BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa...

14
BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 Biografía Día das letras galegas 2014

Transcript of BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa...

Page 1: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1

Bio

graf

ía

Día

das

letr

as g

aleg

as 2

014

Page 2: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 2

GRUPO DE TRABALLO «LINGUA E POESÍA.XOSÉ DÍAZ CASTRO NO DÍA DAS LETRAS»Barca Gómez, MartaPedrosa Moreno, JulioMagalhaes Alonso, LauraPena Sánchez, IvánDomínguez Pérez, LuísaAndrés Losada, Rosa MaríaSuárez Hermida, Mario RamónGuitián Valeiro, FranciscoHerrero Mayor, Armando XoséSantiso Andrade, Paz

GRUPO DE TRABALLO «X. DÍAZ CASTRO NAREDE. ACTIVIDADES TICS INFANTIL E PRIMA-RIA»Barca Gómez, MaríaVidal Dopazo, María JoséPicado Rodríguez, José AntonioGuimarey Cedeira, Eva RaquelHortas González, IsabelFélix Cedeira, María del CarmenRodríguez Rodríguez, CarlosFernández de Sanmamed Maneiro, Mª JoséOjea Montes, María PilarVidal Bariego, Laura

COLEXIOS PARTICIPANTESCEIP Galán, de Oseiro-ArteixoCEIP Milladoiro, de MalpicaCEIP Montel Touzet, da CoruñaCEIP O Cruce, de CercedaCEIP Pardo Bazán, da CoruñaCEIP Ponte dos Brozos, ArteixoCEIP Portofaro, de CambreCEIP Torrente Ballester, de SigrásCEIP W. F. Flórez, de CambreCPI O Cruce, de CercedaCRA de Culleredo

ASESORÍA PEDAGÓXICACelina Santamaría Recio

MAQUETACIÓN E DESEÑO GRÁFICOManuel Paz Anido (www.edugaliza.org)

AGRADECEMENTOSÁ Real Academia Galega, á Asociación Cul-tural Xermolos de Guitiriz, a Nélida, a Car-los Gallego Domínguez, a María Bao Fente,a Alejandra Campo Penín, a Maryem SaliDuque pola súa colaboración, paciencia exenerosidade.

EDITASeminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán deOseiro-Arteixo (A Coruña)www.seminariogalan.org

Page 3: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 3

Xosé María Díaz Castro naceu na aldea dos Vi-lares, do concello lugués de Guitiriz, un 19 defebreiro de 1914, no seo dunha fa-milia labrega. O núcleo familiarestaba composto polos pais, oscatro irmáns: Antonio, María, XoséMaría e Serafín, xunto cunha tíasolteira, María Manuela.Os primeiros anos da vida de XoséMaría transcorreron na súa aldea,botando unha man nas faenas agrí-colas e gandeiras da familia, poloque o contacto coa natureza eraconstante. Contacto que marcaráa temática de parte da súa poesía.Non era a casa de Xosé María unhacasa labrega convencional, senónque nela ten acceso á prensa dia-ria e mesmo conta cunha modesta biblioteca.O pai de Xosé María tiña un certo nivel cultural echega a compaxinar os labores agrícolas co tra-ballo como escribinte no concello, durante vintee un anos, chegando a presidir o Sindicato Agra-rio Católico na súa aldea dos Vilares.Os estudos primarios realízaos XoséMaría na escola da aldea veciña de Bu-riz, á que se despraza diariamente polocarreiro paralelo ao río Porto.Eses desprazamentos desaparecen aoconstruírse a Escola da Conchada, nosVilares, escola sufragada polos emigran-tes locais en Cuba e na que recibirá cla-se a rapazada do lugar. Naquel tempoconviven tres aulas abertas: dúas na Con-chada, a de nenos e nenas, e outra mixtanunha das casas dos arredores.En 1926, con doce anos de idade, acadao primeiro premio dun concurso de narración na

OS PRIMEIROS ANOS

Casa natal de Xosé María nos Vilares, Guitiriz

Placa na casa onde naceu o poeta

Page 4: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 4

localidade de Betanzos ao escribir unha loa á tra-vesía realizada por Ramón Franco, Ruíz de Alda,Durán e Rada a bordo do hidroavión Plus Ultra,co que conseguiron atravesar o Atlántico dendeEspaña a Arxentina. Non é o seu único recoñe-cemento, xa que intervén, como declamador, nainauguración dalgunha obra pública no concellode Guitiriz.

