Arco da vella nº 13 ardán 2010

44

description

 

Transcript of Arco da vella nº 13 ardán 2010

Page 1: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 2: Arco da vella nº 13 ardán 2010

BO VERÁN E ATA O VINDEIRO CURSO!

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICASUMARIO

1. Editorial e Sumario.2. Uxío Novoneyra.3. Antigo Exipto (E. Infantil).4. Antigo Exipto (E. Infantil).5. Antigo Exipto (E. Infantil).6. Antigo Exipto (E. Infantil).7. O concurso de beleza (1º Curso).8. O concurso de beleza (1º Curso).9. O concurso de beleza (1º Curso).10. O concurso de beleza (1º Curso).11. O pau de auga (2º curso).12. O pau de auga (2º curso).13. O pau de auga (2º curso).14. O pau de auga (2º curso).15. A esperanza despois do desastre (3º). 16. Unha mañá na Biblioteca (3º Curso).17. A Festa da Primavera (3º Curso).18. A Festa da Primavera (3º Curso).19. O Día da árbore (3º Curso).20. Lembranzas do curso.21. Lembranzas do curso.

22. Conmemoracións. 23. Conmemoracións.24. Conmemoracións.25. Outras actividades.26. Hortensia a presumida (3º Curso).27. Museo do Mar de Galicia (4º curso).28. Gustounos o acuario (4º curso).29. Cómics (4º curso).30. Cómics (4º curso).31. Cómics e adiviñas (4º curso).32. Poesías e chistes (4º curso).33. Chistes e pasatempos (4º curso).34. A saída ao monte (5º curso).35. O noso Belén (5º curso).36. O Entroido (5º curso).37. O mago Cali (5º curso).38. Cóntame un conto (5º curso).39. Debuxos (5º curso).40. Coplas maio 2010.41. Guía de Ardán (6º curso).42. Borliactividades.

A min encantoume! porque, como son moi viaxeiro, me permitiu

lembrar como son e como viven os meus amigos espallados por todo o noso planeta. Non vos entreteño máis. Grazas a todas e a todos pola vosa

colaboración. BOTÁDEME UNHA OLLADA E A DISFRUTAR!

Ola! Son o ARCO DA VELLA que, como cada ano, veño a traervos algunhas lembranzas deste curso que acaba de rematar. Xa veredes! Celebramos o ANO INTERNACIONAL DO ACHEGAMENTO DAS CULTURAS e fixemos un montón de actividades. Algunhas delas son novidosas: a localización do noso patrimonio nun mapa; a recuperación de tradicións galegas, como os maios; e incluso tivemos unha exposición de obxectos de culturas de moitas partes do mundo.

EDITORIAL

Page 3: Arco da vella nº 13 ardán 2010

UXÍO NOVONEYRA ( Letras Galegas 2010)

Uxío Novoneyra , considerado un dos poetas máis relevantes en lingua galega de tódolos tempos é a quen se lle adica este ano o Día das Letras galegas.

Fillo de labregos, naceu na montaña lucense, en Parada do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a fermosa paisaxe da serra. Estudou en Lugo o bacharelato e coñeceu a Manuel María con quen frecuentou o trato de intelectuais da anterior xeración como Luis Pimentel ou Anxel Fole. Con 19 anos, Novoneyra trasládase a Madrid onde se matricula na Facultade de Filosofía e Letras.

En 1951 regresa para facer o servizo militar, e entre 1953 e 1962 vive de novo en O Courel obrigado por unha doenza pulmonar que o tivo ás beiras da morte.

Entre 1962 e 1966 volve a Madrid onde traballa na radio e na televisión. En 1973 casa con Elba Rei con quen tivo tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. Instálase definitivamente en Santiago de Compostela en 1983.

En 1955 publica o seu primeiro libro de poemas, Os Eidos. Seguíronlle Elegías del Caurel y otros poemas (1966), en edición bilingüe, e Poemas caligráficos. En Muller para lonxe reúne poemas de amor xa publicados e outros inéditos. Ademáis da súa incursión na narrativa para nenos: Gorgorín e cabezón, Ilda o lobo, o corzo e o xabarín, O cubil do xabarín, destaca a oralidade da súa poesía que adquire matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos.

Uxío é un poeta da natureza e tamén un poeta cívico cun profundo compromiso político e social. É un poeta orixinal e auténtico: expresa o que sinte, o que vive.

A súa poesía está ó servicio de Galicia, do idioma e a cultura galegas.

Page 4: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 5: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 6: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 7: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 8: Arco da vella nº 13 ardán 2010

Ola a todos e todas!!! Somos o grupo de Primeiro do colexio de Ardán e unha das cousas que máis nos gusta é ler, debuxar e escribir contos. Este ano, para conmemorar o Día do Libro, elaboramos, entre todos, unha pequena historia ilustrada que nos gustaría compartir con todos vós. Desexamos que vos guste. Ata pronto!

