, ten como finalidade dar de alta no Catastro os inmobles urbanos e rústicos con construcións que aínda non estaban neste, así como regularizar as alteracións e modificacións daque-les que xa estaban dados de alta.

Esta revisión supón en moitos casos un incremento dos valores catastrais pola inclusión de edificacións non valo-radas anteriormente (vivendas, galpóns, cubertos, pisci-nas, aparcamentos, etc,...) ou reformas e rehabilitacións feitas nas vivendas, construcións anexas, etc,

Así mesmo, se estas edificacións, reformas, etc, xa leva-ban un tempo feitas, catastro vai notificar e reclamar nas vindeiras semanas os ATRASOS, esto é, a diferenza entre o pagado e o valor actualizado (eso sí, como moito, dos últimos 4 anos).

Estes atrasos en moitos casos poden supoñer coantías im-portantes, polo que informamos que existe a posibilidade de pedir en período voluntario de pago o FRACCIONA-MENTO (12 meses) OU APRAZAMENTO do mesmo.

A dita solicitude pódese presentar no rexistro do concello, e o modelo podese descargar directamente da páxina da Deputación de A Coruña. Para calquera dúbida ou cues-tión non dubides chamar ou preguntar nas oficinas do Concello (981 814612).

ATRASOS IBI

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

FOI E

N...

Foi en... Abril

2

UNHA NOVA EDICIÓN DE FEIRA VEDRA

Unha proposta que cada ano pretende dar a coñe-cer novos proxectos e propostas en Vedra.

Nesta ocasión presentando os seguintes proxectos:

• AS AUDIOGUIAS DE VEDRA… Coas que os pun-tos turísticos máis emblemáticos de Vedra conta-rán, grazas ao sistema QR, cunha explicación para todas as persoas que os visiten!!

• A PRESENTACIÓN DA RUTA BTT organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas e que Vedra terá a sorte de acoller.

• O PROXECTO VIVES EMPRENDE EN VEDRA coa colaboración de Acción Contra el Hambre.

Alumnas/os participando nunha das dinámicas de habilidades sociais.

Ao longo do mes de abril desenvolveuse en co-laboración co CPI de Vedra un obradoiro de habi-lidades sociais dirixidas o alumnado dos cursos de 1º e 2º de ESO. As habilidades sociais teñen gran importancia xa que permiten a adquisición de capa-cidades sociais, facilitando a resolución de conflitos e a toma de decisións, servindo de ferramenta para evitar comportamentos pasivos, detectar posibles ca-rencias no alumnado e previr problemas no futuro.

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS NO CPI DE VEDRA

Cun grupo de arredor de 15 persoas que a través desta iniciativa plasman as súas intencións e ilusións por e para emprender... Neste caso a través do traba-llo da horta!! Dende logo un ambicioso proxecto que ben seguro dará os seus froitos.

COMEZOU VEDRA... HORTA DE COMPOSTELA dentro do proxecto Vives Emprende

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

FOI E

N...

Foi en... Abril

3

COMEZOU A CAMPAÑA DE BACHEO QUE CHEGARÁ ÁS 12 PARROQUIAS DE VEDRA.

Encontro coa mocidade: presentación de programas e servizos para a xuventude de Vedra.

Reunión da directiva da Asociación Camiño Miñoto-Ribeiro, na que o Concello de Vedra ten a vicepresidencia coa Directora Xeral do Patrimonio Cultural Dona María Carmen Martínez Insua.

“Stand” de Vedra nun partido do Obradorio CAB.

E POR SUPOSTO ABRIL FOI O MES DO VEDRA EN CIENCIA!! Coa súa proposta “Luz é Ciencia”

Con charlas, conferencias, debates e mesas redondas para todas as idades sempre coa luz como protagonista!

Luz e consumo: Como entender a factura da luz.

Luz e inxenio. Charla sobre óptica manipulativa.

Continúa na páxina 4

Luz e saúde. Charlas sobre os efectos da luz nos ollos e na pel.

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

FOI E

N...

