12 Maio 2011 - BDnº34

16
C.D. OURENSE ELECCIÓNS MAIO 2011 Número: 34 - Ano: III - 13 de maio de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. A liga a tiro Ponte Ourense vence ao Móstoles e sácalle cin- co puntos a falta de tres xornadas. páx.7 O Ourense está clasificado para a fase de ascenso á 2ª B a falta dunha xornada para que remate a liga páx.13 O deporte ourensán xógase moito nos comicios municipais do 22 de maio páx.14 O Ourense Academia Postal terá que ir á segunda xornada da liga de clubes para loitar pola permanencia páx.10 O Campus Ourense Baloncesto ascende á 1ª Nacional páx. 2

description

Neste número pre electoral falamos cos candidatos a ocupar durante os vindeiro catro anos a concellería de deportes do concello de Ourense, por parte do BNG, Fernando Varela, e do PP, Bernardino González. A noticia máis salientable deste número 34 é o preto que ten o Ponte Ourense de facerse co título ligueira da División de Honra do fútbol sala feminino; pola súa banda, o Cidade de As Burgas non vai participar na próxima edición da Copa de España.

Transcript of 12 Maio 2011 - BDnº34

Page 1: 12 Maio 2011 - BDnº34

C.D. OURENSE ELECCIÓNS MAIO 2011

Número: 34 - Ano: III - 13 de maio de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

A liga a tiro Ponte Ourense vence ao

Móstoles e sácalle cin-co puntos a falta de tres

xornadas.páx.7

O Ourense está clasificado para a fase de ascenso á 2ª B a falta dunha xornada para que remate a liga páx.13

O deporte ourensán xógase moito nos comicios municipais do 22 de maio páx.14

O Ourense Academia Postal terá que ir á segunda xornada da liga de clubes para loitar pola permanencia páx.10

O Campus Ourense Baloncesto ascende á 1ª Nacional páx. 2

Page 2: 12 Maio 2011 - BDnº34

� BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

BALONCESTO

Redacción

O Campus Ourense Ba-loncesto logra o ascenso á Primeira División logo de gañar a liguilla celebrada no polideportivo do Cam-pus de Ourense.

Fin de semana de autén-tico baloncesto o vivido en Ourense, no polideportivo universitario onde Campus Ourense, Allariz, Cambre e Arteixo disputábanse dúas prazas para participar na Primeira División a vindei-ra tempada.

O Campus Ourense no seu primeiro encontro claudicaba diante do Cam-bre 54-49. Os nervos do debut diante da súa afec-ción xogaban unha mala pasada aos pupilos de Ja-vier Pérez. Na segunda xornadas as cousas puxé-ronse mellor, e venceron ao outro conxunto ouren-sán que disputaba a fase, o Allariz polo resultado de 44-69, enterrando vellas pantasmas que impediran o ano pasado ascender de categoría.

E chegaba a hora da ver-dade, ou todo ou nada; a derradeira xornada deste torneo que estivo en todo momento coas bancadas cheas ata a bandeira e que neste último partido non ía ser menos. O Campus enfrontábase ao Arteixo e os dous equipos estaban arropados pola súa afec-

O Campus Ourense Baloncesto ascende á Primeira División4 Tras quedar primeiro no liguilla de ascenso celebrada no polideportivo do Campus Ourensán.

ción quenes non paraban de animar. O encontro es-tivo dominado no marca-dor durante todo momento polos ourensáns pero nos últimos minutos os co-ruñeses achégabanse no electrónico facendo que as dúbidas implantárense nos locais; nos últimos segun-dos, o Campus estaba un arriba e a posesión era do Arteixo, unha forte defensa fixo que o tiro visitante non fóra todo o cómodo que debía ser e o atacante lan-zara ao aro o balón. Vitoria

61-60 do Campus Ourense Baloncesto e desátase a tolemia. Campus Ourense e Cambre son equipos de Primeira Nacional; Allariz e Arteixo deberán agardar unha mellor oportunida-de. O caso dos alaricanos é sangrante xa que nesta fase lograron dúas vitorias (Cambre e Arteixo) pero o average afastouno ata a terceira posición.

Entrega de premiosDespois de tres días de

competición polo ascenso,

na derradeira xornada en-tregáronse os galardóns de recoñecemento nun acto presidido por María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense, e Armando Pena, vice-presidente da Federación Galega de Baloncesto. O Universitario Campus de Ourense recibiu unha copa como primeiro cla-sificado da fase e ao AP Cambre outra como se-gundo clasificado que acada tamén o ascenso a Primeira División.

Un xogador do Campus Ourense facendo unha bandexa. /RAMSÉS.

Redacción

O Carmelitas Caldaria feminino participará no vindeiro Campionato de España Júnior de Clubes, que terá lugar nas locali-dades canarias de Santa Lucía e Vecindario entre os días 15 e �1 do presen-te mes. E faino grazas á renuncia do Ceuta, xa que as ourensás inicialmente quedaran ás portas da pro-ba nacional.

O Carmelitas convérte-se así no terceiro equipo galego que acude a este campionato, xunto ao Cel-ta Nova Caixa Galicia e o Fundaciones Rey Corte-gada, sumando un total de 3� conxuntos que se darán cita nesta XXXI edición, na que as xogadoras que dirixe Tito Fernández forman parte do grupo C, cos equipos San Blas (Ali-cante), Canoe (Madrid) e

Carmelitas Caldaria no Campionato de España4 O conxunto júnior despu-tará a proba nacional entre o 15 e o 21 de maio en Cana-rias.

Alcázares (Extremadura), sendo as alicantinas o pri-meiro rival das ourensás o domingo 15 ás 10 da mañá. De cada grupo pasarán á se-guinte fase os dous primei-ros clasificados.

Codigalco CarmelitasO Codigalco Carmeli-

tas está a perfilar xa a súa plantilla de cara á vindeira tempada. Vestirán a cami-seta colexial un ano máis a base-escolta Laura Fernán-dez, as pívots Zuleira Aties e Mar Ahijado, e a alero sueca Beata Gullber. Pola contra, serán baixa o próxi-mo ano Estela Blázquez, Miriam Bolívar, Anete Ho-relika e Meredith Marsh. E pola súa banda, Noelia Oli-va e María Álvarez deberán dar unha resposta nestes días sobre a súa intención de continuar ou non no conxunto dirixido de novo por Juan Rodríguez.

Equipo júnior do Carmelitas Caldaria.

Page 3: 12 Maio 2011 - BDnº34

BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

3XIMNASIA

Redacción

O primeiro de maio ce-lebrouse en A Coruña a I Fase do Campionato Ga-lego individual e de clu-bes onde o Club Ximnasia Pavillón acadou a segun-da posición en alevín e in-fantil. Este posto o clasi-ficaría para o Campionato Nacional ao que van tan só os dous primeiros clu-bes clasificados. O equipo ourensá ten que manter a posición ou incluso que-dar de primeiro para acu-dir ao nacional. A puntua-ción acadada en A Coruña é o 30% que se sumará ao 70% restante que se aca-dará en Ferrol, o vindeiro 15 de maio.

