Biografía - Seminariogalan.orgseminariogalan.org/2013/biografia.pdf · Andrés Losada, Rosa María...

20
Biografía

Transcript of Biografía - Seminariogalan.orgseminariogalan.org/2013/biografia.pdf · Andrés Losada, Rosa María...

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 1

Bio

graf

ía

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 2

Edita Seminario Permanente de Formación doProfesorado do CEIP Galán de Oseiro-Arteixo (A Coruña)http://www.seminariogalan.org

Grupo de Traballo«Vidal Bolaño na rede.Actividades con tics para infantil e primaria»Andrés Losada, Rosa MaríaBarca Gómez, MartaGallego Revaldería, XulioGuimarey Cedeira, VanessaHortas González, IsabelMagalhaes Alonso, LauraPedrosa Moreno, JulioPena Sánchez, IvánSuárez Hermida, Mario RamónVidal Bariego, Laura

Grupo de Traballo«Lingua e teatro.Vidal Bolaño no Día das Letras Galegas»Aguilar Amigo, María LuísaBarca Gómez, MaríaFélix Cedeira, María del CarmenGuimarey Cedeira, Eva RaquelHerrero Mayor, Armando XoséPicado Rodríguez, José AntonioRomero Olveira, María FátimaSantiso Andrade, PazSouto Pereira, María JesúsVidal Dopazo, María José

Asesoría pedagóxica CEFORE A CoruñaMiguélez Pose, Isabel MaríaSobrino Josenje, Santiago

Maquetación e deseño gráficoManolo Paz (www.edugaliza.org)

Á Real Academia Galega, á Universidade de Vigo,á Asociación Roberto Vidal Bolaño, a María Fer-nández, a Paco Guitián, a Carlos Gallego, a Ma-ría Bao Fente e a todos aqueles que contribúen,anomima e desinteresadamente, á publicacióndestas actividades. Grazas pola vosa colabora-ción e xenerosidade.

Colexios participantesCEIP «W. Fernández Flórez», de CambreCEIP «Portofaro», de CambreCRA de CulleredoCEIP «Torrente Ballester», de Sigrás-CambreCEIP «Montel Touzet», da CoruñaCEIP «Sal Lence», da CoruñaCEIP «Eusebio da Guarda», da CoruñaCEIP «Manuel Murguía», da CoruñaCEIP «Praia de Quenxe», de CorcubiónCEIP «Milladoiro», de Malpica de BergantiñosCEIP «San Xosé Obreiro» de Meicende-ArteixoCEIP de Portosín-Porto do SonCEIP «Galán», de Oseiro-Arteixo

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 3

Acéptase como data de aparición do teatro galegomoderno a da publicación da obra «A fonte do xura-mento», do santiagués Francisco María de la Igle-sia, aló polo ano 1882. Ese mesmo ano, o 13 deagosto, estréase polo Liceo Brigantino da Coruña.«A fonte do xuramento» é unha peza costumista,composta por dous actos e ambientada nun portodas Mariñas. A trama xira arredor dos amores deMinia e Felipe e os enredos dos mozos da vila porexpulsar a Felipe, o forasteiro.Multiplícanse, en adiante, as compañías de teatroformadas por actores afeccionados, vencelladosa sociedades culturais e recreativas, orfeóns, ...tanto no interior do país como na Galicia da emi-gración, nomeadamente en Arxentina e Cuba, cun-ha forte colonia galega.Na última década do XIX, o coruñés Galo Salinas,despois de voltar da emigración en Uruguai, publi-ca «A torre de Peito Burdelo», obra teatral en ga-lego centrada no tributo das cen doncelas e, un anodespois, en 1892, o cadro dramático «¡Filla...!», enverso e coa temática do honor dunha moza.Na emigración cubana Alfredo Fernández, coñecidopor «Alfredo Nan de Allariz», estrea o bosquexo dezarzuela galega «O zoqueiro de Vilaboa», nun actoe tres cadros e o monólogo «Recordos dun vellogaiteiro».Xa en 1903 créase a «Escuela Regional de Decla-mación», liderada por Eduardo Sánchez Miño queinicia a súa andaina coa estrea de «Filla...!», de GaloSalinas. Estrea á que seguirán diferentes obras deManuel Lugrís Freire ambientadas na Mariña betan-ceira : «A ponte», baseada nas inxustizas e a mise-ria dos aldeáns, «Minia», onde segue traballandocoas mesmas temáticas e o drama «Mareiras».Estas estreas están combinadas co ensino teatral,coa idea de crear un grupo de profesionais que no

