As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

11

description

Contos sobre Pacho Librín.

Transcript of As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Page 1: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º
Page 2: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º
Page 3: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Había unha vez un neno chamado Pacho Librín que foi cuns amigos de vacacións a Exipto para coñecer o país.

Un día ía de excursión subido nun camelo e de súpeto unha rapaza pediulle axuda. O malvado Askabán había roubado ao seu pai un libro de conxuros de Exipto, e podía usalo en contra da xente.

Pacho e a rapaza emprenderon unha aventura xuntos subidos nunha alfombra máxica que os levou a pirámide onde vivía o malvado Askabán, que era unha momia que intentaba facer un conxuro para ser inmortal e apoderarse de todo o país.

Pacho e a súa amiga Clara despistaron aos gardiáns, entraron na pirámide e roubáronlle o libro a momia. Fixeron un conxuro para que a momia durmise toda a eternidade e non volvese a molestalos. Devolveron o libro ao seu sitio e Pacho regresou cos seus amigos levando un bo recordo de todas as aventuras e o agradecemento de Clara e o seu pai.

Lucía, 5º.

Page 4: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Pacho fai un ano visitou Italia; pasou por Roma e Venecia.

Primeiro foi a Venecia. Pasouno moi ben e todo pero algo malo había. Un romano saíu dun museo de Venecia dicindo matar, matar. Pacho correu por toda a cidade, pero Pacho correndo viu unha muller e namorouse dela e a ela pasoulle o mesmo e fixéronse mozos.

Pacho namorouse pero tiña que salvar Italia .El fuxiu coa moza e salváronse. Foron a Roma no seu Lamborgini. Visitaron o coliseo, o anfiteatro, a torre de Pisa e moitas cousas mais, pero na televisión viron que Venecia estaba en caos. Entón Pacho no seu lamborgini volveu a Venecia. Ao chegar solo quixo saber os puntos débiles do romano, que eran atacar por detrás ou lanzarlle algo como unha pedra ou así; pero Pacho o que non sabia era que tiña unha espada escondida detrás o romano, pero non se deu conta.

En busca do romano probou o GPS do coche, e puña: persoa disfrazada de romano. Entón seguiu as frechas do GPS e atopou ao romano, saiu do coche e dixo:

-Para xa de arrasar Venecia; vas a volver a túa época.

Pero o romano negouse e botouse a Pacho coa espada; intentou chuzalo pero Pacho esquivouno. Entón Pacho colleu un ferro e deulle na espada e o romano caeu ao chan coa forza do golpe. O romano deulle unha patada a Pacho e tirouno ao chan, Pacho agarroulle a espada e tiroulla ao chan e púxose encima del. Chamaron a policía e fórono recadar. A moza foi onda él e bicouno, e dixo Pacho:

–Adeus romano.

Page 5: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Logo o alcalde díxolle a Pacho:-Podes vir cando queiras e ben onde min .

E dixo Pacho:

-Encantado de vir; adeus, volvemos a casa, pero volveremos. Marchamos, Galicia espera.

Cando chegaron todos se alegraron de ver ao salvador de Venecia, e fixeron unha festa. E o romano foi para o cárcere pero parecía que estaba mal da cabeza.

Sergio, 5º

Page 6: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Un día nas Vegas, un neno chamado Pacho que chamaba a ateción polo seu pelo pincho cor laranxa e que no seu tempo libre dedicabase a ser axente secreto, encontrouse cun dos seus peores enimigos, que se chamaba Brat Pitt.

Nese momento Pacho estaba falando cun amigo sobre un tesouro agochado nunha estatua. Non se deron conta de que o malvado Brat Pitt os estaba espiando e tamén quería o tesouro.

Pacho percorrendo as Vegas encontrouse counha boa amiga chamada Alis que coma él era axente secreto, e decidiron buscar o tesouro xuntos.

A axente Alis tiña unha limusina fantástica que os levou pola cidade, seguindo un mapa que tiña Pacho.

Moi cerca os seguía Brat Pitt que decidiuse a atacalos, pero a limusina como era fantástica non se rompía. Pacho e Alis escaparon e conseguiron encontrar o diñeiro, pero coma o sitio estaba cheo de trampas tiveron que facer piruetas e saltos para poder escapar.

Apareceulles Brat Pitt e a súa tropa, e atacáronos e colléronlles o diñeiro, pero Pacho volveullo a coller pero o escapar pisou unha trampa e todo se derrumbou. O malbado Brat Pitt quedouse atrapado. Pacho e Alis conseguiron saír, chamaron a policía e detiberon aos malvados.

Pacho e Alis volveron a casa na limusina co diñeiro, e todos xuntos planearon novas aventuras.

Elena, 5º.