Na clasificación indivi-dual alevín, Ana Mangana acadou o primeiro posto en corda, María Rodrí-guez, o segundo en aro e Antía Vázquez, o cuar-to en pelota. En Infantil, Kelly Vanessa Ruales foi a primeira en mans libres e a sexta en mazas, Nerea Sastre foi segunda en pe-lota, Laura Gaela Méndez, segunda en cinta, Sara Faílde, novena en mazas e Uxía Cid, décima en ma-zas. En categoría sénior, Antía Vidal foi quinta en aro e cuarta en cinta.

XIMNASIA

Resultado para soñar4 Na primeira fase do Campionato Galego o Club Ximnasia Pavillón ocupa a segunda pra-za de clubes.

Integrante do C. Ximnasia Pavillón.

Loreto, do Club Marusia no V Torneo GR Barajas.

Redacción

O Club Marusia de ximnasia acudiu ata Ma-drid para participar no V Torneo GR Barajas que servía de preparación para as infantís, para a segunda fase do campio-nato galego individual A e para o Campionato

Preparando o campionato galego de ximnasia4 As ximnastas do Club Marusia acudiron ao V Torneo GR Barajas.

Galego de promoción das benxamíns.

As primeiras en sair á palestra foron as benxa-míns Antía Abal e Lola Carracedo obtendo o quin-to e décimo posto respec-tivamente na modalidade de mans libres. As dúas benxamíns do Marusia acudirán en xuño ao Cam-

pionato Galego de Promo-ción.

Logo das benxamíns foi o turno foi para as infantís do club ribadaviense, re-sultando Carmen Martínez segunda e Loreto Blano cuarta en pelota e mazas.

Estas dúas infantís están a preparar o campionato galego individual A.

Page 4: 12 Maio 2011 - BDnº34

4 BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

ARTES MARCIAIS

R.T.

A ourensá Laura Val-dés foi terceira na fase do sector nacional Sub �3 do Campionato de España de Judo celebrada en Pola de Lena (Asturias).

A judoka do Marbel realizou un gran torneo acadando a medalla de bronce en categoría -5� quilos contra rivais que superaban en sete anos a súa experiencia, apesar de estar recuperándose dunhas queimaduras mo-tivadas por un acciden-te doméstico. Pola súa

JUDO

Valdés, terceira no sector nacional de Judo en categoría sub 23

Valdés no podio de Asturias, a primeira pola dereita.

banda, súa compañeira de selección, Margarida Roig, foi a campioa da ca-tegoría.

Este éxito no sector sub �3 engádese á súa parti-cipación na fase final do

campionato de España jú-nior hai unhas datas. Ga-licia regresou de Asturias con 11 de 14 ouros posibles e clasificando a 21 judokas para a fase final do nacional sub �3.

Tres podios en semi-contact

Redacción

Integrantes do xim-nasio estudio A Valenzá participaron no cam-pionato galego de kic-kboxing semi-contact xunto con máis de 50 participantes. Tres inte-grantes do club ourensán acadaron podio. Fran-cisco Javier Iglesias, foi subcampión en menos 85 quilos; Eddie Gon-zález Fuentes, terceiro en menos de 75 quilos e Marcos Amaral Pérez, terceiro en menos de 80 quilos.

Campionato ga-lego de Wushu

Redacción

O ximnasio Artai acu-día ao Campionato Gale-go de Wushu celebrado en Pontevedra con 11 deportistas dun total de máis de 80 competidores de toda a comunidade galega.

O “Escuelas Depor-tivas Artai” de Ourense acadou un total de 10 medallas. Sergio Parga foi ouro en Changquan e Qianshu cadete; An-drés Piñeiro fixo o pro-pio, ouro en Nanquan e Nandao cadete; Sara Álvarez, ouro en Daos-hu e prata en Changquan júnior; Abraham Rodrí-guez, ouro en Taijiquan sénior; Sergio Dos San-tos, bronce en Nanquan e Nandao cadete; e Ser-gio D. Bermejo, despois dunha grave lesión, aca-dou o bronce en Chang-quan cadete.

BREVES

Redacción

Cinco medallas foi a colleita que trouxeron de León os compoñentes do Centro Deportivo Couto que acudiron a participar no Open Internacional de Taekwondo no que parti-ciparon deportistas de Es-paña e Andorra.

TAEkWONDO

Cinco medallas en LeónAndrés Álvarez Fer-

nandez foi ouro en menos de 37 quilos; Sergio Ál-varez Fernandez, tamén ouro en menos 41 quilos ao igual que Andrés Frei-jeiro Cruz (-49 quilos) e Lucía Dafonte Navaza (-44 quilos); Iván Blanco Lage foi bronce en (45 quilos).

Os integrantes do C.D. Couto que acudiron a León.

Dúas participantes na 3ª Copa Deputación de Kickboxing.

kICkBOXINg

III Copa Deputación de Ourense 2011

Redacción

Disputouse no Paco Paz a terceira edición da Copa Deputación de Ourense de Kickboxing. Á cita acudi-ron máis de 300 deportis-tas das categorías de pre benxamín, benxamín, ale-

vín, infantil, cadete, xuve-nil e sénior, das probas de LightContact, SemiCon-tact, Low-Kick Control Contact, Koshiki(karate) e Formas. Tamén houbo exámenes de cinto, curso de adestradores e titula-cións de árbitros.

V Xornadas internacionais de Wushu

El Club Artai desprazouse ata Toledo con �� deportistas para participar nas quintas xornadas internacionales de Wushu. Estas xornadas trátanse dun evento de tecnifica-ción de alto rendemento para competidores de élite de wushu en todas as súas espe-cialidades e conta con profesores de recoñecida reputación, quenes felicitaron ao club Artai, na persoa do adestrador-director, Aarón Blanco Pita, polo gran nivel técnico dos seus alumnos.

4 Taichi na semana dos maioresRedacción

O Club Artai de Ouren-se impartiu as clases de Taichi na celebración da semana dos maiores da ci-dade de As Burgas.

Durante toda unha se-mana numerosas persoas maiores que participaron neste evento no que o deporte en xeral e o Tai-chi en particular foron os protagonistas. Os lugares de celenbración das cla-ses impartidas polo mes-tre Aarón Blanco Pita, que contou con decenas de participantes, foron a praza Maior e o xardín do Posío. Taichi na semana adicada aos maiores. /P. LODEIRO

Page 5: 12 Maio 2011 - BDnº34

BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

5PUBLICIDADE

Page 6: 12 Maio 2011 - BDnº34

6 BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

FÚTBOL SALA

División de Honra FSF - 26ª xornadaPosto Equipo Puntos 1º Ponte Ourense - 76 �º Móstoles - 71 3º Burela - 54 4º Atl. Madrid - 51 5º Córdoba - 46 6º Rioja Diamante - 46 7º Valladolid - 4� 8º Zaragoza - 41 9º Gironella - 4110º C. de As Burgas -33 11º Elche - 311�º Soto del Real - �713º Orvina - ��14ºUCAM Murcia -�115º C. de Alcorcón - 17

R. Torres

Dende fai uns días os dous conxuntos ourensáns de fútbol sala feminino que desputan na actuali-dade a División de Honra, Ponte Ourense e Cidade de As Burgas, están inmernos nunha delicada polémica. Manolo Codeso, adestrador do Cidade, afirma que unha das súa xogadoras máis no-vas, Vanessa, recibiu unha oferta do conxunto pontino para a vindeira tempada ás súas costas.

