09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

55
PROGRAMACION BIOLOXIA E XEOLOXIA. 3º ESO.

Transcript of 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Page 1: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

PROGRAMACION BIOLOXIA E XEOLOXIA.

3º ESO.

RUTH FONTAO REY

Page 2: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

INDICE:

1. INTRODUCCIÓN2. RELACIÓN DA ÁREA COAS COMPETENCIAS BÁSICAS3. OBXECTIVOS4. CONTIDOS5. TEMPORALIZACIÓN6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN7. MÍNIMOS EXIXIBLES8. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN, PROCEDEMENTOS E

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.9. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA10. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC11. PLANS DE TRABALLO PARA SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES12. METODOLOXÍA DIDÁCTICA13. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS14. PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS15. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.16. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES17. PROGRAMACIÓN DAS UNIDADES.

INTRODUCCIÓN:

A materia de Bioloxía e Xeoloxía inclúese dentro da área das ciencias da natureza e é impartida durante os cursos de 3º e 4º da ESO. No presente curso consta de dúas horas semanais.

A finalidade do ensino desta área céntrase no desenvolvemento de habilidades e estratexias para recoller informacións de diferentes fontes, analizalas e valoralas, formarse opinións fundamentadas, formular hipóteses, contrastalas mediante a observación e experimentacións, e elaborar conclusións e informes; en suma, resolver problemas e formar cidadáns e cidadás críticos, con capacidade para elaborar opinións propias que lles permitan participar democraticamente nas decisións políticas que toman os representantes sociais sobre o ambiente, a saúde e as aplicacións dos adiantos científicos e técnicos. Trátase de familiarizar o alumnado coa natureza e as ideas básicas da ciencia co obxectivo de que poida comprender as problemáticas de orixe científica que o afecten como persoa e cidadán, e así poder xerar actitudes responsables que lle permitan participar na toma de decisións cando se procura a súa solución.

O desenvolvemento do currículo da área de ciencias debe ter en conta as alumnas e os alumnos aos cales se dirixe, a diversidade nos niveis de desenvolvemento das súas capacidades, os seus intereses e expectativas, ofertando uns contidos que faciliten o achegamento á natureza e ás ideas básicas da ciencia e que axuden á comprensión dos problemas a cuxa solución

Page 3: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

poida contribuír o desenvolvemento científico e tecnolóxico, favorecendo actitudes responsables dirixidas a sentar as bases dun desenvolvemento sustentable.

Na educación primaria, a área de coñecemento domedio integra aspectos sociais, naturais e culturais desde unha perspectiva global e baseada nas vivencias e coñecementos cotiáns dos estudantes, para chegar a establecer relacións entre eles e unha formulación máis científica. Na educación secundaria obrigatoria hai que partir dos coñecementos anteriores para irse achegando progresivamente a interpretacións máis elaboradas sobre o mundo que nos rodea. Nos dous primeiros cursos intégranse todas as materias nunha visión máis global de área, coa finalidade de manter unha aproximación de conxunto aos fenómenos naturais. Nos dous últimos cursos, tendo en conta a madurez cognitiva do alumnado, diferéncianse en bioloxía e xeoloxía e física e química, xa que se afonda máis en aspectos epistemolóxicos de cada unha das materias.

Os contidos están secuenciados en cursos e organizados en bloques que inclúen un conxunto de saberes relacionados, e permiten a súa organización arredor de eixes estruturantes de interese que sirvan de fío condutor para a súa interrelación, o que facilita unha aprendizaxe integradora. Os núcleos en que se organiza o currículo son os de materia, enerxía, interacción, cambio, unidade e diversidade.

RELACIÓN DA MATERIA COAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

A contribución da Bioloxía e Xeoloxía á consecución das competencias básicas da Educación Obrigatoria é esencial. Materialízase nos vínculos concretos que mostramos a seguir.

Coñecemento e interacción co mundo físico. A maior parte dos contidos de Bioloxía e Xeoloxía teñen unha incidencia directa na adquisición da competencia que implica determinar relacións de causalidade ou influencia, cualitativas ou cuantitativas, que require analizar sistemas complexos, onde interveñen varios factores. A materia soporta a familiarización co traballo científico para o tratamento de situacións de interese, a discusión acerca do sentido das situacións propostas, a análise cualitativa, significativo das mesmas, a formulación de conxecturas e inferencias fundamentadas, a elaboración de estratexias para obter conclusións, incluíndo, se é o caso, deseños experimentais, e a análise dos resultados.

A competencia matemática está intimamente asociada ás aprendizaxes que se abordarán. A utilización da linguaxe matemática para cuantificar os fenómenos e expresar datos e ideas sobre a natureza proporciona contextos numerosos e variados para pór en xogo os contidos procedementos e formas de expresión acordes co contexto, coa precisión requirida e coa finalidade que se persiga. No traballo científico preséntanse a miúdo situacións de resolución de problemas de formulación e solución máis ou menos abertas, que esixen pór en xogo estratexias asociadas a esta competencia.

Page 4: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Tratamento da información e competencia dixital e para aprender a aprender.

Son competencias que se desenvolven por medio da utilización de recursos como os esquemas, mapas conceptuais, a produción e presentación de memorias, textos, etc. Na faceta da competencia dixital contribúese a través da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aprendizaxe das ciencias para comunicarse, conseguir información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, obtención e tratamento de datos, etc. Trátase dun recurso útil no campo das ciencias da natureza e que contribúe a mostrar unha visión actualizada da actividade científica.

Competencia social e cidadá está ligada ao papel da ciencia na preparación de futuros cidadáns dunha sociedade democrática para a súa participación na toma fundamentada de decisións. A alfabetización científica constitúe unha dimensión sobranceira da cultura cidadá, garantía de aplicación do principio de precaución, que se apoia nunha crecente sensibilidade social fronte ás implicacións do desenvolvemento tecnocientífico que poidan comportar riscos para as persoas ou o medio ambiente.

Comunicación lingüística. A materia esixe a configuración e a transmisión das ideas e informacións. O coidado na precisión dos termos utilizados, no encadeamento adecuado das ideas ou na expresión verbal das relacións fará efectiva esta contribución. O dominio da terminoloxía específica permitirá, ademais, comprender suficientemente o que outros expresan sobre ela.

Autonomía e iniciativa persoal, competencia que se estimula a partir da formación dun espírito crítico, capaz de cuestionar dogmas e desafiar prexuízos, a partir da aventura que supón afrontar problemas abertos e participar na construción tentativa de solucións; a partir da aventura que constitúe facer ciencia.

OBXECTIVOS XERAIS

O ensino das ciencias da natureza nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias da natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas.

2. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global.

Page 5: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

3. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, etc. con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos.

4. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente, así como para contrastar as opinións persoais.

5. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade, facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de enfermidades.

6. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e globais aos cales nos enfrontamos.

7. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.

8. Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida.

9. Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario.

CONTIDOS.

Bloque 1. Contidos comúns.

* Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de sinxelas investigacións para a resolución de situacións-problema, discusión do seu interese, identificación de variables que interveñen, formulación dalgunha hipótese de traballo, seguimento dunha planificación na posta en práctica, recolla organizada dos datos, interpretación de resultados e comunicación das conclusións.

Page 6: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

* Busca, selección e valoración crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.

* Interpretación de información de carácter científico coa axuda de modelos axeitados e utilización desta información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente, coa axuda das tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.

* Valoración das achegas das ciencias da natureza ao longo da historia, para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora.

* Asimilar as diferenzas sociais derivadas da desigual repartición da riqueza no mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de saúde e ambiente dos países pobres con respecto aos ricos.

Posta en práctica correcta dos procedementos experimentais e respecto polas normas de seguridade.

Bloque 2. As persoas e a saúde.

A saúde e a enfermidade.

* Identificación dos niveis de organización do corpo humano: aparellos, sistemas, órganos, tecidos e células.

* Valoración da saúde como un ben individual e colectivo. Identificación dos factores que condicionan a saúde e a enfermidade. Importancia dos hábitos de vida saudable e o coñecemento dos factores de risco.

* Coñecemento de varios tipos de enfermidades: conxénitas, hereditarias, crónicas, deficitarias e infecciosas (tipos de seres vivos que as provocan). Valoración do uso dos fármacos e problemáticas derivadas.

* Selección de información e crítica das diferenzas dos tipos de enfermidades no mundo globalizado. Propostas de actuación.

* Recoñecemento da actuación do sistema inmunitario nun caso concreto (a gripe, unha enfermidade bacteriana, as alerxias...). Valoración da aplicación das vacinas, os transplantes, a doazón de órganos e as novas terapias con células nai.

Sexualidade e reprodución humana.

* Aproximación a unha definición de sexualidade. Recoñecemento da diversidade de sexo. Evolución dos hábitos sexuais ao longo da vida.