O TEATRO GALEGO

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 4

futuro poideran levar adiante a profesionalización donoso teatro.A «Escuela Regional de Declamación» será a pri-meira compañía teatral adicada a poñer en esceaespectáculos en galego e á formación de profe-sionais neste campo.A experiencia dura dous anos e á súa disoluciónapareceu un novo proxecto teatral encabezado,de novo, por Eduardo Sánchez Miño: a EscolaDramática Galega.A súa presentación oficial será no Teatro Jofre deFerrol, en 1908, coas obras «Unha noite no muí-ño», do propio Sánchez Miño e «Escravitú», deLugrís Freire.Froito da actividade da Escola aparecen polo paísnumerosos grupos de actores e actrices que opercorren con espectáculos esencialmente cos-tumbristas, cómicos e superficiais: Cantigas daTerra da Coruña, Toxos e Froles de Ferrol, Círcu-lo Mercantil de Santiago... así como grupos xurdi-dos no mundo estudiantil universitario arredor dosanos 20.Estes grupos contan con autores que escriben osseus textos especificamente para eles.Unha nova iniciativa de creación dun teatro profesio-nal galego é a posta en marcha, da man das Irman-dades da Fala, do Conservatorio Nacional de ArteGalega, en 1919, dirixido por Osorio Docampo, unactor formado en Lisboa.Os obxectivos deste Conservatorio consistían, basi-camente, na formación actoral, na ampliación da du-ración das obras en galego e na dotación do nosoteatro dunha maior calidade estética e innovadora.Pero non eran os obxectivos artísticos os únicos quemovían o ideario do Conservatorio: había que con-ducir á clase media galega cara ao nacionalismo ecara ao idioma galego, ideas baseadas na prácticapolítica das Irmandades da Fala.O mesmo ano da creación do Conservatorio estréa-se, o 22 de abril, no Pavillón Lino, da Coruña, «Aman da santiña», de Ramón Cabanillas e «Umaanécdota» do portugués Marcelino Mesquita. A pri-meira obra fora un encargo das Irmandades da Fala

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 5

coruñesas a Cabanillas e nela tres mozas da bur-guesía galega falaban entre si en galego e sobre untema alleo completamente ao noso teatro: a moda.A segunda obra, a do portugués Mesquita, viña acompletar a duración do espectáculo e os obxecti-vos, nacionalismo e idioma, que os directivos doConservatorio se marcaran.Tampouco durou moito esta experiencia. Un anodespois divídese o Conservatorio, dando lugar áaparición na Coruña da Escola Dramática Galega,que pasará a dirixir Leandro Carré Alvarellos.A ditadura de Primo de Rivera, en 1923, disminúea actividade do teatro profesional galego, que que-da reducida a simples mostras folclóricas. A Esco-la Dramática disólvese.De todos os xeitos os actores e actrices non seresignan e comezan a programar actuacións dedúos cómicos e espectáculos en galego nos caféscantante das cidades, contando coa colaboraciónde intelectuais galegos do talle de Rafael Dieste,Villar Ponte ou Cotarelo Valledor.A proclamación da República, o 14 de abril de 1931,dá un novo pulo ao teatro en galego. Aparecen no-vos grupos: Ultreya, en Ourense, os Cadros de De-clamación da Universidade Compostelá e da CoralPolifónica de Pontevedra... Pero o que parecía unrexurdir definitivo do noso teatro queda triscado pologolpe de estado de 1936.O teatro profesional en galego paralízase pola cen-sura e a represión e só algúns grupos de afecciona-dos consieguen levar á escena obras en galego. Adifusión e publicación de novas obras tamén quedaparalizada.É agora cando a emigración galega en América tomao facho do noso teatro. A Compañía Maruja Villanue-va triunfa en Bos Aires e, en 1941, estrean «Os ve-llos non deben namorarse», de Alfonso RodríguezCastelao.Tacholas e Maruxa Boga crean, tamén en Bos Aires,en 1941, a Compañía de Comedias Galegas «Boga-Tacholas», á que seguen a Compañía de Arte Fol-clórica Galega, a Compañía Lugrís Freire, o TeatroPopular Galego, o Grupo Teatral do Centro Galego

