Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e...

12

Transcript of Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e...

Page 1: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,
Page 2: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

Editado no ano 2011 pola Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres

Deseño e Impresión: Manu Servicios Gráficos

Para a realización desta publicación consultouse o Arquivo Sonoro do Concello de Moaña

realizado polos obxectores, na prestación social substitutoria.O noso agradecemento a todas as persoas que participaron.

Agradecementos a:

Concello de MoañaComunidade de Montes de MeiraClub de Xubilados Sta. Eulalia de MeiraA.C. Nós Estación de Servicio SanchilánSeguros Mapfre MoañaBar Portobelo

Page 3: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

Recuperando e difundindo as nosas tradicións

3

ecuperar e difundir a cultura tradicional de Galicia en todas as súas expresións, ese é o obxectivo principal da nosa asociación e así figura nos seus estatutos.

Cumprimos neste ano 2011 un longo proxecto e un anceio O RECUPERAR E DAR A COÑECER o que era o carnaval tradicional na parroquia de Meira e que quedou no esquecemento.

Fixeron falla moitas horas de conversas con persoas maiores, escoitar gravacións feitas a finais dos anos 80 polos mozos que fixeron a Prestación Social Sustitutoria no Concello de Moaña e que son unha grande fonte de memoria e de saber sobre todas as parroquias de Moaña.

Carnaval Tradicional

R

Pero o esforzo non foi en van e, grazas a ese traballo, hoxe podemos intentar vivir o que era até as primeiras décadas do século XX a grande festa.. o Carnaval de Meira. Neste carnaval 2011 as MADAMAS E GALÁNS V O L T A N A O P A S O REDONDO.

De informacións que fomos recabando, facemos tamén nesta publicación unha moi p e q u e n a r e f e r e n c i a á celebración do carnaval noutros lugares e parroquias de Moaña, pois hai un carnaval orixinal e auténtico no noso concello que cómpre recuperar, dar a coñecer e e n t r e g a r á s v i n d e i r a s xeracións.

Reunión con algunhas das persoas que nos pasaron información

Encontro con persoas maiores no Paso Redondo

Page 4: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

4

Recuperando e difundindo as nosas tradicións Carnaval Tradicional

O pasado ano, o 9 de xullo, no Concerto Central do Festival Internacional O F O C L O R E D O M A R , puxemos a pr imeira e principal pedra. Presentamos AS MADAMAS E GALÁNS do carnaval de Meira cos seus bailes e vestimenta. Un laborioso traballo levado a cabo nos talleres da nosa asociación por persoas voluntarias que, baixo a dirección e instrucións da Sra. Modesta, que de nena ía coa súa nai polas casas coser e mirou facer moitos traxes de madamas, confeccionaron os traxes tentando reproducilos o máis exacto posible a como eran daquela.

A Madamas e Galáns eran a peza central do carnaval e as persoas entrevistadas chegan mesmo a idealizalas e a esaxerar sobre os seus adobíos.

Íanche moi bonitas amigo, cheas de ouro. A roupa branca toda con tres ou catro saias en escala e sombreiros de flores e cintas de colores e moito ouro; anillos, pulseras, pendientes, clavillos, collares, cadenas..., todo o pescozo cheo de ouro. ... ... ... Os Galáns bailaban e brincaban as madamas non, como levaban tanto ouro pesáballe e non podían moverse moito. (María Costa Rúa, 1913)

?Tanto eles como elas ían todos de branco, despois ían cargados de moito ouro, había relós de ouro, de ouro mesmo, non dos de agora, deses bueno... de ouro. Levábanos por aqui, polo peito, tanto eles coma elas. Enganchábanos cun fío na roupa, con aqueles relos de ouro e despois unhas cadeas así... colares de cadeas de ouro, cargadiñas de ouro. (Aurora Nogueria Currás, 1904)

Madamas eGaláns coaSra. Modestano colexiode Reibón

Madamas e Galáns no Palco da Música de Moaña

O pasado 9 de xullo,no Concerto Centraldo Festival InternacionalO F o l c l o r e d o M a r, puxemos a primeira pedra

Elaborandonos nosos talleres.

Madama.

Page 5: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

5

Os que ian de Madamas e Galáns eran os mellores bailaríns e todos así llo recoñecían.