Page 7: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

* Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Valoración dos cambios físicos e psíquicos na adolescencia. Breve referencia aos cambios hormonais. Métodos anticonceptivos.

* Identificación do proceso de reprodución como un mecanismo de perpetuación da especie. Caracterización dos aparellos reprodutores masculino e feminino así como dos gametos, óvulo e espermatozoide.

* A preparación do útero para a fecundación: o ciclo menstrual. Identificación da fecundación, embarazo e parto cunha breve aproximación ao embrión e ao feto. Recoñecemento e valoración dos novos métodos de reprodución asistida.

* Procura e selección de información sobre as enfermidades de transmisión sexual e valoración da saúde e hixiene sexual.

Alimentación e nutrición humanas.

* Realización de diagramas e esquemas que axuden a dar unha visión global e integradora de todos os aparellos e procesos que interveñen na nutrición.

* Diferenciación entre alimento e nutriente recoñecendo os principios inmediatos necesarios para o ser humano: proteínas, glícidos, graxas, sales minerais, vitaminas e auga.

* Recoñecemento dos pasos que segue o alimento desde que se inxire ata que se absorbe no aparello dixestivo.

* Coñecemento do papel que desempeñan os aparellos: o respiratorio e a ventilación pulmonar; o circulatorio e a circulación; o excretor e a formación da urina e a excreción no proceso xeral de nutrición.

* Análise de dietas e hábitos saudables na alimentación, destacando a importancia dunha dieta equilibrada. Identificación das principais enfermidades e trastornos da conduta alimentaria. Valoración da alimentación e a saúde.

* Procura, selección de información e análise de etiquetas identificando os aditivos alimentarios e produtos transxénicos.

As funcións de relación: percepción, coordinación e movemento.

* Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un estímulo: órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor.

* Coñecemento do papel do sistema endócrino e as hormonas. Identificación da importancia das súas principais alteracións.

* Valoración da saúde mental e dunha actitude crítica e responsable ante as condutas de risco e a influencia do medio social.

Page 8: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

* Análise da súa relación co uso das substancias aditivas, alcol, tabaco, estupefacientes.

Bloque 3. As persoas e o ambiente.

* Recoñecemento da dependencia humana dos recursos naturais e da importancia fundamental da súa xestión sustentable. Análise e valoración do uso cotián de recursos básicos (produción e consumo de enerxía, o uso da auga e do aire) e a produción de residuos e o seu tratamento. Utilización de técnicas sinxelas para coñecer o grao de contaminación e depuración do airee da auga.

* Procura de información verbo dalgúns dos problemas ambientais globais, elaboración de informes e exposicións de resultados utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. O Cumio da Terra en Río 1992 e o Tratado de Quioto. Aproximación ao conceptode sustentabilidade.

* Planificación e posta en práctica dunha actuación para potenciar o desenvolvemento sustentable no medio máis próximo. Valoración dos resultados.

Bloque 4. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía externa.

A actividade xeolóxica externa do planeta.

* Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos naturais e a intervención humana. Uso de mapas topográficos sinxelos para a súa lectura e interpretación.

* Identificación mediante imaxes e/ou observacións de campo da acción dos diferentes axentes xeolóxicos externos sobre as rochas e a paisaxe: a meteorización, os torrentes, as augas subterráneas, os ríos, o mar, o xeo e o vento. Identificación do papel dos axentes internos na formación do relevo.

* Recoñecemento da formación de sedimentos a partir dos fenómenos descritos anteriormente e a súa posterior transformación en rochas sedimentarias. A orixe do carbón, o petróleo e o gas natural, e valoración do seu uso e esgotamento.

TEMPORALIZACIÓN

As unidades que inclúe a materia neste curso son as seguintes:

Tena 1: O ser humano como animal pluricelular.Tema 2: Dieta e alimentos.Tema 3 : Os nutrientes.Tema 4: O sistema circulatorio.Tema 5: Os sistemas de coordinación.Tema 6: Estímulo e resposta. Receptores e efectores.

Page 9: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Tema 7: A reproducción.Tema 8: A saúde e a enfermidade.Tema 9: As persoas e o medio.Tema 10: As augas modifican o relevo.Tema 11: Os glaciares, o vento e o mar.Tema 12: As rochas sedimentarias e a súa orixe.

A materia impartirase o longo de tres avaliacións e será en principio do seguinte xeito:

PRIMEIRA AVALIACIÓN: TEMAS DO 1 O 4. SEGUNDA AVALIACIÓN: TEMAS DO 5 O 8.TERCEIRA AVALIACIÓN: TEMAS DO 9 O 12.

O tempo estimado para cada tema será aproximadamente de tres semanas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

1. Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psicolóxicos, económicos e sociais e valorar a importancia dos estilos de vida para previr enfermidades e mellorar a calidade de vida, así como as continuas achegas das ciencias biomédicas. Explicar os mecanismos de defensa que evitan ou loitan contra os axentes causantes de enfermidades.

2. Coñecer os aspectos básicos da reprodución humana e describir os acontecementos fundamentais da fecundación, o embarazo e o parto. Comprender o funcionamento dos métodos de control da natalidade e valorar o uso de métodos de prevención de enfermidades de transmisión sexual. 3. Explicar os cambios fundamentais que sofre o alimento ao longo de todo o proceso de nutrición, utilizando esquemas ou ilustracións en cada unha das etapas. Xustificar a necesidade de adquirir hábitos alimentarios saudables.

4. Coñecer os órganos dos sentidos e explicar a misión integradora dos sistemas nervioso e endócrino. Relacionar as alteracións máis frecuentes cos órganos e procesos implicados en cada caso; identificar os factores sociais que repercuten negativamente na saúde como o estrés e o uso de substancias adictivas. 5. Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos na orixe e modelado do relevo terrestre, así como no proceso de formación das rochas sedimentarias.6. Valorar a capacidade para recompilar información procedente de distintas fontes sobre a influencia das actuacións humanas no ambiente, analizar esta información e formular propostas para promover unha xestión máis racional dos recursos naturais.7. Determinar os trazos distintivos do traballo científico analizando como se chegou á formulación e/ou ás propostas de resolución dalgún problema ambiental deactualidade.

Page 10: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

8. Valorar a situación mundial da distribución da riqueza e as súas repercusións sobre a saúde e o ambiente, identificando interrelacións xeopolíticas, sociais, económicas e culturais.

MÍNIMOS EXIXIBLES.

Existen uns mínimos básicos para todas as unidades, como son:

- Manter un bo orde e limpeza no caderno, realizar boa letra, traer o material todos os días.- Ter unha boa actitude na aula, manter as normas de comportamento.- Realizar as tarefas diarias.- Levar a materia o dia.Ademáis de estos mínimos aplicables o longo de todo o curso, os obxectivos básicos exixibles respecto os contidos serán os seguintes:

Definir e relacionar os conceptos fundamentais de cada tema. Indicar nun gráfico os orgánulos da célula eucariota, relacionandoos coa

súa función. Identificar nos gráficos as partes principais dos sistemas dixestivo,

respiratorio, circulatorio, urinario e reproductor no organismo humano. Explicar a función dos sistemas do organismo humano así coma a función

de cada órgano. Enumerar as enfermidades máis frecuentes asociadas a cada sistema de

órganos no noso corpo. Explicar o dobre circuito sanguíneo a partir dun gráfico, indicando mediante

frechas o percorrido do sangue e indicando os vasos sanguíneos principais. Relacionar a función de nutrición cos catro sistemas de órganos: o

dixestivo, circulatorio, respiratorio e urinario. Debuxar a estructura da neurona, indicando a función de cada parte. Identificar a sinapse a patir dun gráfico e explicar como ten lugar o proceso. Diferenciar o acto reflexo do acto voluntario utilizando esquemas. Enumerar os diferentes métodos conceptivos, indicando as ventaxas e os

inconvintes de cada un. Coñecer os efectos que causan no sistema nervioso os distintos tipos de

drogas. Enumerar os tipos de enfermidades según a súa orixe. Explicar como se desenrrola a resposta local e resposta inmunitaria Identificar e explicar a acción dos diferentes axentes xeolóxicos a patir de

fotografías. Recoñecer os problemas ambientais maís importantes que afectan o medio. Explicar a orixe e a clasificación das rochas sedimentarias.

Page 11: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN, PROCEDEMENTOS e INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

A materia será repartida en tres avaliacións ó longo do curso. En cada avaliación realizaranse dous exames nos que se preguntará a materia traballada ata o momento,revisarase a libreta de traballo do alumno e se terá en conta a entrega dos traballos solicitados: resumes, mapas conceptuais….Asimesmo tamén se valorará o traballo diario realizado tanto na aula coma na casa (realización de exercicios, atención, interese…).