4

Foi en... Abril

De intereseXUNTANZAS DO ALCALDE COA VECIÑANZA

Continúan estas reunións nas que vos animamos a participar e nas que poderás tratar todos aqueles temas do voso interese!!(Axencia Protección da Legalida-de Urbanística APLU, IBI, etc,...)

PARROQUIA DÍA E HORA

Vilanova PENDENTE

San Miguel Sarandón PENDENTE

Vedra Luns 2 de maio ás 20:30 na Casa da 3ª Idade.

Trobe Venres 6 de maio ás 20:30 no Local Multiusos.

Illobre Martes 10 de maio ás 20:30 no Local Social.

San Fins Xoves 12 de maio ás 20:30 no Local Social.

San Pedro de Sarandón Luns 16 de maio ás 20:30 no Local Social.

San Xián Venres 20 de maio ás 20:30 no Local Social.

…E como colofón… O DOMINGO 24 DE ABRIL “A FEIRA DA CIENCIA”. A cita de toda a comunidade educativa de Vedra!!

Vista de paxaro da Feira da Ciencia 2016.Momento do Vedra en Ciencia 2016.

ASÍ FOI NAS ASOCIACIÓNS...

Festival de Bandas Xuvenís da Escola de Música Santa Cruz de Ribadulla Concello de Vedra.

Presentación do programa “Aquí Galicia” na XXXVI Exaltación da Festa do Viño da Ulla.

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

Como xa informamos hai uns meses as operadoras de móbil realizaron nos últimos meses os traballos para a extensión do ser-vizo de 4G, este servizo xa funciona actualmente en Vedra e podería afectar á recepción da TDT, posto que empregan unha banda parale-la. Calquera incidencia relacionada con este tema deberá comunicar-se ao servizo técnico disposto polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo para este fin no seguinte enderezo electrónico ou teléfono:

correo: [email protected]éfono: 900 833 999

Importante: os traballos do servizo técnico serán totalmente gratuitos pero só atenderán casos nos que o fallo na TDT proveña das obras de ampliación do 4G, non para ava-rías doutro tipo. Máis información en www.llega800.es ou no teléfo-no do Concello 981814612.

INCIDENCIAS NA RECEPCIÓN DA TDT POR ACTIVACIÓN DA TECNOLOXÍA 4G

DE IN

TERE

SE

5

De interese

Acción Cultural

DOAZÓN DE SANGUEEN SANTA CRUZDE RIBADULLA

O venres 6 de maio de 16 a 21 h. unidade móbil diante do supermercado Carrillo.

MOSTRA DA HISTORIA DA IMPRENTA.DENDE 4000 A.C. ATA 1985

No mes das letras… Vedra máis cultural que nunca!!

• LUGAR: NA BIBLIOTECA DE VEDRA • DATA DA INAUGURACIÓN: Venres 13 de maio ás 20.30 h.

Esta exposición estará aberta ao público en horario de atención ao público: de luns a venres de 16 a 19 h. ata o 31 de maio.

OS BOLECHAS VAN ÁS OLIMPÍADAS…EN VEDRA

• DATA: DOMINGO 15 DE MAIO.• LUGAR: CENTRO SOCIAL DE VEDRA.• HORA: ÁS 19 HORAS.

Espectáculo enmarcado no programa Falaredes 2016 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Sen dúbida unha gran nova para a cativada de Vedra!!

Non te perdas esta oportunidade!!

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO GALEGO NA HOSTALERÍA DE VEDRA

Dende o venres 13 de maio ata o martes 17 de maio todos os establecemen-tos da marca “Tabernas da Ulla” acollerán unha campa-ña de promoción do galego…

Un motivo máis para apro-veitar o teu tempo libre, esta vez cunha pincelada máis cultural!!

CULT

URA

MÚSICA E POESÍA NAS LETRAS GALEGAS

• DATA: DOMINGO 22 DE MAIO.• LUGAR: CENTRO SOCIAL DE VEDRA.• HORA: ÁS 18 HORAS.

Programa de actuacións:• Coral da Terceira Idade de Vedra.• A.C. Escola de Música de Vedra.• Acordeonista Juan Ruibal.