Xosé María, cos seus irmáns, os seus mestres e a súa tía

Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Os catro irmáns, Antonio, María, Serafín

e Xosé María

Page 5: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 5

no seminario

No ano 1929, xa con quince anos, ingresou XoséMaría no Seminario lugués de Mondoñedo paraseguir os estudos eclesiásticos.O Seminario de Mondoñedo, coñecidocomo Real Seminario de Santa Catari-na, sempre salientou pola defensa danosa cultura e idioma. Polas súas aulaspasaron numerosos intelectuais e escri-tores en lingua galega como Leiras Pul-peiro, Noriega Varela,Trapero Pardo... eAquilino Iglesia Alvariño co que coincideXosé María nos seus primeiros anos deestancia no Seminario.Aquilino Iglesia viña de publicar o seu li-bro de poemas «Señardá» que espertouen Xosé María a curiosidade pola poe-sía en galego, xunto con lecturas en lingua por-tuguesa.A estancia de Xosé María no Seminario prolón-gase durante sete anos, nos que comeza a es-cribir e publicar poesía, concretamente no xornal«El Progreso Villalbés».Os seus primeiros poemas, engalego, levan por título «Pasio-naria» e «Pensamiento», escrí-beos á idade de dezaseis anose ambientados na natureza. Aestes dous poemas seguiran-lle outros xa con temáticas di-ferentes: relixiosa, paisaxísti-ca... e alternando o galego e ocastelán.É durante esta época na queprepara dous cadernos de poe-mas: «Follas verdes» e «Follasó aire», ambos os dous desaparecidos, usandoo galego para poemas inspirados na natureza eo castelán para os de temática relixiosa.

O Seminario de Mondoñedo

No Seminario, cun grupo de compañeiros

Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Page 6: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 6

a guerra civil

Ao saír do Seminario Xosé María ten que incor-porarse a filas no exército, sendo destinado aoCorpo de Sanidade Militar na cidade da Coruña.Ao comezo da Guerra Civil, unha vez ocupadaGalicia polas tropas franquistas, pide ser desti-nado á fronte de Asturias, como membro da Sa-nidade Militar.A experiencia resultoulle traumática e, despoisdunha semana no campo de batalla, os seus xe-fes convénceno de que volte a Galicia e destína-no ao Hospital Militar de Pontevedra, posto noque seguirá os seguintes dous anos e medio.Durante este tempo mantén correspondenciapostal cunha «madriña de guerra» vasca que seconvertirá, anos despois de rematada a GuerraCivil, na súa muller.O final da guerra supón tamén a volta, por pre-sións paternas, ao Seminario de Mondoñedo, aín-da que esta nova etapa só durará uns poucosmeses.O seu amigo Aquilino Iglesia ofré-celle un posto de traballo, comomestre de latín e inglés, no colexioLeón XIII, de Vilagarcía, traballoque Xosé María acepta.A súa estadía en Vilagarcía comoensinante prolóngase durante seteanos, tempo que adica a convali-dar os seus estudos do Seminario,ampliar os seus coñecementos deidiomas e escribir novos poemas.En 1946 participa nos Xogos Flo-rais de Betanzos acadando o pri-meiro premio nos dous idiomas do certame, ga-lego e castelán. O seu poema en galego levabapor título «Nascida dun soño», unha serie de so-netos adicados á muller betanceira.

Aquilino Iglesia Alvariño

Xosé María cos profesores do colexio León

XIII, de Vilagarcía Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Page 7: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 7

Unha vez que abandona a docencia en Vilagar-cía volta aos Vilares, aproveitando o tempo parapreparar unhas oposicións, que aproba e é des-tinado como tradutor ao Ministerio da Goberna-ción en Madrid.Neste destino traballa ás ordes dun xefe militartraducindo documentación relacionada coa se-guridade militar e policial.Compaxina o seu traballo no Ministerio coa do-cencia como profesor de linguas clásicas e mo-dernas (francés, inglés e alemán) durante tresanos.Xa en 1952 é destinado ao Instituto de CulturaHispánica e posteriormente ao Consello Supe-rior de Investigacións Científicas (CSIC), estemomento coincide cun período no que Xosé Ma-ría abandona a creación literaria e se centra máisna súa vida familiar.Nesta época é o responsable, no Instituto deCultura Hispánica, da tradución de varios idio-mas: francés, inglés, alemán, por-tugués, italiano, holandés e linguasescandinavas.En 1954 contrae matrimonio coaque fora a súa «madriña de gue-rra», María Teresa ZubizarretaBengoechea e coa que terá tres fi-llos: José Mari, Maite e Íñigo, quenacerán, por decisión da nai, en Vi-llareal de Urretxu, en Guipúscoa.Nesta etapa segue a traballar, du-rante o día, no Instituto de Frío, de-pendente do CSIC e, pola noite, nacasa facendo traducións para editoriais.A finais dos anos sesenta acada os diplomas detradutor de inglés e alemán da Escola de Idio-mas Modernos da Facultade de Filosofía e Le-tras da Universidade madrileña.