Tanto nos exames como na libreta do alumno terase en conta a claridade e a orden utlizados á hora de desenrrolar os exercicios. Nos exames a presentación do exame en xeral poderá chegar a ter unha valoración máxima dun punto no caso de que esta sexa positiva sempre e cando a nota do exame sexa igual ou superior a cinco puntos.

Cando a presentación do exame sexa inadecuada poderá restar ata un máximo dun punto independentemente da calificación obtida.

Os exames puntuaranse de 0 a 10 puntos.Non se aprobará cunha nota inferior a 4.As calificacións entre 4 e 5 compensaranse coas notas de aula.

Para a calificación final de cada avaliación se terá en conta a nota media dos dous exames, a presentación da libreta e outros traballos solicitados, o traballo diario e a actitude mostrada na aula, puntuando da seguinte maneira:

Nota media dos exames……80%Traballos, libreta, actitude…..20%

Os alumnos que suspendan algunha avaliación terán un exame de recuperación único onde preguntarase polas unidades correspondentes as partes non superadas

Os alumnos que non superen a materia en xuño poderán examinarse en setembro a través dun único exame baseado nos contidos mínimos da materia.

TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA

En cada unidade didáctica leeranse as seccións dedicadas a lectura que figuran no libro de texto, co fin de despertar o interese e a curiosidade no alumno.

Asimesmo, leeranse artículos de prensa ou de revistas sempre que teñan que ver con algunha parte da materia.

Page 12: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

O longo do curso recomendaráselles a lectura de libros de interese cinentífico (curiosidades, biografías...).

TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC

As actividades relacionadas co fomento das novas tecnoloxías serán as seguintes: Búsqueda xeral de información en Internet a partir de conceptos, autores,

ou cuestións relacionadas cos temas da materia. Emprego de direccións de páxinas web para ampliar os contidos dos temas. Proxectos específicos de investigación pautada en Internet: as WebQuests.

Animarase o alumno a resolver algúnhas cuestións, como traballo para a casa, despois comentaranse os resultados na aula.

Visualización de videos tanto en formato VHS coma extraídos de Internet .

PLANS DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES

Os alumnos con materia pendente do curso anterior realizaran tres exames parciais o longo do curso procurando que as datas non coincidan coas datas da avaliación do curso actual e no mes de Maio presentaranse a un exame final.

Facilitaraselles o material necesario para reforzar os contidos máis importantes e nos que o alumno poida presentar dificultades.De tódolos xeitos valorarase a evolución da materia no curso superior.

Os alumnos que non superen algunha avaliación do presente curso, terán a posibilidade de facer un exame de recuperación ( por cada avaliación) o longo do curso. No caso de non haber entregado algún traballo, de non presenta-la libreta ou non ter os exercicios feitos terán que ser presentados para considerar a avaliación recuperada.

Se no mes de xuño lles quedara algo pendente terían que presentarse na convocatoria de Setembro para recuperala materia completa.

METODOLOXÍA DIDÁCTICA

A metodoloxía empregada será común para tódalas unidades e consistirá en :

Explicación teórica dos contidos utilizando como soporte físico o libro de texto.

Aclaración de dúbidas. Realización de exercicios prácticos e teóricos. Corrección dos exercicios na aula.

Page 13: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Repaso.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

O material básico será o libro de texto: Bioloxía e Xeoloxía. Editorial SM. Dependendo das unidades poderanse ampliar os contidos utilizando outras fontes bibilográficas, revistas, xornais...

Cando sexa posible, utilizaranse materiais audiovisuais como a T.V, e o vídeo, así como a sala de ordenadores para traballar a búsqueda de información en Internet.

MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE

Os alumnos con necesidades especificas ou que presenten dificultades de aprendizaxe realizaráselles exames nos que se lles pedirá os contidos mínimos.Para atender axeitadamente as distintas necesidades educativas se fará en coordinación co departamento de orientación, co cal traballaremos para a realización de actividades de orientación educativa e profesional.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS

O longo de tódalas unidades da materia vanse tratando diferentes contidos transversais. O fomento da lectura, o impulso á expresión oral e escrita, as tecnoloxías da información e a comunicación e a educación en valores, son obxectos de ensino-aprendizaxe a cuxo impulso deberemos contribuír. Constitúen exemplos de iso os seguintes:

-Busca e selección de información de carácter científico empregando fontes diversas, entre elas as tecnoloxías da información e comunicación.-Interpretación de información de carácter científico para formarse unha opinión propia, expresarse con precisión e argumentar sobre problemas relacionados coa natureza.-Valoración das achegas das Bioloxía e Xeoloxía para dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia.-Aprecio e goce da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora.-Utilización correcta das materiais, substancias e instrumentos básicos dun laboratorio e respecto polas normas de seguridade no mesmo.-Valoración das repercusións da fabricación e uso de materiais e substancias frecuentes na vida cotiá.-Sensibilidade para a racionalización no uso dos recursos naturais.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Page 14: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Saídas Didácticas (museos, exposicións...) Celebración de días sinalados: Día Mundial da Saúde, Paz, Día da Muller Traballadora, Día do Medio Ambiente... Cine educativo.

Page 15: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

PROGRAMACIÓN DAS UNIDADES.

UNIDADE 1: O ser humano como animal pluricelular

INTRODUCIÓN

Todos os seres vivos están compostos por células, dende os máis diminutos aos de maior tamaño. Estas estruturas microscópicas posúen unha gran complexidade morfolóxica e funcional.

O nivel máis alto de organización alcánzase cando nos seres pluricelulares, animais e vexetais, as células se organizan en tecidos, os tecidos en órganos e os órganos en aparatos ou sistemas.

Os tecidos e órganos humanos posúen uns douscentos tipos de células diferentes perfectamente coordinadas entre si. Esta complexa engrenaxe forma parte dunha gran obra de arquitectura, o corpo humano, e, por suposto, fai posible a vida.

OBXECTIVOS

Coñecer a estrutura e o funcionamento celular.

Coñecer os niveis de organización superiores ao celular no ser humano: tecidos, órganos e aparatos ou sistemas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Identificar os distintos tipos de células.

2. Recoñecer os orgánulos da célula e as funcións que estes desempeñan.

3. Explicar como se realiza o intercambio de materia e enerxía nas células.

4. Enumerar os distintos tipos de tecidos do ser humano e saber a función que realizan.

5. Coñecer o concepto de órgano e aparato ou sistema e poñer exemplos de cada un.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Coñecer as diferentes formas de organización celular dos seres vivos e describir as características que diferencian os tipos celulares é unha maneira de comprender a realidade a través da linguaxe escrita. (C1)

- Valorar o que significan os transplantes na nosa sociedade, para tratar enfermidades que doutra forma serían incurables, supón asumir xuízos e futuras decisións de forma activa como cidadáns. (C5)

Page 16: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

CONTIDOS

Conceptos

Os organismos unicelulares e pluricelulares.

Elementos comúns celulares: membrana, citoplasma e material xenético.

Os orgánulos da célula humana: estrutura e función.

O núcleo celular.

A célula eucariotas e procariotas.

A célula animal e vexetal.

Os intercambios de materia e enerxía a través da membrana. O metabolismo celular.

A organización do corpo humano: tecidos, órganos e aparatos ou sistemas.

O transplante e doazón de órganos e células.

Procedementos

Identificación, a partir de debuxos, de células animais, vexetais e bacterias.

Manexo do microscopio óptico.

Realización de preparacións microscópicas.

Diferenciación entre fotografías realizadas aos microscopios óptico e electrónico.

Identificación dos compoñentes celulares aos microscopios óptico e electrónico.

Elaboración de táboas coas funcións dos tecidos, sistemas e orgánulos celulares.

Recoñecemento de preparacións histolóxicas.

Interpretación de escalas microscópicas.

Actitudes

Valoración da importancia da célula como unidade anatómica e funcional dos seres vivos.

Recoñecemento dos avances da ciencia no coñecemento da estrutura e función celulares e no estudo de patoloxías tumorais.

Actitude positiva fronte á importancia que teñen os transplantes de órganos e sangue como forma de axudar a outras persoas para mellorar ou salvar as súas vidas.

Respecto polas normas de traballo no laboratorio, o material de estudo e o traballo dos demais.

Page 17: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Valoración da doazón de órganos e células como medio para salvar outras persoas ou mellorar a súa calidade de vida.

UNIDADE 2: Dieta e alimentos

INTRODUCIÓN

Para que os alimentos cheguen a nós en boas condicións existen unha serie de técnicas que axudan á súa conservación.

Na actualidade tamén se empregan técnicas de enxeñaría xenética para obter alimentos manipulados xeneticamente. A súa conveniencia ou non é un dos grandes debates científicos da nosa época.

