Así é Ourense en común

111

description

 

Transcript of Así é Ourense en común

Page 1: Así é Ourense en común
Page 2: Así é Ourense en común

Por que OUeC? Que defende?

A cidadanía de Ourense, como parte da cidadanía galega, ten unha longa historia de loita na defensa dos seus dereitos: cívicos, sociais, de igualdade, culturais, lingüísticos e ambientais.

Lembremos o triunfo popular que impediu a instalación dunha celulosa, a recuperación do topónimo OU, a loita por un campus propio ou a oposición ao espolio do noso Xardín do Posío.

Page 3: Así é Ourense en común

Por que OUeC? Que defende?

En maio de 2011 as ourensás e ourensáns ocuparon a Praza Maior contra as mentiras e abusos dun estado decadente gobernado polos poderes financeiros. O 15M

actuou como catalizador dunha situación de indignación colectiva empoderando á cidadanía politicamente e enriquecendo o concepto de democracia participativa.

Page 4: Así é Ourense en común

Por que OUeC? Que defende?

Foi na rúa onde comezou a confluencia das distintas loitas, anteriores e posteriores ao 15M, que agora se materializa nun novo movemento municipalista que cuestiona tamén esa decadencia nos gobernos dos nosos concellos.

Page 5: Así é Ourense en común

Por que OUeC? Que defende?

...para garantir unha vida digna

para todas as persoas

A estafa á que nos veñen sometendo mantenos nunha situación crítica dende o ano 2007, e atópase no marco histórico dunha

política neoliberal de enriquecemento dunha minoría a conta da cidadanía a que deixa no límite da pobreza. A primeira acción municipal por tanto de Ourense en Común estará encamiñada, e porá o seu máximo esforzo, en arranxar as necesidades máis básicas para que as cidadás de Ourense podan levar unha vida digna, independentemente da súa situación económica.

Page 6: Así é Ourense en común

Por que OUeC? Que defende?

...para garantir unha vida digna

para todas as persoas

• Parque social de vivendas en propiedade ou en aluguer • Políticas de soliedariedade • Servizos básicos de auga e electricidade • Alimentación axeitada • Sanidade pública, universal e gratuíta • Educación pública, universal, laica, científica e en galego • Transmisión do legado cultural e da memoria

Page 7: Así é Ourense en común

Por que OUeC? Que defende?

...para garantir a equidade e a paridade legal

e social, independentemente do xénero

Ourense en Común fai da igualdade de xénero un elemento esencial na súa identidade. Esta igualdade servirá como premisa para

informar e analizar todas e cada unha das actuacións e accións políticas propostas.

Page 8: Así é Ourense en común

Por que OUeC? Que defende?

...para garantir unha economía ao servizo

do ben común

Dende Ourense en Común cremos que pódese crear unha economía do ben común, ao servizo das persoas, baseada na igualdade de

xénero, na creatividade, na sustentabilidade ambiental e na soberanía alimentar, retomando o abastecemento das prazas, o aproveitamento de enerxías renovables, a protección do comercio de proximidade fronte ás grandes superficies comerciais e a progresividade fiscal.

Page 9: Así é Ourense en común

Por que OUeC? Que defende?

...para garantir unha economía ao servizo

do ben común

• Ordenación e estruturación territorial • Simbiose medio rural e urbano • Auditoría pública das contas do concello • Cidadanía como observatorio municipal contra a corrupción • Soldos racionais • Fin endebedamento coa banca

Page 10: Así é Ourense en común

...para garantir o acceso cidadá aos

asuntos públicos

A democracia non pode consistir en votar cada catro anos e agardar a que os que din representarnos decidan en despachos a porta

pechada moitas das cousas fundamentais das nosas vidas. Por isto crearemos ferramentas axeitadas de participación cidadá nos asuntos públicos, garantindo o acceso a toda a información do concello do xeito máis sinxelo posible, cumprindo cos principios básicos de publicidade e transparencia.

Por que OUeC? Que defende?

Page 11: Así é Ourense en común

...para garantir o acceso cidadá aos

asuntos públicos

• Orzamentos participativos • Ferramentas para a democracia real • Apoio tecido social e cultural - empoderamento

Por que OUeC? Que defende?

Page 12: Así é Ourense en común

Ourense en común nace co compromiso ético de estar en permanente contacto coa cidadanía, de tal xeito que esta se sinta activa e protagonista da política municipal. Polo tanto estableceremos un compromiso ético vinculante que garanta o mantemento dos seus principios.

Por que OUeC? Que defende?

Page 13: Así é Ourense en común

• Mandatos limitados temporalmente • Salario acorde responsabilidade • Máxima transparencia sobre o

patrimonio dos cargos electos • Ferramentas de revogación

Por que OUeC? Que defende?

Page 14: Así é Ourense en común

Como nace OUeC?

Nace da análise da situación que vive o concello de Ourense e da forza e interese polo común dun grupo de cidadáns, activistas, xente dos movemetos sociais, organizados políticamente con anterioridade ou non

Page 15: Así é Ourense en común

Como se financia OUeC?

Baseamos a xestión financeira nos principios de transparencia e rendición de contas, de tal forma que esta información se presenta de forma clara e accesible a través da nosa web. Nela publícanse:

TRANSPARENCIA

• Balance de entradas e saídas • Fontes de financiamento e destino dos fondos • Extractos bancarios respectando a LPD • Ingresos-gastos por actividade

Page 16: Así é Ourense en común

Como se financia OUeC?

A liberdade de decisión e actuación veñen da man da autonomía. Por iso o obxectivo de Ourense en Común é a autoxestión e contar coa implicación das persoas para sustentar o proceso que permita a independencia financeira. Non imos aceptar o endebedamento coa banca pero tampouco grandes doazóns de persoas e/ou empresas que poidan condicionar o noso discurso e hipotecar as nosas propostas.