Pero... tiñan que ser os mellores bailadores eh!, os mellores bailadores que había. Non valía calquera a dar chimpos. … … …. Viñan dous de Berducedo que bailaban moi ben, un chamábanlle José do Chicho e outro Agustín de Menduíña, ¡que ben bailaba aquel home amigo!. (María Costa Rúa, 1913)

Tamén quedaron no maxín da xente nomes de Madamas: María de Taboada, Florentina, Saladina de Paz. E as lémbranas con abraio;

- As que vestían de madamas levaban aquelas xoias no pescozo, levaban os seus pendentes de reló hasta aquí abaixo e coa mesma, ían todas ben peinadas co

Cómpre recoñecer o importante

labor da Asociación Cultural Pazo

Redondo que, cun grupo de

mozos e mozas alá a principios

dos anos 90, e a partir das

informacións da Sra. María de

Taboada, unha das Madamas que

bailara, lograron rescatar da

memoria as Madamas e Galáns de

Meira, saíndo a bailar no carnaval

de 1991. Aquel traballo destapou

a existencia desta tradición e

an imounos a a fonda r na

recuperación e difusión que agora

nós estamos a levar a cabo.

Recuperando e difundindo as nosas tradicións Carnaval Tradicional

pelo. A que tiña bo pelo levábao todo solto. Eu coñezo a unha de aquí de Meira que foi... Florentina e todas esas daquela, cando vivían... ... ... ... ¡Que boa madama era oes, quen ben lle sentaba aquel traxe e o pelo, caíalle pola espalda e aquel sombeiro!, ¡Que ben bailaba! (Elvira Seijas Iglesias, 1904)

Pasquín editado no carnaval de 1991 con motivo da saída das Madamas e Galáns

Meiramar-Axóuxeres bailando madamas e galáns en Croacia

Page 6: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

6

O TORREIRO DO PASO REDONDO

índa que ao longo dos anos a xente lembra que se fixera o carnaval no Barqueiro ou na Fonte da Ama o lugar por excelencia onde se facía o carnaval de Meira era no PASO REDONDO, no barrio do Pombal.

O canastro alí situado foi testemuña muda de moitas tardes de carnaval. Agora parécenos o lugar un pouco achicado, pero antes algunhas das casas máis vellas estaban situadas máis atrás, o que facía do lugar un torreiro onde a xente se xuntaba. Os nosos informadores dicíannos:

Naquel patio de Chantada subíase o gaiteiro cos atriles e dende alí tocaba e facia a festa… A xente subíase aos muros para ver chegar a bandos que viñan vestidos de carnaval, coas caras tapadas, mudando a voz e meténdose coa xente; facendo farra. Uhhhh. Ju, Juu!. A música a tocar e a xente a bailar. Cando chegaban as madamas e galans, toda a broma se paraba para velos bailar. Coas madamas e galáns nadie se metía. (María Costa Rúa, 1913)

A festa comezaba sobre as catro da tarde até que se facía de noite. Despois de comer xa se oía baixar dende Couso, o gaiteiro Perfeuto, o Cacipolo a tocar. Traía con el un bando de mozos e mozas vestidos de carnaval facendo farra aos que se lle viñan sumando outros polo camiño até chegar ao Paso Redondo. Al í xuntábase a xente, bailaban, facían as grazas até que chegaban as madamas e galáns, que bailaban cada certo tempo. Entre tanto a farra seguía.

- Recordo un ano, chegaron unha parella de carnavales ao Paso Redondo, ela facía que estaba embarazada, e n t ó n a o c h e g a r empezaronlle a dar as dores do parto...¡Ai, ai..! entón sacan unha mesa que xa traían preparada e deitanna

nela. Logo outro que viña vestido de médico saca dun maletín unhas tenazas, abrelle as pernas e ela berra que berra ¡ai, ai...! e de repente sacalle un gato; ... ¡un gato vivo! e tírao contra a xente e alí marchou o gato todo asustado por aquelas viñas, a xente toda a escapar do gato e a rir. (José de Chiscorio, 1925)Curruvellos, foto de José Gayo no ano 1961. Cedida pola AC Nós

A

Paso Redondo

José del Río, “José de Chiscorio”

Recuperando e difundindo as nosas tradicións Carnaval Tradicional

Page 7: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

7

O FEDELLOSOo Paso Redondo enchíase de carnavais, grupos que montaban parodias. Pero había uns persoeiros dos que a xente fuxía; OS FEDELLOSOS.