madrid

Xosé María Díaz Castro

Na voda con Teresa Zubizarreta Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Page 8: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 8

Dende Madrid colabora con diarios como «LaNoche» ou «La Hoja del Lunes» da Coruña, asícomo en revistas de literatura como «Alba», com-paxinando os idiomas galego e castelán.Francisco Fernández del Riego inclúeo na súa«Escolma de Poesía Galega» e cítao como undos poetas fundamentais do país.Na «Festa da Poesía» celebrada na primaverade 1959 polo Centro Galego de Madrid e organi-zada por Xosé Ramón Fernández-Oxea, máiscoñecido por Ben-Cho-Shey, dará Díaz Castro undos dous recitais poéticos da súa vida. Neste re-cital estivo acompañado, entre outros, por Fer-nández Ferreiro e Bautista Álvarez.

Xosé María Díaz Castro

Page 9: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 9

Díaz Castro publica en 1961, a recompilacióndalgúns dos seus poemas compostos ao longoda súa vida. Esta vai ser a súa única obra publi-cada e vai levar por título «Nimbos».Esta edición é realizada pola Editorial Galaxia,de Vigo, e sae á rúa un nove de xullo, sendo reci-bida con críticas e comentarios moi favorables.O título de «Nimbos» foi posto polo mesmo XoséMaría para explicar o sentido da súa poesía: «Onimbo é a aureola dos santos, a que arrodea asúa cabeza, unha aureola de gloria. É como unhaaureola que lle poñemos ás cousas para facelasresaltar máis».Ramón Otero Pedrayo, nun texto inédito sobre«Nimbos» reproducido polo profesor XerardoRodríguez e publicado na revista da AsociaciónCultural Xermolos, clarifica o significado da poe-sía de Díaz Castro:«Unha voz de home agradecido ao don da liber-dade soa nestes poemas como na carballeiraprofunda as voces graves e verdadeiras dos le-ñadores. Pasan longas ringleiras de carros depólas e de toros de experiencia e esténdese unhafragancia de gándara fría, de cociña antiga a cuxolume nos sentamos. Para chegar a estes poe-mas sinxelos, de palabras devoltas ao seu can-dor poderoso de aves ensaiando a súa primeiramañá, o poeta tivo que manexar, con forza deamor e caridade, a macheta e queimar moita leña,verde e crepitante aínda para lograr a cinsa bran-ca e cálida, fariña de lembranzas. Tiveron queser illados na xuventude estes versos da corren-te poderosa, múltiple, invisible.A man salvounos do destino común do río. O es-pírito traballado na contradicción dialéctica bus-counos para asegurarse como busca o estudosoaridecido na análise a bondade das cousas quelle encantaban de neno».

nimbos

Primeira edición de Nimbos,

realizada por Galaxia

Page 10: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 10

Tamén Álvarez Blázquez lle adica comentarioseloxiosos á obra de Díaz Castro, calificando«Nimbos» como un libro luminoso e un regaloda alma. Califica o léxico usado polo poetacomo demasiado fiel ao círculo comarcal peroiso, precisamente, é o que lle garante, aíndamáis, a autenticidade da súa voz, chegando acomparar a súa poesía coa de Nicomedes Pas-tor Díaz e Rosalía de Castro.Ánxel Fole, nun artigo no xornal Faro de Vigo,califica a Díaz Castro como «un poeta de reve-lación tardía. A súa poesía arrecende a terrahúmida, a auga do río, a plantas do monte».En 1982 aparece unha nova edición de «Nim-bos» esta vez da man da Editora Nacional, coaversión en galego e castelán e con prólogo deRicardo Carvalho Calero.