INDEPENDENCIA

Page 17: Así é Ourense en común

Como se financia OUeC?

Os orzamentos elaboraranse baixo o principio da economía e a eficiencia, evitando o despilfarro e optimizando os recursos que se están investindo neste proxecto. Establécese o compromiso de traballar coa banca ética, na medida das posibilidades, en todo caso sempre se atenderá aos principios básicos de OUeC para escoller a entidade financeira coa que traballar.

RESPONSABILIDADE

Page 18: Así é Ourense en común

Iniciativa cidadá para presentarse ás eleccións municipais de maio de 2015 como ferramenta de transformación democrática do Concello de Ourense en base a tres piares fundamentais: transparencia, participación e horizontalidade

Como se define OUeC?

Page 19: Así é Ourense en común

OUeC é un partido político instrumental para procurar un fin, gañar o Concello de Ourense para a cidadanía. OUeC non pretende substituír nin suplantar a ningunha organización política ou social, senón que pretende xerar un espazo de agregación e confluencia de todas elas. Unha suma de xentes, colectivos e agrupacións que conformen unha maioría social que poña por fin ás institucións municipais ao servizo real dos veciños e veciñas

OUeC é un partido político?

Page 20: Así é Ourense en común

A cidadanía é o suxeito político de OUeC, polo tanto debe ser o único protagonista. As organizacións políticas ou sociais que participen da iniciativa deben diluírse con xenerosidade para incorporarse dende abaixo e en igualdade de condicións

OUeC é unha suma de siglas?

Page 21: Así é Ourense en común

Dende OUeC fixemos un chamamento a partir da publicación, o 18 de setembro de 2014, dun manifesto de máximos fundamentado en tres piares: transparencia, participación e horizontalidade. Este chamamento só tomaría forma de candidatura cidadá se era apoiado alomenos por 1500 sinaturas o día 11 de novembro. Obxectivo cumprido incluso antes da data límite.

Cal cidadanía, quen avala OUeC?

Page 22: Así é Ourense en común
Page 23: Así é Ourense en común

Cal cidadanía, quen avala OUeC?

Page 24: Así é Ourense en común

Cal cidadanía, quen avala OUeC?

62%

38%

951 sinaturas

Ourense

583 sinaturas

fóra de Ourense

Page 25: Así é Ourense en común

No tempo que se recollían na rúa e na rede as 1500 sinaturas deseñábase unha estrutura organizativa que soportara o proceso de desbordamento inminente, acollendo en cada paso a máis xente interesada en sumar, e que respectara ao tempo os tres piares fundacionais: transparencia, participación e horizontalidade

E no tempo que conseguimos as

1500 sinaturas que fixemos?

Page 26: Así é Ourense en común

E no tempo que conseguimos as

1500 sinaturas que fixemos?

Page 27: Así é Ourense en común

Cal é a estrutura organizativa?

Grupos de

Traballo

Asemblea

en Común

Asemblea

cidadá

Ourense Ben

Común

Ourense en Común

TRANSPARENCIA HORIZONTALIDADE PARTICIPACIÓN

Page 28: Así é Ourense en común

GT/ Que son e quen os conforma?

Unidades técnicas para acompañar e enriquecer o traballo dos encontros polo común sectoriais e de barrio que construirán o programa e a candidatura. Abertos pero configurados segundo criterios de operatividade (perfís, número de membros, metodoloxías, etc.), pluralidade e independencia das organizacións. De adhesión individual e con cargos rotatorios.

Page 29: Así é Ourense en común

GT/ Que dereitos ou obrigas teñen?

Os grupos de traballo son autónomos a todos os efectos debendo unicamente difundir a orde do día da súas xuntanzas 24 horas antes da mesma e compartir as actas resultantes co resto dos grupos de traballo. As asembleas de cada grupo de traballo son vinculantes e definitivas sempre que as decisións alí tomadas non entren en conflito coas decisións de carácter estratéxico ou de interese xeral que só poden ser aprobadas na Asemblea en Común

Page 30: Así é Ourense en común

GT/ Que grupos de traballo existen?

Page 31: Así é Ourense en común

...para estimular a participación

da cidadanía e os colectivos

sociais e políticos

Quen o conforma? De adhesión individual e libre (grupo exento de militantes en organizacións políticas ou persoas que ocuparan cargos de responsabilidade no pasado) Persoas que ocupen estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.

Page 32: Así é Ourense en común

...para estimular a participación

da cidadanía e os colectivos

sociais e políticos

Que funcións ten? - Recibir ás persoas interesadas en integrarse activamente no proceso: incorporación aos grupos de traballo, acompañamento e presentación pública ao resto de integrantes, etc.

- Relacións con organizacións e outros procesos municipalistas

- Coordinación dos Encontros polo común de barrios - Iniciativa na proposta dunha metodoloxía para a fase de Candidatura

Page 33: Así é Ourense en común

...para que nos entendamos entre

nós e nos entendan dende fóra

Quen o conforma? De adhesión individual e libre (grupo exento de militantes en organizacións políticas ou persoas que ocuparan cargos de responsabilidade no pasado) Persoas que ocupen estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.

Page 34: Así é Ourense en común

Que funcións ten? - Xestión redes sociais - Soporte ferramentas de comunicación e telemáticas de traballo (roldas correo-e, PAD...) - Audiovisual - Deseño e imaxe corporativa - Xestión relación cos medios e estratexia comunicativa - Web - Protocolos de comunicación e transparencia na comunicación interna e externa

...para que nos entendamos entre

nós e nos entendan dende fóra

Page 35: Así é Ourense en común

...para garantir a boa engrenaxe e

o bo funcionamento

Quen o conforma? De adhesión individual e libre. Persoas que ocupen estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle representantes rotatorios tamén do resto de grupos de traballo (nomeados por cada GT)outras persoas suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.