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 6

de Bos Aires, dirixido por Ramón de Valenzuela...En Galicia, a partir dos anos 60, o asociacionismocultural vai dirixindo os seus esforzos ao teatro gale-go.Cantigas e Agarimos, de Santiago, realiza represen-tacións de teatro afeccionado dende 1959 a 1971.Na Coruña a Asociación Cultural Iberoamericana re-presenta obras de Cunqueiro e Castelao.Por esas datas, nos 60, en Santiago, aparece o Tea-tro de Cámara Ditea, formado por actores provenien-tes do teatro universitario e dirixidos por Agustín Ma-gán. Nuns primeiros tempos poñen en escea actossacramentais na Quintana. Compaxinan o teatro re-lixioso con outro máis comprometido politicamente,pero nestes tempos só utilizan o idioma castelán. Éa partir da década dos 70 cando comezarán a utilizarexclusivamente o idioma galego.Na Coruña, a Agrupación Cultural O Facho, achega-rá un novo grupo ao panorama teatral galego queestará baixo a dirección de Manuel Lourenzo. Estamesma Asociación convoca, no ano 1973, o I Con-curso de Teatro Infantil, recaendo o primeiro premio,dotado con 25.000 pesetas, na obra de Carlos Ca-sares, «As laranxas, máis laranxas, de todas as la-ranxas».A este mesmo concurso presentarase, catro anosdespois, Roberto Vidal Bolaño, conseguindo unhamención honorífica pola súa obra «Xáxara, Pei-tuda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e o Cachamón,ou como trocar en rato pequecho ao meiran-de xigantón».

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 7

Roberto Vidal Bolaño naceu o 31 de xullo de 1950,na cidade de Santiago de Compostela, coincidindoco remate das Festas do Apóstolo.O mesmo Roberto comentaba, con moita retranca,que os foguetes do remate da festa foran prendidosna súa honra, para conmemorar que viñera ao mun-do.Os primeiros anos de vida, cos seus pais RobertoVidal Ríos e Carmen Bolaño Sánchez e a súa irmáCarmen, pasan no barrio compostelán de Vista Ale-gre, ao comezo da estrada Santiago-Bergantiños.Un dos seus avós posuía unha casa en Baio, a ca-rón da do escritor Labarta Pose e na que Robertopasará, segundo as súas propias declaracións, al-gúns dos mellores veráns da súa vida.Os primeiros estudos realízaos na Escola da Troia ena Academia Ríos, da rúa do Franco e posteriormen-te, por mor da crise económica familiar, na Escolada Inmaculada, rexentada pola congregación relixio-sa de La Salle, onde realiza os estudos de escriben-te administrativoO seu seguinte destino escolar será o vello institutoda praza de Mazarelos e posteriormente o Xelmírez,onde non conseguirá facer a reválida de sexto.Xa con doce anos comeza a súa vida laboral, con-cretamente nunha empresa de recambios de auto-móbiles, Recambios Balsabas. Durante un ano per-corre as rúas de Compostela en bicicleta, levandopedidos e facturando paquetes por toda a cidade.Despois desa primeira experiencia pasa a traballarnunha axencia de viaxes, Viaxes Cantabria, coas ofi-cinas situadas nos baixos do desaparecido edificioCastromil, na Praza de Galicia, con xornadas labo-rais de dez ou doce horas.Aínda pasará por novas actividades laborais: unhatenda de coloniais, os electrodomésticos Daviña eunha sucursal do Banco de Crédito Comercial.A súa primeira experiencia como protagonista no

