boletín feb-07 4.pdf · Title: boletín feb-07.indd Created Date: 3/15/2007 5:49:56 PM

2
Dende o pasado 31 de xaneiro xa está operativa a rede inlámbrica de aestradadixital que dá acceso a Internet de banda ampla a to- do o territorio municipal. O servi- zo será gratuíto ata o vindeiro día 1 de xullo, e a partires desta data a tarifa unitaria será de 10 euros ao mes. O despregue desta rede sen fíos convértese na estrela de ‘aestradadixital’. Polas súas di- mensións, xa que chega aos 473 núcleos de poboación, a maioría deles no entorno rural, e capacida- de de conexión, é unha experien- cia única tanto en Galicia como en España. Na Unión Europea hai contados casos con estas caracte- rísticas, en países como Finlandia ou Irlanda. Para darse de alta, é preciso achegarse ata as oficinas de aes- tradadixital (no segundo andar do Edificio de Usos Múltiples) e cum- primentar un formulario cos datos persoais do interesado. Ademais débese achegar unha fotocopia do DNI e outra do documento que acredite a titularidade dunha con- ta banacaria para a posterior do- miciliación da taxa mensual. Una vez formalizada a alta, trá- mite que non ten custes, nun pra- Xa está aquí a revolución Wi-Fi zo máximo de vinte días, os téc- nicos de a estradadixital achega- ranse ata o fogar do interesado/a para dar as explicacións técnicas oportunas e levarlle o chamado kit de usuario, composto por un- ha antena e un router, co que se garantiza a conexión, con 1 mega de capacidade. O kit tamén se fa- cilita sen custes, en calidade de cesión (se o usuario decide darse de baixa algún día terá de devolve- lo). No caso de que o usuario des- exe incorporar máis funcionalida- des ou que o kit precise de algún tipo de instalación, poderá facelo el mesmo segundo as indicacións dos técnicos ou ben contratar po- la súa conta a un instalador ho- mologado. Aínda que a conexión e de 1 mega simétrico (1 mega de subida e 1 mg de baixada) a rede está preparada con sistemas de operador de telecomunicacións para ir sumando, nun futuro, no- vos servizos. Á presentación deste proxecto pioneiro asistiron repre- sentantes dalgunhas das institu- cións que participan no programa dixital (como o Ministerio e Indus- tria, Comercio e Turismo, Xunta de Galicia, Concello da Estrada e da Fundación Caixa Galicia). ESTREA En Vinseiro (arriba) fíxose unha demostración da rede no rural. Abaixo, un momento da presentación oficial boletín informativo A rede inalámbrica está operativa en todo o municipio e será gratis ata o día 1 de xullo ACCESO A INTERNET a sociedade do coñecemento como impulsora do benestar social FALAN OS USUARIOS “Estamos encantados e a conexión vai moi ben” Eva Janeiro ten 13 anos e xa dende hai algun- has semanas disfruta na súa casa de Baloi- ra da rede inalámbri- ca. “Estamos encanta- dos e a conexión é moi boa”, di. Na casa xa ti- ñan Internet, “pero da- ba moitos problemas”, afirma esta estudiante de segundo da ESO, que tamén ve ventaxoso Internet para facer traballos na escola. “Coñe- zo a moita xente que lle gustaría ter esta co- nexión”, afirma Eva, que acostuma a navegar as fins de semana dende a súa casa de Baloira dende que ten a Wi-Fi. “É unha gran iniciativa cun prezo moi asequible” O despregue da rede de aestradadixital é, para Álvaro González, unha “boa iniciativa, sobre to- do tendo en conta que chega ao rural”. Este usuario, que reside na rúa Antón Losada, deu- se de alta coma moitos nos primeiros día. Ademais de destacar “o bo e agradable trato dos técnicos”, para Álvaro outra das vantaxes da Wi-Fi é o servizo razo- nable a un “prezo moi asequible”. Así mesmo, este usuario residente na vila considera moi acertadas iniciativas coma a formación en liña que tamén se incrementará coa rede. “No rural abríusenos unha ventá ao mundo” A Juan Betetos e á súa familia tamén lles cam- biou o día a día ca rede. Na casa aínda teñen un teléfono TRAC e coma moitos nunca pensaron que Internet chegaría ao seu fogar, en Sante- les. “Antes para mandar un e-mail ou facer unha consulta había que ir ao cíber”. A conexión vaille ben. “Para os que vivimos no rural é coma se nos abriran unha ventá ao mundo”, dí Juan que polo seu traba- llo no sector da instalación, xa lle botou unha man a máis de un amigo para sumarse a este “fantástico e ambicioso proxecto”, engade.