Page 36: Así é Ourense en común

...para garantir a boa engrenaxe e

o bo funcionamento

Que funcións ten? - Preparación e coordinación da Asemblea da Rede (convocatorias, medios, necesidades...)

- Decisións de emerxencia - Implementación de propostas estratéxicas de comunicación e liña política - Avaliación do proceso - Coordinación dos grupos de traballo

Page 37: Así é Ourense en común

...para consultas, correccións e para

dar soporte material ao proxecto

Quen o conforma? De adhesión individual e libre. Persoas que ocupen estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.

Page 38: Así é Ourense en común

...para consultas, correccións e para

dar soporte material ao proxecto

Que funcións ten? - Medios de financiación - Intendencia, produción... - Legal

Page 39: Así é Ourense en común

...para reducir os conflitos e facilitar

o consenso e a participación

Quen o conforma? De adhesión individual e libre. Persoas que ocupen estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.

Page 40: Así é Ourense en común

...para reducir os conflitos e facilitar

o consenso e a participación

Que funcións ten? - Avaliación e innovación na estrutura _ exploración de ferramentas que promovan o entendemento, a conciliación e a participación do maior número de persoas. - Soporte a grupos de traballo puntuais - Resolución de conflitos - Facilitación en asembleas (panel, propostas de síntese, dinámicas...)

Page 41: Así é Ourense en común

...para producir datos, ideas e

ferramentas de cara a construción

real da alternativa

Quen o conforma? De adhesión individual e libre. Persoas que ocupen estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas suplentes de cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.

Page 42: Así é Ourense en común

...para producir datos, ideas e

ferramentas de cara a construción

real da alternativa

Que funcións ten? - Estratexia - Asesoramento - Investigación e xeración de contidos, datos, estatísticas... - Liñas programáticas - Documentos políticos - Coordinación dos Encontros polo común sectoriais: saúde, emprego, urbanismo...

Page 43: Así é Ourense en común

...a voz da cidadanía no

Concello de Ourense

Quen o conforma? Persoas electas e persoal de apoio no Concello de Ourense e en calquera outra institución na que OUeC teña representación.

Page 44: Así é Ourense en común

Obrigas e deberes: - 1 Persoa voceira do grupo municipal - 1 Persoa enlace co GT Coordinación - Non poderán exercer vogalías de OUeC alén das

relacionadas coas súas funcións como representantes institucionais

- Someterse aos principios do Cód Ética Política, á Carta de compromiso e o resto de regulamentos, protocolos e códigos que rexen OUeC

...a voz da cidadanía no

Concello de Ourense

Page 45: Así é Ourense en común

Obrigas e deberes: - Someter as decisións aos órganos delegados de OUeC - Rendición de contas mensuais á AeC ordinaria e

extraordinaria en caso de emerxencia - Someterse ao programa participativo como documento

guía de estratexia e posicionamento político - Asistencia obrigada aos EPC (barrio e sectoriais) - Asumir o calendario e medidas en prol da transparencia

impostas por OUeC

...a voz da cidadanía no

Concello de Ourense

Page 46: Así é Ourense en común

Obrigas e deberes: - Facer públicas as súas axendas e compartir actas - Facer público declaración de bens á entrada, anualmente e

ata tres anos despois do abandono do grupo - Facer públicos criterios de contratación de cargos de

designación directa - Aceptar a censura e revogación do cargo por parte de OUeC - Non acceder ata 5 anos despois de deixar o grupo a un

cargo nun organismo creado polo mesmo

...a voz da cidadanía no

Concello de Ourense

Page 47: Así é Ourense en común

Obrigas e deberes: - Manter contacto constante con colectivos en vulnerabilidade - Facilitar a participación cidadá nas institucións - Renunciar públicamente a calquera agasallo ou privilexio - Non duplicar cargos nas institucións - Non duplicar soldos nin cobrar remuneracións extra por

asistir a reunións, así como combater o malgasto de recursos e fondos públicos no exercicio das súas funcións.

...a voz da cidadanía no

Concello de Ourense

Page 48: Así é Ourense en común

Obrigas e deberes: - Ter uns salarios máximos que non superen dúas veces e

media o salario bruto medio da provincia de Ourense. O excedente desta cantidade doarase ao proceso municipalista de Ourense en Común.

- Informar de todas as dietas recibidas (Cód.Ét.3.5) - Limitar a súa participación no grupo a máximo 8 anos,

ampliable a 12 anos con validación cidadá - Renuncia inmediata de ser imputada por causa allea a OUeC

...a voz da cidadanía no

Concello de Ourense

Page 49: Así é Ourense en común

Obrigas e deberes: - Non abandonar as súas responsabilidades para concorrer a

outra convocatoria electoral –xa sexa europea, estatal ou autonómica– durante a duración do mandato municipal.

- Desenvolver mecanismos para conciliar vida familiar e política

...a voz da cidadanía no

Concello de Ourense

Page 50: Así é Ourense en común

GT/ Cando se reúne?

REUNIÓNS SEMANAIS (MÁX. 15 DÍAS)

SEGUNDO NECESIDADES

Page 51: Así é Ourense en común

JAVIER OCTAVIO

JOSÉ ANTONIO

EMILIO

MARTIÑO

ARCADIO

ALBERTO

ENLACES A 28/05/2015

Page 52: Así é Ourense en común

GT/ Ferramentas propias

De Comunicación:

De Xestión:

Page 53: Así é Ourense en común

Cal é a estrutura organizativa?