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 8

mundo do teatro prodúcese á idade de quince anos.Daquela Roberto era membro das Xuventudes Obrei-ras de Acción Católica e recibiu o encargo de facerunha obra que representara a solidariedade da cla-se obreira e que se estrearía no Día do Aprendiz de1965.A obra levaba por título «O xogadeiro» e tiña unhaduración de dous minutos. A estrea levouse a cabono salón de actos do colexio de Placeres, en Marín,e nun determinado momento, cando dous actorestransportaban unha pesada pedra, o escenario afun-diu, con gran alegría dos espectadores e o o enfadodas monxas que cederan o local.Desta peza, a primeira escrita por Roberto e estrea-da cando só tiña quince anos, non queda na actuali-dade ningunha copia.No ano 1969 comeza os estudos de Graduado So-cial, xa que a Escola Oficial de Cine fora pechadapolas autoridades franquistas e para poder ingresarna Escola de Cinematografía precisaba o Bachare-lato Superior, estudos que Roberto non posuía.Esta estadía obrigada en Santiago permítelle unachegamento ao Equipo LUPA, co que participarána produción de películas asumindo as funcións deaxudante de dirección e, nalgún caso, de actor.Son estes os anos nos que toma contacto co teatroe participa na creación do Grupo Obradoiro, forma-do, esencialmente, por membros do Equipo LUPA.Coa incorporación de Roberto ao servizo militar obri-gatorio na cidade de Melilla o Grupo Obradoiro que-da liquidado, integrándose algúns dos seus mem-bros no grupo Rosalía de Castro, dependente da«Unión de Artesanos» de Santiago.É a primeiros de 1974, cando un grupo formado porquince persoas deciden dar o paso de crear unhacompañía de teatro afeccionado: o Grupo Antroidoliderado por Roberto e Xaquín García Marcos e poloque pasarán numerosos actores e actrices non pro-fesionais.A escolla do nome do novo grupo teatral era unhareivindicación do mundo carnavalesco e que seguíaa liña doutros grupos do momento: Esperpento, Diti-rambo, Lebrijano, Goliardos, Els Comediants...

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 9

O horario de traballo do grupo ía das oito da tarde ásonce da noite, polo que ao longo dos meses se fo-ron producindo baixas, quedando reducido o grupoa nove persoas. Durante os seis primeiros mesestraballan na formación actoral, intentando mellorar asúa pouca ou nula formación teatral, utilizando os lo-cais do colexio da Compañía de María.En febreiro de 1974, membros de Antroido reúnen-se en Compostela con intregrantes doutras forma-cións teatrais galegas para marcar e fixar o uso doidioma nas diferentes mostras e certames que co-mezaban a aparecer por Galicia. Así, acordan quena Mostra de Teatro de Ribadavia, utilizarán o idiomagalego, nas «Jornadas de Vigo», o castelán e noCertame de Teatro de Marín o idioma será o escolli-do por cada grupo participante.A primeira obra elixida por Antroido para a súa pre-sentación será «Amor e crime de Juan el Pantera»,de Eduardo Blanco Amor, estreada un 12 de marzode 1975 nos locais da Aula de Cultura da Caixa deAforros de Santiago e no que Roberto actúa comoprotagonista. Con esta obra Antroido fai a súa pre-sentación oficial na Mostra de Teatro de Ribadavia.Os anos seguintes son dedicados por Roberto ámontaxe de espectáculos e a creación literaria, con-seguindo a publicación pola Editorial Pico Sacro de«Laudamuco, señor de ningures» e «Ledaíñas polamorte do meco».En 1977, Roberto perde o seu posto de traballo noBanco de Crédito Comercial, xa que durante unhabaixa por enfermidade acode a Vigo a actuar conAntroido e é denunciado pola empresae despedido.Este feito, tan grave na vida de VidalBolaño, vai ser o que facilite a creacióndo primeiro grupo teatral profesionalgalego.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 10