EVA

Page 9: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 10: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 11: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 12: Arco da vella nº 13 ardán 2010

O PAU DE AUGA

Este ano puidemos disfrutar dunha interesante exposición de obxectos procedentes de moitos lugares do mundo. Deste xeito, aprendimos como son e como viven outros pobos e culturas que hai no noso planeta.

Aos nenos de Segundo gustounos moitísimo esta exposición. Un dos obxectos que máis nos chamou a atención foi o PAU DE AUGA. Trátase dun instrumento musical que produce un son semellante á auga cando cae (como a chuvia ou unha fervenza). Úsano os indios colorados do Ecuador, en América. Aínda que o nome desta etnia é TSÁCHILAS, a palabra colorados fai referencia ao costume que teñen de pintarse con “achiote” o corpo e o cabelo, que se tinguen de vermello.

Os indios colorados viven na provincia de Pichincha (en Ecuador) e tratan de manter viva a súa propia cultura: vivenda, vestido, costumes, crenzas, etc… Cada vez resúltalles máis difícil esa defensa da súa maneira de vivir, xa que o mundo moderno vai ocupando pouco a pouco os lugares onde están asentados.

Os alumnos de segundo imaxinamos como puido aparecer o PAU DE AUGA entre os tsáchilas. Non é unha historia real, pero ben puidera ter ocorrido así. Sen máis, presentámosvos a lenda (inventada por nós) de “O PAU DE AUGA”.

Page 13: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 14: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 15: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 16: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 17: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 18: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 19: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 20: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 21: Arco da vella nº 13 ardán 2010

LEMBRANZAS DO CURSO

Este ano o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro coa axuda dos titores, en colaboración coa biblioteca e a implicación das familias dos nenos/as, levamos a cabo unha serie de actividades:

CONCURSO DE CABAZAS

Terroríficas: 1º Víctor (4º),

2ª Andrea (6º) e 3º Alejandro (2º).

Orixinais : 1ª Sabela (4º), 2ª Raquel M. (6º) e 3º Estela (3º) e Mateo (E.I.)

POSTAIS DE NADAL

Sara (5º) Manuel (1º)

Jose (1º) Alejandro (2º)

Page 22: Arco da vella nº 13 ardán 2010

Postais feitas no ordenador

Fran (6º) Xavier (1º)

Laureano (1º) RECEITARIO ALMANAQUE 2010 (Receitas de outono)

O NOSO PATRIMONIO A VIDA E COUSAS DE ANTES

Page 23: Arco da vella nº 13 ardán 2010

Conmemoracións

Polo Samaín cabazas ao xardín. ooooooooh! que mediño dan.

Polo San Martiño castañas e viño … e xogo no camiño.

Polo Nadal visitounos Papá Noel e fixemos un belén con volcán.

Page 24: Arco da vella nº 13 ardán 2010

Conmemoracións

Día da Paz. Agasallos pacíficos.

No Entroido,disfraces,cantos e bailes… ao seu remate queima do Entroidiño/a.

Por maio flores, fiuncho e pampullos. Outros mundos, outras culturas -Tito Otero

Page 25: Arco da vella nº 13 ardán 2010

Conmemoracións

Semá da prensa: Quen quere ser xornalista? Día da muller traballadora: cóntame un conto.

Na semana das Letras Galegas

Visitounos o escritor Jacobo Fernández. A correr pola nosa lingua.

Nada por aquí, nada por alá – Mago Cali Agora de vellos “gaiteiros”- Orfeón de Ardán.

Page 26: Arco da vella nº 13 ardán 2010

OUTRAS ACTIVIDADES

A.C. Retrouso animounos a tocar. Visitamos o Museo do Mar (Vigo).

Confraternizamos con outros centros. Almorzamos saudablemente.

Visitamos a biblioteca de Pontevedra. Visitounos Gran Pedrine e o Mago da Boina.

Page 27: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 28: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 29: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 30: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 31: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 32: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 33: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 34: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 35: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 36: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 37: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 38: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 39: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 40: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 41: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 42: Arco da vella nº 13 ardán 2010
Page 43: Arco da vella nº 13 ardán 2010

BORLIACTIVIDADES

Investiga e descubre a que culturas ou pobos do mundo pertencen os seguintes obxectos:

Page 44: Arco da vella nº 13 ardán 2010

Editado coa colaboración da

XUNTA DE GALICIA

PRESIDENCIA O ARCO DA VELLA Secretaría Xeral de Política Lingüística