BIOLOXÍA E XEOLOXÍA - edu.xunta.es · Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /3

57
Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /1 BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO ALUMNADO 1º DE BACHARELATO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA MATERIAS PROPIAS DE MODALIDADE

Transcript of BIOLOXÍA E XEOLOXÍA - edu.xunta.es · Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /3

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /1

BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA

GUÍA DO ALUMNADO

1º DE BACHARELATO

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

MATERIAS PROPIAS DE MODALIDADE

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /2

Esta guía foi elaborada por: María Milagros Villanueva Rodríguez. As modificacións e inclusións posteriores, desde o curso 2003-2004 ao 2006-2007 son de Ramón Varela Díaz.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /3

1- INTRODUCIÓN Á MATERIA_____________________________________________ O planeta Terra e os seres vivos que o habitan son, sen dúbida, dunha enorme complexidade. Aínda así, os estudos levados a cabo na superficie do planeta na procura de recursos naturais e a investigación continua para desentrañar o funcionamento dos organismos permítenos ter, hoxe, unha idea bastante aproximada de como é o noso planeta e os seus “poboadores”. A materia de Bioloxía e Xeoloxía que se vai abordar ao longo deste curso trata de dar os coñecemento científicos e tecnolóxicos que permitan coñecer e comprender o entorno, tanto o soporte físico (Xeoloxía) como os organismos que o habitan (Bioloxía). O libro de texto presenta os contidos seguindo o programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o primeiro curso de Bacharelato (DOG nº 135, 15 xullo 2002) dividíndoos en catro bloques temáticos e 16 temas que se estudarán ao longo de tres avaliacións. Antes de iniciar o estudo pormenorizado empezarase por lembrar o método científico e os métodos de análise e investigación que se empregan en ambas disciplinas así como o campo de estudo de cada unha; despois, os contidos a estudar son:

en Xeoloxía: a) procesos xeolóxicos internos b) procesos de formación de minerais e rochas, relacionándoos coa dinámica xeral

do planeta en Bioloxía

a) niveis de organización dos seres vivos e criterios de clasificación dos mesmos b) estudo anatómico e fisiolóxico dos reinos Animais e Plantas

2.- GUÍA DE ESTUDO___________________________________________________________ 2.1.- USO DO LIBRO DE TEXTO E DA GUÍA.- A guía está baseada no seguinte libro de texto: PULIDO,Carlos – ROIZ, Juan Manuel – RUBIO, Nicolás: Bioloxía e Xeoloxía I Ed.Anaya (2002) ISBN 84-667-1268-2 *Hai unha versión en castelán deste mesmo libro para a que tamén é válida a guía O libro de texto vai ser a súa ferramenta principal de traballo, así que se lle recomenda:

• LEA ATENTAMENTE as primeiras páxinas onde se lle explica a ESTRUTURA DO LIBRO e familiarícese co modo de exposición dos contidos.

• Necesita un caderno (ou similar) no que fará as actividades e esquemas propios. • A guía segue sempre a mesma estrutura para cada unidade:

- Introdución á unidade - Obxectivos que se deben acadar estudando a unidade - Suxestións concretas para estudar a unidade concreta - Actividades resoltas e test para comprobar cómo se van adquirindo os conceptos - Actividades para enviar ao titor ou titora que lle corresponda. Estas actividades son voluntarias e han de contestarse e enviarse ao titor ou á titora nos prazos

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /4

sinalados en cada unidade, e sempre dez días antes das probas escritas de avaliación. Os exercicios que cheguen fóra de prazo poden non ser corrixidos. Estas actividades poden enviarse: a) Por correo electrónico: correo electrónico na aula virtual. b) Por correo postal: Departamento de Bioloxía. IES San Clemente. Rúa San

Clemente s/n. 15705 SANTIAGO. c) Entregados persoalmente no propio IES San Clemente (no departamento, na

portería, etc.). Serán corrixidos e devoltos ao alumnado polo mesmo procedemento en que foron enviados. Non existirá puntuación para estes exercicios. 2.2.- MÉTODO DE ESTUDO.- En Bacharelato débense ter xa adquiridos uns hábitos e método de estudo propios. Non obstante, imos lembrarlle brevemente o que debería facer para preparar esta materia segundo a modalidade a distancia: • Póñase en contacto canto antes co seu titor ou titora para comprobar se hai algún cambio na

programación, ratificar o calendario de exames, acordar a resolución das actividades, coñecer cómo será avaliado, etc. Non espere á última semana nin quede con dúbidas: ten titorías presenciais unha vez á semana, un horario de teléfono, correo ordinario e correo electrónico.

• Faga un horario regular, dentro do posible; a constancia é moi importante agora que non asistirá ás clases convencionais

• Para estudar, lembre que debe: Ler a introdución xeral da guía, e despois a da unidade do libro que lle corresponda. Subliñar as ideas principais ou ordenalas sobre o texto. Facer un esquema coas ideas principais e as secundarias (isto pode levarlle tempo pero

serviralle para estruturar os contidos e facilitaralle o estudo e o repaso). Realizar as actividades de autoavaliación. Realizar ás actividades propostas para enviar ao seu titor ou titora. Pode realizar o test como comprobación final dos conceptos aprendidos ou como unha

actividade de autoavalición máis, segundo a súa preferencia. • Conserve ou adquira hábitos de lectura. Un dos obxectivos xerais do Bacharelato é saber

utilizar unha linguaxe correcta e ter capacidade expositiva e de argumentación; ler prensa ou calquera outros textos servirá para manterlle informado dos acontecementos científicos e adquirir vocabulario.

3.- DISTRIBUCIÓN DA MATERIA 1º trimestre: temas 1 a 5, ambos incluídos. 2º trimestre: temas 6 a 11, ambos incluídos. 3º trimestre: temas 12 a 16, ambos incluídos (* o tema 17 non se contempla no currículo oficial). A distribución das unidades para o estudo en cada avaliación pode ser moi variable porque dependerá da profundidade dos seus coñecementos previos sobre cada tema. A modo de orientación, recomendámoslle que dedique dez días a cada unidade.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /5

4.- CONTIDOS MÍNMOS Educación a Distancia 1º Bacharelato. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Curso 2006-2007 1º Avaliación XEOLOXIA Contidos mínimos Temas 1,2,3,4,5. Tema 1. A investigación científica da Terra. • Observar ( non estudar) os contidos que se teñen que estudar no curso de Bioloxía-Xeoloxía. A Xeoloxía. A Bioloxía. • O Método Científico. Entender, saber explicar e aplicar a un caso concreto o Método Científico

Tema 2. O Planeta Terra. • Coñecer e saber explicar a orixe do Sistema Solar e da Terra • Entender e saber explicar a orixe e desenvolvemento das capas da Terra • Entender e saber explicar a Terra como sistema e as interaccións • Coñecer a composición da atmosfera, a estrutura e a súa función na regulación térmica e climática da Terra • Coñecer a distribución da hidrosfera e a súa función na regulación térmica terrestre.O ciclo hidrolóxico. • Coñecer e describir sucintamente os métodos de estudio do interior da Terra • Entender a natureza, comportamento, rexistro e descontinuidades das Ondas Sísmicas. • Coñecer e describir os dous modelos do interior da Terra. • Breve descrición –resumo- do interior da terra.A codia (continental e oceánica), manto e núcleo.

Tema 3. Dinámica da xeosfera. Teoría da Tectónica de Placas. • A idea dunha terra móbil. Coñecer as probas que apoian a dinámica da litosfera • Coñecer e describir os tres tipos de interacción entre as placas litosféricas • Localizar en mapas as principais placas terrestres(Euroasiática, Africana, Norteamericana, Sudamericana,

Nazca, Cocos, Caribe, Pacífica, Filipina, Indoaustraliana e Antártica) • Localizar bordes de placa construtivos, destrutivos e neutros • Orixe e evolución dos fondos oceánicos. • Resumo dos Tipos de converxencia entre placas e os seus efectos na superficie • Coñecer as hipóteses sobre a causa dos movementos litosféricos • Resumo dos terremotos e volcáns.Interpretar gráficas de comportamento de ondas sísmicas •

Tema 4

• Explicar o concepto de mineral • Describir moi brevemente cómo se forman os minerais • Estudio de tres exemplos de silicatos : Seixo, Feldespato e Mica. • Explicar o concepto de roca . O ciclo das rochas. • Elaborar un cadro resumo e comparar de forma sinxela os ambientes petroxenéticos

Tema 5 • Coñecer e describir o proceso de formación das rochas magmáticas.Clasificación.

- coñecer algunhas ( 4) rochas magmáticas características de Galicia. Usos. • Coñecer e describir o proceso de formación das rochas metamórficas.Clasificación - coñecer algunhas (3) rochas metamórficas características de Galicia. Usos. • Coñecer e describir o proceso de formación das rochas sedimentarias. Clasificación

- describir a diaxénese - coñecer algunhas (8) rochas sedimentarias .Usos. - coñecer os principios da Estratigrafía

• Coñecer brevemente a Historia Xeolóxica de Galicia. Distribución dos diversos tipos de rochas. • Coñecer e describir brevemente os diversos tipos de meteorización física e química • Coñecer de forma resumida como se forma e evoluciona un solo • Saber o siñificado de: Dorsal, Rift, Falla, Diaclasa, Epicentro, Hipocentro, Deriva continental, Troposfera, Escorrentia,

Ondas P e S, Descontinuidade, Litosfera, Subducción, Placa litosférica, Planatesimal, Magma, Astenosfera, Sismógrafo, Plataforma continental.

Nota: PODES VER DETALLES DOS CONTIDOS MINIMOS NA AULA VIRTUAL BIOLOXIA-XEOLOXIA DA PÁXINA WEB. Educación a Distancia

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /6

1º Bacharelato. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Curso 2006-2007 2ª Avaliación BIOLOXÍA Contidos mínimos Temas 6,7,8,9,10,11 Tema 6.

Coñecer e explicar as características dos seres vivos Coñecer os principais bioelementos Coñecer os tipos, as características e exemplos das biomoléculas orgánicas

-glícidos, lípidos, proteínas,enzimas, ácidos nucleicos- Coñecer os tipos de biomoléculas inorgánicas Coñecer as principais propiedades da auga Coñecer e explicar as diferenzas entre as células procariotas e eucariotas. Entre células vexetais e

animais Coñecer e explicar a morfoloxía e función dos seguintes estruturas e orgánulos celulares: membrana

plasmática, aparato de Golgi, núcleo, lisosomas, ribosomas, mitocondrias, retículo endoplasmático, plastos vexetais, centriolos animais e vacuolas; diferenzas. -Pode elaborarse un cadro resumo e estudalo logo-

Coñecer as teorías sobre a orixe da vida e das células eucariotas de forma resumida Tema 7. Diferenciar TALO e CORMO Elaborar unha lista cos principais tecidos vexetais , localizándoos na planta e coñecer a súa función

específica. Elaborar unha lista cos principais tecidos animais , fixarse nas variedades dentro de cada un , localizalos

no organismo e coñecer a súa función. Estudar o tecido sanguíneo, óseo e nervioso Tema 8. Saber explicar o concepto de nutrición Coñecer e explicar a diferenza entre nutrición autótrofa e heterótrofa

- distinguir os tipos de nutrición heterótrofa Coñecer e explicar os mecanismos celulares de intercambio de sustancias:

- trasporte pasivo,-transporte activo,-endocitose,-exocitose Coñecer conceptos fundamentais de metabolismo:

- concepto de metabolismo,-concepto de ruta metabólica - importancia dos procesos de oxidación-reducción e das oxidacións biolóxicas - importancia do ATP no ciclo enerxético celular

Coñecer e explicar moi resumido qué a respiración celular e qué fases ten Coñecer e explicar de forma resumida qué son as fermentacións Coñecer e explicar de forma resumida qué é a fotosíntese e de qué fases consta

Tema 9 Coñecer e explicar os conceptos de relación, estímulo e tipos de estímulos, receptor, efector e resposta Coñecer e explicar os tipos de coordinación que existen nos seres vivos Coñecer e explicar resumido os tipos de reprodución e a importancia biolóxica da reprodución sexual Coñecer e explicar qué é e cómo se realiza a mitose, Aprender o nome das fases e o que sucede resumido

en cada unha.Realizar un cadro resumo. Coñecer e explicar de forma resumida cómo se produce a reprodución asexual en organismos unicelulares

e pluricelulares Coñecer a clonación, as súas aplicacións e as súas implicacións

Tema 10

Coñecer as categorías taxonómicas e as características xerais dos cinco reinos de seres vivos Coñecer e explicar as características do reino Moneras e a súa clasificación resumida Coñecer e explicar as características do reino Protoctista e a súa clasificación resumida

- Nos protozoos facer un resumo dos seus grupos. Nas algas fixarse só nos dinoflaxelados e diatomeas-. Coñecer 4 exemplos e explicar as características do reino Fungos.

- Fixarse nos lévedos e nos liques

Tema 11 Coñecer e explicar os modos de absorción radicular da auga e das sales Coñecer e explicar a función dos estomas nas plantas Coñecer e explicar cómo se realiza o transporte de sustancias nas plantas Coñecer e explicar a función das auxinas nas plantas Definir que son os tropismos e nastias e poñer algún exemplo. Reprodución asexual e sexual das plantas .

Nota: PODES VER DETALLES DOS CONTIDOS MINIMOS NA AULA VIRTUAL BIOLOXIA-XEOLOXIA DA PÁXINA WEB.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /7

Educación a Distancia 1º Bacharelato. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Curso 2006-2007 3ª Avaliación BIOLOXÍA Contidos mínimos TEMAS 12,13,14,15,16,17. Tema 12. Biodiversidade. No Reino Plantas. As plantas non vasculares. Resumo dos Briófitos. As primeiras plantas vasculares. Resumo das Pterófitos ou fieitos coa súa reprodución. As plantas vasculares con sementes. Resumo do Filo Coniferófitos (Coníferas) e Filo Anxiospermatófitos (Anxiospermas). Diferenzas entre Monocotiledóneas e Dicotiledóneas. Reprodución de anxiospermas. Ciclo reprodutor Tema 13. Biodiversidade no reino Animal Compara nun cadro resumo os diversos aspectos – morfoloxía, forma de vida…- de Poríferos, Celentéreos, Moluscos e Anélidos. Compara nun cadro resumo a Gasterópodos, Bivalvos e Cefalópodos. Compara nun cadro resumo a Insectos, Crustáceos, Arácnidos e Diplópodos. Características xerais dos Equinodermos, presta atención a asteroideos e equinoideos . Compara nun cadro resumo a Condrictios, Osteíctios, Anfibios, Réptiles, Aves e Mamíferos. Tema 14. As funcións de nutrición nos animais As superficies de intercambio, A captura e selección do alimento. Evolución do proceso da dixestión nos animais. Aparato dixestivo dos invertebrados. O aparato dixestivo dos vertebrados.-resumo- A absorción dos nutrientes- resumo- Tipos de respiración- resumo- Respiración pulmonar. Os sistemas de circulación. Compoñentes dun sistema de circulación: líquidos , condutos e vasos e mecanismo de propulsión de fluídos circulantes. Sistema circulatorio de mamíferos. O aparato excretor dos vertebrados Tema 15. As funcións de relación nos animais. As neuronas. Resumo da transmisión do impulso nervioso Resumo do Sistema Nervioso Central As hormonas dos vertebrados e as súas funcións. Tema 16. As funcións de reprodución nos animas. Resumo da reprodución asexual . Resumo da reprodución sexual (gametoxénese e mecanismos da fecundación). Mecanismo da fecundación –resumo- Modalidades de reprodución. Tema 17. A Biodiversidade e a súa conservación. Tema para lectura. Lectura do tema en xeral, debes fixarte no Bosque Atlántico e nas Categorías de Estado de

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /8

Conservación e Protección, mesmo podes facer un resumo destes apartados Nota: PODES VER DETALLES DOS CONTIDOS MINIMOS NA AULA VIRTUAL BIOLOXIA-XEOLOXIA DA PÁXINA WEB. O alumnado pode consultar os contidos mínimos desta materia na aula virtual Bioloxía-Xeoloxía páxina web. UNIDADE 1: A investigación científica da Terra 1.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Nesta unidade lémbrase cales son os campos de coñecemento da Bioloxía e a Xeoloxía. A irregularidade dos acontecementos que se estudan e, sobre todo, a imposibilidade de facer observacións directas ou de repetir moitos dos procesos xeolóxicos e biolóxicos, fan difícil o traballo nestas dúas ciencias. Débense coñecer os pasos que segue o método científico e a metodoloxía que se pode empregar para obter os datos. A continuación faise un repaso histórico por ambas disciplinas, sinalando as doutrinas, hipóteses e autores máis importantes: a) en Xeoloxía:

- O catastrofismo, defendido por CUVIER, séculos XVII – XVIII. - O uniformismo, defendido por HUTTON e LYELL, séculos XVIII – XIX. - A teoría da tectónica de placas e o neocatastrofismo, século XX.

b) en Bioloxía: - A teoría celular. - A teoría da selección natural e a evolución biolóxica. - A teoría a herdanza mendeliana e os inicios da xenética. - A teoría molecular da herdanza e dos procesos vitais.