Xa lanzados á actividade teatral profesional, a pri-meira obra que o Antroido profesional pon en esceaé «Laudamuco, señor de ningures», estreada o 16de maio de 1978 no colexio La Salle, de Santiago,cunha asistencia masiva dun público que enchía assetecentas cincuenta butacas do local. O caché fixa-do por Antroido por cada actuación era de 25.000pesetas, chegando ás veces ás 50.000. Con estaobra realizaron xiras por toda España e sempre utili-zando o idioma galego. O total de representaciónsfoi de noventa.A «Laudamuco» sucédenlle dúas novas obras «En-troido na rúa I» e «Entroido na rúa II», que levan aogupo a percorrer as rúas de Compostela e O Grove,nun espectáculo cheo de música e danza.A obra «Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Ra-paz e o Cachamón ou como trocar en rato peque-cho ao meirande xigantón», da autoría do propioRoberto Vidal é estreada por Antroido na Mostra deRibadavia o 6 de abril de 1979, pero recolle críticasmoi negativas polo que Roberto se decide a fa-cer unha segunda versión coa que se presentana Coruña e onde recibe críticas moi favorables.A este seguíronlle outros espectáculos de moni-creques: «Ruada das papas e o unto», «Toupo-rroutou da lúa e o sol» e «Romance dos figosde ouro».«Ruada» será estreada nas Pontes o 3 de xullode 1981 e levará unha mención no concurso deTeatro Infantil do Facho. «Touporroutou» seráestreada o ano seguinte como un espectáculoconcebido para monicreques pequenos de cachi-porra, coas voces gravadas e con dous ou catroactores para manipular e pór en marcha toda arepresentación. Antroido consegue facer con estaobra máis de oitenta funcións.En 1983 Antroido adapta diferentes textos de

O GRUPO ANTROIDO

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 11

Xosé Luís Méndez Ferrín baixo o título de «Perci-val».Por esta montaxe recibirá o premio «Medalla deOro Ciudad de Valladolid» e o espectáculo per-correrá numerosas cidades españolas e festi-vais internacionais, chegando a preto das seten-ta representacións.Coa creación do Centro Dramático Galego, en1984, dáse un novo pulo ao noso teatro profe-sional. A Roberto Vidal correspóndelle a honrade ser o primeiro autor galego ao que o CDGrepresenta e ao que lle encarga dirixir a súa pro-pia obra. O 2 de outubro de 1984, no Teatro Gar-cía Barbón de Vigo, estrease «Agasallo deSombras», con quince actores en escea e coque se realizan vinte e sete funcións.A obra era un espectáculo sobre a vida e obrade Rosalía de Castro pensado, nun principio,para o Grupo Antroido.Ao ano seguinte e cando se contaba con Robertopara traballar nunha nova montaxe do CDG, xorde oveto da Xunta de Galicia á súa participación no novoespectáculo. O motivo non é outro que unhas decla-racións nas que se criticaba a política teatral da Con-sellería de Cultura, dirixida daquela por Manuel Váz-quez Portomeñe.Deste veto saírá unha nova obra teatral: «Capricedes dieux-Antollo de deuses» na que ataca ao con-selleiro Portomeñe, pero tamén ao resto dos profe-sionais do teatro galego, aosentir que non o apoian dabon-do no seu enfrontamento coaXunta.A obra é un monólogo no quepasa revista ás personalida-des relacionadas co mundodo teatro, que son facilmenteidentificables polos seus alcu-mes e mesmo polo seus pro-pios nomes.Este novo espectáculo supóntodo un record de funcións enela aparece unha das iconas

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 12

que permitirá identificar a Vidal Bolaño nofuturo: o nariz vermello de pallaso, que pasadirectamente dun boneco á súa cara.Son os últimos pasos do Grupo Antroido.A Consellería de Educación e Cultura de-négalle unha subvención para un novo es-pectáculo, ao tempo que se lle concedeoutra pero a cambio de modificar sustan-cialmente a súa proposta escénica. Rober-to ve nesta actuación un agravio e renunciaá subvención de dous millóns de pesetas.Durante este parón de Antroido, Robertoentra en contacto co mundo audiovisual,facendo videos publicitarios, traballando na dobraxecomo actor e director e participando en películascomo «Sempre Xonxa», «Los pazos de Ulloa» e«Brigada Central».En 1991 reaparece como autor cun novo texto tea-tral «Saxo Tenor», co que acada o Premio ÁlvaroCunqueiro, e como actor e iluminador na obra «Acasa dos afogados», que dirixe Manuel Lourenzo.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 13