Eran homes, vestíanse de Fedellosos e ¿sabes o que facían?, tapaban a cara cun trapo. cun trapo calquera... a roupa máis fea, a roupa máis vella que había. Facían un buraco aquí na boca para alentar e aquí nos ollos para mirar e despois vestían a roupa máis vella que había… Cando chegaban os Fedel losos a ese Paso Redondo , estomballábanse, facían un corro que asombraba. As mulleres tiñan que apartarse para atrás, eles botábanse aos tombos por entre as mulleres... E o defunto de Santiago! , o defunto de Santiago, nunca mirei un carnaval tan divertido como aquel. Perdoando, ía hasta onde había unha esterqueira, estomballabase nela e ...fedía!, fedía, perdoando,... a merda e el aínda se arrimaba á xente e facía das súas, a xente escapáballe. (María Costa Rúa, 1913)

Na parroquia de Moaña había un persoeiro similar ao Fedelloso e que chamaban O MERDEIRO. Segundo o contado nesta conversa:

Modesta.- o difunto de CobasEntrevistador.- que era tocador el?Modesta.- Non, aquel foi de Merdeiro,

vestiuse de Merdeiro, cun farol entre as pernas e vestiuse de Merdeiro, ... vestiuse de Merdeiro...

Entrevista.- Con roupa vella?Modesta.- Con roupa vella, un farol colgado

entre as pernas e así de Merdeiro eso xa... eu eso...

(Modesta Calvar Rodriguez, 1911)

Carnaval Tradicional Recuperando e difundindo as nosas tradicións

Page 8: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

8

Recuperando e difundindo as nosas tradicións Carnaval Tradicional

O HOME DO SACO

MADAMAS E GALÁNS NO CONCELLO DE MOAÑA

N

P

a entrevista a José Bernárdez Villaverde, nacido o 2 de xuño de 1900, informaba:

- E nos entroidos, ¿como se celebraban os entroidos? ¿vostede tense disfrazado?

- Non me fales do entroido, era a semana tráxica para os rapaces, non podían saír da casa!

- ¿Por que?- Por que viña o curruvello, ¿non tes oido?, ¿sabes o que é o curruvello?, ¿non tes oído aos pais dicir: - ¡Come si non ven o home do saco!. Pois na semana do carnaval os rapaces estaban encerrados na casa, non saían fora ... Por que, mira... facíanse os carnavales nunhas explanadas que había, coma na feira en Abelendo, e alí facían ... , pero... viñan facendo o recorrido a pedir polas casas, uns que lle chamaban as..., que viñan co gaiteiro a bailar e a cantar. Entonces viñan eses curruvellos, pois con paos, cheos de silvas, cheos de ... sacos de silvas amarrados pola espalda para que o facer así, a bailar entre a xente... por que a xente quería ir mirar e íanse encima das Encelotas esas que bailaban. Como brillaban e tal (entendese que son as Madamas), eles metíanse e empezaban a fregarse contra a xente para facer sitio.- ¿E como facían para atar iso?Traían uns sacos pola espalda e amarraban un feixe, coma un feixe de leña, amarraban un feixe por aquí, polas espaldas, de estrugas ou desas e fregábanse contra a xente , a facer curros para que se apartaran, para que elas bailaran.

olas informacións que temos recabado, o Carnaval era a gran festa anual, á marxe das de carácter relixioso. O caso de madamas e galáns na parroquia de Meira non é o único no concello de Moaña, tamén había madamas e galáns en Domaio e na Grela que eran tamén de moita sona.

O u t r o s l u g a r e s d e importancia na celebración do carnaval eran Broullón ( na F o n t e d o F r a n c o ) N a Paradela, (na do Grolo) e en Berducedo (na Veiga do Mal) Madamas e Galáns en Domaio. Ano 1951. (Foto cedida pola AC Nós)

Page 9: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

9

OS CANTARES DO CARNAVALA

Carnaval Tradicional Recuperando e difundindo as nosas tradicións

o igual que agora, durante o carnaval tamén se cantaban c o p l a s , i n s p i r a d a s e n anécdotas ou acontecementos xurdidos na parroquia durante o ano. Eran o momento dos poetas locais. Recollemos aquí uns cantares.

Genoveva Corrales Martínez

Page 10: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,
Page 11: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,
Page 12: Asociación Folclórico, Cultural e Xuvenil Meiramar Axóuxeres · 2016. 10. 3. · 4 Recuperando e difundindo as nosas tradicións C ar nv l T d ic o l O pasado ano, o 9 de xullo,

MOAÑA