1.2.- OBXECTIVOS Ao rematar a unidade deberá: • Coñecer os pasos do método científico. • Coñecer a evolución histórica da xeoloxía e a bioloxía. • Coñecer a tecnoloxía utilizada no estudo das ciencias da Terra.

1.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO -Facer un esquema coas doutrinas máis importantes na historia da bioloxía e da xeoloxía. 1.4.- ACTIVIDADES 1.4.1.- AUTOAVALIACIÓN

1) Razoe se os descubrimentos científicos poden ser considerados ou non verdades absolutas. 2) Cales son as principais causas que xustifican o atraso no desenvolvemento teórico da

bioloxía?

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /9

1.4.2.- ACTIVIDADES PARA ENVIAR AO/Á TITOR/A. Data límite de envío: 15 de novembro.

1) Describa como sería a aplicación do método científico a un problema concreto. 2) Resuma brevemente as principais teorías que rexen a investigación biolóxica actual

UNIDADE 2: O planeta Terra 2.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Nesta unidade vaise estudar a estrutura e natureza físico-química da Terra pero tamén a súa orixe, desenvolvéndose a teoría da acreción planetesimal de WEIZSÄCKER e KUIPER (1950) para explicala. O estudo da Terra ten que abordarse tendo en conta que se compón de elementos físico-químicos (rochas, aire, auga,…) e biolóxicos (seres vivos); da interrelación destes compoñentes resulta un sistema, que funciona como unha unidade e que é capaz de manter estables certas características como temperatura e composición atmosférica. Cada un deses compoñentes ten a suficiente complexidade como para ser considerado en si mesmo un sistema, o que nos leva a falar de subsistemas terrestres: a xeosfera (parte sólida e mineral da Terra), a biosfera (seres vivos terrestres e acuáticos), a hidrosfera (xeos, océanos,…) e a atmosfera. Todos eles, xuntos, conforman a máquina climática que permite a existencia do planeta tal como o coñecemos. Unha vez vistas brevemente as características da atmosfera e a hidrosfera, analízase a estrutura e métodos de estudo da xeosfera, que é o obxecto principal de estudo deste e dos temas seguintes. 2.2.- OBXECTIVOS Ao rematar á unidade deberá: • Coñecer e saber explicar a orixe do sistema solar e da Terra así como a orixe das súas capas. • Entender a interrelación dos subsistemas terrestres. • Coñecer as partes da atmosfera e a súa función na regulación climática da Terra. • Coñecer as partes da hidrosfera e a súa función na regulación térmica terrestre. • Coñecer e describir sucintamente os métodos de estudo do interior da Terra. • Coñecer e describir os modelos xeoquímico e dinámico da estrutura da Terra.

2.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO - Analice as interaccións no sistema Terra (cadro páxina 29). - Teña claros os novos conceptos que aparecen nesta unidade para utilizar os termos con

propiedade: PLANETESIMAL ACRECIÓN HOMOSFERA HETEROSFERA EFECTO INVERNADOIRO DESCONTINUIDADE LITOSFERA ASTENOSFERA 2.4.- ACTIVIDADES 2.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

1) Cite as principais interaccións que existen entre a atmosfera e a hidrosfera. 2) En que se diferenzan as ondas sísmicas P e S?

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /10

3) Que é unha descontinuidade sísmica? Cite e describa as principais. 4) Resuma os principais procesos que teñen lugar na hidrosfera e que causan a regulación

térmica e climática da Terra. Teñen algunha relación cos procesos atmosféricos?

2.4.2.- TEST DE AUTOCOMPROBACIÓN 1 O modelo da acreción planetesimal de Kuiper e Weizsäcker propón:

a) A colisión de corpos sólidos pequenos para formar planetas maiores ao redor dunha estrela. b) A formación de planetesimales no centro dunha nebulosa en rotación. c) A formación do sistema solar a partir de varias nebulosas que chocaron entre si.

2 A atmosfera primitiva: a) Tiña unha composición parecida a actual. b) Tiña N2, CO2, vapor de auga pero carecía de O2. c) Tiña O2 pero non se formara aínda o ozono.

3 A aparición de formas de vida na Terra, a) Non tivo lugar ata que non se formou a atmosfera e a hidrosfera. b) Influíu sobre a composición da atmosfera e da hidrosfera. c) Son certas as dúas respostas anteriores.

4 O gas máis abundante na atmosfera actual é a) Osíxeno. b) Ozono. c) Nitróxeno.

5 A heterosfera é unha parte da atmosfera que a) Está debaixo dos 90 km de altura e ten todos os gases mesturados homoxeneamente. b) Está por encima dos 10 000 km de altura e ten os gases distribuídos en capas. c) Está por encima dos 90 km e ten os gases distribuídos en capas diferenciadas.

6 O efecto invernadoiro natural prodúcese porque a) As nubes reflicten gran parte da radiación solar antes de chegar ao chan. b) A radiación solar que chega ao chan é devolta en forma de radiación infravermella e non volve ao

espazo. c) As plantas usan a radiación solar e producen O2.

7 A regulación térmica do planeta depende de a) Da existencia da capa de ozono. b) Da distribución do calor polo planeta pola circulación atmosférica e correntes mariñas. c) Da variación da intensidade da radiación solar.

8 Os gráficos A, B e C do exercicio 6 da páxina 44 correspóndense aos modelos planetarios: a) 1,2,3. b) 3,2,1. c) 2,3,1.

9 As ondas sísmicas que causan as catástrofes á humanidade son: a) As ondas P. b) As ondas S. c) As ondas superficiais.

10 A descontinuidade de Gutemberg separa a) Cortiza e manto. b) Manto e núcleo. c) Núcleo externo e núcleo interno.

11 A composición do manto é a) Rochas sedimentarias, ígneas e metamórficas ricas en cuarzo. b) Rochas con pouco contido en cuarzo e ricas en minerais de ferro e magnesio. c) Ferro, níquel e xofre.

12 A litosfera está formada por: a) Cortiza continental e cortiza oceánica. b) Cortiza e parte do manto superior. c) Manto inferior.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /11

2.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Data límite de envío, 15 de novembro.

1) Explique a estrutura térmica da atmosfera. 2) Resuma os principais procesos atmosféricos que interveñen na regulación térmica e climática

do planeta. 3) Por que hai dous modelos para explicar o interior terrestre? En que se diferenzan?

UNIDADE 3: A dinámica da Xeosfera. Teoría da Tectónica de placas 3.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Na unidade anterior estivemos a ver a Terra dende un punto de vista estático: a súa estrutura e composición. Nesta unidade imos ver a dinámica terrestre, os cambios continuos que se producen na xeosfera, a meirande parte deles con extrema lentitude dende o punto de vista humano. Na década dos 60, aceptándose xa a idea do desprazamento continental e a expansión do fondo oceánico, formulouse a teoría da Tectónica de placas, que supuxo unha revolución no campo da xeoloxía. Esta teoría non se pode atribuír a ninguén en particular xa que recolleu as achegas de moitos investigadores e tratou de dar unha explicación global a todos os fenómenos xeolóxicos en todo o planeta (por iso ás veces se enuncia como teoría da Tectónica global). Por ser unha teoría recente, aínda non están resoltas moitas cuestións, sendo unha das máis polémicas o motor, o mecanismo impulsor do movemento das placas litosféricas. No cadro inferior da páxina 51 (véxase tamén parte superior da páxina 41) aparece o modelo máis recente, baseado en datos da tomografía sísmica. Estes datos indican a existencia de correntes de convección por todo o manto, contrapoñéndoo á idea dunha astenosfera continua por todo o planeta e única responsable dos movementos das placas, da que non hai probas concluíntes. Vanse estudar as relacións entre as placas e as estruturas xeolóxicas que se xeran. As placas poden separarse ou converxer e estes movementos relativos entre elas cambian ao longo do tempo: continentes que nun determinado momento se separan, noutro momento poden acercarse. Para o xeólogo Tuzo Wilson, a orixe, evolución e destrución das placas é un proceso cíclico que se puído dar varias veces ao longo da historia da Terra e que se está a dar actualmente en distintas zonas; é o chamado ciclo de Wilson, que resumimos moi brevemente:

- Hai un continente que, nun determinado momento, se fractura e orixina un rift (exemplo: val do Rift no este de África; páx. 55).

- Formación dunha dorsal, expansión do fondo oceánico e separación dos continentes por un mar estreito (exemplo: mar Roxo).

- Ampla separación dos continentes con importante sedimentación nas marxes continentais (exemplo: océano Atlántico).

- Co tempo, nunha parte do sistema en expansión, unha parte de litosfera xa fría e chea de sedimentos subduce no manto, formando unha fosa oceánica asociada a un arco insular preto do continente (exemplo: illas de Xapón; páx. 57).

- Se a placa que subduce debaixo dun continente é mixta e leva asociado outro, estes poden chegar a colisionar cando o océano que os separa se peche (exemplo: formación do Himalaia, Pireneos e Alpes). Ao final as dúas placas quedan unidas e pode comezar un novo ciclo.

3.2.- OBXECTIVOS Ao rematar á unidade deberá: • Coñecer as probas que apoian a dinámica da litosfera. • Coñecer, describir e localizar os tres tipos de interacción entre as placas litosféricas.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /12

• Poder localizar no mapa as seguintes placas litosféricas: eurasiática, africana, norteamericana, sudamericana, Nazca, Cocos, Caribe, pacífica, filipina, indoaustraliana e antártica.

• Manexar mapas de fondos oceánicos e gráficas de sismos, temperaturas... • Coñecer as hipóteses sobre a causa dos movementos litosféricos. • Coñecer os tipos de deformación das rochas e as estruturas xeolóxicas formadas.

3.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO - Faga un esquema no que se reflictan os tipos de borde de placa e as estruturas xeolóxicas que

se orixinan en cada caso. - Debuxe un pregamento e unha falla e aprenda as súas partes. - Teña claros os novos conceptos que aparecen nesta unidade para utilizar os termos con

propiedade: PLACA LITOSFÉRICA DORSAL GRADIENTE TÉRMICO PLANO DE BENIOFF FALLA DERIVA CONTINENTAL RIFT FALLA TRANSFORMANTE ARCO INSULAR DIACLASA OROXÉNESE VOLCÁN ESCALA DE RITCHER HIPOCENTRO EPICENTRO - Lembre que ás veces hai pequenos cambios na terminoloxía segundo o libro consultado:

o células convectivas / celas convectivas / correntes de convección o arcos insulares / arcos – illa

3.4.- ACTIVIDADES 3.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN 1) Explique as semellanzas e diferenzas entre os dous modelos sobre o mecanismo impulsor das placas. 2) Por que se di que a litosfera terrestre se atopa nun estado de equilibrio dinámico? 3) Explique razoadamente o feito de que a capa de sedimentos depositada nos fondo oceánicos sexa

máis delgada preto das dorsais que lonxe delas. 4) Cales son as causas da actividade sísmica e volcánica nas zonas de subducción? 5) Existe algunha relación entre o vulcanismo e a actividade sísmica? 6) Cal é o papel das fallas transformantes no movemento das placas litosféricas? Cal é a relación

destas fallas coa sismoloxía?

3.4.2.- TEST DE AUTOCOMPROBACIÓN 1 WEGENER foi:

a) O xeólogo que elaborou a teoría da Tectónica de placas. b) O científico que postulou a deriva continental. c) O xeólogo que estudou a formación do fondo oceánico.

2 Unha placa litosférica é: a) Un fragmento de continente que se despraza cara outro. b) Un fragmento de litosfera que pode ter zonas continentais, oceánicas ou ambas. c) Un fragmento de manto terrestre que se despraza por convección.

3 Os bordes de placa construtivos orixinan: a) Fosas oceánicas. b) Dorsais oceánicas. c) Fallas transformantes.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /13

4 Os bordes de placa destrutivos orixinan: a) Fallas transformantes. b) Dorsais. c) Fosas oceánicas.

5 A teoría máis recente sobre o motor do movemento das placas fala de: a) Avalanchas de material frío e plumas de material quente dende o núcleo. b) Unha astenosfera fluída ata os 670 km de profundidade. c) Pola atracción da Lúa.

6 En que lugares da litosfera non se crea nin se destrúe material?: a) Nos bordes diverxentes. b) Nos bordes converxentes. c) Nos bordes de movemento lateral.

7 Cerca do eixo dunha dorsal, os sedimentos son: a) Moi antigos e con pouco grosor. b) Moi recentes e con pouco grosor c) Moi antigos e con moito grosor.

8 En que lugares do planeta hai actualmente subducción? a) En Norteamérica e na Antártida. b) No océano Atlántico. c) Nas illas do Xapón e no Oeste de Sudamérica.

9 A diferenza entre unha falla e unha diaclasa é: a) As fallas orixínanse por distensión e as diaclasas por compresión. b) Nas fallas hai desprazamento dos bloques fracturados e nas diaclasas non. c) As fallas son deformacións plásticas e as diaclasas son roturas.

10 Que é a oroxénese?: a) O proceso de destrución dun orósxeno por erosión. b) O proceso de formación de cordilleiras montañosas. c) O proceso de formación das rochas.

11 A escala de Ritcher mide: a) A magnitude dun sismo. b) A intensidade dun sismo. c) A velocidade das ondas sísmicas.

12 A cordillera do Himalaya formouse: a) Polo choque de dúas placas continentais. b) Polo ascenso e posterior enfriamento dun magma. c) Polo choque de dous continentes cando unha placa mixta rematou a subducción.

3.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Data límite de envío, 15 de novembro.

1) Explique que relación existe entre os bordes das placas litosféricas e a localización

da meirande parte dos terremotos que se rexistran. 2) Cite cinco lugares da Terra onde existan bordes destrutivos, cite as placas que

interaccionan en cada caso e describa as características xeolóxicas que se dan en cada un deles.

3) Tomando como base a teoría da Tectónica de placas, elabore unha hipótese sobre o que ocorrerá dentro dalgúns millóns de anos na rexión dos vales de rift intracontinentais do leste de África.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /14

Unidade 4: A materia da Exosfera: os minerais e as rochas 4.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- O coñecemento dos materiais terrestres é fundamental para entender como ocorren os procesos xeolóxicos. A disciplina que se ocupa do estudo dos minerais é a Mineraloxía, e o concepto de mineral aparece moi ben definido ao principio da unidade. Seguramente a característica máis salientable dos minerais é ter estrutura cristalina. Non hai que confundir o que coloquialmente se chama cristal co concepto científico: un cristal é un sólido que ten os seus átomos ordenados no espazo, formando unha estrutura tridimensional repetitiva. Porén, esta ordenación non sempre é apreciable a simple vista para un observador: cando se está formando e non hai espazo suficiente, o borde exterior do cristal axustarase á superficie irregular dispoñible e non serán apreciables as caras e arestas propias da estrutura tridimensional que lle corresponda, aínda que a nivel atómico si que se mantén a ordenación. Na vida cotiá, ao falar de cristal, estamos a referirnos ao vidro ou materiais semellantes que, dende o punto de vista xeolóxico, son materia amorfa. 4.2.- OBXECTIVOS.- Ao rematar á unidade deberá: • Explicar o concepto de mineral e a súa estrutura interna. • Coñecer e describir como se forman os minerais. • Principais depósitos minerais de Galicia. • Coñecer algunhas utilidades dos cristais. • Concepto de rocha e tipos de ambientes onde se forman.

4.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO - Afiance os novos conceptos: MINERAL CELA UNIDADE RECRISTALIZACIÓN DIAXÉNESE MACLA AGREGADO CRISTALINO CRISTALIZACIÓN MAGMA - Faga un esquema coas características dos distintos ambientes petroxenéticos . 4.4.- ACTIVIDADES 4.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /15

1) Supoña que unha mostra dun mineral carece de forma definida. Quere isto dicir que carece de

estrutura cristalina? Por que? 2) Explique que características debe atopar un xeólogo en dúas mostras de rochas para

determinar que son diferentes. 3) Que relación existe entre o ambiente magmático e o metamórfico? 4) Relacione os ambientes sedimentario e metamórfico. 5) Explique brevemente o chamado ciclo das rochas. Razoe se se trata dun ciclo real ou se só é

unha representación esquemática da dinámica das rochas litosféricas. 4.4.2.- TEST 1 Que característica non cumpren os cristais obtidos no laboratorio para non ser considerados minerais?

a) Non son inorgánicos. b) Non se orixinan por procesos naturais. c) Non teñen estrutura cristalina.