Dende o momento en que inxerimos os alimentos desenvólvese un complexo proceso cuxo destino final serán as nosas células. Primeiro o sistema dixestivo debe transformar os alimentos en nutrientes e, a partir de aquí, estes seguirán o seu camiño ata as células, onde serán aproveitados e utilizados.

Coñecer a proporción dos nutrientes que necesitamos e alternar os distintos alimentos para conseguir esta proporción é unha aprendizaxe que nos axudará a ter uns bos hábitos alimentarios.

OBXECTIVOS

Coñecer como se realiza no sistema dixestivo a transformación dos alimentos en nutrientes, sabendo cal é a función de cada nutriente e cales son as pautas que se deben seguir para ter unha alimentación equilibrada.

Coñecer a roda dos alimentos, as técnicas de conservación de alimentos e en que consisten os alimentos transxénicos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Enumerar os distintos nutrientes que posúen os alimentos, coñecer as súas funcións e describir algunhas das súas características.

2. Describir os órganos do sistema dixestivo e relacionalos coa súa función.

3. Coñecer os requisitos para manter uns bos hábitos alimentarios.

4. Coñecer as bases dunha dieta equilibrada.

5. Describir os métodos de conservación dos alimentos.

6. Coñecer a información que nos ofrecen as etiquetas dos alimentos.

7. Explicar en que consisten os alimentos transxénicos.

Page 18: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Coñecer os compoñentes dos alimentos, que cobren as nosas necesidades nutritivas, así como a presenza e forma de conservación dos produtos que consumimos, serve para desenvolverse con autonomía no ámbito da nosa propia saúde. (C3)

- Valorar a calidade da dieta mediterránea significa aprender un trazo cultural propio ligado á nosa alimentación. (C5)

- Considerar hábitos adecuados na alimentación, así como poder introducir na mesma novos produtos, como os alimentos transxénicos, supón adquirir capacidades para actuar e elixir cun criterio adecuado. (C3, C8)

CONTIDOS

Conceptos

Os compoñentes dos alimentos. Substancias inorgánicas e orgánicas.

O sistema dixestivo: o tubo dixestivo e as glándulas asociadas.

A dixestión mecánica e química.

A absorción e a formación de feces.

A función dos nutrientes dos alimentos.

A roda dos alimentos e a dieta mediterránea. Alimentación e saúde.

Métodos de conservación e aditivos alimentarios. Etiquetado dos alimentos.

Os alimentos transxénicos

Procedementos

Diferenciación entre as distintas funcións que teñen os órganos do sistema dixestivo.

Realización de prácticas de identificación dos distintos nutrientes en alimentos variados.

Elaboración dunha dieta equilibrada baseándose na roda dos alimentos.

Aplicación duns hábitos de vida saudables.

Identificación da información que nos ofrecen as etiquetas.

Identificación das técnicas de conservación e manipulación xenética de alimentos.

Manexo de material e reactivos de laboratorio.

Actitudes

Valoración da importancia de manter uns bos hábitos de vida alimentarios e de hixiene dental.

Page 19: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Actitude crítica fronte aos métodos de manipulación e conservación de alimentos e fronte á información que ofrecen os fabricantes nas etiquetas.

UNIDADE 3: Os nutrientes

INTRODUCIÓN

A nutrición é un amplo e complexo proceso que inclúe a obtención dos nutrientes que compoñen os alimentos no sistema dixestivo e o transporte destes nutrientes ata as células. Ademais as células necesitan o osíxeno que vén do sistema respiratorio para poder aproveitar os nutrientes, mentres que os produtos de refugallo do metabolismo celular son eliminados polo sistema excretor. Estudar paso a paso como funcionan todos estes aparatos e sistemas é fundamental para coñecer o funcionamento do corpo humano.

Pola súa parte, coñecer a roda dos alimentos e estudar as necesidades enerxéticas de cada persoa é imprescindible para elaborar dietas equilibradas que preveñan alteracións e desordes alimentarias.

Así mesmo, manter uns hábitos de vida beneficiosos para os sistemas respiratorio e urinario é unha das premisas necesarias para ter unha vida saudable.

OBXECTIVOS

Saber elaborar unha dieta equilibrada baseándose en criterios obxectivos e coñecer os problemas que causan as desordes alimentarias.

Coñecer a anatomía e funcionamento dos sistemas respiratorio e urinario así como os trastornos máis frecuentes relacionados con estes sistemas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Describir como se utilizan os nutrientes na célula e coñecer as enfermidades causadas por unha mala alimentación.

2. Elaborar unha dieta equilibrada que estea de acordo cos criterios estudados na unidade.

3. Coñecer e describir a anatomía e funcionamento do sistema respiratorio.

4. Coñecer e describir a anatomía e funcionamento do sistema urinario.

5. Identificar as principais enfermidades e alteracións que se poden producir nos sistemas respiratorio e urinario e coñecer as súas causas.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Page 20: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

- Coñecer as nosas necesidades enerxéticas, o seu adecuado reparto na dieta, e as consecuencias tanto da sobrealimentación, coma dunha alimentación deficiente, supón incorporar coñecementos esenciais no ámbito da saúde, para valorar e evitar riscos innecesarios. (C3, C8)

- Saber o papel do sistema respiratorio, responsable da captación do osíxeno que chega ás nosas células, e coñecer diferentes patoloxías que poden evitarse con hábitos adecuados, serve para valorar a importancia da saúde. (C3, C8)

- Comprender a importancia do sistema de depuración dos residuos presentes no sangue serve para tomar conciencia de que bebendo auga abundantemente se restablecen as perdas deste compoñente esencial. (C3, C8)

- Manexar a información contida en táboas e gráficos e utilizala como base de cálculos numéricos sobre os que interpretar estados fisiolóxicos, etc., significa adquirir unha capacidade para situacións análogas da vida. (C2)

CONTIDOS

Conceptos

Os nutrientes como fonte de enerxía e materia.

A dieta equilibrada.

Os trastornos relacionados coa alimentación.

A anatomía e fisioloxía do sistema respiratorio.

As enfermidades relacionadas co sistema respiratorio. O tabaquismo.

A anatomía e fisioloxía do sistema urinario.

As enfermidades relacionadas co sistema urinario.

Procedementos

Manexo de táboas nas que se reflictan a composición e valor enerxético dos alimentos.

Elaboración de dietas equilibradas.

Realización de diseccións de órganos.

Diferenciación entre as distintas funcións que teñen os órganos dos sistemas respiratorio e urinario.

Elaboración de debuxos e esquemas sobre os compoñentes dos sistemas respiratorio e urinario.

Aplicación duns hábitos de vida saudables.

Hábitos de hixiene e coidados do sistema respiratorio.

Actitudes

Valoración da importancia de manter uns bos hábitos de vida alimentarios.

Page 21: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Interese por coñecer o funcionamento do propio corpo.

Actitude crítica fronte aos hábitos de vida nocivos como o consumo de alcol e tabaco.

Toma de conciencia da importancia que os procesos celulares teñen para o mantemento da vida.

Recoñecemento da importancia que teñen os transplantes de órganos en medicina.

Recoñecer a importancia e manifestar interese polos hábitos de hixiene e coidados do sistema respiratorio.

UNIDADE 4: O sistema circulatorio

INTRODUCIÓN

O noso organismo require nutrientes e osíxeno para que as células poidan obter enerxía e realizar a súa función. Grazas ao sistema circulatorio estas substancias son transportadas no sangue a través dun complexo sistema de vasos que, ademais, recolle os refugallos e distribúe a calor corporal.

Nesta función vital desenvolve un papel primordial o corazón, unha bomba que impulsa o sangue polo noso corpo. Con frecuencia asociamos este órgano tamén ao noso estado emocional, aínda que se cre que esta asociación se orixinou na antigüidade, cando aínda non se sabía a súa verdadeira función.

Sexa como fose, xa antes de nacer o corazón xoga un papel fundamental no noso desenvolvemento emocional pois, grazas á tranquilidade que nos transmite o ritmo cardíaco da nosa nai, conseguimos durmir cando aínda estamos dentro do útero materno.

Por todo isto, non cabe dúbida de que dependemos do corazón tanto polo seu imprescindible protagonismo nas funcións orgánicas, como polo que sentimos cos seus latexos.

OBXECTIVOS

Coñecer os principais trazos da anatomía e fisioloxía dos distintos elementos do sistema circulatorio.

Coñecer algunhas enfermidades do sistema circulatorio e saber prevelas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Diferenciar os compoñentes do sangue.