Molesto polas formas empregadas polo Ponte, as cales compara co adecuado interese manifestado polo Burela nesta mesma des-portista pero que no caso do conxunto lugués se ba-sea na preocupación pola adaptación da rapaza a un novo ambiente, Codeso asegura que el é o primeiro que se alegra de que as súas xogadoras reciban propos-tas doutros conxuntos, pero asegura que “o Ponte está a facerlle promesas irreais de que mellorará con eles e xogará con internacionais, o que é unha falta de respeto cara min e cara as demais xogadoras do Cidade” e cre que este feito é tan só “un intento de perxudicarme a min e ao meu clube, pero en realidade a que sae máis mal parada é a propia xoga-dora, que está moi descon-centrada”. Segundo o técni-co do Pabellón se o Ponte Ourense quere mellorar en calidade grazas á fichaxe de

Codeso acusa ao Ponte Ourense de contactar con xogadoras súas ás agachadas4 O adestrador do Cidade de As Burgas ase-gura que o Ponte só busca perxudicalo a el e ao seu clube.

novas xogadoras, “deberían pensar primeiro nas rapa-zas da súa propia base, que están desexando entrar no primiero equipo, e postos a interesarse por unha das miñas teño xogadoras máis feitas -como Iria, Nati, Pe-que, Sonia ou Laura- que sería máis comprensible que lle interesasen, e non nenas de 15 anos”.

Outros casosCodeso non esquece ca-

sos doutras deportistas do seu equipo que aceptaron ofertas similares do Pon-te Ourense (como Ángela, Greta, Sara ou Catarina) e que nunca tiveron a oportu-nidade de xogar nas filas do mesmo en condicións. “Se marcha eu entenderíao e sempre terá as nosas portas abertas. O único responsa-ble sería o Ponte, nunca Va-nessa, pero quero que se se vai o faga sabendo que es-

tará entre as sete mellores do grupo e polo tanto ac-tuará de cuarto ou quinto cambio. Eu desexo que se marcha sexa para un clu-be que a valore, non que a engane”, asegura.

Por este e outros mo-tivos que non revela, o técnico do Cidade cre que “mentras a nosa directiva e a súa sexan as que son non haberá nunca cordialidade entre ambos equipos”.

O Ponte non entra ao trapo

Pola súa banda, o Ponte Ourense non desexa en-trar a valorar esta polémi-ca, só se limitou a negar tales acusacións. O seu Presidente, Plácido Álva-rez, asegura que “todo é mentira. Ningún directivo do Ponte se puxo en con-tacto con Vanessa nin con ningunha outra xogadora doutro clube”.

Manolo Codeso. /RAMSÉS

R. Torres

A falta de tres xornadas para que remate a liga, o Ci-dade de As Burgas quedou sen posibilidades de par-ticipar na vindeira edición da Copa de España logo de obter nas últimas xornadas uns resultado negativos que os foron afastando pouco a pouco do soño de participar por primeira vez na devan-dita copa.

O que podía ser a guin-da do pastel dunha grande tempada foise desvanecen-do a medida que chegaban os momentos cruciais da tempada e o conxunto di-rixido por Manolo Codeso non foi quen de poder fa-cerse acreedor por méritos propios de participar en Burela no torneo do caos. Nada que reprochar, xa que o obxectivo primordial (e último) era a salvación cousa que fixeron xa fai semanas; o que ocorreu era que coa salvación no peto o obxectivo tornábase outro

Faltoulle a guinda4 O Cidade de As Burgas xa non pode optar ao premio da Copa tras unha gran campaña na que salvouse con solvencia do descenso.

e xogadoras, corpo técnico e afección soñou con cotas máis altas.

Ao Cidade so lles resta disputar dúas das tres xor-nadas ata o final de liga (o partido da derradeira xor-nada non o xogará por que o Campillos retiruouse da competición). Esta fin de semana visitan ao Ciudad de Alcorcón, equipo que lo-ita por non descender e que o ten máis que complicado para permanecer un ano máis na División de Honra do fútbol sala feminino; na penultima xornada, o equi-po ourensán xogará o últi-mo partido en casa diante dos seus seareiros, o rival será o Femesala Elche, o encontro pode ser unha loi-ta entre dous conxuntos que buscarán ocupar a décima posición da clasificación. A última xornada non a dispu-tarán e sumarán os tres pun-tos contra o Campillos. Des-pois desta dura tempada, as rapazas do Cidade collerán un merecido descanso para

recargar pilas para a vindei-ra tempada que se presenta do máis emocionante.

O Cidade xogará en casa o sábado, 21 de maio contra o Elche, no que será o último par-tido da tempada para as de Codeso

Nati Pacios no partido contra o Orvina en Os Remedios. /RAMSÉS

Page 7: 12 Maio 2011 - BDnº34

BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

7FÚTBOL SALA

4 Xornada 28 - 14 de maioCiudad de Alcorcón - Cidade de As BurgasFemesala Elche - L. CD OrvinaC. Queralt Gironella - DescansaNavalcarnero - Burela FS Pescados RubénCajasur D. Córdoba - Valladolid FSFUCAM Murcia - Natudelia.com ZaragozaMóstoles - Diamante RiojaPonte Ourense - VP Soto del Real

R. Torres

Ante unhas bancadas cheas de afeccionados, Os Remedios foi testemuña do encontro entre Ponte Ourense e Móstoles (pri-meiro contra segundo) para a loita polo título de liga. O equipo de Castillo entrou no campo máis tenso do normal, detalle que apro-veitaron as madrileñas para adiantarse no marcador.

A este primeiro gol, Anita respostou cun disparo des-de fóra da área ao que nada puido facer a cancerbera Sonia.

Logo o Móstoles adianta-ríase en dúas ocasións máis no marcador, sendo anu-lada nesas dúas ocasións a vantaxe das madrileñas con senllos goles ourensáns.

No minuto �7, a brasileira Raquel de Souza adiantaba por primeira vez no marca-dor ao Ponte, e a partir dese momento, as locais defen-déronse como puideron (con balon ao pau das visi-tantes incluído), mesmo po-dendo incrementar a renda se algún dos lanzamentos a porta baleira dende propia cancha chegan a entrar.

Con esta vitoria, o Ponte

A un paso do título4 O Ponte Ourense sumou unha vitoria importantísima con-tra o seu máximo perseguidor, o Móstoles, e acaricia o título de División de Honra.

Ourense suma cinco pun-tos máis que o Móstoles a falta de tres xornadas por disputar, polo que o título ligueiro téñeno a tiro de

pedra se se manteñen coa cabeza fría como ata agora, que tan só cederon cinco puntos en toda a tempada, polo que sería complicado que en nove puntos por disputar perdesen outros cinco.

Castillo ao final do en-contro mostrábase cauto: “é un paso importante pero non podemos durmirnos agora”.

Outra das protagonistas desta cita foi Bea Seijas a quen o público aclama-ba con cánticos de “Bea quedate!”, ela, aínda agra-

decendo as mostras de apoio, confirmou despois do partido que se retira da competición ao finalizar esta tempada, un broche de ouro a unha espléndida carreira.