2 Unha sustancia na que os seus compoñentes (moléculas, ións, átomos) están unidos ordenadamente chámase: a) Sólido cristalino. b) Sólido amorfo. c) Gas.

3 A cristalización pode levarse a cabo por solidificación dun magma, sublimación e: a) Enfriamento magmático. b) Fusión. c) Precipitación química a partir dunha disolución.

4 As maclas son:: a) Agrupacións de dous ou máis cristais que crecen xuntos. b) Cristais formados en pouco tempo. c) Un tipo de rocha sedimentaria.

5 A unidade estrutural básica dos silicatos é: a) Os silicatos non teñen redes cristalinas. b) Como indica o nome do grupo, o silicio. c) Un tetraedro de Si e O.

6 Unha rocha é: a) Un fragmento de mineral. b) Un agregado natural de minerais. c) Un sólido, natural, inorgánico, de composición química definida e invariable.

7 Un ambiente petroxenético é: a) Unha zona da Terra con condicións tectónicas e fisicoquímicas para formarse rochas. b) Unha zona da Terra onde se produce erosión das rochas. c) A parte do núcleo externo da Terra de onde proveñen as rochas.

8 Segundo a súa orixe, as rocha clasifícanse en: a) Sedimentarias, plutónicas e volcánicas. b) Sedimentarias, magmáticas e metamórficas. c) Sedimentarias, detríticas e metamórficas.

9 As rochas ígneas ou magmáticas proceden de: a) Procesos de diaxénese. b) Grandes esforzos tectónicos. c) Solidificación dun magma.

10 A diaxénese é: a) O proceso de formación de rochas magmáticas por solidificación dun magma. b) O proceso de formación de rochas sedimentarias a partir dun sedimento. c) O proceso de metamorfización a altas presións e temperaturas.

4.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Data de envío: despois do 5 de novembro e sempre dez días antes do primeiro exame.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /16

1) De que depende que un mineral cristalice ou non cunha configuración externa ideal que

reflicta a estrutura da súa rede cristalina? 2) Que ambientes petroxenéticos se poden atopar nunha zona de subducción? E nunha

dorsal oceánica? 3) Unha rocha metamórfica pode chegar a “transformarse” nunha rocha sedimentaria?

Explíqueo.

Unidade 5: Os procesos de formación e descomposición das rochas 5.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- (O apartado 5.5 desta unidade non se avaliará) Unha rocha foi definida como un agregado de un ou varios tipos de minerais que se formou por procesos naturais. A rama da xeoloxía que se ocupa do seu estudo é a petroloxía. É necesario lembrar os tres criterios para a clasificación das rochas que se viron na unidade anterior: composición mineralóxica, orixe e disposición interna dos minerais. Este último criterio pódenos axudar a desvelar a súa orixe. Hai que ver dúas propiedades: a) Textura: é a ordenación entre os grans minerais dunha rocha e depende do tamaño, forma e

distribución; está moi relacionada coa velocidade de enfriamento no caso das rochas magmáticas. Nesta unidade aparecen os seguintes tipos de texturas: • Textura granulada: os cristais minerais están ben formados, recoñecibles a simple vista,

son de tamaño máis ou menos uniforme e creceron uns contra outros; aparece en rochas plutónicas, onde a solidificación foi lenta.

• Textura microcristalina: os cristais formáronse ao mesmo tempo e moi rapidamente; son moi pequenos e apenas se recoñecen; aparece en rochas volcánicas, de solidificación rápida.

• Textura porfídica: hai cristais grandes (chámanse fenocristais) incluídos entre unha masa de cristais minerais moito máis pequenos; propia de rochas que primeiro solidifican lenta e despois rapidamente.

• Textura vítrea: non existe cristalización porque o enfriamenteo é moi rápido.

b) Estrutura: é a aparencia a simple vista dos agregados minerais: • Foliación, máis ou menos evidente: liñas, láminas ou bandas. • Marcas ou restos de seres vivos. • Estratificación.

. 5.2.- OBXECTIVOS Ao rematar á unidade deberá: • Coñecer e describir o proceso de formación das rochas magmáticas, diferenciando as rochas

plutónicas e volcánicas máis importantes. • Coñecer e describir o proceso de formación das rochas metamórficas, recoñecendo as súas

diferentes estruturas e os exemplos máis representativos. • Coñecer e describir o proceso de formación e os tipos de rochas sedimentarias. • Coñecer e describir os tipos de meteorización física e química.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /17

5.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO - Afiance os novos conceptos: ASIMILACIÓN MAGMÁTICA FILÓN GRANOSELECCIÓN TEXTURA BLASTESE CRISTALIZACIÓN FRACCIONADA ESTRATO ESTRUTURA FOLIACIÓN AUREOLA METAMÓRFICA - Faga un cadro-resumo coa clasificación das rochas. - Elabore un cadro onde aparezan os principais minerais e rochas de Galicia e as súas utilidades 5.4.- ACTIVIDADES.- 5.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

1) Elabore un esquema cos factores que interveñen na formación dun magma. 2) Imaxine dúas rochas, unha plutónica e unha volcánica, coa mesma composición

mineralóxica. Presentarán diferentes texturas? Por que? 3) Que criterios se usan para clasificar as rochas sedimentarias? 4) Por que as rochas sedimentarias aparecen en estratos? Poden aparecer do mesmo xeito

as rochas metamórficas? Por que? 5) Explique a relación que hai entre os procesos de meteorización e a formación dos solos. 6) Ordene as seguintes rochas de menor a maior grao de metamorfismo: gneis – lousa (pizarra) – filita – xisto (esquisto)

5.4.2.- TEST 1 Os magmas son:

a) Mesturas de minerais fundidos, gases e auga a altas temperaturas. b) Cada unha das capas que se forman nunha cunca sedimentaria. c) Dous cristais que crecen xuntos.

2 Cando parte dun magma comeza a cristalizar mentres outra parte permanece fluída fálase de: a) Recristalización. b) Cristalización fraccionada. c) Blastese.

3 Cando un magma ascende á superficie e fonde parte das rochas que atopa, incorporándoas, dise que: a) Houbo unha aureola metamórfica. b) Houbo asimilación magmática. c) Houbo nucleación.

4 A blastese é: a) O crecemento de cristais xa existentes nunha rocha. b) A asimilación de rochas encaixantes por un magma que ascende. c) A formación de rochas sedimentarias a partir dun sedimento.

5 Os xacementos minerais de tipo hipotermal fórmanse a temperaturas de: a) 500ºC – 300ºC. b) 300ºC – 200ºC. c) menos de 200ºC.

6 Canto máis lento é o enfriamento dun magma, a) Máis pequenos son os cristais formados. b) Maiores son os cristais formados. c) Hai máis probabilidades de que se forme materia amorfa.

7 Son rochas sedimentarias detríticas: a) Calcaria (caliza), mármore e sal común. b) Arxilas, conglomerados e arcosas.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /18

c) Conglomerados, basalto e diorita. 8 Son rochas plutónicas:

a) Granito e granodiorita. b) Basalto e riolita. c) Mármore e gneis.

9 Son rochas metamórficas: a) Lousa e calcaria (caliza). b) Mármore e xisto. c) Granito e basalto.

10 Cal é a frase verdadeira? a) O petróleo e o carbón proceden de seres vivos. b) O mármore e a calcaria teñen a mesma composición. c) Ambas son certas.

5.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Data de envío: despois do 5 de novembro e sempre dez días antes do primeiro exame.

1) En que se diferencian diaxénese e metamorfismo de enterramento? 2) Os seguintes esquemas corresponden a dúas rochas magmáticas diferentes:

1 2 a) Cal delas arrefeceu máis rapidamente? Explique a resposta. b) Cal delas se solidificou, probablemente, á maior profundidade? Razoe a resposta c) Que textura presenta cada unha? 3) Razoe se o clima inflúe nos procesos de meteorización física e química.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /19

Unidade 6: A base química da vida. A materia dos seres vivos e a célula. 6.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Con esta unidade comeza o estudo da Bioloxía, empezando nos niveis abióticos máis sinxelos: elementos bioxénicos e biomoléculas. Non obstante, o currículo oficial da Consellería da Educación indica que estes contidos (epígrafe 6.2. do libro) NON SERÁN AVALIADOS neste curso xa que serán tratados con máis profundidade no curso seguinte. O conxunto máis pequeno de biomoléculas con capacidade para realizar as funcións vitais é a célula. Está enunciada unha Teoría Celular pero non hai aínda unha definición de vida ou de ser vivo. Dicimos que os seres vivos teñen os seus compoñentes moleculares moi organizados (son complexos), poden intercambiar materia e enerxía co entorno (nutrirse), poden autoperpetuarse no tempo (reproducirse) e poden responder aos estímulos do seu medio (relacionarse). Como se ve, non os definimos; nos limitamos a describilos segundo as súas propiedades ou capacidades. O principal obxectivo nesta unidade será comprender o significado destas capacidades. Ademais, débese distinguir, sen dúbidas, as células procariotas das eucariotas e, nestas, as vexetais das animais; estuda ben as diferenzas e semellanzas entre unhas e outras. Lembremos os puntos fundamentais cos que se enuncia na actualidade a Teoría Celular baseada nas achegas do botánico Schleiden en 1838 e do zoólogo Schwann en 1839: 1º) A célula é o ser vivo máis pequeno e sinxelo (unidade vital). 2º) A célula posúe a súa propia actividade vital (unidade funcional). 3º) Toda célula procede doutra célula (unidade xenética). 6.2.- OBXECTIVOS Ao rematar a unidade deberá:

• Coñecer e explicar as características dos seres vivos. • Coñecer e explicar as diferenzas entre as células procariotas e eucariotas . • Coñecer as teorías sobre a orixe da vida e das células eucariotas.

6.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO - Lea a composición dos seres vivos, o apartado 6.2. do libro, aínda que non sexa avaliable;

faga un cadro-resumo coa clasificación e as unidades estruturais das biomoléculas. - Estude a estrutura das células eucariotas (páx. 120-121); é importante que saiba interpretar

esquemas e fotografías. - Poña atención aos cadros coas diferenzas entre células animais e vexetais (páx. 118); facer os

seus propios cadros pode axudarlle a estudar (por exemplo, elabore un cadro onde aparezan os orgánulos celulares, a súa función e a súa presenza en células vexetais e/o animais)

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /20

6.4.- ACTIVIDADES.- 6.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

6.4.2.- TEST 1 As células procariotas caracterízanse por:

a) Teñen un núcleo que ocupa a maior parte do interior celular b) Non teñen núcleo rodeado de membrana c) Teñen un núcleo filamentoso

2 Nos cromosomas do núcleo das células hai: a) ARN b) ADN c) ATP

3 Os espirilos son: a) Un tipo de célula procariota con forma de bastón. b) Un tipo de bacteria longa que se despraza con movementos ondulantes. c) Un tipo de bacteria esférica que pode estar agrupada en parellas, cadeas,...

4 As bacterias clasifícanse pola súa parede en: a) Con parede e sen parede. b) Gram-positivas e Gram-negativas. c) Con parede son Gram – positivas e sen parede son Gram – negativas.

5 As células vexetais, teñen cloroplastos? a) Ás veces. b) Sempre. c) Nunca.

6 As células animais, teñen mitocondrias? a) Ás veces. b) Sempre. c) Nunca.

7 As células vexetais, teñen mitocondrias? a) Ás veces. b) Sempre. c) Nunca.

8 As células procariotas, teñen mitocondrias? a) Ás veces. b) Sempre. c) Nunca.

9 Un clon é: a) Un grupo de células idénticas. b) Os descendentes idénticos dunha célula. c) Son certas (a) e (b).

10 O paso evolutivo que puido dar lugar ás células eucariotas a partir de procariotas chámase: a) Endosimbiose. b) Fagocitose. c) Clonación.

11 Que niveis de organización están correcta e completamente ordenados de menor a maior complexidade? a) Átomo Célula Órgano Ecosistema b) Molécula Orgánulo Célula Tecido c) Molécula Órgano Célula Organismo

12 As teorías sobre a orixe da vida din que se orixinou:

1) Que características definen a vida? 2) Por que os virus non son considerados seres vivos? 3) En que se diferenzan unha célula eucariota e unha procariota? 4) En que se diferenzan unha célula animal e unha vexetal?

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /21

a) A partir de moléculas inorgánicas nunha atmosfera primitiva distinta á actual. b) A partir de células procariotas primitivas. c) A partir de moléculas orgánicas presentes na atmosfera primitiva.

6.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: mes de xaneiro.

1) Cales son os orgánulos comúns ás células animais e vexetais? 2) As figuras da páxina 126 representan células. De que tipo de células se trata? Que

orgánulos se distinguen nelas? 3) Que tipo de organización celular poden ter os seres unicelulares? E os pluricelulares?

Unidade 7: Diferenciación e especialización celular. Os tecidos. 7.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- A célula é o nivel máis sinxelo dos seres vivos. Nos seres unicelulares é unha única célula a que realiza todas as funcións vitais das que falabamos no tema 6. Os seres pluricelulares teñen a posibilidade de repartir esas funcións entre as súas moitas células, para que cada grupo se “encargue“ dunha soa función. Estes grupos de células, iguais entre si e diferenciadas do resto para realizar un traballo concreto dentro dun organismo, constitúen os tecidos. Os tecidos animais están moito máis que os tecidos vexetais e, en xeral, as súas células conservan a capacidade para dividirse.

Erratas do texto: - Páxina 137, liña 19: debe dicir exocrinas en vez de endocrinas - Páxina 143, cadro dos tipos de músculos, tipo de contracción do músculo liso: debe dicir involuntaria en

vez de voluntaria. 7.2.- OBXECTIVOS.- • Diferenciar TALO e CORMO • Saber clasificar os principais tecidos vexetais e coñecer a súa función. • Saber clasificar os principais tecidos animais e coñecer o principal tipo celular que os

caracteriza e a súa función. 7.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.-

- Familiarícese coas fotografías do libro. Trátase de cortes de tecidos feitos no laboratorio, onde as cores son producidas polos distintos métodos de tintura empregados. Compáreas.

- Faga un esquema ou cadro coa clasificación dos tecidos, describindo o tipo de célula principal de cada un e a súa función.

- Detéñase nos novos conceptos que aparecen no tema:

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /22

DIVISIÓN DO TRABALLO FISIOLÓXICO CORMO MERISTEMA EPITELIO GLÁNDULA DIFERENCIACIÓN CELULAR TALO ADIPOCITO NEURONA OSTEOCITO (…)

7.4.- ACTIVIDADES.- 7.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

7.4.2.- TEST 1 Os brións (musgos) teñen organización:

a) Cormofítica. b) Talofítica. c) Cenocítica.

2 O aparato vexetativo das algas pluricelulares é un a) Cormo b) Talo c) Non teñen

3 Distribuír o traballo fisiolóxico quere dicir… a) …que cada célula dun organismo realiza todas as funcións vitais. b) …que un organismo é pluricelular. c) …que cada función é realizada por un grupo de células especiais.

4 Sinala a frase verdadeira: a) As plantas conquistan o medio terrestre cando poden evitar as perdas de auga con tecidos adecuados. b) Todas as plantas terrestre teñen estrutura cormofítica. c) As plantas diferéncianse dos animais en que non teñen tecidos.

5 A función do cambium é: a) Cambiar sales minerais co medio externo. b) Producir novas follas. c) Producir tecidos condutores secundarios.

6 Os cactos acumulan auga en: a) Tecidos secretores. b) Parénquimas acuíferos. c) Tubos laticíferos.

1) Que tipo de organización presentan as plantas? De que estruturas están formadas

cada unha desas organizacións? 2) Que diferenzas hai entre unha célula meristemática e unha dun tecido adulto? 3) Que función realiza o tecido epitelial? Sinala a estrutura e función do tecido epitelial

dos vasos sanguíneos, da cavidade oral e do intestino 4) Que diferenzas funcionais e estruturais hai entre as glándulas endo- e exocrinas? 5) Faga un esquema conceptual dos compoñentes do tecido sanguíneo.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /23

7 A epiderme das plantas está cuberta de: a) Quitina. b) Cutina. c) Quinina .

8 Os adipocitos e os condrocitos son as células características de: a) Do tecido adiposo. b) Ambas do tecido óseo. c) Tecido adiposo e tecido cartilaxinoso, respectivamente.