Grupos de

Traballo

Asemblea

en Común

Asemblea

cidadá

Ourense Ben

Común

Ourense en Común

TRANSPARENCIA HORIZONTALIDADE PARTICIPACIÓN

Page 54: Así é Ourense en común

AeC/ Que é?

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

É o máximo órgano de representación de OUeC. Unha asemblea con decisións vinculantes e con capacidade de modificación das decisións estratéxicas: - declaración de principios e obxectivos do proceso

- estrutura organizativa

- relacións con organizacións

- principios éticos e de relacións internas

Page 55: Así é Ourense en común

AeC/ Quen a conforma?

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

Á AeC están chamados a participar tanto representantes dos EPC sectoriais e de barrio (dous máximo por EPC) e todos os integrantes dos GT. Soberana e de adhesión individual. Ninguén representa a ninguén, nin un EPC nin un grupo de traballo

Page 56: Así é Ourense en común

AeC/ Cando se reúne?

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

Segundo as súas necesidades, como norma xeral unha vez cada quince días. A convocatoria segundo o protocolo aprobado no seu día correspóndelle ao GT de Coordinación

Ferramentas:

"[email protected]"

Page 57: Así é Ourense en común

AeC/ Protocolo de convocatoria

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

As convocatorias non se publicará abertamente en redes, facendo un chamamento ás persoas interesadas en participar para que contacten co GT de Apertura e se subscriban á rolda de correo-e para recibir as convocatorias, documentos de traballo, etc. Seguindo así o Mecanismo de Entrada e Participación aprobado pola AeC

Page 58: Así é Ourense en común

AeC/ Protocolo de convocatoria

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

1º) Establecemento da semana na que se celebrará sempre na asemblea anterior.

2º) O GT de coordinación abre un Doodle á participación de tod@s para escoller o día máis apropiado. Será enviado á rolda de correo-e xeral ([email protected]) xunto cun PAD aberto cunha proposta de orde do día que poderá ser modificada ata o día de peche do propio Doodle. Nesta orde do día procurarase que os asuntos máis complexos vaian sempre ao final para non xerar sensación de innmobilidade.

Page 59: Así é Ourense en común

AeC/ Protocolo de convocatoria

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

3º) Coa data máis votada e a proposta de orde do día definitiva, que actuará tamén como acta online e na que deberán estar presentes todos os documentos a debater na asemblea, o GT de coordinación procurará un espazo adecuado en función das necesidades da reunión e enviará a convocatoria definitiva á rolda.

4º) Previamente ao inicio de cada asemblea nomearase entre @s participantes: 1 persoa encargada de dinamizar, 1 persoa encargada de levantar acta, 1 persoa encargada das quendas de palabra, 1 persoa que desenvolva o labor de mediación, 1 persoa responsable de panelística e sempre que sexa posible rexistro de audio, vídeo e fotografía.

Page 60: Así é Ourense en común

AeC/ Protocolo de convocatoria

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

5º) O primeiro punto recurrente da orde do día será sempre un informe breve (3 minutos) da actividade dos diferentes grupos de traballo no tempo discorrido dende a última asemblea ata a presente.

6º) Unha vez rematada a asemblea o GT de coordinación redactará un acta pública que será remitida ao GT de comunicación para a súa difusión en redes e web seguindo o criterio de transparencia. Nese acta de acordos omitiranse nomes e referencias persoais. A orixinal (acta online) quedará pendurada no PAD colaborativo e un backup no Dropbox do GT de coordinación.

Page 61: Así é Ourense en común

AeC/ Protocolo toma decisións

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

As decisións deben ser produto do debate, o traballo colaborativo e a escoita activa, tratando de adoptalas sempre cun consenso previo. É por iso, e para gañar en operatividade, que se tomarán por asentimento, tanto nos Grupos de Traballo como na AeC. Se ninguén bloquea un asunto, apróbase. Os acordos consolídanse 24 horas despois de ser publicada a acta

Page 62: Así é Ourense en común

AeC/ Protocolo toma decisións

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

Cando non sexa posíbel adoptar acordos por consentimento, daranse dous supostos: - Para decisións non estratéxicas - Para decisións estratéxicas

Page 63: Así é Ourense en común

AeC/ Protocolo toma decisións

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

Decisións non estratéxicas: por maioría simple, para impedir o bloqueo de procesos en curso e evitar a tiranía das minorías

Page 64: Así é Ourense en común

AeC/ Protocolo toma decisións

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

Decisións estratéxicas: entendidas estas como aquelas que afectan ao marco común do proceso expresado no manifesto e nos acordos constituíntes (declaración de principios e obxectivos do proceso, estrutura organizativa, protocolo de relacións con organizacións e principios éticos e de relacións internas); se non é posible consenso procederase adiarse como punto na orde do día da seguinte AeC en base un protocolo específico

Page 65: Así é Ourense en común

%

AeC/ Protocolo toma decisións

HORIZONTALIDADE

Asemblea

en

Común

Protocolo de decisións estratéxicas

1 Os textos e as propostas de carácter estratéxico terán que ser publicados con 6 días de anterioridade á AeC e difundidos pola lista de correo para permitir o estudo e posible redacción de emendas.

2 As emendas serán enviadas á rolda de correo-e con 48 horas de antelación á asemblea e deberán defenderse físicamente ese mesmo día.

3 Na asemblea darase lectura en voz alta ás decisións estratéxicas. Ao chegar aos puntos onde hai emendas lense e sométense a consenso:

Consenso maioritario

Descarte maioritario

50 / 50

2 Quendas de palabra

- + Proposta transaccional

Reinicio

Page 66: Así é Ourense en común

Cal é a estrutura organizativa?