A estrea de «Saxo Tenor» vai ser prota-gonizada polo seu novo grupo, Teatro doAquí. Esta montaxe, estreada o 12 dexaneiro de 1993 no Teatro Colón da Co-ruña, supuxo, daquela, o esforzo inver-sor máis grande da Consellería de Cul-tura, corenta millóns de pesetas. Por estaobra recibe Vidal Bolaño o Premio Com-postela á mellor escenografía e ao me-llor texto, galardón que repite un ano des-pois con «Días», que recibirá o premioao mellor texto orixinal. Esta obra foraestreada en Muros, na súa Casa da Cul-tura, en agosto de 1993 e contaba conRoberto como actor. Conseguiron che-gar ás corenta e dúas representacións.Nos anos seguintes Teatro do Aquí ponen escea «O desengano do prioiro», deOtero Pedrayo; «Oé, oé, oé! Comediagrosa para un país de sainete» de Maxi Rodríguez;«A ópera do patacón» e «Anxeliños», de RobertoVidal, co que obterá tres galardóns dos PremiosMaría Casares: mellor texto, mellor actor secunda-rio e mellor espectáculo do ano; «Rastros», estrea-da en Vilagarcía en 1998 e que levará o premio doxurado ao Mellor Espectáculo da Feira de Teatro deHuesca e o Premio María Casares ao mellor texto eá mellor actriz principal; «Doentes», estreada no Tea-tro Colón da Coruña en outubro dese mesmo ano eco que percorren numerosas localidades agrupa-das nos Circuítos Culturais, sendo premiados na ter-ceira edición dos Premios María CasaresA obra de dúas horas de duración conta a historiade dous pacientes que durante un par de días deam-bulan por Compostela ao ser pechado o HospitalReal e non estar rematadas as novas instalaciónshospitalarias. Roberto utiliza oito actores para dar vida

TEATRO DO AQUÍ

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 14

a máis de cincuenta personaxes.«Sen ir máis lonxe», o seu seguinte espectáculo,estreado en abril de 1999 no Teatro Principal, é unmonólogo dun vello pallaso, interpretado polopropio Vidal Bolaño, cunha hora e media de du-ración.Este mesmo ano é o da estrea e publicación,polo CDG e o IGAEM, da súa obra «A burla dogalo», onde se recrea o mito de don Xoán aoque Vidal Bolaño transforma en galo e obriga aviaxar dende Portugal a Galicia para pedirlleaxuda ao Apóstolo Santiago. Este espectáculoé levado por terras portuguesas, rematando axira no Pazo da Cultura de Pontevedra despoisde realizar un total de corenta e dúas funcións.Á parte do seu traballo co Centro DramáticoGalego coa posta en escea das obras «MarRevolto» e «Rosalía», segue traballando coTeatro de Aquí, estreando «Os papalagui», naque participa como actor, director e iluminador;recibindo os Premios Maruxa Villanueva e María Ca-sares, pola súa interpretación.«Os papalagui» é a historia de Tuavii, xefe de tribusamoana de Tiavea que adica o seu tempo, e osseus monólogos, a convencer aos seus súbditos daspoucas virtudes da civilización europea, poñendo ensolfa o seu modo de vida.Nesta época, Roberto xa se atopaba mal, e este foiúltimo espectáculo no que participou como actor,chegando a valerse dunha cadeira de rodas e duncaxato. Pero a súa adicación ao teatro non se inte-rrompe, participando como iluminador e escritor naobra «Mar revolto», baseada no feito real do secues-tro do transatlántico portugués Santa María a mansdun comando do Directorio Revolucionario Ibéricode Liberación, dirixido polo capitán Henrique Galvão,e co obxectivo de denuciar as ditaduras portuguesae española.A obra fora un encargo do Cento Dramático Galegoe outras tres compañías teatrais do norte de Portu-gal para afianzar lazos entre os dous países.A obra estréase no teatro de Campo Alegre de Opor-to, o 9 de xuño de 2001 e depídese no Rosalía de