Bea en dura pugna polo balón contra dous rivais do Móstoles. /RAMSÉS

M. Rejo

Desde o Ponte Ouren-se están desexando xogar os partidos que restan ata final de liga e proclamar-se canto antes campioas da División de Honra,. “Estamos desexando que chegen os partidos para xogalos, imos pasiño a pa-siño que foi a mentalidade desta tempada, ir partido a partido, sempre respec-tando ao rival”, afirmaba Enátali, coordinadora do Ponte Ourense. Desde o club pensa que esta xor-nada non serán campioas,

Pensando na liga e na copa

“sería normal que o Mósto-les non perdera esta xorna-da, ao igual que nós”, pero para seguinte habría que facerse co título.

No que respecta á Copa, Enátali móstrase confiada, aínda que recoñece que non o terán nada sinxelo, “os nosos favoritos para a Copa, ademáis de nós, son o Burela porque xoga na casa e a súa segunda volta foi impresionante, o Mósto-les pola liga que fixo ata o final e o Atlético de Madrid que dende que cambiou de adestrador mellorou moití-simo na segunda volta”.

A distancia coa súa casa motivou que Castillo non continúe a vindei-ra tempada como adestrador do Ponte Ourense

Ponte Ourense xoga este sábado 14 de maio en Os Remedios contra o Soto del Real, a partir das 17 horas

A primeira fin de semana de xuño despútase en Burela a Copa de España co equipo ourensán como un dos favoritos

Anita anota nesta xogada o empate a un contra Móstoles. /RAMSÉS

Page 8: 12 Maio 2011 - BDnº34

8 BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011 HOQUEI

Unha xogada para a permanencia

Despexe Control DisparoA secuencia de fotografías mostra o gol do xogador José Luis para o Caldaria Barrocás, que supuxo o empate a tres goles contra o Pedralbes e, consecuentemente, mater case con seguridade un ano máis a categoría na División de Honra B do hoquei herba nacional. /RAMSÉS

4 Co empate a tres goles contra o Pedralbes, o Caldaria Barrocás asegurase de forma vir-tual a permanencia un ano máis na División de Honra B do hoquei herba nacional.Redacción

O Caldaria Barrocás em-patou a tres goles contra o Pedralbes no campo de Mariñamansa, na xornada

16 da División de Honra B, ante a súa afección que os animou nos 70 minutos de partido.

Con este empate, o equi-po ourensán saca un punto

que lle ten que ser sufi-ciente para que os barrocos permanezan un ano máis na categoría de prata do ho-quei herba nacional e ser o mellor equipo galego.

Permanencia case que asegurada

Aínda que a falta de dúas xornadas a permanencia non está asegurada ao 100%, salvo hecatombe está máis que feita. Soamente por unha fatalidade o Caldaria Barrocás non xogaría a vin-deira tempada na DHB; esa fatalidade daríase con dúas posibilidades de todas as posibles que se poden dar nestas dúas xornada: 1ª- o

descenso pasaría porque o Egara e Murcia gañaran os dous encontros e que o Cal-daria Barrocás perdera am-bos, sendo o último contra Valencia quen tería que per-der na penúltima xornada contra o Egara na casa e sa-car os dous puntos contra o Barrocás en Mariñamansa, unha carambola difícil que se dea tendo en conta que o Murcia visita ao At. de San Sebastián na penúltima xor-

nada, sendo este segundo e loitando polo ascenso, e na última xornada o Egara é o que recibe ao conxunto vas-co. �ª- a outra posibilidade daríase se o Murcia gaña os dous partidos, o Barrocás perdae os dous e Egara e Valencia empatan na penúl-tima xornada e vencen na última os seus respectivos encontros (o Valencia como comentamos anteriormente visita ao Barrocás).

Page 9: 12 Maio 2011 - BDnº34

BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

9HOQUEI

Unha xogada para a permanencia

Goooool!!!A secuencia de fotografías mostra o gol do xogador José Luis para o Caldaria Barrocás, que supuxo o empate a tres goles contra o Pedralbes e, consecuentemente, mater case con seguridade un ano máis a categoría na División de Honra B do hoquei herba nacional. /RAMSÉS

Caldaria Barrocás - Pe-dralbes

No partido contra o Pe-dralbes, o equipo catalán saiu moi metido no encon-tro e con transicións moi rápidas, froito deste do-minio xa se impuxeron no marcador aos 1� minutos por cero goles a dous. O Caldaria Barrocás no ecua-dor da primeira metade sa-cudíuse a presión e logrou marcar o primeiro gol uns

minutos antes do descanso, obra de Xurxo. Na segunda metade o dominio era dos barrocos e grazas ao mes-mo empatarían no minu-to 39, do novo con gol de Xurxo a saída dun penalti córner. Despois de anotar, o Barrocás loitaba polo partido, pero foi o Pedral-bes o que se adiantou nova-mente no marcado tras un saque de falta rápido (�-3). Sabedores da importancia

dun resultado positivo, o Caldaria continuou miran-do cara a porta contraria e esa insistencia trasnforma-ríase no gol do empate de José Luis logo dun penalti córner, 3-3 e permanencia prácticamente asegurada.

Campionato de EspañaDo �3 ao �6 de xuño

celebrarase en Ourense o Campionato de España de hoquei herba xuvenil, no

que participará o Caldaria Barrocás xunto cos me-llores equipos nacionais da categoría.

O equipo contará con cinco cadetes da forma-ción que se proclamou campioa galega na súa categoría sen perder un só partido (nove vitorias e un empate), sendo o conxunto náis realizador, con 79 goles a favor e tan só cinco encontra.

Redacción

O piloto ourensán José Luis Abadín rematou os adestramento colectivos con moi boas sensacións de cara á segunda proba do campionato de Fórmu-la Two que se celebrará no circuíto francés de Magny Cours esta fin de semana.

Abadín estivo preto dos equipos máis punteiros, os que estiveron arriba na primeira cita do campio-nato celebrada en Silvers-tone. No terceiro sector da pista nestos adestramen-tos colectivos estivo moi saturada de tráfico o que impediu ao ourensán facer un mellor resultado e per-der tempo coa cabeza.

O piloto de Fórmula Two mostrábase satisfeito con estes adestramentos, “teño unhas sensacións moi boas despois desta serie de adestramentos” e espera neste premio aca-dar os primeiros puntos da tempada, “estou moi satisfeito porque cumprín

Abadín cítase en Magny Cours4 Na segunda proba do ano da Fórmula Two.

os obxectivos marcados para estes entrenos, cunha simulación de carreira e de clasificatoria moi satisfac-torias”, o que lle reforza esas sensación para as dúas carreiras da proba no cir-cuíto galo.

A proba que se celebra en Magny Cours consta, como en todas as probas da tempada, de dúas carreiras, unha na xornada do sábado e outra na mañá do domin-go. Antes, o venres 13, terá a última sesión de adestra-mentos.

Inicio accidentadoJosé Luis Abadín come-

zou o seu periplo na Fór-mula � o pasado mes de abril no trazado inglés de Silverstone, Abadín tivo un inicio un tanto accidenta-do. Na segunda carreira un choque con outro monopla-za fixoo entrar en boxes e cortar de raíz a súa progre-sión que o fixera pasar do posto �3 ao 18 na primeira volta. Ao final rematou en decimosexta posición.