Page 6: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

FORM

ACIÓ

NXU

VENT

UDE

6

Formación

Avance de Verán

POSTA A PUNTO

Encontro de Voluntariado XuvenilVenres 27 de maio ás 19:00 h. no Centro Municipal de Formación (Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla).

InformaxovenAchégate á OMIX e poderás atopar información so-bre calquera acción relacionada coa mocidade (es-tudos, axudas, recursos,…).Recordamos que está aberto o prazo para partici-par na campaña de verán da Xunta de Galicia; tes a opción de participar en campamentos, campos de traballo, actividades para +30...

Para máis información:Teléfono 981 814 691 (de luns a venres de 9.30 a 14 h)Enderezo electrónico en [email protected] na oficina da Casa do Concello de luns a ven-res de 9.30 a 14 h.

MOITA ATENCIÓN AO BOLETÍN DE XUÑO… NEL ATOPARÁS TODA A INFORMACIÓN DE TODO CANTO PODERÁS FACER ESTE VERÁN!!!

Xuventude

TODOCOSMOS VOLVE A TRAER A ASTRONOMÍA A VEDRA

O programa de divulgación ofertado polo Obser-vatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursos, obradoiros, observa-cións astronómicas, presentacións, etc.

Parte fundamental deste programa constitúeo o proxecto “La Astronomía al alcance de todos: colabo-ración Universidad-Ayuntamientos, Organismos Pú-blicos y Empresas”, que co acrónimo TODOCOSMOS conta con financiación da FECYT para o ano 2016, e no que participan así mesmo os concellos de Allariz, Ames, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, Santiago de Compostela, Teo, Vedra e Vila de Cruces, así como a empresa Óp-tica Val.

A próxima observación astronómica en Vedra terá lu-gar o vindeiro 27 de maio a partires das 22:00 horas na contorna da igrexa de Vedra.

Para máis información:No teléfono 981814691 ou no correo electrónico:

[email protected]

Page 7: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

MEDI

O AMB

IENTE

EMPR

EGO

7

Medio AmbienteRECOLLIDA DE VOLUMINOSOS “PORTA A PORTA”

Dende xaneiro de 2015 o Concello de Vedra ofrece o servizo de recollida de voluminosos porta a porta nun esforzo máis para axudar na reciclaxe e sobre todo de evitar as tan indesexadas vertedoiros incontroladas.

Agora podémosvos dar algún dos datos desta campa-ña que dende o seu inicio ata o 31 de marzo de 2016 nos deixa…

TONELADAS RECOLLIDAS A 31 DE MARZO DE 2016: CORENTA E SETE TONELADAS CON SETECENTOS

VINTE KILOS (47,720 kg)

CHAMADAS RECIBIDAS A 31 DE MARZO DE 2016:CENTO SETENTA E OITO CHAMADAS

Por iso animámoste a continuar facendo uso deste servizo!!

DATAS DE RECOLLIDA:O PRIMEIRO e TERCEIRO venres de cada mes

en horario de mañá.

TELÉFONO AO QUE CHAMAR:981 571 241

As solicitudes atendi-das serán as realiza-das ata as 17:00 h. do día anterior da

recollida

VIVES EMPRENDE

Queres emprender? Apoiámoste para que fagas realidade o teu proxecto de negocio!

Seguimos traballando no proxecto “VIVES EMPRENDE, competencias para o emprendemento no rural”. Estes son os obradoiros que temos previstos en maio:

• Martes 3 de maio: “Cal é a mellor clientela para o teu negocio?”. Traballaremos a capacidade de rela-ción e a orientación á clientela como competencias clave para coñecer e responder ás necesidades dos nosos clientes.

• Martes 10 de maio: “A túa proposta de valor”. Que problema lle resolvemos ao noso cliente?, Por que te vai elixir a ti e non á competencia?, son al-gunhas das preguntas que intentaremos resolver nesta sesión.

• Mércores 18 de maio: “Da idea ao plan: estudos de mercado”. A túa idea ten mercado?. Neste taller presentaremos algunhas ferramentas para identi-ficar e cuantificar aos nosos clientes e á nosa com-petencia.

