aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para...

12
aula

Transcript of aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para...

Page 1: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

aula

Page 2: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

Aula Xuventur 2012 está dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria (ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que curse os seus estudos nos centros de ensino galegos e non teña cumpridos os 18 anos.

O programa ten como obxectivo facilitar aos participantes unha experiencia educativa alternativa e complementaria do currículo escolar, potenciando os elementos de aventura, creatividade, deportivos, ambientais, culturais e de convivencia, e favorecendo a participación e a integración, mediante unha programación que combine a aprendizaxe e o tempo de lecer.

CONTIDO

Pola súa temática, en función das idades dos participantes, AULA XUVENTUR estrutúrase en 3 módulos diferenciados:

v Módulo IVIVE O MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 12-16 anos e que estea cursando 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO.

v Módulo II MULTIAVENTURA DE CINE, dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio.

AULAXUVENTUR

Page 3: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

v Módulo III: CAMIÑO A DURBAN, dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio.

INSCRICIÓNS E RESERVAS

A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña, dende a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: www.xuventude.net.

A inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. Non se admitirán solicitudes individuais do alumnado.

Cada módulo ten o seu formulario de inscrición específico, que se deberá ter en conta á hora de solicitar o destino para asegurarse de cubrir o axeitado.

Cada centro de ensino poderá solicitar e participar nos 3 módulos de actividades.

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición comezará o día 23 de febreiro ás 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e

finalizará unha semana antes do inicio de cada quenda. O formulario estará dispoñible na páxina web: www.xuventude.net. Non se admitirán as solicitudes cuxa data e hora sexa anterior á data sinalada como prazo de inscrición.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles por módulo.

No prazo de 7 días dende o envío da solicitude, enviaráselle ao enderezo electrónico que figure no formulario de inscrición, un correo no que se confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza. De non recibir a comunicación de admisión no prazo de 7 días, entenderase que non se obtivo a praza.

Unha vez comunicada a adxudicación de prazas ao centro educativo por correo electrónico, este disporá dun prazo máximo de 5 días para enviar a documentación correspondente, que se sinale na comunicación de adxudicación, á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No caso contrario, poderá ser excluído do programa.

Page 4: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

• Son viaxes en grupo e, en consecuencia, débense respectar os horarios establecidos, tanto para as saídas programadas como para os servizos opcionais. Así mesmo, durante o desenvolvemento da actividade deberá manterse un comportamento acorde coas normas de convivencia e un trato correcto cos demais participantes e co persoal da organización.

• Durante a estadía nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.

• As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo. Poderá tamén cancelarse, no caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.

• A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas xerais.

• A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, no caso de que non exista un número mínimo de participantes.

• Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal

da actividade, a persoa poderá ser expulsada do programa. Neste caso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se fará responsable da viaxe de volta da devandita persoa, nin reembolsará ningunha cantidade económica.

• Será necesario levar a tarxeta sanitaria durante a viaxe.

DEVOLUCIÓN DA COTA DE PARTICIPACIÓN

Só se procederá á devolución da cota de participación cando, por causas non imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou a Administración cancele a actividade.

Page 5: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

MÓDULO I – VIVE O MARAlbergue xuvenil das Sinas

QUENDAS:

Marzo: 8-9 / 15-16 / 22-23

Abril: 12-13 / 19-20 / 26-27

Abril (luns e martes): 23-24 (só 27 prazas)

A hora de chegada ao albergue será ás 11:00 horas da mañá e a hora de saída será ás 20:00 horas.

PARTICIPANTES:

Alumnos/as de entre 12 e 16 anos, que estean cursando 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO.

Máximo 50 prazas por quenda (INCLUÍDO O PROFESORADO). A excepción da quenda 23-24 de abril que será de 27 prazas (INCLUÍDO O PROFESORADO).

ACTIVIDADES:

A finalidade do programa é crear un novo marco de ensinanza lúdico-educativa, baseada na multidisciplinariedade de coñecementos e aprendizaxes sobre o medio mariño e o seu contorno.

O obxectivo xeral é achegarse á realidade mariñeira desde diferentes perspectivas (social, ambiental, lúdica e educativa) e a análise crítico-construtiva da realidade. Entre os obxectivos inclúense tamén: coñecer e valorar os recursos etnográficos e culturais do contorno mariñeiro das Rías Baixas, coñecer diferentes artes de pesca en relación co contorno e as súas xentes, sensibilizar os participantes no eido ambiental e fomentar hábitos de vida saudables e prácticas responsables en relación co medio mariño.