José Luis Abadín.

Page 10: 12 Maio 2011 - BDnº34

10 BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

ATLETISMO

R. Torres

Mala xornada para os equipos masculino e femi-nino do Ourense Atletismo Academia Postal que non

Loitarán pola permanencia4 Os equipos masculino e feminino do Ourense Atletismo Academia Postal loitarán na segunda xornada pola perma-nencia na División de Honra, eles, e na 1ª División, elas.

puideron pasar da tercei-ra posición o que leva aos dous conxuntos a loitar na seguinte xornada por non descender, eles da División de Honra e elas da Primeira División.

Equipo masculinoO equipo masculino do

Ourense Academia Postal rematou en terceira posi-ción na primeira xornada da División de Honra, o que lle levará a disputar a permanencia na segunda xornada que será o �1 de maio nunha sede aínda por determinar.

Nesta primeira xornada enfrontábase á Ximnástica de Pontevedra, que a prós-trea foi vencedora, Mara-

ton de Madrid, segundo, e Grupo ISN Navarra. Destacaron as vitorias in-dividuais de Alfonso Palo-manes en triplo salto, Ivan Valle en Altura, Ignacio

Sarmiento en 400 valla e Patrick Chinedu en 100 lisos.

Equipo femininoIdéntico resultado que os

homes foi o das mulleres do Postal na primeira xornada da Primeira División. As académicas enfrontábanse

ao que resultou campión, o Atletismo Valladolid, ao Celta de Vigo, que quedou

de segundo, e ao Esnova Gijón, último clasifica-do. As ourensás lograron nove vitorias en �1 pro-bas pero lastroulles outros malos resultados, ademais das baixas e das descua-lificacións. As vitorias individuais correron a car-go de de Lorena Luaces (marcha), Paula Mayo-bre (3000 metros), Lidia Fernández (disco), Alba Fernández (400 valados), Iria Castro (800 metros), Beatriz Viteri (pértega), Alba Martínez (triplo, con marca persoal de 11,77), Lorena Vázquez (100 va-lados) e Verónica Vázquez (xavelina).

Aínda non se coñece o lugar de celebración da seguinte xornada, pero será o �� de maio.

Os 21 e 22 de maio levaranse a cabo a 2ª xornada da liga de clubes

Participante do 3.000 metros obstáculos. /RAMSÉS R. Torres

O domingo 15 de maio é a data na que terá lugar a I Copa Deputación de triatlón de Ourense, un auténtico Ironman galego do que xa se conta con xente anotada de Castela e León, Cáceres, Euskadi, Asturias e, por suposto, Galicia.

PercorridoO percorrido da cita

dará comezo en Leiro, ás oito horas coa proba de natación en augas do Avia sobre unha distancia de 1.300 metros. Logo da mollada esperan 60 quiló-metros en bicicleta supe-rando os portos de monta-ña de Pena Corneira, Alto do Sifón, Outeiro Malato

O Aviaman 2011, o Ironman galego4 Leiro será o punto de par-tida e de chegada da I Copa Deputación de Triatlón de Ourense.

(parque eólico de Avión) e de novo Pena Corneira. Os que aínda teñan unha pinga de enerxía terán que perco-rrer 14 quilómetros a pé nun circuíto preto de Leiro (polo paseo fluvial do Avia).

Esta I Copa Deputación de triatlón de Ourense está organizada polo Club Bea-riz Triatlón en colabora-ción co Federación Galega de Triatlón, a Deputación Provincial e os concellos de Leiro e Avión.

O Domingo, 15 de maio, ás 8.00 ho-ras, dará comezo a proba de nata-ción no río Avia ao seu paso por Leiro

A proba de ciclismo será moi esixente.

Os 4x100 metros lisos feminino. /RAMSÉS

A Torre de O Castro agarda4 A II carreira popular Torre de O Castro terá lugar o 17 de maio.R. Torres

O martes, 17 de maio, terá lugar en Sandiás a se-gunda edición da carreira popular Torre de O Castro que contará con tres po-bras: escolar, absoluta e a dos pitufos.

A inscrición para a ca-rreira absoluta pódese realizar ata o venres 13 de maio, ás �0 horas e ten un custe de 3 euros. Os em-padroados no Concello de Sandiás que fagan a súa inscrición nas propias dependencias do concello

sairalle de balde a inscri-ción. Para recibir máis información visitar a web www.limiactiva.com.

A proba escolar, será ás 10.45 (1.430m.), a absolu-ta ás 11.15 horas (7.900m.) e ás 1�.30 horas os pitufos percorrerán 350 metros. Perfil da carreira de Sandiás Torre do O Castro.

Page 11: 12 Maio 2011 - BDnº34

BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

11NOVAS

Redacción

A tenista ourensá de tan só 13 anos, Valeria López, acaba de chegar ás semifi-nais da Copa Babolat Cup, torneo infantil da nosa co-munidade autónoma. Nas semifinais caeu ante a gaña-dora do torneo, Paula Arias. Valeria é a única xogadora infantil e absoluta ourensá que participa en competi-cións galegas e de fóra da nosa comunidade. Ademais de nesta copa, a xoven xo-gadora participou no Torneo Marca Promesas caendo na primeira ronda contra a ga-ñadora absoluta de Asturias, Olaya Inclán. Valeria conta con 13 anos e o torneo era para menores de 16.

As próximas citas de Va-leria son o Open de Santo Domingo (Ourense) ata o 16 de maio, e en Vilagarcía, no circuito Babolat.

Valeria López, semifinalista na Copa Babolat Cup de Galicia4 Foi eliminada pola campioa do torneo.

Centro de Alto Rende-mento

Valeria foi seleccionada para a futura entrada no centro de alto rendemento galego, ademais de para participar nun clinic pen-sado para as máis firmes

Valeria López. /ARQUIVO

promesas galegas do tenis, sendo ela a única ourensá. O Clinic foi dirixido por Mico Margets, Selecciona-dor Nacional Fed Cup, que ten entre outros logros con-ta co de haber formado ao tenista Tommy Robredo.

Valeria López par-ticipará no Open de Santo Domin-go, que se celebra en Ourense ata o 16 de maio

Redacción

As instalacións da univer-sidad Jaume I de Castellón acolleron o Campionato de España Universitario onde o Academia Postal tiña a tres atletas que representaban as súas respectivas univer-sidades. Ignacio Sarmiento proclamouse campión de España nos 400 metros va-lados, mentres que Lorena Luaces e Alfonso Paloma-nes colgáronse a medalla de prata en 5 quilómetros marcha e triplo salto, res-pectivamente.

A parte destes tres metais, destacaron as actuacións de Manuel Hurtado, sexto no 10.000; Iria Castro, oitava na final do 800; e o quinto posto de María Hurtado,

Tres medallas no nacional universitario4 Sarmiento, Luaces e Palo-manes pisaron o podio.

seguida de Iria Fernández nos 10.000 metros, todos eles do Ourense Acade-mia Postal.

Milla en RutaEn Padrón disputouse

o Campionato Galego de Milla en Ruta, onde a aca-démica Leticia Fernández proclamouse campioa.