9 O coláxeno atópase a) Nos tecidos parenquimáticos. b) Nos tecidos conectivos. c) Nos tecidos epiteliais.

10 As células animais que perderon a capacidade de división son: a) Os osteocitos. b) As neuronas e os glóbulos vermellos. c) As células musculares.

11 Os tecidos musculares de contracción involuntaria son: 12 As proteínas contráctiles son: a) O músculo liso e o cardíaco Hemoglobina e albúmina b) O músculo cardíaco Actina e miosina c) O tecido muscular estriado Osteína e condroitina

. 7.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: mes de xaneiro.

1) En que plantas aparecen por primeira vez os tecidos condutores? Explique as

diferenzas funcionais e cales son as células características deles. 2) Sinale os tipos de fibras presentes nos tecidos conectivos e as súas características. 3) Busque un exemplo dun órgano onde se localice cada un dos dos tecidos seguintes e

relacione a estrutura do tecido coa súa función: a) Epiderme con cutina c) Epitelio cilíndrico con microvilosidades b) Conxuntivo elástico d) Adiposo

Unidade 8: As funcións vitais (I): a nutrición 8.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Nesta unidade vanse estudar os aspectos xerais da nutrición celular. Sabemos que unha das capacidades dos seres vivos é a de intercambiar materia e enerxía co seu medio e isto implica a realización de numerosos procesos nos que interveñen varios aparatos e sistemas. Porén, as unidades de intercambio son as células e a base da nutrición son os procesos bioquímicos que teñen lugar nelas. Estes procesos constitúen o metabolismo, que será obxecto de estudo detallado en 2ª curso; no noso nivel só nos ocuparemos dos conceptos xerais, sen afondar en explicacións físico-químicas. 8.2.- OBXECTIVOS.- • Saber explicar o concepto de nutrición e os procesos que abrangue. • Coñecer a diferenza entre nutrición autótrofa e heterótrofa. • Coñecer conceptos fundamentais de metabolismo:

- Concepto de metabolismo e de ruta metabólica. - Respiración celular e qué fases ten. - Que son as fermentacións.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /24

- Que é a fotosíntese e de que fases consta. 8.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.- - novos conceptos: NUTRICIóN AUTóTROFA CATABOLISMO RESPIRACIóN FOTOSíNTESE QUIMIOSíNTESE NUTRICIÓN HETERÓTROFA ANABOLISMO DIXESTIÓN SAPRÓFITO FERMENTACIÓN 8.4.- ACTIVIDADES.- 8.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

1) Cales son as diferenzas entre a nutrición autótrofa e a heterótrofa? 2) Diferenzas entre excreción e defecación. 3) Diferenzas entre catabolismo e anabolismo. 4) Enuncia as diferenzas entre os procesos de respiración e de fotosíntese. 5) Cal debeu ser o tipo de nutrición dos primeiros organismos que poboaron a Terra?

8.4.2.- TEST 1 A eliminación de produtos inservibles do metabolismo é a:

a) Catabolismo. b) Excreción. c) Secreción.

2 As células autótrofas son aquelas que… a) Utilizan CO2 como fonte de carbono. b) Utilizan carbono orgánico. c) Utilizan nitratos como fonte de carbono.

3 As células que toman do entorno carbono orgánico son: a) Autótrofas. b) Heterótrofas. c) Anaerobias.

4 Sinala a frase verdadeira: a) As plantas fan a fotosíntese de día e respiran de noite. b) As plantas respiran de día e de noite. c) As plantas non respiran senón que fan a fotosíntese.

5 As organismos que obteñen o alimento directamente dos tecidos de outro ser vivo son os: a) Simbiontes. b) Saprófitos. c) Parasitos.

6 A diferenza entre pinocitose e fagocitose é que: a) Na fagocitose se incorporan sustancias líquidas. b) Na pinocitose se incorporan sustancias líquidas. c) Na pinocitose se incorporan partículas grandes.

7 A enerxía que se obtén nos procesos catabólicos é conservada en moléculas de: a) NADP. b) ATP. c) ADN.

8 As fermentacións proporcionan… a) … máis enerxía cá respiración. b) … menos enerxía cá respiración. c) … igual enerxía cá respiración.

9 A respiración e a fotosíntese teñen lugar en… a) … nos ribosomas e nos cloroplastos, respectivamente.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /25

b) … no citoplasma das células. c) … nas mitocondrias e nos cloroplastos, respectivamente.

10 Na respiración celular obtéñense: a) Auga, CO2 e O2. b) CO2, enerxía en forma de ATP e auga. c) Glicosa e O2.

11 As bacterias nitrificantes son: a) Fotosintéticas. b) Quimiosintéticas. c) Fotoautótrofas.

12 Cando non chega o suficiente osíxeno ao músculo, as células musculares obteñen enerxía da: a) Fermentación alcohólica. b) Respiración. c) Fermentación láctica.

8.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: mes de xaneiro.

1) As plantas, consumen ou producen O2? Razoe a resposta. 2) Explique as características das reaccións metabólicas.

Unidade 9: As funcións vitais (II): relación e reprodución 9.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Vista a función de nutrición, abórdase agora o estudo das outras dúas funcións vitais: relación e reprodución. A capacidade de relación dos seres vivos permite que estes se poidan adaptar (responder) aos cambios que se producen dentro e fóra deles (estímulos). De non poder facelo, non poderían manterse estables e morrerían. As respostas aos estímulos son, loxicamente, máis complexas nos organismos pluricelulares. Ao longo da evolución aparecen células cada vez máis especializadas na captación das variacións do entorno e mesmo sistemas de coordinación que regulan o funcionamento de todo o organismo. A capacidade de reprodución dos seres vivos permite que a vida se manteña no tempo aínda que os individuos desaparezan. As células e os organismos poden dar lugar a outros iguais ou semellantes a eles. Vanse estudar a mitose e a meiose sen afondar nas fases en que se dividen para o seu estudo, pero é moi importante comprender o significado biolóxico destas dúas formas de reprodución celular así como da reprodución asexual e sexual. 9.2.- OBXECTIVOS.- • Comprendes os conceptos de relación, estímulo e tipos de estímulos, receptor, efector e

resposta.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /26

• Coñecer os tipos de reprodución e a importancia biolóxica da reprodución sexual. • Coñecer os tipos reprodución asexual en organismos unicelulares e pluricelulares. • Métodos de manipulación da reprodución: a clonación e as súas implicacións.

9.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.- - Elabore un resumo ou esquema coas diferenzas entre a mitose e a meiose. - Novos conceptos: ESTÍMULO EFECTOR NÚMERO DIPLOIDE RECOMBINACIÓN XÉNICA CITODIÉRESE RECEPTOR MEDIO INTERNO NÚMERO HAPLOIDE CICLO DIPLOHAPLONTE MEIOSE 9.4.- ACTIVIDADES.- 9.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

1) En que consisten as funcións de relación? De que natureza poden ser os estímulos? 2) Defina medio interno. 3) Como funciona o sistema nervioso dos animais? 4) Sinale as semellanzas e diferenzas entre a bipartición, a xemación e a división múltiple

nos organismos unicelulares. 5) Cal é a misión da mitose nos organismos? Que características teñen as células fillas? 6) Que finalidade ten a meiose? Que características teñen as células fillas? Que ocorrería na

terceira xeración dunha parella, en canto a número de cromosomas, se non houbera meiose?

7) Compara a reprodución asexual e sexual en canto ás súas vantaxes e inconvenientes.

9.4.2.- TEST 1 O orgánulo relacionado co movemento celular é:

a) Citoesqueleto . b) Ribosomas. c) Membrana plasmática.

2 O tipo de coordinación que só posúen os animais é a) Sistema endocrino. b) Sistema nervioso. c) Sistema ambulacral.

3 A emisión de pseudópodos é a característica do… a) Movemento ameboide. b) Movemento vibrátil. c) Movemento contráctil.

4 Sinala a frase verdadeira: a) A coordinación química é levada a cabo polo sistema nervioso. b) A coordinación nerviosa é exclusiva dos animais. c) A coordinación nerviosa controla os procesos metabólicos, de crecemento ou reprodutivos.

5 Se un organismo ten un número de cromosomas 2n = 24, quérese dicir que… a) … formará gametos con 24 cromosomas. b) … as súas células somáticas son diploides e teñen 24 cromosomas. c) … ten 24 células diploides.

6 Se os gametos dunha especie teñen 13 cromosomas, entón … a) … as células somáticas posúen 26 cromosomas. b) … o número diploide de cromosomas desa especie é 2n = 13. c) … as células dos individuos desa especie teñen 13 cromosomas.

7 A recombinación xenética consiste en:

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /27

a) xuntar os cromosomas dos gametos maternos e paternos. b) división dunha célula en catro células fillas c) intercambio de fragmentos de ADN entre cromosomas homólogos durante a meiose.

8 Cando unha estrela de mar perde un brazo e o rexenera, temos un caso de reprodución … a) … asexual por xemación. b) … asexual por fragmentación. c) … sexual con anisogamia.

9 Un clon é: a) unha liña celular resultante de sucesivas divisións mitóticas dunha célula. b) unha técnica para a observación de células ao microscopio. c) o conxunto de células resultantes dunha meiose.

10 Sinale a frase verdadeira: a) Os individuos dunha mesma especie son clónicos. b) Os xemelgos monocigóticos son clónicos. c) As dúas anteriores son verdadeiras.

11 As células nai embrionarias son a) Células indiferenciadas obtidas dun embrión, con capacidade de dar lugar a calquera tipo de tecido. b) Células obtidas do organismo materno. c) Células que levan os cromosomas para dar lugar a femias.

12 A reprodución sexual tamén se chama gamética porque a) É necesaria a formación de gametos por parte dos individuo de igual ou distinto sexo. b) É necesaria a formación de gametos por parte de individuos de distinto sexo. c) É necesaria a formación dun clon de células obtidas por mitose.

9.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: mes de febreiro, sempre dez días antes do segundo exame.

1) Sintetizando os contidos da unidade, elabore un cadro en dúas columnas mostrando as

características diferenciais entre mitose e meiose. 2) Indique os compoñentes que actúan en todo proceso de coordinación. 3) Unha célula con 2n = 14 divídese mediante dúas mitoses sucesivas e, despois, cada unha

das células fillas sufre unha meiose. Cantas células se obteñen e con cantos cromosomas?

Unidade 10: A clasificación dos organismos. A biodiversidade en Moneras, Protoctistas e Fungos. 10.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- A necesidade de clasificar os organismos en grupos que presenten afinidades vén de moito tempo atrás, dada a gran diversidade de seres vivos que hai no planeta. Os criterios de clasificación teñen variado ao longo do tempo; hoxe en día, aceptada a teoría da evolución, as clasificacións baséanse no parentesco xenético, nas relacións filoxenéticas entre os distintos grupos ou taxóns. Na actualidade acéptase a existencia dos cinco Reinos propostos por Whittaker en 1959 e actualizados por Margulis e Schwartz en 1985. Porén, débese saber que hai propostas para facer cambios nesta clasificación e xa se acepta o taxón dominio para agrupar os reinos que teñen o mesmo tipo de organización celular:

- Dominio Eukaryota: cos reinos Animal, Plantas, Protoctistas e Fungos. - Dominio Prokaryota: co reino Monera.

10.2.- OBXECTIVOS.- • Coñecer as categorías taxonómicas e as características xerais dos cinco reinos de seres vivos.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /28

• Coñecer as características dos reinos Moneras, Protoctistas e Fungos, identificando aos seus integrantes.

10.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.- - Coñecer os novos termos: TAXÓN ESPECIE FAMILIA FICOBIONTE NOMENCLATURA BINOMIAL SIMBIONTE ORDE HIFA MICELIO BACTERIA HALÓFILA

- Elaborar esquemas coas características xerais dos Reinos que se estudan nesta unidade. 10.4.- ACTIVIDADES.- 10.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

1) Cales son as categorías taxonómicas que creou Linneo para clasificar os seres vivos? 2) Como se escribe o nome científico dunha especie? 3) Explica como se elabora unha árbore xenealóxica. 4) Define os seguintes termos: micelio, hifa, conidio e carpóforo. 5) Como se poden clasificar os fungos atendendo á forma de alimentarse? 6) Explique as características do Reino Protoctistas.

10.4.2.- TEST 1 Sinale o orde correcta das categorías taxonómicas indo dende a que ten menos amplitude ata a que ten máis:

a) Especie Xénero Familia. b) Especie Orde Xénero. c) Clase Orde Familia.

2 Cal é a frase correcta?

a) Varios xéneros semellantes forman unha clase. b) As clases están formadas por varios ordes similares. c) As divisións son categorías taxonómicas equivalentes a ordes.

3 Cal dos seguintes nomes científicos está escrito correctamente?

a) HOMO SAPIENS. b) Homo Sapiens. c) Homo sapiens.

4 Que é un taxón? a) É un grupo de seres vivos que se poden reproducir entre si. b) É un grupo ou categoría de seres vivos utilizado para facer unha clasificación. c) É o mesmo que xénero.

5 Os organismos do reino Moneras son... a) Eucariotas. b) Procariotas. c) Abióticos.

6 As bacterias termoacidófilas son... a) Bacterias capaces de sintetizar ácidos. b) Protoctistas que viven en zonas de alta temperatura. c) Moneras que resisten altas temperaturas e baixos pH.

7 As amebas son...

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /29

a) Protozoos. b) Rizópodos. c) Ambas cousas.

8 As algas rodófitas viven ... a) ... en zonas superficiais do océano. b) ... en zonas mariñas profundas con pouca luz. c) ... flotando en lagos e lagoas de auga doce.

9 O corpo vexetativo dos fungos está formado por filamentos chamados: a) Micelios. b) Hifas. c) Conidios.

10 Os lévedos son un tipo de a) Cigomicetos. b) Ascomicetos. c) Basidiomicetos.

11 A maioría das setas ou cogomelos pertencen aos: a) Cigomicetos. b) Ascomicetos. c) Basiodiomicetos.

12 Os liques son: a) Asociación dunha alga que parasita a un fungo. b) Asociación dunha alga e un fungo en simbiose. c) Asociación dun fungo a unha raíz de leguminosa.

10.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: mes de febreiro, sempre dez días antes do segundo exame.

1) Cita as características xerais e a clasificación dos protozoos. 2) Describa as diferenzas entre as Eubacterias e as Arqueobacterias. 3) Que vantaxes adaptativas presentan os liques fronte ás algas e os fungos?

Unidade 11: As funcións vitais das plantas 11.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Nesta unidade tratarase a fisioloxía da nutrición, da relación e da reprodución nas plantas.

Erratas do texto: - Páxina 215, epígrafe 11.3.2., liñas 22 e 23, debe dicir: “nos cormófitos é o esporófito a fase dominante

estando moi reducido o gametófito”. 11.2.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.- - Fíxese na clasificación das plantas que aparece na páxina 206 .

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /30

- Conceptos: ZUME BRUTO ZUME ELABORADO PELO ABSORBENTE ESTOMA ANTERIDIO TRANSPIRACIÓN TROPISMO FITOHORMONA NASTIA ARQUEGONIO - Lembre que as plantas fan a fotosíntese - que produce O2- e respiran - consumindo O2 - ao

mesmo tempo e no balance final entre os dous procesos predomina a produción de O2. - Fíxese o uso en Agricultura que teñen os procesos de reprodución asexual. 11.3.- OBXECTIVOS.- • Coñecer os modos de absorción radicular da auga e das sales. • Coñecer a función dos estomas nas plantas. • Coñecer como se realiza o transporte de sustancias nas plantas. • Coñecer a función das fitohormonas nas plantas e cales son as máis importantes. • Coñecer os principais tropismos e nastias das plantas.

11.4.- ACTIVIDADES.- 11.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

1) Enumere os factores que inflúen na absorción de auga polas raíces. 2) Explique nun cadro cales son os tipos de zumes (savia) que teñen as plantas, que tecidos os

conducen e que recorrido fan. 3) Pode o zume elaborado descender por gravidade? Razoe a resposta. 4) Que son as auxinas? Que función realizan? Que influxo teñen nos tropismos? 5) Explique algunha utilidade das fitohormonas na agricultura. 6) Que caracteriza ao aparato reprodutor das cormófitas? 7) Como se realiza a circulación de nutrientes nos talófitos, se non hai tecidos condutores?

11.4.2.- TEST 1 As plantas absorben as sales minerais:

a) Por transporte pasivo. b) Por transporte activo. c) Por ósmose.