O programa de actividades inclúe:

Primeiro día: Achegándose ao medio: as orixes da pesca no mar polo home.

- Visita ao porto pesqueiro de Corón: os barcos bateeiros e as bateas. Talleres e obradoiros do mar.

MARZO 2012L M M X V S D

1 2 3 4

5 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30 31

ABRIL 2012L M M X V S D

1

2 3 4 5 6 7 8

9 10 11 12 13 14 15

16 17 18 19 20 21 22

23 24 25 26 27 28 29

30

Quendas

Page 6: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

- Bioloxía mariña: o intermareal, fauna e flora da Ría de Arousa. Farase especial fincapé nas especies, as algas o hábitat. O cultivo das diferentes especies polo home, as ferramentas de traballo.

Actividades de noite:“Veladas”:

- Descubrindo a Ría de Arousa: busca do tesouro/trivial.

- O mar en perigo: vídeoforo: o mar e o cambio climático, creando un xogo de rol playing coa temática.

“Contos de mariñeiros”:

Lectura dunha lenda ou historia popular referida ao ámbito do mar no espazo no que a actividade se está a desenvolver.

Segundo día: A Ría de Arousa e a man do home. Como vive unha vila mariñeira?

- Visita á cetaria de mariscos e á fábrica de elaboración de conservas.

- Saída ao porto pesqueiro de Vilanova e á lonxa (probar o mecanismo da poxa de peixe e mariscos da ría, coñecer vida e hábitos dos/das mariñeiros/as e a súa profesión).

Actividades complementarias:- Descubrindo unha vila mariñeira: xogo de probas onde de

maneira lúdica se avaliarán os coñecementos adquiridos durante a xornada.

SERVIZOS INCLUÍDOS

- Aloxamento no albergue xuvenil das Sinas en réxime de pensión completa.

- Programa de actividades, monitoraxe e material necesario para o correcto desenvolvemento da actividade.

- Desprazamentos durante as actividades.

- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

NON SE INCLÚE

O desprazamento de ida dende o centro escolar ata o albergue, e o de volta dende o albergue ao centro escolar.

EQUIPAMENTO DOS PARTICIPANTES

Deberán levar os seus útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga (chuvasqueiro), botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Recoméndase unha mochila e indispensable un saco de durmir.

Page 7: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

MÓDULO II – MULTIAVENTURA DE CINEAlbergue xuvenil LUG2

QUENDAS:

Marzo: 7-8-9 /14-15-16 / 21-22-23 / 28-29-30.

Abril: 11-12-13 / 18-19-20 / 25-26-27.

Maio: 2-3-4 / 9-10-11 / 23-24-25 / 30-31 e 1 de xuño.

A hora de chegada ao albergue será ás 11:00 horas da mañá do mércores e a hora de saída ás 17:00 horas do venres.

Datas en formato calendario e destacando as fins de semana con cor distinta.

PARTICIPANTES:

Alumnos/as de entre 14 e 17 anos, que estean cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio.

Máximo 24 prazas por quenda (INCLUÍDO O PROFESORADO).

ACTIVIDADES:

A finalidade do programa é achegar os participantes ao cine como ferramenta de desenvolvemento de habilidades sociais, creatividade e autocoñecemento; complementado por actividades de deporte activo.

Entre os obxectivos están complementar a alfabetización audiovisual da mocidade, espertar o espírito creador e favorecer, a partir do eido cinematográfico, o enriquecemento das súas propias vías de expresión, fomentar o traballo de grupo co respecto á expresión individual e enriquecer a cultura da mocidade a través do uso e xestión das novas tecnoloxías.

MARZO 2012L M M X V S D

1 2 3 4

5 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30 31

ABRIL 2012L M M X V S D

1

2 3 4 5 6 7 8

9 10 11 12 13 14 15

16 17 18 19 20 21 22

23 24 25 26 27 28 29

30

MAIO 2012L M M X V S D

1 2 3 4 5 6

7 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 27

28 29 30 31

XUÑO 2012L M M X V S D

1 2 3

4 5 6 7 8 9 10

11 12 13 14 15 16 17

18 19 20 21 22 23 24

25 26 27 28 29 30 31

Quendas

Page 8: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

O programa de actividades inclúe:

- Curtametraxe documental: o alumnado fará unha curtametraxe seguindo todos os pasos para a súa execución (guión, localización de exteriores, produción, gravación, realización, edición, montaje e maquetación e deseño gráfico).