Transcript of boletín feb-07 4.pdf · Title: boletín feb-07.indd Created Date: 3/15/2007 5:49:56 PM

Page 1: boletín feb-07 4.pdf · Title: boletín feb-07.indd Created Date: 3/15/2007 5:49:56 PM

Dende o pasado 31 de xaneiro xa está operativa a rede inlámbrica de aestradadixital que dá acceso a Internet de banda ampla a to-do o territorio municipal. O servi-zo será gratuíto ata o vindeiro día 1 de xullo, e a partires desta data a tarifa unitaria será de 10 euros ao mes. O despregue desta rede sen fíos convértese na estrela de ‘aestradadixital’. Polas súas di-mensións, xa que chega aos 473 núcleos de poboación, a maioría deles no entorno rural, e capacida-de de conexión, é unha experien-cia única tanto en Galicia como en España. Na Unión Europea hai contados casos con estas caracte-rísticas, en países como Finlandia ou Irlanda. Para darse de alta, é preciso achegarse ata as oficinas de aes-tradadixital (no segundo andar do Edificio de Usos Múltiples) e cum-primentar un formulario cos datos persoais do interesado. Ademais débese achegar unha fotocopia do DNI e outra do documento que acredite a titularidade dunha con-ta banacaria para a posterior do-miciliación da taxa mensual. Una vez formalizada a alta, trá-mite que non ten custes, nun pra-

Xa está aquí a revolución Wi-Fizo máximo de vinte días, os téc-nicos de a estradadixital achega-ranse ata o fogar do interesado/a para dar as explicacións técnicas oportunas e levarlle o chamado kit de usuario, composto por un-ha antena e un router, co que se garantiza a conexión, con 1 mega de capacidade. O kit tamén se fa-cilita sen custes, en calidade de cesión (se o usuario decide darse de baixa algún día terá de devolve-lo). No caso de que o usuario des-exe incorporar máis funcionalida-des ou que o kit precise de algún tipo de instalación, poderá facelo el mesmo segundo as indicacións dos técnicos ou ben contratar po-la súa conta a un instalador ho-mologado. Aínda que a conexión e de 1 mega simétrico (1 mega de subida e 1 mg de baixada) a rede está preparada con sistemas de operador de telecomunicacións para ir sumando, nun futuro, no-vos servizos. Á presentación deste proxecto pioneiro asistiron repre-sentantes dalgunhas das institu-cións que participan no programa dixital (como o Ministerio e Indus-tria, Comercio e Turismo, Xunta de Galicia, Concello da Estrada e da Fundación Caixa Galicia).

ESTREA En Vinseiro (arriba) fíxose unha demostración da rede no rural. Abaixo, un momento da presentación oficial

boletín informativo

A rede inalámbrica está operativa en todo o municipio e será gratis ata o día 1 de xullo

ACCESO A INTERNET

a sociedade do coñecemento como impulsora do benestar social

FALAN OS USUARIOS

“Estamos encantados e a conexión vai moi ben”Eva Janeiro ten 13 anos e xa dende hai algun-has semanas disfruta na súa casa de Baloi-ra da rede inalámbri-ca. “Estamos encanta-dos e a conexión é moi boa”, di. Na casa xa ti-ñan Internet, “pero da-ba moitos problemas”, afirma esta estudiante de segundo da ESO, que tamén ve ventaxoso Internet para facer traballos na escola. “Coñe-zo a moita xente que lle gustaría ter esta co-nexión”, afirma Eva, que acostuma a navegar as fins de semana dende a súa casa de Baloira dende que ten a Wi-Fi.

“É unha gran iniciativa cun prezo moi asequible”O despregue da rede de aestradadixital é, para Álvaro González, unha “boa iniciativa, sobre to-do tendo en conta que chega ao rural”. Este usuario, que reside na rúa Antón Losada, deu-se de alta coma moitos nos primeiros día. Ademais de destacar “o bo e agradable trato dos técnicos”, para Álvaro outra das vantaxes da Wi-Fi é o servizo razo-nable a un “prezo moi asequible”. Así mesmo, este usuario residente na vila considera moi acertadas iniciativas coma a formación en liña que tamén se incrementará coa rede.