Xosé María Díaz Castro

Manuscrito de Nimbos Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Page 11: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 11

de volta en galicia

En agosto de 1984, dá Xose María o seu se-gundo recital poético con ocasión do «Agos-to Cultural» organizado pola Asociación Cul-tural Xermolos, de Guitiriz.O acto foi presentado polo tamén poeta Ma-nuel María e nun artigo recolleu a impresiónque lle causou Díaz Castro no recital: «Unhaverdadeira lección de autenticidade. O pu-dor do poeta, a inseguridade e mesmo o ner-viosismo, déronlle unha dimensión humanaá leitura dos seus versos, que nos emocio-nou».Ao chegar á idade de xubilación decide vol-tar a Galicia e asentarse, en 1985, definitiva-mente no seu Guitiriz natal.Ao ano seguinte participa nos actos para con-memorar o Día das Letras Galegas, adicadoao que fora o seu amigo de xuventude e semina-rio Aquilino Iglesia Alvariño, contribuíndo a estesactos cunha conferencia e un artigo na revistaDorna e que leva por título «Iglesia Alvariño namiña lembranza».No Círculo das Artes de Lugo, en xaneiro de 1988,preséntase o vídeo «Xosé María Díaz Castro.Nimbos de Poesía», con presenza de numero-sos intelectuais galegos e en febreiro é, de novo,Carvalho Calero quen pronuncia unha conferen-cia na Aula de Cultura de Caixa Galicia en San-tiago sobre a poesía de Díaz Castro.En outubro dese mesmo ano morre, en Urretxu,a súa dona, o que afecta á saúde de Xosé Maríaxa de por si delicada por problemas cardíacos.O 2 de outubro de 1990, despois dunha estanciahospitalaria no Xeral de Lugo, falece Xosé Maríaá idade de 76 anos, sendo soterrado no cemite-rio de San Xoán de Lagostelle, en Guitiriz.

No Festival de Pardiñas, con

Darío X. Cabana Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Xosé María Díaz Castro Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Page 12: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 12

coma un río

Coma un río quixera eu ser: cantarcon estrelas no lombo cara ó mar,deixando unha chorima en cada pedra,e unha bágoa de Deus en cada herba.

Hai unha cousa clara coma o sol:prós nosos ollos non está feita a lusdo mundo, o abrente frío que se abreucando abrimos os ollos sobre o mundo.

E eu coma a néboa sobre os outos montesque lles cobre a ferez e mailas bágoas;e eu coma a estrela que entra polo ocodo lousado do pobre na agonía.

Hai unha cousa clara coma a lus:que non é para nós a música do mundo,a promesa raiante da hora enormeen que se dixo: ¡outro home veu ó mundo!

Na Casa do Labrego de Baamonde cun grupo de amigos

Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Page 13: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 13

PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,e a tea dos teus soños non se move.A espranza nos teus ollos se espreguiza.Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanosche estrolla o sono mol coma unha uva.Pro ti envólveste en sabas de mil anos,e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún díaa xente que levaron, Deus é o mesmo.Suco vai, suco vén ¡Xesús María!,e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,o Tempo vai de Parga a Pastoriza.Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Xosé María Díaz Castro

Page 14: BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 1 - …seminariogalan.org/2014/biografia.pdf · Pedrosa Moreno, Julio Magalhaes Alonso, Laura Pena Sánchez, Iván ... Guimarey Cedeira, Eva Raquel

BIOGRAFÍA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 14

REMUÍÑO

Xa se fincou nas pereirasa primavera. Sentíno vou-e-non vou de marzo.¡Xa non hai piedade pra min!

Pasou rispándome a quinadun cabalo que non vin.Brandeuse o ceo de vidroaló por Ponte-Gafín.

Crebouse a paz coma un fíonos dentes de abril.Perdido no remuíño,¡xa non hai piedade pra min!

Ti, cabelos de ouro e de aire,nena, ¿en que ceo te vin?Chuchoume unha meiga os ollos,ti xa non es metá de ti.

Torceuse a eixo das cousas,toleou folla e raíz,moscáronme os soños, caio...!Xa non hai piedade pra min!

Pro tralo fume revoltode todo o que caí, sentínque Deus andaba a xogar.¡Inda hai piedade pra min!

Arq

uivo

RA

G -

A.

Cul

tura

l Xer

mol

os

Diante do seu busto na aldea dos Vilares