Grupos de

Traballo

Asemblea

en Común

Asemblea

cidadá

Ourense Ben

Común

Ourense en Común

TRANSPARENCIA HORIZONTALIDADE PARTICIPACIÓN

Page 67: Así é Ourense en común

Asemblea Cidadá

TRANSPARENCIA

Ourense

ben

Común

Encontro público e aberto á cidadanía que validará cada unha das fases do proceso, reflexionará sobre os pasos dados e avaliará o grao de cumprimento de obxectivos. A asemblea servirá ademais para dar a coñecer os novos retos de cara á seguinte fase abríndoa á participación e incorporación de todas as persoas interesadas.

Page 68: Así é Ourense en común

Ourense Ben Común #20N

Page 69: Así é Ourense en común

Que ofrece OUeC?

Aspiramos a que se converta no espazo de confluencia de todas e todos. Pensamos que as organizacións políticas e sociais poden atopar nel o lugar onde dar a coñecer os seus proxectos, onde enriquecelos coas achegas dos veciños e veciñas da cidade e onde utilizar todo o traballo realizado para construír colectivamente un programa de goberno radicalmente democrático e que defenda os intereses da maioría da poboación ourensá.

Page 70: Así é Ourense en común

Que pide OUeC?

Xenerosidade: para poñer a disposición de todas o traballo realizado / para aceptar a mutación e construción colectiva a partir do xa feito / para poder asumir entre todas ese traballo, facelo propio e multiplicar a súa potencia / para aceptar a diversidade baixo os mínimos comúns fixados no manifesto e que todas compartimos / para entender a diferenza como un elemento enriquecedor / para incorporarse dende abaixo a este processo colectivo

Page 71: Así é Ourense en común

Que pide OUeC?

Apoio: pedir a todas as organizacións que se sintan identificadas co proxecto un apoio público e explícito ao mesmo, na medida das súas posibilidades, así como a participación de todas as persoas que forman parte da organización, en igualdade de condicións co resto dos veciños e veciñas de Ourense

Page 72: Así é Ourense en común
Page 73: Así é Ourense en común

Candidatura cidadá

Page 74: Así é Ourense en común

Encontros polo común

Page 75: Así é Ourense en común

Encontros polo común

Page 76: Así é Ourense en común

Como podo participar?

1.1) A entrada en OUeC será libre e sen vetos para toda persoa física, maior de 16 anos, que non teña limitada nin restrinxida a súa capacidade de obrar e que de forma individual e voluntaria manifeste a súa intención de colaborar e participar de forma activa na organización, sexa cal sexa a súa nacionalidade e situación administrativa en relación coa actual lei de estranxeiría, a súa situación laboral ou de calquera outra índole, ou crenzas relixiosas. As persoas participantes asumirán o manifesto de Ourense en Común, así como a aceptación das normas, principios de funcionamento e cantos acordos sexan acadados nas Asembleas en Común.

...mecanismo de entrada e participación

Page 77: Así é Ourense en común

Como podo participar?

Proporcionaranse cantas ferramentas sexan necesarias para a participación daquelas integrantes que non residan en Ourense, co obxectivo de garantir que as súas opinións sexan escoitadas e tomadas en consideración.

Page 78: Así é Ourense en común

Como podo participar?

1.2) Formas de participación: Cada participante adquire un compromiso de actividade axustado á súa vontade, ás súas posibilidades e á súa dispoñibilidade, distinguíndose segundo o grao de implicación no proceso da seguinte forma: - Simpatizantes: Aquelas persoas integradas na rolda de correos e con acceso a toda a información pero sen unha participación directa nin nas Asembleas nin nos Grupos de Traballo. - Integrantes: Quen asista ás Asembleas en Común, as participantes dos Grupos de Traballo e aquelas que acudisen a algún Encontro de Barrio ou Mesa Sectorial no momento no que asistan á súa primeira Asemblea.

...mecanismo de entrada e participación

Page 79: Así é Ourense en común

Como podo participar?

1.3) Proceso de integración: Para que a incorporación ao proceso sexa progresiva, e co obxectivo de favorecer que sexa fluída e de garantir a confianza e fortalecer os lazos propicios entre as persoas que están e as que se incorporan, cando a primeira toma de contacto sexa a asistencia a unha Asemblea en Común participarase con voz e voto, apelando á responsabilidade de cada un de absterse nas votacións relacionadas con decisións estratéxicas que teñan lugar ese día.

...mecanismo de entrada e participación

Page 80: Así é Ourense en común

Como podo participar?

1.4.) Acompañamento á nova persoa integrante: A persoa que se integre no proceso municipalista poderá solicitar, se así o considera, unha persoa de acompañamento que lle explique o traballo xa desenvolto, os acordos xa tomados e os documentos que deba ler para unha axeitada incorporación a un proceso xa en marcha.

...mecanismo de entrada e participación

Esta acompañante sairá do GT Apertura cando a nova participante só participe nas Asembleas, e será decidida polo de Coordinación en común acordo co grupo correspondente cando a integración se produza nalgún GT. Nese mesmo momento o GT Coordinación asegurarase de que a nova incorporación se atopa no GT que concorde coas expectativas e as funcións que pretende desenvolver dentro de OUeC. O proceso de acompañamento durará ata que así o consideren ambas.

Page 81: Así é Ourense en común

Como podo participar?

2.1.) Limitación en grupos de traballo: Aquelas persoas militantes dalgunha organización política ou que desenvolvesen cargos de responsabilidade institucional no pasado non poderán participar no Grupo de Traballo de Apertura. 2.2.) Limitación en actos de comunicación: persoas que desempeñasen estes cargos de responsabilidade institucional ou que teñan unha imaxe pública ligada a organizacións políticas tampouco poderán participar nos actos públicos que convoque o Grupo de Traballo de Comunicación, segundo estableza o protocolo de comunicación elaborado polo mesmo e aprobado na Asemblea en Común.