Lorena Luaces. /ARQUIVO

Page 12: 12 Maio 2011 - BDnº34

1� BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

POLIDEPORTIVO

Redacción

O Campus Ourense Rugby e o Pontevedra RC enfrontáronse no campo de rugbi de Ourense por partida triple nas catego-rías infantil, cadete e sé-nior.

Os infantís do Campus Ourense sufriron ante un rival moito máis experi-mentado e dominador en todas as facetas do encon-tro, aínda así mostraron esforzo e actitude durante todo o encontro.

Os cadetes, logo de caer derrotados nos dous en-contros ligueiros contra os pontevedreses, desta vol-ta a vitoria caeu do lado ourensán tras un partido moi disputado por ámba-las dúas escuadras. �5-19 foi o resultado final.

O prato forte foi, sen dúbida, o encontro entre os equipos sénior. Durante unha primeira parte apre-tada, pero sempre con ven-taxa local no marcador, foi na segunda metade cando o conxunto ourensán dis-tanciouse definitivamente ata o 49 a 15, grazas ás rotacións no banco e a que era o primeiro encontro desde a súa creación do equipo pontevedrés.

Triple enfrontamento contra Pontevedra4 Nas categorías infantil, cadete e sénior.

Maio Ourense RugbyNa festa dos maios

de Ourense, o Campus Ourense confeccionou un maio dun xogador de rugbi que chamou moito a atención dos viandantes que achegáronse ata a rúa do Paseo a presenciar os maios elaborados na capi-tal ourensá.

Xira EuskadiO Campus Ourense Rug-

by Club realizou a súa pri-meira xira polo País Vasco cos equipos cadetes e in-fantís para enfrontarse ao equipo de Uribealdea, en Plentzia. O equipo cadete venceu ao local polo resul-tado de 7-1� na primeira metade, mostrando a me-lloría que xa mostrara na liga. Na segunda parte o resultado deu a volta a fa-vor dos locais debido a que entraron no campo xoga-dores infantís. Ademais de xogar un partido, a expe-dición ourensán achegouse ata Irún para presenciar un partido entre o equipo local e un equipo inglés de cate-goría xuvenil.

A xira aínda deu para pre-senciar outro partido, nesta ocasión foi da Heineken Cup entre o Toulouse e o Biarritz.

O maio Ourense Rugbi. /P. LODEIRO.

Redacción

O pavillón universitario do Campus de Ourense foi o lugar onde se celebrou o VI Campionato de Voleibol 3X3 universitario para as categorías masculina, femi-nina e mixta.

Na primeira xornada desputouse a fase para es-tablecer aos finalistas de cada categoría. Mamama e Masoma foron as finalistas femininas; Cardifre e Juvi-sa, os finalistas masculinos e Jumaan contra Marvima sería a final mixta.

Voleibol no Campus4 Celebrouse en Ourense o VI Campionato de Voleibol 3X3 universitario.

O voleibol foi o protagonista no campus de Ourense.

Redacción

Os corredores do Acade-mia Postal - Actyon Mace-da completaron unha gran xornada en terras andaluzas na terceira proba puntuable para a Copa de España de BTT �011. En júnior Pa-blo Rodríguez foi o cam-pión tras marcar o ritmo xa desde os primeiro metros da proba. Os seus com-pañeiros de equipo David Rodríguez foi 18º e Saúl López tivo que retirarse aos 50 metros de dar a saída da proba por unha avaría na súa bicicleta; en cadetes, Marcos Villar foi quinto e Iván Conde, 19º, e en Eli-te Pro, José Villanueva foi 4�º (16º en sub �3) e Iago

CLICISMO BTT

Pablo Rodríguez, líder da Copa de España4 Impúxose aos seus adversarios na proba disputada en Huelva.

García 50º (19º sub �3). A próxima cita será na locali-dade asturiana de Avilés, na penúltima proba puntuable para a Copa de España.

Open galego de BTTGondomar foi o lugar

elexido para a disputa da cuarta proba do Open Gale-go de BTT, e onde en Elite

Iago Garcia foi terceiro e José Ramón cuarto, man-tendo éste a súa condicion de líder do Open.

En júniors, Saul López foi primeiro e líder, e Da-vid Rodriguez, segundo; e en Cadetes, Marcos Villar, primeiro e Ivan Conde, terceiro.

Na carreira por equi-pos, o conxunto macedán presentou dous grupos acadando a primeira e se-gunda posición respecti-vamente.

No encontro masculino, Cardifre foi o claro ven-cedor ao superar por dous sets a cero ao Juvisa (�1-11 e �1-17 foron os resul-tados dos dous sets).

Na final feminina entre Mamama e Masoma, as primeiras foron moi su-periores ás segundas ao vencelas por dous sets a cero con tanteos de �1-06 e �1-09.

A final mixta foi a máis igualada; Jumaan e Marvima ofreceron un apaixoante encontro que se decantou por parte de Marvima ao vencer no terceiro set de desempa-te por un parcial de 9-15. Nos dous primeiros sets, o primeiro foi para Jumaan (�1-19) e o segundo para o Marvima (15-�1).

Pablo Rodríguez na proba da Copa de España celebrada en Huelva.

Page 13: 12 Maio 2011 - BDnº34

BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

13NOVAS

Trámite para o Ourense4 CD Ourense afronta a última xornada da liga regular como un mero trámite á espera de co-ñecer o primeiro rival para o ascenso a 2ªB.

R. Torres

O Club Deportivo Ouren-se chega á ultima xornada da liga regular de Terceira División de fútbol co tra-ballo feito, polo que o seu encontro contra o Mesón do Bento será de puro trámite, máxime cando o conxunto rival está salvado dos pos-tos de descenso e dos dous posibles arrastres.

Esta xornada pode valer para que Cándido Gómez de descanso aos xogadores que máis o necesiten, xa sexa polos minutos acumu-lados ao longo da competi-ción, por un descanso psi-colóxico ou para recuperar aos lesionados. Polo que a presencia no campo contra o Mesón do Bento de xo-gadores non habituais será o que aconteza nesta de-rradeira xornada. Por parte do equipo coruñés tamén estarán no campo os que menos minutos xogaron na competición doméstica, polo que o encontro pódese definir de puro trámite para que os locais despídanse da súa afección e os “rojillos” preparen a promoción de ascenso que comezarán a semana seguinte.

Carreira de caba-los en Antela

Redacción

O vindeiro sábado, �1 de maio, o hipódromo de Antela acolle a terceira das xornadas de carreira de ca-balos no que vai de ano. A xornada comeza ás 14.30 horas coa primeira das ca-rreiras.

Maratón FS O Couto

Redacción

Os días 13 e 14 de maio recupérase o maratón de fútbol sala das festas de O Couto. Os partidos terán lu-gar no IES do barrio ouren-sán.

BREVESTorneo de Paintball

Redacción

O sábado, 4 de xuño, no campo de Paintball de Ru-ralmais, a 400 metros de la aldea rural Couso-Galán, no Concello de Sarreaus, celebrarase o I Torneo de Paintball amateur que cons-tará dunha liguilla de “to-dos contra todos” de xogo en partidas curtas con tres modalidades de xogo.

Os participantes optarán a diversos premios como como poden ser estancias na estación de montaña Manzaneda, cea na Aldea Couso Galán, e máis sor-presas.