“No rural abríusenos unha ventá ao mundo”A Juan Betetos e á súa familia tamén lles cam-biou o día a día ca rede. Na casa aínda teñen un teléfono TRAC e coma moitos nunca pensaron que Internet chegaría ao seu fogar, en Sante-les. “Antes para mandar un e-mail ou facer unha consulta había que ir ao cíber”. A conexión vaille ben. “Para os que vivimos no rural é coma se nos abriran unha ventá ao mundo”, dí Juan que polo seu traba-llo no sector da instalación, xa lle botou unha man a máis de un amigo para sumarse a este “fantástico e ambicioso proxecto”, engade.

Page 2: boletín feb-07 4.pdf · Title: boletín feb-07.indd Created Date: 3/15/2007 5:49:56 PM

O PROGRAMA de for-mación on-line ou tele-formación, para realizar cursos a través de Inter-net, conta xa cun total de 30 especialidades na súa oferta. A plata-forma de e-learning de aestradadixital botou a andar hai varios meses e dende entón centos de usuarios e usuarias optaron por este novo concepto de formación, que da máis liberdade aos alumnos que os cursos presenciais.

Coa entrada en fun-cionamento da rede Wi-Fi no municipio, agárda-se incrementar o número de usua-rios do programa. Para anotarse nos cursos, que son gratuítos, hai que cumprir dous requisitos: es-tar empadroado na Estrada e non ter ningún outro curso de e-lear-ning pendente de rematar (non se poden facer dous de xeito si-multáneo). Os interesados deben

Unha oferta de trinta cursos coa plataforma de ‘e-learning’

cumprimentar o formulario que atoparán na web de aestradadixi-tal (www.aestradadixital.org), no apartado de e-learning e escoller o curso desexado. Logo, nun prazo de 48 horas, remitiránse ao ende-rezo electrónico do solicitante os datos para acceder ao curso.

Ademais da variada oferta acu-

tal, con ciclos de inicia-ción e perfeccionamen-to, en breve vanse incor-porar cursos de idiomas. Os cursos ofertados po-lo de agora (dos que hai ampla información na ci-tada web) son referidos a sistemas operativos (Linux, con iniciación e niveis avanzados; Win-dows XP ou Windows 2003 Server), deseño gráfico, con programas como o AutoCad 2005; 3D Studio Max; Pinnacle Studio 8; Macromedia Freehand 9; Adobe Pho-toshop; Corel Draw 10; e Macromedia Flash; Drea-

mweaver, entre oturos). Tamén se ofertan na platafor-

ma cursos relacionados co aparta-do da Ofimática (Microsoft Excel e Acces, tanto de iniciación como avanzado; Publisher 2003, Micro-soft Power Point, Outlook...) e de programación, coma o de Visual Basic 6, entre outros.

NA WEB do Concello da Estrada (www.aestrada.com ou www.aestrada.es) xa está dispoñible a chamada axenda do cidadán, unha ferramen-ta interacitva que permite ás asociacións e particulares su-bir información sobre eventos de tipo social, cultural, festas ou citas deportivas. A axen-da tamén ofrece información complementaria. Así, inclue a predicción do tempo facilita-da polo Instituto Nacional de Meteoroloxía, para A Estrada, o calendario luar, o santoral e mesmo refráns populares.

Unha axenda de actos ao servizo dos cidadáns e asociacións na web do Concello

2

SOLICITUDE Os interesados poden anotarse nos cursos a través da web de aestradadixital

Aos ciclos de informática sumaránse en breve varios de idiomas

Os usuarios poden subir datos na web do Concello

NOVIDADESFORMACIÓN

FORMACIÓN

DOUS TÉCNICOS do Concello de Vitoria-Gasteiz (Euskadi) visitaron as instalacións de aestrada-dixital interesados polo e-learning, que leva tem-po implantado na súa cidade, e que na Estrada conta coa plataforma moodle, de software libre.

Vitoria-Gasteiz e a teleformación

DE VISITA

Máis acced@Ao longo deste ano van continuar as axudas para a compra de ordenadores, tanto para particulares co-mo para asociacións e co-mercios.

Altas na redeSe querese engancharte á revolución Wi-Fi, pasa po-las nosas oficinas para dar-te de alta. É gratis ata xullo!! E logo só custará 10 euros ao mes.máis información en:www.aestradixital.org

Lembra...

REPRESENTANTES DO Principado de Asturias coñeceron in situ aspectos da rede inalámbrica estradense, que segue a ser un referente para outras Adminsitracións que tamén queren ache-gar Internet a un maior número de usuarios.

Asturias interésase pola rede Wi-Fi

REFERENTE