2 Cal é a frase correcta? a) A auga entra na raíz por transporte pasivo. b) A auga entra na raíz por transporte activo. c) A auga entra na raíz por bombas metabólicas.

3 A absorción de auga pola raíz… a) … é maior canto máis auga hai no solo. b) … é menor canto máis auga hai no solo. c) … é menor canto máis aumenta a temperatura.

4 A parte da raíz que realiza a absorción é … a) A cofia ou caliptra. b) Os pelos absorbentes. c) O endoderma.

5 Cando sae vapor de auga polos estomas, a planta… a) Respira. b) Transpira. c) Sintetiza.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /31

6 O zume (savia) elaborado… a) Sempre vai en sentido descendente. b) Repártese por toda a planta, por tanto ás veces descende e ás veces ascende. c) Sempre vai en sentido ascendente.

7 As células da raíz non fan a fotosíntese. a) É verdadeiro: non teñen cloroplastos nin reciben luz. b) É falso: todas as células vexetais fan a fotosíntese. c) Depende da cantidade de luz.

8 Os condutos resiníferos son: a) Depósitos de resina. b) Órganos de excreción das coníferas. c) Ambas anteriores son certas.

9 Os tropismos diferéncianse das nastias en que: a) O tropismo é un cambio moi rápido. b) As nastias son cambios que sempre dependen da dirección do estímulo. c) O tropismo leva a un cambio permanente na planta.

10 Os talos das plantas teñen a) Xeotropimo positivo. b) Nastia de contacto (co solo). c) Xeotropismo negativo.

11 Cando se abona con fertilizantes orgánicos, que se busca? a) Poñer a disposición da planta máis nutrientes orgánicos. b) Propiciar o crecemento de bacterias que enriquezan o solo de nutrientes minerais. c) Facer un solo máis compacto.

11.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: mes de febreiro, sempre dez días antes do segundo exame.

1) Cales son os gases que utiliza a planta para levar a cabo os seus procesos metabólicos? Como

chegan ás células vexetais? 2) Vai sempre o zume elaborado en sentido descendente e o zume bruto en sentido ascendente?

Razoe a resposta. 3) Ás veces se escoita que non é bo durmir en habitacións pechadas onde hai moitas plantas. Esta

afirmación, ten algunha base científica?

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /32

Unidade 12: A biodiversidade no reino das Plantas e a súa clasificación 12.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Lea a introdución do tema (páx. 219) e lembre o cadro da clasificación que estudou na segunda avaliación. Nesta unidade farase un somero repaso polos filos que integran o Reino Metafitas (Plantas) sendo importante, tal como indique o currículo oficial, afondar na reprodución e na alternancia de xeracións que as caracterizan. 12.2.- OBXECTIVOS.- • Coñecer as características do Reino das plantas e distinguir os niveis de organización dos filos. • Distinguir os ciclos reprodutores dos briófitos e pteridófitos. • Coñecer as diferenzas entre as anxiospermas monocotiledóneas e dicotiledóneas • Saber explicar a reprodución das anxiospermas

12.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.- - Elabore esquemas, mapas conceptuais (actividade 1) ou cadros para estudar os filos e clases. - Estude a diferenza entre os seguintes conceptos: a) briófita e cormófita b) folla e filidio c) gametanxio e gametocisto (páx. 215) d) anterozoide e oosfera e) protonema e prótalo f) anxiosperma e ximnosperma - Conceptos novos: DOBRE FECUNDACIÓN ENDOSPERMO SEMENTE XERMOLAR FLOR CONO 12.4.- ACTIVIDADES.- 12.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

12.4.2.- TEST

1) Elabore un mapa conceptual que mostre a clasificación dos Licopodófitos e as súas

características. 2) Explique por que os fentos se independizan máis do medio acuático que os briófitos. 3) Cite as características máis importantes das Coníferas. 4) Que é a polinización? Que é a semente? Que vantaxes teñen os froitos para as sementes? 5) Explique como se forma o saco embrionario, o proceso da dobre fecundación e a

xerminación

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /33

1 Os Briófitos conquistaron o medio terrestre porque: d) Teñen tecidos condutores que os fan máis eficaces. e) Teñen tecidos epidérmicos con estomas para regular a perda de auga e tecidos clorofílicos. f) Teñen un cormo incipiente.

2 O esporófito das plantas ten unha dotación xenética… d) … haploide (n) e) … diploide (2n) f) … poliploide

3 O gametófito das plantas ten unha dotación xenética… a) … haploide (n) b) … diploide (2n) c) … poliploide

4 Coñecendo o ciclo reprodutor dun brión, podemos dicir que: d) O gametófito depende do esporófito. e) O esporófito depende do gametófito. f) Esporófito e gametófito son xeracións independentes.

5 Coñecendo o ciclo reprodutor dun fento, podemos dicir que: d) O gametófito depende do esporófito. e) O esporófito depende do gametófito. f) Esporófito e gametófito son xeracións independentes.

6 Os equisetos e fentos son cormófitas pero non están totalmente adaptadas ao medio terrestre porque: d) Os tecidos condutores non son eficaces. e) Necesitan auga para reproducirse. f) Non son quen de facer a fotos.

7 As flores das Coníferas: d) Son moi vistosas, con cáliz e corola; agrúpanse en inflorescencias. e) Son discretas e non teñen nin cáliz nin corola: agrúpanse formando conos. f) Non teñen flores.

8 As Fanerógamas son: d) As plantas con flores (Ximnospermas e Anxiospermas). e) As plantas non vasculares (Briófitas). f) As plantas que teñen cormo.

9 As Anxiospermas son: d) As plantas que teñen cormo. e) Plantas sen flores. f) Plantas con flores.

10 A semente procede do: d) Periantio. e) Ovario. f) Óvulo.

11 O froito procede de: d) Periantio. e) Ovario. f) Óvulo.

12.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: meses de marzo e abril.

1) Compara nun cadro resumo a Briófitos, Criptógamas vasculares e Coníferas, citando as

características máis importantes. 2) Diferenzas entre Monocotiledóneas e Dicotiledóneas. Exemplos. 3) Drsecribe a reprodución das anxiospermas e elabora un gráfico sinxelo do ciclo

reprodutor.

Unidade 13: A biodiversidade no reino Animais e a súa clasificación

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /34

13.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- O reino Animais (ou Metazoos) inclúe unha gran diversidade de organismos que se caracterizan por: - Teñen organización celular eucariota. - Son pluricelulares. - En xeral, teñen mobilidade. - Son heterótrofos. - As células non teñen parede ríxida. - Desenvolvemento a partir dunha blástula. - Ciclo biolóxico diplonte. - Deben inxerir o alimento. - Fecundación por anisogamia. - Respostas complexas ao medio. 13.2.- OBXECTIVOS.- • Coñecer as características do reino Animal e as características dos filos en que se clasifica. • Coñecer anatómica e fisioloxicamente as principais clases de animais.

13.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.- - Conceptos importantes para entender a clasificación dos animais: PSEUDOCELOMA DIBLÁSTICOS ENDODERMO EXOESQUELETO SIMETRÍA RADIAL CELOMA TRIBLÁSTICOS ECTODERMO ENDOESQUELETO SIMETRÍA BILATERAL - Elabore os seus propios cadros comparativos usando como modelo os da unidade. 13.4.- ACTIVIDADES.- 13.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

a. Cales son os subreinos en que se dividen os animais? Que características

posúen os animais adscritos a el? b. Distingue entre os seguintes termos: simetría radial/sim. bilateral e

celoma/pseudoceloma c. Enumera os distintos tipos celulares que hai na parede dunha esponxa e

explique a súa función. d. Organice os filos e clases de animais nun mapa conceptual ou nun esquema. e. Cales son as características responsables do éxito evolutivo dos Artrópodos? f. Describa as causas do éxito evolutivo dos vertebrados.

13.4.2.- TEST 1 Os animais, a diferenza das plantas, introducen os alimentos no organismo por:

d) Absorción. e) Dixestión. f) Inxestión.

2 Os animais triblásticos posúen: d) Ectodermo e mesodermo. e) Ectodermo e endodermo. f) Ectodermo, mesodermo e endodermo.

3 Os animais diblásticos posúen: d) Ectodermo e mesodermo. e) Ectodermo e endodermo. f) Ectodermo, mesodermo e endodermo.

4 Os Cnidarios ou Celentéros son:

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /35

a) Os únicos eumetazoos diblásticos. b) Os únicos eumetazoos triblásticos. c) Os únicos parazoos triblásticos.

5 Cal é a frase verdadeira? d) Os Poríferos teñen un aparato dixestivo moi sinxelo. e) Os Poríferos non teñen tecidos verdadeiros. f) Os Poríferos non son animais porque non se moven.

6 Os cnidoblastos son: d) Un tipo de eumetazoos diblásticos con simetría radial. e) Unhas células urticantes da epiderme dos celentéreos. f) Unhas células fotorreceptoras das medusas.

7 Os Platihelmintos son... d) ... vermes planos e) ... vermes cilíndricos f) ... vermes cilíndricos segmentados

8 Os Nematodos son... d) ... vermes planos e) ... vermes cilídricos f) ... vermes segmentados

9 Os Anélidos son... d) ...vermes planos e) ... vermes cilíndricos f) ... vermes segmentados

10 Cal é a frase verdadeira? d) Os Artrópodos teñen endoesqueleto, respiran por traqueas e son segmentados. e) Os Crustáceos son artrópodos con exoesqueleto calcario, traqueas e seis pares de patas. f) Os Insectos son artrópodos, con exoesqueleto, seis pares de patas, traqueas e ás veces ás.

11 Cal é a frase verdadeira? a) Os Condrictios son peixes con esqueleto de cartilaxe. b) Os Condrictios son peixes con esqueleto óseo. c) Os Condrictios son agnatos con esqueleto cartilaxinoso.

12 Cal é a frase verdadeira? a) Os únicos animais homotermos son os Peixes, Anfibios e Réptiles . b) Os únicos animais homotermos son as Aves e Mamíferos. c) Todos os Vertebrados son homotermos.

13.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: meses de marzo e abril.

1) Indique a función das seguintes estruturas e tipos celulares e sinale en que filo ou clase de

animais se poden atopar: cnidoblasto, rádula, lanterna de Aristótoles, placenta, traquea. 2) En que consiste o exoesqueleto? Que grupos o posúen? 3) Compara nun cadro a Moluscos gasterópodos, Bivalvos e Cefalópodos. 4) Compara nun cadro a Insectos, Crustáceos e Arácnidos. 5) Compara nun cadro a Asteroideos e Equinodermos.

Unidade 14: As funcións de nutrición nos animais 14.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Xa se ten falado de todos os procesos que engloba a función de nutrición e xa se veu tamén como se viñan a realizar estes nas Plantas. Nesta unidade imos estudar os mecanismos concretos desenvolvidos polos animais para nutrirse, tendo en conta que a complexidade dos tecidos e aparatos aumenta a medida que se avanza* na clasificación do reino Animal.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /36

*(Lembre que a clasificación que se presentou no tema anterior ten unha base filoxenética: preséntanse os grupos baseándose nas súas relacións de parentesco. Polo tanto, canto máis antigo sexa o antepasado de dous grupos, tanto maiores serán as diferenzas dos mecanismos de respiración, dixestión,…)

Erratas do texto: - Páxina 282, liña 18: o correcto é “ ao longo dos vasos sanguíneos, excepto capilares e arterias, existen

válvulas que impiden o refluxo do sangue”. 14.2.- OBXECTIVOS.- • Saber explicar a relación dos aparatos dixestivo, respiratorio e excretor na nutrición dos

animais. • Coñecer a evolución do proceso de dixestión nos animais e saber explicar a anatomofisioloxía

do aparato dixestivo dos vertebrados. • Coñecer os tipos de respiración nos animais así como os conceptos de inspiración e expiración

en pulmonados. • Coñecer a diferenza entre sistemas circulatorios abertos e pechados, así como a función e

composición do sangue e da linfa e os tipos de vasos polos que circulan. • Coñecer a diferenza entre os sistemas circulatorios de Peixes, Anfibios, Réptiles, Aves e

Mamíferos. • Saber explicar o concepto de excreción, procesos que se dan dos órganos excretores e función

xeral do aparato excretor. 14.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.-

- Poña moita atención nos debuxos (páx. 267 e 268, aparatos dixestivos; páx. 282, sistema linfático; páx. 283, anatomía corazón; páx. 285, sistemas circulatorios; páx . 288, ril) e esquemas (páx. 264, procesos da nutrición; páx. 282, degradación dos alimentos; páx. 280, sistemas circulatorios; páx. 281, intercambio de gases).

- Estude “con lapis e papel”. - Faga as cuestións 265-4, 283-4 e 292-8; serviranlle de estudo.

14.4.- ACTIVIDADES.- 14.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

1) Por que os animais precisan superficies de intercambio de sustancias? Cales son? 2) Explique a necesidade dos animais dun sistema circulatorio. 3) Resuma nun esquema os mecanismos para a captura e inxestión do alimento.

4) Sinale as diferenzas máis notables entre a dixestión dunha medusa e dun caracol. Ten algunha vantaxe unha respecto a outra?

5) Cales son as principais adaptacións fisiolóxicas do aparato dixestivo que van aparecendo ao longo da evolución?

6) a) Como debe ser a pel dun animal para a respiración cutánea? b) Que vantaxes presentan as branquias internas respecto ás externas? c) Que vantaxes e inconvenientes presenta a respiración traqueal?

7) Que significa que a excreción é reguladora e regulada á vez? Que produtos se eliminan

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /37

cos ouriños?

14.4.2.- TEST 1 O medio interno é

a) O líquido do interior das células. b) O líquido acuoso que rodea as células e tecidos. c) O conxunto de todos os líquidos do organismo.

2 O control da fame nos vertebrados é levado a cabo por: a) O centro da fame, o centro da saciedade e as contraccións do estómago. b) A cantidade de alimento dispoñible. c) O tipo de traballo que se realiza.

3 A dixestión que é levada a cabo dentro do aparato dixestivo chámase: a) Intracelular. b) Extracelular. c) Intercelular.

4 Na boca hai dixestión química porque: a) Prodúcese a trituración dos alimentos. b) Prodúcese a síntese de amidón e glicóxeno. c) Prodúcese a hidrólise ou rotura dos polisacáridos amidón e glicóxeno.

5 Cal é a frase verdadeira? a) Unha das funcións do estómago é triturar os alimentos. b) A principal función do intestino é a absorción de nutrientes e auga. c) No intestino delgado prodúcese ácido clorhídrico.

6 As lipasas e proteasas son: a) Hormonas que regulan o proceso dixestivo. b) Sustancias segregadas polo fígado. c) Enzimas que hidrolizan moléculas orgánicas grandes para obter os nutrientes.

7 As branquias son… a) … evaxinacións da superficie respiratoria en forma de lámina ou filamento para intercambiar gases. b) … invaxinacións da superficie respiratoria en forma de lámina ou filamento para intercambiar gases. c) … sacos aéreos moi vascularizados para o intercambio de gases respiratorios.

8 Que son as vilosidades intestinais (microvellosidades intestinais)? a) Son glándulas anexas do aparato dixestivo. b) Son pregos das células intestinais. c) Son filamentos evaxinados das superficies respiratorias.

9 Os Vertebrados con circulación pechada, completa e dobre son: a) Os Peixes e os Réptiles. b) Os Anfibios, Peixes¸Réptiles e Mamíferos. c) As Aves e os Mamíferos.

10 Cal é a frase verdadeira? a) A reabsorción é a incorporación ao medio interno de sustancias útiles que non se deben eliminar. b) A filtración é a incorporación ao medio interno de sustancias útiles que non se deben eliminar. c) A secreción é a incorporación ao medio interno de sustancias útiles que non se deben eliminar.

11 Que fai a hormona antidiurética, ADH? a) Fai máis permeables aos tubos colectores para que se reabsorba máis auga (ouriña máis concentrada). b) Fai máis permeables aos tubos colectores para que se filtre máis auga (ouriña máis diluída). c) A máis cantidade de hormona, máis cantidade de ouriña.

12 Cal é a frase verdadeira? a) Os vasos que saen do corazón son as arterias. b) Os vasos que chegan ao corazón son as veas. c) As dúas anteriores son certas.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /38

14.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: meses de marzo e abril

1) Describa o camiño que segue un anaco de pan (rico en amidón) dende que é inxerido ata que

chegan os nutrientes á algunhas células. Nomee os procesos, os zumes e os órganos implicados.

2) O tabaco contén alcatrán, un hidrocarburo sólido e pegañento. Como afecta ao intercambio gasoso nos pulmóns?

3) Que pasa cando se toma moito sal?