Page 7: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Un dia Pacho Librín estaba na sua casa, a biblioteca, e colleu un libro que se trataba de Francia. Enton dixo:

-Que podrei descubrir en Francia? Gustariame ver todo o que hai neste libro, coma a torre Eiffel. Mañan ás 9:30 collerei o avión e irei a Francia coa miña amiga.

O dia siguiente foi a buscala e despois foron a coller o avión.

Collérono e despegaron.

Cando chegaron a Francia a amiga de Pacho Librin dixo:

-Vamos ao museo a ver os esqueletos dos dinosaurios.

E foron cando era noite e o museo ía cerrar. De súpeto un esqueleto dun dinosaurio resucitou e a xente que estaba alí marchou asustada, menos Pacho Librin ea amiga. Eles foron a investigar. Buscaron e buscaron e encontraron o esqueleto do dinosaurio que lles dixo:

-Que buscades?

-Pistas de por qué resucitaches .

-Resucitei porque todos os que estamos neste museo resucitamos de noite.

Page 8: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

-Pero como?

-Porque nos estamos aquí de estatuas para que os humanos gañen diñeiro, e nos antes eramos vos amigos dos humanos.

Mentras que Pacho Librín falaba co esqueleto de dinosaurio a amiga díxolle a xente que comprara comida para os esqueletos do museo.

Cando remataron déronlle a todos os esqueletos a comida e eles os perdoaron, e Pacho e a amiga quedaron alí unha semana antes de volver para a casa.

FIN

Sandra, 5º.

Page 9: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Un día o super explorador pacho, na selva negra, encontrou unha mina cerca da casa do seu enemigo, Dínoman. Había un mapa que indicaba onde había ouro negro que valía trinta e oito millóns novecentos oitenta e oito mil novecentos noventa e nove Euros de ouro, así que foi correndo a mina onde colleu e puña isto:

SIGUE AS INSTRUCCIÓNS DO MAPA

Chegou ao porto pero se encontrou con Dínoman, e por sorte levaba o seu buldog e o tirou ao mar, con dous tiburóns e tres baleas. Encontrou o seguro de vida de Pacho. Entón encontrou unha mina que botaba aura chameante, entón seus catorce anos no insti de exploración salváronlle a vida, porque púxose un tarxe antifogo e meteuse na aura, e encontrou o que buscaba... Ouro negro!

Brais, 5º.

Page 10: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Pacho Librín foi ao porto a coller o seu submarino gris para ir polo Océano a ver os peixes. Cando chegou mirou no bolsillo e non tiña as chaves. Foi correndo a súa casa e colleu as chaves que tiña na porta. Volveu ao porto e encendeu o submarino. Foi as profundidades do mar a ver aos peixes.

Baixou moito, moito, e estaba moi escuro, e mirou unha luceciña moi brillante. Saíu do submarino cun traxe de buzo. Foi a mirar, era unha piraña. A piraña asustouse e Pacho perseguiuna. Mirou que a piraña entrou nun tunel. Entrou tamén él e mirou un tiburón grande malvado e con dentes afilados. O tiburón mandou as pirañas a atacar a Pacho porque era moi carnoso. Como as tiña medo, tiña dous arpóns na man, entón podía matar a quen se acercara. Pero Pacho non mirou atrás e os tiburóns cazaron a Pacho. Defendeuse cos arpóns e os tiburóns saíron pitando, pero cando chegou ao submarino, avisou polo walki talki a unha tropa de policías.

Os policias non sabían se era no Norte ou no Sur. Pacho foi co submarino a guialos, pero había pirañas e entón os policias dispararon as pirañas. Entraron dentro do mar e cunha red cazaron ao tiburón. Levárono para un acuario e saíu todo no periódico de hoxe.

Jorge, 5º.

Page 11: As aventuras ridículas de Pacho Librín, por 5º

Unha tarde de Nadal, Pacho Librín o célebre arqueólogo, propúsoxe encontrala “Arca perdida” . Pacho tivo que contratar moitos servicios, o globo aerostático e mais un coche moderno; todo eso costoulle arredor dos mil Euros.

Antes de marcharse, Pacho foi a procuroa de dous amigos, o mago frío e o mago quente, entre os tres formaban un bo equipo. O globo aerostático estaba a punto de partir, cando de súpeto aparceu unha néboa das montañas.

Entón dixo pacho:

-Temos que partir inda que sexa con néboa! En marcha!

Gugú, o archienemigo de Pacho, quería matalo, e conseguir a arca perdida antes ca él. Pacho chegou a Alaska e dirixiuse cara o Monte Oso, o cal chamábase así porque alí vivían moitos osos. Pacho encontrou a arca, a cal lle otorgou poderes máxicos. Gugú atacoulle pola retaguarda, pero grazas aos seus poderes máxicos, Pacho foi quen de derrotalos. Pacho mailos dous magos levaron a arca ata un museo e o malvado Gugú acabou cos seus osos na cárcere.

Josué, 5º.