2. Distinguir as principais partes do corazón e os distintos tipos de vasos sanguíneos.

3. Describir as diferentes fases do ciclo cardíaco.

4. Saber indicar o sentido de fluxo do sangue nun percorrido completo.

Page 22: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

5. Enumerar as enfermidades máis comúns ligadas ao sistema circulatorio.

6. Identificar os factores de risco relacionados coas principais enfermidades cardiovasculares.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Utilizar operacións numéricas básicas sobre datos de compoñentes do sangue, relacionar parámetros fisiolóxicos e interpretar a información contida en táboas favorecen o razoamento matemático. (C2)

- Coñecer os factores de risco na aparición de enfermidades cardiovasculares pode servir para adquirir conciencia do perigo de determinados hábitos e ter así un comportamento adecuado. (C8)

- Saber do valor das doazóns de sangue, como un acto insubstituíble para salvar vidas, permite exercer o valor da solidariedade como cidadáns comprometidos dentro da nosa sociedade. (C5)

CONTIDOS

Conceptos

Os compoñentes do sangue.

As funcións do sangue.

As enfermidades do sangue.

Os vasos sanguíneos.

O corazón e a súa anatomía. O ciclo cardíaco.

A circulación cardíaca, pulmonar e periférica.

As enfermidades cardiovasculares.

O proceso da nutrición e os diferentes sistemas que interveñen nela.

Procedementos

Realización de mapas conceptuais cos compoñentes do sangue e a súa función.

Recoñecemento e análise de debuxos dos elementos do sistema circulatorio e os tipos de circulación.

Interpretación de táboas sinxelas, procedentes de análise de sangue.

Interpretación de gráficas relativas a diferentes procesos do sistema circulatorio (cambios na presión arterial, cantidade de osíxeno disolto…)

Secuenciación de acontecementos no proceso de circulación e transporte de substancias.

Estilos de vida para unha saúde cardiovascular.

Page 23: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Actitudes

Rexeitamento de hábitos prexudiciais para a saúde cardiovascular: tabaco, alcol, falta de exercicio físico, mala alimentación, etc.

Valoración de actitudes solidarias como a doazón de sangue ou órganos.

Análise crítico das actitudes persoais respecto aos hábitos prexudiciais para o sistema circulatorio.

Respecto ás situacións persoais nas que se manifestan enfermidades relacionadas con afeccións do sistema circulatorio.

UNIDADE 5: Os sistemas de coordinación

INTRODUCIÓN

O noso cerebro parece non ter límites en canto á súa capacidade de coñecer, comprender e crear. Ningún ser vivo do planeta dispón das mesmas capacidades ca nós para fabricar artefactos e máquinas cos que chegar ao desenvolvemento tecnolóxico. Un exemplo deste é o ordenador, capaz de almacenar información e dirixir procesos de control de sistemas.

Pero o cerebro segue sendo o órgano que mantén as nosas funcións vitais. Necesita polo menos 10 anos para completar o seu desenvolvemento, e o seu crecemento en tamaño marcou a nosa evolución.

Coñecer a separación física da nosa mente e a nosa conciencia, é o desafío para os científicos do século XXI. Así mesmo, aspírase a poder resolver múltiples patoloxías nerviosas, como o alzheimer ou o párkinson, grazas á rexeneración de células nerviosas a través do cultivo de células nai. Estas aspiracións alcanzan incluso a intentar lograr que os páncreas das persoas que padecen diabetes volvan a xerar insulina correctamente.

Non cabe dúbida, por isto, de que os próximos tempos serán os da tecnoloxía e o coñecemento de quen a controla: o noso cerebro.

OBXECTIVOS

Coñecer a organización anatómica e a fisioloxía do sistema nervioso.

Saber os efectos dos procesos dexenerativos, os factores ambientais e as drogas sobre a saúde mental.

Coñecer a estrutura e funcionamento do sistema hormonal.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Localizar convenientemente os elementos anatómicos do sistema nervioso central e do sistema nervioso periférico.

2. Describir a estrutura da neurona e o impulso nervioso.

Page 24: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

3. Identificar os trastornos orgánicos e psíquicos que se dan no sistema nervioso, así como os factores desencadeantes.

4. Coñecer as principais glándulas, as hormonas que segregan e as actividades que estimulan no organismo.

5. Comprender o mecanismo de acción das hormonas, así como o equilibrio hormonal.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Saber os efectos que exercen a publicidade e a presión de grupo sobre a conduta permite ter capacidade para elixir con criterio propio. (C5, C8)

- Coñecer as alteracións do sistema nervioso, e as súas consecuencias, fai posible comprender realidades próximas e actuar en consecuencia en determinadas situacións. (C5)

- Valorar os efectos irreversibles das drogas sobre o organismo debe servir para adquirir un control emocional co que demorar satisfaccións inmediatas, polos graves riscos que poden derivarse. (C8)

CONTIDOS

Conceptos

A coordinación nerviosa.

A organización do sistema nervioso: o sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico.

A neurona. A sinapse.

Trastornos do sistema nervioso. O mal de Alzheimer.

A saúde mental.

A coordinación hormonal.

O sistema endócrino. As glándulas.

As hormonas e o equilibrio hormonal.

Os efectos das drogas sobre a saúde.

Procedementos

Realización de esquemas estímulo (receptor) - centro nervioso - resposta (efector) e mapas conceptuais.

Análise da complexidade dos estímulos e das respostas elaboradas polos órganos do sistema nervioso central.

Estudo, observación e ilustración de órganos e células nerviosas.

Identificación das causas e as consecuencias das enfermidades mentais.

Interpretación de gráficas con variacións dos niveis dunha hormona.

Page 25: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Elaboración de listas con argumentos para o rexeitamento ao consumo de drogas.

Actitudes

Valoración do papel do sistema nervioso como regulador dos principais procesos do organismo responsables da nosa saúde.

Asimilación dos riscos que supoñen actitudes negativas, como a inxestión de drogas, para un estado adecuado do noso sistema nervioso.

Comprensión e respecto cara ás persoas que sofren enfermidades do sistema nervioso.

Adoptar unha actitude crítica ante fenómenos como a publicidade e a presión de grupo.

UNIDADE 6: Estímulo e resposta. Receptores e efectores

INTRODUCIÓN

A nosa capacidade sensorial repártese entre os cinco sentidos que perciben dende cambios de temperatura, presión, substancias químicas volátiles e disoltas, as ondas sonoras que se transmiten a través do aire, ata a luz que reflicten os obxectos que vemos.

Funcionalmente ningún deles está especialmente dotado, en termos comparativos, respecto do resto do mundo animal, pero grazas a eles elabóranse complexas respostas, algunha das cales si nos diferencia do resto dos organismos.

Algunhas patoloxías e deficiencias conxénitas do noso sistema sensorial puideron corrixirse grazas ao desenvolvemento de técnicas quirúrxicas, de rexeneración celular in vitro e de implantes. Desta forma, mantense unha aceptable calidade de vida, ao non perder a capacidade de relación co mundo exterior.

Algo tamén extraordinario en todo o reino animal é o noso andar bípedo, posible grazas á compresión dorsoventral do tórax, a estrutura da pelve e a nosa potente musculatura esquelética, anclada nos ósos.

OBXECTIVOS

Coñecer a anatomía e funcionamento dos órganos dos sentidos e os mecanismos voluntarios e involuntarios implicados na resposta aos estímulos sensoriais.

Coñecer a anatomía do sistema locomotor, as articulacións entre os ósos, os músculos e os seus mecanismos de resposta.

Page 26: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Diferenciar os tipos de receptores.

2. Identificar os procesos e órganos implicados na recepción dos diferentes estímulos.

3. Diferenciar entre as formas de respostas voluntarias e involuntarias do sistema nervioso central.

4. Saber identificar os principais ósos e músculos do sistema locomotor.

5. Coñecer os diferentes tipos de articulacións e os elementos que presentan entre os ósos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Saber os mínimos fundamentos de técnicas de exploración comúns para diagnosticar doenzas do sistema locomotor, así como formas coas que coñecer deficiencias na nosa percepción, proporciona coñecemento tanto de aspectos tecnolóxicos coma da saúde do noso organismo. (C3)

- O coñecemento das anomalías máis frecuentes dos nosos receptores sensitivos, así como as medidas e coidados que debemos ter, axúdanos a desenvolvernos adecuadamente no ámbito da saúde (C3)

CONTIDOS

Conceptos

A percepción do medio.

Os receptores sensitivos.

Os órganos dos sentidos.

As respostas voluntarias e os actos reflexos.

O esqueleto e as articulacións.

Os músculos e a súa acción.

Análise das lesións máis frecuentes e a súa prevención.

Procedementos

Identificar e describir os fenómenos nerviosos asociados a situacións cotiás de fotos.

Facer debuxos esquemáticos de radiografías.

Observar e interpretar figuras sobre fondos con diferentes cromados.

Comprender o fundamento básico de técnicas exploratorias do organismo.

Rotular debuxos de órganos relacionados co proceso estímulo-resposta.