Unidade 15: As funcións de relación nos animais 15.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- Seguindo coas funcións vitais dos animais, abordarase agora a función de relación. Estudarase o sistema nervioso, exclusivo dos animais, e o sistema endocrino. Non epígrafe 15.1.3. fálase das sinapses; fíxese nos termos utilizados, xa que non hai contacto físico entre as neuronas: hai contigüidade, tal como estableceu Santiago Ramón y Cajal (premio Nobel en 1906 xunto con Camillo Golgi). 15.2.- OBXECTIVOS.- • Coñecer os elementos dos sistemas nerviosos e a súa función: fibra nerviosa, nervio, ganglio. • Coñecer o mecanismo de transmisión do impulso nervioso: sinapse e os seus elementos. • Saber describir as principais características dos sistemas nerviosos dos Invertebrados. • Coñecer a anatomía e as funcións dos compoñentes do sistema nervioso dos Vertebrados:

Sistema Nervioso Central (encéfalo, meninxes, medula espinal) e Sistema Nervioso Periférico (somático e autónomo).

• Coñecer os compoñentes do sistema endocrino e as funcións das principais hormonas dos Vertebrados.

15.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.-

- Facer cadros comparativos dos sistemas nerviosos dos distintos grupos. 15.4.- ACTIVIDADES.- 15.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /39

1) Defina sinapse e describa os seus tipos. 2) Que é un neurotransmisor? 3) Faga un esquema coas características dos sistemas nerviosos dos invertebrados. 4) Sinale a diferenza entre o sistema nervioso simpático e parasimpático. Cite a acción

que realizan sobre o corazón, meniña, glándulas salivais e bronquios. 5) Defina órgano diana, feromona e hormona da muda. 6) Cal é a glándula máis importante e a hormona que realiza máis variedade de funcións

nos Vertebrados?

15.4.2.- TEST 1 As prolongacións máis longas das neuronas chámanse :

a) Dendritas. b) Axón. c) Corpo neuronal.

2 As neuronas sensitivas son a) As que conducen os impulsos dende os receptores dos órganos dos sentidos. b) As que conducen os impulsos ata os músculos. c) As que conducen os impulsos dende o encéfalo.

3 Unha fibra nerviosa é: a) Un conxunto de axóns envoltos por tecido conectivo. b) Un axón e a súa vaina. c) É o mesmo que un nervio.

4 Un nervio é a) Un conxunto de axóns envoltos por tecido conectivo. b) Un axón e a súa vaina. c) É o mesmo que unha fibra nerviosa.

5 Un ganglio é: a) Un conxunto de axóns envoltos por tecido conectivo. b) Un conxunto de corpos neuronais situados fóra do SNC. c) Un receptor de estímulos externos.

6 Cal é a función da insulina? a) Aumenta a concentración de glicosa no sangue. b) Diminúe a concentración de glicosa no sangue. c) Ambas son certas.

7 O sistema nervioso central (SNC) está formado por: a) Os nervios que saen do encéfalo e da medula, ademais dos ganglios. b) O encéfalo e a medula espinal. c) A sustancia gris do encéfalo.

8 Que son as meninxes? a) Son as células que recollen os estímulos externos. b) Son as vainas que rodean os axóns para que o impulso nervioso “viaxe” máis rápido. c) Son as membranas que protexen aos compoñentes do SNC.

9 Na sustancia branca do tecido nervioso hai: a) Axóns mielinizados. b) Copos neuronais. c) Nervios.

10 Cal é a frase verdadeira? a) A hormona que estimula o depósito de calcio nos ósos é a calcitonina. b) A hormona que ten efecto antidiurético no ril é a ADH ou vasopresina. c) Son certas as dúas.

11 As hormonas relacionadas cas inflamacións e a tensión son: a) A testosterona producida nos testículos. b) A adrenalina producida nas cápsulas suprarrenais. c) A cortisona e a corticosterona, chamadas en xeral glicocorticoides.

12 Cal é a frase verdadeira?

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /40

a) Os estróxenos estimulan o desenvolvemento das características sexuais masculinas. b) Os andróxenos estimulan o desenvolvemento das características sexuais femininas. c) Os estróxenos estimulan o desenvolvemento das características sexuais femininas.

15.4.3.- PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: mes de abril.

1) Describa esquematicamente como se realiza o mecanismo de control do sistema endocrino. 2) Explique que repercusións podería ter sobre o funcionamento do organismo unha lesión

sobre o cerebelo. 3) Cales son as diferenzas entre a acción do sistema nervioso e a do endocrino?

Unidade 16: As funcións de reprodución nos animais 16.1.- CONTIDO XERAL DA UNIDADE.- A reprodución sexual é propia dos organismos que teñen unha certa complexidade, xa que lles proporciona importantes vantaxes biolóxicas. Precísase da formación dunhas células especiais -os gametos- que, procedentes de cada un dos sexos, unen a súa información para orixinar un novo individuo, semellante aos seus proxenitores pero nunca igual. Nesta unidade estúdianse todos os procesos necesarios para que isto ocorra. 16.2.-OBXECTIVOS.- • Coñecer as modalidades de reprodución asexual nos animais. • Saber describir e recoñecer as fases da espermatoxénese e da ovoxénese, e da fecundación. • Coñecer as etapas do desenvolvemento embrionario: formación da mórula, blástula e gástrula

(diferenciar animais diblásticos e triblásticos, celomados e acelomados). • Coñecer a orixe embrionaria dos tecidos. • Coñecer a técnica de fecundación in vitro e os casos en que se utiliza.

16.3.- SUXESTIÓNS PARA O ESTUDO.- - Estude a gametoxénese “con lapis e papel” fixándose nos esquemas da páxina 315. - Lembre a anatomía dos aparatos reprodutores e fíxese nos conceptos novos: PARTENOXENESE OVOXÉNESE ESPERMATOXÉNESE ESPERMIOXÉNESE BLÁSTULA FOLÍCULO OVÁRICO ÚTERO EPIDÍDIMO SEGMENTACIÓN GÁSTRULA DIFERENCIACIÓN CELOMA ORGANOXÉNESE VIVÍPARO METAMORFOSE - Faga as cuestións 317-2, 318-1 e 323-1; serviranlle de estudo. 16.4.- ACTIVIDADES.-

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /41

16.4.1.- DE AUTOAVALIACIÓN

1) Nalgúns grupos de animais tanto o macho como a femia liberan gran cantidade de gametos;

noutros, en cambio, só o macho libera moitos espermatozoides. Razoe por que ocorre isto. 2) Defina o concepto de desenvolvemento embrionario e enumere as súas fases. 3) Que relación existe entre o tipo de desenvolvemento dun animal e a cantidade de sustancias

de reserva que posúe o seu ovo? 4) En que consiste a técnica da fecundación in vitro e transferencia embrionaria? En que casos

está indicada?

16.4.2.- TEST 1 Que animais posúen reprodución asexual ?

a) Mamíferos, cando as condicións mediambientais son extremas. b) Os Anélidos e Equinodermos teñen bipartición. c) Os animais só posúen reprodución sexual.

2 Que é a partenoxénese? a) É o proceso de proliferación das ovogonias. b) Consiste no desenvolvemento do cigoto dentro do corpo feminino. c) Consiste no desenvolvemento do gameto feminino por si só, sen intervención do espermatozoide.

3 Sinala a frase verdadeira: a) A ovoxénese abarca a espermatoxénese e a gametoxénese. b) A gametoxénese comprende a ovoxénese e a espermatoxénese. c) A espermioxénese comprende a espermatoxénese e a ovoxénese.

4 Os ovocito I e o espermatocito I teñen unha dotación xenética… a) …haploide. b) …diploide. c) …poliploide.

5 Cada espermatogonia produce: a) Un espermatozoide. b) Dous espermatozoides. c) Catro espermatozoides.

6 Os ovocito II e espermatocito II teñen unha dotación xenética… a) …haploide. b) …diploide. c) …poliploide.

7 Cada ovogonia dá lugar a: a) un óvulo. b) dous óvulos. c) catro óvulos.

8 As células que forman a mórula chámanse: a) Oligolecitos. b) Blastómeros. c) Follas embrionarias.

9 Que é a diferenciación celular? a) O proceso de formación de calquera cigoto, que é diferente de calquera outro. b) O conxunto de procesos que levan á formación da gástrula. c) O conxunto de procesos que levan á especialización dunha célula nunha función concreta.

10 O tecido conxuntivo, a derme, os músculos, o corazón e o aparato reprodutor son de orixe: a) Ectodérmico. b) Mesodérmico. c) Endodérmico.

11 A epiderme, os epitelios de revestimento, as glándulas sebáceas e o sistema nervioso son de orixe a) Ectodérmico. b) Mesodérmico. c) Endodérmico.

12 Por que son frecuentes os embarazos múltiples usando a técnica FIVYTE? a) Porque aumenta a fertilidade da muller.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /42

b) Porque se transfiren varios embrións e ás veces sobreviven máis de un. c) Porque se utilizan hormonas.

16.4.3.-PARA ENVIAR AO TITOR/A. Datas de envío: mes de abril.

1) Defina fecundación e explique a súa finalidade 2) Que significa que un animal é triblástico celomado?

SOLUCIONARIO UNIDADE 1 ____________________________________________________________________ 1) Os descubrimentos científicos non son verdades absolutas. De feito, están constantemente sometidos a revisión debido ás constantes contribucións que fai a comunidade científica. Téñase en conta que, ademais do interese natural da humanidade polo coñecemento, hai un continuo avance tecnolóxico que permiten achegar maior volume de datos e máis complexos. 2) O atraso ata o século XIX no establecemento de teorías en Bioloxía, a pesar de que os estudos sobre os seres vivos se veñen facendo dende moito tempo atrás, pode deberse aos seguintes factores: a) Á influencia de correntes de pensamento moi arraigadas na sociedade. O creacionismo como

orixe da vida freou o estudo e o establecemento de hipóteses sobre ese problema b) Á dificultade de formular matematicamente os procesos biolóxicos c) Á complexidade dos seres vivos UNIDADE 2 ____________________________________________________________________ 1) A atmosfera é a capa gasosa que envolve á Terra. Entre os seus compoñentes atópase vapor de auga e dióxido de carbono. Ambos compoñentes chegan á hidrosfera polas precipitacións e por disolución. Pola contra, dende ríos, océanos,…a auga vaise evaporando e volvendo ao estado gasoso, levando con ela trazas de moitos elementos. A interacción entre hidrosfera e atmosfera é moi importante xa que constitúe a meirande parte do ciclo hidrolóxico. Ademais, ambos subsistemas intercambian a enerxía que se recibe do Sol e son determinantes na distribución do calor polo planeta (circulación atmosférica e correntes mariñas). 2) 3) As descontinuidades sísmicas son cambios bruscos de velocidade das ondas sísmicas P e S. Como a velocidade das ondas depende das características do medio que atravesan, as

ONDAS P ONDAS S Características COMPRESIVAS DE CIZALLA Velocidade 5´5-13´8 km/s 4 – 8 km/s Propagación En sólidos e fluídos En sólidos

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /43

descontinuidades sinalan un cambio na densidade ou viscosidade dos materiais, podendo así establecerse para a Terra unha estrutura en capas de distinta composición e fluidez. As principais descontinuidades atopadas son: • Descontinuidade de Mohorovicic (chamada de Moho): entre os 30 – 40 km. Sinala a separación

entre cortiza e manto; hai un cambio de composición das rochas. • Descontinuidade de Gutenberg: aos 2900 km de profundidade; é o límite entre manto e núcleo.

Hai unha caída brusca da velocidade e deixan de propagarse as ondas S, o que fixo supoñer que o núcleo externo está en estado líquido

• Descontinuidade de Wiechert: aos 5100 km; límite entre o núcleo externo e o núcleo interno. As ondas P volven a aumentar a velocidade polo que se pensa que o núcleo interno é sólido

4) A hidrosfera contribúe á regulación climática e térmica da Terra a través de dous procesos: a) É un excelente almacén de enerxía solar por mor do elevado calor específico da auga

(precísase moita enerxía para cambiar a súa temperatura, por iso gaña e perde calor moi lentamente). Isto atenúa as oscilacións bruscas de temperatura no planeta.

b) Por outra banda, as superficies dos casquetes polares e dos propios océanos reflicten unha gran cantidade de enerxía solar, que evita o exceso de quentamento do planeta

Hai unha importante relación cos procesos da atmosfera pois a circulación atmosférica produce o movemento das correntes oceánicas e, así, distribúese o calor almacenado na auga dende as zonas cálidas cara ás zonas máis frías: o clima das primeiras refréscase e o destas últimas faise máis moderado.

Test de autocomprobación Unidade 2: 1-a, 2-b, 3-c, 4-c, 5-c, 6-b, 7-b, 8-c, 9-c, 10-b, 11-b, 12-b UNIDADE 3 ____________________________________________________________________ 1 Todos os modelos coinciden na existencia de calor interno na Terra (no núcleo) que se transmite por convección, isto é, polo fluxo circulatorio de materiais quentes cara á superficie, ascendentes, e materiais fríos descendentes. Estas correntes de convección son posibles porque os sólidos, en determinadas condicións de presión e temperatura, poden comportarse como fluídos moi viscosos e fluír lentamente. A diferenza entre as hipóteses está no alcance das celdas de convección: a) O modelo clásico baséase na existencia da astenosfera, capa presente en todo o planeta onde

os materiais se atopan semifundidos. Considérase que as correntes de convección responsables do movemento das placas só se producen nesta zona, aproximadamente ata os 670 km de profundidade.

b) O modelo máis actual considera que o motor das placas é a convección en todo o manto, ata os 2900 km. Nesta hipótese hai un fluxo ascendente de plumas de materiais moi quentes dende o límite manto – núcleo e avalanchas descendentes de litosfera oceánica fría que se introduce no manto “tirando” da placa que subduce. Para os xeólogos que defenden esta teoría non existe astenosfera.

2 Dicimos que a litosfera terrestre se atopa en equilibrio dinámico porque os procesos de creación e destrución se compensan mutuamente, de xeito que o volume do planeta non varía a pesar da súa actividade xeolóxica continua. 3 A capa de sedimentos é máis delgada canto máis cerca se estea da dorsal porque a litosfera oceánica é máis recente e non houbo tempo para o depósito. Ao irse separando do eixo da dorsal, aumenta a idade e grosor dos sedimentos.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /44

4 Nas zonas de subducción hai unha gran sismicidade provocada pola fricción da placa que se introduce no manto. Ademais, hai un aumento de temperatura debido ao rozamento e os materiais da zona se funden, orixinando magmas que, ao ascender á superficie, forman volcáns. 5 Tanto os procesos oroxénicos como a formación de pregamentos e fallas son consecuencia do movemento das placas. A oroxénese ten lugar nos bordes converxentes, onde a litosfera se deforma e eleva para formar cordilleiras; asociados a elas se producen tamén pregamentos e fallas. 6 As fallas transformantes prodúcense na litosfera como consecuencia das distintas velocidades de desprazamento dos diferentes sectores das placas litosféricas. Facilitan os movementos relativos entre as placas porque permiten os desprazamento dalgúns sectores delas. Son zonas con sismicidade porque acumulan a forte tensión que se dan entre as placas e, cando se libera fai vibrar as rochas e xerar sismos.