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 15

Castro da Coruña o 31 de xullo, cun totalde vinte e sete funcións.O seu seguinte espectáculo, «Rosalía»,tamén será producido polo Centro Dra-mático Galego. A obra, da autoría de Ote-ro Pedrayo é adaptada por Vidal Bolañoque a reduce, das cinco horas que benpodía levar o texto orixinal, a unha horae corenta e cinco minutos e o cento depersoaxes da peza inicial conseguedeixalos só en dezaoito.Estréase o 19 de outubro no Salón Tea-tro de Compostela levando Roberto aresponsabilidade da dirección e da ilu-minación. «Rosalía» é a obra dirixida porRoberto para o Centro Dramático quemáis éxito de público tivo, máis de setemil espectadores, chegando ás cincuen-ta representacións.A última obra de Roberto Vidal levada a escea poloTeatro de Aquí será «Animaliños» que se estrea noAuditorio Municipal de Narón o 15 de marzo de 2002,chegando a acadar as corenta e oito representacións.A trama da obra xira arredor dunha plaga de caracoisque invade unha urbanización e sobre os métodosusados polos veciños para a súa eliminación, queprovocan máis danos que os mesmos cara-cois. Ao parecer a orixe desta obra está naexperiencia do propio autor cando foi vivir aunha urbanización de adosados nos arredo-res de SantiagoEsta nova proposta teatral de Roberto acada-rá catro Premios María Casares: texto, ilumi-nación, dirección e espectáculo.A finais de agosto de 2002 asiste á Feira deTeatro de Ciudad Rodrigo onde se vai pasarunha versión en castelán de «Animaliños» edará unha conferencia dentro da programa-ción da Feira, sobre as súas experienciascomo director e autor teatral.Á volta a Galicia ingresa no Hospital ClínicoUniversitario de Compostela ao empeorar docancro de pulmón que lle diagnosticaran dous

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 16

anos antes, falecendo na madrugada do11 de setembro.O seu corpo será velado no escenario doSalón Teatro de Santiago e sobre a súacaixa figurarán os símbolos que definirona Roberto, o chapeu, que comezara a usarcomo homenaxe á falecida actriz CruzComesaña, e o nariz de pallaso.O enterro terá lugar no cemiterio compos-telán de Boisaca, cubríndose o cadaleitocoa bandeira galega e sendo levado aombros polos integrantes da súa compa-ñía. Ao acto, celebrado na tarde do xo-ves, 12 de setembro, asisten numerosaspersonalidades do mundo da cultura, dapolítica e do mundo do teatro.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 17

A MOSTRA DE RIBADAVIA

No ano 1969 aparece na localidade ourensá de Ri-badavia a Agrupación Cultural Abrente que vai dirixirparte das súas actividades á organización dunha Mos-tra de Teatro Galego, que dará a coñecer a novosautores e grupos teatrais galegos.A primeira Mostra de Teatro realízaseno ano 1973, cando a entidade esta-ba presidida por Rubén García.Arredor da Mostra aparecen unha cheade autores galegos, comprometidosco noso teatro e o noso idioma aosque lle vai dar un novo pulo a celebra-ción do Concurso Abrente de TextosTeatrais en Galego, que Roberto Vi-dal Bolaño acadou na edición de1980,coa obra «Bailadela da Morte Dito-sa».A historia da Mostra de Teatro de Ribadavia é a his-toria do teatro galego contemporáneo. Por ela pasa-ron toda clase de grupos teatrais, afeccionados ouprofesionais, reivindicativos ou costumistas, pero codenominador común de facer o seu teatro en idiomagalego e buscar alternativas á dramaturxia galega.Na primeira edición só participaron oito grupos e xana segunda, en 1974, o número foi de doce, me-drando a participación a medida que pasaban osanos.Foi moi importante o labor desenvolvido pola Aso-ciación Cultural Abrente ao dar a coñecer, medianteo seu premio teatral, a novos autores así como apublicación da colección «Ribadavia», na que se di-fundían as obras gañadoras. Na nómina de premia-dos e nominados atopamos aos grandes autores donoso teatro actual: Bernardino Graña, Manuel Louren-zo, Euloxio Ruibal, Manuel María, Ánxeles Penas... eo propio Roberto Vidal, gañador da súa oitava edi-ción.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 18

PEITUDA: Eu vin ser bailadora mesmo dende que nacín. Funlle parella demoitos e de moi bos bailaríns. Iamos de romaría a San Campio, a SantaMinia e a San Fermín. Bailabamos dende a mañá até a noite, ao son dagaita, do pandeiro e do tamboril. Aprendín de pequena e sempre que baileifíxeno así.

O PANIOGAS ESCOMEZA A TOCAR O PANDEIRO, O RAPAZ A GAITA E O TARELO O TAMBORIL. APEITUDA BOTA UNS PASOS DE BAILE E O XIGANTÓN ESCOMEZA A RUXIR. DEIXAN DE BAILAR ETOCAR SÚPETAMENTE.