As bases do torneo están na web www.ruralmais.es/paintballcouso.

Torneo das Na-cións

Redacción

A xogadora pabellonista, Bárbara Lamelo, acudirá xunto á selección galega de baloncesto feminino ao Tor-neo das Nacións, que se ce-lebrará na localidade vasca de Getxo os días 13, 14 e 15 de maio. Unha oportunida-de única para esta ourensá que a recoñece como unha das mellores xogadoras da nosa comunidade.

Bárbara Lamelo.

CD Ourense - VilalbésO CD Ourense despe-

díuse da súa afección, polo momento, o pasado domin-go cando enfrontouse ao Vilalbés na penúltima xor-nada de liga.

Na primeira media hora, o equipo de Cándido Gó-mez levaba a iniciativa coas incursións do canterán Kike pola súa banda, pero pouco a pouco a forza foiselle indo aos locais. No descanso un mareo do central Adrián Padrón fixo que o levarán a un centro hospitalario e o adestrador tivera que cam-biar o deseño táctico, pero os xogadores xa non esta-ban no encontro.

Na segunda metada, entre

as baixas e susto de Adrián, o equipo non foi tan in-cisivo no terreo de xogo, feito que aproveitaron os visitantes para que pouco a pouco foran adiantando liñas ata que catro minu-tos antes do tempo regu-lamentario adiantáranse no marcador e lograran o definitivo 0-1.

Cándido Gómez mostrá-base, unha vez rematado o encontro, consternado e pedía disculpas por non ofrecer aos seus afecciona-dos un bonito espectáculo na despedida da liga regu-lar por esta tempada. Agora só toca agardar rival para a primeira eliminatoria para o ascenso á �ª B.

Partido de CD Ourense en O Couto. /RAMSÉS

Page 14: 12 Maio 2011 - BDnº34

14 BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

4O RINCÓN DO MESTRE

Escola de fútbol: premisas do fútbol

base

No proceso de formación global do novo xogador de-bemos de ter presente desde o seu comezo até a súa ma-durez as seguintes premi-sas:

A.- Nivel organizativo1.- Realmente, Que é o

que se pretende co fútbol base? Esa é a primeira pre-misa a ter en conta. Que-remos formar ou gañar? Xogar ben ou gañar? Com-petir gañando ou forman-do? Nas categorías de base é moito máis fácil ensinar a gañar que ensinar a xogar, porque non se perde tempo en asimilar cousas novas, senón que se repiten cousas pasadas. Hai moitas pre-guntas que deben de facerse os directivos antes de em-pezar calquera proxecto na base, para implementarlo e obrigar aos responsables deportivos dese fútbol base a que consigan eses obxec-tivos. Non pode ser que as reaccións cheguen só no caso de catástrofe de resul-tados, porque iso quererá dicir que aos dirixentes só lles interesa que o seu fútbol base gañe, e iso debería ser considerado un gran erro.

Por tanto, o máis im-portante é que os dirixen-tes teñan moi claro cal é o obxectivo a cumprir, que llo trasladen aos responsa-bles deportivos e que eles implanten a metodoloxía máis adecuada para cubrir todos eses obxectivos, que non só deben de ser resul-tados, senón ademais xogar ben, formar, educar e crear unha escola e un estilo pro-pio. Unha escola ha de ter a mesma filosofía desde as etapas inferiores. Cada técnico-educador non fai o que quere, senón que ha de seguir as directrices marca-das na escola. Non coartar a creatividade dos técnicos educadores, pero hai un mo-delo de traballo a seguir: sistema a implantar e como se debe xogar debe estar moi claro desde o principio. Só así se conseguiu o éxito.

B.- As mentes dos di-rixentes son como os para-caídas, só funcionan cando se abren.

2.- O fútbol base é un me-dio, non un fin. Ha de tomar parte na formación humana e deportiva. Os mozos xo-gadores teñen que estudar,

ELECCIÓNS MAIO 2011

Propostas para os vindeiros catro anos4 Os dous principais canditatos a ocupar a concellería de deportes ourensá, Fernando Varela -BNG- e Bernardino González -PP- detállannos a continuación os seus respectivos proxectos nesta materia para a próxima lexislatura.

Fernando Varela: “no vindeiro mandato temos previsto resolver definitivamente o complexo depor-tivo de Mariñamansa”.

R. Torres

Fernando Varela é o nú-mero tres na candidatura do Concello de Ourense do BNG, actualmente é o con-celleiro de deportes.

Que futuros retos ten a cidade de Ourense?

Fernando Varela: “Le-vamos �5 anos de retraso en políticas de instalacións deportivas e non podemos remediar isto nun só man-dato. O BNG ten claro a necesidade da descentrali-zación dos servizos depor-tivos e tamén da necesidade de novas infraestruturas en distintos puntos da cida-de. Para nós Ourense é un Concello no que todos os barrios e parroquias son im-portantes. Por dar un exem-plo, no vindeiro mandato temos previsto resolver de-finitivamente o complexo deportivo de Mariñamansa, para o que xa contamos cos traballos previos. Introduci-remos no próximo PXOM as reservas necesarias para as infraestruturas que ne-cesita Ourense. Ademais, o traballo nestes catro anos po-los distintos eventos deporti-vos, permite formular para o vindeiro mandato unha pro-posta clara: xerar emprego e dinamizar a economía en base tamén a este importante sector do noso concello”.

Cal vai ser a poltíca de subvencións?

F.V: “Imos seguir na mesma liña que estes catro anos, polo tanto seguiremos a potenciar as subvencións de concurrencia competiti-va, que creemos que son as

máis xustas, ao permitirlle a tódolos clubes ourensáns presentarse a elas, porque sempre son baremos obxec-tivos (que teñen en conta o número de licencias xu-venís, femininas, o grado de autofinanciación, a boa relación con todo o sistema de servizo público deporti-vo, etc.) os que determinan cal é máis merecedor da axuda. Ademais, seguire-mos coa redistribución do diñeiro público nesta mate-ria, reducindo o importe das subvencións nominativas para aumentar a inversión en competitivas e por ac-tividades, xa que o Conse-llo Municipal de Deportes considera a ambas como as que máis se axustan ás ne-cesidades reais dos clubes e deportistas ourensáns”.

Faga un balance destes catro anos como Conce-lleiro de Deportes?

F.V: “Penso que o BNG fixo un traballo moi impor-tante polo deporte de base e feminino. Mudamos en só catro anos a visión só de elite do PP e co noso traba-llo o deporte chegou a todos os recunchos de Ourense. Rehabilitamos e creamos novas infraestruturas de-portivas, como apoio ao de-porte de base, entendendo o deporte como dereito social universal. Nós facemos po-lítica deportiva e o PP fai política co deporte. De fei-to, un dos datos que obser-vamos é o incremento das licenzas deportivas, polo que o traballo no deporte de base repercute positivamen-te no deporte federado”.

R. Torres

Bernardino González é o número oito da lista do Par-tido Popular no concello de Ourense; este exárbitro as-pirar a ser o próximo con-celleiro de deportes da nosa cidade.

Que futuros retos ten a cidade de Ourense?