• Martes 24 de maio: “Non te poñas límites, che-ga coa túa idea onde te propoñas”. Adaptarse ao entorno e á clientela son claves para o avance do

noso negocio. A flexibilidade e a tolerancia á frus-tración son competencias que hai que traballar en profundidade.

• Martes 31 de maio: “Converte a túa idea nun ne-gocio: CANVAS”. Neste taller traballaremos o mo-delo CANVAS, as claves do noso negocio (estrutura de custos e ingresos, clientes, recursos, socios...) plasmadas nunha única folla.

Os obradoiros son gratuítos e terán lugar na Bibliote-ca Municipal de Vedra de 9:30 a 13.00 horas aproxi-madamente. Ademais, se precisas asesoramento para poñer en marcha ou consolidar un negocio contamos cun ser-vizo de asesoramento individualizado tamén gratuíto.Anímate a participar!

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNSAcción Contra el Hambre: [email protected]

Emprego e Emprendemento

Page 8: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

SERV

IZOS S

OCIA

IS

8

Servizos Sociais

NA ESCOLA DE FAMILIAS... CINEMA FÓRUM: “La Educación Prohibida”

Escola de familias acollerá a proxección da pelí-cula “La Educación Prohibida” que terá lugar o día 19 de Maio de 2016 ás 19:30 h. no Centro Municipal de Formación(Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla). Máis de 90 entrevistas a educa-dores, académicos, profesionais, autores, nais e pais; un percorrido por 8 países, pasando por 45 experien-cias educativas non convencionais.

A partir destas reflexións críticas xurdiron, ao longo dos anos, propostas e prácticas que pensaron e pen-san a educación dunha forma diferente.

“La Educación Prohibida” é unha película documental que propón recuperar moitas delas, explorar as súas ideas e visibilizar aquelas experiencias que se atreve-ron a cambiar as estruturas do modelo educativo da escola tradicional.

Coa intención de dialogar ao redor da educación ou o modelo pedagóxico do noso sistema educativo, convidamos a pais, nais, profesoras/es a participar nun debate reflexivo sobre as bases que sosteñen a escola, fortalecendo o desenvolvemento dunha edu-cación integral centrada en atributos como o amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe.

Animádevos a participar!

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Circuíto Termal nas Termas de OutarizMércores 4 de maioPrezo: 25 € (Inclúe transporte, comida e tratamento termal; prazas limitadas)Programa: pola mañá trata-mento termal, xantar e regreso.(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 23 de abril no Centro Social. As prazas e nú-mero de asento adxudicaranse por orde de inscrición)

Bingo Xoves 19 de maio ás 20:00 h.

Música e poesía nas Letras GalegasDomingo 22 de maio ás 18:00 h.

Excursión á comarca de RibadeoMércores 25 de maioPrezo: 22 € (Inclúe transporte, comida e visitas)Programa: visita ao pobo, praia das Catedrais…(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 14 de maio. As

inscricións realizaranse única e exclusivamente no Centro Social. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición—prazas limitadas)

XXVI Romaría da Terceira IdadeSábado 28 de maio a partir das 12:30 h. en VedraPrograma: Misa, actuación, xantar…Poderán asistir todas as per-soas que poidan valerse por si mesmas, que estean empa-droadas no concello e cumpran algún destes requisitos:• Maiores de 65 anos.• Pensionistas de xubilación, in-validez ou viuvez maiores de 60 anos.ATENCIÓN! O cónxuxe do pen-sionista pode participar aínda que non reúna o requisito de idade, sempre que veña acom-pañado polo pensionista!Para asistir á romaría é preciso retirar un ticket que ten un cus-te de 10 €/participante. Para a retirada de tickets dirixirse ó

Centro da 3ª Idade, de martes a domingo, de 19:00 a 22:00 h. O prazo estará aberto desde o 7 ata o 25 de maio.