Comparar e diferenciar os actos voluntarios dos actos reflexos.

Coidado e hixiene dos órganos dos sentidos.

Page 27: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Actitudes

Valorar o papel e a importancia dos órganos dos sentidos, así como identificar as situacións que poden danalos.

Comprender a importancia de evitar riscos que poidan ocasionar lesións nas áreas motoras do córtex cerebral e na medula espiñal.

Identificar e evitar os comportamentos que poidan dar lugar a traumatismos en elementos do esqueleto.

Respectar a situación das persoas con deficiencias sensoriais como a xordeira, o daltonismo, etc.

Valorar o exercicio físico como un hábito de vida que favorece a saúde.

UNIDADE 7: A reprodución

INTRODUCIÓN

A reprodución na especie humana ten trazos moi peculiares, pois apártase en moitos aspectos do sentido biolóxico desta función vital. A nosa especie desenvolveu adaptacións singulares que van dende unha maduración dos gametos distinta á doutros animais, ata o celo continuo dende a madurez sexual, unha sexualidade ligada á afectividade e un lento crecemento do embrión, que permite o complexo desenvolvemento do noso cerebro.

As formas de control e planificación familiar fóronse impoñendo, sobre todo no mundo occidental, utilizándose métodos anticonceptivos que alteran a natural fisioloxía hormonal do organismo feminino. Tamén foi posible superar as dificultades para a reprodución grazas ao importante avance das técnicas de reprodución asistida.

No século XXI, o reto científico é a posibilidade do uso de células obtidas de embrións orixinados mediante reprodución artificial, e que non son viables, para curar enfermidades que ata agora son de moi difícil ou imposible tratamento. O contexto social e as consideracións éticas a este respecto van ser sempre determinantes na investigación con células nai embrionarias.

OBXECTIVOS

Coñecer a anatomía e fisioloxía dos distintos elementos do sistema reprodutor.

Coñecer o mecanismo da reprodución, as técnicas de reprodución asistida e os métodos anticonceptivos.

Identificar os cambios físicos e psicolóxicos que se producen na puberdade e coñecer os hábitos imprescindibles de hixiene sexual

Page 28: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Saber describir a anatomía dos aparatos reprodutores masculino e feminino.

2. Coñecer as diferenzas morfolóxicas entre os gametos masculino e feminino e diferenciar as súas formas de maduración.

3. Coñecer os ciclos sexuais que se dan na muller.

4. Identificar os procesos de fecundación e implantación do cigoto no útero.

5. Coñecer as fases do parto.

6. Coñecer as técnicas de reprodución asistida.

7. Recoñecer a natureza dos diferentes métodos anticonceptivos.

8. Saber identificar os cambios físicos e de comportamento que se dan na transición entre a infancia e a idade adulta.

9. Adquirir as nocións básicas imprescindibles sobre hixiene sexual.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Coñecerse a un mesmo na súa realidade sexual tanto dende o aspecto anatómico, para adecuar a hixiene, coma no desenvolvemento dos cambios que se dan na adolescencia, permite afrontar dende o ámbito da saúde e no persoal tan significativo tránsito da vida. (C3, C8)

- Coñecer as novas técnicas para tratar enfermidades a partir da clonación de embrións, así como outros fins que poden derivarse destas técnicas de manipulación celular, é un habilidade necesaria para comprender as novas posibilidade da ciencia. (C3, C5)

- Deseñar e elaborar un traballo de campo supón iniciarse nunha aprendizaxe que permitirá continuar aprendendo de forma cada vez máis autónoma, de acordo aos obxectivos e necesidades que se requiran. (C7)

CONTIDOS

Conceptos

Anatomía dos sistemas reprodutores masculino e feminino.

Os gametos masculino e feminino.

O ciclo ovárico e o ciclo menstrual na muller.

A fecundación e a implantación do óvulo.

O embarazo e o parto.

As técnicas de reprodución asistida.

Os métodos anticonceptivos.

Cambios físicos e psíquicos na adolescencia.

Page 29: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

A resposta sexual humana, sexo e sexualidade.

Procedementos

Comparar os sistemas reprodutores masculino e feminino e diferenciar a morfoloxía dos gametos.

Ordenar a secuencia da maduración do óvulo.

Interpretar, sobre debuxos, os cambios que se producen no útero durante o ciclo menstrual.

Interpretar gráficos da variación da temperatura durante o ciclo sexual da muller.

Interpretar gráficos sobre o crecemento dun feto.

Seguir o proceso de xestación mediante ecografías.

Diferenciar e coñecer os métodos anticonceptivos.

Actitudes

Respectar as situacións persoais motivadas polos procesos fisiolóxicos da puberdade.

Integrar, no posible, os cambios emocionais dentro do desenvolvemento da adolescencia.

Valorar as posibilidades científicas das técnicas de manipulación de embrións e o seu uso na clonación terapéutica, dentro do marco ético, legal e social.

Responsabilidade fronte ao uso dos métodos anticonceptivos.

Respecto cara ás persoas que contraeron unha enfermidade de transmisión sexual, como a sida.

Hábitos de hixiene relacionados co aparato reprodutor.

UNIDADE 8: A saúde e a enfermidade

INTRODUCIÓN

O home loitou dende sempre contra o inexorable final biolóxico que supón a morte. Non só a esperanza de vida foi aumentando ao longo da historia da humanidade, senón que chegamos a convivir con enfermidades ata hai pouco mortais. Ademais, as nosas condicións de vida melloraron substancialmente, o que contribúe a manter o noso organismo máis san, polo menos no aspecto físico.

Porén, pese a este contexto tan favorable, á capacidade do noso sistema inmunolóxico e ás posibilidades que hoxe nos ofrece a medicina preventiva e

Page 30: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

curativa, seguimos sendo susceptibles de contraer novas enfermidades, cada vez máis virulentas, e que desencadean a alarma de novas pandemias, como en tempos pasados.

Por outro lado no mundo occidental, teoricamente máis preparado para afrontar os retos que estas novas infeccións formulan, cada vez son máis as enfermidades derivadas da nosa forma de vida. As mortes por enfermidades cardiovasculares, consecuencia de malos hábitos na alimentación, a inxestión continuada de substancias tóxicas, a falta de exercicio, o estrés, etc., están moi por enriba das xeradas por axentes patóxenos.

Outras enfermidades non provocan a morte, pero porén invalidan o desenvolvemento normal da nosa vida, como as enfermidades mentais ou o alzheimer.

OBXECTIVOS

Coñecer o significado da saúde en sentido amplo, e dos factores que favorecen un estado de benestar físico, mental, e social.

Coñecer as formas de transmisión das enfermidades infecciosas e a resposta do organismo fronte a elas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Discriminar entre os estados de saúde e enfermidade, que son causados por diferentes axentes.

2. Identificar os factores determinantes da saúde e os hábitos de vida que a favorecen.

3. Recoñecer as formas de transmisión e os efectos patóxenos dos microorganismos e os virus.

4. Saber os mecanismos que se desencadean na resposta inmunolóxica.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Coñecer as vías de transmisión das enfermidades máis comúns permite actuar na prevención da saúde e asumir hábitos para evitar contraer algunhas destas enfermidades. (C3, C8)

- Saber actuar en situacións de emerxencia, fronte ás necesidades de auxilio dos demais, é algo que un cidadán debe coñecer para poder reaccionar de maneira adecuada en determinadas circunstancias. (C3, C5)

- Valorar os hábitos para manter un estado de saúde adecuado, supón adquirir unha conciencia coa que aplicar comportamentos persoais adecuados. (C8)

- Utilizar as fontes existentes na rede, para realizar traballos nos que hai que seleccionar información e adecuala aos fins que se perseguen, favorece a comunicación e habilita no uso das tecnoloxías da información. (C4)

CONTIDOS

Page 31: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Conceptos

Saúde e enfermidade.

Tipos de enfermidades.

As enfermidades infecciosas.

As enfermidades de transmisión sexual.

A resposta inmunolóxica.

A medicina preventiva e curativa.

Os factores determinantes da saúde.

Procedementos

Interpretar gráficas temporais de procesos de infección.

Ordenar secuencias de acontecementos na resposta inmunolóxica.

Facer debuxos sinxelos de axentes patóxenos.

Interpretar ensaios experimentais de respostas inmunolóxicas.

Relacionar factores determinantes da saúde con hábitos de vida saudable.

Buscar información en internet.

Analizar medidas preventivas fronte a posibles infeccións.

Técnicas de primeiros auxilios.

Actitudes

Valorar a situación persoal fronte a outras máis precarias en canto ao acceso a medios sanitarios.

Rexeitamento de hábitos de vida non saudables.

Seguir as pautas de prevención fronte ás enfermidades infecciosas.