Bernardino gonzález: “Para nós fundamental-mente o máis importante é a base, polo que traballa-remos sobre ela para que saian deportistas. Tamén crearemos unha escola de pilotaxe para os escolares con cursos de conducción, para iso condicionaremos o circuíto de Santa Mariña e que se utilice para todo tipo de eventos relacionados co motor, xa que en Ourense ten moito tirón estas disci-plinas deportivas.

A nivel de infraestruc-turas queremos facer o pavillón multiusos de Ma-riñamansa e outra piscina municipal, xa que a de Os Remedios está saturada de usuarios. Tentaremos facela co pavillón de Mariñaman-sa pero buscamos outras alternativas en caso de que esta non sexa viable e non

Bernardino gonzález: “tentaremos fomentar a cidade a través do de-porte coa organización de campio-natos deportivos”.

se poida facer alí.

>>Hai en Ourense insta-lacións mal aproveitadas e nós xestionarémolas para aproveitar os espazos e que rendan ao máximo e non estén pechadas e sen uso moitas veces como ocorre agora. Queremos que o deporte chegue aos barrios”.

Cal vai ser a poltíca de subvencións?

B.g: “Podemos decir que -o diñeiro de todos que se gasta para todos-. Daremos subvencións que estarán destinadas aos máis pe-quenos, á base, a través de convenios para formar aos xóvenes deportistas. Ade-mais das subvencións, que están ben, fomentaremos Ourense a través do deporte coa organización de cam-pionatos deportivos atra-intes para a xente da nosa cidade e de fóra dela, cousa que non se fixo nos últimos anos, coa realización destes campionatos o que faremos será atraer público a nosa cidade e con elo xeraremos riqueza”.

Algunha cousa máis que teñades no voso pro-grama?

B.g: “Outra cousa im-portante que queremos fa-cer desde a concellería de deportes do concello de Ourense é a formación de técnicos; queremos que os nosos fillos estén en mans de profesionais para que saian grandes deportistas. O máis importente para o PP en materia deportiva son os máis cativos”.

O 22 de maio, ou Fernando Varela ou Bernardino González será o concelleiro de de-portes do Concello de Ourense para os vindeiros catro anos

Page 15: 12 Maio 2011 - BDnº34

BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº34 - Ano: III - 13 de maio �010 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

teñen que aprender e obter o máximo rendemento nos estudos. É prioritario, for-mar persoas antes que xo-gadores, posto que a perso-nalidade que se forxe nestas idades, acompañaralles du-rante toda a súa vida. Ade-mais só uns poucos chegan á elite. É necesario que os mozos xogadores manteñan os pés no chan. Non se pode correr máis que o tempo. Paso a paso chégase lonxe. No deportivo han de estar tranquilos e pasarllo ben. Só iso importa a estas ida-des.

C.- Primeiro formar persoas, logo xogadores.

3.- O bo xogo deberá de estar por enriba do resulta-do, posto que este chegará co bo facer do equipo. A vitoria non debe de ser a calquera prezo e a derrota é unha posibilidade no xogo, por tanto non nos debería importar perder. Nin gañar é tan bo nin perder é tan malo. É mellor perder xo-gando ben e nunha contor-na de convivencia, de ale-gría, de goce, etc. que gañar xogando mal nun ambiente pouco agradable. Os resul-tados serán consecuencia de xogar ben e chegarán no seu momento, como a froita madura cae polo seu propio peso.

D.- O éxito se compón dunha serie de pequenas vitorias e fracasos.

4.- O proceso de forma-ción do futuro deportista ha de desenvolverse e mellorar-se día a día nunha contorna de alegría, de satisfacción, de felicidade, de, etc. Os mozos deportistas han de gozar adestrando e xogan-do, outorgándolle unha nor-mal importancia ao resul-tado. O mellor resultado é contar con nenos contentos, satisfeitos e felices. O sufrir para gañar leva a estes mo-zos xogadores a un exceso de presión, a un temor ao fracaso, a non ter ganas, a estados de ansiedade e fre-cuentemente a abandonar a práctica deportiva. Por iso, gañar cinco ou seis copas menos no futbol base, signi-fica moitas veces gañar un extraordinario xogador.

Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entre-

nador nacional de fútbol

EDUCACIÓN E DEPORTE

4CARTAS AO DIRECTORPor que?

Fai uns días, coma cada mañá, púxenme a botarlle unha ollada a varios dos xornais que chegan ás mi-ñas mans e entre o aluvión de noticias sobre o inicio da campaña electoral e as relativas á morte de Bin Laden cheguei á sección de deportes, unhas páxi-nas nas que, como acon-tece cando presenciamos en directo ou por televi-sión competicións depor-tivas, parece que o mundo se para e nos esquecemos durante uns minutos dos problemas que nos ator-mentan o resto do tempo. A inminente final da Liga de Campións, o CD Ouren-se, hoquei, ciclismo... ían ocupando as primeiras follas da sección ata que contra o remate da mesma me atopei cunha agridoce sorpresa, ao mesmo tem-po que me enteraba de que o equipo júnior das Carmelitas participará no Campionato de España (noraboa por elo) coñecía as numerosas baixas coas que o conxunto sénior do clube colexial afrontará a vindeira tempada.

Bolivar, Blázquez, Ho-relika e Marsh xa non sai-rán á cancha no Vedruna defendendo as cores do Codigalco, e ao mellor Noelia Oliva e María Ál-varez tampouco o fagan.

Despois duns meses nos que o equipo fixo gozar, na casa e fóra, ao seus nu-merosos e incondicionais seareiros (entre os que presumo de atoparme) o clube decidiu que ata seis dos pilares que fixeron posible o impresionante cambio das Carmelitas poidan decirnos adeus, os motivos exactos de tan im-portante determinación, lamentablemente, desco-ñézoos, aínda que as ma-las linguas xa fixeron pú-blicos máis dun e apuntan ao forte carácter dalgun-ha delas como principal causante da súa marcha. Sinceiramente non sei se isto é certo ou non, e es-

tou completamnte dacordo en que as renovacións nas plantillas son precisas e in-evitables, así como que as malas vibracións no vestia-rio non axudan en absoluto a un equipo, pero dubido moito que existan ata tal punto no Codigalco inme-llorable que vimos durante a segunda volta desta tem-pada, porque lonxe de estar desconcentrado, o equipo mostrou máis unidade e compenetración que nunca e, o que é o máis importan-te, anotaron puntos, gaña-ron partidos e ascenderon

Meredith Marsh, xogadora que non conta nos plans do Codigalco para a vindeira campaña. /RAMSÉS

ata nada menos que a nove-na praza da clasificación.

Con este resultado en mente, alguén dubida da efectividade das que ata agora eras as integrantes do Carmelitas? De verda-de é posible que un carác-ter marcado fose negativo para o clube? Con todo, alégrome moito da con-tinuidade de Laura Fer-nández, Zuleira Aties, Mar Ahijado e Beata Gullber, pero non consigo entender (e gustaríame facelo) as tan numerosas ausencias que se está confirmando que presenciaremos o vindeiro ano nas filas do Codigalco.

Aproveito para despedirme de Miriam, Estela, Anete e Meredith: ata sempre rapa-zas! E agardo, polo menos,

non ter que facelo de No-elia e María.

S. A. N.

Page 16: 12 Maio 2011 - BDnº34

BARRIOS DEPORTIVO13 de maio de �011