Excursión a Lourdes, Zaragoza, Monasterio de Piedra, San Sebastián...Os días 27, 28, 29, 30 de xuño e 1 de xullo.Prezo: 255 € (Inclúe: transpor-te, pensión completa, entrada ao Monasterio de Piedra, ser-vizo de guía e seguro de viaxe).Prazas limitadas.Aberta a todas as persoas inte-resadas. (O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 21 de maio. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición)

Charla Escola de familias abril 2016.

Page 9: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

SERV

IZOS S

OCIA

IS

9

Servizos SociaisSolicitudes para o curso 2016/2017ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE VEDRA

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLI-CITUDES: As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.

As familias con nenos/as xa matriculados actual-mente no centro que desexen renovar a praza de-berán presentar a solicitude de reserva do 1 ao 15 de maio de 2016, acompañada da Declaración do IRPF do exercicio 2014 ou o correspondente certifi-cado da Axencia Tributaria.

As familias que desexen solicitar praza de novo in-greso deberán presentar a solicitude do 16 ao 31 de maio de 2016.

Para máis información e solicitudes poderán dirixir-se ao DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS do Concello os LUNS, XOVES E VENRES DE 8:30 a 14 h.

IMPORTANTE!! CONDICIÓN INDISPENSABLE PARA SOLICITAR UNHA PRAZA NA NOSA EIM... Que o me-nor teña cumpridos un mínimo de 3 meses e un máximo de 3 anos antes do 31 de decembro de 2016.

Este proxecto vai dirixido a nais e pais con fillos menores de 3 anos do Concello de Vedra. Tratase de traballar coas familias tentando:

• Promover o recoñecemento e valoración do rol de pais e nais no desenvolvemento integral dos menores de 3 anos.• Fortalecer as capacidades como pais e nais para promover o desenvolvemento infantil dende as accións da vida cotiá, facendo uso dos recursos e espazos da contorna familiar como elementos educativos.• Fortalecer as redes de apoio na crianza e educa-ción dos menores.

DATAS DE MAIO: 2 E 30 ÁS 17.30 H CAMBIAMOS DE LOCAL! AS REUNIÓNS REALIZARAN-

SE NO ANTIGO XULGADO EN VEDRA

LUDOTECA NO MES DE MAIO

O mes de maio disfrutaremos de actividades cheas de dinamismo e estimulación dos xogos de movemento. Dende o proxecto Conxuga queremos aproveitar para traballar a educación para a corres-ponsabilidade e a igualdade en todas as actividades implicando as familias na actividade lúdica a través do xogo.

Con esta intención, propuxemos os seguintes obra-doiros e actividades:

• Coñecendo Marrocos.• Xogando en valores: Contacontos. • Experimentos divertidos : “o profesor chiflado”.• Obradoiro emocional: ”Como estou cando me enfado” role playing.• Obradoiro de circo: escola de paiasos.• “Mr/s. Manitas”.• Descobre e investiga: “xogos medievais”.• Patrulla ambiental.• Compañeiros/as de xogo: Xogos reunidos.• Superchef.• Animais divertidos.• Móvete e baila: Danzas Bereber.• Heroes da saúde: a oca da saúde.• As palabras teñen vida: concurso de poesía.• Teatrillo de monicreques.• Menudos/as artistas: As Meninas.

Foto abril ludo olimpíada da igualdade.

VEDRA EDUCA agora no Antigo Xulgado

Page 10: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

DEPO

RTE

Deporte

10

FESTIVAL DE CLAUSURA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

• DATA: martes 31 de maio.• HORA: ás 17:00 horas. • LUGAR: Pavillón Municipal de Deportes.

Os participantes das Escolas De-portivas de Patinaxe, Baloncesto, Baile Moderno e Karate realiza-

rán unha exhibición das habilida-des adquiridas durante este cur-so que xa remata.

COPA DE FÚTBOL SALA. PAVILLÓN MUNICIPAL

O Luns 18 de abril rematou a Copa de Fútbol Sala do Concello de Vedra e con ela a tempada de fútbol sala no pavillón. O equipo vencedor foron Os Picholei-ros, que se impuxeron na final por 4-2 ao Brañas do

Castro. O terceiro clasificado foi a Taberna do Patio-Café Bar a Senra, que venceu 3-2 ao Bograo F.S.