...limitacións na participación

Page 82: Así é Ourense en común

Como podo participar?

3.1.) Causas de exclusión ou non participación: Non se permitirá a participación dentro do proceso daquelas persoas imputadas nun procedemento por delitos de branqueo de capitais, delitos contra a Facenda Pública, contra a Seguridade Social, contra a Administración Pública, contra a Administración de Xustiza, contra os dereitos dos traballadores e aqueles relacionados coa violencia de xénero, maltrato animal, contra o patrimonio, aqueles que atenten contra os dereitos humanos ou calquera outro delito que a Asemblea considere suficientemente grave.

...compromisos para a participación

Page 83: Así é Ourense en común

Como podo participar?

Unha vez sobresido o procedemento con respecto a persoa imputada ou finalizado o mesmo con sentencia absolutoria, restituirase dentro de OUeC, se así o desexase, coas mesmas funcións e no mesmo punto de implantación no que se atopase de estar xa participando, e permitirase o seu acceso no caso de que aínda non formase parte. En caso de incorrer nalgunha destas situacións, estas serán levadas diante da Comisión de Garantías Éticas, que fará unha proposta de resolución diante da Asemblea en Común. O previsto neste punto estenderase a aqueles casos nos que, sen existir imputación, e dada a gravidade e/ou natureza dos feitos, a Asemblea así o decida.

...compromisos para a participación

Page 84: Así é Ourense en común

Como podo participar?

3.2.) Exención motivada: Excepcionalmente permitirase que un integrante de Ourense en Común poida seguir participando sempre que a Asemblea entenda, dun xeito motivado, que dita imputación tivo lugar polo exercicio da actividade propia dentro de Ourense en Común ou en defensa dos seus principios e obxectivos.

...compromisos para a participación

Page 85: Así é Ourense en común

Como podo participar?

4.) Para calquera incumprimento do establecido no presente protocolo de participación aplicarase o mecanismo descrito no cuarto punto do Código de Ética Política, referido ás Garantías Éticas.

...control da participación

Page 86: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

Esta declaración de ética política parte da confianza e o compromiso que as persoas que integran Ourense en Común manteñen con aquelas que ocuparán un cargo de responsabilidade pública, ademais de significar un mecanismo de apoio, supervisión e control á súa tarefa. As persoas que ocupen cargos públicos baixo o mandato deste Código de Ética Política comprométense a impulsar os instrumentos legais necesarios para que estes principios éticos convirtanse en norma obrigatoria para todas as persoas na administración municipal.

...para cumprir e asegurar unha xestión

política comprometida e próxima á cidadanía

Page 87: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

Os principios recollidos neste Código Ético comprometen todas as persoas que participan en Ourense en Común, así como as que ocupen cargos electos, xerenciais e de designación política, tanto no Concello de Ourense como noutras institucións provinciais – públicas e semipúblicas– onde o Concello ten participación financeira e nos espazos de toma de decisións. Todas estas persoas comprométense a: Defender a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos nos ámbitos social, político e institucional da nosa sociedade.

...para cumprir e asegurar unha xestión

política comprometida e próxima á cidadanía

Page 88: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

1.1.) Defender o establecido no programa político de Ourense en Común e actuar como representantes, obrigados a seguir as decisións tomadas por mecanismos democráticos e abertos a toda a poboación que fixe Ourense en Común. 1.2.) Facer públicas as súas axendas, así como as ordes do día e as actas das reunións.

...democratización, fiscalización

e rendición de contas

Page 89: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

1.3.) Facer públicas cada ano, a comezar polo intre da súa toma de posesión, as súas declaracións de bens, renda e, no seu caso, de patrimonio. Este compromiso estenderase durante tres anos despois do abandono, calquera que fose a causa, das súas responsabilidades. No caso das declaracións de bens precisarase a porcentaxe de titularidade dos bens, así como a identidade ou iniciais das outras persoas cotitulares e o réxime de relación con ditas persoas sempre que exista consentimento expreso.

...democratización, fiscalización

e rendición de contas

Page 90: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

1.4.) Facer públicos os criterios de contratación de cargos de designación política e a necesidade da contratación. 1.5.) Render contas das súas actuacións ante a cidadanía mediante instrumentos presenciais e virtuais, asemblearios, democráticos e abertos a todas as persoas nos ámbitos sectoriais ou xeográficos cun especial interese no formato da división territorial galega, fomentando así a unidade territorial das parroquias.

...democratización, fiscalización

e rendición de contas

Page 91: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

1.6.) Aceptar a censura (e revogación, no seu caso) de concelleiras/os e cargos de designación política por mala xestión ou por incumprimento flagrante e non xustificado do programa. Estableceranse mecanismos de garantía e avaliación da xestión das persoas con cargos públicos de Ourense en Común, no control e seguimento do labor dos cargos públicos para garantir unha correcta e honesta aplicación deste principio.

...democratización, fiscalización

e rendición de contas

Page 92: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

1.7.) Non acceder nos 5 anos seguintes ao cese no seu cargo a ningún outro emprego nin relación laboral doutro tipo cun organismo público ou de coxestión pública que fose creado en virtude das funcións que o cargo exercido lle conferiu. Aplicarase esta mesma limitación para o acceso a cargos de responsabilidade en empresas creadas, reguladas ou beneficiarias dun contrato municipal, dependente da área de influencia que o cargo exercido lle conferiu. En ningún caso se ocuparán cargos nos consellos de administración destas.