PEITUDA: E agora Señor, vostede quere que me esqueza de canto apren-dín. Que alén destas terras ninguén baila así? E a min que me importa seeu nacín aquí!.

AGORA É O PANIOGAS O QUE SE DIRIXE A EL.

PANIOGAS: Señor, eu toco o pandeiro por-que do meu pai aprendín. Facíaos el mesmona casa e un día deume un noviño para mín.Collino coas miñas manciñas e apreteino con-tra o peito, dei catro palmadas seguidas e sen-tín que o seu son ficaría para sempre xa endentro de min. E agora vostede quere que meesquenza de canto tocando o pandeiro sen-tín. Que alén distas terras ninguén toca así? Ea min que me importa se eu nacín aquí!

XÁXARA, PEITUDA, ...

XÁXARA, PEITUDA, PANIOGAS, TARELO, O RAPAZ E O CACHAMÓN OU COMO TROCAR EN RATOPEQUECHO AO MEIRANDE XIGANTÓN

TRES TEXTOS DE RVB

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 19

O ENANO: Velo aí tes o tesouro que eu gardo. É de fíos preciosos. Perosó te poderás facer con el se es quen de me falar nunha lingua que eu noncoñeza. E coñézoas todas. Galego, francés, alemán, chinés, hebreo, que-chua... Veña, di algo! Se non o entendo, é teu.O TATEXO: (Con grande esforzo) Po-ppoiis nononon mememe popopode-rei fafafafacer cococon el.O ENANO: Como dis? Repítemo outravez, por se non oín ben.O TATEXO: Quequequeque nonononmememe popopoderei fafafafacer co-cocon el.O ENANO: (Con asombro) Non podeser.O TATEXO: Oooooo qqqqque?O ENANO: Non hai maneira! Non teentendo! Non podes falar máis claro?O TATEXO: Nonononon seseseñor.O ENANO: Pois amoláchesme! Esalingua non a coñezo. Toma, aí o tes, otesouro é teu.(O rapaz, sen o crer alá moito, bóta-lles man aos fíos todos e disponse asaír con eles correndo)O TATEXO: Momomomomoitatatatasgragragragracias.O ENANO: Antes de que te vaias e, só por matar o verme, en que lingua mefalaches?O TATEXO: Eeee en en en cacacal hahabía ser? En galego, naturalmente!Pero son tatexo e ás veces entrampállome un pouco. Anque non sempre,como pode ver.O ENANO: Serei paspán! Como non me decatei?

TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

TOUPORROUTOU DA LÚAE DO SOL

TRES TEXTOS DE RVB

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2013 20

ROUCO-MAXISTRADO: Está claro, Señor. Se executa a todas cantas per-soas aparecen inculpadas nos feitos, e poloque puiden ver son tantas como habitantes teno Reino, sen contar aos Nobres, ricos comer-ciantes, Ministros, Sumos Sacerdotes, Maxis-trados e demais outos dignatarios, xa non fi-cará nel ninguén en quen vostede poida exer-cer a autoridade nin ninguén que poida deixarde respectala. Simplemente non terá pobo,Maxestade.LAUDAMUCO: (Cabreado) O meu maxistra-do nunca diría tan aldraxante insolencia!ROUCO: Disimúleme o Señor. Só dixen o quecoidaba máis axeitado.LAUDAMUCO: Pois trabucácheste... Aíndapodería exercela en ti.ROUCO: Pouco reino son eu, Señor.LAUDAMUCO: Mariscal! E certo o que di oMaxistrado?ROUCO-MARISCAL: Coido que si, Señor.LAUDAMUCO: Quere eso decir que só fica-riamos no Reino eu e os catro pelexos de ver-tedeiro que vivides de moinantes á sombra da miña grandeza.ROUCO-MAXISTRADO: Máis ou menos, Señor.LAUDAMUCO: (Cabreado) E quen faría a recolleita? Quen apañaría aspatacas? Quen vendimaría? Quen traballaría nos talleres? Quen remataríao teito do meu pazo de verán? Quen pagaría as contribucións e os impos-tos? Eh? Quen? Vós? Vós, que nunca dobrastes o espiñazo máis abaixodo que vos esixen as reverencias e o protocolo da corte.

LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES

LAUDAMUCO,SEÑOR DE NINGURES

TRES TEXTOS DE RVB