Ao remate da final entregáronse os trofeos aos tres primeiros clasificados da copa, xunto cos dos equipos gañadores da liga de futbol sala. Os premiados foron:

CAMPION COPA Os Picholeiros2º COPA Brañas do Castro3º COPA Taberna do Patio-Café Bar A Senra

CAMPION LIGA Vente Vindo2º LIGA Os Picholeiros3º LIGA Transportes y Excavaciones Fimasi

EQUIPO MAIS GOLEADOR Vente VindoEQUIPO MENOS GOLEADO Os PicholeirosEQUIPO MAIS DEPORTIVO Vagalume Futsal

Os Picholeiros, Equipo gañador da Copa de Futbol Sala do Pavillón Municipal de Vedra.

Iniciativas das AsociaciónsX DÍA DA BICICLETA. ASOCIACIÓN XUVENIL DORNA

A Asociación Xuvenil “Dorna” organiza o X Día da Bi-cicleta, que terá lugar na parroquia de Trobe o vindei-ro domingo 29 de Maio de 2016 co seguinte programa:

• A partir das 10:00 h. No campo da festa de Tro-be, inscrición gratuíta para todos aqueles que queiran participar.• Ás 10:30 h. Xincana ciclista infantil e paseo alter-nativo de 2 km para os máis cativos.• Ás 11:00 h . Inicio do paseo en bicicleta apto para todo o público que percorrerá o municipio de Ve-dra con saída e final no campo da festa de Trobe. Distancia apróx. 22 km. Punto de avituallamento a metade de percorrido.

• Ás 12:30 Exhibición de bici trial.

Ademais ao longo da mañá:• Sorteo dunha bicicleta e agasallos entre os asis-tentes.• Os primeiros participantes recibirán unha cami-seta conmemorativa especial 10ª edición.• Recoméndase o uso de casco protector que é obrigatorio ata os 16 anos.• Probas non competitivas abertas a toda a cida-danía.• Menores irán acompañados dunha persoa adulta.

Para +info: 619 942 583 ou visítanos en facebook.

Haberá inchables e moita di-

versión para os participantes.

NOVA ETAPA DE SENDEIRISMO

21 de maio, polos cantís de Loiba en Ortigueira. Inscricións no teléfono 981 814 691 ata o 16 de maio.

Page 11: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

ASOC

IACI

ÓNS

Iniciativas das Asociacións

11

Parabéns

O SERÁN DAS LETRAS COA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIOEN SAN MIGUEL DE SARANDÓN

Á NOSA VECIÑAMELA CASAL...

Polo seu premio María Ca-sares 2016 como mellor actriz protagonista na obra “Noite-boa” de Redrum Teatro que se-guramente veremos este ano en Vedra!!

A ARTURO ÁLVAREZ...

Por conseguir que a súa crea-tividade acadara o posto 22 dos diseñadores máis influíntes do mundo, facendo que o seu es-tudio artesán de San Miguel de Sarandón sexa máis coñecido que nunca… E que o seu nome se sitúe con moitos outros de altura vertixinosa!!

A CÁNDIDO PAZOS...

Archicoñecido escultor afinca-do en Vedra que no 2016 será no-meado galego do ano, galardón en recoñecemento ao intermina-ble currículo deste artista multi-disciplinar.

Page 12: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPALn Municipal de Maio 2016.pdf · sentación da mostra “A historia da imprenta. 4000 anos antes de Cristo ata o 1985”. O domingo 15 de maio no Centro

Que atendeu á chamada de emerxencia das per-soas refuxiadas en Lesbos, e en menos dunha sema-na reuniu un camión con case 5000 kg de material de axuda (mantas, medicamentos, pañais, tendas de campaña,...)

Dende logo esta resposta ben merece o noso máis sincero agradecemento!! GRAZAS!!

FEST

ASParabéns

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA:Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] co asunto: NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES.

Á SOLIDARIEDADE VEDRESA ...

Vedra Festeira

PARA

BÉNS