Test de autocomprobación Unidade 3: 1-b, 2-b, 3-b, 4-c, 5-a, 6-c, 7-b, 8-c, 9-b, 10-b, 11-a, 12-c UNIDADE 4____________________________________________________________ 1) En absoluto. A estrutura cristalina é a ordenación interna a nivel atómico e molecular, que poucas veces se reflicte externamente. Para que un mineral chegue a ter unha configuración externa ideal, ten que formarse nunhas condicións moi favorables de tempo, espazo,... difíciles de conseguir. Por isto, a maioría das mostras non reflicten o ordenamento interno que si posúen os minerais. 2) As rochas se diferencian pola súa composición química, a disposición interna dos seus minerais (estrutura e textura) e a súa orixe xeolóxica (magmáticas, sedimentarias ou metamórficas).Cando se examinan mostras hai que estudar esas tres características, tendo en conta que poden coincidir moitas veces nalgunha delas. 3) Nas zonas que rodean ás bolsas magmáticas hai unha importante elevación da temperatura e poden, ademais chegar fluídos que dean lugar a cambios metamórficos. É moi frecuente que, rodeando ás intrusións magmáticas, apareza unha aureola metamórfica con rochas que presentan distintos graos de metamorfismo dependendo da temperatura do magma, da súa composición química e da súa riqueza en fluídos. 4) Calquera rocha da litosfera é susceptible de sufrir metamorfismo. Para que ocorra isto deben ser alcanzados os valores de presión e/ou temperatura que o permitan. Nas zonas máis profundas das cuncas sedimentarias pódese chegar a estes valores pola gran presión que exercen os sedimentos acumulados e polo aumento da temperatura coa profundidade debido ao gradiente xeotérmico. 5) O ciclo das rochas non é un proceso real senón unha simplificación idealizada dos constantes procesos que teñen lugar nas rochas da litosfera. A idea fundamental que se pretende ao considerar que se trata dun ciclo é que os ambientes petroxenéticos se producen ao mesmo tempo en varias rexións da litosfera, afectando a rochas que se formaron, á súa vez, nos mesmos ou noutros ambientes petroxenéticos. Así, se se parte, por exemplo, de rochas da litosfera continental, terase en conta que están sometidas a erosión e se transformarán en sedimentos; estes serán depositados nunha cunca sedimentaria onde sufrirán diaxénese e transformaranse de novo en rochas. Estas rochas poden ser elevadas á superficie, poden ser deformadas por forzas tectónicas e sufrir metamorfismo de presión ou poden ser levadas a zonas profundas onde poden sufrir graos altos de metamorfismo ou mesmo fusión que as transforma en magmas (anatexia). Se estes magmas ascenden á superficie poden formar rochas de distinto tipo segundo as condicións de enfriamento: volcánicas se saen á superficie como lavas, ou plutónicas se arrefrían lentamente. No ascenso, poden provocar fenómenos de

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /45

metamorfismo nas rochas que atravesan ou mesmo asimilalas. De novo na superficie, unhas ou outras quedan sometidas de novo aos procesos de erosión, transporte e sedimentación. A continuación ten unha versión moi simplificada do ciclo das rochas na que se sinalan sucintamente as condicións dos ambientes petroxenéticos e as posibles transformacións dunhas rochas noutras:

ROCHAS SEDIMENTARIAS • baixa presión • tª próxima á superficial

ROCHAS MAGMÁTICAS ROCHAS METAMÓRFICAS

• temperaturas moi altas • estado de fusión

• tª alta e/ou presión alta • estado sólido

Test de autocomprobación Unidade 4:

1-b, 2-a, 3-c, 4-a, 5-c, 6-b, 7-a, 8-b, 9-c, 10-b UNIDADE 5 ___________________________________________________________________ 1) Factores que interveñen na formación dun magma

• Aumento da temperatura; pode deberse a: Ascenso de plumas quentes dende o manto profundo. Situación das rochas en zonas profundas onde aumenta a temperatura polo gradiente

xeotérmico. Desintegración de elementos radioactivos. Friccións entre as rochas debido a procesos tectónicos. • Diminución da presión á que está sometida a rocha: pode deberse a: Fisuración da litosfera. Elevación das rochas a zonas menos profundas e, por tanto, con menor presión. • Presenza de fluídos, sobre todo auga; pode deberse a: Auga introducida durante os proceso de subducción.

2) Estas rochas presentarán diferenzas texturais, xa que a súa consolidación se produciu en condicións moi diferentes. A rocha plutónica solidifícase lentamente no interior da Terra e hai tempo para que os seus minerais formen cristais grandes e de tamaño bastante regular; será unha textura granulada. A rocha volcánica, polo contrario, consolídase rapidamente na superficie, de xeito que os minerais formarán cristais diminutos (textura microcristalina) ou mesmo podería ocorrer que non chegara a formarse ningún cristal, dando lugar a un vidro amorfo (textura vítrea). 3) O criterio principal que se usa para clasificar as rochas sedimentarias é a procedencia e as características dos sedimentos que se depositaron na cunca. Así, hai: rochas detríticas (formadas a partir de fragmentos de minerais e rochas erosionadas da superficie) e rochas non detríticas (formadas por sedimentos que proceden da precipitación química). Unha vez feitos estes grupos, pódense aplicar logo outros criterios para facer subgrupos, como composición química, textura, presenza de fósiles,… 4) As rochas sedimentarias aparecen en estratos porque proceden de sedimentos que se depositan nunha cunca sedimentaria ao longo de períodos moi prolongados, formándose capas superpostas

Erosión/Transp/Sed Erosión/Transp/Sed.

MetamorfismoFusión

Metamorfismo

Fusión

Fusión

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /46

que chamamos estratos. Despois da diaxénese, conservan a estrutura estratificada mesmo aínda que sexan sometidas a esforzos tectónicos que as poidan deformar ou romper. As rochas metamórficas que proceden de sedimentarias conservan a estratificación orixinal se o grao de metamorfismo non é alto. 5) Para que se orixine un solo ten que haber unha acumulación de sedimentos, que proveñen da alteración das rochas pola meteorización (mantos de alteración). Sobre unha rocha que non está alterada non se inicia a formación dun solo. Polo tanto, a meteorización é o proceso previo á edafoxénese xa que “subministra” o substrato mineral inicial sobre o que se instalarán os seres vivos (vexetais, bacterias,…) que van aportar a materia orgánica necesaria para xerar o solo. 6) lousa < filita < xisto < gneis

Test de autocomprobación Unidade 5: 1- a, 2-b, 3-b, 4-a, 5-a, 6-b,7-b, 8-a ,9-b, 10-c 2ª avaliación UNIDADE 6 ___________________________________________________________________ 1) As características dos seres vivos son: a complexidade e organización, a capacidade de intercambiar materia e enerxía co entorno, a capacidade de reprodución e a capacidade de responder a estímulos. 2) Os virus non se consideran seres vivos porque a única característica que posúen destes é a capacidade de autoperpetuarse (reprodución), carecendo do resto das funcións vitais. 3) A célula procariota carece de núcleo e de sistemas de membranas: o seu ADN atópase no citoplasma nu, sen illamento membranoso, e tampouco hai orgánulos. A célula eucariota ten un auténtico núcleo diferenciado: o seu ADN está rodeado dunha membrana que o illa do citoplasma. Ademais teñen outros orgánulos membranosos que realizan distintas funcións. As células procariotas son máis primitivas e de menor tamaño que as procariotas. 4) As células animal e vexetal son eucaroitas ambas pero teñen algunhas estruturas exclusivas que as diferencian: a) É exclusivo das células vexetais: - Parede celular ríxida de celulosa. - Plastos, sendo os máis comúns os cloroplastos que realizan a fotosíntese. - Frecuentemente teñen unha gran vacuola que ocupa un gran espazo. b) É exclusivo das células animais : - Centriolos. - Poucas vacuolas.

Test de autocomprobación Unidade 6: 1- b 2-b, 3-b, 4-b, 5-b, 6-b,7-b, 8-c ,9-c, 10-a, 11-b , 12-a UNIDADE 7 ____________________________________________________________________

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /47

1) As plantas poden presentar os dous tipos de estruturas: a) Tipo talofítico: o TALO é o nivel estrutural constituído por unha masa de células idénticas,

con conexións citoplasmáticas pero sen formar verdadeiros tecidos, polo que non hai especialización nin reparto do traballo fisiolóxico. Téñeno as briófitas ou brións (musgos), que posúen falsas raíces chamadas rizoides; falso talo, chamado cauloide ou caulidio e falsas folliñas, chamadas filoides ou filidios.

b) Tipo cormofítico: o CORMO presenta tecidos verdadeiros que forman tres órganos básicos: raíz, talo e follas, cada un con funcións específicas. Esta organización está presente, con máis ou menos complexidade, en todos os integrantes do Reino das Plantas agás nos briófitos.

2) A célula meristemática ten a capacidade de dividirse; a célula adulta dun tecido vexetal ou está

morta ou perdeu a capacidade de división. 3) As funcións dos tecidos epiteliais son: a) Os de revestimento recobren e protexen as superficies externas do corpo e as internas dos

órganos. b) Os glandulares segregan diferentes sustancias, como mucus ou leite. Órganos con tecido epitelial:

• Vasos sanguíneos: teñen epitelios de recubrimento planos monoestratifiacas, con células esmagadas e dispostas nunha soa capa (chámanse endotelios).

• Cavidade oral: teñen epitelios de recubrimento planos pluriestratificados; as células tamén son esmagadas pero están dispostas en varias capas

• Condutos do intestino: ten un epitelio de recubrimento cilíndrico pseudo estratificado, no que aparentemente hai máis dunha capa de células debido a que os núcleos se atopan a distinto nivel; na cara libre, as células presentan repregues chamados microvilosidades.

4) As glándulas endocrinas non están unidas ao epitelio superficial, polo que a masa de células verte o seu contido aos vasos sanguíneos. A súa función é sintetizar hormonas para a coordinación química do organismo. As glándulas exocrinas posúen un conduto, tamén epitelial, e segregan ao exterior. A función destas glándulas é moi variable segundo o aparato no que se atopan. 5) Compoñentes do tecido sanguíneo:

Sustancia intercelular: PLASMA. Células sanguíneas:

Plaquetas Glóbulos vermellos, eritrocitos ou hematíes Glóbulos brancos ou leucocitos: Agranulocitos: LINFOCITOS MONOCITOS Granulocitos: NEUTRÓFILOS EOSINÓFILOS BASÓFILOS

Test de autocomprobación Unidade 7: 1- b 2-b, 3-c, 4-a, 5-c, 6-b,7-b, 8-c ,9-b, 10-b, 11-a , 12-b UNIDADE 8 ____________________________________________________________________ 1) A nutrición autótrofa preséntana aqueles organismos capaces de sintetizar materia orgánica a partir da materia inorgánica que toman do exterior. A nutrición heterótrofa preséntana aqueles organismos que precisan tomar a materia orgánica do exterior porque non son quen de sintetizala por si mesmos.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /48

2) A excreción é a eliminación de sustancias que proceden das reaccións químicas que teñen lugar dentro das células, é dicir, procedentes do metabolismo celular. A defecación é a eliminación de produtos da dixestión que non conteñen nutrientes útiles para as células. 3) O anabolismo é a fase construtiva do metabolismo: fórmanse moléculas máis complexas a partir de precursores sinxelos, para o que se precisa enerxía. O catabolismo, porén, é a fase destrutiva: as grandes moléculas orgánicas son transformadas en moléculas sinxelas, con desprendemento de enerxía, que será utilizada pola célula para o seu mantemento e para procesos anabólicos. CATABOLISMO Moléculas sinxelas ATP ADP + Pi Moléculas complexas ANABOLISMO 4) Son procesos inversos:

A fotosíntese: - É un proceso anabólico no que se produce materia orgánica. - Precisa de CO2 e H2O e despréndese O2. - Consume enerxía. - Só se realiza en organismos autótrofos.

A respiración: - É un proceso catabólico no que se consume materia orgánica. - Consúmese O2 e é desprendido CO2 e H2O. - Produce enerxía. - Realízase en todos os organismos .

5) Os primeiros organismos deberon ser heterótrofos e nutríronse das moléculas orgánicas presentes no “caldo primitivo”; ademais serían anaerobios pois a atmosfera non contiña osíxeno. Posteriormente apareceron os organismos autótrofos, que foron enriquecendo de O2 a atmosfera e a hidrosfera primitiva.

Test de autocomprobación Unidade 8: 1-b, 2-a, 3-b, 4-b, 5-c, 6-b, 7-b, 8-b, 9-c, 10-b, 11-b, 12-c UNIDADE 9 ___________________________________________________________________ 1) A función de relación é a capacidade dos seres vivos de recibir e responder aos estímulos, que son os cambios do medio que os rodea (medio externo) e no interior do propio organismo. Os estímulos, cambios do medio, capaces de excitar as células poden ser de distinta natureza:

a) Físicos: cambios de temperatura, de luz, de presión,… b) Químicos: cambios na concentración das sustancias, cambios de pH, presenza doutras

moléculas,… 2) É o medio propio do organismo, que proporciona ás células as condicións necesarias para realizar as súas funcións.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /49

3) O sistema nervioso, exclusivo dos animais, encárgase de analizar os estímulos internos e externos que recibe o organismo e de elaborar as respostas necesarias para o funcionamento coordinado deste. Esta función de formación e transmisión de respostas é levada a cabo mediante impulsos nerviosos elaborados polas células que o compoñen, as neuronas. As respostas do sistema nervioso son rápidas e breves. 4) Estes tipos de reprodución asexual coinciden en que se levan a cabo mediante unha mitose. A diferenza entre bipartición e xemación é que na primeira as dúas células fillas teñen igual tamaño, ao contrario que na xemación. Entre estas dúas e a esporulación a diferenza estriba en que neste último caso hai varias divisións do núcleo sen que se produza división do citoplasma. 5) A mitose é o proceso de reprodución asexual para os organismos unicelulares. Para os organismos pluricelulares é o proceso polo que se desenvolve o individuo a partir do cigoto e tamén polo que se rexeneran as células e tecidos. As células fillas obtidas na mitose son dúas e posúen o mesmo número de cromosomas que a célula nai; son idénticas a esta. 6) A meiose é un tipo de reprodución celular no que se reduce á metade o número de cromosomas das células fillas co fin de evitar, na reprodución sexual, o aumento do número de cromosomas en cada xeración. As células fillas obtidas son catro e son distintas á célula nai tanto no número de cromosomas - teñen a metade, como xa se dixo- como na información que estes levan xa que se produciu recombinación xenética. Os humanos temos 46 cromosomas. Se non houbera meiose, os gametos terían tamén 46 cromosomas e a descendencia tería 92. Repetíndose este proceso durante tres xeracións, finalmente os descendentes, se foran viables, terían 184 cromosomas: 46 crom. 92 crom. 184 crom. (Proxenitores) (2ª xeración) (3ª xeración) 7)

Test de autocomprobación Unidade 9: 1- a 2-b, 3-a, 4-b, 5-b, 6-a,7-c, 8-b ,9-a, 10-b, 11-a , 12-b UNIDADE 10 ___________________________________________________________________ 1) A unidade básica para Linneo foi a especie e, a partir dela, creou outras categorías de maior grao baseándose nas similitudes dos grupos. Así, un grupo de especies semellantes constitúen un XÉNERO; un grupo de xéneros similares constitúen unha FAMILIA; un grupo de familias, unha ORDE; un grupo de ordes, unha CLASE; un grupo de clases, un FILO e os distintos filos constitúen os REINOS.

VANTAXES INCONVENIENTES

ASE

XU

AL

Reprodución rápida en condicións favorables Reprodución en condicións desfavorables

Os individuos son todos iguais

SEX

UA

L

Variabilidade xenética Non se acumulan mutacións Precisa da intervención de dous sexos

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /50

2) Segundo a nomenclatura binomial, o nome dunha especie escríbese con dúas palabras latinas ou latinizadas. A primeira palabra correspóndese ao xénero e ten que escribirse a primeira letra en maiúscula. A segunda palabra é un adxectivo que indica a especie en particular dentro dese xénero. Ambas palabras escríbense en cursiva ou subliñadas se é que se está a escribir a man: Quercus robur: é o carballo, unha especie que pertence ao xénero Quercus. Quercus ilex: é a enciñeira, outra especie do xénero Quercus. 3) Unha árbore xenealóxica constrúese en función das relacións filoxenéticas – é dicir, de proximidade evolutiva – establecidas ao estudar as semellanzas entre os seres vivos. Estas similitudes baséanse na comparación entre individuos e restos fósiles: canto máis recente é o antepasado común, maiores serán as semellanzas morfolóxicas e funcionais. 4) • MICELIO: aparato vexetativo dun fungo • HIFA: filamentos tubulares, con células illadas por septos ou non, que constitúen o micelio dun fungo • CONIDIOS: esporas asexuais dos fungos, formadas por xemación no extremo das hifas. • CARPÓFORO: estrutura reprodutora macroscópica que se forma por compactación das hifas,

como ocorre no caso das setas. 5) Segundo a forma de alimentarse, os fungos poden ser:

• Saprófitos: aliméntanse de materia orgánica morta. • Parásitos: aliméntanse de seres vivos. • Simbiontes: viven con outros organismos (autótrofos, sobre todo vexetais) e a relación

beneficia a ambos. 6) As características xerais dos integrantes do reino Protoctista son: - Son microorganismos eucariotas, de maior tamaño que as bacterias. - Maioritariamente está formado por organismos unicelulares, aínda que hai algúns pluricelulares. - Poden ter nutrición autótrofa ou heterótrofa. - Son de hábitats acuáticos ou moi húmidos aínda que tamén hai parásitos. - Teñen reprodución asexual e sexual, a miúdo con ciclos vitais complexos. - Adoitan a ter mobilidade nalgunha fase do seu ciclo.