Adquirir formas de vida adecuadas para conseguir un bo estado de saúde.

UNIDADE 9: As persoas e o medio

INTRODUCIÓN

Dende que o home apareceu na escena deste complicado teatro que é a biosfera, deixou ben claro que o seu papel non ía pasar desapercibido. Durante certo tempo mantivo unha sustentabilidade co medio no que se desenvolvía; falamos da sociedade cazadora-recolectora ou da sociedade agrícola-gandeira, sociedades nas que os impactos no contorno e os seus correspondentes problemas ambientais eran potencialmente asimilados polo medio.

Page 32: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Porén, a entrada en escena da sociedade tecnolóxico-industrial produce importantes impactos no medio, uns cambios que son difíciles de asimilar.

O crecemento e desenvolvemento da poboación humana, unido a unha irresponsabilidade ambiental manifesta, xeran unha diminución dos recursos, graves problemas en ambientes terrestres, acuáticos e aéreos, problemas que incluso se manifestan lonxe dos seus puntos de orixe.

A solución integral a estes problemas pasa necesariamente por unha maior concienciación persoal, pola aplicación dunha lexislación máis acorde cun desenvolvemento sostible tanto a nivel ecolóxico, coma económico e social. Pasa, en definitiva, por vivir, por desenvolverse no medio, pero non a custa do medio.

OBXECTIVOS

Coñecer os problemas ambientais máis importantes que repercuten no medio, determinando as causas que os xeran e evidenciando os efectos que producen tanto a niveles locais, coma rexionais e globais.

Coñecer as potenciais solucións aos problemas ambientais, destacando o importante papel que xoga un mesmo na consecución de ditas solucións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Explicar correctamente os distintos problemas ambientais, evidenciando perfectamente as súas causas e coñecendo claramente os seus efectos.

2. Recoñecer as relacións que se establecen entre os diferentes problemas ambientais con todos os subsistemas do planeta e a súa potencial evolución no tempo.

3. Describir claramente as potenciais solucións aos diferentes problemas ambientais.

4. Identificar cal debería ser o noso papel activo no desenvolvemento duns correctos hábitos medioambientais.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Saber o valor dos recursos naturais, os impactos que xeramos, e coñecer o significado da pegada ecolóxica, posibilita comprender a repercusión das nosas actividades, e asumir comportamentos para racionalizar todo consumo. (C3, C8)

- Coñecer a intervención do home no clima, e o uso dun recurso esencial como

a auga, permite comprender mellor os sucesos xerados por acción humana, e a

predición das súas consecuencias. (C3)

Page 33: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

- Interpretar e expresar con claridade informacións de gráficos, pictogramas e datos permite ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos da realidade. (C2)

- Adquirir comportamentos como a redución no consumo, a reutilización de

materiais e facilitar a reciclaxe dos residuos serve para ter unha actitude

responsable fronte ao noso planeta. (C8)

CONTIDOS

Conceptos

Impacto ambiental e problema ambiental.

A explosión demográfica humana.

Os recursos.

A contaminación.

Xestión, contaminación e tratamento da auga.

Contaminación transfronteiriza: chuvia ácida, efecto invernadoiro e diminución da capa de ozono.

Erosión e desertización do solo.

A pegada ecolóxica.

A defensa persoal do medio.

Desenvolvemento sostible.

Procedementos

Determinación das causas que orixinan certos problemas ambientais.

Recoñecemento dos efectos que producen no medio determinados problemas ambientais.

Cálculo de datos que estimen o impacto ambiental.

Elaboración de planos de interese medioambiental.

Identificación duns correctos hábitos persoais medioambientais.

Interpretación da información que nos ofrecen as fotografías, os esquemas, as táboas, as gráficas e os diagramas.

Manexo de material e reactivos de laboratorio.

Actitudes

Recoñecemento da crise ambiental actual.

Actitude crítica fronte ás causas que orixinan os problemas ambientais.

Actitude positiva cara ás solucións propostas a todos os niveis para defender o medio.

Page 34: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Valoración da importancia de manter uns bos hábitos persoais medioambientais como axuda importante para a solución dos problemas ambientais.

UNIDADE 10: As augas modifican o relevo

INTRODUCIÓN

As augas superficiais e subterráneas, que son os axentes externos de maior influencia nas zonas continentais con clima temperado húmido, son o obxecto de estudo desta unidade xunto cos paisaxes que orixinan.

Comeza facendo unha breve explicación sobre os mapas topográficos que nos permiten ver con claridade as paisaxes. Posteriormente analízanse as augas superficiais, primeiro as salvaxes e os factores que condicionan a súa acción, despois os torrentes e por fin os ríos explicando a forma de relevo que orixinan e os procesos que producen: erosión, transporte e sedimentación. Ás veces estes procesos non son lentos e continuos, senón rápidos e catastróficos, provocando riadas ou coadas de barro.

Por último estúdanse as augas subterráneas, a infiltración, a súa circulación e a formación de acuíferos, e a súa explotación.

OBXECTIVOS

Comprender a un nivel básico as representacións topográficas do relevo.

Coñecer a acción xeolóxica das distintas manifestacións da auga continental.

Coñecer as características propias das augas subterráneas e os seus usos para o ser humano.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Realización de representacións topográficas de corpos xeométricos.

2. Explicar a acción das augas salvaxes e superficiais e recoñecer as súas formas de modelado características.

3. Describir os procesos xeolóxicos que realizan os ríos.

4. Explicar a circulación e explotación das augas subterráneas.

5. Describir as características das augas subterráneas.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Interpretar as dimensións e realizar representacións derivadas dun mapa topográfico, contribúe ao coñecemento do medio e a dispoñer de habilidades para a aprendizaxe. (C3, C7)

Page 35: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

- Comprobar hipótesese de forma experimental, deseñando experiencias nas que se controlen variables, supón desenvolver estratexias para a aprendizaxe. (C7)

- Coñecer e interpretar as paisaxes modeladas pola auga significa aplicar conceptos básicos para a análise de fenómenos. (C3)

CONTIDOS

Conceptos

Importancia e mecanismos de realización de mapas topográficos.

Augas salvaxes. Factores que condicionan a súa actividade.

Torrentes. Tramos e actividade.

Os ríos. Erosión, transporte e sedimentación.

Forma do val fluvial.

Factores que inflúen na infiltración.

Os acuíferos.

Circulación das augas subterráneas.

Explotación de acuíferos.

Procedementos

Recoñecer nun mapa topográfico distintas formacións xeolóxicas.

Identificación da capacidade erosiva das augas salvaxes nunha zona en función das súas características.

Coñecemento das distintas partes que presenta un torrente.

Identificación dos tramos do leito dun río en función das súas características.

Determinación da infiltración en función dos factores que inflúen nela nunha determinada zona.

Recoñecer as marcas características na paisaxe dos distintos tipos de augas superficiais.

Actitudes

Valoración da importancia dos mapas topográficos como ferramenta imprescindible no coñecemento da paisaxe.

Valoración da importancia da auga como factor do modelado do relevo na nosa zona climática.

Toma de conciencia da importancia das augas subterráneas como recursos de maior magnitude e calidade que as augas superficiais.

Page 36: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Estimación do papel das augas superficiais como recurso enerxético.

UNIDADE 11: Os glaciares, o vento e o mar

INTRODUCIÓN

Despois de ver a acción das augas superficiais e subterráneas, estúdanse nesta unidade outros axentes “escultores”. Son axentes externos que colaboran coas augas salvaxes, os ríos e as augas subterráneas no modelado terrestre.

A unidade empeza co estudo dos glaciares, as súas características, os procesos xeolóxicos que realizan e as formas de relevo que son o resultado da súa acción. A continuación pásase a estudar o vento como axente xeolóxico: os procesos erosivos que provoca, o transporte e a sedimentación resultado da acción eólica.

Seguidamente estudaremos o mar, un axente xeolóxico fundamental nas zonas costeiras; veremos as formas de relevo que orixina e como o fai e tamén adicaremos un epígrafe para as intervencións humanas na costa.

Por último estúdanse as pegadas que deixan os axentes xeolóxicos no relevo e que son as marcas que nos serven para identificalos.

OBXECTIVOS

Comprender os mecanismos de acción dos axentes do modelado externo do planeta.

Relacionar os distintos tipos de axentes xeolóxicos cos seus relevos característicos e comprender cal é a causa de ditos axentes.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Comprender como é a acción xeolóxica dos glaciares.

Coñecer a acción realizada polo vento nas paisaxes.

Describir os procesos típicos da acción do mar.

Recoñecer algunhas das marcas características que cada axente deixa na paisaxe.