...democratización, fiscalización

e rendición de contas

Page 93: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

1.8.) Manter un contacto habitual con colectivos en situación de vulnerabilidade e ter presente á hora de tomar decisións os informes das persoas da administración que traballen con estes colectivos. Estableceranse mecanismos e dispositivos colexiados para xestionar as posibles dificultades e contradicións entre as propostas dos diferentes espazos e/ou colectivos.

...democratización, fiscalización

e rendición de contas

Page 94: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

1.9.) Garantir a participación cidadá na toma de decisións relevantes e no posicionamento político de Ourense en Común sobre temas estratéxicos e proxectos de impacto social, ambiental ou urbanístico da cidade ou barrios, apoiando as iniciativas cidadás propostas a través do marco legal vixente ou no marco de Ourense en Común (a escala de lugar, parroquia, barrio ou vila).

...democratización, fiscalización

e rendición de contas

Page 95: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

2.1.) Ser transparentes na xestión, publicando todos os gastos e ingresos desagregados, de xeito que os ingresos dos cargos electos de Ourense en Común, así como do persoal de confianza e cargos directivos, sexan transparentes e accesibles. Calquera cidadán poderá, ademais, coñecer periodicamente todos os ingresos e gastos do Grupo Municipal de Ourense en Común, estea na oposición ou teña responsabilidades de goberno. Ademais, todos estes datos deben ser publicados anualmente; o balance de gastos e ingresos do Grupo Municipal, con carácter trimestral.

...financiamento, transparencia

e xestión de cargos

Page 96: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

2.2.) Establecer un tope máximo ás doazóns privadas e definir quen as pode levar a cabo. Este tope máximo e as características dos patrocinadores establecerase a través dunha proposta realizada dende o Grupo de Traballo de Loxística, Legal e Finanzas que será debatida na Asemblea. As propostas incorporaranse ao presente texto una vez aprobadas. 2.3.) Renunciar aos créditos bancarios e ás doazóns de particulares que coarten a independencia política da candidatura. A candidatura terá un compromiso explícito de traballar coas institucións da banca ética ou das caixas locais para garantir a súa independencia e a coherencia co seu programa.

...financiamento, transparencia

e xestión de cargos

Page 97: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

2.4.) Limitar o gasto en campañas electorais. Do mesmo xeito que no punto 2.2, o gasto establecerase segundo proposta levada a Asemblea por parte do Grupo de Traballo de Loxística, Legal e Finanzas, seguindo os protocolos establecidos para a súa aprobación. 2.5.) Fomentar o micromecenado finalista destinado a necesidades e actuacións concretas, mostrando con detalle e total transparencia en que se empregou o diñeiro recadado en cada unha desas accións. 2.6.) Non utilizar fundacións nin entidades xurídicas para financiarse con mecanismos e recursos pouco transparentes, ou con obxectivos diferentes aos de Ourense en Común.

...financiamento, transparencia

e xestión de cargos

Page 98: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

2.7.) Fomentar e facilitar as sancións administrativas e penais efectivas no caso de financiamento irregular. 2.8.) Facer un bo uso do financiamento, coherente con este Código Ético e os seus valores, realizando achegas puntuais e finalistas encamiñadas a favorecer o tecido asociativo (sen xerar dependencias ou clientelismos).

...financiamento, transparencia

e xestión de cargos

Page 99: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

3.1.) Renunciar publicamente aos agasallos e privilexios que lles poidan ofrecer pola súa condición. 3.2.) Non duplicar cargos nas institucións, agás os vinculados á súa condición de concelleiro/a. 3.3.) Non duplicar soldos nin cobrar remuneracións extra por asistir a reunións, así como combater o malgasto de recursos e fondos públicos no exercicio das súas funcións. De ser así, estes importes serán doados ao proceso municipalista de Ourense en Común.

...profesionalización política e

supresión privilexios. Medidas anticorrupción

Page 100: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

3.4.) Ter uns salarios máximos que non superen dúas veces e media o salario bruto medio da provincia de Ourense, segundo os datos do Mercado de Traballo e Pensións nas Fontes Tributarias, publicado anualmente pola A.E.A.T., Tendo en conta os últimos datos publicados, correspondentes ao ano 2013, este límite sería de 41.330 euros brutos anuais. Os salarios, respectando o límite anterior, estableceranse segundo o nivel de responsabilidade, dedicación e exposición pública, de acordo coa capacidade orzamentaria e someténdose á prioridade do ben común.

...profesionalización política e

supresión privilexios. Medidas anticorrupción

Page 101: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

O excedente desta cantidade doarase ao proceso municipalista de Ourense en Común, que decidirá a través da Asemblea sobre o destino final do mesmo, e así mesmo velará por que os cargos non sufran prexuízo ou sexan beneficiados fiscalmente por mor desta fórmula salarial, polo que con motivo da presentación anual da declaración de IRPF e a petición da persoa interesada, a Asemblea poderá aprobar, na medida das posibilidades, o resarcimento económico da mesma cando se demostre a existencia dun prexuízo económico. Será preceptiva a emisión do correspondente informe por parte do Grupo de Traballo de Loxística, Legal e Finanzas, que non terá carácter vinculante.

...profesionalización política e

supresión privilexios. Medidas anticorrupción

Page 102: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

O límite citado neste punto operará respecto da totalidade das percepcións de traballo e/ou pensión que se perciba por parte da persoa interesada. No caso de que se reciban percepcións privadas superiores ao límite aquí previsto, a totalidade do percibido en calidade de cargo electo, xerencial ou de designación política será doado a Ourense en Común. A totalidade dos salarios aos que aquí se fai referencia deberán ser previamente aprobados pola Asemblea.