Test de autocomprobación Unidade 10: 1- a, 2-b, 3-c, 4-b, 5-b, 6-c,7-c, 8-b ,9-b, 10-b, 11-c , 12-b UNIDADE 11 ___________________________________________________________________ 1) Os factores que inflúen son a cantidade de auga do solo, a concentración de solutos do solo, a temperatura e a aireación. 2)

TIPO DE ZUME TECIDO CONDUTOR MOVEMENTO COMPOSICIÓN

Saiba bruta Xilema Ascendente Auga Sales minerais

Saiba elaborada Floema Descendente ( a calquera parte)

Auga Compostos orgánicos

3) Non, porque o floema está formado por células vivas, non por tubos.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /51

4) As auxinas son fitohormonas que se sintetizan nos meristemos apicais dos gromos e, dende alí, móvense a toda a planta. Entre as súas funcións, destacan: - Estimulan o crecemento da planta (por alongamento celular). - Estimulan o crecemento dos froitos. - Forman raíces adventicias e laterais. - Retardan a caída de follas e froitos. Están relacionadas con dous tipos de tropismos: son, por unha banda, responsables do fototropismo, xa que fan que a planta creza cara á luz e, por outra, do xeotropismo negativo do talo, xa que fan que este se alongue cara arriba. 5) Algún dos usos das fitohormonas en agricultura son: - As auxinas favorecen a aparición de raíces adventicias nos gallos (esquejes). - Úsanse auxinas sintéticas para atrasar a caída dos froitos maduros ata a recolección (árbores

froiteiros, por exemplo) e para evitar que maduren moi rápido se teñen que estar almacenados moito tempo (evitar a saída dos ollos das patacas,…)

- Úsanse auxinas e xiberelinas para obter froitos sen sementes; faise provocando a partenocarpia (desenvolvemento do xineceo sen fecundación): mandarinas, uvas, tomates,..

- As xiberelinas úsanse para aumentar o crecemento dalgunhas leguminosas (chícharos). - As xiberelinas úsanse para facer que xerminen as sementes de algunhas gramíneas. - O etileo é usado para madurar froitos artificialmente en cámaras (plátanos en cámaras dos

barcos. - Úsase unha citoquinina sintética para prolongar a vida do brécol. - As auxinas úsanse como herbicidas selectivos en altas concentracións. As fitohormonas mellor coñecidas e máis usadas son as auxinas. Seguiranse descubrindo novos compostos e novas utilidades prácticas pero, nestes temas, hai que ser prudente porque se poderían causar prexuízos aos ecosistemas. 6) Os gametos están protexidos do exterior en dous tipos de gametanxios ou órganos sexuais compostos de unha ou varias cubertas celulares:

a) O arquegonio é o órgano feminino e protexe á oosfera. b) O anteridio é órgano masculino e portexe aos anteridios.

7) Os nutrientes difunden célula a célula.

Test de autocomprobación Unidade 11: 1- b, 2-a, 3-a, 4-b, 5-b, 6-b, 7-a , 8-c, 9-c, 10-c , 11-b

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /52

3ª avaliación UNIDADE 12 ___________________________________________________________________ 1)

caracterízanse por caracterízanse por caracterízanse por Plantas herbáceas Disposición follas espiralada Talo corto tipo RIZOMA Ramificación dicotómica Ramificación dicotómica Follas longas e delgadas en roseta Posúe cormo: talo, raíces. Posúen macro- e microespo- Posúen macro- e microesporanxios follas e tecidos condutores ranxios 2) Os fentos están mellor adaptados á vida terrestre que os brións pola presenza de vasos condutores, que lles permiten crecer máis. De todos os xeitos, precisa da auga para a fecundación. 3) As características das Coníferas máis salientables son: - Son plantas leñosas: arbustos ou árbores, xeralmente de gran talla e de porte cónico. - Adoitan ser lonxevas. - As follas son simples, numerosas, pequenas e de forma acicular (ex. piñeiro) ou escamosa (ex.

ciprés). - Perennes, salvo algunha excepción. - Adaptados á sequidade con cutículas grosas e produción de resina. - Feixes condutores non ramificados. - Forte crecemento en grosor. - Flores sen periantio e sempre unisexuais, aínda que poden estar no mesmo individuo (especies

monoicas) ou en distintos (especies dioicas). - Abundantes en zonas frías e de montaña. 4) a) A polinización é o proceso polo que o pole, producido nas anteras dos estames, é levado ata o

aparato reprodutor feminino (xineceo). Este transporte poden realizalo o vento, os animais ou a auga, se a planta é acuática.

b) A semente é o óvulo fecundado que vai dar lugar a un novo individuo cando xermole; contén un tecido de reserva (albume) para o crecemento inicial do embrión.

c) O froito é o ovario da flor, transformado e maduro, que serve para protexer á semente e facilitar a súa dispersión.

5) O saco embrionario das Anxiospermas fórmase polas sucesivas divisións da célula nai das

esporas dentro do ovario do gametófito feminino: cél.nai das esporas 4 macrosporas 1 macrospora fértil fai tres mitoses saco de 8 cél.

No xineceo ten lugar unha dobre fecundación porque hai: a) Unión da oosfera e dun gameto masculino para dar lugar ao embrión (número de

cromosomas: n + n = 2n).

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /53

b) Unión doutro gameto masculino cos dous núcleos polares do saco embrionario para dar lugar ao albume (número de cromosomas: n + 2n = 3n ).

A xerminación é o proceso polo que se desenvolve o embrión contido na semente, para dar lugar a un novo individuo, cando as condicións medioambientais de humidade e temperatura son favorables.

Test de autocomprobación Unidade 12:

1- b, 2-b, 3-a, 4-b, 5-c, 6-b, 7- b , 8-a, 9-c, 10-c , 11-b UNIDADE 13 ___________________________________________________________________ 1) Son dous subreinos coas seguintes características: a) Parazoos: - Os seus compoñentes non teñen tecidos e polo tanto tampouco órganos. - Inclúe dous filos: 1) Placozoos 2) Poríferos ou Esponxas b) Eumetazoos:

- Teñen verdadeiros tecido e, polo tanto, órganos e sistemas que lles permiten maior adaptabilidade e complexidade.

- Inclúe todos os demais filos. 2) Na simetría radial, as partes do corpo están organizadas ao redor dun eixo central, como os radios que saen dunha roda; calquera plano que pase por ese eixe, divide o corpo en dúas partes que son unha reflexo da outra. Na simetría bilateral, o corpo está organizado seguindo un plano vertical que o divide en dúas partes iguais e opostas. Esta simetría facilita a locomoción. A parte do corpo que se move cara adiante chámase anterior e o extremo oposto, posterior; a espalda ou superficie superior chámase dorsal e a inferior, ventral. Os animais celomados son aqueles nos que existe un espazo, o celoma, dentro do mesodermo, que acaba por converterse nunha cavidade visceral onde se situarán os órganos dixestivos, reprodutores,…O pseudoceloma é un oco que non se formou dentro do mesodermo. 3) Os tipos celulares da parede dos poríferos son: • PINACOCITOS: tapizan a superficie externa, deixando entre eles os poros inhalantes. • COANOCITOS: tapizan a superficie interna e as canles; teñen a función de producir correntes

de auga movendo os flaxelos. • AMEBOCITOS: situados na mesoglea da parede; son móbiles e teñen varias funcións:

- Dixerir as partículas de alimento que atrapan os coanocitos. - Producir gametos masculinos e femininos que se liberan á auga. - Sintetizar esponxina ou espículas que dean consistencia ao corpo da esponxa.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /54

4)

5) Son: - Exoesqueleto de quitina que os protexe de axentes externos e da deshidratación. - Sistema de respiración eficaz: traqueas que conducen o aire ata as células directamente. - Importante desenvolvemento de órganos sensoriais. - Comportamento complexo, que permite a mellor adaptación ao medio cambiante. - Diminución da competencia intraespecífica debido á metamorfose: as larvas teñen alimentación diferente aos adultos. 6) Pódense salientar: • Esqueleto interno articulado (ou endoesqueleto): permite o crecemento continuo, porque está

vivo, e constitúe un armazón moi sólido para a inserción dos músculos. • Extremidades pares adaptadas tanto á vida acuática como á terrestre. • Farinxe perforada con fendas branquiais, que aumentan a eficacia respiratoria. • Avanzado sistema nervioso, con separación moi marcada entre o encéfalo (dentro dun cranio)

e a medula espinal (dentro dunha columna vertebral flexible e resistente).

Test de autocomprobación Unidade 13: 1- c, 2-c, 3-b, 4-a, 5-b, 6-b, 7-a, 8- b , 9-c, 10-c, 11-a , 12-b UNIDADE 14 ___________________________________________________________________ 1) Os animais están formados por tecidos e teñen células especializadas que perderon a súa autonomía, polo que precisan dun medio interno acuoso que lles proporcione os nutrientes necesarios para o seu metabolismo. Este medio obriga a ter unhas superficies limitantes polas que se produce o intercambio. As superficies de intercambio nos animais son: a superficie de absorción dixestiva (entrada nutrientes procedentes dos alimentos), respiratoria (entrada de O2 e saída de CO2) e excretora (saída de refugallos celulares). 2) O aumento de tamaño dos animais ten como consecuencia que as superficies de intercambio están moi lonxe da meirande parte das células. Así, para asegurar que estas reciban os nutrientes que necesitan, aparecen os sistemas circulatorios. Sen estes sistemas, a difusión do O2, aminoácidos, glicosa,…sería tan lenta que a maioría das células non chegaría a recibilos.

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /55

3)

4) A medusa, que é un Celentéreo, posúe unha dixestión sobre todo intracelular xa que son as células fagocitarias as que se encargan de dixerir o alimento que contén a cavidade gastrovascular. Pola contra, o caracol, que é un Molusco, posúe aparato dixestivo, así que a súa dixestión é extracelular. A dixestión extracelular ten a vantaxe de que os enzimas se distribúen ao longo do tubo dixestivo e polo tanto a dixestión realízase paulatinamente e con máis eficacia. 5) A dixestión vaise facendo progresivamente extracelular, aumenta a rexionalización do tubo dixestivo (isto implica unha dixestión máis gradual), aparecen glándulas dixestivas (verten enzimas), hai un desenvolvemento muscular que permite o peristaltismo e hai control hormonal. 6) a) Para a respiración cutánea, a pel debe de estar moi vascularizada, estar húmida, ser fina e ser

permeable. b) As branquias internas teñen a vantaxe de estar ocultas aos depredadores, están protexidas da

abrasión e non impiden os movementos do animal. c) As traqueas teñen a vantaxe de facer innecesario un sistema circulatorio para o transporte de

gases porque chegan directamente ás células. Porén, os animais que as posúen non poden alcanzar grandes tamaños porque o desenvolvemento do sistema traqueal está limitado para non ocupar espazos que poidan aloxar outros órganos.

7) A excreción de cada un dos produtos do metabolismo está regulada (ADH) pero, ao mesmo tempo, a excreción é un mecanismo regulador porque mantén o nivel óptimo de concentración do medio interno. Nos ouriños excrétanse auga, sales e compostos de nitróxeno .

Test de autocomprobación Unidade 14: 1-b , 2-a, 3-b, 4-c, 5-b, 6-c, 7-a, 8-b , 9-c, 10-a, 11- , 12- UNIDADE 15 ___________________________________________________________________ 1) A sinapse é zona de separación que hai entre unha neurona e a seguinte célula, por onde se transmite unidireccionalmente o impulso nervioso. Hai varios tipos de de sinapses: A Segundo o tipo de célula postsináptica, hai:

• Sinapses neuronais: entre dúas neuronas ; estas sinapses poden, á súa vez, clasificarse polas partes das neuronas implicadas en: Axosomáticas Axoaxónicas Axodendríticas

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /56

• Sinapses efectoras: entre unha neurona e un músculo. • Sinapses receptoras: entre unha neurona e unha célula sensorial.

B Segundo a natureza da sinapse hai: • Sinapses químicas • Sinapses eléctricas

2) Os neurotransmisores son sustancias químicas que fan de intermediarios entre as neuronas dunha sinapse química. Transmiten o impulso nervioso ao liberarse da neurona presináptica e unirse aos receptores da neurona postsináptica. Poden ser inhibidores ou excitadores. 3) Ao longo da escala evolutiva hai un aumento de complexidade do sistema nervioso:

CELENTÉREOS 1 o máis sinxelo: rede de neuronas aínda sen especializar. PLATELMINTOS 2 ganglios cefálicos e dúas cadeas ganglionares unidas por nervios. ANÉLIDOS 3 ganglio cerebroide, anel periesofáxico e dous cordóns ganglionares unidos en escada. ARTRÓPODOS 3 cadea nerviosa en escaleira ou cadea nerviosa ventral por fusión. MOLUSCOS 3 catro pares de ganglios, cordóns nerviosos e masa ganglionar cerebroide (só

Cefalóp.). EQUINODERMOS 4 primitivo: anel bucal, nervios radiais e retículos nerviosos. CEFALOCORDADOS tubo nervioso dorsal con pares de nervios que saen; non hai cerebro. VERTEBRADOS 5 complexo: tubo oco, encéfalo, medula, ganglios e nervios espinais.

Observe a evolución dos sistemas nerviosos:

sistemas de rede difusa 1 sist. nerv. cordal2 s. n.ganglionar3 s.n.anular4 s.n.tubular5 4) Os sistemas nerviosos simpático e parasimpático pertencen ao sistema nerviosos periférico autónomo dos Vertebrados. O parasimpático é o encargado das funcións básicas do organismo e o simpático ocúpase das situacións de emerxencia. A acción sobre os órganos é a seguinte: a) Corazón: o parasimpático, diminúe os latidos; o simpático, os aumenta. b) Meniñas (pupilas): o parasimpático, as contrae; o simpático, as dilata. c) Glándulas salivais: o parasimpático, aumenta a secreción; o simpático, diminúea. d) Bronquios: o parasimpático, propicia a contracción; o simpático, dilátaos. 5) Órgano diana: é aquel que está formado por células sensibles á acción dunha determinada

hormona e só a esa. Feromona: son sustancias liberadas ao ambiente por glándulas exocrinas e actúan entre os

individuos dunha mesma especie desencadeando respostas específicas. Hormona da muda: hormona que pon en funcionamento os mecanismos de secreción e

crecemento dunha nova cutícula nos insectos e a súa acción favorece a aparición das estruturas do adulto.

6) É a glándula tiroides, que secreta tiroxina.

Test de autocomprobación Unidade 15: 1- b, 2-a, 3-b, 4-a, 5-b, 6-b, 7-b, 8-c , 9-a, 10-c, 11-c , 12-c UNIDADE 16 ___________________________________________________________________ 1) Cando unha especie ten fecundación externa é necesaria a liberación de gran cantidade de gametos para aumentar a probabilidade de fecundación, xa que serán moitos os que perezan no

Bioloxía e Xeoloxía – 1º Bacharelato /57

medio exterior. Se, polo contrario, posúen fecundación interna, a femia produce poucos gametos porque a fecundación se produce dentro das súas vías xenitais, sendo máis probable a formación do cigoto. 2) O desenvolvemento embrionario é o conxunto de acontecementos que teñen lugar dende a formación do cigoto ata que se alcanza o estado adulto. Comprende catro etapas:

Segmentación: divisións do cigoto ata formar unha mórula e logo unha blástula. Morfoxénese – gastrulación: redistribución das células e formación das follas embrionaria. Diferenciación – organoxénese: formación dos órganos do individuo. Crecemento: aumento de tamaño do organismo.

3) Os animais teñen desenvolvemento directo ou indirecto. O primeiro caso é posible gracias á cantidade de alimento que almacena o ovo –caso de Réptiles e Aves- ou na relación alimenticia que establece o embrión coa nai – caso dos Mamíferos-. Se o desenvolvemento é indirecto, o ovo da lugar a unha larva que se ten que procurar o seu propio alimento. 4) A FIVYTE (fecundación in vitro y transferencia embrionaria) é unha técnica de reprodución asistida que consiste en realizar a fecundación de óvulos e espermatozoides fóra do corpo materno para reintegrar posteriormente ao útero os embrións e conseguir o seu aniñamento. Utilízanse estes métodos por distintas causas de esterilidade nas parellas que impidan a fecundación de xeito natural: a) En mulleres:

- Ausencia de trompas de Falopio (extirpación cirúrxica,…) - Obstrución total ou parcial das trompas (por infección, …)

b) en Homes: - Oligospermia ou deficiencia no número de espermatozoides.

Test de autocomprobación Unidade 16: 1- b, 2-c, 3-b, 4-b, 5-c, 6-a, 7-a, 8- b , 9-c, 10-b, 11-a, 12-b