Recoñecer a importancia do Sol e a gravidade na acción dos axentes xeolóxicos.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- Comprender que as paisaxes actuais son resultado de procesos que se deron en longos períodos de tempo, serve para valorar os mesmos e ter unha actitude responsable fronte a posibles transformacións irreversibles. (C3, C8)

Page 37: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

- Construír o coñecemento tratando de explicar os feitos, mediante respostas contrastadas coa observación, experimentación ou simulación, supón dispoñer de habilidades para aprender. (C7)

CONTIDOS

Conceptos

Formación do xeo glaciar. Os glaciares alpinos.

Erosión, transporte e sedimentación glaciares.

O relevo glaciar.

Erosión transporte e depósitos eólicos.

As dunas e os seus movementos.

Factores que inflúen na acción do vento.

Movementos da auga do mar.

Erosión transporte e sedimentación mariñas.

Formas litorais. Intervencións nas costas.

As pegadas dos axentes xeolóxicos.

Procedementos

Identificación das principais formas do relevo glaciar.

Determinación da selección que realiza o transporte eólico.

Identificación das principais formas do relevo eólico e a influencia dos factores climáticos.

Determinación dos factores que condicionan as formas litorais.

Recoñecemento de modificacións costeiras inducidas por acción humana.

Identificación dos axentes que interviñeron no relevo nunha zona determinada.

Actitudes

Recoñecemento da importancia dos glaciares, o vento e o mar como axentes xeolóxicos fundamentais en determinadas zonas xeográficas.

Estimación dos riscos que implica a acción humana sobre as costas.

Valoración da importancia da construción de teorías para o avance científico.

Estimación do papel das mareas como recurso enerxético.

Valoración dos combustibles fósiles como recursos enerxéticos e dos impactos producidos pola súa utilización.

Page 38: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

UNIDADE 12: As rochas sedimentarias e a súa orixe

INTRODUCIÓN

O obxectivo fundamental desta unidade é estudar as rochas sedimentarias se ben con anterioridade se fai unha clasificación xeral de todas as rochas segundo a súa orixe e se relaciona este coas características da súa textura e a súa disposición no campo.

O estudo das rochas sedimentarias comeza pola súa orixe detallando os procesos que as forman: meteorización, transporte, sedimentación e diaxénese. As rochas sedimentarias están frecuentemente acompañadas de fósiles, por iso se estuda o concepto de fósil, o proceso de fosilización e a información que achegan os fósiles respecto á vida no pasado, o ambiente sedimentario en que se formou a rocha que os contén e cando se formou dita rocha. Na determinación desa información xoga un importante papel o principio xeolóxico do actualismo, segundo o cal analizar os procesos actuais é a clave para interpretar o que sucedeu no pasado.

Conclúe a unidade co estudo dos distintos tipos de rochas sedimentarias detríticas e non detríticas, facendo fincapé na orixe do carbón e do petróleo.

OBXECTIVOS

Comprender os procesos que orixinan as rochas sedimentarias e coñecer a información que achegan.

Identificar as principais rochas sedimentarias e coñecer a súa orixe.

Recoñecer as rochas como un recurso de gran importancia para o home.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Coñecer os procesos que interveñen na formación das rochas sedimentarias.

2. Diferenciar os distintos tipos de rochas sedimentarias.

3. Identificar as principais rochas sedimentarias e coñecer a súa orixe.

4. Coñecer a orixe dos carbóns naturais e do petróleo.

5. Comprender a importancia das rochas na actualidade.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Saber as diferentes utilidades das rochas para o ser humano, supón un coñecemento co que interpretar o propio contexto e ámbitos máis amplos. (C3)

Elaborar traballos científicos para utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación escrita, serve para a interpretación e comprensión da realidade. (C1) Coñecer que as necesidades do ser humano repercuten sobre o medio como impactos ambientais ás veces irreversibles, fai posible valorar unha realidade da nosa sociedade. (C5)

Page 39: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

CONTIDOS

Conceptos

Orixe das rochas sedimentarias: meteorización, transporte, sedimentación e diaxénese.

Os fósiles. O proceso de fosilización. Información que achegan os fósiles. Principio do actualismo.

A estratificación. Principios de horizontalidade e superposición.

Clasificación das rochas sedimentarias.

Rochas detríticas. Tipos e características.

Rochas non detríticas. Tipos e características. Orixe do carbón e do petróleo.

Procedementos

Recoñecer tipos de rochas pola súa textura e xacementos e relacionar estes datos coa súa orixe e identificar as principais rochas sedimentarias.

Identificar os efectos dos procesos sedimentarios sobre os materiais aos que lles afectan.

Recoñecer diferentes tipos de fósiles.

Aplicar o principio do actualismo para determinar o pasado de rochas e fósiles.

Utilizar os principios de horizontalidade e de superposición para determinar a antigüidade dos estratos.

Fabricar rochas detríticas.

Actitudes

Recoñecemento do valor das clasificacións para o estudo da natureza.

Estimación da relación entre a orixe e a diversidade das rochas.

Recoñecemento do valor das rochas e fósiles como arquivos do pasado da Terra.

Constatación da importancia dos principios e teorías para o avance científico.

Valoración do principio do actualismo como ferramenta fundamental para a reconstrución do pasado xeolóxico

Page 40: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

UNIDADE 13: Os minerais e as rochas

INTRODUCCIÓN

A maior parte do planeta Terra está constituída por rochas, e á súa vez as rochas están compostas por minerais. Nesta unidade abórdase o estudo dos minerais e a súa utilidade.

Comeza coa caracterización do concepto de mineral e diferenciando a materia amorfa da cristalina, e á súa vez esta dos cristais, dos que se describen os procesos de formación. Para identificar os minerais é necesario coñecer as súas propiedades características: a forma, a cor, o brillo, a densidade, a dureza, a tenacidade, a exfoliación e a fractura. Tamén se aborda a súa utilidade como minerais industriais, minerais metalíferos e pedras preciosas.

Os procesos que orixinan os minerais son os mesmos que están implicados na orixe das rochas. Trátase da diaxénese, o magmatismo e o metamorfismo, responsables da formación das rochas sedimentarias, ígneas e metamórficas, respectivamente.

OBXECTIVOS

Recoñecer os minerais polas características esenciais da súa definición e coñecer as súas principais propiedades.

Coñecer a clasificación dos minerais pola súa utilidade.

Diferenciar os procesos responsables da orixe dos minerais e as rochas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Comprender o concepto de mineral, diferenciar a estrutura cristalina da cristalizada e coñecer os procesos de cristalización.

2. Coñecer as propiedades características dos minerais.

3. Coñecer a clasificación dos minerais pola súa utilidade e identificar polas súas propiedades os máis significativos de cada grupo.

4. Entender o concepto de magmatismo como o proceso que dá orixe ás rochas magmáticas, coñecer a súa clasificación e identificar as principais rochas ígneas.

5. Entender o concepto de metamorfismo como o proceso que orixina as rochas metamórficas.

COMPETENCIAS BÁSICAS

- A lectura de textos científicos permítelle ao alumno enriquecer o seu vocabulario e esíxelle distinguir a información relevante da accesoria. (C1)

- Entender as utilidades máis importantes que o ser humano lles dá aos minerais como o resultado da aplicación dos coñecementos científicos e

Page 41: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

tecnolóxicos, co fin de modificar o medio, en resposta ás necesidades humanas.

- Traballar coa densidade dos minerais esixe a utilización de métodos básicos de cálculo numérico e un entendemento de formas elementais das matemáticas, como as fórmulas. (C2)

CONTIDOS

Conceptos

● Concepto de mineral. Materia cristalina e amorfa.

● Cristais e procesos de cristalización.

● Propiedades características dos minerais: forma, densidade, cor, brillo, dureza, tenacidade, exfoliación e fractura.

● Clasificación dos minerais pola súa utilidade. Principais minerais de cada grupo.

● Utilidade dos minerais: minerais industriais, minerais metalíferos e pedras preciosas.

● Magmatismo. Principais rochas volcánicas e plutónicas.

● Metamorfismo. Principais rochas metamórficas.

● O ciclo das rochas.

Procedementos

● Obtención de cristais.

● Observación de diferentes propiedades dos minerais.

● Identificación de minerais polas súas propiedades características.

● Determinación e asignación de minerais a grupos de clasificación.

● Identificación da utilidade dalgúns minerais.

● Elaboración de claves de identificación.

● Elaboración de mapas conceptuais e análise de textos.

● Identificar as principais rochas volcánicas e plutónicas.

Actitudes

● Recoñecemento da importancia dos minerais como valiosas materias primas dende os primeiros momentos da humanidade.

● Interese por realizar coa máxima exactitude os procedementos experimentais.

● Curiosidade por coñecer diferentes minerais e a súa utilidade.

Page 42: 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

● Valoración dos minerais como recursos non renovables, e fomento da “regra dos tres erres”: reducir (o consumo), reutilizar e reciclar.