- Actividades de tempo de lecer relacionadas co deporte de montaña: escalada en rocha, btt, sendeirismo, carreira de orientación con GPS.

- Veladas: cineforo (visualización de curtametraxe e reflexión sobre esta); Stellarium (sesión de astronomía interactiva).

SERVIZOS INCLUÍDOS

- Aloxamento no albergue xuvenil LUG2 de Lugo en réxime de pensión completa.

- Programa de actividades, monitoraxe e material necesario para o correcto desenvolvemento da actividade.

- Desprazamentos durante o programa.

- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

NON SE INCLÚE

O desprazamento de ida dende o centro escolar ata o albergue, e o de volta dende o albergue ao centro escolar.

EQUIPAMENTO DOS PARTICIPANTES

Deberán levar os seus útiles de aseo persoal, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga (chuvasqueiro), botas de montaña, calzado deportivo, cantimplora, mochila pequena e lanterna.

É obrigatorio levar saco de durmir e toalla.

Page 9: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

MÓDULO III – CAMIÑO A DURBANAlbergue xuvenil de Gandarío

QUENDAS:

Marzo: 12-13-14 / 19-20-21 / 26-27-28.

Abril: 16-17-18 / 23-24-25.

Maio: 7-8-9

A hora de chegada ao albergue será ás 10:30 horas da mañá do luns e a hora de saída ás 12:30 horas do mércores.

Datas en formato calendario e destacando as fins de semana con cor distinta.

PARTICIPANTES:

Alumnos/as de entre 14 e 17 anos, que estean cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio.

Máximo 50 prazas por quenda (INCLUÍDO O PROFESORADO).

ACTIVIDADES:

A finalidade do programa é realizar durante tres xornadas un xogo de rol ( living History) sobre educación ambiental e terá como fío condutor o cambio climático.

Entre os obxectivos están proporcionar un achegamento ao concepto de educación ambiental e desenvolvemento sostible, sensibilizar da problemática do cambio climático, as súas causas, efectos e medidas paliativas.

Actividades:

Living history. Os participantes veranse inmersos nunha aventura educativa onde representarán os

MARZO 2012L M M X V S D

1 2 3 4

5 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30 31

ABRIL 2012L M M X V S D

1

2 3 4 5 6 7 8

9 10 11 12 13 14 15

16 17 18 19 20 21 22

23 24 25 26 27 28 29

30

MAIO 2012L M M X V S D

1 2 3 4 5 6

7 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 27

28 29 30 31 Quendas

Page 10: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

distintos bloques de países que tratará de chegar a un acordo sobre que medidas adoptar para combater o cambio climático, sen deixar de defender os seus intereses particulares, a modo da recente conferencia de Durban. O xogo de simulación compleméntase con espectaculares montaxes, atrezzo e novas tecnoloxías.

- Actividades vivenciais tanto dentro do albergue como con saídas exteriores aos contornos naturais.

SERVIZOS INCLUÍDOS

- Aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío en réxime de pensión completa (a excepción do último día que só será o almorzo).

- Programa de actividades, monitoraxe e material necesario para o correcto desenvolvemento da actividade.

- Desprazamentos durante o programa.

- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

NON SE INCLÚE

O desprazamento de ida dende o centro escolar ata o albergue, e o de volta dende o albergue ao centro escolar.

EQUIPAMENTO DOS PARTICIPANTES

Deberán levar os seus útiles de aseo persoal, roupa cómoda e que se poida ensuciar, roupa de abrigo e chuvia, roupa deportiva, calzado forte e cómodo, gorra, roupa de baño (toalla, chancletas, protección solar), calzado deportivo, saco de durmir (aconsellable), mochila, lanterna, cantimplora (opcional), caderno e boli.

Non se aconsella levar teléfono móbil, aparellos eléctricos nin obxectos de valor.

Page 11: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada
Page 12: aula - xuventude.xunta.esxuventude.xunta.es/uploads/Folleto_Aula_Xuventur.pdf · 9:00 horas para todos os módulos de actividades, e finalizará unha semana antes do inicio de cada

INFORMACIÓNToda a información relativa ao programa Aula Xuventur atópase na web www.xuventude.net

INFORMACIÓN XERAL 881 999 194 981 957 115 881 999 314

Para máis información www.xuventude.net

D.L

. PO

-61-

2011

xuventude.net