...profesionalización política e

supresión privilexios. Medidas anticorrupción

Page 103: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

3.5.) Publicar e xustificar debida e documentalmente as compensacións polos gastos de transporte –preferentemente público–, así como de aloxamento e alimentación ocasionados pola súa actividade pública. De pagárense dietas superiores ás xustificadas o exceso quedará incluído na masa que será doada a Ourense en Común. En ningún caso se poderán cobrar dietas e asignacións para gastos de viaxe superiores ás establecidas como exentas de tributación na normativa tributaria. 3.6.) Limitar o seu mandato a dúas lexislaturas, ampliable excepcionalmente a unha terceira tras un proceso de discusión e validación cidadá.

...profesionalización política e

supresión privilexios. Medidas anticorrupción

Page 104: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

3.7.) Renunciar ou aceptar o cesamento de forma inmediata ante a imputación pola xudicatura de delitos relacionados co branqueo de capitais, delitos contra a Facenda Pública, contra a Seguridade Social, contra a Administración Pública, contra a Administración de Xustiza, contra os dereitos dos traballadores e aqueles relacionados coa violencia de xénero, maltrato animal, contra o patrimonio, aqueles que atenten contra os dereitos humanos ou calquera outro delito que a Asemblea considere suficientemente grave.

...profesionalización política e

supresión privilexios. Medidas anticorrupción

Page 105: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

A Asemblea poderá acordar non impoñer as sancións contidas no presente Código Ético a aqueles cargos electos, xerenciais e de designación política que sexan imputados, por razón do seu cargo, se as causas da devandita imputación obedecen a actuacións derivadas do cumprimento estrito das medidas contempladas no programa electoral, en cumprimento dos estatutos de Ourense en Común, por causa dunha acción política autorizada expresamente pola Asemblea de Ourense en Común ou polo mandato popular froito dos procesos participativos cidadáns.

...profesionalización política e

supresión privilexios. Medidas anticorrupción

Page 106: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

3.8.) Facer un bo traslado da información e de coñecemento (sen remuneración), seguindo un protocolo acordado por Ourense en Común. 3.9.) Os cargos electos por Ourense en Común comprométense a non abandonar as súas responsabilidades para concorrer a outra convocatoria electoral –xa sexa europea, estatal ou autonómica– durante a duración do mandato municipal. 3.10.) Desenvolver mecanismos para a conciliación entre a vida familiar e política.

...profesionalización política e

supresión privilexios. Medidas anticorrupción

Page 107: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

4.1.) Comisión de Garantías Éticas: A Comisión de Garantías Éticas é un grupo de traballo cuxa finalidade é salvagardar os principios éticos de Ourense en Común. Convocarase este grupo sempre que a Asemblea entenda que se incumpriu algún punto do Código Ético ou se así o estimase para o estudo dun caso concreto e desconvocarase unha vez se tomen as decisións pertinentes. 4.2.) Composición: Este GT estará formado por 2 persoas de cada grupo de traballo que serán escollidas por consenso ou maioría simple en cada un dos grupos nun prazo de 24 horas dende a decisión da Asemblea. Os representantes institucionais, cargos electos ou de designación política non poderán formar parte da Comisión de Garantías Éticas.

...garantías éticas

Page 108: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

4.3.) Funcións: A Comisión será a encargada do estudo do caso e da valoración da existencia do incumprimento dos participantes de Ourense en Común, así como das propostas de sancións ou da súa ausencia de forma motivada á Asemblea, que desta forma é a que toma a decisión. 4.4.) Funcionamento: • A Asemblea decide que algún integrante incumpriu o Código de Ética Política ou que se debe estudar un caso concreto. • Convócase a Comisión de Garantías Éticas, que fai unha proposta motivada de sanción á Asemblea ou motivará a inexistencia da mesma. • A Asemblea decidirá sobra a proposta segundo o protocolo de toma de decisións.

...garantías éticas

Page 109: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

4.5.) Sancións: Poderán ser sancionadas todas as participantes de Ourense en Común, independentemente do seu nivel de compromiso, sexan ou non cargos con responsabilidade institucional. As sancións poderán ir dende a amoestación por escrito ata a expulsión, e serán aplicadas en función do incumprimento, a gravidade ou repercusións do mesmo, reincidencia da persoa e cantos outros criterios estimen os integrantes da comisión.

...garantías éticas

Page 110: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

5.1.) Financiamento: Será a Asemblea a que decidirá o uso que se fará do financiamento que perciba a candidatura, o cal se incorporará ao Código Ético unha vez aprobado. 5.2.) Consultas vinculantes: Tamén será a Asemblea a encargada de determinar que elementos levarán á consulta directa e vinculante, e quedará engadido ao texto do mesmo xeito que na disposición anterior. 5.3.) Os cargos electos de Ourense en Común, así como o persoal de confianza e cargos directivos, comprométense a promover a igualdade no exercicio das súas funcións, combatendo calquera forma de racismo, xenofobia ou discriminación por razón de xénero ou orientación sexual, así como a favorecer a participación política dos colectivos desfavorecidos.

...disposicións adicionais

Page 111: Así é Ourense en común

Código de Ética Política

5.4) Os cargos electos de Ourense en Común, así como o persoal de confianza e cargos directivos, explicitarán calquera conflito de intereses no desempeño das súas funcións e absteranse de intervir en calquera deliberación ou toma de decisións cando concorran estas Circunstancias. 5.5.) Os cargos electos de Ourense en Común, así como o persoal de confianza e cargos directivos, comprométense a non neutralizar nin debilitar as institucións ou a actividade dos movementos sociais e a cidadanía organizada. 5.6.) Os cargos electos de Ourense en Común deben coñecer a lingua galega, así como empregala nas súas intervencións públicas..

...disposicións adicionais